Fondos
2015-03-27_Ordinaria. Acta de sesión 2015-03-27_Ordinaria
Acta de sesión 2015-03-27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/1.2015-03-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015-03-27_Ordinaria
Data(s) 2015-03-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de marzo do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e quince minutos do día vinte e sete de marzo do ano dous mil quince baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP) , Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Don Uxío Benítez Fernández (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Antes de comezar o desenvolvemento da orde do día do Pleno, gárdase un minuto de silencio polas vítimas do accidente de avión ocorrido nos Alpes franceses o pasado martes 24 de marzo de 2015. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6588.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de febreiro de 2015. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de febreiro de 2015. a) Parte resolutiva: 2.6589.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “AMPLIACIÓN DE PLATAFORMA NA ESTRADA PROVINCIAL EP-8501 VALGA-MARTORES, NO PK 0+110, 0+310, 0+385 E 0+470 (VALGA)” Sr. Presidente.- Punto número 2. A aprobación inicial do proxecto de ampliación da plataforma na EP-8501 Valga-Martores, desde o punto quilométrico 0+110, será cento dez metros, despois do 0+385 e do 0+470, dentro do término municipal de Valga. ¿Algunha intervención?. O alcalde supoño que estará de acordo, ¿non?. ¡Ah!, señor Mosquera, algo coñece, desa zona algo coñece. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu polo que entendo son catro puntos concretos, ¿non?, de … Sr. Presidente.- Non, pola pinta si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Son catro puntos concretos … Sr. Presidente.- Un, dous … Sr. Mosquera Lorenzo.- O que pasa é que, bueno, esa foise mellorando e agora quedan eses, ¿non?, quedan unha curva e tal e queda … ¿non?. Sr. Presidente.- Eu non sei, aí saberá un pouco máis o alcalde que coñece o … Sr. Alcalde. Si. Sr. Bello Maneiro.- Si, aquí non é obra de ningún tipo senón que é unha expropiación duns afectados dunha zona que non cederon voluntariamente e o que se trata é iso. O expediente creo que son catro propietarios dos que un ten dúas parcelas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ou sexa, son catro que non estiveron de acordo, entón non hai unanimidade, xa, eu creo que igual … se usamos o criterio ese xa non se podía facer, bueno, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Non, o que é a primeira parte deste proxecto está executada e agora se fai un proxecto novo con estes expropiados, ¿non?. Sr. Bello Maneiro.- Si, si, efectivamente, este é un proxecto novo para levar a cabo as obras que non permiten facer estes catro propietarios. Sr. Presidente.- Que non se fixo no primeiro proxecto porque non, evidentemente, vale. ¿Votos en contra, entonces?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Ampliación de plataforma na estrada provincial EP-8501 Valga-Martores, no p.k. 0+110, 0+310, 0+385 e 0+470 (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 27.599,90 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 18.296,18 euros e capítulo de expropiacións por importe de 9.303,72 euros, ten por obxecto a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é o ensanche da plataforma da estrada para conseguir un ancho de 12,60 metros nos mencionados puntos quilométricos da estrada provincial EP-8501 Valga-Martores, coa finalidade de mellorar o trazado e, por conseguinte, a seguridade vial. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que nos puntos onde se vai actuar a estrada ten unha anchura variable. Por todo isto proxéctase a ampliación da plataforma e a retirada dos elementos construtivos que se ven afectados pola actuación, conseguindo un trazado máis suave o que mellorará de xeito notable a seguridade vial na estrada provincial. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Ampliación de plataforma na estrada provincial EP-8501 Valga-Martores, no p.k. 0+110, 0+310, 0+385 e 0+470 (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 27.599,90 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 18.296,18 euros e capítulo de expropiacións por importe de 9.303,72 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a plataforma do vial e reducir a sinuosidade, conseguindo así reforzar a seguridade vial. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO Relación de propietarios afectados e bens expropiados FINCA PROPIETARIO BENS AFECTADOS UNIDADES 1 María del Carmen Casal Senín Galpón 4,20 m² Soleira de formigón 5,50 m² Soleira de formigón 3,96 m² Soleira de formigón 42,31 m² Bordillo 36,16 ml Bloque, caravista 15,75 ml Alambrada, forxa de ferro 17,00 ml Portal de ferro 1,50 m² Portal de ferro 2,85 m² Portal de ferro 7,04 m² Portal de ferro 7,13 m² Árbores (Camelios) 3,00 ud. Árbores 3,00 ud. Plantas ornamentais 15,00 ud. Terreo. equip. dotacional polivalente. titularidade pública. 76,55 m² 2 Anselmo Francisco Tarrío Gregorio Solo rústico protección de augas 110,86 m² 3 Carmen Pose Liste Solo rústico protección de augas 80,00 m² 4 José Manuel Gil Abalo Solo de expansión de núcleo rural 50,47 m² 5 José Manuel Gil Abalo Solo de expansión de núcleo rural 155,00 m² 3.6590.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN RELATIVO Ó EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN “MELLORA DA INTERSECCIÓN DA EP-7104 CERDEDO-SANTO DOMINGO COA N-541 (CERDEDO)” Sr. Presidente.- Punto número 3. Tamén é a resolución do recurso de reposición relativo ó expediente de expropiación mellora da intersección da EP-7104 en Cerdedo-Santo Domingo coa N-541, no término municipal de Cerdedo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a ver votamos a favor na Comisión e vamos a volver a votar pero, é que hai unha cuestión que non entendemos moi ben, que é, parece que se expropiaba totalmente, entón a propietaria, creo que a propietaria di, “pero é que aí á parte hai uns restos dunhas ruínas que igual é ben conservalos e non sei que, si, unha casa vella e tal”, aparecen as fotos no expediente. Entón, de repente parece que non se lle expropia totalmente ó parecer, claro, e ela protesta, ¿non?, é a reposición que fai, ¿por que se cambia o criterio desde a exposición inicial?, ou sexa, a súa alegación en vez de recollerlla o que di, bueno, pois entón, non se lle expropia totalmente. Non ten boa pinta cara un recurso xudicial, o informe desbotarllo pero non, porque se é necesario expropiarllo totalmente, ¿non?, inicialmente, porque vamos, é unha pendente entre dúas estradas e tal, e a propietaria di: “¡oe!, pero é que aí non me recollen que hai un patinete, que hai non sei que”, bueno, unhas ruínas”, ¿non?, “recóllamas e, en todo caso, intégrema”, ¿non?, intégrena, déixese aí de bonito, ¿non?, e de repente digan: “pois, entón non expropiamos”. Sr. Presidente.- Non sei, preguntarei, de todas maneiras esta intersección sei que era moi perigosa … Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si … Sr. Presidente.- … se alguén coñece esta zona, bueno, pois, eu creo que era, xa debía estar resolta de antes. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero iso está claro, ¿non?, pero é unha reposición dunha propietaria en concreto que nun principio se lle expropiara totalmente a, vamos, a expropiación total, entón, ela alegou que se lle incorporaran máis árbores e que había unhas ruínas e non sei que, e que en principio non expropiamos. Home, ela o que quere é que se lle expropie, totalmente, polo que parece, e respóndeselle que non, ou sexa, pero era o que estaba inicialmente no expediente, o cal non entendín moi ben a resposta, francamente non a entendín moi ben e, probablemente, a pinta é que nun contencioso vai a ganar porque, entón, … Sr. Presidente.- Eu creo, preguntarei por este tema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Rexeitala así, pois non o entendemos moi ben, pero bueno. Sr. Presidente.- Preguntarei, en particular, por este caso ó Servizo de expropiacións e á dirección de Infraestruturas para, porque ademais é unha obra que hai previsión económica para iniciar a actuación porque é, como digo, unha situación dun punto negro de conexión coa nacional 550 hacia a marxe dereita, dirección Ourense para toda aquela zona de Cerdedo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Mellora da intersección da EP-7104 Cerdedo–Santo Domingo coa N-541 (Cerdedo)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 414.397,07 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 382.330,55 euros e capítulo de expropiacións por importe de 32.066,52 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. As obras incluídas no presente proxecto consisten na mellora da intersección da estrada provincial EP-7104 coa N-541 en Cerdedo, comprendendo tamén a intersección da vía da estrada municipal que conduce á praia fluvial de Cerdedo. A construción deste vial mellorará a conexión con numerosos núcleos rurais e ademais, debido a que a intersección coa nacional ten un ángulo moi pechado (intersección en T) e unha forte pendente e cambio de rasante, a seguridade vial mellorará de xeito notable. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do concello de Cerdedo, en varios xornais da localidade e sendo notificado individualmente ós afectados, presentáronse alegacións que foron estimadas parcialmente polo acordo plenario de data 30 de decembro de 2014. Fronte a este acordo interponse recurso de reposición por parte de Dona M. Jesús Gamallo Morales que é informado polo Servizo de Infraestruturas. É por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A resolución do recurso de reposición interposto fronte o acordo plenario, de data 30 de decembro do 2014, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto e se aprobaba de forma definitiva o proxecto, segundo o seguinte detalle: Desestimar o recurso de reposición interposto por parte de Dona M. Jesús Gamallo Morales en calidade de propietaria da parcela afectada nº 5, en base ós seguintes fundamentos xurídicos: O recurso potestativo de reposición interponse por Dona M. Jesús Gamallo Morales en calidade de propietaria da parcela afectada nº 5, no expediente de expropiación derivado do proxecto “Mellora da intersección da EP-7104 Cerdedo-Santo Domingo coa N-541 (Cerdedo)”, persoa lexitimada para iso e ante o órgano competente para resolver o mesmo. Dito recurso preséntase o 12 de febreiro de 2015 fronte ó acordo adoptado polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra de data 30 de decembro de 2014, e notificado con data 23 de xaneiro de 2015, en consecuencia en tempo e forma ó abeiro do disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común -modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro-, que establece o prazo de un mes para interpoñer o recurso de reposición se o acto fora expreso. En relación coas cuestións plantexadas no recurso de referencia estímase o seguinte: Nas alegacións presentadas á aprobación inicial do proxecto por parte de Dona M. Jesús Gamallo Morales en calidade de propietaria da parcela afectada nº 5, solicitábase “Se tengan en cuenta los elementos existentes en la parcela afectada y se intente la conservación y recuperación de las pequeñas construcciones que quedarán incluidas dentro de las zonas expropiadas…” na resolución das mesmas, o Pleno, en sesión de 30 de decembro 2014, estima esta alegación en aras de preservar o patrimonio etnográfico e arquitectónico da zona, limitando a afección á fachada existente lindante coa estrada nun total de 53,50m2 máis unha superficie de 125,64m2, conservando, por tanto as construcións existentes. No recurso interposto con data 12 de febreiro de 2015, a propiedade solicita “se siga manteniendo la afección sobre la totalidad de la finca nº 5 y se considere, a efectos de valoración, la existencia del arbolado reseñado.” Ante a aparente contradición entre as alegacións feitas no seu momento, e estimadas por esta Deputación, e o petitum do recurso, e tendo en conta que o obxecto do proxecto é a preservación da seguridade viaria xeral e a mellora das comunicacións e accesos existentes, e que o trazado plantexado no proxecto non se modifica ó estimar a alegación senón que o que se leva a cabo é o encaixe no espazo dispoñible sen que sexa necesaria unha afección de toda a parcela nº 5 que derivaría nun custo que suporía a antieconomicidade do proxecto, este recurso e o seu fundamento debe ser desestimado. Por outra banda, a efectos valorativos, considerarase o arborado existente no momento oportuno de fixación do xustiprezo ó abeiro da normativa vixente. 4.6591.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Punto 4. Asuntos fóra da orde do día. Sr. Secretario.- No hay. Non houbo. b) Parte de información e control: 5.6592.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DO MES DE FEBREIRO 2015 Sr. Presidente.- Punto 5. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores do mes de febreiro, estamos en trece días de media de pago a provedores do mes de febreiro. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as administracións públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de febreiro de 2015, que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE FEBREIRO DE 2015 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de febreiro de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra e as entidades locais, Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. 6.6593.- COMUNICACIÓNS Sr- Presidente.- Punto 6. ¿Máis?, ¿comunicacións?, ¿tampouco non hai? Sr. Secretario.- Si, nos contesta el Ministerio de que ha quedado enterado y toma nota de la adhesión de la Diputación a lo que aprobamos en el Pleno pasado de adherirnos a la compra del Ministerio de lo de informática. Sr. Presidente.- Bueno, dicen que: “En contestación a su escrito de documentación complementaria a fecha 3 de marzo de 2015 de nuestra referencia, le comunico con fecha 6 de marzo, la Directora General de Racionalización y Centralización de la Contratación ha firmado el acuerdo de que se aprueba la adhesión de esa Diputación Provincial de Pontevedra al Sistema de Contratación Centralizada Estatal de Bienes y Servicios para los acuerdos marco de ordenadores personales, software ofimático, impresoras y equipos multifuncionales y escáneres, elementos de sistemas de seguridad, equipos y software de comunicaciones, servidores y sistemas de almacenamiento de propósito general, servicios de desarrollo de sistemas de información y servicios de alojamiento de sistemas de información”. Bueno, isto supoño que é dentro, polo Plan … Sr. Secretario.- Se acordó en el Pleno el otro día … Sr. Presidente.- DepoGap. Sr. Secretario.- Y ahora es simplemente que nos lo aceptan. Sr. Presidente.- Nos lo comunican. Sr. Secretario.- Sí. - Queda enterado de escritos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, un da Dirección Xeral de Racionalización e centralización da Contratación, de data 6 de marzo de 2015, e outro da Subdirección Xeral da Administración Financeira e Presupostaria de Contratación Centralizada, rexistro de entrada 2015029855, de 12 de marzo, en relación coa adhesión da Deputación Provincial de Pontevedra ó sistema de contratación centralizada estatal de bens e servizos. 7.6594.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto 7. Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Y luego, Resoluciones Presidenciales, las dictadas entre el 24 de febreiro e 24 de marzo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 24 de febreiro e 23 de marzo do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 8.6595.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto 8. Rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, xa no Pleno pasado fixéramos unha pequena referencia pero agora, pois, vamos a facelo con máis detalle. Estamos falando dos 5.000.000 que repartiu, dese 20%, o Sr. Presidente nos concellos durante o ano 2014. Claro, tópase un sorpresas francamente fortes, ¿non?, como que, bueno, pódese ir por concellos, por comarcas, por zonas, vamos a deixar Vigo e Pontevedra fóra, porque en principio están fóra, vamos a deixalo. Pero, é curioso, por exemplo, que haxa, pois, non sei, entre Meis e Ribadumia leven máis que, bueno, que vinte concellos noutras zonas, ¿non?, por exemplo. E que haxa, parece que está caendo en desgracia a zona de Lalín, o xeneral Crespo debe andar un pouco despistado, porque os concellos de alí, Lalín, Silleda, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces, levan entre os seis, exactamente a sexta parte de Meis, ou sexa, Meis leva seis veces máis que os seis concellos do Deza. Sr. Presidente.- Pero iso, ¿onde está? Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, no reparto do 20% ese, tal, si, si, bueno, despois fai unha copia de todos os datos se quere. Bueno, evidentemente, quere dicir, o Salnés leva tres veces máis que calquera outra zona, tres veces máis, aplícase aí con … Sr. Presidente.- ¿Á altura de Pontevedra ou así?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, Pontevedra, Comarca de Pontevedra, sen Pontevedra leva exactamente. Sr. Presidente.- Non, non, pero por fóra, por fóra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Quince veces, non, non, digo, collo Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Pontecesures. Sr. Presidente.- Xa, xa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ou Ponte Caldelas, Soutomaior, a Lama e Vilaboa. Sr. Presidente.- Non, pero eu digo por fóra, por fóra non nun plan só. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, na comarca, os concellos que acabo de dicir, Poio, Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior, A Lama e Vilaboa levan entre todos 97.342, cando, por exemplo, só Ribadumia leva 502.000, ou sexa, leva máis de cinco veces Ribadumia que os oito concellos arredor de Pontevedra. Sr. Presidente.- Será a obra do campo de fútbol ou a de rematar os entornos da Pousada porque outra cousa non, que eu recorde, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, e Meis, Meis leva case 700.000€, ou sexa, case oito veces o que levan os outros concellos de arredor da comarca de Pontevedra sen Pontevedra, sen Pontevedra. Sr. Presidente.- Non, pero claro, pero métame todo no paquete. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, métolle todo. Sr. Presidente.- Non, non, pero non só ese plan, métame máis, métame o que reciben dos convenios e todo o demais, e entón facemos, así facemos unha comparación. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, pero vamos a ver, a comparación si pero a comparación é que no Salnés levan todo, Sanxenxo supoño que será pola estrada esta, aquí non leva pero leva por tal, menos a Illa, claro, pero bueno, levan todos. Sr. Presidente.- Home, a Illa vamos … Sr. Mosquera Lorenzo.- E noutras zonas non leva practicamente ningún. Sr. Presidente.- A Illa vamos a presentar mañá un proxecto que vai a un millón e medio de euros. Claro, por iso lle digo que sume, sume todo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, súmanse … Sr. Presidente.- Non me parece, o que é de plans e o que é …, súmeme todo, o que hai de convenios, o que hai de tal e despois eu lle podo contestar se realmente esas cifras son exactas ou non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno. Sr. Presidente.- Porque iso que está dicindo non é correcto, porque ó final é a Institución a que, dalgunha maneira, establece os repartos e, polo tanto, reparto son iso e máis o dos convenios. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, Sr. Presidente, que leva unha temporadiña varrendo para o Salnés, así cunha escoba máis grande e, bueno, pero xa empeza a pasar un pouquiño de color, empeza a pasar un pouquiño de castaño escuro. Sr. Presidente.- Os de alí me din que estamos investindo todo en Pontevedra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, está todo moi mal, claro, evidentemente, non, non, se se pode xustificar, é que ten máis necesidades, ou sexa, ten máis necesidades, pero aquí están os datos, que me pasei o traballo, nos pasamos o traballo de … Sr. Presidente.- Non sei. Creo que lle quere pedir a palabra o alcalde de Meis e algo lle poderá comentar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, bueno, pero o de Meis, o de Ribadumia, ou o que sexa, o reparto fíxoo o Presidente da Deputación e son 5.000.000 que repartiu e hai outras comarcas que saen normal e outras que, francamente, pois, parece que non hai necesidades que, ¡ogallá fora así!, ¡ogallá!, ¿non?, pero especialmente a comarca de Pontevedra ou Morrazo, bueno, despois paso a copia para que se mire e, francamente, creo que se está excedendo bastante. Sr. Presidente.- Sr. Alcalde de Meis. Sr. Pérez Estévez.- Si, Presidente, eu soamente é para aclarar que, xa me gustaría a min, que no concello de Meis se investira proporcionalmente todo o que se leva investido na provincia de Pontevedra. Sabedores están, sabemos que é a Deputación de Pontevedra a maior inversora no concello de Pontevedra, ¿non?, a Deputación é a que máis está investindo en Pontevedra; proporcionalmente xa me gustaría a min que en Meis se fixera o mesmo. Polo tanto, eu nunca me queixei do que se está facendo en Pontevedra porque me parece que o que se fai é necesario, non me parece que o Sr. Mosquera se queixe das inversións que se fan no concello de Meis, e eu quero aclarar e repetir que xa me gustaría que proporcionalmente se investise e mesmo, polo tanto, eu considero de que o que se inviste en Meis non é nada desproporcionado senón todo o contrario. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Sr. Presidente.- Espere que pediu o señor Mosquera para replicarlle alí. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, botamos as contas cando queira pero asegúrolle que nos últimos catro anos, o que nos encantaría sería que Pontevedra levara proporcionalmente igual que Meis e que outros concellos, asegúrollo, pero claro, seguimos vivindo do Museo que é, creo que do 2002, e o Museo é da Deputación. Pero bueno, seguimos vivindo de, vamos, de cousas, agora, asegúrolle que nos últimos catro anos, nos últimos catro anos o que é o concello de Pontevedra desta casa, non sei se agora hai aí un pequeno arreglo, que pode ser, desta casa, me parece que transferencias ó concello de Pontevedra creo que houbo cero euros, ¡eh!, cero, ou sexa, que a conta vén do mandato pasado, neste mandato en concreto, podíamos facer a conta e se o di proporcional, o de proporcional en canto a poboación, entón si que nos encantaría ter o mesmo. Pero non estamos falando de proporción ou tal, do que estamos falando é do reparto entre concellos que, francamente, estámolo seguindo e foise deteriorando bastante, ¿eh?, en principio, podemos dicir durante uns anos que o 20% de como se estaba repartindo, o outro repártese cuns criterios obxectivos que foron cambiando pero, o que é o 20% este, foise deteriorando e sesgando cara certas …, que non pasaba de maneira tan esaxerada que nos chamara a atención hai anos. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, nós fixemos, o Grupo Provincial Socialista, unha pregunta no último Pleno referido á rúa Concepción Areal do concello de A Guarda, que faltan douscentos metros por urbanizar, é competencia da Deputación e, á máis, á parte de que está en mal estado e fan falta beirarrúas, o certo é que impide o que non estea humanizado conectar as augas pluviais das outras rúas municipais, o que fai que todo teña que ir agora mesmo á depuradora, entón, e se nos van a contestar en positivo que van arranxar en breve esta rúa. É a rúa Concepción Areal no concello de A Guarda. E esta é unha cuestión que vostede dicía que non había comezado o Pleno, nós pedimos que conste previo, na acta, antes de que empece o Pleno o que aquí aconteceu, a presenza dos veciños e veciñas que viñeron hoxe a falar e as intervencións nosas. Sr. Presidente.- ¡Ah, vale, vale!. Poden constar antes do Pleno. Sr. Rodríguez Díaz.- Por iso, antes do Pleno, digo, ¿ou non vai a quedar rexistro diso?. Sr. Presidente.- Si, si, pode quedar porque … Sr. Secretario.- En principio no. Sr. Presidente.-¡Home, eu!, é que me dixo o … Sr. Rodríguez Díaz.- Non, que se grava xa o sei pero como a acta é acta do Pleno. Sr. Presidente.- É que o Secretario foi quen me recordou: “¡oe!, primeiro, o Pleno non se empezou aínda, que recordara que vamos a iniciar o Pleno e máis tiñamos previsto ese minuto de silencio. Sr. Rodríguez Díaz.- Os Socialistas aquí na Deputación pedimos que se inclúa, pois, como se queira, pero na acta, as intervencións, a presenza dos veciños e veciñas e tamén as intervencións que fixemos cada un de nós. Sr. Presidente.- Home, pódese facer un estrato pero, claro, o que é no Pleno en si non se … Sr. Rodríguez Díaz.- Que non é Pleno xa sei, entón, ¿como sucedeu?. Sr. Presidente.- Porque tampouco non se fixo noutros casos, cando se lle deu a palabra, agora, pódese recoller porque está todo gravado aí e ás manifestacións de cada un están aí que non hai … Sr. Rodríguez Díaz.- Bueno, ou sexa, que en fin. Sr. Presidente.- Se vos pode pasar unha copia que para iso están os aparatos, ¿non?. Sr. Rodríguez Díaz.- Perfecto. Sr. Secretario.- Una copia si pero en el acta no. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi ben, gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Levántase a sesión. Moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota