Fondos
2016-01-29_Extraordinaria. Acta de sesión 2016-01-29_Extraordinaria
Acta de sesión 2016-01-29_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/3.2016-01-29_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2016-01-29_Extraordinaria
Data(s) 2016-01-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria, solicitada polo Grupo Provincial do Partido Popular (PP), en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de xaneiro do 2016 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as trece horas e corenta minutos do día vinte e nove de xaneiro do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, solicitada polo Grupo Provincial do Partido Popular (PP), do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Comezamos o Pleno extraordinario de 29 de xaneiro de 2016. Na Comisión informativa me teñen informado, valga a redundancia, que a petición do Partido Popular vanse debatir cada un dos puntos de forma individual e non acumulada, e ademais tamén que se acordou que o tempo de intervención se produza atendendo ó ROF. Consultado o Secretario do Pleno o tempo será de dez minutos para cada grupo. Polo tanto, iniciamos esta sesión extraordinaria do Pleno, de 29 de xaneiro de 2016, con cinco puntos na orde do día. 1.6726.- CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A CELEBRACIÓN DA 52 EDICIÓN DO RALLYE INTERNACIONAL RÍAS BAIXAS Sra. Presidenta.- O primeiro punto. Convenio de colaboración para a celebración da 52 edición do Rallye Internacional Rías Baixas. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Ben. Bos días. Sra. Presidenta, Sras. e Sres. Deputados, a verdade é que nos gustaría non ter que presentar a solicitude deste Pleno, pero dados os últimos acontecementos nos vemos na obligación de defender os intereses desta provincia, sobre todo en algo tan delicado e tan importante como é o deporte na provincia de Pontevedra. Os asuntos a tratar son de especial transcendencia económica, social, para as entidades deportivas que se van a ver afectadas e para o conxunto da provincia, en definitiva. Hai unha clara pasividade e eu diría, pois, que máis que iso, non se está facendo nada dende o grupo de goberno, para a posta en marcha de líneas e de axudas para colectivos e entidades deportivas da provincia ata o punto de por en perigo a súa existencia, como é neste caso … Sra. Presidenta.- Discúlpeme, Sra. Arévalo, vostede solicitou na Comisión Informativa que se debatiran os puntos de forma … Sra. Arévalo Gómez.- Si, estou debatindo sobre o rallye Rías Baixas. Sra. Presidenta.- O primeiro punto, pois, vaia ustede ó convenio de colaboración Rías Baixas. Vaia vostede a este punto. Sra. Arévalo Gómez.- Estou debatindo sobre o rallye Rías Baixas e non me deixaba terminar o que lle estaba dicindo. Sra. Presidenta.- Sra. Arévalo vaia vostede ó punto de convenio do rallye Rías Baixas, porque vostede solicitou que foran debatidos de forma individual cada un dos puntos, e vaia a este, llo volvo a repetir. Sra. Arévalo Gómez.- Polo tanto, continuaba o que estaba dicindo, que vostede non me deixou terminar este párrafo, e lle dicía que ata o punto de por en perigo a súa existencia, como a celebración do 52 rallye Rías Baixas. ¿Quedoulle claro ahora?. Estou falando do rallye Rías Baixas. Mire, primeiro enviaron un aviso, primeiro enviaron un aviso de que serían o 50% das axudas, do que viñan percibindo, e agora, pois, empezan a mostrar, efectivamente, as primeiras notas de que esto todo quedará en nada como, por exemplo, dicirlle á celebración, á organización do rallye Rías Baixas que se vaian para a súa casa e que cesen a súa actividade. Sra. Presidenta e Sras. e Sres. Deputados, a verdade é que están vostedes gobernando de espaldas á provincia de Pontevedra e ás súas necesidades. Vostede no discurso de investidura dicía algo así como que esta provincia ten unhas posibilidades de desenvolvemento turístico envexables, un importantísimo patrimonio cultural, arqueolóxico, histórico, arquitectónico, literario, editorial, cultural e deportivo. Pero a verdade é que as súas palabras de aquel día non teñen nada que ver co que vostede está facendo no transcurso do seu mandato. Ese patrimonio tan importante deportivo están vostedes a poñelo a punto de desaparecer, de arruinalo, deixando de apoiar ós clubes, ós eventos deportivos de tanta importancia como é neste caso a celebración do rallye Rías Baixas. Nada máis e nada menos que 51 edicións. Sr. Font, vostede ten a sorte de poder seguir cumprindo anos e ogallá cumpra moitos máis, pero gracias a vostede o rallye Rías Baixas pois parece que non vai cumprir este ano o 52 aniversario. Así que toda unha pena, por eso estamos aquí falando desto, unha proba histórica, unha proba histórica, unha proba con arraigo popular e cunha importancia de retorno en toda a provincia, no condado Paradanta e por suposto na cidade de Vigo e en todos os concellos que estamos ó redor. Unha proba, Sra. Presidenta e Sras. e Sres. Deputados, que conta con 70 equipos de todo o país, 70 equipos, quinientas persoas que están a disfrutar, a traballar e a competir, entre pilotos, copilotos, equipos, etc., etc., 150 medios de comunicación acreditados de todo o país, patrocinadores, 900 voluntarios, 500 traballadores directos neste rallye. E, o que é máis importante, 70.000 afeccionados do mundo do motor e moitos concellos implicados, como neste caso o concello do Porriño que fai dous días aprobou en Pleno que si vai apoiar o rallye e que si vai a entregar unha cantidade económica, igual que o ano pasado, a pesar de estar gobernado por un alcaldesa socialista como neste caso o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. A verdade é que non entendemos … Escoitánse aplausos. Sra. Arévalo Gómez.- A verdade é que non entendemos nada, non entendemos nada como podemos ver, porque as hemerotecas están aí, como podemos ver vídeos, como podemos ler periódicos, onde se fagan afirmación de tanta envergadura, de tal calibre, que co paso duns meses simplemente pois digamos que non nos acordamos de nada e de que agora eso non vale e de que non temos ningunha prioridade referente ó rallye Rías Baixas. Estou a falar do Partido Socialista, do alcalde de Vigo, do deputado aí sentado Carlos López Font, que falaban, hai moi pouco tempo, de que esto era un deporte grandioso. Eu recordo, están aí os vídeos para ver, como o alcalde de Vigo sale dicindo, na Porta do Sol, “esto é un deporte grandioso e temos que facer que se convirta en ámbito europeo”. Que rápido nos olvidamos de todo esto, porque sodes expertos, son vostedes expertos, precisamente, en mentir, en dicirlle ás persoas que traballan en organizar o rallye, que claro que o concello de Vigo vai aportar unha cantidade, como foi o ano pasado e o anterior, ó final non dar absolutamente nada e encher todo o que foi a zona do concello de Vigo onde pasaba o rallye, de vallas que poñían “alcaldía de Vigo”, a ver se confundimos ás persoas e pensan que ó final o concello está apoiando o rallye. Fruto de todo esto, de todo este despropósito, pois fai que ó final a falta de apoio do concello, pois que a Deputación nos últimos anos teña que ver incrementada a súa axuda en 6.000 euros máis, e sendo 36.000 euros os que apoia a este rallye. Miren, unha falta de respecto total con estas cartas, innumerables cartas, a primeira do 3 de setembro, a segunda do 14 de setembro, a terceira do 6 de outubro, a cuarta do 23 de novembro, e a quinta, outra máis no 23 de novembro, dirixida ó Deputado, e a quinta do 7 de xaneiro, senón recordo mal. Pero, ¿como vostedes non atenden ás persoas?, ¿pero por que non atenden ós colectivos?. Esto é unha falla de respecto á federación, á escudería, ós organizadores, a todas as persoas que están detrás de todo este evento. Eu recordaba as palabras que dicía un organizador fai pouco, cando falaba eu con el para que me explicara todo esto, de que xa despois de pasar mil horas invertidas neste rallye, xa deixou de contar as que estaba invertindo. Unha falla total de respecto, Sra. Presidenta, Sras. e Sres. Deputados, porque estamos a falar dun evento deportivo de ámbito nacional, que non se pode comparar a ningún outro cando se intenta, pois, menospreciar dicindo que, “vaian vostedes a unhas bases, que todavía estamos preparando, non sabemos cando saldrán, pero cando salgan as bases vostedes pois se presentan e intentaremos que teñan unha cantidade, e cun pouco de sorte recibirán os cartos no mes de outubro”. Eso é dicirlle, miren, váianse para a casa e non fagan máis o rallye Rías Baixas. Pero miren, están dándolle a espalda a moitisimos colectivos, a moitisimas persoas, simplemente por non poñer a cantidade de 30.000 euros que é o que lle fai falta como aportación de esta casa. Vigo e toda a comarca é a cidade do automóvil, coa chegada de Citroën fai moitos anos a Vigo. Todos sabemos que gracias a este sector e máis ó turismo pois moitas familias viven, moitas familias comen e sobreviven, e por eso é unha falla grandisima darlle a espalda a algo como esto, o escaparate do automóvil, é a festa por excelencia do motor, do que a cidade de Vigo e toda a comarca ten un traballo moita xente e moitas familias. Miren, Sres. e Sras. Deputados, eu dicía nos medios de comunicación e o digo aquí, esto é un boicot absoluto do Partido Socialista a estas persoas, non encontro unha explicación, ¿como pode dicir o Sr. López Font que somos caciques por apoiar o rallye Rías Baixas?. É que vostede a palabra cacique a ten para calquera intervención que fagamos dende a bancada popular. E miren, nós lle pedimos que, por suposto, saquen as bases, que as aproben, falaremos máis adiante deste asunto, pero é que este rallye, como dicían vostedes, é un acto grandioso, é un acto a nivel nacional, é que pode chegar incluso a ser a nivel europeo. Miren vostedes do que estamos falando, do turismo que se move, de hoteles, de avións, de trens, de autobuses, de hostelería con restaurantes, taperías, bares, tendas e o comercio en xeral, que repercute seis veces cada vez que se pon un euro en este tipo de proba con esta organización. Como vostedes poden dicir que se presenten a unhas bases igual que se fosen pois un club, con todos os meus respectos ós clubes, pero que reciben axudas para o seu funcionamento diario, para o seu funcionamento anual, para un gasto ordinario. Como poden comparar o rallye Rías Baixas, como o poden comparar con algo pois de importancia, neste caso non menor, pero que non é comparable. Dende logo que nós queremos dicir alto e claro que apoiamos o rallye Rías Baixas, porque queremos respectar á organización, os anos que leva en Vigo, na cidade de Vigo e en toda a súa comarca, queremos que siga repercutindo na economía da cidade, na economía da comarca, tanto a nivel de automóvil como da hostelería. E que non queremos que se lle dea a espalda, queremos que se celebre outra vez e por eso lle rogamos que retomen a decisión de enterrar este rallye. Lle rogamos e llo pedimos. Miren, senón saben o que significa rallye Rías Baixas teño aquí un libro que llo podo dar, coa historia dos 50 anos, eu creo que deberían leelo, deberían leelo, deberían leelo porque é moi interesante. Escóitanse aplausos. Sra. Arévalo Gómez.- Recapaciten, recapaciten, de verdade recapaciten, lle pido por favor que recapaciten. En esta primeira intervención non vou a dicir, nada máis que pido a aprobación deste convenio de colaboración coa Escudería Rías Baixas nos termos exactamente que foi aprobado no ano 2015 para garantir a celebración deste 52 edición deste rallye. Moitisimas gracias. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Sr. Jácome ten a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos outra vez. O noso grupo neste punto concreto vai exercer un voto positivo, este voto non é en ningún caso un voto a favor do modelo de financiamento, que entendemos que non é adecuado e que efectivamente hai que cambialo. Nembargantes, que esta competición non poida celebrarse é un feito un tanto incomprensible e con este voto o que queremos é expresar o noso rexeitamento a esta situación. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. A ver, obviamente, a intervención vai ser para todos os puntos, pero vamos a centrar no primeiro que é o que estamos tratando. Obviamente, a discusión sobre 30 ou 36 mil euros así plantexada é absurda, porque o gasto deste Pleno máis o gasto da xente que viaxou aquí máis non sei canto non é tanto pero case. Polo tanto, creo que é, supoño que non estaremos todos tan mal da cabeza como para que a discusión sea polos 30.000 euros arriba ou abaixo, correcto. Entonces, ¿cal é o problema de fondo?, o problema de fondo é que aquí reunidos todos os alcaldes da provincia se lle dixo que a Deputación ía a recortar ó máximo o que dispoñía directamente para transferirlle ós concellos, ¿vale?. Entonces, 30.000 euros entre os concellos por onde pasa se queren suplilo é unha ridiculez, á parte de que se ían suprimir as subvencións nominativas ou o que sexa. Claro, iso sempre é discutible, porque se pode dicir suprimimos unha máis, unha menos, vale. Agora, o que está claro é que esa non é a discusión, entonces, mire, eu creo que a Sra. Arévalo é alcaldesa e outros son tal, mire, pois se o que queren, entonces terei que, digo, pola nosa parte teremos que entonar o mea culpa, se o que queren é dicir, dos 40 millóns que se mandaron para os concellos de menos de 50.000 habitantes máis os convenios que se van facer, máis os de asuntos sociais, que poden andar en 50 ou 51 ou 52 millóns ó ano, quitamos 10 e nos dedicamos a repartilos, en vez de ser os concellos respectivos, pois a Deputación colle e non lle dá os Rías Baixas 30.000 euros, dálle 100, que boa falta lle fan, correcto, claro, e ós outros collemos e dámoslle o que sexa, claro, claro. Entonces, aquí o que non vale é estar, intentar estar na procesión, repinicando e máis comulgando, eso non vale. Entonces, se o problema é este, vamos, non sei onde está, é fácil, para o ano que vén collemos, recortamos o que se lle manda ós concellos e se dedica a eso, porque nin a Deputación nin ningunha administración ten unha máquina de facer diñeiro, ten unha máquina, hai o que hai. Entón, esa discusión, francamente, traballárono moi ben, veñen aquí, fan o que sexa, eu creo que están, en certo modo, mareando á xente ou facéndolle crer cousas que non teñen moita máis, moito máis fondo ou transcendencia. Pero claro, os concellos queren a súa autonomía, decidir onde o poñen, ¡ah!, e que manden máis cartos, ¡ah!, pero se lle recortamos cartos entonces mal, pero entonces tamén queren que se lle dean por outro lado. Por favor, a ver, poñámonos de acordo, poñámonos de acordo, é unha posibilidade, eu creo que por esta vía van rematar ustedes pedíndonos que recuperemos o 20% de libre asignación da Presidencia e que lle dea a quen lle pareza ben. Quere que volvamos atrás. Pero creo que hai un programa, creo que hai tal, e aquí díxose claramente, hai, a) máxima autonomía dos concellos e b) corresponsabilidade. O que non vale é dicir, mándeme cartos para facer o que queira, pero agora mándolle á Deputación a quen sexa para pedirlle máis cartos. Eso non vale, eso non vale, eso é romper a baralla, ¡eh!., ou sexa, se quere autonomía exérzaa e responsabilícese. E vostedes o que están facendo dende o primeiro día é coa Escola provincial de gaitas, ¡ala!, vir aquí e montar, traer a montar o lío porque tamén cartos, vale, pero entón poñámonos de acordo no modelo, ou póñanse de acordo, porque os seus alcaldes e alcaldesas están encantados co novo modelo que implantamos, pero por outro lado vostedes como Deputados ou Deputadas provinciais están facendo xusto o contrario, están facendo xusto o contrario. Entonces, póñanse de acordo, home, este alboroto por 30.000 euros, por favor, está claro que eso é absurdo, en ningunha cabeza, medio razonable, cando o rallye a saber o que custa, desde logo, moitisimo máis, se cadra 10 ou 15 ou 20 ou 50 veces máis que eso, está claro que non é esa a batalla, está, é líala, é líala. Por todos os concellos que pasa non poden facer o esforzo de aportar, digo, incluso de adiantalo, porque as bases que cheguen agora se se retrasan ou non, incluso adiantar eses cartos, ¿é tanto problema entre todos?. Entonces, arréglenno, caramba, entonces teremos que replantexar moi seriamente, digo, despois do que montaron e á parte xa nos wasap que mandan vostedes, xa din, agora vai o de deportes, pero despois vamos ir con cultura. Teremos que replantexalo moi seriamente, moi seriamente. O que non vale é vamos a mandarvos máis cartos ós concellos, cun criterio que se pode discutir pero obxectivo, sin que o goberno se quede nin con un euro para repartir discrecionalmente, o goberno provincial, e despois traernos cada Pleno aquí, inducidos, porque 30.000 euros ou 50, ou 100 que, obviamente, esta Deputación pois poderá facer frente ou non, dado que fixo un esforzo enorme para mandarllo ós concellos. Esa é a cuestión, non hai máis, non hai máis. Claro, e ir cada un, dicir, non, non, eu como concello recibo máis, pero dedícoo ó que quero, pero non llo dou ó rallye, nin llo dou á Escola de gaitas, ¡ah!, non, claro, ese xogo é perverso, ese xogo é perverso, e así vamos mal, eso está claro, vamos mal. Polo tanto, pénseno seriamente e díganlle ós colectivos as cousas como son, as cousas como son e como se está actuando nestes momentos, nestes momentos aquí, sexa o que sexa, porque hoxe é o rallye ou pode ser calquera outro club, calquera outra institución, calquera outra festa ou o que sexa, porque senón non vale, así as normas de xogo non valen. Desde logo, sería moito máis fácil para este goberno coller e dicirlle, en vez de ós concellos mandarlle 50, mandarlle 25 e agora quedou como un campeón, vénme pedir, 20, non 40, non, tal, quedamos como auténticos campeóns. Pero non é eso o que pretendemos, pretendemos que a Deputación axude ós concellos e os concellos teñan capacidade e autonomía e non queremos esa marxe de discrecionalidade ou como lle queiran chamar, ¡eh!, doulle a un, doulle a outro, desde aquí, e facer un contrapoder ós concellos e demais. Eso é o que non queremos, e creo que, ó menos que nos obliguen, porque se están continuamente facendo estes enredos, facendo estes xogos, así non vale. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Sr. Font ten a palabra. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Compruebo con sorpresa el enorme cariño que me tienen desde aquella bancada, porque inclusive cosas que no he dicho ustedes las reproducen una y otra vez y además colocan en mi boca insultos que en ningún momento se han producido. Otra cosa es el debate político, Sra. Arévalo. Mire, para facer demagogia usted da lo mismo el tema que le encarguen, y la prueba está que ha querido debatir cinco puntos del orden del día que por la línea en la que va se podían haber debatido en uno sólo, pero nosotros le vamos a contestar uno por uno. Mire, o novo goberno desta Deputación tomou a decisión de que todas as axudas ó deporte concédanse por concorrencia e en convocatoria pública para garantir a igualdade de todos os que participen. Nós puxemos en marcha un novo modelo, aquel que no han entendido, un modelo baseado na legalidade, na transparencia e na igualdade de oportunidades. Temos serías dúbidas de que o que se facía antes nesta Deputación baseárase en principios básicos que son os que deben rexer en calquera convocatoria, nesa transparencia da que lles falaba, e na loita contra a arbitrariedade e a discriminación. Para entendernos, nós apostamos por un novo modelo que, desde logo, non é o que había antes aquí, o modelo Louzán, e sáibano de una vez, non nos imos a mover deses principios que aplicamos desde que chegamos ó goberno, non o imos a facer, cambiamos ese modelo, este é o modelo e os organizadores do rallye Rías Baixas sábenno. Esta é a carta que o 14 de xaneiro este goberno remitiu ó Presidente da Escudería Rías Baixas, D. Fernando Mouriño, comunicándolle que esta Deputación ten toda a disposición para apoiar as iniciativas que como o rallye sirvan para dinamizar esta provincia. Informábaselle, igualmente, al Sr. Mouriño, como ben recoñece o propio Presidente, que o modelo cambiou e que as bases para convocar as axudas, ás que podían acceder, estaban en redacción e que se aprobarían en breve prazo. En todo caso, diríalle á voceira do Partido Popular, que o rallye pasa por 8 concellos da provincia e un deles, un deses concellos, é o que vostede goberna, Sra. Arévalo, así que en lugar de gastar diñeiro en obras sen procedemento no concello de Mos, se nos ha ido la mano, reconocían ustedes, poña vostede ese diñeiro para o rallye, e como vostede o resto dos concellos polos que pasa esta proba deportiva. Además hay una opción complementaria, que estará vostede de acordo conmigo, en que para a Xunta de Galicia, un orzamento total de 130.000 euros, sería una cantidad non demasiado difícil de asumir. Por tanto, dígalle ós seus compañeiros da Xunta, dígalle ó Sr. Núñez Feijoo, que poña ese diñeiro, nós estaríamos encantados e de feito felicitaríamoslle públicamente. En todo caso, o rallye Rías Baixas terá o noso apoio, que poderán solicitar cando se publiquen as bases relativas ás actividades deportivas, non teñan ningunha dúbida, terán o apoio, pero, como xa dixemos, por concorrencia. Así que señores del Partido Popular, ¿que sentido ten esta petición de Pleno extraordinario?, ¿que pretenden conseguir?. ¿Quedoulles claro xa que imos apoiar ó deporte e que o faremos con fiel cumplimiento á lei?. Mire, somos xente sensata e mellor imos quedar aquí, porque poderíamos falar moito e moi claro, pero case preferimos envíar unha mensaxe á xente do deporte, unha mensaxe positiva, non se deixen engañar polo Partido Popular, todos vostedes, todos os colectivos van recibir o apoio desta Deputación, e cando dicimos todos, é todos, non só os amigos do Sr. Louzán e do PP, todos, repito, todos. Miren, un leva moito tempo en política e cando xa me creía curado de espanto chega este Pleno. Escoiteilles con moita atención e hai cousas que non logro entender. ¿Pretenden vostedes que votemos a favor de volver á política deportiva do Sr. Louzán?, ¿pretenden eso?. ¿Pretenden vostedes que volvamos ás reparticións discriminatorias?, ¿pretenden eso?. Volvan a contestar que si, a falta de transparencia, ¿pretenden que a falta de transparecencia nas convocatorias das subvencións sean la norma?. Volvan a dicir que si con la cabeza, ¿optar por criterios partidarios no canto de por criterios obxectivos?. ¿E todo isto o que pretenden?. Equivocáronse, porque nós temos moi claro cal é o modelo que a cidadanía quere, se realmente seguen vostedes crendo que as políticas impostas polo Sr. Louzán teñen que continuar, non me extraña nada que a cidadanía os haxa posto na oposición por inxustos, por opacos e por sectarios políticos. Miren, Sres. Deputados e Deputadas do Partido Popular, sinto vergoña por escoitar o que estoy escoitando. Sra. Arévalo, demostrou vostede una bajeza de miras políticas, e falo de política, que é de estudo, a falta de rigor nas súas declaracións obrígame a convidala a aplicarse algo máis, se simplemente analizasen o orzamento dos últimos anos desta administración hoxe non estarían aquí facendo esta papeleta. E explícome, como anexo I das bases de execución do orzamento 2015 inclúense 11 páxinas, 11 páxinas completas, 11 páxinas que recollen 156 subvencións outorgadas co único criterio do dedo de D. Rafael Louzán, 156 subvencións que son, pásmense aqueles que nos escoitan, 2,7 millóns de euros repartidos sen baremos, sen transparencia, aquí están todos, 2,7 millóns de euros, 450 millóns das antigas pesetas, como lle gusta ó Sr. Figueroa, e dise pronto, repartidos como subvencións nominativas, e que constan así, sen especificar ningún tipo de convocatoria, de informe técnico, de criterio para justificar a súa adxudicación, por certo, como la relativa al rallye Rías Baixas entre elas. Moitas gracias. Sr. Presidenta.- Rematado o punto 1 desta sesión extraordinaria do Pleno procédese á súa votación. ¿Votos a favor do Convenio de colaboración para a celebración da 52 edición do rallye internacional Rías Baixas?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Escóitanse gritos. Sra. Presidenta.- Queda rexeitado por 14 votos a favor. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e cos votos a favor do PP e de Coalición Electoral SON, rexeitar un Convenio de colaboración para a celebración da 52 edición do Rallye Internacional Rías Baixas. 2.6727.- CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A POSTA EN MARCHA DA COPA DE FÚTBOL DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Punto número 2. Convenio de colaboración para a posta en marcha da copa de fútbol Deputación de Pontevedra. Ten a palabra para o segundo punto da orden do día. Sra. Arévalo Gómez.- Mire, Sra. Presidenta, este pleno solicitouno o Partido Popular e nós temos que cerrar … Sra. Presidenta.- Sr. Secretario, por favor, informe vostede de que di o ROF, Sr. Secretario, por favor, diga vostede que di o ROF. Sr. Secretario, prégolle que lea vostede o ROF, que foi o que se acordou hoxe na comisión informativa. Prégolle que vostede o lea, e prégolle a Sra. Arévalo que deixe falar ó Secretario do Pleno. Escóitanse aplausos e gritos. Sr. Secretario.- En nuestro Reglamento orgánico, que está obsoleto pero está vigente, cada grupo político puede, tiene el tiempo máximo de 10 minutos para exponer las alegaciones, sólo se dice en el párrafo 3º del Artículo 45, dice: “la exposición del ponente, si hubiera, no consumirá turno de intervención”, pero esto se está refiriendo a una proposición o a una moción, no al punto, estos de los órdenes del día de este pleno, por tanto, ha hecho bien la Presidenta en el sentido … Escóitase falar a distintas persoas ó mesmo tempo. Sra. Presidenta.- Explicado polo Secretario do Pleno, como funciona a legalidade. Pasamos ó segundo punto … Escóitase falar a distintas persoas ó mesmo tempo. Sra. Presidenta.- … o pleno durante 10 minutos para que esto non sexa o circo que a Sra. Arévalo quere. Escóitase falar a distintas persoas ó mesmo tempo. Sra. Presidenta.- 10 minutos de parada. Nestes intres suspéndese o Pleno por 10 minutos. Sra. Presidenta.- Prégolle ós servicios de orden que este Pleno vaise convocar a porta cerrada, porque esto non pode ser, é unha falta de … Nestes intres continúase a sesión do Pleno a porta pechada, na Sala de Comisións, asistindo unicamente os Deputados do PSdeG-PSOE e do BNG e non quedando recollidas as intervencións da mesma. O Pleno acorda, por unanimidade dos presentes, rexeitar a aprobación dun Convenio de colaboración para a posta en marcha da Copa de fútbol Deputación de Pontevedra. 3.6728.- CONVENIO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS DA PROVINCIA QUE COMPITEN NO ÁMBITO NACIONAL O Pleno acorda, por unanimidade dos presentes, rexeitar a aprobación dun Convenio de colaboración coas entidades deportivas e clubs da provincia que compiten no ámbito nacional. 4.6729.- CONVENIOS PARA GARANTIR O FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN EN TODAS AS DISCIPLINAS O Pleno acorda, por unanimidade dos presentes, rexeitar a aprobación de Convenios para garantir o funcionamento das escolas deportivas da Deputación en todas as disciplinas. 5.6730.- BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO O Pleno acorda, por unanimidade dos presentes, rexeitar a aprobación dunhas Bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar o deporte de competición federado. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Ãrea de notas
Nota