ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2016-04-29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/3.2016-04-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016-04-29_Ordinaria

  • Data(s) 2016-04-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de abril do 2016 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e dez minutos do día vinte e nove de abril do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión, ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sra. Presidenta.- Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6762.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- No primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 1 de abril de 2016. ¿Algunha observación?. Queda aprobada por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 1 de abril de 2016. a) Parte resolutiva: 2.6763.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR E CONVENIO COLECTIVO EN MATERIA DE XORNADA LABORAL, VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS Sra. Presidenta.- Na parte resolutiva, no punto 2. Modificación do Acordo regulador e Convenio colectivo en materia de xornada laboral, vacacións, permisos e licencias. Para explicar esta modificación ten a palabra o Sr. López Font. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. Intentaré ser breve, porque creo que lo importante es el documento que se somete a la aprobación de este pleno, su contenido, que todos los diputados hemos leído, y en este documento es donde está la importancia. Presentamos una modificación que, ciertamente, puedo afirmar que nos llena de satisfacción. Es una modificación de jornada, horario, vacaciones y permisos, tanto para el personal funcionario, en el acuerdo regulador, como para el personal laboral, en el convenio colectivo. En primer lugar, es una adaptación de la norma de las sucesivas normativas que han ido, que se han ido publicando y, por lo tanto, tienen, insisto, un apartado de adaptación. Pero, principalmente, este documento es una apuesta por la conciliación familiar, por la conciliación familiar y por los derechos sociales de los trabajadores de esta Diputación. Engloba un conjunto de permisos y licencias, y horarios que posibilitan atender, y lo digo con contundencia, todas las necesidades familiares. Yo quiero expresar aquí en el pleno todo mi reconocimiento al conjunto de la representación laboral por las distintas reuniones que hemos tenido y, porque, ciertamente, todos hemos aportado y todos hemos cedido en algunos matices, para llegar a un documento que es un texto acordado por todos, y que en materia laboral un acuerdo entre todos, ciertamente, tiene su importancia. Y decía que cubre todas las necesidades familiares, pero adaptadas a las circunstancias actuales, normalmente siempre pensamos en los descendientes cuando hablamos de estos temas de conciliación familiar, pero también hemos abordado lo relativo a los ascendientes, a los mayores que son un motivo de preocupación, lógicamente, y de necesidad de volcarse para los trabajadores de esta Diputación. Se puede afirmar, sin lugar a dudas, que la Diputación se coloca a la cabeza de derechos en materia de conciliación familiar. Y digo que hemos tratado absolutamente todos aquellos aspectos y derechos de los funcionarios, pero también hemos hablado de los derechos que perdieron los funcionarios como consecuencia de los distintos recortes que se fueron instaurando y decidiendo por parte del Gobierno central, y que ahora, paradójicamente, y debe de ser la proximidad electoral, se van devolviendo poco a poco. Nosotros vamos a respectar la legalidad con respecto a este tema de los trabajadores y de los funcionarios, del conjunto de los empleados públicos, pero, en la medida en la que podamos, y se lo hemos manifestado a los sindicatos, vamos a luchar, y ya afirmamos aquí que lo implantaremos de inmediato, por recuperar todos los derechos que los trabajadores públicos fueron perdiendo. Y para finalizar pongo un ejemplo, los nueve días de libre disposición que tuvieron los empleados públicos, nosotros entendemos y así lo hemos manifestado en la mesa de negociación, que se deben recuperar. Vuelvo a lo anterior, vamos a respectar la legalidad, pero vamos a poner todo de nuestra parte para que esos derechos que se fueron perdiendo se recuperen. Por lo tanto, concluyo, motivo de satisfacción en lo que son las relaciones con la representación laboral, un texto que ciertamente es muy importante, y creo, y tuve una, tuvimos una satisfacción grande al ver que en comisión informativa este punto se aprobaba por unanimidad y se votaba a favor, porque de verdad creo que con esta votación colocamos a la Diputación en la cabeza de los derechos laborales, de la conciliación familiar, atendiendo todas las circunstancias que se puedan dar. Muchas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Non hai máis palabras. Procedemos á votación. Modificación do Acordo regulador e Convenio colectivo en materia de xornada laboral, vacacións, permisos e licenzas. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. ANTECEDENTES 1º.- O V Acordo Regulador de persoal funcionario e I Convenio Colectivo de persoal laboral aprobáronse por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial celebrado o 25 de xaneiro de 2006. Os devanditos textos modificáronse por acordos plenarios de datas 13 de setembro de 2013 e 21 de outubro de 2015 no que respecta á adecuación normativa do réxime de vacacións e permisos. 2º.- Desde entón aprobáronse diversas leis que ben dando unha nova redacción a determinados preceptos, ben introducindo novas disposicións. 3º.- O máis destacable desta modificación é a nova regulación da xornada con dúas modalidades de flexibilidade, automática ou por conciliación, os supostos de redución de xornada, e a adecuación dos permisos e licenzas do persoal ó establecido na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia e o Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. 4º.- De acordo co previsto no artigo 33.1 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público en reunións celebradas os días 9/12/15; 20/01/16, 27/01/16, 11/02/16, 17/02/16, 24/02/16, 3/03/16 e 7/04/16, negociouse cos representantes sindicais a actualización do Acordo Regulador e Convenio Colectivo en materia de xornada, permisos, licenzas e vacacións, dándose unha nova redacción ós seguintes artigos: A) V ACORDO REGULADOR TÍTULO I permanencia e asistencia ó traballo. - Capítulo I: Xornada e horario (artigos 8 a 13); artigo 8 xornada, artigo 9 pausa durante a xornada, artigo 10 xornada de verán, artigo 11 traballo nocturno, artigo 12 absentismo, artigo 13 comunicación de ausencias. - Capítulo II e III: Vacacións, licenzas e permisos (artigos 14 a 16); artigo 14 vacacións, artigo 15 permisos e artigo 16 licenzas. B) I CONVENIO COLECTIVO - Capítulo VII: Xornada e horario (artigos 21 a 26); artigo 21 xornada, artigo 22 pausa durante a xornada, artigo 23 xornada de verán, artigo 24 traballo nocturno, artigo 25 absentismo, artigo 26 comunicación de ausencias. - Capítulo VIII: Vacacións, licenzas e permisos (artigos 28 a 30); artigo 28 vacacións, artigo 29 permisos e artigo 30 licenzas. CONSIDERACIÓNS NORMATIVAS 1º.- O artigo 95 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, dispón que a participación dos funcionarios, a través das súas organizacións sindicais na determinación das condicións de emprego, será a establecida con carácter xeral para todas as administracións no Estatuto Básico da función pública. 2º.- Á súa vez, o artigo 31 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), dispón que os empregados públicos teñen dereito á negociación colectiva, representación e participación institucional para a determinación das súas condicións de traballo. Por negociación colectiva, ós efectos desta lei, enténdese o dereito a negociar a determinación de condicións de traballo dos empregados da Administración Pública. A negociación colectiva das condicións de traballo estará suxeita ós principios de legalidade, cobertura orzamentaria, obrigatoriedade, boa fe negocial, publicidade e transparencia, e efectuarase mediante o exercicio da capacidade representativa recoñecida ás organizacións sindicais nos artigos 6.3.c e 7.1 da Lei 2063/1985 e 7.2 da Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical. Así, ó amparo do previsto no artigo 37.1 m) serán obxecto de negociación, no seu ámbito respectivo e en relación coas competencias de cada Administración Pública e co alcance que legalmente proceda en cada caso, as materias referidas a calendario laboral, horarios, xornadas, vacacións, permisos, mobilidade funcional e xeográfica, así como os criterios xerais sobre a planificación estratéxica dos recursos humanos, naqueles aspectos que afecten ás condicións de traballo dos empregados públicos. Tal e como sinala o artigo 38 do TREBEP no seo das Mesas de Negociación correspondentes, os representantes das Administracións Públicas poderán concertar Pactos e Acordos coa representación das organizacións sindicais lexitimadas a tales efectos, para a determinación de condicións de traballo dos funcionarios das devanditas Administracións. 3º.- Conforme ó previsto no artigo 94 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL), a xornada de traballo dos funcionarios locais será, en cómputo anual, a mesma que a dos funcionarios da Administración do Estado e, ademais, aplicaranse as mesmas normas sobre equivalencia e redución de xornada. En similares termos, o Texto Refundido de Réxime Local (TRRL), aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, no seu art. 142, establece que os funcionarios das entidades locais teñen dereito ás recompensas, permisos, licenzas e vacacións retribuídas previstas na lexislación da Comunidade Autónoma respectiva e, supletoriamente, na lexislación aplicable ós funcionarios da Administración do Estado. Con anterioridade á entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a situación viña centrada no art. 142 do Texto Refundido de Réxime Local (TRRL); precepto ó que a xurisprudencia, reiteradamente (SSTS do 16 de novembro de 1994, do 16 de xuño de 1995, do 30 de xuño de 1997, do 21 de novembro de 1997, do 5 de decembro de 1997, etc.), recoñeceu o carácter básico e por tanto excluído da súa negociación en pactos e acordos. Consecuentemente, era de aplicación ós funcionarios da Administración Local as previsións da lexislación sobre función pública da Comunidade Autónoma respectiva e, supletoriamente, a aplicable ós funcionarios da Administración do Estado. A Lei 7/2007, e agora o actual texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, dedica os seus artigos 48 e 49 á regulación dos permisos, e o art. 50, ás vacacións. O art. 49 imponse como lexislación aplicable “en todo caso” e coas “condicións mínimas sinaladas” para os permisos por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e por razón de violencia de xénero. O artigo 48 co cambio de redacción operado tras o RD Lei 20/2012, do 13 de xullo, homogeniza o réxime de permisos para todas as Administracións Públicas, ó suprimir a expresión “en defecto de lexislación aplicable os permisos e a súa duración serán, polo menos, os seguintes..” e dicir simplemente que “os funcionarios públicos terán os seguintes permisos..”. A nova redacción fai que o artigo 48 asuma o seu carácter básico e por tanto plenamente aplicable a todas as Administracións Públicas como bases do réxime estatutario dos funcionarios a que se refire o artigo 149.1.18 da Constitución (carácter que vén avalado pola Disposición Final Primeira e Segunda do TREBEP). O mesmo cabe dicir do réxime de vacacións recollido no artigo 50 do TREBEP. Fíxanse en vinte e dous días hábiles, ou os días que correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano foi menor; non obstante como a Disposición adicional 14 atribúe a cada Administración Pública, sen distinción algunha, o recoñecemento ou non dos días adicionais por antigüidade, modifícase neste aspecto o réxime xurídico xeneral do artigo 142 do TRRL, tendo neste caso a Deputación autonomía organizativa para decidir a súa incorporación ou non, previa negociación sindical. Así mesmo entendemos que será de aplicación a normativa da Comunidade Autónoma sobre Función Pública en virtude da remisión do art. 142 do TRRL á lexislación autonómica, contida nos artigos 105 a 133 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. 4º.- Respecto do persoal laboral, conforme ó previsto no artigo 51 da LEBEP estarase ó establecido neste capítulo e na lexislación laboral correspondente, que ten carácter supletorio respecto ó acordado no convenio colectivo. 5º.- A redacción dada a esta modificación do Acordo Regulador e Convenio colectivo respecta a regulación contemplada no Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, nos seguintes artigos: - Artigo 47 Xornada de traballo dos funcionarios públicos. - Artigo 48 Permisos dos funcionarios públicos. - Artigo 49 Permisos por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por razón de violencia de xénero e para as vítimas de terrorismo e os seus familiares directos. - Artigo 50 Vacacións dos funcionarios públicos. - Artigo 51 Xornada de traballo, permisos e vacacións do persoal laboral. - Disposición adicional 13 e 14. - Disposición final 1ª habilitación competencial. 6º.- De igual forma axústase ó previsto na Lei 2/2015, de 29 abril, do emprego público de Galicia, en todo o referente ós seguintes artigos: - Artigo 105 Xornada de traballo do persoal funcionario. - Artigo 106 Reducións e adaptacións da xornada de traballo. - Artigo 108 Permisos por falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar. - Artigo 109 Permisos por traslado de domicilio. - Artigo 110 Permisos para a realización de funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal. - Artigo 111 Permiso para concorrer a exames finais, probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público. - Artigo 112 Permiso por lactancia. - Artigo 113 Permiso por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto. - Artigo 114 Permisos para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto. - Artigo 115 Permisos para a realización de tratamentos de fecundación asistida. - Artigo 116 Permisos por accidente ou enfermidade moi graves. - Artigo 117 Permisos para o cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal, de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e de asistencia a consultas e revisións médicas. - Artigo 118 Permisos por asuntos particulares. - Artigo 119 Permiso por matrimonio ou unión de feito. - Artigo 120 Permisos para a formación militar dos reservistas voluntarios ou dos aspirantes a tal condición. - Artigos 121 a 125 Permisos do persoal funcionario por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. - Artigo 126 Licenza por risco no embarazo ou durante o período de lactancia natural. - Artigo 127 Licenzas por asuntos propios. - Artigo 128 Licenzas por enfermidade. - Artigo 129 Licenzas para a realización de estudos sobre materias directamente relacionadas coa Administración pública. - Artigo 130 Licenzas para a participación en proxectos ou programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción humanitaria. - Artigo 131 Licenza para supostos de hospitalización prolongada. - Artigo 132 Vacacións do persoal funcionario. - Artigo 133 Xornada de traballo, permisos, licenzas e vacacións do persoal laboral. 7º.- Ademais, nesta nova redacción tívose en conta e tomado como referencia a regulación que, sobre xornada, vacacións, permisos e licenzas, contén a Resolución da Secretaría de Estado de Administracións Públicas do 28 de decembro de 2012, a Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Consellería de Presidencia e Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, e a Resolución do 24 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral de Función Pública na materia, así como o previsto no artigo 47 do TREBEP, en virtude do cal as Administracións Públicas son competentes para establecer a ordenación do tempo de traballo do persoal ó seu servizo, competencia que foi exercida respectando o indicado no referido artigo 37.1 m). 8º.- Corresponde ó Pleno da Corporación Provincial a aprobación do Acordo Regulador e Convenio colectivo en aplicación das facultades que lle confire o artigo 33.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e artigo 70.4 do Real decreto 2568/86, do 28 de novembro, e en canto que a xurisprudencia recoñece ós Pactos e Acordos natureza regulamentaria, por ter vocación ordenadora de situacións futuras desde unha previsión abstracta e xeral (STS do 14 de abril de 2000). 9º.- Para a aprobación desta modificación do V Acordo Regulador e do I Convenio Colectivo seguirase o procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, é dicir aprobación inicial polo Pleno, información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de trinta días para reclamacións e suxestións, de tal forma que se non se formula ningunha reclamación ou suxestión, enténdese aprobado definitivamente o acordo ata entón provisional. CONCLUSIÓN En base ós antecedentes e disposicións normativas citadas, vistos os informes do Servizo de Recursos Humanos, de Secretaría Xeral e de Intervención, e o ditame favorable da Comisión informativa de Facenda e Réxime Interior, o Pleno acorda por unanimidade: 1º.- Modificar o V Acordo Regulador para persoal funcionario en redacción dada en documento anexo a este acordo e que afecta ós seguintes capítulos e artigos: - Capítulo I Xornada e horario (artigos 8 a 13) artigo 8 xornada, artigo 9 pausa durante a xornada, artigo 10 xornada de verán, artigo 11 traballo nocturno, artigo 12 absentismo, artigo 13 comunicación de ausencias. - Capítulo II e III Vacacións, licenzas e permisos (artigos 14 a 16), artigo 14 vacacións, artigo 15 permisos e artigo 16 licenzas. 2º.- Modificar o I Convenio Colectivo para persoal laboral en redacción dada en documento anexo a este acordo e que afecta ós seguintes capítulos e artigos: - Capítulo VII Xornada e horario (artigos 21 a 26) artigo 21 xornada, artigo 22 pausa durante a xornada, artigo 23 xornada de verán, artigo 24 traballo nocturno, artigo 25 absentismo, artigo 26 comunicación de ausencias. - Capítulo VIII Vacacións, licenzas e permisos (artigos 28 a 30), artigo 28 vacacións, artigo 29 permisos e artigo 30 licenzas. ANEXO ADAPTACIÓN DO V ACORDO REGULADOR PARA PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PERMANENCIA E ASISTENCIA Ó TRABALLO CAPÍTULO I. XORNADA E HORARIO Artigo 8. Calendario laboral, xornada xeral e horarios. 8.1. Calendario laboral. O calendario laboral é o instrumento técnico a través do cal realízase a distribución da xornada e a fixación dos horarios, de acordo co establecido neste capítulo. O órgano competente en materia de persoal, respectando o establecido nas presentes normas, aprobará antes do día 31 de decembro de cada ano o calendario laboral correspondente, con aplicación a todos os Servizos e Unidades. O calendario laboral haberá de respectar en todo caso: a) A duración da xornada xeral, establecida en 37 horas e media semanais, sen que poida menoscabarse o cómputo anual da mesma con ocasión da xornada intensiva de verán ou festividades locais ou nacionais. b) O número de festas laborais de carácter retribuído e non recuperable, que non poderán exceder do establecido pola normativa en vigor. c) O horario de apertura e pechadura dos edificios públicos establecidos polo órgano competente. d) A acomodación do horario ás necesidades do servizo e as funcións do centro. O calendario laboral será público, a fin de asegurar o seu xeral coñecemento, tanto por parte dos empregados públicos e dos seus representantes legais e sindicais, como dos cidadáns interesados. 8.2. Xornada laboral e horarios. A xornada laboral común será de 37 horas e media semanais, distribuídas de luns a venres, de 7.45 a 15.15 horas, salvo que pola organización do traballo de cada centro non sexa posible, permitíndose unha flexibilidade de quince minutos á entrada e á saída. Nos centros de traballo con xornada laboral partida terán o seguinte horario: os luns de 8.45 a 13.00 horas e de 14.30 a 18.15 horas; de martes a xoves de 8.15 a 13.00 horas e de 14.30 a 18.15 horas e os venres de 8.15 a 12.15 horas, salvo que pola organización do traballo nos centros se marque outro horario. Excepcionalmente, e atendendo á natureza do servizo prestado, poderase establecer un horario especial no seguintes supostos: - Postos de traballo nos que resulte máis adecuado pola natureza das súas funcións outro horario. - Postos de traballo doutras unidades, polas peculiaridades das funcións asignadas ás mesmas. Toda xornada laboral distinta da xeral deberá constar na correspondente RPT. Por outra banda, nos centros de traballo con xornada laboral a quendas establécese o seguinte horario: de 7.45 a 15.15 horas; de 14.45 a 22.15 horas e de 22.00 a 8.00 horas. Calquera que sexa o réxime de xornada laboral permitirase a flexibilidade de quince minutos á entrada e á saída, incluído para os casos de xornada parcial, salvo nos supostos previstos no sistema de control de horario. Todo o persoal estará sometido ó sistema de control de horario e asistencia mediante o reloxo ficheiro situado en cada centro de traballo. A Deputación está obrigada a facilitarlle trimestralmente relacións xenéricas de control de horario á Comisión Paritaria Mixta para a súa avaliación. O Rexistro Xeral e aqueloutras dependencias nas que así sexa preciso deberán estar abertas os días hábiles. En tal caso a atención será rotatoria e compensada mediante acordo cos representantes do persoal. Nos centros nos que non se poida poñer en práctica o horario xeral adoptaranse as quendas de traballo que se fixen, previa negociación do deputado delegado en materia de persoal coa Xunta de Persoal. Calquera modificación da xornada laboral ou das quendas de traballo levarase a cabo previa negociación na Comisión Paritaria Mixta, dándoselle conta disto á Xunta de Persoal. Sen prexuízo de acordo en sentido contrario as quendas diúrnas terán unha duración de sete horas e media e as nocturnas de dez. En todo caso, o persoal que realice a súa xornada de traballo en réxime de quendas terá, como mínimo, dereito a descansar fins de semana alternas. Cando o empregado se atope co goce dun descanso semanal, e sexa requirido para acudir ó traballo, compensarase con dobre xornada de descanso, cuxa concesión estará supeditada as necesidades do servizo. O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo coma ó final da xornada diaria, o funcionario se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar, gardar roupa, materiais ou útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir as normas de saúde laboral. Para o persoal que desenvolve a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes o cómputo da xornada normal de traballo empezará a partir do lugar de recollida, reunión ou centro de control tanto á entrada coma á saída do traballo. Calquera que sexa o réxime de organización do traballo, entre o remate dunha xornada e o comezo da seguinte mediará un mínimo de 12 horas e, no caso da xornada nocturna, de 31 horas, sen prexuízo do descanso semanal. 8.3. Reducións e adaptacións de xornada. 1. Reducións e adaptacións de xornada con percepción íntegra das retribucións. O persoal funcionario ten dereito á redución da xornada de traballo diaria, coa percepción íntegra das súas retribucións, nos casos e nas condicións que se determinan a continuación. A) Para atender ó coidado do cónxuxe ou parella de feito, dun familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, ou dun menor en acollemento preadoptivo; permanente ou simple, por razóns de enfermidade moi grave, concederase unha redución por horas completas de ata 3 horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria, por un prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata unha duración total de dous meses. Se houbese máis dunha persoa titular do dereito polo mesmo feito causante, o prazo durante o que resulte aplicable a redución de xornada prevista neste apartado, poderase ratear entre ambos. B) Para atender ó coidado dun fillo menor de idade por natureza ou adopción, ou no suposto de acollemento preadoptivo, permanente ou simple dun menor, que padeza cancro (tumores malignos, melanomas, carcinomas) ou calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración ou hospitalización a domicilio das mesmas características, e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente, acreditado polo informe do servizo público de saúde ou órgano administrativo sanitario da comunidade autónoma ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente, concederase unha redución por horas completas de ata 4 horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria, percibindo as retribucións íntegras, e como máximo, ata que o menor cumpra 18 anos, sempre que ambos os proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo, permanente ou simple, traballen. Na suposta concorrencia de ambos proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente, polo mesmo suxeito e feito causante as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso, ou de ser o caso, poidan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación, o funcionario terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante, gardador con fins de adopción, acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do dereito á redución de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso, ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. No caso contrario só terá dereito á redución de xornada coa consecuente redución de retribucións. A estes efectos, o funcionario que solicite este permiso, deberá acreditar que o outro proxenitor non percibe as retribucións ou a prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra doenza grave. Así mesmo, no caso de que ambos presten servizos no mesmo órgano ou entidade, esta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo. Para a aplicación deste permiso, a relación de enfermidades graves será a establecida no Real decreto 1148/2011 (do 29 de xullo), para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra doenza grave, sen prexuízo dos establecido na súa Disposición final terceira. O cancro ou doenza grave que padeza o menor, deberá implicar un ingreso hospitalario de longa duración que requira o seu coidado directo, continuo e permanente, durante a hospitalización e tratamento continuado da doenza. Considerase así mesmo, como ingreso hospitalario de longa duración, a continuación do tratamento médico ou o coidado do menor no domicilio tras o diagnóstico e hospitalización pola enfermidade grave. A acreditación de que o menor padece un cancro, así como a necesidade de coidado directo, continuo ou permanente durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade, efectuarase, e igualmente naqueles casos na que a atención e diagnóstico do cancro ou doenza grave leve a cabo polos servizos médicos privados, mediante declaración cuberta polo facultativo do servizo público de saúde responsable da atención do menor. Cando o diagnóstico e tratamento do cancro ou enfermidade grave do menor realícese a través dos servizos médicos privados, esixirase que a declaración sexa cuberta ademais polo médico do centro responsable da atención do menor. Cando exista recaída do menor polo cancro ou a mesma doenza grave, non será necesario que exista un novo ingreso hospitalario, aínda que a recaída da enfermidade deberá acreditarse a necesidade, trás o diagnóstico e hospitalización, da continuación do tratamento médico así como do coidado directo, continuado e permanente do menor polo proxenitor, adoptante ou acolledor, mediante unha nova declaración médica. Esta adaptación de xornada concederase por un período inicial dun ano, prorrogable por períodos de seis meses cando subsista a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor, que se acreditará mediante declaración do facultativo do servizo público de saúde responsable da asistencia médica ó menor, e como máximo, ata que este cumpra os 18 anos. O permiso suspenderase nas situacións de incapacidade temporal, durante os períodos de descanso por maternidade e paternidade e nos supostos de risco durante o embarazo e, en xeral, cando concorra calquera causa de suspensión da relación funcionarial do solicitante. Extinguirase polas seguintes circunstancias: - Polo cesamento na redución de xornada, calquera que sexa a causa. - Por non existir a necesidade de coidado directo, continuo e permanente, debido á melloría no estado do menor ou por alta médica por curación. - Polo cesamento do outro proxenitor na súa actividade laboral. - Por cumprir o menor os 18 anos de idade. Os funcionarios ós que se lles conceda esta adaptación na súa xornada, teñen a obriga de comunicar calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ó permiso, e o órgano competente en materia de persoal, poderá levar a cabo as actuacións necesarias para comprobar que segue cumprindo os requisitos esixidos para a súa concesión. Os informes médicos o que fai referencia este artigo presentaranse na Inspección Médica da Deputación. 2. Reducións e adaptacións de xornada con diminución proporcional de retribucións. O persoal funcionario ten dereito á redución da xornada de traballo diaria, coa diminución proporcional de retribucións que procedan, nos casos e nas condicións que se determinan a continuación. A) Por razóns de garda legal, cando se exerza o coidado directo dalgún menor de doce anos, dunha persoa maior que requira especial dedicación ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, concederase unha redución por horas completas da xornada de traballo diaria cun limite máximo de duración de 4 horas e mínimo dunha hora, da que se dará conta á Comisión Paritaria Mixta. B) Por coidado directo do cónxuxe ou parella de feito ou dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída, concederase unha redución por horas completas da xornada de traballo diaria, cun límite máximo de duración de 4 horas e mínimo dunha hora, da que se dará conta á Comisión Paritaria Mixta. C) Os empregados públicos vítimas de violencia de xénero para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito de asistencia social integral, terán dereito á redución da xornada con diminución proporcional de retribucións, ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables, nos termos e condicións que se estableza en cada caso a través da Comisión Paritaria Mixta. D) Naqueles casos en que resulte compatible coa natureza do posto desempeñado e cás funcións do centro de traballo, o persoal que ocupe postos de traballo cuxo nivel de complemento de destino sexa igual ou inferior ó 28, poderá solicitar ó órgano competente, o recoñecemento dunha xornada reducida, ininterrompida, das nove ás catorce horas, de luns a venres, percibindo o 75% das súas retribucións. E) O persoal funcionario de carreira poderán solicitar voluntariamente unha redución de xornada por interese particular, coa correspondente redución proporcional de retribucións. A redución será, como mínimo, dunha hora e, como máximo, de dúas horas e trinta minutos diarios. Na solicitude deberá, en todo caso, concretarse a exacta franxa horaria sobre a cal opera a dita redución, que será valorada polo órgano competente en materia de persoal co fin de garantir a prestación eficiente do servizo público e conciliar a concesión desta redución coas necesidades do servizo debidamente xustificadas. A concesión da redución de xornada por interese particular estará sempre subordinada ás necesidades do servizo debidamente xustificadas e terá unha duración mínima de tres meses e máxima dun ano, renovable por pedimento da persoa interesada cunha antelación mínima dun mes á data de finalización. A concesión da redución de xornada por interese particular queda automaticamente sen efecto en caso de cambio de posto. Estas modalidades de xornada serán incompatibles con outras reducións de xornada previstas na normativa vixente. 8.4. Xornada laboral flexible. Enténdese por horario flexible o establecemento dun horario de traballo no ríxido que se adapte ás necesidades dos empregados públicos dentro duns límites previamente acordados pola Administración, salvagardando en todo caso as necesidades do servizo e sempre que as condicións dos centros de traballo o permitan (sistema de control de presenza, acceso, horario de peche dos edificios ou tipo de xornada). 1. Modalidades. De acordo co sinalado no apartado anterior, dentro do horario laboral do persoal establécense dúas modalidades de horario flexible, cuxa regulación se desenvolve a continuación, distinguindo entre:  Flexibilidade automática.  Flexibilidades por conciliación. 2. Flexibilidade automática. Os empregados poderán acollerse a esta modalidade de horario flexible, fora dos supostos de conciliación familiar e laboral que se relacionan no seguinte apartado sempre e cando resulten cumpridas todas as horas de traballo aplicables en cómputo mensual e o seu desfrute non afecte as necesidades do servizo. Non obstante o sinalado, compre ter en conta as peculiaridades dos postos de traballo, que en atención ás competencias asumidas polas unidades e ás necesidades do servizo, teñen asignado un horario especial (oficinas de rexistro, centros con quendas de traballo ou xornada partida, horario de tarde, gardas ou similares). Nestes supostos, a propia configuración da flexibilidade horaria, cunha parte fixa de presenza diaria, resulta incompatible coa propia configuración do posto de traballo que teña un horario especial, polo que con carácter xeral, se denegará o seu desfrute. No suposto de persoal que teña asignada unha xornada laboral inferior á oficial, denegarase con carácter xeral. Tamén deberá terse en conta que, en ningún caso, a súa concesión poderá dar lugar ou suplirse con contratacións temporais. Este horario flexible constará de dúas partes: - Parte fixa: o horario de presenza obrigatoria diaria no posto de traballo será de 9:00 a 14:30 horas, de luns a venres. - Parte flexible: o tempo restante, hasta completar a xornada laboral, realizarase en horario flexible de 7:30 a 20:00 horas de luns a venres. 3. Solicitude de flexibilidade automática. A persoa interesada deberá cubrir o modelo de solicitude que figura na intranet corporativa que se deberá imprimir, asinar e presentar a través do Rexistro Xeral da Deputación. O Servizo de RRHH será o encargado de verificar que cumpre os requisitos para acollerse a esta modalidade. No caso de que non estea adecuadamente cuberta a solicitude deberase requirir a persoa interesada para que, no prazo de 10 días hábiles, emende a deficiencia detectada. O tempo máximo de tramitación é de un mes, contado a partir do seguinte a data de presentación da solicitude ou emenda no rexistro da Deputación. Transcorrido dito prazo entenderase validada por silencio administrativo positivo. A prestación de servizos baixo esta modalidade de flexibilidade poderá denegarse por necesidades do servizo debidamente xustificadas, mediante resolución do deputado delegado en materia de persoal. A súa denegación será susceptible dos correspondentes recursos de conformidade coa normativa de aplicación. Así mesmo, cando as necesidades do servizo debidamente motivadas, así o xustifiquen, a prestación do servizo en horario flexible poderá ser suspendida temporalmente. A resolución que o determine deberá especificar o período da suspensión de dito réxime horario e deberá ser comunicada o empregado cunha antelación mínima de 15 días hábiles. Para facilitar o cumprimento do horario nos supostos de conciliación familiar e flexibilidade horaria habilitarase unha zona destinada a comedor para todo o persoal sempre e cando que existan espazos dispoñibles nos Centros de traballo. A prestación do servizo en horario flexible poderá ser revisada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas: - Alteración substancial das condicións e requisitos que motivaron a resolución. - Petición do empregado público. - Necesidades do servizo, debidamente motivadas. A correspondente resolución deberá ser notificada ó empregado cunha antelación mínima de un mes, a contar dende o día seguinte a presentación da solicitude. O Servizo de RRHH comunicará á Xunta de Persoal e o Comité de Empresa a relación de flexibilidades concedidas, denegadas, as suspensións e ceses da prestación do servizo en horario flexible. 4. Flexibilidade por razóns de conciliación da vida familiar e laboral. Dentro das 7.30 ás 20.00 horas, fixarase en cada caso, a petición da persoa interesada o horario diario de referencia. A estes efectos:  O horario de obrigada presenza no posto de traballo será de 9.30 horas a 13.30 horas ou ben de 10,00 horas a 14,00 horas.  O resto da xornada laboral diaria completarase en horario flexible de 7:30 a 20:00 horas de luns a venres. 5. Supostos de flexibilidade horaria por conciliación. A condición de que as necesidades do servizo o permitan, poderase facer uso da flexibilidade horaria nos seguintes supostos dentro. A. Fillos, maiores a cargo, persoas con discapacidade, enfermidade grave de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. a) Os empregados públicos que teñan ó seu cargo persoas maiores, fillos menores de 12 anos, así como quen teña ó seu cargo directo a un familiar con enfermidade grave, ou discapacitado, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, terán dereito a flexibilizar nunha hora e media diaria o horario fixo de xornada que teñan establecida. b) Os empregados públicos que teñan ó seu cargo persoas con discapacidade ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, poderán dispoñer de dúas horas de flexibilidade horaria diaria sobre o horario fixo que corresponda, a fin de conciliar os horarios dos centros educativos ordinarios de integración e de educación especial, dos centros de habilitación e rehabilitación, dos servizos sociais e centros ocupacionais, así como outros centros específicos onde a persoa con discapacidade reciba atención, cos horarios dos propios postos de traballo. c) Por motivos de conciliación da vida laboral e familiar, e cun límite de doce veces ó ano, cuxo goce non poderá exceder de dúas veces ó mes, os empregados ou empregadas poderán flexibilizar o cumprimento do seu horario obrigatorio durante un período máximo de dúas horas, previa autorización do seu superior e sempre que sexa compatible coa natureza do posto e non afecte ó normal funcionamento dos servizos. B. Flexibilidade horaria por razóns excepcionais. Excepcionalmente, os órganos competentes en materia de persoal, poderán autorizar, con carácter persoal e temporal, unha ampliación do límite de idade ata os 16 anos, por motivos directamente relacionados coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral. C. Inicio graduado das actividades lectivas de fillos e fillas. Poderase flexibilizar polo tempo indispensable o horario fixo da xornada diaria para acomodalo co inicio gradual das actividades lectivas dos fillos e fillas que se escolarizan por primeira vez en Educación Infantil ou Primaria, sempre que sexa compatible coa natureza do posto de traballo e coas necesidades do servizo. D. Xornadas especiais e réxime de quendas. Naqueles centros ou servizos onde o traballo realícese a quendas, levaranse a cabo as adaptacións que sexan posibles, sempre que as necesidades do servizo o permitan, previo informe da Comisión Paritaria Mixta, e sempre que a súa concesión non supoña a necesidade de contratacións temporais. E. Incorporación ó servizo tras a finalización dun tratamento de radioterapia ou quimioterapia. Os empregados públicos que se incorporen ó servizo efectivo á finalización dun tratamento de radioterapia ou quimioterapia, poderán solicitar unha incorporación progresiva da súa xornada de traballo ordinaria. A Administración poderá conceder esta adaptación cando a mesma coaxude á plena recuperación funcional da persoa ou evite situacións de especial dificultade ou penosidade no desempeño do posto de traballo. Esta adaptación poderá estenderse ata un mes desde al alta médica, e poderá afectar ata un 25 % da duración da xornada diaria, preferentemente na parte flexible da mesma, considerándose como tempo de traballo efectivo. A solicitude irá acompañada da documentación que aporte o interesado para acreditar a existencia de esta situación. F. Flexibilidade por procesos de nulidade, separación ou divorcio. Poderán solicitala os homes e mulleres que se atopen en procesos de nulidade, separación ou divorcio, desde a interposición da demanda xudicial ou, por decisión da persoa interesada, desde a solicitude das medidas provisionais previas, ata transcorridos tres meses desde a citada demanda, o no seu caso, desde a citada solicitude. 6. Solicitude de flexibilidade por razóns de conciliación familiar e laboral. Na intranet corporativa estará dispoñible o modelo de solicitude de flexibilidade horaria por conciliación, que se deberá cubrir, imprimir, asinar e presentar a través do Rexistro Xeral. Ca devandita solicitude acompañarase a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos: 1. Fillos ou persoas acollidas menores de 12 anos: fotocopia do libro de familia ou partida de nacemento. 2. Persoas maiores ou familiares que convivan, que por enfermidade ou avanzada idade necesiten asistencia doutras persoas:  O grao de parentesco ou relación familiar acreditarase co libro de familia ou documento que o substitúa, certificación do Rexistro Civil, ou inscrición en calquera rexistro público que acredite o feito causante.  Certificado ou volante de empadroamento que acredite a convivencia familiar.  Documento oficial que acredite a necesidade de asistencia do familiar: certificado médico, certificado expedido polo Organismo competente da Xunta de Galicia ou na súa falta informe social dos servizos sociais comunitarios municipais.  No caso de dependentes discapacitados, ademais da documentación requirida referida ó grao de parentesco ou convivencia, documentación que acredite a discapacidade, e informe do centro sociosanitario ou escolar, no caso de menores. 3. Homes e mulleres que se atopen en procesos de nulidade, separación ou divorcio: certificado do Rexistro Civil acreditativo do matrimonio, e copia cotexada da primeira folla da demanda xudicial ou da solicitude de medidas provisionais, na que conste o rexistro do xulgado, o tipo de proceso xudicial e o nome e apelidos da persoa interesada. En caso de violencia de xénero, a situación acreditarase por calquera das seguintes formas: a) Denuncia ante calquera das autoridades competentes. b) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autentificada pola secretaria ou o secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. c) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na presente lei. d) Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da administración pública autonómica ou local. e) Certificación dos servizos de acollida da administración pública autonómica ou local. f) Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia. g) Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social. h) Calquera outras que se establezan regulamentariamente. As solicitudes serán tramitadas a través do Servizo de Recursos Humanos e Formación, previo informe do responsable do servizo ou unidade e conformadas polo/a Deputado/a responsable da área, na que preste servizos o interesado. En caso de que a solicitude non estea adecuadamente cuberta, deberase requirir a persoa interesada para no prazo de 10 días hábiles emende a deficiencia detectada. A resolución desfavorable deberase motivar adecuadamente e procederá nos seguintes supostos: - Cando non cumpran os requisitos esixidos legalmente. - Cando as necesidades do servizo precisen o establecemento dunhas condicións diarias de presenza obrigatoria e non sexa aceptada a proposta da Administración. - Pola dificultade de acceso ó edificio. A resolución emitirase no prazo máximo de un mes contado desde a data en que teña entrada a solicitude no Servizo de RRHH e Formación. Se transcorre o prazo máximo sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender estimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A concesión da flexibilidade por conciliación poderá quedar sen efecto mediante a correspondente resolución pola concorrencia dalgunha das seguintes causas: - Pedimento do propio traballador. - Por desaparecer as causas polas que se solicitou. - Por necesidades do servizo debidamente xustificadas. Esta resolución deberá ser notificada a persoa interesada cunha antelación mínima de 15 días naturais á da data efectividade, e comunicada ó Centro onde presta servizos. Artigo 9. Pausa durante a xornada. O persoal incluído no ámbito de aplicación deste Acordo terá dereito a unha pausa de 30 minutos durante a xornada de traballo continuada, computable como de traballo efectivo. Esta interrupción terá lugar preferentemente entre as 9.30 e as 12.30 horas en quenda de mañá; entre as 16.30 e as 19.30 en quenda de tarde e entre as 0.30 e as 5.30 en quenda de noite, salvo que as necesidades do servizo non permitan estes horarios. Artigo 10. Xornada de verán. Durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos os dous incluídos, poderase establecer unha xornada intensiva de traballo, a razón de seis horas continuadas, a desenvolver entre as 7.30 e as 15.00, de luns a venres, sendo, con carácter xeral, a xornada presencial obrigatoria de 9.00 a 14.00 horas, salvo naqueles centros nos que as circunstancias e mais a organización do traballo non llelo permitan, caso no que o persoal afectado terá dereito a acumular esta redución e aproveitala en xornadas laborais completas. Artigo 11. Traballo nocturno. Considérase traballo nocturno o efectuado entre as 10.00 da noite e as 8.00 da mañá. Este realizarase en días alternos, tendo en conta as melloras que contempla este acordo. O persoal que preste servizos en réxime de nocturnidade e turnicidade terá dereito ó descanso correspondente, unha xornada laboral diúrna por cada sete noites de traballo realizadas. Co condicionante de que a reorganización do traballo e a remodelación das quendas non implique un incremento do cadro de persoal a realización de traballos en quenda de noite terá carácter voluntario para todo o persoal unha vez que estes cumpran 55 anos de idade, para o cal deberán manifestar a súa opción, cando menos con dous meses de antelación, e terán que permanecer nesta situación por un tempo mínimo dun ano. Artigo 12. Absentismo. A Deputación de Pontevedra potenciará os instrumentos de control e de redución do absentismo laboral adoptando, entre outras, medidas de mellora dos sistemas de medición e de seguimento, realizando os estudos necesarios sobre as súas causas que deberá debater a Comisión Paritaria Mixta por se fose necesario acollerse ás medidas tendentes á súa redución. Artigo 13. Xustificación de ausencias non superiores a tres días. 1. Os empregados públicos deberán rexistrar no sistema de control horario do seu centro de traballo todas as entradas e saídas correspondentes á súa modalidade de xornada. 2. Igualmente, as ausencias, as faltas de puntualidade e de permanencia do persoal no seu posto de traballo, calquera que sexa a súa causa, deberán ser rexistradas polos empregados públicos que incorran nelas no sistema de control horario que debe existir en cada centro. Estas ausencias requirirán o aviso inmediato ó responsable do servizo ou unidade ó que pertenza e a súa posterior xustificación acreditativa. Esta xustificación trasladarase, de xeito inmediato, ó Servizo de Recursos Humanos. 3. A ausencia parcial ó posto de traballo como consecuencia da asistencia á consulta, proba ou tratamento médico considerarase como tempo de traballo efectivo, sempre que se limite ó tempo necesario e se xustifique documentalmente a súa asistencia perante o Servizo de Recursos Humanos, indicando a hora da cita. 4. Nos supostos de ausencia durante a totalidade da xornada diaria por causa de doenza ou accidente sen que se expedise parte médico de baixa deberá avisarse desta circunstancia, de maneira inmediata, ó superior xerárquico e ó Servizo de Recursos Humanos, e comportará, no seu caso, unha redución do 50% de retribucións previstas para os tres primeiros días de ausencia por incapacidade temporal. De non xustificarse aplicarase a dedución proporcional de retribucións. En todo caso, unha vez reincorporado o empregado público ó seu posto deberá xustificar inmediatamente, perante o Servizo de Recursos Humanos, a concorrencia da causa da doenza para poder levar un control dos días de ausencia. Co fin de evitar desprazamentos este xustificante entregaráselle ó responsable do servizo ou unidade, quen á súa vez deberá presentalo no Servizo de Recursos Humanos coa maior brevidade posible. 5. O desconto en nómina regulado no punto anterior non será de aplicación a seis días de ausencias ó longo do ano natural, das cales só tres poderán ter lugar en días consecutivos, sempre que estean motivados por doenzas ou accidente e non dean lugar a incapacidade temporal. 6. Cando se incumpra a obriga de presentar en prazo os xustificantes de ausencia aplicarase o previsto para as ausencias non xustificadas ó traballo na normativa reguladora da dedución proporcional de haberes. Artigo 13 bis. Control e seguimento da xornada e do horario de traballo. 1. Os responsables das unidades administrativas esixirán a xustificación oportuna de todas as ausencias e non autorizarán, dentro da xornada laboral, aquelas ausencias para asuntos que poidan realizarse fóra da xornada de traballo, salvo as que correspondan ó cumprimento dun deber inescusable. 2. A parte de xornada non realizada sen causa xustificada dará lugar á dedución proporcional de haberes, dentro dos 3 meses seguintes á ausencia, sen prexuízo das medidas disciplinarias que puidesen, ademais, adoptarse no seu caso. 3. O Servizo de Recursos Humanos realizará mensualmente o seguimento tanto das ausencias non xustificadas coma das correspondentes deducións proporcionais de haberes. CAPÍTULO II. VACACIÓNS Artigo 14. Vacacións. 1. As vacacións anuais retribuídas do persoal funcionario serán de vinte e dous días hábiles ou os días que lles correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor (redondeándose á alza +0,5 a favor do interesado), debendo collerse de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o trinta un de xaneiro do ano seguinte, en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, sempre que os correspondentes períodos das vacacións sexan compatibles coas necesidades do servizo. Aqueles funcionarios cunha antigüidade na Administración de 15, 20, 25, 30 ou máis anos completos, terán dereito ós seguintes días de vacacións anuais: - Quince anos de servizo 23 días hábiles - Vinte anos de servizo 24 días hábiles - Vinte e cinco anos de servizo 25 días hábiles - Trinta ou máis anos de servizo 26 días hábiles Os ditos días de vacacións poderanse gozar desde o día seguinte ó do cumprimento dos correspondentes anos de servizo. 2. Para estes efectos, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais. Non obstante, para o persoal que traballe a quendas, considéranse inhábiles os días de descanso semanal obrigatorio e os festivos que o traballador teña asignados nas táboas ou cadros horarios pendentes de gozar. 3. Sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días de vacacións poderán solicitarse de xeito independente de ata seis días hábiles por ano natural. 4. Así mesmo, ó persoal que proceda da situación de servizos especiais/excedencia forzosa e da situación de servizo noutras administracións públicas, unha vez que se produza o reingreso ó servizo activo, recoñeceránselle os días de asuntos particulares relativos ó tempo efectivamente traballado en ambas as situacións e que non fosen gozados. Para estes efectos, deberán acreditarse os días de asuntos particulares de que, de ser o caso, gozou durante as ditas situacións. 5. Antes do día 1 de abril de cada ano todos os servizos e centros dependentes da Deputación elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó Servizo de Recursos Humanos, sen prexuízo da obriga do funcionario de presentar a súa solicitude a través do Portal do empregado para que a aprobe o deputado delegado de Persoal. Con carácter xeral, polo menos a metade das vacacións deberá ser gozada preferentemente entre os días 1 de xuño e 30 de setembro. Calquera variación do cadro deberá de se comunicar cun mes de antelación, excepto nos casos de urxencias excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cadanseu servizo e centro. En todo caso, o persoal poderá coñecer, cando menos con dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que isto resulte imposible por mor das quendas ou das necesidades do servizo debidamente acreditadas e xustificadas saberano cunha antelación mínima dun mes, co obxecto de que poidan organizar o exercicio deste dereito. 6. As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, excepto cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación funcionarial, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non fixese uso ou completase na súa totalidade o seu período de vacacións. 7. O período das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servizo así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o afectado, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completalo aínda que teña rematado o ano natural ó que correspondan. O período de vacacións programado e aprobado por resolución presidencial non poderá ser modificado ou alterado salvo que existan causas debidamente motivadas e xustificadas. 8. Cando o período de vacacións previamente fixado ou autorizado, e que aínda non se iniciase, poida coincidir no tempo cunha situación de incapacidade temporal, risco durante a lactancia, risco durante o embarazo ou cos permisos de maternidade ou paternidade ou permiso acumulado de lactancia, poderase gozar en data distinta. 9. O persoal funcionario que se atopen na situación de incapacidade temporal con anterioridade ó comezo das vacacións poderán gozar as ditas vacacións mesmo máis alá do 31 de xaneiro do ano seguinte, sempre que a situación de baixa non permita o seu gozo con anterioridade ó remate do ano natural. En todo caso, as vacacións terán que gozarse a partir da situación de alta, sempre que non transcorresen máis de dezaoito meses a partir do final do ano en que se orixinasen as ditas vacacións. 10. Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección dos seguintes:  Mulleres e homes con fillas ou fillos menores de doce anos.  Mulleres e homes con fillos ou fillas menores de dezaseis anos por motivos directamente relacionados coa conciliación persoal, familiar ou laboral.  Persoas maiores dependentes ó seu coidado directo. Dentro deste grupo terán prioridade as persoas que reúnan a condición de persoa proxenitora de familia numerosa e familia monoparental así como cando por Convenio Regulador ou Sentenza se establezan as quendas de vacacións nos casos de separación ou divorcio. Para estes efectos a dependencia acreditarase, de non constar no expediente persoal do interesado, presentando:  Certificado de empadroamento que acredite a convivencia co familiar, e  Documento oficial que acredite a necesidade de asistencia do familiar: certificado médico ou informe de saúde, certificado expedido pola consellería competente en materia de política social ou, na súa falta, informe social dos servizos sociais comunitarios municipais. No caso de que haxa varios beneficiarios con preferencia de elección, elixirá o de máis antigüidade na Administración, debendo establecerse un ciclo rotativo entre todos os traballadores da unidade administrativa afectada. No caso de que os empregados dunha unidade administrativa en que ningún deles teña preferencia de elección soliciten o mesmo período vacacional, elixirá o de máis antigüidade na Administración, debendo establecerse un ciclo rotativo entre todos os empregados da unidade administrativa afectada. 11. Se durante as vacacións sobreviñese o permiso de maternidade ou paternidade, ou unha situación de incapacidade temporal, estas quedarán interrompidas podendo gozarse o tempo que reste noutra data distinta. No caso de que a duración destes permisos ou de que esta situación impida gozar do período de vacacións dentro do ano natural ó que corresponda, poderase gozar no ano natural posterior. 12. Cando estea en previsión o peche das instalacións debido á inactividade estacional de determinados servizos públicos os períodos de gozo das vacacións coincidirán na franxa temporal de peche, salvo que as necesidades do servizo permitan o seu gozo noutro período. 13. Nos servizos ou centros nos que poida producirse colisión de intereses respecto ó período de vacacións organizaranse as quendas de xeito rotatorio. 14. Cando se produza o cesamento do persoal interino antes de completar o ano e sen poder gozar das vacacións por necesidades do servizo, terá dereito ó aboamento da parte proporcional das súas vacacións, a non ser que a causa do cesamento veña motivada pola adquisición da condición de funcionario de carreira ou persoal laboral desta Deputación. Neste caso computaranse os servizos prestados como persoal interino para os efectos do cómputo do período de vacacións. 15. Para garantir a continuidade asistencial e unha correcta prestación dos servizos públicos, como regra xeral para o persoal a quendas o número máximo de solicitudes de vacacións autorizables será da metade das presenzas de cada Servizo ou Unidade durante o período de verán e dun terzo durante o período de Nadal. CAPÍTULO III. PERMISOS E LICENZAS Artigo 15. Permisos. 1. Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento establécese o seguinte réxime de permisos. A.Permisos retribuídos. 1) Por falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario do cónxuxe ou parella de feito ou dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funcionario terá dereito a un permiso de tres días hábiles (3) se o suceso prodúcese na mesma localidade ou de cinco (5) se se produce en distinta localidade. Para os mesmos supostos, cando se trate dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o persoal funcionario terá dereito a un permiso de dous días hábiles (2) se o suceso prodúcese na mesma localidade e de catro (4) se se produce en distinta localidade. Non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para as xornadas especiais de traballo, e tomarase como referencia para o cómputo dos prazos, na mesma ou distinta localidade, o lugar de residencia habitual do funcionario que conste na base de datos do Servizo de Recursos Humanos e Formación. Se durante o goce de accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización dun familiar sobrevén o falecemento deste, suspenderase o permiso que viña gozando e iniciarase o cómputo do permiso por falecemento. No caso de intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario, será a localidade na que se realice o repouso domiciliario a que debe tomarse como referencia con respecto ó termo municipal de residencia da persoa funcionaria. Se os días de repouso domiciliario son inferiores ó tempo máximo deste permiso, este quedará limitado ós días que se determinen por prescrición facultativa. Nos casos de falecemento, os días nos que se faga uso deste permiso deberán de ser consecutivos e inmediatamente posteriores ó feito causante. Nos demais casos, poderá facerse uso dos días de forma descontinua mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido, co seu correspondente xustificante. Computarase o día do falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización cando o funcionario non preste servizos ese día e correspondéselle prestalos. 2) Por traslado de domicilio habitual, un día (1) laborable se o traslado prodúcese na mesma localidade e dous (2) días laborables consecutivos, se implica cambio de residencia a outra localidade. Se a unidade familiar está integrada por dúas ou máis persoas, a duración do permiso será de dous (2) días laborables consecutivos se ten lugar dentro da mesma localidade e de catro (4) días laborables consecutivos se implica cambio de residencia a outra localidade. O permiso entenderase referido ó día en que se produza o traslado de domicilio, na localidade de residencia. 3) Para a realización de funcións sindicais, formación sindical ou de representación do persoal. O persoal funcionario terá dereito ós permisos necesarios nos termos que se establece legalmente. 4) Por concorrer a exames finais, probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público o persoal funcionario terá dereito ós días da súa realización. Para os efectos deste permiso, enténdese por “exames finais ou outras probas definitivas de aptitude” aquelas tendentes á obtención dun título académico ou profesional. Non están incluídos neste permiso as probas que se fan nos cursos de formación do persoal, que terán a consideración de ausencia xustificada polo tempo necesario para a súa realización. No caso de que se trate de probas selectivas no ámbito do emprego público e estas se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, poderá facilitarse, ademais, o tempo indispensable para o desprazamento. O órgano de persoal competente valorará as circunstancias do caso concreto. 5) Por lactancia dun fillo menor de doce meses. 1. O persoal funcionario ten dereito a ausentarse do posto de traballo durante unha hora diaria, que se poderá dividir en dúas fraccións de media hora ou ben nunha redución da xornada de traballo diaria nunha hora, que a elección da persoa titular do dereito pode aplicarse ó comezo ou ó final da xornada, ou dividirse en dúas fraccións de media hora que se aplicarán ó comezo ou ó final da xornada. O tempo correspondente a este permiso pode acumularse total ou parcialmente en xornadas completas e facerse uso del en calquera momento despois da finalización do período de duración do permiso por parto, adopción ou acollemento. Cando se goce o permiso acumulándoo total ou parcialmente en xornadas completas, a súa duración será dun total de 150 horas (4 semanas) que deberán gozarse en ambos os casos ata que o fillo/a alcance os 12 meses; no caso de adopción ou acollemento poderá exercerse durante o ano seguinte á efectividade da resolución xudicial ou administrativa sempre que no momento desa efectividade o menor non teña cumpridos os doce meses. Cando os dous proxenitores traballen, este dereito pode ser exercido indistintamente por calquera deles ou ratearse a súa duración. Nos supostos de parto, adopción ou acollemento múltiple, a duración do permiso incrementarase en proporción ó número de fillos. 2. O persoal funcionario interino tamén poderá gozar deste permiso nas mesmas condicións que o persoal funcionario de carreira sempre que se contemple que o seu nomeamento vaise a estender no tempo ata os doce meses do fillo. 6) Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban de permanecer hospitalizados a continuación do parto, o persoal funcionario terá dereito a ausentarse do posto de traballo durante un máximo de dúas horas diarias mentres dure o período de hospitalización, coa percepción íntegra das súas retribucións. Así mesmo, e nestes casos, o persoal funcionario ten dereito a unha redución por horas completas da súa xornada de traballo diaria de ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional das súas retribucións. 7) Para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto. As funcionarias embarazadas teñen dereito ós permisos necesarios para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto. Así mesmo, o persoal funcionario ten dereito ós permisos necesarios para acompañar ó cónxuxe ou parella de feito á realización destes exames e técnicas de preparación ó parto. 8) Para a realización de tratamentos de fecundación asistida. O tempo preciso para a práctica destes tratamentos, e a súa concesión estará condicionada á xustificación previa da súa necesidade dentro da xornada de traballo. Se a necesidade do desprazamento para recibir o tratamento o xustifica, a duración do permiso será de dous (2) días hábiles. Así mesmo, o persoal funcionario ten dereito ós permisos necesarios para acompañar ó cónxuxe ou parella de feito á realización dos tratamentos de fecundación asistida, nos termos establecidos para este permiso. 9) Por accidente ou enfermidade moi graves do cónxuxe ou parella de feito ou dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. O persoal funcionario ten dereito a un permiso para atender ó coidado destas persoas cunha duración máxima de trinta (30) días naturais. Cada accidente ou enfermidade xera o dereito a un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días naturais, poderase empregar dunha forma separada ou acumulada. 10) Para o cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal. O persoal funcionario ten dereito ós permisos necesarios, cuxa duración se limitará ó tempo indispensable para o cumprimento dos deberes que o xustifican. Considéranse deberes inescusables de carácter público e persoal a título enunciativo e non taxativo os seguintes: a) Comparecencia obrigatoria por citacións instadas por órganos xudiciais, comisarías ou calquera outro organismo oficial. b) Cumprimento de deberes cidadáns derivados dun proceso electoral. c) Asistencia a reunións dos órganos de goberno e comisións dependentes dos mesmos cando deriven estritamente do cargo electivo de concelleira ou concelleiro, así como de deputada ou deputado, ou senadora ou senador. d) Asistencia como membro ás sesións dun tribunal de selección ou provisión, con nomeamento da autoridade competente. e) Obrigacións cuxo incumprimento xeren ó interesado unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa. f) Expedición ou renovación de DNI, pasaporte, carné de conducir e demais xestións ante organismos oficiais. g) Para asistir a reunións de coordinación ordinaria con finalidades psicopedagóxicas no centro de educación especial ou de atención precoz onde reciba tratamento o fillo ou a filla con discapacidade, ou ben para acompañalo se ten que recibir apoio adicional no ámbito sanitario, polo tempo indispensable para levar a cabo estas actuacións. h) Asistir a reunións en centros docentes relativos a titorías. i) Saír a buscar ó fillo ou filla ou persoas maiores ou discapacitadas psíquicas, físicas ou sensoriais ata o segundo grao de consanguinidade ou de afinidade, ó recibir aviso do centro docente ou centro de día, para ir a buscalos por motivo de enfermidade ou outro motivo xustificado. j) O emprego do tempo necesario para facer unha doazón de sangue, medula ou plaquetas, de acordo co disposto no RD 1088/2005, do 16 de setembro. k) Asistencia de deportistas de alto nivel a competicións de carácter internacional, así como ás concentracións preparatorias destas, de acordo co disposto no RD 971/2007, do 13 de xullo. 10 bis) Para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar ou laboral e asistencia a consultas e revisións médicas. 1. As ausencias do persoal en que se aleguen causas de enfermidade, accidente e/ou incapacidade temporal requirirán o aviso inmediato ó Xefe do Servizo ou superior xerárquico directo e ó Servizo de RRHH así como o súa ulterior xustificación nos termos fixados nos apartados seguintes. 2. O persoal ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo durante o tempo indispensable para a asistencia a consultas e revisións médicas, sempre que estas débanse realizar durante a xornada laboral e atópense incluídas na carteira de servizos do sistema sanitario público e privado. 3. O persoal funcionario ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo para acompañar ás revisións médicas ó cónxuxe ou parella de feito, ós fillos e ás persoas maiores ó seu cargo, cando deban realizarse dentro da xornada laboral, “polo tempo indispensable”. Se a consulta se produce fóra da Comunidade Autónoma, concederase ademais un día (1) natural para o desprazamento. 4. Así mesmo, terase dereito “ó tempo indispensable” para acompañar a persoas maiores ou discapacitadas psíquicas, físicas ou sensoriais ata o segundo grao de consanguinidade ou de afinidade, que estean ó seu cargo por motivos de consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico e consultas de apoio en centros do ámbito sociosanitario. 5. Nos casos de ausencia ó posto de traballo como consecuencia da asistencia a consultas, probas ou tratamentos médicos, devandito período de tempo considerarase como de traballo efectivo, sempre que a ausencia limítese ó tempo necesario, e sexa xustificada documentalmente a asistencia e hora da cita no Servizo de RRHH. 6. Os casos de ausencia durante toda a xornada xustificaranse documentalmente ante o Servizo de RRHH mediante informe de Inspección Médica ou xustificante médico. 7. A ausencia ó posto de traballo durante a xornada considerarase xustificada mediante informe de Inspección Médica cando, unha vez iniciada a xornada de traballo, prodúzase unha enfermidade sobrevinda que motive que non se complete a xornada iniciada. 8. En caso de intervención médica invasiva ou cirurxía que non xere incapacidade temporal e ocasione a ausencia dun día, entenderase xustificada a ausencia durante todo o día, aínda que non se acudiu a traballar, coa presentación do informe de Inspección Médica ou xustificante médico que indique que se produciu a citada actuación. Do mesmo xeito procederase nos tratamentos de hospital de día. Ditas intervencións poderán xustificar a ausencia de días previos ou posteriores sempre que traian causa directa das mesmas. 9. En calquera caso, as ausencias por consultas ou revisións que se xustifiquen mediante informes médicos da Seguridade Social deberán de presentarse perante a Inspección Médica da Deputación, quen dará traslado da correspondente xustificación ó Servizo de Recursos Humanos da Deputación. 11) Por asuntos particulares, sen necesidade de xustificación, os días previstos na lexislación básica do Estado seis (6) días ó ano máis dous días adicionais ó cumprir o sexto trienio, incrementándose, como máximo nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo. A concesión deste permiso quedará supeditada ás necesidades do servizo. Se o tempo de servizo fose inferior ó ano natural, ratearase en función do tempo traballado, redondeándose á alza (+0,5) a favor do persoal solicitante. Os días de asuntos particulares non poderán acumularse ós períodos de vacacións anuais e o persoal poderá distribuílos á súa conveniencia, previa autorización dos seus superiores e respectando sempre as necesidades do servizo. Os días de asuntos particulares poderán acumularse ós días de vacacións que se podan gozar de forma independente (6 días hábiles). Así mesmo, con carácter excepcional e condicionado ás necesidades do servizo, tamén se poderán acumular todos os días de asuntos particulares á totalidade das vacacións anuais. Cando por esta razón non sexa posible gozar deste permiso antes da finalización do mes de decembro, poderá concederse ata o 31 de xaneiro do ano seguinte. Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás o servizo de Rexistro Xeral. Os calendarios laborais incorporarán dous días adicionais de asuntos particulares cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en festivo, sábado ou día non laborable. Cando nas citadas oficinas os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo, terase dereito a dous días adicionais de asuntos particulares. Non obstante o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar dun día adicional de asuntos particulares por cada día traballado. Incorporarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan en sábado ese ano. No caso de que o empregado público solicitase o goce dun día ou días de asuntos particulares e sobreveña unha incapacidade temporal, este quedará anulado. 12) Por matrimonio ou unión de feito. O persoal funcionario ten dereito a un permiso retribuído de quince (15) días naturais ininterrompidos, con plenitude de dereitos económicos a gozar nas datas que elixa o traballador, e deberá gozarse dentro do ano natural, e excepcionalmente no mes de xaneiro do ano seguinte se o feito causante prodúcese no mes de decembro. Poderá acumularse ó período vacacional anual. No caso de celebración de matrimonio en sede civil e/ou relixiosa, separada no tempo, este permiso só se gozará unha soa vez. Os conviventes que gocen deste permiso por “Unión de feito” e que con posterioridade contraian matrimonio, non terán dereito a gozar dun novo permiso por esta causa. 13) Para formación militar dos reservistas voluntarios ou dos aspirantes a tal condición: o persoal que teña a condición de reservista voluntario ou aspire a adquirir tal condición ten dereito ós permisos necesarios retribuídos para a realización da formación militar, básica e específica, e de formación continuada previstos na lexislación militar. B. Permisos por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. 1) As funcionarias en estado de xestación poderán gozar dun permiso retribuído, a partir da semana 37 de embarazo ata a data do parto. No suposto de xestación múltiple, este permiso poderá iniciarse o primeiro día da semana 35 de embarazo, ata a data do parto. 2) Permiso por parto. Nos casos de parto, a nai funcionaria ten dereito a un permiso retribuído de 16 semanas ininterrompidas, que se distribuirán á elección da persoa titular do dereito, sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. Non obstante a duración deste permiso alcanzará as 18 semanas de forma progresiva tal e como se sinala a continuación: - 17 semanas no caso de nacementos que se produzan no 2016. - 18 semanas no caso de nacementos que se produzan no 2017 e sucesivos. A duración deste permiso ampliarase nos casos e polos períodos que se determinan a continuación: - Discapacidade do fillo, 2 semanas máis. - Partos múltiples, 2 semanas máis por cada fillo a partir do segundo. - Partos prematuros ou aqueles en os cales, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, tantos días como o neonato atópese hospitalizado, ata un máximo de 13 semanas adicionais. Cando os dous proxenitores traballen, a nai poderá optar porque o outro proxenitor faga uso dunha parte determinada e ininterrompida do período de permiso posterior ó parto, de forma simultánea ou sucesiva ó da nai, sen que nos casos de aproveitamento simultáneo a suma dos períodos de duración do permiso poidan exceder dos límites establecidos neste artigo. O outro proxenitor poderá seguir facendo uso do permiso por parto, aínda cando no momento previsto para a incorporación da nai ó traballo esta atópese en situación de incapacidade temporal. No caso de falecemento da nai, o exercicio do dereito ó permiso previsto neste artigo corresponderá ó outro proxenitor, descontándose, de ser o caso, o período de duración do permiso consumido pola nai falecida. Este permiso poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo permítano, nos termos que se establezan legalmente. Durante o tempo de duración deste permiso, o persoal funcionario poderá participar nos cursos de formación que convoque a administración pública. 3) Por adopción, por garda con fins de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple. O persoal funcionario ten dereito a un permiso retribuído de 16 semanas ininterrompidas, do que se fará uso, por elección da persoa titular do dereito, en calquera momento posterior á efectividade da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso. Con todo, a duración deste permiso alcanzará as 18 semanas de forma progresiva tal e como se sinala a continuación:  17 semanas no caso de adopcións ou acollementos que se produzan no 2016.  18 semanas no caso de adopcións ou acollementos que se produzan no 2017 e sucesivos. A duración deste permiso ampliarase nos casos e polos períodos que se determinan a continuación: - Discapacidade do menor adoptado ou acollido, 2 semanas máis. - Adopción ou acollemento múltiples, 2 semanas máis por cada menor a partir do segundo. Cando os dous proxenitores traballen, o período de duración do permiso distribuirase a elección de ambos, que poderán facer uso do permiso de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos e sen que nos casos de aproveitamento simultáneo a suma dos períodos de duración do permiso poidan exceder os límites establecidos para este permiso. Este permiso poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo permítano, nos termos que se establezan legalmente. Durante o tempo de duración deste permiso, o persoal funcionario poderá participar nos cursos de formación que convoque a administración pública. Os supostos previstos neste apartado son os que se establecen na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano. 4) Adopción ou acollemento internacional. O persoal funcionario ten dereito, se fose necesario ó desprazamento previo ó país de orixe do menor, a un permiso de ata tres meses de duración, fraccionables a elección da persoa titular do dereito, e durante os cales se percibirán exclusivamente as retribucións básicas. O permiso pode iniciarse ata catro (4) semanas antes da efectividade da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou da efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento. 5) Por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo, o outro proxenitor, persoal funcionario, que non estea a gozar do permiso por parto ou por adopción ou acollemento previstos legalmente, ten dereito a un permiso retribuído de vinte e nove (29) días naturais de duración, a gozar a partir da data de nacemento, da efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da efectividade da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. Nos casos de parto, adopción ou acollemento múltiple, a duración deste permiso incrementarase nunha semana máis. Este permiso é independente do uso compartido do permiso por parto ou por adopción ou acollemento, e poderase gozar a continuación nos seguintes supostos: - Cando a persoa titular do dereito falecese antes da utilización íntegra do permiso. - Se a filiación do outro proxenitor non está determinada. - Cando na resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, recoñecéseselle á persoa que estea a gozar da garda do fillo ou filla. 6) Garantía de dereitos. O período de duración dos permisos recolleitos nos apartados anteriores, do 1 ó 5, computarase como de servizo efectivo para todos os efectos. Os funcionarios que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento tanto temporal como permanente, terán dereito, unha vez finalizado o período de permiso, a reintegrase ó seu posto de traballo en termos e condicións que non lles resulten menos favorables ó gozar do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia. Garántase a plenitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante o período de vixencia do permiso e, no seu caso, durante os períodos posteriores ó gozo deste naqueles casos nos que o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do tempo de gozo do permiso. 7) Permiso por razón de violencia de xénero. As faltas de asistencia das persoas funcionarias vítimas de violencia de xénero, total ou parcial, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda. 8) Para facer efectivo o seu dereito á protección e á asistencia social integral, os funcionarios que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o seu cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade, e os fillos dos feridos ou falecidos, sempre que ostenten a condición de funcionarios e de vítimas do terrorismo de acordo coa lexislación vixente, así como os funcionarios ameazados nos termos do art. 5 da Lei 29/2011, do 22 de setembro, terán dereito a unha redución de xornada con diminución proporcional de retribución, ou a reordenación do tempo de traballo a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables. Artigo 15 bis B. Solicitudes. Os permisos solicitaranse a través do portal do empregado con cando menos 72 horas de antelación, agás nos casos de urxencia ou imposibilidade para poderen acceder ó sistema, así como en supostos moi específicos previstos nestes artigos e non contemplados no portal do empregado. Os supervisores validarán estas ausencias cando os interesados acheguen os correspondentes xustificantes, que para cada suposto se detallan no anexo. Estas solicitudes deberán resolverse, cando menos, con 24 horas de antelación ó día solicitado. Artigo 15 bis C. Definicións. Para os efectos do disposto en materia de permisos e licenzas, enténdese por: a) Familiar de primeiro grao por consanguinidade e afinidade e familiar de segundo grao por consanguinidade ou afinidade, os cales se reflicten no seguinte cadro: Graos Titular/cónxuxe ou parella de feito 1º Nai/pai Sogra/sogro Filla/fillo Nora/xenro 2º Avoa/avó Irmá/irmán Cuñada/cuñado Neta/neto Enténdese asimilado ó fillo o menor en acollemento preadoptivo, acollemento familiar permanente ou acollemento familiar simple de duración superior a un ano. Así mes¬mo, enténdese asimilado a familiar de primeiro grao o cónxuxe ou parella de feito. b) Parella de feito: é a que respecto da persoa de referencia mantén unha relación que pode acreditar a través da inscrición nun rexistro público oficial de parellas de feito. c) Requirir especial dedicación: supón que é preciso que o suxeito reciba tratamento, atención, coidados ou asistencia continuada por terceiras persoas debido a problemas de saúde, entendida esta última como benestar físico, psíquico e social. d) Convivencia: relación baseada na cohabitación no mesmo domicilio. e) Ter ó seu cargo: relación de dependencia que non implica convivencia. f) Coidado directo: relación de dependencia que implica convivencia. g) Doenza moi grave: considérase como tal aquela que con este carácter determine o facultativo no correspondente informe médico ou a Inspección Médica da Deputación. h) Doenza grave: considérase como tal a hospitalización por máis dun día ou in-tervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario para o seu resta-blecemento ou curación ou cando así o determine o informe médico. i) Localidade: enténdese por tal o domicilio de residencia do empregado que figure na base datos do Servizo de Recursos Humanos. Artigo 15 bis D. Servizo activo. O gozo de vacacións, permisos e licenzas non altera a situación de servizo activo sendo de aplicación o réxime de incompatibilidades previsto na correspondente normativa. Artigo 16.- Licenzas. 1) Nos supostos de risco durante o embarazo, previstos na lexislación de prevención de riscos laborais vixente, ou nos casos de risco durante o período de lactancia natural do fillo menor de 12 meses, e non sexa posible a adaptación das condicións de traballo, ou esta non elimine o risco, nin sexa posible o cambio de posto de traballo ou de funcións, a funcionaria terá dereito a unha licenza, con plenitude de dereitos económicos, durante o tempo necesario para a protección da súa saúde, a do feto ou do fillo menor de doce meses. Nestes casos, a Administración completará ata o cento por cento a base reguladora do subsidio económico correspondente, recoñecéndoo aínda cando o persoal funcionario non reúna os requisitos para acceder a el. 2) Os funcionarios terán dereito a unha licenza por asuntos propios sen retribución, cunha duración que acumulada, non excederá de tres meses cada dous anos de prestación de servizos efectivos. A súa concesión estará subordinada ás necesidades do servizo. A súa concesión farase de acordo cos seguintes criterios: - A concesión desta licenza está subordinada ás necesidades do servizo e terá a dura-ción que solicite o persoal funcionario. Non obstante, a incorporación ó centro de traballo producirase, en todo caso, nun día laborable de prestación de servizos. - O tempo de duración desta licenza terá a consideración de servizos prestados unicamente para efectos de antigüidade e consolidación de grao persoal. - A Administración, mentres dure esta licenza sen retribución, manterá o persoal en alta especial no réxime de Seguridade Social que sexa de aplicación. - O persoal funcionario de novo ingreso só poderá solicitar esta licenza unha vez trans¬corridos dous anos desde o seu nomeamento. O persoal funcionario interino non poderá gozar desta licenza dada a natureza da súa condición. - O prazo de cómputo dos dous anos para o gozo dunha nova licenza por asun¬tos propios debe comezar a computarse no momento en que remate o gozo da licenza anterior. Unha vez esgotados os tres meses de duración máxima do permiso debe transcorrer un mínimo de dous anos para poder solicitalo de novo. Esta licenza solicitarase por escrito segundo o modelo oficial, co conforme do xefe do servizo ou do centro onde o funcionario preste servizos. 3) Licenza por enfermidade. 1. As enfermidades que impidan o normal desempeño das funcións públicas darán lugar, sempre que non proceda a xubilación por declaración de incapacidade permanente, ás licenzas que se concederán conforme ó establecido no réxime da Seguridade Social que resulte aplicable. A Deputación aplicará, ademais do previsto na Lei xeral de Seguridade Social, as seguintes regras para proceder ó abono do complemento por incapacidade temporal do persoal ó seu servizo: a) No caso de continxencias profesionais e continxencias comúns que xeren hospitalización ou intervención cirúrxica, así como nos de enfermidade grave, abonarase un complemento ata alcanzar o cento por cento das retribucións, desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal. b) No caso de enfermidade común non grave ou accidente non laboral, o complemento calcularase do seguinte modo. b.1. Desde o primeiro día da situación de IT ata o terceiro día, ambos inclusive, abonarase un complemento ata alcanzar o 50% das retribucións fixas que se percibían no mes anterior ó feito causante. b.2. Desde o cuarto día da situación de IT ata o vixésimo día, ambos inclusive, abonarase un complemento ata alcanzar o 75% das retribucións fixas que lle correspondan no mes anterior ó feito causante. b.3. Desde o vixésimo primeiro día ata o nonaxésimo, abonarase un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións básicas e complementarias. b.4. A partir do nonaxésimo primeiro, abonarase o subsidio establecido no Réxime xeral da Seguridade Social (75%) da base reguladora. 2. Nas situacións de maternidade, risco por embarazo, risco durante a lactancia natural e paternidade, percibirase un complemento á prestación económica de ata o 100% da súa retribución. 3. No caso de incapacidade temporal por continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social completarase, desde o primeiro día ata alcanzar o 100% das retribucións fixas que lle correspondesen no mes anterior ó da causa da incapacidade. 4. A referencia a días, entenderanse realizados a días naturais. 5. Excepcionalmente, se se acredita a gravidade da doenza a través da Inspección Médica da Deputación, conforme ós informes médicos requiridos, poderase prorrogar a licenza con plenitude de dereitos económicos, previo ditame favorable da Comisión Paritaria Mixta. 6. A Presidencia poderá efectuar a comprobación das baixas por enfermidade de calquera empregado, cando o considere oportunos, a través da Inspección Médica da Deputación. 7. Quen estea adscrito ós réximes especiais de Seguridade Social do mutualismo administrativo en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns, percibirán: - o 50% das retribucións, tanto básicas como complementarias, como da prestación de fillo a cargo, no seu caso, desde o primeiro ó terceiro día da situación de IT, tomando como referencia aquelas que percibían no mes inmediato anterior ó de causarse a situación de IT. - Desde o día cuarto ó vixésimo, ambos inclusive, percibirán o 75% das retribucións tanto básicas como complementarias, como da prestación por fillo a cargo, no seu caso. - A partir do vixésimo primeiro e ata o nonaxésimo, ambos inclusive, percibirán a totalidade das retribucións básicas, da prestación por fillo a cargo, no seu caso, e das retribucións complementarias. - Cando a situación de IT derive de continxencias profesionais, a retribución para percibir poderá ser complementada desde o primeiro día, ata alcanzar como máximo o 100% das retribucións que viñesen correspondendo ó devandito persoal no mes anterior de causarse a incapacidade. - A partir do día nonaxésimo primeiro, será de aplicación o subsidio establecido en cada réxime especial de acordo coa súa normativa. 8. No caso de segunda ou terceira baixa, derivada dun proceso anterior, por recaída respecto de una mesma patoloxía con tratamentos médicos periódicos, non se considerará como día primeiro de incapacidade temporal o que corresponda a cada un dos períodos de recaída, se non que se continuará o cómputo do prazo para partir do último día de baixa do período de incapacidade anterior. 9. Con carácter excepcional, nos supostos na que situación de incapacidade temporal implique unha intervención cirúrxica ou hospitalización, as retribucións para percibir desde o inicio desta situación, equivalerán igualmente ás retribucións que se percibisen no mes anterior ó da incapacidade, aínda cando a intervención cirúrxica ou hospitalización teñan lugar nun momento posterior, sempre que corresponda a un mesmo proceso patolóxico e non existise interrupción. Para a determinación da intervención cirúrxica a que se refire este apartado, considerarase como tal a que derive de tratamentos que estean incluídos na carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde. Os procesos de incapacidade temporal que impliquen tratamentos de radioterapia ou quimioterapia, así como os que teñan inicio durante o estado de xestación aínda cando non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou risco durante a lactancia, terán a mesma consideración de circunstancia excepcional. 10. A concorrencia das circunstancias sinaladas neste apartado deberán acreditarse mediante a presentación dos xustificantes médicos ou hospitalarios oportunos no prazo de vinte días desde que se produciu a hospitalización, intervención ou tratamento, sen prexuízo da posibilidade de presentar nova documentación nun momento posterior. 11. As actuacións da administración derivadas desta regulación e o tratamento da información obtida, están suxeitas ás obrigas establecidas na normativa sobre protección de datos de carácter persoal. 12. No suposto de IT, risco durante o embarazo e lactancia natural, o parte médico acreditativo da baixa, deberá presentarse non máis tarde do cuarto día desde que se inicie esta situación, no Rexistro Xeral da Deputación, podendo adiantarse por correo electrónico ó Servizo de Recursos Humanos e Formación, ou ó rexistro na seguinte dirección. rexistro@depo.es, sen prexuízo da entrega do documento orixinal no Rexistro Xeral. Os sucesivos partes médicos de confirmación, presentaranse da mesma forma descrita no parágrafo anterior, pero como máximo o terceiro día hábil seguinte á súa expedición. Unha vez expedido o parte médico de alta, a incorporación ó posto de traballo será o primeiro día hábil seguinte á súa expedición, presentando este parte polos medios indicados anteriormente para os partes de baixa e confirmación. No caso de incumprirse a obrigación de presentar os xustificantes de ausencia previstos neste apartado, estarase ó disposto respecto das ausencias inxustificadas, procedéndose a aplicar a dedución proporcional de haberes. 4) Licenza para supostos de hospitalización prolongada. O persoal terá dereito a unha licenza sen retribución de ata un mes de duración, no caso de hospitalización prolongada por enfermidade grave ou enfermidade que implique repouso domiciliario do cónxuxe, da parella de feito ou de parentes que convivan co traballador ou traballadora. 5) Licenza por estudos. 5.1. Para a realización de estudos sobre materias directamente relacionadas co contido do posto de traballo, poderanse conceder licenzas por un tempo máximo de seis (6) meses, supeditada a súa concesión en todo caso ás necesidades do servizo. Percibiranse durante este período unicamente as retribucións básicas. O tempo transcorrido nesta situación computarase a efectos de antigüidade, e terase dereito á reserva do posto de traballo. 5.2. Para a realización de cursos de formación sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou que posibilite a promoción profesional, previa solicitude da persoa interesada, supeditado ás necesidades do servizo e nas condicións fixadas por acordo da Xunta de Goberno. A duración desta licenza terá un límite máximo de 40 horas anuais retribuídas. 6) Licenza para a participación en proxectos o programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción comunitaria. 6.1. Poden concederse licenzas ó persoal funcionario para a participación en proxectos ou programas de cooperación para o desenvolvemento e de acción comunitaria por un período superior a seis meses, nos casos nos que non proceda o outorgamento da comisión de servizos prevista no apartado cuarto do artigo 26 da Lei 3/2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, ou norma que o substitúa. Estas licenzas poderán ter carácter retribuído, nos supostos e cos requisitos que regulamentariamente se determinen. 6.2. A concesión destas licenzas estará subordinada, en todo caso, ás necesidades do servizo. DISPOSICIÓNS FINAIS I. En todo o que non se contemple expresamente nos apartados anteriores, estarase ó disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, modificada pola Lei de emprego público de Galicia e Real decreto lei 5/2015, do 30 de outubro, do estatuto básico do empregado público. II. Os supostos particulares e/ou excepcionais serán valorados de forma individualizada pola Comisión Paritaria Mixta. ANEXO. Relación de documentación mínima esixida para a concesión dos permisos, sen prexuízo da achega doutra documentación requirida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante. 1. Permiso por falecemento, accidente ou doenza grave ou moi grave dun familiar: - Documento xustificativo do falecemento. - Documento xustificativo do accidente ou doenza grave ou moi grave do familiar ou informe da Inspección Médica da Deputación no que se especifique se é grave o moi grave. - O grao de parentesco e a relación familiar acreditarase co libro ou libros de familia ou documento que o substitúa, coa certificación do Rexistro Civil ou ben coa inscrición en calque¬ra rexistro público que acredite o feito causante. - Nos supostos de accidente ou de doenza moi grave, a situación de convivencia, de ser o caso, debe ser acreditada mediante certificado de empadroamento ou outro docu¬mento expedido polo concello de residencia. 2. Permiso por traslado de domicilio: - Documento acreditativo de cambio efectivo de do¬micilio: escritura de propiedade, contrato de aluguer, certificado de empadroamento, certificado de convivencia de non ser propietario ou inquilino do inmoble ou calquera outro documento válido en dereito. 3. Permiso para concorrer a exames finais e demais probas de aptitude: documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, ó exame final ou á proba de acceso ou in¬greso na función pública, no cal conste lugar, data, hora do exame e centro de realización das probas. 4. Permiso de lactancia: de forma simultánea á solicitude do permiso a funcionaria deberá acreditar documentalmente a data de nacemento do fillo mediante a presentación da fotocopia do libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro Civil, ademais deberase xustificar documentalmente que o outro proxenitor non goza pola súa vez deste permiso. 5. Permiso por nacemento de fillos que deban permanecer hospitalizados despois do parto: – Fotocopia da partida de nacemento do fillo que orixina o dereito ó permiso. – Documento que acredite a hospitalización do fillo que xere o dereito ó permiso ou da súa condición de prematuro. 6. Permiso para a realización de exames prenatais ou de técnicas de preparación ó parto: – Documento xustificativo da realización de exames prenatais e das técnicas de prepa-ración ó parto dentro da xornada laboral e documento de asistencia. 7. Permiso para tratamentos de fecundación asistida: documento xustificativo da realización de tratamentos de fecundación asistida dentro da xornada laboral. 8. Permiso de asistencia ó médico: documento xustificativo do centro sanitario acredi-tativo da presenza neste dentro da xornada laboral ou informe da Inspección Médica da Deputación na que conste esta circunstancia. 9. Permiso por deber inescusable público ou persoal: orixinal ou copia compulsada da citación ou convocatoria do órgano xudicial, órgano administrativo, órgano de goberno ou calquera outro órgano oficial do que se trate ou das comisións dependentes deles. Se é o caso, documento acreditativo de ter a condición de elixible no proceso electoral ou de formar parte dunha Mesa electoral. No caso de conciliación da vida familiar poderá esixirse a correspondente xustificación documental. No caso de consulta ou revisión médica: informe da Inspección Médica da Deputación ou xustificante da consulta. 10. Permiso por razón de violencia de xénero: acreditarase mediante calquera das fór-mulas sinaladas no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, para a prevención e o tratamen¬to integral da violencia de xénero. 11. Permiso por parto: certificado médico oficial, certificado do nacemento do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se produciu o nace¬mento. Se o inicio do permiso se produce antes do parto, xunto coa solicitude correspon¬dente presentarase o documento xustificativo de atoparse no período de dez semanas anteriores ó parto. 12. Permiso por adopción ou por acollida preadoptiva, permanente ou simple: – Resolución administrativa ou xudicial da adopción ou da acollida na cal conste, se é o caso, o carácter internacional da adopción ou da acollida. – No caso de que o permiso se amplíe por discapacidade do neno adoptado ou acollido: documento médico acreditativo da discapacidade. – Se a adopción é internacional xunto coa solicitude presentarase documentación ofi-cial acreditativa da tramitación da adopción, co obxecto de autorizar o inicio do permiso con anterioridade á data en que esta se produza. Posteriormente, deberá presen¬tarse a correspondente resolución xudicial de adopción. 13. Permiso por paternidade: libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro Civil ou certificación da inscrición no rexistro. 14. Permiso por matrimonio: fotocopia compulsada do libro de familia ou da inscrición no rexistro correspondente. 15. Licenza por doenza: parte médico de baixa. 16. Redución de xornada por razóns de garda legal: documento legal acreditativo desta, así como, se é o caso, da idade, discapacidade ou especial dedicación que requira a per¬soa en cuestión. 17. Permiso por coidado do fillo menor afectado por cancro ou outra doenza grave: informe médico do menor tal e como se indica na instrución, libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro Civil ou certificación da inscrición no rexistro, de ser o caso, documentación acreditativa do acollemento ou adopción, vida laboral do outro proxenitor que acredite a súa condición de asalariado, certificado que acredite que o outro proxenitor do menor non cobra as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. 18. Outros permisos contemplados no Acordo Regulador, non recollidos expresamente no portal do empregado e que se integran no concepto “Outros”: Especificar o motivo polo que se solicita. 19. Informes médicos: Deberanse presentar na Inspección Médica da Deputación. En todo caso os informes médicos dirixidos ó Servizo de RRHH deberan ser custodiados por funcionarios de carreira. 20. Xustificantes de ausencias por consulta ou revisión médica do funcionario ou acompañamento a consulta ou revisión médica dun familiar: Poderase presentar en sobre cerrado dirixido á Inspección Médica da Deputación, quen xustificará a ausencia ante o Servizo de RRHH e Formación. Tamén poderase presentar directamente no Servizo de RRHH e Formación ou a través do portal do empregado, a libre elección do interesado. De non constar no expediente persoal do interesado deberá de acreditarse en RRHH o grao de parentesco e a situación de convivencia. ADAPTACIÓN DO I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL A redacción dada ó Acordo Regulador para persoal funcionario aplícase tamén ó I Convenio Colectivo para persoal laboral, modificándose os seguintes artigos en todo o seu contido: Capítulo VII Xornada e horario (artigos 21 a 26): artigo 21 xornada, artigo 22 pausa durante a xornada, artigo 23 xornada de verán, artigo 24 traballo nocturno, artigo 25 absentismo, artigo 26 comunicación de ausencias. Capítulo VIII Vacacións, licenzas e permisos (artigos 28 a 30): artigo 28 vacacións, artigo 29 permisos e artigo 30 licenzas. 3.6764.- ADAPTACIÓN DO I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL Á NORMATIVA REGULADORA DA CONTRATACIÓN LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 3. Adaptación do I Convenio colectivo para persoal laboral á normativa reguladora da contratación laboral de duración determinada. Para a súa explicación ten a palabra o Sr. Font. Sr. López Font.- Gracias de novo Presidenta. Todavía más breve que en el anterior. Esto es una adaptación de una normativa legal, como saben todos ustedes, los contratos laborales por circunstancias de la produción en situación normal su máxima duración es de 12, dentro de los 12 meses sólo puede tener una duración máxima de 6 meses, pero esa misma normativa lo que permite es que por convenio colectivo se pueda acordar una duración máxima de estos contratos hasta el período de computo de 18 meses y que el contrato tenga un máximo de 12 meses en ese período. Como el Convenio colectivo para el personal laboral de la Diputación de Pontevedra no recoge expresamente ningún apartado en esta modalidad entendimos, la representación laboral y el gobierno, que era bueno acogernos a esta modalidad para que los contratos de circunstancias de la producción pudieran irse a un máximo de 12 meses. Pensemos en cualquiera de las dependencias de esta Diputación, Príncipe Felipe pudiera ser el mejor ejemplo, pero parece más lógico que siempre y cuando respetemos la normativa y la legalidad estos contratos puedan ir a un máximo de 12 meses porque, evidentemente, nos facilita mucho más la prestación de servicio y nos facilita mucho más la agilidad en el trabajo y la continuidad del desempeño de los puestos que realizan las personas a las que contratamos. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Non habendo máis peticións de palabras sometemos a votación a adaptación do I Convenio colectivo para persoal laboral á normativa reguladora da contratación laboral de duración determinada. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. ANTECEDENTES 1º.- O Real decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenrola o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, regula os supostos da contratación de duración determinada, e as súas condicións. O artigo 3, relativo ó contrato eventual por circunstancias da produción, permite no seu “apartado dous” que os Convenios Colectivos de ámbito sectorial estatal, ou no seu defecto, os Convenios Colectivos Sectoriais de ámbito inferior, poidan modificar indistintamente: - A duración máxima do contrato. - O período dentro do cal pode celebrarse. - A duración máxima do contrato e o período dentro do cal pode celebrarse. Respecto á duración máxima deste contrato, o artigo 15.1 b) do Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, dispón que estes contratos poderán ter unha duración máxima de seis meses, dentro dun período de doce meses, contados a partires do momento en que se produzan ditas causas. Por convenio colectivo de ámbito sectorial estatal poderá modificarse a duración máxima destes contratos e o período dentro do cal se poida realizar en atención ó carácter estacional da actividade en que ditas circunstancias se poidan producir. En tal suposto, o período máximo dentro do cal se poderán realizar será de dezaoito meses, non podendo superar a duración do contrato as tres cuartas partes do período de referencia establecido nin, como máximo, doce meses. 2º.- O I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra regula no seu artigo 19 o “Persoal temporal”, sen recoller expresamente en ningún apartado as modalidades contractuais. 3º.- Co fin de ofrecer unha maior estabilidade e continuidade dos/as traballadoras contratados/as nos diferentes Centros e Servizos cando sexa necesario cubrir unha necesidade por circunstancias da produción ou acumulación de tarefas, sería conveniente adaptar o contido do Convenio Colectivo e posibilitar a ampliación da duración máxima prevista para estas contratacións e o seu período de referencia. En base ós antecedentes e disposicións normativas citadas, vistos os informes do Servizo de Recursos Humanos e de Intervención, e o ditame favorable da Comisión informativa de Facenda e Réxime Interior, o Pleno acorda por unanimidade: Modificar o Convenio Colectivo de persoal laboral da Deputación e introducir no artigo 19 o seguinte texto: CAPÍTULO VI SISTEMA DE PROVISIÓN DE VACANTES E PROMOCIÓN ARTIGO 19.- PERSOAL TEMPORAL “1. As necesidades non permanentes de persoal laboral atenderanse mediante a contratación de persoal temporal a través da modalidade máis axeitada para a duración e o carácter das tarefas a desempeñar, previstas no Real decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada. Nos casos de contratacións temporais por circunstancias da produción, a duración máxima deste contrato será de (doce) 12 meses dentro dun período de dezaoito (18) meses. Este período de referencia computarase desde que se produza a causa ou circunstancia que xustifique a utilización do contrato eventual. No caso en que este contrato eventual se concerte por un prazo inferior á duración máxima establecida, poderá prorrogarse por acordo das partes, por unha única vez, sen que a duración total do contrato poida exceder de dita duración máxima. Para o resto das necesidades de contratación de carácter temporal, estarase ao disposto na lexislación vixente de aplicación.” Os parágrafos segundo, terceiro e cuarto deste artigo manteñen a mesma redacción. 4.6765.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE SANXENXO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA DO 1,5% POLA UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 4. Delegación do concello de Sanxenxo na Deputación de Pontevedra das facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5% pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais. ¿Observacións?. Non habendo, se somete a votación. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno do concello de Sanxenxo na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5% pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a prol de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta. Polo Servizo de Recadación (14/01/2016), Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección (23/02/2016), Servizo Xurídico (26/02/2016) e Servizo de Intervención (04/03/2016) da Deputación de Pontevedra – ORAL, emitíronse sendos informes favorables á delegación acordada. O artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, de acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, prevé que as entidades locais poidan delegar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus tributos e demais ingresos de dereito público nas entidades locais en cuxo territorio estean integrados, mediante acordos plenarios de delegación e aceptación e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais da provincia e da comunidade autónoma. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou o concello de SANXENXO, segundo se detalla. CONCELLO DE SANXENXO: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 30 de novembro de 2015, nos seguinte termos: Aceptar a delegación das facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5% pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a prol de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de interese xeral, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta. A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na vixente Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL), aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, e nas demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, na normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ao pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial prestará ao concello a colaboración necesaria para levar a cabo as súas obrigas consecuencia da delegación efectuada e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Sanxenxo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6766.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE A ESTRADA NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRAMENTO NA TESOURERÍA DO CONCELLO Sra. Presidenta.- No punto 5. Delegación do concello de A Estrada na Deputación de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na tesourería do concello. ¿Observacións?. Non habendo se somete a votación. ¿Votos a favor?. Queda, tamén, aprobado por unanimidade. O Pleno do concello da Estrada na sesión celebrada o día 3 de marzo de 2016 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesourería do concello, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. Polo Servizo de Recadación (17/03/2016), Servizo Xurídico (17/03/2016) e Servizo de Intervención (04/04/2016) da Deputación de Pontevedra–ORAL, emitíronse sendos informes favorables á delegación acordada. O artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, de acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, prevé que as entidades locais poidan delegar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus tributos e demais ingresos de dereito público nas entidades locais en cuxo territorio estean integrados, mediante acordos plenarios de delegación e aceptación e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais da provincia e da comunidade autónoma. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou o concello da ESTRADA, segundo se detalla. CONCELLO DA ESTRADA: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 3 de marzo de 2016, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesourería do concello, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na vixente Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL), aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, e nas demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, na normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ao pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial prestará ao concello a colaboración necesaria para levar a cabo as súas obrigas consecuencia da delegación efectuada e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo Pleno do concello de A Estrada publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.6767.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA RECUPERAR A LIÑA DE AXUDAS ÁS COOPERATIVAS GANDEIRAS DO NORTE PROVINCIAL Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 6. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para recuperar a liña de axudas ás cooperativas gandeiras do norte provincial. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Moi bos días a todos. Non cabe dúbida que é notorio que todo está mal por mor da crise, e iso afecta a todo o territorio nacional, pero si está mal en tódolos eidos, cecais no agrario estea un pouquiño peor, eu creo que os que peor o están pasando neste momento é o agro. Eu entendo que Galicia, a Galicia interior sobre todo, pero Galicia en xeral, é un país que leva terra nos pés, e cando digo que leva terra nos pés non o digo con sentido peyorativo, faltaría máis, senón ó contrario, case non hai ningún galego en primeira, segunda ou, como moito, terceira xeración, que non proveña do agro, salvo algunhas nobles familias, de rancio abolengo, que tivo este país e que se contan máis ben cos dedos da mao, o resto todos temos terra nos pés, no bo sentido da palabra. E parece como, na última metade do século XX donde esa Galicia era fundamentalmente, por non dicir case exclusivamente agraria, parece como se houbera un rexeitamento, probablemente por un montón de cuestións que non vén aquí, non vén ó caso enumerar, pero si que parece que houbera como, eu lémbrome que dicían os vellos que traballar na terra había que evitalo si se podía porque era a última carta da baraxa. E a maioría dos agricultores, pois, procuraron darlle o mellor que puideron acubillo ós seus fillos, estudiaron os que puderon, outros, desgraciadamente, pois tiveron que ir para a emigración. Exportamos unha mao de obra barata para a emigración, no seu momento, aínda que despois tivo un retorno importante, porque o galego somos unha caste traballadora, e alí onde foron, lexos de crear conflitos, integráronse perfectamente e intentaron facer vida o mellor posible para as súas familias. E ó final conseguiuse que o rural, por unha razón e por outra, e podiamos enumerar hasta media ducia delas, esas son probablemente as máis salientables, foi esmorecendo, foi esmorecendo e sigue esmorecendo, e dáse a circunstancia que a día de hoxe na franxa cantábrico-atlántica, en un tercio de territorio viven dous tercios de poboación, e ó revés no interior, en dous tercios de superficie vivimos escasamente un tercio de poboación, e “in crescendo”, o cal é un problema, é un problema tendo en conta a demografía como vai en Galicia, tendo en conta que non somos moi produtivos á hora de ter fillos e de ter relevo xeracional, eso acrecéntase máis no mundo rural, na Galicia interior, inda que é preocupante loxicamente en todo Galicia. E, creo que calquera plan que contribúa a buscar un equilibrio territorial sería moi necesario para Galicia, porque senón teremos unha Galicia de dúas velocidades, onde hai unha Galicia máis próspera que está na franxa costeira e unha Galicia máis precaria que está no interior. Esta Galicia máis precaria que está no interior, ahora que se dedica fundamentalmente á agricultura, está tendo máis problemas que nunca. E o motivo desta moción vén, basicamente, porque si é certo que non hai en xeral en Galicia unhas condicións moi idóneas para medrar, por culpa de que hai moito paro, etc., etc., probablemente no interior, ou sen dúbida, non hai neste momento as condicións máis axeitadas para medrar e multiplicarse no agro. E cada paso hai menos relevo xeneracional, probablemente por esa parte xenética que temos os galegos do que herdamos dos nosos pais e dos nosos avós, de que a terra é moi dura e, polo tanto, traballar nela pois é máis difícil, é moi difícil. Hoxe mecanizouse moito o agro, hoxe en, Galicia sempre tivo unhas condicións agro-climáticas para competir con calquera punto de Europa na produción de forraxes. Galicia modernizouse moito nos últimos tempos, hai unhas maquinarias, vaste ver as últimas tractoradas para ver o nivel de maquinaria que teñen os nosos gandeiros, pero o que non cabe dúbida é que teñen unhas moi malas condicións no prezo do leite, e tamén, en parte, por culpa de que en Galicia non se deron as mellores circunstancias para ter ese famoso e ansiado grupo lácteo. De aí temos culpa todos, teñen moita culpa os gandeiros, teñen moita culpa as cooperativas, e teñen moita culpa os sindicatos, porque ás veces dá a sensación de que gústalles máis estar escagallados ca xuntos, por aquilo de que somos moi parroquianistas e gústanos ter a nosa parroquia, iso fainos máis pobres probablemente, iso ocorre a todos os niveis, pero especialmente no agro. As cooperativas é probablemente, aínda que hai moitas e mal habidas en moitos casos, porque non hai unha coordinación que tiña que haber entre elas, non cabe dúbida que son as que poden aguantar ese tirón que ahora mismo precisa o agro, ese tirón que precisan aquelas explotacións que teñen condicións para ser competitivas, independentemente de que hai que lle buscar unha saída razoable o produto, e ese é o motivo de que nós metamos unha moción neste momento, que xa advertimos que iamos a meter cando se fixo o orzamento, nós pedimos unha partida para as cooperativas de gandeiros e para as cofradías, díxosenos que non se metía e que este ano que non ía haber ese tipo de axudas. Ahora vemos que se fai unha modificación de crédito, por certo unha modificación de crédito un tanto rara, donde aparece unha partida de 400.000 euros, pero cunha redacción un tanto rara, motivo polo que nós non nos poderíamos dar moito conta cando nesta partida dice que hai 400.000 euros destinadas a familias e institucións sen fins de lucro, convenios, formación, emprego, 400.000 euros. Home, familias e institucións pode ser, pero se hai unha palabra que se chama cooperativas ou cofradías non sei por que se quita de aí. Polo tanto, ¿poderase destinar eses 400.000 euros?, non teño ningunha dúbida, pero dende logo o título non é o máis axeitado porque as cooperativas eu creo que é lexítimo que teñan fins de lucro. Polo tanto, algo debeu pasar aí na redacción desa modificación de crédito, que non había porque facer esa modificación de crédito se nos houberan feito caso cando fixeron o orzamento, destinando unha partida neste momento para o agro, porque a Presidenta acaba de dicir que moitas, e que vai a ter todo o apoio, a min paréceme moi ben. O sindicalista que estivo hoxe connosco aquí, Román Santalla, falou da campaña Galega 100%, e eu lémbrolle á Presidenta que aquí aprobouse unha moción, proposta por nós, de Galega 100%, e aprobouse por unanimidade, e a día de hoxe non se fixo unha soa acción por parte desta casa. Polo tanto, si podemos aprobar as mocións que nos dea a gana, senón facemos nada con elas realmente non valen para nada. Aquí aprobouse unha moción Galega 100% para contribuír ó desenvolvemento de darlle cabida, darlle pulo ó noso leite, pois hasta o día de hoxe eu non vin ningunha acción desta casa, despois de varios meses de aprobada a moción, encamiñada a satisfacer esa necesidade. Polo tanto, moi, as palabras, nas palabras no me queixo, os feitos máis ou menos. Logo, outra cousa que non me parece razoable é que nós presentamos a moción, eu teño unha reunión convocada cas cooperativas da comarca da zona norte da provincia de Pontevedra, e á mañán, o véspera á noite chaman ó Presidente de Xuncoga a unha reunión nesta casa para dicirlle que si, que vai haber 200.000 euros, porque hai unha modificación de crédito que os do PP non nos enteramos porque estabamos a dormir, e que polo tanto hai unha modificación de 400.000 euros, 200.000 para as cooperativas e 200.000 para as cofradías. Ben, primeiro, eu alégrome de que a haxa, non o sabiamos, alégrome de que a haxa, pero paréceme a todas luces insuficiente, porque se nós no ano catorce, que foi o último ano que se deron subvencións metemos 600.000 euros para cofradías e para cooperativas, entendo que dous anos despois, porque o ano pasado hai que entendelo como un ano de transición donde houbo o cambio de corporación, etc., e hasta certo punto é normal que quedara, que quedara eso en stanbay. Pero este ano cando as cooperativas, perdón, cando os gandeiros están peor que hai dous anos e moito peor que hai catro anos, e levaban subvención, entendemos que reducir esas subvencións no 50% non nos parece o máis axeitado. Eu creo que esa partida é a todas luces insuficiente, eu o que pido na moción é que se cree unha partida, neste caso tería que ser que se suplemente a partida, que con ese epígrafe tan raro de familias e asociacións sen ánimo de lucro, pois está aí creada, que se suplemente, e como mínimo, nun ano tan complicado como este, que se poña a misma cantidade que se puxo no ano quince e se é posible incluso máis. Nesta primeira intervención non teño máis nada que dicir. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Crespo. Non teño máis palabras pedidas, senón, senón a pide Sr. Font, non a ten. Agora si, ten a palabra Sr. Font. Sr. López Font.- Disculpe Presidenta, pero pensé que iban a intervenir el resto de los grupos. Bueno, Sr. Crespo, me parece sorprendente que no haya retirado usted esta moción, me parece muy sorprendente que no la haya retirado. Y estaba, como no la retiró estaba intentando adivinar por donde iba a ir usted, y bueno, la parte del discurso intimista, el reconocimiento a nuestros, a nuestros ciudadanos que viven y que trabajan en el campo pues si lo compartimos. Pero claro, esta es una moción que usted ha presentado con carácter político y yo le tengo que responder desde esa óptica. Mire, en primer lugar, debo de decirle que esta es la moción de la nostalgia, es la moción de la nostalgia porque usted en esta moción quiere justificar lo que hicieron gobiernos anteriores, pero el curso 11-15 ya pasó Sr. Crespo, y ya votaron los ciudadanos y ya decidieron que gobierno tienen tanto los ayuntamientos como la Diputación. Y lo peor de todo es que en la exposición de motivos no se ajusta a lo que es la realidad, ni se ajusta a los sectores, porque confunde agro, en ocasiones hace referencia al sector gandeiro, outras agro-gandeiro y demás, ni tampoco a lo que ustedes hicieron. Porque ustedes hacen mención, usted hace mención en su moción a que durante 10 años se dieron una serie de ayudas y esto, comprobado los datos, es absolutamente falso. Mire Sr. Crespo, claro que le damos importancia a las cooperativas agro-gandeiras, por eso nuestra colaboración con todos los sectores económicos. Y desde el punto de vista político me va a permitir la frase coloquial, usted en esta moción y con respecto a este tema se ha columpiado, y mucho, y eso es lo que le ha pasado a usted en relación con esta moción. También es esto consecuencia del poco rigor del que normalmente ustedes hacen gala, porque hoy habla de la modificación de crédito de 400.000 euros y a la hora de redactar esta moción no debía de tener usted conocimiento de esa modificación de crédito cuando fue aprobada aquí. Parece ser que tampoco sabía que estaban previstas reuniones con el sector, trata de hacer un juego de confusión de un día, de otro día, lo que sí es cierto es que la Presidenta se reunió con el sector, y que el sector apoyó la modificación orzamentaria, y apoyó las líneas de actuación que se planteaban, eso es lo cierto. Y, también es cierto que usted tenía una reunión posterior en la que llegó tarde a este tema. Y debo de decir, inclusive, que cuando usted en esa reunión, yo me imagino que en esa forma de hacer política que tienen ustedes en todos los aspectos, de enredar un poquito bastante, el sector se sorprendió con lo que usted planteaba, porque ya existía el contacto con el gobierno de la Diputación y, por lo tanto, no entendían lo que usted pretendía. Y cariñosamente también, le diré, que en esa reunión le pusieron en su sitio y le pusieron en su sitio porque es difícil intentar movilizar, enredar a alguien que ya ha acordado con quién realmente tiene que acordar. Por tanto, asistir a una reunión planteando una serie de cuestiones y que a uno le digan que este tema ya ha sido solucionado, y ya ha sido tratado, pues ciertamente, por eso le decía, desde el afecto personal, que se columpió en relación con este tema, con algún detalle, y es que usted plantea el que también hay ayudas para la maquinaria, y el sector no quiere ayudas para la maquinaria porque corresponde a la Xunta de Galicia. Con lo cuál, bueno, es de estas cosas que, posiblemente, nos pasen a todos en política, pero ciertamente lo debió de pasar usted mal. Pero mire, retomemos, es una modificación de 400.000 euros, evidentemente, para cooperativas y para cofradías, con las bases a punto de aprobarse en concurrencia competitiva, claro que sí, como todo lo que sacamos, en concurrencia competitiva y además para todas las actividades que se les manifestó al sector y que puedo hacer mención a alguna: comercialización y valoración de las producciones, ayudas a investimentos para construcións, ayudas para adquisición de equipos, todas estas cuestiones se les plantearon y en todas estas cuestiones estuvieron de acuerdo. Sr. Crespo, así no vamos bien, mire, yo le diré que nosotros como gobierno provincial sabemos lo que nos traemos entre las manos, tenga la seguridad de que sabemos lo que tenemos en nuestras manos, y sabíamos también a donde veníamos, sabíamos a donde veníamos a gobernar y nos hemos preparado, Sr. Crespo, para estar aquí. No hemos aparecido casualmente, sabíamos dónde veníamos, sabíamos a lo que veníamos, con una hoja de ruta desde el primer momento, y esa hoja de ruta es la transparencia, es la igualdad y es el apoyo a todos los sectores económicos, incluido los que usted plantea, no tenga ninguna duda Sr. Crespo. Lo que sí es cierto es que estábamos preparados para asumir este gobierno pero desconocíamos con detalle consecuencias como las que nos vamos encontrando. Desconocíamos como se manejaban ciertos fondos europeos y el perjuicio que se le ocasionaba a esta administración. Porque claro que todas las ayudas son insuficientes, lo que ocurre es que este gobierno si no se viese abocado a devolver tres millones y medio y a perder el reembolso de otros seis millones y medio a lo mejor, Sr. Crespo, estas ayudas podrían ser superiores, no tenga ninguna duda. Pero mire, lo que no se puede hacer es manipular los datos, lo que no se puede decir en la moción, repetidamente, en dos ocasiones, es que durante diez años ustedes han estado apoyando a este sector, cuando es absolutamente falso, cogiendo diez años, ustedes, de acuerdo con las cifras presupuestarias, si, podrá haber mucha sonrisa pero los números son los que son, ayudas cooperativas año 2009, 270.000 euros, ayudas cooperativas año 2010, 200.000 euros, y ayudas cooperativas 2014, 300.000 euros, estos son los datos. Podría haber puesto usted en los últimos quince, veinte o cuarenta años, pero puso diez, y solo hay estas ayudas, Sr. Crespo. Entonces, el discurso intimista, como le decía al principio, está ciertamente bien, y además, luego, claro, con una paradoja, que no es paradoja, que era su forma de actuar en política, de cómo se pagaron estas ayudas de estos tres años. La del 2014, evidentemente, coincidiendo con año electoral, pero es que también los pagos de 2010 y 2011 se atrasaron al 2011 para hacerlos coincidir con las elecciones municipales. Por lo tanto, hay que trabajar con rigor Sr. Crespo, y si se quiere presumir de gobierno anterior hay que ser muy cuidadoso, porque ustedes no han sido los adalides de haber apoyado a los sectores económicos, y no lo han hecho desde la libre concurrencia. Por lo tanto, el que, claro el papel lo soporta todo, y decir, y quien lea este papel desde fuera que en los últimos diez años parece que hemos apoyado desde la Diputación a todos los sectores, y en especial a este, eso y nada es lo mismo, Sr. Crespo, no puede ser, no se pueden hacer mociones, y hay que trabajárselas, con una falta de rigor tan clara como para hacer creer que apoyamos a unos sectores cuando esto no es así. Por lo tanto, mire, sinceramente, también su intervención llena de contradicciones, porque, bueno, el decir, hombre, que una partida que ya usted sabe a lo que va ir dirigida, denominarla como rara, bueno, pues a lo mejor como chiste está muy bien, pero no es rara, Sr. Crespo, es para cooperativas y es para cofradías. Y luego claro, están ahora ustedes en una cruzada sobre el tema de las modificaciones de crédito, y yo no dejo de sorprenderme de ustedes, pero si usted lo dice en su moción, que en los pocos años, que los acabo de decir, en los que hubo una ayuda a este sector lo hacían ustedes a final de año, si lo dice usted. ¿No le parecerá mejor que lo hagamos ahora al principio?. Mire, yo creo que tienen que tomar nota, se lo digo cariñosamente, tienen que tomar nota de una máxima, el presupuesto cuando llegue el día 31 de diciembre del 2016 es un conjunto por el que se nos tendrá que juzgar de lo que se hizo de previsión en principio, pero con modificaciones que están justificadas como esta. Por lo tanto, yo le pido rigor y le garantizo que nuestra apertura, que nuestro diálogo con los sectores económicos es total, y estamos aquí para solucionarles sus problemas, cuestión que ustedes no hicieron. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Para finalizar o debate ten a palabra o Sr. Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Ben. Sr. Font, mire, eu sonlle de aldea non é nin mellor nin peor, pero a min non me dan facilmente gato por lebre. Vostedes non querían dar ningunha axuda a cooperativas este ano, ningunha. A proba máis evidente é que a Agricultura, e é un pacto que fixeron vostedes o bipartito, depende do Bloque Nacionalista Galego, dependía, non de vostedes, quen leva Areeiro, quen leva Mouriscade, e quen leva o sector, a Sección de Agricultura era hasta o de agora do Bloque Nacionalista Galego. E mire, eu sonlle do campo, e vivín no campo e vivo no campo, dende hai moitos anos, e coñezo como funcionamos, e vostede debe pensar, que inda que vivimos a 80 km. de aquí, que non nos enteramos do que pasa aquí, e si nos enteramos. Mire, eu sabía que vostedes este ano non querían dar ningunha axuda, non me engañe, non engañe á xente, non querían dar ningunha axuda ás cooperativas, porque o falei co Sr. Mosquera e me dixo que non, díxenlle, “oe, vos levades agricultura, ¿ides dar algo pas cooperativas?”, dixo, “non, eso acabouse, eso acabouse”. Eu sei que despois Unións Agrarias e algunhas cooperativas vencelladas a vostedes coma a de Rodeiro, porque o presidente da cooperativa de Rodeiro é un membro do Partido Socialista, foi concelleiro alí moito tempo, lle apretaron as caravillas, viñeron aquí a apretarlle as caravillas a vostedes, e non diga que non porque minte, viñeron aquí a dicirlle, non pode ser que o Partido Popular nos dera subvencións, moitas ou poucas pero as que se podían, non pode ser que o Partido Popular fixera unha política de meter en Mouriscade moitos millóns de euros y alí están pa ver, alí hai o mellor laboratorio agro, ¿como vostede pode ter a cara dura?, perdón pola expresión, ¿como pode ter a desfachatez de dicir que nós non nos preocupamos polo sector primario?. Mire, eu nacín entre as cooperativas, eu fun presidente dunha cooperativa en Lalín, e coñézoas porque son os meus compañeiros, eu veño de aí, a moita honra. Polo tanto, mire, alí levámonos todos, podemos ter opinións distintas, incluso políticas, pero falamos entre nós, e eu sei o que pasou con eso, o que pasou é que as cooperativas de alí colleron a vostedes e déronlle un retorcijón de orellas, ou doutra cousa, para arreglar o problema, e o Bloque sen querer, os mismos deles alí dicían, que tuvo que ser o PSOE quen arreglou o problema, porque o Bloque como non cedía, porque non quería, tuveron que quitalo incluso de partidas súas, porque o Bloque non quixo quedar nada do composteiro. Pero mire, iso non o digo eu, dinllo os presidentes de cooperativas de alí. Entón, mire, eu sei que nós non somos os inventores da agricultura pero nós fixemos bastante, e concretamente eu preocupeime de poñer no que toca á gandeiría, a voz da gandeiría nesta casa durante uns anos. E mire, non faríamos todo o que quixemos, nin moito menos, pero eu reuninme cas cooperativas e sacamos algunha liña de axudas, moitas veces pactada con eles para intentar arreglar un problema que tiña nun momento puntual. E en Mouriscade fixemos un esforzo tremendo, alí hai o mellor laboratorio agropecuario de análises de España, non de Galicia, e dos mellores de Europa. E mire unha cousa, está ben que o vaian a inaugurar e que falen marabillas de aquel laboratorio, pero aquel houbo que facelo, ¡eh!, e houbo que buscar xestións, houbo que facer xestións para que a Xunta de Galicia puxera o 50%, xestións políticas, e houbo que facer xestións para que esta casa puxera o outro 50%, e ó final os gandeiros da provincia de Pontevedra non pagan un solo euro polas analíticas que alí lles fan, relacionadas con toda a alimentación que ten que ver co gando, co gando vacuno. Polo tanto, mire a Deus o que é de Deus e a Cesar o que é do Cesar, non pode dicir que eu me columpio nesta moción porque eu sei, mire, esta moción presenteina porque eu me temía que non a ían sacar, e de feito, asegúrolle que se non hai unha revolta, eu fun o que lle dixen ás cooperativas de alí de Lalín que se tiñan que mover senón que quedaban sen subvención este ano, créame, créame que é así. E mire, cando queira, eu reto a vostede a ter unha reunión vostede e máis eu cos presidentes das cooperativas, e falamos alí a villa aberta, ¡eh!, falamos alí a villa aberta e non se preocupe que eu téñolle ben, sei ben por onde responder, e neste tema non me vai pillar vostede, non me vai pillar vostede porque o coñezo, eu coñézoo porque nacín nel, e porque é como se o parira. Así que mire, mire, paréceme moi ben que quiten 200.000 euros de axudas ás cooperativas, é moi pouco, é unha cantidade irrisoria, porque mire, hai dous anos o sector estaba moito mellor e hai catro anos estaba moitísimo mellor, ahora está peor. Polo tanto, as axudas pas cooperativas, déanlle para maquinaria, déanlle o que queiran, déanlle para que modernicen as súas estruturas para que poidan dar máis e mellores servizos ós gandeiros. Polo tanto, 200.000 euros, eu non sei no caso das cofradías que non o coñezo, desde logo no caso das cooperativas é irrisorio, 200.000 euros, neste momento, neste momento que había que arrimar a ascua, había que arrimar o ombro máis ca nunca, precisamente, polo problema que está pasando. E, aí volvo a reiterar o de Galega 100%, que non se fixo nada, aí volvo a reiterar que hai que suplementar a partida … Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- … e quiten ustedes os cartos das partidas do PSOE, da partida do Bloque, e da partida que queiran. Teñen un montón de cartos para composteiros quítenlle algo, que imos a compostar a pouco máis o mundo mundial, quítenlle algo si queren e, se non queren quitarllo pois suplementos de calquera outra partida. Eu o que lles pido é que suplementen a partida, que creen unhas bases, nós tamén o facíamos, igualmente facíamos unhas bases, que poden facer vostedes unha mellores, fáganas. Sra. Presidenta.- Rematou a seu tempo Sr. Crespo. De verdade. Sr. Crespo Iglesias.- Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Rematou a seu tempo, e como esto é unha cuestión, e rematou o debate porque vostede é quen pecha, aínda que me están pedindo outros deputados intervir, non é posible porque eu quero que o reglamento o cumpramos todos, pero, Sr. Crespo, como esta negociación coas cooperativas a levei eu en primeira persoa, teño que dicirlle a vostede que vostede está faltando gravemente á verdade. Mire, eu me reunín por primeira vez coas cooperativas en novembro do 2015, levábamos gobernando 3 meses, en novembro do 2015. Me viñeron a contar que o anterior goberno somentes aprobaba axudas para as cooperativas en época electoral, exclusivamente, foron o que me contaron as cooperativas. E viñéronlle a plantexar á Deputación que tivéramos un acordo de apoio ós sectores privados que fora por catro anos e, polo tanto, 800.000 euros de axuda ás cooperativas neste mandato da corporación provincial, pero foron as cooperativas as que me dixeron esto. Polo tanto, dende novembro estaba acordado coas cooperativas que íamos aprobar estas axudas e que ían a ir na modificación de crédito, tendo en conta que no mes de xaneiro íamos ter remanentes posibles para poder facer frente a esas axudas, o entenderon e o acordamos, non somentes eso, senón que en xaneiro me volvín a reunir para dicirlles que ía no orzamento o compromiso que tíñamos adquirido e, tamén, para delimitar como deberían ser as bases para realmente cubrir as necesidades das cooperativas. Polo tanto, as propias bases as fixemos conxuntamente coas cooperativas, e claro, di vostede que o Bloque Nacionalista Galego non quería, e iso é absolutamente falso tamén, porque os sectores produtivos o levan os delegados do Partido Socialista, polo tanto, tampouco eso é certo. Porque, miren, é que tanto o orzamento como a modificación de crédito a acordamos os dous grupos que forman parte do goberno sen absolutamente ningún problema, e vostede saberá moito do que acontece aquí, e polo tanto, saberá que este goberno o acorda todo, que dialoga sobre todo, polo tanto, un acordo dos catorce sin ningunha problema, absolutamente ningún problema. O que si que é certo é que vostede presenta esta moción, a presenta a principios deste mes, estamos en abril, ¿e vostede non sabía que en febreiro tiñamos aprobado un orzamento que contiña 200.000 euros para as cooperativas?, pero se estaban aquí representantes das cooperativas, que o poden ratificar, vostede non o sabía, e claro vostede convocou unha reunión na que lle tiveron que dicir os propios cooperativistas que levábamos moito tempo, lle repito, dende novembro do 2015, traballando conxuntamente para aprobar esa modificación e para facer unha bases de común acordo coas cooperativas para poder subvencionar esos 200.000 euros. Dende novembro, e llo tiveron que dicir que si que hai un orzamento e que ademais temos acordados as bases, a Deputación coas cooperativas. Polo tanto, eu que quero ser moi respectuosa con vostede, eu creo que vostede é un político serio, o digo de verdad, o creo, non entendo que vostede se deixe arrastrar por ese modelo, vostede mesmo ten dito aquí que eu fun quen lles dixen que se revolucionaran, si señor, o Partido Popular se adica a intentar revolucionar a sociedade en contra desta Deputación, pero non son capaces de conquerilo porque cando a razón non acompaña ó que se fai non hai forma posible de ter o apoio de ninguén. E esto é realmente o que está a acontecer. Polo tanto, digamos a verdade, eu estou segura que vostede defende o agro, porque é certo vostede é un home do mundo rural, é un home que coñece a realidade, estou segura que a defende, o que ocorre é que a vostede lle obrigan a estes ataques que non teñen ningunha razón nin ningún argumento. Polo tanto, as cooperativas por primeira vez na historia da Deputación, repito, por primeira vez, van a ter nestes catro anos de mandato apoio de financiación, e non vai ser que esas axudas sexan solo cando hai eleccións municipais, non, Sr. Crespo, vai a ser cada ano, este é o compromiso que está Presidenta adquiriu en novembro e o que vai manter os catro anos. E, polo tanto, eu o que lle pido, con todo o cariño con todo o respecto, é que se vostede ten ideas, que cree que debemos sumar para apoiar o agro na provincia de Pontevedra, que no lo diga, que, nolas plantexen, as estudiaremos con moito respecto. Pero tamén lle pido que o mesmo que vén facer aquí o faga cos que son competentes, que é a Xunta de Galicia, realmente quen debería estar apoiando ás cooperativas é a Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias, e como non o fai, as cooperativas teñen que ir ós concellos e ás deputacións a pedir unha axuda que non nos correspondería ter que facer, pero a facemos polo noso compromiso coa creación de emprego, coa actividade económica, e coa defensa do agro. Por certo, non será a única axuda que faremos para o mundo rural na nosa provincia que, certamente, está despoboado porque non se toma ningunha política para manter a poboación no territorio rural, ningunha política nin polo goberno de España, nin polo goberno da Xunta. Porque eu tamén sei moitísimo do mundo rural, fun asesora catro anos do Ministerio de Agricultura, ningunha medida. Hai unha lei de desenvolvemento rural, ¿que sabe dónde está?, gardadiña fai catro anos nun caixón, sen un euro, sen un euro, lei aprobada pero non desenvolvida. Polo tanto, aquí sabemos moito todos de todos, Sr. Crespo, tiña que facerlle esta aclaración, porque o meu compromiso como Presidenta co mundo rural, e o meu compromiso persoal, e o tiña explicar para que non quedara ningunha dúbida, porque o que non se pode facer é faltar a verdade, e llo digo, de verdad, porque eu a vostede o respecto politicamente, estou chegando a un límite no que a mentira empeza a ser pouco asumible por esta Presidenta. Moitas gracias. Poñemos a votación. A Presidenta pecha os debates mentres non decidamos outra cousa. Pasamos a votación a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para recuperar a liña de axudas ás cooperativas gandeiras do norte provincial. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 11 en contra e 1 abstención. O deputado do Grupo Popular Don Xosé Crespo Iglesias abandona a sesión. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para recuperar a liña de axudas ás cooperativas gandeiras do norte provincial. 7.6768.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA RECUPERAR O PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC) Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 7 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para recuperar o Plan de Acción Comunitaria (PAC). Para a súa defensa ten a palabra a Sra. Arévalo López. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Arévalo Gómez. Bos días señoras e señores deputados. A verdad é que eu sei que non lle gusta nada cada vez que interveño, nin o tono, nin as formas, pero eu son moi respectuosa e vou a seguir facendo como fixen hasta ahora, a pesar de que sei que lle molesta cada vez que tomo a palabra. Pero mire, o compañeiro Crespo está no público, si vostede como presume de respectarnos tanto o fixera de verdad esta persona estaría sentada na súa bancada como lle corresponde porque o único que lle pide é a palabra, e poder debatir con vostede todo o que acaba de dicir aquí. Cuestión que pasaba antes e que ahora desde que vostede é Presidenta aquí non se pode debatir, solamente temos que escoitar todo o seu repertorio e quedarnos con el, esto non é democracia Sra. Presidenta. Sra. Presidenta.- Sr. Arévalo defenda a moción, ou lle retiro a palabra. Enténdame ben, defenda a moción ou lle retiro a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Mire Sra. Presidenta, non me, non, non o vou. Estou intervindo, Sra. Presidenta estou intervindo no turno que me corresponde e sígolle pedindo … Sra. Presidenta.- Sra. Arévalo a chamo por terceira vez a atención. Defenda a moción ou lle retiro a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Estoulle pedindo, estoulle pedindo. Faga o favor. Estou no turno de intervención, estou no meu turno de intervención. Sra. Presidenta.- Queda retirada a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Moi ben. Nestes intres retíranse do Pleno todos os deputados do Grupo Provincial Popular (PP). Sra. Presidenta.- Aquí se acabou a broma. Se acabou esta forma de facer política, se acabou. Lle quedou claro a todos vostedes?. Sr. Regades Fernández.- Buenos días a todas y a todos. Yo no quería empezar mi intervención en este pleno sin mostrar la solidaridad al Vicepresidente de la Deputación, como espero que hagan todos los compañeros de este pleno, independientemente del grupo político al que pertenezcan. Porque no vamos a tolerar ni vamos a consentir en esta provincia acciones contra la libertad y contra la democracia como las que está sufriendo el Vicepresidente de la Diputación en estos días, insultándole gravemente y apareciendo pintadas en su ciudad. Por eso, no quería empezar, si no era de otra forma, mostrar el apoyo de mi grupo político y del gobierno de la Diputación al Vicepresidente por estas acciones que se están viviendo en la ciudad antidemocráticas y nada tolerantes con la participación en política, la participación en política que le han llevado al Vicepresidente a ser el Vicepresidente de esta Diputación con los votos y con la soberanía de todos los ciudadanos. Paso en estos momentos a defender la moción después de estas palabras. Y la verdad, la democracia, el voto, algo tan importante para las sociedades, algo que le costó tanto a muchas mujeres y a muchos hombres en este país. Seguramente, los que estamos en esta bancada, o la mayoría de los diputados que estamos en esta cámara sabemos mucho de democracia y no podemos recibir lecciones de democracia y de honradez de partidos políticos que no han vivido en esta cultura. Hablaba la representante del Partido Popular de que le molestaba a este grupo escucharla, cuando este grupo no había dicho nada, pero es normal, esta persona le cuesta entender lo que es la palabra democracia, porque llega a su ayuntamiento con una moción de censura oscura, que todos los vecinos y todas las vecinas de su ciudad, de su pueblo censuraron, que esa moción de censura oscura en la que un tránsfuga cambia su voto y la denuncia al partido político en el que fue. Esa moción de censura oscura que tuvo que estar acompañada por guardias de seguridad de discoteca para poder entrar en el pleno, donde no se dejaba participar a los vecinos, eso no es democracia. Por eso yo entiendo que haya personas del Partido Popular que les cueste asumir la democracia y las normas. Sra. Presidenta.- Sr. Regades, Sr. Regades, escúcheme, eu entendo que é insoportable unha posición que non respecta a democracia, pero eu lle retirei a palabra á Sra. Arévalo por non ceñirse á Orde do día e tamén lla vou a retirar a vostede, é o primeiro chamamento que lle fago, se vostede quere falar da Moción presentada polo Grupo Popular falamos e senón a sometemos a votación. Eu, tamén, como membro deste goberno que presido este pleno, que non vou consentir nin unha soa vez máis este tipo de comportamentos da oposición dende a serenidade máis absoluta lles pido que nos ciñamos á Orde do día Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Sra. Presidenta, estaba sólo contestando a la introducción que hacía de la presentación de la Moción la diputada del partido popular, pero paso en estos momentos a fijar la posición del Grupo Socialista y del gobierno ante esta moción. La primera reunión que se mantiene por parte de la presidencia del gobierno de la Diputación en la provincia de Pontevedra es en esta misma sala y es ante los 60 alcaldes que pertenecen a la provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. En esa reunión había distintos diputados, entre ellos me encontraba yo, estaba la Presidenta de la Diputación y el Vicepresidente de la Diputación, aparte de los 60 alcaldes de la provincia de Pontevedra. En esta reunión se le explicaron a todos los alcaldes los ejes fundamentales y principales de actuación de esta nueva Diputación. Que se iban a acabar los fondos de libre designación del Presidente, que no compartíamos esa teoría de que los ayuntamientos no eran iguales, que se iba acabar este fondo, y concretamente allí se explicó que se iba acabar con el fondo de acción comunitaria porque era una forma arbitraria y que se iba a incorporar en el Plan concellos, que se iba incorporar en un plan que se incorporó y que se aumentó la disponibilidad y los fondos. Los 60 alcaldes, que son los que tienen la representación de los ciudadanos y de las ciudadanas ninguno se puso en contra sino todo lo contrario, que agradeció que las actuaciones en cada una de las villas, de los municipios, de los pueblos y de las ciudades de la provincia de Pontevedra, se actuase de esta forma. Lo que nos sorprende es que ahora el Partido Popular en contra de aquellos alcaldes que allí no dijeron nada, porque si es verdad que hubo observaciones al Plan de empleo y otro tipo de actuaciones, pero sí que no hubo ninguna observación al Plan de acción comunitaria. Me parece sorprendente y me parece vergonzoso el uso que se hacía de este plan, en el que nos podemos encontrar con miles de ejemplos, yo traigo aquí la lista de los últimos presupuestos y de las partidas que fueron destinadas a distintas asociaciones, entidades, y en la mayoría de los casos aparecen nombres propios, que por la Ley de protección de datos no les voy a dar, pero que aparecen aquí en una relación, porque estas ayudas no solo eran dadas a asociaciones y colectivos, sino también a una asociación de tres personas, de tres ciudadanos que se juntaban para hacer cualquier tipo de actuación, que nos encontrábamos en muchas circunstancias con que no tenían ni licencia municipal, ni licencia arqueológica, ni licencia de patrimonio, ni ningún tipo de licencia, y nos encontrábamos después que se realizaban actuaciones que eran difíciles de justificar, y que eran un atentado serio al patrimonio medioambiental y arqueológico de la provincia de Pontevedra, eso sí, todas hechas por un número de vecinos y vecinas que normalmente tenían una ideología similar a la del grupo del gobierno, es decir, que pertenecían al Partido Popular, y era voz pópuli, pero en esta casa también, trabajadores de esta casa, familiarmente les llamaban “los conseguidores”, eran os que chamaban ós diferentes servicios para presentar e corrixir ou simplemente consultar o estado dos expedientes das accións dos seus concellos, e moitos os xefes de servicios que denunciaban a situación que se estaba vivindo. Era tamén voz pópuli entre as asociacións da provincia que as subvencións do PAC, tiñan que pedilas ó seu alcalde, o que elixiran democraticamente, senón que tiñan que referirse a aquel militante do Partido Popular que se chamaba normalmente “conseguidor” para que lles tramitase esta subvención na Deputación de Pontevedra. Non consentimos este plantexamento, non estamos de acordo con este tipo de proceder, polo cuál non estamos de acordo con esta moción e vamos a votar en contra. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Regades. Non habendo ….. a votación a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para recuperar o Plan de Acción Comunitaria do PAC. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, ningún a favor e unha abstención. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para recuperar o Plan de Acción Comunitaria (PAC). 8.6769.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA CREAR UN CERTAME PROVINCIAL DE GRUPOS EMERXENTES E CREAR UNHA ESTRUTURA DE APOIO A ESTES GRUPOS Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 8 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para crear un certame de provincial de grupos emerxentes e crear unha estrutura de apoio a estes grupos. Non habendo quen defenda a Moción entendo que a pasamos a votación. ¿Votos a favor de Moción?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, ningún a favor e unha abstención. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para crear un certame provincial de grupos emerxentes e crear unha estrutura de apoio a estes grupos. 9.6770.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) RELATIVA Á FUSIÓN DOS CONCELLOS DE CERDEDO E COTOBADE Sra. Presidenta.- No punto 9 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular relativa á fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Non hai ninguén para defendela, pasamos a votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, ningún a favor, unha abstención. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) relativa á fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. 10.6771.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA CREAR UNHA LIÑA DE AXUDAS COAS QUE FACER ACCESIBLES AS PRAIAS DA PROVINCIA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 10 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para crear unha liña de axudas coas que facer accesibles as praias da provincia. Exactamente igual, non hai ninguén para defendela, a sometemos a votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, ningún a favor, e unha abstención. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para crear unha liña de axudas coas que facer accesibles as praias da provincia. 11.6772.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sra. Presidenta.- No punto 11. Asuntos fóra da orde do día. Non hai. Non houbo. b) Parte de información e control: Sra. Presidenta.- Pasamos a parte de información e control. 12.6773.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE CUMPRIMENTO DURANTE O 1º TRIMESTRE DE 2016 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 12. Dar conta do informe de Intervención sobre cumprimento durante o 1º trimestre de 2016 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. ¿Algunha observación?. Queda dada conta. A Lei 15/2010 de modificación da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondentes ó 1º trimestre de 2016, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 1º TRIMESTRE DE 2016 1. Con referencia á data de rexistro da factura.  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 27 23 1.720 3.510.951,78 € 506 963.784,24 € Escola de Enfermería 16 0 2 2.013,24 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 20 0 1 143,00 € 0 0,00 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº opera-cións Importe total Nº opera-cións Importe Total Deputación de Pontevedra 50 146 700 3.194.592,19 € 135 913.670,56 € Escola de Enfermería 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 24 0 1 219.368,11 € 0 0,00 € 2. Con referencia á data da factura.  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 42 59 1.019 2.077.737,71 € 1.246 2.470.439,19 € Escola de Enfermería 16 0 2 2.013,24 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 21 0 1 143,00 € 0 0,00 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio penden-te pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación de Pontevedra 51 97 725 3.360.175,28 € 409 2.870.986,06 € Escola de Enfermería 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 27 0 1 219.368,11 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados. Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga. Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 241 7 462.617,59 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido do informe de Intervención de cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enfermería e o Consorcio Provincial contraincendios e salvamento, durante o 1º trimestre de 2016 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 13.6774.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE MARZO DE 2016 Sra. Presidenta.- No punto 13. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de marzo de 2016. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de marzo de 2016 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE MARZO DE 2016 PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES MARZO 2016 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Marzo -7,1426746643 2.148.863,51 14,9081048681 255.722,36 -4,7976232972 Escola de Enfermería Marzo -9,0791265240 1.861,07 0,0000000000 0,00 -9,0791265240 Consorcio de incendios e salvamento Marzo 0,0000000000 0,00 0,0000000000 0,00 0,0000000000 TOTAL Marzo 2.150.724,58 255.722,36 -4,8009344765 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de marzo 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 14.6775.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 14. Dar conta das resolucións presidenciais. Non habendo observacións, queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 29 de marzo e o 25 de abril do ano 2016 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 12 de abril de 2016, delegando as atribucións da Presidencia dos días 14 ó 19 de abril, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. C) De Resolución Presidencial, de data 25 de abril de 2016, delegando atribucións en distintos deputados provinciais en relación ós distintos centros e áreas de servizo en que se estrutura a Deputación. D) De Resolución Presidencial, de data 28 de abril de 2016, delegando a asistencia á Xunta Xeral de Accionistas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., no deputado Don David Regades Fernández. 15.6776.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- No punto 15. Rogos e preguntas. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Obviamente, non é a mellor situación, pero creo que hai unha serie de asuntos que hai que dicir. En primeiro lugar, sinto que non esté, pero quero, antes quíxeno facer pola vía da, vamos, de alusións, pola vía de, vamos, por alusións, pero bueno, e, hombre, chegar ó extremo de unha conversación privada, descontestualizada, na que non se dá a información completa que se facilitou, como que, como a que fixo o señor, ben, o Sr. Crespo, a verdad é que non o, non a agardaba, non a agardaba del, pero bueno, como non está xa lle direi, xa lle direi despois en privado. Ahora, ese sería un detalle mínimo nunha situación que estimamos que non é, ¿escoita?, non sei si, bueno, que estimamos que hai que reconducir, creo que quitando o Pleno de toma posesión, senón me falla a memoria, non houbo ningún pleno normal, por dicilo de algunha maneira, ou sea, non houbo ningún. Parece francamente, francamente fóra de lugar, ¿non?, porque pode haber algún pleno máis ou menos, máis ou menos conflitivo, pois pode ser, pero é que son todos, por unha vía ou por outra, ¿non?. Hoxe había o pronóstico que o pleno ía ser moi difícil porque os pitos, iban a subir para arriba, resulta que non os subiron para arriba, pero fixeron, fixeron difícil o do, ¿non?, o Partido Popular, ¿non?, estamos, digamos, aquí había claramente tres sectores do Partido Popular, tres, sector PP Comisiones, PP tradicional, vamos, chamámoslle, chamémoslle, ¿non?, con nomes e apelidos que todos sabemos, e o PP estilo jarrai, non, discípulo de Rueda, que a orde que ten é dar caña por unha cousa e máis pola contraria. Pero ahora xa non sabemos cales son, xa, xa, desde a actuación de hoxe eu francamente estamos despistados, eu estou profundamente despistado de cal é, de cal é a situación. Uns botados ó monte amenazando con, cas plagas bíblicas e coa miña integridade física, outros marchándose dos plenos citando incluso conversacións privadas, erroneamente terxiversándoas, e, bueno, francamente vamos ter que facer unha recomposición para ver como se pode, como se pode conducir esto, ¿non?. Porque na práctica esto convértese nun circo, o que se está transmitindo é que esto non vale para nada, que os plenos non valen para nada, máis que para facer circo, creo que flaco favor lle, bueno, se lle está facendo, non quero acusar a ninguén, creo que é obvio a, vamos, a democracia representativa se se quere e ós plenos desta institución. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Jácome Enríquez ten a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Bueno. A ver se recuperamos, se é posible, a normalidade. E unha pregunta ó equipo de goberno, e logo, si que é curioso que antes de empezar o pleno entregamos á prensa unha valoración, precisamente de este pleno, onde facíamos unha crítica precisamente ó Grupo do Partido Popular porque considerabamos que estaban utilizando esto con fines exclusivamente partidistas, a verdade tampouco esperabamos que hoxe fose un uso partidario tan evidente, pero bueno. A pregunta ó equipo de goberno, gustaríanos saber o estado das xestións para o traslado do Parque de maquinaria a outra ubicación. Grazas. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver. Sr. Jácome, si sabe na última modificación de crédito incorporouse unha partida para facer unha, creo que, textualmente, para estudar a, bueno, as posibilidades ou as funcionalidades, ou, bueno, non sei exactamente a palabra, no Parque de maquinaria e máis o traslado, e según as miñas últimas noticias, vamos de, noticias de onte, está, estase redactando o prego para contratalo, porque esto, a modificación veu en marzo, 15 días, ou sea que foi efectiva pois a mediados de abril ou o que sea, estase, estase, ou veu en febreiro, bueno, é igual, un mes ou mes e pico, estase redactando, estase redactando a, vamos, a, o prego ou as condicións para asistencia técnica para facer o estudo. Sra. Presidenta.- Non habendo máis rogos e preguntas, se levanta a sesión. Pero, perdón, un segundo. Antes de marcharnos eu quería mostrar a miña profundísima tristeza ante unha oposición, que como dicía o Vicepresidente, utiliza o Pleno da Deputación, que é un lugar para debater ideas, para confrontar total e radicalmente cunhas formas que cada día son máis cuestionables. A oposición do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, o dicía o Sr. Mosquera, dende o primeiro momento decidiu converter o Pleno da Deputación nun campo de batalla, impedindo que haxa absolutamente ningunha posibilidade de ter un debate sereo, que podería ser enriquecedor. Teñen órdenes claras do seu Presidente o Sr. Feijoo e do Sr. Rueda, Secretario Provincial do Partido Popular, de que haxa moito ruído en todos os plenos para intentar debilitar a imaxe do goberno, e para eso non lles importa debilitar a imaxe que esta institución ten que ter ante os cidadáns. Tampouco lles importa cuestionar cales son os obxectivos que teñen a realización dun pleno, que repito, é o debate de ideas. Veñen simplemente a montar o circo, a descalificar, minten, non digo faltan á verdade, digo minten, habitualmente, sobre cuestións que nada teñen que ver coa realidade, intentan, intentan, poñer ós colectivos sociais en contra deste goberno para intentar crear ruído e dañar a este goberno mentindo, sin ningún tipo de sonroxo, e ademais, e ademais se poñen de lado sempre das causas máis inxustas, sempre, sempre. Son unha oposición que podería ter moitos calificativos, ningún deles negativos, pero eu como Presidenta desta Deputación non os vou usar, lle deixo á xente que lle poña os calificativos. E acabo coa intervención que hoxe tivo outro membro da Deputación, da oposición, o membro de SON Marea, o Sr. Jácome, dicindo que o Partido Popular intenta usar este prego, este pleno, perdón, con fines partidarios, e eso é así, é unha boa definición, poderíamos dicir moitas máis cousas, pero o certo é que ningún membro do Partido Popular neste Pleno merece que nin sequera califiquemos a súa actitude, nin sequera eso, simplemente eu me sinto avergonzada deses deputados, dos doce deputados do Partido Popular, como Presidenta desta Deputación me sinto avergonzada. E agora si se levanta a sesión. Bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as trece horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición