ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.276
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015-07-17_Constitutiva

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/2.2015-07-17_Constitutiva

  • Título Acta de sesión 2015-07-17_Constitutiva

  • Data(s) 2015-07-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión constitutiva da Corporación Provincial. 17 de xullo de 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e dez minutos do día dezasete de xullo do ano dous mil quince, reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Don Rafael Louzán Abal (PP), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión constitutiva da Corporación Provincial, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sr. Secretario.- Buenos días. Buenos días a todos. Vamos a dar comienzo a la sesión constitutiva de la Corporación provincial de Pontevedra, resultante de las Elecciones Locales celebradas el pasado 24 de mayo, dando con ello cumplimiento a lo dispuesto en los artículos 207 de la Ley Orgánica 5/1985, de 17 de junio, del Régimen Electoral General y 57 del Real Decreto 2568, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales. De conformidad con las actas de proclamación de Diputados provinciales efectuadas por las 7 Juntas Electorales de Zona de la provincia, en base al reparto de los 27 Diputados, previamente establecido por la Junta Electoral Provincial, y según el orden de recepción en esta Diputación resulta lo siguiente: Polo Partido Xudicial da Estrada, 1 Deputado: Partido Popular, Doña Belén Cachafeiro Anta. Polo Partido Xudicial de Vigo, 11 Deputados: Partido Popular, Dona Elena Muñoz Fonteriz, Don Jesús Vázquez Almuíña y Don José Manuel Figueroa Vila. Partido Socialista de Galicia-PSOE, Doña María del Carmen Silva Rego, Don David Regades Fernández, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz, Doña María Isaura Abelairas Rodríguez, Don Carlos López Font, Doña Digna Rosa Rivas y Don Juan Antonio González Pérez. Y, por la Coalición Electoral SON Don Xosé Luis Jácome Enríquez. Polo Partido Xudicial de Tui, 3 Deputados: Partido Popular, Doña Nidia María Arévalo Gómez. Partido Socialista de Galicia-PSOE, Doña María Montserrat Magallanes Álvarez. Y, por el Bloque Nacionalista Galego, Don Uxío Benítez Fernández. Polo Partido Xudicial de Ponteareas, 1 Deputado: Partido Popular, Don Julio Alén Montes. Polo Partido Xudicial de Lalín, 1 Deputado: Partido Popular, Don José Crespo Iglesias. Polo Partido Xudicial de Cambados, 3 Deputados: Partido Popular, Don Rafael Louzán Abal y Don José Luis Aragunde Aragunde. Y, por el Partido Socialista de Galicia-PSOE, Don Francisco Javier Dios Pomares. Y por último, por el Partido Xudicial de Pontevedra, 7 Deputados: Partido Popular, Doña María Luisa Piñeiro Arcos, Don Ángel Moldes Martínez y Don José Enrique Sotelo Villar. Por el Bloque Nacionalista Galego, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, Don Xosé Leal Fariña e Dona Eva María Villaverde Pego. Y, por el Partido Socialista de Galicia-PSOE, Doña Consuelo Besada Lores. Sr. Secretario.- Pasamos a continuación al orden del día. 1.6634.- CONSTITUCIÓN DA MESA DE IDADE Sr. Secretario.- Primero, Constitución da Mesa de Idade. En cumprimento do disposto nas disposicións anteriormente citadas, a sesión constitutiva estará presidida por unha Mesa de Idade que estará composta por Dona María Isaura Abelairas Rodríguez, Deputada electa de maior idade, que pasa a presidir a mesma, acompañada por don Ángel Moldes Martínez, Deputado electo de menor idade. Rogo, por favor, que pasen a presidir a sesión. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Bo día. Deputadas, Deputados, autoridades, señoras e señores. Tócame presidir esta mesa e, para min é un acto especialmente emotivo. Antes de declarar aberta a sesión gustaríame só unha reflexión. Hoxe chegamos a un momento que se iniciou no pasado, en 1999, por primeira vez no devenir desta Deputación, unha muller socialista adquiriu a condición de Deputada provincial. Hoxe tamén, e por primeira vez na historia da Deputación, unha muller socialista vaina presidir, esta excelentísima institución pública, fruto da liberdade que supón a responsabilidade, a paciencia e perseverancia para cambiar as cousas. Deséxolle á futura Presidenta, Carmela Silva, compañeira de viaxe, muller e socialista o mellor. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. E remato, poñendo na miña boca conceptos de Helen Keller, unha muller loitadora e incansable: “Ningún pesimista descubriu o secreto das estrelas, nin navegou por mares descoñecidos, nin abriu unha nova porta ó espírito humano. Podemos facer o que desexamos se o intentamos o suficientemente”. Declaro aberta a sesión. 2.6635.- COMPROBACIÓN DE CREDENCIAIS E PERSONALIDADE DOS ELECTOS Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Punto dous. Comprobación de credenciais e personalidade dos electos. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Faise constar que as credenciais acreditativas da elección de Deputados foron recibidas e cotexadas por min e que os mesmos cumpriron o previsto no artigo 75.7 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, presentando na Secretaría xeral as declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos, e dos seus bens patrimoniais e de participación en sociedades de todo tipo. Así mesmo, presentaron as liquidacións dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e, no seu caso, Sociedades. Todo iso, así consta no expediente baixo a miña custodia. 3.6636.- TOMA DE POSESIÓN DOS/AS SRES./AS DEPUTADOS/AS PROVINCIAIS Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Punto tres. Toma de posesión das señoras e señores Deputados provinciais. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- De conformidade con el artículo 108.3 de la Ley orgánica de Régimen electoral general, en el momento de tomar posesión y para adquirir la plena condición de sus cargos, los candidatos electos deben jurar o prometer acatamiento a la Constitución, así como cumplimentar los demás requisitos previstos en las leyes o reglamentos respectivos, estableciendo el artículo primero del Real decreto 707/79, de 5 de abril, la fórmula de juramento o promesa del cargo y funciones públicas. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Primeiro, tomará posesión esta Presidencia e despois o Secretario irá chamando un por un, por orde alfabética, ás señoras deputadas e deputados para que procedan a tomar posesión dos seus cargos e unha vez efectuados se incorporen ó seu escano respectivo. Prometo, pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Voy a leer ahora los nombres de los Diputados para que pasen a prestar juramento o promesa. Doña María Isaura Abelairas Rodríguez, ya ha sido. Don Julio Alén Montes. Sr. Alén Montes.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Luis Aragunde Aragunde. Sr. Aragunde Aragunde.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Doña Nidia María Arévalo Gómez. Sra. Arévalo Gómez.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Uxío Benítez Fernández. Sr. Benítez Fernández.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial e defender os intereses dos veciños da provincia de Pontevedra, e do pobo galego en xeral, e por imperativo legal con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Dona Consuelo Besada Lores. Sra. Besada Lores.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Dona Belén Cachafeiro Anta. Sra. Cachafeiro Anta.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don José Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Xuro e prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Francisco Javier Dios Pomares. Sr. Dios Pomares.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e os Estatutos da Autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don José Manuel Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Juan Antonio González Pérez. Sr. González Pérez.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución e o Estatuto de Autonomía como normas fundamentales do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Xosé Lois Jácome Enríquez. Sr. Jácome Enríquez.- Por imperativo legal, prometo cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado, sen renunciar ós meus valores independentistas e republicanos. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Xosé Leal Fariña. Sr. Leal Fariña.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galiza. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Carlos López Font. Sr. López Font.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Rafael Louzán Abal. Sr. Louzán Abal.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución, así como o Estatuto de Autonomía de Galicia como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Dona María Montserrat Magallanes Álvarez. Sra. Magallanes Álvarez.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Ángel Moldes Martínez. Sr. Moldes Martínez.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e defender por enriba de todo os intereses do pobo galego. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Dona Elena Muñoz Fonteriz. Sra. Muñoz Fonteriz.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Dona María Luisa Piñeiro Arcos. Sra. Piñeiro Arcos.- Xuro e prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don David Regades Fernández. Sr. Regades Fernández.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade a el Rey e gardar e facer gardar o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Dona Digna Rosa Rivas Gómez. Sra. Rivas Gómez.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado e o Estatuto de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. Sr. Rodríguez Díaz.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Dona María del Carmen Silva Rego. Sra. Silva Rego.- Prometo, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución Española como norma fundamental do Estado e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don José Enrique Sotelo Villar. Sr. Sotelo Villar.- Xuro, pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealtade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Don Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Xuro, pola miña conciencia e honra, cumprir as obrigas do cargo de Deputado provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sr. Secretario.- Y, Dona Eva María Villaverde Pego. Sra. Villaverde Pego.- Prometo, por imperativo legal, cumprir as obrigas do cargo de Deputada provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado, o Estatuto de Galiza e por enriba de todo comprométome a defender os intereses do pobo galego. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Cumprido polas señoras e señores Deputadas e Deputados electos o requisito de acatamento da Constitución esta Presidencia declara personados nos seus cargos ós mesmos quedando constituída a Corporación Provincial de Pontevedra. Ten a palabra o señor Secretario. Sr. Secretario.- Según lo dispuesto en el artículo 56.2 del ROF está incorporado al expediente la documentación relativa al arqueo, a los justificantes de las existencias en metálico y valores propios de la Corporación, así como la documentación relativa al Inventario de esta. 4.6637.- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Punto catro. Presentación de candidaturas. Solicítase ós distintos grupos políticos que propoñan candidato ou candidata á Presidencia desta Deputación. ¿Pola Coalición Electoral SON?, non presentan, non propón. ¿Polo Bloque Nacionalista Galego?, non propón. ¿Polo Partido Socialista de Galicia-PSOE?. Sr. Rodríguez Díaz.- Dona Carmela Silva Rego. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- ¿Polo Partido Popular?. Sra. Arévalo López.- Don Rafael Louzán Abal. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Abrimos agora un turno de intervención para os distintos grupos políticos por orde de menor a maior representación. Pola Coalición Electoral SON, renuncia a falar. Polo Bloque Nacionalista Galego, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bo día, compañeiros da Corporación, autoridades e público en xeral. Para distender un pouco empezarei dicindo que a tortura á que nos está sometendo a calor que sofren, que hai nesta sala, agardemos que non sexa un anuncio do que vai a pasar con esta Deputación con respecto ós veciños, ós cidadáns de Pontevedra, porque estamos aquí, polo menos aquí, soltando a gota gorda. Ben, aproveito esta ocasión, aproveitamos para facer unhas reflexións que cremos que por obvias hai que facelas. Esta Institución é unha Administración local que manexa bastantes recursos públicos pero, é un anacronismo institucional en moitos aspectos e, incluso, no método de elección, os que estamos hoxe aquí non fomos electos polos veciños e veciñas. Este funcionamento desta Casa da que as expectativas que hai con respecto a ela case sempre sexan bastante esaxeradas, distorsionadas, cando non, abertamente espúreas. Todo o que se escoita, se di, arredor desta Casa, desta Deputación, pois, corrobora, o que, vamos, estas expectativas que non corresponden coa realidade. Dito isto, creo que nos debía facer, a todas e a todos os Deputados, actuar e plantexarse moi seriamente que temos que ter a máxima prudencia e a máxima humildade, porque a soberbia de intentar desde esta Casa dicirlle a Corporacións, directamente elixidas polos veciños, o que teñen que facer ou non facer non sería máis que un detalle de soberbia, por certo, bastante reiterado, ¿non?, por iso a autonomía local dos concellos, ou sexa, debe ser potenciada e respectada. E tampouco non sería máis que un detalle de soberbia, moi habitual por outro lado, pois, usar esta Deputación para competencias, para meterse en campos que non son competencia local. Se algunha razón de ser teñen, se acaso, se lle pode topar a estas Institucións é as estradas provinciais, porque son propias da Deputación, e, axudar ou levar adiante competencias de ámbito local non doutro tipo nin de adicarse a competir con outras Institucións. Claro, que estamos nun tempo no que as competencias locais parecen, parece que son inexistentes ou, cando menos, despreciadas, cando hai que escoitar, por exemplo, que facer beirarrúas é unha política errónea, é unha competencia típica municipal, ou poderíamos seguir escoitando, ¿non?, ou reproducindo, declaracións que hai profundamente desafortunadas con respecto ó que é a Administración local. Nós nos plantexamos sempre que intentar, e aquí eu creo que demos exemplo diso durante moitísimo tempo, ter un programa e ter un posicionamento claro, e ese posicionamento levalo adiante, igual cando estábamos na oposición como se chegamos a estar no Goberno, como parece que vai a suceder, exactamente igual, igual, fixémolo público, fixemos públicas as condicións mínimas, afortunadamente avanzouse máis e, polo tanto, non ten, e por iso renunciamos a ter candidato e vamos a votar a Carmela Silva como, para a Presidencia. Votámola, obviamente, con todas, vamos, con toda a ilusión de que isto cambie pero coa condición de que o programa acordado, con luz e taquígrafos, feito público e coñecido, por primeira vez nesta Institución, que nunca se sabe cales son os programas, nin ás veces nin os candidatos, pois impulsar ese programa e lograr que esta Deputación funcione como, vamos, como entendemos e defendemos sempre aquí que debe funcionar, respectando profundamente a autonomía municipal e desaparecendo todo atisbo de favoritismo, discrecionalidade ou sesgo na prestación dos servizos que ten que prestar esta Institución. Nada máis e moitas gracias. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Polo Partido Socialista de Galicia-PSOE, ten a palabra Dona Carmela Silva Rego. Sra. Silva Rego.- Deputadas e Deputados, miñas donas e meus señores. Unha fermosa canción de Bob Dylan dicía: “The times they are a changin”, “Os tempos están cambiando”. Hoxe, igual que naqueles anos sesenta, a necesidade de cambio é unha reclamación da cidadanía, a reclamación dun tempo novo que chama á porta. Estaríamos equivocados se non nos mostráramos dispostos a abrir as xanelas para que eses aires novos e limpos de cambio entren nas Institucións. Quero comezar a presentación da miña candidatura co compromiso de que o próximo goberno da Deputación abrirá portas e fiestras para que entren eses aires claros que reclaman as xentes ás que representamos. Nós, as mulleres e os homes do goberno que pretendo presidir queremos ser a garantía dunha forma distinta de facer política desde a Deputación de Pontevedra. Queremos poñer fin a un modelo ancorado no pasado, presidencialista, baseado na subvención, na discrecionalidade e na discriminación, sen unha visión conxunta da provincia e que abandona ás persoas á súa sorte. Nós rexeitamos as políticas baseadas na subvención, que propician o clientelismo e provocan un municipalismo de baixa calidade que obriga ós equipos de goberno dos concellos a estar supeditados ás Deputacións. Queremos poñer fin a un modelo de xestión onde a Deputación se sitúa por riba dos concellos esquecendo que esta é a Institución da intermunicipalidade e non da supramunicipalidade. Opoñémonos á Lei de racionalidade e sostibilidade aprobada polo goberno de Rajoy, que degrada ás Deputacións á condición de ariete ó servicio do Ministerio de Facenda e, a unha instancia periférica para controlar e supervisar o custo efectivo na prestación de servicios municipais, ese modelo ten os días contados, apoiamos que esa Lei sexa derrogada. A prestación dos servicios ten que ser a garantía dos dereitos e debe estar nas mans de quen mellor sabe facelo, dos que mellor coñecen as necesidades e demandas das súas veciñas e veciños, nas mans dos concellos. A nosa candidatura sabe que provincia e municipio integran unha mesma comunidade política local, a provincia non pode estar distanciada dos concellos, a provincia son os municipios actuando conxunta e solidariamente, non se sitúa por riba dos concellos senón ó seu servizo e ó seu carón. A candidatura que hoxe presentamos cre firmemente no municipalismo e na autonomía local e vai defender en todos os foros a necesidade de que se fixe unha financiación xusta para as entidades locais, suficiencia financieira acompañada de competencias que garantan a prestación universal de servicios para a toda a cidadanía. Nós queremos un Goberno que se sitúe ó lado dos concellos para reclamar o peso institucional que lle corresponde á administración máis próxima ás persoas, a que mellor entende as súas demandas, a que máis sabe das dificultades que atravesa a nosa xente, a que coñece os soños, desexos e reclamacións dos seus veciños. Os que pertencemos ó mundo local, os que cremos na acción municipal sabemos que é a que verdadeiramente sinte o cidadán. Os que miramos cada día a realidade nos ollos dos nosos veciños e veciñas, sabemos que temos que xestionar o público, os recursos de todas e todos con pulcritude e transparencia, con eficacia e eficiencia, multiplicando a súa repercusión e beneficiando, sobre todo, á cidadanía. Iso soamente se logra con recursos suficientes, facendo que preste os servicios quen mellor o sabe facer, e non usando as institucións para fins partidarios ou electoralistas. Nós imos loitar contra esa forma de facer, sectaria, ineficiente e ineficaz. Imos impulsar os principios do bo goberno, das boas prácticas, facendo que a Deputación de Pontevedra sexa unha institución orientada inequivocamente a facer viables as competencias e servicios municipais, a garantir a autonomía municipal. Trátase de planificar un modelo dinámico capaz de xerar espacios comúns de traballo para unha planificación estratéxica. Trátase de recuperar a estima, o afecto e a confianza da cidadanía, a credibilidade nos valores do público. Trátase de gobernar desde a ilusión, a humildade, o traballo, a proximidade, a responsabilidade, o diálogo, o consenso e a defensa dos servizos públicos e o municipalismo. Temos forza, ilusión e moitas ganas de provocar ese cambio que nos reclaman as veciñas e os veciños. A nosa proposta de goberno parte de concibir a provincia de Pontevedra como un espacio de desenvolvemento, modernidade, creación de riqueza e emprego, unha institución con capacidade para impulsar ás políticas que permitan o crecemento, a innovación, a puxanza económica e social e, o pulo dos nosos sectores produtivos. Vivimos nunha provincia heteroxénea, diversa que conta cun importante sector primario, agrario e pesqueiro, que debe ter apoio nas institucións para acadar aínda máis competitividade da que xa ten. O noso sector industrial é un dos máis potentes de España, automóbil, naval, conserva, metal, granito, téxtil e confección, entre outros. Sitúanos nun bo posto de partida para recuperar a actividade económica e o emprego, unha vez que se inicie a recuperación, e aí estaremos cos concellos. As institucións non podemos estar de costas á economía produtiva, teremos que coordinar políticas que permitan que a economía mellore e con ela a calidade de vida das xentes. O sector servizos tense modernizado e é un gran xerador de emprego e de valor engadido na nosa economía, é un sector con grandes potencialidades e hai que traballar xunto ó conxunto das administracións locais e co sector para seguir avanzando dun modo sostible. O sector do turismo mostra grandes realidades e futuro. Hoxe podemos presumir dunha destacada oferta en servizos, en valores medioambientais e paisaxísticos, pero que precisan dunha actuación máis e mellor planificada e acordada cos concellos. Nesta provincia hai tres portos de interese xeral, que son vía de entrada e saída natural por mar ó mundo da globalización na que estamos. Temos unha importante rede de infraestruturas que unen os principais centros económicos da provincia e nos conectan co resto de España e Portugal. Contamos tamén cunha rede ferroviaria que vai acadar alto valor coa chegada do AVE e cun aeroporto que volve a crecer e ofertar rutas en Europa. Pontevedra dispón de máis de 30 polígonos industriais e un importante número de centros tecnolóxicos, así como modernos recintos feirais. A universidade, con campus en Vigo e Pontevedra, se está a converter nunha referencia en España, en Europa e no mundo. Temos unha gran capacidade exportadora, que sitúa a nosa economía, a nosa Provincia, nunha das máis puxantes do noso país. Todo este potencial ten que estar presente na actividade política, é preciso que traballemos coordinadamente cos concellos e co resto das administracións para que todas estas fortalezas redunden no progreso da nosa provincia e, sobre todo, dos seus cidadáns. Potenciaremos que haxa máis recursos da Unión Europea para investir en sectores estratéxicos da provincia, e farémolo concertándoos cos concellos. Estamos decididos a darlle un cambio radical á forma de facer política na Deputación de Pontevedra, un cambio radical. Imos centrarnos en impulsar todas as oportunidades que mostra esta provincia, que na súa diversidade é o pulmón económico de Galicia. Imos ser un proxecto que elimine as duplicidades con outras administracións, concellos, Xunta e Estado, favorecendo o correcto uso dos recursos públicos. Plantexamos unha Deputación que modernizará e simplificará a súa estrutura, cunha delimitación de áreas pensadas para responder a unha nova sociedade, ás súas novas demandas. É preciso poñer en marcha novas políticas da man dos concellos, novas políticas que xeren actividade económica e emprego, que impulsen que todas as pontevedresas e pontevedreses poidan acceder ós mesmos dereitos e servizos, cunha forte sensibilidade ó lado dos que máis padecen e necesitan da acción do público. Seremos un goberno cun forte compromiso co medio ambiente, coa cultura, coa defensa do noso idioma e do noso patrimonio. Seremos un equipo que traballa arreo para lograr que o sur da nosa comunidade, que a nosa provincia, ocupe o espazo político que lle corresponde. Nesta provincia atópase o maior dinamismo económico, cultural e social de Galicia. Temos fortes sectores económicos con grandes potencialidades de futuro, unhas posibilidades de desenvolvemento turístico envexables, un importantisimo patrimonio arqueolóxico, histórico, arquitectónico, literario, editorial, cultural e deportivo; e unha cidadanía con capacidade para facer fronte ós novos retos que temos que enfrontar. Este escenario reclama, xa hai tempo, unha maior presencia política e capacidade de decisión, na nova, moderna e puxante Galicia, que temos tamén que construír. Estaremos do lado dos que teñen padecido con máis dureza os efectos desta maldita crise, os desempregados, os homes e as mulleres que perderon ou están a piques de perder a súa vivenda, dos que non teñen recursos para cubrir as súas necesidades básicas. Farémolo coa concertación cos concellos. Crear emprego será unha obsesión para este goberno. Non permitir que haxa persoas desafiuzadas será unha tarefa na que nos envorcaremos. As políticas sociais serán un sinal de identidade do equipo de goberno da Deputación. Seremos un equipo que faga das políticas de igualdade a clave de bóveda da súa actuación. Igualdade de xénero e igualdade de oportunidades, como cimentos dun futuro de prosperidade. A defensa dos dereitos das mulleres, do 50% da poboación, é un eido irrenunciable, que centrará todas e cada unha das nosas actuacións. Daremos visibilidade ás mulleres, potenciaremos a súa presenza e a súa capacidade para decidir. Loitaremos por romper as barreiras que aínda sufrimos polo único feito de ser muller. As mulleres entrarán pola porta grande da Deputación de Pontevedra. Esforzarémonos para que a nosa mocidade poida ter capacidade para construír un futuro na nosa provincia e non teñan que emigrar na procura de formación ou emprego. Temos a obriga de facer que desde a política se poidan xerar oportunidades para todos e todas, e de forma moi especial para a xuventude, que é o noso futuro e o futuro desta provincia. Estaremos moi atentos ós nosos maiores, concellos e deputación prestaremos todos os servizos que demandan, vivan onde vivan e teñan a capacidade económica que teñan. Envorcarémonos en atender ós concellos rurais, ós concellos máis pequenos e ós concellos con menos recursos, non só porque son os que máis precisan da actuación coordinada e concertada coa Deputación senón porque ademais son os garantes do mantemento da poboación e do coidado e futuro do conxunto deste territorio. Dicía Winston Churchill que un político se converte en estadista cando comeza a pensar nas próximas xeracións e non nas próximas eleccións. Nesta Deputación gobernouse demasiado tempo pensando nas eleccións, en como usar a institución para manter o poder. Nós seremos un goberno que só pensará na calidade de vida das pontevedresas e pontevedreses e en deixar unha provincia onde mereza a pena vivir ás próximas xeracións. Seremos un goberno que estará ó lado do noso pobo e dos seus representantes. Dicía Miguel Hernández, “Ventos do pobo me levan, ventos do pobo me arrastran, me esparcen o corazón e me aventan a garganta”. Traballaremos para que o pobo, para que as pontevedresas e pontevedreses nos sintan moi cerca e poidan estar orgullosos de nós e da nosa xestión. Moitas gracias. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Polo Partido Popular ten a palabra D. Rafael Louzán. Sra. Arévalo López.- Autoridades civiles e militares, Vicepresidente da Xunta de Galicia, señoras e señores Deputados, estimado público, moi bos días a todos e a todas. Hoxe presentámonos ante esta Institución cunha nova responsabilidade, de novo os cidadáns desta provincia elixiron o pasado 24 de maio de forma libre e democrática como forza máis votada ó Partido Popular, ó que hoxe estou a representar nesta intervención. Unha responsabilidade que centrou o traballo ó longo destes anos de goberno provincial e que guiará o noso traballo durante este próximo mandato. Que ninguén esqueza nunca que os 12 deputados do Partido Popular, que estamos aquí, somos o grupo maioritario desta Corporación e somos sobre todo o único partido que cremos na continuidade e no labor desta institución e deste organismo. Os mesmos que denostaban as deputacións, os que pedían a súa desaparición, ou tamén os que falaban de adelgazalas, son os mesmos que agora van a gobernar a Deputación de Pontevedra. Nós non, nós cremos nesta institución, cremos no seu funcionamento, cremos no seu sentido e cremos tamén no servizo ó cidadán, e sobre todo cremos nesta provincia formada por 62 concellos sen protagonismos, sen localismos absurdos, e tamén, ocupando cada un o seu lugar. Cremos que as deputacións deben desempeñar un papel fundamental para garantir a prestación de servizos municipais e cremos que deben atender por igual á poboación de toda a provincia, vivan as persoas no concello que vivan. Esta provincia ten por diante o reto de seguir avanzando na senda do crecemento, de ofrecer as mellores posibilidades de futuro para os mozos, para as mozas e tamén para os nosos maiores. A Deputación foi ata agora un instrumento útil para os cidadáns, para as persoas e para os colectivos, para os concellos e para os sectores sociais e económicos, pegada sempre, en resumo, ás necesidades de 62 concellos que conforman esta provincia de Pontevedra. O goberno Popular deixa unha Deputación solvente, que ofrece prestacións e servizos, que inviste nos concellos, sen diferenzas nin discriminacións da cor política de cada un e sempre sen esquecer a austeridade e o rigor no gasto. Asumimos o papel que nos toca neste mandato, cos ánimos renovados, coa mensaxe que os cidadáns nos trasladan cada día e co obxectivo fundamental de facer un traballo construtivo, un traballo persistente, comprometido con esta institución e loitando sempre porque non se descoide o futuro desta provincia de Pontevedra, buscando sempre o benestar dos seus veciños e veciñas e as mellores prestacións en materia social, de emprego e sanitaria. Queremos aportar o noso gran de area, aportar o coñecemento profundo dos deputados populares que xa tivemos responsabilidades de goberno nesta institución. E, tamén, aportar as achegas dos deputados novos, que sen formar parte deste organismo teñen experiencia importante no ámbito municipal e autonómico, e sobre todo, ideas e gañas de traballar. Queremos, en definitiva, estar ó lado dos 62 concellos, ó lado dos veciños e veciñas, e chegar a acordos que beneficien a todos e a todas os pontevedreses. Cremos no diálogo e cremos no consenso. Podedes estar seguros que estaremos atentos a que non se descoide o papel fundamental que debe desempeñar esta institución. A que se atenda por igual a todos os municipios, a que se manteña o esforzo inversor dos últimos tempos, e que os servizos locais non se vexan afectados, e que o grupo de goberno non perda o tempo en loitas internas que nin afectan nin lles importan ós cidadáns desta provincia. Dise que para poder exercer o labor de oposición é preciso que haxa goberno e así esperamos que sexa, porque non vamos a permitir un paso atrás, foi tanto o que se fixo dende esta Deputación de Pontevedra, tantos logros alcanzados nesta provincia, que un paso atrás suporía un fraude e un engano ós cidadáns desta provincia. O goberno do Partido Popular destinou a investimento directo en concellos, só neste ano 15, trinta e catro millóns de euros. E, tamén, este goberno do Partido Popular, que ata agora era o máis barato e con menos adicacións das catro deputacións de Galicia. E, tamén foi este goberno o que destinou a plans de emprego sesenta e catro millóns de euros, que deron traballo a oito mil trescentos catro pontevedreses. Fíxose tanto polo turismo desta provincia, pola cultura e polo patrimonio, polo deporte e polas infraestruturas, polas políticas sociais ou pola economía desta provincia, que calquera paso atrás, repito, suporía unha gran mentira e sobre todo un gran fraude. De non ser o próximo goberno provincial o goberno lexítimo, o goberno máis votado, o goberno do Partido Popular, anuncio xa, que non será fácil manter o listón deixado por este partido nos últimos anos. Pero esa é a obriga do que goberna e ese debe ser o obxectivo, eficacia, eficiencia ó cidadán e servizo sempre. Nestes momentos duros, para moitos concellos, agora máis que nunca as deputacións están chamadas a xogar un papel fundamental. Hai servizos que moitos concellos non poden prestar e aí ten que estar a Deputación de Pontevedra, como estivo sempre, atendendo e escoitando a todas as aldeas, a todas as parroquias, a todas as vilas e cidades desta provincia de Pontevedra. Para ir cerrando esta intervención, pido o voto a todos os deputados para que goberne a Deputación de Pontevedra, no mandato 2015-2019, a miña formación política que é o Partido Popular. Pido o voto para Rafael Louzán Abal, e pido ese voto coa lexitimidade que lle outorga ó Partido Popular o ser a lista máis votada nas eleccións municipais, en consecuencia, haber gañado estas citadas eleccións. Ademais son consciente de que os partidos que as perderon, o Partido Socialista e o BNG, de xeito totalmente legal e democrático, e baixo o amparo da actual Lei electoral, pactaron unha maioría para o goberno da Deputación. Por iso, lles pido que non destrúan o amplo e positivo legado que deixa este partido na Deputación de Pontevedra. Se o fixeran poden estar seguros de que a nosa formación política e a cidadanía, llelo demandarían de xeito legal, pero sempre absolutamente contundente. E remato dándolle as gracias a todos os que confiaron en nós, prometendo e comprometéndome, en nome dos meus compañeiros, os deputados do Partido Popular, que imos a facer o que sabemos, traballar, traballar e traballar por esta provincia de Pontevedra, con diálogo, sentido común e polo ben de todos os cidadáns. Moitisimas gracias. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. 5.6638.- ELECCIÓN DE PRESIDENTE Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Quinto punto da orde do día. Elección da Presidenta. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- De conformidad con el artículo 102 del ROF el sistema normal de votación será la votación ordinaria. En el supuesto de que algún miembro de la Corporación solicitara la votación nominal o secreta para la elección de Presidente, se requerirá la previa aprobación por el Pleno en votación ordinaria. La votación, pues, será ordinaria a mano alzada. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- ¿Votos a favor da Coalición Electoral SON?. Non propón candidatura. O Bloque Nacionalista Galego. Non propón candidatura. ¿Votos a favor do Partido Socialista de Galicia, candidata Dona María del Carmen Silva Rego?. 14, 10 do PSdeG-PSOE e 4 do BNG. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- ¿Votos a favor do candidato do Partido Popular Don Rafael Louzán Abal?. 12 do PP. Por conseguinte, ó ter obtida a maioría absoluta legal esixida polo artigo 207.2 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, na primeira votación, queda proclamada Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Para dar cumprimento ó disposto no artigo 62.2 do ROF a proclamada Presidenta electa deberá tomar posesión do seu cargo mediante a fórmula anteriormente empregada nesta sesión plenaria. Sra. Silva Rego.- Prometo pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Presidenta da Deputación de Pontevedra con lealdade ó Rey e gardar e facer gardar a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta da Mesa de Idade (Sra. Abelairas Rodríguez).- Cumprido o citado requisito esta Presidencia declara posesionada no seu cargo de Presidenta da Deputación de Pontevedra a Dona María del Carmen Silva Rego. Escóitanse aplausos dos presentes no salón de Plenos. Sra. Presidenta.- Alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiros, deputadas e deputados provinciais, autoridades, representantes dos sindicatos e do empresariado, señoras e señores, amigas e amigos. Quero que as miñas primeiras palabras como Presidenta da Deputación de Pontevedra sexan para dar as gracias ás deputadas e deputados que votaron a miña candidatura. Gracias pola vosa designación. Gracias ós meus compañeiros de partido e gracias ó grupo do Bloque Nacionalista Galego. Traballaremos como un único goberno, como un equipo, de maneira conxunta, coherente, solidaria e leal, con respecto á identidade de cada grupo. Gracias tamén e sobre todo, ás pontevedresas e pondevedreses que nas eleccións do 24 de maio apostaron polo cambio, pola esquerda e polo progreso. Ese apoio fai que nos sintamos aínda máis comprometidos cun modo de facer política centrado en construír unha sociedade xusta e decente, onde ninguén, viva onde viva, ou teña o que teña, padeza dificultades. As deputacións poden e deben ser espazos para proxectar e desenvolver un modelo desde onde se acheguen as decisións ó ámbito onde se producen as necesidades. Un espazo desde onde se tomen decisións concertadas cos concellos e coa sociedade. Un espazo onde se xeren lugares comúns de traballo para planificar estratexias de desenvolvemento e calidade de vida. Por iso, gobernaremos desde a participación, contando con todas e con todos, alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras, sen pedir carnés nin afiliacións políticas. Non faremos políticas para os pobos e as cidades, senón coas cidades e cos pobos. Abriremos as portas desta Institución, sairemos dos despachos e estaremos nas rúas, que é onde teñen que estar os políticos, os representantes da soberanía popular. Gobernaremos desde a confianza de que é posible, de que é imprescindible buscar espazos onde atoparnos seguros, valentes, imaxinativos, poñendo ás persoas no centro das nosas políticas. Cremos firmemente no municipalismo e na vida local e, por iso, a relación da Deputación de Pontevedra cos concellos será unha relación de igual a igual. Respectaremos e aplicaremos o principio de horizontalidade fronte ó de superior xerárquico que se impoñía nesta Deputación. Sabemos onde nos diriximos e onde están as apostas e as oportunidades. Sabemos do sufrimento dos que perderon o seu emprego e adicaremos con todas as nosas forzas a traballar para devolverlle á nosa xente a dignidade de vida á que teñen dereito. O noso compromiso de acción política é cos maiores, cos mozos e cos nenos. O noso compromiso é coas mulleres que demandan a igualdade. O noso compromiso é cos que sufren desafiuzamentos. O noso compromiso é que ninguén careza da atención dos servizos públicos, sanidade, educación, dependencia, teleasistencia. O noso compromiso é con todas e con todos, porque imos gobernar para todos e todas, pero máis para quen máis o necesite. Queremos unha provincia que se converta en exemplo de bo quefacer político, que se fale de nós como un territorio onde hai prosperidade, loitando contra o desemprego, a pobreza e o desafiuzamento. Queremos unha provincia onde as pontevedresas e pontevedreses se sintan parte dun territorio común, onde se comparte un modelo de sociedade igualitaria, de progreso económico e social; unha provincia heteroxénea, diversa e plural, pero que ten conciencia da súa pertenza a un territorio cheo de afoutezas e oportunidades, un espacio de vida onde cada lugar, aldea, vila, pobo ou cidade, poida manter a súa identidade, pero onde haxa un sentimento compartido de que remando todos á unha na mesma dirección somos máis fortes, adicaremos o noso esforzo a logralo. Temos que facernos acredores da confianza dos concellos e da cidadanía, a nosa xestión rexerase pola transparencia, a responsabilidade, a honestidade, a honradez e a decencia. Os cidadáns reclaman políticos coas mans limpas, que eliminen a corrupción e que fagan un bo uso dos recursos públicos. Nós, eu e o goberno, seremos un exemplo, queremos unha Administración limpa, onde haxa transparencia sobre todas as actuacións que desenvolvamos, queremos tender a man ós grupos da oposición, cremos no diálogo e na cooperación sempre que sexa para achegar ideas ou proxectos que respondan ás demandas da cidadanía. Novos tempos precisan de novas formas, de novos modos. Seremos un goberno aberto, con capacidade para escoitar e atender propostas e demandas dos concellos, dos cidadáns e da oposición. Seremos ese goberno do cambio que reclaman as nosas veciñas e veciños, próximos, sensibles e moi atentos ós problemas e necesidades que existen na nosa provincia, honestos, traballadores, capaces de impulsar políticas que traian o progreso a este territorio, moi permeables ó contacto coa xente. Para min é unha honra presidir a Deputación de Pontevedra. Traballarei arreo para que todos os que hoxe me designastes teñades a seguridade de que non vos equivocades. Traballarei, sobre todo, para non lles fallar ás mulleres e ós homes que co seu voto nas eleccións municipais fixeron posible que o cambio se puidera producir. Quero agradecer a presencia a todas e todos os que hoxe nos acompañades neste acto. Gracias. Quero saudar á miña familia e á de todas as Deputadas e Deputados provinciais porque un día máis esas familias están aquí, ó lado de todas e todos. Quero facerlle un recoñecemento especial á miña nai, ó meu pai, á miña irmán, a meu irmán, ó meu cuñado e de forma moi especial ó meu marido e ó meu fillo, sempre conto con eles, sempre están ó meu carón. A actividade política é unha aspiradora do tempo, ese tempo restámosllelo a convivir cos nosos, que demostran todos os días comprensión e moito amor. Recollo o bastón de mando coa humildade de quen sabe que é un servidor público e que nas súas mans ten moitos soños, moitos desexos, moitas esperanzas, dos que nos elixen, delas e deles é este bastón de mando. Comprométome a traballar con ilusión e esforzarme por responder á confianza depositada en nós, en min e no goberno que se vai a conformar. Hoxe aquí abriremos as portas, as fiestras, para que entre o aire, para que acudan as xentes, e que todos saiban que hoxe a Deputación de Pontevedra é a casa do pobo, a casa da convivencia, a casa común de todas e todos. Que entre a xente e con eles o aire novo, que entren e que ordenen. Grazas e, vémonos no camiño. Se levanta a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as trece horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición