ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 1 (1963)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.455/1

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 1 (1963)

  • Data(s) 1963 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra Prensa. Tomo 1 (25-05-1963 / 11-09-1963). Contén: - Gráfica do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo - Pleno da Deputación presidido polo Sr. Antonio Puig Gaite. Foron aprobados os proxectos de varios camiños veciñais - Periplo viaxeiro pola provincia de Pontevedra para tratar de fomentar o turismo - Colaborar co Estado no fomento do Turismo, fundamental propósito da F.E.C.I.T. - Gráfica da reunión de Técnicos franceses no Goberno Civil coas autoridades e técnicos da provincia para estudar as posibilidades industriais da zona de Pontevedra-Vigo - A exposición de “Pontevedra e o Mar” - Toma de posesión do Presidente da Deputación Sr. Lorenzo Docampo - Reunión cos alcaldes da provincia na Sala de Xuntas da Deputación de Pontevedra - Xornada de fervor eucarístico co gallo do Corpus Christi en Pontevedra. Na procesión levou a bandeira da Confraría do Santísimo o Comandante de Mariña da Provincia - Conclusións e acordos máis importantes da XXVIII Asemblea da Federación Española de Centros de Iniciativas e Turismo que se veñen celebrando na Toxa e Vigo - Clausura en Vigo das reunións anuais da XXVIII Asemblea Nacional da Federación Española de Centros de Iniciativas e Turismo (C.I.T.) - Convocado o Premio “Virxe da Peregrina”, con 100.000 pesetas de premio ó mellor traballo literario sobre o “Camiño portugués das peregrinacións a Santiago” e o Faro de Vigo outro de 15.000 pesetas á mellor colección de fotografías - Escolas, Camiños Provinciais e Beneficencia, programa básico do novo Presidente da Deputación. Gráfica do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José Gonzalez-Sama García impoñendo os distintivos de Presidente da Deputación a Enrique Lorenzo Docampo - Reunión do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García cos Alcaldes dos partidos xudiciais de Pontevedra e Ponte Caldelas - Reunión da Comisión Permanente da Provincial de Servizos Técnicos. Polo Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García, deuse posesión do cargo de vicepresidente ó Sr. Lorenzo Docampo - Visita das autoridades ó buque frigorífico “Pontevedra” de Pescanova - Ramón García Briones gaña o premio “Enrique Lorenzo” - O Corpo Consular nomeou membros honorarios ó Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García e ó Comandante de Mariña don Rafael de Aguilar y Ojeda - Celebración de Sesión Plenaria da Cámara de comercio. Deuse conta de diversas xestións levadas a cabo pola Mesa - A Deputación Provincial financiou o proxecto do Plan de Ordenación da Costa e aumentará a súa consignación anual para atender á conservación de estradas e camiños - Don Cástor Alonso Bar, entrega a Copa Concello de Vigo á Señorita Cristina Andrade - Gráfica da entrega do II Premio “Enrique Lorenzo Docampo” ó Sr. García Briones - Clausura do Curso no Colexio de Xordomudos presidindo o acto o Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo - Cun extraordinario concerto da Polifónica iniciouse o domingo o IV Festival da Canción Galega - O mal tempo quitou brillantez ás festas de San Bieito de Abade nas marxes do Lérez - Solemne ofrenda nacional do mar en Panxón. O Capitán Xeneral do Departamento fixo o ofrecemento en nome das Mariñas de Guerra, Mercante e Pesqueira - Marín: 156 novos oficiais da Armada recibiron os seus despachos e xuraron Bandeira 127 aspirantes, coa asistencia de autoridades relixiosas, civís e militares - Brillante conmemoración do aniversario do Alzamento Nacional. Presidiu a recepción oficial o Gobernador Militar da provincia o Xeneral Palacios Rodríguez - A Franqueira. Coroación da imaxe da Nosa Señora da Franqueira. En representación do Ministro de Xustiza presidirá a cerimonia unha alta personalidade. Asistirán os prelados galegos e os Gobernadores das Catro provincias - Reunión da Comisión Provincial de Servizos Técnicos. Aprobáronse os orzamentos de varias obras presidida polo Gobernador Civil José González-Sama García - Sesión do Pleno da Deputación de Pontevedra presidido por Enrique Lorenzo Docampo - A Deputación terá que enfrontarse co serio problema da construción dun novo edificio no Hospital Provincial - Chegada a Vigo de S.A.R. o infante don Luis Alfonso de Baviera y de Borbón - O Ministro de Industria Sr. López Bravo en Pontevedra, visitou “Celulosas de Pontevedra” e “Alfares de Ponte San Paio” - Gráfica do Ministro de Industria López Bravo visitando as fábricas de “Celulosa” e “Pontesa” - Gráfica do Director Xeral de promoción do Turismo a súa chegada a Vigo - “Fiesta de la Banderita” en Pontevedra. Gráfica do Alcalde de Vigo colaborando na festa - O Ministro de Educación Nacional Sr. Lara Tamayo en Pontevedra. Visitou o Centro de Investigacións Forestais e a Escola de Capataces - Comezo do I “Rallye” ás Rías Baixas. Disputaranse as etapas Vigo-Pontevedra, Pontevedra-A Toxa, A Toxa-Marín e Marín-Vigo - Monumento a Calvo Sotelo en Tui a súa cidade natal - Reportaxe sobre Pontesa: Un plan de organización e desenrolo fielmente seguido - Ofrenda da cidade de Vigo ó Cristo da Vitoria - Gráfica de autoridades na procesión do Santísimo Cristo da Vitoria - Troco de impresións sobre o plan de ordenación da costa das Rías Baixas - Baixo a presidencia do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García reuníronse os Alcaldes das Rías Baixas - 80.000 persoas presenciaron a “Batalla de Flores” en Vigo - Homenaxe en Baiona a D. Ángel Gutiérrez, operador de NO – DO e TVE - Constitución da Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes Excepcionais coa presenza de autoridades civís e relixiosas - Bases da convocatoria para o traballo “O camiño portugués das peregrinacións a Santiago de Compostela” cun premio para o gañador de 100.000 pesetas - Folleto da ofrenda dos Concellos do Partido Xudicial de Redondela a nosa Señora do Refuxio. A Divina Peregrina - Comezo do concurso hípico internacional. Santa Pau Gañou a Copa Deputación Provincial - Deputación Provincial. Nomeamentos dos membros dos tribunais de oposición - Desbordante animación nas Festas da Peregrina - Dous motopesqueiros construídos por “Factorías Vulcano” foron entregadas a representantes do Servizo de Pesca de Uruguai - Celebración en Cambados da XI Festa do Albariño. O Concello de Cambados entregou a Pío Cabanillas o título de Fillo Adoptivo da vila - Elección na Deputación de Pontevedra dos novos procuradores a Cortes representante do 62 concellos da provincia. O Presidente da Deputación e o Alcalde de Vigo foron elixidos procuradores a Cortes - Goberno Civil: Regulación dos salarios dos funcionarios da Administración Local - Novas instalacións do “Faro de Vigo” e “Editorial Compostela” inauguradas en Pontevedra - XXIII Concurso internacional de tenis no Club de Campo. Santana foi derrotado por Mandarino - Brillante remate das Festas da Peregrina. O Subsecretario de Información e Turismo, o Gobernador Civil e outros persoeiros presenciaron a actuación do Ballet Galego - Apertura da rúa Zona Norte en Pasarón-Pontevedra - A Comisión Provincial de Servizos Técnicos adxudicou definitivamente a apertura da Rúa Norte de Pasarón - Un superávit de 3.093.047,92 pesetas nas contas da Deputación Provincial de Pontevedra de 1962 - Máis de doce millóns e medio de pesetas para o Plan de Cooperación Bienal 1964-65 - Trasladados a Madrid os restos mortais do Doutor Eijo Garay - Comezo do curso universitario de verán presidido polo Reitor Sr. Echeverri. Conferencia do Doutor Morales Oliver sobre o tema “A Virxe María na literatura do século XIII” - Solemne inauguración dos XXI cursos de verán no círculo mercantil. Intervención o profesor Morales Oliver e a cantante Montserrat Caballé - Gráfica da brillante recepción ofrecida polos señores De Ruiz de Morales - Chegada a Vigo de S.A.R. Dona María Cecilia de Borbón – Parma onde pasará tres días - O Dr. Oya Salgueiro ofreceu una maxistral lección no XXI Curso Universitario de Verán - A Franqueira: A Misa de medio pontifical celebrarase no cruceiro da explanada - Gráfica da reunión do Pleno do Centro de Ensinanzas, investigacións e Experiencias Forestais de Lourizán co Director Xeral de Capacitación Agraria - Reuniuse o Padroado do Museo. Tomou posesión o Sr. Lorenzo Docampo e acordouse a adquisición de diversas obras - Inauguración do “Diario de Pontevedra” polo Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne - Gráficas da inauguración en Tui do Monumento a Calvo Sotelo presidindo o acto o Ministro de Facenda Mariano Navarro Rubio - Folleto da Ofrenda a Nosa Señora da Franqueira do Presidente da Deputación provincial, representado polo Alcalde da Cañiza - O Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne, asistiu ó Terceiro Curso Rexional de Gaitas Galegas e Primeiro Festival internacional - Impresionante xornada de fervor mariano na Franqueira - O Ministro de Xustiza Antonio Iturmendi Bañales impuxo condecoracións ó presidente de fiscal-xefe da Audiencia Provincial - Gráficas do acto de inauguración da Central Leiteira “L.A.R.S.A.” presidido polo Ministro de Agricultura Cirilo Cánovas García

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición