ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015-02-06_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/1.2015-02-06_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2015-02-06_Extraordinaria

  • Data(s) 2015-02-06 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 6 de febreiro do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día seis de febreiro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión, extraordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay e, está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. 1.6562.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación dos borradores das Actas das anteriores sesións ordinarias dos días 31 de outubro e 28 de novembro. Non habendo ningunha intervención se entende que se aproba. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 31 de outubro e 28 de novembro, de 2014. a) Parte resolutiva: 2.6563.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO DEPOGAP (XESTIÓN DE ACTIVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA), COFINANCIADO POR FONDOS FEDER (Nº EXP. 2014011837) Sr. Presidente.- O punto número 2. Pedimos a aprobación da súa inclusión debido á falta dalgunha documentación que non se puido levar á Comisión correspondente, pero é un proxecto xa coñecido polos membros da Corporación, que é a adxudicación do procedemento aberto para o desenvolvemento do proxecto depoGAP, xestión de activos na provincia de Pontevedra, cofinanciado por fondos europeos FEDER que, en principio, solicitamos, polo tanto, a súa aprobación para a súa inclusión. Sr. Secretario.- Su inclusión en el orden del día. Sr. Presidente.- ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias, bo día. Porque queríamos comentar, polo menos que os cidadáns coñezan que este é un destes proxectos que levan un certo retraso porque a posta en funcionamento retrasouse, temos que lembrar que isto foi aprobado, a súa financiamento, en xuño de 2011 cos fondos europeos FEDER. Pero que tamén empeza a chamar a atención deste concurso, que é certo que se aprobou no Pleno do outono pasado, que é un concurso importante de seis millóns e medio de euros e, chama a atención que despois de ser publicitado, como ten que ser norma para estes concursos, que só se presente unha empresa, é dicir, chama a atención, é dicir, parece que é recorrente que nos concursos que fai a Deputación non se presentan empresas, é dicir, algo está aquí a fallar, ¿non?, porque aquí que se presentou só unha empresa, que nós coñezamos. Quero lembrar que tamén para o concurso do lixo se presentaron só tres empresas, dúas xa nin pasaron o corte técnico, e esta, a verdade, é que tampouco, nunha puntuación técnica de 50 acadou só 35, ¿non?. Pois, neste senso, eu creo que, Sr. Louzán, debería vostede ir pensando que é o que pasa aquí para que non haxa competencia nestes concursos, porque o certo é que nós, aquí, vendo os prazos tamén, é certo que tampouco daba moito marxe para adxudicalo e, en todo caso, nós vamos a estar de acordo con, non coa adxudicación senón con que se celebre este desenrolo destes fondos FEDER aquí na nosa provincia que, benvidos veñen. Polo tanto, neste senso, é dicir, haberá que fomentar nos pregos algo máis para que haxa máis concorrencia nestes concursos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Estamos, bueno, isto veu ó Pleno xa o 31 de outubro e, naquel momento, puxemos de manifesto que iamos moi mal de tempo e que, vamos, fora aprobada a concesión no 2011, en xuño de 2011 e que estabamos como tres anos despois para facer un prego, ¿non?. Ben, o Sr. Presidente, naquel Pleno, senón me falla a memoria, dixo que investigarían e darían explicacións de por que, por que houbera ese retraso, ¿non?, que obriga, isto ten que estar xustificado antes de novembro deste ano, máis ou menos, porque ten que estar certificado e pagado dentro do ano, ou sexa, que por moi rápido que se pague e se certifique, pois, estamos falando de, como moito novembro, sen ningunha posibilidade de prórroga, porque xa estamos en prórroga, ¿non?, estamos nos dous anos de prórroga e creo que é seis millóns e medio ou seis novecentos pero a licitación creo que é unha cifra, cremos que é unha cifra, suficientemente elevada, é un contrato suficientemente importante como para que, non andar xogando, non andar xogando con el, ¿non?. Bueno, iso sucedeu, aquí, en principio naquel Pleno se, digamos, se votou a responsabilidade, se deixou a responsabilidade en parte dos técnicos pero díxose que se daría algunha explicación e que había que mirar que pasara con isto, estamos agardando que haxa esa explicación e agardemos que, vamos, agardemos que neste Pleno se nos dea. Con respecto á propia licitación, claro, repito, é un contrato de 6.900.000€ para xestión de activos na provincia de Pontevedra cofinanciados nun 70% por fondos FEDER e só houbo unha empresa admitida, unha UTE, por certo, INDRA-ALTIA-R, R de, vamos, a de comunicacións, e, dá a impresión de que nin tan sequera é unha UTE soldada, ¿non?, que é unha consolidada, digamos, para facer esta obra porque a mesma fianza cada un a presentou por separado a súa parte, cousa sorprendente, ¿non?, ou sexa, porque se é unha UTE é unha entidade xurídica que ten que responder solidariamente o normal é que o fixeran, legalmente pode facerse así, pero é raro, raro, raro, raro, ou sexa, dá a sensación de que a UTE está un pouquiño pillada polos pelos, é raro, si, si si, seguro, seguro. Entón, nós, evidentemente, non vamos a poñer ningún atranco, si esperamos e agardamos explicacións, que xa se pediran en outubro, non vamos poñer ningún atranco porque a provincia de Pontevedra, neste caso, perdería esta financiamento, que ó final vaise a seis millóns e medio, que é o prezo de adxudicación e todo o que podemos desexar, como dixemos naquel Pleno, é que haxa sorte, que haxa sorte no sentido de que se poida executar en seis meses e que se poida xustificar en Madrid, ante a Unión Europea, a financiamento que está concedida e que, realmente, pois se faga ben para acadar o aforro enerxético, o aforro en todos os concellos da provincia, quitando Pontevedra e Vigo, e poida saír con ben, realmente non vai ser fácil, non vai ser fácil, que haxa sorte, pero non vai ser fácil, calquera incidencia, calquera pelexa entre os socios da UTE, calquera dificultade por falta de información, calquera cuestión dese tipo vai ser, pode poñer en perigo a financiamento. Desde logo, por nós non vai quedar, vamos votar a favor, vamos, agardando as explicacións que se comprometeron en outubro. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, eu acabo de ver agora quen é a proposta e, bueno, polo que se ve e o que se acaba de comentar, pois, creo entendo que non é responsabilidade nosa que se presente unha ou varias, ¿non?, pero, en todo caso, polo que parece ou polo que se ve aquí das empresas son das empresas, dalgunha maneira, con maior relevancia neste sector, ¿non?, pero bueno, a UTE esta, que dalgunha maneira sería a gañadora deste concurso. En todo caso, creo que a deputada Begoña Estévez foi quen estivo seguindo un pouco este proceso e, independentemente de que poderían habelo traído o servizo correspondente en tempo e forma, agora, o que convén é acelerar ó máximo un proceso que non é fácil, porque entendo que, ó mellor, a mecánica de todo este, da posta en marcha dun proxecto destas características, ten a súa complexidade, ¿non?, polo tanto, Sra. Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Moitas grazas Presidente. Bos días a todos, compañeiros deputados. Bueno, só responder brevemente ó que dixeron os voceiros, tanto do PSOE como do BNG, con respecto á pregunta formulada polo voceiro do BNG, pois, compartimos que, evidentemente, é un proxecto complexo, cun importe elevado e esta Institución e ou seu equipo técnico en Novas Tecnoloxías e os outros Servizos da Deputación tardaron moito tempo en planificalo e, como diciamos no Pleno onde se trouxo esta proposta do proxecto depoGAP, foi un proceso técnico de moita complexidade e intentáronse pechar o máximo posible todos os puntos, o que se ía facer en cada un dos concellos para que fose máis fácil o desenrolo unha vez adxudicado. Evidentemente, desde esta Institución faremos un seguimento unha vez que está adxudicado, ós prazos e ás propostas da empresa adxudicataria, e con respecto ó que dicía tamén, un pouco en relación co que dicía o Voceiro do Partido Socialista, dun tempo a esta parte trabállanse, elabóranse os pregos técnicos dunha forma concienzuda e pensando na máxima eficiencia e eficacia para esta Administración, ás veces é complicado que as empresas conten coa solvencia técnica suficiente para poder garantir a prestación destes servizos que, como saben vostedes, en función dos importes e dos tipos de procedementos que se licitan esíxese legalmente unha clasificación ás empresas que se presentan ós contratos administrativos e, evidentemente, non é responsabilidade da Institución que non haxa máis empresas que se presenten ós concursos que convoca a Deputación de Pontevedra. No caso da Xestión de residuos, como dicía o Voceiro do BNG, pois, esta Institución, a pesar de que había tres propostas na licitación, pois, viuse tecnicamente que era imposible que puidesen levar a cabo o servizo nas condicións que esixíamos no prego de condicións técnicas que, como saben, é a Lei que rexe o contrato. Entón, nestes casos, se con antelación o órgano de contratación e a Mesa ve que é imposible que se poida cumprir, pois, entón nese caso quedou deserto. Neste outro si se cumprían os requirimentos técnicos e a empresa acadou o corte mínimo de puntuación que se esixía, valoráronse ademais, creo que os dous grupos teñen no seu poder o informe técnico que elaborou a Mesa de Contratación. Valoráronse ademais as puntuacións técnicas do sobre B e a puntuación económica que entraba dentro do corte fixado no prego de condicións técnicas e, ademais, a ampliación da duración do período de mantemento da plataforma que, neste caso, ampliaban a trinta e seis meses e menor custo anual de mantemento, ampliación no alcance, tamén, das probas piloto de eficiencia enerxética non só en instalacións deportivas senón tamén nos fogares, iluminación pública tamén. Unha vez comprobados todos estes aspectos, pois, acordouse propor ó órgano de contratación a adxudicación a favor desta empresa que, como digo, farase un seguimento serio por parte desta Institución como se fan no resto dos contratos que se adxudican. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Estévez. Polo tanto, procedemos a … ¡Ah!, perdón, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, a ver. ¿Como se pode xustificar que leve tres anos facer un proxecto e se dea seis meses para executalo?, cando é prioritario e estamos con prazos por atrás, ou sexa, que ten que estar acabado, o normal é que estivera acabándose agora, que estivera acabándose agora, bueno, isto é igual que se para facer os planos dunha casa leva moito máis tempo que para facer a casa, a ver, a ver, aí houbo alguén que se columpiou, aí houbo alguén que deixou pasar os prazos, tan ricamente, porque tiña outras cousas que facer ou polo que fose, ¿vale?, ou porque lle viña ancho o traballo ou polo que fose. Claro, ¿cal é a consecuencia?, ¡home!, a ver, é que creo que sabemos un pouquiño de administración, ¿cal é a consecuencia?. Que se pon un contrato de 6.900.000€, ¿verdade?, a executar en seis meses sae unha clasificación disparatada, sae elevadísima a clasificación, claro, co cal se lamina a posibilidade de que empresas que poden facer perfectamente o traballo se se fixeran en dous anos ou en ano e medio, se poidan presentar, claro, é que o problema, esa é a consecuencia, esa é a consecuencia, pero é que está clarísimo non hai máis que lerse o expediente e ver o que sucedeu. Entón, ¿cal é a consecuencia?, de que pode haber, podía haber empresas en Galicia ou da Unión, porque R agora xa non ten capital galego, pero bueno, ou outras noutros lados de que, digamos, que o podían facer perfectamente, pero con esa clasificación que se esixe, a clasificación vai en función do volume económico e máis do prazo que se dá para executalo, ó reducir tanto o prazo e ser tanto o volume económico sae unha clasificación absolutamente disparatada que só se pode presentar algunha e incluso en UTE porque por si soa, probablemente, ningunha das tres sexa capaz ou puidera dar a clasificación, en todos os ámbitos no que se esixe. Claro, a consecuencia é esa, está clarísimo, entón, estas cousas cando se toma ese tempo e se dan eses prazos tan apretados e se pon en perigo todo, que non quedou deserto polos pelos, absolutamente polos pelos e, co cal xa non habería tempo material para executalos, co cal se perderían 5.000.000€ de financiamento europea, pois, hai que ter un pouquiño de coidado, digo que alguén, alguén terá que dar unha explicación, aquí, no Pleno de outubro díxose que se ía a dar unha explicación, que se ía a mirar que pasaba, se a explicación é que é moi complexo, bueno, pois non o pidan, se é tan complexo e ó final vamos estar tan apretados ó final que temos que facer estas cousas aceleradas, xa digo que imos a votar a favor, de ningunha maneira se nos vai a culpar nin montar ningún lío nin vamos a recorrer nada, non, porque entón sabemos que se perden eses cartos e, mira, ¡que veñan para a provincia!, aínda que sexa en malas condicións, ¿vale?, iso non o imos a facer. Pero, á explicación hai que darlle un pouquiño, ¿eh?, hai que darlle un pouquiño, vamos, é que, de verdade, ou sexa, é que era moi complexo, bueno, pois non o pediran, entón, columpiouse alguén antes cando pediu un proxecto que non era capaz a desenvolver, haberá que darlle unha explicación, a explicación é que era moi complexo, ou sexa, é como, pedín os planos dunha casa e como era complicado, pois, tardáronme catro anos en facela pero agora hai que facela en tres meses, ala, acabemos a casa en tres meses aínda que se caia ó día seguinte. Home, a ver, un pouquiño de “por favor”, un pouquiño de sensatez, ¿non?, digo eu, e á parte que se quedou no Pleno de outubro de buscar algunha explicación e dala no Pleno e non se dá, que estamos falando de 7.000.000€, porque dis ti, unha obra de 200.000 que se atranca, bueno, pois mala sorte, po volume da Deputación, pois bueno, pois mala sorte, pero isto, vamos, debería ser un asunto absolutamente prioritario para quen o tivera que xestionar, quen fora, o servizo ou algún deputado ou deputada. E, as explicacións que se dan, francamente, non, creo que non convencen a ninguén, digo incluso para evitalo para outra vez e incluso, bueno, que haxa a responsabilidade de que quen se comprometeu a facelo senón tiña a capacidade ou o que sexa, pois, que outra vez mida ben, ou bueno, ou reforzar o Servizo ou o que sexa, pero isto, vamos, a clasificación, “é que se presentou unha porque non se presentaron máis”, ¡claro!, e se meten unha clasificación que non hai ningunha en Europa que a cumpra, evidentemente non vén ninguén, claro, así é fácil, dis ti, non, é que se podían presentar cincuenta e non se presentou ningunha, bueno, entón é que as condicións económicas ían mal, bueno, pero dubido moito que se poidan presentar moitas, ¿eh?, dubídoo, a seis meses un proxecto de 7.000.000, dubido eu moito que a clasificación a tiveran moitas empresas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, síntome na obrigación de darlle a razón, pero, pero, pero, vostede sabe como é a Administración, ¿non, Sr. Mosquera?, polo tanto, neste caso, pois, ten razón e agora, e ademais tiñamos gañados uns puntos, que vamos a perder un punto, porque sabe vostede que xestionabamos ben, aquí, nesta casa, pero bueno, si é certo que xa pedimos as explicacións oportunas, se nos explicaron, como no Pleno temos que falar os que estamos aquí, aínda que podería falar máis xente sen dúbida, pois, o responsable dese Servizo falou diante nosa e volverá a falar para ver, dalgunha maneira, a motivación, que eu dixen antes, do que se nos explicou a nós, da complexidade, nós habíamos pedido máis proxectos que este, nos deron este, non nos deron outro, porque parece ser que nos dan sempre as cuestións máis difíciles pero, sen embargo, como vostede ben dicía, e con razón, pois, non vamos a desperdiciar esta oportunidade. Pero bueno, vostede sabe que, eu que sei, por exemplo, Pontevedra, tiña que xestionar o Plan Xeral e tal, vostede iniciouno, deixouno no caixón, non fixemos nada, todos sabemos máis ou menos como vai a cousa, entón, podemos falar desas cousas moito. Polo tanto, bueno, vostede vaime dar a razón tamén e, neste caso, pois ten razón, pero eu antes de que, evidentemente, se perda esta cuestión creo que o importante é sacalo adiante. Polo que vin e vino agora, as empresas adxudicatarias, polo que ve, son de solvencia suficiente para este proxecto, ¿non?, aparentemente, non o sei, ou polo menos polo que pon aquí no papel. Polo tanto, nese sentido creo que non hai ningunha dúbida, certo é que a mesma explicación ou as ganas de explicación que vostede ten coa mesma contundencia me gustaría tamén que, o que pasa é que estes procesos hai que entendelos desde o punto de vista técnico, os coñecementos que poidamos ter neste ámbito son os xustos, polo tanto, quédome coa mesma sensación que vostede poida ter, no sentido que se me explicou, pero creo que a explicación tiña que ser moito máis convincente todavía e non o foi do todo en relación a que, ¿por que tanto retraso se estivemos encima?, e ten un a sensación interior de cabreo, no meu caso, e da Deputada Begoña Estévez, que supoño que era o que quería dicir, de cabreo tamén interior, que temos esa sensación tamén, igual, ¿non?. Sra. Estévez Bernárdez.- Presidente, tamén dicirlle ó Voceiro que, cando nós, os políticos, levamos este tema directamente cos xefes de Servizo e cos funcionarios desta Institución que fan unha magnífica labor, eu non o poño en dúbida, entón, neste caso o xefe de Servizo, aínda que non teño agora nestes momentos un informe para poder trasladarllo ós voceiros da oposición, nos di que o traballo de campo que se fixo para sacar este proxecto xa está moi desenrolado, que vai haber equipos de traballo da empresa adxudicataria traballando de forma e ó mesmo tempo, nos distintos concellos, para facer o traballo á vez, ou sexa, que o traballo de campo xa está tan desenrolado e tan definido tecnicamente que por iso se tardou tanto en desenvolver o proxecto en si mesmo, pero logo, o traballo que se vai facer ó longo destes seis meses vai ser máis sinxelo e vai ter o apoio total con equipos traballando simultaneamente dos distintos concellos da provincia de Pontevedra. E, como lle dicía, tamén, faremos un seguimento desde a parte política desta Institución para que se cumpran os prazos por parte da empresa coa axuda dos técnicos e do xefe de Servizo e para non perder esta subvención, evidentemente, e que se desenrole de forma adecuada e beneficiosa para todos os concellos da provincia que é o noso obxectivo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Estévez. Bueno, na mesma liña, de que sentimos todos iso, que non se houbera feito, xa digo, no tempo que houbera correspondido, se nos dá esa explicación e, en todo caso, o importante é agora que fagamos o labor de seguimento e de que se cumpran os obxectivos do proxecto que, en definitiva, é o importante para a provincia de Pontevedra asumindo, xa digo, esa responsabilidade. Polo tanto, imos a proceder á votación, en primeiro lugar, da inclusión e, en segundo lugar, pois tamén da votación da adxudicación do procedemento. En primeiro lugar, votamos a inclusión. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E agora, segundo, votamos, punto número 2 que é a adxudicación deste procedemento. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Deputación de Pontevedra co ánimo de reforzar a sociedade da información no ámbito social, administrativo e económico dentro da provincia, mediante a implantación das novas tecnoloxías da información e da comunicación elaborou o proxecto depoGAP: “Xestión de Activos da Provincia de Pontevedra”. Este proxecto persegue dotar ós concellos da información interna que permita optimizar a xestión dos seus activos e axude na toma de decisións, fomentar a participación cidadán e adquirir o coñecemento necesario sobre a eficiencia enerxética para diminuír o gasto enerxético e o impacto ambiental mediante un uso eficiente dos activos públicos. A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, a través da resolución do 22 de xuño de 2011, resolveu conceder financiamento ó proxecto, cunha achega de fondos FEDER dun 70%. Entre as actuacións incluídas no proxecto depoGAP, inclúese as seguintes actuacións:  Realización dun inventario de activos de todos os concellos da provincia de Pontevedra (salvo Pontevedra e Vigo) e da propia Deputación.  Dotación dunha plataforma tecnolóxica para a xestión destes activos que permita explotar a información almacenada no inventario de activos e realizar a xestión centralizada dos mesmos.  Desenvolvemento e posta en marcha de probas piloto de eficiencia enerxética. Dada a complexidade e o ámbito multidisciplinar do proxecto, o elevado número de entidades involucradas e o reducido prazo de execución do proxecto, a Deputación de Pontevedra carece dos recursos especializados suficientes, tanto técnicos como humanos, para o desenvolvemento do mesmo. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 31 de outubro de 2014 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do desenvolvemento do proxecto “depoGAP: Xestión de Activos na Provincia de Pontevedra”, cofinanciado por fondos FEDER, pola cantidade máxima de seis millóns novecentos mil euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación enviouse ó Boletín Oficial da Unión Europea con data 31 de outubro de 2014 (número de referencia DO/S S213, 05/11/2014, 377619-2014-ES), asemade efectuouse a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 215 con data 6 de novembro de 2014 e no Boletín Oficial do Estado número 275 de data 13 de novembro de 2014. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 26 de decembro de 2014, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2014, faise pública a única empresa admitida ó procedemento aberto, procedendo á apertura do sobre B presentado pola mesma, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que polo Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 2015, fai pública a seguinte puntuación asignada á proposta técnica efectuada pola empresa: EMPRESA LICITADORA PUNTUACIÓN SOBRE B UTE Indra Sistemas, S.A.- Altia Consultores, S.A. – R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A 35,30 puntos Nese mesmo acto procedeuse á apertura do sobre C, tras alcanzar unha puntuación superior a 30 puntos, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, dándose a coñecer os valores ofertados e obtendo en relación cos mesmos a seguinte puntuación: PUNTUACIÓN CRITERIOS EMPRESA UTE Indra Sistemas, S.A.- Altia Consultores, S.A. – R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A PUNTUACIÓN SOBRE B 35,30 puntos PUNTUACIÓN CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS 45,018 Puntos 1. Prezo total ofertado (máximo 5 puntos) 0,018 puntos 2. Ampliación de duración do período de mantemento da plataforma (máximo 5 puntos) 5 puntos 3. Menor custe anual de mantemento, soporte e licenza (máximo 10 puntos) 10 puntos 4. Ampliación do alcance nas probas piloto de eficiencia enerxética (máximo 30 puntos), de acordo ó seguinte detalle: 30 puntos 4.1. Ampliación do alcance na proba piloto de sostenibilidade enerxética e ambiental en instalacións deportivas (máximo 7 puntos). 7 puntos 4.2. Nº fogares ampliados do alcance da proba piloto de sensibilización e uso eficiente da enerxía nos fogares (máximo 8 puntos). 8 puntos 4.3. Número de cadros de alumeado de diferentes concellos ampliados da proba piloto de eficiencia enerxética de iluminación pública exterior (máximo 15 puntos). 15 puntos TOTAL 80,318 puntos Á vista da puntuación total obtida e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, elévase a proposta de adxudicación do procedemento aberto para o desenvolvemento do proxecto “depoGAP: Xestión de Activos na Provincia de Pontevedra”, cofinanciado por fondos FEDER á UTE Indra Sistemas, S.A.- Altia Consultores, S.A. – R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A ó órgano de Contratación. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2015000791 de data 16 de xaneiro de 2015, e á vista da puntuación total obtida e da proposta da Mesa de Contratación, requiriuse á UTE Indra Sistemas, S.A.- Altia Consultores, S.A. – R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A, para que, dentro do prazo de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte a aquel no que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no artigo 151 do Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que con data 21 de xaneiro de 2015, na sesión ordinaria da Comisión Informativa de Economía e Facenda, o Secretario informa de que se están realizando os trámites administrativos correspondentes, en concreto, o expediente atópase na fase de requirimento e que unha vez presentada toda a documentación por parte da UTE Indra Sistemas, S.A.- Altia Consultores, S.A. – R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., se elevará ó Pleno da Corporación a súa proposta de adxudicación. Nesta mesma sesión explica a razón de urxencia de elevar a proposta de adxudicación do Pleno á sesión do 30 de xaneiro de 2015 debido a que se trata dun proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), e que un retraso da adxudicación do contrato ata a vindeira sesión do Pleno da Corporación pode ter como consecuencia a perda da subvención concedida polo retraso na execución do proxecto. Asemade tamén se pon o expediente no Servizo de Contratación a disposición dos membros da Corporación. Resultando que con data de entrada do Rexistro Xeral de 21 de xaneiro de 2015 a UTE presentou a documentación requirida entre a que se atopa a constitución da garantía definitiva por importe total de 271.500,00€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación de acordo ó seguinte detalle: - Importe de 90.518,10€ con número de operación 201500011013 (parte depositada pola empresa Indra Sistemas, S.A., NIF: A-28599033). - Importe de 90.490,95€ con número de operación 201500011008 (parte depositada pola empresa Altia Consultores, S.A., NIF: A-15456585). - Importe de 90.490,95€ con número de operación 201500011012 (parte depositada pola empresa R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., NIF: A-15474281). Polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 2, faculta ó Pleno da Corporación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 3 onde figura que lle compete ó Pleno da Corporación as concesións sobre os bens da Corporación. Considerando o artigo 82.3 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. O Pleno da Corporación acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á UTE Indra Sistemas, S.A.- Altia Consultores, S.A. – R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. o procedemento aberto do desenvolvemento do proxecto depoGAP (Xestión de Activos na Provincia de Pontevedra) de acordo ó seguinte detalle: - Prezo ofertado: Prezo de licitación (sen IVE) 5.430.000,00 € IVE (21%) 1.140.300,00 € Total IVE incluído 6.570.300,00 € Ó orzamento de licitación poderanse sumar as bonificacións, en concepto de adiantos polo cumprimento dos fitos establecidos nos pregos, que suman un total de 325.000,00 € IVE incluído. - Ampliación de duración do período de mantemento da plataforma: 36 meses. - Menor custo anual de mantemento, soporte e licencias (Importe sen IVE): 49.000,00€. - Ampliación do alcance nas probas piloto de eficiencia enerxética:  Ampliación do alcance na proba piloto de sostenibilidade enerxética e ambiental en instalacións deportivas, en concreto ampliarase coa extensión da proba a outro campo de fútbol da provincia cun aforo maior ós 500 espectadores.  Número de fogares ampliados do alcance da proba piloto de sensibilización e uso eficiente da enerxía nos fogares: 100 fogares máis.  Número de cadros de alumeado de diferentes concellos ampliados na proba piloto de eficiencia enerxética de iluminación pública exterior: 5 cadros. O desenvolvemento do proxecto depoGAP estará condicionado ó cumprimento de todos os compromisos adquiridos e á formalización do contrato por parte da empresa adxudicataria. 2.- O contrato financiarase con cargo a aplicación orzamentaria 15/926.4620.652.02.2012 do Orzamento provincial. 3.- A duración do contrato será de 6 meses desde a formalización do mesmo e ata a finalización dos traballos e a certificación destes por parte da Deputación de Pontevedra (non admite prórroga). 3.6564.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE BUEU DA EP-1310 RÚA RAMÓN BARES Sr. Presidente.- O punto número 3. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Bueu da rúa Ramón Bares. A verdade é que esta tamén levou un retraso importante, pero supoño que era cumprimento da tramitación debida, porque foi unha actuación que fixemos en combinación co concello de Bueu e que, finalmente, esta actuación quedou rematada e, non tería ningún sentido nin ten ningún sentido, que esta estrada provincial de cen, vamos, varios centos de metros pero, relativamente, curta, pois que é un calle urbana do concello de Bueu que fora titularidade da Deputación, polo tanto, o que facemos, en definitiva, é transferir ó concello que é o que corresponde. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido desde o concello de Bueu a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega da EP-1310, Rúa Ramón Bares. Visto o informe emitido o 12 de xaneiro de 2015 pola Enxeñeiro T. Xefe da Zona Norte favorable ó cambio de titularidade solicitado, xa que a devandita estrada provincial polo seu trazado, lonxitude, e a súa funcionalidade actual, xa non reúne as características propias dunha estrada provincial. Tomando en consideración a súa natureza de treito urbano que discorre por núcleo rural, segundo o establecido no artigo 7 da Lei 8/2013 de Estradas de Galicia, e que, o espírito da Lei de Estradas 8/2013 deixa patente, no seu preámbulo, a finalidade de transferir ós concellos os viais que transcorran polo seu solo urbano ou de núcleo rural para conquerir unha máis eficiente xestión ademais de procurar que, con esta transferencia, o concello de Bueu poderá garantir o mellor mantemento da estrada e levar un control máis directo sobre a mesma para evitar posibles ocupacións indebidas do dominio público. Por todo o exposto desde o Servizo de Infraestruturas informamos, favorablemente, o seu cambio de titularidade a favor do concello de Bueu de acordo co disposto no preámbulo e no artigo 9 da Lei 8/2013 de Estradas de Galicia e artigo 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. O cambio de titularidade a favor do concello de Bueu da EP-1310, Rúa Ramón Bares. Dito viario incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Bueu tal e como sinala o artigo 10.6 da Lei 8/2013, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Bueu a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Segundo. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 4.6565.- CORRECCIÓN DE ERROS DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS-2015 Sr. Presidente.- O punto número 4. Corrección de erros das Bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ó Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015. ¿Hai que votar?. Sr. Secretario.- Si, si. Sr. Presidente.- ¿Y está corregido el …? Sr. Secretario.- Si, si. Sr. Presidente.- Vale, ya está ahí, figura en la … Sr. Secretario.- Por el plazo. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bo día de novo. Bueno, en primeiro lugar, na corrección de erro, ¿non?, no propio, onde di, “debe dicir, todos os contratos deben estar, iniciarse” ou “deben estar iniciados” ou “deben iniciarse”. Sr. Presidente.- É que andan moi rápidos aquí. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, digo, creo que, en todo caso, nós queremos lembrar a nosa intervención en decembro, no Pleno de decembro, referido a este Plan de emprego que vén con esta denominación e, dende logo, onde nós seguimos insistindo e hoxe con máis razón, dado de que hai 3.000 desempregados máis rexistrados nesta provincia e insistimos en que se debe contemplar ós concellos de Vigo e Pontevedra. Entón, dado que nesta corrección de erros se di que teñen que estar os contratos realizados durante o mes de marzo, estamos nas datas que estamos, nós insistimos en que deben estar incluídos que se poidan contratar persoas desempregadas destes dous concellos con cargo a este Plan. E, ademais, lle vou a dar outro dato, outro dato que é moi alarmante, que algunha vez xa fixemos aquí tamén referencia a el e é de que menos do 50%, menos do 50%, en torno a un 49%, das persoas que están paradas nesta provincia non teñen ningún tipo de prestación. Polo tanto, insistimos que saludamos positivamente este Plan de emprego pero que estará e será incompleto mentres non conte con todos os concellos desta provincia. Polo tanto, nós, nesta corrección de erros nada que apuntar, nos absteremos por coherencia de que votamos en contra en decembro, pero insistir en que canto antes debía resolverse … Sr. Presidente.- De acordo, estamos traballando niso para que o portavoz, neste caso, do Grupo Provincial, para resolver esa cuestión. Sr. Figueroa Vila.- Só dicir que esta mañá tivemos unha pequena xuntanza e que o luns vamos a repetila para intentar concretar algunha proposta para Vigo e Pontevedra. Polo tanto, estamos coa máxima dispoñibilidade e intentaremos ver se podemos encaixar ese tema, polo tanto, eu creo que o luns ou o martes podía quedar resolto. Sr. Presidente.- De acordo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que, tras a aprobación no Pleno do 30/12/2014 das “BASES REGULADORAS DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS - 2015”, publicadas no BOPPO núm. 1, do 02/01/2015, e logo de publicarse a corrección dun erro de transcrición no BOPPO núm. 3, do 07/01/2015, advertiuse un erro na redacción da Base 12.4 que, a pesar de que se establece que todos os contratos deben iniciarse antes do 1 de abril do 2015, a súa formalización queda circunscrita unicamente ó mes de marzo. Considerando que non existen razóns obxectivas para que os contratos poidan iniciarse en data anterior, non resulta coherente restrinxir o período para formalizar os contratos. Á vista dos informes e antecedentes obrantes no expediente, o ditame da Comisión informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, rectificar a redacción errónea da Base 12.4 das Bases reguladoras do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, de maneira que onde di: “4. Todos os contratos deben estar formalizados entre o 1 e o 31 de marzo do 2015, para que todos os contratos se inicien antes do 1 de abril do 2015, agás os casos excepcionais de substitución por renuncia e polo tempo restante, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder o 30 de setembro do 2015.”, Debe dicir: “4. Todos os contratos deben estar iniciados antes do 1 de abril do 2015, agás os casos excepcionais de substitución por renuncia e polo tempo restante, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder o 30 de setembro do 2015.” b) Parte de información e control: 5.6566.- INFORME DE CUMPRIMENTO, POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AS ENTIDADES LOCAIS ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA E CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO, DURANTE O 4º TRIMESTRE DE 2014, DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 5. Informe de cumprimento, para dar conta, pola Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, durante o 4º trimestre 2014, dos prazos de pagos e obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, Lei de Morosidade das Administracións Públicas, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas contra a morosidade nas operacións, neste caso con terceiros ou operacións comerciais. Polo tanto, isto é para dar coñecemento, está na carpeta a documentación respectiva e xa é de coñecemento dos membros da Corporación. A Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola universitaria de Enfermería e Consocio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 4º trimestre de 2014, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 4º TRIMESTRE DE 2014 1. Con referencia á data de rexistro da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio pago (PMP) (días) Período medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 38 32 4.351 11.272.364,14 529 8.320.600,13 Escola de Enfermería 18 5 14 8.866,12 2 1.933,54 Consorcio de Bombeiros 25 3 10 934.865,33 1 15.730,00  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio penden-te pago (PMPP) (días) Período medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe Total Deputación de Pontevedra 37 88 799 4.626.395,36 86 1.049.252,43 Escola de Enfermería Consorcio de Bombeiros 2 1 219.368,11 2. Con referencia á data da factura:  Pagos realizados: Pagos realizados Período medio pago (PMP) (días) Período medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 48 30 3.080 6.372.668,16 1.801 13.220.345,67 Escola de Enfermería 24 10 11 7.963,51 5 2.836,15 Consorcio de Bombeiros 30 5 7 660.368,03 4 290.227,30  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período medio penden-te pago (PMPP) (días) Período medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operac. Importe total Nº operac. Importe total Deputación de Pontevedra 50 61 562 1.945.586,52 329 3.791.587,43 Escola de Enfermería Consorcio de Bombeiros 5 1 219.368,11 3. Intereses de demora pagados: Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga: Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido do informe de cumprimento, pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, durante o 4º trimestre de 2014 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 6.6567.- INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AS ENTIDADES LOCAIS ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA E CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO CORRESPONDENTE Ó MES DE DECEMBRO DE 2014, EN RELACIÓN ÁS OBRIGAS DE SUBMINISTRO DE INFORMACIÓN ESTABLECIDAS NA LEI ORGÁNICA 2/2012, DE 27 DE ABRIL, DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E SOSTIBILIDADE FINANCEIRA Sr. Presidente.- O punto número 6. Informe do período medio de pago a provedores, tamén da Deputación de Pontevedra e ás Entidades Locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes tamén de decembro de 2014, en relación ás obrigas de subministro de información establecidas na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, que tamén é de coñecemento, que eu creo que estamos probablemente como unha das mellores institucións públicas, que haberá que agradecer ó Servizo de Intervención e ó Interventor, que hai celeridade, e a media está por debaixo dos … Sr. Interventor.- Dos catorce días, catorce e pico. Sr. Presidente.- Si, eu calculaba dezaseis, estamos agora nos catorce días de media de pago na Deputación de Pontevedra, o cal é, pois, creo que un dato moi significativo. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior: Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de decembro de 2014, que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE DECEMBRO DE 2014 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de decembro de 2014 da Deputación Provincial de Pontevedra e das Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio de Bombeiros, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupuestaria e Sostibilidade Financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 7.6568.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- O punto número 7 é dar conta das Resolucións Presidenciais que están aí no seu poder. Sr. Secretario.- Las dictadas entre el 26 de diciembre y el 2 de febrero. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 26 de decembro de 2014 e 2 de febreiro de 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 8.6569.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- E o punto número 8 é Rogos e Preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos, o que vou a plantexar, o que vamos a plantexar, probablemente fora mellor traelo en forma de moción pero o asunto é o seguinte, ¿non?. Esta Deputación ten aprobada unha ordenanza de seguranza viaria, e cremos que modélica, na que se recollen unha serie de aspectos, fora proposta do BNG, pero dá igual, foi aprobada por unanimidade nesta Corporación, onde se recollen unha serie de aspectos moi importantes para garantir a seguranza viaria nunha provincia que ten uns datos, francamente, que ten uns datos, francamente malos, aínda que están mellorando, evidentemente, ninguén pode arrogarse que porque esta Deputación teña aprobado unha ordenanza neste sentido, pioneira, pois, axudara a mellorar esas cifras, pero aínda así non son especialmente boas, pero algo tivo que ver, probablemente algo tivera que ver esta Deputación neste sentido, está traballando nesta dirección. Ben, o regulamento de tráfico, o decreto, o real, o decreto de …, ¿non?, o que se chamaba sempre regulamento de tráfico, fai unha serie de propostas con respecto a medidas de velocidades e de seguranza que están moi, moi en consonancia co que ten esta Deputación aprobado na súa ordenanza. Ben, e, como todos sabemos, houbo un informe do Consello de Estado moi desafortunado nas formas, e nós entendemos que no fondo, que vai radicalmente en contra, incluso intenta caricaturizar, ¿non?, que se, certos aspectos que cremos que non teñen sentido, para a nosa opinión é unha grave irresponsabilidade. Entón, nós entendemos que sería bo que esta Deputación, este Pleno, transmitira á Dirección Xeral de Tráfico o seu apoio para que saque o regulamento nos termos máis ou menos coincidentes co que está na ordenanza. É un problema de pura coherencia, parece ser que o vai sacar igual, pero estase retrasando, entón, digo que, se houbo unha institución, que entendemos as formas foron francamente malas, ou sexa, a redacción parece de auténtica caricatura, de vacile, ¿non?, pois, xa é unha institución que realmente está facendo unha, ten unha ordenanza que coincide coa proposta de regulamento, pois, que comunique á Dirección Xeral de Tráfico que conta co noso apoio e que siga por esa liña, ¿non?, porque é na liña que estamos traballando nesta Deputación e, cremos, cremos que con resultados, se cadra, non todo o óptimo porque as cousas levan o seu tempo, pero con bos resultados. Creo que, entendeuse a proposta, ¿non?, ou sexa, igual, non sei, Declaración Institucional ou un escrito da Presidencia ou o que sexa, ou do Pleno, e dicíndolle que, bueno, que nós temos, supoño que xa o saberá, ¿non?, incluso había pendente, que aquí se falou no Pleno de novembro, creo, que convidara á Directora Xeral de Tráfico a que viñera a unhas charlas aquí sobre isto. Ó final non sei en que quedou, supoño que en nada, falabamos de febreiro, en febreiro xa estamos, pero bueno, hai a cuestión do regulamento, que cremos que seguimos tendo unhas cifras na provincia malas pero mellorando, afortunadamente, pero cremos que non só aprobar a ordenanza senón apoiar que o regulamento sexa obrigatorio para todos, porque senón se un concello ou unha Deputación no seu viario fai determinadas cousas pero no viario do lado, podo poñer un exemplo, en Pontevedra, no viario municipal levamos anos sen ter un morto, no viario non municipal, tres, dous, tres, cada ano, e é moito menor, claro, pero se uns vamos por un lado e outros vamos por outro, malamente vamos, malamente vamos a conseguir reducir as cifras, reducíronse moito, agora está repuntando outra vez, claro, porque necesita que se empuxe, cremos que todo empuxe nese sentido, toda vida que se salve, pois cremos que é, todo o que se faga por salvar unha vida pois é, vale a pena, ¿non?. Sr. Presidente.- Moi ben, tomamos nota en todo caso, de todas maneiras se nos queren trasladar, ben tipo moción, podémolo facer aquí e levámolo no Pleno próximo para reivindicalo diante de …; eu falarei persoalmente coa responsable, pero si era bo traelo aquí e así como tal, llo vamos a trasladar coa aprobación do Pleno correspondente. Sra. Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Si, moitas grazas. Nós queremos presentar unha pregunta sobre a situación que se produce dende o mes de novembro, no que tres xogadoras do Club Leis 26 de fútbol sala de Pontevedra presentaron unha denuncia no Xulgado por trato denigrante e vexatorio contra o Presidente do Club, José Antonio Nieto Sanjuan. Gustaríanos saber se, sabemos, supoñemos que o Presidente da Deputación terá coñecemento desta situación, saíu nos medios de comunicación, sabemos ademais tamén que a Marcha Mundial das Mulleres dirixe un escrito solicitando unha entrevista para falar desta cuestión e, independentemente, do proceso xudicial e, independentemente, de que finalmente, haxa unha condena ou non a haxa, nós entendemos que as administracións e as institucións teñen unha responsabilidade sobre sucesos como este, porque un acto, mesmo que non sexa considerado un delito, pode ser merecedor, como é neste caso, de reproche social e de resposta por parte das institucións. Sabendo, ademais, o compromiso e as accións políticas que desenvolve esta Deputación na provincia de Pontevedra, tanto co deporte como tamén coa promoción do deporte feminino, a igualdade de dereitos entre homes e mulleres e, a loita contra o acoso e a violencia de xénero, ¿gustaríanos saber se tomaron algunha medida ou teñen pensado tomar algunha medida sobre esta situación?. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Agora, a responsable de Deportes, Begoña Estévez, ten algunha resposta ó respecto. Sra. Estévez Bernárdez.- Bueno, pois esta mesma semana, bueno, antes de comezar o Pleno dirixinme ós membros do Club, pais, nais, de xogadoras, porque esta mesma semana recibimos unha carta solicitando a adopción de medidas e pedindo tamén unha entrevista nesta Institución. Contestabámoslle a esa carta e así llo trasladei, que aínda que é un tema xudicializado, que nós non podemos facer nada, pero o que si é que estamos dispostos a recibilos, cando finalicemos o Pleno pedirán unha cita para estar con eles a vindeira semana. Sr. Presidente.- Sra. Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Si, tiña outra pregunta sobre unha cuestión que xa trouxemos o Grupo Provincial do BNG a unha Comisión Informativa, concretamente o 22 de novembro de 2013, e, trasladamos na Comisión Informativa a situación dunha estrada de titularidade provincial a CP-2702 Amoedo–Os Valos, á altura do cruce que leva ó acceso á Escola de Educación Infantil de Nespereira. Nós trasladabámoslle ó Presidente da Comisión Informativa, D. José Crespo, e estaba tamén presente o Tenente de alcalde de Pazos de Borbén, Severino Iglesias, a demanda de veciños e veciñas e, sobre todo de pais e nais de nenos que están na Escola Infantil, da colocación dun paso peonil resaltado para garantir a seguridade das persoas e dos nenos e nenas, fundamentalmente, que circulan por esa zona. Nesa ocasión si recibimos o compromiso de tomar algún tipo de medida e de actuación para mellorar a seguridade neste cruce, pero ata o de agora, non se realizou ningún tipo de actuación e queríamos saber se teñen previsto realizala. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, en primeiro lugar, en relación a esa actuación se trouxo, si é certo, aquí, ademais, unha moción que espero que, ademais, o falamos co Ministerio de Fomento titular da carretera que vai desde Redondela a Porriño, para mellorar, sen dúbida, o entronque, que é unha zona, un punto negro que ten esa estrada que conflúe con dúas estradas provinciais. En relación a esa outra cuestión, que eu recorde, se lle pasou ó Director de Infraestruturas para que analizase se nesa zona debería de colocarse un paso elevado ou unha sinalización. A día de hoxe non temos aínda, dalgunha maneira, a resposta ó respecto, pero supoño que nola van a dar, para ver se se coloca un paso elevado ou se a sinalización sería suficiente, porque sei que nalgúns sitios hai, como diríamos, pois, contrariedade a que se poña un paso elevado porque causa dificultade tamén para os vehículos, camións, especialmente, nalgunha zona determinada. Entón, tan pronto como nos digan ó respecto que é o que se vai a facer, unha das dúas actuacións si se vai a facer, intensificar, sobre todo, o tema da sinalización, e a outra, senón hai conflitividade veciñal, que xa non é a primeira vez que pasa, pois, intentaremos colocar tamén ese paso elevado a esa altura. D. Severino Reguera, adiante. Sr. Reguera Varela.- Si, vamos a ver, agora mesmo está sinalizado xa cerca do colexio, ¿non?, si, e está tramitado co funcionario Juanatey, para que leven a cabo o paso elevado, que había solicitado un día o voceiro de Pontevedra, ¿non?, é iso. O outro si está sinalizado xa, pero xa leva sinalizado tres anos, creo. Sr. Presidente.- Si, intensificar. Sr. Reguera Varela.- Si, si Sr. Presidente.- Pero pídese que se intensificara unha sinalización. Sr. Reguera Varela.- O elevado está solicitado, está presentado e esperamos que en breve estea feita a obra, pero está presentado xa. Pero a unha semana de vostede ter presentado esta petición xa se fixo, ¿vale?. ¿Que?. Sr. Presidente.- Non, ás veces non se respecta, un dos problemas que hai é que a sinalización non a, eu digo, tamén me sumo a iso de que non se respecta debidamente ou, ás veces non a respectamos como se debería e, entón, o que si lle dixemos é que se había conflitividade veciñal en relación a poñelo ou non, pois, que intentáramos consensuar, e senón hai que reforzar a sinalización que xa está colocada agora mesmo para que, a ver se así somos capaces de atenuar calquera problema futuro que poida haber aí nesa zona, porque eu creo que, igual que correspondemos coa súa petición, debe haber sensibilidade por parte desta casa para con iso. Sra. Veloso Ríos.- Si, nós entendemos que haberá entón que insistir porque esta cuestión foi en novembro de 2013 xa a Comisión Informativa, xa pasou máis dun ano e, bueno, é unha zona dunha especial sensibilidade porque estamos falando dunha escola infantil, entón, a verdade é que entendemos que debería intentarse solucionar, evidentemente, con consenso dos veciños e veciñas pero á maior celeridade posible. Sr. Presidente.- Pois así o vamos a intentar, moitas gracias. Sr. Mosquera, ¡ah!, quedaba vostede atrás. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Como é coñecido, ó concello de Pontevedra concedéronlle a ONU-Habitat, pois o Premio de Boas Prácticas e, agora, bueno, na solicitude e consultado con esta casa, obviamente, pois, había toda unha serie de socios, de parteners, como chaman eles, e un deles era esta casa, era a Deputación, ¿non?, eran seis e un deles era a Deputación. Bueno, a entrega do Premio é o 23 e 24 de febreiro en Dubai, en Dubai, aínda que esta Axencia ten a sede en Nairobi pois é en Dubai porque os Emiratís teñen moitos cartos e son os que pagan, vamos, non é por outra cousa. Pero bueno, entón, o concello de Pontevedra, vamos, traio, expresamente do alcalde, de convidar, ¿non?, se a Deputación, ben asociado ó turismo, por promocionar o turismo nunha zona moi rica, ou ben, simplemente, a representación, pois se quere acompañar ou se quere, pois está convidada e nos gustaría contar coa súa presenza. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno, temos que dicir que temos unha parte dese premio, entón, se toca algo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, claro, si. Sr. Presidente.- Aquí temos a un que lle gusta moito viaxar que é Crespo. Sr. Presidente.- ¡Ah!, non eres ti, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Pois veña!. Sr. Presidente.- Bueno, parece que hai moito interese. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois veña, xa, pois veña. Oe, creo que alí poden deter a algunha se vai coa cabeza descuberta, ¡eh!, digo que hai que aprenderse antes as normas de comportamento de cada sitio, como é, pero bueno, á parte da broma agardemos que se, bueno se, o convite está feito. Sr. Presidente.- Bueno, que xa é bo que, dalgunha maneira, o concello, pois poida recibir iso, en relación ós que participaron co concello que foi tamén esta Institución. E si é certo que falamos algo nese ámbito, como estaba inconcretada a data que, en principio, sería a mediados, finales de xaneiro, cuestión que despois cambiaron e agora non sei, chamoume o alcalde, onte era un pouco tarde para devolverlle a chamada pero, no día de hoxe falaremos tamén, analizamos esa posibilidade para ver finalmente como se pode participar. Sr. Cacabelos Rico. Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Trasladarlle unha pregunta relativa ó proxecto das Pousadas, despois de que a Deputación adxudicara a explotación das Pousadas a unha empresa privada, despois de meter 15.000.000€ en catro Pousadas, despois de adxudicar a un famoso empresario do Salnés o equipamento inmobiliario de máis de un millón e medio de euros das catro Pousadas, quero trasladarlle unha pregunta directa e que creo que ten fácil resposta. Sr. Presidente, ¿vai vostede crear un cargo político vinculado ás Pousadas tipo Xerente ou Director xeral das Pousadas vinculado á Deputación e pagado pola Deputación?. Moitas gracias. Sr. Presidente.- É que non entendín, un cargo de … Sr. Cacabelos Rico.- Si ten …, repítollo, repítollo, porque vexo que está un pouco, un pouco duro de oídos hoxe. ¿Se vai vostede, como Presidente da Deputación, a crear un cargo político vinculado ás Pousadas tipo Xerente ou Director xeral pagado pola Deputación e vinculado a ese proxecto das Pousadas?. Sr. Presidente.- ¡Home!, non me había planteado nunca esa cuestión nin eu nin o Grupo de goberno. De todas maneiras se vostede quere facer unha proposta nese sentido. Sr. Cacabelos Rico.- Eu estoulle preguntando solamente. Sr. Presidente.- Non, non, pero é que eu, é que como nunca escoitei unha cousa semellante porque ademais, como vostede ben acaba de dicir, na exposición de relato de motivos, pois, iso está dado en concesión a unha empresa, pois non … Sr. Cacabelos Rico.- Entendo que non. Sr. Presidente.- Vamos a ver, se vostede quere facer unha proposta nese sentido, home, estudámola. Sr. Cacabelos Rico.- Non, non, eu só fago unha pregunta. Sr. Presidente.- Eu estudo as propostas que se nos pasen pero … ¿Algunha cousa máis?. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición