ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 2 (1963)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.455/2

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 2 (1963)

  • Data(s) 1963 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra Prensa. Tomo 2 (12-19-1963 / 25-12-1963). Contén: - Inauguración da fábrica de Celulosa por Francisco Franco Bahamonde sendo bendicidas as instalacións polo Bispo Auxiliar de Santiago Dr. Novoa Fuente - Gráficas sobre Francisco Franco e outras autoridades na inauguración de Celulosas en Pontevedra - O Alcalde de Vigo Sr. Fontán impuxo a medalla de ouro da Cidade Vigo a Frei López Ortiz - Manifestación de dor pola morte da Excelentísima Dona Meredes de Lema Rubido - Recorte de prensa felicitando ó “Diario de Pontevedra” de Enrique Lorenzo Docampo, Presidente da Deputación de Pontevedra - Gráficas de Manuel Fraga Iribarne, Ministro de Información e Turismo, inaugurando o Diario de Pontevedra - Adxudicación dos Premios “Rías Bajas”: 60.000 pesetas a José María Castroviejo polos seus traballos en “destino” e “ABC”. O “Provincia de Pontevedra” a Tico Medica e o “Martín Codax” a Gerardo González Martín - Inauguración do Colexio Farmacéutico con imposición das condecoracións da Orde Civil de Sanidade ó seu Presidente Sr. Fernández del Riego - O Segundo grupo de Directores de Axencias de Viaxe do Norte e Centro de Europa chegou a Vigo, e foi recibido no aeroporto de Peinador polas autoridades municipais e provinciais - O XXI Curso Universitario de Verán clausurouse cunha extraordinaria solemnidade - Solemne conmemoración do Día do Caudillo. No salón de Trono do Goberno Civil celebrouse unha brillantísima recepción presidida polo Gobernador Civil e coa asistencia do Corpo Consular acreditado na provincia - Recorte de prensa sobre o comezo de ciclo de conferencias de Hispanoamérica organizada pola Delegación Provincial de Organizacións do Movemento - Vigo: Emotivo homenaxe dos alumnos da Escola de Artes e Oficios ó Presidente da Deputación Provincial Enrique Lorenzo Docampo - Entrega de títulos de propiedade de parcelas concentradas a 510 propietarios - Discurso do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Sr. González-Sama sobre a concentración parcelaria - Creación dunha Delegación do Servizo de Concentración Parcelaria debido ás solicitudes feitas - Máis de 5000 agricultores pontevedreses reuníronse en Ribadumia para asistir á entrega de 223 títulos de propiedade de parcelas concentradas - Recorte de prensa do Consorcio Patrimonio Forestal do Estado. Deputación Provincial de Pontevedra - Recorte de prensa sobre a conmemoración do Día da Hispanidade no Concello de Pontevedra - Comezo da Asemblea Provincial de Turismo en Pontevedra presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Sr. González-Sama García - Comisión Provincial de Servizos Técnicos. Distribución de 600.000 pesetas para obras na Provincia - A Asemblea Provincial examina o turismo provincial na Toxa. Nas mesmas datas farase unha Reunión Informativa de Alcaldes - Importante reunión da Comisión Provisional de Servizos Técnicos. Adxudicación de diversas obras por un importe de 8.553.903,50 pesetas - Folleto da “Ofrenda do Emigrante” lida por José Puebla Portela - Folleto do Día da Hispanidade publicado polo Goberno Civil, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra - Gráficas sobre a celebración do Día da Hispanidade - Entrevista con D. Ramón fillo de D. Daniel de la Sota co gallo da súa homenaxe - Folleto da homenaxe a D. Daniel de la Sota - En Coto Redondo foi bendicido e descuberto o monumento a Don Daniel de la Sota - Apertura da Asemblea Provincial de Turismo. - Os Alcaldes da Provincial reunidos na Toxa. José Filgueira Valverde disertou sobre “Entidades Naturais” - Asemblea Provincial de Turismo. “Propaganda e información”, “Circuítos de Interese“,“Comunicacións“ e “Praias“ temas discutidos - Clausura da Asemblea Provincial de Turismo polo Director Xeral de Empresas e Actividades Turísticas D. León Herrera Esteban - Reunión en Madrid para estudar o ditame sobre as emendas presentadas ó Dereito Civil Especial de Galicia - Recorte de prensa. Así ven a nosa terra. Panxón, Lourido e Baiona en ruta turística, por José Casas Pérez - Inauguración da “Semana Galega: Pontevedra e Vigo”. A exposición póstuma de Suárez-Llanos obtén gran éxito - Comezo en Madrid da “Semana Galega: Pontevedra e Vigo”. Conferencia de José María Álvarez Blázquez - Conferencia de Rafael Landín Carrasco sobre “A ruta de Pedro Madruga” na “Semana Galega: Pontevedra e Vigo” - O Proxecto de Lei sobre compilación do Dereito Civil Foral de Galicia, foi ditaminado pola Comisión de Xustiza das Cortes Españolas - Gráficas sobre a clausura da “Semana Galega: Pontevedra e Vigo” - Celebración dun Pleno na Deputación Provincial presidido por Enrique Lorenzo Docampo - Máis de 33 millóns de pesetas para obras de construción e reparación de camiños. Subvención de Belas Artes para obras urxentes na Torre de Santo Tomé do Mar - Obras de saneamento da Vila de Lalín na que se investirán 3.385.573 pesetas - A Misión Biolóxica de Galicia. O primeiro centro que conseguiu millo de tallo azucrado - Estudo dos problemas plantexados - En 1965 funcionara o Centro de Inseminación Artificial segundo Director Xeral de Fomento Pecuario - Visita do Subdirector Xeral de Fomento Pecuario Sr. Díaz Montilla, para tratar da construción dun Centro de Inseminación Artificial - A sector gandeiro e o Campo da provincial van ser obxecto dunha total revolución, segundo Sr. Díaz Montilla Subdirector Xeral de fomento Pecuario - Gráfica do Capitán Xeneral da Rexión Gregorio López Muñiz, na despedida da guarnición e das autoridades pontevedresas - Sociedade: Enlace Álvarez Rey – Puig Pérez-Quevedo - Solemnes actos conmemorativos do Día de José Antonio e dos Caídos. Na Deputación Provincial pronunciou unha conferencia D. José María García de Viedma - Agasallo de simpatía, en Vigo, a Rafael Landín Carrasco polo seu traslado a Cádiz como Delegado de Información e Turismo - A Deputación obsequiou a representantes das Axencias de Viaxe, que visitaron A Toxa, O Grove e Sanxenxo - Celebración dunha misa de réquiem pola Alma de John F. Kennedy - O comandante xeneral da Flota en Pontevedra Rafael Fernández Bobadilla, foi agasallado cun almorzo polas autoridades - Acordos da Deputación Provincial para a reparación de camiños no termo municipal de Vigo - Sentimento do Pleno da Deputación Provincial, presidido por Enrique Lorenzo Docampo, polo asasinato de John F. Kennedy - Sesión Plenaria das Cortes Españolas. Foi aprobado o ditame sobre o Dereito Foral Galego. Prestaron xuramento como procuradores os Alcaldes de Vigo, O Ferrol, A Coruña e Ourense y os Presidentes das Deputacións de Pontevedra e Lugo - Convocatoria do “Aguinaldo do pensionista da Administración Local. Aguinaldos en metálico, pólizas de seguros etc., serán entregados na provincia - Reunión da Comisión Permanente Municipal. Gratitude á Deputación por ter colaborado nos proxectos de accesos a Pasarón - Recorte de prensa sobre a Sesión Extraordinaria da Deputación Provincial presidida por Enrique Lorenzo Docampo - Once millóns de pesetas, invertidos en obras de Servizos Técnicos en Pontevedra. Aprobados os proxectos de augas a Cangas e Nigrán - Importantes melloras para varios concellos. Outros interesantes acordos da Comisión Provincial de Servizos Técnicos - Concesión de Crédito a Deputación 6.588.587,46 de pesetas - Realidades e proxectos en Pontecesures. Máis de catro quilómetros de camiños-rúas contribuirán ó desenrolo urbanístico da vila - Botadura do buque “Juan Nespral” con gráficas - Chegada a Vigo da irma do Presidente de Venezuela Rómulo Betancourt - Noiteboa en Pontevedra. Animación nas rúas e ledicia nos centros benéficos - Recorte de prensa sobre o Pleno da Deputación e concesión de bolsas - O Pleno da Deputación aprobou a mancomunidade con diversos Concellos para o aproveitamento dos ríos Miño e Ulla - Sesión Ordinaria do Pleno da Deputación Presidida por Enrique Lorenzo Docampo - Máis de 21.500.000 millóns de pesetas investiranse no Plan Forestal de 1964

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición