ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2017-02-24_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.399/2.2017-02-24_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2017-02-24_Ordinaria

  • Data(s) 2017-02-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 24 de febreiro do 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e catro de febreiro do ano dous mil dezasete, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Ramiro Varela Peón (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Bos días a todas e a todos. Iniciamos o Pleno ordinario do día 24 de febreiro. 1.6913.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- Comezamos a Orde do día co punto número 1. Aprobación do borrador da acta anterior, do día 20 de decembro de 2016. ¿Observacións?. A aprobamos por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 28 de decembro de 2016. a) Parte resolutiva: 2.6914.- MANIFESTO EN RELACIÓN CO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES (8 DE MARZO DE 2017) Sra. Presidenta.- Na parte resolutiva, no punto un, perdón, no punto 2. Manifesto en relación co Día Internacional das Mulleres 8 de marzo de 2017. Pero antes de dar lectura a este manifesto me gustaría que gardaramos un minuto de silencio polo asesinato ocurrido en Chapela, a dor e a indignación é compartida por toda a Corporación, e por todas as persoas que hoxe aquí nos acompañan no pleno, queremos rendirlle unha homenaxe a María José Mateo, o noso silencio queremos que sexa un berro de rexeitamento fronte a violencia machista que sufrimos as mulleres. Alcalde de Redondela transmítelle a nosa dor ó teu pobo, a dor de toda a provincia de Pontevedra. Así que si vos parece gardamos un minuto de silencio. Gárdase un minuto de silencio. Sra. Presidenta.- Paso a dar lectura ó manifesto do 8 de marzo de 2017, Día Internacional das Mulleres, e o fago no nome de o conxunto da Corporación provincial. Este texto foi redactado por todos os grupos políticos e, polo tanto, pertence a todos os grupos políticos. O 8 de marzo é o Día Internacional das Mulleres, conmemoración dunha data histórica e reivindicativa da igualdade real de mulleres e homes. Pasou un século e aprendemos que a igualdade de dereitos, políticos, sociais e laborais temos que reforzala cada día, porque cando non se avanza retrocédese, e hoxe as ameazas para alcanzar a igualdade son reais e non difusas. Xeracións de mulleres viñeron loitando pola liberdade: as nosas avoas, as nosas nais, as nosas bisavoas. Unha liberdade que hoxe, grazas a elas, é un patrimonio colectivo que hai que seguir defendendo cada día porque os dereitos conquístanse. O contexto internacional cambiou a peor coas persoas que exercen actualmente responsabilidades políticas, que, lonxe de reforzar a democracia, a debilitan atacando dous dos seus alicerces fundamentais, o Estado de dereito e a Igualdade. A loita feminista por todo o mundo está sendo expresión dun berro de liberdade e dignidade para defender os dereitos humanos, a diversidade, a igualdade, a inclusión, os dereitos reprodutivos e condenar o racismo. Máis de seis millóns de mulleres saíron á rúa para manifestar o seu rexeitamento ás políticas machistas da nova administración Norteamericana e que volven a aparecer en moitos lugares do mundo. Se o Estado debe garantir a orde social, hoxe obsérvanse moitas nubes no horizonte. Como o desafío institucional dalgúns gobernos, que menosprezando a importancia das institucións e os acordos internacionais, vulneran os convenios ratificados polos seus estados fronte a todas as formas de discriminación contra as mulleres. Sabemos que a discriminación, a desigualdade e o patriarcado seguen estando presentes na sociedade galega de hoxe en día. É un problema que aumentará pola falta de medidas adecuadas para a súa erradicación. A falta de apoio continuado ás políticas de igualdade dan como resultado o empobrecemento das mulleres, sobre todo das máis vulnerables, o que incide na feminización da pobreza. No estado español creceu un 23%, segundo o FMI, o número de persoas en risco de pobreza ou exclusión social. E son fundamentalmente mulleres novas. Isto agrávase no caso galego, onde o 23% das mulleres asalariadas non acadaron no 2014 uns ingresos equivalentes ao salario mínino interprofesional. No último ano, descendeu a poboación activa feminina en 5.900 mulleres, especialmente no caso das menores de 35 anos, freando a tendencia á alza que viña de anos atrás. Así, a taxa de actividade feminina sitúase no 48,7%, 10 puntos por debaixo da masculina. O 23% con contratos a tempo parcial, unha parte importante deles de menos dunha semana. Nos últimos anos recaeu sobre os ombreiros das mulleres a parte máis dura da crise. Esta menor participación da muller no mercado laboral implica maior dedicación ao traballo non remunerado como é o coidado da casa e das persoas dependentes, coa conseguinte repercusión no importe das súas pensións, xa de por si baixas no noso país. Debemos apostar pola corresponsabilidade, para eliminar a brecha salarial, pola equidade no emprego das mulleres que poña fin á precarización das súas vidas e ás xornadas laborais interminables. Só así evitaremos o retroceso que impide combater e erradicar a violencia machista, incompatible coa democracia. E é que a violencia machista segue crecendo, tamén as mulleres asasinadas e as súas fillas e fillos, vítimas dos maltratadores. É por iso que debe existir un compromiso serio e total de todas as administracións para pór fin á secuela social que é a violencia contra as mulleres, coa trata de seres humanos con fins de explotación sexual e defender os dereitos sexuais e reprodutivos. Un compromiso que debe velar tamén polas mulleres con discapacidade que sofren discriminación múltiple. Hai que fomentar o acceso á educación superior deste colectivo e a súa participación social e política. É dicir, un compromiso serio e total co dereito das mulleres a unha vida libre de violencias. Por iso, solicitamos ás administracións competentes que implementen medidas de apoio axeitadas para evitar calquera tipo de discriminación e violencia contra as mulleres, coas axudas e recursos necesarios. A crise non pode usarse para desmantelar as políticas de igualdade. Deben escoitarse as recomendacións da CEDAW, Convención para a Eliminación da Discriminación contra a Muller de Nacións Unidas, de ampliar o investimento e a protección social das mulleres. Desigualdade e discriminación non deben reflectirse nos orzamentos de ningún goberno. A Subcomisión para un Pacto de Estado contra a Violencia de xénero é un paso pero non suficiente. Hai que previr e garantir a formación en igualdade en todos os ciclos formativos entre a mocidade. Pero este obxectivo non se conseguirá nunca suprimindo subvencións ás universidades para a formación en igualdade, así como os plans de igualdade nas pequenas e medianas empresas. Só educando en igualdade, poderemos vivir en igualdade. Mentres sigan existindo ataques ás mulleres comprometidas coa igualdade real non avanzaremos en igualdade. É un síntoma dunha cultura machista arraigada que salpica tamén a algúns e algunhas responsables públicas deste país. Os insultos e descualificacións cara as mulleres deben inhabilitarlles para o exercicio da responsabilidade pública. Esta administración provincial comprométese a traballar para derrubar todas as barreiras contra as mulleres. Queremos unha sociedade na que as mulleres vivan libres de violencia, unha sociedade paritaria e participativa na que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde por dereito e por capacidade. Por todo iso, o 8 de marzo estaremos xunto ás organizacións sociais e feministas para defender os dereitos, a liberdade e igualdade das mulleres. Esta corporación provincial fai un chamamento a toda a cidadanía, ás institucións e organizacións para que xuntas avancemos cara unha sociedade máis xusta e igualitaria e na que ninguén quede fóra. Ben, rematada a lectura do Manifesto polo 8 de marzo ... Apróbase, conxuntamente, polos distintos grupos políticos que conforman a Corporación, Manifesto en relación co Día Internacional das Mulleres (8 de marzo de 2017). Dito Manifesto é como segue: “O 8 de marzo é o Día Internacional das Mulleres, conmemoración dunha data histórica e reivindicativa da lgualdade real de mulleres e homes. Pasou un século e aprendemos que a igualdade de dereitos, políticos, sociais e laborais temos que reforzala cada día, porque cando non se avanza retrocédese, e hoxe as ameazas para alcanzar a igualdade son reais e non difusas. Xeracións de mulleres viñeron loitando pola liberdade: as nosas avoas, as nosas nais, as nosas bisavoas... Unha liberdade que hoxe, grazas a elas, é un patrimonio colectivo que hai que seguir defendendo cada día porque os dereitos conquístanse. O contexto internacional cambiou a peor coas persoas que exercen actualmente responsabilidades políticas, que, lonxe de reforzar a democracia, a debilitan atacando dous dos seus alicerces fundamentais, o Estado de Dereito e a Igualdade. A loita feminista por todo o mundo está sendo expresión dun berro de liberdade e dignidade para defender os dereitos humanos, a diversidade, a igualdade, a inclusión, os dereitos reprodutivos e condenar o racismo. Máis de seis millóns de mulleres saíron á rúa para manifestar o seu rexeitamento ás políticas machistas da nova Administración Norteamericana e que volven a aparecer en moitos lugares do mundo. Se o Estado debe garantir a orde social, hoxe obsérvanse moitas nubes no horizonte. Como o desafío institucional dalgúns gobernos, que menosprezando a importancia das institucións e os acordos internacionais, vulneran os Convenios ratificados polos seus Estados fronte a todas as formas de discriminación contra as mulleres. Sabemos que a discriminación, a desigualdade e o patriarcado seguen estando presentes na sociedade galega de hoxe en día. É un problema que aumentará pola falta de medidas adecuadas para a súa erradicación. A falta de apoio continuado ás políticas de igualdade dan como resultado o empobrecemento das mulleres, sobre todo das máis vulnerables, o que incide na feminización da pobreza. No Estado español creceu un 23%, segundo o FMI, o número de persoas en risco de pobreza ou exclusión social. E son fundamentalmente mulleres novas. Isto agrávase no caso galego, onde o 23% das mulleres asalariadas non acadaron no 2014 uns ingresos equivalentes ao SMI. No último ano, descendeu a poboación activa feminina en 5.900 mulleres, especialmente no caso das menores de 35 anos, freando a tendencia á alza que viña de anos atrás. Así, a taxa de actividade feminina sitúase no 48,7%, 10 puntos por debaixo da masculina. O 23% con contratos a tempo parcial, unha parte importante deles de menos dunha semana. Nos últimos anos recaeu sobre os ombreiros das mulleres a parte máis dura da crise. Esta menor participación da muller no mercado laboral implica maior dedicación a traballo non remunerado como é o coidado da casa e persoas dependentes, coa conseguinte repercusión no importe das súas pensións, xa de por si baixas no noso país. Debemos apostar pola corresponsabilidade, para eliminar a brecha salarial, pola equidade no emprego das mulleres que poña fin á precarización das súas vidas e a xornadas laborais interminables. Só así evitaremos o retroceso que impide combater e erradicar a violencia de machista, incompatible coa democracia. E é que a violencia machista segue crecendo, tamén as mulleres asasinadas e as súas fillas e fillos, vítimas dos maltratadores. É por iso que debe existir un compromiso serio e total de todas as administracións para pór fin á secuela social que é a violencia contra as mulleres, coa trata de seres humanos con fins de explotación sexual e defender os dereitos sexuais e reprodutivos. Un compromiso que debe velar tamén polas mulleres con discapacidade que sofren discriminación múltiple. Hai que fomentar o acceso á educación superior deste colectivo e a súa participación social e política. É dicir, un compromiso serio e total co dereito das mulleres a unha vida libre de violencias. Por iso solicitamos ás administracións competentes que implementen medidas de apoio axeitadas para evitar calquera tipo de discriminación e violencia contra as mulleres, coas axudas e recursos necesarios. A crise non pode usarse para desmantelar as políticas de igualdade. Deben escoitarse as recomendacións da CEDAW, Convención para a Eliminación da Discriminación contra a Muller de Nacións Unidas, de ampliar o investimento e a protección social das mulleres. Desigualdade e discriminación non deben reflectirse nos orzamentos de ningún goberno. A Subcomisión para un Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero é un bo paso pero non suficiente. Hai que previr e garantir a formación en igualdade en todos os ciclos formativos entre a mocidade. Pero este obxectivo non se conseguirá nunca suprimindo subvencións ás universidades para a formación en igualdade, así como os plans de igualdade nas pequenas e medianas empresas. Só educando en igualdade, poderemos vivir en igualdade. Mentres sigan existindo ataques ás mulleres comprometidas coa igualdade real non avanzaremos en igualdade. É un síntoma dunha cultura machista arraigada que salpica tamén a algúns e algunhas responsables públicas deste país. Os insultos e descualificacións cara ás mulleres deben inhabilitarlles para o exercicio da responsabilidade pública. Esta administración provincial comprométese a traballar para derrubar todas as barreiras contra as mulleres. Queremos unha sociedade na que as mulleres vivan libres de violencia, unha sociedade paritaria e participativa na que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde por dereito e por capacidade. Por todo iso, o 8 de marzo estaremos xunto ás organizacións sociais e feministas para defender os dereitos, a liberdade e igualdade das mulleres. Esta corporación provincial fai un chamamento a toda a cidadanía, ás institucións e organizacións para que xuntas avancemos cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria e na que ninguén quede fóra.” 3.6915.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PORTAS NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA DESENVOLVER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E REVISIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM) Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto terceiro da Orde do día. Delegación de competencias do concello de Portas na Deputación de Pontevedra para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. ¿Observacións?. Aprobamos por unanimidade. O Pleno do Concello de Portas na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 23 de decembro de 2016 adopta o acordo de delegar na Deputación de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM). Polo Servizo de Xestión de Recursos Públicos e Inspección (11/01/2017), Servizo de Recadación (12/01/2017), Servizo Xurídico (13/01/2017) e Servizo de Intervención (23/01/2017) da Deputación de Pontevedra – ORAL, emitíronse sendos informes favorables á delegación acordada. O artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, de acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, prevé que as entidades locais poidan delegar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus tributos e demais ingresos de dereito público nas entidades locais en cuxos territorios estean integrados, mediante acordos plenarios de delegación e aceptación e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais da provincia e da comunidade autónoma. O Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno acorda por unanimidade: Aceptar de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Portas, segundo se detalla. CONCELLO DE PORTAS.- Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 23 de decembro de 2016, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (ALTAS IVTM). A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ao pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do consorcio e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A representación e defensa polos Letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de Procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL-Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingresado na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL. En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumido pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo concello de Portas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6916.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 1/2017 Sra. Presidenta.- No punto 4. Expediente de modificación de créditos 1/2017. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Font. Sr. López Font.- … De suplemento de crédito. Este expediente cumple con toda la normativa tanto en relación con los gastos que se pretenden financiar como con los recursos que los financian, respeta el equilibrio presupuestario y el crédito extraordinario se eleva a 941.000 euros, el 81% va destinado a los concellos para actuaciones de mejora en montes y nuevas actuaciones en equipamiento deportivo; y un 19% financiará inversiones en instalaciones de la administración del Estado. Este expediente se financia con bajas de créditos de aplicaciones que pueden ser reducibles sin perturbar los servicios y el resto con remanentes líquidos. En cuanto al expediente de suplemento de crédito es por un importe total de trece mil ciento, trece millones ciento noventa y cinco mil euros, y también se financia con bajas de créditos y con remanentes propios. Desglosando esta propuesta son los capítulos 6 y 7 de inversiones reales y transferencias de crédito, de capital, perdón, las que en su mayoría son destinadas a los concellos en un 89,4%. Por destacar, en el capítulo 6 hay un suplemento de 2,7 millones dirigido y destinado a vías, carreteras de la Diputación, 1,4 millones para el Plan de parques y castillos de la provincia, y para complementar el Museo 0,8 millones. En el capítulo 7 hay unas transferencias que van directamente a cooperación con los concellos, Pontevedra e Vigo, e fondos complementarios de Cerdedo-Cotobade. En el capítulo 2, de gasto corriente, reforzar el Servicio Smartpeme y fomento de actividades del año del patrimonio, Congreso sobre movilidad, Plan de autoprotección del Centro Príncipe Felipe y reparaciones en el Castillo de Sobroso por los daños acaecidos últimamente. En el suplemento de capital 4, una tercera parte va destinada a Erasmus universitarios, y un 44% ayudas a deportistas individuales y escuelas deportivas provinciales. Y el resto de los fondos, como decía, para el concello de Cerdedo-Cotobade. Por lo tanto, estamos ante una modificación del presupuesto que se destina directamente en un 90% de esta modificación a los concellos que serán quienes lo perciban. Deberíamos de esperar un voto favorable de todos, pero a juzgar por la rueda de prensa del Partido Popular en la que en principio la única guía fue la de siempre, la de mentir y la tergiversar, creemos que este voto es posible que no sea favorable, porque en esa rueda de prensa se hablaba de dos partidas de 10 millones, que no sabemos de dónde sacaban esas declaraciones, pero sólo con el intento de manipular. Desde luego, aquí hay dos campeones, ustedes son los campeones de la manipulación y nosotros los campeones de la transparencia. La partida más importante de este suplemento de crédito de 6,7 millones se destina, y así figura en el documento, y leo literalmente, a concellos investimentos en convenio Vigo-Pontevedra, evidentemente, que ustedes sabían antes de esa rueda prensa a que se destinan, pero si necesitan ayuda para entenderlo les diré que se corresponden con los protocolos de colaboración que fueron firmados en noviembre del 2015, y que corresponden a convenios específicos con esos dos ayuntamientos, con esos dos ayuntamientos en un importe prácticamente idéntico al del año anterior. Por lo tanto, mentira tras mentira es difícil avanzar en hacerles entender a ustedes como son las modificaciones presupuestarias. Respecto a la partida de 2,7 millones directamente para convenios en carreteras del Servicio de Mobilidade parte de la colaboración con los, con los ayuntamientos con los que estamos hablando permanentemente y en un reparto justo y equitativo, a diferencia de esas estrategias políticas que mantienen ustedes. Y, finalmente, en esa rueda de prensa la gran mentira era de hablar de libre disposición, precisamente ustedes, cuando aquí no hay ninguna partida de libre disposición, el bochorno, literalmente era la base 25 de sus orzamentos, de sus presupuestos en los que si se reservaba un 20% para libre disposición del anterior presidente. Por lo tanto, aquí no hay ninguna libre disposición y aquí la transparencia es absoluta. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Lles recordo que temos 5 minutos para fixar a posición, 3 de réplica e 2 minutos logo para pechar o propoñente, neste caso o goberno. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos. Moi brevemente, sendo conscientes de a quen corresponde a responsabilidade do destino dos cartos destinados a Vigo, imos absternos nesta modificación, e agardamos poder falar de este tema onde corresponde, é dicir, no pleno do propio concello. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Estamos ante, digamos, a parte da, instrumento económico, orzamentario, que completa o que, vamos, a primeira parte máis gorda que eran os orzamentos xerais do 2017 aprobados en tempo e forma. Eu antes de nada destacaría a axilidade e a rapidez, non debe haber, practicamente, ningunha institución local que teña xa, digamos, completado no gordo toda a estrutura orzamentaria para este exercicio 2017, máis ben nos topamos con moitísimos concellos que non teñen aprobados os orzamentos, e aquí no mes de febreiro pois vén esta modificación. ¿Por que?, bueno, porque como case todos os anos hai, cada vez menos, pero hai remanentes líquidos de tesourería, ou sea, cartos que quedaron do ano anterior por maiores ingresos ou por aforro no gasto, pois esa, gracias ós servicios económicos, e Intervención en particular, que lograron ter a liquidación moi rápido, pois en estos momentos temos todo en orden. Entonces, xa nos propios orzamentos quedaron previstas toda unha serie de partidas e de, que non puderon entrar no orzamento, polo esforzo que se fixo para meter os cartos no Plan concellos, e que os concellos de toda a provincia souperan, sen modificacións ao largo do ano, canto iban a levar, e dunha maneira definitiva, e puderan facer previsións, pois unha serie de, de, vamos, de compromisos ou de necesidades quedaron para esta modificación, ¿non?. Ben, a modificación creo que é, á parte de algún axuste, algún axuste técnico como o de os montes ou similares, a modificación creo que é moi, moi clara, ¿non?, así as partidas máis gordas pois é o do Museo que tiña que ter se incorporado, xa estaba previsto, estaba previsto hai anos, e no ano 2015 estuvo no orzamento, de feito, pero por carencia de proxecto non se pudo facer, polo tanto incorpórase ahora para millorar o último, vamos, o edificio central, o primixenio, ó lado do Castelo de Soutomaior, idem de lienzo para convenios en estradas que, como calquera observaría, o que era de investimentos en estradas estaba relativamente baixo no orzamento inicial, e a partida máis, máis, vamos, de máis cuantía pois é a, vamos, os convenios con Pontevedra e Vigo, seis millóns setecentos sesenta e sete mil euros. Ben, eso estaba previsto, como todo o mundo o sabe, estaba previsto xa, bueno, cando se fixo o Plan concellos e está, está absolutamente prevista, e quero resaltar unha cousa, ¿non?, porque pódese prestar a facer números, ¿verdad?, no aire sin ningún base, ningunha base real, esto significa, esto significa que a Diputación vai a adicar ós concellos de Pontevedra e Vigo 18 euros por habitante, 18 euros por habitante, cando os concellos pequenos da provincia hai algún que está en 300, e 400 ou 200, 150 euros por habitante, non vai, vai unha, unha, vamos, nunha escala regresiva de que os concellos máis pequenos levan moito máis, ¡eh!, proporcionalmente que os máis grandes, son os que menos levan con distancia de todos os concellos da provincia, ¡eh!, e eso, faga calquera as contas de canto lle toca no seu concello por habitante e verá que lle toca multiplicado por bastante, ¡eh!, o que lle, entonces, evidentemente, a Diputación está facendo un esforzo enorme nos concellos máis pequenos, pero é, digamos, restándolle proporcionalmente ós grandes, pero algo suponse, creo que todo o mundo estaremos de acordo en que se debe, se debe facer, ¿non?. Sorprendeu moito, eu quedei moi sorprendido por esas declaracións, máxime, digo do Partido Popular, máxime cando, cando viñeron aquí a pleno os convenios, digamos, que se cargaban contra estas partidas votaron a favor, entonces é unha cousa moi rara de entender, francamente, e polo tanto, pois, creo que deberían pensalo, ou sea, votar en contra de esta modificación de crédito é, é dicir que Pontevedra e Vigo non leven nada cando os concellos, os outros concellos, se están levando moitísimo máis proporcionalmente do que levan estes dous, estes dous concellos. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Ben. Moitas gracias Presidenta. Moi bos días a todos e a todas. Bueno, eu o resumen que fago das declaracións do goberno son que se poñen a tirita antes de ter a ferida, sobre todo as do Sr. Mosquera, aquí nadie lle falou de si Vigo leva máis, debe levar menos, todo eso o está decindo vostede, porque na rolda de prensa creo que non se falou nada de eso nin se vai falar aquí. Aquí se fala de libre disposición alto e claro, libre disposición, algo que non lles gusta escoitar. Sr. Font, vostede falaba de bochorno, non me extraña, bochorno deben de ter, inda que a verdad que aguantan bastante ben o tirón de dicir unha cousa e facer a contraria, pero bochorno me daría decir todos os días o que dixen e facer todos os días o contrario, a min me daría bochorno. Mire, a reacción da rolda de prensa en un primeiro momento foi a risa da Presidenta, xa estamos acostumbrados a que se rían do traballo noso, xa estamos acostumbrados, pero vexo que lle fixo moito daño porque siguen falando da rolda de prensa, porque foi unha rolda de prensa, coma sempre, que dice verdades, e o tempo nos dá a razón, e hoxe llas vou a volver a contar e a cantar, porque o tempo nos dá a razón, esa é a sorte que o tempo nos dá a razón. Mire, Sr. Font, 10 millóns de euros para libre disposición, 10 millóns de euros, fan vostedes unha modificación de 14, somentes a dous meses despois de haber aprobado o Orzamento. ¿Que significa en primeiro lugar?. Orzamento baleiro de contido, Orzamento improvisado, que tanto lle dixemos nós, o tempo nos dá a razón, en tan só dous meses apareceron 14 millóns de euros, digo eu, non íbamos tan mal encamiñados cando pediamos vinte para os concellos e vostedes me contestaban quen non tiñan unha máquina de facer billetes, e vostedes me decían, á pobre voceira, pero que, pero a voceira, é que vostede está na oposición, si estivera no goberno, a ver de donde se saca o diñeiro. Mire, eu lles contestaba que vostedes gobernen que é o que teñen que facer, pero gobernen de unha vez, e gobernen ben, porque non saben o que significa gobernar. Mire, 10 millóns de euros, que lle vou a leer o que pon aquí, ó mellor vostedes teñen outros documentos, que xa pasou máis dunha vez, eu xa vin aquí o pleno cuns documentos e vostedes con outros, algo tan grave como o Orzamento desta casa, entón ó mellor se repite, Sr. Font, pero o documento que teño eu, o que teño a disposición dice claramente, e aquí está para entregarllo ós medios, dice, investimentos e convenios en estradas 2.700.000 euros, ¿sabe como se chama a esto?, libre disposición, aquí non hai bases nin hai criterios, hai convenios. E despois hai outro que dice, concellos, a concellos para investimentos, convenios 7.000.000 euros, aquí non hai nada máis que esto, esto chámase libre disposición. Mire, nós fixemos ó longo deste ano, do ano pasado, dende que vostedes gobernan, fixemos 100 propostas, 100 propostas con moito sentidiño, ¡eh!, como decimos aquí en Galicia, 100 propostas que ahora algunhas delas llas vou decir, porque que casualidad que moitas son as que hoxe aproban, pero como as presenta o Partido Popular vostedes non son capaces de aceptar unha proposta deste grupo, non son capaces, porque son demasiado orgullosos e pensan pois que non poden votar a favor de nada do que presentamos. Mire, pediámoslle 60.000.000 de euros para os concellos, para os concellos pequenos e medianos desta provincia, que é o fundamental desta casa apoiar ós pequenos e medianos, e nos dixeron que non tiñan de donde sacar máis fondos, en dous meses apareceron 14, sólo quedan 6.000.000 de euros, pero estamos en febreiro, cando chegue decembro veremos cantas modificacións se puxeron. Miren, vostedes dicen que non sabemos leer, pero vostedes non saben escoitar, unha vez máis lle pregunto á Presidenta e máis ó Sr. Font, ¿para que?, ¿como se destinan estes fondos?, ¿con que criterios se destinan estes fondos?, ¿donde están as reglas do xogo destes fondos?, e senón as hai, porque non as hai, se chama libre disposición. Pero esto xa o pedíamos nós, máis fondos para os concellos, ahora son Vigo e Pontevedra, pero si que había máis fondos para incorporar ós concellos. Miren, incorporan 2,7 millóns de euros para as estradas, xa o pediamos nós, fondos para as estradas e dicen que no, ao Partido Popular lle dicen que no, ahora si, fano pero con libre disposición, pediámoslle para escolas deportivas, nos dicen que no, ahora incorpórano, pediámoslle para o Museo, nos dicen que no, ahora incorpórano, pediámoslle para Cerdedo e Cotobade, nos decían que no e ahora incorpórano. Pero nós non lle podemos votar a favor, claro que no, porque non estaremos de acordo nunca coa libre disposición de despacho que pretenden facer, a libre disposición que tanto lle molesta que lle reiteremos e que lle recordemos, vostedes son o goberno da libre disposición de despacho e de pagar favores políticos aos concellos ... Sra. Presidenta.- Ten a palabra. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Sra. Arévalo, en el supuesto de que les estuviéramos dando la razón, que no es así como dice usted, debería de estar ciertamente encantada. Mire, yo creo que llevaban ustedes tantos años anclados en la libre disposición que confunden absolutamente todo lo que pase con la libre disposición. No Sra. Muñoz, no, 2,7 millones para estradas, para conveniar y para acordar con los ayuntamientos, en base a unas bases ya aprobadas, es que lamentablemente tenemos que tener el latiguillo con ustedes de que no se enteran porque ciertamente no leen, Sra. Arévalo, ciertamente no leen, entonces este es un problema. Menos mal que no iba a hablar de Vigo y de Pontevedra, menos mal, porque ya ha quedado todo absolutamente claro. Mire, la libre disposición es la que tenían ustedes en la base 25 de los presupuestos que ustedes han tenido aquí durante muchos años, en los que se especificaba claramente que había un 20% de libre disposición por el Presidente, y no hay que confundir absolutamente nada. Por lo tanto, lo que proponemos aquí es en base a unas bases ya aprobadas, es en base a una ordenanza reguladora de subvenciones que regula absolutamente todo y que ustedes no tenían, y, ¡hombre!, ver al Partido Popular tan defensor de los concellos cuando un 90% de esta modificación va destinada a los concellos, ciertamente la conclusión es muy sencilla, nosotros estamos a favor de los ayuntamientos y ustedes, ciertamente, están en contra de los ayuntamientos. Y con el tema de Vigo y de Pontevedra pues ya se lo decía el Vicepresidente, mayor transparencia de unos convenios firmados y, ciertamente, este gobierno está cumpliendo una regla fundamental en la política de la diputaciones que es, dar más a los que menos tienen y menos a los que más tienen, y la comparación de 18 euros por habitante para Vigo y para Pontevedra, y 300 para algunos ayuntamientos gobernados por ustedes no resiste absolutamente nada, no resiste la discusión. Modificación presupuestaria, pero que me va hablar usted a mí, a nosotros, de modificaciones presupuestarias si ustedes las hacían en las mismas condiciones, si las hacían peor en años electorales, si precisamente lo que modificaban era para atender a los ayuntamientos de su color político, estamos orgullosísimos de esta modificación presupuestaria, estamos orgullosos de traer una suplementación de crédito para las necesidades reales que se tiene, y desde luego que sepa una cuestión, porque es de su Partido Popu, es de su partido, desde luego el Presidente de la Diputación de Orense hace lo contrario a lo que usted dice, porque la primera modificación de crédito fue en el pleno del mes de enero. La paradoja es que usted dice una cosa, el Sr. Baltar otra y se contestan a ustedes mismos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Moitas grazas Sra. Presidenta. Mire, vamos a ver unha cousiña, exactamente, ¿cales son as regras de xogo do Plan concellos?, que cada concello escolle ao seu libre albedrío, con toda autonomía a que o destina, ¿que quere?, que haxa unhas normas distintas pa Pontevedra e Vigo, é malo de entender, é bastante malo de entender, ¿non?, creo que é bastante, bastante claro, e os que son alcaldes e alcaldesas aquí entenderanme perfectamente. É, non é regra de xogo en estradas, aquí houbo, veu aquí un decálogo de actuacións en estradas, que poñía as regras de xogo moi clariñas, por certo, que ustedes votaron en contra, porque non queren nunca que haxa unhas regras de xogo claras, nunca, ¡eh!, por certo, por certo. Todo concello sabe perfectamente o que ten que facer, o que ten que facer para facer un convenio con esta Diputación sobre unha estrada provincial para millora ou para, vamos, urbanización, reurbanización ou o que sexa. Mire, o que pasa que a ustedes pérdeos, ¡eh!, o sectarismo que teñen. Mira, si vamos ó punto siguiente, ó punto cinco é aprobación dunha actuación nunha estrada provincial, que resulta que é nun concello do Partido Popular, Pazos de Borbén, ustedes traen unhas mocións que sólo piden para os seus, e fóra de lugar inda por riba, nós atendemos a todos independentemente da cor política, ustedes non lle colle na cabeza que poidamos actuar así, é que non lle colle, simplemente, non lle colle, bueno, pois vaian vendo haber si, si lle colle, porque senón esto vai ser unha guerra de pim pam pum, dicindo cousas fóra de lugar sen ningún sentido, ou sea, ustedes téñenlle alerxia a que haxa unhas normas claras e que sean iguais para todos, téñenlle alerxia, bueno, pois nós vamos a seguir, é o noso compromiso, é o noso programa e vamos a seguir tratando a todo o mundo, a todos os concellos por igual sexan da cor política que sexan e demais. Ahora no nos vamos a deixar coacionar polas súas cousas, solo faltaría, solo faltaría, ou sea, digamos que autolimitamos a práctica, eliminamos a práctica anterior de beneficiar aos concellos do PP, non veñan ahora a pedirnos que sigan, sigamos beneficiando ós concellos do PP, todos por igual, todos por igual, non como antes, non como antes, ese é o gran cambio que ustedes non acaban de aceptar. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias. Sra. Presidenta.- No, perdón, ten a palabra a Sra. Arévalo, porque estamos no turno de réplica. Sr. Font, non vaya vostede tan rápido, un segundo señora. Ten a ... Sra. Arévalo Gómez.- Gracias. Bueno, para deixar claro, porque vexo que interesa moito o debate hacia Vigo e Pontevedra, quero deixar claro que este grupo non ten nada en contra de que vostedes decidan invertir en Vigo e Pontevedra. Eu non falei deso, volvo a repetilo, falei de que este grupo pediu 20 millóns de euros máis para pequenos e medianos concellos, e me decían que non había de donde sacalos, e ahora vemos pois que xa aparecen 14 millóns de euros. Sr. Mosquera, si me fala de normas falamos de normas, e que casualidad que os pequenos e medianos temos normas e os grandes no, os pequenos e medianos temos normas que son as do Plan concellos, que hai uns máximos e uns mínimos a onde temos que axustarnos e Vigo e Pontevedra no, campan ás súas anchas, é dicir, non teñen porcentaxe de emprego, de gasto corriente, de inversión, entón non falemos de normas. Pero mire, non vou a seguir dirixíndome a vostede, creo que non merece a pena, sinceramente co que vostede me dixo e non me dixo nada, non me dixo nada do que estou preguntando, criterios Sr. Mosquera, ¿cales son os criterios de reparto?. A libre disposición, Sr. Font, antes existía, claro que si, pero claramente no presuposto, como vostede polo menos recoñece, había unha partida que se chamaba libre disposición do Presidente, pero que ahora é máis grave, porque ahora non existe de forma clara, existe pola porta de atrás, en todos os sentidos, ¿comprende?, e pretende facernos tontos aquí, que non sabemos leer e non sei cantas cousas máis. Mire, non hai ningún criterio, e senón dígame cales son os criterios de reparto destes 10 millóns de euros, non existen, e antes había un criterio, había unha bolsa económica, unha partida, unha partida de libre disposición, correcto, pero esa partida económica se repartía con criterios e con bases. Mire, pode preguntarlle a unha persoa do seu departamento, do seu gabinete, ó exalcalde da Illa da Arousa, exalcalde socialista, que ahora traballa aquí de asesor, creo que está por aí ademais, lle pode preguntar que as conoce ben, porque casi, no, máis dun millón de euros de libre disposición, máis dun millón de euros que se levou para o edificio de usos náuticos da Illa, pois porque era unha construción que o Presidente consideraba, pois, que cumplía uns requisitos, unhas bases para pode asignar. Pero, mire, eu lle vou a dicir unha cousa, de coherencia non me fale, Sr. Font, non me fale de coherencia porque aquí se falou de abrir ventanas e portas, e as portas podemos baixar en este momento e están pechadas, aquí se falou de tender a man ós concellos e hai un montón de alcaldes, máis de 20 alcaldes, esperando a ser recibidos, aquí se falou eliminar as subvencións nominativas, porque eran ilegales, cando en Vigo se daban. E ahora resulta que aparecen outra vez no orzamento por arte de birlebirloque, e aquí se falou, para rematar, de que a libre disposición non iba a existir máis e aquí a temos claramente, así que Sr. Font leccións aquí as xustas. Moitas gracias. Sr. López Font.- Yo de coherencia a usted Sra. Arévalo le doy todas las lecciones, y son todas las lecciones la consecuencia del gobierno que tuvieron y de nuestro gobierno, ustedes tienen que recordar que en cinco años tuvieron 72 millones de libre disposición, 72 millones que se dice pronto Sra. Arévalo, y que criterio me habla de la libre disposición de la anterior, el dedo del Sr. Louzán. Yo le pregunto a mis asesores, claro que le pregunto, y el que fue alcalde da Illa me dice permanentemente que el gobierno del Sr. Louzán sometió, sometió, literalmente, al municipio da Illa de Arousa a una marginación tremenda que dio inclusive objeto a reclamaciones aquí. Lo que le tiene que preguntar usted es al asesor que tienen, cuando viene a trabajar, eso es lo que le tienen que preguntar, convenía que se lo preguntasen. Pero mire, le hablaba antes de la Diputación de Ourense, aquí lo criterios son transparentes, aquí en la modificación de crédito figura que destinamos las partidas, pero en la Diputación de Orense absolutamente lo contrario, y cuando se pide explicaciones, literalmente le voy a leer que la contestación es, “se dará cumplida información en cada caso”. Por lo tanto, mire, nosotros traemos aquí una modificación que es la voz de los ayuntamientos y es la voz de los ayuntamientos por las necesidades y por el grado de colaboración que tenemos con ellos. Y aquí lo que es evidente es, podemos estar discutiendo hasta julio del 2019, Sra. Arévalo, pero ustedes representan el modelo del sectarismo político, ustedes representan el modelo de la utilización de las instituciones en favor de donde ustedes gobiernan, y nosotros hemos llegado aquí con un Plan concellos igual para todos los ayuntamientos que me gustaría que hiciera una ronda entre todos sus alcaldes a ver qué opinión le dan, porque que lo sepa, la opinión es favorable y es el mejor síntoma de igualdad. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font, rematou o seu tempo. Rematado o debate do punto 4, Expediente de modificación de créditos 1/2017, o sometemos a votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 12 en contra e unha abstención. O Deputado Delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, a través de escrito de data 14 de febreiro de 2017, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de crédito número 1/2017, por un importe total de 11.686.508,19 euros. Este expediente inclúe créditos extraordinarios por un importe total de 941.800,00 euros, suplementos de créditos por importe total de 13.195.708,19 euros, e baixas por anulación por importe total de 2.451.000,00 euros. A tramitación deste expediente número 1/2017 está motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. No caso dos créditos extraordinarios por non existir consignación no estado de gastos do orzamento corrente, no caso dos suplementos de créditos por ser insuficiente o crédito existente e no caso das baixas por anulación por estimarse reducibles os créditos das aplicacións 17/942.3420.762.58 e 17/410.1720.779.82 sen que causen perturbacións nos respectivos servizos. Resultando que o Servizo de Intervención emite informe de data 14 de febreiro de 2017 no que indica que o expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, e que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, nos artigos 2,3,11,27 e demais concordantes da Lei Orgánica 2/2012 de 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nas bases de execución do orzamento, en canto a competencia e tramitación a seguir para a aprobación do expediente de modificación de crédito número 1/2017. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), aprobar: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de crédito número 1/2017 da Deputación de Pontevedra por un importe total de 11.686.508,19 euros. Este expediente inclúe créditos extraordinarios por un importe total de 941.800,00 euros, suplementos de créditos por importe total de 13.195.708,19 euros, e baixas por anulación por importe total de 2.451.000,00 euros, co seguinte detalle: Créditos Extraordinarios “EXT. 01/17”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 410-1720-762,82 A CONCELLOS, MELLORA DOS MONTES 600.000,00 € 433-3361-652,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN CONVENIO - CONSOLIDACIÓN SANTA TEGRA 100.000,00 € 942-3420-658,00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (Novas actuacións no campo de fútbol do Alondras en Cangas - Conv. concello e club Alondras) 60.300,00 € 942-9440-651,00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ADMÓN. DO ESTADO. (Convenio coa Garda Civil, mellora instalacións cuartel de Cambados) 181.500,00 € Total Créditos Extraordinarios 941.800,00 € Os créditos extraordinarios fináncianse con baixas de créditos da aplicación: 17/410-1720-779.82, cuxas dotacións estímanse reducibles sen perturbacións nos respectivos servizos, destinándose ó financiamento da aplicación 17/410-1720.82. O importe restante finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, é dicir, o remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 341.800,00 € BAIXAS POR ANULACIÓN APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 410-1720-779,82 A COMUNIDADES DE MONTES, MELLORA DOS MONTES -600.000,00 € Suplementos de Crédito “SUP. 01/17”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-2312-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS - (Plan Autoprotección C.P. Felipe) 33.000,00 € 232-2312-624,01 ELEMENTOS DE TRANSPORTE - ADQUISICIÓN (Microbús C.P. Felipe) 148.000,00 € 240-2412-481,01 A FAMILIAS, BOLSAS ESTUDOS- ERASMUS UNIVERSITARIOS( Conv. Universidade de Vigo) 150.000,00 € 330-3340-226,09 GASTOS DIVERSOS - ANO DO PATRIMONIO (Fomento de actividades) 160.000,00 € 330-3340-489,05 OUTRAS TRANSFERENCIAS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS (Fundación Carlos Casares: 15.000€; Outras: 35.000€) 50.000,00 € 333-3330-622,01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (EDIFICIOS MUSEO) 800.000,00 € 340-3400-481,01 PREMIOS, BECAS, PENSIÓNS DE ESTUDO E INVESTIGACIÓN (Actividades extraordinarias para deportistas individuais) 120.000,00 € 340-3410-489,02 A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO (Escolas deportivas provinciais) 94.000,00 € 433-3360-212,00 REPARACIÓNS, M. CONSERVACIÓN DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Reparacións no Castelo de Sobroso como consecuencia dos temporais) 20.000,00 € 433-3360-221,00 ENERXÍA ELÉCTRICA (Pagos pendentes exercicio 2016 - C. Sobroso) 20.000,00 € 433-3360-623,03 PROXECTOS ESPECIAIS - MUSEALIZACIÓN (Castelo de Soutomaior) 560.000,00 € 433-4321-622,01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (Pousadas) 20.000,00 € 456-4530-226,06 XORNADAS E CONGRESOS (Mobilidade) 150.000,00 € 456-4530-612,02 INVESTIMENTOS – CONVENIOS EN ESTRADAS 2.700.000,00 € 923-1623-226,06 XORNADAS E CONGRESOS (Compostaxe) 55.000,00 € 923-1623-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (Estudos e análise do compost) 100.000,00 € 923-1623-227,15 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - PUBLICACIÓNS 60.000,00 € 926-9260-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (Bonificacións contrato SmartPeme Pontevedra) 151.855,00 € 942-9420-652,10 INVESTIMENTOS XESTIONADOS, CONVENIOS CON ENTIDADES LOCAIS (Substitución cuberta e climatización piscina municipal de Cambados) 851.000,00 € 942-9420-762,14 A CONCELLOS PARA INVESTIMENTOS - CONVENIOS (COOPERACIÓN) 6.767.000,00 € 942-9425-462,03 PLAN COOP. CONCELLOS 2017, EMPREGO E CONSERV. DE BENS E SERVIZOS (Fondos complementarios Cerdedo-Cotobade) 41.816,97 € 942-9425-462,45 PLAN COOP. CONCELLOS 2017, GASTOS CORRENTES (Fondos complementarios Cerdedo-Cotobade) 27.877,98 € 942-9425-762,45 PLAN COOP. CONCELLOS 2017, TRANSFERENCIAS PARA INVESTIMENTOS (Fondos complementarios Cerdedo-Cotobade) 116.158,24 € Total Suplementos de Créditos 13.195.708,19 € Os suplementos de créditos fináncianse con baixas de créditos da aplicación: 17/942-3420-762.58, cuxas dotacións estímanse reducibles sen perturbacións nos respectivos servizos, destinándose ó financiamento da aplicación 17/942-9420-652.10, na cantidade de 851.000,00 € e da aplicación 17/942-9420-762.14, na cantidade de 1.000.000,00 €. O importe restante finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, é dicir, o remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito 11.344.708,19 € BAIXAS POR ANULACIÓN: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 942-3420-762,58 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS, MELLORA C. FÚTBOL DE BALAIDOS -1.851.000,00 € O Resumo das modificacións por capítulos son as seguintes: Capítulo 1º Gastos de persoal 0,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 749.855,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 483.694,95 € Capítulo 6º Investimentos reais 5.420.800,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 5.032.158,24 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 11.686.508,19 € Segundo: Este expediente de modificación de créditos número 1/2017, por importe de 11.686.508,19 euros, exporase ó público para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As reclamacións, reparos ou observacións que se presenten serán estudados, no seu caso, polos servizos técnicos da Deputación de Pontevedra e posteriormente pola Comisión informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, que formulará ao Pleno a proposta de aprobación definitiva deste expediente. Este acordo de aprobación inicial do expediente de modificación de créditos número 1/2017 entenderase definitivamente aprobado no caso de que no prazo de exposición pública non se formulasen reclamacións contra o mesmo. 5.6917.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO DE “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA INTERSECCIÓN NA EP-2702, AMOEDO-OS VALOS CO ACCESO Á IGREXA DE NESPEREIRA (PAZOS DE BORBÉN)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Sra. Presidenta.- Pasamos ao punto 5 da Orde do día. Aprobación definitiva do proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección na EP-2702, Amoedo–Os Valos, co acceso á Igrexa de Nespereira (Pazos de Borbén), aprobación definitiva da relación de bens e dereitos afectados, ratificación da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por a execución do proxecto, resolución de alegacións. ¿Hai algunha observación?. A aprobamos por unanimidade, queda aprobado o punto 5 por unanimidade. O proxecto “Mellora da seguridade viaria na intersección na EP-2702, Amoedo–Os Valos co acceso á igrexa de Nespereira (Pazos de Borbén)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 88.860,74 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 85.506,67 euros e capítulo de expropiacións por importe de 3.354,07 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. As obras incluídas no presente proxecto consisten na mellora da intersección da citada estrada provincial cun camiño público de titularidade municipal, xa que na actualidade o radio de xiro no entronque dos viais resulta insuficiente e a visibilidade escasa, co que unha vez finalizada a actuación a seguridade vial mellorará de xeito notable. Á vista do informe emitido polo Servizo de Mobilidade advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Mellora da seguridade viaria na intersección na EP-2702, Amoedo–Os Valos co acceso á igrexa de Nespereira (Pazos de Borbén)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 88.860,74 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 85.506,67 euros e capítulo de expropiacións por importe de 3.354,07 euros. Segundo.- A resolución das alegacións presentadas polos seguintes propietarios afectados en base ás seguintes consideracións: a).- Con respecto á alegación presentada por Dª. Adelia Amoedo Antelo e Dª. Angelina Amoedo Antelo de Oliveira, na que manifestan ser as únicas herdeiras de Dª. María Antelo Rodríguez (finca número 2), estas non aportan ningunha documentación acreditativa polo que deberán presentala na fase de levantamento de actas previas á ocupación. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. Cuarto.- Ratificar a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto a mellora do tráfico mediante a construción desta infraestrutura, coa que se conseguirá unha maior seguridade viaria ao mellorar o radio de xiro e a visibilidade no citado entronque. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 6.6918.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) PARA DECLARAR O 24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Pasamos ao punto 6. Moción do Grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) para declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro na Deputación de Pontevedra. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Leal. Sr. Leal Fariña.- Ben. Bo día a todos e a todas. A verdade é que esta Moción xa tivo unha primeira parte que foi ese acto institucional que fixemos na, na entrada do, do Pazo provincial, no que agradezo a colaboración de todos e de todas, desculpar ó Sr. Jácome que por motivos de axenda pois non puido chegar a tempo, xa nolo comunicara e non o desculpamos no, no propio acto. Vou dar, vou dar lectura á proposta, porque me parece unha, me parece acaído, pois para este tipo de, de digamos, de mocións, pois, ler exactamente o texto, pois, porque creo que é, que é un texto moi interesante e fai referencia, pois, a importancia que ten de, de declarar estas, estas efemérides por parte das institucións. Rosalía de Catro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galega, a publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado sinala o inicio da restauración do uso do escrito da nosa lingua e o final dos séculos escuros de silencio e esquecemento, a súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polos galegos e galegas coma a poeta nacional, proclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, o seu dirixir e o seu idioma propio foi o que fixo tamén a poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de tódolos tempos. Por todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para os galegos e galegas en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra, feita poesía ou prosa, reflexiva, un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural. En este aspecto os acordos que se, os que se fai referencia son: o de declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro, emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da, da obra como, como ben desenvolvemos, pois, dende o departamento de, de Cultura e Lingua, i realizar a lectura pública que, bueno, fixémola este ano i, tamén, a desenvolvemos xa o ano pasado sin, sin ter este acordo. I agora o que si quería ler tamén é, porque me parece moi interesante i é unha iniciativa que tamén xurde da, da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega, pois o manifesto que, que fixeron este ano, que foi, que foi lido pola, pola escritora viguesa Ledicia Costas, e vou dar, vou dar lectura ó manifesto: En Galiza existen formas infinitas de amencer, abrente, alborada, clarexa, luzada, rompente, a lírica que abraza os versos de Rosalía posúa as cores reveladoras da primeira luz. Imaxino a Rosalía no século XIX e vexo unha muller que se aferra ás palabras sen complexos e fai con elas o que o corazón lle pide ao oído en cada instante: fitas de encaixe, diamantes, armas de construción masiva ou versos predestinados a furar as conciencias e facer cambalear os piares do inmobilismo. Esa é ela, unha xigante que non precisa conspi, respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais, aínda que aquí o facemos. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda. En Galiza existen infinitas formas de querer e nós querémoste, paxaro, lume, emoción, querémoste eléctrica e lúa, insubmisa e valente. A voz que hoxe portaría unha pancarta na cabeza dunha manifestación contra a violencia machista ao berro de, ¡Basta xa!, ¡querémonos vivas!. A que quedaría afónica de solicitar, día tras día, unha maior presenza do galego na escola, na rúa, na vida, na Galiza nosa, que se estremece por momentos. Imaxino a Rosalía e véxoa afirmando: Son muller e son galega, reivindícome como escritora na miña propia lingua e non consinto que ninguén apague a miña voz. Estou tan viva que os meus versos rabuñan as paredes do panteón dos galegos ilustres ata facelas sangrar. Négome a ser estranxeira exiliada na miña patria. Quero abarcar toda a luz e contaxiarte. En Galiza existen infinitas formas de chover: como chove miudiño, como chove chove, pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove. E con esa maxia pronuncio, babuxa, chuvisca, poalla, chuvieira, barruzo, dioivo. A lírica que arroupa os versos de Rosalía é un bico anfibio. Debaixo da auga nada a pracer, presumindo das súas branquias. Fóra dela, quita o traxe de escamas, mete as mans na terra e arrinca un libro e unha flor. É esa coa que hoxe queremos agasallar ao mundo. É precisamente o final deste texto da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega que queríamos dar lectura aquí, pois sabendo que, un pouquiño, que vai haber unanimidade na, nesta declaración, i animarvos a todos e a todas, pois, a seguir participando, pois, nestas efemérides pois ano tras ano. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Leal. Sr. Jácome ten vostede a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas, outra vez. Evidentemente, concordamos coa, coa intervención que acaba de facer o deputado de Cultura, e gustaríanos engadir que a pontencialidade dos valores sociais emitidos na obra de Rosalía de Castro fai que ela sempre estea presente entre todas e todos nós, de xeración en xeración e na extensión do tempo. A súa lectura vale para cavilar arredor de cuestións universais que afectan ó xénero humano, xustiza social abusos de poder, desigualdades, fame ou defensa da diversidade cultural. Por este motivo Rosalía é unha poeta galega que se proxeciona cara a universal dende a lingua propia de Galiza ata a coralidade lingüística do mundo. A literatura e a cultura galegas sempre foron e son universais, porque contribuímos dende a nosa diferencialidade e identidade ó acervo común dos pobos do mundo, e así debemos entender nós a cultura, de igual a igual, en fraternidade, sabedores da relevancia de comprender o distinto como algo enriquecedor e aceptar quen somos, sen prexuízos nin complexos, somos galegas e galegos. Rosalía simboliza a Galiza á que desexamos, un país normalizado en todos os ámbitos, un país que asuma o seu protagonismo como pobo, un país que esixa e exerza a igualdade entre home e mulleres, un país que exerza a xustiza social, un país que crea no pobo galego e no seu poder soberano. Rosalía significa un desexo, unha arela un vieiro, unha idea de Galiza que está presente na figuración feminina da simboloxía galega. A súa obra literaria edúcanos en valores positivos por medio da súa xenial e extraordinaria capacidade creativa. Rosalía foi unha intelectual destacada no seu tempo histórico, por iso inda hoxe fascina a súa lectura e o coñecemento da súa vida. Cantares Gallegos é o libro representativo do que foi o rexurdimento, aí está o verdadeiro espírito do noso pobo, como explica a autora, mentras en Follas Novas temos unha autora solidaria cos males que aflixen ás nacións. Estes dous poemarios son dúas pezas luminosas da literatura universal, escritas en galego, frutos feridos e duros que non nos entenden, non. Pero as mensaxes que Rosalía deixou na súa obra escrita tamén nos compromete, como galegas, como persoas conscientes dos retos do noso tempo, o galego esmorece, todos os datos sociolinguísticos así nolo indican, e as políticas públicas deben intervir para reverter esta situación. Decretar contra o galego e o seu ensino é considerala unha lingua de segunda, subalterna e inútil para determinadas esferas sociais. Reclamamos pois o cumprimento do deber da administración pública no uso e promoción do galego. En definitiva, celebramos esta declaración na memoria e honra de Rosaría, de Rosalía, e reclamamos unha política decidida de normalización lingüística, protección do noso patrimonio e atención e promoción de toda expresión cultural. E como dicía a prensa do rexurdimento, coa cal colaborou Rosalía, todo para Galiza, toda para Galiza, dende os principios progresistas, dende a xustiza social, dende a plena igualdade, dende a decidida afirmación da dignidade do pobo galego. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Sr. Jácome entendo que imos a aprobar esta Moción por unanimidade, Sra. Arévalo. Ben, pues, esta Moción queda aprobada por unanimidade, polo tanto o día 24 de febreiro será o Día de Rosalía na Deputación de Pontevedra. A min como Presidenta da Deputación, como muller e como galega, non me queda máis que darlle os parabéns ao Deputado Xosé Leal pola presentación e pola proposta de esta Moción, e tamén polo acto, xa o dixen no propio acto de recoñecemento á nosa poeta e muller máis universal. Moitas gracias Sr. Leal, e moitas gracias a toda a Corporación por ter acordado a aprobación desta Moción. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) para declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro na Deputación de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “XUSTIFICACIÓN DE MOTIVOS Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. Por todos este motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural. É por iso que propoñemos que o Pleno da Corporación da Deputación de Pontevedra adopte o seguinte ACORDO 1º Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía na Deputación de Pontevedra. 2º Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora por parte desta institución, de Concellos e por parte de colectivos o 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Consellería de Cultura no seu Calendario do Libro e da Lectura. 3º Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado da Deputación na que representantes públicos, funcionariado e/ou persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.” 7.6919.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE OS TEMPORAIS E AS SÚAS CONSECUENCIAS Nestes intres abandona a sesión a Sra. Deputada Dona Isaura Abelairas Rodríguez. Sra. Presidenta.- Pasamos o segundo punto da Orde do día, o punto 7. Moción do Grupo provincial do Partido Socialista sobre os temporais e as súas consecuencias. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Font. Sr. Font nos pide a Sra. Arévalo si está disposto o Grupo Socialista. Sr. López Font.- No, son mociones totalmente diferentes y ahora lo explicaremos. Sra. Presidenta.- O sinto Sra. Arévalo. Sr. Font ten a palabra. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Nuevamente hemos sufrido las consecuencias de los temporales como en el año anterior y nuevamente esas consecuencias son producto de la falta de previsión de la Xunta de Galicia, entre otros, por la falta de limpieza de los cauces de los ríos y por no asumir las responsabilidades que le corresponden. Traemos esta Moción con una serie de peticiones muy concretas que son las que creemos que se deben de articular básicamente desde la Xunta de Galicia. En primer lugar, pedimos la creación de un protocolo de respuesta, en el año pasado 33 ayuntamientos tuvieron daños por un importe de 4,5 millones de euros. La Xunta de Galicia no atendió esta situación, como decía anteriormente, y no tuvo esa previsión entre otras actuaciones de limpiar los cauces, es la Xunta de Galicia quién tiene que dar respuesta a estas situaciones de catástrofe natural y es necesario crear un protocolo de respuesta que tenga un carácter permanente, un gabinete de crisis que en el plazo de tres meses de respuesta a cada uno de los ayuntamientos que lo han sufrido y no esperar como ocurrió en el año 2016. En segundo lugar, creemos que se debe, pedimos que se debe de habilitar fondos para dar respuesta a los daños, y aquí también corresponde a la Xunta de Galicia articular los fondos suficientes y repartirlos con criterios estables y objetivos. La experiencia del año pasado fue un completo fracaso, primero porque no se atendió las necesidades que se tenían desde los ayuntamientos, y segundo porque el criterio de, exclusivamente las precipitaciones, no fue acertado, y no lo decimos nosotros sino que lo dicen los ayuntamientos. Por lo tanto, es necesario tener en cuenta las zonas realmente afectadas y no sólo esos criterios de precipitaciones. Pero llegamos al punto central, que es sobre las competencias en materia de atención en estas situaciones, corresponde a la Vicepresidencia de la Xunta de Galicia, porque es el departamento encargado de gestionar las competencias en materia de emergencia, y este es el eje central, el Vicepresidente de la Xunta es el único responsable de esta situación y tan sólo comparte determinadas competencias de financiación con el Estado Español, como se pudo comprobar en la reunión a la que asistí en representación de la Presidenta el año anterior. No podemos estar en un juego de palabras en el que, porque a los ayuntamientos les corresponde tener un servicio de protección civil y de emergencias, esto no significa que las ayudas a los temporales tengan que ser de los ayuntamientos, es la Xunta de Galicia y la Administración del Estado la que tienen que habilitar estos fondos. Por lo tanto, estamos ante una situación que no sólo es estrictamente competencial, que ya lo he dicho y he recalcado a quienes, sino que estamos ante una cuestión económica, porque lo que no se puede pretender es que esta Diputación y los concellos sean los que resuelvan los problemas de los temporales, y no se puede consentir que la Xunta de Galicia quiera obligar directamente a los ayuntamientos a hacerse cargo de estas cuestiones. Por lo tanto, aquí es evidente, en el año 2016, y ahora también, que la Xunta de Galicia no puede esconder sus competencias, no puede evadir las obligaciones que le marca la Ley de Emergencias, y debe de asumir claramente y de forma muy concisa el 100% de los daños que se produzcan sobre estas consecuencias. También pedimos que por parte de la Xunta de Galicia se haga una defensa de los consumidores en relación con las empresas eléctricas, hay un Real Decreto que marca el número de interrupciones que se pueden, entre comillas, soportar y es la Xunta de Galicia quién tiene que hacer frente a las compañías eléctricas, en todo caso en colaboración con la FEGAMP, y no dejar a los ciudadanos desamparados, teniendo que ir a los juzgados. La vía de reclamación frente a las compañías eléctricas debe de ser iniciativa de la Xunta pero contar con los concellos. Y finalmente, sobre la retirada de materiales como el amianto, es imprescindible que sea la Xunta de Galicia la que elabore un plan de recogida, porque, evidentemente, los ayuntamientos no se pueden hacer cargo, y es una competencia que corresponde claramente a la administración autonómica. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Non habendo. Sra. Arévalo ten a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Disculpe. Gracias Presidenta. Bueno, eu si que vou a facer un debate conxunto. Co cuál ó final, pois, vamos, vou a ter máis tempo de intervención contando esta Moción máis a seguinte, porque vostede sempre acepta, ou nos piden un debate conxunto, é normal que esta vez non o acepte porque sería recoñecer, unha vez máis, que a súa Moción vén a rebufo da nosa, ou o que é máis grave, é que, como non fixeron absolutamente nada do que tiñan que facer pois intentar botar balóns fóra e botarlle as culpas precisamente á administración única que estivo ó lado dos concellos. Pero os colores vermellos, inda que vostede crea que non, pois, sempre se lles acaban poñendo por parte de este goberno. Mire, antes de entrar en materia quería decir unha cuestión previa en relación a algo que ocurriu no pleno pasado, e máis nunha xunta de voceiros. Por un lado se nos dice, por parte da Presidenta, de que hai asuntos que non deben ser mocións porque non son competencia deste pleno instar a determinadas administracións como poden ser, como poden ser os concellos. Despois se nos convoca a unha Xunta de voceiros que eu, a verdad, que non sei para que me chaman ás Xuntas de voceiros porque, caso ningún se fai, eu vou alí a quentar silla, porque podo propoñer o que sexa que jamás se me atende unha petición, bueno, eu continuarei asistindo para ver como nunca se atende á oposición, que viva o consenso en este goberno que tanto tende a man. Pero, indo ó fondo desto que estaba a decir, este é o informe que nos entregan que dice, “non procede adoptar un acordo polo que a Deputación adopte decisións de fondo en cuestións alleas á competencia da Deputación, se o asunto sobre o que se propón a Moción non é competencia do pleno non se poderá debater nin votar”, eso dicen vostedes, ¡eh!, ademais, “non procedería que a Moción conleve unha aprobación ou decisión que deberá ser tomada por outro órgano”, que creo a Xunta de Galicia non son vostedes, e dice tamén, “que a través de mocións o pleno non pode adoptar decisións de fondo en materias de competencia de órganos de outras administracións”. Unha vez máis a vara de medir según pa quen, según para que. Ahora ben, despois de dito esto digo tamén que non temos ningún problema, ¡eh!, nós non somos coma vostedes, falemos da Xunta, falemos de emerxencias, falemos de temporais, sen ningún problema. Vamos a irnos a ese desgraciado fin de semana ou días, motivo polo cuál nós, pois, tratamos de facer unha moción para falar das competencias, para falar dun plan, para falar dun parque de maquinaria de esta casa. O 112 desde o xoves hasta o luns, desde o día 2 hasta o día 5, pois rexistrou nin máis nin menos que dúas mil incidencias, e creo que todos sabemos a velocidade do vento, que foron 150km/h, a auga que caeu, que chegou nalgúns sitios a cento, a 100 l/m2, e o que provocou todo eso pois é unha vez máis, como o ano pasado, que, por certo, decía vostede, “experiencia fracasada”, a do ano pasado, se refiere á de ustedes, ¿non?, eu téñoo claro, á de ustedes, experiencia fracasada, por segundo ano consecutivo, o ano pasado podían ser vostedes pois a disculpa de recién chegados, de falta de reacción, este ano xa non teñen ningunha disculpa. E, bueno, pois os concellos, os particulares tivemos que asistir, pois, a caídas de árbores, cortes de carreteras, pavillóns derrumbados en algúns, en algúns concellos, e todos os problemas que tiveron precisamente, pois, as persoas particulares, eso foi o que nos levou a presentar unha Moción donde lle pedimos con total tranquilidade, pois, que se faga un plan, que se faga un plan para que se actúe en estes casos que haya un protocolo e que haya, pois, unha guía para actuar porque hasta ahora, pois, e queda claro que non se soubo poñer en marcha. E, tamén uns fondos, como é lóxico, a Deputación, concello de concellos, uns fondos para que os concellos pois poidan recibir axudas para esto. O que nos encontramos, esta vez si que permítame que nos vamos a reir un pouco, ¡eh!, é algo insólito, porque fíxense vostedes que para desviar a atención para non recoñecer que non estiveron de novo ó lado dos concellos, que o Parque de maquinaria estivo pechado outra vez, co motoniveladora, motoniveladora non que é aglomerado, motobomba, camións, pala escavadora, retropala, etc., camións, etc., etc., todo esto como é posible que desde o venres as 3 da tarde hasta ao luns ás 8 da mañán estivera pechado e tiveran brigadas de personas, que si dixen tres, eran catro, mire, tiñan razón vostedes eran oito, pois era oito, dá igual, eu me puden haber equivocado no número de brigadas, que vostedes insisten en que eran moitas máis. De calquera maneira, Sr. Font, vostedes tiñan toda a maquinaria parada, vostedes tiñan personas traballando contadas e con serruchos na man, se me descuido, e por eso provocou ... Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Arévalo. Si, Sr. Font ten vostede a palabra pa réplica. Sr. López Font.- Que demagogia, ¡madre mía!. Mire, no acepté un debate conjunto por una sencilla razón, porque la nuestra es una moción en favor de los concellos y la suya es un insulto a los concellos, por eso no acepté el debate conjunto, y luego, claro, Sra. Arévalo que usted diga que nosotros vamos a rebufo cuando nosotros presentamos la Moción el día 6 de febrero y ustedes la presentan el día 13 de febrero, bueno, esto ya se que es un cachondeo, que esperaba divertirme esta mañana, pero no esperaba divertirme absolutamente tanto. Mire, el fracaso del año pasado fue por la falta de previsión de la Xunta, no fue nuestro fracaso que actuamos en relación con nuestras competencias, y el fracaso del año pasado fue por la forma en la que se distribuyeron las ayudas, porque inclusive se dio ayudas a ayuntamientos del Partido Popular que no habían tenido daños, o sea que no me diga justamente lo contrario. Por lo tanto, mire, aquí hay un problema entre nuestra Moción y la suya, nuestra Moción dice que se cumpla le Ley de Emergencias en su artículo 6, y ustedes lamentablemente hacen una moción en la que quieren desviar absolutamente todo el gasto y toda la responsabilidad, como hacen siempre, hacia la Diputación y hacia los concellos, parece mentira que defiendan a los concellos aquí. Lo que ocurre es que cada vez es más evidente que ustedes en vez de actuar como grupo provincial de la Diputación de Pontevedra, actúan como lo que yo ya empiezo a denominar como el gas, pero el gas terminado en X, grupo de apoyo a la Xunta, porque literalmente todo lo que traen ustedes aquí va en un desvío de no reconocer las competencias de la Xunta de Galicia, y aquí hay un eje central, … debatir su Moción, porque posiblemente no tenga tiempo para referirme absolutamente a todo, pero no puedo dejar de pasar las mentiras, no puedo dejar de pasar el ataque a esta administración e inclusive a los funcionarios, pero que foto exhibe Sra. Arévalo, si el Parque de maquinaria estuvo permanentemente abierto, el Parque de maquinaria no cerró un minuto, esta Diputación actuó desde el minuto uno de los temporales, y nos viene a enseñar, literalmente, claro, porque me he tenido que informar, la foto de la máquina excavadora de cadenas que no es de aplicabilidad a la situación de temporales en los que estábamos. Pero, de verdad, de verdad, que ya llevamos un año y medio casi juntos, pero cuándo se van a imbuir ustedes de rigor, cuando van a intentar pensar en los ayuntamientos de verdad y de venir aquí, por contra, a hacer demagogia. Miren, la administración competente, como decía y lo diré mil veces y lo dije el año pasado, es la Xunta de Galicia, y ustedes pretenden que paguen los concellos y esta Diputación, y la Ley de Emergencias dice que es la Xunta de Galicia. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Font, rematou o seu tempo. Ten a palabra Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias. Bueno, eu sigo o meu guión, porque, evidentemente, entre todo o que teño que decir, máis o que vostede me dice e lle quero contestar, pois, seguimos, seguiremos tamén na seguinte moción, senón tampouco me dá tempo, efectivamente. Mire, primeira puntualización antes de continuar co que lle iba decir antes da súa Moción, concellos que non tiveron danos por temporais que lle deu a Xunta, mire, a Xunta de Galicia saca ordes ás que se presentan os concellos, e claro que hubo concellos que pretendía que lle deran fondos sin ter, sin ter un destino para os danos de temporais, e, ¿sabe cal?, precisamente o querido concello de Ponte Caldelas, que ese, pois, é outro dos casos que, efectivamente, vostedes para tapar o de pechar un CIM presentan mocións por toda a provincia instando á Xunta de Galicia. O mismo que aquí, por non haber posto a maquinaria a funcionar e ahora non saben como salir da situación, pois presentan mocións por todos os concellos instando á Xunta de Galicia a que cumpla. Pois, mire, Ponte Caldelas, ¿sabe para que pediu?, a pesar de, de que esto estaba priorizado para os temporais, pediu para o campo, un campo de mini-golf, cando outros non tíñamos fondos para poder arreglar as carreteras cortadas e os muros derribados, eso é a realidade dalgúns concellos, ten razón, fixo moi ben en decilo. Miren, competencias que aquí este grupo de gas, como era que dixo, que desvía, gas, gas, si, mire, o que somos nós, o que somos nós é diputados que falamos claro, e voullo a repetir igual que a libre disposición, vostedes non teñen nin idea de actuar ante unha situación como esta, non estiveron á altura, non superon reaccionar, non estiveron ó lado dos concellos, pecharon o Parque, llo volvo a repetir, pecharon o Parque e puxeron a traballar unha serie de personas casi sin medios. E, mire, dígame donde está na Lei de emerxencias, donde está, porque non lea unha parte sólo, dígame donde está que ten que ser a Xunta de Galicia a única que teña que actuar cos concellos, nooo, despois lla leo eu, nooo, a Xunta de Galicia tendrá que actuar, vostedes teñen que actuar, os concellos teñen que actuar, en situación de emerxencia, dígame donde está que é exclusivo. Pero pola contra a Xunta de Galicia si que estivo á altura no pasado ano, e estará ahora, por eso nós non teríamos inconvinte en votar unha moción que pida que a Xunta invista fondos en que os concellos teñan unha axuda, pero vostedes tamén, votemos as dúas mocións, que invista a Xunta, correcto, que invista a Deputación, tamén, pero vostedes non están dispostos a chegar a ese pacto. E, mire, aquí se dice que dónde, dónde, es de libro, decía, decía que es de libro, dónde está el libro, dónde está el libro que dice que es la Diputación, la Xunta de Galicia, tráiame aquí o artículo o párrafo, o que vostede queira. Me quedan cinco segundos, tres, dous, un, sigo despois, porque senón me corta o debate. Sra. Presidenta.- Ten dous minutos para pechar o debate desta moción Sr. Font. Sr. López Font.- No me extraña Sra. Arévalo que continue con su guión, porque lo que es evidente es que de responderme a mí y de argumentar en relación con lo que digo, muy mal. Pero lo peor es que yo no sé lo que va a votar usted, pero en caso de que voten en contra de nuestra moción, convendría que leyese los 7 puntos que nosotros proponemos, y el artículo se lo digo muy clarito, porque se lo dije al Vicepresidente de la Xunta y al Delegado del Gobierno, el artículo es el artículo 6 de la Ley de Emergencias, que garantiza que se tiene que reponer todo lo que sea consecuencia de los temporales acaecidos, ese es el artículo, y, claro, ustedes, es verdad, porque les pasa en todos los ámbitos, que le dan veinte mil vueltas a aquellas cuestiones en las que nos les afecta, por lo tanto, ese es el artículo, ese es el artículo, y lo que ustedes pretenden aquí es hacer justamente lo contrario. Hombre, yo, me puede hablar usted de los concellos que quiera, pero desde luego de la actuación sobre ayudas discriminatorias del año pasado parece mentira que no se haya informado, porque hubo 4 concellos gobernados por el Partido Popular, A Golada, Salvaterra, Pontecesures e Cotobade, que non pidiendo ayudas las tuvieron, y esta Diputación el año 2016 y el año 2017 ha actuado desde el primer minuto sobre sus competencias, sobre sus carreteras, ha actuado en el ayuntamiento de Redondela y ha actuado dentro de sus competencias desde el minuto uno, lo que no ha hecho la Xunta. Y desde luego a mí, que hablaba usted antes de bochorno, a mí lo que produciría ciertamente bochorno es defender aquí en la Diputación de Pontevedra una postura para que paguen los ayuntamientos, para cargarles la factura de lo que significan los temporales, ya le llega Sra. Arévalo. Sra. Presidenta.- Bien, rematado o debate. Sometemos a votación o punto 7 da Orden do día. Moción do Grupo provincial do Partido Socialista sobre os temporais e as súas consecuencias. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda aprobada por 15 votos a favor e 12 en contra. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) e cos votos en contra do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista (PSdeG-PSOE) sobre os temporais e as súas consecuencias. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez Díaz, como voceiro provincial do grupo PSdeG-PSOE da Deputación de Pontevedra, ó amparo da lexislación vixente presenta a seguinte moción para o seu debate en pleno, sobre OS TEMPORAIS E AS SÚAS CONSECUENCIAS: Vimos de sufrir nos últimos días os danos e consecuencias dun tren de borrascas convertidas en verdadeiros temporais que azoutaron os nosos pobos con fortes ventos e chuvias torrenciais. E de novo, a falla de previsión da Xunta de Galicia, que un ano máis, nin limpou os cauces dos ríos nin fixo labores de prevención ante os temporais que todos os anos se producen na nosa terra, deixou un interminable rego de danos tanto públicos como privados. É evidente que a Xunta de Galicia nin asume as súas responsabilidades, nin explica os motivos que lle levan a permitir que esta situación de emerxencia se repita ano tras ano. Por elo, debemos esixirlle que de unha vez por todas habilite fondos suficientes para facer fronte a todos estes danos, e que se busque, en coordinación coa FEGAMP, un protocolo de actuación ante situacións de emerxencias, que estableza os mecanismos necesarios para determinar como se valoran os danos, que organismo autonómico debe asumilos e como deben proceder os afectados para a súa reclamación. É dicir un protocolo de resposta e atención inmediata permanente no tempo. E que as consecuencias dos últimos temporais foron moitas e graves na provincia de Pontevedra, onde os nosos veciños e veciñas viron como os seus servizos básicos sufriron todo tipo de problemas, sendo o máis problemático os continuos cortes do subministro eléctrico. Estes cortes deixaron en evidencia o que xa todos sabíamos, que os tendidos eléctricos en moitas comarcas e en parroquias dos nosos concellos teñen un mantemento moi baixo e necesitan dunha urxente renovación. Temos claro que é moi urxente que a Consellería de Industria impulse un estudo de mellora das instalacións eléctricas na nosa provincia para acometer máis tarde as infraestruturas necesarias para evitar nun futuro situacións parecidas ás dos últimos días. Ao mesmo tempo, os servizos de consumo da Xunta de Galicia deberían abrir expedientes de oficio ás compañías subministradoras de electricidade para establecer as correspondentes responsabilidades de cara ó establecemento das indemnizacións aos usuarios como acontece noutros servizos públicos como o transporte ou os de comunicacións. É necesario tamén que a Administración Autonómica asuma as súas competencias e responsabilidades en relación á saúde pública e o impacto medioambiental que supón que material contaminante e perigoso como as planchas de fibrocemento desprendidas dos tellados continúen esparcidas pola provincia. Por elo presentamos ante o Pleno a seguinte moción: 1. Instar á Xunta de Galicia a que, en coordinación coa FEGAMP, aprobe un protocolo de resposta, que estableza os mecanismos de atención e reclamación, ante calquera situación de emerxencia que se produza en Galicia. 2. Instar á Xunta de Galicia a habilitar fondos suficientes para dar resposta aos danos provocados polos temporais nos espazos e servizos públicos, e que estes sexan repartidos entre os concellos de forma obxectiva. 3. Instar á Consellería de Industria a poñer en marcha un estudo das necesidades de mellora da infraestrutura eléctrica da provincia de Pontevedra. 4. Instar á Consellería de Industria a mellorar xunto coas compañías subministradoras as liñas eléctricas da provincia de Pontevedra. 5. Instar ao Instituto Galego de Consumo á apertura de expedientes ás compañías subministradoras para que os usuarios poidan reclamar as compensacións pola ausencia de subministro. 6. Instar ao Instituto Galego de Consumo a que informe aos veciños e veciñas da Provincia de Pontevedra dos seus dereitos á hora de facer unha reclamación, organizando unha atención personalizada en colaboración coa FEGAMP co traslado dos técnicos de consumo ás dependencias de cada concello da provincia. 7. Instar á Xunta de Galicia a que ante o perigo de saúde que poden chegar a xerar os restos de fibrocemento que quedaron esparcidos polo territorio logo dos temporais, a que asuma as súas competencias e responsabilidades en materia de saúde pública e medioambiental e proceda a súa retirada inmediata. Non facelo podería supor responsabilidades de esa administración.” 8.6920.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO Á DEPUTACIÓN UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ESPECIAL PARA FACER FRONTE ÓS DANOS PRODUCIDOS POLOS TEMPORAIS Nestes intres incorpórase á sesión a Sra. Deputada Dona Isaura Abelairas Rodríguez. Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 8. Moción do Grupo provincial do Partido Popular solicitando á Deputación un protocolo de actuación especial para facer fronte ós danos producidos polos temporais. ¡Ah!, perdón, si, si, Isaura que ten un problema grave dunha operación saíu a poñer unhas gotas. Son 14 votos a favor e 12 en contra. Ten a palabra Sra. Arévalo para defender a súa Moción. Sra. Arévalo Gómez.- Bueno, eu continuo donde iba, e continuo decíndolle o que lle iba a relatar da súa Moción. Eu non suelo reirme, cariñosamente sempre, de nada, de vostedes, pero esta vez permítanme que esto roza o ridículo, ¡eh!, esto roza o ridículo, vostedes que presenten esta Moción, é que, primeiro non se enteran do que a Xunta de Galicia está a facer, xa non saben como, como, de verdad, non poñerse colorados, é dicir, esto é unha total resposta á súa falta outra vez de axuda ós concellos, o abandono ós concellos, o Parque de maquinaria pechado, sei que lle molesta, pero o vou a dicir as veces que considere, porque é insólito Sr. Font, é insólito o que ocurríu o outro día, o que ocurríu o pasado ano, a provincia en unha situación de alerta en emerxencia, e vostedes sen un plan de actuación, pero a verdad que non imaxinábamos que chegara a algo coma esto. Mire, dice, que se establezan mecanismos de atención e reclamación ante calquera situación emerxencia que se produza en Galiza, ¿pero vostede cree que a Xunta non ten esto en marcha?, ¿de verdad?, vostede cree que non o ten en marcha; instar á Xunta de Galicia a habilitar fondos suficientes para dar resposta ós danos. Mire, vostede quere que lle diga, llo vou a dicir en un momento, todo o que se fixo o ano pasado por parte da Xunta, llo vou a deletrear ahora, pero é que todo o que os concellos podíamos necesitar nos axudaron, e quedou unha parte pendente porque non dábamos para máis, que era a que vostedes nonos entregaron. Eu no meu caso, pois, axudei, perdón, recibín unha axuda de bastante diñeiro, fixen o máis importante, pero me quedou pendente, que todavía se está a facer ahora con fondos municipais daquel temporal. Entón, un fondo de, de, pois claro que o vai haber, pois claro, e á parte nós o pedimos, non temos ningún inconvinte en pedirlle á Xunta que habilite fondos para esto, pero vostedes tamén teñen que involucrarse. Mire, dice que a Consellería de Industria poña en marcha un estudo de necesidades de mellora na infraestrutura eléctrica, pero vostede de verdad que non sabe que esto existe, vostede non sabe que se está a facer esto, pois entérese, Sr. Font, entérese, porque eu me enterei. Mire, vostede dice que, esto é moi grave, ¡eh!, que a Consellería de Industria e as compañías que melloren a suminis..., as liñas eléctricas, ¿pero vostede como pode dicir esto?, quen ten a obligación de mellorar as líneas non é a Xunta, non son os fondos públicos, Sr. Font, é a compañía eléctrica. Por suposto que teñen que mellorar as líneas, e por suposto que están facendo un plan de actuación, pero non é a entidade pública quen o ten que facer. E despois dice que insta ó Instituto Galego de Consumo a unha cantidad de cousas que eu digo, ¿pero vostede non sabe que esto se fai de oficio?, que esto se está facendo porque se fai de oficio, como non se entera de esto. E xa o último o do fibrocemento, perdóneme, pero é que xa non saben que decir para tratar de tapar as súas lagunas. Mire, eu o invito a que veña a Mos, e aquí o compañeiro alcalde de Redondela, o invitamos a que veña a Mos e Redondela e que se atreva a decir diante dos veciños o que dixo ahora aquí, que dixo textualmente, “se dejó de lado a los ayuntamientos y se actuó muy mal, veña a decilo, teño o valor de vir a decilo, porque os concellos de Redondela e Mos, igual que outros moitos, senón fora pola man tendida da Xunta de Galicia non podríamos haber arreglado a maioría dos nosos problemas, e vostedes nos deron a espalda, vostedes nos pecharon a porta, vostedes non tuveron ningunha intención de facer un plan de emerxencias. E mire, eu aquí teño a Lei, a que vostede fala, dice ese artigo 6, ao que se refiren, eu léollo enteiro, ¡eh!, “recoñécese o dereito dos cidadáns afectados por unha catástrofe ou calamidade á restauración dos servizos esenciais, a rehabilitación das zonas afectadas polos sinistros e o retorno a normalidade”, ¿onde está a referencia a que sexa solamente a Xunta de Galicia?, ¿donde está?, como vostedes que xa levan un tempo traballando aquí, gobernando aquí, ¿como non saben esto?. Á parte de eso, pois, pois a Lei de Bases de Réxime Local creo que tamén a coñecen, que dice que a Deputación é a primeira que ten que asistir ós concellos. Pero, en calquera caso, mire Sr. Font, como poden facer este chamamento á Xunta cando investiu un millón e medio de euros en todos, repito, en todos os concellos da provincia que o necesitaron, en todos, un millón e medio de euros, en todos, e concellos do Bloque, concellos do Partido Popular e concellos do Partido Socialista. Unha vez máis lle digo, Sr. Font, sáqueme o seu listado, porque non coinciden, ¡eh!, o seu argumento e o meu están moi disparados. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. A min esto estame recordando aquela famosa, célebre, ¿non?, célebre e famosa expresión de Paco Umbral cando dicía, “yo vengo a hablar de mi libro”, que cada un parece que vén a falar do seu libro, sin entrar en, en máis matices no libro dos demais. E por outro lado, tampouco dá moi bo espectáculo, moi boa imaxe, que cando hai algunha desgracia, por sorte desgracias persoais houbo moi, casi non houbo, pero, pois enzarzarse en certo tipo de, de comportamentos. Ben, vamos a poñer unhas cousiñas moi claras, apartado A, o protocolo, o Plan de actuación da Deputación está fixado hai anos por ustedes, por vostedes, gobernando vostedes, nunca houbo, polo menos que eu sepa na oposición, nunca fixemos ningunha crítica, a pesar de que pudo haber problemas, e sorprende que o mismo plan, o mismo protocolo de actuación que había antes sean ustedes os que o critiquen, francamente sorprendente, pero, bueno, están nunha deriva que lle vale exactamente calquera cousa. Segunda cuestión, o único que se modificou con respecto a anteriores protocolos foi a orden que ustedes lle deron ó Parque de maquinaria para que desobedeceran as ordenes e non saíra, eso foi o único que se modificou, exactamente, directamente, ustedes usaron os militantes que teñen alí mo Parque de maquinaria para ir facer fotos e para usalos electoralmente, deixaron de, de protestar ou tal, xusto cando acabaron as autonómicas, xusto, ¡eh!, unha dirección política bochornosa que foi o que fixeron, e agora resulta que se negaron, negáronse a saír, a pesar das órdenes que se lle deron de que saíran, ¡eh!, eses do Parque de maquinaria que ustedes van facer fotos e que defenden. O resto, as brigadas, estiveron hasta a extenuación traballando e atenderon todo, todo, absolutamente todo o que puderon, e hai que agradecerlle o traballo que fixeron, ¡eh!, suplindo o esforzo por eses, por eses funcionarios do Parque de maquinaria, ¿verdad?, que non todos, pero que, quen ten, quen ten a voz cantante xa sabemos quen é, dentro dese, dentro dese chiringo, ¡eh!, eso foi exactamente o que fixeron. Entonces, ahora veñen a montar un lío, porque o Parque de maquinaria non saeu, cando non saeu por órdenes súas, vale. E xa veremos as consecuencias, as consecuencias que vai ter. E por último, e acabo e non vou a falar máis deste, deste asunto porque está clariño e o resto é andar dando voltas con el libro, ¿verdad?, con su rollo. Por último, si ustedes queren que esta Diputación teña un fondo para emerxencias tuveron unha oportunidad única, unha oportunidad única, digan que se reserve do plan, do Plan concellos para despois pa emerxencias, ¿verdad?, claro, porque sinón non sei onde tal, porque o discurso que dá, o sea, antes era hai vinte millóns pero resulta que Pontevedra e Vigo inda non estaban, nin os convenios, nin, nin as das estradas, pero entonces aumentemos e quitemos pa, bueno, miren, non dan as contas por ningún lado. Parece mentira que persoas que teñen responsabilidade de goberno saben como vai a contabilidad dunha administración local, parece mentira que veñan con estas fábuas, é de entender de persoas que non teñen experiencia e non tuveron que bater todos os días, ¿verdad?, co que é, co que é a xestión ... Polo tanto, eu personalmente, nós alegrámonos de que presentaran esta Moción, alegrámonos de que sigan, siguen, sigan demostrando que estuveron utilizando perversamente o Parque de maquinaria, sigan demostrando que o estuveron utilizando como ferramenta electoral, sigan demostrando que están dispostos parte deles a inmolarse se fai falta como funcionarios con tal de seguir as súas directrices, e ustedes veña a darlle, veña a darlle. Fixeron un esforzo extraordinario a maioría, total que son 20 e hai 140, ¡eh!, que houbo 120 traballando como, como, vamos, como desgraciados para, para atender as, as emerxencias, ¡eh!, que foi un volumen radicalmente pequeno e tampouco cambiou a asistencia. E non vou a meterme con 112, non é o noso estilo, non é o noso estilo aproveitar os problemas ou as desgracias pa tal, 112 non collía o teléfono, atendeu todas, todas as emerxencias, todas, como non collía o teléfono e listo, así están, así están atendidas, pero non quero ir por aí. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Vai usar o seu turno de réplica Sra. Arévalo, pues. ¡Ah!, perdón, perdón Sr. Font, perdón, perdón, é que non, non mirara que pedira vostede a palabra, perdón. Ten vostede a palabra Sr. Font. Sr. López Font.- Gracias. Que clarificadora la intervención del Vicepresidente de esta institución diciendo que hay militantes del Partido Popular que incumplen las instrucciones, claro, ahora, ahora nos damos cuenta de que porque pasan determinadas cuestiones, pero muy clarificador, claro, la memoria sobre esta casa yo no la tengo y la tiene el Sr. Mosquera, pero es bueno decir estas cuestiones aquí donde se deben de decir, lo más paradójico de esta Moción, Sr. Arévalo, es que presenta usted una moción y utiliza su tiempo para atacar la nuestra que fue anterior, bueno, esto es sorprendente, claro, es incapaz de defender la que usted presenta en función de los argumentos que le di anteriormente. Mire, todo lo que proponíamos en la moción anterior tiene su explicación y dice usted que lo tiene la Xunta, pues lo tiene en un índice muy bajito, porque los concellos no lo perciben así Sra. Arévalo. Por lo tanto, lo tendrá en la teoría, pero no lo tiene en la práctica a la hora de asumir competencias como ha quedado claro a la hora de su intervención. Y, bueno, dado que esto va de retos y de que si yo tengo que ir al ayuntamiento de Redondela, o tengo que ir al ayuntamiento de Mos, ya me gustaría verla a usted, porque es la que lo dice, no me voy a referir a nadie más, explicándole a los vecinos los cortes prolongados que han tenido de luz, ya me gustaría que se lo explícase usted, y ya me gustaría que les explicase por que vota en contra de algo que nosotros proponemos, de que se dirijan a las compañías eléctricas para hacer un estudio y para que realmente se defiendan los derechos de los ciudadanos, ya me gustaría que usted ante esas personas que han estado horas y horas sin luz les explicase porque votó en contra de que ese arbitraje que le corresponde a la Xunta de Galicia no llega finalmente a los consumidores, y el que quiera seguir adelante con una reclamación se tiene que gastar su dinero en los juzgados gracias a las tasas que ustedes impusieron, ya me gustaría, lo que pasa es que decía el Vicepresidente Sr. Mosquera que aquí cada uno venimos con nuestro libro, pues, si, usted viene con el mismo libro, pero es que aquí el libro, y yo le agradezco muchísimo que usted haya invertido parte de su tiempo en darme la razón, se lo agradezco muchísimo. La lectura del artículo 6 de la Ley de Emergencias es un claro ejemplo de lo que nosotros hemos dicho, de que tenemos la razón y de que usted está actuando sólo en defensa de la Xunta de Galicia. Porque, mire, si usted mañana me lee una normativa del ayuntamiento de Vigo o del ayuntamiento de Mos, entiendo que la administración competente es el ayuntamiento de Vigo o el ayuntamiento de Mos, si usted me lee a mí una Ley de Emergencias aprobada por el Parlamento de Galicia y no dice que tengan que soportar otras instituciones diferentes a aquella que gobierna en función de ese parlamento, ¡hombre, Sra. Arévalo!, si estamos en esta clase todavía de entender las cosas, ciertamente estamos perdidos, ¿con ese artículo de la ley 6 de emergencias le vamos a pedir a la comunidad autónoma de Extremadura que solucione los temporales de aquí?, no, mujer, no, es correspondiente a la Xunta de Galicia. Por lo tanto, yo le agradezco muchísimo el que haya leído usted este artículo, y nosotros vamos a seguir reivindicando lo que nos trasladan los concellos, y lo que nos trasladan los concellos es una falta de prevención a la hora de limpieza de los cauces de los ríos y a mí me encantaría también decirle, dando que usted siempre está con esto de las reuniones y demás, que el alcalde de Caldas está esperando desde hace bastantes años a que le reciba el Vicepresidente de la Xunta, pero como no limpia el rio y como tienen problemas por esa falta de previsión de la Xunta es posible que no le reciba. Y, bueno, con relación a la tergiversación que ha hecho sobre nuestra actuación, creo que ya contestó el Vicepresidente, y yo en ese sentido nada más voy a decir. Lo que ocurre es que el año pasado hubo una actuación discriminatoria desde la Xunta de Galicia con respecto a los concellos, la hubo, y cuando usted propone, y el Sr. Mosquera es la memoria de esta casa, cuando usted propone un plan de actuación aquí y le contesta que lo hay, malo para sus argumentaciones, y cuando usted quiere que pague esta Diputación, malo para sus argumentaciones, y cuando usted miente diciendo que hubo un plan en el año 2013, miente, porque lo tuvieron que pasar al PUSIM del 2014 porque era ilegal lo que habían hecho en el 2013. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Font. Vamos co turno de réplica de 3 minutos. Ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias Presidenta. Mire, Sr. Mosquera vostede sempre vén cunhas filosofías e cunhas leccións, aquí hoxe tocaba de que, bueno, cada un vén co seu libro, cada un vén co que vén. Mire, eu xa sei que lle molesta moito que eu fale, pero a min me toca intervir como grupo maioritario, e eu teño dereito e obrigación de vir aquí a expoñer o que considero, e na maioría dos casos a vostede non lle gusta porque non lle deixa quedar moi ben, pero ten que aguantarse porque esto é a democracia, ¿comprende Sr. Mosquera?, e o bo espectáculo do que fala, pois, a ver si vai deixando xa esa retórica que xa estamos un pouco cansos deso. O protocolo está fixado, dice, ¡hombre!, que ben, eu me imaxino que está fixado, pero vostedes nono poñen en práctica porque era do anterior goberno, por eso o mellor pois fagan un novo, porque desde logo vostede nunca o criticou dice, pero como o iba a criticar se nunca fixo falta que o criticara, porque non houbo nunca esa situación de abandono que teñen vostedes ahora, por eso nós ahora vendo o Parque cerrado todos esos días, pois claro que o temos que criticar. O que é gravísimo eu podo levantar o tono e cabrearme como vostede o estaba facendo pero non por eso vostede vai ter máis razón, é gravísimo, oiga, que vostede a estas alturas en vez de recoñocer o error, en vez de recoñecer que non son capaces de negociar coa xente do Parque de maquinaria, vólvome outra vez a dirixir, pero claramente, que somos nós os que influímos, no, dixo os que lle damos órdenes. Bueno, en primeiro lugar vostede queda fatal como Vicepresidente da Deputación recoñecerlle a esta parte que nós ordenamos ós traballadores, ¿vostede que autoridade ten entón?, ¿vostede que Vicepresidente é entón?, ¿pero que goberno son vostedes?. Pois, mire, nós somos un grupo que estamos na oposición, e o único que estamos é a ver o espectáculo lamentable entre un goberno e un grupo de traballadores que non son capaces de poñerse de acordo, que non son capaces de escoitar e atender as súa demandas, e que ahora o último, antes aínda era un pouco máis suave, pero ahora xa claramente dice que nós somos os responsables e os que lle damos órdenes, é dicir, que o Parque non actuou porque o Partido Popular pechouno. É que era o que nos faltaba por oír, despois desta Moción de ridículo, de industria, das líneas, do fibrocemento, si, sólo falta que teñamos a culpa da choiva, ¡eh!, sólo falta eso. Bueno, pois, mire, alá vostedes, desde logo. E, Sr. Font, dice que lle din a razón, eu a verdad que creo que estamos en plenos distintos, sinceramente llo digo, que lle din a razón. Clarificadora a intervención do Sr. Mosquera, ¿sabe cal foi, clarificadora?, foi unha que fixo hai uns días que decía, “a Deputación é un instrumento infernal”, esa si que foi clarificadora a intervención do Vicepresidente, ríanse, ríanse, ríanse, ríanse que é como para reírse. Mire, nós vamos a votar en contra, votamos en contra da súa Moción, si, ríase que me equivoquei, home, me equivoquei, votamos en contra da súa Moción, porque eu non podo votar a favor dunha demagoxia política. Gracias. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Arévalo, ten logo dous minutos, como sabe, para pechar o debate. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Moi brevemente. Resulta que non se lle nota nada o plumeiro cando non recoñecen o traballo deses ducias de traballadores, xa digo case un cento, que estiveron aí dando o callo, dando o callo nas emerxencias, e o único que lle preocupa é o Parque, ese famoso Parque que fixeron, foron facer fotos que a maioría son interventores seus, afiliados nas eleccións, que foron poñer, tal, e que deixaron de protestar xusto cando acabaron as autonómicas, que casualidades, ¡home!, á miña idade no pretenda que me chupe o dedo, nono pretenderá, no pretenderá, ¡hombre!, pode ser, pode ser que se me escapen moitas cousas, ¡home!, pero o que é tan evidente como esto, pois, dificilmente, dificilmente, se vai, se vai a escapar. E, repito, no seu momento fíxose un protocolo de actuación aquí, que son os vixiantes que están todos os días, todas as horas, todas do ano, todos os días do ano, que son os que reciben, teñen a, teñen, chaman ás brigadas, actúan, e incluso si, en algún momento puntual facían falta, que, é o habitual que actúen as brigadas, só é si en algún momento facía falta chamar ao Parque pois chamaron, e chamaron, e resulta que a resposta foi que non ían a salir, vamos a ver as consecuencias que vai ter, e que ustedes axiten esto, francamente hai que ser temerarios, eu creo que queren, eu creo que o que pretenden, e xa posou aquí noutro pleno, eu creo que o que pretenden vostedes é que feitos tan graves como estes, ¡eh!, pasen a ser expedientes pa despois atarse con eles alí de que son uns represaliados, por ser militantes seus, ¡eh!, eu creo que é o que pretenden, porque senón non se pode entender, non se pode entender ese tipo, ese tipo de comportamentos. Repito, non, non é a situación ideal, paréceme que ustedes están actuando temerariamente, temerariamente, tan dispostos a levarse por diante o que sexa, e o di, ou sea, o protocolo que puxeron ustedes hai anos, e que nós sempre compartimos e nunca criticamos, ahora a ustedes non lle vale, montan un follón porque non sei que pasa con ese protocolo, e uns señores que desobedecen nunha emerxencia, resulta que ustedes aquí veñen a cubrilos como unha gran desgracia, ¿verdad?. É un comportamento que se podía entender en outro tipo de forzas políticas, pero ustedes non son a orden, ou ben pensantes, e que as cousas hai que levalas como hai que levalas, non, ¿non representan ustedes eso?, é que eu non sei xa o que representan, polo menos no seu comportamento aquí na Deputación, é moi difícil de entendelo. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Font. Sr. López Font.- Yo como la vi un poco confundida entre las dos mociones por un momento pensé que iba a votar en contra de su propia Moción, porque estuvo casi a punto de decir y voy a votar en contra, total, se dió cuenta que estaba hablando de la, de la nuestra. Mire, lo que ahora me ha molestado de su Moción es, cuando por toda Galicia es verdad que han volado los tejados y que el amianto está por el suelo que usted haga la broma de que si un mineral metamórfico y demás, pues es de bastante mal gusto, porque usted debería, precisamente, de intentar que la Xunta de Galicia asumiera sus responsabilidades y colaborase con los vecinos, que muchos serán de su concello como del resto de los concellos en esta, en esta cuestión. Mire, el resumen de esto es muy sencillo, la lectura que usted hizo del artículo 6 de la Ley de Emergencias y, claro, hay un dato que no se nos ha pasado desapercibido, es que usted no ha sido capaz de demostrar que allí diga que eso no le corresponde a la Xunta de Galicia, no ha sido capaz, no ha sido capaz, en lo que ha leído no hay ninguna responsabilidad por parte de la Diputación y de los concellos. Y de la Moción suya, que es de la que estamos, en este momento, hablando, ustedes literalmente hablan de que el cargo económico de estos temporales los pague la Diputación y los concellos, habla de esto, y como antes me retaba determinadas cuestiones, ya me gustaría que, como portavoz del Partido Popular aquí, usted fuese por todos los ayuntamientos diciendo que pretende que sean los concellos los que paguen todos los daños ocasionados por los temporales. Por lo tanto, nos reafirmamos, dado que usted lo mezcló, en la anterior Moción que presentamos, y nos oponemos a esta Moción y vamos a votar en contra, porque es un ataque a la autonomía municipal, es una dejación de funciones por parte de la Xunta de Galicia, es un intento de aprovechar la representación política que ustedes tienen en esta entidad local para que sea la Xunta quien no pague y que sean los concellos. Estoy convencido de que la Moción que presentamos, en sus siete apartados, es la voz de los ayuntamientos, es lo que hemos oído cuando ocurrieron los temporales de 2016, y, claramente, el año pasado la Xunta de Galicia no atendió de forma igualitaria a los concellos, no asumió sus responsabilidades, y en la reunión en la que yo estuve hasta se les cayo la pata de la administración del Estado, porque allí, como coloquialmente se puede decir, dejaron con el culo al aire a la Xunta de Galicia a la hora de señalarles como los responsables de estos daños. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Sr. Mosquera actúe, actúe e goberne e deixe de estar vendo para aquí. Ahora, ¿cal é o problema de que teñan traballadores o Parque que sean do Partido Popular?, ¿cal é o problema?, porque ó final parece que ese é o problema, ten fixación vostede con eso, eu creo que si o Sr. Trump supera desa fixación o chamaba, ¡eh!, a vostede para que fose delegado do seu goberno, ríase, ríase, porque ó final en todo o que falamos do Parque de maquinaria o que vostede máis repetiu é que había traballadores do Partido Popular, bueno, ¿e cal é o problema?, e que a maioría dos concellos, a maioría das administracións si as goberna o Partido Popular, é que cada 100 cidadáns hai máis do Partido Popular que do Partido Socialista ou, por suposto, do Bloque Nacionalista Galego. E mire, o Plan concellos de que me falaba antes, sólo faltaba, sólo faltaba, que xa o pouco que temos que nos han recortado que inda encima ahora diga que tamén metamos aí as emerxencias, ¿como fai a Xunta de Galicia entonces?, porque a situación urxente do ano pasado fixo que a Xunta tuvera que buscar un millón e medio de euros para poder solventar este problema. Vostede sabrá como ten que facer, porque xa me dixo fai un rato, outra vez, “bueno, a ver de onde o sacamos”, xa mo estaba repetindo outra vez. Sr. Font, mire, si, compostaje, efectivamente, Sr. Font, a Lei de emerxencias en ningún momento lla leín, non lla vou volver a leer, dice, que sea en exclusiva a Xunta de Galicia. Lle dicía antes que a súa Moción, votaremos, votamos en contra, porque evidentemente eso se está facendo, e presentamos nós unha moción pedíndolle que vostedes actúen, a Deputación de Pontevedra ten que estar ó lado dos concellos en un momento de emerxencia igual. E non se desvíe, Sr. Font, actúen, fagan un plan de investimento, é o que pretendemos que a Xunta invista nos concellos en situación de emerxencia, si, pero que a Deputación de Pontevedra tamén, tamén Sr. Font, e, polo tanto, non hai nada máis que darlle voltas á cuestión, déixense de buscar sempre contra-mocións, e aquí argumentos que non veñen ó caso, porque é moi claro o que lle estamos pedindo, voten a favor de facer un plan de emerxencias para os concellos. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Ben. Eu son a Presidenta da Deputación de Pontevedra, e a miña obriga é defender ós funcionarios desta Deputación, e os vou defender Sra. Arévalo. Porque mire, nos días que houbo temporal, non somentes como moi ben decía o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, estiveron as brigadas traballando sin descanso, excepto eses traballadores que hoxe non vou falar, pero vou falar, ¡eh!, hoxe non, hoxe vou falar de defender ós traballadores que estiveron ó pé do cañón traballando sin parar, pero non soamente foron os traballadores das brigadas senón os bombeiros tamén. E, mire, eu estiven recibendo a un da mañán, ás dúas, ás tres, ás catro, ás cinco da madrugada, informes do xerente do Parque de bombeiros, dos parques de bombeiros, do Consorcio de bombeiros da Deputación, e me decían, hoxe foi un día movido en canto ás saídas dos parques de bombeiros, envíoche resumen de intervencións por se queres tomar algunha nova decisión: Ribadumia 15 saídas, Vilagarcía 9, Porriño 5, un pequeno incendio industrial, 4 por árbores que interrompían vías, e un tellado en Atios, no que había desprendementos; Morrazo 15 saídas, etc., etc., etc., esto eran os bombeiros, que traballaron pola mañán, pola tarde e pola noite. E, polo tanto, esta Deputación, por unha banda as brigadas e por outra banda todos os bombeiros, traballando sin parar. Por certo, por certo, moitas veces tendo que recoller chamadas que non recollían os responsables da Xunta de Galicia, cousa que ocurre bastante habitualmente. Polo tanto, que ninguén se atreva a cuestionar o traballo dos traballadores desta casa, que ninguén se atreva, pero máis alá, porque é moi importante, porque a xente non se pode quedar con mentiras. Miren, o ano pasado a Xunta de Galicia, de acordo coa FEGAMP, lle pediu ós concellos que sufriron danos que pasaran informes, pasaron ducias de concellos, a Xunta de Galicia sólo recoñeceu na provincia de Pontevedra a 14, 10 eran concellos do Partido Popular e 4 gobernados polo Partido Socialista, ¿e saben que aconteceu con ese un millón e medio de euros?, que os 4 que a Xunta recoñecera que tiñan sufrido danos e que tiñan dereito ós recursos que a Xunta tiña posto a disposición para facer frente ós temporais, caeron da lista e se meteron a 4 do Partido Popular que non estaban recoñecidos, ¿e saben cantos concellos recibiron axudas?, 14, ¿e saben de que grupo político eran?, do Partido Popular, do Partido Popular, no, non había ningún concello nin do Partido Socialista, ni do Bloque Nacionalista Galego, nin de Marea, nin de outro grupo, 14 do Partido Popular, 10 estaban recoñecidos na lista oficial máis 4 gobernados polo PSOE, e de repente, caeron os 4 gobernados polo Partido Socialista e subiron 4 que non estaban na lista inicial, esa é a realidade. E por certo, esta Presidenta intenta ser legal ó máximo e cumprir as leyes e para afirmar que as competencias frente ós danos dos temporais son exclusivas da Xunta de Galicia lle pedín un informe ós servicios xurídicos da Deputación de Pontevedra, que tamén espero que non os poña en dúbida o Grupo do Partido Popular, espero que si que respecten ós servicios xurídicos desta casa, que afirmaban contundentemente, contundentemente que as competencias e as responsabilidades frente ós danos dos temporais son exclusivas da Xunta de Galicia, os servicios xurídicos. E polo tanto, eu como Presidenta da Deputación de Pontevedra, que según vostedes a Deputación de Pontevedra é o concello dos concellos, en defensa dos 61 concellos da provincia de Pontevedra lle esixo á Xunta de Galicia que cumpra coas súas obrigas e as súas competencias, para que lle quede claro á xente para que lle quede moi claro, porque esto que estou decindo eu é a verdade, e neste caso o digo con tranquilidade, a verdade absoluta. E agora sometemos a votación a Moción do Grupo provincial do Partido Popular, solicitando á Deputación un protocolo de actuación especial para facer frente ós danos producidos polos temporais. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, 12 a favor e unha abstención. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando á Deputación un protocolo de actuación especial para facer fronte ós danos producidos polos temporais. 9.6921.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) NA QUE INSTA Á XUNTA DE GALICIA PARA QUE INCREMENTE A APLICACIÓN ORZAMENTARIA DESTINADA A SERVIZOS DE XUVENTUDE, ESPECIALMENTE EN MATERIA DE AXUDAS AOS CONCELLOS PARA QUE PERMITAN DOTAR ÁS OMIX DOS RECURSOS NECESARIOS PARA DESENVOLVER A SÚA LABOR Sra. Presidenta.- Pasamos ao punto 9 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista, na que inste á Xunta de Galicia para que incremente a aplicación orzamentaria destinada a servicios de xuventude, especialmente en materia de axudas ós concellos para que permitan dotar ás OMIX dos recursos necesarios para desenvolver a súa labor. Para a súa defensa ten a palabra a señora. Sra. Rivas Gómez.- … o incremento da partida orzamentaria ós servizos de xuventude, e por outra frear o desmantelamento sistemático progresivo da rede galega de información xuvenil. Por iso é necesario que tomemos conciencia dunha vez por todas da situación na que viven a maioría dos mozos deste país. O goberno de Rajoy cambiou sen comunicalo e de forma retroactiva os contratos dos licenciados e licenciadas que están a facer a tese e traballan para a universidade, esta medida implica que os contratos pasen de ser de obra e servizo a ser en prácticas, e iso conleva a perda da indemnización ao final do contrato e da tarxeta sanitaria europea, pero o peor de todo é que ninguén, ninguén lles avisou, ninguén lles advertiu, o goberno enganoulles facéndolles asinar prórrogas do seu contrato inicial con outras condicións contravindo a legalidade, é unha vergoña, si, o digo así, é unha vergoña un engano, unha estafa que todos hoxe deberíamos condear, converteron o que antes era unha oportunidade para formarse no estranxeiro nunha obrigación, e mentres Galicia e o Sr. Feijoo seguen a rebufo de esta flamante política. As políticas laborais e os recortes do Partido Popular conseguiron que unha parte importantísima da crise recaese nos mozos e mozas deste país, convertéronnos de novo nun país de emigrantes, si, xa sei que dixen nun país de emigrantes, porque esta definición seica ó Partido Popular non lles gusta, pero teñan claro que eu me nego a rirme dos mozos e mozas de Pontevedra falando como fan vostedes das mobilidades xeográficas. A xente desta provincia vaise porque non ten futuro, esto é así, porque as políticas do Partido Popular roubáronllo, case medio millón de novos españois formados abandoaron o país ata a data, desalentados pola falta de oferta laboral, e esto vostedes o saben moi ben, é máis, esta mesma semana asistimos a un novo ataque ós mozos deste país, aos investigadores, a eses chamados a mellorar o noso futuro dende o coñecemento e a ciencia, pouco ou nada están facer para ofrecer ós que se poden quedar a sentirse parte deste país, a ofrecerlles alternativas, implicación, comunicación, políticas activas. Pouco ou nada están a facer, cando ata cuestións tan sinxelas como o apoio aos concellos para que poidan ofrecer aos xóvenes asesoramento ou información sobre o emprego, ou sobre emprendimento, en definitiva a posibilidade de ter información para o seu futuro estanllo arruinando. Cando no ano 2012 anuncian a supresión do Conxuga e a creación dun consello asesor, vendérono como unha mellora das políticas de mocidade, pero 7 anos despois todas e todos os técnicos de mocidade dos concellos denuncian que só foi un instrumento para reducir drasticamente as axudas ás administracións locais destinadas á mocidade. Pero non o digo eu, esto non o digo eu, é unha denuncia clara e constante de todas e todos os técnicos das OMIX. O outro día, como ben saben moitos dos alcaldes e alcaldesas que estades sentados do Partido Popular, tivemos unha reunión de traballo con elas e eles en relación ao plan estratéxico de mocidade dentro da nosa liña de traballo na que implicamos aos sectores da sociedade que máis saben na redacción das nosas propostas, e por certo, teño que decir que era a primeira vez que se facía esto en esta Diputación, e foron eles os que nos pediron que lle trasladásemos á Xunta que deben deter o desmantelamento sistemático e progresivo da rede galega de información xuvenil. Denunciaron que o goberno do Partido Popular está a condenarlles ao ostracismo e que lles somete a unha situación de desamparo que nunca viviran. O que é evidente, o que é evidente é que Feijoo non ten na súa axenda política pensar nos mozos e nas mozas de este país. É necesario que se incrementen as axudas aos concellos para que as OMIX, oficinas dependentes, dependentes da Xunta de Galicia, competencia da Xunta Galicia, teñan recursos suficientes para desenvolver a súa labor. É por iso que lles pido, que lles pido que apoien esta iniciativa, vostedes son alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras deberían unir os seus votos para esixir maior investimento para mocidade desta provincia. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sra. Digna. Algunha, no. Sr. Moldes Martínez.- Bos días. Me sorprende bastante varias cousas, e primeiro as palabras de antes da Presidenta, simplemente que xa teño dudas si Caldas de Reis, Fornelos de Montes, Ponte Caldelas e Ponteareas son gobernos ahora do Partido Popular, simplemente o deixo aí, e centrándonos na Moción, ¡home!, eu creo que nadie ten dudas que hoxe en día, xuventude, estamos, a programación que ten a Xunta pois é moito mellor que a que tiñamos no 2008, eu creo que eso no pon nadie en duda, simplemente vendo as partidas, escoitando ós técnicos e demais. Falaba a diputada de área que mantuvo unha reunión con todos os concellos, con todos os técnicos, concelleiros, si, algunha noticia temos desa reunión, me parece que houbo bastantes críticas, sobre todo con algunha programación na que non se sentían identificados, e sobre todo que non tiña o éxito que eles pensaban, esa é as noticias que a nós nos chegaron. Despois é unha pena que cando nos falan desta Moción que nonos falen de que hai xóvenes en toda a comunidade, en algunha provincia que poden viaxar gratis, e outros que no, que no, porque ó mellor temos alcaldes que, en este caso, pois teñen caprichos de non querer, en este caso, de non querer pagar o transporte, e mentras noutras provincias, e noutras áreas a xente xoven viaxa gratis, pois en sitios e en zonas coma na área metropolitana de Vigo, pois, non poden, porque en este caso pois o alcalde de Vigo se nega, e sobre todo o apoian outros alcaldes. Logo, cando falamos de xuventud hai que falar de todo, hai que falar que as taxas universitarias en Galicia son as máis baixas de toda España, no di o Partido Popular, o recoñecen en toda España. Se fala da tarxeta da xente nova, e tamén hai que recordar que en este caso no 2016 Galicia foi a única comunidade, a única, que si quere a podemos comparar con comunidades donde goberna o Partido Socialista, foi a única que en este caso creou unha liña específica con 600.000 euros donde había unha liña de información. Logo, nadie creo que dude que a día de hoxe o traballo que se fixo por parte do goberno do Sr. Feijoo pois é un traballo, en este caso, moi digno, que nós non vamos a, en este caso, a renegar, nin a recoñecer que hai que seguir traballando, e que queremos que cada vez máis centos de xóvenes en Galicia poidan traballar na súa comunidade e sigan traballando aquí, no, no vamos negar, pero o que si que temos claro é que a día hoxe se están facendo moitas cousas, que hai moitos proyectos en marcha, que cada vez hai máis independencia neses órganos consultivos que ten, en este caso, a Delegación de xuventude, pero sobre todo o que entendemos, e a partires de aquí así o falamos, o que din son os feitos. Se lle enchen a moitos falar en este caso de que se apoie á xuventude, de que se apoia ós proyectos á xente nova, pero sen embargo neste caso solo hubo unha comunidade donde apostou unha cantidade real obxectiva, en este caso, que pode ser opinable, pero aí está en este caso esa subvención e esta liña directa que creou a Xunta que foi máis de 600.000 euros, donde outras comunidades non apostaron por eso. Logo, podemos seguir falando pero aí están os feitos, repito, cada vez as taxas en Galicia están conxeladas, é donde máis barato é estudiar, donde menos pagan eses xóvenes e os seus familiares, cousa que donde goberna o Partido Socialista é donde máis caro é, e eso non é opinable, porque se pode medir obxectivamente. En Galicia cada vez os xóvenes teñen a súa, a súa tarxeta para poder viaxar gratis, o que sucede é que seguramente na súa área pois cando, en este caso, o alcalde de Redondela e outro alcalde, alcaldes de Mos e demais, protestan é por algo, e o mellor tamén protestan porque a xente xoven da área metropolitana, en este caso da zona de Vigo e da súa comarca, pois, podrían viaxar gratis os xóvenes, pero por un capricho dun alcalde en este caso non o poden facer. Logo, eso son feitos que tamén están ceñidos ó que é a área de xuventude, logo o que ten facer vostede en vez de vir aquí con ese sistema que levan inventado desde cando foi o fracaso do peche desa, desa oficina da muller en Puente Caldelas, e ahora que existe unha estratexia, por parte do Partido Socialista, en atacar todo o que sexa do Partido Popular, o que teñen que facer é tamén mirar pa dentro, e tamén decirlle ós seus alcaldes, neste caso ó alcalde de Vigo, que por culpa dun capricho del os xóvenes de Vigo teñen que estar pagando máis do doble do que tiñan, en este caso, e que o podían facer de forma gratuíta. Logo, está moi ben criticar ó Partido Popular, como ben decía o Sr. Mosquera, aquí cada un vén a falar do seu libro, pero tamén critíquense vostedes, digan vostedes porque eses xóvenes non poden ser beneficiarios dunha tarxeta donde pagarían cero euros simplemente porque hai un alcalde que non quere. Logo, nós desde aquí estamos dispostos a seguir mellorando, pero leccións ningunhas, estamos moito mellor que no 2008, e a xente xoven e as oficinas están moito máis protexidas e con moitos máis recursos de que cando ustedes gobernaban na Xunta de Galicia. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Moldes. Algunha, ¿procedemos á votación?, procedemos á votación. Ben, pois, Sra. Rivas ten a palabra. Sra. Rivas Gómez.- Sr. Moldes, de verdad, me sorprende vostede. Primeiro cíñase á Moción, eu creo que non leu esta Moción, por suposto non a leu, e como sempre como non preparamos as mocións vimos a alegar o que di a Presidenta, o que di a área metropolitana, o alcalde de Vigo, sempre estamos nas mesmas cousas, ¿verdad, Sr. Moldes?, esa é a táctica e a maneira de traballar que ten o Partido Popular, e como sempre non se enteran do que levamos e do que se está a pasar aquí, en este caso aún por encima teño que dicir que é a primeira vez que hai un área de xuventude, a primeira vez señores diputados do Partido Popular, entón é tremendo. E que vostede diga que en esa reunión que é a primeira vez, tamén, que se fai unha reunión con concelleiros, concelleiras, alcaldes, alcaldesas, e sobre todo, o máis importante, con técnicos e técnicas das OMIX, que vostede vén aquí a decir que o único que reclamaban era para algún programa. Sr. Moldes, como se nota que non estaba e que non lle interesaba, porque de verdad lle podo decir que foi unánime, unánime o que dixeron os técnicos e técnicas da OMIX, unánimes, se non queremos oír e queremos facer oídos sordos, eso se lles dá moi ben. Pero quero, quero recalcar, que me parece importantísimo, o que hoxe se trae aquí e que vostedes, o Partido Popular, están negando, están omitindo. Lamentablemente, lle temos que decir, que a Diputación decidiu que son máis importantes as siglas que as políticas, e para nós os mozos e mozas da provincia son moi importantes. Repetir tamén, que hai tres concellos, xa que está vostede nombrando ós concellos, me parece importante, o concello de Forcarei o concello de Mos e o concello de Redondela, están aquí as súas alcaldes e alcaldesas, si Sra. Cachafeiro, efectivamente Forcarei non ten OMIX, xa que estamos, Forcarei non ten OMIX e Ponte Caldelas, a semana pasada vostede nun pleno municipal rexeitou solicitar un CIM para Forcarei, a iso chámalle, chámaselle ausencia total de rigor política. Sra. Arévalo, Mos tamén, por suposto, xa que vostedes nombran nós tamén, vostede no 2015 fixo unha campaña para dar a coñecer nos seus centros educativos os servizos que ofrecía a súas OMIX, e hoxe vai a votar vostede en contra de, de esas axudas que nós dende a Diputación esiximos que é competencia exclusiva da Xunta de Galicia, e que vostede a sus ciudadanos, veciños e veciñas, e mozos e mozas lle vai, se llo vai a negar. E por último, por suposto, Redondela, o Sr. Bas, que ben sabe el como está a OMIX e como está as OMIX en Redondela, ¿verdad Sr. Bas?, si o sabe perfectamente, porque, mire, mire, é entrar na páxina web e non hai ni un link da, da OMIX da xuventude en Redondela, non hai nin un link, pero espero, Sr. Bas, que non diga que é por falta de recursos, porque lle lembro que acaba de vostede de votar, e que vai a votar en contra da, de habilitar máis cantidade. É lamentable a postura do Partido Popular. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias, Sra. Rivas. ¿Rematamos?. Ben. Procedemos á votación da, da Moción. ¿Votos en contra?, en contra, hai 12, ¿non?. ¿Abstencións?, ningunha. ¿Votos a favor?, debemos ser 14, ¿non?. Queda aprobada por, queda rexeitada por, perdón, queda aprobada por maioría. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Xuventude, Deportes e Igualdade, acorda por maioría de votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), e cos votos en contra do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista (PSdeG-PSOE) na que insta á Xunta de Galicia para que incremente a aplicación orzamentaria destinada a servizos de xuventude, especialmente en materia de axudas aos concellos para que permitan dotar ás OMIX dos recursos necesarios para desenvolver a súa labor. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Pontevedra comparece e como mellor proceda DI: Que ó abeiro do disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, Lei de Administración Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de abril, Lei de modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas, presenta á consideración do Pleno da Corporación Provincial: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A política de recortes/austeridade do goberno do Partido Popular non só produce desigualdades impensadas que se daban por superadas no século XXI (desnutrición infantil, precariedade laboral, pobreza enerxética …) senón que elimina a esperanza dun futuro mellor. O elevado paro xuvenil é un lastre que non ten precedentes na nosa economía, un problema gravísimo a curto prazo e crítico a medio e longo prazo, que conxela a evolución vital dunha xeración e pon en tela de xuízo o benestar social, económico, e demográfico do noso país. As políticas do Goberno de Feijoo supuxeron para a xeración mellor formada da nosa historia, a marcha de milleiros de mozos e mozas máis aló das nosas fronteiras, convertendo de novo a Galicia nun país de emigrantes. O drama da emigración, motivada por non atopar emprego estable e de calidade, xunto coas elevadas taxas de desemprego xuvenil, un 37,6% segundo os datos da EPA do terceiro trimestre de 2016, fan que a situación da mocidade galega sexa claramente preocupante. En Pontevedra, a taxa de paro entre as mozas e mozos de 16 a 29 anos é do 28,6% no cuarto trimestre de 2016. En cantos ás mozas e mozos que aínda quedan, máis dun terzo dos galegos e galegas que teñen entre 30 a 34 anos aínda viven na residencia familiar, o que sitúa a Galicia como a comunidade coa taxa de emancipación máis baixa entre os mozos e mozas desta franxa de idade. Só o 62,4% independizouse, unha porcentaxe dez puntos por baixo da media estatal e que coloca á comunidade á cola do país, segundo os datos do Observatorio de Emancipación do Consejo de la Juventud do primeiro semestre do 2016. Por se non fose suficiente dramático este panorama de desesperanza, o goberno de Feijoo decidiu impedir a participación da mocidade na construción do seu futuro ao suprimir o Consello da Xuventude (Conxuga) e reducir drasticamente as axudas á administración local destinadas á xuventude, que supón o desmantelamento progresivo e sistemático da Rede Galega de Información Xuvenil, estrutura que vehicula as políticas locais de xuventude a través da Administración local condenándoa a unha situación de desamparo/abandono e ó ostracismo que pon fin á igualdade de oportunidades e produce unha mocidade desherdada. Polo anteriormente exposto, o Grupo provincial do PSdeG-PSOE propón para a súa aprobación a seguinte MOCIÓN ­ Instar á Xunta de Galicia para que incremente a partida orzamentaria destiñada á servizos de xuventude, especialmente en materia de axudas aos concellos para que permitan dotar ás OMIX dos recursos necesarios para desenvolver a súa labor.” 10.6922.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO O ARRANXO DA ESTRADA PROVINCIAL EP-5302 DE ACCESO Á PONTE FRIEIRA (CRECENTE) Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Vamos co punto 10. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular, solicitando o arranxo da estrada provincial EP-5302 de acceso á Ponte Frieira (Crecente). Sr. Alén ten a palabra. Sr. Alén Montes.- Ola, boas tardes Sr. Presidente. Vamos a proceder a esta Moción que di o seguinte: Dende o mes de febreiro do ano 2016 a estrada provincial EP-5302 que dá acceso á Ponte de Frieira, no concello de Crecente, presenta unha serie de danos que poñen en perigo a seguridade viaria, ao tempo que supón unha ameaza de derrubamento para as vivendas situadas na parte baixa da estrada. Isto, recordo que vén desde o ano 2016, e nós pedimos aquí que se actúe o máis rapidamente posible, iso é máis ou menos o que di. ¿Cal é o problema desta, desta carretera?, o problema é que, como acabo de decir, debaixo dela, debaixo deste terraplén, que á parte nós apartamos aquí unhas fotos, hai unha vía do tren i á parte hai casas, eu non sei se estuvo aquí, aquí no, quero dicir si estuvo alí, millor dito, o Sr. Uxío, o encargado de carreteras, pero aquilo dá medo, ver aquilo dá auténtico medo, dá auténtico pánico, Sr. Uxío. E, non podo entender, e vou dicilo, porque hoxe estivemos falando hasta fai un momento de quen son as obrigas dos temporais, hai dúbidas se é dun ou se é doutro, aquí non hai dúbidas, esa carretera é provincial i esa carretera hai que arranxala o día seguinte, o día seguinte, ¡eh!, de estar derrubada, e levamos un ano Sr. Uxío, non se fixo nada, pero non é por falta de tempo, que isto é o triste, porque o Sr. Uxío ten tempo para ir a Mondariz e falar dun plan de mobilidade, urxencia cero, o plan de mobilidade de Mondariz ten de urxencia cero. E isto que ten unha urxencia absoluta, ¡eh!, pois nin nos acordamos. Estamos falando un ano despois do que pasou, a min no me extraña o tema dos temporales, si realmente sodes tan rápidos como nesta carretera, ou como na de Covelo, ou como na de Sabaxáns, que tamén falaremos dentro dun pouco, así nos vai. Eu o que lle pido a este grupo, en especial, ao Bloque que é quen leva isto, e ó seu responsable, pídolle máis vocación, máis compromiso, para estar en política como para estar en medicina, en varias actividades en esta vida hai que ter vocación, e non sei se usted ten vocación, Sr. Uxío, non o sei, pero eu non dormiría se tivera unha carretera nesas condicións e eu fose o máximo responsable para arreglala. E non me veña con historias de si o proxecto, si non sei que, non fai falta proxecto isto se fai por emerxencia, a lei permite facela de inmediato, ¡eh!. Temos outra, en Covelo, que esa xa está derrubada, ¿vale?, xa está, bueno, pois tampouco se arreglou e pasou un ano. Eu creo que isto que é un botón de mostra, ¡eh!, da realidade desta Diputación, porque hasta ahora, aí hai público escoitando, eu creo que incluso se aburren un pouco, ¿non?, nos liamos aquí, a veces, en algunhas liadas que non chega á xente, ¿non?. Pero esto, repito, son mostras prácticas, ¡eh!, de como goberna en este caso o Bloque e o Sr. Uxío, pasan olimpicamente de todo. Sr. Uxío a súa política en carreteras é desastrosa, é nefasta, usted non fai nada Sr. Uxío, e dígollo un ano despois, dígollo un ano despois, ¡eh!, é dicir, que lle dei un ano, bueno, levan ano e medio. Non se pode andar por aí, repito, perdendo o tempo cunhas historias que non hai demanda en Mondariz, ¡eh!, contrataron cunha empresa para preparar plans de mobilidade, ¿pero a quen lle importa en Mondariz?, señores arreglen as carreteras, como lle dixeron o outro alí os veciños, o primeiro que ten facer é limpar as carreteras, porque a xente circula, e Galicia e Pontevedra estamos no índice máis alto de accidentes de España, ¡eh!, isto é básico, isto é prioritario, estamos falando de vidas, si hai accidentes, Sr. Uxío. Tómese este tema en serio, ¡eh!, ustedes van coa súa rutina, e nada, e veña, dálle pa dentro e fóra. Ahora temos que comernos plans de mobilidade porque o Bloque quere, e xa está, pero primeiro farán o urxente, e o urxente é arreglar estes auténticos desastres, ¡eh!, que teñen aí. Eu non me imaxino que na Rúa Michelena ou na Rúa Príncipe de Vigo houbera socavóns e perigos como isto, estarían arreglados ó día siguiente, como debe ser. Hoxe cando se falaba aquí, se Vigo se Pontevedra, Sr. Mosquera o interior, as parroquias e as aldeas tamén existen, a min non me veña co porcentaxe de inversión, e se quere falar de porcentaxe de inversións sobre habitantes falamos de todos, falamos do apoio que dá o estado central, ustedes lle chaman estado español, España ás cidades, ¡eh!, entón falamos do conxunto, por favor, creo que aí estuvo tremendamente desafortunado. O rural e a xente das parroquias tamén existimos e temos os mismos dereitos e non temos porque matarnos por un terraplén abaixo porque ó Sr. Uxío e ós do Bloque non lle dá a gana de arreglalo, non hai vontade. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo señor. Sr. Benítez ten a palabra. Sr. Benítez Fernández.- Bos días a todos e a todas. Sr. Alén, ten moita fixación comigo, só quero dicir que non me vou a presentar en Mondariz, pode estar tranquilo, e non teña que ter tanta fixación comigo nin criticarme con esa vehemencia, ¿non?. E respecto de, vou a ser moi breve, porque creo que o tema non dá para máis, nós xa temos dito aquí en innumerables mocións que se trouxeron por cuestións de necesidade de nunhas estradas ou noutras de que as, as prioridades as vamos a marcar desde o Servicio de Mobilidade e os servicios técnicos en función de criterios técnicos, e non en función das mocións que traia o Partido Popular a pleno aquí, evidentemente, sólo dos seus concellos, donde gobernan vostedes. Nós vamos a atendelas con criterios equitativos para todo o mundo i en base a criterios técnicos sexa o alcalde dun color ou o alcalde doutro. Vostede me fala aquí de que introduce esto non sei que, non vén a conto, de que non se debe facer un plan de mobilidade en Mondariz, que eso non o demanda ninguén, que eso non o quere ninguén. Ó mellor o que vostede non se dá conta é que vostede xa non é o alcalde de Mondariz, e nós temos, na Deputación témonos marcado un criterio moi claro de respectar a autonomía local e respectar a elección democrática que houbo nos distintos municipios. E o Plan de mobilidade de Mondariz foi unha demanda que fixo o goberno democraticamente elixido en Mondariz. Entón nós, como si fora do Partido Popular, atendemos as demandas dos seus representantes democráticos que son os alcaldes. E vostede ten que darse conta que por moito que sexa deputado provincial e teña, teña o dereito aquí de poder falar non é o máximo representante democrático de Mondariz i, polo tanto, bueno, eso o determinará, polo menos neste mandato, o actual alcalde, i sinón os veciños, obviamente, non están da acordo co que el fai, pois xa o penalizarán nas urnas, ¿non?. I respecto ó tema en cuestión simplemente decir, que como todas as actuacións en estradas e actuacións nas que hai derribos e hai que facer melloras e todo eso, pois sufren un procedemento, eu lles instaría ó Partido Popular que deixen de pasar este traballo de pasar mocións, de cousas que se solucionan con unha chamada o con unha, ou con un email, ou con unha toma de contacto, e dígalle ó seu alcalde, pois, que se dirixa a min, que acabamos antes i non perdemos aquí todos o tempo. Concretamente este caso pois xa fai bastante tempo, evidentemente, que os técnicos foron alí a velo e redactaron o seu proxecto oportuno, se enviou polos canles administrativos, que sabedes todos como son, i foi adxudicada a obra que comezará a semana que vén. Xa onde vai que se fixo o proxecto, bueno, pois todos nos gustaría que todo esto fose, máis, máis áxil, i na nosa vontade está que o procedemento administrativo desta casa se mellore e se axilice, pero, bueno, que xa foi polos canles establecidos que hai, que primeiro vai o vixiante, despois vai un técnico e fai unha evaluación, se redacta un proxecto i ese proxecto se, se remite o Servizo de Contratación, se contrata i se adxudica e se comezan as obras, que en este caso empezarán para a semana que vén. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Benítez. Ten a palabra Sr. Alén. Sr. Alén Montes.- Vamos a ver, Sr. Uxío, parece que non me entendeu. Hai un concepto en política que é moi importante, é o concepto prioridade, ¡eh!, é aquilo que primeiro se ten que facer antes de nada. Vostedes ficharon un equipo de persoas, cousa que me parece moi ben, pa facer estudos de mobilidade, paréceme moi ben, pero, por favor, antes que iso están as obras urxentes, donde unha persoa pode ter un accidente e matarse, e por encima caer nunha vía dun tren, ou por encima caer encima da casa de alguén, ¡eh!, menos burocracia, menos historias, aí non fai falta un técnico, ¡eh!, o que fai falta é a vontade, que usted vaia alí, que se mova, que se mova, como estuvo o outro día en Mondariz, que me parece moi ben, ¡eh!, tres ou catro horas, é tempo, ¡eh!, bastante tempo estuvo alí, e que vaia e que o mire, leva ó técnico e o técnico alí en dous minutos, ¡eh!, xa á man lle pode facer un informe dicindo que esa obra é urxente, ¡eh!. Porque algúns estivemos gobernando moitos anos e sabemos como funciona o tema, o que é gravísimo é que pase un ano aquí, como en Covelo, e non se faga nada, iso é o triste, ¡eh!, cando foi na carretera esta que vai de Mondariz a Covelo, en Cernadela, en concreto antes de Sabaxáns, coas chuvias, 50 metros de carretera desapareceu, ¿sabe como actuou a outra Diputación co señor que tanto lle ataca?, facendo a obra de inmediato, i aí está feita e os veciños tuveron o problema arranxado, moito peor que este, moitísimo peor, eu creo que tardamos, senón recordo, sobre mes e medio, bastante peor, i este que son máis, máis sinxelos, porque alí a carretera desaparecera literalmente, levamos un ano e non fixemos nada, inda non fixemos nada. Entón, por favor, eu o que lle pido é responsabilidad, ¡eh!, e prioridades, que me parece moi ben o acto hoxe de Rosalía, moi ben, iso está moi ben, claro que si, e eu o apoio, tamén teño aquí a camelia, me parece xenial, pero, por favor, vamos a empezar a casa, ¡eh!, polos cementos, i o primeiro é o primeiro, i o primeiro é que a xente, ¡eh!, non se mate, por favor. Sr. Uxío, pasa olimpicamente do tema, eu lle dixen, e me brindín a ir con vostede pola comarca e miramos os dous iso, pero usted creo que ten algún problema, non sei, igual, claro, PP e Bloque non somos moi compatibles, os que somos compatibles somos todos aqueles políticos, ¡eh!, que queremos gobernar para e por o pobo, eses somos todos compatibles, a ideoloxía do Partido Popular é resolver problemas, ser eficaces. Estou vendo que a ideoloxía do Bloque da Deputación en carreteras é a ineficacia absoluta, porque isto, estos temas que eu estou traendo demóstrano, Sr. Uxío, eu non teño ningunha fixación, pero é que usted é o máximo responsable, non é o Sr. Font, é usted. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo. Senón hai máis pala... Si, Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias, Sra. Presidenta. A verdade que eu non, non entendo esta, esta Moción nin esta discusión, nin esta virulencia, ¿non?. Eu sempre que falo neste pleno digo, que teñamos que ser capaces de facer deste foro, deste pleno, un foro de debate, un foro de ideas, i non un foro de confrontación, e menos aínda entrar en acusacións personais, nin en debates concretos personais, porque eu creo que todos temos unha forma de gestionar, unha de forma de xestionar e levar a administración. E a verdade eu teño que felicitarlle Sr. Uxío Benítez, señor diputado, teño que felicitarlle, porque o que estamos vivindo nesta nova Diputación é que as obras teñen proxectos, e que os proxectos misteriosamente adáptanse á realidade do territorio, porque todas as obras que heredamos ou non tiñan proyecto ou non se adaptaban á realidade do territorio. Baños no instituto de Beade que se olvidaron de poñerlle o saneamento, unha obra deportiva na Illa de Arousa que se olvidaron de meterlle a cimentación e, claro, tampouco tiña acometida eléctrica, porque como saben na Illa de Arousa pois deben de andar con velas. Entonces eu felicítolle, Sr. Benítez, felicítolle, por a seriedade e o rigor co que está levando esta Diputación. Esto non é unha comparsa de carnaval, cando nos disfrazamos e vamos de comparsa é outra cousa, e disfrutamos, e está moi ben disfrutar, pero cando estamos na Diputación somos serios, e usted está facendo todas as obras con proxectos, e está dicindo que a obra e o proxecto comenza a semán que vén, eu non entendo esa discusión. E o que si xa non me parece, ¿non?, de recibo é dicir que a seguridade e a mobilidade pois non é unha prioridade na provincia de Pontevedra. A verdade, o Partido Popular é así, non hai cambio climático porque mo dixo meu primo, e non hai problemas de seguridade porque o digo eu. Bueno, eu creo que temos que construír e temos que facer a provincia entre todos e sólo se fai traballando e as obras fanse cos ingenieros, co técnico, con proxectos e con levantamientos topográficos sobre o terreno, non se leva alí a Manolo e Benito, levantamos un muro que haya que tirar ó día seguinte. Moitas gracias. Sr. Benítez Fernández.- Simplemente aclarar, para que no próximo Pleno non volvas a traer outra moción, que o tema de Covelo tamén está na mesma fase, tamén xa foron os vixiantes, xa foron os técnicos, xa fai meses, redactaron, enviaron o proyecto a Contratación i está en Contratación, i en fase de contratación, creo que pendiente de, de entrega dos presupostos das empresas i en breve tamén se adxudicará ao mismo tempo, o sea, dígoo, i non se fai, obviamente, polas mocións que presente o señor deputado, senón porque, evidentemente, cuando hai unha incidencia se abre, hai un procedemento i van os técnicos alí a verificalo i eles son os que establecen as prioridades, non son eu tampouco, ¡eh!, os técnicos son os que establecen as prioridades como debe de ser, porque ten que ser en función de criterios técnicos. Sr. Alén Montes.- Vamos a ver, o represente do PSOE acaba de perderse unha oportunidade maravillosa para estar caladiño, pero bueno, xa que falou voulle contestar. Non estou descalificando nada, por favor, respecto, ¡eh!, non teño nada persoal en contra do señor do Bloque, Uxío, para nada. O outro día estuvo en Mondariz, creo que nos saludamos perfectamente, non teño nada, como se quere que tomemos un café hoxe al salir, non hai ningún problema, outra cousa é a súa responsabilidade que, por suposto, lla vou a recordar, porque é a miña obligación. O Sr. Regades creo que non se leu o capítulo ese de obra de emerxencia, Sr. Regades, a ver si se entera, hai obras que non necesita, se son por emerxencia, facer, nono necesita faise despois, primeiro faise a obra, porque é o que corre présa, ¡eh!, primeiro faise a obra, entérese, entérese, porque vexo que non se entera, ¿podo seguir falando?, podo seguir falando. Gracias. Sra. Presidenta.- Señor, espere, Sr. Alén espere un segundo, Sr. Regades, por favor, está no uso da palabra o Sr. Alén, así que permitamos, si. Lle deixo que fale. Sr. Alén Montes.- Repito, hai obras, e se fixo na carretera que vai de Mondariz a Covelo, alí en Sabaxáns, como dixen antes, que desapareceran á parte 50 metros, ¡eh!, primeiro hai que empezar a facer a obra, e se vai facendo entre outras cousas o proxecto, porque non se sabe inda ben como vai a acabar, pero usted lea iso que parece que é unha persona así moi, moi instruída, pois, siga instruíndose que boa falta lle fai. Nós estamos falando aquí dun tema, Sr. Uxío e Sr. Regades, que ten máis dun ano, é dicir, que non foi onte e vimos hoxe, xa pasou un ano, ¡ah!, que vai a empezar pa semana que vén, pero vai empezar a semana que vén un ano dispois de suceder, entón, por favor, falemos clariño, ¡eh!. E dispois sobre esa historia, Sr. Uxío, que non podemos traer, nós vamos a traer aquí todo o que estimemos oportuno, espero que se respecte iso. Sra. Presidenta.- … de acceso a Ponte Frieira, Crecente. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, 12 a favor e unha abstención. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando o arranxo da estrada provincial EP-5302 de acceso á Ponte Frieira (Crecente). 11.6923.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO A CONSTRUCIÓN DUNHA PISCINA CUBERTA EN VILANOVA DE AROUSA Sra. Presidenta.- Pasamos ao punto 11 da Orde do día. Moción do Grupo provincial do Partido Popular solicitando a construción dunha piscina cuberta en Vilanova de … Sr. Aragunde Aragunde.- Si. Bos días a todas e a todos. Ben, pois esta Moción presentámola aquí neste pleno provincial a consecuencia, pois, de que o Partido Socialista amosa ahora pois un interés porque se cree este servicio na vila natal de Valle Inclán, porque, bueno, pois é un servicio necesario, entendemos para todos os veciños e veciñas de Vilanova. O Partido Socialista presentou no pleno municipal esta, esta Moción, i tamén, quero lembrar aquí, que tanto o Bloque Nacionalista Galego como Gañemos Vilanova, votou en contra desa Moción presentada. A Moción instaba ao concello de Vilanova a que dentro do Plan concellos se investise a parte do, adicada a investimentos, vaia a redundancia, na piscina municipal. A verdade que fai un pouco nunha exposición o Sr. Font decía, que o Partido Popular en Ourense opinaba dunha maneira, e o partido, o Grupo Popular na Diputación de Pontevedra opinaba de outra. Nós hoxe veremos, sabemos xa o que votou o Bloque Nacionalista en Vilanova, veremos o que vota hoxe aquí. Porque tanto o Bloque Nacionalista Galego como Gañemos Vilanova, ó igual que o Partido Popular, si está a favor da piscina, por suposto, de crear esta instalación, pero entende que se debe de firmar un convenio, igual que se firman convenios, igual que esta Diputación de Pontevedra está firmando convenios, son libre disposición, con outras cidades, pois que se firme tamén un convenio o marxen do Plan concellos con Vilanova de Arousa. Hai que dicir que, bueno, desde logo o Partido Socialista vén a remolque do equipo de goberno de Vilanova, porque a verdade é que xa hai moitos anos, xa hai tempo, que este proxecto se presentaba, por exemplo, nas últimas pasadas eleccións, no programa electoral pois iba o proxecto de, da nova piscina municipal para Vilanova de Arousa, no programa electoral do Partido Popular. E, non só isto, o Partido Popular en Vilanova está a desenvolver por fases un proxecto lúdico deportivo, creando un complexo de 30.000 m2 donde os veciños e veciñas de Vilanova, pois, poden disfrutar dun área de esparcemento i de lecer. Se levan executado ademais, pois, diferentes xestións moi importantes como son, pois, a primeira e prioritaria, a compra de terreos. Foi o concello de Vilanova, o goberno de Vilanova, quen se puxo en contacto cos particulares propietarios destes terreos i foron quen de, con fondos municipais, mercar, comprar esos terreos. Posteriormente fixéronse xestións tanto con Costas do Estado como con Medio Ambiente para obter os permisos para o destino i o uso destos terreos para usos deportivos. A búsqueda de financiación para executar un campo de fútbol de última xeneración, os vestuarios, gradas e incluso unha pista de tenis foi éxito tamén do equipo de goberno vilanovés para ese complexo deportivo. ¿Por que?, porque supo facer entender ao anterior goberno de Diputación e á Xunta de Galicia da gran necesidade i da gran repercusión positiva que tendrían estas instalacións para os veciños e veciñas de Vilanova. Ademais, na anterior lexislatura xa se creou, xa se fixo tamén, o anteproxecto para a piscina de Vilanova. Ademais destas inversións, pois, a Deputación de Pontevedra fixo outras en Vilanova de Arousa como o Auditorio, o Pavillón de usos múltiples, foron tamén pois inversión da Deputación. E ahora o señor concelleiro do PSOE, portavoz do PSOE en Vilanova de Arousa i deputado, nos instaba en Vilanova i hoxe cunha enmenda aquí volve a instar a que se invista o Plan concellos en esta piscina. Miren ben, o Plan concellos a maioría dos concellos da provincia o están utilizando en outras inversións que entenden prioritarias como son, pois, o saneamento, a operación da saneamento, a ampliación de abastecementos, creación ou tamén maior dotación de líneas, de farolas, etc., etc., i entendemos que esta inversión debe ser ó marxen do Plan concellos. Polo tanto, igual que para Pontevedra se firman convenios de dous campos de fútbol, pois, nun mismo pleno se aprobaron aquí, unha inversión para dous campos fútbol de herba sintética para Pontevedra, entendemos que Vilanova ben merece unha piscina, unha piscina que facilite aos veciños e veciñas non ter que desplazarse a outros concellos para poder disfrutar deste servicio que hoxe en día, pois tamén é moi demandado pola cidadanía e polos veciños deste municipio. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Aragunde. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. A ver, cando, ó ver a Moción xa un saca de conclusión que hai algo raro, hai algo raro, ¡eh!, na presentación e no asunto. Ahora o Sr. Aragunde acaba de declaralo abertamente, cousa que nos alegra e así nos enteramos todos, que é unha polémica interna, clara, da corporación de Vilanova. Ben, entonces, como sabe perfectamente, as debates na corporación de Vilanova ou en calquer concello da provincia, pois, fanse alí, e quedan alí, e non ten ningún sentido traelos a esta, a esta Diputación. Porque, claro, aquí expón, xa o expuxo, non sei que de instar ao goberno da Deputación e firmar un convenio, ou sea, un convenio é un acordo entre partes e pa chegar a un acordo resulta que o que fai é meter unha agresión. De verdad, eu non, creo que non, levo anos aquí creo que nunca vin tal cousa, nunca vin, porque, a ver, si usted quere un convenio terá que facer unha proposta, terá que facer, en fin, acollido e non dicir, mire, vamos alá a ver si, a ver si, ¿non?, en plan vaqueros, a ver si resulta que tal, bueno, está claro que é un problema interno, un problema interno da corporación de Vilanova que terá que discutir, discutir no seu lugar, que si é a conta do Plan concellos que si non é, que si non sei que, o sea, o debate do Plan concellos arrastrado, arrastrado aquí. Ben, eu recomendaríalle, recomendaríalle ó Partido Popular da corporación, pero tamén ó alcalde de Vilanova, que as formas e o diálogo son a maneira de chegar a algo, porque se alguén, se alguén quere chegar a acordos con outras administracións a base de certos comportamentos, creo que non é, no é o millor, porque na provincia de Pontevedra, por exemplo, concellos de máis de 10.000 habitantes que non teñan piscina hai uns cuantos, e non se lle ocurre ós alcaldes respectivos, nin antes, nin agora, chegar e vir a, non, cunha moción ou mandar facer unha moción, ou aceptalo, e aparecer aquí, porque, repito, se se quere chegar a un acordo será negociando, non, non quero poñer calquera exemplo da, da vida, da vida común, creo, creo que é fácil de entender. Se eu quero, se eu quero comprarlle a finca ó do lado e chegar a un acordo, pois ala, conxuntamente, non vou a empezar a dicir, ¡oye¡, voute obligar a que, a usar a axuda, mal vai, mal vai, creo que, creo que non é, non é forma nin nada. Entonces, polos dous motivos que acabo de dicir, un polo, polo fondo, ¡eh!, e outro porque traer aquí debates dunha corporación vai contar sempre co noso, co noso voto en contra, a ver si o deixan, a ver si os deixan de facer, e polo fondo, que si, se hai que asinar un convenio con quen sexa asinarase, pero non con, con estas formas. E por certo, e remato, ¡eh!, no concello de Pontevedra, feito con colaboración de Diputación, había un campo e medio, ¡eh!, o e medio é un de fútbol sete, o que había, ¡eh!, ben, cando hai concellos de 5.000 habitantes que tiñan 3 e 4, Vigo creo que tiña 14 coa colaboración da Diputación. Bueno, pois foi unha situación que se deu, e por certo, non puxemos o grito no ceo, nin este portavoz trouxo aquí mocións instando ao anterior goberno a que, a que negociara, a que negociara non sei que, e querer convenio, ¡eh!. Bueno, pois dous así, e resulta que si, hai, hai un déficit bastante máis elevado de instalacións, de campos herba sintética, que en ningún concello da provincia, ¿vale?, proporcionalmente á población é o que peor estaba, bueno, pois trátase de subsanar, dentro de, dentro deses, dentro dese, desa, dese, dese acordo, ¿non?, e non é, vamos, creo que está suficientemente clariño non vamos a alargarnos. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. Bueno, primeiro, claro, marchou o Sr. Alén, eu creo que os compañeiros diputados pois débenlle asesorarlle, á parte tendes aí funcionarios públicos, ¿non?, que todas as obras teñen que ter proxectos, non creo que ningún dos concelleiros que están no goberno, pois, autoricen unha obra sin un proxecto, ¿non?, sin plan de prevención, sin apertura de centro de traballo, sin que os traballadores teñan Seguridad social, pois eso, eso non pode ser, ¿non?, a emergencia o único que autoriza é, sempre que este justificado por técnicos da administración, que o procedemento de contratación sea máis breve, é o único, eu creo que llo deben dicir ó Sr. Alén para que non diga estas cousas que constan en acta, e, bueno, pois quedan un pouco, un pouco feas por parte dun diputado, dun, dunha administración. Sra. Presidenta.- Sr. Regades, por favor, estamos noutra moción. Sr. Regades Fernández.- E, vamos a centrarnos na Moción que nos presentan, eu quería comenzar decindo que lle vamos a facer unha proposta de emenda, unha proposta construtiva, porque nós creemos na administración local, e na autonomía local, entonces, pois bueno, nós o que lle decimos é, claro, se o concello de Vilaboa, se o pleno de Vilaboa, de Vilanova, quere facer esta infraestrutura, pois instar ao concello de Vilanova a usar os fondos do Plan concello da Diputación de Pontevedra, do que se recibe nestes momentos, máis de 700.000 euros anuais, ao longo da varias anualidades, para afrontar o custe da construción dunha piscina cuberta no complexo do Terrón, do mesmo xeito que están facer outros concellos da provincia de Pontevedra, como é o caso do Grove, ou como é o caso da Illa de Arousa, ¿non?. Eu a verdade que, que bueno, quedo sorprendido con esta Moción, novamente temos o salto de autonomía local, en vez de facer un debate nos plenos dos concellos, pois temos un debate aquí a Diputación de Pontevedra. A veces penso que é por falta de, de compresión, ¿non?, pero eu creo que máis ben é porque vostedes non entenden o que significa o repartir de forma equitativa e eficiente os fondos da Diputación entre todos os concellos, sin importar nin os territorios nin o cor político, nin quen o dirixa. O segundo, seguen sen asumir que esta Diputación fixo, puso fin ás libres disposicións, non hai máis libres disposicións, poden vir pleno tras pleno aquí tendo iniciativas de facer uso de libre disposición cando xa decimos que, que chegou o fin das libres disposicións presidenciais de anos anteriores. E o terceiro, siguen sin darse conta que a Diputación de Pontevedra puxo fin tamén ós días da política caciquil, da presión e da arbitrariedade, da arbitrariedade á hora de facer inversións na provincia. Non é comprensible que sabendo que a Diputación de Pontevedra adícalle a Vilanova 735.000 euros no plan da Diputación, non é comprensible que nos traían esta, esta demanda ó pleno desta Diputación. Piden vostedes que tramitemos unha subvención directa que non valora as necesidades das infraestruturas reais da comarca do Salnés, e fano ademais amparándose nunha suposta discriminación, alegar que a Diputación asigna convenios con outros concellos da provincia de Pontevedra. É ata gracioso, ¿non?, que esa suposta discriminación a denuncien vostedes, en nome dun concello ó que se subvenciona dende a Diputación de forma histórica, nestes momentos un complexo deportivo, un campo de fútbol, pistas de tenis, nos que tamén se lle compraron os terrenos, cando o resto dos concellos da provincia se lles exigía que puxeran a disposición os terreos para facer a infraestrutura. E todo a través de convenios como o que solicitan, mentras que tan sólo cruzando unha ponte, o concello da Illa de Arousa, pasou anos e anos conseguindo ter os terrenos para poñer a disposición para poder ter unha infraestrutura necesaria para ese concello, un concello que nunca tuvo a misma axuda que Vilanova, por unha simple cuestión de cores políticas. Pero nós creemos a importancia do territorio, a importancia das infraestruturas, e non vamos a entrar de quen goberna un concello u otro, o que vamos a entrar é a necesidade das veciñas e dos veciños das mismas infraestruturas, sean deportivas, sean culturais, sean de carreteras, etc., etc., e non vamos a discriminar e tampouco vamos a facer o caciquismo que estaba instalado en esta Diputación para repartir os fondos. E agora presentan unha proposta que, bueno, nós entendemos que o canle que tiña que ser habitual, como decía o Vicepresidente da Diputación, sería unha solicitude de convenio por parte do seu alcalde, e non traer a un pleno a esta Diputación. Eu quero que reflexionen, e eu creo que esta emenda que lle poñemos de substitución é unha emenda construtiva, e que sería bo, non sólo para este concello senón para todo o Salnés. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Regades. ¿Hai turno de réplica?. Sr. Aragunde Aragunde.- Gracias Presidenta. Ben. Para empezar a min me sorprende que non defenda esta Moción, pois, o concelleiro que presentou en Vilanova, usted está no seu dereito de defender a quen queira, pero me sorprende que o diputado do Salnés, e concelleiro de Vilanova, non defenda esta, esta Moción, en todo caso recordarlles que esta Moción é do PSOE, é do Partido Socialista, non é nosa, nós traémola aquí á Diputación de Pontevedra, pero a Moción é do PSOE, que entende que é unha necesidade para Vilanova de Arousa esa piscina i nós trasladámola aquí, i con unha diferencia, falaban vostedes de que respectan a independencia dos concellos e a lealtad dos concellos, no, no, nós coa nosa proposta como diputados, ¡eh!, instamos ao goberno da Diputación, vostedes coa, con esa emenda como diputados están instando ao concello a que invirta, ¡eh!, estanlle dicindo vostedes ao concello donde ten que facer o investimento do Plan concellos, é a diferencia, eso non é lealtade ós concellos, eso non é respectar a independencia dos concellos. Mire Sr. Regades, a libre disposición existeu antes i existe agora igual que antes, cunha diferencia, antes se repartía entre todos os municipios da provincia i agora solo a libre disposición é para Vigo i Pontevedra, nada máis, nada máis. Mire unha cousa, Sr. Dios Pomares, co respecto que lle teño e aprecio, que o sabe, persoal, pero debo decirlle que vostede, estamos acercándonos á mitad de lexislatura, van alá casi dous anos, i vostede non está representando, nin está defendendo os intereses do Salnés, i moito menos os de Vilanova de Arousa, pero ademais mostras temos, a paralización do auditorio de Vilanova de Arousa, a paralización da carretera de Baión, totalmente abandonados os castros do Salnés, a cuberta da piscina de Cambados quedou en licitación fai ano e medio i todavía está sin resolver ese problema, a pérdida de subvención para o ruta do viño, a pérdida de subvención para Esperanza Salnés, as pousadas todavía paralizadas e sen abrir, é que, de verdade, ¿é que de verdade que non lle preocupa para nada o Salnés?, ustede ten que defender e poñerse a traballar xa polo Salnés, de unha vez por todas. Nós, desde logo, claro que creemos que necesita Vilanova unha piscina, i claro que se pode facer un convenio, i é o que lle estamos pedindo, un convenio co concello de Vilanova de Arousa, i o concello de Vilanova de Arousa é capaz de sentarse para negociar ese convenio, o que non pode ser é que se lle esté pedindo que todo investimento do Plan concellos se meta precisamente nesa piscina. Si o Partido Socialista cree que é tan necesario actúen, destinen a financiación necesaria. O señor portavoz do PSOE en Vilanova presentou eso, bueno, como podía haber presentado calquer outra cousa, vamos a presentar algunha proposta aquí no concello, pero, desde logo, si teñen realmente interés i queren solucionar ese problema actúen, que son os que están gobernando vostedes agora mismo na Deputación de Pontevedra, i se queren poden facelo. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Aragunde. Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Bueno. Moi breve, ¿non?. A verdade que, que aquí estamos o Sr. Aragunde pois está demostrando a que interpreta el por, por política, ¿non?. Este é un debate municipal, eu non quería traer aquí o debate que hubo alí no concello de Vilanova, ¿no?, que hai un concelleiro, hai un portavoz do Grupo Socialista que fai unha demanda e lle din, mira, como fagas esa demanda pois te vamos a meter unha moción na Diputación, ¿non?. É unha demanda do concello, claro, unha demanda xusta, será o concello o que ten que facer un convenio, o que ten que repartir a previsión dos fondos de, de cooperación. E despois, ¿por que defendo eu esta Moción?, ¡home!, son o diputado de Cooperación, Sr. Aragunde, son o que teño que firmar os convenios, ou os que non, os que teño que tramitar o convenio ou o que non, e, nestes momentos, o que está firmando o Plan concellos, ¿non?. A verdade é que, que bueno, si que, si querían facer unha crítica municipal e unha crítica concreta ao concello, pois terán que facer ese, ese debate no pleno. E dispois, claro, falan aquí de obras que se paralizaron, ¡home!, claro, é que volvemos ao de antes, ¡eh!, ás obras sen proxecto, un auditorio que no proxecto non tiña ventanas, un auditorio que no proxecto non tiña acometida eléctrica, ¡jobá!, ¡eh!, é que, eu a verdade é que, non se poñen colorados decindo estas cousas aquí. E o das Pousadas, unhas Pousadas que non teñen ningunha licencia, que a titularidade dos terrenos nalgunha delas estaban feitas en terrenos do bispado, como vamos a, ¿como vamos a abrir unha Pousada nun terreno que non é noso?, si o que heredamos das Pousadas é todo nefasto. E bueno, e xa non vamos a falar, porque eu creo que todo ten que ser construtivo e todos temos que ser capaces de sacar os proxectos pa diante, de como atopamos as Pousadas, eu non creín nunca que o Partido Popular sacara a debate o tema do estado das Pousadas, porque unhas Pousadas que saliron por un precio e tuveron un sobre coste do dobre na maioría dos casos, e todas elas con humidades, sin acabar, e cando van inspectores da Xunta a dar a licencia para abrir a actividade din que non cumpren as medidas nin as instalacións oportunas para realizar esa actividade, o goberno da Xunta, ¡eh!, a administración da Xunta non é sospeitosa de que sea unha administración amiga da Diputación de Pontevedra, e din que o que hai aí feito non se pode abrir e vós traedes aquí, os diputados do Partido Popular, os diputados que aprobáchedes eses proxectos, entre comillas, que non están abertas, bueno, pois, vale, pois. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Regades. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Gracias Presidenta. Á vista do debate eu sólo chego a unha conclusión, esto parece que é o debate sobre xestión, ou as propostas do Sr. Javier Dios, francamente, un protagonismo que o felicito, pero eu creo que era por unha proposta no concello, polo tanto debatan alí, denlle os sopapos ou as felicitacións que correspondan, pero traer aquí un debate da Diputación, porque parece que o debate non é sobre a piscina, ta clarísimo, ¿non?, o debate é sobre outras cousas, ¿non?, polo que se ve, e vamos rematar falando se o Salnés é, ¿non?, cal é o orixen do nome do Salnés, calquera cousa vamos a rematar debatindo, menos o de fondo que parece que non é o interés central, o interés central era traer, rebotar aquí, dunha maneira bastante perversa, un debate de alí, ¡hombre!, parece un pouco insuficiente, creo que teñen maioría absoluta alí, e á parte contan coa súa colaboración, Sr. Aragunde, non me digan que alí non dan, non dan, non poden, no poden co portavoz do PSOE e traen o debate aquí, ¡arre caramba!, porque eso é o que se traduce, non dan, realmente hoxe sale engrandecido o compañeiro, ¡eh!, por que, senón, se ustedes con maioría e aqueles alcaldes, exalcaldes, esa potencia que tuveron, inda teñen no Salnés, resulta que non poden con el aquí e traen o debate, non poden alí e traen o debate aquí, ¡Jesús!, bueno, cousas veredes. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Quere pechar o debate?, señor, ten dous minutos Sr. Aragunde. Sr. Aragunde Aragunde.- Sr. Mosquera o BNG é perverso, o BNG é perverso, pero esto é unha obviedade i unha realidade, i, ¿sabe por que?, porque foi o BNG en Vilanova de Arousa quen dixo, que pague Diputación integramente, polo tanto, este debate si vén aquí, en gran medida, é porque o BNG de Vilanova de Arousa dixo que se pagase desde Diputación, polo tanto o BNG é perverso por querer que Diputación pague esa obra. Mire ustede, voulle corrixir porque, Sr. Regades, porque os terreos, os terreos desa zona estaos pagando todavía o concello de Vilanova de Arousa, si, foi coa Caixa de anticipos de Diputación, pero o está pagando o concello de Vilanova de Arousa, ¡eh!, que quen paga é o concello, ¡cuidao!. Miren unha cousa, Sr. Dios Pomares, defenda ó Salnés, defenda ó seu concello i non defenda aos concelleiros de Vigo e Pontevedra que teñen outros intereses diferentes ós nosos, nós temos que defender ós nosos, estamos aquí para defender á nosa comarca, i si realmente entenden, si realmente creen que é necesaria esa infraestrutura para os vilanoveses, ¡eh!, de verdade apoien esta Moción, se nós o que quixemos foi facilitarlle as cousas a vostede, traer esta Moción para que usted convenza a todos os compañeiros de que invirtan en Vilanova i no Salnés, i resulta que é ó revés, convéncenlle eles a usted de que non apoie esto, i que si busque usted, apoie, os sete millóns de euros que van a ir ahora para Pontevedra i para Vigo. A verdade que este é o mundo ó revés, eu estou orgulloso de defender ó Salnés, e sempre que traigo aquí unha proposta é para defender a Cambados i ó Salnés, que foi quen me puxo aquí, i é a quen estou representando aquí. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Font non ten vostede, Sr. Font, non, Sr. Font, xa, eu xa dirixo o pleno, non ten vostede a palabra. As cousas son moito claras do que parece, a xente é moi lista e entende todo moi ben. Vamos a votar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando a construción dunha piscina cuberta en Vilanova de Arousa. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, 12 a favor e unha abstención. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando a construción dunha piscina cuberta en Vilanova de Arousa. 12.6924.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. Sra. Presidenta.- Rematado a primeira parte, a parte resolutiva do pleno, pasamos á parte de Información e control. b) Parte de información e control: 13.6925.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS APROBANDO AS LIQUIDACIÓNS DOS ORZAMENTOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, DA FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA E DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2016 Sra. Presidenta.- No punto 13. Dar conta das Resolucións aprobando as liquidacións dos orzamentos da Deputación de Pontevedra, da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio provincial contraincendios, salvamento, correspondente ó exercicio 2016. ¿Observacións?. Queda dada conta. Unha vez practicada a liquidación do orzamento de 2016, segundo o previsto no Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e no RD 500/90, do 20 de abril, e demais normativa aplicable, o Deputado delegado da área de Economía, Facenda e Réxime Interior, en uso das facultades delegadas pola Presidencia por Resolución Presidencial 2016007829 de data 25/04/2016, aprobou as liquidacións dos orzamentos do exercicio de 2016 da Deputación de Pontevedra e da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, así como do orzamento consolidado da Deputación de Pontevedra, da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios. A liquidación do orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento correspondente o exercicio de 2016 foi aprobado por Resolución da Presidenta de data 13 de febreiro de 2017. A efectos de dar cumprimento o disposto no artigo 193.4 do Real decreto lexislativo 2/2004 debe darse conta ó Pleno das aprobacións de ditas liquidacións na primeira sesión que se celebre dende a súa aprobación. Así mesmo, en cumprimento do artigo 193.5 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 deberá remitirse unha copia ás Administracións do Estado e da Comunidade autónoma. O contido das resolucións do Deputado delegado da área de Economía, Facenda e Réxime Interior, polas que se aproban as liquidacións dos orzamentos do exercicio de 2016 da Deputación de Pontevedra e da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, así como do orzamento consolidado da Deputación de Pontevedra, da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios son os seguintes: 1. “Resolución do Deputado delegado da área de Economía, Facenda e Réxime Interior número 2017002261, de data 6 de febreiro de 2017, aprobando a liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2016. Practicada a liquidación do orzamento de 2016 segundo o previsto no R.d.l. 2/2004 de 5 de marzo, e o R.d. 500/90, e demais normativa aplicable, O Deputado Delegado en virtude da delegación feita pola presidencia mediante R.P. nº 2016000422, de 14 de xaneiro de 2016, en cumprimento do disposto nos artigos 191.3 e 90.1 das citadas disposicións, RESOLVE: Primeiro: Aprobar a liquidación do orzamento de 2016, coa estrutura que a continuación se sinala CONCEPTOS DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS AXUSTES RESULTADO ORZAMENTARIO a) Operacións Correntes 146.785.559,15 80.631.719,66 66.153.839,49 b) Operacións de capital 2.181.981,93 40.223.167,49 -38.041.185,56 1. Total operacións non financeiras (a+b) 148.967.541,08 120.854.887,15 28.112.653,93 c) Activos financeiros 1.042.026,04 1.430.965,53 -388.939,49 d) Pasivos financeiros 0,00 13.889.303,10 -13.889.303,10 2. Total operacións financeiras (c+d) 1.042.026,04 15.320.268,63 -14.278.242,59 I. RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO 150.009.567,12 136.175.155,78 13.834.411,34 AXUSTES: 3. Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais 43.958.086,11 4. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 1.661.643,91 5. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 2.821.512,00 II. TOTAL AXUSTES (II = 3+4-5) 42.798.218,02 RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO (I + II) 56.632.629,36 Segundo: Aprobar o estado de remanente de tesourería resultante da liquidación do orzamento de 2016 e das operacións non orzamentarias, coa estrutura que a continuación se sinala: COMPOÑENTES IMPORTE ANO IMPORTES ANO ANTERIOR 1. (+) Fondos líquidos 125.063.420,97 109.893.347,46 2. (+) Dereitos pendentes de cobro 14.454.732,34 13.361.831,24 - (+) do Orzamento corrente 12.091.846,68 9.560.166,52 - (+) de Orzamentos pechados 1.389.825,37 1.477.105,34 - (+) de operacións non orzamentarias 973.060,29 2.324.559,38 3. (-) Obrigas pendentes de pago 20.181.198,59 18.193.196,77 - (+) do Orzamento corrente 2.556.103,52 1.261.429,04 - (+) de Orzamentos pechados 108.872,07 109.291,10 - (+) de operacións non orzamentarias 17.516.223,00 16.822.476,63 4. (+) Partidas pendentes de aplicación 698.321,19 797.933,47 - (-) cobros realizados pendentes de aplicación definitiva 27.057,54 87.198,02 - (+) pagos realizados pendentes de aplicación definitiva 725.378,73 885.131,49 I. Remanente de tesourería total (1+2-3) 120.035.275,91 105.859.915,40 II. Saldos de dubidoso cobro 1.343.238,54 1.218.198,09 III. Excesos de financiamento afectado 5.086.467,41 5.425.545,23 IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I-II-III) 113.605.569,96 99.216.172,08 Terceiro: Con cargo ó Remanente de Tesourería financiaranse as incorporacións de Remanentes que se podan incorporar unha vez comprobado o cumprimento da regra de gasto da “Ley Orgánica 2/2014 de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera”. 2. Resolución do Deputado delegado da área de Economía, Facenda e Réxime Interior número 2017002356, de data 7 de febreiro de 2017, aprobando a liquidación do orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería correspondente ó exercicio de 2016. Practicada a liquidación do orzamento de 2016 segundo o previsto no R.d.l. 2/2004 de 5 de marzo, e o R.d. 500/90, e demais normativa aplicable, o Deputado Delegado en virtude da delegación feita pola presidencia mediante R.P. nº 2016000422, de 14 de xaneiro de 2016, en cumprimento do disposto nos artigos 191.3 e 90.1 das citadas disposicións, RESOLVE: Primeiro: Aprobar a liquidación do orzamento de 2016, coa estrutura que a continuación se sinala: CONCEPTOS DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS AXUSTES RESULTADO ORZAMENTARIO a) Operacións Correntes 489.191,42 477.772,23 11.419,19 b) Outras Operacións non Financeiras 1.000,00 27.918,68 -26.918,68 1. Total operacións non financeiras (a+b) 490.191,42 505.690,91 -15.499,49 2. Activos Financeiros 0,00 0,00 0,00 3. Pasivos Financeiros 0,00 0,00 0,00 RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO 490.191,42 505.690,91 -15.499,49 AXUSTES: 4. Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais 36.398,40 5. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 0,00 6. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 0,00 RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO 20.898,91 Segundo: Aprobar o estado de remanente de tesourería resultante da liquidación do orzamento de 2016 e das operacións non orzamentarias, coa estrutura que a continuación se sinala: COMPOÑENTES IMPORTE ANO IMPORTES ANO ANTERIOR 1. (+) Fondos líquidos 223.893,60 239.844,37 2. (+) Dereitos pendentes de cobro 0,00 0,00 - (+) do Orzamento corrente 0,00 0,00 - (+) de Orzamentos pechados 0,00 0,00 - (+) de operacións non orzamentarias 0,00 0,00 3. (-) Obrigas pendentes de pago 21.474,67 21.925,95 - (+) do Orzamento corrente 0,00 0,00 - (+) de Orzamentos pechados 0,00 0,00 - (+) de operacións non orzamentarias 21.474,67 21.925,95 4. (+) Partidas pendentes de aplicación 0,00 0,00 - (-) cobros realizados pendentes de aplicación definitiva. 0,00 0,00 - (+) pagos realizados pendentes de aplicación definitiva . 0,00 0,00 I. Remanente de tesourería total (1+2-3) 202.418,93 217.918,42 II. Saldos de dudoso cobro 0,00 0,00 III. Excesos de financiamento afectado 0,00 0,00 IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I-II-III) 202.418,93 217.918,42 Terceiro: Con cargo ó remanente de Tesourería financiaranse as incorporacións de remanentes que se poidan incorporar unha vez comprobado o cumprimento da regra de gasto da “Ley Orgánica 2/2014 de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera”. 3. Resolución da Presidencia de data 13 de febreiro de 2017 aprobando a liquidación do orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento correspondente ó exercicio de 2016. Asunto: Aprobación da Liquidación do Orzamento correspondente ao exercicio económico 2016 do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento. Antecedentes de feito: 1º.- O Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento, en sesión de data 28 de outubro de 2015, aprobou o Presuposto do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento para o exercicio 2016. 2º.- O peche e liquidación do Presuposto efectuarase en canto á recadación de dereitos e o pago de obrigas o 31 de decembro do ano natural correspondente. 3º.- A Secretaria-interventora, con data 10 de febreiro de 2017, emite sendos informes sobre a Liquidación do Orzamento 2016 do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento e sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda. Fundamentos xurídicos: 1º/ O Presuposto de cada exercicio liquidarase en canto a recadación de dereitos e pago de obrigas o 31 de decembro do ano natural correspondente, quedando a cargo da Tesourería os ingresos e pagos pendentes, segundo as súas respectivas contraccións. 2º/ A confección da Liquidación do Presuposto deberá realizarse antes do día primeiro de marzo do exercicio seguinte cos requisitos esixidos no artigo 191 do RD Lvo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en concordancia cos arts. 89 e ss. do RD 500/90, do 20 de abril. 3º/ A aprobación da Liquidación corresponde á Presidenta da Entidade Local, previo informe de Intervención (artigo 191.3 do Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais en concordancia co artigo 90.1 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril). Unha vez aprobada a Liquidación deberá darse conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, debendo remitirse copia da mesma á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma antes de rematar o mes de marzo (artigo 193.4 e 5 do Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais en concordancia co artigo 90.2 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril). 4º/ A Liquidación do Presuposto porá de manifesto (artigo 93 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril): Respecto do Presuposto de gastos, e para cada partida presupostaria, os créditos iniciais, as súas modificacións e os créditos definitivos, os gastos autorizados e comprometidos, as obrigas recoñecidas, os pagos ordeados e os pagos realizados. b) Respecto do Presuposto de Ingresos, e para cada concepto, as previsións iniciais, as súas modificacións e as previsións definitivas, os dereitos recoñecidos e anulados así como os recadados netos. Como consecuencia da liquidación do Presuposto deberán determinarse: a) Os dereitos pendentes de cobro e as obrigas pendentes de pago a 31 de decembro. b) O resultado presupostario do exercicio. c) Os remanentes de crédito. d) O remanente de tesourería. 5º/ De conformidade co artigo 3 da LOEOSF: 1. A elaboración, aprobación e execución dos Orzamentos e demais actuacións que afecten ós gastos ou ingresos dos distintos suxeitos comprendidos no ámbito de aplicación desta lei realizarase nun marco de estabilidade orzamentaria, coherente coa normativa europea. 2. Entenderase por estabilidade orzamentaria das Administracións Públicas a situación de equilibrio ou superávit estrutural”. A vista do que antecede e a documentación que integra o expediente de Liquidación do Presuposto do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento correspondente ao exercicio económico 2016, os informes emitidos pola secretaria-interventora e en cumprimento do establecido no artigo 191.3 do RD Lvo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en concordancia co artigo 89 e ss. do RD 500/1990, do 20 de abril; a Presidencia en uso das facultades que lle atribúen os devanditos artigos e artigo 14 dos Estatutos do Consorcio Provincial RESOLVE: 1º.- Aprobar a Liquidación do Orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento correspondente ao exercicio económico 2016, co detalle que de seguido se relaciona: RESULTADO ORZAMENTARIO A 31-12-2016 CONCEPTOS DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS AXUSTES RESULTADO ORZAMENTARIO a) Operacións correntes 3.384.872,00 2.710.967,56 673.904,44 b) Operacións de capital 0,00 110.387,01 -110.387,01 c) Operacións comerciais 3.384.872,00 2.821.354,57 563.517,43 Activos financeiros 0,00 0,00 0,00 Pasivos financeiros 0,00 0,00 0,00 2. Total operacións financeiras 0,00 0,00 0,00 I. RESULTADO PRESUPOSTARIO DO EXERCICIO 3.384.872,00 2.821.354,57 563.517,43 3. Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais 79.581,70 4. Desviacións de financiación negativas do exercicio 0,00 5. Desviacións de financiación positivas do exercicio 0,00 II. TOTAL AXUSTES (II 3+4-5) 79.581,70 RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO (I+II ) 643.099,13 ESTADO DE REMANENTE DE TESOURERIA A 31-12-2016 1(+)FONDOS LÍQUIDOS: 3.561.587,96 € 2 (+) DEREITOS PENDENTES DE COBRO: 62.306,55 € + Do presuposto corrente: 0,00 € + De Presuposto pechado: 59.222,12 € + De operacións non orzamentarias: 3.084,43 € - Cobros realizados pendentes de aplicación definitiva: 0,00 € 3 (-) OBLIGACIÓNS PENDENTES DE PAGO: 3.441,79 € + Do Presuposto corrente: 0,00 € + De Presupostos pechados: 0,00 € + De operacións non orzamentarias: 3.441,79 € 4 (-) PARTIDAS PENDIENTES DE APLICACIÓN: 1.609,48 € - Pagos realizados pendentes de aplicación definitiva: 1.609,48€ I REMANENTE TESOURERÍA TOTAL (1+2-3+4): 3.622.062,20 € II SALDOS DE DUBIDOSO COBRO: 59.222,12 € III EXCESO DE FINANCIACIÓN AFECTADA: 0,00 € IV REMANENTE DE TESOURERIA PARA GASTOS XERAIS (I-II-III): 3.562.840,08 € REMANENTE DE CRÉDITO A 31-12-2016 TOTAL REMANENTE DE CRÉDITO: 1.046.960,43 € REMANENTE DE CRÉDITO A INCORPORAR 608.593,12 € FINANCIAMENTO: Aplicación orzamentaria 87000 Importe TOTAL 608.593,12 € 2º.- Dar traslado do expediente, en canto ente de adscrición, á Deputación Provincial de Pontevedra para a tramitación conxunta e consolidación coa Liquidación do Orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ao exercicio económico 2016, en cumprimento do artigo 122.4 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, dando conta da presente Resolución ó Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento. 4. Resolución do Deputado delegado da área de Economía, Facenda e Réxime Interior número 2017003006 de data 16 de febreiro de 2017 aprobando a liquidación do orzamento consolidado da Deputación Provincial de Pontevedra, da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios correspondente ó exercicio de 2016. Practicada a liquidación do orzamento de 2016 segundo o previsto no R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, e o R.d. 500/90, e demais normativa aplicable, a presidencia, en cumprimento do disposto nos artigos 191.3 e 90.1 das citadas disposicións, RESOLVE: Primeiro: Aprobar a liquidación do orzamento consolidado de 2016, coa estrutura que a continuación se sinala: CONCEPTOS DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS AXUSTES RESULTADO ORZAMENTARIO a) Operacións Correntes 149.660.985,57 82.821.822,45 b) Operacións de capital 2.181.981,93 40.360.473,18 1. Total operacións non financeiras (a+b) 151.842.967,50 123.182.295,63 c) Activos financeiros 1.042.026,04 1.430.965,53 d) Pasivos financeiros 0,00 13.889.303,10 2. Total operacións financeiras (c+d) 1.042.026,04 15.320.268,63 I. RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO 152.884.993,54 138.502.564,26 14.382.429,28 AXUSTES: 3. Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais 44.074.066,21 4. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 1.661.643,91 5. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 2.821.512,00 II. TOTAL AXUSTES (II = 3+4-5) 42.914.198,12 RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO (I + II) 57.296.627,40 Segundo: Aprobar o estado de remanente de tesourería resultante da liquidación do orzamento de 2016 e das operacións non orzamentarias, coa estrutura que a continuación se sinala: COMPOÑENTES IMPORTE ANO 1. (+) Fondos líquidos 128.848.902,53 2. (+) Dereitos pendentes de cobro 14.517.038,89 - (+) do Orzamento corrente 12.091.846,68 - (+) de Orzamentos pechados 1.449.047,49 - (+) de operacións non orzamentarias 976.144,72 3. (-) Obrigas pendentes de pago 20.206.115,05 - (+) do Orzamento corrente 2.556.103,52 - (+) de Orzamentos pechados 108.872,07 - (+) de operacións non orzamentarias 17.541.139,46 4. (+) Partidas pendentes de aplicación 699.930,67 - (-) cobros realizados pendentes de aplicación definitiva 27.057,54 - (+) pagos realizados pendentes de aplicación definitiva 726.988,21 I. Remanente de tesourería total (1+2-3+4) 123.859.757,04 II. Saldos de dubidoso cobro 1.343.238,54 III. Excesos de financiamento afectado 5.086.467,41 IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I-II-III) 117.430.051,09 Terceiro: Con cargo ó Remanente de Tesourería financiaranse as incorporacións de Remanentes que se podan incorporar unha vez comprobado o cumprimento da regra de gasto da “Ley Orgánica 2/2013 de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera”. A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 17 de febreiro de 2017 tivo coñecemento das resolucións aprobando as liquidacións dos orzamentos do exercicio de 2016 da Deputación de Pontevedra, da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento, así como como do orzamento consolidado da Deputación de Pontevedra, da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento. O Pleno queda enterado do contido das resolucións aprobando as liquidacións dos orzamentos do exercicio de 2016 da Deputación de Pontevedra, da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento, así como como do orzamento consolidado da Deputación de Pontevedra, da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento. 14.6926.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XANEIRO DE 2017 Sra. Presidenta.- No punto 14. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ao mes de xaneiro de 2017. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de xaneiro de 2017 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XANEIRO DE 2017 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Xaneiro -14,4051200324 2.519.393,41 29,8437060512 121.661,46 -12,3667766244 Escola de Enfermería Xaneiro 0,0000000000 0,00 0,0000000000 0,00 0,0000000000 Consorcio de Incendios e Salvamento Xaneiro 0,0000000000 0,00 0,0000000000 0,00 0,0000000000 TOTAL 2.519.393,41 121.661,46 -12,3667766244 A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 17 de febreiro de 2017 tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xaneiro de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas, o Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xaneiro de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. 15.6927.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DE AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DA ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DO GASTO E SUSTENTABILIDADE FINANCEIRA DA UNIDADE INSTITUCIONAL DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Á LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2016 Sra. Presidenta.- No punto 15. Dar conta do informe de Intervención de avaliación do cumprimento da estabilidade orzamentaria, regra do gasto e sustentabilidade financiera da unidade institucional, Deputación de Pontevedra, correspondente á liquidación do orzamento do exercicio 2016. Queda dada conta. O Xefe do servizo de Orzamentos, Plans e Urbanismo, con data 14 de febreiro de 2017 elaborou un informe, no que figura o conforme do Sr. Interventor, sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e sustentabilidade financeira da Unidade Institucional Deputación de Pontevedra correspondente á liquidación do orzamento do exercicio de 2016. A Unidade Institucional Deputación de Pontevedra, está formada pola propia Deputación de Pontevedra, a Fundación Escola de Enfermería, o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento (dependente ó 50%) e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes (dependente ó 50%). No citado informe de data 14 de febreiro de 2017 sobre a avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e sustentabilidade financeira da Unidade Institucional Deputación de Pontevedra correspondente á liquidación do orzamento do exercicio de 2016 figuran, a modo de resumo, como datos máis destacados os seguintes: • A capacidade de financiamento, “superávit non financeiro” = + 36.675.666,59 euros. • A “Regra de gasto”, con un marxe de aumento do gasto non financeiro computable e de + 8.721.468,80 euros. • Cumpre co principio de sustentabilidade financeira na dobre vertente: Límite de débeda sobre ingresos correntes liquidados no exercicio anterior = 17,04%, por debaixo do 110% (débeda financeira a 31 de decembro de 2016, por importe de 25.406.781,20 euros); e período medio de pago a provedores, cun rateo de: -10,877 días no mes de decembro (20 días dende a recepción da factura). • O resultado da avaliación e que cumpre cos obxectivos sinalados na liquidación orzamentaria do exercicio 2016. A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 17 de febreiro de 2017 tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención de data 14 de febreiro de 2017 relativo á avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e sustentabilidade financeira da Unidade Institucional Deputación de Pontevedra correspondente á liquidación do orzamento do exercicio 2016. O Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención de data 14 de febreiro de 2017 relativo á avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e sustentabilidade financeira da Unidade Institucional Deputación de Pontevedra correspondente á liquidación do orzamento do exercicio 2016. 16.6928.- COMUNICACIÓNS Sra. Presidenta.- No punto 16. Comunicacións. Queda dada conta. Queda enterado de escrito da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de data 6 de febreiro de 2017, en relación co acordo plenario de data 28 de decembro de 2016, relativo á supresión das excepcións normativas en relación co tiro ó pombiño na provincia de Pontevedra. 17.6929.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 17. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 24 de xaneiro e o 20 de febreiro do ano 2017 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 18.6930.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E no punto 18, Rogos e preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, teño, por non interrumpir antes o debate, pois quedoume unha aclaración por facer, e é preguntarlle ós do PP se cando enlazaron o Parque de maquinaria con Trump, era porque pensaban en mandalo pa facerlle o muro, ese que quere facer, ou algo dese tipo, non sei se está en condicións, ou que se lle foi a lingua, non sei se están en condicións de contestar, pero foi así unha asociación que me veu a cabeza, é dicir, non, non quererán, a saber, se cadra é o que queren, non sei. Sra. Presidenta.- Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Lle quero facer un rogo á Sra. Rivas, pídolle que se informe antes de falar da xuventude de Mos, porque a verdade é que non hai concellos socialistas de 15.000 habitantes que invirtan 40.000 euros, infórmese ben, porque o PSOE está moi perdido e non lle dá ben os datos. Sra. Presidenta.- Sra. Arévalo, ¿usted que rogo quere facer?. ¿É un rogo a unha diputada?, ¿que se informe?. Eu non salgo da miña sorpresa. Sra. Cachafeiro ten vostede a palabra. Sra. Cachafeiro Anta.- Bos días. Eu como non quero interrumpir, non quixen interrumpir o debate, igual que o Sr. Mosquera, pois simplemente facer, pois, comentarlle á Sra. Digna Rivas que tamén falou na súa intervención, na defensa da súa moción, do concello de Forcarei. Simplemente que se informe, no pleno do concello de Forcarei non houbo unha votación nin en contra nin a favor desta alcaldesa, ¿vale?, dígollo para que. Sra. Presidenta.- ¿Pero cal é o rogo señora?. Pero eso o fai vostede persoalmente logo, fóra, porque aquí estamos en Rogos e preguntas. ¿Hai algún rogo, algunha pregunta?. Eu, eu, de verdad, é moi triste. ¿Hai algún rogo ou algunha pregunta máis?. Antes de rematar o pleno quería informarlles, por si é do seu interés e porque afecta a unha persoa que foi alcaldesa de Silleda, que hoxe traballa como asesora da Presidenta nesta gabinete, que faleceu a súa irmá, porque vostedes o saiban e non o coñezan por outras vías. Vale. Bueno. Pois rematamos o pleno. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as quince horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición