Fondos
2015-06-26_Ordinaria. Acta de sesión 2015-06-26_Ordinaria
Acta de sesión 2015-06-26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/1.2015-06-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015-06-26_Ordinaria
Data(s) 2015-06-19 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 26 de xuño do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e seis de xuño do ano dous mil quince baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: a) Parte resolutiva: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno do día de hoxe. 1.6626.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2014 (QUE INCLÚE A PROPIA DA DEPUTACIÓN, A DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA E A CONSOLIDADA) Sr. Presidente.- Punto número 1. Aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio 2014 (que inclúe a propia da Deputación, a da Escola Universitaria de Enfermería e a consolidada). Votación. A inclusión na orde do día. Por unanimidade. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o día 22 de maio de 2015 ditaminou favorablemente a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2014, que inclúe a da propia Deputación, a da Escola Universitaria de Enfermería e a consolidada. Resultando que durante o prazo regulamentario que o expediente estivo exposto ó público non se presentaron reclamacións, reparos ou observacións contra o mesmo, a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, en concordancia co artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL). Considerando o artigo 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, e o artigo 212.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL). Previo acordo por unanimidade da súa inclusión na orde do día. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2014, que inclúe a da propia Deputación, a da Escola Universitaria de Enfermería e a consolidada, integradas polo balance de situación final (composición e situación do patrimonio), a conta de resultados económico-patrimonial, o estado de liquidación do orzamento, a memoria co resume dos estados máis relevantes (Estado de situación e movementos de operación non orzamentarias de tesourería, estado demostrativo de orzamentos pechados e estado de remanente de tesourería), o estado de tesourería e o estado da débeda. Así mesmo incorpóranse certificacións de entidades financeiras cos saldos existentes nas mesmas a favor da Deputación e dos seus organismos autónomos referidos ó fin do exercicio, de conformidade co establecido nas regras 97 a 104 da Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, pola que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local. CONTA XERAL EXERCICIO 2014 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Balance de situación final. (Composición e situación do patrimonio) - Activo 337.746.841,57 - Pasivo 177.908.754,99 - Neto patrimonial 159.838.086,58 Conta de Resultados. Económico-Patrimonial - Aforro 47.486.848,78 Estado de liquidación do orzamento - Resultado orzamentario axustado 59.858.834,76 Estado de Tesourería - Existencias iniciais 119.122.199,31 - Cobros 730.542.016,43 - Pagamentos 717.408.211,39 - Existencias finais 132.255.924,35 Estado da débeda - Débeda viva pendente de amortizar ó final 86.972.380,17 - Carga financeira en termos relativos 9,82% Estado de remanente de Tesourería - Remanente de Tesourería dispoñible 118.214.818,74 CONTA XERAL EXERCICIO 2014 ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Balance de situación final. (Composición e situación do patrimonio) - Activo 302.593,86 - Pasivo 23.523,64 - Neto patrimonial 279.070,22 Conta de Resultados. Económico-Patrimonial - Déficit do exercicio 28.008,61 Estado de liquidación do orzamento - Resultado orzamentario axustado 44.396,86 Estado de Tesourería - Existencias iniciais 124.419,04 - Cobros 1.003.614,43 - Pagamentos 920.695,27 - Existencias finais 207.338,20 Estado de remanente de Tesourería - Remanente de Tesourería dispoñible 183.814,56 CONTA XERAL EXERCICIO 2014 CONSOLIDADA Balance de situación final. (Composición e situación do patrimonio) - Activo 338.049.435,43 - Pasivo 177.932.278,63 - Neto patrimonial 160.117.156,80 Conta de Resultados. Económico-Patrimonial - Aforro 47.514.857,39 Estado de liquidación do orzamento - Resultado orzamentario axustado 259.903.231,62 Estado de remanente de Tesourería - Remanente de Tesourería dispoñible 118.398.633,30 Estado de Tesourería - Existencias iniciais 119.246.538,35 - Cobros 731.545.630,86 - Pagamentos 718.328.906,66 - Existencias finais 132.463.262,55 Estado da débeda - Débeda viva pendente de amortizar a L/P 71.194.774,76 - Débeda viva pendente de amortizar a C/P 15.777.605,41 - Total 86.972.380,17 2.6627.- PRÓRROGA DO PRAZO DE EXECUCIÓN DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013 Sr. Presidente.- Punto número 2. Prórroga do prazo de execución do Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013. Si. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Moi breve, porque, bueno, xa é coñecido, xa pasou polas Comisións e por todas as … e que, vista pois a execución das Obras dos Servizos Provinciais do POSP 2013, facer unha prórroga ata o 30/09/2015. Creo que está xustificada, perfectamente, na proposta dos técnicos para, pois, intentar levar a cabo todas aquelas obras que, por diversas circunstancias, tiveron algunha dificultade. Sr. Presidente.- Ben, polo tanto, procedemos, neste caso, á aprobación deste punto que é a prórroga establecida para este plan de execución de Plan de Obras e Servizos Provinciais do ano 2013. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que, en virtude das competencias que lle atribúe a lexislación vixente, a Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do seu Pleno, celebrada o 7 de agosto de 2013, aprobou as Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos Provinciais - 2013 (POSP/13), que foron publicadas no BOP núm. 155 do 14/08/2013. Resultando que este Plan se concibe coa pretensión de financiar, por un lado, aqueles investimentos necesarios para os concellos e de colaborar con eles na regularización da súa situación financeira cun programa de axudas dirixido a subvencionar os gastos correntes nos que incorren as entidades locais na súa actividade como xestores públicos, co obxectivo de acadar o maior beneficio social tanto a nivel da atención ó cidadán coma no correcto funcionamento interno. Ademais, a Deputación de Pontevedra quere contribuír á sostibilidade financeira dos concellos da provincia e por iso un dos eixes desta liña de subvencións é dotar dun instrumento esencial ós concellos da provincia que permita o cumprimento, por parte destes, dos prazos de pagamento marcados pola actual lexislación contractual (Real decreto lexislativo 2/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e a Lei 3/2004, de medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, así como garantir o cumprimento dos límites fixados pola lexislación de estabilidade orzamentaria, o que redundará de forma substancial nunha mellor situación económica das entidades locais (Lei 2/2012, de estabilidade orzamentaria). Resultando que para acometer estas medidas de apoio ós concellos dotouse ó POSP/13 con 15 millóns de euros, cuxa aplicación é necesario prorrogar ata finais do vindeiro ano, xa que non é posible realizar a tramitación completa do Plan no presente ano. Resultando que dito Plan concíbese no exercicio 2013, pero a súa execución esténdese ó longo do ano 2014, segundo se sinala na súa base décimo sexta, polo que se debía entender vixente tamén na anualidade 2014. En base ó anterior, o Pleno acordou na súa sesión ordinaria de 27/12/2014 a prórroga da aplicación do crédito e concesión de subvencións do Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013 (POSP/13) ata o 31/12/2014 e asemade ampliar o prazo de execución ata o 30/06/2015. Resultando que a implementación do POSP/13 está suxeita á aparición de imprevistos e outras circunstancias que non puideron terse en conta durante a súa concesión ou ben non cabía unha estimación precisa dos prazos necesarios, como poden ser os retrasos derivados do cumprimento de trámites preceptivos de carácter administrativo ou a aparición de condicionantes de carácter técnico que non puideron ser informados durante a redacción dos proxectos que serviron de base á concesión das axudas; semella aconsellable acomodar o prazo de execución ás circunstancias reais dos investimentos. Considerando que de acordo co disposto nos artigos 182 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 34 e ss. do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, os créditos do POSP/13 non comprometidos a 31 de decembro de 2013, incorporaranse ó orzamento de 2014, previa tramitación do correspondente expediente de incorporación de remanentes de crédito, unha vez aprobada a liquidación do orzamento xeral de 2013. Resultando que este crédito, cumprido o anterior, poderá ser aplicado, seguindo o disposto nos artigos 22.1 e 27 da Lei xeral de subvencións, na Base 25.2ª dos Orzamentos provinciais e nas Bases reguladoras do POSP/13, ata o fin do Plan. Vista a documentación que obra no expediente, o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación, e o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda, por unanimidade, a prórroga do prazo de execución do Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013 (POSP/13) ata o 30/09/2015. 3.6628.- ADDENDA Ó CONVENIO CON UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, S.A., PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA LAT E UNHA SUBESTACIÓN NO POLÍGONO INDUSTRIAL OUTEDA-CURRO Sr. Presidente.- O punto número 3. Adenda ó Convenio con Unión Fenosa Distribución para a construción dunha liña de alta tensión e unha subestación no Polígono industrial de Curro. Bueno, isto tamén, dalgunha maneira, hoxe na Xunta de Goberno se aproba, ademais, este Convenio vámolo aprobar aquí, pero se acaba de aprobar na Xunta de Goberno unha prórroga ata o 26 de xullo deste mes, para rematar esta actuación que sobrepasa unha inversión de máis de 1.000.000€, que permite desde a liña de alta tensión de 66kW de Tibo-Mourente, poder levar, neste caso, esa potencia ó propio polígono, que agora mesmo, por certo, hai que dicir que xa temos liña eléctrica desde fai bastante no polígono pero que debe ser reforzada co futuro da instalación das empresas que futuramente se van a instalar neste polígono e que, polo tanto, esta previsión queda practicamente garantizada, como tamén a adxudicación da depuradora que se vai adxudicar estes días, da depuradora do Polígono industrial de Barro-Meis. Polo tanto, os servizos básicos elementais para este polígono quedan perfectamente en marcha e, polo tanto, só falta, pois, o asentamento de empresas, que, pola información que nos consta, xa hai petición no concello de Barro, tamén de licenza de varias actividades industriais que se van a levar a cabo neste polígono. Polo tanto, a aprobación e a addenda a este Convenio, pois, dalgunha maneira, permite tamén garantir o subministro, como digo, ó propio polígono. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o Convenio que o Pleno da Corporación Provincial aprobou o 26 de novembro de 2010 para a construción dunha liña de alta tensión e unha subestación na zona de Barro, entre IPESPO e Unión Fenosa Distribución, SA e que foi subscrito polo Presidente da Deputación e UFD o 21 de decembro de 2010 e vista a Addenda ó citado convenio de 15 de maio de 2015 que propón Unión Fenosa Distribución, SA no sentido de que “Coa intención de optimizar a solución técnico-económica, UFD pretende instalar, previa conformidade da Deputación Provincial de Pontevedra, dous transformadores AT/MT de 12 MVA procedentes dunha instalación en servizo, en lugar de dous novos transformadores de 15 MVA, sen que iso varíe a capacidade de atender a potencia solicitada por dito organismo de acordo ó mentado convenio; iso redundará nunha diminución do importe da valoración económica en 498.359,20 € máis IVE”. E que, “Con data 4 de xullo de 2012 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria ditou resolución en recurso de alzada RAI-PO-13-12 derivado dunha reclamación presentada pola empresa Inmobiliaria Portela Barro, S.L., con expediente IN635A 544/10-4, promotora dun dos polígonos industriais que se indican no expoñendo segundo do presente documento, sobre os dereitos de acometida a dito polígono”. En dita resolución a Secretaría Xeral Técnica resolve que as actuacións a levar a cabo obxecto do convenio asinado entre o IPESPO e UFD (Subestación de Barro e a Liña de Alta Tensión (LAT) que a alimenta) teñen carácter de Extensión Natural de Rede (ENR), de acordo ó que indica o RD 222/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece o réxime retributivo da actividade de distribución de enerxía eléctrica. Conforme á devandita resolución e ó carácter de Extensión Natural de Rede (ENR) das actuacións, estas deben ser realizadas e costeadas pola empresa de distribución responsable das mesmas, neste caso UFD, e recoñecidas na retribución correspondente a cada distribuidor. Que non estando UFD de acordo coa resolución emitida, recorreuna ante a xurisdición contencioso-administrativa, sendo obxecto de tramitación no procedemento ordinario 7588/2012 ante a Sección Terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estando na actualidade pendente de resolución.” Que ambas partes acordaron mediante a sinatura do presente documento que, se a sentenza que recaia no procedemento ordinario 7588/2012 confirma a resolución obxecto de impugnación, todas as actuacións contempladas no Convenio serán costeadas por UFD, de forma que: - As cantidades previamente cobradas por UFD, serán devoltas á Deputación Provincial de Pontevedra. - UFD aboará á Deputación Provincial de Pontevedra o importe da obra civil que esta teña acometido, cun importe máximo de 876.808 €, en base á “Adxudicación do contrato para a execución da obra «Liña de AT 66 kw dende liña Tibo-Mourente a Subestación do complexo empresarial Barro-Meis», debendo a Deputación Provincial xustificar os gastos incorridos. Pola contra, no caso de que a sentenza que recaia no citado recurso contencioso-administrativo revogue a resolución impugnada porque se considere que a LAT e/ou a subestación non teñen a consideración de Extensión Natural de Rede (ENR), o Convenio asinado o 21 de decembro de 2010 cobrará vixencia na súa totalidade, de modo que a Deputación Provincial de Pontevedra deberá aboar á UFD as cantidades convidas no mesmo, así como calquera outra á que dea dereito o convenio anteriormente indicado e o presente documento, e sempre de acordo ó que se indique na sentenza que poña fin ó mencionado recurso contencioso-administrativo”. Visto o informe favorable do Director de Infraestruturas, de 10 de xuño de 2015, e, o do Técnico-Colaborador do Polígono, de 15 de xuño de 2015, así mesmo favorable dado que segundo o informe do Director de Infraestruturas, “A substitución dos 2 transformadores inicialmente previstos, de 15 MVA, por outros de 12MVA non supón ningunha merma na capacidade de atender a potencia solicitada, supoñendo ademais un aforro con respecto á valoración inicial do convenio de 498.359,20 € máis IVE”. E tendo en conta os informes tamén favorables de 17 de xuño do Sr. Secretario e o Sr. Interventor e o ditame favorable da Comisión de Infraestruturas e Servizos Xerais de 23 de xuño, o Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Addenda de 15 de maio de 2015 ó Convenio para a construción dunha liña de alta tensión e unha subestación na zona do Barro, entre o IPESPO e Unión Fenosa Distribución, SA, aprobado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 26 de novembro de 2010, cuxa copia se anexa a este acordo. Así mesmo, acórdase facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura de dita Addenda. Dita Addenda é como segue: ADDENDA Ó CONVENIO PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA LIÑA DE ALTA TENSIÓN E UNHA SUBESTACIÓN NA ZONA DE BARRO ENTRE O IPESPO E UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN S.A. En Pontevedra, a 15 de maio de 2015 COMPARECEN Dunha parte, Don Rafael Louzán Abal, maior de idade, con DNI nº 35451643-H, en nome e representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con domicilio en Pontevedra, Paseo de Montero Ríos, na súa condición de Presidente da mesma, cargo que manifesta vixente, bastante para o presente outorgamento, e que non lle foi revocado. E doutra, Don Fernando Val López, con DNI nº 02603475-J, en nome e representación de Unión Fenosa Distribución, SA, con CIF nº A-63222533 (en adiante UFD), domiciliada en Madrid, Avda. San Luis, 77. Ostenta dita representación como Delegado de UFD para a provincia de Pontevedra, na súa calidade de apoderado. Resultan as súas facultades de escritura de poder autorizada o 31 de decembro de 2010 polo Notario de Madrid, Don Luis Quiroga Gutiérrez, en substitución do Notario da mesma cidade Don Fernando de la Cámara García, e para o Protocolo deste último co número 3083. Ámbalas dúas partes recoñécense capacidade legal suficiente para subscribir o presente Convenio, e a tal efecto. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que o Instituto para a Promoción e Equipamento do Solo Industrial da provincia de Pontevedra (en adiante IPESPO), organismo autónomo da Deputación Provincial de Pontevedra, iniciou a urbanización e construción do polígono industrial SRAU Industrial Outeda-Curro, no termo municipal de Barro. Así mesmo, prevense futuras actuacións de promoción do solo industrial nos concellos de Barro e Meis, polo que para o conxunto destas tres actuacións, o IPESPO solicitou a UFD unha potencia total de 20.168 kW. SEGUNDO.- Que así mesmo se está levando a cabo a urbanización mediante promoción privada, doutros dous polígonos industriais no termo municipal de Barro, de acordo ó indicado a continuación: Expediente UFD Solicitante Descrición Potencia solicitada (kW) 248307030036 CEMENTOS DE AREAS SL P.I. en Barro SUI-1 5.600 248307020337 INMOBILIARIA PORTELA BARRO SL P.I. privado detrás ITV 2.635 TERCEIRO.- Que por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2012, aprobouse a disolución e derrogación dos Estatutos de varios organismos autónomos (en adiante OOAA), entre eles o do IPESPO. Nese mesmo acordo contemplouse: a. A integración dos servizos, actividades e persoal dos OOAA na Deputación Provincial. b. A subrogación da Deputación nos contratos celebrados polos OOAA que excedan a súa vixencia máis alá do 1 de xaneiro de 2013. c. A integración do orzamento e contabilidade dos OOAA no orzamento e contabilidade de Deputación. d. A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas, que pasará a reflectirse na contabilidade da Deputación con efectos 1 de xaneiro de 2013. CUARTO.- Que para poder atender as necesidades do conxunto de polígonos referidos nos expoñendos Primeiro e Segundo do presente documento (28.403 kW), é necesario realizar a seguinte actuación na rede de distribución de UFD. 1. Construción dunha Subestación eléctrica 66/20 kV, 2x15 MVA, no Polígono P.I. SRAU Industrial Outeda-Curro do IPESPO e un tramo de liña subterránea de Alta Tensión de Dobre Circuito (Entrada/Saída) 66 kV, duns 3,45 km de lonxitude, que con orixe na liña aérea de Alta Tensión Tibo-Mourente 66 kV fará entrada e saída na nova Subestación de Barro anteriormente citada. 2. Construción das alimentacións exteriores en Media Tensión desde a nova subestación antes mencionada a cada un dos polígonos citados e desenvolvemento das infraestruturas eléctricas interiores ós mesmos (redes eléctricas de Media Tensión, centros de transformación e redes de distribución de enerxía eléctrica en baixa tensión). QUINTO.- Que con data 21 de decembro de 2010 asinouse un convenio entre o IPESPO e UFD para concretar a execución e pago das actuacións indicadas no punto primeiro do expoñendo Cuarto deste documento. Indícase expresamente en dito convenio que se exclúen as actuacións correspondentes ás alimentacións exteriores en Media Tensión a cada un dos polígonos citados e desenvolvemento das infraestruturas eléctricas interiores ós mesmos (redes de Media Tensión, Centros de Transformación e Redes de Baixa Tensión). SEXTO.- O convenio subscrito entre o IPESPO e UFD de data 21 de decembro de 2010 establecía no seu expoñendo Sétimo un orzamento de 2.893.989,34 euros, para a nova subestación eléctrica 66/20kV en Barro-Meis. SÉTIMO.- Que coa intención de optimizar a solución técnico-económica, UFD pretende instalar, previa conformidade da Deputación Provincial de Pontevedra, dous transformadores AT/MT de 12 MVA procedentes dunha instalación en servizo, no lugar de dous novos transformadores de 15 MVA, sen que iso varíe a capacidade de atender a potencia solicitada por dito organismo de acordo ó mentado convenio. Iso redundará nunha diminución do importe da valoración económica en 498.359,20 euros máis IVE, de acordo ó cadro adxunto: Conceptos orzamento Subestación Importe solución 2x15 MVA (€, sen IVE) Importe solución 2x12 MVA (€, sen IVE) 1.0. TRÁMITES, PERMISOS E PROXECTOS, DIRECCIÓN DE OBRA, SUPERVISIÓN DE OBRA 79.270,00 79.270,00 1.1. TERREOS - - 1.2. OBRA CIVIL 463.332,00 463.332.00 1.3. PARQUES 66 KV 560.066,40 560.066,40 1.4. PARQUE MT 372.500,00 372.500,00 1.5. TRAFOS DE POTENCIA 792.000,00 362.380,00 1.6. INSTALACIÓNS AUXILIARES 198.850,00 198.850,00 1.7. SEGURIDADE INDUSTRIAL 3.600,00 3.600,00 1.8. RECEPCIÓN TÉCNICA 18.000,00 18.000,00 1.9. COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE 7.200,00 7.200,00 D.O.G.G. 399.170,94 330.431,74 TOTAL 2.893.989,34 2.395.630,14 Diferenza 498.359,20 Polo que o baremo de 253,187 euros por kW, tal e como se calculara na cláusula quinta do convenio subscrito entre o IPESPO e UFD en data 21 de decembro de 2010, debe modificarse a 235,641 euros por kW demandado. En virtude diso, e dado que a potencia solicitada para os polígonos promovidos pola Deputación Provincial de Pontevedra é de 20.168 kW, corresponde a este organismo unha imputación de 4.752.407,90 euros máis IVE e un custe total, unha vez descontado o importe da obra civil a acometer pola Deputación Provincial de Pontevedra (1.363.920 euros máis IVE segundo o mentado convenio), de 3.388.487,90 euros máis IVE. De acordo ó importe correspondente á nova solución, adóptase a modificación dos prazos de pago indicados no convenio orixinal, da seguinte forma: Prazo Importe segundo convenio (€, sen IVE) Importe segundo addenda (€, sen IVE) 1(*) 181.658,00 181.658,00 2 363.316,00 363.316,00 3 1.563.316,00 1.390.297,31 4 817.032,70 726.608,29 5 817.032,70 726.608,29 Total 3.742.355,40 3.388.487,90 (*) xa pagado Conservando así mesmo a condición de que se, na data de cumprimento do quinto pago, a Deputación Provincial de Pontevedra non tivese demandado a totalidade da potencia prevista (20.168 kW), o pago fraccionaríase en dous iguais, o segundo deles a aboar ó ano seguinte. OITAVO.- Que o prazo de construción das instalacións a executar por UFD, indicadas na cláusula terceira do convenio subscrito entre o IPESPO e UFD de data 21 de decembro de 2010, modifícase con respecto ó establecido na cláusula cuarta do mesmo, establecéndose en 18 meses dende a recepción da obra civil da canalización da liña de alimentación á futura subestación, obra civil que acomete a Deputación Provincial de Pontevedra. Dito prazo entenderase interrompido cando a imposibilidade de execución das obras se deba a causas alleas á UFD, como a existencia de forza maior, consecución das correspondentes licenzas e/ou permisos de administracións e/ou particulares, debendo UFD comunicar por escrito á Deputación Provincial de Pontevedra ditas incidencias e a imposibilidade de cumprimento a pesar das súas xestións e dilixencias, o que de ser razón suficiente, prolongará automaticamente os prazos tantos días como permaneza a incidencia. NOVENO.- Que con data 4 de xullo de 2012 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria ditou resolución en recurso de alzada RAI-PO-13-12 derivado dunha reclamación presentada pola empresa INMOBILIARIA PORTELA BARRO, S.L., con expediente IN635A 544/10-4, promotora dun dos polígonos industriais que se indican no expoñendo segundo do presente documento, sobre os dereitos de acometida a dito polígono. En dita resolución a Secretaría Xeral Técnica resolve que as actuacións a levar a cabo obxecto do convenio asinado entre o IPESPO e UFD (Subestación de Barro e a Liña de Alta Tensión (LAT) que a alimenta), teñen carácter de Extensión Natural de Rede (ENR), de acordo ó que indica o RD 222/2008, do 15 de febreiro, polo que se establece o réxime retributivo da actividade de distribución de enerxía eléctrica. Conforme a dita resolución e ó carácter de Extensión Natural de Rede (ENR) das actuacións, estas deben ser realizadas e costeadas pola empresa de distribución responsable das mesmas, neste caso UFD, e recoñecidas na retribución correspondente a cada distribuidor. DÉCIMO.- Que non estando UFD de acordo coa resolución emitida, recorreuna ante a xurisdición contencioso-administrativa, sendo obxecto de tramitación no procedemento ordinario 7588/2012 ante a Sección Terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estando na actualidade pendente de resolución. UNDÉCIMO.- Que ámbalas dúas partes acordaron mediante a sinatura do presente documento que, se a sentenza que recaia no procedemento ordinario 7588/2012 confirma a resolución obxecto de impugnación, todas as actuacións contempladas no Convenio serán costeadas por UFD, de forma que: - As cantidades previamente cobradas por UFD, devolveranse á Deputación Provincial de Pontevedra. - UFD aboará á Deputación Provincial de Pontevedra o importe da obra civil que esta acometera, cun importe máximo de 876.808 euros, en base á “Adxudicación do contrato para a execución da obra “Liña de A.T. 66 kW dende liña Tibo-Mourente á subestación do complexo empresarial Barro-Meis”, debendo a Deputación Provincial xustificar os gastos incorridos. Polo contrario, no suposto de que a sentenza que recaia no citado recurso contencioso-administrativo revoque a resolución impugnada porque se considere que a LAT e/ou a subestación non teñen a consideración de Extensión Natural de Rede (ENR), o Convenio asinado o 21 de decembro de 2010 cobrará vixencia na súa totalidade, de modo que a Deputación Provincial de Pontevedra deberá aboar a UFD as cantidades convidas no mesmo, así como calquera outra á que dea dereito o convenio anteriormente indicado e o presente documento, e sempre de acordo ó que se indique na sentenza que poña fin ó mencionado recurso contencioso-administrativo. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Por Unión Fenosa Distribución S.A. Don Rafael Louzán Abal Don Fernando Val López 4.6629.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- En asuntos Fóra da Orde do Día. Sr. Secretario.- En principio no hai nada. Non houbo. b) Parte de información e control: 5.6630.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Presidente.- Las dictadas entre el 16 de junio y el 22. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 16 e 22 de xuño do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 6.6631.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- E Rogos e preguntas. Se non hai, se levanta a sesión. Moitas gracias e moi bos días. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota