Fondos
2015-07-24_Extraordinaria. Acta de sesión 2015-07-24_Extraordinaria
Acta de sesión 2015-07-24_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/2.2015-07-24_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2015-07-24_Extraordinaria
Data(s) 2015-07-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 24 de xullo do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e catro de xullo do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego, reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Montserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria urxente, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado provincial Don Rafael Louzán Abal (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Comezamos a sesión deste Pleno extraordinario e urxente de venres día 24 de xullo de 2015. Quixera dar a noraboa a todas as Deputadas e todos os Deputados provinciais de todos os grupos políticos. Nos esperan catro anos que eu espero que sexan de laboriosidade, de responder ás demandas da cidadanía na provincia de Pontevedra, de traballo e adicación ó servizo público e a facer que esta provincia sexa capaz de seguir avanzando, conquerindo benestar para a cidadanía. Eu espero que se desenvolva a relación de todos os grupos políticos, tanto dos que conformamos o goberno como dos grupos da oposición nunha relación de cordialidade, de confrontación política normal, derivada das diferentes posicións, pero que poidamos chegar a acordos e que poida haber unha relación de diálogo e de buscar o consenso e o acordo, coas discrepancias lóxicas que ten que haber, repito, polas propias diferencias políticas do conxunto dos grupos que conformamos este Pleno da Deputación de Pontevedra, polo tanto, benvidos. E pasamos xa ó desenvolvemento desde Pleno extraordinario e urxente que se convoca conforme ó establecido nos artigos 46.2, b, da Lei 7/85 e 79 do ROF, sesión extraordinaria urxente do Pleno da Corporación provincial para este venres día 24 de xullo de 2015 ás once horas coa seguinte Orde do día. 1.6639.- PRONUNCIAMENTO SOBRE A URXENCIA DESTA CONVOCATORIA Sra. Presidenta.- Primeiro punto. Pronunciamento sobre a urxencia desta convocatoria. Celebramos sesión extraordinaria para a organización da Corporación, tendo transcorrido somentes unha semana dende a constitución da Mesa, é intención desta Presidencia resolver canto antes todo o necesario para a organización da mesma e, polo tanto, non se esgotaron os trinta días que otorga o artigo 58 do ROF para a celebración desta sesión, dende a constitución da Mesa, da mesma, perdón. Vaise resolver sobre aspectos diversos como son o réxime de sesións do Pleno e Xunta de Goberno, creación e composición das Comisións Informativas Permanentes, nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados e coñecemento de varias Resolucións Presidenciais en materia de nomeamento de Vicepresidente, membros da Xunta de Goberno, Presidentes das Comisións Informativas, así como delegacións desta Presidencia. Este Pleno foi convocado o xoves polo que ó non cumprirse os dous días hábiles entre a convocatoria e a súa celebración, foi convocado con carácter extraordinario e urxente, permitíndoo así o artigo 46.2, b, da Lei de bases de réxime local. Dende o momento da convocatoria os asuntos estiveron a disposición dos Deputados. Antes de entrar no exame dos asuntos incluídos na Orde do día deberase, por tanto, ratificar a urxencia por maioría, polo tanto, sometemos a urxencia deste Pleno extraordinario e urxente a votación dos membros deste Pleno. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobado pola unanimidade dos membros deste Pleno da Deputación de Pontevedra. Pasamos agora, e continuamos coa Orde do día, que consta de sete puntos: No punto dous, unha Moción da Presidencia sobre réxime de sesións de Pleno e Comisións Informativas. No punto tres, Moción da Presidencia sobre creación e composición das Comisións Informativas. No punto catro, Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados.No punto cinco, Moción da Presidencia sobre réxime de dedicación exclusiva de cargos da Deputación e persoal eventual.No punto seis, Moción da Presidencia sobre asignación de dotación económica dos grupos políticos.E, no punto sete, dar conta de Resolucións Presidenciais. Teño entendido que a Portavoz do Grupo Popular quere facer unha proposta. Sra. Arévalo Gómez.- Si, ola, moi bos días a todos e a todas, Presidenta, Deputados. Solicitamos, desde o Grupo Popular, o tratamento de tódolos asuntos nun só, a pesares de que despois se produza a votación por separado. Sra. Presidenta.- ¿Están de acordo todos os grupos con que se produza así o debate?. Ben, pois habendo acordo de todos os grupos imos debater conxuntamente o punto dous, tres, catro, cinco e seis da Orde do día. Se lles parece, eu propoño que haxa cinco minutos por grupo e que peche con tres minutos o debate o voceiro que vai defender a proposta que se plantexa hoxe a este Pleno. ¿Hai acordo dos grupos?. Pois entonces, iniciamos o debate destes puntos, destes cinco puntos e iniciamos por parte do voceiro que defenderá a proposta, o D. Carlos Font, logo o faremos de menor a maior e pechará con tres minutos o voceiro D. Carlos Font. Polo tanto, Sr. Font, ten vostede a palabra. Sr. López Font.- Presidenta, Deputadas, Deputados, público, medios de comunicación. Hace una semana en esta misma sala, doña Carmela Silva era elegida Presidenta de la Diputación Provincial de Pontevedra. Proclamaba, en ese momento, un cambio radical en esta Corporación provincial. Con el gesto simbólico de abrir las ventanas de su despacho, se producía ese cambio. Les garantizo que a pesar de lo caluroso del día, entró aire fresco, entró un cambio para todos los ciudadanos y para todos los concellos, los sesenta y dos concellos de la provincia como eje vertebrador de ese cambio político radical. En ese momento, ese mismo día, la Presidenta se marcaba el objetivo de en una semana tener una nueva estructura de Gobierno, en principio, parecía difícil este objetivo pero es cierto que los que hemos compartido travesía política con ella y hemos compartido trabajo creíamos que podía conseguirlo. Por lo tanto, lo primero es felicitar a la Presidenta por haber conseguido el objetivo que se marcó la semana pasada. Este Pleno que estamos celebrando hoy es de especial importancia, no se consiguió en ninguna otra administración en una semana, donde ya la Presidenta ha trasladado el mensaje político de cambio que anunció en esta misma sala, también ha conseguido y también ha diseñado el gobierno, su estructura, los órganos de representación y todos los puntos que hoy van. Sinceramente, nuestra felicitación. De forma conjunta, tal y como mencionaba ella anteriormente, las mociones de Presidencia se refieren a toda la estructura; todo un conjunto que permite gobernar, actuar de forma inmediata, desde este momento ya. Esta es la estructura organizativa que presentamos y es la estructura organizativa necesaria para el cambio político, que se anunció, es una organización elemental, desde una nueva configuración orgánico-administrativa pero dirigida a la modernización, modernización buscando la eficacia, la eficiencia y la racionalidad frente al modelo anterior al servicio exclusivo de la Presidencia, presentamos este modelo; y cambiar no es eliminar lo existente, es cambiar en las formas, es avanzar hacia una gestión democrática que, sobre todo, lleva ese cambio en las formas, como decía. Este modelo, al contrario del anterior, está para servir a concellos y a ciudadanos. Se busca la autonomía de las áreas de trabajo, se reducen de trece a diez, esta estructura si la viésemos de una forma lineal, no tiene ni un centímetro de más pero tampoco ni un centímetro de menos. Toda acción política necesita de una estructura administrativa adecuada, categóricamente se puede afirmar que sin medios no hay resultados, y es esta estructura, basada en la racionalidad y en el equilibrio, sobre todo contraria a la precariedad laboral, una precariedad laboral como mal endémico que ha sido fomentado por el clientelismo. Presidenta, en nuestra opinión, lo ha conseguido de una forma certera; el conjunto de actuaciones administrativas propuestas constituyen, si me lo permiten, la mejor inversión de esta Corporación provincial, la mejor forma de actuar para estos cuatro años, porque para llevar a cabo este cambio político debemos de transitar desde una administración arcaica para dar respuesta a las demandas municipales. Desde la modestia, recuerden, transcurrido el tiempo, que esta propuesta global de la Presidenta será la que permita ese cambio político, un cambio político que tan ilusionados tiene a los ciudadanos de la provincia como hemos podido comprobar sólo en una semana. Pero esta propuesta también es buena muestra del talante mostrado por la Presidenta desde el minuto uno. Engloba el respeto, el reconocimiento a la oposición y a la tarea que debe de realizar, que se materializan, en concreto, en la asignación de unos medios humanos y dotacionales que permiten a la oposición realizar su trabajo. También la oposición, con la propuesta que se realiza desde Presidencia, debe de sentirse cómoda. Con esta estructura supondrá el fin del presidencialismo, el fin de la precariedad laboral, el fin de las interpretaciones únicas, el cumplimiento estricto de la legalidad, algo tan importante, y, todo ello, con una dotación suficiente de medios y de recursos humanos. Por todo lo anterior, solicitamos de los Diputados de este Pleno el voto favorable para el conjunto de los puntos dos al seis, ambos incluidos. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Polo Grupo Mixto ten agora a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos. Debido ó escaso tempo para realizar a revisión da documentación a Coalición SON non vai facer unha valoración ata poder estudala en profundidade, pero confiando en que as compañeiras e compañeiros do Bloque Nacionalista apuraron pola correcta proporcionalidade, imos absternos na votación, considerando esta abstención un voto de confianza. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sr. Jácome. Polo Grupo do Bloque Nacionalista Galego ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Presidenta. Bos días a todos e a todas. Ben, en primeiro lugar, xa está algo, xa foi algo xustificado o da urxencia. Ben, a experiencia di que cando un goberno é capaz a facer unha proposta de organización da Corporación e, a maiores, pois, é capaz a ter en conta as demandas dos outros grupos e encaixalas, pois, é un Goberno que empeza con bo pé, non é certo que ningunha administración fora máis, vamos, ningunha fora tan rápida, no concello de Pontevedra fíxose en catro días, pero bueno, ou no Tomiño fíxose en tres, digo, dígoo, porque ás veces se dan afirmacións que, igual non son correctas. Pero si, si é certo que de todas as Deputacións é a máis rápida e no caso do Concello, ou na Deputación de Pontevedra, tamén é o caso en que foi máis rápida. Ben, eu creo que este Pleno e as decisións que se tomaron non se entenden sen todo o proceso previo e sen a situación na que, vamos, se encontra esta Deputación. Ten unha estrutura funcionarial con un moi bo grupo, podemos dicir, incluso, moi maioritario, de moi bos funcionarios, pero moi descompensada e sobre todo con bastantes problemas de “staff” directivo. Estes días que hai moitas comparecencias de prensa, digo que o concello de Pontevedra e o de Vigo teñen, por exemplo, nos máis altos cargos de directivos dunha administración, como poden ser Secretarios, Interventores ou Tesoureiros teñen o dobre, aquí, teñen a metade, pero esa metade, aínda por riba, teoricamente, tiñan que facer asesoramento ós concellos, ou sexa, que están nunha situación extraordinariamente precaria en canto a medios, e a administración, pois, quen a moven son os cargos directivos dese grupo. Non podemos resolver iso por agora pero, en xeral, e non vou estenderme, en xeral, pois, temos unha, esa situación e, polo tanto, pois, queremos capitalizar, queremos capitalizar iso, en capital humano, en experiencia, en sabiduría, en todo o que se poida, de feito, parte dos cargos de confianza, pois, responden a ese perfil, claramente, ¿non?, son o que se chamaba antes ou se chama agora, expertos de recoñecido prestixio, na administración ou en certos ámbitos. Iso xa afecta máis ó punto sete, pois, acordamos unha descentralización elevadísima, o tempo dirá se non hai que, vamos, facerlle algunha corrección, dígoo por funcionalidade, e pásase do que era practicamente un goberno no que todo pilotaba sobre o Presidente a un goberno no que a xestión está absolutamente descentralizada, é posible, incluso, que sexa un bandazo excesivo, pasar do todo a nada ou da nada ó todo. Ben, o tempo o dirá, pero a intención queda moi plasmada, moi marcada e moi fixada con este tipo de Delegacións e con esta, vamos, con este tipo de funcionamento. En canto os recursos ós grupos, por primeira vez vai haber, vamos, a posibilidade de que os Deputados dos grupos que non están no goberno poidan ter tempo suficiente para adicarlle a esta, vamos, a esta Institución, evidentemente, por cuestións de número, pois, só o Partido Popular pode disfrutar diso, quédanos moita pena de que o grupo SON non poida telo, eu estiven aquí só anos, sei o que significa, pero claro, se vamos a esa proporción sairían unhas cifras non manexables, entón, non é posible, hai compensacións por outros lados coa presenza en todas as Comisións e demais. Ben, isto supón o que dixemos, bueno, polo menos ten dito publicamente de que queremos que esta Corporación, que esta casa, teña, estea capitalizada que os Deputados e Deputadas lle adiquen tempo nas funcións que teñen que cumprir cada quen e, coñezan en profundidade o funcionamento da Deputación e poidan aportar con coñecemento de causa para a súa mellora, xa digo, sexa no goberno ou na oposición, xa dixen, tivemos a capacidade, bueno, tivemos a capacidade de facelo. Ben, e por último, quero manifestar dúas pequenas discrepancias, nesta casa, o que son os tempos de intervención sempre nos puxemos de acordo pero tamén sempre nos puxemos de acordo en ser extraordinariamente flexibles e nunca sucedeu absolutamente nada e os Plenos se levaron con total axilidade. E, unha última batalla que empezamos xa neste Pleno que é que xa no anterior e no anterior e no anterior sempre hai Deputados e Deputadas que polo seu hábito lingüístico, pois, interveñen en español no Pleno, agardemos que iso se vaia corrixindo, en todos os mandatos o fomos logrando corrixir, agardemos que tamén neste caso suceda. Sra. Presidenta.- O certo é que, certa flexibilidade no turno de intervencións e bo que se teña, non hai porque ser absolutamente rigoroso, pero tamén é certo que unha certa orde facilita o debate, facilita o funcionamento do Pleno pero iso, dende logo, tamén o plantexaremos a través do acordo con todos os grupos políticos, todas as decisións que teñan que ver coa forma de funcionamento van ser sempre consultadas porque nos afectan a todos e, polo tanto, debemos facer ese esforzo. E agora xa, para rematar o turno de intervencións, ten a palabra a Voceira do Grupo Popular, a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo López.- Bueno, moitas gracias. Bos días de novo a todos. Hoxe, pois é un día importante para esta Corporación, para esta casa porque dalgunha forma, pois, vamos a votar aquí o que vai a ser o organigrama onde vaiamos a estar todos, pois, un pouco organizados, valga a redundancia, a partir de hoxe para todo o que é esta lexislatura. É importante este Pleno debido a que vamos aprobar, pois, esa convocatoria, día, comisións informativas, composición, a representación que ó final ten cada un dos grupos e o peso que vai a ter nesta casa e, sobre todo, pois, o que é os medios e as facilidades e todo o que corresponde a poder traballar en prol desta provincia. Eu non comparto, pois todo o que dicía o voceiro do Partido Socialista de que hoxe se anunciaba xa, pois, un cambio político, un cambio de estrutura, un cambio de formas, penso que hasta o día de hoxe o que hai é un cambio político, evidentemente, o Partido Popular está na oposición pero creo que quedará para sesións posteriores onde se poida vislumbrar si efectivamente hai un cambio de estrutura, que ata o de agora, practicamente, pois, o que vamos aprobar hoxe aquí é unha estrutura, pois, semellante á que tiña ata o de agora o Goberno do Partido Popular. Por iso anunciamos, xa de entrada, evidentemente, o voto favorable a esta forma de traballar que vamos a ter a partir de hoxe. Creo que esta casa, pois, en determinadas ocasións, en bastantes ocasións foi exemplo de entendemento de tódolos grupos políticos, somos un exemplo de acordos, de consenso; creo que en moitas ocasións se contou co voto favorable e por unanimidade de tódolos grupos en plans importantes que afectaban a esta provincia, que afectaban ós concellos e incluso a orzamentos, que contou co apoio favorable de, neste caso, da oposición. Hoxe, pois, unha vez máis e por unanimidade vamos a sacar adiante, como dicía ó comezo da miña intervención, asuntos de máxima relevancia para o que supón estes próximos catro anos, como é o organigrama, algo importantísimo e que importantísimo é que os grupos desta Corporación arranquemos esta lexislatura con este acordo do cal, pois, o Partido Popular está tremendamente orgulloso de poder hoxe anunciar aquí este voto favorable. Sres/as Deputados e Deputadas o traballo é o que vai a, dalgunha forma, a dominar estas bancadas da oposición, o traballo en prol desta provincia, o traballo pendente dos concellos, o traballo pendente dos colectivos, o traballo pendente dos sectores como o foi ata agora do turismo, do patrimonio, do emprego, importante, da cultura, do deporte. No meu discurso de investidura anunciaba que o traballo era o que ía a definir, igual que foi ata agora, o que é o Partido Popular. Dicía tamén, que non iamos a permitir ningún paso atrás e o digo hoxe outra vez. Estamos moi contentos dos logros alcanzados nesta provincia a través das políticas da Deputación de Pontevedra e por iso insisto en que vamos a estar expectantes e vixiantes en que este equipo de Goberno que hoxe, pois, presenta a súa estrutura inicial, pois, cumpra con todo o que, en principio, dende o Partido Popular cremos que é, pois, uns mínimos. Dicirlles que, bueno, pois, estamos de acordo coas ferramentas que se poñen encima da mesa, coas ferramentas materiais, ferramentas humanas, para poder desarrollar o noso traballo. Seguimos, pois, á espera, espero que en próximos días poidamos dispoñer dunha habitáculo ou dunha sala, dun lugar de traballo para estes doce Deputados que, de novo, igual que dicía o día da investidura, pois, estamos a representar o máximo número de cidadáns da provincia, somos o grupo maioritario e por iso, quero que isto non se esqueza nunca e que, igual que se tivo en conta á hora de poder dotarnos de medios para traballar, que se cumpra tamén con ese espazo que necesitamos. Lle tendemos a man a traballar, nos van a encontrar sempre que queiran traballar, que queiran consensuar, que queiran colaborar; desde logo que contamos con persoas neste equipo da oposición, con bastante experiencia dos anos que levan nesta casa e nos ofrecemos a traballar co equipo de Goberno e, insisto, o noso obxectivo é estar pendentes e estar vixiantes a que todo o que se acadou non vaia para atrás senón que vaia para adiante. Nos van a ter sempre que necesiten, á hora de poder mellorar a vida diaria dos concellos, nos parece importantísimo que determinados plans que se puxeron en marcha a nivel de emprego, a nivel de cooperación dos concellos máis pequenos, dos colectivos máis desfavorecidos, que non se olviden. Creo que debo insistir no día de hoxe, en que esta proposta que se fai pola Presidencia, desta primeira estrutura que é a máis importante coa que se arranca, pois, ten o noso apoio porque consideramos que é moi semellante ó que ata o de agora o equipo de Goberno que nos correspondía era o que viña a plantexar. Máis nada, moitísimas gracias e bos días. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sra. Arévalo. Agora pasaremos a votar cada un dos puntos da Orde do día para finalizar este debate. Simplemente, agradecerlle a todos os grupos políticos que conforman esta Corporación provincial a súa capacidade demostrada de diálogo, de búsqueda de consenso para chegar a acordos. Eu son das convencidas de que a cidadanía agradece que non haxa debates inútiles que é o que nos piden as persoas ás que representamos e que gobernemos para mellorar a súa calidade de vida e para que ninguén careza de servizos básicos de aquilo ó que teñen dereito e, polo tanto, hoxe, este Pleno foi unha mostra de que se pode chegar a acordos aínda que haxa moitos puntos políticos e ideolóxicos de diferenciación. Eu creo que é unha boa noticia e por iso, como Presidenta desta Deputación quero darlle as gracias a tódolos grupos políticos e a todos e a cada un dos membros desta Corporación provincial; e, sen máis xa, pasamos á votación. En primeiro lugar, o punto dous, moción da Presidencia sobre réximende sesións do Pleno e Comisións Informativas. ¿Contra?. ¿Abstencións?, unha. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por vinte e cinco votos a favor, unha abstención e ningún voto en contra. No punto tres, moción da Presidencia sobre creación e composición das Comisións Informativas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?, unha. ¿Votos a favor?, vinte e cinco. Queda aprobado por vinte e cinco votos a favor, unha abstención e ningún voto en contra. No punto catro, moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en Órganos colexiados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por vinte e cinco votos a favor, unha abstención e ningún voto en contra. No punto quinto, moción da Presidencia sobre réxime de dedicación exclusiva de cargos da Deputación e persoal eventual. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por vinte e cinco votos a favor, unha abstención e ningún voto en contra. No punto seis, moción da Presidencia sobre asignación de dotación económica ós grupos políticos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?, unha. ¿Votos a favor?, vinte e cinco. Queda aprobado por vinte e cinco votos a favor, unha abstención e ningún voto en contra. E xa por último, o punto sete que é o punto de dar conta das resolucións de Presidencia, Resolucións Presidenciais, son aspectos de competencia exclusiva da Presidencia, que terá que darse conta ó Pleno e este punto da Orde do día non se vota, se dá simplemente conta, nel aparece o nomeamento do Vicepresidente, o nomeamento dos Presidentes efectivos das Comisións Informativas, a composición da Xunta de Goberno e do réxime de sesións ordinarias, a constitución da Xunta de Voceiros, que hai catro grupos provinciais, o Grupo do Partido Popular, o Grupo do Partido Socialista de Galicia-PSOE, o Grupo do Bloque Nacionalista Galego e o Grupo Mixto. E por último, as delegacións da Presidencia, toda a información destas Resolucións Presidenciais teñen coñecemento todos os Grupos Políticos que conforman este Pleno da Deputación Provincial. ¿Alguén quere facer algunha intervención neste punto?. Pois se non é así, queda dada conta e agradecéndolles de novo a súa colaboración. Levántase a sesión. Moitas gracias. 2.6640.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE RÉXIME DE SESIÓNS DO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS O Pleno deberá resolver, de conformidade cos arts. 58 e 134 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, o réxime de sesións do mesmo, e a periodicidade das sesións ordinarias das Comisións Informativas. En consecuencia, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, aprobar a Moción da Presidencia sobre réxime de sesións do Pleno e Comisións Informativas, adoptándose o seguinte acordo: “As sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 12,00 horas. Se a data prevista de celebración coincidira con festivo, será a Xunta de Portavoces a que establecerá o día de celebración. Os Plenos correspondentes ós meses de xullo, agosto e decembro, previo acordo da Xunta de Portavoces, poderán celebrarse, con carácter extraordinario, noutras datas. Así mesmo, as Comisións Informativas ordinarias celebraranse os venres da semana anterior á de celebración do Pleno, a partir das 12,00 horas. Se a data prevista de celebración coincidira con festivo, será a Xunta de Portavoces a que establecerá o día de celebración”. 3.6641.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS Como consecuencia dos novos obxectivos que pretenden lograrse neste novo mandato, é intención desta Presidencia modificar a denominación existente ata agora dos órganos asesores da Corporación Provincial, que teñen por obxecto o estudo, informe ou consulta dos asuntos que deben ser sometidos á consideración do Pleno. Por iso, “En cumprimento do disposto nos artigos 58, 124, 125 e 127 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, aprobar a Moción da Presidencia sobre creación e composición das Comisións Informativas, adoptándose o seguinte acordo: Primeiro: Créanse, atendendo ás grandes áreas en que se estruturan os servizos provinciais, ademais da Comisión Especial de Contas, é de existencia preceptiva, as seguintes Comisións Informativas Permanentes: 1 Economía, Facenda e Réxime Interno 2 Cooperación Municipal 3 Emprego 4 Innovación, Promoción Económica e Turismo 5 Xuventude, Deportes e Igualdade 6 Infraestruturas 7 Benestar Social 8 Medio e Desenvolvemento Sostible 9 Cultura Segundo: As citadas Comisións Informativas estarán integradas por 17 Sres./as. Deputados/as, representando a todos os Grupos Políticos na seguinte proporción: 7 membros do Grupo Provincial do PP; 6 membros do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, 3 membros do Grupo Provincial do BNG e 1 membro do Grupo Mixto. Terceiro: A composición concreta das citadas Comisións Informativas será a seguinte: - Economía, Facenda e Réxime Interno 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 9 D. David Regades Fernández 10 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 11 Dona María Montserrat Magallanes Álvarez 12 D. Francisco Javier Dios Pomares 13 Dona Digna Rosa Rivas Gómez 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 Dona Eva María Villaverde Pego 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Cooperación Municipal 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 D. David Regades Fernández 9 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 10 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 11 D. Carlos López Font 12 Dona Consuelo Besada Lores 13 Dona María Montserrat Magallanes Álvarez 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 D. Xosé Leal Fariña 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Emprego 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 D. David Regades Fernández 9 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 10 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 11 D. Juan Antonio González Pérez 12 Dona María Montserrat Magallanes Álvarez 13 Dona Consuelo Besada Lores 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 Dona Eva María Villaverde Pego 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Innovación, Promoción Económica e Turismo 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 9 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 10 D. David Regades Fernández 11 D. Francisco Javier Dios Pomares 12 Dona María Montserrat Magallanes Álvarez 13 Dona Digna Rosa Rivas Gómez 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 D. Xosé Leal Fariña 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Xuventude, Deportes e Igualdade 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 D. David Regades Fernández 9 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 10 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 11 Dona Digna Rosa Rivas Gómez 12 D. Juan Antonio González Pérez 13 Dona Consuelo Besada Lores 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 Dona Eva María Villaverde Pego 16 D. Xosé Leal Fariña 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Infraestruturas 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 9 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 10 D. David Regades Fernández 11 D. Carlos López Font 12 Dona María Montserrat Magallanes Álvarez 13 Dona Consuelo Besada Lores 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 D. Xosé Leal Fariña 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Benestar Social 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 9 D. David Regades Fernández 10 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 11 D. Francisco Javier Dios Pomares 12 Dona Digna Rosa Rivas Gómez 13 Dona Consuelo Besada Lores 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 Dona Eva María Villaverde Pego 16 D. Xosé Leal Fariña 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Medio e Desenvolvemento Sostible 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 D. David Regades Fernández 9 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 10 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 11 D. Francisco Javier Dios Pomares 12 Dona María Montserrat Magallanes Álvarez 13 Dona Digna Rosa Rivas Gómez 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 Dona Eva María Villaverde Pego 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Cultura 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 9 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 10 D. David Regades Fernández 11 D. Juan Antonio González Pérez 12 Dona Consuelo Besada Lores 13 Dona María Montserrat Magallanes Álvarez 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 Dona Eva María Villaverde Pego 16 D. Xosé Leal Fariña 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez - Comisión Especial de Contas 1 Dona Belén Cachafeiro Anta 2 Dona Nidia María Arévalo Gómez 3 Dona María Luisa Piñeiro Arcos 4 D. Luis Aragunde Aragunde 5 Dona Elena Muñoz Fonteriz 6 D. Jesús Vázquez Almuíña 7 D. Julio Alén Montes 8 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 9 D. David Regades Fernández 10 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 11 Dona Digna Rosa Rivas Gómez 12 Dona Consuelo Besada Lores 13 D. Juan Antonio González Pérez 14 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 15 Dona Eva María Villaverde Pego 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Lois Jácome Enríquez 4.6642.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en Órganos Colexiados. Esta representación pode plantexarse dende dúas perspectivas: representación en órganos colexiados que dependen da propia Corporación e representación en órganos nos que debe haber representantes da Corporación pero que non dependen dela. En todo caso, o nomeamento é sempre competencia do Pleno. Por todo iso, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados, adoptándose o seguinte acordo: “Desígnanse representantes da Deputación Provincial de Pontevedra nos Organismos que seguidamente se relacionan ós/ás seguintes Sres./as. Deputados/as: - Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica: Titular: Don Carlos López Font Suplente: Dona María Montserrat Magallanes Álvarez - Comisión Superior de Urbanismo de Galicia: Don David Regades Fernández - Comisión Territorial do Patrimonio Histórico: Titular: Don Xosé Leal Fariña Suplente: Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Comité Provincial de Caza: Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Comité Provincial da Cruz Vermella Española: Dona Eva María Villaverde Pego - Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia: Titular: Don Francisco Javier Dios Pomares Suplente: Dona Digna Rosa Rivas Gómez - Consello Galego de Saúde: Dona María Isaura Abelairas Rodríguez - Consello de Goberno do Organismo Autónomo “Pazo da Cultura de Pontevedra”: Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Consello Provincial de Servizos Sociais: Titular: Dona Eva María Villaverde Pego Suplente: Don Uxío Benítez Fernández - Consello Rede de Dinamización Lingüística: Titular: Don Xosé Leal Fariña Suplente: Dona Eva María Villaverde Pego - Consello Técnico Asesor da Misión Biolóxica de Galicia: Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra: Don Francisco Javier Dios Pomares - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo: Don Carlos López Font - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña: Titular: Don Carlos López Font Suplente: Dona María Montserrat Magallanes Álvarez - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes: Titulares: Don Carlos López Font e Don Francisco Javier Dios Pomares Suplentes: Dona Digna Rosa Rivas Gómez e Dona Consuelo Besada Lores No Consello Consultivo: Os mesmos. - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo: Titulares: Don Carlos López Font Don Francisco Javier Dios Pomares e Dona Consuelo Besada Lores Suplentes: Dona Digna Rosa Rivas Gómez Don Santos Héctor Rodríguez Díaz e Dona María Isaura Abelairas Rodríguez - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés: Titulares: Don Carlos López Font Don Francisco Javier Dios Pomares e Dona Consuelo Besada Lores Suplentes: Dona Digna Rosa Rivas Gómez Don Santos Héctor Rodríguez Díaz e Dona María Isaura Abelairas Rodríguez - Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento: Don Carlos López Font e Don Francisco Javier Dios Pomares - Consorcio Zona Franca de Vigo: Dona María del Carmen Silva Rego - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade: Dona Eva María Villaverde Pego - Instituto Feiral de Vigo (IFEVI): Don David Regades Fernández - Padroado da Escola Universitaria de Enfermería: Dona Eva María Villaverde Pego - Padroado da “Fundación Democracia y Gobierno Local”: Don Juan Antonio González Pérez - Padroado da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada: Don Francisco Javier Dios Pomares Dona Consuelo Besada Lores Dona Digna Rosa Rivas Gómez Comité Executivo da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada: Dona Consuelo Besada Lores - Padroado da Fundación Fexdega: Dona Digna Rosa Rivas Gómez Dona María Montserrat Magallanes Álvarez - Padroado Municipal “Monte Santa Tegra” (A Guarda): Don Uxío Benítez Fernández - Padroado da Universidade Nacional de Educación a Distancia: Dona María del Carmen Silva Rego - Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Don Xosé Leal Fariña - Sección Provincial do Consello de Empadroamento do INE: Titular: Dona Digna Rosa Rivas Gómez Suplente: Don Carlos López Font - Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense (SOGARPO): Don Santos Héctor Rodríguez Díaz - Xestur Pontevedra, S.A.: Don David Regades Fernández - Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia: Don Uxío Benítez Fernández 5.6643.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA DE CARGOS DA DEPUTACIÓN E PERSOAL EVENTUAL De conformidade co disposto no artigo 75 e 75 bis da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, en redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local, artigo 225 da Lei 5/97, de réxime local de Galicia e segundo o artigo 13 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais vixente; así coma artigos 176 do RDL 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e 104 e 104 bis da Lei 7/85, de 2 de abril, con respecto ó persoal eventual, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON: PRIMEIRO: Establecer para os membros electivos da Deputación Provincial de Pontevedra, as seguintes retribucións e indemnizacións previstas no orzamento provincial, polos importes que a continuación se determinan: 1.- Número e retribucións de altos cargos ANO 2015 (nova Corporación) nº Importe Anual Imp. Mes Custo Patronal TOTAL ANUAL Dedicación exclusiva Presidente 1 71.593,20 5.113,80 1.150,32 85.397,04 Dedicación exclusiva Deputado 4 59.818,49 4.272,75 1.150,32 294.489,32 Dedicación parcial Deputado 72% 3 43.069,31 3.076,38 1.144,93 170.425,27 Dedicación parcial Deputado 54% 1 32.301,98 2.307,28 858,69 42.606,32 Dedicación parcial Deputado 50% 4 29.909,25 2.136,37 795,09 157.801,18 750.719,13 Para tal efecto, modifícase o número de cargos que se van exercer en réxime de dedicación exclusiva, incrementando o seu número respecto ó mandato anterior. Os nomeamentos dos membros da Corporación para estes cargos deberán ser aceptados expresamente por aqueles tal e como dispón o citado artigo 13 do ROF. De ser así terá que comunicarse esta circunstancia ó Pleno na seguinte sesión ordinaria. O custo salarial total e de seguridade social que deriva desta asignación de dedicacións, tomando como data de efectos o 24 de xullo de 2015 e por un período de 5 meses e 8 días, ascende a un total de 260.079,54 € en concepto de retribucións e de 69.747,01 € en concepto de seguridade social, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 15/900.9120.100.00 e 15/900.9120.160.01. Unha vez aprobado o réxime de dedicacións exclusivas corresponde á Presidenta o nomeamento dos membros da Corporación que pasarán a desempeñar os devanditos cargos. As retribucións da Presidenta percibiranse dende o Pleno de organización, e a do/a deputado/a con réxime de dedicación exclusiva dende o nomeamento e aceptación do cargo. As dedicacións exclusivas completas poderán dividirse en dedicacións parciais. Este acordo será publicado na forma prevista no apartado 5 do artigo 75 da Lei de bases de réxime local, e no portal de transparencia da Deputación en cumprimento do estipulado no artigo 8.1 f) da Lei 19/2013, de 9 de decembro. A Presidenta informará ó Pleno con carácter trimestral do cumprimento do previsto nesta moción. 2.- Indemnizacións por asistencia a sesións de órganos colexiados Estas indemnizacións serán as actualmente vixentes, cuxos importes veñen establecidos nas bases de execución do orzamento: Por cada sesión do Pleno 475,00 € Por cada sesión da Xunta de Goberno e comisións informativas 200,00 € 3.- Indemnizacións por gastos de asistencia a actos fóra do pazo provincial no exercicio das súas funcións ou en representación da Deputación. a) Réxime de axudas de custo e gastos de locomoción. Tal e como establecen as Bases de execución do vixente orzamento provincial, todos os membros da Deputación terán dereito a percibir indemnizacións polos gastos efectivos ocasionados no exercicio dos seus cargos segundo as normas de aplicación xeral nas administracións públicas, contidas basicamente no R.d. 462/2002, e actualizacións posteriores e orde de 8 de novembro de 1994, sobre xustificación, quedando todos incluídos no grupo I para efectos de axudas de custo, todo isto en aplicación do art. 75-4 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, art. 13-5 do Regulamento de organización, funcionamento, e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo R.d. 2568/86, de 28 de novembro, e art. 225-21 da Lei 5/97, de Administración local de Galicia. Os membros da Deputación poderán optar polo reintegro dos gastos efectivamente realizados, caso no que achegarán os correspondentes xustificantes da totalidade dos seus gastos, (facturas ou documentos equivalentes segundo a normativa xeral). Os servizos con dereito a indemnizacións disporaos ou ratificará a Presidenta da Deputación. b) Xustificación. Efectuarase segundo a normativa de carácter xeral anteriormente indicada para as administracións públicas, mediante conta rendida polo interesado, á que se unirán os xustificantes que sexa necesario en cada caso, entre eles, a disposición de servizo ou ratificación deste, e sempre coa conformidade da Ilma. Sra. Presidenta, cando non sexa este o propio interesado, caso no que se limitará á conta ou declaración das circunstancias que motivaron a remuneración en cada caso concreto, achegando os xustificantes que procedan. SEGUNDO: Determinar o número, denominación e retribucións dos postos de traballo de persoal eventual, de confianza e asesoramento especial, nos termos que detallan no seguinte cadro, en cumprimento do previsto no artigo 176 do Real decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local, artigos 104 e 104 bis da LRBRL, en redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e sostibilidade do réxime local, artigo 12 da Lei 7/2007, de 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público, e artigo 29 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia: POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL EVENTUAL (nova Corporación) Nº GR RETRIBUCIÓN ANUAL Director de gabinete de presidencia e xestión 1 A1 66.188,09 Coordinador xeral do Centro Príncipe Felipe 1 A1 55.990,45 Coordinador de réxime interno 1 A1 55.990,45 Directora de comunicación 1 A1 42.410,28 Xefa de prensa 1 A1 42.410,28 Coordinador de secretaría e relacións exteriores 1 A2 42.410,28 Asesor en materia de tratamento de residuos sólidos urbanos 1 A1 55.990,45 Asesor en materia de accesibilidade, seguridade viaria e patrimonio artísticos 1 A1 55.990,45 Director de comunicación da vicepresidencia 1 A1 36.000,00 Xefe de información territorial 1 A1 36.000,00 Coordinador de grupo 1 A/C 43.500,00 Coordinador de areas 1 A/C 43.500,00 Coordinador de grupo 1 C1 32.839,47 Administrativo 2 C1 32.839,47 Administrativo 1 C1 21.089,00 Secretaria 2 C2 27.407,14 18 - 690.555,81 O custo salarial total e de seguridade social impútase ás seguintes aplicacións orzamentarias: 15/900.9120.110.00, 15/900.9120.110.01 e 15/900.9120.160.01. O incremento do número de postos de persoal eventual encóntrase xustificado na necesidade de garantir o funcionamento do Gabinete da Presidencia ante a redistribución do persoal funcionario do Gabinete da anterior Corporación (tres auxiliares e dous técnicos) a outros Servizos ou Centros da Deputación, en atención ás necesidades existentes por falta de persoal. Nas resolucións de nomeamentos indicarase o contido das funcións, tarefas ou labores encomendados, propios dos servizos xerais da Corporación Provincial para a súa posterior inclusión na relación de postos de traballo da Corporación. Estas retribucións serán actualizadas en función do establecido na Lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano. Este acordo será publicado na forma prevista no apartado 5 do artigo 104 bis da Lei de bases de réxime local, e no portal de transparencia da Deputación en aplicación do sinalado no artigo 8.1 f) da Lei de transparencia. Os nomeamentos do persoal eventual, tamén serán obxecto de publicación nos lugares que se determinan no apartado anterior. A través deste acordo o Pleno ratifica os nomeamentos do persoal eventual producidos dende a constitución da nova Corporación Provincial con cargo as previsións da relación de postos de persoal eventual da anterior, persoal que comezou a desenvolver ditas funcións dende tal data: RELACIÓN DE POSTOS DE PERSOAL EVENTUAL Xefa de prensa ANA ISABEL GUANTES CRISTÓBAL 42.410,28 A1 Directora de comunicación ANA COSTAS FERNÁNDEZ 42.410,28 A1 Coordinadora de secretaría e relacións exteriores PAULA FERNÁNDEZ PENA 42.410,28 A2 Administrativa ANA BELEN PERALBA LORENZO 32.839,47 C1 Administrativa MILAGROS LORES TORRES 32.839,47 C1 Coordinador grupo LUIS HERRERA FRAILE 32.839,47 C1 Coordinador de réxime interno MARTÍN GIMENEZ CALVIÑO 42.410,28 A1 Secretaria AROHA SÁNCHEZ RAMOS 27.407,14 C1 Secretaria LORENA PARDO SILVA 27.407,14 C1 A Presidenta da Deputación informará ó Pleno con carácter trimestral do número, características e retribucións do persoal eventual. 6.6644.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE ASIGNACIÓN DE DOTACIÓN ECONÓMICA ÓS GRUPOS POLÍTICOS O artigo 73.3 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local establece que o Pleno da Corporación poderá asignar ós Grupos Políticos unha dotación económica que deberá contar dun compoñente fixo, idéntico para todos os Grupos, e outro variable, en función do número de membros de cada un deles. De acordo coa citada norma, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, aprobar a Moción da Presidencia sobre asignación de dotación económica ós grupos políticos, con arranxo ás seguintes contías: A) Compoñente fixo Unha dotación mensual de 1.500,00 € por Grupo. B) Compoñente variable Unha dotación mensual de 900,00 € por cada membro do Grupo. 7.6645.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Queda enterado o Pleno das seguintes Resolucións Presidenciais relacionadas coa organización desta Deputación: 1.- De Resolución Presidencial de 22 de xullo de 2015, nomeando Vicepresidente da Corporación Provincial ó Sr. Deputado, membro da Xunta de Goberno, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. O mesmo será coordinador das áreas de Infraestruturas, Benestar Social, Medio e Desenvolvemento Sostible e Cultura. 2.- De Resolución Presidencial de 22 de xullo de 2015, nomeando Presidentes efectivos das Comisións Informativas seguintes: Economía, Facenda e Réxime Interno, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz; Cooperación Municipal, Don David Regades Fernández; Emprego, Don David Regades Fernández; Innovación, Promoción Económica e Turismo, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz; Xuventude, Deportes e Igualdade, Don David Regades Fernández; Infraestruturas, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Benestar Social, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez; Medio e Desenvolvemento Sostible, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Cultura, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Especial de Contas, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. 3.- De Resolución Presidencial de 22 de xullo de 2015, sobre composición da Xunta de Goberno, quedando integrada polos seguintes Sras./es. Deputadas/os: Presidenta: Dona Mª del Carmen Silva Rego; Vogais: Dona Consuelo Besada Lores, Don Juan Antonio González Pérez, Don Carlos López Font, Dona María Montserrat Magallanes Álvarez, Don David Regades Fernández, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz, Don Uxío Benítez Fernández, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dona Eva María Villaverde Pego. Tamén se establecen os horarios das sesións ordinarias da Xunta de Goberno que terán lugar semanalmente todos os venres ás 11:00 horas. 4.- De Resolución Presidencial de 22 de xullo de 2015, sobre a constitución da Xunta Voceiros e a súa composición, quedando do seguinte xeito: Polo Grupo Provincial do Partido Popular: Voceira, Dona Nidia María Arévalo Gómez e como Suplente, Don Angel Moldes Martínez. Polo Grupo Provincial do Partido Socialista de Galicia-PSOE: Voceiro, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz e como Suplente, Don Carlos López Font. Polo Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego: Voceiro, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e como Suplente, Don Uxío Benítez Fernández. Polo Grupo Provincial Mixto: Voceiro, Don Xosé Lois Jácome Enríquez. A Presidencia da mesma ostentaraa o Voceiro do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE. 5.- De Resolución Presidencial de 22 de xullo de 2015, sobre delegacións en centros, organismos e áreas de servizo, quedando do seguinte xeito: En Centros e Organismos: Centro “Príncipe Felipe”, Dona Eva María Villaverde Pego; Finca Mouriscade, Dona Eva María Villaverde Pego; Finca Areeiro, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Castelo de Soutomaior, Don Carlos López Font; Escola de Canteiros, Dona María Montserrat Magallanes Álvarez; Imprenta Provincial, Don Carlos López Font; Escola de Enfermería, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Turismo Rías Baixas, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz; Parque Móbil, Don Carlos López Font. En Áreas de Servizos: Infraestruturas, Don Uxío Benítez Fernández; Benestar Social, Dona Eva María Villaverde Pego; Medio e Desenvolvemento Sostible, Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Cultura, Don Xosé Leal Fariña; Cooperación Municipal, Don David Regades Fernández; Economía, Facenda e Réxime Interior, Don Carlos López Font; Deportes, Dona Consuelo Besada Lores; Xuventude, Dona Digna Rosa Rivas Gómez; Innovación e Promoción Económica, Don Francisco Javier Dios Pomares; Igualdade, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez; Emprego, Dona María Montserrat Magallanes Álvarez; Turismo, Don Santos Héctor Rodríguez Díaz. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota