ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2016-04-01_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/3.2016-04-01_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2016-04-01_Extraordinaria

  • Data(s) 2016-04-01 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de marzo, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 1 de abril do 2016 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día un de abril do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, en susbtitución da ordinaria de marzo, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sra. Presidenta.- Bos días, a todas e a todos. Antes de iniciar o Orden do día do Pleno extraordinario. En primeiro lugar, e en nome da Corporación Provincial, estou segura que falo en nome de todos, queremos trasladarlle neste Pleno as nosas condolencias á familia de Don Manuel Abeledo López, quen foi Presidente da Deputación en dúas lexislaturas, de 1995 a 1999, e de 1999 ó 2003. Moitos membros desta Corporación e unha representación do goberno asistiron ó seu sepelio e mostraron o seu pésame ós seus achegados e familiares. Queremos facer un recoñecemento á súa labor política e mostrar o respecto de todos os políticos e funcionarios desta Deputación provincial a Don Manuel Abeledo López por todos os seus anos de prestación de servizo público a esta provincia, por todas as súas actuacións levadas a cabo como Presidente da Deputación de Pontevedra. En segundo lugar, hai presentada por parte do Grupo do Partido Popular unha moción, en la que, pola plena cidadanía das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento. Como todos vostedes saben nun Pleno extraordinario non se poden poñer asuntos fóra da Orde do día, pero o certo é que todos os grupos desta Deputación consideramos que esta é unha moción, é adecuada, sobre todo nestes días nos que se están celebrando moitos días de recoñecemento a todas aquelas persoas que padecen calquera tipo de discapacidade, hoxe mesmo o Día mundial do autismo. Polo tanto, se o Grupo Popular está de acordo, asumiríamos esta moción que plantexan como unha moción de toda a corporación, e lle pediríamos á Voceira do Partido Popular que lle dea lectura e que quede asumida como unha declaración conxunta de todos os membros da corporación. Sra. Arévalo Gómez.- A verdade é que pensabamos que no la traerían para o próximo Pleno. Lle dou as grazas por, bueno, bos días, desculpen, a todos e a todas, e sobre todo, pois a esta representación desta escola que hoxe nos visita, e darlle desde aquí a benvida, e agradecer entonces que poidamos tomar isto como unha declaración institucional de toda a Corporación Provincial. Esta declaración di así: As persoas con discapacidade loitan porque necesitan que os consideren cidadáns de pleno dereito. Queren participar na sociedade, na súa comunidade, e nos seus barrios. Saben moi ben que teñen dereitos e obrigacións. Os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978. Esta Constitución é a mesma para todos os españois con ou sen discapacidade. Non obstante, todos os días viven situacións nas que moita xente non respecta os seus dereitos. Isto impídelles ser cidadáns e cidadás como os demais. Estes son algúns exemplos: Outras persoas deciden por eles sen telos en conta, senten que non os tratan con respecto e os discriminan, moitos deles están incapacitados, por iso non os deixan votar, encóntranse con barreiras arquitectónicas que lles impiden moverse con liberdade, tamén, se encontran con carteis informativos que non entenden, durante os anos prepáranse moi ben nos Centros Ocupacionais, pero logo non teñen oportunidades de conseguir traballo, tampouco teñen moitas oportunidades de aprender, porque non teñen a axuda que necesitan na educación, moitos deles non poden ter unha parella ou formar unha familia, outras persoas néganlles a sexualidade, impídenlles participar na comunidade como o resto de cidadáns e cidadás. Queren un trato de igual a igual, de adulto, de cidadán. Para isto necesitan o noso apoio, o apoio de todos, o apoio dos gobernos e dos medios de comunicación, necesitan que os medios lle dean á sociedade unha imaxe positiva e inclusiva deles. Piden a xuíces, avogados, médicos e fiscais que os coñezan e se informen. Teñen que coñecelos ben antes de asinar as súas sentenzas de incapacitación. Son capaces de facer moitas cousas e de tomar moitas decisións. Necesitan cidades e vilas accesibles para poder participar, entender a información, pasear polas rúas e entrar nos sitios públicos. Temos que preguntarlles como facelo, porque queren colaborar con nós para conseguilo entre todos. A educación é un dereito de todos. Piden axuda aos profesionais e ás Asociacións de nais e pais para ter unha educación de calidade para todos. Día a día fórmanse para traballar. Esixen que as empresas e administracións cumpran coa lei e reserven emprego para as persoas con discapacidade. Esixen aos sindicatos que os defendan. Prepáranse para ser independentes e vivir como calquera persoa, poden facelo, só necesitan apoio para conseguilo. Piden ao movemento FEAPS, que é a Confederación española de organizacións en favor das persoas con discapacidade intelectual, que nos aumente a creación de grupos de autoxestores en todas as entidades. Nos grupos de autoxestores poderán prepararse para formar parte activa das Xuntas directivas das súas asociacións, así poderán participar nas decisións. Esixen aos responsables de asociacións veciñais, culturais, deportivas e de ocio que cumpran as normas de acceso ás súas instalacións, igual que eles cumpren con todas as normas que lles esixe a sociedade. Por todo este motivo, a Corporación Provincial de Pontevedra insta a todas as administracións públicas a que poñan todo o que estea nas súas mans para que este manifesto se transforme en accións concretas. Moitas grazas. Antes do desenvolvemento da orde do día do Pleno acordouse: A) Pésame polo pasamento de D. Manuel Abeledo López. Trasladarlle as condolencias á familia de D. Manuel Abeledo López, que foi Presidente desta Deputación Provincial entre os anos 1995 e 2003, polo seu pasamento, manifestar o recoñecemento ó seu labor político e mostrar o respecto de todos os políticos e funcionarios. B) Declaración Institucional a favor da plena cidadanía das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento. Dita Declaración é como segue: “As persoas con discapacidade loitan porque necesitan que as consideren cidadáns de pleno dereito. Queren participar na sociedade, na súa comunidade, e nos seus barrios. Saben moi ben que teñen dereitos e obrigacións. Os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978. Esta Constitución é a mesma para todos os españois con ou sen discapacidade. Os dereitos tamén están recollidos na Convención internacional das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Esta convención di que os seus dereitos deben cumprirse como os do resto de cidadáns. Non obstante, todos os días viven situacións nas que moita xente non respecta os seus dereitos. Isto impídelles ser cidadáns e cidadás como os demais. Estes son algúns exemplos: - Outras persoas deciden por eles sen telos en conta. - Senten que non os tratan con respecto e os discriminan. - Moitos deles están incapacitados, por iso non os deixan votar. - Encóntranse con barreiras arquitectónicas que lles impiden moverse con liberdade, tamén, se encontran con carteis informativos que non entenden. - Durante os anos prepáranse moi ben en Centros Ocupacionais, pero logo non teñen oportunidades de conseguir traballo. - Tampouco teñen moitas oportunidades de aprender, porque non teñen a axuda que necesitan na educación. - Moitos deles non poden ter unha parella e formar unha familia. - Outras persoas néganlles a sexualidade. - Impídenlles participar na comunidade como o resto de cidadáns e cidadás. Por todo isto, reivindican o seguinte: - Queren un trato de igual a igual, de adulto, de cidadán. Para isto, necesitan o noso apoio, o apoio dos gobernos e o dos medios de comunicación. Necesitan que os medios dean á sociedade unha imaxe positiva e inclusiva deles. - Piden a xuíces, avogados, médicos e fiscais que os coñezan e se informen. Teñen que coñecelos ben antes de asinar as súas sentenzas de incapacitación. Son capaces de facer moitas cousas e de tomar moitas decisións. - Necesitan cidades e vilas accesibles para poder participar, entender a información, pasear polas rúas e entrar nos sitios públicos. Temos que preguntarlles como facelo, porque queren colaborar con nós para conseguilo entre todos. - A educación é un dereito de todos. Piden axuda aos profesionais e ás Asociacións de nais e pais (ANPAS) para ter unha educación de calidade para todos. - Día a día fórmanse para traballar. Esixen que as empresas e administracións cumpran coa lei e reserven emprego para as persoas con discapacidade. Esixen aos sindicatos que os defendan. - Prepáranse para ser independentes e vivir como calquera persoa. Poden facelo. Só necesitan apoio para conseguilo. - Piden ao movemento FEAPS, (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) que aumente a creación de grupos de autoxestores en todas as entidades. Nos grupos de autoxestores poderán prepararse para formar parte activa das Xuntas directivas das súas asociacións, así poderán participar nas decisións. - Esixen aos responsables de asociacións veciñais, culturais, deportivas e de ocio que cumpran as normas de acceso ás súas instalacións. Igual que eles cumpren con todas as normas que lles esixe a sociedade… Por todos estes motivos, a Corporación Provincial de Pontevedra insta a todas as administracións públicas a que poñan todo o que estea nas súas mans para que este manifesto se transforme en accións concretas.” Sra. Presidenta.- Moitas gracias, Sra. Deputada. Antes de comezar o pleno, tamén temos pedidas dúas intervencións. Hoxe temos aquí no pleno ós alumnos e ás alumnas cos seus mestres e mestras de o Centro Salvador Moreno, cuarto, quinto e sexto de primaria, ós que lles damos a benvida ó Pleno da Deputación. O Pleno da Deputación é o lugar onde se reúne o conxunto da corporación, todos os grupos políticos que teñen acaído apoio da cidadanía nas eleccións, e, polo tanto, é o lugar donde se produce o debate político, e donde cada grupo presenta ó Goberno as súas iniciativas de xestión, e os grupos políticos as súas iniciativas solicitando, instando, plantexando, que se tomen medidas de carácter político para que a cidadanía, pois, poida acadar os servizos, os dereitos e todas aqueles cuestións que lles afectan. Eu felicito ás mestras e ós mestres do Centro Salvador Moreno, porque educar é mostrar o mundo e é moi importante que as nenas e os nenos coñezan as administracións como funcionan, para que son útiles, cales son as súas funcións. Así que, noraboa pola iniciativa, eu sempre o digo, tamén o quero dicir hoxe, as mestras e os mestres son os profesionais que máis debemos respectar a sociedade, porque deles depende que se eduquen e se formen nenas e nenos con valores, con principios, con criterios propios, con capacidade para facer fronte á súa vida, e, ademais, sempre o fan moito máis alá do compromiso de ser un profesional dunha actividade. Os mestres e as mestras é o mellor que temos na sociedade, e, dende aquí, en nome de toda a Corporación, e de todos os grupos políticos vos damos públicamente as grazas pola labor que desenvolvedes. No Pleno da Deputación aqueles colectivos, asociacións, ou persoas, que pretendan trasladar a este organismo algunha reclamación, o algunha reflexión, teñen a oportunidade de facelo. Hoxe temos a dous colectivos que nos ten pedido intervir. En primeiro lugar a Asociación ecoloxista e cultural da terra de montes Berbosido, con domicilio en Rúa do Pouso nº 2, que expón a súa preocupación polos efectos da fusión municipal Cerdedo-Cotobade, e que solicita a intervención no Pleno da Deputación de Pontevedra do día 1 de abril de 2016, e pola que intervirá a Sra. Corina Rodríguez San Martín. Hoxe temos a dous colectivos que nos ten pedido intervir. En primeiro lugar, a Asociación ecoloxista e cultural da terra de montes Berbosido, con domicilio en Rúa do Pouso nº 2, que expón a súa preocupación polos efectos da fusión municipal Cerdedo-Cotobade, e que solicita intervención no Pleno da Deputación de Pontevedra do día 1 de abril de 2016, e pola que intervirá a Sra. Corina Rodríguez San Martín. Intervén a Sra. Corina Rodríguez San Martín. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sra. Rodríguez San Martín. Temos, tamén, pedida unha intervención por parte da Sra. Isabel Rúa Gómez, traballadora de Linorsa, que presta os seus servizos na Cidade Infantil Príncipe Felipe, que solicita unha intervención ante este pleno para trasladarlle ó conxunto dos deputados e deputadas da corporación a difícil situación salarial que están sufrindo por mor de que a empresa Linorsa non está facendo frente ás súas obrigas de pago dos salarios polo traballo realizado. Ten a palabra a Sra. Rúa Gómez. Intervén a Sra. Rúa Gomez. Sra. Presidenta.- Moitas gracias, Sra. Rúa Gómez. Non é habitual que respostemos ás intervencións, porque é un asunto fóra da Orde do día e se trata de escoitar as reclamacións. O que vostedes reclaman é xusto, e a empresa ten a obriga de facer frente ós salarios, faltaría máis, a prestar un servicio adecuado, e a deputada provincial que ten a responsabilidade do Príncipe Felipe ten falado coa empresa, ten pedido un informe xurídico para tratar esta situación, e crean que imos falar moi seriamente coa empresa, porque é inasumible que vostedes estean nesta situación, unha, porque é unha inxustiza clara, porque a empresa non esta cumprindo coas súas obrigas, e, porque vostedes como traballadores, ademais de ter ese dereito de forma clarísima, vostedes viven do seu salario e isto non pode realmente continuar así, non ocorre soamente nesta administración, ocorre noutras administracións. Probablemente, no Príncipe Felipe os atrasos nos pagos de salarios incluso sexan maiores, polo tanto, imos falar moi seriamente coa empresa para que isto remate, e imos estudiar moi profundamente que medidas podemos tomar, realmente desde o punto de vista xurídico non é fácil, pero iso non é xustificación para non intentar resolvelo. Teñen vostedes toda a razón, e todo o dereito a mostrar o seu enfado, a pedir ás administracións que fagamos que se cumpran coas obrigas de a empresa e cos dereitos que vostedes teñen. Así, que, de forma inmediata o faremos e falaremos con vostedes para irlles informando das reunións que vaiamos tendo e cales son os seus resultados. De verdade que o sentimos profundamente e, si que estamos do voso lado, quero que todas e todos vostedes o sepan, e isto o imos solucionar, o temos que solucionar. Así que, moitas gracias pola súa intervención. Sra. Presidenta.- Pasamos, xa, á convocatoria de Pleno extraordinario do 1 de abril de 2016, venres, para tratar da seguinte Orde do día. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6750.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- No primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de febreiro de 2016. ¿Observacións?. Apróbase, polo tanto, por unanimidade. Sra. Presidenta.- Pasamos á parte resolutiva do Pleno. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de febreiro de 2016. a) Parte resolutiva: 2.6751.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A GRAVE SITUACIÓN HUMANITARIA QUE VIVEN AS PERSOAS REFUXIADAS Sra. Presidenta.- No punto dous. Declaración institucional sobre a grave situación humanitaria que viven as persoas refuxiadas. Esta é unha declaración apoiada por toda a corporación provincial, que paso a ler. O pasado martes 8 de marzo as e os xefes de estado e de goberno da Unión Europea alcanzaron un principio de acordo para poñer en marcha un programa para deportar a Turquía a todos os emigrantes, incluídas as persoas demandantes de asilo, sirios e de calquera outra nacionalidade, que cheguen á Unión Europea a través deste país, a cambio de que os Estados da Unión recoloquen a un número equivalente de persoas refuxiadas asentadas xa en Turquía, e doutras medidas económicas e políticas a favor do estado turco. De confirmarse o dito pacto a Unión Europea non estaría respectando os convenios internacionais sobre o dereito internacional de asilo. E estariamos asistindo, ademais, ao proceso de deconstrución da Unión Europea. Cremos que non se pode facer un acordo de intereses con Turquía utilizando os dereitos das persoas refuxiadas e emigrantes como moeda de cambio, porque o consideramos inadmisible. Consideramos que as e os xefes de estado e de goberno da Unión Europea, ante a crise máis grave que vive dende a Segunda Guerra Mundial, acadaron un preacordo inmoral e de dubidosa legalidade, que contravén claramente o dereito de asilo e múltiples convenios internacionais sobre dereitos humanos. A Deputación de Pontevedra mostra a súa adhesión ás peticións de organizacións non gobernamentais, Alto Comisionado da ONU para as persoas refuxiadas, e activistas pro-dereitos humanos na denuncia, rexeitamento e esixencia de retirada do preacordo da Unión Europea e Turquía para devolucións masivas, así como a esixencia de abordar con urxencia a crise das persoas refuxiadas defendendo os dereitos humanos, creando corredores humanitarios, acougándoos con respecto e solidariedade, e posibilitándolles o asilo entre os membros da Unión Europea. Neste Pleno queremos manifestar: o Pleno da Deputación de Pontevedra mostra o seu rexeitamento ao acordo alcanzado entre as e os xefes de estado e do goberno da Unión Europea con Turquía que contempla a devolución a Turquía de todos os migrantes, incluídas as persoas demandantes de asilo, sirios e de calquera outra nacionalidade, que cheguen á Unión Europea. O Pleno da Deputación esíxelle á Unión Europea e aos estados membros daren unha resposta humanitaria urxente, inmediata, ante a grave situación que viven as persoas refuxiadas, respectuosa co dereito internacional de asilo e os dereitos humanos. Neste sentido, instamos á Unión Europea e aos Estados membros á retirada de calquera acordo, pacto, convenio ou proposta de acción, que non respecte o Dereito internacional de asilo e os convenios internacionais sobre dereitos humanos asinados pola Unión Europea. O Pleno da Deputación de Pontevedra sumarase ao Manifesto Pasaxe Segura rubricado por multitude de organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos de toda Europa. E, neste sentido, insta á Unión Europea e aos seus Estados membros a que ordenen a creación dun corredor humanitario e que posibiliten, dende o respecto, o asilo destas persoas entre os 28 estados membros da Unión Europea. Aprobada esta declaración institucional por todos os membros da corporación. O Pleno da Corporación Provincial aproba unha Declaración Institucional sobre a grave situación humanitaria que viven as persoas refuxiadas. Dita Declaración é como segue: “Declaración institucional sobre os refuxiados e refuxiadas. O pasado martes 8 de marzo as e os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea alcanzaron un principio de acordo para poñer en marcha un programa para deportar a Turquía a todos os emigrantes –incluídas as persoas demandantes de asilo, sirios e de calquera outra nacionalidade– que cheguen á Unión Europea a través deste país, a cambio de que os Estados da Unión recoloquen a un número equivalente de persoas refuxiadas sirias asentadas xa en Turquía e doutras medidas económicas e políticas a favor do Estado turco. De confirmarse o dito pacto a Unión Europea non estaría respectando os convenios internacionais sobre o dereito internacional de asilo. E estariamos asistindo, ademais, ao proceso de deconstrución da Unión Europea. Cremos que non se pode facer un acordo de intereses con Turquía utilizando os dereitos das persoas refuxiadas e emigrantes como moeda de cambio porque o consideramos inadmisible. Consideramos que as e os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea, ante a crise máis grave que vive dende a Segunda Guerra Mundial, acadaron un preacordo inmoral e de dubidosa legalidade, que contravén claramente o dereito de asilo e múltiples convenios internacionais sobre dereitos humanos. A Deputación de Pontevedra mostra a súa adhesión ás peticións de organizacións non gobernamentais, Alto Comisionado da ONU para as persoas refuxiadas e activistas pro dereitos humanos na denuncia, rexeitamento e esixencia de retirada do preacordo da Unión Europea e Turquía para devolucións masivas, así como a esixencia de abordar con urxencia a crise das persoas refuxiadas defendendo os dereitos humanos, creando corredores humanitarios, acougándoos con respecto e solidariedade e posibilitándolles o asilo entre os membros da Unión Europea. Neste Pleno queremos manifestar o seguinte: 1.- O Pleno da Deputación de Pontevedra mostra o seu rexeitamento ao acordo alcanzado entre as e os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea con Turquía que contempla a devolución a Turquía de todos os migrantes -incluídas as persoas demandantes de asilo, sirios e de calquera outra nacionalidade-, que cheguen á Unión Europea. 2.- O Pleno da Deputación esíxelle á Unión Europea e aos Estados membros daren unha resposta humanitaria urxente ante a grave situación que viven as persoas refuxiadas, respectuosa co dereito internacional de asilo e os dereitos humanos. Neste sentido, instamos á Unión Europea e aos Estados membros á retirada de calquera acordo, pacto, convenio ou proposta de acción que non respecte o dereito internacional de asilo e os convenios internacionais sobre dereitos humanos asinados pola Unión Europea. 3.- O Pleno da Deputación de Pontevedra súmase ao Manifesto “Pasaxe Segura” rubricado por multitude de organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos de toda Europa e, neste sentido, insta á Unión Europea e aos seus Estados membros a que ordenen a creación dun corredor humanitario e que posibiliten, dende o respecto, o asilo destas persoas entre os 28 Estados membros da Unión Europea.” 3.6752.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE PONTECESURES NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E REVISIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA (IIVTNU) Sra. Presidenta.- Pasamos o terceiro punto da Orde do día. Delegación do concello de Pontecesures na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. O Pleno do concello de Pontecesures na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2016 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU) do concello de Pontecesures. Polo Servizo de Recadación (03/02/2016), Servizo de Xestión Catastral e Tributaria (05/02/2016), Servizo Xurídico (09/02/2016) e Servizo de Intervención (22/02/2016) da Deputación de Pontevedra – ORAL, emitíronse sendos informes favorables á delegación acordada. O artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, de acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, prevé que as entidades locais poidan delegar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus tributos e demais ingresos de dereito público nas entidades locais en cuxo territorio estean integrados, mediante acordos plenarios de delegación e aceptación e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais da provincia e da comunidade autónoma. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou o concello de PONTECESURES, segundo se detalla. Debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o art. 7.2 "in fine." CONCELLO DE PONTECESURES: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2016, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU). A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, á Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, á Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do consorcio e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A representación e defensa polos Letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de Procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL-Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingresado na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumida pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Pontecesures publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6753.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NA SOCIEDADE “CIDADE UNIVERSITARIA, S.A.” Sra. Presidenta.- No punto catro. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación na sociedade Cidade Universitaria, S.A. ¿Observacións?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor e 13 abstencións. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, e coas abstencións do PP e de Coalición Electoral SON, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación na Sociedade “Cidade Universitaria, S.A.” Dita Moción é como segue: “Mediante acordo plenario de 25 de febreiro de 2000 a Deputación acordou participar e adquirir accións da Sociedade “Cidade Universitaria, S.A.”. Resultando que como accionista a Deputación participa na Xunta Xeral da Sociedade ó ser este o órgano soberano da mesma (art. 9 Estatutos). Considerando o disposto no art. 58,c) do RD 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. A Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte ACORDO: - Designar ó deputado D. David Regades Fernández como representante desta Deputación na Xunta de Accionistas da Sociedade “Cidade Universitaria, S.A.”.” 5.6754.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO UNHA ADECUACIÓN DOS PREZOS DOS VIVEIROS DE EMPRESAS NOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DE LALÍN E DE BARRO-MEIS Sra. Presidenta.- No punto cinco. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular, solicitando unha adecuación dos prezos dos viveiros de empresas nos polígonos industriais de Lalín e de Barro-Meis. Ten a palabra o Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Moi bos días a todos e a todas. Esta moción presentada polo Partido Popular ten por obxecto que os viveiros de empresas que se fixeron en colaboración co INCIDE, nesta casa, teñan uns prezos asequibles que poidan ser competitivos e non como saíron, onde, practicamente, verémolo ó cabo dun tempo, a ocupación que ten, que teñen ámbolos dous, pero, me temo que vai ser moito por debaixo dos obxectivos que se pretendía. Cando se fan os viveiros de empresas, obviamente, ¿con que obxectivo se fan?, pois, fanse cun obxectivo claro, de favorecer o emprendemento, entendendo por emprendemento a aquelas persoas que queren ser empresarios, aquelas persoas que teñen unha idea, pero para desenvolvela non teñen os medios axeitados, porque cando se acercan a unha entidade bancaria non teñen referendo suficiente para que lle dean o préstamo correspondente e, ó mellor na súa familia ou no seu entorno inmediato non teñen quen lles vote unha man dende o punto de vista económico, motivo polo que aí cobran unha especial relevancia os viveiros de empresas, que entendemos que a administración debe favorecer. Neste caso, eu vivino aquí nesta casa cando se puxeron en marcha, porque daquelas eu fun un dos encargados de negociar co INCIDE para que aportase o 80%, estes dous viveiros foron feitos cunha aportación 80% por parte de fondos europeos, e 20% de fondos propios desta casa. Hasta aí nada que dicir, simplemente, que cando estaban practicamente rematados acabouse o mandato entrou un novo equipo e, loxicamente, pois tivo que coller as rendas do mesmo, desta casa, e había unhas negociacións polo medio, e faladas, que, polo menos, no que toca á miña persoa, nunca se me pediu, por parte do grupo de goberno, que lle explicara como podía estar o tema, eu coñecía máis ben o de Lalín, que o de Barro-Meis, por razóns obvias, pero, que a min ninguén me fixo ningunha consulta para ver que opinaba unha das persoas que estivo detrás dese proxecto. Obviamente, o INCIDE colaborou dunha maneira importantísima, facendo esa aportación económica, pero, sen dúbida, podía participar moito máis, sempre e cando, desde esta casa houbera a sensibilidade suficiente para poder negociar con eles unhas actuacións posteriores para poder encher os viveiros de empresas, porque facer un contenedor faino calquera, o problema é sacarlle a rendabilidade social que fai falta nestes casos, que iso é o que dubido eu de que se poida, que se poida levar a cabo. Eu fixen aquí unha táboa comparativa de prezos do que sae de aquí, e teño que dicir que, aínda que o pedín, pedino hoxe por escrito, porque intentei facelo doutro xeito, pero non foi posible, e pedín hoxe por escrito o estudo económico -tedes que calar porque senón non dou falado, perdón-, digo, que pedín hoxe por escrito o estudo económico que serviu para poñer estes prezos, supoño que aí estará explicado que é o que pasou, porque eu, dende logo, intenteino saber e non o dei, e non o souben pola razón de que eu creo que está viciado de orixe ese estudo, e, aínda que respecto ó técnico que o fixo, estou seguro que ten algunhas anomalías. E, tenas que ter porque no caso de Barro-Meis o polígono foi feito nunhas parcelas dun polígono que fixo esta casa e esas parcelas valían moitos cartos, esas parcelas non sei se foron contabilizadas ou non para o reparto das cargas. No caso de Lalín é un caso contrario, o concello donou ese solar, polo tanto, o gasto de Lalín, en solar foi cero para esta inversión, o gasto de Barro-Meis foi dúas parcelas, se mal non recordo, que tiñan unha valoración económica que había que habela cuantificado. Eu vexo nos prezos de que, no caso de Lalín, con respecto a Barro-Meis, son practicamente o dobre, a explicación que se dá, na nota de prensa que se transmitiu desta casa é que, bueno, é o resultado do prorrateo da parte que ten que ver cos gastos de funcionamento. Ben, eu podo admitir que iso sexa así, eu podo admitir que sexa así, pero eu o que quero ver é de onde saíu, porque, ¿cuantificouse o solar?, non o sei. ¿A xente que se meteu a traballar alí?. Bueno, o exemplo máis, máis concreto, témolo aquí na mesma provincia onde o INCIDE, que fixo un convenio coa Deputación, tamén fixo un convenio coa Zona Franca, a Zona Franca fixo dous, ou tres, ou catro, non sei, polígonos, ou viveiros de empresas, perdón, coa Zona Franca, e o resultado é que a Zona Franca púxose en contacto, nalgún caso, cos concellos que, onde estaban ubicados os mesmos, e resultou que os concellos puxeron parte dese persoal, co cal non houbo que repercutir, axentes de emprego que tiñan os concellos, nalgún caso ó mellor infrautilizado, metéronos a traballar no viveiro de empresas, polo tanto, eses viveiros de empresas teñen moito menos custo, como se poderá comprobar, cos da Deputación, porque a Deputación puxo persoal desde esta casa sen negociar cos concellos, nin con Barro-Meis, nin con Lalín, e sen negociar coas asociacións de empresarios, que, por certo, a Asociación de empresarios de Barro-Meis non o sei, a de Lalín estaba disposta a colaborar, e así o manifestou publicamente, o que pasa é que nin se chamou, nin se escoitou, porque eles si quixeron colaborar, e querían colaborar incluso poñendo persoal, porque hai programas da Xunta de Galicia que lle permiten poñer persoal pa ese tipo de actuacións ás asociacións de empresarios, de feito, páganlle practicamente a totalidade do mesmo. Entón, eu creo que teñen que reconsiderar a política levada a cabo con estes dous viveiros, porque, bueno, todo o que se poida arreglar aínda que sexa tarde, vostedes teñen que recoñecer que aquí algo pasou para que saíran estes prezos, porque, obviamente, non se vai a conseguir o obxectivo, vaise conseguir o obxectivo xustamente o contrario do que se pretende, en vez de favorecer o emprendemento, parar o emprendemento. Porque, miren, no caso de Lalín o primeiro ano costa o metro cadrado da nave 5,80 euros, en Barro-Meis 2,62, e en Porto Molle 3,50, que é un polígono feito, perdón, é un viveiro feito con INCIDE - Zona franca. E o segundo ano, o terceiro, no caso de Lalín as naves van a 11,59 euros, prohibitivo, en Barro-Meis 5,24, e en Porto Molle 6,50, nese caso está máis barata a de Barro-Meis ca de Porto Molle o terceiro ano, pero, as oficinas tres cuartos do mesmo, o terceiro ano unha oficina en Lalín custará 12,59 €/m, frente a 6 de Barro-Meis, e frente a 2,50 de Porto Molle. Isto quere dicir de que hai que tomar cartas no asunto porque senón a administración estao facendo peor que o mundo privado, eu vexo aquí ofertas de naves en Lalín onde o metro cadrado, son ofertas públicas, ¡eh!, están en páxinas web por aí, a 0,93 metros, o metro de nave, a 2 €, a 0,93 €/m2, a 2 €/m2, a 1,5, etc., etc., estes son os prezos do mercado libre. Home, eu entendo que o mercado libre non teñen que pagar gastos comúns como ocorre neste caso, pero é que eses gastos comúns onde o máis importante de todo é o persoal, porque é o que realmente custa, ese persoal púidose evitar, púidose evitar non, púidose sacar do prorrateo con dúas miras, a primeira, negociando coas asociacións de empresarios ou negociando cos concellos para que o puxeran, co cal terían o que se pretende cun viveiro de empresas, dous tres anos para arrancar unha empresa, logo xa que se vaia pola súa conta e poderlle dar cabida a novos emprendedores. Eu creo que, se o que se pretende é fixar poboación nas áreas como a nosa, onde cada paso, miren, na franxa Cantábrico-Atlántica en un tercio de superficie vivides dous tercios de poboación, e no interior en dous tercios de superficie solo vivimos un tercio de poboación, o problema é que isto vai in crescendo, co cal o interior ou lle damos algún tipo de solución ou quedará para, bueno, en plan cinexético e poderemos facer uns cotos de caza intensivos moi chulos, e funcionar xusto dun xeito que nunca funcionou Galiza, se queremos, Galicia, perdón. Se queremos equilibrar o territorio fai falta fixar población e para iso é básico que haxa postos de traballo, e para iso é básico que haxa emprendedores, e se hai emprendedores pero non teñen as condicións ideais, pois, obviamente, pois, non vai haber postos de traballo. Eu creo que iso valería para fixar poboación, valería para que fósemos máis competitivos, e, en definitiva, valería para que dunha vez por todas, nun momento tan delicado como o que vivimos, puidera arrancar a economía dunha maneira, se se quere, tutelada pola administración. Aínda que teña algún custo e non se cubra o 100% dos custos, esta casa asume moitas outras cousas que teñen repercusión, que teñen validez social pero non económica. Polo tanto, eu o que pido, neste caso, é que se negocie cos concellos, que se negocie coas asociacións de empresarios, e logo, aínda, o que reste, que se poñan uns prezos máis baratos cos de mercado normal, dos do mercado libre, perdón, para que poidan os emprendedores utilizalas. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Crespo. Para fixar a posición ten a palabra o Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Muchas gracias Sra. Presidenta. Diputadas, diputados, buenos días. A verdade, Sr. Crespo, que todo isto o puidemos haber resolto si usted nos solicitase unha xuntanza ó goberno e alí lle explicásemos todos estas dúbidas que foi plantexando hoxe aquí, e todas esas incertidumbres que hoxe foi plantexando aquí, ¿non?, porque, a verdade é que non vexo eu envergadura nin entidade para facer unha moción, ahora entendo a oportunidade política, onte fixo esta mesma moción no seu concello e hoxe a traslada aquí, co cal eu estou encantado de poder aclararlle estas dudas e sobre todo estes errores que foi repetindo na súa intervención. Permítame que empece a miña intervención lendo textualmente o primeiro punto da parte dispositiva da súa moción. Gustaríame facelo así porque son 5 liñas que evidencian o que busca o Partido Popular presentando esta moción, esixir ó goberno da Deputación que os prezos que se aplican ós viveiros de empresas de Lalín e de Barro-Meis, sexan alcanzables e que favorezan o emprendemento e a creación de emprego, e non inaccesibles, coma os fixados, e que están por encima dos prezos do mercado, tanto nas súas localidades como a media da provincia. Son cinco líneas de total e absoluta incongruencia, cinco líneas que demostran que ó Partido Popular dálle igual as consecuencias das súas accións políticas, porque os activos que temos na provincia, que ten a Deputación, non son deste goberno, os activos que ten a Deputación son de todos os cidadáns e de todas as cidadás da provincia, e que temos que por en valor e non menosprecialos, que lle dá igual utilizar técnicas de oportunismo político, ou non dicir a verdad, ou polo menos non entender a verdade, e que impiden que esta administración poda desenvolver estas iniciativas. Total e absolutamente a incongruencia que defenden, encima un deputado, que como ben dixo, foi vicepresidente desta administración e que coñece ben este proxecto, e, aínda así, a pesar disto, utiliza argumentos que non se sosteñen polo seu propio peso, argumentos cargados de incertidumes por dicilo dunha forma formal, incongruencias económicas, incongruencias políticas, e, Sr. Crespo, tamén incongruencias persoais. Empecemos polas incongruencias económicas, di vostede neste primeiro párrafo que son uns viveiros inaccesibles, por o seu custo, fun ó RAE busquei o término inaccesible e di, que significa “non accesible”, é dicir, que os prezos impiden o acceso das empresas a estes viveiros. Pero fíxese, é tozuda a realidade, que fronte a ese anuncio apocalíptico de destrución total da provincia de Pontevedra, en Lalín temos xa catro empresas para iniciar a súa actividade, e 15 máis que chamaron para interesarse polas posibilidades de implantarse, é dicir, xa temos empresas interesadas en ocupar máis do 76% da oferta. En Barro temos xa outras 4 empresas para iniciar a súa actividade e outras 14 pendentes de información, que supón un 37% da oferta total, empresas que na maioría dos casos veñen da man dos alcaldes destes concellos e dos concellos en xerais. Dígame Sr. Crespo, ¿coñece vostede algunha xestora inmobiliaria na zona do Deza, ou na provincia de Pontevedra, con capacidade de mobilizar esta oferta de chan empresarial en tan só un mes?, se usted a coñece mo comenta. Eu creo que é un éxito desta administración, sobre todo unha administración que colabora e que vai da man dos alcaldes, que son os representantes das administracións locais e dos seus concellos. Así que, seguramente, os emprendedores entenden que os precios son accesibles e que os precios son alcanzables, un primeiro erro na súa moción ou na súa descrición, ou, quizás é que sensiblemente valoran estes precios sen un criterio partidista, non, como fai vostede, cun criterio exclusivamente de oportunidade empresarial. Porque esta Deputación gobérnea o partido que a goberne, o gobérnea a coalición que a goberne o importante é apoiar o talento, porque isto non solo é emprendemento é o talento, o talento que teñen as nosas mozas e os nosos mozos da provincia de Pontevedra, esa é a forma de facer provincia e de facer país, para que non teñan que coller as maletas e teñan que emigrar, por falta de políticas, de políticas económicas, de políticas industriais. A incongruencia política, quere abrir un debate social usando datos malintencionados, confundindo á cidadanía con erróneas comparativas ou tentar de alimentar as dúbidas dos futuros viveristas. Demostra unha incongruencia política sen límites, Sr. Crespo, vostede é unha teoría dun bo coñecedor deste proxecto, e inexplicablemente usa datos que non son comparables, usted me falaba do valor do suelo, é que non se imputa o valor do suelo, nin a Barro, nin a Meis, nin a Lalín, non se imputa o valor do suelo, porque o que se intenta é apoiar o talento, o talento que hai nesta provincia de tantas mulleres e tantos homes, pero como se trata de advertirlle todas as súas incongruencias vexamos como sería esta comparativa se a fixésemos correctamente, imos comparar realmente o prezo do chan do viveiro da Deputación co prezo do chan libre de mercado. Os precios, ou máis ben, para ser exactos nos términos, as cuotas pola cesión dos espacios dos viveiros establecéronse en función dun estudio económico dos custos totais polo funcionamento de cada viveiro e as prestacións de diversos servicios propios das zonas comúns. Estes servicios ¿cales foron?, electricidade, abastecemento, saneamento, Voz IP, ascensor, calefacción, climatización, limpeza, resíduos, vixilancia, seguros, gastos de xestión, e as dúas persoas que están de apoio a estes emprendedores, gastos que non poden imputarse a un aluguer de libre mercado, estes son servicios que lle aportamos a todos os viveristas, ós emprendedores, a esta xente da provincia de Pontevedra que temos que apoiar para que se quede na provincia de Pontevedra e non teña que emigrar. Por todo, e por tanto, imos coller un estudio económico e imos a retraer estes gastos á comparativa que sexa correcta, e resulta que o custo medio das oficinas en ambos viveiros é de 2 €/m2 , e o custo da nave de 1 €/m2, cando dicía vostede que era libre mercado, lémbrolle 2,20 €/m2 para naves en Lalín, 1,25 e 2,50 metros en Barro, ¿comproba Sr. Crespo que os precios do chan son inferiores ós do libre mercado?, e se encima aplicamos as bonificacións establecidas pola Deputación temos que dicirlle, que o argumento que usted usa, non vamos a dicir que é mentira, pero non é certo o argumento que usted usa, coa subvención que lle damos a estes precios, que xa son inferiores, do 50% o primeiro ano, e do 25% o segundo ano, pois, estos precios redúcense por debaixo do 0,75 €/m2 para as naves, e o 1,5%m2 para oficinas de coworking, se o comparamos cos datos que aplica usted do libre mercado, pois, pode darse conta de que o aforro é de case 1/3 do valor real do mercado. Pero analicemos o que pasa coa súa comparativa con outras zonas, como Zona Franca, alega que é máis barato e que encima ten servizos gratuítos como asesoramento de pólizas de responsabilidade civil, ou gastos gratuítos das salas. Pero é que nos viveiros de Lalín e de Barro, ademais destas tres cuestións teñen, ademais destas tres cuestións teñen incluídos nos precios os seguintes servicios: servicio de atención administrativa con dous administrativos, custes sobrevidos das xestións que son comúns, internet, ascensores, seguro, fotocopiadoras, mobiliario que subvencionou esta casa, zona de información nas salas de coworking, todo iso é a maiores, e, claro, que me fale de Zona Franca, cando eu teño a oportunidade de ser conselleiro daquela casa, e, a verdade, coñezo ben cal é este proxecto, e vamos a levar como proposta este modelo que estamos facendo na Deputación de Pontevedra, porque é un gran modelo, porque dá maiores servicios, e sobre todo, apoiar a estes emprendedores e a estes talentos. Por iso, eu creo que o seu planteamento é incongruente, o vamos a dicir doutra forma, seguramente se houbésemos falado antes usted non houbese presentado esta moción, porque se dá conta de que as vantaxes desta oportunidade son maiores. E eu valorei falar das debilidades, porque lle dicía tres debilidades, política, económica e persoal, e valorei nesta intervención falar das súas incongruencias persoais, pero non o vou facer, eu as teño aquí, son cinco folios da súa oportunidade que tivo cando estivo nesta Deputación, a falta de ter un estudio económico solvente nesta administración cando se fixeron estes edificios, as debilidades que teñen eses edificios, pero eu non llo vou dicir, porque eu creo que o que temos que facer é sumar, entre todos facer provincia. Porque construír é importante, eu creo que estamos todos para construír, e non se deixe levar por eses aires de destrución que entran no seu partido polo sur, que ó único que levan e pasar de trece a sete concelleiros. Usted como alcalde deixou feitos bos no seu pobo, e seguramente feitos, pois, non tan bos, os veciños decidiron que primaron os que non eran tan bos, pero, seguramente, o que deixou quedará aí. Construír, e o que queremos facer dende esta Deputación é construír, aportar e sumar. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Ten a palabra para réplica o Sr. Crespo por un tempo de 5 minutos. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, dende logo, eu non esperaba este tipo de intervención, unha intervención moi arraigada nun sistema socialista que é facer unha alloada e botarlle a culpa ó teu rival político. A alloada fixérona vostedes, non nós, e, Sr. Regades, dice que non quere facer de incongruencias persoais, pode falar as que queira, eu encantado de escoitalas, tamén, por certo, de rebatirllas, senón mas di non utilice o tema de amago e non dou pouco, e aínda por riba me vai perdoar a vida, non, home, non, mire, vostede diga o que queira, e eu xa lle direi o que me dea a gana, tamén, pero non fale vostede de incongruencia, de incongruencias políticas e persoais, precisamente díxolle o pote ó caldeiro, “sácate de aí que me ensucias”, no, no, non mezclemos unha cousa con outra, vostede diga o que teña que dicir, e eu tamén xa o direi. Home, eu pídolles que sexan un pouco rigurosos porque en política por desgraza fixemos moitos cousas que non debíamos e ó final así nos foi en moitos eidos, onde, pois, por culpa, eu creo que, fundamentalmente, nosa algúns dos problemas que temos a clase política veñen motivados precisamente de, “e ti máis”, e como dixen antes dicirlle o pote o caldeiro, “sácate de aí que me lixas”. Mire, eu non son incongruente, porque como vostede pode ter o morro de dicirme si solicitara unha reunión, oiga, son ustedes os que gobernan, terán que solicitala ustedes conmigo. Mire, vostedes como poden ter, como poden ter o morro de dicirme iso cando non me invitaron nin a inauguración de Lalín, o único diputado provincial, o único diputado provincial que hai na comarca, inauguran un viveiro que construímos nós, que construímos nós, e nin sequera teñen a dignidade de invitarme, tres cuartos do mesmo pasou con Mouriscade. E logo despois, e logo despois, veñen aquí a dicir se falara vostede connosco poderíase haber evitado. Mire, vostedes non me invitaron, e a min dáme exactamente igual que me invitaran que non, ahora, viron vostedes o que pasou cas ministras en Vigo, analicen a diferencia, analicen a diferencia. Pero, por favor, sexamos serios, a vostedes invitáronnos, que non lle deixaban meter alí o libriño, bueno, home, ó final deixáronlle meter o libro, que máis dá. Pero, é que eu non tiven nin oportunidade de protestar porque non metía libro, non tiven nin esa oportunidade, e ahora dime se eu chamara, ¿para que?, ¿para humillarme ante ustedes?, que cree que eu son pobre diablo, vir aquí pedir limosna. Oiga, vostedes, vostedes que son os que gobernan son os que tiñan que agarrar e dicir, “Sr. Crespo veña para aca, ¿como está isto?”, e eu, unha vez que llo dixera, non tería nada que opinar ahora, polo tanto, eu non me arrepinto nada de facer esta moción. E esta moción, Sr. Regades, a min paréceme moi ben que vostede lera o que lle puxeron aí, que non se o fixo vostede ou llo puxo calquera, a min iso dáme igual, pero foi unha cousa totalmente lida, polo tanto non é unha cousa súa, polo tanto, quixo facer seu algo que non é seu, e cando usted fai algo seu algo que non é seu sempre pasa o mesmo. Dice vostede que esto é o paradigma do bon facer, xa se verá, ó final dos ovos hanse velas cascas, non se preocupe vostede, xa veremos dentro dun ano cando fagamos un balance e vexamos a ocupación que hai en Barro-Meis e máis a ocupación que hai en Lalín, e veremos a extraordinaria xestión. Eu o que lle recrimino aquí, e que vostede non mo contestou, porque non está posto no papel da moción, porque a moción cando a redactas colles dáslle unhas ideas ó que a fai, e ti dislle como se fai, pero, despois, como a pariches ti, sabes como está por dentro, o que ocorre nese caso é que eu o que lle dixen é que eu non teño datos obxectivos porque o estudio económico nono vin, pedino hoxe, (alguén fala con micro pechado) bueno, no, no, no, pero eu, a ver, ese vino, o que non vin foi as tripas, a ver, expliqueime logo mal, eu non vin, o estudo económico que está colgado na página web, vino, o que non vin son as tripas do estudo que é cas que non estou de acordo e esas son as que pedín hoxe no Rexistro, polo tanto, cando as vexa xa lle contestarei, non se preocupe. E logo, a ver, vamos a ver, eu non digo que nós o fixeramos marabillosamente ben, que, como todos temos erros, pero vostedes non defendan que isto foi unha xestión brillante, porque eu o que lle dixen aquí foi que vostedes non contactaron para nada coa asociación de empresarios das zonas, porque o presidente da de Lalín queixouse, e eles incluso me dixeran a min que eran partidarios de poñer eles persoal, co cal non había que prorratealo nos custos, e cos concellos o mesmo, porque a Zona Franca si o fai cos concellos, colleu algún concello, creo recordar, como o de Baiona, e, creo que recordar, como o de Nigrán, e o persoal que hai alí, os axentes de emprego puxéronos alí co cal ó final, ¿sabe que pasou?, que repercutiron, non repercutiron o prezo e os prezos son moito máis baratos, porque en Porto Molle, pois, vai valer a metade xusto do de Lalín, por poñer un exemplo. Así que, eu o que lle digo é que, a ver, aquí o máis parvo fai avións, vale, polo tanto, non nos tomemos por parvos uns ós outros e teñámonos un respecto. Vostedes nesto creo que o poden facer mellor, creo que o poden facer mellor, eu estou disposto, dime vostede que sentémonos e falemos, ningún problema, cando queira, cando queira, eu pódolle aportar non crítica, que tamén, pódolle aportar solucións, non unha, nin dúas, senón hasta tres, tres solucións para abaratar os custos, totalmente legais e totalmente para lograr un funcionamento ideal, e para enchelos que é o obxectivo que se persigue. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Finalizado o debate pasamos á votación da moción do Grupo Provincial do Partido Popular, solicitando unha adecuación dos prezos dos viveiros de empresas nos polígonos industriais de Lalín e Barro-Meis. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado con doce votos en contra e unha abstención. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando unha adecuación dos prezos dos viveiros de empresas nos polígonos industriais de Lalín e de Barro-Meis. 6.6755.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO A MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ORGÁNICO EN RELACIÓN Ó FUNCIONAMENTO DAS SESIÓNS PLENARIAS PARA GARANTIR O DEREITO Á RÉPLICA ÓS GRUPOS POLÍTICOS Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto seis da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando a modificación de reglamento orgánico en relación ó funcionamento das sesións plenarias para garantir o dereito á replica ós grupos políticos. Ten a palabra o Sr. Aragunde. Sr. Aragunde Aragunde.- Bos días a todas e a todos. Ben, pois, nós presentamos esta moción despois de moitos plenos protestando e demandando unha solución a esta situación que empezaron a aplicar vostedes desde que están gobernando nesta nova lexislatura, e, bueno, dicir que na Deputación de Pontevedra igual que na maioría das entidades públicas, onde se celebran sesións plenarias, existen uns regulamentos que, bueno, pois establecen os criterios de desenvolvemento das sesións, outra cousa é que se apliquen ou non se apliquen, como pasaba aquí anteriormente que non se aplicaba. O regulamento vixente na Deputación de Pontevedra é do século pasado, en concreto é de 1999, e está claramente desfasado, e está claramente desfasado, polo menos, no referente ás intervencións nos plenos. Hoxe en día non se entende unha sesión plenaria sen debates, hoxe se fomenta o diálogo e a participación, e no regulamento, hoxe en día á Presidencia, como podemos ver ó principio deste pleno, se lle dá cabida, pois, se pode falar, poden falar incluso os colectivos e veciños que se achegan aquí. Pero, no regulamento da Deputación de Pontevedra, en referencia ás intervencións dos deputados no pleno, establece unha quenda de 10 minutos por cada grupo político, sen contar a exposición do asunto a tratar, e pecha as intervencións o grupo que presenta a proposta. Nunca imaxinamos os deputados do Partido Popular que con este novo goberno se empezaría a aplicar este regulamento, sobre todo, porque os deputados, en concreto Presidenta e Vicepresidente, deste novo equipo de goberno, pois son persoas que teñen experiencia en política, que levan moitos anos en esta tarefa, e se desenvolven, ademais ben, no diálogo, no debate, polo tanto, entendíamos, entendíamos que como ata de agora se podería falar sen límites de intervención, nin de tempo. Por iso foi unha gran sorpresa, unha desagradable sorpresa ver que si se empezaba a aplicar este regulamento. En todo caso, dicir, que co goberno do Partido Popular na Deputación de Pontevedra nunca, nunca se aplicou este regulamento nas sesións plenarias. Os portavoces dos diferentes grupos políticos podían exercer o uso da palabra, ordenadamente, sen límite de tempo, nin de intervencións, podían tomar a palabra cando quixeran, e aquí hai persoas, ademais, que o poden corroborar. Dígase algunha vez, se é certo, que se lles prohibiu falar ou se lle acortou o tempo, se falaba hasta tres e catro veces, sen límite de tempo. Á vista desta situación e despois de denunciar, insisto, varias veces neste pleno que se reconducise esta situación, non nos fixeron nin caso, nin caso, inda o outro día tivemos que ir á Valedora do pobo a presentar a nosa queixa para poder abrirlle os ollos a vostedes de que teñen que reconducir esta situación. Fixemos unha serie de averiguacións sobre este asunto noutras deputacións e administracións, e consultado o funcionamento práctico que se está aplicando nas sesións plenarias en todas as deputacións de Galicia, e no Parlamento autonómico, mancomunidades, etc., a realidade é a seguinte: na Deputación de Lugo, si, dende a Presidencia se controla o tempo, que é flexible, non hai cronómetro, non existe cronómetro, pero hai uns tempos que é, na primeira intervención permite unha exposición de 6 minutos a tódolos grupos, posteriormente, unha segunda intervención e cada partido utiliza 3 minutos, e para finalizar o debate o deputado que presentou a proposta pecha con 1 minuto esa intervención, non consumen moito máis tempo que en Pontevedra pero, desde logo, xa existe máis participación. Na Deputación de Ourense, todos os grupos inician a primeira intervención con 8 minutos, na segunda exposición a cada partido lle corresponde 4 minutos, o portavoz da proposta pecha a intervención con 2 minutos, máis do mesmo, participación, Sra. Presidenta, participación. Na Deputación da Coruña, non existe cronómetro, non existe límite de tempo nas intervencións, e tampouco existe límite no número de intervencións, é dicir, se está aplicando o mesmo sistema que había aquí co goberno do Partido Popular, en Pontevedra. Somos diferentes, esta Deputación é diferente ó resto das deputacións, pero o desprezo que vostedes están facendo non é ós deputados do Partido Popular, ¡eh!, o desprezo estanllo facendo a todos aqueles veciños e veciñas da provincia de Pontevedra ós que representamos, o partido maioritario deste pleno. No Parlamento de Galicia, máis do mesmo, unha intervención de 10 minutos por grupo, unha segunda intervención de 5 minutos, e pecha o expositor da proposta con 3 minutos, como poden ver o certo é que a Deputación de Pontevedra é a máis restritiva e a única que impide un debate real, e que elimina a réplica, e moitas delas non son gobernadas polo Partido Popular, e onde goberna o Partido Popular, pois, tamén hai máis debate e máis diálogo. Pero bueno, eu non entendo por que, de verdade, ¿por que teñen tanto medo a debatir co PP?, é que non o entendemos, van contra corriente, totalmente contracorriente, hai que enriquecer o debate, e, desde logo, cada grupo dende o seu punto de vista, pero non o están a permitir, son cómplices PSOE e BNG, equipo de goberno. Por todo isto, solicitámoslle ó Pleno da Deputación modificar o regulamento aplicable ás sesións plenarias, e estableza varias quendas de intervencións a todos os grupos políticos no debate dos asuntos do pleno, outorgándolles o seu dereito a réplica. Mentres non se aproba ese novo regulamento consensuar nunha xunta de voceiros o número e duración das intervencións dos asuntos da Orde do día, establecendo como mínimo dúas intervencións por grupo e asunto. Esperamos, dende logo, pois que os grupos do goberno e o Grupo de Marea, inda que non está no goberno, pois, apoien esta iniciativa, porque cremos que é o que está imperando, como se pode ver, na maioría das administracións de Galicia. Máis nada de momento. Gracias. Fala a Sra. Presidenta co micro pechado. Sr. Jácome Enríquez.- Ben. Bo día a todas e a todos. Bueno, eu creo que todos os grupos si que estamos de acordo en que, efectivamente, hai reformular este regulamento. Non concordamos na exposición que acaba de facer o Grupo Popular, por exemplo, en que limitar o tempo das intervencións reduce a calidade democrática dun debate. Os que procedemos de culturas asemblearias, ben é certo que esta institución está moi lonxe desa cultura, estamos convencidos de que unha limitación nos tempos de intervención flexibles, pero unha limitación, é incluso imprescindible. O equipo de goberno, senón me equivoco, explicitou xa, efectivamente, que se ía a tramitar un novo regulamento, non sabemos en que punto están, e supoñemos que estarán abertas a emendas. Non nos emociona especialmente os acordos que propoñen, pero, bueno, mentres este novo regulamento non esté ó dispor de todos os grupos para presentar emendas, pois tampouco nos imos a opoñer. Ímonos abster nesta votación. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Ten a palabra agora o Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. As cuestións de forma sempre son así bastante pesadiñas, ¿non?, bastante pesadas, e dan para discutir moito e case sempre en abstracto, ¿non?, co cal poucas conclusións se poden sacar, ou sexa, explícome, eu vivín a modificación do regulamento este do 99, e vivín os compromisos que se adquiriron daquela, os compromisos que se adquiriron daquela era que, obviamente, non se ía aplicar salvo que o pleno se convertese nun inferno, vale, loxicamente, como pasa en tódalas institucións nas que ningún grupo vén a rebentar o pleno, ou ven a facer intervencións eternas, inmensas ou o que sexa, ¿verdade?, correcto. Co cal, pois estivemos funcionando desde o ano 99, inda era máis restritivo o anterior, porque isto fora unha modificación no 99, ese xa non me acordo porque fora do 87 o primeiro, ou unha cousa así, e, pois, era máis restritivo pero quedou así, e, non é, bueno, fomos funcionando sen ningún problema. Eu acórdome de plenos aquí que duraban ata as sete da tarde porque había problemas, non polo regulamento, obviamente, senón porque había outro tipo de problemas. Ben, recoñecerán vostedes que entraron neste mandato como cabalo en cacharrería, os plenos facíanse moi longos, cunhas broncas monumentais, daba igual que se dera a voz dúas veces ou tres, resulta que alguén que non pedira do público regulamentariamente a intervención, resulta, que marchan ustedes do pleno porque non se lle deixou intervir, e cousas do estilo. Ben, entón, ante esa situación imos ó espírito inicial, é dicir, se é imposible falar, se é imposible levar o pleno dunha maneira normal, haberá que ir ó regulamento, senón temos maneira de entendernos pois á norma, ben, e, algo había que facer, ¿non?, punto. Agora, tamén desde un primeiro momento tiveron vostedes a oferta de aclarar, negociar o que fora, foi imposible, ¿acórdase a moción esa do deporte que querían 10 minutos por 24 catro puntos ou por 50 puntos?, inda non sei exactamente cantos puntos eran. Foi imposible, cada vez que se intentou falar, é dicir, bueno, vamos a levalo, ¡ah!, no, nós, como son puntos que non eran, era un punto, despois, con varios subapartados, entonces cada un era un punto, ou sexa, imposible, ou sexa, podíamos rematar aquí ás 7 da tarde repetindo a mesma perorata en cada punto para dálle que che pego, ben, esa é a situación, vale. Pola nosa parte, polo noso grupo ou o que sexa, obviamente, e á parte, onde temos a responsabilidade de dirixir os plenos, pois, se está actuando así, obviamente, teñen a man tendida, e creo que por parte do todo o Goberno, teñen a man tendida. Agora, recoñecerán que a esta situación chegamos de aplicar o regulamento porque vostedes entraron aquí como entraron, agora parece que van centrándose e ven que iso non vai a ningún lado, bueno, ¡aleluia!, alegrémonos, alegrémonos, punto. Entonces, hai en marcha unha modificación do regulamento, ¿verdade?, que agardemos que poida estar para o mes que vén, ou cando, ou cando estea, e aí ningún problema, e haberao, ¿que collemos o do ROF?, que ten dereito a réplica e tal, ningún problema, ningún problema. Agora, ustedes provocaron unha situación ante a que había que reaccionar, que se puido reaccionar doutra maneira, ¿díganos cal?, ¿díganos cal?, porque algunha había que facer, punto. E sempre tiveron a man tendida para iso, e agardo que a collan, eu pediría que retiraran a moción, porque non se pode, hoxe, despois de aplicar o regulamento, dicir dereito a réplica cando o regulamento non o contempla, ou o que sexa, retiren a moción e teñen todas as mans tendidas e demais. E, xa, o da Valedora do pobo, cada un fai o ridículo como quere, francamente, a min non me preocupou nada, ¡eh!, cada un fai o ridículo exactamente como lle dá a gana, como lle dá a gana, ¡eh!, sen máis, pero teñen a man tendida, repito, quere dicir, senón é o mes que vén, para o seguinte van ter, neste pleno, debater o novo regulamento, e tivérona antes, para ter Xunta de portavoces, e cada vez que se intentou sempre viñan, bueno, ese día igual a ración de guindillas matinal fora excesiva, bueno, o que fora, dáme igual, ¿non?, ou tiñan o seu congreso e cada un quería colocarse a ver que xefatura conseguía, bueno, polo que fora. Pero ustedes viñan, viñan imposibles, e todos os plenos ou parte deles, sobre todo os primeiros deste mandato, mandato que non lexislatura, neste mandado, pois ustedes viñan a, directamente, para facer os plenos imposibles, todo iso sen ningún éxito, por certo, foi un erro, pero bueno, iso cada un colle a actitude que colle, e entonces, por favor, eu pediría que retiren a moción, ten o noso compromiso desde o primeiro día, e sábeno, e sábeno, e cónstalle, e á parte, e sempre que intentaron chegar a algún acordo con este goberno, con este grupo, chegamos a acordo, e creo que acordos que nos beneficiaron a todos, e xenerosos, creo que sempre o tiveron, a porta está aberta, pero bueno, se a queren aproveitar, senón, obviamente, comprenderá que vamos a votar a favor, en contra, quero dicir, vamos a montar o lio ahora, de que réplica sen estar no regulamento e sen ningunha garantía de que ustedes o próximo pleno non veñan a montar unha pirula destas, e que rematemos ás cinco da tarde todos encabronados aquí, montando un cisco, que o único que facemos é aburrir a empresa, que non salga nada, e punto. Pero, cada un igual ten unha capacidade de, ou unha necesidade de despachar adrenalina, a saber, a saber, creo que non é o procedemento normal, recoñézano, todos cometemos erros, eu creo que cometeron un erro de plantexamento, polas súas contas internas, polos seus problemas, polo trauma de perder o goberno, polo que fose, e e así non funcionamos. Pensen ustedes, por exemplo, pensen calquera de ustedes que tivo responsabilidades, que ten que presidir un pleno, que faría se un grupo da oposición lle fai o mesmo que fixeron ustedes aquí. Pensen. Evidentemente, pois, o mínimo, aplicar o regulamento, ¿que regulamento existía?, o que había, o mínimo, porque é que o outro sería imposible, á parte ía “in crescendo” cada pleno peor. Moitas grazas. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Buenos días a todos. Sr. Aragunde, esta moción, porque además, conozco la forma de actuar del Partido Popular, en equivalencia con términos futbolísticos, en cuanto a estrategias y demás, hay la estrategia del contraataque, de la defensiva y demás, yo a este tipo de mociones les llamo la estrategia del anticipo, porque es la realidad, usted se enteró, ustedes, se enteraron por el procedimiento que fuera, que ni entro ni salgo, en que este gobierno lleva tiempo elaborando una propuesta de reglamento que se podía haber entregado en este pleno, o que va a ir al siguiente, y a continuación lo que hacen, eso sí, con intencionalidad política, es anticiparse, traer esta moción, y luego decir, ya lo propusimos nosotros. No nos inquieta, tenemos la suficiente responsabilidad de gobierno como para saber que un reglamento del siglo pasado, como usted bien decía, que luego me referiré a eso, hay que modificarlo y en eso estamos. Por lo tanto, sinceramente, le pediría que retirase esta moción, por lo que acaba de decir el Vicepresidente, por cómo, y ahora me voy a referir a ello, por cómo hemos actuado, y porque van a tener ustedes la posibilidad de debatir este tema. Pero vayamos al fondo, porque, ciertamente, resulta sorprendente su exposición de motivos, yo no sé si se dió cuenta, es una crítica a todos los años de gobierno anterior y es una apuesta en valor de lo que se está haciendo por parte de este gobierno. Porque es increíble que la argumentación sea reconocer que durante 23 años fueron incapaces de modificar un reglamento, se lo está diciendo a los que a usted le antecedieron, que durante 23 años fueron incapaces de modificar un reglamento y, todavía dice usted es del siglo pasado, oiga, los quince primeros años de este siglo han gobernado ustedes y fueron incapaces de modificar este reglamento. Luego, ya es de nota, el que usted diga en la exposición de motivos que reconoce que el reglamento no se cumplía. Bueno, sinceramente es de nota, porque claro, no le voy a hacer la pregunta me voy a responder yo, de la misma forma que incumplían el reglamento, incumplían la mayoría de las cuestiones legales aquí, ese es el problema, que incumplían el reglamento como incumplían muchas cosas. Pero mire, no me va a engañar, los incumplimientos nunca pueden ser motivo de orgullo, y no me va a engañar con que se incumplía el reglamento y que buenos éramos, nuestros antecesores, presidente y demás. No, no, que va, que va, ustedes daban, en todo caso, porque además es mentira, tiempo ilimitado o más tiempo, el que fuera, porque no hacían ni caso, ni tomaban en consideración lo que se decía por parte de la oposición. Y a mi derecha y a mi izquierda tengo diputados que fueron en anteriores legislaturas y esto era la práctica, ustedes dejaban falar y no hacía literalmente ningún caso, por lo tanto, no me va a engañar con este juego de palabras ni muchísimo menos. Por lo tanto, lo que usted pone como un valor era, desde el punto de vista político, Sr. Aragunde, un desprecio, un desprecio a la democracia que se repite por parte de ustedes. Y mire, por mucho que en sus dos folios repita democracia y alabe los conceptos democráticos y demás, por mucho que lo repita no se es más demócrata, Sr. Aragunde, no, por mucho que se repita una cosa no se va a consolidar como tal. Y ustedes no han practicado la democracia en esta institución, todos los diputados que desde unos o desde otros grupos políticos sufrieron la oposición en esta casa así lo ratifican, aquí se podría hablar, teóricamente, que Isaura dice que no, pero poco caso se hacía, por no decir ninguno. Por lo tanto, mire, sobre un reglamento se puede hacer mucha demagogia y ustedes la hacen, yo, literalmente, le afirmo, en base a esa experiencia que usted le reconocía a la Presidenta, al Vicepresidente, y no sé si alguno más de nosotros, la Presidenta está aplicando la normativa, está siendo flexible, y lo ha sido desde el primer momento, y esto es una opinión personal, y manteniendo una actitud de mucha paciencia, muchísima, con ustedes. Por lo tanto, mire, los tiempos de las mociones y los tiempos de intervención son claramente suficientes, a usted le han sobrado 3 minutos, de los 10 minutos, literalmente, le han sobrado 3 minutos, y todos los que tenemos práctica en este tipo de intervenciones, yo empiezo por mi mismo, me repito en muchas ocasiones, pero lo que, por querer consumir el tiempo si es que es eso lo que quiero hacer. Pero, 10 minutos, y usted se ha delatado en la comparativa con otras administraciones, 10 minutos, y todavía 5 que va a tener, Sr. Aragunde y señores del partido y señoras del Partido Popular es absolutamente suficiente para esto, eso sí, claro, salvo que queramos hacer discursos políticos que no tienen nada que ver con la moción. Pero mire, no se preocupe porque á parte de que debatiremos el reglamento, aunque estuviera este reglamento del siglo pasado, la Presidenta, como usted bien decía y yo se lo agradezco, tiene la suficiente experiencia política como para saber que ante un debate de importancia, presupuestos o grandes cuestiones, habría mucho más tiempo para intervenir. Porque este tema de la réplica, si no es cuestión de replicar, es cuestión de método, usted hace una propuesta como la hizo anteriormente el Sr. Crespo, el resto de los grupos contestamos y usted va a tener 5 minutos para rebatirnos absolutamente a todos. Por lo tanto, pero mire, me agrada de su moción una frase, y es la frase esta de, “que se abrieron la ventanas en esta Diputación”. Es cierto que se abrieron las ventanas, afortunadamente lo perciben los ciudadanos, pero, ¿sabe una cosa?, que también se abrieron las ventanas y el respeto institucional para ustedes como oposición. Me parece que todavía no se han enterado, posiblemente sea el descoloque que tienen, pero es que es verdad, se abrieron las ventanas para ustedes, se abrieron las ventanas por el respeto institucional que, viceversa, nunca tuvieron los que hacían oposición, y porque ustedes, y mencionaba la entrevista con la Vicevaledora, porque ustedes tienen más medios, Sr. Aragunde. De que venimos aquí a presumir y que venimos a instrumentalizar políticamente una institución como la de Valedor, Valedora do Pobo, para estos temas. Ustedes, cuando la oposición anteriormente no tenía liberados, no tenía diputados que se podían dedicar a esta función, ustedes si los tienen, la oposición antes no tenía ninguna dedicación, y ustedes tienen hoy cinco dedicaciones, ustedes tienen el 30% de todas las dedicaciones para hacer política de oposición. ¿Le parece poco abrir ventanas esto?. ¿Le parece poco el que ustedes tengan suficientes locales frente a lo que tenía la anterior oposición?. ¿Le parece poco que de personal de apoyo tengan lo que no tenía la oposición?. ¿Le parece poco que tengan una sala para ruedas de prensa que nunca tuvo la oposición anteriormente?. Pues, efectivamente, claro, claro que se abrieron las ventanas también para ustedes. Por lo tanto, eso, abrir ventanas, dar argumentos y dar medios a la oposición, eso es lo que hacen los demócratas, por lo tanto no vale lo que se dice, Sr. Aragunde, vale lo que se practica. Y, ustedes en ese sentido han hecho una utilización muy perversa y muy equivocada de instituciones como la de la Valedora do Pobo. Por lo tanto, estamos elaborando un reglamento, porque claro, a mi me hace gracia cuando usted hablaba del siglo pasado, y ya le decía anteriormente que tuvieron 15 años de este siglo para modificarlo. Mire, ustedes, ¿sabe cuál es el problema?, el problema es que ese reglamento del siglo pasado se ajusta a donde están ustedes, están ustedes en el siglo pasado, de verdad que si, y el cachondeito que se traen, permítanmelo decirlo, con el tema de los relojes es un claro ejemplo, esto le facilita a usted, al Sr. Crespo, a mi, y a todos los que intervenimos, nos facilita una exposición detallada, esto lleva funcionando 6 años en el Ayuntamiento de Vigo y estuvo encantado el Partido Popular, el Bloque Nacionalista Galego, y estuvo encantado el Partido Socialista de que hubiera estos relojes para que yo me estructure la intervención, termine cuando quiera, diga primero una cosa, y al final diga otra. Por lo tanto, mire, la conclusión, y por eso le reitero ahora formalmente la petición de que retire esta moción, es que estamos elaborando un reglamento, pero, también, quiero afirmar categóricamente que estamos aplicando, que la Presidenta está aplicando la normativa, y que en una moción como esta, que no se si lo llevarán al debate, cuando sea, el reglamento del pleno, pedir varias intervenciones, se pueden pedir 2, 4, 6, 8 o 10, y hasta 100, pero no tiene ninguna lógica y, la comparativa le ha delatado. Usted se podrá administrar mejor 10 más 5, pero son 15, pero son 15, son 15 minutos que son más que lo que usted ha mencionado. Mire, están haciendo mucha demagogia con este tema, solo están preocupados por el poder, por el espacio político y, la verdad, es que nosotros donde gobernamos, como aquí en la Diputación, lo que nos preocupan son, los ciudadanos, sus problemas, y por eso todas nuestras alternativas van dirigidas a las personas. Gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Deputado, para a réplica e pechar o turno de intervencións, ten a palabra o propoñente, o Sr. Aragunde. Sr. Aragunde Aragunde.- … novo, que entren e que ordenen, pero, Sra. Presidenta, vostedes predican unha cousa e practican a contraria, invitan á participación con discursos de cara á galería, pero a realidade é que limitan o diálogo e a participación dos veciños desta provincia. Foron moitos os que confiaron en nós para que os defendéramos e que nos apoiaron, co seu voto, ó Partido Popular, por iso somos o grupo con maior representatividade neste pleno, e nos votaron para que defendésemos os seus intereses. Por iso traemos propostas a cada pleno velando polo deporte, pola cultura, polos servizos sociais, polas infraestruturas, polo emprego, ou pola promoción do turismo, entre outros asuntos. Defendemos ós deportistas e ás probas deportivas que vostedes agora non queren financiar; defendemos ós veciños do rural que non verán mellorar as súas estradas co novo decálogo da Deputación; defendemos ós traballadores, como os de ENCE, que só piden conservar o seu posto de traballo, e defendemos entre outros ós colectivos que a día de hoxe non saben se terán as axudas que sempre lle deu esta Deputación de Pontevedra. ¿E sabe como os defendemos?, ferreamente, só cun arma, pero a máis potente e demoledora, a palabra, a palabra coa que creamos diálogo e debate, esa palabra á que vostedes semellan terlle tanto medo, por iso nos limitan. Non queren que dispoñamos dunha segunda intervención na cal podamos ampliar e esgrimir os nosos argumentos, os argumentos que cada día nos trasladan os veciños, esas persoas ás que vostedes tanto lle brindan que veñan a esta casa, pero logo péchanlle as portas e pídenlle o DNI para entrar, esas persoas ás que lle din que se poden expresar aquí, pois son eles os que nos piden que sexamos o seu altavoz aquí, en este pleno. En todo caso, poderán limitar as intervencións, e controlar cun cronómetro o tempo de exposición, cando falo do cronómetro é simbólico, de que antes non se controlaba o tempo e agora si. Pero non deixaremos de pronunciarnos ante a parálise que está a sufrir esta Deputación. Vostedes é ó contrario do que vostede mencionou antes, vostedes reaccionaron cando nós empezamos, empezamos, vostedes reaccionaron e están elaborando un regulamento unha vez que nós empezamos a protestar, unha vez, si, eu estou convencido de que hai deputados aí, no equipo de goberno, hai deputados no equipo de goberno que non saben que se está elaborando ese regulamento, estou totalmente convencido. Nós faremos crítica dos erros que cometan e trasladaremos a nosa opinión ós medios e ós colectivos, e iso sucederá con réplica ou sen ela, xa sei que non lle interesa o que eu lle estou dicindo, nós faremos iso, trasladarémoslle á opinión pública o que están a facer aquí, queiran vostedes ou non queiran, e, aínda que nos poñan todo tipo de dificultades, como non permitirnos a sala de prensa, ¿que me está falando de que nos deixaron a sala de prensa?, nos deixaron un sótano onde dúas periodistas saíran manchadas pola humidade que había nas paredes, nos abrigos; había outra periodista sentada nas escaleiras tomando notas, esa é a sala de prensa que nos dan a nós, por iso preferimos xa facelo no hall, porque mellor que aquel sótano é o hall. Esa é a facilidade que nos dan vostedes, home, si, a oficina que nos deron agora é máis ampla que a que tiñan vostedes antes, pero é que somos 12 deputados, na oficina que tiña antes o PSOE non cabemos os 12 deputados do PP hoxe en día, só faltaría que non nos deran un espazo para poder traballar e estar aí. Compañeiros deputados, en definitiva, non pretendemos convencelos de algo que xa sabemos que están convencidos, saben que nunha sociedade moderna debe existir ese turno de réplica que levamos solicitando dende o inicio deste mandato, e que vostedes nos desprezaron constantemente, son vostedes os que desprezan constantemente. Pero, está na súa decisión chegar ó nivel de participación real que existiu nesta Deputación durante o mandato do Sr. Louzán, si, ese presidente que vostedes tanto critican, pero que permitía expresarse a tódolos grupos, sen límite de tempo, nin límite no número de intervencións; que debatía coa oposición sen cortapisas, con talante, que escoitaba ós colectivos unha e outra vez, sen ter que celebrar plenos a porta pechada, xa o di o refrán, “otros vendrán que buenos nos harán, otros vendrán que buenos nos harán” … Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Aragunde. Sr. Aragunde Aragunde.- … o Sr. Louzán dou moitas leccións en este salón, pero, dende logo … Sra. Presidenta.- Sr. Aragunde rematou o seu tempo. Sr. Aragunde Aragunde.- … xa remato, xa remato Presidenta. Pero, dende logo, unha das máis importantes se refire á liberdade dos deputados que tiñan para expresarse neste pleno. Decidan e demostren si son capaces de igualar ó Sr. Louzán respectando o diálogo, enriquecendo o debate, ou, pola contra, queren manter esa etiqueta, que de momento xa teñen colgada, coma a administración máis opaca, restritiva e menos participativa de Galicia. Gracias. Sra. Presidenta.- Antes de proceder á votación desta moción, Sr. Aragunde, para aclararlle algunhas cuestións. Mire, levamos elaborando o reglamento tres meses, o regulamento de funcionamento desta institución, porque, certamente, tiña un regulamento moi anticuado do que vostedes son responsables, iso non mo negará, e realmente ese regulamento, Sr. Aragunde, ese reglamento no … si, ten vostede razón, o outro día mo dixo un deputado meu, que non digo ben o seu apelido, lle pido, lle pido desculpas por non dicir ben o seu apelido, non se preocupe. Eu estou no uso da palabra, como sabe vostede moi ben, aplicando, aplicando esa reclamación de democracia que vostede plantexa e lle pido que me deixe falar, e me deixe explicarlle para que a vostede lle queden aclaradas todas as cuestións que puxo enriba da mesa, no uso das miñas competencias. Ben, pois, o regulamento levamos máis de tres meses elaborándoo, vostedes o saben moi ben, e, certamente, por iso presentan hoxe esta moción, están en todo o seu dereito a presentar esta ou a presentar calquera outra moción que vostedes plantexen. Pero dicía o Vicepresidente da Deputación e eu o teño que ratificar, realmente esta moción non tiña como obxectivo solicitar que se modificara o regulamento para modernizalo, senón que, unha vez máis, tiña como obxectivo sobre todo atacar á Presidenta da Deputación, porque, ademais vostede se referiu a min, que non debatín con vostede, debateron outros membros do goberno, pero sempre se refiren vostedes a min. E, mire, para darlle tranquilidade, non a vostedes, ¡eh!, ó conxunto dos deputados do partido provincial, senón a todo o Partido Popular de Galicia, non me vou presentar ás eleccións autonómicas, xa o dixen publicamente, polo tanto, non teñen vostedes que estar continuamente facendo crítica política tan personalizada para ver se poden danar a imaxe da Presidenta da Deputación, porque ese é o obxectivo e todo o mundo o sabe. Mire, nesta casa entran colectivos a falar cos deputados como nunca na historia da Deputación, ¿e sabe que pasa?, non só os amigos, ¡eh!, os que non son amigos tamén, os que veñen a cuestionar, tamén, sen ningún problema, ducias, centos de colectivos se teñen reunido en somentes nove meses, e, mire, non falte vostede á verdade. E, contadores de tempo, os hai en tódalas administracións, en primeiro lugar na Xunta de Galicia, cuestión que é moi lóxica, pero, tamén, no Congreso dos Deputados e do Senado. Mire, no Congreso dos Deputados, eu que fun membro da Mesa do Congreso dos Deputados, sendo Presidente o Sr. Posada, a quen lle teño moito afecto e moito respecto, ademais de que había un reloxo que marcaba o tempo, cando se presentaba unha moción o ponente presentaba a moción, a explicaba, non tiña turno de réplica, interviñan todos os grupos, ¿e sabe quen pechaba?, o grupo maioritario, que en aquel caso era o Partido Popular. ¿Vostede considera que o Sr. Posada é unha persoa non democrática por facer esas cuestións?. ¿De verdade que o considera?. Pois mire, do Partido Popular é a persoa máis democrática que eu coñezo, o que facía era aplicar a norma, que é o que hai que facer. E realmente, e pecho con isto, é certo que vostedes dende o primeiro momento, non asumindo que son oposición, chegaron a esta casa a descalificar, a facer ruído, a intentar danar a imaxe do goberno, particularmente da Presidenta, sobre todo ultimamente cando se abriu o proceso de eleccións electorais en Galicia, na que vostedes están amplamente situados, para ver si poden danar a miña imaxe. Pero mire, a min non me preocupa en absoluto, a min me encanta o que está ocorrendo neste pleno hoxe no que todos nun bo tono dicimos o que nos parece, facemos as manifestacións que consideramos, con respecto, sen faltarnos ó respecto, e este si que é o modelo. No regulamento que imos presentar vostedes van poder presentar todas as emendas que consideren, non haberá ningún problema a que si plantexamos que pode haber turnos réplica se poda estudar, nese proceso que é o que corresponde cando modifiquemos o regulamento que vostedes nunca modificaron, porque o que vostede di non é certo, non é certo, a falta de respecto á oposición desta administración provincial era total e absoluta, e á hemeroteca me remito. Os medios de comunicación, ós que facía vostede referencia, participaban aquí e vían como eran os plenos. Así que, con todo o respecto do mundo, espero haberlle contestado ás súas declaracións. E xa agora pasamos á moción. Non, non lle deixo ningunha apreciación porque é en aplicación, en aplicación, en aplicación da norma pecha o debate a Presidenta sempre que o considere, e, eu considero que o tiña que pechar e, polo tanto, o dou por pechado. E paso a poñer á votación a moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando a modificación de regulamento orgánico en relación ó funcionamento das sesións plenarias para garantir o dereito a réplica ós grupos políticos. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado con 12 votos a favor, 14 en contra e 1 abstención. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando a modificación do regulamento orgánico en relación ó funcionamento das sesións plenarias para garantir o dereito á réplica ós grupos políticos. 7.6756.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) SOBRE O POSICIONAMENTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ARREDOR DA MEMORIA HISTÓRICA E A DITADURA FRANQUISTA Sra. Presidenta.- Pasamos agora ó punto 7 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, sobre o posicionamento da Deputación de Pontevedra ó redor da Memoria histórica e a Ditadura Franquista. Sra. Presidenta.- Perdón, Sr. Leal, ten vostede a palabra, disculpe. Sr. Leal Fariña.- Bo día a todos e a todas. Eu si que vou a ser, si que vou a ser breve porque hoxe vai a ser un día intenso pola tarde que celebramos o día das artes galegas, entón, pois, eu creo que canto antes acabemos aquí máis nos prepararemos para a tarde. Dicir que, bueno, en relación ó que se viña falando neste pleno, pois, anteriormente, está ben que falemos da democracia porque é o punto que nos trae hoxe aquí, si que é un punto, realmente que, que vén a defender a democracia, é unha moción que como ben dixo a Presidenta, pois, nominalmente apareceu como presentada polo noso grupo, polo Bloque Nacionalista Galego, pero é unha moción que realmente xurde do compromiso das tres forzas políticas de esquerdas que estamos presentes en esta Deputación. É unha moción que no seu punto de partida está relacionada, tamén, pois, cunha moción que no seu momento presentaron dende A Marea, para eliminar unha, pois, un nomeamento que se fixo no seu momento durante o franquismo, pois, a unha, a un personaxe da Falanxe española, e, bueno, é unha moción que neste ano 2016, que está, no que hai referido moitas efemérides, pois se van a cumprir, pois, 80 anos do alzamento franquista. Entón, nós o que queremos, xa non só nesta Deputación, senón que é un proxecto que se está englobando nas, polo menos en tres das deputacións nas que hai un goberno de esquerdas, pois queremos realmente, pois, dignificar esta data, ó igual que se fixo no goberno bipartito, que si que foi un traballo excelente que se fixo no goberno bipartito de conmemorar e realzar esta data, nós queremos neste 2016, pois, rexenerar o que é a memoria das vítimas da Ditadura franquista e facer unha homenaxe aos mesmos e as mesmas para que, realmente, pois, non fique no esquecemento o seu recordo. O que hoxe traemos aquí, a moción que esperemos, que quereriamos que fose aprobada, pois, pola maioría da corporación, sabemos que vai a ser aprobada porque hai o compromiso dos tres grupos, pois, é unha moción que nos seus catro puntos, pois, o que vén a establecer é unha, pois, o que é un compromiso, pois, digamos que xurídico-administrativo, a un compromiso programático que adquirimos en este goberno do que formamos parte o Bloque Nacionalista Galego, e que é o de conmemorar este ano, pois, un ano da memoria como un ano de recordo para o que é o alzamento, e para a represión que houbo despois por parte, por parte dos gobernantes. Indicar que o texto que traemos hoxe aquí a acordo, pois parte, na súa base primeira, pois, parte dunha declaración, que se aprobou aquí en, aquí preto no concello de Vilaboa, unha declaración que as asociacións da memoria de toda Galiza deron en chamar a Declaración de Vilaboa, e na que, pois, se establecía que durante este ano 2016, pois se ían a tomar en conta determinadas consideracións, e se ían levar a cabo determinados proxectos, pois, para dignificar o que é a labor toda da recuperación da memoria. Cabe dicir que, que bueno, que este mesmo texto de xeito similar ó que se vai aprobar hoxe aquí tamén se vai a presentar na Deputación de Lugo; outro texto diferente tamén se levou a cabo na Deputación de Coruña, polo que temos que indicar que este realmente é un asunto que interesa ó conxunto da sociedade e interesa, pois, que cada vez máis as xeracións, é unha pena, a verdade, que todos os rapaces e rapazas que antes estaban aquí, pois non, non estivesen ata o final do debate, porque son realmente os máis mozos os que teñen que seguir recordando a estas persoas que morreron por defender a democracia, que isto si que era defender a democracia e non moitas veces as cousas que aquí nos enzarzamos en debates moitas veces estériles de defensa da democracia, e aquilo si que era defender a democracia, defendérona moitos e moitas coa súa vida, que eu creo que iso é moi relevante. E, entón, atopámonos ante un ano que aquí nominalmente vamos a facer unha serie de intervencións que xa están contempladas un pouco na acción de goberno, cabe indicar que xa no propio, nas propias subvencións que se aprobaron de Cultura con respecto ó ano Castelao, pois a Memoria histórica era un dos elementos subvencionables, está o tema do servizo de publicacións, que, digamos as publicacións sobre a Memoria histórica, pois, son uns dos elementos que van a ter maior prioridade á hora de publicar no propio servizo de publicacións e, incluso, outra serie de medidas máis de carácter concreto e outras máis xerais que van a ter, pois este 2016 moito percorrido, a partires, non só a partires do 18 de xullo, que é cando se conmemora realmente a data, a efeméride, senón durante todo o ano. Cabe dicir que a importancia, tamén, de que esteamos hoxe defendendo esta moción aquí vén dada porque neste mesmo salón de plenos, pois foi onde se xulgou e se condeou a morte a moitas persoas. Eu creo que ese é un feito relevante que a moitos nos enche, non vou dicir de orgullo, porque non podemos estar orgullosos de que aquí se xulgará e se condenara á xente, senón que nos da certo aire, digamos, de importancia de onde estamos e da importancia que ten aprobar esta moción. Xa non só aquí se xulgou á xente, o edificio do lado, que agora é sede administrativa, aí tamén, pois, foi un edificio que serviu de cárcere, e, bueno, todo este entorno onde está a Deputación, está a Alameda, pois incluso houbo unha persoa que no propio alzamento, pois foi asasinada a tiros aquí nesta propia Alameda. Entón, nós aquí o que queremos que se aprobe, e o que, pois, por sorte, se vai a aprobar, pois, son unha serie de medidas que van a dignificar o que é a Memoria histórica, van a dignificar un proceso que as asociacións da provincia, que bueno, de 48, sobre 48, 50, asociacións que hai a nivel galego máis de 20 son da provincia, o que dá pé a dicir que a provincia de Pontevedra é unha provincia que está, sempre estivo na vangarda da defensa da Memoria histórica, pois van a ver reflectido, pois nas súas actividades, un apoio das deputacións, un apoio dos concellos, os concellos tamén van a participar nestes actos de homenaxe, e sobre todo, e non de menor importancia, é que a propia Deputación condene o que é a Ditadura franquista e o alzamento que deu pé a esta ditadura, e, sobre todo, tamén, que se retiren as distincións, a supresión e a anulación de acordos de tódolos símbolos e de tódolos actos administrativos, pois, que condenaron a moita xente só polo simple feito de defender a legalidade, de defender a democracia, e de defender un período que, pois, tristemente, se veu roto por un proceso que nunca debeu pasar, pero que, por desgraza, pois pasou. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez .- Moi pouco máis vou a engadir. Estamos, faltaría máis, absolutamente de acordo coa moción. A reparación de tódalas vítimas dese terrible período que foi a Ditadura debería ser tomado por todos e todas como un feito natural, e o único que non é natural é que non se fixera antes. Vimos, precisamente, de aprobar unha declaración institucional sobre os refuxiados en Siria, que son unha mostra máis das terribles consecuencias dunha guerra, e, refuxiados, exilio, represión, tamén se viviu no Estado español en Galiza, así que, no creo que haxa ningún inconveniente para que todos aprobemos por unanimidade está moción. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sr. Jácome. Ten a palabra o Sr. González Pérez. Sr. González Pérez.- Bos días a todos e a todas. Poucas mocións poden satisfacer tanto a este Grupo Provincial do Partido Socialista e, por suposto a min, particularmente, como historiador que son, ademais, e coa pasión que teño polo tema da Guerra civil, como a proposta que hoxe trae aquí o Bloque Nacionalista Galego. Proposta que nun principio presentou para o pleno anterior o representante da Marea, e que unha vez falado entre o goberno, entre o goberno Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego e este deputado, foi reconvertida na moción que hoxe o Bloque Nacionalista Galego trae a este pleno, moción que o Partido Socialista asume, por suposto, tamén coma súa. A Lei de Memoria histórica, aprobada xa fai algúns anos por un goberno e por un presidente socialista, hoxe dá un paso moi importante en esta institución provincial, dende nós, dende o Grupo Socialista tan só cabe, por un lado, felicitar ó Sr. Jácome da Marea por iniciar este proceso, felicitar tamén ó Bloque Nacionalista Galego por recoller o testigo, aceptala e completala, hasta a moción que temos hoxe e, tamén, felicitar á Corporación provincial por ser quen de respaldala e aprobala como así vai a ser. Non sei cal vai a ser a postura do Partido Popular por iso tampouco vou a tomar ningún tipo de, falar sobre iso, pero, eu pediríalle, non a coñezo, coñecerei máis adiante, que apoie a moción, pediría que apoie, non sei se o van facer ou non, repito, porque, simplemente, o que pide, o que reclama, é que se cumpra a lei. É unha moción que o único que fai é condenar un golpe de estado de militares contra un goberno legalmente constituído e democrático. E, polo tanto, creo que a día de hoxe non se entendería ningunha media tinta, non se comprendería que un grupo político democrático, pois, non condene abertamente un golpe de estado que, como xa dixeron os meus antecesores na palabra, tantas mortes e tantas desgrazas trouxo para esta provincia. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Bueno, bos días de novo e, moi brevemente tamén. Este grupo por suposto sempre vai a estar en contra de todo o que reflexa ditaduras, non democracias, o que se lee na moción, persecucións, acosos, exclusións sociais, condutas violentas, etc., etc., etc. Estaremos sempre, por suposto, posicionados a favor de retirar cada símbolo, acordo, etc., etc., que simbolice calquera forma de vivir en ditadura. Queremos deixar claro que estamos en contra das ditaduras, señoras e señores deputados da oposición, que parece que ata o de agora non querían tocar este tema connosco, estamos vendo aquí que se xuntaron, falaron, se reuniron, e acordaron. O Grupo Popular existe nesta casa, e estamos dispostos a traballar en todo aquilo que consideren, Sr. Leal. Polo tanto, queremos manifestar que o que nós pensamos é que a democracia, por suposto, pois é a riqueza máis grande que temos nas nosas mans, temos a sorte de poder convivir en este sistema, e temos que contribuír todos, tódolos días das nosas vidas políticas e públicas, e, a contribuír, e, como dicía, pois, a condenar calquera cuestión que nos alonxe do que é esta democracia na que vivimos. Así, que, vamos a votar a favor, por suposto, desta moción. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sra. Deputada. Pois, habendo plantexado. Perdón, Sr. Leal igual vostede quería intervir. Sra. Arévalo Gómez.- Perdón. Me está dicindo o meu compañeiro … Sr. Leal Fariña.- Si que se contou coa oposición, o Sr. Jácome é da oposición, tamén, aínda que, non, nas propias comisións se lle, se plantexou, se plantexou nunha primeira comisión, cando o Sr. Jácome presentou a súa moción, se plantexou nesta segunda comisión na que, tamén, se presentou esta moción. Entón, eu creo que se se quixera, se se quere chegar a facer unha declaración institucional se puido ter feito na comisión, eu non sei se agora é perceptivo que o fagamos como declaración institucional. Sra. Arévalo Gómez.- Teño que dicirlle que o único que ocorreu ata o de agora é presentación de mocións na comisión e nada máis. No caso do Partido Socialista si que se nos convidou a poder contribuír con algunha suxerencia, e facela a modo corporativo, non foi o caso desto, ou sexa, que non, por iso, estábame dando por sorprendida. ¿Perdón?, no, no, no, simplemente se presentou a moción para votar, nada máis, nada máis, nos abstivemos, non é cuestión, non vamos a debater sobre esos … Sra. Presidenta.- Fai unha proposta o Sr. Leal, de que en lugar de ser unha moción, como estamos todos de acordo, a aprobemos como unha declaración conxunta con todo o que supón de actuación posterior, por suposto e, polo tanto, facemos así, si están de acordo. ¿Sra. Arévalo está de acordo que si?, pois entón, aprobamos como unha declaración conxunta de toda a corporación. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar declaración conxunta sobre o posicionamento da Deputación de Pontevedra arredor da memoria histórica e a ditadura franquista, xurdida da Moción presentada polo Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Dita Declaración conxunta é como segue: “ANTECEDENTES 1. O próximo 18 de xullo de 2016 cúmprense 80 anos do golpe de Estado militar contra o réxime democrático vixente no Estado español. Un levantamento militar que en Galiza foi orixe dunha cruenta e brutal represión ao longo dos anos da guerra e durante todo o período da Ditadura franquista. A represión foi especialmente cruenta nos anos da guerra e materializouse en Galiza no asasinato de máis de 5.000 persoas e noutras múltiples formas de violencia física: encarceramentos masivos, violacións, malleiras, rapado do cabelo, inxesta de aceite de ricino. Unha represión que se exerceu con carácteres especialmente violentos e machistas no caso das mulleres. Nos anos da guerra e ao longo de toda a Ditadura franquista, a represión tivo outras múltiples manifestacións: depuración laboral, sancións económicas, expolio de bens, persecución ideolóxica, acoso psicolóxico, exclusión social, etc. A imposición violenta da ideoloxía, da moral, da educación e dos valores franquistas afectou a toda a sociedade e os seus efectos prolongáronse no tempo máis alá de 1975. 2. O exercicio da memoria histórica, o coñecemento da verdade, a xustiza, a reparación e rehabilitación das persoas perseguidas polo fascismo, son dereitos humanos fundamentais que temos como sociedade e obrigas que adquirimos coas vítimas e as súas familias. Malia ter transcorrido xa máis de 40 anos do final da Ditadura e da restauración do réxime democrático, o Estado español carece dunha auténtica política pública da memoria que permita o coñecemento da verdade histórica, a reparación e rehabilitación das vítimas, o exercicio da xustiza e a superación da fenda e das feridas físicas e morais causadas polo levantamento militar e a Ditadura. Así aparece recollido no informe do relator da ONU para os dereitos humanos, Pablo de Greiff, que pon de manifesto as eivas, carencias e obrigas do Estado español en relación con esta materia. 3. As institucións públicas deben ter un posicionamento claro de condena do golpe de Estado do 36, da ditadura franquista e da brutal represión que sufriron miles de galegos e galegas ao longo dese terribel período histórico. O 80 aniversario do inicio da represión constitúe unha boa oportunidade para expresar o compromiso cos valores democráticos e a condena da Ditadura franquista. No caso da Deputación, existe ademais unha obriga ética e política clara a este respecto porque, por unha parte, dirixentes políticos da institución e persoal ao seu servizo foron obxecto de represión e persecución en forma de asasinato, cárcere, depuración e outras múltiples formas de violencia. E, por outra, a institución foi parte do aparato administrativo e político que impuxo a Ditadura, o terror e a toda a súa parafernalia simbólica na provincia e en Galiza. É por iso que a Deputación adopta o seguinte ACORDO 1.- A Deputación de Pontevedra expresa a súa condena do golpe de estado militar de 1936 e da Ditadura franquista. 2.- A Deputación de Pontevedra promoverá ao longo do ano 2016 o desenvolvemento dun programa de actividades –en colaboración con entidades da memoria e concellos-arredor da memoria histórica e represión franquista. 3.- A Deputación de Pontevedra organizará unha homenaxe pública aos cargos políticos da Deputación e aos traballadores e traballadoras da institución que foron vítimas da represión franquista. 4.- A Deputación de Pontevedra acorda a eliminación, supresión ou anulación dos acordos, distincións e símbolos que reflictan a adhesión e colaboración da institución provincial coa Ditadura franquista.” 8.6757.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) EN RELACIÓN COA POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 8 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista en relación coa posta en marcha dun plan de loita contra a vespa velutina. Ten a palabra o Sr. Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidenta. Bo día a todas e a todos. Eu antes de falar da velutina teño que facer unha pequena, unha pequena apreciación, apreciación sobre o Sr. Louzán na súa calidade de cando exerceu como Presidente da Deputación de Pontevedra, non en canto a tema persoal para nada, pero, eu como voceiro do Grupo Provincial Socialista na oposición lle tiven que reclamar máis dunha vez ó Sr. Louzán cando presidía os plenos que non por respecto a el, pero si por respecto á institución que coidara as formas e o que dicía dende aí, é dicir, auténticos insultos, auténticas faltas de respecto e auténtica falta de todo, de ética que lle corresponde a alguén que preside unha entidade como esta. Pero, ademais, … Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Por favor, por favor, Sr. Santos Héctor, atéñase, atéñase ó punto, atéñase ó punto. Sr. Rodríguez Díaz.- Voume ceñir, voume ceñir ó punto Vicepresidente. E, ademais, lle teño que dicir que fixen recentemente varias rodas de prensa dentro deste edificio como grupo provincial, como grupo provincial, non como goberno e nun lugar digno para todos … Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Por favor atéñase, atéñase, atéñase ó punto da Orde do día, atéñase ó punto da Orde do día. Sr. Rodríguez Díaz.- Me ateño Sr. Presidente. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Faga o favor, senón córtolle a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- O que ocorre é que hai algúns, hai algúns que non se dan conta que xa non son alcaldes da súa cidade e o levan bastante mal non ser alcaldes porque perderon as eleccións, perderon as eleccións señor, Sr. Aragunde, perdeu, perdeu, xa non gobernan Cambados, nin gobernan aquí na Deputación. Escóitase falar a distintos deputados ó mesmo tempo. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Por favor, por favor, por favor. Escóitase falar a distintos deputados ó mesmo tempo. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Xa lle cortei a palabra. Escóitase falar a distintos deputados ó mesmo tempo. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señores. Sr. Santos Héctor. Escóitase falar a distintos deputados ó mesmo tempo. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Jácome, perdón, Sr. Jácome, posicionamento sobre a moción, posicionamento sobre a moción. No, no, perdona, no, consumiu o seu turno de maneira absolutamente inoportuna e falando doutras cousas, pese á advertencia, pese á advertencia e de cortarlle a palabra, no, síntoo. Sr. Jácome, posicionamiento sobre a moción. A favor. Nós vamos a votar a favor. Partido Popular. Bueno, despois, si, despois, si, efectivamente, veña. Sra. Arévalo Gómez.- Bueno. A verdade é que é unha pena que non estea a Presidenta, Sr. Vicepresidente, porque eu case me quería dirixir máis a ela que a vostede, pero fareino despois, se mo permite, en Rogos e preguntas. Basicamente, eu teño aquí un argumentario de, teño aquí un argumentario do que está a facer a Xunta de Galicia dende o ano 14 que empezou este problema da vespa velutina, pero que, creo que non o vou a ler, porque xa vexo que … Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Agradécese, agradécese. Sra. Arévalo Gómez.- O menos que lle interesa ó Partido Socialista, o menos que lle interesa é a vespa velutina, porque xa se ve como consume o tempo o Sr. Santos Héctor, que unha vez máis, pois, ten que facer alusións ó Presidente anterior desta casa para poder ter argumentos para falar desta, a este grupo … Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Arévalo cíñase á moción. Sra. Arévalo Gómez.- Me vou a ceñir, Sr. Vicepresidente, me vou a ceñir e lle digo que, evidentemente, senón hai silencio o leo enteiro, como queira, senón hai silencio o leo enteiro, teño tempo para iso. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- É unha amenaza, é unha amenaza dura, pero bueno, haberá que aguantala. Sra. Arévalo Gómez.- No, porque, eu pido silencio, pido silencio, pido respecto, ¿non?. Entón lle dicía, Sr. Mosquera, que aquí hai un argumentario claro do que está facendo a Xunta de Galicia dende o ano 14. Pero, claro, o Partido Socialista, pois, que ten que encher o contido deste pleno, porque é lamentable que teñamos un pleno que soamente ten un punto na Orde do día de cuestións de traballo deste grupo de goberno, o único punto da Orde do día que é a cesión, … Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Por favor, cíñase, por favor, cíñase á moción. Sra. Arévalo Gómez.- A cesión de competencias do concello de Pontecesures. E por iso ten que traer esta moción da vespa velutina que, como lle dicía, pois, desde hai, pois, catro ou cinco meses que se está debatendo nos concellos, o que está a facer a Xunta de Galicia pola vespa asiática, e que está isto fóra de tempo, por iso, como comprendemos a preocupación da súa falta de entrega de traballo desta casa, … Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Por favor, por favor, rógase silencio. Sra. Arévalo Gómez.- … que tiñan que encher coa vespa velutina a Orde do día deste Pleno, pois, sinceramente, creo que este é o argumentario que temos, se queren llo entrego para que conste en acta, senón o leo enteiro, porque a verdade é que é bastante largo, pero sería unha forma de demostrar que a vostedes é o último que lle importa hoxe falar aquí, da vespa velutina, senón que o Sr. Louzán, como sempre é o que ocupa as súas mentes perversas e as súas cabezas. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas Sra. Arévalo. E agradecémoslle, agradézolle persoalmente moito que non nos lea, a pesar de que supoño, supoño que o gabinete da Xunta que fixo o traballo, pois agora, bueno, non quedará satisfeito, pero incorpórase á acta, entrégaa como documentación. ARGUMENTARIO DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) EN RELACIÓN COA PRAGA DA VESPA VELUTINA A Xunta de Galicia actuou e actúa en colaboración co sector apícola de Galicia, e xa está en marcha dende febreiro de 2014 un Programa de vixilancia e control da avespa velutina en Galicia. O dito programa foi distribuído ás asociacións apícolas previamente á súa posta en funcionamento, co fin de ter en conta as súas achegas e observacións. Nese mesmo documento, contémplase a posibilidade de intervención das asociacións apícolas no asesoramento a apicultores e poboación en xeral, e actuacións dos propios apicultores nas tarefas de recollida de exemplares mediante trampeo ou de eliminación de niños. Por outra banda, a Consellería do Medio Rural celebrou coas asociacións apícolas dúas reunións, co obxecto de explicarlles o operativo deseñado e recoller as súas observacións e opinións e está prevista en breve prazo unha próxima reunión informativa e de coordinación co sector apícola. A finalidade última do Programa de vixilancia e control da vespa velutina, tendo en conta a dificultade da súa completa erradicación e os resultados obtidos noutros territorios onde se estendeu o insecto, é fundamentalmente mitigar a incidencia no sector apícola e tamén noutros eidos, principalmente a seguridade cidadán ou as repercusións negativas noutros sectores como o froitícola. Por outra banda, no marco do Programa Nacional Apícola, as asociacións de apicultores reciben da Consellería de Medio Rural axudas para a contratación de veterinarios e técnicos apícolas, estando especificamente contempladas entre as súas funcións o asesoramento en relación á vespa velutina. As actuacións contempladas no Programa de vixilancia e control da vespa velutina en Galicia concrétanse fundamentalmente en: • Colocación de trampas para vixilancia entomolóxica, a través das que se pretende detectar a presenza do insecto en zonas nas que non se localizaron niños. As trampas colócanse segundo unha distribución en cuadrículas, asegurando unha malla representativa, recolléndose os insectos cada 15 días. O número de trampas colocadas nesta vixilancia é de 14. • Establecemento dun sistema centralizado de recollida de avisos da presenza de niños ou de vespas, a través do teléfono de atención ao cidadán, 012. Por esta vía, e ata o 5 de outubro, durante o ano 2015 recibíronse 5.335 avisos relacionados con este insecto. Hai que ter en conta que unha parte dos avisos recibidos finalmente non corresponden a niños de vespa velutina. • Sistema de retirada de niños, en colaboración con correspondentes medios de emerxencias, cando é necesario. Recibido o correspondente aviso, a sistemática a seguir é a seguinte: - Contáctase co comunicante, para tentar dilucidar se se trata dun niño de vespa velutina, ou doutra especie de insecto. Cando é posible, esta comprobación realízase mediante imaxes enviadas polo propio comunicante. Senón é posible a comprobación por esta vía, visítase a localización. - No caso de verificarse que se trata dun niño de vespa velutina, e se a localización o permite, retírase ou inactívase con insecticida mediante persoal propio. - Se a localización non permite a retirada directa con persoal propio, solicítase o apoio dos correspondentes medios de emerxencias (protección civil, Grupos de Emerxencia Supramunicipais –GES-, bombeiros…), organizándose o operativo de retirada en función da súa dispoñibilidade. Mediante este operativo, durante o ano 2015, e ata o 5 de outubro, retiráronse ou inactiváronse un total de 2.378 niños. • Trampeo para a captura de raíñas fundadoras das vespas en primavera. No mes de febreiro e marzo de 2015 entregáronse 1.300 trampas e 1.300 envases de líquido atraente aos apicultores dos concellos nos que se detectaran niños en 2014, co obxecto de que as colocaran preto dos seus colmeares e capturar raíñas do insecto despois da súa hibernación e antes de que formaran os niños. Ademais, a Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante medios propios, colocou máis de 100 trampas adicionais nas zonas onde se detectaran máis niños, co idéntico fin. Considérase que froito deste trampeo foron eliminadas arredor de 3.000 raíñas fundadoras, o que supuxo a eliminación doutros tantos niños no entorno durante a presente tempada. Ademais, mediante as trampas colocadas recóllense tamén obreiras de vespa velutina, minimizándose o impacto sobre os colmeares. Só nos trampeos realizados pola Consellería do Medio Rural e do Mar no ano 2015, e ata o 5 de outubro, recolléronse un total de 74.638 exemplares de vespa velutina. • Trampeo para a captura de raíñas fundadoras en outono. No mes de setembro comezou o reparto doutras 1.500 trampas e 1.500 envases de líquido atraente aos apicultores dos concellos nos que se detectaron niños no ano 2015, e que non recibiran trampas no trampeo de primavera, para a súa colocación nas proximidades dos seus colmeares. Este trampeo, que se estenderá ata o 15 de decembro, pretende recoller novas raíñas que abandonan os niños antes da hibernación. A Consellería do Medio Rural, ademais, manterá as trampas colocadas no trampeo de primavera. Cada raíña capturada pode representar un niño menos na tempada do ano que vén. • Outras actuacións. A Consellería do Medio Rural e do Mar elaborou un folleto informativo sobre a vespa velutina, do que se distribuíron 5.000 exemplares (e que está dispoñible na web da Xunta), e que se fixo chegar a todos os apicultores, estando tamén a disposición dos cidadáns nas Oficinas Agrarias Comarcais. O tríptico, que inclúe información sobre o insecto, as actuacións en caso de avistamento de niños, e os sistemas de retirada destes, foi enviado tamén á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, para a distribución entre o seu persoal, e a outras unidades da Xunta de Galicia. Ademais, elaborouse información gráfica sobre a diferenciación morfolóxica entre a vespa velutina e a vespa autóctona (vespa crabro), sobre a construción de trampas artesanais para captura de vespa velutina, e sobre o protocolo de captura de raíñas de vespa velutina, que foron postos a disposición dos apicultores na web da Consellería do Medio Rural, e tamén a través de todas as Oficinas agrarias comarcais. Por outra banda, actualmente estase abordando a liña de promover a investigación en relación á bioloxía do insecto e os seus métodos de control. Desde o punto de vista da aplicación de novas liñas de actuación, existe un permanente contacto con técnicos especialistas en Galicia, noutras rexións do Estado e noutros países, fundamentalmente Francia, que están a sufrir a colonización deste insecto. A Xunta de Galicia é totalmente receptiva á avaliación de novos sistemas de eliminación deste insecto que demostren a súa eficacia e sexan adecuados desde o punto de vista medioambiental e da súa aplicación práctica. De igual xeito, a Xunta de Galicia aposta decididamente pola investigación técnico-científica (estudos sobre uso de feromonas selectivas como método de captura, uso de produtos que interfiran no ciclo biolóxico, uso de cebos selectivos que minimicen os efectos sobre o resto da entomofauna e sexan respectuosos medioambientalmente … etc.) que poida achegar novos coñecementos e métodos de loita máis efectivos fronte a este insecto, estando en valoración os mecanismos para promover as ditas liñas de investigación. A este respecto, no marco do Programa Nacional Apícola, actualmente, está en tramitación unha orde do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que establece subvencións para a realización de proxectos de investigación aplicada no sector apícola, sinalándose como prioritarias entre as áreas temáticas específicas de investigación a de novos desenvolvementos para limitar os efectos da invasión da vespa asiática. Os beneficiarios destas axudas son as agrupacións apícolas, que deben figurar como promotores dos proxectos e desenvolver os mesmos en colaboración con centros de investigación públicos ou privados. Finalmente, está previsto convocar proximamente varias reunións para mellorar a coordinación entre as diferentes unidades que interveñen no Programa de vixilancia e control: Consellería do Medio Rural, Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Dirección Xeral de Emerxencias e FEGAMP. Así mesmo, a Consellería do Medio Rural ten previsto propoñer a creación dun Comité de seguimento da problemática da vespa velutina, no que se integrarían as unidades sinaladas, máis os representantes das asociacións apícolas e expertos entomólogos que poidan asesorar tecnicamente en relación a novas medidas a implantar. En canto aos datos de produción de mel, en 2014 foron superiores aos acadados en 2013, seguramente debido a factores propios da produción apícola como o nivel de floración, as temperaturas, etc. En todo caso, está previsto realizar unha nova valoración global ao finalizar o ano 2015, tanto en termos de número de colmeas activas, como en datos de produción apícola, con especial atención nas zonas de maior afectación constatada ata a data.” Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben. Pois, a nós, o Grupo Provincial Socialista, se achegou a Asociación galega de apicultores onde veñen a denunciar que eles consideran que xa se ten convertido nunha verdadeira praga o problema da presenza na nosa provincia da coñecida como vespa asiática ou vespa velutina. Foi en 2004 cando chegou a Europa, dicen que, posiblemente, a través do porto de Burdeos e, a verdade, que esta situación vénse conferindo nun verdadeiro quebradeiro de cabeza para, non só os apicultores, senón para todos por os efectos que agora destacarei, destacarei. É esta especie altamente agresiva e invasora, ataca á vespa natural de Galicia, pero tamén a outros insectos. Ademais, causa importantes danos en plantacións e frutais, porque provoca un efecto moi pernicioso noutros polinizadores naturais provocando problemas nos ciclos naturais das plantas e árbores, é dicir, non só un problema no que son os propios apicultores senón no que é toda a nosa flora e fauna. Pero, ademais, esta vespa, parece ser que se adapta ó medio da costa Atlántica, e, dende logo, nós entendemos que a Xunta de Galicia cometeu un erro, no inicio da, cando aparece esta praga, esta avespa, que non declarala como praga. Hoxe, o que se fixo foi contratar á empresa de Tragsatec para a retirada de niños, pero, tamén, en moitos casos non se fixo cos protocolos adecuados. De feito os propios responsables do goberno autónomo, xa recoñeceron no Parlamento que a velutina xa está estendida na totalidade das provincias, e que o plan posto en marcha en 2013 fracasou, porque agora mesmo vemos que a súa presenza está estendida practicamente por todo Galicia, con menor incidencia en Ourense, pero si que realmente cunha gran incidencia na nosa provincia de Pontevedra. Este é o mapa actual da velutina neste ano 2015, pero tamén a preocupación é moito maior porque se isto non se atalla en moi pouco tempo o mapa se converterá en este, é dicir, máis da metade de Galicia estará afectada por esta praga. E dende a Asociación galega de apicultores demándase unha actuación decidida de todas as administracións implicadas, coa dotación económica, e cun plan real de loita contra a amenaza da velutina. É certo, que estes días estamos a ver como dende a administración autonómica se están a repartir traxes para combater esta praga, para poder retirar os niños, hoxe creo que o facían nalgún concello, e o veñen facendo, o cal quere dicir que lle está preocupando esta situación. Por iso o Grupo Provincial Socialista formulamos os seguintes acordos para a súa aprobación pola corporación da Deputación Provincial de Pontevedra: o primeiro, demandar do Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación, a declaración de praga a presenza da vespa velutina en Galicia; punto dous, instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha un verdadeiro plan de loita contra a praga da velutina, coordinando coa totalidade das administracións implicadas; e terceiro, trasladar este acordo ó Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura, Alimentación e tamén á Xunta de Galicia. Moitas gracias, Presidente. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas Sr. Santos Héctor. Procedemos, polo tanto, á votación da moción do punto oito da Orde do día. ¿Votos en contra?, non hai. ¿Abstencións?, 12. ¿Votos a favor?, 13, non, 14, 14. Bueno, si, falta a Presidenta e máis falta, 13, si, falta un, e 11, ¿non?, 11 a favor e 13 en contra, ¿non?, creo que si, bueno. Ben, pois rematado este punto … Visto o ditame da Comisión Informativa do Medio e Desenvolvemento Sostible, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e coas abstencións do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista (PSdeG-PSOE) en relación coa posta en marcha dun plan de loita contra a vespa velutina. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ao Pleno, sobre a vespa velutina: A Asociación Galega de Apicultores veñen de denunciar o que eles consideran que xa se ten convertido nunha verdadeira praga como é a presenza na nosa provincia da coñecida como vespa asiática ou vespa velutina. Dende 2004 que a velutina chegou a Europa, parece ser ó través do porto francés de Burdeos, a situación foi conferíndose nun verdadeiro quebrádeo de cabeza para os apicultores. Esta especie, altamente agresiva e invasora, ataca á vespa natural de Galicia e a outros insectos, ademais de causar importantes danos en plantacións e frutais. Provoca un efecto moi pernicioso noutros polinizadores naturais provocando problemas nos ciclos naturais das plantas e árbores. Demais sinala que esta vespa encontrou no clima atlántico a súa mellor localización para a súa propagación, gracias á humidade e ás temperaturas suaves. Os apicultores galegos consideran que a resposta do Ministerio e da Xunta de Galicia foi tibia no que respecta á presenza da velutina. O primeiro erro é o máis fundamental foi non declarar a presenza de vespa asiática como unha praga. A Xunta só se limitou a contratar á empresa Tragsatec para a retirada de niños e segundo denuncia a AGA, incumprindo en moitos casos o protocolo de actuación e acumulando múltiples queixas e retrasos na súa actuación. De feito os propios responsables do goberno autónomo xa recoñeceron no Parlamento de Galicia que o seu plan de control, posto en marcha en 2013, fracasou porque a presenza da velutina xa está estendida na totalidade das provincias, con menor incidencia en Ourense. A extensión xa é de tal calibre que no ano 2015 se teñen eliminado o dobre dos niños que no ano 2014. Dende a Asociación Galega de Apicultores demándase unha actuación decidida de todas as administracións implicadas coa dotación económica dun plan real de loita contra a ameaza da velutina. Por todo elo o Grupo Socialista formula os seguintes acordos para a súa aprobación pola Corporación da Deputación Provincial de Pontevedra: 1º) Demandar do Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación a declaración de praga a presenza da vespa velutina en Galicia. 2º) Instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha un verdadeiro plan de loita contra a praga da velutina coordinándoo coa totalidade de administracións implicadas. 3º) Trasladar este acordo ao Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación e á Xunta de Galicia.” 9.6758.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO A APROBACIÓN DUNHAS BASES DE AXUDA ÓS DEPORTISTAS DA PROVINCIA QUE VAN A PARTICIPAR NAS OLIMPIADAS Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- ... Vamos ó punto nove. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando a aprobación dunhas bases de axudas ós deportistas da provincia que van a participar nas olimpíadas. Está ditaminado pola Comisión. Sr. Sotelo ten a palabra. Sr. Sotelo Villar.- Moi bos días, Sr. Presidente en funcións, señoras e señores deputados. Como todos sabemos, pois o ano 2016 é ano olímpico, e o Grupo Provincial do Partido Popular, con ánimo construtivo, e asumindo que estamos na oposición, pois presentamos esta moción. Creo que non digo nada novo si afirmo que as olimpíadas é o maior evento deportivo internacional de carácter multidisciplinario, e sirva como exemplo, pois que en Pekín 2008, pois, houbo 26 deportes, 36 disciplinas, 300 competicións, 204 países participantes, e 10.942 atletas, dos cales 8 eran da provincia de Pontevedra, e nas paraolimpíadas houbo 2 pontevedreses. Por elo, creo que, creemos dende o noso grupo, que os xogos olímpicos son a principal competición do mundo deportivo. Teño aquí unhas notas para facer uns trazos da historia destas olimpíadas, pero bueno, en todo caso, dicir que no século XIX foi o Barón de Coubertin quen fundou o COI, Comité Olímpico Internacional no 1894, COI que coordina, pois, todo o movemento olímpico con esa Carta olímpica onde se define, pois, a súa estrutura e a autoridade. E, tamén me gustaría ter unha pequena referencia pois ó ano 1960 onde en Roma, pois, participaron por primeira vez os paraolímpicos. Pero, xa centrándonos na moción, moi brevemente, dicir que, nos últimos xogos, tanto en Pekín, como en Londres, a Deputación elaborou unhas bases para axudar ós deportistas olímpicos da nosa provincia, creo que a cosecha foi importante, ademais desas medallas de David Cal que é o máximo expoñente do olimpismo do Estado, do Estado español, e as medallas de Antón Paz, de Chano Rodríguez, de Pablo Cimadevila, como paraolímpicos, de Fernando Echávarri, Carlos Pérez, de Tamara Echegoyen, en definitiva, creo que como dicía, a cosecha foi importante e creo, modestamente, que algo tivo que ver, tamén, as axudas desta institución, xa quixeran moitos estados de moita maior poboación, de moitos maiores medios, pois, obter os resultados que obtiveron os nosos deportistas, os deportistas da provincia de Pontevedra. Pero non son só as medallas, creo que participar nuns Xogos olímpicos xa é todo un éxito. Refería antes, pois no ano 2008 en Pekín, pois, David Cal, Carlos Pérez, Teresa Portela, Tamara Valde, David Gómez, Fernando Echávarri, Antón Paz, Santi Pérez, os paraolímpicos Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez, en definitiva, como dicía antes, creo que os éxitos están aí só con participar. Na última convocatoria, pois, Begoña Fernández, David Cal, Teresa Portela, Beatriz Gómez, Tamara Echegoyen, e os paraolímpicos, aínda que aí figura Pablo Cimadevila como olímpico é paraolímpico, Pablo Cimadevila, Chano Rodríguez, Juan Saavedra e Gustavo Neves. En definitiva, bueno, creo que estamos, moi brevemente, estamos a catro meses de que se inauguren eses Xogos olímpicos de Río, entre o 7 e o 21 se van a celebrar, e dende o Grupo Provincial do Partido Popular entendemos que sería necesario que se renovara ese apoio económico e, tamén, ese apoio institucional ós deportistas, que algúns deles, aínda á data de hoxe, non saben quen van a ser, pero nos próximos días si se ten que cerrar esa participación. Creemos que é de xustiza recoñecer a súa labor, o seu esforzo, pois, ademais desa importante proxección que supón para a nosa provincia, tamén, entendemos que é un exemplo importante para os deportistas, pero, tamén, para a xente máis xoven, para os nosos mozos e mozas. E o que propoñemos, pois é instar á Deputación de Pontevedra a que se aproben unhas bases de axuda a estes deportistas olímpicos e paraolímpicos que van a participar neses xogos de Río. Nada máis, Sr. Presidente. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas Sr. Sotelo. Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Moi brevemente. Parécenos un acordo perfectamente razoable e, por suposto, imos votar a favor. Grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señora, grazas. Sra. Besada Lores.- Si. Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Fai un momentiño un deputado do Partido Popular pedía un pouquiño de rigor, que foramos un pouquiño rigurosos e, realmente, as mocións que vostedes presentan en esta institución de rigor non teñen nada. Porque nos reclamen con esta moción que aprobemos unhas bases de axuda ós deportistas olímpicos e paraolímpicos para financiar os gastos de preparación e de participación nos Xogos de Río 2016 a catro meses de que se inicien as olimpíadas é estraño, é moi estraño, que se acorden vostedes que abonemos estes gastos cando xa se están a preparar, pero para irse xa a Río. ¿Saben cando teríamos que aprobar estas bases para que realmente cumprisen o obxectivo que pretenden co pago da preparación?. Pois, exactamente fai un ano. E, ¿saben quen gobernaban naquel entonces, non?. Claro que si o saben, fai un ano PP, co Sr. Louzán, tería que aprobar as bases para darlles ós deportistas a opción de prepararse con tranquilidade ó longo do 2015, sabendo que tiñan unha axuda económica. Fai un ano que tiñan que aprobar unhas bases exactamente iguais ás que se prepararon para os Xogos de Londres. Porque, ¿saben vostedes cando aprobaron as bases para a preparación de Londres 2012?. Bases para as axudas para preparación e participación en Londres 2012, aprobadas o 27 de abril de 2011, un ano despois, un ano e dous meses antes de que empezasen as Olimpíadas. ¿Por que non fixeron o mesmo con Río 2016?. ¿Por que non aprobaron vostedes as bases que solicitan agora no 2015?. Vostedes son os que terían que aprobar esas bases, consignar ese diñeiro. E, ¿saben por que non o fixeron?, ¿verdade?, aínda así, dígollo, no fixeron porque querían gañar as eleccións, e claro, o Sr. Louzán en ano electoral ó que se dedicou foi a inchar ós alcaldes do PP para gañar votos, e, claro, esqueceuse de que tiñamos ós nosos deportistas preparándose para as Olimpíadas. Nese momento pouco ou nada lles importaban os deportistas de Río, nin a Louzán nin os deputados e deputadas que hoxe seguen sentadas nesa bancada. Expliquen por que un goberno que outorgou axudas en Londres non caeu na conta que eran necesarias para Río. ¿Poden explicalo?. Non creo. Porque encima van e perden as eleccións en maio de 2015, perden vostedes as eleccións, perden a Deputación, e que máis dá, e que máis dan xa os deportistas, que se coma o marrón o novo goberno, e veña, a seguir asinando convenios con goberno en funcións, de obras de reparación de campos de fútbol, de proxectos mal redactados, acordáronse de todos os concellos gobernados polo PP, pero esquenceron ós deportistas de Río, esquecéronse que necesitaban esas axudas e non aprobaron as bases nin usaron os fondos de libre disposición para garantirlle axudas para a preparación. Porque, fíxense, en Londres 2012 as bases aprobáronse en abril, e as axudas concedéronse en outubro, nove meses antes de que empezasen as Olimpíadas, con tempo para que puidesen desenvolver a preparación para a que se aprobaran as axudas. Pero claro, no 2015 había outros sitios máis interesantes onde gastar o diñeiro público, demasiadas estradas para asfaltar antes das eleccións, demasiados favores, demasiados convenios de última hora, así que vostedes decidiron deixar tirados ós nosos olímpicos, ¿saben cal foi o seu argumento para facelo?. Dígollo, teoría do Partido Popular cos olímpicos, si facemos unhas bases teremos un crédito, reteremos un crédito e agora o importante é gañar as eleccións, máis adiante xa lle pagaremos coa libre disposición do ano 2016, porque iso señores deputados e deputadas foi exactamente o que fixeron en Pekín 2008, si señores, de novo eleccións municipais no ano 2007, e de novo esquecéronse de aprobar en tempo e forma unhas bases para a preparación dos deportistas olímpicos, e recorren á libre disposición do Presidente para darlle premios á participación a través de resolución presidencial, téñoa aquí tamén, leo textual, “Resolvo aprobar e resolver o abono de premio para a preparación e participación nas Olimpíadas de Pekín 2008”, ¡que bonito!, e vaia, aprobado o 27 de agosto de 2008 coas Olimpíadas xa finalizadas, curioso, ¿non?, non foron necesarias unhas bases. Resulta que agora o mesmo partido político sentado na oposición, con Louzán como asesor, que despois din que soñamos con el, pero é que o teñen de asesor, considera inescusable que haxa unhas bases para a preparación dos deportistas, mentres que no ano 2008 que crían conveniente é dar premios por participar unha vez finalizados os xogos, isto é o que tiñan pensando facer en Río, pagarlle premios ós olímpicos con cargo a libre disposición do Presidente no ano 2016, e así terían disponibilidade total no orzamento para gastar para as eleccións. E, agora esíxennos unhas bases. Vaia criterio político, si señores, a súa firmeza política ten a consistencia da xelatina e o cheiro da podremia. Porque é tan miserable a súa actitude que sabendo que non destinaron nada o ano pasado para a preparación, nin sequera deixaron fondos para iso na libre disposición do Presidente, e veñen agora, tarde, mal e a rastro a esixir, a esixir que lles axudemos. Esgotaron todo, esgotaron toda a libre disposición, esgotaron todas as partidas de deportes, deixáronnos coas mans atadas para reaccionar sen posibilidades de acción para financiar a súa preparación no ano 2015. Son vostedes os que os deixaron tirados. Non pretendan de novo enganar á xente. E despois do feito, encima, con total e absoluto desprezo e deslealdade, despois de habelos deixado tirados veñen a esixirnos aquí, repito, tarde, mal e a rastro, que aprobemos unhas bases que terían que facer vostedes. Pretenden vostedes que aprobemos unhas bases para o pago dunha formación que non poderá acreditarse, ¿como xustificamos unha subvención do ano 2016 cunha actividade desenvolvida no ano 2015?. A súa forma de facer política é de traca. Pero, non se preocupen, desde o mesmo día en que chegamos a esta administración xa estivemos traballando e vendo como podíamos corrixir esta inxustiza, porque desde o primeiro día advertíronnos que os deportistas de Río non estaban a recibir a axuda que necesitaban, e que xa non estabamos en tempo formal e legal de concederlla, por unha decisión inxusta e arbitraria do Sr. Louzán e o seu equipo. E, buscamos alternativas, alternativas que dentro da legalidade nos permitan colaborar activamente cos deportistas de Río, con transparencia e equidade. Os deportistas pontevedreses de alto nivel terán a oportunidade de recibir unha axuda por parte da Deputación de Pontevedra a través das bases de actividades extraordinarias que estará dotada con 300.000 euros ós que se sumaran outros 50.000 euros máis, para poder darlle ós deportistas olímpicos todo o apoio loxístico e de promoción que necesitan, 350.000 euros destinados á elite do noso deporte. Porque no único de acordo con vostedes na súa moción que é de xustiza recoñecer o seu labor e o seu esforzo. Pero, ¿saben que?, sento unha inmensa rabia só de pensar que algunha nova promesa quedouse polo camiño porque vostedes decidisen non aprobar estas bases a principios do 2015. Que algún mozo deportista quedouse sen posibilidades económicas para continuar coa súa preparación, porque vostedes preferiron arriscar a carreira de moitos dos nosos posibles olímpicos para captar votos co diñeiro público antes das eleccións. No pleno pasado dicíalles que sentía vergoña ó ler as súas mocións, hoxe repítollo, pero, tamén interpelo ós deputados e deputadas que non participan na redacción destes textos, ¿non lles dá a vostedes vergoña, tamén?. Xa vexo que a algúns si, que non son nin capaces de levantar a vista cando lles preguntan. Pero, non se preocupen, estamos a arranxar todas as súas miserias e reparando todas as súas torpezas. Teñan por seguro que os olímpicos terán a axuda que necesitan e non será nin grazas a vostedes nin ás súas extemporáneas mocións. Moitas gracias Sr. Vicepresidente. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas Sra. Besada. Traía ben cronometrada a intervención. A ver, eu, quería, digo, por aclaralo, ou sexa, vai haber axudas, pero non mediante bases. Sra. Besada. Vai haber axudas pero non mediante bases porque non dá tempo nin é o período razoable. Sra. Besada Lores.- 350.000 euros, Vicepresidente. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Bueno. Eu digo o que hai, digo si se quita agora á altura de abril, mentres se quitan, digo se hai algunha posibilidade, algunha posibilidade de encontro, senón, pois, procedemos a votar ou non votar ou que sexa. Eu de todas maneiras quería facer, digo por distender un pouco, que no regulamento non poñamos por tempo, poñamos, cando un se repita, ou unha, ou fale de algo que non sexa a moción, ¡tras!, que haxa un automático que corte e xa está, seguro que facíamos os plenos extraordinarios, moito mellores que os actuais. Sr. Sotelo, para pechar. Sr. Sotelo Villar.- Bueno. A verdade é que me sinto, como solen dicir algúns, abraiado, ¡eh!, porque ata os chistes a Sra. Deputada parece que os trae escritos, abraiado, abraiado. Mire, eu xa sei Sra. Deputada que vostede é unha ganadora nata, ganadora nata da medalla de bronce polo que me din aquí sempre nas eleccións municipais. Que fale do Sr. Louzán que aprobou, bueno, home, por favor, mire, o Sr. Louzán foi o primeiro Presidente da Deputación de Pontevedra, por primeira vez, porque nesa si participei eu, ¡eh!, non nas de Londres, pero si nas de Pekín, cando se fixeron por primeira vez, por primeira vez, as primeiras bases para os deportistas olímpicos. Dende logo, hombre, que pretendan darnos leccións neste tema, pois a verdade, alá vostede, alá vostede, se alguén o cree, o certo é que as nosas iniciativas, do cal nos alegramos, ¡eh!, eu particularmente me alegro de que nos diga aquí de que, bueno, van a incluír unha modificación máis de crédito, 50.000 euros, para estes deportistas, foi o que dixo aquí. Eu me alegro, porque no fondo é o que perseguíamos, ó igual que foi coas escolas deportivas, ó igual coa Copa Deputación, no fondo, aínda que voten en contra, particularmente llo digo e sen acritude, me alegro, porque ó final o Partido Popular, o Grupo Provincial do Partido Popular está conseguindo, aínda que logo, pois, desvardalla aí do que quere, podíanos falar de ovnis, tamén, pero bueno, estamos a falar dos deportistas olímpicos. O certo, e xa para non estenderme máis, bueno, que van a facer, parece ser, unha modificación de crédito máis, para meter 50.000 euros para estes deportistas, do cal nos alegramos, pero nós o que propoñemos é que se inste á Deputación de Pontevedra a que aprobe unhas bases de axudas, para que todos sepamos a quen se lle dá e que haxa uns baremos, ¡eh!, o cal, pois, insisto, aínda que voten en contra, pois nos alegramos, porque ó final conseguimos, pois, o que pretendiamos, que se recoñezan os éxitos dos nosos deportistas, que se recoñezan. Porque mire, Sra. Deputada, os gastos, os gastos deses deportistas están financiados polas federacións, esta é unha achega como premio, como mérito a eses deportistas que van a ir, os gastos, non son para pagar os gastos, obviamente nos meses anteriores a esas probas, pois hai uns gastos extras, estes deportistas teñen uns gastos extras e é no que colabora a Deputación, ou no que colaborou, porque insisto, foi o Sr. Louzán quen puxo por primeira vez, sendo quen lles fala deputado, por primeira vez, unhas bases, unhas axudas para os deportistas. Seguramente, despois votarán en contra, votarán en contra, pero seguramente despois, pois farán a foto, como algúns fixeron, e podiamos recordar certos episodios pasados os cales eu vivín en vivo e en directo. Nada máis. De todas formas, moitas gracias, porque nos dan a razón. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Simplemente, para que non haxa dúbidas, non se vai facer ningunha modificación de crédito, xa se aprobou no anterior pleno eses cartos a maiores para apoiar ós deportistas de elite, ós nosos olímpicos, simplemente, para que quede claro, porque igual houbo un mal entendido, para que non haxa males entendidos, xa están eses cartos contabilizados e aprobados na anterior modificación de crédito. Sen máis, pasamos a votar a moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando a aprobación dunhas bases de axuda ós deportistas da provincia que van a participar nas Olimpíadas. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada por 13 votos a favor e 14 en contra. Sra. Presidenta.- Finalizada a parte resolutiva do pleno, pasamos a parte de información e control. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, e cos votos a favor do PP e de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando a aprobación dunhas bases de axuda ós deportistas da provincia que van a participar nas olimpíadas. b) Parte de información e control: 10.6759.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DO MES DE FEBREIRO DE 2016 Sra. Presidenta.- No punto 10. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores do mes de febreiro de 2016. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de febreiro de 2016 que se expón a continuación: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES FEBREIRO 2015 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Febreiro -12,5180574968 2.697.754,05 57,3734361062 263.479,37 -6,2993762613 Escola de Enfermería Febreiro -21,1646770697 2.988,88 0,0000000000 0,00 -21,1646770697 Consorcio de Incendios e Salvamento Febreiro -10,2696180264 518.460,92 0,0000000000 0,00 -10,2696180264 TOTAL 3.219.203,85 263.479,37 -6,9031767408 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de febreiro 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril de Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 11.6750.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 11. Dar conta das Resolucións Presidenciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 23 de febreiro e o 28 de marzo de 2016 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 7 de marzo de 2016, designando representantes desta Deputación nos GDRs da provincia. C) De Resolución Presidencial, de data 21 de marzo de 2016, delegando as atribucións desta Presidencia, o día 30 de marzo, no Vicepresidente D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. 12.6761.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E, no punto 12, Rogos e Preguntas. Sra. Arévalo ten a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Si, moitas gracias. Bueno, en primeiro lugar, quero preguntarlle á Presidenta por que non recibe ós alcaldes dos concellos de Cotobade e de Cerdedo. Hoxe tivemos aquí unha representación dunha plataforma que si foi recibida por este goberno e, ós alcaldes, neste caso, afectados por esta plataforma que se formou, pediron unha entrevista con vostede o 23 de febreiro, pediron outra o 10 de marzo, e eu lles recordo que vostede dixo que estaría sempre ó lado dos 62 concellos. Estes concellos, estes alcaldes, queren reunirse con vostede. O Sr. Regades dicía na súa intervención que os alcaldes son representantes dos problemas dos concellos. Non entendo nada. Por iso lle rogo que reciba ós alcaldes de Cerdedo e Cotobade. Lle quero seguir facendo máis rogos Sra. Presidenta, porque a verdade é que o respecto, que é o que vostede tanto menciona e ó que tanto acude cando está contestándonos ás intervencións do grupo da oposición, é xustamente o que se olvida del en moitisimas ocasións. E lle quero recordar que vostede representa á Deputación de Pontevedra, representa a unha gran institución e ó final nos representa a todos e a todas, deputados desta casa. E, lle quero dicir, que vergoña allea é o que levo sentido nos últimos tempos, con todo o respecto llo digo, co que aconteceu, mire, en primeiro lugar, no concello de Baiona, esa escena que vostede provocou porque non entregaba a coroa que lle estaba invitando o alcalde a entregar senón que tiña que ser outra coroa. Vergoña allea volvín a sentir cando vin a vostede, a escena que formou en Vigo coas Ministras. Vostede é a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Sra. Presidenta da Deputación de Pontevedra, Sra. Carmela Silva, atenda ó que lle estou dicindo. Vergoña allea de ver como vostede non pensa en ningún momento a quen está representando, a unha provincia, en vez de ser noticia por todo o que está facendo, polo que están traballando, por todo o que esta Diputación vai conseguindo como antes, somos noticia, fomos moito tempo polos seus catro salarios que tiña, e fomos noticia nas redes sociais continuamente, a Deputación, a Presidenta, todo o que estaba cobrando. Pero hoxe, quizás sexa todavía máis triste cando encima vemos como ayer, a unha compañeira que está sentada ó meu lado, deputada, vostede que tanto presume de defender o feminismo, de estar en contra do machismo, que vostede dixo aquí no Pleno pasado, que teño a acta, que non lle pon calificativo a ninguén, lle rogo que de verdade o faga, porque quedou moi mal, moi mal que vostede diga o que dixo desa maneira, “estás amargada cariño”. Mire, nós non queremos que nos trate de cariño e menos despectivamente, queremos que nos respecte e sobre todo a unha muller, a unha concelleira e a unha deputada que representa ó concello de Vigo. Lle pido e lle rogo que lle pida disculpas e lle rogo o respecto para ela como se merece. Creo que os acontecementos dos últimos tempos, de Baiona, de Vigo, de Elena Muñoz no Pleno de Vigo … Sra. Presidenta.- Pero mire, non pode facer unha moción, faga o rogo rapidamente. Sra. Arévalo Gómez.- Remato xa, Presidenta, remato xa. Lle pido respecto para os deputados que estamos sentados nesta casa, lle pido e lle rogo que lle pida disculpas á Sra. Muñoz, polo tono e polas risas, ademais, que fixeron os seus compañeiros de goberno, que fan de corrillo, sempre detrás de vostede, e lle volvo a dicir que vergoña allea é sinceramente o que sentín. Sra. Presidenta.- Sra. Arévalo, lle vou a retirar a palabra porque ten que facer un rogo. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias. Sra. Presidenta.- Moi ben, lle vou a contestar a todas as preguntas. Mire, primeiro, é difícil ter respecto a quen non se fai respectar, a quen usa sempre a descalificación e a confrontación, quen cre que a política é un campo de batalla, como vostede Sra. Arévalo, e a Sra. Muñoz tamén, non somentes aquí, senón tamén no concello de Vigo practican ese modelo, que é un modelo triste, é un modelo que mancha a actuación política, e, polo tanto, é difícil facelo, eu teño que facer enormes esforzos para manter a paciencia e a serenidade frente a ataques, insultos gravísimos, de xente do Partido Popular, pero tamén é certo, soamente se intenta atacar con tanta dureza a quen se teme moito politicamente. Eu entendo que vostedes me temen politicamente, pero non teñen por que facelo, de verdade, xa llo dixen ó seu compañeiro deputado, que non teñan problemas, que non me vou a presentar ás eleccións autonómicas, polo tanto, os tiros os vaian dirixindo a outro lugar. É absolutamente vergonzoso que vostede me pida hoxe aquí que eu retire o que lle dixen no Pleno do concello de Vigo, nun comentario ademais sonrinte, sen ningunha intención de atacar a ninguén, e que vostede como Voceira do Grupo Popular, non teña aquí pedido disculpas en nome do Partido Popular polas gravísimas acusacións, insultos gravísimos, que o seu compañeiro de partido, concelleiro de Moraña, fixo, eso si que son insultos gravísimos. Pero miren, non o penso eu, o pensan membros que están sentados aí con vostede, pensan que vostede e a Sra. Muñoz non son capaces de ter posicións políticas razonables, serenas e baseadas no respecto, pensan que vostedes, continuamente, tanto unha como a outra, fan un modelo de política no que sempre están enfadadas, no que sempre falan moi alto e non dicen nada, que buscan o insulto a todos aqueles que están agora gobernando nesta Deputación, que faltan ó respecto gravemente e que ademais minten. Porque mire, hubo un diputado do seu partido que escribiu en facebook, subiu unha foto da Presidenta da Deputación, dicindo que a Presidenta da Deputación cobraba 4 salarios e que se ese era o modelo de política que merecía a sociedade, un deputado autonómico do seu partido. Claro, é gravísimo, ¿sabe por que?, porque un deputado que cobra un salario público debe saber que eso non é posible, porque a lei impide que se cobre máis de un salario. A lei permite que se poida ostentar máis de un cargo, o permite, pero non que se poida cobrar máis de un salario. E, polo tanto, esto aconteceu, e parece mentira que vostede aquí reproduzca unha mentira, porque vostede non o vai facer porque non ten a misma clase política, que o seu compañeiro deputado me pideu disculpas en facebook e en twiter, publicamente, por ter plantexado unha mentira, porque a lei, repito, impide que se cobre máis dun salario. Polo tanto, vostede hoxe aquí, unha vez máis, unha vez máis, forma parte desa forma de facer política en que intentando desprestixiar á xente cre vostede que vai ter algún rédito electoral e non ten ningún rédito electoral. Mire, no concello de Baiona non houbo ningún problema, tanto eu teño tan boa relación co concello de Baiona e co alcalde do concello de Baiona que quixo vir a presentar a esta Deputación A Arribada, porque a relación é, realmente, extraordinaria, de mutuo respecto. O que pasa é que vostedes oen campanas e non saben por onde soan, pero bueno, é tan ridículo este plantexamento que nin sequera vou a entrar en el. As Ministras en Vigo foi absolutamente vergonzosa a actitude que mantiveron en aquel acto porque, primeiro, estaban na cidade de Vigo, que ten un goberno local elixido polo 52% da cidadanía, 17 concelleiros, vostedes tiñan 13 e baixaron a 7, pero non se preocupen, ¡eh!, ante a actitude da súa Voceira no concello de Vigo eses 7 van a ser moitisimos en comparación cos que van a obter nos seguintes resultados electorais, porque ninguén en Vigo cre ó Partido Popular, porque ninguén en Vigo entende ó Partido Popular. O apoio do alcalde de Vigo e do goberno local é de tal magnitude que o alcalde de Vigo non pode nin saír á rúa, porque é parado continuamente para felicitalo pola súa xestión, iso o sabe todo o mundo. Bueno, vostede vive un pouco lonxe de Vigo, pero vaia de vez en cando por alí e pasee e o mirará, e o mirará. Iso si, lle aseguro que para os 7 concelleiros do Partido Popular en Vigo non mira ninguén, xustamente porque non teñen nin propostas alternativas, nin un proxecto político alternativo, e porque o único que fan é enfadarse, falar moi alto, perder os papeis, faltar continuamente á verdade, nos Plenos, eso o sabe todo o mundo en Vigo, polo tanto nada que decir. Esas Ministras tiñan que respectar donde estaban, estaban nun concello que ten un goberno con maioría absoluta, a maior maioría absoluta de toda España, e faltaron ó respecto, primeiro, porque foron elas as que plantexaron cal ía ser o protocolo. En primeiro lugar, que non ían hablar nese acto, que non se ía hablar, simplemente se ía a poñer a primeira pedra, e a Ministra de Emprego ademais de decirnos de que tiñan aumentado moitisimo as pensións, faltándolle ó respecto ós pensionistas que teñen perdido toda a capacidade adquisitiva co goberno do Partido Popular, estivo alí a facer propaganda, cando unha Ministra en funcións, eso si, se nega a ir a contestar preguntas de control e facer comparecencias no Congreso dos Deputados, porque están en funcións. Pero para vir a facer propaganda eso si que está disposta, e logo faltando gravemente ó respecto ó concello de Vigo, pois o que fixeron foi facer como se alí non estivera o goberno de Vigo. E quen aquí hoxe está falando como Presidenta da Deputación estaba en representación do Alcalde de Vigo. Pero, ¿sabe o que pasa?, é que todo o mundo, toda a cidadanía aplaudiu que defendéramos a Vigo, que foi o que fixemos. Polo tanto, o que teñen que facer as Ministras é pedirlle desculpas ó goberno de Vigo. E por último, non soamentes non lle vou pedir disculpas á Sra. Muñoz senón que me ratifico en cada unha das palabras que dixen, é máis, é máis, non lle admito a vostede que a min me esixa ningunha posición, porque eu non teño nada que defender, que son unha defensora da igualdade das mulleres, dos seus dereitos, o sabe todo o mundo dende toda a miña vida personal e política, todo o mundo, cuestión que seguramente a vostede, a vostede non se lle pode dicir, porque vostede tería que haber sido a primeira en saír dicindo que se avergonzaba do seu concelleiro de Moraña, que non vou a repetir aquí, porque me dá vergonza, dicir as palabras que me adicou, a Sra. Muñoz tampouco o fixo, e polo tanto, vostedes non teñen nada que decir. E con esto, remato esta intervención e remato estes rogos que vostede me facía. E, polo tanto, de verdade, eu lle pido Sra. Arévalo, non a min, non me faga caso a min, fágalle caso ós membros do seu grupo, da corporación, do Partido Popular, que lle dicen que cese neses ataques que vostede, continuamente, está facendo na súa forma de intervir, nos seus modos, de verdade, vostede está perdendo moito prestixio coa súa forma de facer política, fágame caso, escóiteos, teñen moitos anos estando na política, saben moito de como facer política, e llo dicen a vostede e vostede non os quere escoitar, non me escoite a min, escóiteos a eles. E, agora ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes, ten a palabra. Tiña vostede que montar o numerito, Sra. Arévalo, a vostede lle encantan os numeritos. É vostede a Voceira dos numeritos. Sr. Moldes ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Bos días. Quería facer dúas preguntas, neste caso, nos trasladan desde o concello, neste caso, de Cotobade, unha petición formulada e firmada por máis de 500 veciños, donde nos volven a solicitar, que xa se trouxo aquí, que, neste caso, que se adxudique de forma inmediata o que é a carretera de Almofrei a Xesteira. Logo como foi unha pregunta que nós fixemos aquí xa, e que parece que, neste caso o alcalde solicitou varias veces poder vir aquí a falar co deputado de área ou coa Presidenta para que se aclare isto, me parece que ten varios correos neste sentido, pois tamén queríamos acompañar, que hai unha petición formulada e firmada por máis de 500 veciños, onde piden que se axilice o máximo posible esa adxudicación. E xa para rematar, a segunda pregunta, despois do vivido fai un intre, que a Presidenta non estaba neste salón, cando o compañeiro, neste caso, Héctor Santos, atacaba un pouco ó compañeiro deputado e exalcalde de Cambados, decirlle que nos gustaría aclarar se eses ataques foron fortuitos ou é que neste caso está preocupado porque en poucos meses poida ser alcalde de Cambados, despois das relacións que existen nese cuatripartito. Nada máis. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Benítez, ten a palabra. Sr. Benítez Fernández.- Ben, bos días a todos e a todas. Sra. Presidenta.- Santos, por favor, non entre, non ve que eles queren montar numerito, non entre, por favor, llo …, non entre. Sr. Benítez a palabra é súa. Sr. Benítez Fernández.- Creo que, -é que non vou a estar a falar senón me atenden-, creo que do tema este, da obra esta xa se falou, xa tivemos un debate aquí e non vou a reproducir os argumentos que se deron desde esta bancada a respecto dese debate. A min non me constan ningunhas sinaturas, no departamento de Infraestruturas non chegaron ningunhas sinaturas, o que si e leo a prensa, teño por costumbre, con certos alcaldes do seu partido pois parece que se comunican comigo a través da prensa, entón, acostumo a ler a prensa para enterarme do que pasa. Pero, de verdade que, a min, a este deputado, nin o alcalde de Cotobade solicitou nunca unha reunión, e non nos chegaron os escritos, sei que pola prensa se anunciou que se ían a solicitar as sinaturas. Tal vez, ó mellor, chegaron a Presidencia, non o sei, e ó mellor aínda non se transmitiron ó departamento de Mobilidade. Pero, en todo caso, o que quero manifestar e aclarar que a min o alcalde non me solicitou ningunha reunión senón o atendería, como non podía ser menos. E o que quero sinalar é que, tamén os ritmos administrativos non os van a marcar as solicitudes de sinaturas, ¿non?, creo que xa falamos aquí, cando presentabades a moción, a problemática en cuestión de que non se contratara esa obra. Sr. Crespo Iglesias.- Si. En outubro do ano pasado aprobouse unha moción do Partido Popular, por unanimidade, relativa á promoción do leite galego, “galega 100%”. A pregunta é se se fixo algo nese sentido. E logo un rogo, que é que agora que se acercan os meses de verao e de primaveira, nas distintas actividades que faga esta Deputación, chámese A Lanzada, ou Príncipe Felipe ou o que sexa, que se poida meter nos distintos eventos deportivos ou culturais, algo desta promoción. Que se fixera senón se fixo. Gracias. Sra. Presidenta.- Tomamos conta do seu rogo Sr. Crespo, sobre todo agora que imos ter tantos problemas co leite en Galicia. Estamos á espera a ver de que fai a Xunta de Galicia. Hai unha enorme preocupación por parte dos gandeiros, porque vai a sobrar moita leite, en moitos casos pola inactividade da Xunta de Galicia, pois nós faremos a promoción que sexa necesaria, estamos a falar ademais coas cooperativas gandeiras, para ver de poñer en marcha proxectos que permitan facer frente a esa terrible situación, que pode levar á ruína a moitos gandeiros, polo tanto tomamos nota do seu prego. Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Unha pregunta, unha, fai, creo recordar, tres plenos, había efectuado tamén un rogo sobre o estado no que se atopa a estrada provincial 1003 Rodeira-Boubeta, no concello de Cangas. É certo que se me contestou dicindo de que se ían a solventar unha serie de problemas, en concreto o que é o pintado de dita estrada. Ata a data de hoxe, bueno, dicir que o mal estado é debido a unhas obras que executou no seu momento a empresa de gas, que deixou totalmente a parches esa estrada, en mal estado, e ademais está sin pintar. A data de hoxe a pesar desa contestación está sen pintar, aínda que o compromiso era que se volvera a asfaltar, iso por un lado. Polo tanto, o rogo é nese sentido, que se tomen as medidas pertinentes en canto, obviamente, á seguridade vial nesa estrada. E despois, tamén me gustaría que me contestaran se existe algún problema co convenio asinado no seu día co …ario, na parroquia de O Hío, e por que non se licita esa obra, se é que hai algún problema, pois que se solucione e senón que se licite. Son dous rogos en resumidas contas. Sra. Presidenta.- Vai contestar o Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- Respecto ó rogo que comentaba, que xa se falara aquí, creo lembrar, porque eu algunha virtude teño, pero teño un gran defecto que é que de memoria non son moi bo. Respecto a iso, se remitira ós servizos técnicos do servizo e me comentaran, creo lembrar, que si, que a empresa cometera o que lle correspondera, o que se lle esixira, en canto a esas obras, ou sexa que, esa información de que deixou mal aquilo habería que contrastala, creo que se lle enviara ó vixiante da estrada alí, e creo que a información que se me transmitiu a min fora que si. Respecto ó pintado, se estaba incluído ou non, non sei se se está referindo a un pintado xeral da estrada ou a cousas que se estragaron con esa obra que se fixo. Eu creo lembrar, non o cercioro aquí, que se me transmitira por parte dos técnicos que o comprometido pola empresa si que se acometera. Pero podemos, a raíz desta nova, se lle pode revisar e se lle transmite por escrito ó deputado se esto que estou dicindo eu é certo ou se falta algo por facer. E respecto á outra estrada sei que se está rematando o proxecto para poder sacar a licitación. Aí hai un convenio realizado pero non hai ningún proxecto, o proxecto está en fase de elaboración. Entón, en cuanto se teña o proxecto pois xa se licitará. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Benítez. Sr. Benítez, lle parece a vostede que faga algunha apreciación. Sr. Sotelo Villar.- O pintado non está feito, eu paso habitualmente por esa estrada e lle mandarei, me encargarei de facer as fotos e chas pasarei, e mesmo nun paso de peóns está cruzado coa zanja o cal resulta, evidentemente, perigoso. E no outro, teño que dicir que me consta que existe un proxecto, porque eu o vin fisicamente e mesmo esta institución o encargou a unha empresa allea, porque hai algúns proxectos que os facía o concello, pero neste caso no. De todas formas agradezo que se me conteste, se quer por escrito que non hai ningún problema. Sr. Benítez Fernández.- Non, eu o que quero comentar é que se os deputados da oposición coñecen máis que os deputados do goberno onde están os proxectos desta casa, desde logo, temos un problema. Sra. Presidenta.- Non debatamos. En todo caso, se hai algunha dúbida máis pois plantéxea vostede e se lle informará. Ben, pois non habendo máis puntos na orde do día se levanta a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición