ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 39 (1972)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.467/2

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 39 (1972)

  • Data(s) 1972 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra

    Prensa. Tomo 39 (Xaneiro-Febreiro de 1972)

    Contén:

    - Tradicional acto de confraternidade dos funcionarios da Deputación e a Corporación Provincial
    - Entrega de aguinaldos a pensionistas da Administración Local
    - Máis de 17 millóns de pesetas para reparación de camiños veciñais. A Deputación anunciou a puxa das obras
    - Lalín. Preparativos ante a IV Feira do Cocido e exaltación da Comarca
    - Máis de 32 millóns para a puxa das obras no Sanatorio do Rebullón
    - Conferencia do Profesor Suárez Núñez no Hospital Provincial, sobre o tratamento dos traumatismos “máxilo-faciais”
    - Puxa de madeiras. Consorcio Patrimonio forestal do Estado. Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo Forestal.
    - Goberno Civil. Toma de posesión do novo delegado provincial de Educación Don Lucio Rafael Soto
    - Reparación de camiños veciñais na provincia. A Deputación Provincial anunciou a puxa das obras, que ascende a dezaoito millóns de pesetas
    - Millón e medio para a urbanización de dúas rúas. Foi concedido pola Deputación ó concello de Cangas
    - Modificado o Plan de Accesos a Galiza no que se refire a funcións e organización. Noticia sobre os tramos Ourense-A Cañiza-Vigo e Pontevedra-Ourense. Este último ten un orzamento de mil millóns de pesetas
    - Reinicio das sesións científicas no Hospital. Disertará o Profesor Suárez Núñez
    - A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, comezou grandes obras de ampliación e reforma no seu edificio social
    - Un altar púnico de fai 2.500 anos, para o Museo de Pontevedra
    - O Señor Martínez-Villaseñor incorporouse ó Padroado Universitario como representante da Organización Sindical. Na Sesión Ordinaria do Padroado aprobouse o regulamento de réxime interior
    - “XLII Aniversario da inauguración da Caixa de Aforros Provincial”. Na Residencia de Estudantes da Institución, asemblea de funcionarios e entrega de premios
    - Cuarta Lección do Curso Monográfico de Pediatría, no Hospital Provincial
    - Oposicións a Oficiais Técnicos Administrativos
    - Constituído o Padroado Provincial da IX Feira Internacional do Campo
    - Sesión de honores da Corporación Municipal na festividade de San Sebastián. Medalla de Prata da Cidade á Sociedade Filharmónica
    - Puxa das obras de reforma da Deputación Provincial
    - Carta aberta ós Procuradores en Cortes pola Provincia de Pontevedra. Juan Arbones Alonso, Concelleiro do Concello de Vigo por representación familiar
    - Asemblea de empregados da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra no seu XLII Aniversario
    - Revestiu gran brillantez a gran Gala Deportiva do Mercantil. Esteban Ascención entregou a placa de Prata ó Mérito Deportivo á Sociedade
    - Hoxe sesión do Pleno da Corporación Provincial. Xuntanza das comisión par estudar os asuntos a tratar
    - Máis de 18 millóns para relacións de 13 vías provinciais. A Deputación anunciou a puxa
    - Axiña entrará en servizo o Centro Emisor de T.V.E., de Domaio. No edificio investíronse 8 millóns de pesetas e outros 51 en equipalo
    - Aprobouse o Plan Bienal de Cooperación 1972-73 que beneficia a todos os municipios da provincia. O seu importe total é de máis de 99 millóns de pesetas
    - Gráfica do Doutor Iglesias Fernández, primeiro subdirector dun Hospital Provincial
    - Memoria do Museo, correspondente a 1971. Contribucións diversas en número de 298. Entre as compras de maior. Entre as compras de maior relevancia, o Tesouro de Antas de Ulla e a miniatura do altar maior da Catedral de Santiago
    - O Museo de Pontevedra durante o ano 1971 . Rexistrou a cifra de vinte mil visitantes. O Tesouro de Antas de Ulla, a compra de maior importancia. Na súa biblioteca, vinte un mil volumes
    - “VII Concurso-Exposición Internacional da Camelia”, na nosa cidade. Celebrarase no Centro Deportivo Municipal
    - A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra está nun momento interesante da súa historia
    - Gráfica dos alumnos da Escola Naval Militar no Museo Provincial
    - Extraordinaria labor económico-social da Caixa de Aforros Provincial. Pioneira do III Plan de Desenrolo acude coa súa axuda ós sectores máis necesitados
    - Con carácter experimental. Comezaron as actividades do Centro de Formación Profesional de Psiquiatría do Sanatorio de Toén
    - Sesión clínica, a cargo do Doutor Díaz Bustelo co tema: Mecanismos de acción da “antibioterapia”
    - Máis de catorce millóns para reparación de vías provinciais. A Deputación anunciou a puxa das obras
    - “IV Feira do cocido” e “Día de exaltación da comarca” en Lalín. As autoridades percorreron o recinto feiral, e pronunciou o pregón don Pío Cabanillas
    - Toma de posesión do Subdirector do Hospital Provincial D. José Antonio Iglesias Fernández
    - Día a Día. A Festa da Camelia, por FUENTES MORA
    - Puxa das obras no Sanatorio do Rebullón. No Hospital Provincial * Servizo de peiteado
    - Sesión Clínica no Hospital Provincial. Participará o Doutor Carrete Ruiz que disertará sobre “Consideracións sobre os traumatismos torácicos”
    - Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Axuda ós afectados polos temporais
    - Conferencia do Doutor Carrete Ruíz na Sesión Clínica do Hospital Provincial
    - Clausurado en Lourizán o primeiro curso de España para mulleres mariscadoras de praia
    - Clausurado o XI concurso no Centro de F.P.A. 223 alumnos seguiron ensinanzas en 16 especialidades
    - Pleno da Corporación Provincial. Sesión extraordinaria. Examinaranse os orzamentos de contribucións e de cooperación
    - Nova sesión clínica no Hospital Provincial do Doutor Benvenuty Espejo sobre “Estenosis do Intestino Delgado”
    - O novo Gobernador Militar, Emilio de la Cierva Miranda, cumprimentou ás primeiras autoridades
    - O Príncipe de España, Padrón maior da Confraría de Pescadores de Lourizán
    - Máis de 360 millóns de pesetas, orzamento ordinario para o presente exercicio. Foi aprobado polo Pleno da Deputación Provincial. Aumentou un 11 por cento, respecto ó ano anterior
    - Máis de oito millóns para reparación de vías provinciais. A Deputación Provincial anunciou a puxa
    - No Pazo Provincial. Estudo do Plan de Marisqueo de Galiza
    - “Tumores de Wiilms”, conferencia del Dr. Días Lema, no Hospital Provinjcial
    - VIII Concurso-Exposición Internacional da Camelia en Vigo
    - Visita do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento, Ignacio García López, ó Municipio de Gondomar. Importante xuntanza coa Corporación Municipal e Consello Local
    - Museo de Pontevedra. O legado de Sánchez Cantón
    - A Deputación da Coruña, a exame. “A Deputación encóntrase escasa de cartos”
    - Conferencia do Doutor Dias Lema sobre “Tumores de Wilms”
    - Inauguración da VIII Exposición da Camelia. Presentáronse máis de cincocentos lotes

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición