ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2009-01-23_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/3.2009-01-23_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2009-01-23_Extraordinaria

  • Data(s) 2009-01-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 4 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 23 de xaneiro de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e tres de xaneiro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria urxente do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten Don Gabriel Martínez Giráldez nin Dona María Xosé Méndez Piñeiro. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5783.- PRONUNCIAMENTO DO PLENO SOBRE A URXENCIA DA SÚA CONVOCATORIA Sr. Presidente.- Bos días. Moitisimas gracias, imos, a todos e a todas, compañeiros e compañeiras Deputados/as, tamén ós compañeiros e compañeiras dos medios de comunicación, para dar comezo a esta breve sesión da convocatoria de Pleno extraordinario urxente. Antes do comezo da mesma sesión quero, lle acabo de propoñer agora ós grupos, neste caso do Partido Socialista e ó Bloque Nacionalista Galego, que en principio todos e cada un dos compañeiros, debido a que é unha sesión puramente de trámite, pois que imos a renunciar, evidentemente, ás dietas que nos corresponderían por este Pleno extraordinario. Se é así e o aceptamos todos os grupos, pois, quero agradecer neste caso a todos e cada un dos compañeiros que tiveron que desprazarse esta mañá aquí, porque entendíamos que era unha cuestión de puro trámite, pero que era necesaria. E, polo tanto, pois poñer en marcha o mecanismo administrativo para aceptar o pronunciamento do Pleno, neste caso, como primeiro punto a urxencia da convocatoria, para o cal procedemos a votar a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aceptar a urxencia da convocatoria desta sesión extraordinaria urxente. 2.5784.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADA PROVINCIAL PRESENTADA POR DONA CORINA PORRO MARTÍNEZ Sr. Presidente.- Renuncia ó cargo de Deputada Provincial, neste caso vicepresidenta, Dona Corina Porro Martínez. Polo tanto, o Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputada Provincial presentada por Dona Corina Porro Martínez, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Vigo corresponde cubrir a vacante a Dona Francisca Canal Gómez. Se acepta polo tanto a renuncia, e dalgunha maneira eu quero en nome dos compañeiros e compañeiras do equipo de goberno, e así o quero facer extensivo á corporación, o noso agradecemento persoal a Corina Porro polo seu traballo e dedicación durante todos estes meses, precisamente a esta casa, a esta Institución Provincial, e polo traballo feito, e que llo agradecemos moi sinceramente, e lle desexamos pois toda a sorte como non podía ser doutra maneira, tamén nesa nova posible responsabilidade que vai vostede a asumir dentro de pouco tempo. Non sei se quere vostede intervir. Dámoslle a palabra, adiante. Sra. Porro Martínez.- Solo para decir que quiero agradecer la cordialidad, el buen trato y el trabajo de todos los Diputados y Diputadas de esta casa, y también de todo el personal, y nada, que donde esté me tienen a su disposición. Gracias. Sr. Presidente.- Pois moitisimas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión. Moi bos días e moitisimas gracias. Dada conta do escrito presentado con data 22 de xaneiro de 2009 por Dona Corina Porro Martínez, Deputada Provincial polo Partido Popular elixida en representación do Partido Xudicial de Vigo, nas eleccións celebradas o ano 2007, pola que renuncia ó cargo de Deputada Provincial por presentarse como candidata nas próximas eleccións autonómicas. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Vigo proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Vigo en representación do Partido Popular a Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde e D. Alberto Valverde Pérez respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputada Provincial presentada por Dona Corina Porro Martínez, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Vigo corresponde cubrir a vacante a Dona Francisca Canal Gómez. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición