Fondos
2015-06-19_Extarordinaria. Acta de sesión 2015-06-19_Extraordinaria
Acta de sesión 2015-06-19_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/1.2015-06-19_Extarordinaria
Título Acta de sesión 2015-06-19_Extraordinaria
Data(s) 2015-06-19 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 19 de xuño do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día dezanove de xuño do ano dous mil quince baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6618.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 29 de maio de 2015. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de maio de 2015. a) Parte resolutiva: 2.6619.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REMODELACIÓN DO ESTADIO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE BALAÍDOS Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación do Convenio de colaboración entre o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a realización das obras de remodelación do Estadio Municipal de Balaídos. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días a todos e a todas. Hoxe traemos a este Pleno da Corporación Provincial a aprobación do convenio entre o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a construción do Estadio Municipal de Balaídos, compromiso que adquiriu esta Institución, representada polo Presidente o día 16 de setembro do ano 2014, hai aproximadamente oito ou nove meses, onde no despacho da cidade de Vigo, do propio alcalde, nunha reunión, pois se chegou a unha serie de acordos que agora vou a comentar e que o que traemos hoxe aquí é a aprobación deste convenio. Había dúas partes fundamentais, unha era a construción do Estadio Municipal de Balaídos, e outra, tamén, a reforma e mellora dos campos de fútbol que estaban en malas condicións. Dous convenios que se foron tramitando pouco a pouco segundo as achegas que se facían dende o propio concello e tamén dende a propia Deputación e que nos levaba a que, bueno, o Plan Director deste proxecto, na totalidade da súa obra, se vaia a 29.700.000€, o cal se divide en varios apartados, en varias reformas, en varias fases. Primeiro, a Grada de Río e Tribuna por un importe, aproximadamente, de 9.0000.000€ que se dividen, o 50 % achegaríao o concello e o outro 50 % a Deputación, isto incluiría os anos 14, 15, xa vai cun pouco de retraso, e o 16. Tamén unha achega, nese apartado, do Celta para a Grada de Preferencia de 2.000.000, o cal nos leva, pois, aproximadamente, a contemplar eses case 10.000.000€ desta primeira fase entre as dúas Institucións. Despois hai un segundo Plan Director que está en marcha pero que aínda non está rematado, onde o compromiso era que nos anos 17 e 18 se investisen aproximadamente uns 19.000.000€, o cal divido ó 50 % de cada unha das institucións, pois, significarían en torno a nove millóns e pico de euros. Había unha condición importante e é que se hai algunha achega doutras institucións que se está negociando por parte do concello e por parte do Celta e, tamén pola propia Deputación, para se se minoraba, pois aparecendo algún patrocinador, algunha outra institución, loxicamente, esas cantidades se revestirían no propio concello e na propia Deputación de Pontevedra. Polo tanto, a Deputación de Pontevedra en todo este montante desta achega ó Estadio de Balaídos e ós campos de fútbol, que despois falarei deles a continuación, estamos a falar dunha cantidade de en torno, aproximadamente, 15.000.000€ nos próximos anos, os anos, no que estamos, 15 e 16, 17 e 18. Esta é unha inversión importante para a cidade de Vigo onde, pois, a importancia do Real Club Celta que é un símbolo importante de toda a cidade pero tamén da provincia, de Galicia, eu diría que de España e no contexto internacional, solo fai falla ver cando o equipo estaba en Europa a repercusión que tiña como cidade e o propio club, esa repercusión indirecta, retorno, que tiña un retorno económico importante para a cidade de Vigo, pois nos fixo tomar a decisión de colaborar e facer, eu creo que unha das maiores inversións da historia desta Deputación na propia cidade de Vigo. Polo tanto, este acordo de financiamento da reforma do Estadio a partes iguales entre o concello e a Deputación, o que leva é a que se poida construír este Estadio como se fixo no seu día tamén no campo de Pasarón, que son, creo, que dous exemplos claros de colaboración entre institucións. Esta Institución, a Deputación, sempre tivo como misión traballar en pro da cooperación, da colaboración, de sumar esforzos e creo que esta, pois, é o exemplo dun deses proxectos importantes para a nosa cidade, da cidade de Vigo, para a provincia de Pontevedra e para Galicia. Polo tanto, nós vamos a pedir ese apoio, ese apoio para un proxecto importante, falando desas dúas partes, queremos diferenciar os dous apartados Plan Director, un Plan Director onde se contempla a cantidade de preto de 10.000.000€ que a Deputación aporta en torno a 5.000.000, catro millóns e pico, e despois a segunda fase, onde xa, de cara ó ano 17, 18 se está elaborar o Plan Director de Remodelación das Gradas de Gol e Marcador. Tamén, como sinal, e eu creo que tamén é importante que a Deputación apareza reflectida, pois, co seu logo nunha das Gradas, que é tamén un dos acordos que está redactado neste convenio e polo tanto, bueno, pois, esta primeira parte do Convenio da Remodelación do Estadio de Balaídos, pois, ó contar co apoio da Deputación nos sentimos satisfeitos de que se poida levar a cabo este Plan Director e estas obras e que o Celta poida ter un estadio digno, un estadio en condicións, pois a categoría que ten, que ultimamente está demostrando, pois non só esa situación económica e social que significa senón tamén, pois un control rigoroso orzamentario que é importante. Pero isto non sería suficiente, loxicamente, se só atendemos ó Real Club Celta, é un club importante para un estadio que se leva demandando e reclamando dende a cidade de Vigo dende hai moito tempo. Si, tamén, pois, esas remodelacións de campos de fútbol que se fixeron nos últimos anos, aproximadamente uns catorce campos de fútbol, pois, algúns requiren xa dun mantemento, porque estamos a falar xa de máis de dez anos da construción deses campos, e para isto hai un orzamento de 580.000€, que se aporta tamén en partes iguais ó 50% entre a Deputación e o propio concello e, bueno, pois, estamos a falar do campo de fútbol de Santa Mariña, o campo de fútbol da Guía, o campo de fútbol da Bouza, o campo de fútbol de Meixoeiro e de San Andrés de Comesaña e de Sárdoma-Moledo, aquí, o financiamento é tamén ó 50 % e, polo tanto, bueno, pois estes campos do fútbol base quedarían remodelados. E, a maiores, cun convenio tamén que hai coa propia Federación Española de Fútbol se está a remodelar, bueno, está rematado xa o campo de fútbol de Coia, que era un dos campos emblemáticos da provincia, de Galicia e que, eu que pasei onte por alí, está nunhas magníficas condicións. Polo tanto, eu creo que este é un convenio, é un proxecto importante e, dende logo, eu, como vigués me sinto moi satisfeito, primeiro, que o Presidente da Deputación tivera a sensibilidade con Vigo neste tema, e tanto nos campos de fútbol coma no propio Estadio de Balaídos. En segundo lugar, o Grupo Popular por dar o apoio a este proxecto, porque, seguramente, tamén hai outras necesidades e, por suposto, espero que toda a corporación apoie, un proxecto que é un proxecto de todos, é un proxecto de futuro e, dende logo, que esta é a maneira de traballar, cooperando, colaborando e que, ademais, os compromisos que fixo no seu día o Presidente da Deputación, o señor Louzán, pois, se están a cumprir hoxe na súa totalidade, eu diría que incluso, por riba do que alí se acordou naquela xuntanza. Polo tanto, este é o que traemos hoxe a Pleno para que se poida votar e que ó final, bueno, pois, todos poidamos disfrutar dese Celta que tanto queremos e que tanto significa para Vigo, para a provincia e para Galicia. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Don Cesáreo Mosquera. Agora, a ver agora. Non quere. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. No Pleno dos orzamentos de decembro de 2013, desde estas bancadas, dixemos, plantexamos, que o maior problema que había na administración local da provincia era que as dúas administracións locais máis grandes, con maior orzamento, que son, se vai por orzamento, pois é o concello de Vigo e despois Deputación de Pontevedra e, se vai por ámbito territorial é ó revés; pois, estaban nunha confrontación que non levaba a nada bo para ninguén, á parte de posibles réditos ou de réditos electorais, non levaba a nada bo para ninguén e que había que facer un esforzo para entenderse. Afortunadamente, con moitas dificultades, pois, nestes momentos podemos dicir que esa demanda, esa humilde, nós pouco tíñamos que xogar aí pero, vamos, a nosa demanda, pois, máis ou menos está encauzada, creo, entendemos, xa leva uns meses encauzada, que, polo ben de todos, ¿non?. Dito isto e indo ó fondo da cuestión do convenio, Balaídos foi un obxecto, foi obxecto dunha pelexa bastante absurda, moi pouco realista, que chegou ás bancadas deste Pleno no mandato pasado no que, cando menos, por parte, hasta onde tiven influencia, o que pasa é que era pouca, por parte de quen fala, de que, home, nun estadio que se lle estaba reparando a estrutura de pilares que estaba mal, que tiña bastante mal, ¿non?, estaba, bueno, pois que necesitaba unha boa reforma, pois, en vez de encauzar isto por parte de quen corresponda, se me escapa, o concello de Vigo, o Celta de Vigo ou quen fose, a facer unha reforma digna, pulcra, cumpridora, cousa que era abordable, pois, por parte do concello de Vigo, naquel momento, se puxo sobre a mesa un proxecto absolutamente fastuoso de, creo que eran 120.000.000€, cen ou unha cousa así, cousa que obviamente era radicalmente inatacable, era radicalmente inatacable, estamos falando hai cinco anos quizá, seis anos e, bueno, pois, a consecuencia foi que durante este tempo non se fixo nada no campo, porque había un enfoque sobre o que se quería facer moi pouco realista e unha guerra coa Deputación que imposibilitaba, non xa facer o proxecto de 100.000.000€, cousa que estaba bastante fóra de lugar, aínda que ía asociado, bueno, cunha serie de cousas pero bueno, estaba bastante fóra de lugar, e non se fixo nin unha cousa nin outra, ¿non?, e cunha disputa e cunha guerra que non facía avanzar e demais. Bueno, afortunadamente isto está reconducido, o Celta de Vigo e o concello de Vigo plantexan unha reforma razoable, non vamos a entrar nos detalles técnicos se é mellor, peor, se puido ser un pouco máis caro, un pouco máis barata pero bueno, razoable, conséguese un acordo e, o que eran as previsións de captar outro financiamento, nin o houbo para o proxecto ese de 100.000.000€ que, obviamente, estaba destinado a ir a un caixón, ¿non?, nin parece que vaia haber para este, probablemente, con ese condicionante se tivera ido a unha reforma máis mesurada, coma nos cartos, pero bueno, non vamos a entrar neses matices porque o certo é que o papel aguanta todo e pódese poñer que se vai captar, que van caer fondos de todos lados pero, á hora da verdade, á hora da verdade, pois, hai os cartos que hai, hai os recursos que hai e hai que medilos moi ben e non aparecen, non aparecen eses extraordinarios financiamentos e demais, se cadra, alguén tiña a esperanza de que aparecera, ¿non?, pois, nestas aerolíneas ¿non?, árabes ou o que sexa, que financian, pagan o campo por poñerlle alí un letreiro e demais, pero iso fano noutras dimensións e con outras solucións. Oo certo, é que non apareceron eses cartos e, probablemente, ogallá nos enganemos, non aparezan pero o que si queda con este convenio pois é fixados uns compromisos da Deputación co concello de Vigo e co, bueno, co Celta, que é o usuario, para facer unha reforma, unha remodelación correcta, digna, dentro duns parámetros, digamos, máis ou menos realistas e independentemente de que son moitos cartos porque as obras ben feitas, aínda que sexan modestas e sobre todo neses volumes, pois son relativamente caras. Ben, dito isto, obviamente vamos a votar a favor e reiteramos a nosa satisfacción polos dous feitos: un, porque as relacións entre o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra collan un cauce de certa normalidade, e, dous, tanto por parte do concello como do Celta se teña, digamos, adaptado, axustado ou parado, ¿non?, certas aspiracións ou fastos, ¿non?, que estaban moi, moi, fóra de lugar, en canto a cantidades, posibilidades e uso futuro, estaban moi, moi, fóra de lugar e presentado un proxecto realista e demais. Non vamos a entrar se as necesidades do concello de Vigo, se non, obviamente, se nos vamos tirando por isto podíamos chegar a, ¿que pasa cunha sociedade anónima?, a competencia cando ten, se lle fai o campo, non se lle fai outras cousas, pero bueno, son as prácticas que están aí e que non é o noso cometido, digamos, valorar nestes momentos. Nada máis, vamos a votar a favor e alegrarnos dos dous feitos que acabamos de reseñar. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bo día a todas e a todos. Bueno, pois, este convenio é froito dun acordo político de decembro e, certamente, satisface tanto ó Real Club Celta de Vigo como ó concello, como á propia Deputación e ademais, Institucións e Club, o Club, que ademais hoxe está nunha situación económica envidiable, estivo en situacións difíciles pero, afortunadamente, pois, hoxe está saneado economicamente, que moitos clubs de moito máis presuposto non o están e o concello de Vigo tamén, que neste mes vamos acadar a débeda cero, o mes de xuño, e, polo tanto, permite facer inversións nun estadio que é municipal, é un estadio dun club coma o Real Club Celta de Vigo, pois que, realmente, é unha bandeira para a cidade e non só para a cidade senón tamén para propia provincia e Galicia, polo seu tamén, fai de embaixador e polo tanto, fomenta a economía e o emprego, calquera inversión que aí fagamos ten un retorno tamén amplo; non vou entrar se houbo outro proxecto fai catro, cinco ou seis anos, porque tamén quen era concelleiro de deportes era outro que non é o que está neste goberno saínte e nin facer outro tipo de valoracións porque, bueno, houbo unhas eleccións o vinte e catro de maio e cada un, pois, xogou as súas bazas durante estes catro anos, políticas, de atención ós cidadáns e tiveron a resposta e o resultado que está aí, e bueno, cada un, pois, tratou de facelo da mellor maneira para acadar os mellores resultados, ¿non?. Polo tanto, eu creo que retrotraernos non leva a nada, simplemente de que ese acordo político que agora se vai a levar a cabo e que se vai a firmar, realmente por eses 4,5 millóns de euros, porque como dicía o Portavoz do Partido Popular, o Sr. Figueroa, aínda que hai compromiso para 2015 e 2016, bueno, será a próxima Corporación a que o faga, o que hoxe se trae aquí e se fai aquí, é un convenio de 4,5 millóns de euros, non é máis nin menos que iso, 4,5 millóns de euros que, dende logo, para nós houbera sido desexable que estivera este acordo firmado con anterioridade para poder estar facéndose as obras nestes meses pero bueno, perdeuse este tempo, pero, saúdamos positivamente este proxecto. Igual que eu non sei se inclúe os dous puntos, ¿non?, o da reforma dos campos e iso o levamos xunto neste …, como falou vostede dos dous, pois, non vai, vai ir á parte. Ben, pois, en todo caso diremos algo no seguinte e nada máis, que vamos a votar a favor, que se firme canto antes e que sexa, pois, un instrumento máis para a nosa cidade de Vigo e tamén para a provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias D. Santos Héctor. Bueno, polo que me pon aquí o Secretario, a aprobación do convenio pasou xa pola Xunta de Goberno e polo tanto, o convenio me refiro … Pero o Convenio para os outros campos, me refiro, en principio, parece ser que se retira de aquí. Sr. Secretario.- Se aprobó en Junta de Gobierno hace una hora. Sr. Presidente.- Porque non é competencia de Pleno porque son 570.000 €, pero bueno, a todos os efectos queda aprobado igual, ou sexa, … Sr. Secretario.- Si. Sr. Presidente.- Non, ben, ben, o que pasa é que pon aquí o Secretario que en principio se retira porque é competencia da Xunta de Goberno, pero está aprobado nas condicións que habíamos pactado. Son dous convenios, un é Balaídos e o outro é os 570.000 € da posta a punto deses campos que mencionou o Sr. Figueroa. O Sr. Figueroa tan a palabra. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, é importante que todos os grupos votemos a favor deste tema pero bueno, eu quero recalcar que aquí hoxe se aproba o que se aproba e no documento está perfectamente claro que se aproba a primeira fase para as Gradas de Río e Tribuna cunha achega do 50 % de cada unha das institucións, pero que tamén se aproba a inversión de cara ó futuro do Plan Director de Remodelación, sexto, o punto sexto, é “o compromiso de financiamento dos proxectos das Gradas de Marcador e Gol”, e o Plan de Director de Remodelación e Modernización do Estadio de Fútbol de Balaídos contempla para as Gradas de Marcador e Gol unha inversión global de 18.700.000€, a execución destes dous proxectos está inicialmente prevista para as anualidades 17, 18, polo cal, no ámbito do proxecto deste convenio, o concello de Vigo desenvolverá as xestións oportunas en cumprimento do recollido no apartado dous do pacto segundo deste convenio, co obxecto de vincular os acordos con outros axentes financiadores para desenvolver os proxectos destas dúas gradas. O concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra se comprometen a financiar o importe definitivo dos proxectos destas dúas gradas que non se atopan vinculadas ás achegas doutros axentes financiadores. Ditas achegas sempre terán como referencia proporcional para o concello de Vigo e a Deputación provincial o límite máximo do 50 % definitivo das actuacións para cada entidade. Polo tanto, está perfectamente claro o que se aproba, é dicir, ademais esta é unha copia que se remitiu, que está pactada entre o concello de Vigo e a Deputación e polo tanto, nós queremos deixar claro que aquí está aprobado o 50 % de cada unha das institucións deses 29.000.000€ menos un millón e pico, case dous millóns de euros que pon o Celta de Vigo. Polo tanto, aquí a Deputación está aportando 15.000.000€, neste convenio, aportará, bueno, e, loxicamente, coas tramitacións correspondentes, coas certificacións, coa obra, etc., etc., nas anualidades 14, 15, 16 e 17. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa e, bueno, se iso é verdade e creo que todos os grupos e ademais están de acordo nesa mesma consideración que aprobamos e deixamos, dalgunha maneira, garantizado e tamén certificado a inversión total; cando o señor Mosquera falaba doutras posibilidades, doutras Administracións, empresas, etc., que podían financiar, hai que dicir que non é algo menor porque de aí se pode, dalgunha maneira, reducir a inversión tanto do concello de Vigo como da Deputación no caso de que Zona Franca, por exemplo, non estamos falando doutras empresas, estamos falando de Zona Franca e demais, finalmente decidan participar, pero se non fose así, Deputación e polo que tamén traslada o concello, garantizan a inversión ata un máximo deses 15.000.000€, cinco xa aprobados aquí, nunha modificación de crédito anterior, e o resto aprobado no Pleno de hoxe cos orzamentos dos anos 15, 16 e 17, polo tanto, bueno, pois eu creo que iso queda perfectamente canalizado. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, ó fío disto, hoxe o que queda atado ata onde queda, que despois sempre pode haber incidencias, pois é a remodelación completa … Sr. Presidente.- Exacto. Sr. Mosquera Lorenzo.- … de Balaídos. E eu quería facer unha reflexión, que parece que está, supoño, polo que teño escoitado antes do Pleno e demais, voando ou sobrevoando este acordo. A experiencia demostra que as relacións entre Institucións pode ser boa, pode ser moi boa, boa, regular ou fatal, independentemente de quen as goberne. En Pontevedra, por exemplo, houbo un presidente da Deputación, que nestes momentos é Presidente do Goberno do Estado, e creo que foi a época en que a Deputación menos meteu en Pontevedra. E, despois houbo gobernos do PP aquí e no concello e as relacións foron “a paus”, directamente “a paus”, había unhas expectativas por parte do concello ou unha dinámica, unhas expectativas por parte da Deputación que, quitando o convenio para o, vamos, o que é Belas Artes agora, pois me parece que non se fixo nada, incluso algunha urbanización como a de Conde de Bugallal, pois, pagaron os veciños por contribucións especiais porque a Deputación negouse a entrar en ningún convenio para facelo, cando estaba, había Deputados de Pontevedra aquí, creo que algún a sazón era Vicepresidente, e á parte, pois, ¿non?, era do mesmo signo, digo, porque hai así unhas expectativas bastante, bueno, lóxicas pero, se cadra, nos topamos con que as relacións entre o concello de Vigo e a Deputación teñen unha base estrutural bastante máis rabuda ou persistente, ou pertinaz que o propio …, ¿non?, que os signos das forzas políticas que estean gobernando en cada sitio e experiencias hai unhas cantas, ¿eh?. Ben, dito isto, pois, o que aprobamos agora aquí deixa atado a remodelación completa de Balaídos e, máis vale aquilo de, ¿non?, “paxaro en man que cento voando”, os voando, xa veremos o que vai a pasar con eles, non vaia a ser que voen na dirección contraria da que pensamos. Repito, estamos satisfeitos porque se chegou a un proxecto máis ou menos realista e porque se suavizaron, melloraron, ou se che chegou a un entente entre as dúas Institucións locais máis grandes da provincia que son o concello de Vigo e a Deputación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, eu quero, finalmente para cerrar este punto, agradecer a unanimidade de toda a Corporación provincial para garantir, garantir de maneira definitiva, a remodelación do Estadio de Balaídos. Creo que, desde o punto de vista deportivo e tamén do que significa o Real Club Celta en Vigo e en Pontevedra e na súa área de influencia e, como non, tamén en Galicia, esta era unha obra necesaria que, despois de moitísimos anos, finalmente, se toma esta decisión, había outras posibilidades dun novo Estadio e demais, e creo que, como ben dicía neste caso o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, se fai unha inversión razoable que vai a permitir, pois, que o Estadio de Balaídos, do Real Club Celta, sexa un dos Estadios nos próximos, aproximadamente dous anos, que pase a ser un dos Estadios máis modernos que pode haber neste país, cunha capacidade en función da dimensión e das necesidades do Real Club Celta da cidade de Vigo e da súa área de influencia. Polo tanto, hoxe, dalgunha maneira queda garantizada, como digo, definitivamente, unha cuestión que, probablemente, non se volverá a falar porque o ámbito administrativo e económico queda totalmente garantizado para levar a cabo esta ansiada e necesaria, por certo, renovación do Estadio de Balaídos. Agradecer tamén, neste caso, ó concello de Vigo que é o titular, o propietario desta instalación, co fin de poder levar a cabo conxuntamente entre as dúas Administracións e que non se descarta, por suposto, porque creo que niso hai que seguir negociando, o fixo o Alcalde de Vigo e o fixo esta Institución tamén, para que outras Administracións puideran participar, se fose así, diminuiría, dalgunha maneira, a inversión da Deputación e do concello de Vigo e se non fose así, pois, dalgunha maneira, o concello de Vigo e a Deputación garantizan de maneira absolutamente proporcional, as dúas Administracións, e coa mesma inversión, como digo, a remodelación definitiva do Estadio de Balaídos. Polo tanto, creo que hai felicitar ó Real Club Celta, tamén polo traballo que está facendo, desde o seu Presidente, Xunta directiva e demais, que tamén afrontaron e lideran tamén este proxecto de renovación e, en definitiva, como digo, vai a permitir que Galicia conte cunha instalación, para a práctica do fútbol, moderna e ambiciosa como se leva demandado. Polo tanto, éxitos tamén para o Real Club Celta e noraboa, como digo, a concello e a toda a Corporación provincial por levar a cabo a aprobación deste histórico Convenio para Balaídos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo que contempla as actuacións necesarias para levar a cabo a remodelación do Estadio Municipal de Balaídos mediante un proceso que permita a transformación da imaxe obsoleta do recinto actual e a consolidación da infraestrutura deportiva. Visto o informe-proposta da Xefa de servizo de cooperación no relativo ó interese público do investimento, vistos os informes da Dirección de Infraestruturas, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial no que se acredita a existencia de crédito adecuado e suficiente nas aplicacións do orzamento provincial 15/942.3420.762.58.2014, por importe de 1.365.000,00 euros, e 15/942.3420.762.58, por importe de 3.005.125,44 euros, respectivamente. E visto o ditame favorable da Comisión informativa de Cooperación. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 33 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do RDL 781/86, de 18 de abril e 16.3 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, o Pleno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización das obras de remodelación do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos, cuxo texto di como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REMODELACIÓN DO ESTADIO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE BALAÍDOS . En Vigo a ______de __________ de 2015 REUNIDOS Dunha parte, Don Abel Caballero Álvarez, Alcalde-Presidente do Concello de Vigo, na representación do Concello de Vigo que lle atribúe o artigo 124.4.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Doutra parte, Don Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As partes comparecentes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente convenio de colaboración, e a estes efectos, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que o artigo 25. 2. l) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local atribúe ás Administracións municipais competencia en materia de promoción do deporte e instalacións deportivas. O art. 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 195 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, prevén a cooperación económica, técnica e administrativa entre a Administración Local e a Administración do Estado e das Comunidades Autónomas, tanto en servizos locais coma en asuntos de interese común. As formas e termos da colaboración serán os previstos nas Leis, podendo ter lugar mediante consorcios ou convenios administrativos que subscriban as partes. O art. 88 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXPAC) establece que as Administracións Públicas poderán celebrar acordos, pactos, convenios e contratos, con persoas tanto de dereito público como privado, sempre que non sexan contrarios ó ordenamento xurídico. A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, no seu artigo 80.2.n, regula como unha competencia local, a xestión de actividades e instalacións culturais e deportivas e a ocupación do tempo libre. O artigo 4 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, (TRLCSP), regula como excluídos do ámbito subxectivo do TRLCSP, os convenios de colaboración que celebre a Administración Xeral do Estado coas entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social, as Universidades Públicas, as Comunidades Autónomas, as Entidades locais, organismos autónomos e restantes entidades públicas, ou os que celebren estes organismos e entidades entre si, salvo que, pola súa natureza, teñan a consideración de contratos suxeitos a esta Lei. II.- Que no exercicio das súas atribucións en materia deportiva, son obxectivos do Concello de Vigo: • Colaborar na consolidación dunha rede de infraestruturas deportivas aberta á participación do maior número de entidades deportivas. • Optimizar os recursos das infraestruturas deportivas existentes na cidade, mellorando as condicións e a capacidade das mesmas. III.- Que o art. 36.1) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local encomenda ás deputacións o aseguramento da prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal; competencia en relación coa cal a Deputación Provincial de Pontevedra ten previsto na súa planificación a mellora das infraestruturas dos equipamentos deportivos dos concellos da provincia. IV.- Que a importante proxección da imaxe pública da cidade de Vigo que implica a militancia do Real Club Celta nas máis altas divisións do fútbol español, así como a significativa incidencia directa da actividade deste club deportivo en sectores económicos da cidade, representan na actualidade un dos elementos máis relevantes do sistema deportivo da cidade, o cal leva implícito a necesidade de contar cun recinto deportivo adecuado ás necesidades deportivas, técnicas e sociais, da actualidade. V.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen o artigo 6 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e, no que ó presente caso importa, o artigo 198.3 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de acordo co cal as Deputacións Provinciais poderán subscribir cos municipios da provincia convenios para garantir o acceso da poboación ó conxunto dos servizos municipais e a maior eficiencia na prestación destes. VI.- Que en base ás precedentes consideracións e ó interese social e deportivo que para a cidade de Vigo representa esta actuación, o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra, conveñen a súa colaboración no ámbito deportivo, co obxecto de desenvolver un programa de actuación para a remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos, e as partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ós seguintes: PACTOS Primeiro: Obxecto do Convenio. 1.- É obxecto deste convenio, establecer as pautas de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos na cidade de Vigo. 2.- As actuacións vinculadas a este convenio atópanse definidas dentro do Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos, contratado polo Concello de Vigo (anexo I deste convenio). 3.- A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o 15 de decembro de 2014, aprobou o Plan Director de remodelación e modernización do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos, redactado polo Arquitecto D. Pedro de la Puente Crespo, coa finalidade de servir de referencia ás actuacións para a súa remodelación e modernización, e convertelo nunha referencia deportiva e turística da cidade. Dito Plan Director recolle as actuacións previstas como necesarias ós indicados fins, agrupadas e secuenciadas de xeito ordenado para evitar retrasos e interferencias coa actividade habitual da instalación deportiva. O seu orzamento estimado total é de 29.453.535,80 euros, e de forma xeral dá resposta ás seguintes necesidades: • Recoller todas as propostas realizadas polo Concello de Vigo e o Real Club Celta de Vigo como usuario das instalacións, en relación á remodelación e modernización integral do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos. • Recoller unha planificación de execución por fases en relación a cada unha das catro gradas do estadio: “Río”, “Tribuna”, “Marcador” e “Gol”. • O importe estimado para a execución global das actuacións previstas no Plan Director na súa totalidade, ascende á cantidade de 29.693.786,00 euros. • Establecer un horizonte temporal para a execución do Plan que sexa compatible coas limitacións da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira. Plan director de execución obras Total Grada de Río 4.240.250,88 Grada Tribuna 4.500.000,00 Grada de Preferencia 2.211.589,28 Grada de Gol 9.370.973,26 Grada de Marcador 9.370.973,26 Total 29.693.786,68 Plan de financiamento das actuacións a executar por parte do Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra en relación ás Gradas de Río e Tribuna: Importe total do financiamento conxunto para as actuacións na grada de Río e Tribuna 2014/2015 Total Total 8.740.250,88 4.- A execución do plan director en relación ás gradas de Río e Tribuna, estará condicionada polos plans temporais de cada un dos proxectos, e o propio plan que presente a empresa ou empresas contratista gañadora de cada un dos proxectos. 5.- En relación ó obxecto xeral do convenio, e como fundamento de execución do mesmo en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, as partes asinantes deste convenio propoñen a súa execución a través dos compromisos que se recollen nas seguintes cláusulas: Segundo: Obrigas para o Concello de Vigo. 1.- O Concello de Vigo, será o responsable de coordinar a definición definitiva do plan director de actuación, en base ó plan que se presenta como anexo a este convenio, e que establece unha actuación global para a totalidade do Plan Director valorada en 29.693.786,00 €. Dita contía engloba os gastos de redacción e dirección facultativa do proxecto. 2.- Para o financiamento do proxecto global do Plan Director, o Concello de Vigo comprométese ó desenvolvemento das xestións oportunas con outras Institucións ou Entidades públicas ou privadas, co obxecto de atopar propostas de colaboración económica para o cofinanciamento do presente Plan Director. 3.- No desenvolvemento destas xestións, o Concello de Vigo no marco da relación xurídico-patrimonial que ten asinada co Real Club Celta de Vigo, SAD, na súa condición de entidade usuaria en exclusividade do “Estadio Municipal de Balaídos”, xestionará as propostas de actuacións conxuntas. No caso de que o Real Club Celta de Vigo, SAD propoña a execución directa dalgunha fase do proxecto, esta terá que ser susceptible de entregar o servizo ou finalidade concreta. En todo caso, requirirá do Concello de Vigo a aprobación do proxecto concreto e a autorización para a execución das ditas obras, e verificará que as mesmas se axustan a unha parte concreta con substantividade propia no marco do Plan Director. A Xunta de Goberno Local con data 28 de xaneiro de 2015, aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Real Club Celta de Vigo, SAD, para a execución das actuacións comprendidas no “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Balaídos”. Dito convenio entre outras consideracións contempla o compromiso por parte do Real Club Celta de Vigo, SAD de contratar, executar e pagar, ata a cantidade máxima de 2.000.000,00 € (dous millóns de euros), os estudos, proxectos, obras e demais actuacións complementarias, necesarias para a execución do “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos”. O Real Club Celta de Vigo, SAD, no marco do citado convenio co Concello de Vigo, procedeu á contratación do Arquitecto D. Pedro de la Puente Crespo, para a redacción dos proxectos de obra referidos ó ámbito da grada de Tribuna. 4.- Os compromisos de financiamento con outras Entidades ou Institucións, formalizaranse como addendas a este convenio. A consecución de novos recursos doutros axentes públicos ou privados ó cofinanciamento, terá unha aplicación directa na minoración do importe global da actuación do plan director, o cal establecerá o importe definitivo a cofinanciar entre o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra, o cal terá unha proporcionalidade do 50% do importe definitivo. (Importe definitivo=Importe global proxecto - importe compromisos de cofinanciamento) 5.- O Concello de Vigo, como titular do “Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos”, asume as responsabilidades de contratación, dirección e execución das obras de acordo co TRLCSP, para o cal as achegas económicas vinculadas ó obxecto deste convenio faranse directamente ó Concello de Vigo. 6.- Cada un dos proxectos que conforma o “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos”, en relación ás achegas vinculadas a este convenio, serán licitados cando o Concello teña asegurada a totalidade do financiamento por parte dos axentes que asuman os compromisos para cada un dos proxectos. 7.- Cada un dos proxectos que conforma o obxecto contractual, poderá preverse a realización independente de cada unha das súas partes mediante a súa división en fases, sempre que estas sexan susceptibles de utilización ou aproveitamento separado e constitúan unha unidade funcional, ou así o esixa a natureza do obxecto. 8.- Os proxectos que conforman as distintas gradas, conforman prestacións que gozan dunha substantividade propia que permita unha execución separada e dunha utilización ou aproveitamento separado, e cada unha constitúe unha unidade funcional. 9.- Nos casos previstos nos parágrafos anteriores, as normas procedimentais e de publicidade que deben aplicarse na adxudicación de cada fase determinaranse en función do valor de cada unha delas. Terceiro: Achegas económicas do Concello de Vigo ó proxecto. 3.1.- Grada de Río En relación coa primeira fase da Grada de Río, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do 29 de xullo de 2014, dentro do ámbito do plan director e co carácter de actuacións iniciais, aprobou o proxecto “Obras e reforma de cuberta da Grada de Río e consolidación estrutural no Estadio de Balaídos, fase 1 e fase 2” de acordo co Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos, e de acordo ós seguintes importes: Fase I: 1.680.000,00 euros. Fase II: 2.560.250,88 euros. Total: 4.240.250,88 euros. 3.1.1.- Grada de Río (Fase I) 1.- A fase 1 das obras e reforma de cuberta da Grada de Río e consolidación estrutural no Estadio de Balaídos, foi licitada polo Concello de Vigo. Esta actuación atende ós seguintes importes: • Redacción do proxecto: 20.432,06 € (executado no ano 2014). • Licitación do proxecto: 1.680.000,00 €, con cargo ó financiamento do Concello de Vigo coas seguintes consignacións orzamentarias: Ano 2014: 1.344.567,94 euros. Ano 2015: 335.432,06 euros. Dita fase foi adxudicada por acordo da Xunta de Goberno Local de data 12/12/2014 por un importe de 1.136.016,00 € o cal corresponde ó seguinte compromiso de gasto: Ano 2014: 1.156.448,06 € (correspondentes á redacción do proxecto e á adxudicación da obra). O desenvolvemento final das fases de Río e Tribuna leva implícito un axuste técnico e económico das previsións realizadas inicialmente no plan director, pero en todo caso o ámbito de actuación da remodelación e modernización do estadio de Balaídos mantén o mesmo nivel en relación ó investimento final, polo cal, por parte do Concello de Vigo se procedeu á adecuación económica das fases previstas inicialmente, quedando establecida a súa execución, de acordo ós seguintes importes: Actuacións Previsión inicial Plan Director Proposta definitiva proxecto de obra Grada de Río (fase I) 1.680.000,00 1.136.016,00 (de acordo á adxudicación da obra) 59.723,06 (diversos estudos e asistencias técnicas para o desenvolvemento das actuacións de execución da obra). Grada de Río (fase II) 2.560.250,88 2.310.250,88 Grada de Tribuna 4.500.000,00 5.234.256,94 8.740.250,88 8.740.250,88 3.1.2.- Grada de Río (Fase II) 2.- O Concello de Vigo no desenvolvemento do “Plan director de remodelación e modernización do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos” e de acordo coa necesidade dos axustes técnicos e económicos das fases a desenvolver, aprobou en sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local de data 17 de abril de 2015 o novo proxecto para as “Obras de reforma cuberta Río e consolidación estrutural no Estadio de Balaídos, fase 2”, que se corresponde coa adecuación por parte do mesmo autor, do proxecto aprobado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do 29 de xullo de 2014. O novo proxecto, correspóndese á adaptación técnica e económica das resolucións construtivas, así como as pautas establecidas no “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos”. Este novo proxecto foi redactado a través da empresa GALAICONTROL, pola Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos Dª. Trinidad López Rodríguez, e dirixido polo Enxeñeiro Industrial Municipal, Xefe da Área de Fomento D. Álvaro Crespo Casal cun importe incluído o IVE, de dous millóns trescentos dez mil douscentos cincuenta euros con oitenta e oito céntimos (2.310.250,88 €). 3.2.- Compromisos de financiamento para os proxectos da Grada de Tribuna: O Concello de Vigo no desenvolvemento do “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos” e de acordo coa necesidade dos axustes técnicos e económicos das fases a desenvolver, aprobou en sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local de data 17 de abril de 2015, o “Proxecto de execución de obra da II fase da Grada de Tribuna e Cuberta”. Dito proxecto foi contratado polo Real Club Celta de Vigo, SAD, ó Arquitecto D. Pedro de la Puente Crespo. Dito proxecto atópase adaptado ás resolucións técnicas, así como ás pautas establecidas no “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos”. O orzamento base de licitación incluído o IVE ascende ó importe de cinco millóns douscentos trinta e catro mil douscentos cincuenta e seis euros con sesenta e catro céntimos (5.234.256,64 €). 3.3.- Axuste e prórroga de anualidades: Co fin de coordinar a previsión orzamentaria das anualidades comprometidas, se por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, as actuacións non puideran ser executadas nos prazos previstos, poderá ser solicitada prórroga nos prazos de execución. Resume dos compromisos de financiamento do Concello de Vigo para as Gradas de Río e Tribuna: Resume do compromiso dos créditos aprobados polo Concello de Vigo para o financiamento das actuacións previstas en relación ás obras das Fases de Río I e II, así como da Fase II de Tribuna. Concello de Vigo 2014 2015 Total Grada de Río (fase I) Grada de Río (fase II) 1.365.000,00 315.000,00 440.125,44 1.680.000,00 440.125,44 Grada de Tribuna 0,00 2.250.000,00 2.250.000,00 Total comprometido no ano 2014 proxecto e adxudicación. 1.156.448,06 Pendente 208.551,94 € 3.005.125,44 3.213.677,38 Do cadro anterior despréndese o compromiso do Concello de Vigo da achega dos seguintes importes: Exercicio 2014: Créditos xa executados: 1.156.448,06 Exercicio 2015 de acordo coa aplicación orzamentaria 9330.632.00.10 3.213.677,38 Total: 4.370.125.44 Dito importe total correspóndese co 50% do investimento previsto para o total das fases de actuación nas Gradas de Río e Tribuna. Cuarto: Obrigas para a Deputación Provincial de Pontevedra. A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a colaborar no cofinanciamento das actuacións a realizar como obxecto deste convenio, limitando a súa achega a un máximo do 50% do “importe definitivo”. Dito importe, que terá a cualificación orzamentaria de subvención de capital, e de acordo ó plan de financiamento, será transferido ó Concello de Vigo con carácter finalista para o obxecto deste convenio. Quinto: Achegas económicas da Deputación Provincial de Pontevedra. 5.1- Grada de Río A Deputación Provincial de Pontevedra no marco deste convenio, comprométese a achegar para o cofinanciamento das actuacións previstas no “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos”, como achegas para as anualidades do anos 2014-2015, as contías correspondentes á mesma cantidade comprometida polo Concello de Vigo, coa aplicación da proporcionalidade do 50%, correspondendo a contía prevista para a Grada de Río. 5.2.- Compromisos de financiamento para o proxecto da Grada de Tribuna: A Deputación Provincial de Pontevedra, comprométese a incluír nos orzamentos para o ano 2015, ou tramitar o correspondente expediente de modificación orzamentaria para a aprobación dos recursos necesarios para dar cobertura ó proxecto da Grada de Tribuna, dentro da porcentaxe do 50% do “importe definitivo Grada de Tribuna”. 5.3.- Axuste e prórroga de anualidades: Co fin de coordinar a previsión orzamentaria das anualidades comprometidas, se por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, as actuacións non puideran ser executadas nos prazos previstos, poderá ser solicitada prórroga nos prazos de execución. Resume dos compromisos de financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra para as Gradas de Río e Tribuna: Axente Deputación Provincial de Pontevedra Total 2014/2015 Grada de Río (fase II) 1.365.000,00 755.125,44 2.120.125,44 Grada de Tribuna 0,00 2.250.000,00 2.250.000,00 Total 1.365.000,00 3.005.125,44 4.370.125,44 Dito importe total correspóndese co 50% do investimento previsto para o total das fases de actuación nas Gradas de Río e Tribuna. Estas actuacións imputaranse contra as aplicacións orzamentarias 15/942.3420.762.58.2014 por importe de 1.365.000,00 € e 15/942.3420.762.58 por importe de 3.005.125,44 €. Sexto: Compromiso de financiamento dos proxectos das Gradas de Marcador e Gol. 1.- O “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos”, contempla para as gradas de “Marcador” e “Gol” unha inversión global de 18.741.946,52 euros. A execución destes dous proxectos está inicialmente prevista para as anualidades 2017 e 2018, polo cal, no ámbito do obxecto deste convenio, o Concello de Vigo desenvolverá as xestións oportunas en cumprimento do recollido no “apartado 2 do pacto segundo” deste convenio, co obxecto de vincular acordos con outros axentes financiadores para o desenvolvemento dos proxectos destas dúas gradas. 2.- O Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra, comprométense a financiar o importe definitivo dos proxectos destas dúas gradas que non se atopen vinculados ás achegas doutros axentes financiadores. Ditas achegas sempre terán como referencia proporcional para o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra o límite máximo do 50% do importe definitivo das actuacións para cada entidade. 3.- O desenvolvemento deste apartado, e polo tanto o compromiso de adecuación do financiamento correspondente en cada entidade, iniciarase coa presentación por parte do Concello de Vigo dos proxectos de actuación para as Gradas de Marcador e Gol a Comisión de seguimento deste convenio, e coa aprobación dos proxectos de execución pola Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, dentro do ano 2016. 4.- Así mesmo, unha vez se teñan redactados os proxectos e cerrado o seu financiamento deberanse aprobar as correspondentes addendas a este convenio, de conformidade co previsto no apartado 3 do pacto segundo. 5.- Na Grada de Gol o conxunto dos asentos deberá conformar un mosaico co logo da Deputación de Pontevedra. Sétimo: Procedemento para a tramitación do expediente de contratación con financiamento de outras administracións e execución dos compromisos económicos. 1.- Ó ter o financiamento do proxecto achegas das dúas administracións asinantes deste convenio, así como da opción doutros axentes financiadores, o Concello de Vigo tramitará para cada unha das fases a executar no proxecto, un só expediente polo órgano de contratación ó que corresponda a adxudicación do contrato, debendo acreditarse naquel a plena dispoñibilidade de todas as achegas, con inclusión dunha garantía para a súa efectividade. 2.- A partir da sinatura do presente convenio, no cal se recollen os compromisos das partes para o financiamento da Grada de Río e a de Tribuna, para a licitación dos proxectos de execución das obras contempladas no plan director e vinculados ás actuacións previstas para as anualidades 2014 - 2015, o Concello de Vigo iniciará a tramitación da correspondente modificación orzamentaria que garanta a existencia de crédito para iniciar o expediente de contratación e posibilitar a adxudicación dos contratos. 3.- Unha vez formalizado o preceptivo contrato de obra correspondente ás fases que se liciten, o Concello de Vigo remitiralle a acta de comprobación de replanteo asinada polas partes, coa cal se acreditará o inicio das obras. 4.- A Deputación Provincial de Pontevedra deberá transferir ó Concello de Vigo o compromiso da anualidade en curso da subvención aprobada, de acordo cos seguintes criterios: a. O financiamento comprometido en relación á obra licitada, atenderá ó importe definitivo derivado da certificación final das obras executadas, o cal terá como límite máximo o importe acordado. b. A Deputación Provincial de Pontevedra, procederá a tramitar as transferencias correspondéndose coas certificacións de obra executadas, e informadas polo Concello de Vigo á Deputación Provincial de Pontevedra, coas seguintes condicións: b.1.- Coa primeira certificación, o Concello de Vigo deberá remitir copia do contrato formalizado coa empresa adxudicataria, acta de comprobación do replanteo, así como certificado do acto de aprobación da certificación polo órgano competente. b.2.- Coa certificación final, acta de recepción e certificado do acordo de aprobación polo órgano competente. b.3.- Así mesmo deberá de xustificarse o cumprimento das obrigas de publicidade derivadas deste convenio. En todo caso as certificacións de obra serán verificadas polos servizos técnicos provinciais antes de ser aprobadas, como xustificación parcial da subvención. No caso de presentar xustificante do gasto con facturas remitirase a documentación similar que proceda. c. A execución das transferencias dos importes correspondentes ás Certificacións de obra executada, deberán ser realizadas no prazo máximo previsto no artigo 216 do TRLCSP, a contar dende a notificación por parte do Concello de Vigo dos documentos acreditativos para a execución das transferencias. d. Si se producen desfases nos prazos de execución das obras, en relación ós acordos de financiamento, a Comisión de seguimento poderá propoñer os axustes necesarios en relación ós compromisos das anualidades. e. O desenvolvemento dos compromisos das seguintes anualidades vinculados a este convenio, manterán o mesmo criterio de transferencia definido nos apartados anteriores. Oitavo: Inspección das obras e xustificación das actuacións. 1.- As partes resérvanse o dereito a inspeccionar as obras obxecto do presente convenio durante a execución das mesmas, sen prexuízo de que corresponda, en exclusiva ó órgano de contratación e ó responsable do contrato a emisión de ordes que incidan no curso das mesmas. 2.- O Concello de Vigo comunicará á Deputación Provincial de Pontevedra a data sinalada para a realización dos actos de levantamento da acta de comprobación do replanteo e de recepción de cada unha das fases de execución das obras obxecto do convenio, por se fose do seu interese asistir ós mesmos, todo iso ós efectos de contar coa suficiente información en relación co grado de cumprimento do convenio e cos compromisos adquiridos. Noveno: Mantemento dos compromisos iniciais. As partes asinantes do convenio, comprométense á estabilidade do financiamento inicial con independencia das baixas que se produzan na adxudicación de cada un dos proxectos que conforman o “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos”, sendo estas aplicadas a garantir o financiamento dos modificados do proxecto e do contrato até o límite fixado nos Pregos de cláusulas administrativas, sempre coa supervisión da Comisión de seguimento. As modificacións que se fagan, sempre dentro do importe definitivo que corresponda, deberán dar lugar á tramitación de addendas ó convenio. Décimo: Publicidade. Co fin de dar notoriedade ás actuacións obxecto deste convenio, a administración executora (Concello de Vigo) realizará as seguintes actuacións: • En todas as informacións e documentación de comunicación dos proxectos obxecto deste convenio, incluirá de maneira visible que o financiamento do mesmo se realice conxuntamente entre as administracións asinantes deste convenio, figurando a imaxe corporativa que cada Administración decida. • Instalarase un panel informativo no ámbito das obras incluídas no obxecto deste convenio que incluirá, ademais dos datos técnicos da obra, que o financiamento do mesmo se realice conxuntamente entre as administracións asinantes deste convenio, figurando a imaxe corporativa que cada Administración decida así como a contía achegada en cada fase do Plan. • Na Grada de Gol o conxunto dos asentos deberá conformar un mosaico co logo da Deputación de Pontevedra. Décimo primeiro: Comisión paritaria de seguimento. 1.- Para o seguimento da execución deste convenio, así como para a aprobación dos plans de execución das obras previstas obxecto deste convenio e para a solución das dúbidas que a súa interpretación poida motivar, créase unha comisión integrada polos seguintes representantes das partes: -Dous representantes do Concello de Vigo, e dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra. Así mesmo cada Institución poderá nomear un terceiro representante que terá carácter técnico. 2.- En relación á participación doutras Institucións ou Entidades Públicas ou Privadas, a través da sinatura de addendas a este convenio, esta comisión de seguimento poderá incrementarse coa participación de dous membros por cada unha das addendas asinadas. 3.- De cara á xustificación documental das actuacións ante a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Vigo presentará no prazo estipulado unha memoria que conterá a seguinte documentación: 3.1- Memoria xeral na que se recolla o grado de cumprimento alcanzado en relación ó obxecto do convenio. 3.2.- Acordo de adxudicación, licitadores que se presentaron, importe de adxudicación, formalización do contrato, acta de comprobación de replanteo. 3.3.- Certificado xustificativo das contratacións realizadas. 3.4.- Certificado xustificativo das certificacións de obra executadas e aboadas. 3.5.- Acta das xuntanzas celebradas da Comisión de seguimento. 3.6.- A Comisión de seguimento fixará os actos de visita conxunta ás obras. Décimo segundo: Definición do proxecto de actuación. En relación ó “Plan Director de remodelación e modernización do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos” definido no anexo I deste convenio, e de cara á definición dos proxectos definitivos a contratar, a Comisión Paritaria para o seguimento deste convenio definirá os requisitos mínimos para a mellora das instalacións, sendo responsabilidade do Concello de Vigo a xestión dos procesos de redacción dos proxectos. Décimo terceiro: Vixencia. A vixencia do presente convenio estenderase dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2017, sen prexuízo de que, de mediar algunha causa que o xustifique, poidan ser prorrogados, logo da tramitación do oportuno expediente administrativo. As restantes obrigas manterán a súa vixencia ata o total cumprimento das previsións establecidas, de modo que se acaden os fins perseguidos por este convenio. Décimo cuarto: Denuncia. A denuncia, que requirirá o acordo previo do órgano competente da administración que a pretenda, producirá efectos ós noventa (90) días da súa presentación diante da comisión de seguimento á que se refire o pacto noveno, logo da liquidación das obrigas pendentes de cumprir pola parte que a formule. O incumprimento das cláusulas deste convenio será causa bastante para a súa denuncia. Décimo quinto: Réxime aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas súas cláusulas, quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa a falta de entendemento previo pola Comisión de seguimento citada no pacto noveno, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Alcalde-Presidente do Concello de Vigo, Asdo.: Abel Caballero Álvarez Presidente da Deputación de Pontevedra, Asdo.: Rafael Louzán Abal O Secretario do Concello de Vigo, Asdo.: O Secretario da Deputación de Pontevedra, Asdo.: Carlos Cuadrado Romay Facultar ó Presidente da Deputación a formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 3.6620.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO E CONSERVACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO Sr. Presidente.- O punto seguinte que é o que se retira, que era a colaboración entre o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a realización das obras de mantemento e conservación nos campos de fútbol do término municipal de Vigo. É o que se aprobou hoxe xa na Xunta de Goberno, é unha inversión de 570.000 €, que vai a permitir, como digo, tamén, á mellora desas instalacións construídas algunhas desde o ano 2005, 6, 7 e 8, e que, polo tanto, necesitan unha actualización e que se pon en marcha, que tamén está, ademais, conveniada con concello de Vigo. Retírase da orde do día, por ter sido tratado previamente na Xunta de Goberno, o Convenio de colaboración entre o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo. 4.6621.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO 03/2015 Sr. Presidente.- O punto número 4. Expediente de modificación de orzamentos 3/2015. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, é un expediente de modificación de crédito que xa pasou pola Comisión, cun importe de 1.185.000€ que van destinados a axudas e familias e institucións sen fins de lucro; que é para o tema de formación profesional dual, un Convenio coa Consellería de Educación; e tamén para investimentos xestionados por convenios con outras entidades locais que, neste caso, é para a construción dun edificio de usos náuticos na Illa de Arousa por 1.175.000€. Se retrae de concepto de remanente de tesourería, bueno, o que corresponde co informe de Intervención, etc., etc. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Non é porque sexa o último Pleno nin a última modificación, pero, normalmente, temos por norma absternos ou votar en contra, neste caso, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- A favor, ¿non?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a votar a favor. As razóns, pois, se quere, bueno, vamos a ver, na Illa de Arousa hai unha tradición de deportes náuticos bastante elevada. Na entrada da Ponte hai alí unha nave que ten afectadas, está en costas, está afectada, que non satisface as necesidades e incluso, bueno, hai tradición de, pero á parte, incluso hai campións do mundo de deportes náuticos alí; e á parte hai que levantala, que sería o máis correcto, entonces, bueno, pois aquí é unha demanda de hai, moi antiga, chegou a haber un proxecto, un anteproxecto por parte desta Deputación, non chegou a satisfacer as demandas dos participados, beneficiarios, ¿non?, dos clubs e asociacións, e fíxose outro proxecto que si parece que satisface, a ubicación non está dentro de costas está, vamos, nunha parcela cedida polo concello e o concello implícase tamén, non sei si con 400.000 €, ¿non?, máis ou menos. Sr. Presidente.- Non, quiñentos mil. Sr. Mosquera Lorenzo.- Quiñentos, bueno, cincocentos mil que, incluso, vamos, xa ten no orzamento, eu creo que parte, ¿non?, bueno, en todo caso isto retrasouse demasiado pero é unha necesidade nun sitio que, vamos, que si, si se lle dá uso e polo tanto, pois, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, dicir, en todo caso, que si é ben certo, que dicía o novo alcalde da Illa de Arousa que debíamos licitar e lle gustaría que se licitara antes de que terminara esta Corporación e, como poden entender, independentemente de que este grupo de goberno podía haber decidido pois dedicar iso a outra cousa, era o noso compromiso e ese compromiso se mantén, cun financiamento total que creo que son 1,7 millóns de euros para ese centro de deportes náuticos na Illa de Arousa, e que, dalgunha maneira, se resolveu bastante rápido debido ó que aconteceu con el. Isto saíu dun concurso de ideas, se presentan 67 proxectos, dos 67, ganador unha consultora de Vigo, que finalmente, primeiro, recibe a comunicación do premio e despois di que con ese diñeiro que había inicialmente non era capaz de executar ese proxecto, o cal, pois eu desde aquí quero agradecer publicamente ó técnico-arquitecto da Deputación e á arquitecta do concello da Illa de Arousa, que se puxeron mans á obra e, en base ás necesidades que lle plantearon o Club de Piragüismo e o Club de Dornas Sabela da Illa de Arousa, foron capaces nun tempo relativamente corto de levar a cabo a elaboración deste proxecto, que aprobaremos na semana próxima e que, nunha semana, dez días, aproximadamente, sairá a licitación pública. Polo tanto, tal e como era o noso compromiso se cumpre unha vez máis con, neste caso A Illa de Arousa, como ben dicía o portavoz do Bloque Nacionalista Galego, ante unha necesidade que eu vin desde fai bastante tempo e que creo que ademais é xustificada, necesaria e que vai ubicada nunha parcela, agora mesmo de titularidade municipal, e que non solo conleva iso senón que conleva dentro dese proxecto retirar unha liña de media tensión que está colocada, os postes, directamente encima da praia, que tamén non afectaría á construción do edificio pero si pasa por diante do edificio e, como digo, nos vai a permitir, bueno, pois eliminar algo que, como digo, son postes de cemento, dous concretamente, colocados encima da praia do Bao, na entrada da Illa de Arousa, e que darían na fachada deste edificio e que nos vai a permitir tamén soterrar toda esa liña que afea, claramente, e está nun lugar que nunca se debeu haber permitido, pois xa colocar eses postes de media tensión encima mesmo da praia. Polo tanto, bueno, esta é unha mellora desde o punto de vista estético pero creo que é necesaria, polo valor natural e paisaxístico que ten aquela zona, e creo que neste sentido estamos logrando, como digo, poñer en marcha un proxecto ansiado e tamén reclamado desde A Illa de Arousa, desde hai moitísimos anos e, á parte, vai a ser un punto de encontro moi importante para toda a actividade náutica, precisamente, que ten A Illa de Arousa e que é tan importante. Polo tanto, noraboa ós clubs de piragüismo e de Dorna Sabela e tamén agradecer a colaboración desde o primeiro momento do concello da Illa de Arousa e da Deputación que van a investir finalmente, como digo, algo máis de 1,7 millóns de euros nesa instalación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, a través de escrito de data 15 de xuño de 2015, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/15 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT. 03/15”) dentro do vixente Orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente, ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 15 de xuño de 2015 indica que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, nos artigos 2, 3, 11, 27 e demais concordantes da Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e sostibilidade financeira, e nas bases de execución do orzamento, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 03/15 da Deputación de Pontevedra. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/15 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT. 03/15”) co seguinte detalle: 1) Créditos Extraordinarios “EXT. 03/15”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 921-3260-480,01 AXUDAS A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO (Formación Profesional Dual) 10.481,20 € 942-9420-652,10 INVESTIMENTOS XESTIONADOS, CONVENIOS CON ENTIDADES LOCAIS (Construción Edificio Usos Náuticos Illa de Arousa) 1.175.000,00 € Total Créditos Extraordinarios 1.185.481,20 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 1.185.481,20 € Resume das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 0,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 10.481,20 € Capítulo 6º Investimentos reais 1.175.000,00 € Capítulo 7º Transferencia de capital 0,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 1.185.481,20 € Segundo: o expediente de modificación de créditos número 3/15 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT. 03/15”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6622.- EXCLUSIÓN DO TERREO INTEGRADO NO SUI-2 DO ÁMBITO DO ANTIGO CONSORCIO URBANÍSTICO BARRO-MEIS (CONCELLO DE MEIS) Sr. Presidente.- O punto número 5. Exclusión do terreo integrado no SUI-2 do ámbito do antigo Consorcio urbanístico Barro-Meis, no concello de Meis, bueno, o antigo IPESPO, ¿non?. Bueno, esta é unha petición, aquí hai, nesta zona industrial hai tres desarrollos urbanísticos de solo industrial, só hai un que se levou a cabo que é o que a Deputación, neste momento, está executando e que, dalgunha maneira, incluso esta mesma semana firmábamos a venta definitiva de varias parcelas, concretamente, eu creo que cinco, máis a construción dun centro de servizos varios para os empresarios do polígono, un viveiro de empresas que, dalgunha maneira, é o que neste momento está avanzando á espera tamén da posta en marcha dun gran grupo empresarial de Pontevedra que vai instalar alí 20.000 m2 de naves industriais nese polígono. Quedan dúas máis, dúas zonas máis por desarrollar, que é un polígono industrial privado, máis outra zona que entendo que debe ser este do termo municipal de Meis que, dalgunha maneira, nos pide a súa exclusión porque está encadrado só, só no municipio de Meis o outro, o que levou a cabo a Deputación está dentro do termo municipal, todo, do municipio de Barro. Polo tanto, bueno, é unha cuestión practicamente de trámite e que, dalgunha maneira, pois, debemos aprobar aquí porque non sabemos que vai a pasar no futuro, me refiro en relación a estas dúas zonas, o privado e incluso tamén o outro tramo de Meis, se se vai a levar a cabo, aínda que entendo que mentres non se vaia ocupando o que agora mesmo está urbanizado, pois, claro, vai a ser máis difícil que se desarrolle. O importante, en todo caso, é que alí hai máis posibilidades das que agora mesmo existen catalogadas como tal, desde o punto de vista urbanístico, para a creación de solo industrial, e creo que iso é unha moi boa nova que, en todo caso, pois, debe de ir para adiante, xa que, para as comarcas de Pontevedra, para a comarca do Salnés e para a comarca de Caldas, pois, vai a ser o eixe futuro, vai a ser o eixe futuro da actividade industrial, eu diría, que das tres comarcas, ¿non?, ese macronudo construído pola Xunta de Galicia, esa comunicación coas autopistas, perdón, a Autopista do Atlántico e a Autovía do Salnés, pois permiten que a súa ubicación estratéxica vaia a permitir que aí, dalgunha maneira liderado por esta Corporación, pois, sexa o futuro industrial, precisamente, desas tres comarcas, o cal, pois, xa empeza por bo camiño e espero que continúe así durante os próximos anos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a petición do Alcalde do concello de Meis de 15 de xuño de 2015 pola que solicita a exclusión do terreo integrado no SUI-2 do ámbito do antigo consorcio Barro-Meis, o informe do Técnico municipal da mesma data, vistos os informes do Secretario e do Interventor de datas 16 e 17 de xuño; e visto, así mesmo, o informe do Técnico-colaborador do polígono, de 17 de xuño, e o ditame favorable da Comisión Informativa de Infraestruturas e servizos xerais, o Pleno acorda, por unanimidade, a exclusión dos terreos integrados no SUI-2 do ámbito do antigo consorcio Barro-Meis, ó obxecto de que sexa o propio concello quen leve a cabo o desenvolvemento dos citados terreos que non foron obxecto de desenvolvemento urbanístico mediante o correspondente plan parcial, quedando condicionado o presente acordo a que polo concello de Meis se ratifique a solicitude do Alcalde de data 15 de xuño do presente. 6.6623.- CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A IMPLANTACIÓN DA MODALIDADE DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL, DIRIXIDA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE Sr. Presidente.- Punto número 6. Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra para a implantación da modalidade de formación profesional dual, dirixida a persoas con discapacidade. Bueno, este é un convenio que xa fixemos un fai pouco e agora volvemos a reiterar, precisamente outro, que nos parece ademais unha medida moi, moi acertada e que o señor Figueroa vai a explicar. Sr. Figueroa Vila.- Moi breve porque, bueno, xa o coñecen todos os corporativos. Este é un convenio coa Consellería de Educación e a Deputación para desenrolar un proxecto de formación profesional dual de servizos administrativos dirixidos a persoas con discapacidades e compromete a coller un grupo de, son de dez persoas, con, loxicamente, unha actividade formativa importante e específica para estas persoas e que se distribuirá da seguinte forma: dous días en centros educativos e tres en instalacións da Deputación. Despois, bueno, teñen aí todos os horarios de traballo, e para o ano 2015 o custe total do proxecto será de 10.400 €, e para todo o período 2015-2018 ascende a 109.000 €. Os alumnos serán seleccionados pola Consellería de Educación e a Deputación deberá designar un titor que se encargue do seguimento do alumnado e de coordinar a actividade formativa co titor dos centros educativos. Teñen aquí toda a información dos horarios, a programación, os importes, bueno, creo que é un tema que está perfectamente explicado e que coñecen todos os membros desta Corporación. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. Figueroa. Procedemos á aprobación do punto número seis. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal e, vistos os informes do Servizo de Recursos Humanos e Formación, Secretaría Xeral e Intervención, en virtude das competencias que lle atribúe ó Pleno da Corporación o artigo 34.1 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en relación co previsto na base 16.3 b) de Execución do Orzamento Provincial para o 2015, o Pleno acorda, por unanimidade, aprobar o Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para desenvolver nas instalacións desta Institución un proxecto de formación profesional dual de Servizos administrativos dirixidos a persoas discapacitadas, cuxo contido se reproduce a continuación: Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra para a implantación da modalidade de formación profesional dual na formación profesional básica dirixida a persoas con discapacidade. Santiago de Compostela, 21 de maio de dous mil quince REUNIDOS Dunha parte, Don Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en representación desta consellería e de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 34.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia. E doutra, don Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do acordo plenario do 24 de xuño de 2011, de conformidade co disposto no artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, de bases do réxime local. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e no exercicio das facultades que para convir, en nome das entidades que representan, teñen conferidas EXPOÑEN 1º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 39 que a formación profesional no sistema educativo ten por finalidade preparar ó alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ó longo da súa vida, contribuír ó seu desenvolvemento persoal e ó exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ó longo da vida. 2º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 42.bis que a formación profesional dual do sistema educativo español é o conxunto de accións e iniciativas formativas que, en corresponsabilidade coas empresas, teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas, harmonizando os procesos de ensino e aprendizaxe entre os centros educativos e os centros de traballo. 3º. Que a Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, especifica nos artigos 6 e 11.3 que a colaboración das empresas no desenvolvemento do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional se desenvolverá, entre outros ámbitos, mediante a súa participación na formación do alumnado nos centros de traballo, favorecendo a realización de prácticas profesionais dos alumnos e das alumnas nas empresas e noutras entidades, e deberán establecerse os mecanismos axeitados para que a formación que reciba financiamento público poida ofrecerse por centros ou directamente polas empresas, mediante concertos, convenios, subvencións ou outros procedementos. 4º. Que a disposición adicional sétima do Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, se aproban catorce títulos profesionais básicos, se fixan os seus currículos básicos, establece que ata o momento en que se desenvolva a formación profesional dual do sistema educativo establecida no artigo 42.bis da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, a modalidade formación profesional dual nos ciclos formativos de formación profesional básica realizarase de acordo co establecido para o sistema educativo no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual. 5º. Que o Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, pretende crear as bases para a implantación progresiva da formación profesional dual en España, entendida como o conxunto de accións e iniciativas formativas que teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas, combinando os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación, propiciando unha participación máis activa das empresas no propio proceso formativo do alumnado e, daquela, permitir que estas coñezan de xeito máis próximo a formación que reciben, cada vez máis adaptada ás demandas dos sectores produtivos e ás necesidades específicas das empresas. Neste sentido, as empresas e o centro de formación profesional estreitan os seus vínculos, unen esforzos e favorecen unha maior inserción do alumnado no mundo laboral durante o período de formación. Así mesmo, establece que terán a consideración de formación profesional dual os proxectos desenvolvidos no ámbito do sistema educativo, coa coparticipación dos centros educativos e das empresas, cando non medie un contrato para a formación e a aprendizaxe. Estes proxectos formalizaranse a través dun convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as empresas colaboradoras. 6º. Que o artigo 17 da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social segundo a redacción do Real decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido desta lei, establece que as persoas con discapacidade en idade laboral terán dereito a se beneficiaren de programas de rehabilitación vocacional e profesional, mantemento do emprego e reincorporación ó traballo. A orientación profesional será prestada polos correspondentes servizos, tendo en conta as capacidades reais da persoa con discapacidade, determinadas conforme ós informes dos equipos multiprofesionais de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade. Así mesmo, tomarase en consideración a formación efectivamente recibida e por recibir, e as posibilidades de emprego existentes en cada caso, así como a atención ás súas motivacións, aptitudes e preferencias profesionais. A formación, readaptación ou recualificación profesional, que poderá comprender, se fora o caso, unha preformación xeral básica, promoverá a adquisición de experiencia laboral no mercado de traballo e impartirase de acordo co itinerario persoal e a orientación profesional prestada con anterioridade, conforme á decisión tomada pola persoa con discapacidade. As actividades formativas poderanse impartir, ademais de nos centros de formación dedicados a isto, nas empresas. 7º. Que o artigo 26 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, determina que a consellería con competencias en materia de educación poderá realizar ofertas formativas dirixidas a persoas discapacitadas, xente nova con fracaso escolar, persoas con risco de exclusión social e outros colectivos específicos. As ditas ofertas, ademais de incluír módulos asociados ó Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, poderán incorporar módulos apropiados para a adaptación ás necesidades específicas do colectivo beneficiario. 8º. Que o artigo 15 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos, establece que se poderan ofrecer ciclos de formación profesional básica para as persoas que superen os 17 anos e que non estean en posesión dun título de formación profesional ou de calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos. Estes ciclos formativos poderán realizarse nas modalidades presencial ou a distancia, ou na modalidade de formación profesional dual. Así mesmo, no artigo 18 deste decreto, indícase que esta modalidade formativa ten por obxecto a cualificación profesional dos alumnos e das alumnas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa ou institución coa actividade formativa recibida no marco do sistema educativo. A formación inherente a esta modalidade será a necesaria para a obtención do título profesional básico correspondente, sen prexuízo de poder incluír formación complementaria para dar resposta tanto ás necesidades do alumnado como ás necesidades das empresas. Adicionalmente, no artigo 20 establécese que a formación profesional básica pola modalidade de formación profesional dual poderá ser impartida nos centros docentes autorizados pola consellería con competencias en materia de educación. 9º. Que a Deputación Provincial de Pontevedra está disposta a participar na implantación da formación profesional dual na formación profesional básica no IES Montecelo, acolléndose á modalidade regulada no artigo 3.1, aliña b), do Real decreto 1529/2012 na que esta facilita ós centros de formación os espazos, as instalacións ou as persoas expertas para impartir total ou parcialmente determinados módulos profesionais ou módulos formativos. O alumnado participante será beneficiario de bolsas, non terá en ningún caso vinculación laboral coa Deputación Provincial de Pontevedra e non poderá establecerse entre esta e aquel ningunha relación contractual, nin sequera baixo as modalidades de contrato en prácticas ou para a formación, previsto no artigo 11 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, polo que o alumnado acollido a este réxime de bolsas queda absolutamente excluído da lexislación laboral. 10º. Que o obxecto do presente convenio é establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra para a implantación da formación profesional dual na formación profesional básica no IES Montecelo, para o ciclo de Servizos administrativos. Esta formación profesional dual combinará os procesos de ensino e aprendizaxe nas instalacións da Deputación Provincial de Pontevedra e no centro educativo. En consecuencia, estes organismos acordan subscribir este convenio, con base nas seguintes, CLÁUSULAS Primeira. Este proxecto de formación profesional dual ten carácter experimental e ten as seguintes características: a. Este proxecto toma como referencia os currículos de formación profesional básica de Servizos administrativos implantados na comunidade autónoma de Galicia polo Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos. b. Terá como duración os cursos escolares 2015-2016, 2016-2017 e 2017-2018, segundo a distribución de días lectivos incluídos no calendario escolar aprobado para cada curso. c. A distribución e a temporalización dos módulos por curso escolar será a establecida no anexo deste convenio. d. No horario semanal da actividade formativa, dous días estarán reservados para que o alumnado acuda ó centro IES Montecelo e tres días á Deputación Provincial de Pontevedra. e. A permanencia do alumnado na Deputación Provincial de Pontevedra, deberá desenvolverse dentro do marco temporal do horario laboral desta, sen superar as oito horas diarias e as vinte e catro semanais. f. A titoría e a docencia dos módulos de Comunicación e sociedade I e II e de Ciencias aplicadas I e II terán lugar no centro IES Montecelo. g. O resto dos módulos profesionais impartiranse de xeito compartido entre o centro educativo e a Deputación Provincial de Pontevedra, garantindo a adquisición dos resultados de aprendizaxe establecidos nos currículos dos ciclos formativos. h. Ademais, atendendo ás características da Deputación Provincial de Pontevedra, incorpórase, de ser o caso, formación complementaria á establecida no currículo do ciclo formativo correspondente, para reforzar a formación do alumnado e mellorar a súa empregabilidade. Segunda. A Deputación Provincial de Pontevedra asinante deste convenio comprométese a acoller nas súas instalacións a 10 alumnos e/ou alumnas matriculados/as en formación profesional básica no centro IES Montecelo. A Deputación Provincial de Pontevedra colaborará coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na selección do alumnado solicitante que cumpra os requisitos de admisión. Para tal fin, poderán realizarse entrevistas psicoprofesionais e probas de coñecementos que permitan identificar a idoneidade dos/das candidatos/as en relación co perfil profesional que adquirirá o alumnado na Deputación Provincial de Pontevedra ó longo do proxecto. Terceira. O alumnado participante, non terá en ningún caso vinculación laboral coa Deputación Provincial de Pontevedra e non poderá establecerse entre esta e aquel ningunha relación contractual. En calquera caso, segundo o artigo 33 do Real decreto 1592/2012, do 8 de novembro, a Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a que o alumnado seleccionado dispoña dunha bolsa. Este réxime de bolsas estará suxeito ás seguintes especificidades: a. Para a efectividade da bolsa, a Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cada alumno ou alumna do proxecto, en períodos mensuais con carácter irrevogable, un importe que non poderá ser inferior á parte proporcional, en función do tempo de actividade profesionalizadora que realice o alumnado durante a súa estadía na Deputación Provincial de Pontevedra, do salario mínimo interprofesional, publicado para cada ano de duración do proxecto. O tempo de actividade profesionalizadora é o que se recolle no anexo deste convenio. b. Para a efectividade do réxime de bolsas, a Deputación Provincial de Pontevedra e as persoas bolseiras deberán cumprir sempre os requisitos establecidos na normativa que regula os proxectos de formación profesional dual e neste convenio. Cuarta. Consonte ó artigo 30.5 do Real decreto 1592/2012, do 8 de novembro, a actividade formativa na Deputación Provincial de Pontevedra e no centro educativo coordinarase mediante reunións mensuais de control nas que se fará seguimento do alumnado. A Deputación Provincial de Pontevedra nomeará unha persoa como titor ou titora do alumno ou da alumna, que será responsable do seguimento das actividades formativas que previamente fosen acordadas co centro educativo, da coordinación da actividade profesionalizadora coa actividade formativa e da comunicación co centro de formación. Así mesmo, o centro formativo designará para cada ciclo formativo un profesor ou profesora, como titor ou titora responsable do seguimento da programación e da súa revisión se fora necesario unha vez iniciado o período de formación, así como da coordinación da avaliación co profesorado e/ou os titores e as titoras que interveñen. Ademais, esta persoa será a interlocutora coa Deputación Provincial de Pontevedra para o desenvolvemento do proxecto. Quinta. O alumnado deste proxecto disporá dun mínimo de trinta días naturais de vacacións en cada un dos cursos de duración do proxecto. Para estes efectos computaranse, por unha parte, as vacacións escolares, establecidas para cada curso no correspondente calendario escolar, das que o alumnado se beneficie durante a súa estadía no centro educativo, e, por outra parte, os días restantes ata completar, cando menos, o mínimo establecido, que determinará a Deputación Provincial de Pontevedra no período de estadía do alumnado na institución. Sexta. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, garantirá que, con anterioridade ó comezo do período de formación na Deputación Provincial de Pontevedra, o alumnado teña adquiridas as competencias e os contidos relativos ós riscos específicos e ás medidas de prevención nas actividades profesionais correspondentes ó perfil profesional de cada título profesional básico, segundo se requira na normativa en materia de prevención de riscos laborais. Sétima. Calquera eventualidade de accidente que se puidese producir será recollida pola normativa vixente en materia de seguro escolar e polos estatutos de mutualidade de tal seguro; todo iso sen prexuízo da póliza que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poida subscribir como seguro adicional para mellorar a indemnización, cubrir danos a terceiros ou responsabilidade civil. Oitava. Establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión, que se reunirá cando se considere oportuno por calquera das partes asinantes. Esta comisión estará constituída polos seguintes membros: En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: - A persoa titular da Subdirección xeral de formación profesional ou persoa en quen delegue. - A persoa titular da dirección do IES Montecelo. - O profesor titor ou a profesora titora de cada un dos ciclos formativos. En representación da Deputación Provincial de Pontevedra: - A persoa titular da súa presidencia ou persoa en quen delegue. - A persoa que realice a titoría do alumno na Deputación Provincial de Pontevedra. Un funcionario ou unha funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuará como secretario ou secretaria. Novena. O convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata a finalización do proxecto. Décima. Este convenio extinguirase pola finalización do tempo convido e poderase resolver por calquera das partes, mediante denuncia dalgunha delas, que se lle deberá comunicar á outra cunha antelación mínima de quince días, baseada nalgunha das seguintes causas: a. Cesamento das actividades do centro docente ou na Deputación Provincial de Pontevedra. b. Forza maior que imposibilite o desenvolvemento das actividades programadas. c. Incumprimento das cláusulas establecidas neste convenio. d. Mutuo acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra. Undécima. Este convenio de colaboración posúe carácter administrativo por razón do contido e das materias sobre as que versa, as cales, ó abeiro do disposto no artigo 4.1 e 2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, o exclúen do seu ámbito de aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios desta para resolver as lagoas ou dúbidas que a súa aplicación suscite. Dada a natureza administrativa deste instrumento xurídico, as controversias ou cuestións litixiosas que xurdiren na súa aplicación e non puideren ser solucionadas no seo da comisión de seguimento serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e co Real decreto 1720/2007, polo que se aproba o regulamento polo que se desenvolve a citada lei orgánica, nin o alumnado nin a Deputación Provincial de Pontevedra que por razón das actividades formativas teñan acceso a datos de carácter persoal disporán destes con finalidade distinta á esixida polas accións formativas. Lido este convenio, atópano conforme e asínano no lugar e na data indicados. O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Asdo.: Román Rodríguez González O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra Asdo.: Rafael Louzán Abal 1. ANEXO. Ciclo formativo de Servizos Administrativos 1.1 Distribución da actividade na Deputación Provincial de Pontevedra Actividade Curso 2015-2016 Curso 2016-2017 Curso 2017-2018 Total Formación curricular 383 h 386 h 171 h 940 h Formación en empresa 123 h 62 h 49 h 283 h Actividade profesionalizadora 724 h 782 h 1.010 h 2.565 h Total 1.230 h 1.230 h 1.230 h 3.690 h 1. 2 Distribución da formación curricular dos módulos profesionais Curso escolar Temporalización Código módulo Nome módulo Horas de formación curricular 2015-2016 Setembro - Agosto MP3001 Tratamento informático de datos 204 MP3003 Técnicas administrativas básicas 179 Total 383 2016-2017 Setembro - Agosto MP3004 Arquivamento e comunicación 146 MP3002 Aplicacións básicas de ofimática 240 Total 386 2017-2018 Setembro - Agosto MP3005 Atención á clientela 58 MP3057 Preparación de pedidos e venda de produtos 113 Total 171 b) Parte de información e control: 7.6624.- DAR CONTA DO INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE MAIO DE 2015 Sr. Presidente.- Punto número 7. Dar conta do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de maio de 2015 que, bueno, creo que o teñen todos, polo tanto, estamos liderando, no ámbito das administracións de Galicia, pois, o período medio de pago máis favorable, neste caso, para os provedores o cal, pois, creo que é moi importante que esta administración siga niso, e, iso agradecerllo ó Interventor e a todo o equipo de funcionarios desta casa que fan posible, precisamente, lograr pagar en tempo e forma. O Sr. Interventor expón ós Sres. Deputados/as que a Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior: Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de maio de 2015, que se expón a continuación: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES MAIO 2015 Entidade Mes Ratio operacións pagadas Importe pagos realizados Ratio operacións pendentes Importe pagos pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Maio -14,7854734157 5.670.147,52 49,1900317648 1.480.704,03 -1,538269544 Escola de Enfermería Maio -7,0469383185 1.875,44 0,0000000000 0,00 -7,046938318 Consorcio Contraincendios e Salvamento Maio -6,0029108691 220.738,20 0,0000000000 0,00 -6,002910869 TOTAL 5.892.761,16 1.480.704,03 -1,673327897 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de maio de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira e no Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 8.6625.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 8. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Si, las dictadas entre el 26 de mayo y el 15 de junio. Sr. Presidente.- Y, no hay nada más. Polo tanto, se levantaría a sesión. ¡Ah, perdón!. D. Cesáreo, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Que sexa dar conta non quere dicir que non se poida, … Sr. Presidente.- ¡Ah!, non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- … non se poida intervir. Sr. Presidente.- Sen dúbida. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, eu, simplemente quería comentar, a propósito das Resolucións Presidenciais e máis das listaxes que hai de, vamos, de gastos comprometidos, subvencións e demais que o Presidente, eu creo que, como médico de receitas tería un gran futuro. Dígoo porque, pola velocidade que despacha os talonarios, ¿non?. Ou sexa, desde logo, a todo o que había gastable de disposición do Presidente, do 20%, de non sei que de …, doutro tipo, de todos os plans e demais, demostra unha executividade elevada, ou sexa, moi elevada, ou sexa, traducido, deixa todo gastado … Sr. Presidente.- Non. Sr. Mosquera Lorenzo.- … deixa o que é, deses plans, deixa todo repartido e gastado, non sei se foi porque, por, digamos, que tiña a man lixeira para repartir e non, ou foi porque igual é o que propuxemos nós como programa de mínimos, e entón como queremos que desapareza o 20% di, bueno, xa, para que non haxa problemas xa o gasto todo, co cal, xa queda, xa elimina ese problema. Bueno, xa hai uns plenos, ¿non?, creo que non estaba, xa temos dito, creo que remata o mandato, xa o ano pasado e este, abusando, abusando, do cheque, da receita, a repartir entre un lado e outro Pero bueno, vamos a deixalo aí e simplemente como consideración que é o que se deduce das Resolucións Presidenciais. Sr. Presidente.- Moi ben, Sr. Mosquera, dicir que, dalgunha maneira, xestionamos e xestionamos ben, o normal sería que non houbera recursos e, neste momento, si hai recursos para facer iso e para facelo ademais con todos. Porque vostede acaba de comprobar, ¿eh?, e nunca mellor dito, e caeu nunha pequena contradición Sr. Mosquera, porque podendo haber non dado esa actuación, por exemplo, para A Illa de Arousa, 1.200.000 €, nada máis e nada menos, desta casa, pois, seguimos mantendo o noso criterio e comprometemos ese gasto, que podíamos non habelo feito e vostede, dalgunha maneira, cae nunha incoherencia, ¿non?, de que se eu, dalgunha maneira, demostrara iso que vostede acaba de dicir, estea por seguro que non levaría a cabo esa actuación, sen embargo, aquí estamos dando fe e a aprobación do Pleno de hoxe da fe diso, de que este compromiso, que non é unha inversión menor, porque ademais foi liderado por esta casa, cun goberno distinto ó desta casa, que non ten nada que ver, porque así o decidiron os cidadáns, pois, o pon en marcha. Polo tanto, ten que entender que é unha incoherencia porque independentemente de calquera outra resolución creo que non hai ningunha cantidade destinada a ningún ayuntamiento do PP, comparativamente con esta destinada a un ayuntamiento, neste caso, doutra formación política, ¿que lle parece?. Iso non creo que vostede nin o seu partido fose capaz de levalo a cabo, sen embargo, este partido, que é o Partido Popular, que ostenta a responsabilidade desta Institución neste momento, é capaz de levar a cabo porque cumpre os seus compromisos, e iso di moito a favor de tal. Polo tanto, Sr. Mosquera, ten que ser minimamente coherente porque o que está dicindo non se corresponde coa realidade, porque o efecto o acaba de ter nun dos puntos do Orde do Día desta casa, incluído tamén, neste caso, a rehabilitación de Balaídos. Polo tanto, terá que entender, aínda que noutras veces teño que dicirlle que ten razón, nesta ocasión, creo que se foi moito máis alá e comprende e entende a súa incoherencia, que non ten nada que ver coa realidade, porque a demostración queda palpable non só no que vostede di das Resolucións Presidenciais, senón que queda palpable nos acordos que hoxe, dalgunha maneira, aprobamos no Pleno da Corporación provincial que, como digo, son, nada máis e nada menos, que dez millóns, á parte dos cinco que había para Balaídos, e 1,2 millóns de euros, 1,2 millóns de euros para A Illa de Arousa, ¿eh?. Polo tanto, a min me gustaría e si llo digo tamén, que gobernos futuros desta Corporación actuaran da mesma maneira que actúa o PP neste momento; iso é para que, dalgunha maneira, o poida comprobar, e dicía o Alcalde da Illa de Arousa, agora, tomando posesión, fai pouco, que lle gustaría que a Deputación cumprira o seu compromiso. E a Deputación cumpre o seu compromiso e podía non habelo feito e, sen embargo, que mellor demostración que cumprilo no día de hoxe. Moi ben, ¿algunha cousa máis?. Si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, simplemente, simplemente, Presidente, home, a ver, do 20 % do Plan Provincial de Obras e Servizos, a relación de subvencións que está aquí, que é bastante máis que iso, bastante máis que ese millón do que fala e demais. Sr. Presidente.- Home, é que, claro, non se olvide que ata agora gobernaron, 48 municipios, gobernounos o PP na provincia de Pontevedra, llo digo por se acaso non ten memoria. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero vai todo para concellos que gobernaba o PP. Sr. Presidente.- Home, claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Home, claro. Sr. Presidente.- Bueno, ben, vai unha parte importante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa está, xa está. Sr. Presidente.- Vai unha parte importante, porque somos maioría, pero tamén hai algún do PSOE, ¿non veu por aí?, ¿e algún do Bloque?, ¿non?, entón ten mala vista, non, pero entón teño que recordarllo, ¿eh?, porque algún hai por aí, si, si. Pero, cando diga, diga a verdade de todo, entón, ¿hai algún ayuntamiento do Partido Socialista ou non o hai?, si; ¿hai algún ayuntamiento do partido do Bloque Nacionalista Galego, tamén?, si. Bueno, cando queira o damos publicamente, ¿quere que o demos publicamente?, pois, míreo aí, claro, non, míreo, aí, o concelleiro que está ó seu lado, creo que nese municipio hai un goberno do Bloque Nacionalista Galego, porque non hai mellor proba que a do algodón e ademais aquí, en directo, ese municipio que está ó seu lado que se chama Tomiño ten unha actuación de 150.000 € do Plan de libre disposición, dese 20 % que vostede fala. Non, non, non, o ano pasado non, este ano. Vostede míreo aí, teno aí para comprobar. Bueno, pois teno aí para comprobar, entón, a ver, Sr. Mosquera, ve que está sendo incoherente e eu sei que a vostede lle gusta acertar, pero nesta ocasión pinchou en auga, non acertou; oe, a min me gusta que vostede, dalgunha maneira, que vexo que estuda os temas e os prepara adecuadamente, pero claro, cunha comprobación tan fidedigna como os documentos de hoxe é imposible que vostede poida dicir algo máis. ¿Dígame? Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa, para rematar e en tono tal, ¿xa se lle recuperou a muñeca de asinar cheques e tal?, xa se descansou … Sr. Presidente.- Pero o máis importante tróuxeno aquí. Sr. Mosquera Lorenzo.- … ou aínda a ten apurada. Sr. Presidente.- O máis importante tróuxeno aquí hoxe. Si, din que hai Comisións Informativas o martes, me di o Secretario, para preparar o Pleno ordinario que é o 26, ¿non?. Sr. Secretario.- Si. El martes a partir de las 9. A partir de las 9, a partir de las 9, si. Sr. Presidente.- Moitas gracias e moi bos días. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 26 de maio e 15 de xuño do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota