ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.885
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015-02-27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/1.2015-02-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015-02-27_Ordinaria

  • Data(s) 2015-02-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de febreiro do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e sete de febreiro do ano dous mil quince baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, , do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bueno, vamos a dar comezo, perdón por estes minutos de retraso, vamos a dar comezo, entón, a este Pleno ordinario. 1.6570.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Aprobación de borradores das actas das anteriores sesións ordinarias do 30 de decembro e 6 de febreiro de 2015. Acórdase, por unanimidade, aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinarias, dos días 30 de decembro do 2014 e 6 de febreiro do 2015. a) Parte resolutiva: Altérase a orde do día tratándose ó principio desta sesión o punto 9.6578. 9.6578.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á ENFERMIDADE HEPÁTICA CAUSADA POLO VIRUS DA HEPATITE C (VHC) Sr. Presidente.- Bueno, vamos a, me pide o Portavoz, neste caso, do Partido Popular, en relación ás persoas que están aquí na sala, se podemos cambiar a orde do día en relación a unha moción que temos aquí, o 9, Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista relativa á enfermidade hepática causada polos virus da hepatite C, o cal, se todos están de acordo, non hai ningún problema. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Estamos de acordo e o que pediría, se é posible, é que puideran os afectados intervir. Sr. Presidente.- Sen ningún problema, que lle dean un micrófono. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias. Sr. Presidente.- Se funciona, claro, porque vexo que ultimamente non funciona algunha cousa por aí. Intervén a representante da Plataforma galega de afectados pola hepatite C. Ó final da súa intervención escóitanse aplausos. Sr. Presidente.- Bueno, pois, moitas gracias. Ten a palabra, neste caso, D. Santos, ¿queren intervir?. D. Eduardo Reguera. Sr. Reguera Ocampo.- Bo día a todos e a todas, bo día. Gracias Sr. Presidente. Agradecer primeiro o cambio na Orde do día deste Pleno e agradecer tamén, pois, a intervención da representante da Plataforma de afectados da hepatite C. Agradecer tamén a colaboración porque leran esta Moción que, aínda que foi representado ou presentada polo Partido Socialista, é unha Moción vosa, é unha Moción vosa, que onte mesmo lemos no concello de Redondela. Agradecer tamén o voso esforzo, o voso esforzo na rúa, o voso esforzo nos concellos, o voso esforzo nos parlamentos, alí, onde podedes facer visible a vosa, a nosa problemática, porque non estamos libres de que calquera de nós, pois poida padecer tamén esta terrible enfermidade e, de novo, moitas gracias polo voso esforzo e moito ánimo. E estades aquí, os da Plataforma de afectados pola hepatite C, loitando e reivindicando diariamente para que o Goberno de España e para que a Xunta lle dean a posibilidade, algo que parece lóxico e debera ser lóxico, algo, que lle dea a posibilidade de salvar a vida, deixándoos acceder a un fármaco probado e aprobado e que ten unha eficacia demostrada. Como ben dixo na exposición de motivos, o 24 de setembro de 2014 a ex-Ministra, Ana Mato, afirmaba que xe acadaron un acordo co fabricante do fármaco para incluílo na sanidade pública e que en outubro xa se poderían beneficiar os pacientes que o precisaran. Pois é unha mentira, como tamén é mentira as declaracións que fai a Conselleira de Sanidade no Parlamento galego, cando afirma que ós pacientes afectados se lle están administrando os medicamentos con criterios médicos, pero iso non é certo, xa que os propios especialistas recomendan dar canto antes a medicación, pero a realidade é ben diferente, actualmente se lle está prescribindo a persoas que están en fase catro, ¿e saben vostedes cal é a fase catro?, ¿que quere dicir isto?, pois, que son persoas con cirrose, insuficiencias hepáticas, cancros de fígado é unha carga viral baixa. Os enfermos da hepatite C están fartos, están fartos de que o Sr. Feijoo, o Presidente do Goberno galego, se agoche e lle dea a espalda ós afectados que están sendo tratados, que levan máis de setenta días, insisto, setenta días agochándose dos afectados dende que lle solicitaron por carta unha entrevista á que non tiveron resposta e, para rematar, ausentándose na votación do último Pleno do Parlamento galego, por certo, unha votación que unha vez máis, o Partido Popular votou en contra de garantir o acceso a antivirais de acción directa a todos os enfermos valorados como urxentes pola Asociación española para o estudo do fígado; negando así que os doentes poidan dispoñer dos tratamentos de xeito inmediato; facendo que os enfermos da hepatite C vivan angustiados pola certeza de padecer unha enfermidade mortal, sendo plenamente conscientes de que o tempo corre na súa contra. E foi, ademais, e foi, ademais, unha irresponsabilidade por parte do Partido Popular presentar un plan estratéxico para o abordaxe da hepatite C que non inclúa unha memoria económica, un plan que responde en gran medida ás demandas que fixeron as comunidades autónomas de Asturias e Andalucía, por certo, gobernadas polo Partido Socialista, no último Consello interterritorial do sistema nacional de saúde, insisto, é incomprensible que non teña ou que non tivera, ningunha memoria económica nin o compromiso económico por parte do Goberno. O Partido Popular, e estase vendo ultimamente, está aproveitando este tipo de iniciativas de maneira lamentablemente electoralista e o que teñen é que buscar fórmulas realmente de verdade para que o Plan funcione de maneira áxil e que garantice unha atención ás persoas con hepatite C. O Partido Popular ten que habilitar, o Partido Popular de Galicia ten que habilitar a dispensión urxente do medicamento que demandan os doentes de hepatite C en estado avanzado. Dende que o Partido Socialista reclamamos que o Goberno galego garanta o acceso inmediato destes doentes á medicación que prescriben os médicos, hoxe en Galicia necesitan o tratamento urxente tres mil persoas que padecen esta enfermidade en estado avanzado, unha enfermidade que afecta a trinta mil que, como di Quique Costas, o portavoz da Plataforma de afectados pola hepatite C, o non dispor de antiviral supón unha sentenza de morte. Por todo isto, entendemos o por que, non entendemos o por que do Goberno do PP non inviste nos seus Orzamentos cando hai xa, ata tres medicamentos de que, se se aplican, os doentes viven. Os doentes están esperando que vostedes, de vostedes unha mensaxe de esperanza pero unha mensaxe real, nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra o Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Muy buenos días. Sr. Presidente, Sres. Deputados, miembros de la asociación para el tratamiento de la hepatitis C, evidentemente, estamos ante un problema gravísimo, un problema que afecta a nuestra sociedad desde hace ya muchos años como bien se decía en la introducción por un contagio, generalmente, a través de una sangre contaminada cuando no había los medios de diagnóstico que tenemos en la actualidad. Una enfermedad que, evidentemente, lleva a, generalmente, a una fase final con cáncer y con muerte, pero, una enfermedad que, evidentemente, lleva años siendo tratada. Lo que no justifica el planteamiento que se hace desde el grupo de la oposición porque después entraremos en la Moción, es lo que el achaca a electoralismo del Partido Popular, porque se centra simplemente en eso. Evidentemente, yo no tengo los conocimientos científicos que tiene el señor portavoz del Partido Socialista, pero no es el Partido Popular el que tiene que poner partidas presupuestarias sino es el Gobierno, es la Xunta de Galicia. Y electoralismo es el que quiere hacer el Partido Socialista, desgraciadamente, con una enfermedad grave y mortal. Lo que sí tenemos que luchar todos los políticos, para eso estamos y hemos sido elegidos, para resolver los problemas de los ciudadanos, pero no para utilizarlo con el sentido que se ha utilizado en esta mañana por parte del representante del Partido Socialista. Muchas veces no se entiende por que los tratamientos llegan, no llegan, tardan o no tardan en llegar y, hay un razonamiento básico, y es decir que la investigación científica tiene que seguir una serie de pasos hasta llegar al paciente, el paciente final, con la seguridad que corresponde, no se puede, ante un anuncio de un laboratorio, pensar que eso va a curar una enfermedad, sino que tiene seguir una serie de procedimientos lentos, desgraciadamente, pero muchas dan seguridad a ese tratamiento y, lógicamente, cuando estamos hablando de una enfermedad mortal, potencialmente mortal, lo que tenemos es que tener la seguridad absoluta de que lo que se ha de hacer con los pacientes es mejorarles la calidad de vida y decir, si llegamos a la curación, espléndido. Pero, a veces, también se hacen cantos de sirena diciendo, como se decía hace un momento por el representante del Partido Socialista, que con tres fármacos se cura la enfermedad. ¡Ojalá!, pero eso no es así. Escóitase falar a alguén fóra de micro. Sr. Vázquez Almuíña.- La curación, la curación vendrá cuando se apliquen los tratamientos y tengamos la estadística final, no por estadísticas, a lo que me refiero es que no por estadísticas previas que los laboratorios dan sino por lo que vamos a tener como respuesta final. Escóitase falar a alguén fóra de micro. Sr. Vázquez Almuíña.- Por favor, déjeme argumentar si … Sr. Presidente.- Por favor … Sr. Vázquez Almuíña.- … Yo creo que estamos en los mismo y, estamos defendiendo lo mismo, pero necesito también exponer los criterios que se utilizan. En este momento, tanto por parte del Gobierno de la Nación como de parte de la Xunta de Galicia, se está coordinando un plan estratégico nacional que, precisamente, viene a defender lo que se pide, que se haga con criterios médicos y quien dirige este plan es el doctor Rodés, uno de los mayores especialistas no sólo nacionales sino a nivel internacional sobre hígado. Y, lógicamente, aquello que se acuerde en este Plan de estrategia nacional, al final lleva una memoria, tiene que llevar una memoria económica, es lógico y es razonable. Desde, ya, las últimas declaraciones del Presidente de la Xunta de Galicia y, además en sede parlamentaria, se dice y así se dice con sus propias palabras “que tendrán tratamiento de forma inmediata y de acuerdo, exclusivamente, con criterios médicos y evidencia científica”, que es lo que estamos defendiendo y, lógicamente, lo que los enfermos defienden. Se está diciendo que va a ser así pero los criterios los están estableciendo y los deben elegir y establecer, lógicamente, las personas hepatólogos, virólogos y demás especialistas que son los que conocen mejor la enfermedad. Y, estamos con el sufrimiento de todas las personas que tienen esta enfermedad por lo que decíamos al principio, es una enfermedad grave y, como digo, desgraciadamente, sin cura o sin cura total, había curas en porcentajes bajos como también se dijo, por los tratamientos hasta el momento y, se incorporan nuevos tratamientos y se van a incorporar nuevos pero como decía, el proceso, desgraciadamente y para el paciente, se tarda, se tarda, a veces, demasiado en llegar pero por un tema de seguridad. Desde el Partido Popular, lógicamente, entendemos que lo que se pide es una petición lógica y razonable, defendible, simplemente con la Moción, lo único por matizar, aparte de la introducción, ¿no?, que, a veces, se hacen comentarios que creemos que no son reales del todo, pero es un tema secundario, que cuando se habla de que se garantice, pues, acceder a esto es, yo creo que tenemos que decir que hay que continuar garantizando, seguir este trabajo que se lleva tiempo, que se le puede discutir, como decíamos antes, el tiempo si hay demora o no hay demora pero, desde luego, desde el Partido Popular lo defendemos y lo vamos a seguir defendiendo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Ten a palabra a Sra. Iolanda Veloso. Sra. Veloso Ríos.- Moitas grazas. Eu creo que as reivindicacións das persoas enfermas de hepatite C quedaron perfectamente explicadas pola portavoz da Plataforma, unha Plataforma que está facendo unhas reivindicacións máis que xustas, perfectamente comprensibles e, ademais, que calquera de nós podemos entender, se temos un mínimo de empatía, se pensamos que calquera de nós podemos vernos na situación de sufrir unha enfermidade que, como dixo o Sr. Vázquez Almuíña, é potencialmente mortal, e, que temos dereito a recibir un medicamento que está no catálogo de medicamentos, que está cuberto pola Seguridade Social e que nos pode salvar a vida, calquera deberíamos poder entender esa situación. Resulta sorprendente que moitas persoas do Partido Popular non a entendan e, si digo o Partido Popular, porque efectivamente é o Goberno da Xunta de Galiza que, por certo, ostenta o Partido Popular, pero, ademais, estamos vendo nos distintos plenos dos concellos como o Partido Popular se está posicionando en contra destas reclamacións da Plataforma dunha forma, absolutamente, incomprensible dende o punto de vista humano e que só ten unha explicación, que é unha cuestión puramente económica neste caso. Porque dicía o Sr. Vázquez Almuíña que esta enfermidade está sendo tratada de acordo ós criterios médicos, si, estaba sendo tratada de acordo ós criterios médicos cos medicamentos anteriores á aparición deste novo medicamento, que se lles está negando ós enfermos e enfermas de hepatite C, e cando un especialista hepatólogo prescribía esa medicación, esa medicación era recibida de maneira inmediata polos enfermos e enfermas de hepatite C, cando aparece este novo medicamento dáse a situación de que un hepatólogo, é dicir, un especialista que está tratando a un paciente decide que ese medicamento é o máis apropiado para o seu caso, que ademais sabe que lle pode salvar a vida, prescribe ese medicamento e o paciente non o recibe, comeza toda unha serie de tramitacións administrativas confusas, longas, escuras, porque teñen que pasar un informe dos especialistas que ten que ir á xerencia do hospital, que ten que ir á Consellería, que ten que chegar a unha subcomisión que, por certo, a día de hoxe aínda non se dixo quen a conforma e, logo dun longo periplo, que no mellor dos casos non baixa dos dous meses chega a resposta, cando chega, en ocasións é, efectivamente, aceptando a solicitude do especialista que, con criterios médicos, decide que ese é o mellor tratamento, en ocasións é denegando e, ás veces, non chega esa resposta porque se están dando casos, mesmo, de extravíos de expedientes e de non obter resposta por parte destes pacientes que necesitarían ese tratamento como calquera outro, cando o seu médico especialista considera que ten que recibilo, é dicir, canto antes. Isto non ten ningunha explicación médica, esta explicación só é política e cun criterio economicista, en ningún caso científico, esa é a realidade e esa é a situación que están sufrindo enfermos e enfermas de hepatite C e que dá lugar a situacións, como moi ben describía a portavoz da Plataforma, de angustia, de medo, de incerteza, de agravamento de problemas de saúde, e mesmo, un caso ó que se referiu onte o propio Presidente Feijoo no Parlamento galego, facendo uso, absolutamente escandaloso, un paciente que ten solicitado o tratamento dende o ano pasado, transplantado hepático, que a día de hoxe non o recibiu, que en todo este tempo de espera tivo que recibir un segundo transplante hepático e ese caso foi utilizado polo Sr. Feijoo para explicar que non hai criterios economicistas porque ó final sae máis caro transplantalo dúas veces. Entón, ¿por que non se lle dá ese medicamento?, ¿por que non se lles está dando os medicamentos ós pacientes de hepatite C?, ¿por que non se lles está dando? e ¿por que, ademais, o Partido Popular nega que non se estea dando?, cando hai persoas que están explicando a súa situación, e se están reivindicando este medicamento e o están pedindo é porque non o están recibindo. E, o Partido Popular aínda se atreve a negar que iso sexa certo cando é algo máis que obvio e non só denunciado polos pacientes senón tamén polos propios médicos especialistas. O Partido Popular nega que esa situación se estea dando, o Partido Popular elude as súas responsabilidades e decide ademais levar o foco cara as empresas farmacéuticas que, evidentemente, teñen unha responsabilidade pero a situación das empresas farmacéuticas tamén ten moito que ver coas negociacións que están facendo os gobernos e coas negociacións que fai o Partido Popular coas empresas farmacéuticas, sempre desde o Goberno, e aínda por riba tivemos que escoitalo no Pleno do concello de Vigo, aínda por riba se lles pide colaboración ós pacientes para negociar coas empresas farmacéuticas, como se fose responsabilidade súa, como se tivesen algunha responsabilidade e algunha capacidade, como senón fosen cidadáns e cidadás con dereito a recibir un medicamento que está no catálogo de medicamentos, que está cuberto pola Seguridade Social e que lles pode salvar a vida e que o Goberno actual lles está negando. Esa é a realidade. E, non se pode entender que un goberno non se dea de conta de que está falando con persoas, con nomes e apelidos, con familias, con fillos e fillas que tamén, en ocasións, precisan eses medicamentos e ós nenos non se lles está dando ese medicamento, non se pode entender que un Goberno chegue a ese nivel de crueldade, nós, dende logo, apoiamos, o BNG apoiou no Parlamento galego e en todos os concellos estamos apoiando as reivindicacións que entendemos máis que xustas da Plataforma de afectados pola hepatite C, que ademais están denunciando unha situación concreta que lles afecta a eles pero que ademais se inscribe e o deixan sempre moi claro, se inscribe dentro dunha situación de deterioro da sanidade pública, que está excluíndo cada vez a máis persoas da sanidade pública, apoiamos, por suposto, as súas reivindicacións no Parlamento galego, nos concellos e hoxe aquí na Deputación. E, de verdade, esperamos que o Goberno galego e que o Goberno do estado mude de vez esta situación, que se deixe de eludir responsabilidades, que se deixe de negar unha situación real e que deixe de decidir sobre a vida ou a morte das persoas con criterios puramente economicistas. Non pode ser que, como diría a miña avoa, non teñamos para pan e teñamos para estampas, hai persoas que están pedindo os medicamentos que lles poden salvar a vida, teñen dereito a recibilos e o Goberno ten que asegurar que os reciban cando os precisan, cando os seus especialistas consideran que teñen que recibilos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vamos, D. Eduardo Reguera, senón procedemos xa á votación. Sr. Reguera Ocampo.- Si. Non, solo comentar que, evidentemente, non teño ningún coñecemento científico en canto a esta enfermidade, evidentemente, pero que nós o que si, realmente, o Partido Socialista, está defendendo ás persoas, está defendendo a estas persoas que están na rúa, como dixen antes, todos os días facendo un esforzo tremendo, reivindicando algo que si, que é necesario para curar a súa enfermidade. E dicían que o tratamento é caro, claro que o tratamento é caro, pero hai posibilidades dese tratamento, o que vostedes están facendo é retrasar ese tratamento e, non o digo eu, non o di o Partido Socialista, dío, por exemplo, o Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, o Dr. Villarino, que di que é inaceptable a demora que se está a producir en Galicia na autorización dos tratamentos con antivirales de acción directa para pacientes con hepatite C crónica, non o dicimos nós, dío o Presidente do Colexio Oficial de Médicos, é dicir, creo que é unha persoa con bagaxe importante para dar unha información sobre isto. E tamén, non só el, tamén agora, buscando, atopeime que Rafael Esteban, coordinador do segundo Consenso Español sobre o tratamento da enfermidade, din, que pide que se eliminen todas as comisións e trabas administrativas que crearon para retrasar a prescrición e o pago do tratamento. As mesmas que fixeron ata agora, se tarda entre dous e catro meses en comezar a administrar os tratamentos desde que o médico os prescribe, e algúns centros xa non se autorizaron ningún destes fármacos desde novembro ata o vinte de xaneiro porque xa tiñan cerrados os presupostos. É dicir, estamos falando de vidas, estamos falando de persoas que están angustiadas, estamos falando de persoas que están tendo depresións e, polo tanto, temos que facer un esforzo importante económico e creo que todos estamos de acordo e espero que todos votemos a favor desta Moción, importante, un esforzo importante para, pois, para que esta enfermidade, dentro do posible, pois, afecte a menos persoas. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Reguera. Ten a palabra o Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Si, a verdade é que o único que me sorprende é que, da Moción non falamos nada todavía, e eu nesta sala escoitei máis veces ó Partido Popular que a hepatitis C, e creo, sinceramente, que se están utilizando os sentimentos da xente. Nós, nós apoiamos totalmente ós enfermos de hepatitis C e vamos a tratar de seguir impulsando medidas para que sexa o máis rápido e eficaz. Pero, unha cousa que sae aquí e que é fácil, é fácil falar cando hai un tema grave, unhas persoas cunha enfermidade grave, é fácil ir con vento a favor e dicir as cousas que se están dicindo aquí, pero moitas faltan á realidade, cando se di que hai un médico, un hepatólogo, un inmunólogo, que pode dar un tratamento diferente ó que está tomando o paciente, o que se pide en todo o sistema sanitario, o máis importante de todo é a igualdade de tratamentos e, para iso, os criterios ante fármacos novos teñen que ter criterios uni, digamos, que estean unificados en todo o territorio nacional. E cando me falan de que o Presidente do Colexio de Médicos di unha opinión, me parece ben, pero a min me interesa moito máis que mo diga o Dr. Rodés, que é hepatólogo, é o Presidente do Plan estratéxico nacional, iso é o que se está facendo, tratando de forma igualitaria a todos os pacientes e non todos os pacientes son iguais, evidentemente, porque as fases da enfermidade son tamén diferentes. Miren, aquí, utilizando unha moción da que non falan para nada e, que non temos ningún problema porque o Partido Popular apoia a iniciativa, todas as iniciativas que sexan iso, con criterio médico, non con criterio político, pero non só por criterio político, o que din vostedes do Partido Popular, senón criterio político dos representantes do Partido Socialista ou do BNG, que teñen criterio médico, curiosamente, nós dicimos: “deixemos traballar a quen saben do tema”, que son os especialistas, son os que teñen que dicilo, nós non debemos utilizar isto para facer electoralismo porque ó final sempre aparece o mesmo, Partido Popular e o deterioro da sanidade pública. A sanidade pública española, a pena é que igual non viaxa moito, é a mellor sanidade que hai en Europa, coas súas limitacións, evidentemente que ten limitacións, pero calquera país da Unión Europea teñen limitacións de acceso moi superiores ó que ten o Estado Español. E aquí é o primeiro país da Unión Europea coa estratexia de dar o tratamento gratuíto a todos os pacientes con hepatitis C. Polo tanto, se queren facer política fagan política pero non utilicen os sentimentos da xente, dos enfermos; nós estamos de acordo, como non vamos a estar de acordo coa sanidade está defendendo a todos os pacientes, pero fagámolo non con criterios electoralistas senón con criterios científicos, e iso é o que nós defendemos e o que vamos a seguir defendendo. Polo tanto, creo que se queren utilizado con argumentos deixen traballar á xente que sabe, á xente que realmente coñece a enfermidade e sabe cal é o mellor resultado para esta enfermidade. Nas últimas semanas, aquí, cando se fala de catálogo de medicamentos, o catálogo de medicamentos temos a gran suerte de que se modifica rapidamente, iso non é un inventario de biblioteca é un inventario que ten que axustarse á realidade científica e á realidade das enfermidades, das diferentes enfermidades, e vai evolucionando, e hai que cambialo, e hai que por criterios novos para novos fármacos, para tratar novas enfermidades ou enfermidades antigas que non tiñan tratamento. Polo tanto, dicir que hasta agora se daba un tratamento e, de repente, un médico na consulta di, “o mellor non ese, é outro”, non se fai así, a nivel científico non é así. Un especialista ten que ter criterio, tratar de forma igualitaria a todos os enfermos e nós é o que vamos a defender e o seguimos defendendo. A moción, da que nadie falou, por certo, nin o que a presentou, xa digo, só temos un comentario que facer, que cremos que hai que dicir, continuar garantindo, porque isto non está, non estamos en cero e pasamos a, estamos nun proceso, é un proceso que temos que acurtar dentro do que podamos e, desde logo, onte o Presidente da Xunta o dixo claro e o dixen ó principio, todos os enfermos galegos de hepatite C terán tratamento de forma inmediata e de acordo exclusivamente con criterios científicos. ¿Estamos todos de acordo?. Pois se estamos todos de acordo non sei que estamos discutindo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Dicir que falou un profesional que coñece disto, polo tanto, unha voz autorizada na materia e que queremos, sen dúbida, o mellor para as persoas que están aquí, para as persoas afectadas por isto e creo que nas últimas horas, nos últimos días hai avances moi importantes que nos levarán a encontrar a solución, polo menos a esperanza desa solución. Sr. Reguera. Sr. Reguera Ocampo.- O que si é certo que se falou desta Moción, claro que se falou, porque se falou das persoas que están aquí no Pleno, falouse da súa cura, falouse das posibilidades de curar, é que temos posibilidades de curar a estes doentes e que hoxe en día vostedes están poñendo trabas. E, voulle a ler, por se non quedou claro, voulle a ler as propostas desta Moción. Primeiro punto, instar ó Goberno de España a garantir que o acceso ás novas terapias para os doentes da hepatite C que o precisen se produza de acordo co criterio dos médicos especialistas que os atenden en cada caso, dispoñendo de todos os recursos que sexan precisos para a atención dos casos definidos como tratamento urxente pola Asociación Española para o estudo del hígado, cifrados por esta nun mínimo de trinta mil para o ano en curso na súa recente reunión co Ministerio de Sanidad, Igualdad y Asuntos Sociales. O punto dous é, instar ó Goberno da Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes ós que lle sexa prescrita polos seus médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde de xeito inmediato á súa prescrición e sen máis requisito que esa prescrición facultativa. Punto tres, instar á xerencia do EOXI de Vigo a potenciar a Unidade de patoloxía infecciosa do complexo hospitalario como referencia para a asistencia sanitaria desta patoloxía na área de Vigo co fin de facilitar o acceso ós novos tratamentos ós pacientes en canto sexan comercializados como nas fases de ensaio clínicos ou usos compasivos. E punto catro, dirixirse a ambas Administracións para comunicar o acordo deste Pleno, creo que está absolutamente claro os catro puntos que propoñemos nesta Moción, o que propón a Plataforma de afectados de hepatite C, nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Vamos a votar a Moción do Grupo Provincial Socialista. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Sr. Secretario.- Por unanimidad. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE relativa á enfermidade hepática causada polo virus da hepatite C (VHC). Dita Moción é como segue: “A enfermidade hepática causada polo virus de hepatite C (VHC) constitúe un grave problema de saúde pública calculándose, en cifras do Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Sociais, que unhas 700.000 persoas son portadoras deste virus no conxunto do Estado. Até recentemente os medios de tratamento dispoñibles producían altas taxas de fracaso terapéutico, ademais de ter unha elevada toxicidade e efectos secundarios graves, dándose ademais numerosos casos de doentes que non podían someterse a elas por intolerancia a algún dos fármacos empregados. Como consecuencia, na actualidade en Galicia hai unha cantidade importante de persoas enfermas diagnosticadas, en diferentes estadíos de evolución da hepatite C que non están sendo tratados, e que teñen como única alternativa a vixilancia da súa evolución á espera de chegar a un estado que determinase a idoneidade dun transplante hepático. Esta situación viuse radicalmente alterada coa aprobación recente de novos fármacos. Particularmente transcendente foi a aprobación do Sofosbuvir, un antiviral de acción directa sobre o VHC, pola Axencia Europea do Medicamento (EMA) a principios do ano 2014. A comercialización deste medicamento no territorio español foi aprobada pola “Dirección General de Farmacia y Productos Sanitarios” o 5 de marzo de 2014. O día 24 de setembro de 2014 a daquela Ministra de Sanidade anunciou publicamente que o Ministerio acadara un acordo co fabricante do fármaco para incluílo na sanidade pública, e que os médicos o puidesen prescribir a aqueles doentes que o precisen, engadindo que a proposta se trasladaría inmediatamente á “Comisión Interministerial de Precios de los Medicamentos”, e que “en octubre podrán disponer los médicos de ese medicamento en toda España, para aplicarlo a los pacientes que lo necesiten”. Desde aquela, hai elaborado un Protocolo de Posicionamento Terapéutico e un Documento de Priorización que están sendo aplicados no caso de Galicia pola subcomisión para o Tratamento da Enfermidade Hepática, constituída na Consellería de Sanidade. A día de hoxe sucédense as declaracións públicas dos hepatólogos a través da “Asociación Española para el Estudio del Hígado”, reclamando que os criterios para a dispensación do tratamento no sistema público sexan máis inclusivos e cifrando a necesidade de tratamentos urxentes a aplicar no territorio do estado, nun mínimo de 30.000 para o ano en curso. Por outra parte, a inquietude e as queixas dos doentes de hepatite C, particularmente dos post-transplantados non negativizados e dos que se atopan en fase cirrótica (F4) van en aumento ó comprobar como nuns casos a súa situación non é contemplada dentro dos criterios de elixibilidade que se aplican de cara ó acceso ó fármaco, e noutros moitos a solicitude cursada polos seus hepatólogos, unha vez determinado que cumpren os requisitos establecidos polo Ministerio e recollidos nas Instrucións do acceso ós tratamentos da hepatite C cursadas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, son rexeitados ou non contestados. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: 1-Instar ó Goberno de España a garantir que o acceso ás novas terapias para os doentes de hepatite C que o precisan se produza de acordo co criterio dos médicos especialistas que os atenden en cada caso, dispoñendo todos os recursos que sexan precisos para a atención dos casos definidos como de tratamento urxente pola “Asociación Española para el Estudio del Hígado”, cifrados por esta nun mínimo de 30.000 para o ano en curso, na súa recente reunión co Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Sociais. 2-Instar ó Goberno da Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes ós que lles sexa prescrita polos seus médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde, de xeito inmediato á súa prescrición e sen máis requisito que esa prescrición facultativa. 3-Instar á xerencia do EOXI de Vigo a potenciar a Unidade de Patoloxía Infecciosa do Complexo Hospitalario como referencia para a asistencia sanitaria desta patoloxía, na área de Vigo, co fin de facilitar o acceso ós novos tratamentos ós pacientes en canto sexan comercializados como nas fases de ensaios clínicos ou usos compasivos. 4-Dirixirse a ambas Administracións para comunicar o acordo deste Pleno.” 2.6571.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE AS NEVES DAS FACULTADES DE RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO E A ENCOMENDA DE XESTIÓN DA COLABORACIÓN NA TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 2. Delegación do concello de As Neves de recadación das multas de tráfico e encomenda da xestión e colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. ¿Algunha intervención?. Pasamos a votalo. ¿Votos en contra?, non hai. ¿Abstencións?, non hai. Apróbase por unanimidade. O Pleno do concello de As Neves na sesión celebrada o día 24 de novembro de 2014 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra, o concello de As Neves, segundo se detalla, debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 "in fine." CONCELLO DE AS NEVES: Acéptase a encomenda de xestión e a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2014, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. 2.- Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 8 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas ou encomendadas na Deputación de Pontevedra. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. Respecto á encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores, ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa reguladora, fundamentalmente as contidas no Regulamento do servizo de colaboración nas sancións de tráfico (BOP de Pontevedra nº 118 de 24 de xuño de 2010). En especial, a asunción por parte do ORAL-Deputación de Pontevedra da defensa e representación ante os órganos xurisdicionais, tanto por actos ditados en vía disciplinaria como recadatoria; e, por parte do concello, o compromiso de cumprir cos prazos establecidos no Regulamento citado, relativos á gravación das denuncias e devolución da documentación trasladada polo ORAL, así como proporcionarlle ó ORAL-Deputación os instrumentos necesarios, entre os que destaca o de subscrición, para facilitar a tramitación da documentación que sustenta o procedemento sancionador en materia de tráfico. 3.- A delegación e a encomenda sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación provincial en data 31/10/2014, no Regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico aprobado polo Pleno da Deputación provincial en data 26/03/2010, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 4.- Facúltase ó Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. 5.- A delegación e encomenda de xestión efectuada polo Pleno do concello de As Neves publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6572.- ADHESIÓN Ó SISTEMA DE CONTRATACIÓN CENTRALIZADA ESTATAL DA DIRECCIÓN XERAL DE RACIONALIZACIÓN E CENTRALIZACIÓN DA CONTRATACIÓN DO MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- O punto 3. Adhesión ó Sistema de contratación centralizada estatal da Dirección xeral de racionalización e centralización da contratación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. ¿Algunha intervención?. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, grazas Sr. Presidente en funcións. Bos días a todos e a todas. Vamos a ver, vamos a empezar pedindo que este punto quede sobre a mesa, por motivos varios pero sobre todo por un, ou sexa, non é que neste caso sexa unha, vamos, dun gran ámbito de actuación pero consiste en adhesión ó Sistema de contratación centralizada estatal da Dirección xeral de racionalización e centralización da contratación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Ben, isto supón, nin máis nin menos, que as contratacións se fagan en Madrid e, se abrimos esta espita, pois resulta que isto que se está dicindo, e cada vez é máis real, de que practicamente hai que estar, hai que ter influencias ou hai que estar en Madrid ou xestionar en Madrid para conseguir algo, unha centralización brutal de toda a administración. Problemas, moi probablemente, para a xestión posterior porque se vamos a sumarnos a todo o sistema informático, ordenadores, o software, impresoras, equipos multifuncionais, escáneres, elementos, sistemas de seguridade, equipos, etc., etc., sistemas audiovisuais, pois, pode resultar facilmente que despois teñamos que chamar a un novecentos dous que ten unha sede en Marrocos e paguemos a chamada para que, supostamente, igual teñamos sorte e nos veñan a arranxalos, ¿verdade?. E, non parece que sexa unha medida razoable, ¿non?, isto está proposto polo servizo, pero creo que ten unha transcendencia que non se pode levar solo porque un servizo pida ou non, senón que hai que pensar nas pequenas e medianas empresas que pode haber aquí ou na provincia de Pontevedra ou en Galicia, hai que pensar no Servizo, e, ten demasiada transcendencia este paso que se vai dar como para tomalo así, á lixeira, ¿non?. Entón, nós pedimos a retirada ata onde sabemos, de abaratar nada, de abaratar nada de nada, o compromiso de servizo posterior está moi comprometido, terriblemente comprometido e, á maiores, isto saca das posibilidades de presentarse ós concursos, de comprar, de xestionar, á maioría das pequenas empresas que poidan estar adicándose a este campo aquí en Galicia. Creo que sería un erro grave e, polo tanto, pedimos que se retire senón, evidentemente, votaremos en contra. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Dona Begoña, ten a palabra. Sra. Estévez Bernárdez.- Moitas grazas. Bos días a todos. Bueno, simplemente dicir que a contratación centralizada no ámbito das Administracións Públicas non é algo novo. En Galicia, en concreto, coñezo pola miña traxectoria profesional no Servizo Galego de Saúde, faise desde fai moitisimos anos e o obxectivo é contratar de forma coordinada, no caso do Sergas, por exemplo, entre todos os hospitais para que haxa uniformidade e eficacia á hora de contratar. Na Administración Xeral do Estado a política de contratación centralizada afecta á Administracións do Estado e ós organismos autónomos. O texto ou Lei de contratos das Administracións Públicas permite tamén que as entidades locais se adhiran a este plan e, nesta casa, no Servizo de novas tecnoloxías fíxose o estudo e demais; recibimos de forma frecuente os informes da Comisión de calidade da Federación Española de Municipios e Provincias de forma permanente e con acordos que se adoptan entre os distintos concellos e de ámbito estatal sobre como debemos de actuar ou criterios de coordinación para, conseguir ou conquerir, ter a prestación dos servizos da forma máis eficiente e eficaz. O que vostede di, Sr. Mosquera, de prexudicar a empresas máis pequenas que poidan acceder á contratación pública e, quizais, non ocorra porque hai contratacións doutro tipo, estamos falando de grandes contratacións, non de contratos menores ou de negociados onde se presentan todas as empresas que reúnan os requisitos senón que estamos a falar de criterios de coordinación con outras Administracións á hora de comprar ou de contratar determinados servizos. Neste caso, en concreto, e segundo o informe do Servizo de novas tecnoloxías o que se trata é a contratación a grande escala de ordenadores persoais, software informáticos, impresoras, equipos multifuncionais, escáneres, elementos e sistemas de seguridade, equipos de software de comunicacións, sistemas audiovisuais, servidores e sistemas de almacenamento de propósito xeral, servizos de desenvolvemento de sistemas de información, servizos de aloxamento de sistemas de información, ou sexa, todo isto permitiría a axilidade na contratación, aforros na contratación pública, facilidade na tramitación porque estará habilitada de forma electrónica e implantación de actuacións de coordinación, como dicía, no ámbito das compras públicas. Eu, creo que, de feito, o adherirse a este sistema suporía tamén un aforro para os concellos da provincia de Pontevedra, porque desde esta Institución estase a facer un grande esforzo tanto desde o Servizo de cooperación como de asesoramento ós municipios, en materia tamén de novas tecnoloxías o que se pretende desde esta Institución é precisamente iso, dotar e informatizar porque pensamos que é, nestes momentos, un reto para esta Institución dotar de medios suficientes non solo ós centros desta Institución senón tamén ós concellos máis pequenos. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- ¿Algunha intervención máis?. Si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, a ver, eu non sei se, probablemente non o explicáramos ben. ¿Que terá que ver que o Sergas teñan centralizado …? Sra. Estévez Bernárdez.- Era un exemplo, era un exemplo nada máis. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, pero que terá que ver a centralizalo en Madrid para todo o Estado e, incluso, se se quere que a Deputación lle ofreza ós concellos ese servizo, que o faga a Deputación, pero aquí, ou sexa, o seguinte paso vai ser que nos contraten todo en Estrasburgo, en Bruselas, e nos barremos, nin máis nin menos, nin máis nin menos que todos os servizos, ¿verdade?, da tecnoloxía informática que pode haber aquí, o sexa, e se hai algún que teña potencia aquí irase a Madrid que é onde pode apañar algún contrato, nin máis nin menos. Ou sexa, de verdade, de verdade que eu, nós volvemos a repetir a proposta, ou sexa, retírese, porque se fora en Galicia, bueno, que a Xunta o faga, que teña unha plataforma e facelo para todo Galicia, bueno, pois que espabilen, os de Pontevedra peleando cos da Coruña e os de Coruña cos de Ourense, vale, non é que compitan, agora, levalo, nin máis nin menos que deixar en Madrid, o que dixo, ou sexa, a gran escala, todos os ordenadores, impresoras, sistemas de seguridade, todo, ou sexa, todo o gordo e demais, e co problema que vén incluso despois de sostemento e demais, pois, cóllese e di, non, a Madrid que así vai ser moito máis áxil e moito máis non sei que, fantástico, eu creo que era o mellor, xa, por esta regra, que fora para Bruselas, Estrasburgo e xa está, ou sexa, barremos o tecido produtivo que temos aquí, ¿verdade?, tan ricamente, con esta decisión, deixámoslle, en todo caso, vir cambiar, despois, do ordenador, un tornillo, porque os primeiros que, ou non, o que o leve estarán en Madrid ou en Nova York e terá un 902 e cando vén xa, cando che manda o …, terá un aquí para chamar por teléfono, oe, vai alí a cambiar un tornillo, e punto, e iso vai a ser o que lle quede aquí. Home, por favor, polo menos darlle a oportunidade, vamos, polo menos darlle a oportunidade. A todo isto, a todo iso, a nós non hai quen nos quite da cabeza que esta proposta dese servizo é unha reacción ó tirón de orellas que levou no Pleno pasado e máis hai tres meses. Este servizo foi o que tivo un expediente da Unión Europea parado, ou sexa, tres anos para contratalo e agora lle dan seis meses ás empresas para executalo, ou sexa, porque, ¿que casualidade?, causa-efecto, ou sexa, iso pasou o Pleno pasado e agora veñen, non, parece como unha desculpa, é dicir, é que non fomos capaces, pero claro, porque non eramos capaces a comprar uns ordenatas. Ou sexa, de verdade, déixeno enriba da mesa, isto non vai dar máis que desgustos e, non quero, non queremos ser agoreiros, pero o fácil é que compren os ordenadores e despois non haxa quen os sosteña e despois teñamos moitos máis problemas. Déanlle a oportunidade ás empresas de aquí que o presenten, ¿que leva tres meses en vez de quince días?, ¿e que?, ¿e que?, porque hai que abrir un expediente de contratación, vamos, será o problema, ¿que volume de contratación fai esta Deputación ó cabo do ano?, ¿120.000.000€ ó ano?, quitando o persoal e non sei que, pois, por aí andará. E, agora por comprar uns ordenadores ou isto, que será o volume que sexa, pois, 1.000.000 ó ano ou o que sexa, ¿o que sexa non vai ser capaz de facer un expediente de contratación, ¿ou será o problema?. De verdade, hai que pensar un pouco as cousiñas se ó servizo lle resulta máis cómodo isto, resultaralle pero hai que pensar que as empresas de aquí terán que ter posibilidades de presentarse e xestionar os sistemas informáticos da Deputación, digo eu, porque senón non sei a onde vamos … Nós reiteramos que se vote a retirada porque, desde logo, non nos gusta nada e como sexa isto, solo falta tamén que nos adhiramos á contratación de todo o que teñan na Plataforma en Madrid e vamos restando a posibilidade ás empresas de aquí de que poidan xestionala e, neste caso, nun campo tan importante como a administración electrónica e todo isto. Ben, de verdade, pero non seremos, non serán tan tontos os técnicos de aquí, as empresas, como para non poder vendernos, e os técnicos de aquí como para facer un prego para contratar, non serán tan tontos. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Dona Begoña, ten a palabra. Sra. Estévez Bernárdez.- Bueno, simplemente aclarar, como xurdiu o tema tamén, que me tocou defender no Pleno anterior do Proxecto europeo, pois informarlle que esta semana coincidín coa empresa adxudicataria a que antes da firma do contrato, pois está facendo o traballo de campo previo, e estiven falando persoalmente co responsable desa empresa e van dotar, ou vanse adicar a este traballo, que xa empezaron antes da firma do contrato, para ver as condicións, o traballo que teñen que facer máis de cento cincuenta traballadores desa empresa, e esperemos estar, e así se lle transmitiu desde esta Institución, en contacto permanente, para conseguir que ese prazo de seis meses desde a firma do contrato se cumpra, iso por un lado. O exemplo que poñía do Sergas simplemente era un exemplo, non estou comparando nin moito menos senón que o vivín persoalmente cando prestaba os meus servizos no Complexo Hospitalario de Pontevedra e, ademais traballei en contratación administrativa durante catro dos oito anos que estiven alí, e dicir que me resulta demagóxico aínda que comparto parte da súa opinión, demagóxico, dicir, sobre todo de cara á opinión pública que os que saen prexudicados son as empresas de aquí, cando vostede ben sabe que no ámbito da contratación pública se é un expediente de contratación aberto, as empresas que se presentan poden ser de aquí ou non, estamos falando dun volume de compra moi elevado e me gustaría saber, tanto no caso do concello de Pontevedra ou de Vigo, nos grandes concellos a cantos pequenos autónomos se lles contrata para o subministro de grandes cantidades de equipamento informático, ou sexa, non se pode facer demagoxia cos autónomos, cos pequenos, con pequenas empresas, ou sexa, non se fala de vir a cambiar un tornillo, aquí estase a falar doutra cousa. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben, moitas gracias, creo que o tema está suficientemente claro. ¿Quere volver a intervir?. A ver. Nós vamos a votar a favor. Sra. Estévez Bernárdez.- Era só unha opinión. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Nós vamos a votar a favor. Sr. Secretario.- Hay que votar primero la retirada y luego el fondo. Primero la retirada. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Pero, ¿que retirada? pero, ¿ti que queres, que votemos a túa retirada?. Sr. Secretario.- Si, es que tienen que votarla. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- ¡Ah, vale, vale!. ¿Queres xa que votemos?. ¿Queres intervir?. Intervén. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu é que, vamos a ver, é que, pero nun expediente de contratación de aquí, bueno, é que a argumentación que se está dando é bastante peregrina, eu, desde logo, non sei de onde vén a orixe deste expediente pero ídesvos arrepentir, senón ó tempo. Pero, nun expediente aínda que veña unha gran empresa obrígase a ter unha delegación aquí e aquí non se obriga a nada, non se obriga nada, ou sexa, … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Cando queiramos podemos dar de baixo isto e xa está. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, non, unha vez que comprou, unha vez que se comprou dáse de baixa, non, é para compralos, Presidente, é para compralos todo este material, non é para dicir adhírome e estou aí de guapo, é para comprar o que está previsto, ¿non?, o que está previsto comprar. Entón, claro, bueno, sorpréndeme, sorpréndeme profundamente. Vótese a retirada. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben, vamos a votar a proposta do Bloque. ¿Votos a favor?. O Bloque. ¿Abstencións?. O PSOE. ¿En contra?. O grupo de goberno. Queda rexeitado. Votamos agora o fondo do asunto. ¿Votos en contra?. Bloque. ¿Abstencións?. PSOE. Sr. Secretario.- Espere un momento. Vamos a ver, ¿Bloque?. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Bloque, en contra do fondo. ¿Abstencións?. PSOE. E, a favor o grupo de goberno. Queda aprobado por maioría. No ámbito da Administración Xeral do Estado úsase o Sistema de Contratación Centralizada Estatal como sistema de contratación específico de bens, obras e servizos que polas súas especiais características son susceptibles de ser utilizados con carácter xeral por todos os seus departamentos. Son os denominados bens, obras e servizos de utilización común. A competencia da contratación neste contexto corresponde á Xunta de Contratación Centralizada ou á Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación, que opera, respecto do ámbito da Administración Xeral do Estado, os seus Organismos autónomos, Entidades xestoras e Servizos comúns da Seguridade Social e demais Entidades públicas estatais, como Central de Contratación única. Este sistema está dirixido a todos aqueles organismos que pertencen a unha destas administracións: - Administración Xeral do Estado e os seus Organismos Autónomos. - Entidades Xestoras e servizos comúns da Seguridade Social. - Entes Públicos Estatais. Ademais tamén se poderán beneficiar, segundo o artigo 205 do TRLCSP, aprobado polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, as comunidades autónomas e as entidades locais (incluídas deputacións), así como os seus organismos autónomos e entes públicos dependentes delas. Polo tanto estes organismos poderanse adherir ó sistema de contratación centralizada estatal regulado no artigo 206 deste mesmo Real Decreto Lexislativo, para a contratación de subministros, servizos e obras incluídos no mesmo (na totalidade de categorías ou de forma parcial). As vantaxes que proporciona este sistema son as seguintes: -Axilidade na contratación: o sistema permite tempos de contratación notablemente inferiores ós dos procedementos convencionais de contratación. -Importantes aforros na contratación pública, aforros que benefician tanto ós organismos peticionarios como ás empresas, xa que en moitos casos están derivados da simplificación de procedementos. -Transparencia e seguridade na contratación: taxa de incidencias inferior a 0,2%. -Facilidade na tramitación ó estar habilitada a vía electrónica. -Implantación de actuacións no campo das compras públicas. -Normalización e estandarización. -Soporte a outras políticas: calidade, medio ambiente, políticas de carácter social, etc. Tendo en conta o listado de posibles contratacións reflectidas no anexo I do formulario de adhesión preténdese solicitar a alta para as contratacións seguintes: -Ordenadores persoais e software ofimático. -Impresoras, equipos multifuncionais e escáneres. -Elementos e sistemas de seguridade. -Equipos e software de comunicacións. -Sistemas audiovisuais. -Servidores e sistemas de almacenamento de propósito xeral. -Servizos de desenvolvemento de sistemas de información. -Servizos de aloxamento de sistemas de información. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e as abstencións do PSdeG-PSOE: 1.- Aprobar a solicitude de adhesión da Deputación de Pontevedra ó Sistema de Contratación Centralizada Estatal da Dirección General de Racionalización y Centralización de la Contratación do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas para as contratacións dos servizos e subministros seguintes, incluídos no anexo I do formulario de adhesión, e de conformidade coas cláusulas establecidas. - Ordenadores persoais e software ofimático. - Impresoras, equipos multifuncionais e escáneres. - Elementos e sistemas de seguridade. - Equipos e software de comunicacións. - Sistemas audiovisuais. - Servidores e sistemas de almacenamento de propósito xeral. - Servizos de desenvolvemento de sistemas de información. - Servizos de aloxamento de sistemas de información. 2.- Remitir a solicitude de adhesión á Dirección General de Racionalización y Centralización de la Contratación do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. 4.6573.- MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 1/2015 (CRÉDITO EXTRAORDINARIO 1/2015 E SUPLEMENTO DE CRÉDITO 1/2015) Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 4. Modificación de créditos 1/2015, crédito extraordinario, suplemento de crédito. ¿Algunha intervención?. Estou falando do punto catro. ¿Queres intervir?. A ver, intervén primeiro Chema, entón, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Que explique Chema. Sr. Figueroa Vila.- Dá igual. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Explica Chema. Chema. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, bos días a todos e a todas. Traemos unha modificación de crédito, primeiro, un crédito extraordinario por 915.000€ e un suplemento de crédito de 18.735€. Fundamentalmente son para traballos de retribución laboral temporal de arqueoloxía e tamén para proxecto de xacementos de galaico-romano e, tamén, despois, eu creo que é a partida máis importante, é para o Plan de obras e servizos dos concellos que son 18.000.000€. Tamén é un arranxo dunha obra que se está pondo en marcha, restaurando, que é o Castelo de Villasobroso. E, tamén unhas melloras en Príncipe Felipe que son necesarias, sobre todo, nun tema da estrutura e un tema de mantemento. Isto suma unha cantidade de 19.650.000€ e que saen de remanentes de suplementos de créditos 18.000.0000 e os 915.000 restantes, tamén de remanentes de Tesourería. É unha modificación necesaria nestes momentos, sobre todo para seguir con ese Plan que xa está iniciado de obras e servizos dos propios concellos, e con esta cantidade de 18.000.000, é un partida, que se inxecta unha partida importante a todos os concellos da provincia cos criterios do anterior Plan de obras e servizos. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben. ¿Ti primeiro?. Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Presidente. Vamos a ver, estamos ante unha modificación de crédito potente e ás alturas de febreiro, ou sexa que, feita con bastante présa, o Orzamento está en vigor hai pouco tempo. Ben, a orixe da modificación está clara, ¿non?, está feita a liquidación do Orzamento do 2014, esta Institución tivo 29.000.000, máis ou menos, de remanentes líquidos, ou sexa, de …, para entendernos en termos vulgares de sobrantes ou de aforros do ano 2014 e, polo tanto, búscanselle destino. Non temos nada que obxectar, nese aspecto os destinos son máis ou menos razoábeis, máis ou menos, e bueno, pois, como vimos defendendo sempre, que as Institucións públicas, non foi así o ano pasado porque a execución do Orzamento foi bastante baixa, pero bueno, que se teñen cartos os destinen a mover, a facer obras ou outros tipos de actuacións que incidan na economía, na prestación de servizos, nunha época na que está, na que a economía non tira, pois, foi sempre que o defendemos, polo tanto, sería correcto, habería que discutir, se cadra, algunha finalidade. Incluso, vamos a obviar, ¿non?, que supoño que planeará de facer este esforzo tan rápido, ¿non?, porque maio está aí, bueno, vamos a obvialo tamén, ¿non?. Pero, nós o que si vamos a propoñer nesta modificación, dado que hai colchón, é retomar unha das emendas que presentamos ó Orzamento, presentamos “in voce”, e que nos parece que ten bastante interese e demais. A emenda é, neste caso, xa cunha cifra máis concretada, é que se incorporen 650.000€ para dotar de servizos á Planta de …, ós terreos da Planta de composta, xa o fixéramos no Orzamento e facémolo agora e demais. E propoñémolo, igual que o de tal, por dous motivos, ¿non?, un, para que quede unha mensaxe clara de que esta casa siga adiante co seu compromiso de votar a andar o plan de recollida e a planta de composta que, ó fin e ó cabo, que está firmada e que está, vai ser a, vamos, vai ser a Deputación quen a xestione, polo menos, iso é o que está firmado, quen a constrúa e xestione. E, dous, tamén, que se aclare que esta casa, polo menos o concello de Pontevedra o ten clarísimo, que nunca, ou sexa, o que está previsto é unha planta de composta, nunca incineración nin nada diso, porque parece que hai, incluso, destacados militantes do Partido Popular que non o teñen claro e van cunha pancarta alí, ¿non?, a Sogama do sur, ¿non?; ou incluso un concelleiro en Vilaboa está co mesmo, ¿non?, cando, hasta foi negociado coa compañeira en Vilaboa, dese señor, de Andrés, que foi Begoña. Entón, que quede claro, que iso vai ser unha planta de composta, ¡ah!, polo tanto, xa non collerían, non collerían ningunha oposición, ¿non?, porque se a oposición é a algo que non vai a ser, evidentemente, non collería esa oposición e, dígoo incluso para os propios militantes do PP de Pontevedra, ¿non?, e de Vilaboa, que hai algún que parece que non o ten claro, parece que sospeita que a Deputación vai a facer nesa planta cousas estrañas en contra do que está firmado pero bueno, parece ser que o cre. Entón, que quede claro, mandar esa mensaxe a dúas que, evidentemente, a Deputación segue co seu compromiso e, eses terreos, si necesita mellorar o aceso porque cando chove teñen que …, hai que ir en todoterreo porque está en terra parte do acceso, entón, son como dous quilómetros e medio para darlle unha capa de asfalto e demais, andaría nese orzamento, unha boa capa, e ancheando, andaría nese orzamento. Iso pódese facer xa e podía incorporarse perfectamente na modificación de crédito. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moitas gracias. D. Santos Héctor ten a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bo día a todas e a todos. Vou aproveitar este punto para remarcar o que vimos manifestando cando se debaten os presupostos e noutras liquidacións de presupostos. Porque, realmente, o que hoxe nos traen aquí e iso que o Portavoz do Partido Popular non poñía moito énfasis pero, dende logo, isto que traen vostedes aquí é insuperable, insuperable. Un aforro neto de 64,5 millóns, remanente de tesourería 118,4 millóns e superávit presupuestario de 30,9 millóns. Vamos, isto é incrible, pero claro, é incrible cando facemos unha análise política, porque os presupostos son a ferramenta para atender ás persoas, e vemos que a Deputación de Pontevedra gobernada polo Partido Popular vive e está á marxe da realidade social desta provincia. E, vou a explicar por que, e aténdome única e exclusivamente ó informe que se fai da liquidación. Según dito informe, do ano 2014, hai 118,2 millóns de remanente de Tesourería e agora, hoxe, vimos a tramitar aquí unha modificación de 19,6 millóns e, amais, téñense reservado ou realizado a incorporación de remanentes por 89,9 millóns de euros, polo que aínda quedaría un remanente dispoñible de 8,69 millóns. Pois ben, eu vendo na situación que estamos, facer toda esta modificación, parece tecnicamente arriscado, e algo deixa caer o Interventor tamén no seu informe respecto a isto. ¿Por que é arriscado tecnicamente incrementar 109,5 millóns de euros ó presuposto inicialmente que aprobamos non fai máis de dous meses?. Que estamos incorporando a un presuposto de cento e pico millóns, cento vinte e pico millóns de euros, 109,5 millóns de euros, fíxense vostedes. E, ¿por que isto se incorpora sen facer unha análise sobre a situación da liquidación do presuposto do 2015?, que todos sabemos, e me remito ó informe do Interventor que se se cumpre minimamente as previsións de execución haberá un incumprimento tanto do obxectivo de estabilidade como da propia regra de gasto e, iso, saben vostedes que ten unhas consecuencias importantes. E temos que engadir, dende o Partido Socialista, desde este grupo provincial, que o problema é tamén o descontrol desta situación porque, ¿por que se producen estes remanentes de tantos millóns de euros?. Primeiro, por presupostos inexecutados, presupostos case duplicados cos remanentes ó ano seguinte, esta é unha mala xestión que vimos denunciando e hoxe aparece aquí, nesta liquidación, ese resume de catro anos de mala xestión política dos presupostos da Deputación de Pontevedra gobernada polo Partido Popular. ¿Que fan vostedes nesta mala xestión?, pois agora, que se traduce nunha incorporación de remanentes, que representa, si, Sres. do Partido Popular, representa máis do gasto executado no ano 2014, isto é xa incrible, eses son os datos que aportan vostedes aquí e nos deron nas Comisións informativas e que veñen hoxe a Pleno. Repito, esta incorporación de remanentes representa máis que o gasto que se fixo no ano, no exercicio do ano 2014, entre os capítulos de persoal, gastos correntes e servizos, gastos financeiros e transferencias correntes, en definitiva, os capítulos un, dous, tres e catro. Isto é unha barbaridade, esta é unha administración sen obxectivos, sen planificación, o vimos denunciando e hoxe se ve expresamente aquí que non hai unha mínima eficiencia na utilización dos recursos e hai unha escasísima execución do Presuposto. E isto ten consecuencias, ten consecuencias esta forma de gobernar que fai o Partido Popular, despois nos venderán unha serie de cuestións porque vemos como nos venden as mesmas obras, o mesmo presuposto, ano tras ano, e sen executar. Pois estas consecuencias, se é que pode ter ese cualificativo a forma de gobernar, é o problema que nos trae, porque o que están a facer vostedes, Sres. do Partido Popular, é de traer recursos, é de traer recursos da sociedade que vostedes non os retornan, a sociedade aporta os seus recursos en forma de impostos a esta administración e vostedes non os reportan para a economía, non o aportan para a creación de emprego, en definitiva, como dicía, non o retornan para as persoas. Porque miren, á marxe da obtención dos ingresos que recibe a Deputación, están detraendo recursos e capacidade de gasto dos contribuíntes e, falamos aquí moitas veces, que é necesario, que é imprescindible que os fondos públicos, o que se recade reverta na sociedade para mover a economía, para crear emprego. E, vostedes, non executando os presupostos están freando a economía e están freando o emprego na nosa provincia. Porque é moi fácil, o temos reivindicado aquí o Partido Socialista moitas veces, vostedes o que teñen que poñer é en práctica políticas keynesianas que favorezan, precisamente, a creación de emprego. Pois ben, vemos e temos que denunciar ante os cidadáns que canto máis falta fai poñer en práctica estas políticas keynesianas, sempre dentro do cumprimento da Lei de estabilidade, vostedes, por incompetencia de xestión, aforran e contribúen de forma irresponsable ó mantemento da recesión e a lentitude do crecemento. Miren, isto é unha situación politicamente insostible, levan moitos anos gobernando esta Deputación, o seu modelo se ve ás claras que está agotado e, menos mal, menos mal, que os cidadáns van a ter a oportunidade de votar o 24 de maio e o 25 haberá unha nova corporación que será presidida por un ou unha socialista, xa non será presidida por un membro do Partido Popular, iso é o que vai a pasar por esta incompetencia de xestión. Si, si, si, ríanse señores do Partido Popular, pero, o seu tempo se agotou nesta Deputación, xa os teñen moi vistos e, dende logo, se isto serve para facer un mínimo resume do que foi a súa xestión económica destes catro anos, pois, aquí está á vista. Moitas gracias Presidente. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Gracias D. Santos Héctor. Chema, preme. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, xa vexo que hoxe o debate non vai por unha cuestión puramente técnica, o debate vai por unha cuestión electoral e política das próximas eleccións. Pero mire, D. Santos Héctor, vostede dá os números que lle interesan, é verdade que fala de remanentes de tesourería de 118.000.000€, de que hai un remanente de tesourería dispoñible de case 30.000.000€, pero non fala dun dato importante, do aforro neto que ten esta casa e o aforro neto desta casa é de case 65.000.000€, 64.543.000€. Ese é un dato importante, é o dato que vostede non quere dar, e o dato que tampouco quere dar, e que saben todos os cidadáns, que esta casa vai hacia a débeda cero, é dicir, no ano 2018 esta casa terá débeda cero e iso é moi importante porque creo que iso o que xera é confianza, xera solidez na xestión e, ó final, xera unha cousa que é importantísima en economía que é a confianza, polo tanto, iso é o dato, son os datos fundamentais. Mire, nós levamos amortizando débeda en torno a quince, dezaseis, sobre vinte millóns de euros anuais durante os últimos cinco exercicios presupostarios, e vostede sábeo tamén, e tamén sabe vostede que levamos sen acudir a crédito, tamén, catro ou cinco anos, polo tanto, eu lle podo facer unha afirmación que esta é unha das casas máis solventes que hai, unha institución das máis solventes que hai, non en Galicia, en España, e poucos datos, poucos datos se poden contrastar con este e se poden equiparar ós que temos aquí na Deputación. E vostede fala de xestión, eu creo que son os menos indicados para falar de xestión, porque se quere volvemos a repetir o discurso do presuposto e lle explico como se termina un museo; como se terminan as instalacións deportivas, como se inviste en gasto social, dunha maneira clara, por riba dos 20.000.000€ que destina esta casa a gasto social; como se leva a cabo todos os proxectos a nivel cultural que esta casa ten en marcha, tivo en marcha e estivo facendo ó longo dos últimos anos; os plans de obras de todos os concellos que, gracias, seguramente, a un momento de crises nos que vivimos, esta casa aguantou a moitos concellos da provincia de Pontevedra e a moitas institucións; como se van a destinar non só os cartos da inversión de Pasarón senón que agora, saben vostedes, que para Balaídos tamén hai unha partida importante de 4.000.000€. Polo tanto, esa é xestión, é xestionar, é por en marcha proxectos, é contratar máis, máis, e vostede o sabe, máis de 8.000 persoas a través de plans de emprego que superan case os 30.000.000€ de inversión durante os últimos anos, cousa que vostedes non son capaces de facer cando gobernan. Vostedes cando gobernan o que levan son as institucións á crise e, sobre todo, á sociedade, que é o máis importante; e nós, cando chegamos, temos que rescatar todo ese tipo de desfeitas que vostedes deixan enriba da mesa e deixan nas institucións onde gobernan e, sobre todo, no Estado, eu creo que iso é o que vostede non di. Polo tanto, nós estamos moi satisfeitos, moi orgullosos da xestión económica, esta casa é unha casa, volvo a repetir, das máis solventes, unha das Institucións máis solventes a nivel de España e, se ten datos mellores os trae aquí; se está pagando a provedores en torno ós doce días, se está cumprindo con todas aquelas persoas, empresas pequenas que antes falaban diso, que traballan para esta casa. Polo tanto, eu creo que esta casa sempre deu exemplo de pagar ben, dicían algúns que iamos a facer “crack” hai cinco ou seis anos e agora resulta que temos uns números realmente espectaculares pero, sobre todo, quédense con este, o aforro neto 65.000.000€. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Sr. Mosquera, que, como lle estraña tanto, a ver por que lle estraña o que non lle ten que estrañar, diga. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿O que?. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Di que lle estrañaba antes, que lle estrañaba esta modificación de crédito, non sei polo que lle estraña tanto, despois do que lle explicou Chema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu non dixen que me estrañaba. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Que lle estrañaba que fixéramos esta modificación de créditos, que lle estrañaba que a fixéramos desta maneira, creo que lla explicou Chema; bueno, interveña vostede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Iso. É mellor, si. Vamos á modificación de crédito. Vamos a ver, está claro que a Deputación, nestes momentos, ten unha situación económica boa, correcto, e á parte, pois, está xogando cunha cuestión que é orzamentar bastante máis do que despois gasta, entón, frea ou desfrea o gasto para non pasarse os teitos de estabilidade, o teito de gasto, ¿non?. Bueno, por iso aparecen estes cento dezaoito ou o que sexa, millóns de remanentes, que ó fin e cabo son obras ou incluso poden ser obras municipais que non están xustificadas, entón, aí manexa un volume e incluso pasa de anos, iso é habitual nos concellos e nas deputacións porque a diferenza do Estado e da Xunta, normalmente, quitando algunhas obras plurianuais, temos que consignar todo nunha obra que xa sabemos que se vai se cadra a dous, tres anos, co cal despois se incorpora. E tamén, igual de certo é, que hai uns anos a máquina de tirar do crédito dunha maneira esaxerada por arriba, agora, nós entendemos que esaxerada por abaixo, pois puxo en peor situación a esta Institución. A modificación en si, a nós, digamos, non corresponde coa política que está levando, que se está levando en Madrid ou en Santiago, ¿non?, e, supoño que a súa estrañeza viría por iso. Pero, insistimos, é dicir, nós estamos dispostos a aprobar a modificación, o que corresponde co que defendemos sempre, o cal non vai a cambiar, sempre e cando, se inclúa o que xa propuxemos no orzamento e despexemos dunha vez esas dúbidas, parece que a Xunta o ten claro, parece que a Deputación o ten claro e se está creando, incluso, xa digo, problemas no medio dos militantes destacados do PP, membros da executiva local e máis, incluso, concelleiros en Vilaboa, que non lle queda claro que esta é unha planta de composta, nin lle queda claro que a Deputación ten decidido seguir adiante, co cal, aclarando esas dúas cousas e os que entendemos que ninguén se oporía porque é unha confusión, obviamente, porque nunca estivo provista esa cousa e, se lanzaría a mensaxe de que vamos adiante. Porque, me parece que todo o mundo, polo menos de boca para fóra, está de acordo con que se composte, todo o mundo, todas as forzas políticas, incluso, os poucos pero algúns que din que non están de acordo, se é unha planta de composta non teñen ningún problema, porque se acabou o problema, vaino facer a Deputación e xa deixa clarexado o problema hoxe; unha, que se vai facer, mete cartos para mellorar o acceso; dúas, se aínda así algún quere ir cunha pancarta alí e non ten que manchar os pés porque xa está asfaltado, que tamén é unha vantaxe; e tres, deixamos claro e zanxado dunha vez que isto non vai haber ningunha dúbida e vese unha planta de composta, o refugallo que non sexa tratado se vai ir a Sogama, que é o que está previsto e acordado, ou sexa, que non vai a cambiar nada pero que quede claro, ¿non?, porque se nós llo dicimos desde o concello, pois, parece que hai militantes do PP e do PSOE que non o cren, se se lle di tamén desde a Deputación claro, alto e ben definido, pois, os militantes do PP crerán e problema arreglado e tiramos para adiante e non lle damos máis voltas. Entón, vamos, ese é o noso, se se incorpora esa nova modificación ou a Deputación colle o compromiso de facelo, porque pode facelo co Parque de Maquinaria ou o que sexa e, á parte, deixa claro, digo, deixa claro para iso, porque vamos, a ver, a Sra. Begoña Estévez estivo negociando nunha mesa o acordo este que houbo no concello de Pontevedra, agora, resulta que un compañeiro del non o cre ou non llo deixaron claro e, entón, vai alí a dicir que estamos coa Sogama do sur, que vamos a ir montar unha incineradora, nunca a ninguén lle pasou polo cabeza, creo que a Sra. Begoña Estévez nunca lle pasou pola cabeza, máis, pero se a un concelleiro do PP lle pasa pola cabeza, hai que deixarlle claro desde aquí, non vai haber tal cousa, non vai haber incineradora, a Deputación que vaia a facer esa obra, non vai a poñer aí nada diso senón unha planta de composta, punto, xa está e acabamos con todo este barullo que hai arredor e, á parte, supoño que tamén outras forzas políticas que tamén queren crear esa confusión ou teñen esa confusión, pois, se lle deixa claro, por quen vai a executar a planta que é o que está firmado, que sexa a Deputación, de que aí vai a ser unha planta de composta, non vai haber nada de incineración nin nada que se lle pareza e que vai para adiante, problema arreglado. Resolvemos o problema todos, bueno, tampouco é un gran problema, é un problemiña, pero vamos, resolvémolo todos e dedicámonos a outras cousas que, seguramente, sexan de máis interese. Nós, no caso de que se metan cartos especificamente para isto ou se colla o compromiso do que estamos dicindo, votaremos a favor da modificación de crédito. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- D. Santos Héctor ten a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias de novo Presidente. Vou a tratar de ser breve. Na súa resposta, o Sr. Figueroa, evidenciou dous dos graves problemas que ten o Partido Popular, o primeiro é que non escoita, porque iniciei a miña intervención falando da liquidación do informe, dicindo que o aforro neto é de 64,5 millóns, que o remanente de tesourería é de 118,4 millóns e que o superávit presupuestario é de 30,9 millóns, e, terminaba esta introdución dicindo insuperable, isto é insuperable. Polo tanto, vostedes non escoitan, é un problema que teñen non escoitan ás persoas e están no seu mundo, non escoitan ás persoas. E, a segunda cuestión, de que vostedes teñen tamén nas súas intervencións continuamente, é que tratan que digamos o que vostedes queren que digamos, din, vostede non di, non, eu direi o que creo oportuno neste punto, como o Partido Socialista entende que o debe de abordar, eu non lle digo a vostede o que ten que dicir, a ninguén do Partido Popular nin o que ten que dicir nin o que non ten que dicir; e o que dicimos aquí, clara, nítida e rotundamente é de que vostedes, efectivamente, cando falan da débeda, si, si, cando chegamos aquí en 2011, vostedes estaban no límite do endebedamento, e coa Lei Montoro non lle quedou máis remedio que ir reducindo esa débeda, é certo, a teñen reducida a un 36,32, me fixen os deberes, hai algún outro sitio que a teñen menos, como Vigo, que está nun 11,5 %, pero non está mal a que ten a Deputación. Pero ó que este Partido Socialista lle afea a vostedes é que non executan os presupostos, porque senón non quedarían todos estes remanentes, é dicir, ¿de onde saen estes cartos de remanentes?, ¿viñeron do ceo?, ¿apareceron por arte divina?, ¿teñen vostedes unha multicopista?; é porque non executaron os presupostos dos anos anteriores, nin máis nin menos, nin máis nin menos, non executaron os presupostos dos anos anteriores e é o que lle dicimos, porque mire, isto non é cuestión de técnica, isto é unha cuestión de política, porque os presupostos son a ferramenta política para facer política, para facer política e, eu lle digo que vostedes tiñan que estar facendo unhas políticas keynesianas cos ingresos que reciben dos cidadáns e están deixando vostedes de investir, de facer investimentos que melloren a economía e melloren o emprego da nosa provincia. Iso é o que lles estou dicindo e iso é política, e xestión e política, porque cos presupostos se decide a política do Goberno, e nós lle apoiamos aquí, varias veces, o Plan de obras e servizos e inversións, lle apoiamos tamén o Plan de emprego, porque estamos de acordo en que iso se faga, pero despois que se execute, que se execute, que non queden eses cartos aí, porque ¿de onde saen estes cartos?, ¿dunha multicopista?; é de non executar os presupostos dos anos anteriores, por iso lles digo, señores do Partido Popular, que nin en xestión, nin en xestión económica nin en xestión política o fixeron ben nestes catro anos. Non o fixeron ben nestes catro anos porque á parte da falta de previsión, bueno, algunha cousa se pode escapar, ¿non?, como é ó que na súa intervención vostede facía referencia, di “bueno, é que tivemos que modificar para o aluguer de coches, ou pago de novo persoal laboral”, bueno, hai algunha cousa que se pode esquecer nos presupostos, pero claro, que queden 108 millóns de, 118,2 millóns de euros é unha auténtica barbaridade, é case o mesmo presuposto que se aprobou en 2015. Nós, aínda así, aínda así, nós vamos a votar a favor desta modificación porque inclúe estes 18.000.000€, despois, cando se fale do POS si faremos algún comentario a eles, pero nisto vamos apoiar, porque entendemos que son esas políticas keynesianas, que nós pedimos que se fagan, eses investimentos que pedimos que se fagan, pero, tamén, lles quero dicir de que se execute, que se faga, que non quede de novo no caixón. Nada máis pola nosa parte. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moitas gracias. Begoña, ¿ti querías intervir para cerrar …?. Cerras ti Chema. Non sei que quere dicir Begoña. Preme, preme aí. Ten a palabra. Sra. Estévez Bernárdez.- Si, xa está. Gracias. Sra. Estévez Bernárdez.- Grazas. Non, simplemente en tono agarimoso co Sr. Portavoz do BNG, bueno, dicir que non estiven en ningunha reunión de coordinación co concello de Pontevedra, creo, eu formei parte da Comisión, eu formei parte da Comisión, como Deputada do PP, con outros compañeiros do PP, tamén do PSOE había un representante, do BNG, onde se tratou o tema de xestión de residuos, tivemos varias xuntanzas, tamén estaba o Sr. Crespo, pero eu non lembro o estar en ningunha reunión de coordinación co concello de Pontevedra, entre outras cousas, porque son deputada provincial, porque son concelleira en Vilaboa, pero non son concelleira en Pontevedra, non o lembro. E logo, dicir, que teño un compañeiro en Vilaboa nin me pasa a min por riba nin por abaixo nin polo lado, nin el, nin ninguén; porque é un compañeiro, non temos unha relación xerárquica, eu son Deputada provincial aquí, el é un concelleiro en Vilaboa como o son eu, hai unha portavoz que é Beatriz Rosendo, iso de falar nin pasar nin por riba nin baixo, somos persoas iguais, en igualdade de condicións. Nada máis. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- ¿Queres falar ti antes de que cerre, antes de que peche o debate Chema?. Xa cerras ti. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, si deslicei o do concello de Pontevedra, foi un erro, está claro, cando estivemos en definir o proxecto, vale, e demais. Home, non sei, pero bonito non queda, ¿non?, bonito non queda que vostede teña claro e que estea firmado e que votara aquí e os demais igual, que o que se vai facer é unha planta de composta e niso non hai posibilidade de facer ningunha outra cousa e que vaia un compañeiro, o seu concelleiro a dicir o contrario, bonito non queda, nin por arriba nin por abaixo, bonito non queda. Entón, polo que vexo falta o Presidente e ninguén quere dicilo, entón, poño a pregunta ó revés, ¿hai algún cambio de perspectiva por parte da Deputación con respecto ó protocolo asinado e o Plan provincial e de composta e abriuse a posibilidade de que se faga a Sogama do sur e máis do norte e máis demais, ou non?, ou segue todo igual e non hai ningunha posibilidade desas cousas, non se contemplou. Porque claro, vendo isto, ou sexa, vendo unha pancarta alí, militantes destacados do PSOE e do PP e ler, “non á Sogama do sur”, despois o concelleiro do PP alí, que está coa mesma, dicir, a ver se se nos está escapando algo, a ver se se nos está escapando algo. Dígoo para tranquilizar á xente e xa está, ¿non?, porque, en principio, non hai nada diso, todos sabemos, non hai nada, o que está asinado é iso, é o que é coñecido, agora, se hai algunha novidade, e senón, aclaralo definitivamente e xa está, acabouse esta música e tiremos para diante, por certo, falta o Presidente, parece ser, ninguén quere comprometerse se vai a facer iso ou non, ou contestar a iso, é contestar algo, se alguén sabe se hai algún cambio, senón hai ningún cambio todos sabemos o que hai, ¿non hai ningún cambio?, ¿todo está segundo o previsto?, pois bueno, pois dígase. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- ¿Queres?, non, se queres, senón cerra Chema e xa está. Chema, preme aí. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que está totalmente debatido, Sr. Mosquera, eu creo que non é para mezclar un tema con outro, as posicións de cada un dos grupos se saben perfectamente, creo que son públicas, o noso Presidente manifestouse todas as veces que lle preguntan e, polo tanto, eu creo que aquí estamos falando dunha modificación de crédito e vostede está introducindo un debate político que, se quere, facémolo noutro momento ou como queira, é dicir, pero esta é unha modificación de crédito que está traballada tecnicamente coas propostas correspondentes e nos parece que ó lóxico é votar esta modificación e cando queira abrir este debate, sen ningún tipo de problema, porque bueno, a postura desta casa, deste equipo de goberno e do propio Presidente, eu creo que están perfectamente claras dende o primeiro día, polo tanto, esa é a primeira cuestión. E, segunda, o Sr. Santos Héctor que, home, se nos di que é insuperable e que a situación económica, di o Sr. Mosquera, que é boa, home, eu creo que hai que sentirse satisfeitos, evidentemente. Eu só lle diría, non sei se terá tempo, estes tres últimos meses, pero que, seguramente, ó mellor non se enteran de onde están esas posibilidades económicas que moitas veces ten esta casa. Mire, en proxectos europeos hai acadadas unhas posibilidades importantes que superan, ó mellor, os cincuenta ou sesenta millóns de euros; en convenios con outras institucións, pois, se firman case a diario convenios con institucións onde apoian, é dicir, tanto o goberno de España como o goberno da Xunta de Galicia, e creo que iso é importante. Despois, outro tipo de xestións, incluso, de institucións privadas, porque mire, o campo federativo de Coia, por exemplo, está cofinanciado coa Federación Española de Fútbol, dende o seu día, iso é unha xestión, hai que traballalo, é dicir, non é só os ingresos ordinarios que se traen da propia institución senón que hai outras institucións que se fan convenios e acordos, eu lle diría, lle dou a pista por onde ten que ir a buscar os datos de onde saen esas contías económicas, pois de moitas xestións feitas polo Presidente e por as compañeiras e compañeiros deste equipo de Goberno que ó final, pois, se levan a cabo proxectos, aquí non se perde nin unha sola subvención e as subvencións, vostede sabe que o tema de inversións que houbo no Museo, que houbo nos campos de fútbol, que houbo nas Pousadas, son proxectos europeos todos, é dicir, pero non só eses proxectos, desde Aquelando, é dicir, temas de informática, de mellora de novas tecnoloxías en todos os concellos, pois todo iso, vén de proxectos europeos. Eu non teño ningún problema en sentarme un día con vostede e explicarlle de onde saen esa diferenza de ingresos, pois, sae de aí, é dicir, de xestión, é dicir, e iso vostedes non o saben facer, é dicir, son moi malos. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moitas gracias. Creo que o tema está suficientemente debatido pero eu teño que dicir ó Sr. Santos Héctor unha cousa ou senón rebento. Un ilustre socialista, un ilustre socialista que foi Felipe González nunha conferencia desas que dan os expresidentes polas que cobran algo que dá náuseas só de pensalo, náuseas non, cae un para atrás, da envidia, sana envexa, desas conferencias dos expresidentes en Estados Unidos, presentado polo ínclito e nunca ben ponderado pregoeiro do cocido, xuíz Garzón, e ó lado de Henry Kissinger, en América, pregúntalle a unha universidade americana, creo que era Minnessota, dille: “mire, por favor, despois de explicarnos todo este rollo, podíame dicir para que eu me entenda”, porque claro, en Estados Unidos como son todos de dereita, máis á dereita ou menos á dereita, pero todos de dereitas, pois, “¿cal é a diferenza entre esquerda e dereita en España, para que nós teñamos claro cal é a diferenza?”. E dixo algo que eu subscribo totalmente, e díxoo Felipe González que non o dixo un membro do PP, e dixo: “mire, para que vostede me entenda, a diferenza entre dereita e esquerda en España, é que a dereita é capaz de crear riqueza e nunca encontra o momento adecuado de distribuíla e a esquerda somos capaces de gastalo pero non somos capaces de xeralo”. E, querido Santos Héctor, nestes momentos o que fai falta somos nós, que somos os imprescindibles, porque quen gasta, gastar é fácil, recadar é moito máis difícil, polo tanto, eu creo que está claro que a xestión que facemos é razoablemente boa, non o dixen eu que o dixo Felipe González. Vamos a votalo. Primeiro votamos a emenda do Bloque Nacionalista, que vamos a rexeitala, porque, independentemente de que eu creo no tema da planta de compost as conversas que se tiveron están aí encima da mesa e nadie se retracta delas, polo tanto, non creo que teña ningún problema, agora mesmo temos plantexada unha modificación de crédito e que, se no futuro hai que facer outra que poida levar iso xa se acordará, pero agora mesmo non vamos parar esta modificación para incluír esa proposta que fai vostede de 650.000€ para a planta de compostaxe, fáleo vostede co Presidente desta casa e conforme se fai esta modificación, que é a modificación unha, pódese facer a dúas e a tres, que aínda dá tempo antes das eleccións. Así que, vamos a votar a emenda do Bloque Nacionalista Galego. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, o que pretendía e está claro, entón, retiro a emenda e á parte vamos a votar a favor da modificación, claro, é que se un escoita cincuenta cousas diferentes, ó final, que se aclaren, ¿non?, entendo que están aclaradas, ou sexa, só se vai a facer a planta de compost, segue o compromiso e punto, iso é o que quería que se aclarara, perfecto, porque se escoitan outras cousas, punto. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Iso, loxicamente, teno que dicir o Presidente non eu pero, a ver, as conversas que hai entre o concello de Pontevedra e a Deputación están aí, polo tanto, eu creo que é fariña doutro costal, agora vamos votar, entón, esta modificación de crédito e, se no futuro ten que vir outra, pois virá, por suposto, pero iso, obviamente, hai que negocialo e hai que pactalo. Sr. Secretario.- Lo retira. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Si, xa a retira, entón, non a votamos. Votamos o fondo do axunto, xa. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. Apróbase por unanimidade. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 19 de febreiro de 2015, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/15 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT.01/15” e o de suplemento de crédito “SUP.01/15”) dentro do vixente Orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 19 de febreiro de 2015 indica que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Resultando que se advertiron erros na base 25ª de execución do orzamento, na relación de postos de traballo do persoal laboral fixo do ORAL, e na denominación dun posto de traballo de persoal funcionario de Intervención. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais; nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, e nas bases de execución do orzamento, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/15 da Deputación de Pontevedra. Considerando o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, pola que se aproba a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as administracións públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/15 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.01/15” e o de suplemento de crédito “SUP.01/15”) co seguinte detalle: 1) Créditos extraordinarios “EXT.01/15”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 456-3360-131,00 RETRIBUCIÓNS PERSOAL LABORAL TEMPORAL (Arqueoloxía) 135.000,00 € 456-3360-160,01 S. SOCIAL PERSOAL LABORAL TEMPORAL (Arqueoloxía) 90.000,00 € 456-4530-204,00 ARRENDAMENTO DE MATERIAL DE TRANSPORTE (Infraestruturas) 40.000,00 € 433-3361-131,00 RETRIBUCIÓNS PERSOAL LABORAL TEMPORAL (Proxecto 15_Xacementos Galaico Romano) 220.000,00 € 433-3361-160,01 S. SOCIAL PERSOAL LABORAL TEMPORAL (Proxecto 15_Xacementos Galaico Romano) 80.000,00 € 433-3361-221,36 MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL (Proxecto 15_Xacementos Galaico Romano) 150.000,00 € 433-3361-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (Proxecto 15_Xacementos Galaico Romano) 200.000,00 € Total créditos extraordinarios 915.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar créditos extraordinarios 915.000,00 € 2) Suplementos de crédito “SUP.01/15”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-2312-227,99 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS. VARIOS (C.P.Felipe) 48.000,00 € 232-2312-629,01 OUTROS INVESTIMENTOS - MENAXE, ÚTILES E FARRAMENTAS (C.P.Felipe) 22.000,00 € 232-2312-632,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS MELLORAS (C.P.Felipe) 350.000,00 € 433-3360-632,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS INVERSIÓN DE REPOSICIÓN (Castelo de Sobroso) 315.254,38 € 942-9420-762,45 A CONCELLOS- PLAN DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (POSP/15) 18.000.000,00 € Total suplementos de créditos 18.735.254,38 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar suplementos de créditos 18.735.254,38 € TOTAL... 18.735.254,38 € Resumo das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 525.000,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 438.000,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 687.254,38 € Capítulo 7º Transferencias de capital 18.000.000,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 19.650.254,38 € Resumo do expediente: TOTAL SUPLEMENTOS... 18.735.254,38 € CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS... 915.000,00 € SUMA... 19.650.254,38 € Segundo: Modificar a Base 25ª apartado 8.2.a) parágrafo terceiro, das bases de execución do vixente orzamento, con efectos de 1 de xaneiro de 2015, nos seguintes termos: “Os beneficiarios das subvencións provinciais deben utilizar, con carácter xeral, formas de pago a terceiros que poidan acreditarse mediante un documento expedido por unha entidade financeira, no que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pago (tarxetas bancarias de crédito ou débito, talóns nominativos, transferencias bancarias, etc.), e só excepcionalmente poderán utilizar o pago en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa. O incumprimento desta disposición implicará que dito gasto se considere “non subvencionable”, de conformidade cos artigos 72.2, 75.2 e 89 do RLXS en relación cos artigos 31.2 e 37 da LXS, sempre que dito gasto supere o importe de 900,00€.” Terceiro: Modificar a relación de postos de traballo do persoal laboral fixo do ORAL no seguinte senso: Onde di: SERVIZO POSTO DE TRABALLO Nº postos GR Retribución anual Importe anual 932 AUXILIAR 1 C2 22.254,42 22.254,42 932 ADMINISTRATIVO 62 C1 24.496,48 1.518.781,76 1.541.036,18 Debe dicir: SERVIZO POSTO DE TRABALLO Nº postos GR Retribución anual Importe anual 932 AUXILIAR 7 C2 22.254,42 155.780,94 932 ADMINISTRATIVO 56 C1 24.496,48 1.371.802,88 1.527.583,82 Cuarto: Modificar a denominación do posto de traballo do persoal funcionario da Intervención, que pasa de “Xefe de negociado de persoal” a denominarse “Xefe de Sección de persoal, nóminas e seguridade social”, tal e como se tiña recollido no informe do Servizo de RRHH e Formación que acompaña ó Orzamento de 2015, sen que esta rectificación leve ningún incremento económico. Quinto: O expediente de modificación de créditos número 1/15 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.01/15” e o de suplemento de crédito “SUP.01/15”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6574.- MODIFICACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 5. Modificación das bases reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2015. Portavoz, prema aí, Chema. Ten a palabra. Sr. Figueroa Vila.- Iso non, non o vamos a … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Non, ah, ¿non fai falta?. Sr. Figueroa Vila.- Se non interveñen eles … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- ¿Hai algunha intervención?, senón votámolo, estamos falando das bases. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, as bases, aquí, o que nos vén como base, a única modificación que vén é meter, pasar de doce a trinta millóns, ou sexa, subir dezaoito, ¿non?, para este exercicio 2015. Ben, nós temos manifestado moi seriamente as nosas dúbidas con respecto ós criterios de reparto porque foron axustándose de maneira, e tamén, con respecto ó 20%, ¿verdade?. Bueno, ultimamente iso xa se nos complicou un pouco máis, porque se se ve o que sucedeu o ano pasado, e resulta, que dese 20% Ribadumia parece que é como toda, como a metade da provincia, claro, mantivéranse un pouquiño as formas en canto ó reparto dese 20% durante unha temporada pero, como que o último ano exactamente, exactamente, nin se mantivo nin nada que se parecera, nin nada que se parecera. Entón, home, xa sabemos que non se vai aceptar ningunha emenda, imaxinamos, porque ten maioría pero nós isto non o podemos avalar, porque visto o último reparto, pois, como que non, que se saltaron demasiadas. A modificación, en concreto, pasar de 12 a 30, aí nós non, se acabamos de votar a favor da modificación de crédito por dezaoito, evidentemente, non nos vamos a opoñer, pero é manter unhas bases que nós non vamos avalar co voto. Vámonos a abster. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moi ben, vamos a votalo entón. ¿Votos en contra?. Non hai, perdón, preme aí. D. Santos Héctor, ten a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Efectivamente, Felipe González foi un gran presidente deste país, un gran presidente socialista que trouxo a modernidade a este país, a modernidade a este país … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Había que velo. Sr. Rodríguez Díaz.- Foi o que trouxo a sanidade para todos, a pública, a educación pública para todos, é dicir, a modernidade a este país. José Luis Rodríguez Zapatero foi outro ilustre presidente de España. Escóitanse voces e risas de fondo. Sr. Rodríguez Díaz.- Que trouxo os dereitos a este país, José Luis Rodríguez Zapatero, un ilustre Presidente socialista, que trouxo a este país a igualdade e os dereitos e llos vou a recordar, si, si, señores do Partido Popular, llos vou a recordar eses dereitos, lle vou a recordar eses dereitos, si, si, digan que si, diga que si, siga, siga dicindo, siga dicindo, pida a palabra, xa llo teño dito outras veces, non sexa do club dos caladiños, pida a palabra e fale, non fale sen micro, non fale sen micro, que vostede é do club dos caladiños, pida a palabra, pida a palabra, pida a palabra, José Luis Rodríguez Zapatero, el ilustre presidente socialista que trajo los derechos a este país. Mire, José Luis Rodríguez Zapatero hizo posible que cualquier persona pudiera amar a quién quisiera y además se pudiera casar con ella, eso el Partido Socialista, no ustedes, los señores del Partido Popular, los derechos de la igualdad de la mujer, la primera ley, la ley machista para evitar la violencia de género. José Luis Rodríguez Zapatero, un ilustre socialista y mire, y también la Ley de dependencia … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- ¡Mire que dan de si as bases do Plan provincial de obras!. Sr. Rodríguez Díaz.- No, no, no, es que usted dio pie a eso, Sr. Presidente, ¿y sabe por qué dio pie a eso?, porque la cita que usted hacía yo ya la escuchaba de niño, la decía la derecha, la decía la derecha, “todos iguales, la política económica es la misma”, el uno al otro, y ahora, además, de ustedes lo dicen los populistas “no hay izquierda, no hay derecha, todo es la centralidad”. Si, si, mire, la diferencia entre ustedes, los populistas y el Partido Socialista Obrero Español, ¿sabe dónde está?, en la igualdad, está en nuestro código, en nuestro ADN, en ustedes no, en ustedes no, todavía están dándole vueltas a la Ley del aborto para que las chicas tengan que pedirle permiso a sus padres, esa es la diferencia entre ustedes y nosotros, la gran diferencia. Claro que hay izquierda, claro que hay derecha y gestión económica, la modernidad y los derechos del Partido Socialista y éstos se podrán poner como quieran, podrán intentar reescribir la historia como les de la gana pero ustedes, ustedes con la Reforma laboral, eliminando el Instituto de la mujer, lo que están haciendo y pretendiendo, es retrotraernos a hace cuarenta años, ahora también con las clases de … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- E agora, podemos falar das bases. Sr. Rodríguez Díaz.- Ahora también con las clases de religión en los colegios, ahora también a rezar en los colegios, todos, ahora a rezar … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben. Sr. Rodríguez Díaz.- Ahora a rezar también.Y ahora vamos con la Moción, ahora vamos con la Moción pero claro, cuando uno larga no puede pretender que los demás callen, tienen que escuchar también igual que nosotros escuchamos, aprendan a escuchar, ya les dije que ustedes tienen la mala costumbre de no saber escuchar. Mire, nosotros vamos a apoyar esta modificación, faltaría más, igual que aprobamos la inicial de 12.000.000, ¿por qué la aprobamos?, pues, la aprobamos porque entendemos, como decíamos antes que hay que seguir haciendo políticas de inversión que generen riqueza, que generen empleo. Por ser breve, la única cuestión que ponemos, igual que a que fixemos, me fixeron falar en castelán, me acabo de dar conta agora, a única obxección que poñemos a isto é a que fixemos xa no Plan de emprego que se votou no anterior Pleno e é de que volven a quedar fóra as cidades de Vigo e de Pontevedra deste Plan de obras e servizos. E nós reivindicamos aquí que se atenda a estes dous concellos que aportan máis do 30% dos fondos desta Deputación, que se lles atenda igual, exactamente igual que ós outros sesenta concellos da provincia. É máis, no último Pleno, neste luns, do concello de Vigo se aprobou un número de viais que son competencia da Deputación de Pontevedra, que están nun estado lamentable e o que lle pedimos é que os atendan tamén. Sr. Figueroa, lle digo o mesmo que lle dixen nalgunha outra ocasión, os fondos doutras Administracións ou de Europa, ou da Xunta ou tal, son fondos finalistas, fondos que se teñen que executar para iso non para outras cousas, non remanentes para outras cousas, son fondos finalistas. A nós nos gustaría, nós solicitamos todos, mire, o que non podemos é solicitar o Plan de emprego da Deputación porque nos deixan fóra, en Vigo nos deixan fóra, non podemos solicitar o Plan de emprego da Deputación; non podemos solicitar do Plan de obras e servizos e inversións porque vostedes nos deixan fóra, din: “ata cidades con 50.000, de 50.000 habitantes, a partir de aí fóra”. Á Xunta de Galicia, pois si que lle solicitamos, lle solicitamos obradoiros, lle solicitamos tamén traballadores e traballadoras, e fan oídos xordos, fan oídos xordos, claro que estamos a todas. Mire, quen nos atende é Europa, mire, Europa si, vamos pedindo e solicitando plans europeos e aí os vamos tendo, pero non me trate de enganar dicindo que ese diñeiro sae dos fondos da Xunta, do Estado ou da Unión Europea porque non, iso non é así, non pode ser así porque os remanentes non poden saír de aí porque iso é finalista, teñen un obxectivo e hai que gastalos niso. Nada máis e bo día a todos. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Chema Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, só contestar brevemente porque eu creo que o importante é a cantidade de diñeiro que se vai a destinar ós concellos e iso é o fundamental. Mire, Sr. Santos Héctor, con respecto a Vigo e a Pontevedra, eu creo que todos os que estamos aquí saben da colaboración desta Institución, da Deputación, con Pontevedra, podía relatar as obras, todas as que se fixeron, as cantidades, etc., etc., e creo que a relación entre esta Institución e o concello de Pontevedra sempre foi razoablemente, bueno, pois eu creo que boa. ¿Que pasa con outros concellos?. Bueno, pois que ó mellor se impediron facer inversións, vostede sabe perfectamente que esta casa tiña ó inicio deste mandato, tiña unha cantidade de diñeiro en torno a 30.000.000€ para facer unhas instalacións deportivas na cidade de Vigo, que non se puideron facer porque vostedes non cederon os terreos, o custe era cero para o concello de Vigo e, resulta que, agora co paso do tempo, despois de pasar tres, catro anos, agora están facendo vostedes unhas mini instalacións parecidas a aquelas e co mesmo formato que nós queriamos facer, polo tanto, bueno, pois, retrasáronse e perderon un tempo moi bonito. Pero, é que agora se hai un concello onde ten consignado máis diñeiro esta casa é o concello de Vigo, ten 4.600.000€, máis 300.000 para instalacións deportivas, máis o Campo deferativo de Coia, 5.000.000€. Entre o ano 2014 e o 2015, 2014 que está sen executar, por culpa de vostedes, que unha parte deses remanentes tamén veñen por culpa de vostedes, porque todavía estamos esperando o convenio para o Estadio de Balaídos; pois, resulta que agora, agora mesmo, a día de hoxe, se o Interventor ten que sacar un certificado de cal é a consignación para o concello de Vigo, con nomes e apelidos, está en 5.000.000€. Polo tanto, eu creo que non ten absolutamente nada que dicir, eu creo que terían que dicir, ó mellor, moito máis eses pequenos concellos que necesitan para abastecemento, para saneamento e, eu creo que ás veces vostedes non saben nin o que se lles está dando nin os convenios que hai nin os acordos que hai. Polo tanto, lle volvo a repetir, para que non quede ningunha dúbida, Pontevedra, se van firmando convenios, se foron firmando ó longo dos últimos anos, Vigo non quixo inicialmente o primeiro convenio, non quixo participar nos campos de fútbol, non quixo participar non Campo federativo de Coia e, agora, a Deputación ten unha partida consignada en torno ós 5.000.000€, reais, a día de hoxe, hoxe mesmo se poderían utilizar eses cartos, e vostedes non dan sinais de vida nin presentan proxectos e, é o que lles digo eu, ¿para que queren vostedes os cartos senón saben xestionar?. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moi ben, moitas gracias. Perdón, Sr. Santos Héctor, por ter aberto a caixa dos tronos, pero non era a miña intención, pero que nos acuse a nós de populistas é un pouco inxusto, nós seremos calquera cousa menos populistas, e se vostedes no seu ADN levan o que din que levan, nós no ADN levamos o aforro, a xestión e a eficacia, tamén é algo a marca, é a marca do Partido Popular, é que, e, mire, Felipe González fóra de España dio que é de razón, fóra de España, en España non o di, iso non o dixo en España díxoo en Estados Unidos; e que defenda a Zapatero paréceme moi ben, paréceme moi ben, chámeo a ver onde carallo anda tomando algún mojito, hoxe, andará por alí reuníndose con alguén a expensas de, sendo desleal e facendo todo o que lle dá a gana, pero non defenda a xestión de Zapatero porque, probablemente, foi o Presidente máis nefasto da historia da democracia, e eu creo que foi, non, a de Igualdade, non, non, o máis nefasto, botou a España a pique, botou a España a pique. En todo caso, non vamos a discutir diso, estamos coa modificación das bases do Plan provincial e vamos a votalas. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista Galego. ¿A favor?. O PSOE e o PP. Queda aprobado por maioría. O Pleno na sesión celebrada o día 28 de novembro de 2014 aprobou as bases reguladoras do PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15), publicadas no BOPPO núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Resultando que, tras poñerse en marcha este plan, se constata que as demandas de investimentos dos concellos son moi numerosas e que, para dar unha resposta axeitada, é necesario suplementar o crédito inicial nun importe de DEZAOITO MILLÓNS DE EUROS (18.000.000,00€). Resultando que unha das competencias da Deputación, de acordo co disposto na Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local na redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, é asegurar o acceso da poboación da provincia ó conxunto de servizos mínimos municipais instrumentando para isto os pertinentes Plans de Cooperación. Visto o ditame da Comisión informativa de Cooperación e os informes do Secretario xeral e da Intervención provincial e o resto da documentación que obra no expediente, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1º.- Ampliar en DEZAOITO MILLÓNS (18.000.000,00 ) de euros o crédito inicial do PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) nas aplicacións 2015/942.942.462.45, 2015/942.942.652.45 e 2015/942.942.762.45 do vixente orzamento provincial, condicionado á aprobación do expediente de suplemento de crédito. 2º.- Comunicar, no prazo de cinco días hábiles desde a publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), o reparto do importe complementario que lle corresponde a cada concello con cargo á presente ampliación do PPOS/15, conforme ós criterios establecidos nas súas Bases reguladoras. 3º.- Conceder un prazo de trinta (30) días hábiles, a contar desde o día seguinte ó da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), para que os concellos presenten as novas propostas de investimentos e soliciten as axudas polo importe máximo que previamente lles foi comunicado con cargo á presente ampliación. 4º.- As novas solicitudes e demais documentación necesaria para a válida concesión das subvencións axustaranse estritamente ó disposto nas BASES DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) publicadas no BOPPO núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015, e que permanecerán invariables en todo o demais. 6.6575.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO “CONSTRUCIÓN DE RONDA LESTE. TRAMO PO-542 (PONTE BORA-O PINO) PO-532 (PONTEVEDRA-PONTE CALDELAS). ACCESO A MONTECELO E PRÍNCIPE FELIPE (PONTEVEDRA)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 6. Aprobación definitiva do proxecto de construción de Ronda leste, o tramo da PO-542, Ponte Bora-O Pino, e a PO-532 Pontevedra-Ponte Caldelas, acceso a Montecelo e Príncipe Felipe, aprobación definitiva da relación de bens e dereitos afectados, ratificación da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto, resolución de alegacións. ¿Algunha intervención?. Votámola. Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a ver, unha cousiña moi tal, este é un vial que xa falamos aquí varias veces del, é dicir que hai, os datos tamén hai que poñelos en contexto, é dicir, a maioría da obra págaa o concello, paga expropiacións e a metade da obra e a outra metade da obra págaa a Deputación. Con respecto ás alegacións sorprendeunos non ver unha que se mandou aquí, a cesión dun vial por se se facía unha permuta diante da casa que hai do actual acceso a Príncipe Felipe, que se comentara, vamos, para poder, pedía a expropiación total da casa. Bueno, iso parece un pouco esaxerado porque a afectación é a mesma, desaparece o vial de adiante e pásalle por atrás, ¿non?, é a afectación máis ou menos a mesma. Pero claro, quedaría sen ningún terreo senón se lle dá o de adiante. Nós mandamos aquí a desafectación, o traspasala á Deputación para que a Deputación puidera xestionar, porque o concello sería imposible, modificaría aliñacións e demais, e na resposta á alegación non se pon así, non aparece para nada, sorprendeunos un pouco que non aparecera, pero bueno, era todo o que tiñamos que dicir. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Non sei, pero o que hai, o expediente está completo e senón se responde a esa casa concreta haberá que mirar por que. Nós vamos aprobar, de todos xeitos, vamos aprobar definitivamente e proxecto e despois, se houbera que, algunha menudencia por aí, algún fleco solto, aclararíase, non hai maior problema. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. Apróbase por unanimidade. O proxecto “Construción de Ronda Leste. Tramo PO-542 (Ponte Bora–O Pino) PO-532 (Pontevedra–Ponte Caldelas). Acceso a Montecelo e Príncipe Felipe (Pontevedra)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 2.334.660,37 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 1.795.030,96 euros, capítulo de expropiacións por importe de 460.380,00 euros e capítulo de seguimento de estudos arqueolóxicos por importe de 79.249,41 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é a mellora dunha infraestrutura que terá unha dobre funcionalidade: por un lado, o acceso ó complexo asistencial e, por outro, a mellora da mobilidade na zona leste da cidade, podendo integrarse nun futuro como parte da Ronda Urbana. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 13 de novembro de 2014, no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra, en varios xornais da localidade e sendo notificado individualmente ós afectados, preséntase escrito de alegacións por parte dos afectados que a continuación se relacionan no prazo previsto, e á vista do informe emitido polo servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Construción de Ronda Leste. Tramo PO-542 (Ponte Bora–O Pino) PO-532 (Pontevedra–Ponte Caldelas). Acceso a Montecelo e Príncipe Felipe (Pontevedra)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 2.334.660,37 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 1.795.030,96 euros, capítulo de expropiacións por importe de 460.380,00 euros e capítulo de seguimento de estudos arqueolóxicos por importe de 79.249,41 euros. Segundo.- A resolución das alegacións presentadas polos seguintes propietarios afectados en base ás seguintes consideracións: 1.- Con respecto á alegación presentada por Dona Carmen Muíños García, finca nº 3, acéptase a expropiación total da parcela por resultar a superficie restante antieconómica. Polo tanto a expropiación final será de 631 m2. 2.- Con respecto á alegación presentada por Don Cándido Piay Vázquez, finca nº 4, engádense os seguintes bens á expropiación: 14,70 m2 de muro, 2 salgueiros, 18 m2 de malla electrosoldada, 5,50 m2 de malla metálica, 1 portal de aceiro, 9 postes de ferro e 5 postes de formigón. No tocante ós servizos afectados, informámoslle que estes serán repostos na súa totalidade. En canto á cualificación urbanística da parcela, será cualificada de conformidade coa certificación emitida polo concello de Pontevedra. 3.- Con respecto á alegación presentada por Dona Carmen Moreda Soliño, finca nº 5, acéptase a expropiación total da parcela por resultar a superficie restante, de acordo coa normativa vixente, antieconómica. Polo tanto a expropiación final será de 264 m2. Ademais, engádense os seguintes bens á expropiación: 1 pozo artesán, 7 postes de pedra, 2 árbores pequenas, 1 árbore e 3 salgueiros recén plantados. 4.- Con respecto á alegación presentada por Don Manuel Fernández Couso, finca nº 9, engádense os seguintes bens á expropiación: 14 acacias, 1 muro de contención de 4,60 metros e 1 loureiro. 5.- Con respecto á alegación presentada por Dona Dolores González Malvar, finca nº 11, engádense os seguintes bens á expropiación: 20 acacias. 6.- Con respecto á alegación presentada por Dona María del Carmen Fernández González, finca nº 12, engádense os seguintes bens á expropiación: 10 acacias. 7.- Con respecto á alegación presentada por Don Javier González García, finca nº 14, acéptase o cambio de titular, sendo acreditado documentalmente. Ademais, unha vez revisada a superficie e os bens afectados púidose comprobar que a superficie que figura no proxecto é a correcta. En canto ós bens afectados engádense os seguintes: 29,20 m2 de muro de bloque, 29,20 m2 de alambrada metálica, 50 cepas, 36 postes de formigón e 13 árbores froiteiras recén plantados. 8.- Con respecto á alegación presentada por Don José Agulla Rey, finca nº 16, engádense os seguintes bens á expropiación: 3 metros de alambrada metálica, 32 postes de formigón, 34 cepas, 3 postes de viñedo, 5 postes de formigón, 15 árbores froiteiras e 1 castiñeiro. En canto á cualificación urbanística da parcela, será cualificada de conformidade coa certificación emitida polo concello de Pontevedra. 9.- Con respecto á alegación presentada por Dona Josefa Agulla Rey, finca nº 17, engádense os seguintes bens á expropiación: 33 postes de formigón, 6 carballos, 18 cepas, 3 castiñeiros, 1 laranxeiro, 25 árbores froiteiras e 9 metros de alambrada metálica. En canto á cualificación urbanística da parcela, será cualificada de conformidade coa certificación emitida polo concello de Pontevedra. 10.- Con respecto á alegación presentada por Don Juan Carlos Agulla Fariña, finca nº 18, constátase o cambio de titular ó terse acreditado documentalmente. Ademais, engádense os seguintes bens á expropiación: 1 galpón de bloque, 6 maceiras, 40 cepas, 7 loureiros e 36 metros de muro de mampostería. En canto á cualificación urbanística da parcela, será cualificada de conformidade coa certificación emitida polo concello de Pontevedra. 11.- Con respecto á alegación presentada por Dona Julia Justo Muíños, finca nº 19, no tocante ó cambio de trazado, un desprazamento da glorieta cara o norte, tal e como o dispoñen aumentaría a superficie expropiada, xa que se afastaría do actual trazado da EP-0003 e ademais obrigaría a modificar o trazado da actual estrada provincial nunha maior lonxitude para poder cumprir coas recomendacións sobre glorietas da guía de nudos viarios do Ministerio de Fomento (Orden Circular 32/2012). No que respecta ó muro, informámoslle que un muro de iguais características ó actual será construído ou aboado o seu importe, segundo o acordo ó que se chegue. Ademais, a indemnización pola perda de viñas xa está contemplada no anexo de expropiacións. 12.- Con respecto á alegación presentada por Dona Erundina Ogando Suárez, finca nº 21, engádense os seguintes bens á expropiación: 42 metros de muro de mampostería e 5 árbores. 13.- Con respecto á alegación presentada pola empresa Axis Promoges, S.L., finca nº 22, deixar constancia de que a partida do proxecto á que fai referencia está destinada a muros de contención novos. Para o caso que lles afecta, a reposición de peches afectados, existe unha partida no anexo de expropiacións e ademais en calquera caso o muro afectado foi comprobado e incorporado á relación de bens afectados. Á relación de bens afectados incorpóranse os seguintes bens: 115 metros de muro de mampostería, 1 cadea de aceiro e 349 árbores. 14.- Con respecto á alegación presentada por Don Severiano González González, finca nº 23, ponse no seu coñecemento que o pozo artesá ó que fai referencia non se verá afectado pola expropiación. Ademais, garantirase o acceso á súa finca durante e despois das obras. Por último engádense os seguintes bens á expropiación: 1 abeto, 1 caseta de bloques e 1 árbore. 15.- Con respecto ás alegacións presentadas por Dona Áurea Tieso Villaverde, finca nº 25, no referido ó trazado alternativo que propón (no que a súa finca seguiría quedando dividida en dúas parcelas) desestímase xa que suporía desprazar a glorieta da EP-0003, afectando edificacións habitadas, aumentando a superficie expropiada e afectando a unha torre de alta tensión da que non se plantexa o seu traslado por cuestións tanto técnicas como económicas. Ademais esta opción obrigaría a modificar o trazado da actual estrada provincial aumentando a súa lonxitude para poder cumprir coas recomendacións sobre glorietas da guía de nudos viarios do Ministerio de Fomento (Orden Circular 32/2012). No tocante ós accesos, estes quedarán garantidos durante e despois das obras. 16.- Con respecto á alegación presentada por Dona Josefa Peregrina Boullosa Portela, finca nº 26, desestímase xa que o trazado que propón (e no que a súa finca seguiría quedando dividida en dúas parcelas) suporía desprazar a glorieta da EP-0003, afectando edificacións habitadas, aumentando a superficie expropiada e afectando a unha torre de alta tensión da que non se plantexa o seu traslado. Ademais, esta opción obrigaría a modificar o trazado da actual estrada provincial nunha maior lonxitude para poder cumprir coas recomendacións sobre glorietas da guía de nudos viarios do Ministerio de Fomento (Orden Circular 32/2012). 17.- Con respecto á alegación presentada por Dona Carmen Quinteiro Piay, finca nº 27, desestímase xa que o trazado que propón (no que a súa finca seguiría quedando dividida en dúas parcelas) suporía desprazar a glorieta da EP-0003, afectando edificacións habitadas, aumentando a superficie expropiada e afectando a unha torre de alta tensión da que non se plantexa o seu traslado. Ademais, esta opción obrigaría a modificar o trazado da actual estrada provincial nunha maior lonxitude para poder cumprir coas recomendacións sobre glorietas da guía de nudos viarios do Ministerio de Fomento (Orden Circular 32/2012). 18.- Con respecto á alegación presentada por Dona Magdalena García Acuña, finca nº 28, desestímase a mesma xa que o trazado que propón suporía desprazar a glorieta da EP-0003, afectando edificacións habitadas, aumentando a superficie expropiada e afectando a unha torre de alta tensión da que non se plantexa, por causas tanto técnicas como económicas, o seu traslado. Ademais, esta opción obrigaría a modificar o trazado da actual estrada provincial tendo que dotala dunha maior lonxitude para poder cumprir coas recomendacións sobre glorietas da guía de nudos viarios do Ministerio de Fomento (Orden Circular 32/2012). 19.- Con respecto á alegación presentada por Don Antonio Guerra Díaz, finca nº 29, acéptase o cambio de titularidade da parcela afectada tendo acreditado documentalmente o mesmo. 20.- Con respecto á alegación presentada por Dona Áurea Quinteiro Tieso, finca nº 30, engádense os seguintes bens afectados: 3,90 metros de muro de mampostería, 6,50 metros de muro de bloque, 1 portal de ferro e 1 poste de ferro. 21.- Con respecto á alegación presentada por Dona María Ángeles Tourón Ucha, finca nº 31, ponse no seu coñecemento que o acceso á súa finca garantirase tanto durante como despois de realizadas as obras. Ademais, informámoslle que unha vez rematada a actuación, actualizarase a cartografía catastral. 22.- Con respecto á alegación presentada por Dona Carmen Bugallo Gulías, finca nº 32, desestímase xa que o trazado proposto suporía a expropiación dunha edificación, ademais da modificación dunha torre de alta tensión da que non se plantexa o seu traslado. En canto ós servizos afectados, todos serán repostos convenientemente. No tocante á súa alegación respecto ó “derribo do muro de pedra” debe matizarse que, tecnicamente, trátase dunha reposición. Por último, engádense os seguintes bens á relación de bens expropiados: 57,50 metros de muro de mampostería, 1 pozo artesán con soleira de pedra e poste de liña eléctrica, 64 postes de viñedo, 65,30 metros de muro de contención de mampostería, 1 portal metálico, 1 árbore kaki, 1 limoeiro, 1 maceira, 1 pereira e 4 cepas. 23.- Con respecto á alegación presentada por Dona Carmen Bugallo Gulías, finca nº 37, cámbianse os propietarios quedando Don Antonio Lorenzo Bugallo e Dona María del Carmen Lorenzo Bugallo. 24.- Con respecto á alegación presentada por Don Ramón Tajes Justo, fincas nºs 40, 48 e 56, queda pendente a acreditación e xustificación do cambio de titularidade das 3 parcelas afectadas referidas polo título xurídico que corresponda. Ademais, engádense os seguintes bens afectados: Finca 40: 21,80 m2 de muro de mampostería, 2 carballos e 1 pino. Finca 48: 3 carballos e 12 metros de muro de mampostería. 25.- Con respecto á alegación presentada por Don Manuel Couto Buceta, finca nº 41, informámoslle que o acceso á finca garantirase durante e despois das obras. Ademais, engádense os seguintes bens: 30 metros de muro de mampostería e 7 carballos. 26.- Con respecto á alegación presentada por Dona Paula Rivera Lamata, finca nº 47, pasa a figurar como copropietaria da mencionada finca ó acreditalo documentalmente. Ademais, informámoslle que se axustará a ocupación, no tocante á senda peonil, para que a propiedade non se vexa afectada. 27.- Con respecto á alegación presentada por Don Vicente Afonso Martínez, finca nº 49, acéptase o cambio de titular da parcela ó telo acreditado documentalmente. No tocante á expropiación total solicitada, non se estima a alegación porque a superficie restante (393 m2) resulta de dimensións suficientes como para non considerala antieconómica de acordo coa normativa vixente e non proceder á súa expropiación. 28.- Con respecto á alegación presentada por Dona Dolores Gil Atrio, finca nº 50, engádense os seguintes bens á expropiación: 1 maceira, 2 castiñeiros e 2 nogueiras. 29.- Con respecto á alegación presentada por Dona María Eugenia Jorge Maneiro, finca nº 54, acéptase o cambio de titular da parcela despois de ser acreditado documentalmente. Ademais, engádense os seguintes bens á expropiación: 1 portal metálico e 18,10 metros de muro de formigón. 30.- Con respecto á alegación presentada por Don Enrique Franco Souto, finca nº 57, non se toma en consideración a súa alegación por non ser necesario acometer a citada explanación dentro do desenvolvemento do proxecto construtivo. 31.- Con respecto á alegación presentada por Don Manuel García Araujo, finca nº 58, acéptase o cambio de titular da parcela despois de ser acreditado documentalmente. Ademais, engádense os seguintes bens á expropiación: 1 pereira, 21,60 metros de muro de bloques, 1 portal de ferro, 7 postes de emparrado de brazo, 3 laranxeiras, 3 bimbieiras, 1 nectarina, 9 cepas, 8 metros de muro de perpiaño, 8 metros de muro de mampostería, 1 limoeiro e 1 figueira. 32.- Con respecto á alegación presentada pola Comunidade de Montes en Man Común de Mourente, finca nº 62, acéptase o cambio de titular da parcela acreditado documentalmente. Ademais, engádense os seguintes bens á expropiación: 21 piñeiros e 32 carballos. 33.- Con respecto á alegación presentada por Dona María Águeda Santos Vázquez, fincas 61 e 63, acéptase o cambio de titular da parcela despois de ser acreditado documentalmente. No tocante á alegación do desprazamento da rotonda cara o noroeste isto suporía afastala do trazado da PO-532, o proxecto tería necesidade de modificar o trazado da estrada para facilitar os accesos á glorieta e ademais suporía reducir a separación entre os diferentes accesos, coa conseguinte merma da seguridade viaria. No que respecta ó diámetro, este é un parámetro importante para facilitar o xiro dos vehículos e para que os ángulos de entrada sexan suficientemente suaves. Ademais, un diámetro menor podería inducir a traxectorias moi tanxentes co que a redución de velocidade non é efectiva. Polo tanto, reducir o diámetro central da glorieta suporía reducir a capacidade da mesma así como dificultaría outros parámetros de circulación. Respecto á alegación da expropiación da vivenda sita na parcela afectada, a súa fundamentación non atopa contido nos supostos contemplados na normativa vixente, xa que esta non se ve afectada e conservará toda a súa utilidade e valor. Por último, incorpóranse os seguintes bens á expropiación: Finca 61: 1 pozo artesán, 2,50 m2 de soleira de pedra, 8,20 metros de muro de mampostería, 1 mesa de pedra, 1 piscina desmontable, 2 abetos, 2 acebos, 1 maceira, 14 arbustos, 18 plantas ornamentais, 13 árbores froiteiras, 1 sistema de rego automático, 20 metros de muro de mampostería, 4,50 metros de fachada de pedra de garaxe, 7,50 m2 de cuberta de fibrocemento do garaxe, 4 metros de cuberta de fibrocemento, 18,63 m2 de muro de bloques de garaxe, 3 árbores froiteiras, 7 carballos, 2 árbores, 6 piñeiros, 21,30 metros de muro de mampostería, 3 árbores, 4 plantas ornamentais, 5 metros de soleira de pedra do garaxe, 39,80 metros de muro de mampostería de contención da parcela, 11 postes de pedra, 39,80 metros de alambrada metálica. Finca 63: vivenda abandonada de 2 alturas, 15,90 metros de malla metálica, 9 postes de pedra, 1 porta de madeira, 50,10 metros de muro de mampostería, 25 carballos, 47,30 metros de muro de mampostería de contención da parcela e 17,10 metros de muro de bloques. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. Cuarto.- Ratificar a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade viaria neste tramo da estrada, xa que a construción desta infraestrutura terá unha dobre funcionalidade: por un lado, o acceso ó complexo asistencial e por outro a mellora da mobilidade na zona leste da cidade, podendo integrarse nun futuro como parte da Ronda Urbana. 7.6576.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO “MELLORA DE INTERSECCIÓN DA EP-5005 CAÑIZA-POUSA P.K. 11+450 (CRECENTE)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 7. Aprobación definitiva do proxecto mellora da intersección da EP-5005 Cañiza-Pousa, en Crecente. Aprobación definitiva da relación de bens afectados, de dereitos afectados, ratificación da declaración de urxente ocupación, etc., etc. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. Aprobamos, tamén, por unanimidade. O proxecto “Mellora da intersección da EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400, p.k. 11+450 tramo antigo co vial municipal (Crecente)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 21.473,10 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 11.035,60 euros e capítulo de expropiacións por importe de 10.437,50 euros, ten por obxecto a mellora da visibilidade no radio de xiro no entronque da estrada provincial EP-5005 co vial municipal. A mellora desta infraestrutura consistirá na supresión dun cobertizo que se atopa no antedito entronque e que produce unha deficiente visibilidade ós condutores, co correspondente risco para a seguridade vial. Ademais deberán realizarse actuacións complementarias como garantir a estabilidade dos elementos construtivos ós que poida estar unido o cobertizo, a desconexión das acometidas de auga e electricidade e a limpeza, acopio, retirada e carga dos escombros producidos. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 16 de data 27 de xaneiro de 2015, no taboleiro de anuncios do concello de Crecente, en varios xornais da localidade e sendo notificado individualmente ós afectados, preséntase escrito de alegacións por parte do afectado no prazo previsto e tendo en conta a necesidade de acometer canto antes a obra, á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Mellora da intersección da EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400, p.k. 11+450 tramo antigo co vial municipal (Crecente)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 21.473,10 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 11.035,60 euros e capítulo de expropiacións por importe de 10.437,50 euros. Segundo.- A resolución das alegacións presentadas polo propietario afectado, desestimando as mesmas en base ás seguintes consideracións do informe do Servizo de Infraestruturas. 1.- Dentro do prazo establecido, D. José Cándido Hervés Rodríguez, con dni 35.766.419Q, con domicilio, a efectos de notificación en rúa José Gómez Posada Curros nº 10, 4F-36203-Vigo, presenta escrito de alegacións ó Proxecto “Mellora da intersección da EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400, pk 11+450 Tramo antigo co vial municipal (Crecente)”. 2.- No seu escrito alégase, textualmente, que “la construcción afectada se encuentra en perfecto estado de conservación y mantenimiento destinada al uso como garaje y taller de herramientas” e solicita así mesmo “la expropiación de la totalidad de la propiedad que, catastralmente figura con una superficie mayor”, con “el traslado del contador de subministro ubicado en el garaje y que da servicio a toda la propiedad”. 3.- Analizadas as alegacións presentadas por parte dos servizos técnicos e administrativos de Infraestruturas proponse desestimar as alegacións presentadas por D. José Cándido Hervés Rodríguez, xa que as consideracións que realiza non se corresponden co plantexado no proxecto en base ós seguintes termos: a) Segundo os informes técnicos e a documentación achegada as edificacións afectadas que se sitúan na parcela referida referéncianse como dous cobertizos coas dimensións de 42,20m2 e 13,14m2, sen que, en ningún momento, se faga distinción do seu estado construtivo. A súa supresión non afecta á utilidade do resto da parcela onde se ubica e vai permitir mellorar as condicións da seguridade vial nese punto. b) Respecto á solicitude de expropiación total da parcela, non se motiva ningún dos supostos contemplados na normativa vixente para a súa valoración. c) No que a servizos afectados atinxe, no proxecto, e así se contempla na exposición de antecedentes do acordo plenario, contempla a reposición dos mesmos no que resultan afectados, tanto o contador de subministro de auga como calquera outro. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. Cuarto.- Ratificar a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade viaria neste tramo da estrada coa supresión dun cobertizo que se atopa no antedito entronque e que produce unha deficiente visibilidade ós condutores, causando un elevado risco para a propia seguridade. ANEXO Relación de propietarios afectados e bens expropiados Parcela Propietario Sup. Afectada (m2) Bens afectados 1 Rosa Rodríguez López 59,34 m2 Cobertizo de 42,20 m2 Cobertizo de 13,14 m2 8.6577.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “MELLORA DO TRAZADO DA EP-0405 XESTEIRA-ALMOFREI p.k. 0+00 A p.k. 0+750 (COTOBADE)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DA UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN E MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 8. Aprobación inicial do proceso mellora do trazado da Estrada provincial Xesteira-Almofrei, do p.k. 0+750m. en Cotobade, exposición pública do proxecto, etc. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. Apróbase por unanimidade. O proxecto “Ensanche e mellora da EP-0405 Xesteira–Almofrei, p.k. 0+000 a p.k. 0+750 (Cotobade)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 608.679,98 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.611,52 euros e capítulo de expropiacións por importe de 50.068,46 euros, ten por obxecto a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é a ampliación da plataforma da estrada entre os mencionados puntos quilométricos da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, coa finalidade de mellorar o trazado e, por conseguinte, a seguridade vial. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que o trazado actual que presenta a mencionada estrada provincial é moi sinuoso e ten unha anchura variable dependendo das zonas (entre 5 e 6 metros). Por todo isto proxéctase a ampliación da plataforma e a retirada de muros e peches afectados, conseguindo un trazado máis suave o que mellorará de xeito notable a seguridade vial na estrada provincial. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Ensanche e mellora da EP-0405 Xesteira–Almofrei, p.k. 0+000 a p.k. 0+750 (Cotobade)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 608.679,98 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.611,52 euros e capítulo de expropiacións por importe de 50.068,46 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a plataforma do vial e reducir a sinuosidade, conseguindo así reforzar a seguridade vial. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. … O punto 9.6578 pasa a tratarse ó principio desta sesión plenaria. … 10.6579.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á ADOPCIÓN DE DIVERSAS MEDIDAS CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 10. Moción do Grupo Provincial Socialista relativa á adopción de diversas medidas con motivo da conmemoración do “Día internacional das mulleres”. ¿Quen defende iso?, Isaura. Isaura ten a palabra. Sra. Abelairas Rodríguez.- Bo día a todas e a todos. Espero que esta moción non cree a polémica que creou a anterior porque é o suficientemente, non quero dicir que a outra non fora seria, grave e responsable, pero anuncio xa que a vou a retirar porque chegamos a un acordo entre a Deputada do Partido Popular e a Deputada do BNG. Pero si, déixenme recordar, para que non se esqueza, que as mulleres neste país levamos loitando durante anos para acadar unha situación de igualdade cos homes. Onte dicía unha muller que para ser feminista hai que ser moi home, penso que aquí esa situación, ás veces, non se corresponde coa realidade. Miren, o oito de marzo é o día onde celebramos o Día internacional da Muller, e hai dez anos que as mulleres empezamos a ver que a situación ía mellorar, a situación cada vez empeza a deteriorarse máis porque os recortes afectan, principalmente, ás mulleres, a desigualdade salarial, os recortes en educación, os recortes en sanidade, os recortes en dependencia. Ben, en aras de que esa reivindicación sexa aprobada por todos os grupos municipais lle pasamos ó Secretario para que lea a declaración institucional que foi consensuada polos tres grupos. Sr. Secretario.- Ya la tengo. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben, pois, ¿que queres?, ¿que a lea o Secretario?. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Pois, que lea entón … Sr. Secretario.- A mí me da igual. Lo que tú quieras. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Veña, vamos a ler esa declaración que pactastes entón. Sr. Secretario.- Declaración institucional do Día da Muller de 8 de marzo de 2015. Con motivo do Día internacional da Muller que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, dende a Deputación de Pontevedra queremos recoñecer que a crise ten afectado, fundamentalmente, ás mulleres e nos comprometemos a propoñer políticas que lles devolvan a situación de igualdade que lles corresponde. Polo tanto, queremos proclamar a nosa firme vontade de promover, garantir e velar polo estrito cumprimento do dereito fundamental á igualdade entre mulleres e homes. Acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria non sería viable sen o recoñecemento expreso das capacidades, valía e aptitudes das mulleres, deste xeito faise imprescindible seguir modificando comportamentos, actitudes, normas e valores sociais que aínda determinan a sociedade na que vivimos. Cremos firmemente na necesidade de seguir potenciando a posición das mulleres en todos os ámbitos, esencialmente, no laboral e social, dende o convencemento de que o progreso das mulleres é o progreso de toda a sociedade e a nosa sociedade non pode ignorar ó 52% do seu capital humano e do seu talento. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos aprobada pola Asamblea xeral das Nacións Unidas, do 10 de decembro de 1948, dispón, no seu artigo 2, que toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamadas nesta declaración, sen distinción algunha de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. A Constitución Española, pola súa banda, no artigo 14, recoñece a igualdade entre homes e mulleres ó establecer que os españois son iguais ante a Lei sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Os dereitos das mulleres son, polo tanto, parte esencial dos dereitos humanos e como tales, deben ser respectados, sen embargo, e a pesares dos avances, circunstancias como a falla da vontade política, a insuficiencia de recursos ou as restricións vinculadas a usos e costumes de distinta natureza impiden, aínda hoxe, en moitos casos o seu libre exercicio; é, polo tanto, imprescindible consolidar modelos sociais que dignifiquen a vida das mulleres nun mundo sen discriminación e en igualdade. Entendemos que as Administracións Públicas teñen a responsabilidade de potenciar todas aquelas accións que axuden a avanzar decididamente para que a igualdade das mulleres pase a ser un feito e non unha simple aspiración. Por todo elo, o Pleno desta Deputación desexa expresar: primeiro, a súa unánime vontade de avanzar no compromiso de conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres. Segundo, o seu firme compromiso coa defensa e promoción da igualdade como principio fundamental e transversal das nosas políticas. Terceiro, a irrevogable decisión de traballar pola eliminación de barreiras, a participación da muller en todos os ámbitos da sociedade e, de xeito especial, traballar contra a discriminación e/ou segregación no mercado laboral. Cuarto, o noso apoio a todas aquelas iniciativas que fomenten a autonomía e igualdade das persoas así como os programas que garanten os dereitos da igualdade. Quinto, a nosa enérxica repulsa a calquera comportamento que atente contra os principios básicos de respecto, igualdade e non violencia anteriormente descritos. E, sexto, o sincero compromiso de desdeñar e poñer en práctica programas e plans concretos para erradicar a violencia machista e reducir as dificultades da muller para acceder ó emprego. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben, estamos de acordo, ¿queres intervir, Marta?. Non, ben, pois con esta declaración que está pactada, ¿hai que votala, Secretario?. Sr. Secretario.- Si, bueno, por unanimidad, ya, claro. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Pues, por unanimidade. Polo Grupo Provincial do PSdeG-PSOE retírase a Moción relativa á adopción de diversas medidas con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, e no seu lugar, apróbase por unanimidade, Declaración Institucional da Corporación Provincial con motivo do Día Internacional da Muller. Dita Declaración Institucional é como segue: “DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER -8 DE MARZO DE 2015- Con motivo do Día Internacional da Muller que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, dende a Deputación de Pontevedra queremos recoñecer que a crise ten afectado fundamentalmente ás mulleres; e nos comprometemos a propoñer políticas que lles devolvan a situación de igualdade que lles corresponde e, polo tanto, queremos proclamar a nosa firme vontade de promover, garantir e velar polo estrito cumprimento do dereito fundamentalmente a igualdade entre mulleres e homes. Acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria non sería viable sen o recoñecemento expreso das capacidades, valía e aptitudes das mulleres. Deste xeito, faise imprescindible seguir modificando comportamentos, actitudes, normas e valores sociais que aínda determinan a sociedade na que vivimos. Cremos firmemente na necesidade de seguir potenciando a posición das mulleres en todos os ámbitos, esencialmente no laboral e social, desde o convencemento de que o progreso das mulleres é o progreso de toda a sociedade, e a nosa sociedade non pode ignorar o 52% do seu capital humano e do seu talento. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948, dispón no seu artigo 2 que “toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamadas nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe, nacionalidade, posición social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición”. A Constitución Española, pola súa banda, no artigo 14, recoñece a igualdade entre homes e mulleres ó establecer que “os españois son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”. Os dereitos das mulleres son, polo tanto, parte esencial dos dereitos humanos e como tales deben ser respectados. Sen embargo, e a pesares dos avances, circunstancias como a falla de vontade política, a insuficiencia de recursos ou as restricións vinculadas a usos e costumes de distinta natureza impiden, aínda hoxe, en moitos casos, o seu libre exercicio. É, por tanto, imprescindible consolidar modelos sociais que dignifiquen a vida das mulleres nun mundo sen discriminación e en igualdade. Entendemos que as administracións públicas teñen a responsabilidade de potenciar todas aquelas accións que axuden a avanzar decididamente para que a igualdade das mulleres pase a ser un feito e non unha simple aspiración. E por todo iso, o Pleno desta Deputación desexa expresar: - A súa unánime vontade de avanzar no compromiso de conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres. - O seu firme compromiso coa defensa e a promoción da igualdade como principio fundamental e transversal das nosas políticas. - A irrevogable decisión de traballar pola eliminación de barreiras á participación da muller en todos os ámbitos da sociedade e, de xeito especial, traballar contra a discriminación e/ou segregación no mercado laboral. - O noso apoio a todas aquelas iniciativas que fomenten a autonomía e igualdade das persoas, así como ós programas que garantan os dereitos en igualdade. - A nosa enérxica repulsa a calquera comportamento que atente contra os principios básicos de respecto, igualdade e non violencia anteriormente descritos. - O sincero compromiso de deseñar e poñer en práctica programas e plans concretos para erradicar a violencia machista e reducir as dificultades da muller para acceder ó emprego.” 11.6580.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á ELABORACIÓN DUN PLAN TERMAL A NIVEL PROVINCIAL Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 11. Moción do Grupo Provincial Socialista relativa á elaboración dun plan termal a nivel provincial. Sr. Cacabelos ten a palabra. Sr. Cacabelos Rico.- Si, moitas gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas e intentarei ser breve. Traemos esta moción cun claro obxectivo como é propoñer a elaboración dun plan termal provincial para esta provincia. Estamos a ver como desde a Deputación de Pontevedra se ten adicado recursos económicos para a publicidade e propaganda no ámbito e no eido do turismo, promocionando determinados aspectos que temos na provincia de Pontevedra, incluso, ás veces, temos debatido aquí proxectos que, desde logo, desde o Grupo Socialista non compartimos como son o proxecto das Pousadas onde se fan unhas infraestruturas hoteleiras por 17.000.000€ para competir cos hoteis xa existentes, e, en cambio non poñemos en valor, pois, un recurso e uns activos que Pontevedra, a provincia de Pontevedra realmente ten como é todo o que ten que ver co mundo termal e os balnearios porque realmente Pontevedra, a provincia de Pontevedra pode ser, debe ser un referente do turismo termal. E, nese sentido, ademais, temos que recordar todos que o turismo termal en Galicia nace en Pontevedra, concretamente na Illa de Toxa nos primeiros anos do século pasado e hai localidades claramente identificadas con este ámbito como poden ser Mondariz e outras da provincia, Caldas, Tui, Catoira e algunhas moitas máis se queren, consideramos ademais, Cuntis, como me apuntou un compañeiro. Consideramos que, polo tanto, este plan ten que ser un plan activo, non solamente que se ciña a unha publicidade e a unha propaganda senón un plan activo de promoción de turismo que estea con dúas condicións claras, que teña uns obxectivos claramente marcados, claramente identificados, que sexan, en primeiro lugar, facer unha información clara de todo o recurso termal da provincia de Pontevedra, a súa identificación, as súas vantaxes, a súa catalogación que ademais, por suposto, teña a promoción que permita o coñecemento, a explotación de novos produtos vinculados a este sector e que, desde logo, tamén conte coa posibilidade de mellorar ou de promover instalacións e infraestruturas que, como dicía, poñen en valor un recurso turístico importante, con moito potencial e de futuro. E, ademais, pensamos que Pontevedra ten ser un referente porque nos sorprende ver como na páxina web de Turgalicia, desde a Xunta de Galicia, se fai a promoción e se presenta o Plan de turismo termal de Galicia 2014-2020, e a nosa sorpresa é que o Plan de turismo termal de Galicia ten como o obxectivo central poñer en valor turístico os recursos naturais e culturais da provincia de Ourense, cousa que si é o Plan termal de Galicia, unha de dúas, ou no resto das provincias non hai balnearios e non hai recursos termais, ou entón, creo que estamos cometendo un erro. No seu obxectivo número un este Plan de turismo termal de Galicia tamén di que pon en valor turístico recursos naturais e culturais de Ourense e o obxectivo tres, por poñer un exemplo, posicionar Galicia como destino termal a través da potenciación de Ourense como provincia termal. Bueno, desde logo, non nos opoñemos a que isto suceda así pero o que queremos é que Pontevedra se integre dentro dese proxecto. Polo tanto, como dicía, propoñemos un plan, que se elabore un plan termal onde se recollan aspectos que antes recalcaba, como as infraestruturas, como a promoción, como o coñecemento, como a catalogación; que se dote economicamente, facemos unha proposta de 2.000.000€, que tal como acabamos de escoitar, permítame a expresión vulgar de que “será por cartos”, porque esta Deputación ten de abondo e, polo tanto, consideramos que é válido sacalo adiante. Polo tanto, solicitamos o apoio da Corporación da Deputación para sacar adiante este recurso que eu creo que será beneficioso para o turismo da provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben, moitas gracias. Por parte do Bloque, ¿vai intervir alguén?. Begoña, preme aí, Begoña. Begoña ten a palabra. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias. Bueno, dicir que compartimos, evidentemente, co Partido Socialista a importancia do termalismo e da nosa riqueza propia na Comunidade autónoma galega, en concreto, na provincia de Pontevedra. Pero, manifestamos, desde o Partido Popular, que tanto a Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Turismo Rías Baixas como a Xunta de Galicia, pois vén dando grandes pasos nos últimos anos para potenciar o turismo, neste caso, nas Rías Baixas, tamén o turismo de interior a través de diferentes ferramentas. Desde fai tres anos aproximadamente fixemos un gran esforzo de coordinación e colaboración coa Xunta de Galicia, agora, coa Secretaria xeral de turismo, Nava Castro, tamén con Turgalicia, para potenciar o atractivo turístico das zoas onde vivimos a través de produtos que nos diferencian do resto de España como son a camelia e, neste caso tamén, o termalismo. E, en concreto, no caso da camelia estamos a potenciar, como saben, un produto único que nos distingue que é a Ruta da camelia, temos trece xardíns en Galicia, oito deles na provincia de Pontevedra. Fai pouco, a través desa colaboración constante coa Xunta de Galicia, sinalizáronse eses oito xardíns de camelia e o crecemento en visitas e en turistas foise incrementando de forma moi notable desde que se leva a cabo esa colaboración e coordinación entre as distintas Administracións Públicas. De feito, este ano celébrase, como saben tamén, o 51 aniversario do Concurso internacional da camelia en Villagarcía de Arousa, rótanse Pontevedra, Villagarcía e Vigo. Este ano toca Villagarcía e os xardíns da Ruta da camelia do entorno do Salnés están xa con actividades constantes ó redor da camelia que atrae a numerosos turistas non solo galegos senón tamén do resto de España e tamén de Europa. Puxéronse en marcha tamén nestas datas os trens da Ruta da camelia para que as persoas interesadas poidan visitalo. Dicía isto, porque no caso do turismo termal, estamos a facer o mesmo, a Xunta de Galicia, como dicía vostede, considera o termalismo como un recurso endóxeno, é un recurso estratéxico ademais para a Xunta de Galicia e estase a traballar na primeira fase de desenrolo, a través da Secretaría xeral de turismo, en facer un club de produto turístico da auga en Galicia e conta cun prazo de execución de tres meses, ou sexa, que se está xa avanzado neste proxecto, para promoción da oferta termal da Comunidade, non solo de Ourense senón da Comunidade, pode ser, non coñezo a fondo a páxina web de Turgalicia, non sei a información que se traslada a través desta páxina, pero se é así, o trasladaremos desde a Institución provincial porque sei e me consta que o Plan é conxunto para toda Galicia, non solo para unha provincia. Estase a traballar na promoción da oferta termal da Comunidade, organizando viaxes de familiarización da prensa para coñecer as augas e as xentes procedentes de distintos países, estase a participar tamén en feiras internacionais, as máis importantes do mundo, por exemplo, o ano pasado a Xunta de Galicia estivo en Termalia que se celebrou en Arxentina, e por este feito recibiuse en Fitur o Premio de excelencia turística 2014 outorgado polo grupo de comunicación internacional Excelencias. En canto á formación e coñecemento termal, acábase de asinar un convenio de colaboración para o desenrolo da Cátedra institucional de hidroloxía médica que tamén hai que engadir o apoio a un máster de dirección e planificación do turismo de interior e de saúde da Universidade de Vigo. O Consello da Xunta acordou no mes de outubro do pasado ano a sinatura dun convenio de colaboración tamén entre a Consellería de Cultura e a Universidade de Vigo para a construción e desenvolvemento do Campus da auga. Por outra banda, este ano vanse a iniciar os traballos para clasificación e definición da oferta termal e sinalización das vías termais, igual que se fixo en Pontevedra coa sinalización recente dos xardíns que conforman a Ruta da camelia. Vaise a facer o mesmo dende a Xunta de Galicia para sinalizar en colaboración, neste caso, con Turismo Rías Baixas e coordinamos os medios persoais e técnicos para poder facelo, sinalizar os balnearios e os centros que vostede dicía. E, a través da Consellería de traballo e benestar desenvólvense programas de turismo senior termal en Galicia, o mesmo que fai esta Institución, como sabe, a Deputación provincial a través do Servizo de Acción Social, que coordina a miña compañeira Marta Iglesias Bueno, saca desde fai anos dous programas, o “Programa coidarte” e o “Programa saúde e benestar”, onde o incremento de persoas que participan nos mesmos, para fomentar a desestacionalización do turismo termal e que os nosos maiores acudan ós balnearios a través dos concellos ó longo do ano, é unha inversión constante desta Institución, que se fai desde o ano 2010, teño os datos aquí do número de persoas participantes, no do 2010 participaron 1.970 persoas da provincia de Pontevedra, cun orzamento de 105.000€; no ano 2011, 2.038 persoas cun orzamento de 160.000€; no ano 2012, 1.579 persoas cun presuposto de 100.000€; 2013, 3.333 persoas cun presuposto de 100.000€; e, no ano 2014, que acabamos de rematar, 3.000 prazas cun total de 3.200 solicitantes. Acabamos de aprobar na Xunta de Goberno de hoxe, un dos puntos da orde do día, era a adxudicación para a xestión destes programas, os hoteis e balnearios, onde os maiores da provincia de Pontevedra poden acollerse e visitar ó longo deste programa son: o Hotel-spa Oca Katiuska en Silleda ou o Spa Oca Galatea en Sanxenxo, Hotel Norat Marina en Sanxenxo o Talaso-spa de Moaña, o Talaso Atlántico de Baiona; están tamén os balnearios que vostede dicía, ou sexa, que todos eles están incluídos nos programas tanto en Saúde e Benestar como Coidarte. Entón, desde esta Institución aínda que a apoiamos o interese do Grupo Socialista por apoiar e coidar o turismo termal e que se potencie como un sector estratéxico para a economía e o turismo da provincia de Pontevedra, non estamos de acordo en votar a favor a moción porque creo que a forma de facelo é como estamos facendo agora, non facendo un plan sectorial específico provincial para o turismo termal ou termalismo da provincia de Pontevedra senón unir esforzos entre as distintas Administracións públicas como fixemos, por exemplo, coa Ruta da camelia, e, traballar de xeito conxunto e coordinado por fomentar a nosa riqueza que, endóxena, neste caso, que nos distingue do resto de España e traballar por mellorar e atraer turistas do resto de España e do mundo, como lle dicía. Entón, vamos a votar en contra da moción. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moi ben. Sr. Cacabelos, ten a palabra. Sr. Cacabelos Rico.- Si, moi brevemente, moitas gracias. Sra. Estévez, ben, aplaudo todo o que acaba de dicir, imaxino que xa están preparando o Boletín da Deputación para a campaña electoral e iso ten, bastante presente, este relatorio que nos acaba de trasladar me parece perfecto, non é incompatible nin moito menos co que o Partido Socialista estamos defendendo, sería unha parte máis de algo moito máis ambicioso que estamos plantexando, que é un plan estratéxico do termalismo na provincia de Pontevedra. Por certo, como tamén está sacando a Deputación de Ourense, e vostede dirá e agradézolle que fale coa responsable de turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro que, por certo, é a que firma a páxina de Turgalicia, ese plan termal e fala única e exclusivamente da provincia de Ourense, única e exclusivamente. Consideramos que, como menos, Pontevedra está como mínimo, á mesma altura no ámbito, no eido termal. E todo o que se veña a facer no turismo, claro que está ben, a camelia, por suposto, parece que descubrimos agora a camelia pero, e o cocido de Lalín, e a Festa do marisco do Grove, e o desembarco de Catoira, e todo, todo a maiores que nos poña na xeografía e que nos poña no mundo turístico. E Pontevedra ten que ser líder, líder mundial a nivel turístico en aspectos que non solamente son sol e praia, e pensamos que a través dun plan estratéxico termal provincial sería unha das vías, non son incompatibles, son totalmente complementarios pero hai que ser máis ambiciosos e, non solamente publicidade e propaganda e levar os maiores ós balnearios que está moi ben, senón o que queremos é que Pontevedra, ademais, de por festas gastronómicas, culturais e o seu atractivo paisaxístico, pois tamén estea na primeira liña do turismo termal. Lamentamos que non se apoie, solicitamos que reconsideren esa postura porque consideramos que a Deputación de Pontevedra hoxe tiña que estar liderando un proxecto desas características. Está moi ben falar do turismo a nivel global e coordinado pero a Xunta de Galicia non contempla para nada, a día de hoxe, o termalismo na provincia de Pontevedra e, independentemente diso, consideramos que ten entidade suficiente este plan para ser apoiado economicamente e marcándonos uns obxectivos ambiciosos. Lamentar a súa postura pero, desde logo, vólvolle a solicitar que o reconsideren e a poder ser que o apoien unanimemente. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moi ben, moitas gracias. Vamos a votalo. ¿Votos a favor da moción?. Partido Socialista. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista Galego. ¿En contra?. O grupo de goberno. Queda rexeitada. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE relativa á elaboración dun plan termal a nivel provincial. 12.6581.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Fóra da orde do día. Non hai asuntos. Non houbo. b) Parte de información e control: 13.6582.- DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO 2014 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA E CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 13. Dar conta da liquidación do orzamento 2014 da Deputación de Pontevedra, Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou, dentro do prazo establecido ó efecto, as liquidacións dos orzamentos 2014 da Deputación de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería, do Consorcio provincial contraincendios e salvamento, e do Orzamento consolidado da Deputación e Escola de Enfermería do exercicio de 2014, de conformidade co previsto nos artigos 191.3 e 192.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 90.1 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril. A efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 90.2 do Real decreto 500/1990 e tendo en conta o establecido no artigo 3.2 en relación co 19.3 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de Estabilidade Orzamentaria, dáse conta ó Pleno das resolucións ditadas polo Presidente de aprobación de ditas liquidacións. Os datos máis significativos de ditas liquidacións, o resultado orzamentario axustado e o remanente de tesourería para gastos xerais, son os seguintes: ORZAMENTO RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS Deputación 59.858.834,76 € 118.214.818,74 € Escola Universitaria Enfermería 44.396,86 € 183.814,56 € CONSOLIDADO 59.903.231,62 € 118.398.633,30 € Respecto á liquidación do orzamento do Consorcio provincial contraincendios e salvamento, os datos son os seguintes: ORGANISMO RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS Consorcio provincial contraincendios e salvamento 458.603,38 € 2.336.418,53 € O Pleno queda enterado das seguintes liquidacións dos orzamentos: • Da liquidación dos orzamentos do exercicio 2014 da Deputación de Pontevedra e da Escola Universitaria de Enfermería, e do orzamento consolidado do exercicio 2014 de ambos organismos. • Da liquidación do orzamento do exercicio 2014 do Consorcio provincial contraincendios e salvamento. 14.6583.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE A AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DE GASTO E LÍMITE DA DÉBEDA NA UNIDADE INSTITUCIONAL “DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA”, DO EXERCICIO 2014 Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 14. Dar conta tamén do informe de intervención sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite da débeda da unidade institucional Deputación de Pontevedra. O 11 de febreiro de 2015, elaborouse polo Servizo de Intervención, un informe sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite da débeda na Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra”, no que como conclusión figura que esta “Unidade Institucional” na liquidación do orzamento consolidado do exercicio de 2014, cumpre cos obxectivos sinalados na aprobación da liquidación do orzamento xeral, do que resulta: - Capacidade de financiamento, “superávit non financeiro”= +30.891.782,23 €. - Regra de gasto, cunha marxe de aumento do gasto non financeiro computable de +10.000.091,22 €. - Límite de débeda sobre ingresos correntes liquidados no exercicio anterior=36,32%. O Pleno queda enterado do contido do informe de Intervención sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria da “Unidade Institucional Deputación Provincial de Pontevedra” na liquidación do Orzamento consolidado do exercicio de 2014. 15.6584.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DO MES DE XANEIRO 2015 Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 15. Tamén dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores do mes de xaneiro 2015. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as administracións públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior: Á vista deste precepto legal o Servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de xaneiro de 2015, que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XANEIRO 2015 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xaneiro de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra e as Entidades Locais Escola de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade Financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. 16.6585.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DA EXECUCIÓN DE INVERSIÓNS FINANCIADAS CON CARGO Ó SUPERÁVIT 2013 Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 16. Dar conta tamén do informe de Intervención da execución de inversións financiadas con cargo ó superávit 2013. O Sr. Interventor explica que na liquidación do exercicio 2013, correspondente á Deputación Provincial de Pontevedra obtívose un superávit en contabilidade nacional de 49.260.444,30€; a porcentaxe de débeda sobre ingresos correntes liquidados é de 47,64%; o remanente de tesourería para gastos xerais ascende a 103.969.905,69€ e os fondos líquidos dispoñibles (tesourería) a 31/12/2013 suman 119.122.119,31€. De acordo co apartado 6º da disposición adicional décimo sexta incorporada ó texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, estableceuse a correspondente memoria económica das inversións que se consideran financeiramente sostibles, cuxo financiamento se realiza con superávit en contabilidade nacional obtido na liquidación do exercicio 2013. A modo de resumo, os proxectos e inversións que cumpren co esixido na disposición adicional décimo sexta do TRLRHL, suman o seguinte: RESUMO INCORPORA-CIÓN 2013 A 2014 OBLIGACIÓNS RECOÑECIDAS EN 2014 INCORPORA-CIÓN 2014 A 2015 TOTAL INVERSIÓNS FINANCEIRAMENTE SOSTIBLES 50.507.582,52 € 20.385.350,76 € 28.710.800,42 € Respecto das características, proxección dos efectos orzamentarios e económicos que se derivan dos proxectos anteriores, a totalidade das inversións teñen unha vida útil superior ós cinco anos, supoñen unha mellora na calidade no acceso e na prestación dos servizos públicos. Segundo as características específicas de cada inversión, supoñen unha mellora na seguridade para os usuarios, unha mellora para o medio ambiente, unha maior eficiencia enerxética ó incorporar materiais e medios de iluminación, saneamento, etc., máis eficientes, que supoñen a medio prazo un aforro de custes enerxéticos e de mantemento. Por outra banda, esta Deputación Provincial cumpre cos criterios establecidos na disposición adicional sexta introducida na Lei Orgánica 2/2012 “LEPSF”, polo apartado quince o artigo primeiro da L.O. 9/2013, de 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector a 31/12/2013, non existen “acredores por operacións pendentes de aplicar ó presuposto” e a contía da amortización ordinaria en 2014 foi de 13.889.301,90€, garantindo que a entidade non incorrera en déficit en termos de contabilidade nacional. Para levar a cabo este tipo de inversións, esta Deputación cumpre cos requisitos que establecen tanto a Disposición adicional sexta da Lei Orgánica 2/2012 “LEPSF”, como na Disposición adicional décimo sexta incorporada ó texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais: o período medio de pago a provedores é de 15 días, inferior ó prazo máximo de pago previsto na normativa sobre morosidade; a Entidade atópase ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a execución destas inversións non suporá un maior endebedamento. O seu financiamento realízase con superávit financiado con “remanente líquido de tesourería para gastos xerais”, compromisos de ingresos de exercicios anteriores e desviacións positivas de financiamento. En consecuencia, o superávit en contabilidade nacional do exercicio 2013, por importe de 49.260.444,30€, destinouse a financiar proxectos de inversión que cumpren os criterios para ser considerados como inversións financeiramente sostibles. O Pleno queda enterado do informe-memoria das inversións financeiramente sostibles financiadas con superávit de contabilidade nacional obtido na liquidación do orzamento do exercicio 2013 en cumprimento co establecido no apartado 6º da disposición adicional décimo sexta incorporada ó texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. 17.6586.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Punto 17. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 3 e 23 de febreiro do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 18.6587.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Rogos e preguntas. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente, é un Rogo. En días pasados tiven a ocasión de coñecer de primeira man o proxecto que o concello de A Guarda presentou a esta Deputación, en abril de 2013, para arranxar a única vía de titularidade provincial do concello de A Guarda. Trátase da rúa Concepción Areal da que queda un tramo de 200m., escasos, por urbanizar. Estas obras veñen sendo reclamadas polo concello de A Guarda a esta Deputación dende o ano 2009 ata o pasado 15 de xaneiro no que o alcalde remitiu un escrito ó Presidente, ó Sr. Louzán, pedíndolle o seu arranxo. Eu quero ler unha parte desta carta porque creo que é ilustrativa, di que, “quedaron pendentes de executar un treito de 200m., aproximadamente, entre a rúa Galicia e Domínguez Fontenla” e di, “como lle apuntaba no escrito aludido de outubro-2013, a urxencia de que se faga a obra radica non só no estado das beirarrúas, iluminación e capa de rodadura, senón que a falla de canalización de augas pluviais, neste tramo, impide que o concello poida conectar o resto de rúas de titularidade municipal que teñen pluviais e evitar así, que é como acontece na actualidade, acaben na Depuradora”. Pois, ante isto, nós o que comprobamos “in situ”, a pregunta é, ¿cal é a previsión da Deputación para acometer esta reforma e por que levan cinco anos esperando para arranxar 200m. dunha vía da súa titularidade?. E, ¿se ten algo que ver este retraso ou esta negativa a este arranxo, de seis anos, a que o alcalde é do Partido Socialista e non é do Partido Popular?. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Moitas gracias Santos Héctor. ¿Algunha pregunta máis? Prema aí, Juan Antonio. Sr. González Pérez.- Si, bos días. O pasado 13 deste mes publicouse no Diario Oficial da Provincia as bases de admisión para o centro de día da residencia Príncipe Felipe, bueno, para nenos entre catro meses e dezaseis anos. Aí se explican as condicións de admisión dos nenos e se establecen unhas condicións que, polo menos, desde o meu punto de vista, eu non as entendo, e por iso me gustaría que, se é posible, que nos dixeran por que son así, ¿non?. É un servizo de acollemento residencial, diúrno, segundo pon o propio Boletín, para rapaces, procura preservar e potenciar a integración familiar natural como primeiro e principal recurso de protección, ademais de garantir as súas necesidades básicas. E, os destinatarios son menores de catro, entre catro meses e dezaseis anos, procedentes de familias que necesiten dun apoio diario e puntual para completar a formación e atención dos seus fillos. Entre os seus obxectivos, os obxectivos principais son: favorecer os procesos de integración social, tanto persoal como grupal; promover o cambio de actitudes e condutas nos menores, interiorizando hábitos que permitan a súa eficaz incorporación social; asesorar e orientar ós menores e ás familias que o soliciten ante problemas e necesidades concretas; ou dotar de estratexias de afrontamento e recursos persoais ante situacións problemáticas, situacións de risco social por diversos factores. Tamén pon, garantir para menores unhas mellores condicións de saúde, hixiene, nutrición, colaborar no fortalecemento da capacidade de protección educativa das familias ou facilitar a apertura do menor cara os demais e posibilitar que se relacione positivamente coa súa contorna. Moi ben, os obxectivos están fantásticos, pero despois vamos ós criterios de admisión, e nos criterios de admisión, curiosamente, bueno, un entra se ten fillos, se ten un salario mínimo, cantos menos ingresos mellor, pero, sen embargo, non se aceptan neste centro os menores que se atopen en situación de risco de desamparo, ou sexa, que sexan menores titulados, tutelados, perdón, tutelados, porque poden ser tutelados e poden estar aí. Entón, non se entende, eu non entendo que se os obxectivos do Príncipe Felipe son atender ás persoas que teñen máis dificultades, xustamente os menores tutelados, os que están en risco de desamparo, non teñen posibilidade de entrar. Tampouco poden entrar, ou sexa, tamén están exentos, por iso pregunto, para ver se me poden explicar se é que vostede entende, os menores que necesiten calquera atención psicoeducativa, loxicamente, ¿quen vai a entrar?, os que necesitan unha atención psicoeducativa, digo eu, pero eses non, eses están excluídos, é que non sei para quen está dirixido entón. Tamén, aqueles que teñen problemas psicolóxicos específicos, tampouco poden entrar, ou sexa, eses están tamén excluídos para entrar no Príncipe Felipe. E tamén, os que teñen trastornos de desenvolvemento, todo isto se está contradicindo cos obxectivos do programa. E tamén, menores que teñan toxicomanías. Eu entendo que hai unha contradición, non sei se é que estou moi equivocado pero se estamos pedindo entre os obxectivos que o Príncipe Felipe é para aquelas persoas e para aqueles rapaces que teñen máis desintegración, máis problemas de integración social e que para iso está este centro e, sen embargo, xustamente aquelas persoas que teñen máis dificultades non poden entrar no Príncipe Felipe. Entón, eu non sei se hai unha contradición, se non o entendo ou se estou moi equivocado. Non sei se, teño outra pregunta, se … Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Terminou. Non, non, pero fágaas todas, fágaas todas, vostede debúlleas todas que xa lle contestamos por escrito, algunhas cousas haberá que miralas, obviamente, aí algún mal entendido ten que haber pero xa llo aclararán. Faltaría máis. Sr. González Pérez.- A segunda pregunta, a fixen onte no Pleno de Nigrán tamén, e con relación ó transporte metropolitano e á aportación que vai facer a Deputación de Pontevedra para un concello veciño, para o concello de Gondomar, que está aquí o alcalde, porque o Pleno rexeitou facer esta aportación e, polo tanto, a Deputación de Pontevedra o fai. Eu pregunto, tamén sen, igual que esta, porque realmente non sei como vai. Entón, queremos saber, queríamos saber: ¿se a Deputación de Pontevedra vai abrir unha liña e, xa digo, pregunto sen acritude de ningún tipo, unha liña de axudas para o pago de transporte metropolitano para os concellos?; ¿se todos os concellos teñen acceso a ela ou é exclusivamente para o de Gondomar?; ¿os requisitos que hai que cumprir para acceder a esta?. E, despois, tamén, bueno, se o plan, se realmente a través do Plan de obras da Deputación, ¿se esta liña de axudas para o transporte metropolitano pode meterse, incluírse dentro deste Plan de obras?. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben, pois xa lle contestamos ás dúas preguntas. ¿Algunha pregunta máis ou algún rogo?. Pois, levantamos a sesión, moitas gracias. Perdón, ¿querías falar ti?. A ver, xa está, eu, se queres contéstolle pero a ver. Sr. Guitián Guitián.- Efectivamente, solicitamos da Deputación a parte do transporte metropolitano deste ano contra o Plan de obras, pero o Plan de obras ten unha parte específica que é para gasto corrente, contra esa parte, gasto corrente, para esa parte. Sr. Presidente (Sr. Crespo Iglesias).- Ben, levantamos a sesión. Moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición