ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2017-04-28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.399/2.2017-04-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2017-04-28_Ordinaria

  • Data(s) 2017-04-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Acta da sesión ordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de abril do 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e trinta e cinco minutos do día vinte e oito de abril do ano dous mil dezasete, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Ramiro Varela Peón (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sra. Presidenta.- Bos días a todas e a todos. Antes de iniciar o Pleno ordinario do 28 de abril de 2017, lle imos manter un minuto de silencio polos falecidos do Novo Marcos. … Minuto de silencio … … Aplausos … Sra. Presidenta.- En nome de toda a Corporación provincial queremos remitirlle a nosa solidariedade, o noso cariño, a nosa condolencia e a nosa dor, ós familiares dos tres falecidos. O Pleno da Corporación Provincial acorda trasladarlle a solidariedade e as condolencias da Corporación ás familias dos tres mariñeiros falecidos no accidente do barco “Novo Marcos”, ocorrido na Ría de Pontevedra a madrugada do día 26 de abril. Sra. Presidenta.- Imos agora a dar comezo á Orde do día do Pleno ordinario de 28 de abril de 2017. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: a) Parte resolutiva: 1.6947.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2017 DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Sra. Presidenta.- No punto 1. Expediente de suplemento de crédito nº 1/2017 da Escola Universitaria de Enfermería. ¿Observacións?. Procedemos á votación. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. O Padroado da Fundación Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra na sesión que tivo lugar o día 23 de marzo de 2017 aprobou o expediente de suplemento de crédito nº 01/2017 da Escola Universitaria de Enfermería por importe total de 15.441,96 euros. Este expediente de suplemento de crédito vén motivado pola necesidade de incrementar o crédito da aplicación orzamentaria 17/831.3261.130.00 para dotar de financiación suficiente a modificación da relación de postos de traballo da Escola Universitaria de Enfermería aprobada polo Pleno na sesión ordinaria do día 31 de marzo de 2017, e poder así ampliar a xornada laboral do posto de profesor de Psicoloxía, pasando de xornada a tempo parcial a xornada a tempo completo. Resultando que a Deputada Delegada da Fundación Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra, unha vez aprobado o expediente polo Padroado da Fundación, a través de memoria-proposta de data 17 de abril de 2017, solicita ó Pleno da Deputación de Pontevedra, previo ditame da Comisión de Economía, Facenda e Réxime Interno, a aprobación do expediente de suplemento de crédito número 01/2017 da Escola Universitaria de Enfermería por importe total de 15.441,96 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e por ser insuficiente a consignación no estado de gastos do orzamento corrente. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese informe de data 17 de abril de 2017 no que figura que o expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, e que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, nos artigos 2,3,11,27 e demais concordantes da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nas bases de execución do orzamento, en canto a competencia e tramitación a seguir para a aprobación da modificación de crédito. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, acorda por unanimidade: Primeiro: Aprobar o expediente de suplemento de crédito 01/2017 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra por importe de 15.441,96 euros, co seguinte detalle: Suplementos de Crédito “SUP. 01/17”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 17/831.3261.130.00 Persoal laboral fixo. ret. básicas 15.441,96 € Total Suplementos de Créditos... 15.441,96 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose a seguinte operación: Remanentes líquidos de tesourería: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 831-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito. 15.441,96 € TOTAL............................................................................ 15.441,96 € Resume da modificación por capítulos: CONCEPTO INICIAL MODIFICACIÓN DEFINITIVO Capítulo 1º Gastos de persoal 448.241,00 15.441,96 463.682,96 Capítulo 2º Gastos en Bens correntes e servizos 48.900,00 0,00 48.900,00 Capítulo 3º Gastos financeiros 100,00 0,00 100,00 Capítulo 6º Investimentos reais 1.000,00 0,00 1.000,00 TOTAL 498.241,00 15.441,96 513.682,96 Segundo: Este expediente de suplemento de créditos número 1/2017 da Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 15.441,96 euros, exporase ó público para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As reclamacións, reparos ou observacións que se presenten serán estudados, no seu caso, polos servizos técnicos da Deputación de Pontevedra e posteriormente pola Comisión informativa de Economía, Facenda e Réxime Interior, que formulará ao Pleno a proposta de aprobación definitiva deste expediente. Este acordo de aprobación inicial do expediente de suplemento de créditos número 1/2017 da Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 15.441,96 euros entenderase definitivamente aprobado no caso de que no prazo de exposición pública non se formulasen reclamacións contra o mesmo. 2.6948.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NO PK 20+700 DA EP-7001 A ESTRADA-FORCAREI (FORCAREI)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Sra. Presidenta.- No punto 2. Aprobación definitiva do proxecto “Mellora da seguridade viaria no PK 20 da estrada EP-7001, A Estrada-Forcarei. Aprobación definitiva da relación de bens e dereitos afectados. Ratificación da declaración de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto e resolución de alegacións. ¿Observacións?. Procedemos á votación. ¿Votos a favor?. Queda aprobada por unanimidade. O proxecto “Acondicionamento e mellora da seguridade viaria no p.k. 20+700 da EP-7001 A Estrada – Forcarei (Forcarei)” dotado cun orzamento para coñecemento da Administración de 76.611,51 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 68.995,16 euros e capítulo de expropiacións por importe de 7.616,35 euros, ten por obxecto o ensanche e a mellora do trazado da devandita estrada provincial. As obras incluídas no presente proxecto consisten na ampliación do radio de xiro da intersección nun entronque da estrada provincial EP-7001 A Estrada - Forcarei cun camiño público de titularidade municipal, xa que na actualidade o radio de xiro no entronque dos viais resulta insuficiente, co que unha vez finalizada a actuación a seguridade vial mellorará de xeito notable. Á vista do informe emitido polo Servizo de Mobilidade advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Acondicionamento e mellora da seguridade viaria no p.k. 20+700 da EP-7001 A Estrada – Forcarei (Forcarei)” dotado cun orzamento para coñecemento da Administración de 76.611,51 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 68.995,16 euros e capítulo de expropiacións por importe de 7.616,35 euros. Segundo.- A resolución das alegacións presentadas polos seguintes propietarios afectados en base ás seguintes consideracións: a).- Con respecto ás alegacións presentadas por Dª. Consuelo Mariño Bobillo en representación da comunidade de herdeiros de Sabino Mariño Pereira en relación á finca número 1 resólvese o seguinte: En relación coas parcelas afectadas, a Deputación de Pontevedra emprega a base de datos da Dirección Xeral do Catastro polo que, como ben indica no seu escrito, deberá dirixir as súas reclamacións contra a Dirección Xeral do Catastro e dar conta inmediata ó Servizo de Mobilidade tanto da interposición da reclamación coma da resolución que se tome. De tódolos xeitos o Servizo de Mobilidade procederá a comunicarlle os trámites que lle afecten en relación coa citada parcela. No referente ó prezo por metro cadrado alegado, o desacordo co mesmo deberá ser alegado no momento que se lle solicite a folla de aprecio. b).- Con respecto á alegación presentada por D. Andrés Avelino Fernández Barreiro en relación á finca nº 2 resólvese o seguinte: En canto á expropiación total solicitada, inicialmente a parcela ten unha superficie segundo información da Base de Datos Nacional do Catastro de 201 m2 dos cales exprópianse 44,15 m2 definitivamente, polo que non procede a expropiación total. No referente ó prezo por metro cadrado alegado, o desacordo co mesmo deberá ser alegado no momento que se lle solicite a folla de aprecio. Terceiro.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. Cuarto.- Ratificar a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto a mellora do tráfico mediante a construción desta infraestrutura, coa que se conseguirá unha maior seguridade viaria ao ampliar o radio de xiro e a visibilidade no citado entronque. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Anexo nº 1: Relación de Parcelas obxecto de expropiación Número de parcela Propietario Superficie e bens afectados 1 Comunidade de Herdeiros de Sabino Mariño Pereira e outros 144,52 m2 de superficie afectada 28,10 m2 de ocupación temporal 2 Obdulia Barreiro Chamosa Soledad Barreiro Chamosa Preciosa Beatriz Fernández Barreiro José Fernández Barreiro Avelino Fernández Barreiro Andrés Avelino Fernández Díaz Francisco Javier Fernández Díaz Milagros Fernández Díaz 44,15 m2 de superficie afectada 56,11 m2 de ocupación temporal 3.6949.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL MIXTO (COALICIÓN ELECTORAL SON) EN APOIO Á PLATAFORMA DE VÍTIMAS DO TREN ALVIA Sra. Presidenta.- No punto 3 da Orden do día. Moción do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral Son), en apoio á Plataforma de vítimas do tren Alvia. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Grazas. Bo día a todas e a todos. A Plataforma de vítimas do Alvia 04155 leva loitando por esclarecer as circunstancias nas que produciu o desgraciado accidente dende o 24 de xullo de 2013, son xa 4 anos de loita por coñecer a verdade sobre a morte de 81 persoas. Non chegaba coa irreparable pérdida de amigos, familiares e compañeiros e compañeiras vitais, que para máis infamia despois desta pérdida as vítimas atópanse cunhas administracións que son xordas e cegas ó sufrimento, cando non abertamente hostiles, ben sexa a través dos seus representantes ou a través dos posicionamentos destas institucións. O director de seguridade de ADIF, imputado pola accidente, negándose a declarar e a colaborar coa xustiza. O novo presidente da Comisión de investigación de accidentes ferroviarios é o mesmo que dixo que os sistemas de seguridade en Angrois eran os adecuados, así que, así como que a investigación foi absolutamente independente. O Secretario de Estado de Infraestruturas no momento do accidente do Alvia é premiado co novo posto de Ministro de Xustiza, o mesmo que tres días despois do accidente dicía que non se podía considerar accidente de alta velocidade, e que dicir que fora un accidente de AVE podía prexudicar ós negocios de España. O Ministro de Fomento, que como alcalde de Santander apoiou a investigación do Alvia, pecha a porta unha vez é nomeado ministro. Poucas sinais de esperanza de aclarar as cousas e responsabilidades do accidente poden ter as vítimas coa coloración de forzas actual en Madrid. Afortunadamente algúns concellos como, por exemplo, o de Vigo ou Pontevedra, entre outros, e máis recentemente as Cortes de Castilla-León, por exemplo, si prestaron o seu apoio ás reivindicacións da Plataforma poñéndose do lado da dignidade e da xustiza. No 2016 a Axencia ferroviaria europea daba a coñecer o seu informe sobre o accidente onde sinalaba que a investigación efectuada pola Comisión de investigación de accidentes ferroviarios no estado español carecía de criterios de independencia, e pasou por alto o análises de elementos clave, indicando que tanto RENFE como ADIF formaron parte do equipo de investigación xerando un claro conflito de intereses. Ao marxe das investigacións xudiciais e as responsabilidades penais que poidan derivarse as vítimas sempre reivindicaron a apertura dunha comisión de investigación parlamentaria para depurar as responsabilidades políticas, e nun exercicio de ética é necesario dar o noso apoio a esta iniciativa tomando posición do seu lado e dándolle o apoio expreso desta institución. Con esta Moción non podemos reparar o dano inmenso que estas persoas sufriron, pero a través do consenso entre os partidos con representación nesta Deputación nun acto de responsabilidade e compromiso contribuiriamos a recoñecer a dignidade e tratar de paliar o terrible dano causado ás vítimas deste accidente ferroviario. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Ben, esta é unha moción que, digamos, proposta pola Plataforma de vítimas do Alvia que acaba de explicar o que, vamos, o propoñente que a truxo aquí, o noso posicionamento é moi claro en todas as ..., e vamos, vamos a votar a favor, non vamos a reiterar argumentacións porque xa están ditas e sería alargar o pleno innecesariamente, en todo caso, reiterar todo o noso apoio. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Buenos días a todas y a todos. Bueno, en relación con esta Moción, y sin entrar en el fondo, sin entrar en el fondo ni en el contenido, manifestar por supuesto que estamos de acuerdo en alguno de los puntos, sobre todo en ese apoyo a las víctimas. Entendemos que es una cuestión que debe dirimirse en el Parlamento del Estado y tanto es así, que debe dirimirse en el Parlamento del Estado, que de hecho hay una petición de un grupo político, en el que está integrado el proponente de esta, de esta Moción, que ha sido presentado en el Congreso de los Diputados, por lo tanto creemos que esta es la mejor prueba y la mejor constatación de que este es un asunto que debe de tratarse en el Parlamento estatal, en el Congreso de los Diputados. Y por lo tanto, desde este Grupo provincial entendemos que no tiene sentido exponer en esta administración y debatir en esta administración este, este asunto, y que lógicamente debemos de quedar a la espera de ese debate que se produzca en la cámara baja, en el Congreso de los Diputados. Lo que sí quiero es aprovechar para en nombre del Grupo Provincial Socialista trasladar toda la solidaridad a la Plataforma, a la Plataforma de víctimas. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Sr. Aragunde. Sr. Aragunde Aragunde.- Ben. Bos días. Gracias Presidenta. É interese deste Grupo provincial de que se esclarezan completamente as causas deste accidente coa mellor profundidade e rapidez posible. Creemos que é unha demanda xusta das vítimas, dos familiares das vítimas e do conxunto dos galegos que queren saber que pasou e que queren, como consecuencia desta investigación, que se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar. Pero para acadar este coñecemento é necesario que se faga nos foros adecuados nos que teñen competencias para elo, con profundidade e rigurosidade, fuxindo de usos demagóxicos e partidistas deste tráxico suceso. No ámbito competencial a Galicia correspondeulle socorrer as vítimas e o fixo dilixentemente, adecuadamente, e como a totalidade dos galegos estamos moi agradecidos ás persoas que traballaron e colaboraron nesta atención ás vítimas e ós seus familiares, persoal sanitario, de seguridade, de emerxencias, e mesmo ós veciños, todos estiveron á altura e fixeron un traballo excelente. Á marxe de temas relacionados coas emerxencias e a atención sanitaria, a Xunta non ten competencias sobre o accidente, os aspectos de seguridade ferroviaria, transportes por ferrocarril, aspectos de mantemento e xestión da vía e do tráfico entre outros son competencia estatal. Estamos dispostos a aprobar unha declaración institucional por parte deste pleno provincial na que se solicita a realización dun informe cos criterios de total independencia propostos polos organismos europeos, quero recordarlles que a primeira reacción do Presidente do noso partido e da Xunta ao coñecer a opinión da Axencia Ferroviaria Europea foi demandar a elaboración dun informe independiente, incontrovertido e incuestionable sobre o accidente. Propuxo o Grupo Popular o pasado 12 de xullo no Parlamento a aprobación polo pleno dunha declaración institucional a través da que se solicitaba a apertura dunha investigación independente sobre o accidente de Angrois, aínda que lamentablemente esa declaración non saíu adiante como consecuencia do veto dos grupos parlamentarios de BNG, AG e Mixto, naquel momento. Estamos a tempo de facer unha declaración conxunta, que sea clara e dea unha proposta unánime deste pleno e da provincia, si queren. O accidente está sendo investigado en instancias xudiciais, polo que as responsabilidades deberan ser dirimidas nese marco, e as responsabilidades técnicas no marco das comisións técnicas, e independientemente do que lle corresponde. E unha vez coñecida a investigación xudicial e as conclusións técnicas será o momento de esixir no seu caso as responsabilidades políticas sempre no foro adecuado. Creemos que a investigación máis profunda que se pode facer é a xudicial, ou das comisións técnicas, e por elo insistimos, unha vez máis, en utilizar esas vías para acadar a verdade sobre a causa do accidente. Ademais os xuíces se o consideran oportuno poden pedir todos os informes independentes que consideren necesarios para o esclarecemento total do accidente. A experiencia en todos os casos coñecidos é que as investigacións xudiciais chegaron moito máis lonxe que calquera comisión de investigación parlamentaria, deixemos que actúa, que actúe a xusticia, i en eso se está agora. O Partido Popular comprende e comparte a dor das vítimas i dos seus familiares, non vai a polemizar con eso, queremos axudar. O que pedimos dende o primer momento é que se chegue ó final no esclarecemento de todas as causas que provocaron o accidente, e para elo nosa máxima colaboración cas instancias xudiciais. E gustaríame rematar reiterando o noso apoio a que se elabore un informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o accidente, creemos que é o máis efectivo e o que máis axudaría. Pero, tal cuál está o acordo que presenta o Sr. Xácome, pois, nós eses tres puntos, nós imos a votar a favor, imos a votar en contra, apoiariamos o primeiro e segundo punto en todo caso. Gracias Presidenta. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Aragunde. Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Lembrar unicamente que, como xa sinalou o Deputado Mosquera, esta Moción está presentada no nome da Plataforma que amosou o seu interese no posicionamento desta institución. En canto á declaración institucional, como xa indicamos en comisións informativas por instrucións concretas da Plataforma, non poderíamos aceptar emendas. En todo caso, se non se varía o texto da Moción, por suposto, estaríamos de acordo, e faltaría máis, en que esta Moción saíse como unha declaración de tódolos partidos presentes. Sra. Presidenta.- Entendo que hai dúas propostas. Unha, que se fixera unha declaración conxunta sobre o tema. E dous, a posibilidade tamén de solicitarlle ó propoñente da Moción que se puideran votar por separado só os puntos, ¿é así Sr. Aragunde?. Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Estamos absolutamente de acordo coa declaración institucional integrando os tres puntos, pero, si, non sendo unha emenda tamén estamos de acordo en votar os puntos por separado, non temos inconveniente. Sra. Presidenta.- Sr. Aragunde, entendo que a cuestión da declaración non se corresponde co que usted plantexa, ¿non?, porque é manter a Moción pero nos, convertíndola en declaración, polo tanto, si están de acordo todos os grupos votamos a Moción por puntos. Pois sometemos entón a votación a Moción. En primeiro lugar, dar apoio expreso, e no primeiro punto, a Plataforma de vítimas do Alvia por parte desta Deputación. ¿Votos a favor de este primeiro punto?. Queda aprobado o primeiro punto por unanimidade. No punto dous, solicitar ó Goberno do Estado que encargue a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do acontecido. Sometemos a votación. ¿Votos a favor?. Queda aprobada por unanimidade. E por último sometemos o terceiro punto da Moción, solicitar ó Goberno do Estado a apertura dunha comisión de investigación en sede parlamentaria para establecer posibles responsabilidades políticas. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitado o tercer punto por, ¿están 11 vostedes ou 10?, ¿están 11 hoxe?, con 21 votos en contra, e catro a favor. Polo tanto quedan aprobados os dous primeiros puntos da Moción. Cinco, dixen 4, perdón, cinco, perdón, cinco votos a favor, e polo tanto queda o punto terceiro rexeitado e aprobado o primeiro e o segundo punto. O Deputado do Grupo Mixto (Coalición Son) na Deputación de Pontevedra, D. Xosé Lois Jácome, no seu propio nome e en representación da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155, presentou o día 24 de marzo de 2017 no rexistro xeral unha Moción en apoio á Plataforma de vítimas do Alvia 04155, cuxo contido é o seguinte: “Moción en apoio á Plataforma de vítimas do Alvia 04155. A Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 leva loitando por esclarecer as circunstancias nas que se produciu o desgraciado accidente do tren Alvia 04155 con destino a Santiago de Compostela o 24 de xullo de 2013. Neste accidente no que morreron 81 persoas resultaron feridas outras 145 é o accidente ferroviario máis grave da historia da democracia española. Dita Plataforma se constituíu coa intención de reinvindicar a verdade e a xustiza en sentido amplo, esixindo tamén responsabilidades políticas, polos feitos que rodearon o mencionado sinistro. Un suceso tan grave non pode nin debe quedar no esquecemento das institucións públicas e dos responsables políticos, e por elo é necesario indagar nas causas e responsabilidades penais e políticas que puideran derivarse de dito accidente ferroviario. Ó marxe das investigacións xudiciais e as responsabilidades penais que poidan derivarse delas, as vítimas sempre reivindicaron a apertura dunha Comisión de Investigación Parlamentaria para depurar as responsabilidades políticas e nun exercicio de responsabilidade é necesario dar o noso apoio a esta iniciativa, tomando posición do seu lado e dándolles o noso apoio expreso. A Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 vén de denunciar en reiteradas ocasións a falla de sensibilidade das autoridades e unha incomprensible situación de desamparo que viola os seus dereitos máis básicos como vítimas e familiares deste terrible suceso. Con esta moción non podemos reparar o dano inmenso que estas persoas sufriron, non podemos facer xustiza, nin esclarecer a verdade do acontecido, pero a través do consenso entre todos os partidos políticos con representación no noso Concello, nun acto de responsabilidade e compromiso, contribuiríamos a recoñecer e dignificar ás vítimas e familiares do accidente ferroviario Alvia 04155. Por todo o anterior, a Coalición SON, presenta para o seu debate e posterior aprobación en pleno a seguinte proposta de ACORDO: 1. Dar apoio expreso á Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 por parte desta Deputación. 2. Solicitar ao Goberno do Estado que encargue a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do acontecido. 3. Solicitar ao Goberno do Estado a apertura dunha comisión de investigación en sede parlamentaria para establecer posibles responsabilidades políticas.” O Pleno, visto o ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, acorda por unanimidade, aprobar os dous primeiros apartados da Moción do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral SON) en apoio á plataforma de vítimas do tren Alvia, e que son os seguintes: 1. Dar apoio expreso á Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 por parte desta Deputación. 2. Solicitar ao Goberno do Estado que encargue a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do acontecido. Ó mesmo tempo, acórdase por maioría de votos en contra do PP e do PSdeG-PSOE e cos votos a favor do BNG e do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral SON), rexeitar o apartado terceiro da devandita Moción. 4.6950.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOLICITANDO A CREACIÓN DUNHA LIÑA DE COLABORACIÓN COS CONCELLOS PARA A CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS NAS PRAIAS Sra. Presidenta.- Seguindo coa Orde do día debatimos o punto cuarto. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando a creación dunha liña de colaboración cos concellos para contratación de socorristas nas praias. Sr. Bas Corugeira.- Bos días. Ben, o que traemos aquí é unha moción en positivo, como todas as que estamos presentando, con ánimo de que os concellos, costeiros neste caso, pois poidan ter unha maior, unha maior colaboración por parte desta institución nos desarrollos das súas propias competencias, ¿non?. Recoñezo que, efectivamente, as competencias do que vamos a falar aquí é competencia municipal, estamos falando de atender ás playas, neste caso, en temas de seguridad, plantexamos pois que se abra desde a Diputación, se abra unha liña de colaboración con estes concellos costeiros que ano a ano, no período de verán, pois, teñen que facer as contratacións de socorristas. Evidentemente, os hábitos están cambiando, nós o que pretendemos desde os concellos é conseguir unha maior calidade dos servicios prestados, e neste eido, pois, detectamos que nas praias pois hai un apartado moi importante que é o da seguridade dos bañistas. En ese sentido, xa o ano pasado presentamos unha moción en donde instábamos, tamén, á Deputación, que puidera colaborar con algún dos gastos de mantemento, de limpeza e de accesibilidade desas praias. ¿Por que?, porque nos períodos de verán, pois, a carga financeira que ten que soportar os concellos relacionados con ese mantemento, e neste caso con dar este servicio de seguridad ós bañitas pois incrementa enormemente, pois, os costes do propio concello, ¿non?. Apuntábamos nese ano, nese ano pasado, que sería interesante que desde Deputación, pois, se xuntaran a todos os alcaldes que tuveran esta, esta, particularidad, esta singularidad de ser por un lado concellos costeiros e por outro lado con unhas praias na que incluso moitos deles están tendo o distintivo de Bandeira Azul. Parece ser que neste ano, polo que eu comentei con algún alcalde de costa, non se tuvo ese contacto, e no Plan concellos tampouco se recolle esa singularidade de incremento, ou esa singularidade que podería estar, bueno, pois de algún xeito compensada para facer este tipo de contratacións. Se mantivo o mismo sistema de anos anteriores en donde as variables que se trataban era densidad, población, etc, pero non a particularidade de o custe que están a ter para manter eses distintivos, o de Bandeira Azul é o nivel de limpeza e de excelencia das nosas praias, incluíndo pois ese, ese porcentaxe de variable incrementando a parte correspondente, non está feito no Plan concellos, polo tanto nós o que plantexamos aquí é unha liña específica relacionado con a contratación, colaborar coa contratación de socorristas nas praias. Puxen como exemplo, o ano pasado, tamén, que a Diputación de Coruña si estaba tendo unhas líneas relacionadas con, coas praias, ¿non?, con os municipios costeiros, e tiña unha línea pa limpeza de praias de 900.000 euros para os concellos, e agora este ano fai un ciclo de formación para os socorristas con ánimo de que estean ben atendidas as súas praias no tema de seguridad. Pois esto é o que pretendemos aquí, que se abra este debate e que se abra esta línea tamén de financiamento, porque alcaldes de todos os cores, xa sexan de Marea, sexan do Partido Socialista, Partido Popular ou independentes, están por apoiar este tipo de financiamento. Repito, si se considerara esta particularidade dentro do Plan concellos pois de algún xeito estaríamos falando de cantidad arriba, cantidad abaixo, pero o Plan concellos tampouco recolleu esta singularidade. Non digo que sexa a única que haya que recoñecer, habrá outras singularidades que tamén, xa que o sistema é este, pois tendrían que estar recollidas aí, outras deputacións son capaces de facelas, eu creo que esta tamén estaría en disposición e en posibilidade de poder facelas. Moitísimas gracias. Por ahora nada máis. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Ten a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e todos, outra vez. Ben, é verdade que existe preocupación nalgúns concellos por necesidades puntuais no período vacacional e as dificultades pa cubrilas con fondos propios. Consideramos, despois de consultar, que o idóneo sería en todo caso un cambio no Plan concellos, incluíndo unha variable turística entre outros cambios que poderíamos considerar menores e que propoñeremos no seu momento, en todo caso estamos de acordo en que esta é un necesidade importante pra os concellos, e si sería necesario o seu estudo demorado por parte do goberno da Deputación, ben sexa nun grupo de traballo da propia deputación ou nalgunha xuntanza cos alcaldes destes concellos. Polo tanto, en principio vamos a votar a favor desta Moción. Grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ahora, hasta agora estaba en verde, ahora xa se pode falar. Gracias Sra. Presidenta. A ver, é difícil centrar ou contestar ás propostas do Partido Popular, porque un día escoitamos que os municipios do interior están absolutamente discriminados, que todo vai para a costa, ó día siguiente escoitamos que hai que potenciar ós concellos de costa, atender as súas necesidades, e según vai o vento pois teremos que, que atendelo. Porque esto é tan, tan sectorial e tan enfocado, porque nin tan sequera contempla as praias fluviais, nin tan sequera contempla as praias fluviais que, evidentemente, poden ser máis perigosas, vale, pero no contemplan, non é, o autor da proposta sólo pensa no seu concello, na súa alcaldía, e o resto pouco lle, pouco lle preocupa, ¿non?, bueno. Entonces, creo que fomos extremadamente rigorosos en canto a facer un reparto en todos os concellos, que poden contratar eles persoal, de forma que sexan eles autonomamente os que decidan onde van e non entrar a valorar estas cousas, porque senón o que iríamos era cara atrás, moi cara atrás, non, non é ... cada un xustificado, pola, polas súas razóns, que todos teñen algunhas, pois, uns levaban máis outros menos, según esas, esas supostas, supostas razóns, ¿non?. Ben, evidentemente, cando no vran, cando é o período de praias, hai unha recarga, evidentemente, claro, pero tamén hai unha maior construción, por exemplo, que está pagando un IBI ou que está pagando a taxa de residuos, ¿verdad?, e que nono están usando o resto do ano, claro, que son uns ingresos extra, bueno, ¿que quero dicir con esto?, se empezamos coa lóxica de que a cada unha atenderlle a súa especificidade, cada alcalde ou alcaldesa vai inventar unha para poder saír beneficiado, seguro, e entre ustedes sucede, entre os nosos tamén, entre os outros tamén, todos, todos teñen unha especificidade, é que a min resulta que se me está desertizando o concello, entonces, claro, si inda por riba se desertiza como lle vou cobrar o lixo, bueno, pois non lle cobro, ou cóbrolle pouco, vale, entonces non teño ingresos, entonces ten que a Deputación, pois, facer unha liña especial para os concellos que non cobran os residuos ou que deben cobrar e entonces non teñen recursos, bueno, podíamos chegar ó infinito, ¿vale?. Creo que non é serio, non é serio, é un problema como outros moitos que teñen nos concellos de diverso tipo, que terán que atender, terán que decidir que actuacións priorizan, en que centran a súa atención, os cartos que lle manda a Diputación, os que lle manda a Xunta no Fondo de Cooperación Local, ou os recursos propios que teñen os concellos en que, a que os adican, e, bueno, en función de eso pois decidir, pois decidir. O intentar un tipo de concellos, ou un concello en particular, sacar máis con este tipo de argumentacións, é que hai que cortalo dunha vez, porque senón é imposible, é absolutamente imposible, eu pódolle dar cincuenta mil argumentos de máis potencia, de que hai que meterlle cartos ós concellos por exemplo do interior e con carencias de, de población, e cada vez perdendo población, por exemplo, que ós costeiros polas praias, pódollo dar, e usted pódeme dar que os costeiros, co cuál nunca chegaríamos a acordo. Solución, tratar a todos igual, que foi o que fixemos, e que cada concello decida o que teña que decidir, o que na súa dinámica interna da corporación entenda que ten que, que ten que, que ten que decidir. Por eso vamos a votar en contra, xa o votamos o ano pasado, e vamos a votar en contra de todo este tipo, porque, a ver, tratamos a todos igual ou tratámolos distintos, é que, empezamos a inventar e a beneficiar a uns en contra doutros, ese é o debate de fondo, e nós queremos tratar a todos por igual. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Font. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Buenos días, otra vez. Bueno, es evidente que estamos en una situación en la que como consecuencia de la política del gobierno central los concellos no tienen la posibilidad de contratar al personal que necesitarían para necesidades puntuales, ni esto, ni la posibilidad, tiempo, perdón, ni esto ni la posibilidad, ni esto ni la posibilidad de reinvertir los superávit. Por lo tanto, estamos ante un problema de imposibilidad de contratación de personal, lo que ocurre es que la respuesta de la Diputación provincial de Pontevedra es un Plan concellos, y el Plan concellos prevé la contratación de personal, y prevé tres líneas, inversiones, amortizaciones y contratos de personal para precisamente garantizar a todos los concellos esa prestación de servicios que es de competencia municipal de forma directa. Por lo tanto aquí, estamos en el viejo debate, que todavía ustedes no han entendido, y que es el debate de la autonomía local y en el que se adentraba ahora mismo el presi, el Vicepresidente, perdón, los concellos deciden, y los concellos deciden en cuanto a la contratación de personal, número y categorías. A mi, sinceramente, de la argumentación que se ha dado por parte del Partido Popular me sorprende un error fundamental, porque la pregunta es, ¿donde se prohíbe contratar socorristas?, en ningún sitio, con lo cuál cada concello decide en estas tres líneas de actuación, primero, que partida dedica a contratación de personal, y dentro de eso decide cuántos contrata y con qué categorías, con lo cuál aquí, ciertamente, no hay ningún impedimento, y a mayores si se ha tomado alguna actitud, si se ha tomado alguna propuesta acción que quiera ser cambiada se puede cambiar. Por lo tanto, entendemos que desde esa autonomía y desde los argumentos que daba el Vicepresidente, que comparto, esta Moción está totalmente fuera de lugar, porque es que además la realidad ha sido otra, consultando nuestros datos en el Servicio de Cooperación ya en año 2017 los concellos de Campolameiro, Covelo y Dozón, pidieron dentro del Plan concellos socorristas para sus playas fluviales o piscinas, y son ayuntamientos del Partido Popular, con lo cuál que aquí se diga y se de a entender que no se pueden contratar socorristas, bueno, pues ciertamente es lo contrario y esta es la prueba. Pero es que en el año anterior 2016 ya lo solicitaron los concellos de Lalín y Salceda de Caselas. Por lo tanto, desde la Diputación se pone a disposición de los concellos y dentro de la autonomía local un Plan concellos que permite perfectamente esto. Porque además fíjense las solicitudes en función de lo que he dicho son precisamente de concellos del interior. Lo que pasa es que detrás de esta Moción hay otra cuestión que se ve perfectamente y es que históricamente los concellos recibieron ayudas para lo que ustedes plantean siempre desde la Xunta de Galicia, y ya que se habla en nombre de los concellos y los alcaldes, y hablamos y recogemos lo que nos dicen, lo que están esperando los concellos es a cuál va a ser la actuación de la Xunta de Galicia, y entonces desde ese punto de vista entendemos esta moción, porque, evidentemente, la Xunta y el Partido Popular tienen un problema y ya se ponen la venda antes de que llegue la herida, y se trata de culpar a otros. Porque lo que sí es también un dato incuestionable es que desde la administración de la Xunta de Galicia lo que se ha hecho ha sido recortar desde años anteriores a años posteriores, y intuyo que por el contenido de esta Moción, y ya se lo anticipo a los alcaldes y alcaldesas, creo que vamos a seguir por el mismo camino. Y aquí es un problema de competencias, aquí es un problema en el que la Xunta de Galicia, como ocurre con Emergencias, como ocurre con centros escolares, no está asumiendo lo que son sus propias competencias. Y, evidentemente, y ustedes lo conocen todos, hay una línea autonómica que les puedo relatar ayudas a entidades locales destinadas a la realización de obras y servicios de interés xeral y social en la que años anteriores había esta línea de ayudas a los concellos específico para esta cuestión. Y no hay nada mejor que un ejemplo, en la mancomunidad del Val Miñor, en el año 2014, se recibieron de la Xunta fondos para la contratación de 21 socorristas y en el año 2016 solo para 15 socorristas, esto es la línea argumental sobre la que voy y sobre la que entendemos que, evidentemente, va a ser peor en el 2017. Conclusiones, flaco favor le hacen a la administración en la que estamos, provincial, de intentar que sean los concellos quienes paguen lo que les corresponde a la Xunta de Galicia. Y he cumplido con el tiempo. Sra. Presidenta.- Pues si, Sr. Font. Descontando los 10, os 10 segundos. Ten a palabra por 3 minutos, agora para réplica, o Sr. Bas, ten a palabra. Sr. Bas Corugeira.- Como sempre, Sr. Font, balones fuera que el tiempo es nuestro. Cando se lle plantexa unha cuestión a este, a esta administración sempre o que ten que axudar é outra, cando non é o goberno central é a Xunta de Galicia. Aquí estamos falando de competencias municipais, e estou falando de enfoques do Plan concellos en positivo, pero o que me está a demostrar outra vez o equipo de goberno, primeiro, que non ten capacidad para xestionar un orzamento en comparación con outras administracións, porque a Deputación da Coruña acábolle de dicir que pon encima da mesa 900.000 euros para colaborar con estos concellos costeiros, ¿xestiona doutra maneira?, ¿xestiona peor?, ¿xestiona mellor?, ¿ten en conta ou non ten en conta as particularidades dos concellos costeiros?, si as teñen en conta. Ustedes no Plan concellos non, falan de xeneralidades, e eu estou con, co voceiro Sr. Mosquera, de que ó mellor hai que contemplar outras singularidades dentro do Plan concellos, claro que si, pero o que fixeron é, bueno, fixemos un traballo, un churro feito e a partir de aí repetimos, dan os cartos e miran para outro lado. Eu o que estou comprobando de esta, de este goberno da Deputación é precisamente iso, que co Plan concellos queren deixar de ter vinculación cos, cos alcaldes e cos representantes municipais, quero dicir, aí tendes o Plan concellos, nós non temos máis que decir para vós. Non, esta administración ten que ser cercana igual aos colectivos veciñais, que non o está sendo, aos colectivos deportivos, que non o está sendo, e ós concellos, que, como decía un compañeiro meu, este é o concello dos concellos. E cando plantexamos un tema non é por entrar en, en gresca entre grupos políticos, non, porque creemos que se pode mellorar a calidade de servicios que estamos prestando nos concellos. E non estamos pedindo nada estrano, porque si o Plan concellos tuvera a cantidade que os gobernos anteriores estaban destinando aos concellos, estábamos falando sempre aquí de 20 millóns de euros máis, non habería este problema e se podería facer esa contratación esa, esa singularidade dentro do que é o reparto deses cartos. As propostas nostras son en positivo, falen con os alcaldes, traten de chegar a un acordo e entre todos nos entenderemos e xa miraredes como encontramos algunha, algunha solución. Non estamos tirando contra os outros concellos, os do interior, si teñen esa singularidade, como decía a miña compañeira, que non estamos contra os concellos do interior, estamos decindo que os concellos pequenos están discriminados aquí, amparándose outra vez no Plan concellos, entón, repito, esto é en positivo, dialoguen cos, cos concelleiros, dialoguen. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, logo ten dous minutos para pechar. Sr. Bas Corugueira.- Moitas gracias Presidenta. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, non é, non pensaba intervir. Mire, floree como floree, ¿entende?, esta administración non fabrica os cartos, ¡eh!, e si temos un orzamento, o que hai, é imposible esas cifras que ustedes inventaron dos cartos de antes, nunca tanto se lle dou ós concellos, nunca tanto, e si quere, ¿a que nos están invitando?, ¿a que nos están invitando?, ¿que quere que fagamos?, que lle pasemos por riba como ó alcalde de Redondela e fagamos, actuemos como Diputación alí, como facía, como se fixo aquí en tempos, ¿que quere?. É que non estamos pasando nin por riba nin por un lado a ningún alcalde, respectamos absolutamente a autonomía municipal, ¿que o que pretende?, exactamente, porque as cousas hai que dicilas clariñas, hai que dicilas clariñas pa que se entenda, pa que se entenda, porque senón non se entende, floréanse, floréanse, o sea, nós abstémonos de que a Diputación interveña na política municipal de cada concello, sea cada concello que decida, que queren que o fagamos, que volvemos atrás, é o que están pretendendo, pois nono vamos a facer inda que o pretenda, ¿vale?, non vamos a dedicar esta institución a caciquear en contra da vontade popular fixada polos veciños de cada concello que elixiron á súa corporación, ¿vale?, como facían ustedes, a ver si nos aclaramos xa. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Font. Sr. López Font.- Estimado alcalde de Redondela me acaba de dejar usted estupefacto, porque si hubiera sido una intervención de un concejal hasta la podría entender, y más si estuviera en la oposición, pero que usted haga aquí un alegato en contra de la autonomía municipal, es increíble, yo creo que el mejor patrimonio que tienen los ciudadanos de toda la provincia es que la Diputación tiene un Plan concellos que da respuesta a las líneas que necesitan los ayuntamientos y que se decide dentro de los ayuntamientos, porque, vamos, si le oyen a usted esto en Redondela me imagino que los ciudadanos de Redondela quedan tan estupefactos como yo. Pero, mire, a ver, dejémonos de bromas, ¡eh!, porque cuando se dice no en positivo, hombre si en positivo siempre es para que paguemos los demás y no a quien le corresponde, que es la Xunta, este un chiste un poquito perverso cuando menos, ¡eh!, entonces aquí no es como siempre, no, no se trata de ayudar, no, no me lo quiera vestir así, yo lo que le estoy diciendo es que usted tiene un error fundamental, es que habla de gestión, habla de si gestionamos bien o mal, y ahora he comprobado que usted no se ha leído el Plan concellos. Es tremendo, ¡eh!, no, no, no, no Sr. Bas, es tremendo, si usted ha leído el Plan concellos y es capaz de defender aquí una moción por la que dice que no se pueden contratar socorristas no ha leído el Plan concellos, no lo ha leído, no lo ha leído, porque lo puede contratar perfectamente, llame a los alcaldes que le he dicho anteriormente de ayuntamientos del Partido Popular y le explicarán porque han pedido contratar socorristas. Y, bueno, ya lo del ejemplo de La Coruña, pues no deja de sorprenderme más todavía, porque, mire, se lo voy a decir muy gráficamente, ya quisieran los concellos de la provincia de Coruña tener una línea tres para contratación de personal como la de aquí, porque allí hay 900.000 euros, Sr. Bas, y aquí hay 9 millones, y aquí en clubs hemos aumentado un 10% como otras partidas que le podría relatar, por lo tanto, ¿qué ejemplo me va a poner?, ya quisieran, se lo digo gráficamente, ya quisieran los concellos de Coruña tener la posibilidad de contratar como se contrata aquí. Por lo tanto, mire, en cuanto a capacidad de gestionar, usted sabrá como gestiona y su equipo de gobierno el ayuntamiento de Redondela, lo que sí es cierto es que aquí dejémonos ya de debates, que queda muy bien de cara a la galería, pero a lo que hay que ir es a las cifras. Yo le invito aquí a que ustedes presenten una moción comparativa de lo que daba el anterior gobierno del Sr. Louzán y de lo que significa el Plan concellos, porque yo a cada visita que voy a un concello la comparativa es más favorable de lo que significa el Plan concellos que de lo que antes se asignaba solo a algunos por parte del Sr. Louzán. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Sr. Bas, ten dous minutos para … Sr. Bas Corugeira.- Ahora me puede poner otra vez el reloj a dos. Ten aí unha compañeira, que si falamos a nivel de xestión, ten unha compañeira de Redondela que sabe como deixou o bipartito o concello de Redondela, case quebrado. Entón, a nivel de xestión o bipartito non pode dar exemplos, non pode dar exemplos. Despois está, claro que me leín, claro que me leín. Sra. Presidenta.- Espere, espere, Sr. Bas. Sr. Bas Corugeira.- Claro que me leín o Plan Concellos, bueno, non está parado, non, eu estou moi tranquilo pero o tempo segue baixando e logo vai a cortar. Moitas gracias. Mire, si me leín o Plan Concellos, lle din cinco voltas que os que me parece que os que non lle deron voltas foron vostedes, que lle están mandando cartas ós clubes deportivos, decindo que se pode cambiar o céspede, cando non é posible, e os informes técnicos dos concellos cando se lles enseñan as cartas que reciben alucinan, só se poden facer determinadas inversións se os titulares dos terreos son municipais, e vostedes están mandando cartas a clubes deportivos que teñen propiedad e titularidade dos terreos, o cal ese erro es lamentable, é lamentable. Entón, quen non le e non sabe as normas que aplican son vostedes, e aquí está unha carta, se quere a prensa lla podo filtrar ou trasladar. Vamos a ver esta super leído, claro que se poden facer contratacións a través do Plan Concellos, claro que si, e pediría respecto, Sra. Presidenta, ¿ou que?, claro que se poden facer pero o que non chegan son os cartos, Sr. Font, que reduciron en 20 millóns os cartos. Eu pediría, Sra. Presidenta, que me deixaran intervir estou no turno de palabra e non creo que interrumpira eu a ninguén. Sr. Mosquera, claro que non saben xestionar, está claro que non saben, nós si saberiamos atender ás cantidades que están poñendo vos, vostedes, ao Plan Concellos, máis este tipo de xestións excepcionais seríamos capaces e o estamos demostrando, o Partido Popular a nivel de xestión está demostrando esa capacidad, o bipartito non pode dar exemplo diso, o bipartito non pode dar exemplo diso, que tanto na Xunta, como eu, teño a experiencia do concello de Redondela, foi nefasta, nefasta. E non digamos xa a nivel nacional a falcatruada do Sr. Zapatero, tamén do Partido Socialista, por favor, non me falen de xestión, non me falen de xestión. Sra. Presidenta.- Rematou, rematou o seu tempo. Lle prego, por favor, lle prego á xente do público que pode estar aquí, estamos encantados e lle agradecemos moitísimo que estén, que manteñan o silencio porque os chillidos e os gritos xa o está vendo a xente no, na súa casa que esto se transmite por streaming, e xa a xente escoita e ve os modos e as formas, e as descalificacións, así que, por favor, deixen que, a xente é moi intelixente na súa casa e xa valora moi ben o que escoita. Así que vamos a poñer a votación esta Moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando a creación dunha liña de colaboración cos concellos para a contratación de socorristas nas praias. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada por 14 votos en contra e 13 a favor. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e cos votos a favor do PP e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando a creación dunha liña de colaboración cos concellos para a contratación de socorristas nas praias. 5.6951.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO PARA A PRESERVACIÓN DO CASTRO MONTEALEGRE (DOMAIO-MOAÑA) Sra. Presidenta.- Pasamos ao punto 5 da Orden do día. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego para a preservación do Castro Montealegre, Domaio-Moaña. Xa ten a palabra o Sr. Leal Fariña. Sr. Leal Fariña.- Bo día a todos e a todas. En primeiro lugar, indicar que aínda que a propia nomenclatura desta Moción fala do Castro de Montealegre de Domaio, en Moaña, pois eu creo que é unha cuestión extensible ó que, ó que é a todos, a todos os proxectos que se desenvolven pois por toda, por toda a provincia e por todo o país i que afectan, i que afectan ó noso, ó noso patrimonio. En este caso, en este caso pois, nos vamos circunscribir a unha cuestión moi de actualidade que, que se desenvolve, pois, a raíz do propio desdobramento do corredor do Morrazo para a súa conversión en autovía, pois, pois neses, neses traballos que se viñeron desenvolvendo pois pola Axencia Galega de Infraestruturas, pois tívose que facer unhas escavacións como ben marca, como ben marca a lei i como, i como é perceptivo por tratarse o Castro de Montealegre, esa zona, pois, unha zona de, catalogada como ben de interese cultural pois tiveron que facerse unhas escavacións pois, nas que, nas que dende o pasado mes de maio, pois se, pois se, se atoparon pois restos de gran, de gran valor, de gran valor sobre, sobre a idade, a idade de ferro, e un pouquiño se puxo aínda mais en valor un espazo que xa fora, que xa fora escavado no seu momento nos anos, nos anos 20 do pasado século pois por, por xente coma Losada Diéguez. Entón, en este aspecto, pois houbo unha, un clamor popular, xa non só da, do tecido asociativo de, do concello de, de Moaña sinón de, de toda a comarca do Morrazo, incluso de moitas persoas doutras vilas próximas en non tan próximas, acompañado por un, por un apoio das, das administracións locais de cada, de cada un dos concellos da comarca do Morrazo, pois esta Moción similar, pois foi aprobada tamén nos concellos de Moaña, Cangas, Bueu, Marín e Vilaboa e incluso, para comentarios dos señores do PP, algún, algún concello do PP pois foi aprobada incluso por, por unanimidade, ou sexa que, non é unha cuestión partidista nin moito menos. I si que, o que se fai fincapé pois nesta, nesta moción é en instar a que a Xunta de Galiza pois que as súas competencias na preservación do patrimonio exerza como debe exercelas, con seriedade, con rigorosidade, i sobre todo tendo en conta que, que os bens patrimoniais unha vez que se perden, unha vez que se afectan, pois non, por desgraza, pois non se poden, non se poden recuperar. Entón, en este aspecto pois xa a propia sociedade a través de diferentes colectivos, que se levan manifestando, apoiada pois nos diferentes concellos, tanto, sobre todo do Morrazo. Tamén, incluso, pois esta cuestión saíu no, no Parlamento de Galiza, a través dunha, dunha pregunta da parlamentaria do BNG, de Montse Prado, pois siguen pulando pois para que, para que a Axencia Galega de Infraestruturas modifique o trazado que ten previsto para, para o desdobramento do corredor, no caso do túnel de, de Montealegre pois para evitar a afección tal como se vai, como se pretende facer do citado castro. Entón eu neste, neste aspecto, creo que é unha batalla que se está dando dende a sociedade i que, i que os estamentos, as institucións a nivel local, pois, se están posicionando a favor da mesma, que, que é como debe de ser, i eu creo que esta administración pois como unha administración que, que se, que se caracteriza pois por defender a autonomía dos concellos i por, i por realmente pois potenciar o que é, o que é a súa labor en común. Eu creo que, que cinco concellos pois plantexen xa á propia Xunta de Galiza, pois que, que haxa esa modificación do trazado do, do túnel para salvagardar este castro, eu creo que xa é un, xa é un motivo suficiente pois para ver o empaque que pode ter esta, esta proposta e sobre todo para ver que, que é unha cuestión que pode ser asumible pola administración, que, que debe, como ben dicía antes, en primeiro lugar, velar pola, pola conservación do, dos bens de interese cultural, está, está obrigada pola propia lexislación, i debería estar obrigada moralmente, i eu creo que conseguir o apoio, o apoio aquí desta, desta Deputación como foi o apoio popular ou como foi o apoio nos, nos concellos do, da comarca do Morrazo, eu creo que sirve un pouco, pois para poñer en alerta á Axencia Galega de Infraestruturas, pois para que vexan que realmente hai, hai preocupación i moi fonda na sociedade, pois porque, porque estes vestixios que temos do, do pasado poidan desfrutarse tanto agora no presente, como sobre todo que as xeracións futuras coñezan algo que non, que non o leve por diante unha autovía. Moitas grazas. Sr. Jácome Enríquez.- Si. Bo día, outra vez. Totalmente de acordo coa exposición de motivos, cos acordos contidos na Moción e coa intervención que acaba de facer o deputado de Cultura. Estamos falando dun cacho de nós, as galegas e os galegos, que non podemos permitir que por unha simple cuestión económica quede condenada á destrución. Non podemos considerar a nosa historia, o noso pasado, como un obstáculo para o progreso, senón como parte que é de nós, protexelo conservalo e poñelo en valor, pra, coñecéndoo, saber que moitas e moitos estiveron aquí antes e que temos a responsabilidade de que as xeracións que veñan despois podan admirar a nosa historia, que nunca máis tiñamos que contarlle ás nosas fillas e fillos que en ese lugar estaba o noso pasado e que agora só hai piche. Imos a apoiar, e faltaría máis, esta Moción. Grazas. Sr. Sotelo Villar.- Bos días, Sra. Presidenta, señoras e señores diputados. Desde o Partido Popular entendemos que o progreso nin debe nin pode estar pelexado coa conservación do patrimonio. I o caso que hoxe nos trae aquí creo que é un exemplo, Montealegre, o Castro de Montealegre, como ben dixo o señor deputado responsable de Cultura, pois é un poboado castrexo, que ten unha serie de singularidades, é certo, está nun outeiro preto do mar, foi dos primeiros escavados en Galicia, ten incluso mesmo nese entorno petroglifos que están catalogados como BIC xa desde o ano 1974, que participou nesas escavacións de principios do século vinte, Antón Losada, en definitiva, tamén hai que dicilo, a pesar de esa importancia estivo abandonado ata o ano 2003, esa é a realidade. E coas, inicio, co inicio das obras do corredor no ano 2003, e a pesar dese túnel efectuado, creo que as estruturas, as murallas, os fosos, os aterrazamentos, creo que están en perfecto estado sobre todo na súa zona norte. Por eso decía ó inicio da miña intervención, que a conservación do patrimonio non debe estar pelexado co progreso. A incidencia mínima que pudo ter, e as tuvo, e non o vamos a negar, esas obras do corredor do Morrazo creo que foron ampliamente compensadas cos datos que se, extraídos, cos datos extraídos desas escavacións arqueolóxicas que naquel momento se fixeron. Seguramente, sinón fora así, sinón se fixeran esas obras, pois hoxe non conoceríamos, coa exactitud que hoxe coñecemos as peculiaridades, a forma de vivir dos habitantes dese poboado. Pero, claro, lendo a Moción parece que, que a Axencia Galega de Infraestrutura por donde pasa arrasa, i eso non é certo, parece que quere eliminar o Castro de Montealegre, e eu creo que nada máis lonxe da realidade. O único que está a facer a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Axencia Galega de Infraestruturas, que é a promotor destas obras de desdobramento, é cumplir cun compromiso que ten cos veciños do Morrazo, que é que se desdoble ese corredor que pase a ser autovía tal e como esiximos os que a diario pasamos non unha, senón, ás veces, múltiples veces por ese, por esa futura autovía, tanto para ir a Vigo como a Pontevedra, Ourense ou a onde queiramos ir. E queremos facelo con, con seguridad, hai aquí tres partes da moción, os tres primeiros puntos, bueno, instar á Xunta que leve a cabo un estudo profundo do castro, ¡hombre!, como sinón o estuvera a facer, como sinón se estuvera a facer; que se manteña intacta a estrutura das construcións castrexas, que se aplique o rigor e a esixencia por parte, ¡hombre!, eu creo que a dirección xeral de patrimonio está, se está cumplindo estritamente as directrices que lle encomendan, pero claro, falar a estas alturas de instar á Xunta á modificación do proxecto, ¡hombre!, entendo que en este momento é totalmente inviable, e o que teñen que dicir é claramente queren ou non queren que se desdoble o corredor. Sabe que non se pode ir máis hacia ó norte, que esa é unha das alternativas que propoñen, porque había un antigo vertedoiro e xa sabemos que, bueno, pois incluso está recollido no estudo feito en agosto do 2001, o estudo de declaración de impacto ambiental, determinou que non é posible entre os quilómetros 1 e 5 ningunha variación, por ese motivo que lle estou a contar. Insisto, e me consta que se está a facer e se vai a facer todo e máis pola conservación deste poboado, mesmo nestes días si pasa en dirección hacia á ponte, pois, hai un penetrómetro estudiando, bueno, esa viabilidad posible para non ter que facer outro, outro túnel, pois a posibilidade de ampliar o existente, se está estudiando, é dicir, que en este momento se está estudiando todas as posibilidades, e hai un compromiso claro tanto da Consellería, medio segundiño, medio, quería dicir simplemente que hai un compromiso claro, tanto da Consellería de Infraestruturas como da Dirección Xeral de Patrimonio, sabemos que se cumprirá, pero creo que O Morrazo necesita esta autovía, e insisto como, remato como iniciei, creo, creo, i en este caso estou convencido que o progreso non ten porque estar pelexado coa defensa do patrimonio. Moitas gracias Sra. Presidenta. Sr. Leal Fariña.- Paréceme moi ben todo o que acaba de expor o Sr. Sotelo, que ten, coñece moi ben a zona i sei que, sei que como, como sendo como foi alcalde de, de Cangas, pois debería ter tamén ese, ese respecto polo, polo seu patrimonio, porque é un concello que goza de moito, de moito patrimonio. Quería indicarlle por unha banda que, que a defensa do patrimonio non ten nada que ver co, co progreso, é máis, eu creo que non hai maior progreso que a defensa do noso patrimonio, i ese debería ser unha, unha constante que deberíamos ter todos e todas na nosa acción política, i o que, i o que non entendo, bueno, non sei se van a votar a favor ou en contra, iso xa é o, iso xa é o primeiro, pero, pero sobre todo non entendo que digan que, que se están facendo, que dende Axencia Galega de Infraestruturas se está traballando, pois, para buscar unha alternativa i por outra banda pois plantexe de que non se pode variar o trazado, ou sexa, alternativas técnicas, eu creo que, sobran técnicos capacitados para poder desenvolvelas, para iso están i o que hai que ter é moitas veces é vontade política, pois, pra que, pra que se podan, para que se podan executar. Eu sei que aínda pois hai uns días o, representantes do, do concello de Moaña e de, e diferentes colectivos pois si que se presentaron unha serie de escritos aquí na, na sede da Xunta aquí en Pontevedra i, bueno, incidían entre outras cuestións, xa que vostede sacou a colación, o tema do estudo, do estudo ambiental de 2001, que incluso pois na opinión, na opinión do que eles presentaban no escrito non se estaba respectando ese, ese estudo ambiental nestes novos traballos. Entón, si nos vamos a basear en un estudo que non se está respectando eu creo que tampouco é moi, é moi lóxico. De todas formas, eu creo que nas súas palabras tampouco fala de que, de que a Xunta quera deixar tirado o Castro Montealegre, me parece moi ben, me parece moi correcto que a Xunta teña, teña esa preocupación, porque é a preocupación da cidadanía, é a preocupación do Servizo de Patrimonio da Xunta, que sei que, que ó fin e ó cabo son, son as persoas que, que dentro da, da administración galega, pois, velan por, velan por manter este, esta, esta nosa cultura, pero eu creo que, que, bueno, que hai que, que hai que facer que as administracións se mollen i intenten, pois, buscar tódalas formas habidas e por haber que sempre, que sempre pode haber fórmulas, pois, para poder preservar o que, o que entende a cidadanía que se debe, que se debe preservar. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Leal. Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Brevemente. Mire, Sr. Leal, vontade política creo que toda, parar o proxecto eu creo que nin o BNG quere se pare. Pero tamén creo que deben aclararse dunha vez, si consideran que é posible reducir a afección ao Castro a costa dun tramo que quede en doble sentido, imagínese que chapuza sería deixar o corredor, porque coa explanada, a explanación xa está feita practicamente nun 80%, i chegar a ese túnel i deixar, bueno, pois o funil que quedaría, un funil peligroso de conexión coa autoestrada, creo que eso, sinceramente, pois non se pode facer. Alternativas, ¡hombre!, eu fixen referencia a esa variación que parece ser que alguien propón de correr o traxecto final hacia o norte. Pero, insisto, tal e como se recolle nese estudio de declaración ambiental de, si, ten quince anos hai que dicilo, pois entre os tramos quilómetro un e cinco non é posible, non é posible porque hai, entre outras cousas, un antiguo vertedoiro nesa situación. Polo tanto, creo que en tódalas fases tanto de redacción do proxecto como, por suposto, de escavacións, se recabou o preceptivo informe da Dirección Xeral de Patrimonio, que esas directrices que a Dirección Xeral de Patrimonio deu en todos estas actuacións se están levando a cabo, actuacións, por suposto, que o que trata, pois a Dirección Xeral de Patrimonio, obviamente, pois é minimizar o posible impacto. I, insisto, creo que de afectar, que esperemos que non afecte, sería unha mínima extensión i creo que coas medidas que se adoptaron, tal e como a min mo explicaron, o Castro vaise salvar na súa integridad. E tamén digo con, coa misma vehemencia, pois que xa nos gustaría que, aproveito que, que como se suele decir o río pasa por, ¿no?, o Pisuerga pasa por Valladolid, pois que se tuvera, que esta Diputación pois tivera a misma sensibilidade con outros poboados castrexos, como ten neste caso, vai a ter, obligarémoslle entre todos que o teña a Xunta de Galicia, xa me gustaría a min que noutros poboados, que todos coñecemos, vostede e máis eu seguramente coñecemos máis por o miúdo pois tuvera a mesma sensibilidad que está a ter a Xunta de Galicia con este Castro. Vamos a votar en contra, non porque non estemos de acordo cos tres primeiros puntos, que si estamos de acordo, pero entendemos que se cumple, o que si non estamos de acordo é co último punto que se modifique. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Sotelo. … do Bloque Nacionalista Galego para a preservación do Castro Montealegre, Domaio-Moaña. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobada por 15 votos a favor e 12 en contra. O Pleno, visto o ditame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) e cos votos en contra do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego para a preservación do Castro Montealegre (Domaio-Moaña). Dita Moción é como segue: “XUSTIFICACIÓN DE MOTIVOS É unha realidade que a Cultura Castrexa, entendida como conxunto de comportamentos técnicos, sociais, artísticos, económicos e relixiosos que caracterizan unha sociedade humana concreta, supón a etapa da protohistoria do que hoxe é Galiza. Son moitas as manifestacións desta cultura que podemos atopar ao longo do noso territorio e mesmo en zonas do norte de Portugal e oeste de Asturias. Polo que a súa conservación e estudo, supón avanzar no coñecemento do que hoxe somos. A comarca do Morrazo e a provincia no seu conxunto contan con varios asentamentos desta cultura, sendo un dos máis importantes o Castro de Montealegre-Domaio, non só porque foi un dos primeiros escavados e publicados cientificamente en Galiza, senón tamén pola súa tipoloxía, pola súa situación xeográfica; polos seus petróglifos e, moi especialmente, pola conservación excepcional dalgún dos restos mobles atopados. As obras que se están a executar pola Axencia Galega de Infraestruturas no desdobramento do Corredor do Morrazo, en concreto no subtreito-1, e que afectan de cheo ao Castro, están a xerar un gran descontento entre a veciñanza de O Morrazo e doutras zonas da provincia e de Galiza. Nese aspecto as corporacións de Moaña, Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu adoptaron cada seu acordo apoiando a preservación deste emblemático ben, polo que este organismo que ampara as súas decisións na autonomía municipal debe apoiar estas reivindicacións. Para os veciños e veciñas de O Morrazo e extensión de toda a provincia resulta intolerable que se poida desbaratar un dos bens de máis valor do noso patrimonio cultural. Dando constancia da súa importancia os numerosos obxectos que se atoparon durante as diferentes escavacións realizadas. A Deputación de Pontevedra como organismo implicado na protección do noso patrimonio cultural esiximos que as actuacións que se leven a cabo no Castro -xunto a outras futuras que se poidan desenvolver na provincia por parte da Xunta de Galiza- só deben ir encamiñadas a súa catalogación e conservación e, ademais, deben rematar coa posta en valor do mesmo para o uso e gozo da veciñanza e das persoas que nos visitan. ACORDO 1° Instar á Xunta de Galiza a que leve a cabo un estudo profundo do Castro, ampliando ao máximo a zona de análise e excavación, co único fin de catalogar e protexer tan valioso ben. 2° Que se manteña intacta a estrutura das construcións castrexas. 3° Que se aplique o rigor e a esixencia por parte do organismo autonómico que ten por finalidade velar polo mantemento e conservación do noso patrimonio, especialmente cando se trata de protexer un ben cuns valores históricos, artísticos e etnolóxicos tan importantes como os do Castro de Montealegre de Domaio (Moaña) e outros moitos da nosa provincia. 4° Instar á Xunta de Galiza á modificación do proxecto presentado para a ampliación do corredor do Morrazo actual no traxecto que afecte á zona do Castro de Montealegre, e que se teñan en conta en futuras actuacións ao longo da provincia o mesmo criterio de protección do noso patrimonio.” 6.6952.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR POLA QUE SE SOLICITA A MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-6201 RODEIRO-VILELA Sra. Presidenta.- Pasamos ao punto 6 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular pola que se solicita mellora da estrada provincial EP-6201 Rodeiro-Vilela. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si. Bos días. Como ben se decía antes aquí o Partido Popular presenta mocións de concellos de costa, presenta mocións de concellos do rural e presenta mocións donde nos demandan e nos piden os veciños e as corporacións. En este caso, pois toca falar, pois dun concello do interior da provincia e dunha estrada que é a de Rodeiro-Vilela, que fai unha función moi importante porque non deixa de ser a vía principal de entrada e saída entre o concello de Rodeiro e a provincia de Lugo. Logo nós o que vimos a propoñer nesta Moción é que por parte da, da Deputación de Pontevedra se leve a cabo o proxecto de mellora de seguridade viaria para arranxar a estrada de Rodeiro-Vilela a seu paso polo concello de, de Rodeiro e do mesmo modo que o proxecto de mellora contemple tamén a retirada do actual aglomerado mediante o fresado nos núcleos do Río Ermida, e de maneira que se eviten, sobre todo, os asolagamentos nas propiedades situados a carón da estrada. Tamén recordar e poñer en situación que esta estrada, pois, comunica distintas áreas e distintas industrias, e distintas, dalgunha maneira, empresas, que se dedican pois en este caso a, na materia de criar distintos animais e, sobre todo, que utilizan para, para o seu día a día o que son os vehículos pesados, logo, é unha carretera dalgunha maneira que conxuga o transporte de vehículos o transporte de peatóns e sobre todo tamén tractores agrícolas e vehículos pesados. Logo nós desde aquí o que vimos a dicir é, que é unha infraestrutura moi importante, que é unha obra que xa demandou o seu alcalde varias veces, que fixo varias peticións e, en este caso, a día de hoxe pois non recibiron resposta. Aquí se decía antes que por parte da Diputación se iba a estar, se iba a ter en conta o que era as peticións dos alcaldes e que se iban a facer as obras pois sempre escoitando aos alcaldes e ás corporacións locais, neste caso hai unha petición formulada, hai distintas solicitudes por parte do alcalde e nós entendemos que é unha infraestrutura, unha obra importante e que se lle debería dar resposta para solucionar este problema e, sobre todo, para mellorar que ó final é ó que estamos todos aquí, para mellorar o día a día destes veciños do concello de Rodeiro. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Moldes. Señor ... Sr. Benítez Fernández.- Bos días a todos e a todas. O Partido Popular na miña sincera opinión creo que aínda non se deu conta de que non goberna esta institución, despois de dous anos que xa pasaron, e claro, como gobernaba de xeito total e absolutamente partidista fai a oposición dun xeito total e absolutamente partidista. Non é certo que traemos mocións aquí de calqueira, de calqueira concello, polo que ó final nos limitamos a traer as mocións con criterios partidista dos concellos que, que queremos, ¿non?. I eu, como esta é unha moción clásica do Partido Popular, e xa o temos dito aquí noutras, noutras mocións do mismo estilo, vou a responder moi brevemente, ¿non?, i con tres puntos. Primeiro, quero aclarar de que o alcalde de Rodeiro nunca se dirixiu ó Servicio de Mobilidade a solicitar nestes dous anos ou menos de dous anos no que nós temos xa responsabilidade de gobernar, nunca se dirixiu ó Servicio de Mobilidade a solicitar tal demanda desta estrada, a min non me consta. De 61 concellos, de 61 concellos da provincia eu recibín a 51 alcaldes, hai 10 que non solicitaron nunca ningunha reunión comigo para presentar demandas, entre eles atópase este concello de Rodeiro, hoxe preguntei en Rexistro, preguntei e non hai constancia ningunha desta demanda, eso en primeiro lugar. En segundo lugar, quero dicir que estamos traballando nun plan global de renovación de firmes das estradas, porque, evidentemente, a nivel xeral e despois dun análise xeral das estradas, as estradas están mal, nolas deixaron mal, porque como sabedes e como plantexades a renovación de firme o firme non se estropea en dous anos, senón que é un problema moito máis xeral de non ter un sistema de conservación integral das estradas, i estamos facendo, estamos traballando nun plan global de renovación de firmes que se vai a facer atendendo a criterios técnicos, a criterios técnicos e non criterios partidistas, é dicir, se analizarán as, as estradas que temos i se actuará en función da disponibilidad orzamentaria nas que estean en peor estado i tamén se atenderá a criterios de, de eficiencia tendo en conta a intensidade de vehículos que pasan por cada unha das estradas e, polo tanto, o uso de cada unha das estradas. I en terceiro lugar, e remato xa, decir que para este goberno a conservación das estradas ten que funcionar con criterios técnicos i dende logo todas estas mocións que son a golpe de criterio partidista vamos a votar sistematicamente en contra, porque entendemos que non ten fundamento ningún de que, porque o Partido Popular veña aquí a defender unha demanda dun concello dun alcalde onde goberna pois teñamos que actuar en consecuencia. Vamos a actuar en consecuencia no que é na conservación das estradas, con criterios técnicos, dun xeito global i atendendo á interese xeral e non á interese partidista. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Benítez. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si. Eu sólo lle digo que permítame que dude, permítame que dude porque si vamos aos antecedentes, cando vostede me di que non hai ningunha petición, si quere nos remitimos ao pasado pleno, no pasado pleno lle preguntaba por outra infraestrutura parecida aquí no caso de Rodeiro, lle decía, por exemplo, si na Avenida Rocafort tódolos terreos estaban a disposición da Diputación, usted me dixo que si, recalqueillo, lle preguntei, ¿están ó 100%?, usted me dixo que si e resulta pois é que no, porque no turno de preguntas llo preguntarei, que usted me aclare a ver quen minte si usted ou o alcalde de Sanxenxo, pero resulta que no. Logo, permítanlle, permítame que dude cando vostede di que neste caso que non hai petición, permítame que dude, eu creo que si hai petición do alcalde de Rodeiro. E despois, eu creo que abusa demasiado dos criterios técnicos, sempre xustifica todo con criterios técnicos, eu onte escoitaba nos medios de comunicación incluso que lle, lle chegaba a chamar a un alcalde novato casi xustificando con criterios técnicos, ás veces tamén está o sentido común. Vostedes entraron aquí nesta casa decindo que iban a escoitar a todo o mundo, e resulta que se enfrontaron a todo o mundo, só lle falta enfrentarse ás persoas de limpieza que, por certo, o fan moi ben, pero só lle falta enfrentarse ao persoal de limpieza desta casa, porque cando o di o Partido Popular está moi ben, porque nós, claro, somos hooligans se nos tal, se nos tacha de todo tipo, se nos insulta, pero é que vostedes ahora xa se enfrontan case ós seus, porque están falando dos da súa familia, e a min non me gusta meterme en problemas de familia, pero lle recordo, que neste caso, no caso de Sanxenxo, vostedes gobernan con ese alcalde, moi, nada sospeitoso de ser do Partido Popular en este caso, ¡eh!, creo que non é do Partido Popular. Vostedes forman parte dun tripartito, logo, a ver, podémolo trasladar a Rodeiro, vostede me di que o alcalde, eu lle digo que si, que o alcalde fixo a petición, vostede me fala de criterios técnicos, eu lle falo de sentido común, non se enfrente a todo o mundo, non lle chame novato a un alcalde, ¡home!, que ten os votos de, dos veciños e o apoio do Bloque incluso. Logo algo pasa, algo pasa e algo vostedes están facendo mal, que se enfrenten a nós xa está moi ben, que nos insulte, xa estamos acostumados, pero que ahora xa insultan a os seus, xa se enfrontan ós seus e xa critican ós seus. Logo, reflexionen, esta casa nunca tanto líos tuvo como desde que vostedes están no goberno. Vostedes chegaron aquí dando exemplo de todos, chegaron a parar obras dicindo que se paraban as obras por non ter terreos, pararon proyectos xustificando que non tiñan terreos, e agora resulta que cando vostedes inician nos chegan a mentir nun pleno que nos din que teñen os terreos e non teñen os terreos. Vostedes din que escoitan a todo o mundo e resulta que se enfrentan a todo o mundo, din que escoitan aos alcaldes e lle chaman novatos ós alcaldes, reflexionen, ¡eh!, porque cando, non sempre a culpa é dos demais, logo todos temos que facer autocrítica, incluso nós, pero vostedes tamén. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Moldes. Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- A ver, de verdade que a min os técnicos me dixeron que a estrada de Rodeiro estaba, tiña deficiencias e había cousas que mellorar, pero dende logo coa súa intervención, ca intervención que acabo de ter, creo que é moi clarificadora de que lles importa nada o tema de Rodeiro, porque dos 3 minutos de réplica acaba de adicalos a outro tema que non era o debate en cuestión, co cal esa é a importancia que lle dá o Partido Popular á estrada de Rodeiro. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias señor, Sr. Benítez. Eu só quería decir unha cousa, Sr. Moldes, o Sr. Benítez foi absolutamente preciso na resposta á súa pregunta e dixo, “o ámbito do proxecto, os terreos pa o ámbito do proxecto están a disposición no 100%, non nas alineacións urbanísticas que é outra cousa”, si usted escoitou ou quixo escoitar outra cousa, mire, mire a acta e véxao, foi absolutamente preciso, unha cousa son as alineacións urbanísticas e outra cousa é a estrada provincial e o proxecto que se está facendo, e deso que monte unha, esta interpretación parece un pouquiño, un pouquiño fóra de lugar, pero bueno, en todo caso procedemos. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si. Eu non tiña pensado ahora falar do que vostede di, pero bueno, eu si collo as súas palabras, unha das súas xustificacións para paralizar este proxecto decía, que os terreos que se puxeron a disposición non cumplían coas alineacións, eso foi no seu día e resulta que agora vostedes están facendo unha obra, que nós lle preguntamos o otro día que si tiñan o 100% , e resulta que ahora non o teñen, e resulta que nos di que non cumplen coas alineacións do Plan xeral, eso foi unha xustificación súa para paralizar este proxecto, e resulta que ahora vostedes inician esa obra co que antes vostedes criticaban. Nos estamos perdendo, simplemente señor ... Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señor, señor, Sr. Moldes, simplemente usted quixo chamar mentireiro, ¿enténdeme?, cando lle contestou precisamente, nona lie, xa sei que ten unha ilusión loca por líala en Sanxenxo e foron os seus os que a liaron en Sanxenxo, pero non é o debate ahora, céntrese no debate, por favor. Sr. Moldes Martínez.- Si, si. Eu me centro sin ningún problema, quen me interrumpíu foi vostede. Nós o que propoñemos aquí está moi claro, que é unha actuación na carretera de Rodeiro-Vilela. E desde aquí lle pedimos ao señor, en este caso, diputado de área, ó Sr. Uxío, que revise si existe esa solicitud ou non, e sobre todo pois que aplique ese sentido común, que se poña en contacto con este alcalde e sobre todo, en este caso, lle propoñemos que esa boa disposición que co seu voto, ou que vote a favor ou que se absteña, e que abra esa man hacia os veciños de Rodeiro para poder estudiar esa actuación e poder levar a cabo esa obra. Sra. Presidenta.- Bien. Rematado o debate sometemos a votación a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular pola que se solicita a mellora da estrada provincial EP-6201, Rodeiro-Vilela. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, 12 a favor e unha abstención. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) pola que se solicita a mellora da estrada provincial EP-6201 Rodeiro-Vilela. 7.6953.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR INSTANDO Á PRESIDENCIA A IMPULSAR AS OBRAS EN ESTRADAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL, ASÍ COMO EXECUTAR OS PROXECTOS PARALIZADOS POLO ACTUAL GOBERNO Sra. Presidenta.- Pasamos ao punto 7 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular instando á Presidenta a impulsar as obras en estradas de titularidade provincial, así como a executar os proxectos paralizados polo actual goberno. Sra. Arévalo Gómez.- … Presidenta, deputados, deputadas e público. Eu quería comenzar esta intervención facendo un resumen do que significa esta foto, que esta é unha foto de sete estradas, sete estradas paralizadas por este goberno, e que esto vén a ser a foto perfecta do que é o seu goberno, o goberno dos dous anos de Carmela Silva. Mire, levamos meses, eu lle pido silencio ó público, porque molesta bastante a verdad, levamos meses recollendo actas das xuntas de goberno donde vostedes se dedican, pois, a anular obras, obras contratadas, aprobadas, a piques de comenzar, indemnizar empresas, paralizar proxectos, esa é a realidade súa. E inda que o tempo que teño é moi escaso, me dá igual, vou a nomealas todas as obras que vostedes teñen paralizadas, que suman 7 millóns de euros, ¿como lle chaman vostedes a eso?. Rebón-Moraña, oitocentos vinte e seis, sete mil euros, paralizada, anulada; Ronda leste Pontevedra, dous millóns catrocentos mil euros, paralizada, anulada; Mosteiro-Arcos-Meis, trescentos cincuenta e sete mil euros, paralizada, anulada; Coirón-Ribadumia, cento noventa e dous mil euros, paralizada, anulada; Xesteira-Almofrei-Cotobade, seiscentos oito mil euros, paralizada, anulada; Baión-András-Vilanova, un millón setecentos mil euros, paralizada, anulada; O Viso-Hío-Cangas, un millón de euros, paralizada, anulada; por non falar do que está pasando nunha estrada en Gondomar ou do que pasa en Concepción Areal na Guarda ou en Rodeiro, é un largo etc. Como non vamos a presentar unha moción deste tipo nós, dende logo que si continuamos esperando no tempo en vez de traer 7 millóns de euros paralizados traeriamos máis, pero nos pareceu que xa era o momento de dicirlle á cidadanía o que está pasando en esta casa, claro que non é serio Sr. Mosquera, o escoitaba eu antes falando co compañeiro, claro que non é serio, esto si que non é serio, que vostedes paralicen 7 millóns de euros sin argumentos. Mire, aquí non hai ningunha legalidade da que vostede pretenden transmitirlle á cidadanía, aquí o que hai é falta de xestión, eso é o que hai aquí, anulan 7 millóns de euros sen ningunha alternativa, sin ningún diálogo cos alcaldes, eso é a realidade e esa é a paralización. Esta voceira e un montón de persoas deputados que están aquí comigo en ocasión falábamos da súa paralización e vostedes votaban as mans á cabeza sempre, de, ¡of!, que o Partido Popular coa súa historia, a suerte é que o tempo e os acontecementos nos van dando a razón. Este é o maior dos argumentos 7 millóns de euros paralizados en dous anos, mentras antes había proxectos, había xestión, había un goberno que dirixía claramente esta casa, había un proxecto claro. Ahora o que hai é firmas de paralizacións, firmas de anulacións, é que vostedes non saben por donde anda, pero eu súmolle a estes 7 millóns de euros, súmolle 5 que vostedes disminúen na partida de infraestruturas, que son 12 o total, e saben unha cousa, resulta que en este departamento cada vez hai menos cartos, pero cada vez hai máis técnicos e cada vez hai máis directores, eso é o que máis nos sorprende, e por cento, por certo, falando de falta de cartos que falaban por aí antes, si teñen 7 millóns de euros paralizados, ¿a donde van eses fondos?, ¿a donde van os fondos que tiñan nome e apelidos?, ¿a donde se destinan eses fondos?. E falando dos técnicos, esa é a política do bipartito, persoal, persoal, asesores, de nove pasamos a dezasete asesores, aí si que vostedes saben invertir os cartos. Mire, Presidenta, vostede ten unha hipoteca imposible de pagar, eu recordo as súas palabras cando a nomearon Presidenta os deputados que están aí sentados, que o primeiro que fixo foi agradecerllo, normal que llo agradecera, pero resulta que vostede pois é unha Presidenta limitada, que está limitada a firmar anulacións, a firmar paralizacións e o que lle pedimos desde aquí é que goberne dunha vez, que tome as riendas e que dunha vez por todas poña a esta Deputación a gobernar, a andar e deixe de firmar paralizacións. Me gustaría que me digan argumentos, ¿que argumentos teñen para paralizar estas obras?, ¿que argumentos teñen?, pero ¿como é posible que?, é que non hai unha acta de replanteo, pero, ¿como é posible que faltan informes de Patrimonio?. Oigan, ¿vostedes nunca gobernaron?, vostedes de verdade non saben que eso non é un motivo para paralizar unha obra, pero o que é máis triste xa, pois é cando falamos de que por unha estrada como a de Vilanova, que esta aí o seu deputado, e non sei o que lle dirá ós veciños de Vilanova cando dice que como pasan menos de 500 vehículos día non se pode facer, é que non teñen dereito os seus veciños porque teñen un concello no rural ou porque teñen unha estrada de menos de tres mil ... Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Arévalo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Eu, en primeiro lugar, teño que felicitar á Sra. Presidenta por ter traído a esta institución a orde, a norma, a corrección administrativa e a equidade, e si para eso temos que, o goberno en conxunto, paralizar obras, paralizámolas, ¿vale?, pero para un bo fin, non, como por exemplo, eu entrei nesta casa no ano 91 e ó primer pleno veu unha expropiación dunha obra que era en Perdecanai que inda hoxe esta sen rematar, que vamos rematar este goberno, trinta anos, trinta anos, ¿vale?. Polo tanto, por favor, de leccións de este tipo nada de nada, de todas as maneiras agradézollo moito a preocupación que ten polo concello de Pontevedra e polo seus cartos porque mete nos 7 millóns un e medio que pon o concello de Pontevedra, agradécello o concello moitísimo, pero non o necesitamos, ¡eh¡, non o necesitamos. Mire, ustedes cren que a esta altura, e tomen nota, por exemplo o que dixo o Sr. Sotelo, se pode adxudicar unha obra sen un informe de Patrimonio, pois fixérono, ¿vale?; ustedes cren, por exemplo, que se poden facer cacicadas do calibre de que unha urbanización con beirarrúas e demais pague todo a Deputación e se adxudique despois de que perdan as eleccións, a un concello seu, ó resto non llo fixeron, nin dos seus, como á de Meis, por exemplo, ¿usted cre que se pode facer eso?, sin terreos e o que sea a, política de terra queimada, porque estamos falando curiosamente toda, de todas obras adxudicadas, a un proceso de adxudicación desde que perderon as eleccións hasta a toma de posesión do novo goberno, o sea defendendo cacicadas impresentables. ¿Ustedes cren que se pode vir?, pero, de verdad, é que algo, é que algo absolutamente inaudito, absolutamente inaudito; falamos con Patrimonio da Xunta e di, xa era hora, que tódolos días tíñamos problemas cas obras que facías, porque non ter permiso, por non sei que, non sei canto; falamos con Augas de Galicia e di, esa obra ibámola paralizar, si, despois a posteriori, claro, os funcionarios mandábanlle calarse e demais no seu momento. O sea, buscamos a obra da Cañiza para, para a Confederación Hidrográfica, por non ter permiso, modificado, con remodificado, non sei que, non sei canto. Mire, fomos nós os que pedimos, os que quixemos que se adxudicara a obra de Pontevedra, en canto vimos que non teña a tramitación ambiental, nin permiso de Cultura, nin nada, nin tan sequera atendía ás modificacións que esixía a propia Axencia Galega de Infraestruturas, porque a estrada entraba, entraba aí, é que é inaudito, de verdad, o sea, quérese poñer orde, quérese resolver. Mire, si nós non viñeramos aquí en plan construtivo e en plan facer o que, vamos, cousas, e cambiar esta Diputación, si viñéramos en plan revanchista os podíamos levar, á Xunta de Goberno anterior, ao xulgado, por mil, por mil decisións deste tipo, e incluso expedientar a algúns funcionarios. O sea, como se pode adxudicar na Xunta de Goberno unha obra na que consta no expediente que non están os terreos a disposición, ou non ten, ou non ten o proxecto, ou non ten a autorización de Cultura, ou non ten a tramitación ambiental. Mire, no, estamos mirando pa diante, estamos mirando, intentando mirar pa diante e eso é o que facemos, eso é o que facemos, claro que si. E a obra de Sanxenxo desadxudicouse e volveuse a adxudicar, e con estas vaise facer o mismo, vanse facer proxectos alternativos, xa están a maioría, a maioría rematados, se cadra que a ilusión, a ilusión súa é que, digamos, fagamos as obras ben, ¿verdad?, para poder montarnos líos, ¿non?, como están facendo en Sanxenxo que, se encargaron ustedes de metelo no debate deste pleno. Mire, eu remato cunha cousa, remato cunha cousa, repito, demais usted citou asesores, mellor estaría caladiña, eu vou a citar ó Sr. Louzán como Presidente, e cando o Sr. Louzán como Presidente veu a inaugurar a ponte de Monteporreiro, dixo non sólo a min, que llo dixo a máis xente, dixo, “por fin temos unha obra que vale a pena inaugurar”, pois eso é o que andamos buscando, por fin ter obras que valga a pena, porque están ben feitas, están ben tramitadas e ó final o resultado sea espléndido e non as chapuzas que facían aquí habitualmente. Moitas gracias. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. Bos días a todas e a todos. A verdade é que eu, Sra. Arévalo, agradézollo moito a intervención de hoxe, porque é unha intervención calmada, unha intervención que inda que non comparto a súa argumentación, pois si que creo que é unha aportación do que pensa o Partido Popular de cómo se debería de gestionar esta Diputación, o que pasa é que estamos nunha situación completamente contraria e esta Diputación está gobernada por grupos de esquerda. A verdade, en nome das veciñas e dos veciños eu quero darlle as gracias á Presidenta da Diputación e o seu goberno, porque foron capaces de facer que esta Diputación, que era unha institución oscura, pouco transparente, se convirtira en todo o contrario. E a verdade, Sra. Arévalo, eu non entendo o final da súa exposición, ¿non?, porque usted lle di ó deputado responsable que por que non se analizan, por que se paralizou cada unha de esas obras, que usted relatou, con moita calma a verdade, e eu creo que é moi sinxelo, ¡eh!, cada unha desas obras está feita nun concello, cada un desos concellos ten elexido de forma, polos seus cidadáns, de forma democrática ó seu equipo de goberno e ó seu alcalde, e esta Diputación, e esta Diputación, cada vez que se chama por teléfono, xa non lle digo cada vez que se pide unha cita por escrito a algún dos diputados, senón que cada vez cun alcalde chama por teléfono, sea do partido e do cor político que sea, se lle contesta ó momento, e ten alcaldesas na segunda bancada que o saben, porque a min mesmo me teñen chamado preguntándome cousas e eu sempre coma o resto dos meus equipos compañeiros de goberno sempre devolvo esas chamadas, como ten que ser, ¡eh!, tampouco é un mérito nin un valor, a democracia é así, nos elixiron como diputados provinciais para estar ó servicio da provincia de Pontevedra e os portavoces do territorio da provincia de Pontevedra son as súas alcaldesas e os seus alcaldes. Por eso eu creo que era máis sinxelo facelo desa forma, ¿non?, esa humilde pregunta que vostede fai, que di, por que non se dan os argumentos para, porque se paralizan estas obras, pois eu creo que si houbese chamado a cada un dos alcaldes se lle houbese respondido e se houbese, seguramente, asumido esa incertidume que, que vostede hoxe nos trae aquí. E a maioría dos casos por que estas obras son paralizadas, pois moi fácil, proxectos con errores técnicos graves e non o decimos nós, non o di a parte política, o din os técnicos da Diputación, os técnicos que eu o digo no concello de Vigo, onde, onde teño responsabilidades políticas, e o digo aquí, onde teño responsabilidades políticas, eu non dudo dos informes dos técnicos nin, nin cando estamos na oposición na Xunta de Galicia, nin cando estamos nos gobernos, eu creo que hai que ser respectuosos con esos informes. Punto primeiro, aprobación de proxectos con erros técnicos graves. Punto segundo, por non dar cumprimentos ós plans de urbanismo, os plans de urbanismo que regularon e foron aprobados por as corporacións locais. Punto terceiro, porque se aprobaron proxectos sen ter seguidamente conseguidas as cesións dos terrenos. Punto cuarto, por faltarlle informes de Patrimonio da Xunta de Galicia, co cuál non se poden ejecutar e punto quinto, doutras institucións varias da Xunta de Galicia como pode ser Augas de Galicia, ¿non?. Eu creo que son argumentos suficientes, se é verdade, que ó mellor podiamos facelo polo miúdo obra a obra, pero eu creo que eso, como vostede moi ben di, que para analizalo polo miúdo o facemos sen ningún problema con cada un das alcaldesas e dos alcaldes elegidos, elexidos democraticamente. E agora, seguramente, pretenden ocultar esta situación e ocultan esta situación cunhas algaradas políticas, cunhas mocións, cunhas pancartas, cunhas roldas de prensa en medio dos viais, eu creo que vostedes nos deixaron unha mala herdanza, ¿non?, unha mala herdanza administrativa e unha mala herdanza nos viais provinciais desta Diputación, porque como decía o meu compañeiro de goberno, o Sr. Benítez, pois claro, un vial non se deteriora da forma que vostedes nos describen, que se deteriora en 6 meses, ¿non?, un vial se deteriora ó longo do tempo e entonces nós herdamos uns viais que debían estar en mellor estado para non ter esta situación. E cando ustedes nos dicen, obras paralizadas por este goberno, claro, a hemeroteca esta aí, e os orzamentos da Diputación están aí para mirar, para as veciñas, para os veciños, polos medios de comunicación e por as señoras e por os señores diputados. O grado de ejecución dos presupostos, dos orzamentos desta nova deputación é maior que o grado de ejecución do orzamento da anterior etapa gobernada polo Partido Popular, e non sólo eso senón que as obras paralizadas, as obras paralizadas son menores que as anteriores. Gracias. Sra. Presidenta.-Acabou o seu tempo Sr. Regades, pode logo vostede continuar co seu argumento. Gracias. Sra. Arévalo ten a palabra. Sra. Arévalo Gómez.-Moitas gracias. Sr. Mosquera eu non me vou a remontar a trinta anos atrás, porque creo que o exemplo da Ronda Leste é moito mais frecuente. Mire, vostede aprobou aquí un proxecto que fixo o anterior Presidente, ¿de que nos esta falando?, vostede o aprobou, e esa mesma persoa que é vostede, que o aprobou, que ahora é o vicepresidente, vostede o paraliza e o anula, ¿pero quen entende algo aquí?, vostede sempre nos seus discursos fai dúas cousas, ou ben trata de decir, que bueno, o Partido Popular anda perdido, pero que me están contando aquí, nunca entende nada das nosas propostas, ou ben senón vaise á parte de que isto é todo ilegal, pero vostedes ... Mire, aquí non hai nada ilegal, aquí o que hai de ilegal é o que vostede me está decindo a min, que, por certo, vaia ó xulgado cando queira e lle vou a repetir as mesmas palabras que dice a Presidenta, “cuidadito con lo que dices”, “cuidatito con lo que dices” si ten algo que decir vostede vaia ó xulgado e alí o xuez que nos toque, nos xulgará a vostede e máis a min, e me manteño en todo o que dixen, Sr. Mosquera, aquí non hai nada ilegal, aquí o que hai é falta de xestión. Vostedes levan dous anos aí, que o único que foron capaces foi de firmar paralizacións, ¿que van facer con ese diñeiro?, eu non presentaría esta moción se vostedes tuveran outras propostas, se vostedes falasen cos alcaldes, se sentasen cos alcaldes, pero eso, vostede deso non sabe, nin o Partido Socialista, nin a Presidenta, que ten ós alcaldes esperando, que ten 15 alcaldes esperando, pero agora non solamente son os alcaldes do Partido Popular, xa que vostede se refería a Sanxenxo, é que tamén hai un alcalde que non é sospeitoso de ser do Partido Popular, que dice que, “me dan a calada por resposta”, “que comigo non se reúnen”, e o cabreo dese alcalde non é polo proxecto, polo proxecto tamén, pero porque vostedes non o atenden. Polo tanto, mire, esto o que hai é que gobernar e xestionar, eso é o que pedimos en esta moción, que se xestione, vostedes teñen tempo para facer todo este tipo de resolucións, levan dous anos sin buscar os informes, sin reunirse con quen teñan que reunirse, sexa coa Xunta, sexa cós alcaldes, sexa con quen sexa, Sr. Regades, vostede me pode leer aquí un argumentario tremendo, que xa o vin eu, e non hai ningún motivo, ningún motivo que paralice unha obra, pero o peor de todo esto é que o que non hai é ganas de sentarse cos alcaldes, de consensuar con eles un problema que poida aparecer, xestionen, gobernen e deixen de xenerar problemas nos concellos. Non hai máis que ver o que esta pasando en Sanxenxo, pero vostedes, é que dous anos despois fixeron o mismo anulan o proxecto, volven a empezar, tototo..., e despois de dous anos, a súa primeira obra plataforma veciñal, veciños na rúa, o alcalde na rúa, pedindo que se lle atenda, pedindo que se modifique o proxecto, pero algo tan sinxelo como que as aceras non cumplen, que non son as que quere o concello, e vostedes falan de escoitar ós alcaldes decían antes de, non sei quen falaba por aí, de que había que respectar o que querían os concellos, e ¿como respectan vostedes?, ¿como respectan vostedes o que queren os concellos?, ¿como o respectan vostedes?. Gracias. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ai, mi madriña!. Mire, é que disparar para todos lados é difícil de contestar, claro, e sobre todo, si se basan en feitos falsos, co cuál, leva moito tempo e demais. Mire, a Ronda Leste de Pontevedra foi adxudicada, con erros gravísimos en contra da opinión deste diputado, porque o convenio decía unhas cousas pero a xestión non era responsabilidade deste diputado naquel momento, ¿correcto?. E advertido estaba, advertido estaba tanto o Presidente anterior como os servicios técnicos de que non estaba ben tramitada. Pero, resulta que renunciou a empresa e o renunciar a empresa aproveitamos para facer a obra ben feita, con todos os trámites, ¿vale?, mire usted, o sea, hai, hai que saber de que se está, de que se está a falar, ¿non?. E igual, ustedes a ilusión súa é que montaron unha plataforma en Sanxenxo, están entusiasmados, entusiasmados coa plataforma, ben, pero é que resulta que a ese, a ese alcalde de Sanxenxo se pudo falar con eles vinte ou trinta veces, ese señor aprobou o proxecto e asinou que o facía así, e despois ante a súa plataforma resulta que se virou, non quero usar os términos que se usan vulgarmente, ¿non?, porque habría que falar de pantalóns e outras cousas, ¿vale?. E ahora usted aproveita, o sea, falamos con el trinta veces e resulta que, por ese feito que ustedes azuzaron moi ben, azuzaron moi ben, vamos a decirllo ¿non?, e demais, pois, pois o fan, e agora enganchan, enganchan co de, ¿non?, co de, coa historia desa magnífica obra que se vai fai facer en Sanxenxo, ¿verdad?, para ocultar que o que están defendendo no fondo son cinco, non sete, cinco obras, cinco obras, todas nos concellos do PP e todas sacadas a licitación no período que despois perderon as obras sen ter nada, simplemente decir, terra queimada, ¡bumba!, vamos a sacar estos proxectos, e xa antes llos describín, un desastre, e van salir beneficiados os concellos ós que se vai a refacer os proxectos, porque se van a facer os proxectos ben feitos, ben feitos, ¡eh!, o mellor que sepan os técnicos, ben tramitados e van a quedar unhas obras funcionais e non as cacicadas, ¡eh!, como repito, ¡eh!, contrato igualitario para todos, e non que a Meis se lle fan as beirarrúas, que é o que estaba falado, polo que eu sei, que tiña que pagar pero como xa perderan as eleccións decir, venga, este alcalde mantense, consigueu manter a alcaldía, ¡veña!, que non pague, e a outros do PP lle obligaron a pagar a parte da urbanización. Tranquilo que vamos, que se vai a facer moi ben, como nunca se fixo nesta Diputación, estén seguras. Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias. Sr. Mosquera, vostede me pareceu entender que dixo que o alcalde de Sanxenxo se había baixado os pantalóns, ¿dixo vostede eso?, ayer chámanlle novato e hoxe dice eso, o que vostedes non teñen é límite no que dicen, ¡eh!, dende logo que aquí teñen un problema, vostedes teñen un problema, que non son capaces de resolver cos cidadáns nin cos alcaldes, vostedes nin reciben, nin escoitan, nin traballan, solo paralizan e fan oídos xordos. E o que lle está pedindo esta deputada é, primeiro, retomen estes 7 millóns de euros, retomen estas estradas, póñanse a traballar e séntense cos alcaldes, é o que lle estamos a pedir. Miren, en total eran doce, cinco por un lado, sete polo outro, teñen a metade do orzamento do ano pasado sen executar a golpe de modificacións crédito coa libre disposición que vendrá. O Parque de maquinaria, pois, está como está e os alcaldes esperando a ser antendidos. Si, pode reirse, porque esto é para reirse, dende logo que nós vamos a seguir facendo propostas, 100 propostas levamos feitas, as que vostedes se reiron sempre delas, pero o tempo nos vai dando a razón, e vostedes vaian analizando as propostas que trae aquí este grupo, que son todas propostas para axudar ós pequenos e medianos concellos, para tratar de que os alcaldes poidan ser escoitados e teñen aquí unha voz. Sr. Mosquera, pregúntolle outra vez, ¿vostede dixo que o alcalde de Sanxenxo que se había baixado os pantalóns ante os veciños?, e vostede ríase, sígase reindo, porque de verdad, de verdad, non poña cara de poker, que todos o escoitamos, todos o escoitamos, Sr. Mosquera. Mire, póñanse a traballar e deixen de facer oposición da oposición. Presidenta pode asustarse, pero, mire, mentras nós estamos a ver este tipo de cousas, como o que decía o meu compañeiro, deciden os concellos, non me diga, e esta carta que lle manda ós clubes decíndolle que, oiga, é que o seu alcalde ou alcaldesa non pediu un campo de fútbol, pero pediu outras obras. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Arévalo, rematou o seu tempo para o ben da cidadanía. Imos a poñer a votación o punto sétimo da Orde do día. Moción do Grupo Provincial … de titularidade provincial, así como executar os proxectos paralizados polo actual goberno. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, perdón, 14, si, 14 votos en contra, 12 a favor e 1 abstención. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) instando á Presidencia a impulsar as obras en estradas de titularidade provincial, así como executar os proxectos paralizados polo actual goberno. 8.6954.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. Sra. Presidenta.- Rematado a parte resolutiva da Orde do día, pasamos á parte de información e control. b) Parte de información e control: 9.6955.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE MARZO DE 2017 Sra. Presidenta.- No punto 9. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores corresponde ó mes de marzo de 2017. ¿Observacións?. Queda enterado o Pleno. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de marzo de 2017 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE MARZO DE 2017. Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Marzo -12,9255847846 2.607.656,90 7,6180728089 207.218,37 -11,4132537461 Escola de Enfermería Marzo 9,5222356920 2.350,95 0,0000000000 0,00 9,5222356920 Consorcio de Incendios e Salvamento Marzo -7,2356143426 226.024,95 0,0000000000 0,00 -7,2356143426 TOTAL 2.836.032,80 207.218,37 -11,0868038506 A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 21 de abril de 2017 tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de marzo de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas, o Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de marzo de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. 10.6956.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN RELATIVO Ó CUMPRIMENTO DURANTE O 1º TRIMESTRE DO 2017 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 10. Dar conta do informe de Intervención relativo ó cumprimento durante o primeiro trimestre do 2017 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que establece medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. ¿Observacións?. Queda enterado. A Lei 15/2010 de modificación da lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra, Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 1º trimestre de 2017, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 1º TRIMESTRE DE 2017 1. Con referencia á data de rexistro da factura  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 21 21 2594 6.346.968,57 € 214 811.838,29 € Escola de Enfermería 40 10 0 0,00 € 3 2.350,95 € Consorcio de Bombeiros 22 13 8 686.051,25 € 1 52,42 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP)(días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº opera-cións Importe total Nº opera-cións Importe Total Deputación de Pontevedra 63 162 464 884.867,38 € 18 449.931,14 € Escola de Enfermería 27 0 3 1.925,06 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 2. Con referencia á data da factura  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pa-gos Importe total Nº Pa-gos Importe Total Deputación de Pontevedra 34 57 2.093 4.379.581,56 € 715 2.779.225,30 € Escola de Enfermería 40 40 0 0,00 € 3 2.350,95 € Consorcio de Bombeiros 22 48 8 686.051,25 € 1 52,42 €  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº ope-rac. Importe total Nº ope-rac. Importe total Deputación de Pontevedra 57 122 482 990.772,26 € 126 736.041,54 € Escola de Enfermería 30 31 2 170,56 € 1 1.754,50 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 266 6 242.712,77 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 21 de abril de 2017 tivo coñecemento do contido do informe trimestral do Servizo de Intervención sobre o cumprimento dos prazos de pago de obrigas durante o 1º trimestre de 2017, pola Deputación de Pontevedra, Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De acordo co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno queda enterado do contido do informe trimestral do Servizo de Intervención sobre o cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, dos prazos de pago de obrigas durante o 1º trimestre de 2017. 11.6957.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 11. Dar conta das Resolucións Presidenciais. ¿Observacións?. Queda enterado o Pleno. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 28 de marzo e 24 de abril do ano 2017 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 12.6958.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E xa pasamos ao último punto da Orde do día, o punto 12, Rogos e preguntas. Sr. Moldes Martínez.- Si. Como xa lle anunciaba antes ó deputado de área, no pasado pleno preguntamos si na obra de Luis Rocafort se tiñan tódolos terreos, e el anunciou que si, logo a nosa pregunta que lle facemos hoxe é, que nos aclare quen minte, si minte en este caso el como deputado de área, cando di que temos tódolos terreos a disposición, ou si minte o alcalde de Sanxenxo cando di que os terreos, inda faltan terreos por poñer a disposición da Deputación. Sr. Benítez Fernández.- O que minte é vostede intentando liar a cousa, porque creo que vostede non é tonto, creo que sabe perfectamente o que pregunta, e sabe perfectamente o que respondín eu, i é que a corporación anterior nos plantexou que eles eran quen de conseguir máis disposición de terreos dos que tiña o anterior proxecto de vostedes, e nós reformulamos o proxecto e dixemos, conseguídenola, non vamos a licitar sen esa disposición de terreos, e o que licitamos é exactamente o que se nos puxo a disposición, exactamente o que nos puxo a disposición o concello, eso foi o que contestei. O 100% do, dos metros cuadrados que atinxe ó que é o Proxecto Luis Rocafort ten, o 100% ten a disposición dos terreos. As alineacións do Plan xeral, e cousas de si o alcalde de Sanxenxo vai axustar ou no, son cousas deles, nós nos limitamos a elaborar un proxecto coa disposición dos terreos que o concello nos outorgou, eso foi o que dixen no anterior pleno e o que volvo dicir. Sra. Presidenta.- Gracias. Pulsen de novo, por favor, porque creo que tiña vostede, ¿non, Sra. Arévalo?, pedida. Sra. Arévalo Gómez.- Quería preguntarlle, creo que foi o pasado mes de febreiro que se reuniu co Presidente da Xunta de Galicia, e según pudemos saber, pois quedou vostede e máis o Vicepresidente de presentar, pois, un estudio sobre, pois, o que supoñía, ¿non?, esa posible transferencia do Centro Príncipe Felipe, quedou basicamente dunha entrega de datos de, de esa posible xuntanza ou xuntanzas que habería que facer a partir de aí para facer unha transferencia tranquila e acorde con todos. Creo que non se entregou nada todavía despois de tres meses e queremos saber si se vai a entregar en un período razonablemente pronto ou todavía non hai un documento para entregar. Sra. Presidenta.- Non, quedamos soamentes en enviar sobre o Príncipe Felipe, que xa anunciaron vostedes nos medios de comunicación que non estaban de acordo con asumir a competencia, quero recordarlles, ó día seguinte de reunirse o Vicepresidente da Deputación e a Presidenta co Presidente da Xunta e o Vicepresidente, saíu a contestar o Grupo Popular provincial asumindo un rol que non lle corresponde, que lle correspondería á Xunta de Galicia. Polo tanto, a día de hoxe xa sabemos que non van a asumir ningunha competencia das que lle corresponden por lei, por as leis aprobadas entre outros polo Partido Popular no goberno de España, polo Sr. Rajoy, xa sabemos que no van admitilas, pero son moitas máis cousas as que temos que remitirlles, lles temos que remitir informes sobre todos e cada unha dos servicios e infraestruturas que son competencia da Xunta de Galicia e que presta os servicios a Deputación cos seus recursos, cousa que non debería de ocurrir porque a lei declara con claridade de quen son as competencias en cada unha das administracións. Os estamos elaborando e os imos remitir cando rematemos todos, tamén é certo que ós 15 días de estar nesa reunión nos puxemos en contacto tamén coa Xunta de Galicia, porque o Vicepresidente da Xunta, o Sr. Rueda, nos solicitara que puidéramos visitar o Pazo de Lourizán e a finca pa facer unha valoración do Pazo, que según convenio ten que rehabilitar a Xunta e que leva ducias de anos sin adicar nin un só euro, para que foran técnicos desta Deputación e da Xunta a visitalo, e, realmente, pois, non tivemos ningunha resposta, pero a Xunta si que vai ter todos os informes que o Vicepresidente e a Presidenta quedamos en remitir. Os están elaborando os técnicos, nós non presionamos ós técnicos, somos xente moi respectuosa co seu traballo, unha, llo pedimos ó día seguinte de chegar desa reunión, os técnicos os están elaborando cando os rematen de elaborar llo remitiremos. Pero tamén sabemos que estamos a perder o tempo, porque tamén sabemos, porque o dixeron vostedes en roldas de prensa, que non ían a admitir ningunha das competencias que lle corresponden e que presta a Deputación. Polo tanto, pero como admitimos, como nós asumimos o compromiso de remitir os informes os imos remitir, eso si, eu lle pido disculpas aos técnicos da Deputación por ter que estar adicando tanto tempo a elaborar eses documentos que non van a servir para nada. Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si. Gracias Presidenta. Bo día. Queríamos facer desde o Grupo Provincial Socialista un rogo. Dado que no ano 2016 arderon en Galicia un total de 21.112 hectáreas nos incendios forestais, que se produciron según os propios datos oficiais do Ministerio de Medio Ambiente, é dicir, dun terzo de todo o territorio que ardeu en toda España. A situación da seca que vimos padecendo no inverno e nesta primavera fai co monte sexa un verdadeiro polvorín, de feito, estamos vendo como nestes últimos 15 días, e hoxe mesmo, xa arderon máis de mil... Sra. Presidenta.- Perdón, perdón, perdóeme un minuto Sr. Santos Héctor, fágame o prego si pode sen motivación, porque senón parece unha moción. Sr. Rodríguez Díaz.- Fágolle, fágolle o rogo, fágolle o rogo. Pois rogamos, rogamos a este pleno demandar á Xunta de Galicia que acelere ó máximo os convenios cos concellos para a contratación das brigadas municipais que permitan facer labores de prevención antes da época estival, e a que é a de maior incidencia dos incendios. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sr. Santos Héctor. Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Si. Moi brevemente. Unha pregunta e un rogo. A pregunta é si se denegou algunha subvención ó comedor social de Cangas, me gustaría coñecer cales foron os motivos. E o rogo é que o pasado 19 de abril o deputado de Mobilidade visitou a estrada provincial 1005, Viso – Iglesario, na parroquia do Hío, no concello de Cangas, anunciando que o anteproxecto de mellora nese vial vai a levar unha sola beirarrúa de dous metros na marxe dereita. Lembrar, bueno, que había un convenio asignado no seu día por un importe, un millón cincuenta mil euros, donde a Diputación poñía, aportaba 850.000 euros, o concello de Cangas 200.000, e mesmo aquí se había presentado unha moción, bueno, dous anos despois presentan un anteproxecto i a sorpresa é que nos anuncian unha beirarrúa, e con un presuposto de 1.200.000 euros. O rogo, que se execute as beirarrúas tal e como estaba previsto polas dúas marxes, como estaba inicialmente previsto nese proxecto básico que si existía naquel momento. Sra. Presidenta.- Le contestaremos por escrito. Sr. Sotelo Villar.- Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Finalizadas as preguntas, que como saben o Partido Popular ten tres, e non habendo máis preguntas doutros grupos, finaliza a Orden do día, e polo tanto levantamos a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición