ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2016-05-27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/3.2016-05-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016-05-27_Ordinaria

  • Data(s) 2016-05-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de maio de 2016 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e sete de maio do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sra. Presidenta.- Comezamos o pleno de data 26 de maio de 2016. Como Presidenta da Deputación de Pontevedra, en nome do conxunto do goberno da Deputación, de moitos alcaldes e alcaldesas que dirixíronse a este goberno, de moitas cidadás e cidadáns da provincia de Pontevedra quero mostrar a nosa solidariedade co Deputado delegado de Mobilidade Uxío Benítez, co Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, polos ataques inxustificables que están a recibir, e tamén co firme compromiso de que non vale todo para defender o que cada un considere. Así que, tanto Uxío Benítez como o Sr. César Mosquera, Vicepresidente da Deputación, teñen o apoio total e absoluto de esta Presidenta, do conxunto do goberno, repito, da maioría da cidadanía, e de alcaldes e alcaldesas da nosa provincia. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Tamén e antes de escomenzar coa Orden do día ordinaria, quería, en nome da Deputación de Pontevedra, estou segura que falo en nome de todos os deputados e deputadas, facerlle un recoñecemento público a Sabino Torres, que ten falecido, que era un home que representaba o mellor da nosa cultura, con un grande compromiso coa lingua, con as letras galegas, coa nosa cultura, e que faleceu pero que o seu traballo, o seu compromiso con Galicia quedará permanente para sempre. Agora voulle pasar a palabra á Sra. Arévalo que me está pedindo a palabra. Ten vostede a palabra. Escóitanse aplausos. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Si, bos días señoras e señores deputados, gracias Presidenta. Eu quería, por suposto, dende aquí, sumarme á solidaridade co deputado Uxío Benítez e co Sr. Mosquera, pero, tamén dende aquí, ademais de comenzar esta breve intervención condenando enerxicamente o acontecido no día de onte, en días atrás, eu tamén, Sr. Mosquera e Sr. Benítez ... Sra. Presidenta.- Lle retiro a palabra porque na Orde do día simplemente a Presidenta estaba plantexando a súa solidaridade con dúas persoas que están sufrindo un forte ataque, se vostede ten algunha cuestión a presenta por escrito ou presenta no próximo pleno unha moción, llo digo moi seriamente Sra. Arévalo, nin unha broma máis neste pleno, nin unha. Pasamos á Orde do día do pleno de 27 maio do ano 2016. Escóitanse aplausos. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6777.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- No primeiro punto da Orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de abril de 2016. ¿Observacións?. Queda aprobada por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de abril de 2016. A) Parte resolutiva: 2.6778.- MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 02/16 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (SUPLEMENTO DE CRÉDITO SUP 02/16) Sra. Presidenta.- Na parte resolutiva, no punto 2. Modificación de crédito 02/16 da Deputación de Pontevedra (suplemento de crédito SUP 02/16). ¿Observacións?. ¿Votos a favor da modificación?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por 14 votos a favor e 13 abstencións. A Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra, a través de memoria de data 13 de maio de 2016, eleva proposta de aprobación ó Pleno do expediente de modificación de crédito 02/16 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de suplemento de crédito “SUP 02/16”), motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e non existindo consignación no estado de gastos do orzamento corrente, ou sendo insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite informe de data 13 de maio de 2016 que indica que o expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, e que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, nos artigos 2,3,11,27 e demais concordantes da Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nas bases de execución do orzamento, en canto a competencia e tramitación a seguir para a aprobación da modificación de crédito 02/16. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno de data 20 de maio de 2016, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e coas abstencións do PP e de Coalición Electoral SON: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de crédito 02/16 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de suplemento de crédito “SUP 02/16”) co seguinte detalle: Suplementos de Crédito “SUP. 02/16”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-3360-658,02/2014 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (Actuacións no entorno do Santuario da Nosa Señora da Franqueira-A Cañiza) 103.750,00 € Total Suplementos de Créditos... 103.750,00 € Financiamento do expediente de Suplemento de Créditos 02/2016: O expediente finánciase con baixas de créditos das aplicacións que se relacionan, cuxas dotacións se estiman reducibles sen perturbacións nos respectivos servizos. Contabilizándose as seguintes operacións: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-3340-227,25/2015 TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS -SERVIZO DE ACTIVIDADES CULTURAIS -103.750,00 € Resumo das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos -103.750,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 0,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 103.750,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 0,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS... 0,00 € Resumo do expediente: TOTAL SUPLEMENTOS... 103.750,00 € TOTAL BAIXAS POR ANULACIÓN… -103.750,00 € SUMA... 0,00 € Segundo: expoñer ó público o expediente de modificación de crédito 02/16 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de suplemento de crédito “SUP 02/16”) para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 3.6779.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA INSTAR Ó DIÁLOGO E UNHA SOLUCIÓN CONSENSUADA COS TRABALLADORES DO PARQUE DE MAQUINARIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- No punto terceiro da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para instar ó diálogo e unha solución consensuada cos traballadores do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias. Bos días de novo, a todas e a todos. Eu creo que esto non é unha cuestión de broma, é unha cuestión moi seria, por eso espero que non me volva a repetir outra vez o que me dixo o outro día de que xa estaba ben de bromas, espero que sea así. Mire, hai preto de 3 meses, creo que si que foi no mes de febreiro, dende esta bancada, dende este grupo maioritario na Deputación de Pontevedra, denunciábamos a parálise que estaba a sufrir o Parque de Maquinaria e hoxe, 3 meses máis tarde, xa non soamente falamos da parálise senón que falamos tamén dun conflito cos traballadores. Miren, no Parque de Maquinaria existen 5 millóns de euros invertidos e como é o pilar, un dos pilares máis importantes desta casa, vou a volver a repetir todo o que alí se encontra: 600.000 € nun equipo de aglomerado, 4 limpia praias, 4 desbrozadoras, 4 niveladoras, 2 máquinas de cadeas, 2 pisóns, 2 cisternas de asfalto, 1 camión de bacheo, 1 retroexcavadora, 3 palas mixtas, 6 camións, 1 camión góndola, 1 pala cargadora, 1 cisterna de auga, e un camión grúa. Todo esto, Sra. Presidenta e señoras e señores deputados, facían unha labor encomiable en toda a provincia, entre outras cousas fabricaban ó día 1.000 toneladas de masa de aglomerado. Era vital para os concellos, pero, a verdad é que vostedes viven a espaldas da realidade e das necesidades desta provincia. Me teño preguntando moitisimas veces, e ahora con este acontecemento unha vez máis, ¿dónde estiveron hasta agora?, porque aquí hai personas que levan moito tempo nos concellos, moito tempo na Deputación, aínda que sen gobernar, en non entendemos como lle poden dar a espalda desta forma a tantas necesidades que hai en esta provincia, non entendemos como vostedes, de verdad, non saben as prioridades e non saben o valor que hai en esta casa con un montón de recursos. Miren, se cargan as axudas, 400 colectivos que se quedan sin acción comunitaria, se cargan un montón de axudas a entidades deportivas a entidades culturais, que tamén son pilares fundamentales de esta casa a cultura e o deporte. E, a parálise, pois é o que estamos a ver todos os días desde que vostedes son o goberno desta casa. Non hai máis que ver a Orde do día de este pleno, a do pleno anterior, a do pleno anterior, a do pleno anterior, que o único contido que ten o pleno son as mocións que presenta o Partido Popular, senón hoxe que vexan todos o que hai na Orde do día, pois catro mocións que presenta este grupo, nada máis e nada menos. Non hai máis que ver o rexistro que está un 30% menos, porque me molestei en pedir os datos do que estaba antes en entradas en salidas, non hai máis que ver que o programa de balnearios que tan ben funcionaba perdemos 6 meses e por fin ahora parece que vai salir, e non hai nada máis que ver que xa nin escolas deportivas temos, porque as que rematan, rematan e non sabemos que vai a pasar, e un largo etc., un largo etc. Pero como temos a esperanza de que sempre coas nosas propostas as nosas mocións a pesar de que non lle guste escoitarnos, teñamos que marcharnos do pleno, etc., etc., vamos conseguindo que vostedes vaian traballando a golpe do que o Partido Popular vai presentando neste pleno. Miren, señoras e señores deputados e Presidenta, si, pode reirse, pero esto non é unha broma, de verdad que non é unha broma, teña un pouco de respecto Sra. Presidenta, teña un pouco de respecto. Sesenta e dous concellos en esta provincia, 2.000 km de estradas provinciais, e vostedes contratando empresas privadas, traballando o Parque ó mínimo, e o que faltaba agora, os traballadores na rúa porque non hai un acordo con eles. No pleno do mes de febreiro intentaron darlle a volta a tortilla, líalo todo manipular, dicindo aquí que a deputada, que non tiña nin idea, que si estaba a falar de que o Parque estaba parado, e aparecían horas dos traballadores. Mire, que esto hai que revisalo, vostede verá o que está dicindo, eu fun moi clara e lle volvo a ser moi clara, o que estaba dicindo é precisamente que fomos ó Parque de Maquinaria, había un grupo de traballadores que estaban parados, as máquinas aparcadas, eso foi o que dixen e o manteño, e que o Parque non estaba funcionando. Pero resulta que eso todo é a realidade, porque non foi soamente o Partido Popular, foron os medios que foron alí tamén, que viron como os traballadores non estaban traballando e non se producía aglomerado e estaban as máquinas aparcadas. O goberno reaccionou timidamente porque, a verdad é que era bastante desagradable ver todo eso nos periódicos, e empezaron a mobilizar o Parque, pero a un 10%, nada máis que eso. Non queren que o Parque funcione, pero dígano abertamente, digan abertamente que non queren que funcione. Non queren chegar a un acordo cos traballadores, queren facer una proposta de que cheguen ó Parque de Maquinaria ás 8 da mañán, que volvan ás 3 da tarde, e miren, eso non é operativo, non é operativo para esta casa, non é operativo para os veciños nin é operativo para os concellos. O que piden os traballadores é que traballen, que estean no tajo de 8 a 3 da tarde, e que para eso se chegue con eles a un acordo económico, no que non vamos a entrar, porque para eso están vostedes, que teñen que gobernar, e xa está ben de criticar o Partido Popular porque lles toca ahora a vostedes sentarse con eles, dialogar con eles e gobernar, que todavía non o empezaron a facer. Miren, lle pregunto, ¿vostedes queren que o Parque funcione?, digan abertamente que queren facer co Parque. ¿Vostedes queren que preste servicio?, digan que queren facer, se queren que preste servicio, que non. Eu creo que deberían de escoitar ós alcaldes desta provincia e preguntarlle se o Parque de Maquinaria facía unha gran labor ou non a facía, porque era un servicio que funcionaba ben, e que era imprescindible. E, se funcionaba ben, ¿por que facelo desaparecer señoras e señores deputados?, ¿Por qué é a nova Deputación?. Hombre, pois mire, sei que leva moito tempo dicindo que aquí se facía todo mal, e agora coa nova Deputación, pois parece que todo se fai ben. Pois no, non hai máis que ver o que aconteceu os últimos meses que é un desgoberno, un despropósito e un sin sentido. Hoxe xa non é o Partido Popular, que son os propios traballadores os que veñen aquí, os que estiveron manifestándose, os que piden que se resolva este conflito, que se chegue a un acordo e lle corresponde a vostedes. Miren, a verdade é que eu quería intervir antes, non me deixaron, porque esto é moi grave o que vostedes fan, eu condeno esta coroa, condeno estas pintadas, condeno todo o que sea un ataque a unha persoa que esta exercendo un cargo público. Ahora, o que pido, Sr. Mosquera, é que vostede e máis o seu partido rectifique e as personas que estaban con vostedes na rolda de prensa, cando dicen que somos a mafia, rectifique Sr. Mosquera, porque esto tamén é para condenar. Como vostede se atreve a culpar ó Partido Popular de dirixir ós traballadores, a culpar ó Partido Popular do que está acontecendo, vostede non se deu conta de que leva gobernando desde o mes de julio, e cando vostede non gobernaba culpaba a este grupo de que as cousas se facían moi mal, de que o Partido Popular non sabía dirixir esta casa nin esta provincia. E votou toda a vida, porque leva aí moitos anos criticando ó goberno do Partido Popular, pero é que resulta que agora lle toca a vostede gobernar, e nos sigue votando a culpa a nós de que os traballadores estén na rúa, eso sí, hai que darlle o mérito que ten, que nunca un Presidente, nin un Vicepresidente, nin un deputado desta casa foi capaz en tan só 6 meses, 10 meses, perdón, sacar os traballadores á rúa, ese é mérito seu. Pero lle pido que rectifique, lle pido que retire algo tan grave como o que acaba de dicir ayer, e volve a dicir con este panfleto que sale. Dende logo, vamos a tomar medidas, que non lle queda ningunha duda, porque a solidaridade téñena por parte nosa, a condena téñena, pero nós si que fomos moitisimas veces vítimas de todo eso, en este salón de plenos ocorreron cousas moi desagradables, e a vostedes nunca lles escoitei condenar algo, nunca solidarizarse co anterior Presidente, nin con ningún deputado, nin con ningún alcalde que lle pintaron a súa vivenda e que lle esperaban na porta, nunca os escotei, así que se trata, se trata, primeiro por suposto de condear, que nós o condeamos, pero despois, Sr. Mosquera, retire o que dixo que é moi grave, e llo volvo a dicir que vamos a tomar medidas contra vostedes se esto non o retiran. Xa de entrada empezar o pleno e que non me deixen intervir, cando digo que o noso Grupo, pois se entristece tamén de que eso aconteza, pero que lle pedimos a vostede que, efectivamente esto, quede nunha rectificación, e a Presidenta non me deixa intervir, pois creo que queda claro que a intención que teñen pois é ningunha. Miren, tomen en serio o que esta ocurrindo cos traballadores, séntense con eles dialoguen con eles, que son o goberno da Deputación, aquí xa non está gobernando o Partido Popular, está gobernando vostede Sr. Mosquera e a Sra. Silva, e tomen unha solución, porque a provincia necesita este parque, ese é o noso obxectivo no día de hoxe, non estamos defendendo a ningunha persona, estamos defendendo ó Parque de Maquinaria desta Deputación, pilar fundamental, apoio ós concellos, apoio ás estradas, apoio ós colectivos e apoio a toda provincia. Sr. Mosquera, recapaciten e senón digan claramente o que queren facer co Parque. E, insístolle, o máis importante de todo o que puiden haber exposto aquí é o respecto a este grupo, o respecto a este Partido, porque vostedes sen argumentos e simplemente por enmerdar á oposición, o grave que fixo ayer, decir que somos os culpables de todo esto. Mire, goberne que é o que ten que facer, que é o que lle corresponde ahora, e séntese coas personas que están aí no pleno escoitando. Gracias. Sr. Jácome Enríquez.- Ben. Bo día a todas e a todos. E, o primeiro, si que dende este grupo tamén queremos condenar calquera tipo de presión que se exerza sobre calquera deputado ou deputada. E a continuación pasamos xa á moción. Bueno, é evidente que ninguén se pode opoñer ó diálogo entre traballadores e goberno ou a ter un servizo optimizado. Agora ben, non nos parece que os acordos que contén esta moción vaian a contribuír claramente a desbloquear o conflito. Entón facemos, dende o noso grupo, unha proposta concreta, conformemos unha mesa de diálogo con representación de sindicatos, goberno e oposición, fagámolo con voto ponderado, ou fagámola simplemente consultiva, pero creo que todas e todos temos que ter claro que pulsando unha e outra vez o mesmo botón non imos a acadar resultados diferentes. Entón, se as negociacións non avanzan, e ademais están enquistadas nun punto moi conflitivo, cambiemos a dinámica das negociacións, sen que isto vaia supoñer unha solución milagrosa nin moitísimo menos, polo menos deamos pasos diferentes a ver si acadamos resultados máis positivos para todas as partes. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Ten a … Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Eu creo que no Pleno de febreiro, que fixo alusión a portavoz do Partido Popular, quedou todo suficientemente claro. Aquí a decisión que se tomou, precisamente, para non tirar de privatización foi que o Parque de Maquinaria pasara a traballar nas estradas provinciais, foi a única decisión que se tomara ate febreiro, creo que a argumentación esa cáese absolutamente polo seu propio pé. Pero bueno, supoño que habería runxes, habería a saber que, entonces vamos a falar claro. Nós non fomos os que fomos a facer unha foto ó Parque de Maquinaria, nin fomos os que nos subimos a unha máquina dicindo, nin máis nin menos que o Parque levaba 7 meses parado. Creo que se o Parque leva 7 meses parado e os traballadores de alí pasan desprazamentos, dietas e pernotas , ¡eh!, pois eso habería que aclaralo … Escóitanse gritos do público presente no salón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. Sra. Presidenta.- Teñen vostedes que manter o silencio e permitir o desenvolvemento normal do Pleno, moito máis sendo vostedes funcionarios e servidores públicos, que teñen a obriga de coñecer a lei. Así que vostedes teñen todo o dereito a estar en este Pleno, e o teñen que facer respectando o desenvolvemento normal, eso o din as normas e as normas están para cumprilas. Así que, lles prego que escoiten que esten presentes, pero que permitan que os deputados, que son os únicos que aquí teñen dereito ó uso da palabra, podan facer frente ó seu dereito. Moitas gracias. Siga vostede, Sr. Mosquera. Escóitanse aplausos e alguén do público que fala. Sra. Presidenta.- Sr. Secretario, tome nota da xente que está interrompendo o desenvolvemento do Pleno, e tamén dos insultos que se están proferindo contra representantes públicos e das persoas que o están facendo. O que vostede está facendo está tipificado na lei. Escóitase falar a alguén do público. Sra. Presidenta.- Lle volvo a repetir que o que vostede está facendo está tipificado na lei, prégolle que respecte vostede a lei, lle pido, lle pido, lle pido que vostede respecte ó Pleno. Escóitase falar a alguén do público. Sra. Presidenta.- Que tristeza, de verdad, que tristeza. Sr. Mosquera, ten vostede de novo a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, resulta que a acusación do Partido Popular de que o Parque de Maquinaria estaba parado, curiosamente, despois desa viaxe codo con codo cos representantes dos traballadores, ¡eh!, nunca foi desmentida, ¡eh!, por os representantes dos traballadores tan locuaces, todos na prensa que teñen o seu dereito, nunca foi desmentida, ¡eh!, co cual a ver como se podría actuar, vale. Entonces, si esto, representantes dos traballadores, deputados do Partido Popular, facendo esta denuncia, se esto, e despois non corrixíndoa, se esto non é un pacto veña o demo e o vexa. Ben, curiosamente, ¿non?, cando se adoptou a medida, que se adoptou foi, á parte do horario, que as pernoctas había que xustificalas como nos pasa a todos os traballadores da Deputación, a todos e a todas, e deputados, que non se podían pagar dietas, desprazamentos e pernoctas sen xustificar, que repito, si se xustifican se seguen pagando, ¡eh!, pois foi cando salta este, cando salta este suposto conflito, que é estritamente, estritamente, repito, estritamente político, ¿non?. Ben, creo que xa tivemos que aguantar toda unha serie de pintadas e amenazas, e de coaccións, incluso decir publicamente por parte dos representantes dos traballadores, ¿verdad?, despois as cuestións internas se os están engañando ou non esa é cuestión deles, ¡eh!, de que ían pasar cousas moi graves, ninguén abriu a boca, no, traen unha Moción pa encirrar máis, traen unha moción ustedes para encirrar máis, ¿verdad?. E ahora, pois, rematan a, rematan a actuación amenazándonos outra vez, porque o que acaba de dicir a señora portavoz do PP creo que é unha amenaza en toda regla, en toda regla. Ahora, ¿que non hai connivencia entre o PP e os representantes dos traballadores?, absoluta, está fotografiada, esta documentada, absolutamente documentada, ¿que quere?. Escóitase falar a alguén do público. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, cada un ten as súas… Ben, á parte, a última actuación xa foi absolutamente, vamos, delirante, ¿non?, o venres se está 4 horas, ou non sei canto tempo negociando quen levan o tema directamente, ¿verdad?, se fai, parece, que o discurso de deficiencia, que se valore, quédase neso, e resulta que a resposta a eso é ir levar unha coroa de flores, en plan, o de mafioso, se vístedes películas de mafia, o poñer unha coroa funeraria era unha técnica da mafia, era unha técnica da mafia, entonces, ahora resulta que somos nós os que sufrimos as pintadas, as amenazas, o pacto entre o PP e os representantes dos traballadores para montar este follón, que nós nos metemos nel que os meteron ustedes, ¡eh!, e ahora nos amenazan outra vez de que van a ir ó xulgado, mire, vaian a onde queiran, pero van por moi mal camiño, van por moi mal camiño, ¡eh!. Desde logo, nós non estamos aquí para gobernar, para manter privilexios, trapisondas, ¡eh!, caciqueos e demais como había aquí, non estamos para eso, e canto máis nos amenacen non nos van desviar no rumbo, en todo caso reforzarnos no rumbo. Fáganse mirar, fáganse mirar eso, de dicir que son, ¡uf!, que condolencias, pero que condolencias, claro que non foron ustedes os que levaron a coroa ou foron pintar, pero se ustedes non se meteran no medio, non estiveran danzando, non habería eso, e se ustedes dan orden de que se pare, párase, e quero repetilo aquí con todas as letras. Porque foron ustedes alí ó Parque de ganchete a montar un follón, ¡eh!, a azuzar, e agora veñen a dicir, ¡ai!, nós somos moi bueniños, nós, condolencias, pésames, bueno, agardo que non chegue a haber pésames, bueno, nin condolencias, ¿non?, pero, en fin, solidarizámonos, vamos, é que xa, en fin. Non quero estenderme máis, simplemente si tiveran ustedes a máis mínima, ¡eh!, o máis mínimo pensamento de que o follón este non o montaron ustedes retiraban a Moción, é dicir, nós non colaboramos en montar máis lio, ¡eh!, nin a permitir que veña un representante sindical ou dos traballadores a insultar máis, porque era previsible, porque os conocen ben, todos os conocemos pero ustedes conócenos mellor e saben perfectamente como actúan. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Ten a palabra Sr. López Font. Sr. López Font.- Muchas gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. Sra. Arévalo, desde el primer minuto que me senté aquí, evidentemente, mis manifestaciones, mis intervenciones son de carácter político, le digo esto por la confusión que usted tiene entre lo estrictamente político y lo que parece que usted quiere llevar al terreno personal. Por lo tanto, todo lo que voy a decir a continuación, como lo dicho desde el minuto uno, tiene un contenido político. Mire, Sra. Arévalo, no sirve condenar por condenar, no sirve enseñar fotos por enseñar fotos, no sirve poner cara de circunstancias cuando luego a la hora de la verdad no es una coherente, no sirve Sra. Arévalo, no es demócrata todo aquel que se autodenomina demócrata, no lo es, hay que demostrarlo, y cuando hay un ataque a una persona o a las que sean que representan la voluntad popular, porque la representa usted, como yo, como el resto de los diputados, hay que demostrar la decencia política, hay que demostrar que realmente se es demócrata, y no llega con enseñar, insisto, imágenes. Mire, lo decía el Vicepresidente en el final de su intervención, si ustedes tuvieran un poquito de decencia política, si fuera sincero el rechazo a lo que supone algo tan grave como que a una persona le coloquen una corona de muertos, para entendernos, porque hay que llamar a las cosas así, retirarían la Moción. Pero claro, ¿por que no retiran la Moción?. Yo se lo voy a decir desde el ámbito político muy claro, la situación que estamos padeciendo, entre comillas, tiene una responsable política y es usted, Doña Nidia Arévalo, usted es la responsable política de todo lo que está sucediendo, y le invito a que haga cronología y eche la viste atrás para ver cuando empezó todo esto, no nos quiera convencer con cosas que pasaron. Vaya, y son testigos sus compañeros y mis compañeros, aquella bancada y esta bancada, esto tiene una responsable política, es usted, y, ¿sabe por qué?, porque a usted le vale todo, porque usted hizo algo, para mí en política gravísimo, que es utilizar a los funcionarios, que es acusar a los funcionarios de no trabajar, y eso es lo que hizo usted. Y todo lo que derive de su primera intervención en la comisión informativa es responsabilidad política de usted, y no sirve con hablar de diálogo en abstracto, no, Sra. Arévalo, nosotros representamos el diálogo y lo ejercemos. Y usted y su grupo, en el que estoy seguro que no todos están de acuerdo con usted, o al menos de verdad lo quiero pensar, ustedes son la confrontación, porque, de verdad, usted representa en política lo peor a la hora de buscar la confrontación, a la hora de servir absolutamente todo con tal de criticar a un gobierno, de seguir así, Sra. Arévalo, más bien parecen un partido de las barricadas. Porque mire, la única que ha atacado a los trabajadores es usted, la única, la única, a partir de ahí han derivado muchas cuestiones, pero, desde luego se lo tiene que hacer ver y se lo digo muy cariñosamente, porque hoy estamos aquí, y hoy estamos, que es el colmo después de haber tenido noticias ayer de lo que ocurrió, hay que pensar en las familias de los diputados, Sra. Arévalo, lo que le puede pasar hoy a un diputado, a dos o a tres, le puede usted pasar mañana, le puede usted pasar maña, y todos tenemos amigos, familia, y todos somos en el ejercicio de nuestra representación pública dignos de ser respectados. Nos equivocaremos, lo haremos bien, lo haremos mal, expresaremos nuestra opinión de una u otra manera, pero merecemos un respecto que usted hoy está tirando por tierra. Por lo tanto, se lo digo para finalizar, y no quería haberme extendido tanto, yo quiero que los ciudadanos de Pontevedra sepan que la situación de diálogo entre el gobierno y los trabajadores se mantiene permanentemente, y ayer lo decía el Vicepresidente, y lo estamos demostrando momento tras momento. Pero, desde luego, a usted en su momento le sirvió todo con tal de criticar a este gobierno, y lo que quiero que sepan los pontevedreses y las pontevedresas es que usted es la responsable de todo esto. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Ten a palabra no turno de réplica a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Si, moitas gracias. A verdad que é impresionante escoitarlles a vostedes. Ahora son eu a culpable de que teñan ós traballadores na rúa, protestando, e de que o Sr. Uxío e o Sr. Mosquera tiveran nos últimos días unha coroa, pintadas, ou demais. Mire, vostedes si que non teñen decencia política para dicirme esto aquí a min, eu o único que fago aquí todos os días que veño a esta casa a traballar é facer propostas, presentar mocións, que é a miña obligación, como portavoz do grupo maioritario, e tratar de que vostedes acepten o que nós vimos aquí a presentar. E vostedes me veñen con toda esta réplica de cuestións que son, son de terror, volo digo, de terror, dende logo, decir o Sr. Mosquera que veño aquí con unha moción para cirrar máis, oiga, Sr. Mosquera, vimos aquí porque estamos convencidos de que o Parque de Maquinaria, llo volvo a repetir, é un pilar fundamental desta casa, é un pilar fundamental para os concellos. Mire, a maioría dos concellos da provincia, do rural, os veciños e veciñas non saben o que pasa en este pazo, non saben o que pasa na Estación de Areeiro, nin no Príncipe Felipe, nin en Turismo Rías Baixas, para eles a Deputación de Pontevedra é o Parque de Maquinaria, que é o que ven todos os días. E, a miña obligación é vir aquí a defendelo, ¿que é a cirrar máis?, vir aquí a defendelo, e vin en febreiro, vin ahora, e virei as veces que faga falta. E vostede dice que eu lle amenazo, no, mire, as amenazas sufrímolas ayer de vostede nos medios de comunicación, eu aquí o que dixen foi que é intolerante, que nós non podemos aceptar que nos chamen mafiosos, e que digan que diriximos ós traballadores, e o único que ten vostede son unha serie de argumentos que ven aquí a contar cunhas fotos. Mire, non confunda, vostede ten unha foto dos deputados do Partido Popular no Parque de Maquinaria cos traballadores demostrando de que aquilo estaba parado, ¿que ten que ver eso cunha confabulación?, ¡Oiga!, lle volvo a repetir que é a nosa obligación, que non lle gusta que fagamos oposición, sabémolo, que non lle gusta que presentemos mocións, sabémolo, que non lle gusta que foramos ó Parque, tamén o sabemos, pero vamos a seguilo facendo. ¿E por eso non temos decencia política?. ¡Válgame Dios!. Mire, pacto documentado, ¿ese é o que ten aquí para decir que estamos confabulados cos traballadores?, porque fomos ó Parque. Mire, coa intervención que fixo creo que quedou moi claro. Dende logo, Sr. López Font, se me quere responsabilizar politicamente de que queremos que o Parque funcione, lle digo que si, queremos que o Parque funcione, que funcione como funcionaba, e que fabrique 1.000 toneladas como facía antes. Miren, creo que, por favor, estou no turno da palabra. Mire, creo que vir aquí a falar de familias, de solidarizarnos coas familias, miren, que todos somos políticos, que eu son alcaldesa e fun concelleira e aquí hai compañeiros igual que padecemos situacións moi lamentables e as nosas familias, ¿que me está contando vostede a min?, ¿que demagoxia é esa?. Por suposto que condeno e o vou a condenar as veces que faga falta, e me solidarizo aínda que non lle guste, pero tamén defendo os intereses desta casa, e dos concellos e dos traballadores. Miren, aquí si que teño que decir claramente que o Sr. César Mosquera en algún momento decía, “o Partido Popular está a pagar ahora o incumprimento das súas promesas electorais, por eso está pasando esto”, marzo de 2013 no Faro de Vigo; ou Santos Héctor, que alentaba ás plataformas para que reventasen plenos de esta corporación. E este grupo sempre foi respectuoso con todos os partidos políticos, este grupo e este Partido, e sempre condenou todo o que houbo que condenar, cando a vostedes nunca lle escoitamos algo hacia nós que padecemos situacións moi desagradables. Por desgraza o que está pasando no Parque de Maquinaria non solamente pasa no Parque, pasa en todo. Cando aprobamos o orzamento desta casa, eso é o que non lle gusta escoitar, entón, pois veñen aquí a dicir auténticas barbaridades, vamos ó grano, que defendemos o Parque, o orzamento desta casa diciámoslle, “miren, esto é un coche sen motor, un coche sen gasolina”, efectivamente, aí está, vostedes teñen uns traballadores que traballan en esta casa, pero falta o impulso do político, efectivamente, lle facía esa metáfora, o coche ten un motor moi grande que son os traballadores pero falta a gasolina, que é o que vostedes non aportan, porque vostedes non traballan, non teñen proxectos. Miren, hai que velo aquí, traballadores que queren traballar e non poden traballar, convocan axudas para a Caixa de anticipos sen consignación económica, pendente de modificación; axudas para o deporte, limitan o número de clubs beneficiarios porque non chega o diñeiro consignado; aproban o orzamento e un mes despois 14 millóns de euros de modificación. Mire, Sra. Silva, céntrese na provincia, céntrese na Deputación, que é o que ten que facer Sra. Silva, colla o mando desta institución sen complexos, colla o mando desta institución, porque é o que necesitamos, que poña está institución a funcionar, que se sente cos traballadores e que o Parque de Maquinaria a partir de canto antes este operativo ó 100%. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Arévalo. Ben, para rematalo debate, quero que me escoiten as pontevedresas e pontevedreses, o vou facer nun tono educado, tranquilo, como teñen que falar as políticas e os políticos, sen ter que chillar, porque soamente chillan e falan moi alto aqueles que non teñen ningún contenido que traspasar á cidadanía, e polo tanto eu vou falar nun tono moi tranquilo, pero quero aclarar moitas cousas. Miren, en primeiro lugar, nunca esta Deputación en solo 10 meses tiña desenvolvido tantas políticas para as persoas, por primeira vez políticas para a xuventude que son os que máis están a sufrir as consecuencias da crisis que estamos a vivir produto dos recortes do Sr. Mariano Rajoy e do Sr. Feijoo, centos, miles, centos de miles de xóvenes que teñen que marchar da provincia de Pontevedra, de Galicia e de España, porque aquí non teñen futuro e porque ó Partido Popular non lles interesa en absoluto o futuro deses xóvenes. Por primeira vez políticas de xuventude, por primeira vez políticas de igualdade, por primeira vez hai un área de igualdade, no que as mulleres, que son máis do 50% da poboación, ven como se desenvolven políticas para que poidan ocupar os espazos que lle corresponden, mentres o Partido Popular recorta nas políticas de igualdade, no goberno de España e da Xunta, a Deputación pon cartos para facer políticas de igualdade, e todos os colectivos de mulleres o recoñecen. Mentres o Partido Popular donde goberna tira cartos, e máis cartos e máis cartos, no que ten que ver coa política de residuos, nós temos posto en marcha a política máis valiente, máis novedosa, que se está poñendo en marcha en ningún lugar de España e de Europa e de Europa. Mentres o Partido Popular olvídase dos nenos e das nenas, temos máis xente, máis nenos pobres que nunca na nosa historia democrática, nós queremos construír cidades para as nenas e para os nenos; aumentamos como nunca o orzamento para políticas sociais; aumentamos máis dun 9% as políticas para deportes, máis do 9%; aumentamos todas as políticas que teñen que ver co desenvolvemento económico desta provincia. Hoxe están en marcha moitisimas actuacións para promover a actividade económica e o emprego. En nove meses temos creado máis de 3.400 empregos con recursos da Deputación, en só nove meses temos rachado cun proxecto que o Partido Popular tiña imposto durante trinta e cinco anos en esta Deputación, de discriminación, de clientelismo, de caciquismo, de reparto de recursos dependendo de quen gobernara nos concellos, por un plan de máis de 40 millóns de euros repartidos de forma equitativa, da que se aproveitan moitos dos alcaldes que están sentados nese lado, e que son a oposición porque os cidadáns os puxeron aí, porque teñen feito moitísimo para que os cidadáns non os queiran gobernando. Esta Deputación, era unha vergonza, irregularidades gravísimas, gravísimas na contratación, no desenvolvemento dos procedementos administrativos. Temos que devolver 10 millóns de euros por irregularidades gravísimas nos fondos europeos, e inda temos que devolver moito máis. E a Sra. Arévalo dice que menos mal que están eles aí para presentar mocións que non lle interesan a ninguén na rúa, porque a xente lle interesa a súa dignidade de vida, a que o Partido Popular lle ten robado, repito, robado, teñen empobrecida esta sociedade, teñen acabado coa clase media, estas mocións que presentan teñen cero interés para os problemas reais da xente, pero é que ademais, ¿como poden decir que gobernan a través das mocións si sempre llas votamos en contra?, e polo tanto nunca pasan para aquí, e todo o que poñen aquí nas mocións non se desenvolve, ¿pero como poden decir estas cousas?. ¿Como unha representante pública, que ten que ter coñecemento da lei e do procedemento administrativo, descoñece que as políticas que desenvolve o goberno da Deputación apróbanse na Xunta de Goberno, por unha lei que aprobou o Partido Popular a nivel estatal?. ¿Como é posible que esta señora, que é unha responsable política non saiba que aprobamos cada venres, 1, 2, 3, 4, 10, 20, políticas para mellorar a vida da xente?. ¿Pero como é posible que non o saiba?. ¿Como é posible que unha portavoz do maior grupo da oposición na Deputación, minta con tanto descaro decindo que aprobamos un orzamento e que logo presentamos unha modificación si levan gobernando 35 anos e presentaban cada ano dúas modificacións de orzamentos para incorporar remanentes, que foi exactamente o mesmo que fixemos nós?. Perdonen que teña que dar estas explicacións, pero non se poden consentir tantas mentiras. E remato, e remato, o Partido Popular, eses 12 deputados e deputadas, tamén estou convencida que non todos comparten esta forma de facer política da descalificación, da confrontación, de intentar facer circo, estou segura que tampoco comparten o que están a facer dende que perderon o goberno da Deputación e non son capaces de asumilo, é en términos políticos unha absoluta falta de moralidad política, absoluta. Eu sinto tristeza, vergoña allea, e cada vez máis orgullo do goberno que dirixo, porque son uns héroes e unhas heroínas, tendo que atacar, tendo que sufrir estes ataques cotidianos e habituais dun partido que é incapaz de ter ningunha alternativa política, e que solo sabe descalificar, chillar, montar follóns, e comportarse, e o vou a decir con toda a claridade, como jarrais cando abandonan un pleno e se ponen a pitar na rúa, como xente que debería dar exemplo, e era vergonzoso ver o que facían pitando nunha porta dunha institución, e logo, e logo, eran quen de criticar a kale borroka, terrible, terrible, esta xente é terrible. As pontevedresas e os pontevedreses lles van a pasar factura, merecen factura, merecen que lles pasen factura, porque o seu comportamento é antidemocrático, inasumible por xente normal e por xente que entende que o debate político é debate de ideas, o debate de alternativas, o debate de propostas, pero que non ten porque asumir a descalificación, eu quero que lles quede claro. Sinto vergonza allea do seu comportamento, pero igual que eu o sinte moita xente que está aí sentada e que leva toda a mañá dende que empezamos mirando para abaixo, porque non son capaces de levantar a mirada e decir que se senten orgullosos dunha portavoz que só sabe descalificar, chillar, e faltar ó respecto, é terrible esta forma de facer oposición, eu sinto vergonza allea Sra. Arévalo. E agora pasamos a votación a moción. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Pasamos a votación a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para instar ó dialogo e unha solución consensuada con traballadores do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos, perdón, 12 votos a favor, 14 en contra, e unha abstención. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para instar ó diálogo e unha solución consensuada cos traballadores do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra. 4.6780.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA APROBAR UNHA LIÑA DE AXUDA PARA APOIAR E PROMOCIONAR A ACTIVIDADE CINEXÉTICA NA PROVINCIA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 4 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para aprobar unha liña de axuda para apoiar e promocionar a actividade cinexética na provincia. Escóitanse gritos por parte do público. Sra. Presidenta.- O seu tempo xa transcurreu … Sr. Moldes Martínez.- Bos días a todos. Escóitanse gritos por parte do público. Sr. Moldes Martínez.- Bos días, Sra. Presidenta. Escóitanse gritos por parte do público. Sr. Moldes Martínez.- Sra. Presidenta, compañeiros deputados, hoxe traemos unha Moción, neste caso, donde pedimos axuda para apoiar e promocionar a actividade cinexética da provincia. Me gustaría, antes de nada, decir que, cando falamos de que as mocións non teñen interés, decir que esta moción. Escóitanse gritos por parte do público. Sra. Presidenta.- Está rematando o seu tempo Sr. Moldes. Esta pasando. Escóitanse gritos por parte do público. Sr. Moldes Martínez.- Traemos a Moción, que en este caso está respaldada polo apoio da Federación Galega de Caza. Escóitanse gritos por parte do público. Sr. Moldes Martínez.- Sra. Presidenta. Vostede é a Presidenta do Pleno. Mándelle un wasap. Escóitanse gritos por parte do público. Sra. Presidenta.- Sr. Moldes lle quedan un minuto, sete, seis segundos. Escóitanse gritos por parte do público. Sra. Presidenta.- Ante a imposibilidade de seguir co Pleno facemos un receso de 15 minutos. Escóitanse gritos por parte do público. Sendo as trece horas faise un receso de 15 minutos reanudándose a sesión sendo as trece horas e quince minutos. Sra. Presidenta.- Reanudado o Pleno, seguimos co punto 4 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para aprobar unha liña de axuda para apoiar e promocionar a actividade cinexética na provincia. Ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Moitas gracias Sra. Presidenta. Como ben deciamos antes. Escóitanse gritos por parte do público. Sra. Presidenta.- Lles chamo a atención para que manteñan silencio e permitan que se poda desenvolver o Pleno. Escóitanse gritos por parte do público. Sr. Moldes Martínez.- Sra. Presidenta, lle pido que me garanta a miña exposición. Escóitanse gritos por parte do público. Sra. Presidenta.- Segunda vez, lles pido por favor que manteñan o silencio para que se poda desenvolver o Pleno. Lles pido, por terceira e última vez, que manteñan o silencio para que se poda desenvolver o Pleno. Escóitanse gritos por parte do público. Sra. Presidenta.- O Pleno se desenvolverá en porta cerrada. Escóitanse gritos por parte do público. A partir deste momento o Pleno celébrase na Sala de Xuntas. (Ó non haber instalado sistema fixo para a recollida da gravación do Pleno non se pode realizar a mesma). A Sra. Presidenta manifesta que ante a imposibilidade de desenvolver o pleno con normalidade realízase este a porta pechada. Manifesta que son uns servidores públicos os que impiden celebralo con normalidade, tendo que ser precisamente os funcionarios os garantes do normal funcionamento das institucións, polo que ante varias chamadas á orde é polo que se celebra así. Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) e de Coalición Electoral SON non se incorporan ó Pleno. Sometido a votación, o Pleno acorda por unanimidade, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para aprobar unha liña de axuda para apoiar e promocionar a actividade cinexética na provincia. 5.6781.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA AXILIZAR A ADXUDICACIÓN E EXECUCIÓN DO “PROXECTO REPOSICIÓN DE CÉSPEDE NO CAMPO DE FÚTBOL DE CAMBALLÓN (VILA DE CRUCES)” O Pleno acorda, por unanimidade, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para axilizar a adxudicación e execución do “Proxecto Reposición de céspede no campo de fútbol de Camballón (Vila de Cruces)”. 6.6782.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA ANULAR O “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO PARA O ACONDICIONAMENTO DOS ESPAZOS DA NOVA AULA DA UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA, NO EDIFICIO DO AUDITORIO-PAZO DE CONGRESOS, NA AVDA. DE BEIRAMAR EN VIGO” O Pleno acorda, por unanimidade, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para anular o “Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Vigo para o acondicionamento dos espazos da nova aula da Universidade Nacional de Educación a Distancia, no edificio do Auditorio-Pazo de Congresos, na Avda. de Beiramar en Vigo”. 7.6783.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. B) Parte de información e control: 8.6784.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE ABRIL DE 2016 A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior: Á vista deste precepto legal o Servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de abril de 2016 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE ABRIL DE 2016 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Abril -13,8969273909 2.981.837,20 27,1724973700 203.091,85 -11,2780729919 Escola de Enfermería Abril -7,7667775367 2.023,39 0,0000000000 0,00 -7,7667775367 Consorcio de Incendios e Salvamento Abril -1,0000000000 219.368,11 0,0000000000 0,00 -1,0000000000 TOTAL Abril 3.203.228,70 203.091,85 -10,6140761268 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de abril 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 9.6785.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 10.6786.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 26 de abril e 23 de maio do ano 2016 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 5 de maio de 2016, avocando as competencias de Dona Consuelo Besada Lores, por vacacións, durante os días 5 ó 15 de maio, ambos inclusive, e delegalas na Sra. Deputada Dona Digna Rosa Rivas Gómez. C) De Resolución Presidencial, de data 23 de maio de 2016, designando como representante desta Deputación no Padroado do Museo do Pobo Galego ó deputado delegado de Cultura, Don Xosé Leal Fariña. 11.6787.- ROGOS E PREGUNTAS Solicita a palabra o Vicepresidente Sr. Mosquera Lorenzo facendo mención ó principio de transparencia na Administración para manifestar que si os corporativos colgan na web as súas declaracións do IRPF pódese facer alusión ó que cobran os traballadores do Parque de Maquinaria. Así mesmo quere facer constar o agradecemento á intervención que a Sra. Presidenta fixo en defensa do seu grupo. A Sra. Presidenta contéstalle que era obrigado o apoio manifestado e a denuncia pública do acoso que están sufrindo membros do goberno. Quere facer constar o recoñecemento público ó deputado delegado de Mobilidade pola labor que está realizando, e para acabar con formas clientelares. Manifesta firmemente que non se van a consentir ningún tipo de ameazas e que se trata dunha política destrutiva do Grupo Popular. O deputado delegado Sr. Benítez Fernández toma a palabra para manifestar que está sorprendido pola repercusión de todo o que está ocorrendo e agradecer o apoio recibido. Manifesta que existe unha diferenza radical entre os alcaldes do Partido Popular, cos que debido ó seu traballo se reúne, e a actuación do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación. E quere deixar claro que o seu grupo non xerou o problema existente, e que cando sucedeu o incidente da coroa de flores, o portavoz do Grupo Popular do Concello de Tomiño colgou en facebook unha foto e fixo propaganda política diso. Así mesmo di que cre que deben abrirse as oportunas actuacións para determinar as posibles accións delictivas que se están cometendo e así mesmo estudar a legalidade da exención outorgada no seu momento da xustificación de determinadas dietas. Remata deixando constancia do agradecemento polo apoio mostrado pola maioría dos funcionarios. Pola Sra. Presidenta maniféstase que é unha vergoña o que está ocorrendo, que nunca se viu en ningunha outra Administración e agradece o comportamento a todos os funcionarios da Deputación, pois os incidentes que están ocorrendo están só reducidos a un reduto de privilexiados. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as trece horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición