Fondos
2017-07-28_Ordinaria. Acta de sesión 2017-07-28_Ordinaria
Acta de sesión 2017-07-28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.400/1.2017-07-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2017-07-28_Ordinaria
Data(s) 2017-07-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de xullo de 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e oito de xullo do ano dous mil dezasete, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Ramiro Varela Peón (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Bueno, bos días a todas e a todos, iniciamos o pleno ordinario do 28 de xullo de 2017. a) Parte resolutiva: 1.6985.- APROBACIÓN DO PROXECTO DEPOINTEGRA XOVEN DA CONVOCATORIA 2017 DE AXUDAS DO FONDO SOCIAL EUROPEO, DESTINADAS Á INTEGRACIÓN SOSTIBLE DE PERSOAS MOZAS NO MERCADO DE TRABALLO, NO CONTEXTO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL Sra. Presidenta.- Na parte resolutiva, no punto un da orden do día, en primeiro lugar, aprobación do proxecto Depointegra xoven da convocatoria 2017 de axudas do fondo social europeo destinadas á integración sostible de persoas mozas no mercado de traballo no contexto do sistema nacional de garantía xuvenil. ¿Hai algunha..?, entendo que o aprobamos por unanimidade. Aprobamos por unanimidade, polo tanto, o punto un da orden do día. Dada conta de que o día 6 de xullo de 2017 a Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Autónomas e Entes Locais emite resolución pola que se resolvía a convocatoria 2017 de axudas do Fondo Social Europeo. Nesta resolución publícase a concesión do proxecto DepoIntegra Xoven da Deputación de Pontevedra por un importe total de 2.533.324,50€ dos cales 2.327.871,88€ (91,89%) serán achegas do Fondo Social Europeo e 205.452,62€ (8,11%) da Deputación de Pontevedra. Visto o informe-proposta de 21 de xullo de 2017 do Xefe do Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local relativo á aprobación da solicitude de axudas dentro da Convocatoria 2017 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa operativo de Emprego Xuvenil (axuda AP-POEJ) destinadas á integración sostible de persoas mozas no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Visto que o tempo de execución deste proxecto é de 20 meses, período que transcorrerá aproximadamente entre abril de 2017 e decembro de 2018. Visto que os cofinanciamentos correspondentes ao dito proxecto son os seguintes: ENTIDADE TOTAL GASTO FONDO SOCIAL EUROPEO (91,89%) FONDOS PROPIOS DEPUTACIÓN (8,11%) DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2.533.324,50€ 2.327.871,88€ 205.452,62€ Visto o informe xurídico da Secretaría Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra así como o informe económico do Servizo de Intervención, o Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ACORDA por unanimidade a adopción do seguinte acordo: • Aprobación do proxecto DepoIntegra Xoven, que foi presentado á convocatoria 2017 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (axudas AP-POEJ) • Aprobación de forma taxativa a distribución do gasto que se plantexa no cadro económico financeiro adxunto: ANO 2017 2018 TOTAL ORZAMENTO TOTAL 1.773.327,15€ 759.997,35€ 2.533.324,50€ SUBVENCIÓN FSE 1.629.510,31€ 698.361,57€ 2.327.871,88€ FONDOS PROPIOS DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 143.816,83€ 61.635,79€ 205.452,62€ • Aprobación do proxecto como “proxecto de gastos” tal e como establece a base 27ª da execución do orzamento provincial para o exercicio 2017. • Aprobación da xeración de crédito polos importes da subvención concedida e as achegas propias da Deputación de Pontevedra abrindo as aplicacións orzamentarias e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos”. 2.6986.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOLICITANDO UN PROXECTO DE SEGURIDADE VIARIA NA EP-0002 O MARCO-TOMEZA-FIGUEIRIDO (PONTEVEDRA), QUE GARANTA A SEGURIDADE DOS PEÓNS Sra. Presidenta.- No punto dous, Moción do grupo provincial do Partido Popular solicitando un proxecto de seguridade viaria na EP-0002 O Marco- Tomeza-Figueirido (Pontevedra) que garanta a seguridade dos peóns. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Bos días. Hoxe traemos unha moción, despois de un pouco visitar a zona e de falar con distintos veciños, e que nos viñan a, neste caso a falar da carretera do Marco-Tomeza-Figueirido, donde o outro día nos expoñían, que bueno, que o dos lombos, pois pode estar moi ben, que entenden tamén que non se debe de facer de forma discriminada, pero sobre todo teñen unha preocupación do que é a seguridade vial, hai que recordar que este vial xa sufriu varias actuacións con distintos gobernos, e que é un vial que no seu día, no dous mil, neste caso no 2007, tuvo unha actuación importante, pero hoxe en día, pois, neste caso, co tránsito de vehículos que ten pola proximidade que ten coa propia cidade e sobre todo coa, en este caso, coa compatibilidade que ten entre usuarios con turismos e os propios peatóns por estar en este caso o Camiño Portugués, o Camiño de Santiago, existe, pois en este caso, un tránsito moi, moi habitual tanto como de vehículos como de, de peatóns. Logo nós o que, o que solicitamos neste caso, o que piden un pouco os veciños é que se dote de beirarrúas, que se faga unha senda peatonil para dar seguridade tanto ós veciños da zona como a eses peregrinos que todos os días e de forma diaria transitan por esa zona. Logo nós, desde aquí, facemos un chamamento a que se estudie esta petición que fan todos os veciños de dotar esta estrada de beirarrúas e, sobre todo, en este caso, pois, de darlle resposta á súa demanda real que é a dotación dunha zona segura, dunha senda peatonil, para compartir tanto os propios veciños que son usuarios diarios de esta zona como os propios peregrinos que se, en este caso, se achegan á nosa cidade. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Home, antes de nada, tería que dicirlle, aquelo de quen, quen te ha visto e quen te ve, ¿verdad?, porque o outro día no último pleno como tiña aquí uns cuantos, unhas cuantas persoas, ¿non?, cunha actitude bastante exaltada, diría irracional, pois, o Sr. Moldes estuvo especialmente agresivo, ¿non?, o sea, os lombos eran malisi..., está escrito incluso na moción, hoxe xa non mo dixo, hoxe igual os lombos son bos, hasta poden estar ben, ¿verdad?, o outro día era as plagas bíblicas para darlle polo pé, para darlle polo pé, ¿non?, ós, ós que trouxeron, ós que trouxeron aquí, claro que despois, resulta que, o que estuveron traballando parece que non foi para ustedes, ¿non?, foi para ciudadanos, que foi a que se foi a colocar na, nunha pan, nunha chapa, que eu quero, quero a chapa para colgala, para colgala no, no despacho, a ver se a consigo, a ver se consigo esa chapa, ¿non?, do generalisimo Mosquera e tal, ¿non?. Pero a agresividade que tuvo o outro día, ¿verdade?, foi absolutamente esaxerada e hoxe, pois, quere sacar o barniz de, fin, de prudente, de sensato e demais, que creo que xa é un pouquiño tarde. Pero aínda así, con respecto á estrada en si, decir que comete unhas cuantas equivocacións, nesa estrada estuvo actuando a Diputación vinte e cinco anos, a cachiños e sin un proxecto xeral. Efectivamente acabou no dous mil sete a última actuación, ¿verdad?, pero de aquela mismo, de aquela mismo, houbo unha, mire usted de cando estamos falando, había unha persoa que era Vicepresidenta da Diputación que se chamaba Teresa Pedrosa, que ahora está en outros cargos en Vigo, que resulta que foi por alí a pintar unha senda, unha beirarrúa dende o dous mil sete, mire que non tiveron tempo, antes do dous mil sete, porque ela rematou aquí no dous mil sete, !mire que non tiveron tempo a facela!, e non a fixeron, non a fixeron. Claro, ¿cal é o problema para que non a fixeran?. Pois mire, é moi fácil, eu non sei si vale a pena contar aquelo do, do camión, ¿non?, que, que un, un listo vai co autobús e quere pasar, o autobús mide dous cincuenta e quere pasar por unha ponte que ten dous metros, entón, póñense a discutir, ¿non?, a cada cal máis listo si por onde non pasa e por arriba ou por abaixo, hasta propoñen desinchar as rodas a ver si así pasa, pero claro as rodas non teñen medio metro e non pasa de ningunha maneira. Pois, eso é o que sucede aquí, é o que sucede aquí, non pasa, non colle, poden discutir si colle pola dereita ou pola esquerda, non, non colle, non colle, entonces como non colle a única solución é a que se aplicou, que probablemente haxa que reforzala, haxa que reforzala, haxa que poñer máis lombos para que os coches vaian suficientemente a modo como para que non sean un perigo para peóns, os que veñan en cabalo, os que veñan en bici, porque non hai outra solución. E claro, virnos pedir aquí algo que ustedes foron prometer para a campaña electoral do dous mil sete, hai dez anos, e que estuveron aquí na Diputación hasta o dous mil quince e que non fixeron obviamente porque non calle, nin por arriba nin por abaixo, non colle, pois, coma quen di e tal. Aquí todos enxeñeiros, pode haber algún veciño que, que co favor mentras uns ían a pitarlle de noite ós que pediron os lombos, e outros, pois non queren lombos para poder correr, e outros teñen esa, esa rúa, esa estrada cargada de tráfico, porque queren escapar da 550 porque pode haber atascos ou pode estar a guardia civil para controlalos, ¿verdad?. Pois, cada un pide o que quere, pero o asunto é que non colle, ¿que quere que lle diga?, o sea, non colle, entonces xa o Concello de Pontevedra está, está intentando facer unha senda fóra desta estrada, etc. Pero o que vostedes piden é que non colle, poñámonos como nos poñamos, excepto, excepto, pero en todo caso podían facelo que xa levan dez anos con esto, o Partido Popular, excepto que lle diga a algúns que hai que tirarlle a casa, e a máis de un probablemente. Entonces, eu comprendo que no fragor do, do pleno do mes pasado no que creron que tiñan aí as, ¿non?, os que querían correr e demais, por desgracia case se mata un, case se mata un en Ponteareas aqueles días, como vostede sabrá, dos que andaban facendo carreiras por aí, pois, no fragor vostede se meta neste, neste lío. Pero, ou non sabe os antecedentes ou está terxiversando moi seriamente a realidad, non colle, polo tanto, vamos a votar en contra. Non podemos votar a favor de facer algo que sabemos que non colle, pero non lle colleu a ustedes, ¿eh?, non lle colleu a ustedes no seu momento durante, durante oito anos que non foron capaces a facelo. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Sr. Mosquera, vamos a ver, nós repetimos o mismo non sei si con máis intensidad ou menos que o pasado pleno, pero vamos a recordarlle varias cousas. Primeiro, os lombos, inda que vostede quere ser abanderado dos lombos, nesta institución xa se facían lombos, o que pasa que antes os lombos, pois se facían en núcleos urbanos, se facían consensuados coa xente, logo o grupo provincial do Partido Popular non está en contra dos lombos pero si que está en contra dos lombos indiscriminados, logo vostedes ó mellor o que teñen un pouco é que reflexionar é que nun tramo de quilómetro e medio ó mellor colocar dezaoito, dezanove ou vinte e un lombos, ó mellor non é o maior razonamiento. Logo, ¿por que se trae aquí esta moción?. Porque mire, porque os propios veciños de Tomeza, como vostede ben dixo, si vostede lle vai a instalar dezaoito lombos moitos se pregunta, mire, lombos si, pero con sentidiño, e despois, á parte dos lombos non é a única solución que pedimos, os lombos nos parece moi ben sempre e cando que non sexan de forma indiscriminada, pero temos outras prioridades, logo, ¿por que sale esto?, porque hai veciños que din, “non entendemos que nos veñan a instalar lombos cando nin sequera temos beirarrúas”. ¿Que é difícil xestionar?, claro que si, pero por moito que vostede diga en este caso a día de hoxe a única corporación o único equipo de goberno desde esta casa que invertiu algo foi aquel do Partido Popular, vostedes hasta día de hoxe, pois, os, as obras que se fixeron, que no seu día, que, ¿na actualidade quedan insuficientes?, seguramente, pero existiu unha predisposición en actuar, en negociar e en facer ensanchamentos. Vostedes, como vostede di, como é complexo, non vamos a facer nada, aquí vostede di que hai que tirar casas, ó mellor si, ó mellor no, pois, neste caso, o que si queda claro é que existe unha predisposición, para actuar en este caso, e quen a tuvo foi cando gobernou o Partido Popular. Agora que están vostedes, neste caso, vostede como Vicepresidente parece que non aposta polas beirarrúas nin polas sendas peatonales en Tomeza. Despois di que nós traballamos, mire, nós traballamos polos veciños e llo dixen o outro día, vostede está empeñado en falar dos que fan carreiras e demais, eu, si mo permite, que a min non me gusta darlle consellos a nadie, pero a miña humilde opinión é, a eses que vostede di que fan carreiras, fraco favor lle fai vostede promocionándoos, pero si vostede sabe quenes fan as carreiras o que ten que facer é unha tramitación e denuncialos. Nós aquí o que vimos a falar é de que os veciños de moitos lugares, Santa María de Xeve, Verducido, Tomeza e moitas zonas do rural de Pontevedra, non entenden que vostedes fagan actuacións sin falar con eles. Vostede o outro día me falaba de que o consello parroquial de Verducido, resulta que non existe ese consello parroquial. Logo, vostedes o que teñen que facer é escoitar á xente, a xente non está en contra dos lombos, o que está en contra é que vostedes en quilómetro e medio lle planten vinte lombos, e o que está en contra é que non teñan beirarrúas e que lle poñan lombos, o que está en contra é que non teñan auga potable, que non teñan traída e saneamento, e a primeira actuación sexan os lombos, logo, nada máis. Nós non vimos aquí a facerlle a vostedes unha guerra, pero vostedes o que teñen que facer é reflexionar porque a xente non creo que proteste por protestar, ¿eh?, Sr. Mosquera. Sra. Presidenta.- Estamos debatindo unha moción para falar sobre un proxecto de seguridade na EP-0002 o Marco-Tomeza-Figueirido, saben que son bastante flexible pero parece que estamos debatindo a moción que, do, que saliu rexeitada no anterior pleno. Polo tanto, eu lles pediría, con todo o cariño, que intenten centrarse na moción de hoxe inda que si vai por outros derroteiros, pois, nada, que vaia. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sra. Presidenta, grazas. Pero é que o asunto é que a moción vai de lombos, a moción vai de lombos, !claro¡, ese é o problema. Entonces, hai un sitio donde non colle, repito, a Sra. Pedrosa cando era Vicepresidenta foi a pintalo alí, bueno, o papel aguanta todo, o sea, non pasa nada, e non colle, e pasaron oito anos intentando facelo e non colle. E este goberno co Concello de Pontevedra, obviamente, que foi quen os pideu adoptou unhas medidas precisamente para resolver o problema de seguranza viaria, ¿e que fixo? poñer lombos, que é o que non quere o PP, aínda que aquí veña a dicir que si, e logrou, o sea, vanse a colocar en douscentos sitios en toda a provincia, por aí, ¡eh!, houbo en algún sitio en que o logrou, o que pasa é que se enganou, enganouse, quen o están facendo son outros, son outros, eran do PP, pero posiblemente se pasen a Ciudadanos, o sea, probablemente o Sr. Moldes meteu nun lío ó PP de Pontevedra, que o outro día quería votar a favor de colocar, de colocar máis lombos, porque dáse conta que hasta os seus propios votantes o queren, hai uns que non, que precisamente anda Ciudadanos abandeirándoos. O Sr. Moldes meteu aí en un lío o propio, o propio PP, eso, eso é do que estamos, é do que estamos a, do que estamos a discutir. Home, eu, todos enxeñeiros me parece fantástico, eu creo que andamos escasos de enxeñeiros, é ben que, todo, todo o mundo xogue a enxeñeiros pero é que resulta, resulta que os lombos que estamos colocando nesta tandada do Plan Móvese, prácticamente ningún cumple ningunha recomendación ou norma, que non é de aplicación, pero norma, en canto a distancia están todos máis separados do, do que din as recomendacións ou as normas. As recomendacións están entre cincuenta e cento cincuenta metros, como máximo cento cincuenta, e outros poñen cen e ás veces estamos colocando trescentos, ¡eh!. Polo tanto, por aí tampouco, por aí tampouco, todos enxeñeiros, todos, todos especialistas, un campo difícil e é boísimo, eu creo que despois desta polémica dos lombos vamos a exportar auténticos especialistas en lombos que, probablemente, vai ser un futuro, un futuro laboral. Pero as cousas están como están e esta Diputación ten a súa, a súa, a súa experiencia, boa e mala e, polo tanto, hai que aproveitala. E, o certo é que a provincia de Pontevedra sigue sendo a máis perigosa en accidentes de todo o estado, a que ten os seguros máis caros por culpa da sinistralidade e todo o que fagamos vale a pena e, curiosamente, cando o estamos facendo, ¿quen se opón?, o PP, ¡eh!, desta, desta Diputación que rompendo cunha traxectoria, o que pasa, o que hai de fondo son dúas condicións distintas, unha é darlle a razón a todo o mundo aínda que vaya en contra das normas máis elementales, e outra, pois ser sensatos e responsabilidade. Por certo, que lle está afectando tamén no Estado, ¡eh!, que lle está subindo a sinistralidade en picado, precisamente, por non ter un discurso moi claro, moi clariño sobre que a seguranza viaria está por riba de todo e deixémonos de alimentar. Bo favor lle están facendo vostedes a DXT, estanlle facendo un favor terrible, terrible. Por favor, sean un pouquiño sensatos e demais. En todo caso, remato, agradézollo o tono, ¿verdade?, esa bipolaridad que ten o Sr. Moldes, que un día se nos pon aquí arrebatado que vai asaltar a bastilla, a cabalo dos que non queren lombos e outro día, pois, di que os lombos son moi bos. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera rematou o seu tempo. Lle vou a dar dez segundos máis ó Sr. Moldes que empregou o Sr. Mosquera, ten agora para pechar o debate Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Sr. Mosquera, varias cousas. A primeira, é que inda que vostede está empeñado en sempre utilizar términos factor vía, e, a día de hoxe o noventa por cento dos siniestros que se producen son por culpa do factor condutor, factor humano, eso non hai debate, logo, eso teno que ter claro, a día de hoxe o noventa por cento dos sinistros que existen son, por causa do factor condutor factor humano, eso téñao claro. E a partir de aí, eu lle vou facer unha invitación, vaia vostede a xunto os veciños de Tomeza, máis que falar de normas e demais aplique o sentido común, escóiteos e a partir de aí non pasa nada, cando un é un representante público o menos que debemos facer é falar cos veciños. Logo, vostede vaia alí, explíquello, si ten que falar de lombos e defender a súa postura, defenda a súa postura, pero a partir de aí tamén é importante que escoite ós veciños, que ó mellor algunha vez non sólo ten vostede a razón, porque ás veces cando un pensa que sólo ten a razón ou está no poder da razón, pois, ó final se equivoca e queda aislado. Logo, vostede, escoite, vaia alí cos veciños, que non pasa nada, escoite a todos os veciños, non por ter unha opinión distinta, nos crucifique, non digas que son promotores de carreiras nin cousas raras, habrá de todo, habrá de todo, pero como todos os aspectos da vida e non pasa nada. Logo nós, desde o Grupo Popular a invitación que lle facemos é, como vostedes, como ben dicía, sempre son mellores que o Partido Popular”, pero as, neste caso os feitos son os que son. De momento a día de hoxe, cando esta institución estaba gobernada polo Partido Popular se actuou nese vial, logo nós invitamos a que vostede vaia alí e intente facer unha actuación, que a mellore, que o faga sin ningún problema, que nós lle vamos aplaudir non hai ningún problema, pero non pasa nada porque vostede se reúna cós veciños e intente facer unha actuación para os veciños de Tomeza. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Ben rematada o debate de esta moción a sometemos a votación. ¿Votos a favor da moción?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por catorce votos encontra, once a favor e unha abstención. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando un proxecto de seguridade viaria na EP-0002 O Marco-Tomeza-Figueirido (Pontevedra), que garanta a seguridade dos peóns. 3.6987.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR POLA QUE SOLICITA UN PLAN DE DOTACIÓN DE PARQUES INFANTÍS PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES Sra. Presidenta.- No punto tres da orde do día, Moción do grupo provincial do Partido Popular pola que solicita un plan de dotación de parques infantís para os concellos de menos de cincuenta mil habitantes. Para a súa defensa ten de novo a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si, vamos a ver, esta moción, pois nós a presentamos, neste caso, desde o Grupo Popular, pois intentamos manter periodicamente reunións con colectivos, con alcaldes e visitamos todas as comarcas. Seguramente, si vostedes aceptaran esa petición de reunión que hai con todos os alcaldes da provincia, seguramente esta sería unha das peticións que lle trasladarían. Moitas veces desde aquí se fala que o Plan Concellos, pois é a solución para todos, pero existen outras líneas de actuación que son importantes e interesantes e que os propios alcaldes trasladan, esta é unha delas. No seu día, desde a Diputación se creou unha línea para dotar de parques infantís ós distintos concellos desta provincia e resulta que foi unha línea que foi totalmente utilizada e totalmente demandada por todos os alcaldes e sobre todo por todos os veciños. Logo nós, o que propoñemos aquí é dúas cousas, por un lado, que se cree unha línea de actuación para crear parques infantís en concellos de menos de cincuenta mil habitantes, porque sobre todo o demandan os veciños, logo nós entendemos que a día de hoxe, pois, eses parques homologados, pois, teñen un custe e entendemos que se debería buscar unha fórmula, ou firmar convenios donde unha parte o fagan os concellos e outra a Diputación, ou a Diputación que financie o cen por cen, o que vostedes neste caso, pois entendan que é o que se poida facer, pero, sobre todo, dar atención a eses veciños que están solicitando, pois, en cada lugar, en cada zona, a dotación de parques infantís. E por outro lado, entendemos que, xa aqueles parques que existen en moitos casos hai que facerlle un mantemento, que esto, pois gardaría bastante relación e similitude co tema dos campos de herba sintética. A veces hai que pensar en crear novos espacios, en facer novas obras pero tamén tan importante como crear novas actuacións é como manter as que xa existen. Logo nós, en esta moción entendemos que é unha moción moi construtiva que se pode aprobar sin ningún tipo de problema porque sobre todo vén, nós o único que facemos aquí é trasladar unha petición dos alcaldes e dos propios colectivos. Logo nós, o que lle pedimos é quitar unha línea de actuación para crear novos parques infantís en concellos de menos de cincuenta mil habitantes e tamén unha línea de mantemento para aqueles parques que xa existen, pois poder facer as reparacións adecuadas e en moitos casos tamén, pois facer actuacións de novas homologacións ou de mantemento. Logo nós, desde aquí facemos un chamamento a todos os grupos para que apoien esta moción e así, pois dar resposta a unha demanda que fan todos os alcaldes. E, sobre todo tamén, aproveitamos a que de unha vez por todas, pois fagan unha reunión con todos os alcaldes para que de algunha maneira poidan vostedes escoitalos directamente e nós entendemos que esta vai ser unha das peticións que lle van a facer a maioría dos alcaldes. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Vamos a ver, eu creo que hai unha idea que se pode compartir ou non, que non se quere asumir por parte da oposición. Aquí estase partindo dun principio, autonomía, polo tanto, mándanse os cartos incondicionados e corresponsabilidade, pero as dúas cousas van xuntas, non pode haber autonomía sen corresponsabilidade, claro, entonces que, esto de inocente non ten nada. Mire, hai concellos na provincia, hoxe mismo, por exemplo, foi á Xunta de Goberno Baiona ou Bueu, o que sexa, que parte dos cartos do Plan Concellos o adican a parques infantís. Entonces, facemos unha línea para que eles, en que non queren dedicalo, !non!, é cousa deles, é cousa deles que fagan o que queiran, o sea, primamos ós que non o fan, bueno, e os que non sosteñen a iluminación pública tamén facemos outra línea, e os que non asfaltan certos camiños tamén facemos outra línea, bueno, entonces suprimimos a autonomía, ¿vale? Mandamos todos os cartos condicionados línea A, B, C, D, cincuenta líneas, e que cada un se vaia acollendo á que poida, e primamos sempre ós incumplidores. Claro, é que é absolutamente incompatibel, é absolutamente incompatibel. Facemos unha línea ahora para esto, moi ben, e os concellos que xa os teñen e se preocuparon non se poden acoller, o sea, estamos primando ós que abandonaron esto, e os que non abandonaron, os que atenderon esta parte collerán e pediranos que queren, pois para asfaltar os camiños que non van a ningún lado, porque eso téñeno abandonado, e, en favor de esto, ¿vale?, entonces desaparece, desaparece, esa autonomía, claro, é que cada concello alí ten que debatir si quere unha cousa ou outra, alí habrá oposición, habrá veciños, habrá un goberno e que o debatan alí, nós mandámoslles os cartos e que o adiquen e por certo estano facendo bastantes concellos. Entonces, este tipo de peticións, ben, ¿que queren, que lle saquemos un millón ó Plan Concellos e o dediquemos a esto, para primar ós que non o entenderon?. Non, non, é malo de entender e siguen, siguen sempre co mismo, siguen sempre co mismo, bueno, si, si queren que lle controlemos ós concellos o que fan, pois, non o vamos a facer non son os nosos principios. Sra. Presidenta.- (Non se escoita o que di). Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. Bos días a todas e a todos. A verdade é que, bueno, cada día, cada pleno traedes un tema, ¿non?, un día son os parques, outro día son as estradas e o importante intervenir e influír nos gobernos municipais, non deixarlles a eles que tomen as súas propias decisións como se fosen gobernos menores que tiñan que ser tutelados polo Partido Popular. Non, ese non é o modelo, o modelo da nova Diputación é outro, é un modelo onde lle deixamos ós concellos, os gobernos elexidos democraticamente, que tomen as súas decisións, sean da cor político que sean. Por eso imos votar en contra porque non estamos de acordo con que as axudas sean condicionadas nin para parques nin para outra cousa, nin para parques nin para outra cousa. Eu entendo que, que teñen que facer oposición, entón, cada, cada pleno, de forma recurrente, pois traedes unha nova alternativa, é facer oposición e como diputados provinciales é construir na base da autonomía local que nós defendemos, porque nós defendemos un financiamento local con subvencións incondicionadas, que sean os alcaldes, as alcaldesas, os gobernos dos distintos concellos os que tomen as súas decisións. Pero sorpréndeme moito Sr. Moldes, porque este debate xa o tivemos na Sede da Fegamp e na Sede da Femp e aí os alcaldes do partido popular defenden a autonomía local e defenden que non se lle condicione as, as accións nin as subvencións, por unha sinxela razón, se nós sacamos do Plan Concellos ahora dous millóns de euros e os adicamos a parques infantís estamos obrigando a todos os alcaldes, a todos os concellos que fagan un parque infantil, cando ó mellor eses cartos os queren destinar a outra necesidade que ten a súa cidade, a súa vila e o seu pobo. Eu creo que insistimos de forma continua, de forma reiterada, que crean na autonomía local, que crean na democracia, que crean neses cidadáns e nesas cidadás que votaron ós seus concelleiros e os seus concelleiros votaron ós seus alcaldes. E veñen vostedes aquí a pedir que lle digamos ós alcaldes e ás alcaldesas que teñen que facer nos seus pobos, non, eles son os que deciden, porque así o decidiu os cidadanos, eles teñen os recursos para adicar ás súas prioridades. Non creemos no café para todos, volvo a dicirlle, creemos na autonomía local, así que, non imos a apoiar proxectos de axudas que se dediquen e se decidan por outras administracións, teñen que ser os concellos os que podan decidir. A vostedes gústalles máis impor axudas ou incluso ser capaces, ¿non?, de decir o que hai que facer nos distintos concellos, ese, Sr. Moldes, é un modelo antiguo, permítame que lles diga, incluso, é un modelo caciquil. Pero falando de cifras e falando de números no ano dous mil tres ó ano dous mil quince, o anterior, a anterior Presidencia do Partido Popular nesta Diputación, adicou cinco millóns douscentos sesenta e sete mil setecentos euros a parques infantiles, no que levamos de mandato, que eso significa catrocentos trinta e oito mil euros cada un dos anos de mandato do Partido Popular nesta Diputación. Ese é o famoso plan que tiñan de parques, un plan que se sacou a última hora de prisa e correndo nun período electoral como todo o que fan. Nós creemos nos cidadáns non creemos nos períodos electorais. Nós no ano dous mil dezaseis adicamos oitocentos sesenta e nove mil cento cincuenta e un, moito máis que os catrocentos trinta e oito mil novecentos dezaseis que adicaron nos gobernos do Partido Popular. Pero adicamos nos concellos que eles o solicitaron, o adicamos nos concellos que os alcaldes e as alcaldesas seleccionaron, pero no ano dous mil dezaoito o Partido Popular, por ese prorrateo, invertiría catrocentos trinta e oito mil euros en parques infantiles, no ano dous mil dezasete esta nova Diputación invertiu en parques infantiles oitocentos dez mil catrocentos cincuenta e cinco euros, nos concellos que os seus alcaldes e as súas alcaldesas decidiron que querían invertir en parques infantís. Este goberno non vai impor inversións ós concellos sean do cor político que sea, este goberno vai a respectar a súa autonomía, vostedes lles obrigan a ter que facer as obras e vostedes decidían que obras se tiñan que facer, nós non vamos a entrar nese xogo. Vostedes tomaban as decisións que tiñan unha única motivación electoral, nós deixamos ós concellos que tomen as decisións. Todas as obras de parques infantiles da etapa do Partido Popular aprobáronse un mes antes das eleccións municipais. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Regades. Sr. Moldes ten vostede a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Si, Sr. Regades, como eu vexo que vostede domina a lectura, no orden do día, cando falaba que nós tiñamos que falar para decir algo, no orden do día, si vostede le, ó final si quita os puntos do Partido Popular é que non hai nada, logo, cando nos di que é por falar, no, é que aquí o único grupo que traballa nos plenos e que os prepara, e que trae propostas é o Partido Popular, si vostede retira todas as mocións que presenta o Partido Popular o pleno queda baleiro, non ten contido. E despois por outro lado, usted fala de sacar, eu creo que non entendeu ou non leu a moción, nós non falamos de sacar falamos de poñer, pero, ¿que sucede?, falamos de poñer algo que teña unha demanda real, logo á parte do Plan Concellos se poden facer líneas específicas como vostedes fan no que queren, vostedes fan líneas específicas para o compostaxe, vostedes fan líneas específicas para os, neste caso, para as comunidades de montes, e nalgúns casos que non teñen moito éxito, inda que despois se di que se vai a volver a abrir un prazo porque tuvo moito éxito, realmente se abre un plazo porque non tuvo éxito. Logo, conforme á parte do Plan Concellos se quitan outro tipo de líneas, pois non pasa nada, pero, por favor, entendan o que nós lle propoñemos. Nós non falamos de sacar do Plan Concellos, bastante lle sacan xa, xa lle sacaron axudas ós colectivos culturales, colectivos sociales, asociacións de veciños, nós non falamos de sacar, falamos de poñer. Logo, conforme vostedes quitan líneas específicas fóra do Plan Concellos quiten unha nova. Logo, está moi ben falar de democracia, de non sei canto de bum, bum, todo moi ben, pero, ¿nós por que temos que traer esto aquí?, porque vostedes non queren recibir ós alcaldes, nós o único que estamos facendo é trasladar peticións dos alcaldes, toda autonomía dos alcaldes, nós nos reunimos periodicamente cos alcaldes en cada comarca e eles son os que nos trasladan a nós as peticións para traer a estes plenos. Nós o único que estamos facendo é de portavoces deses alcaldes, que é o que deberían de facer vostedes, pero si vostedes nos veñen aquí a dar unhas leccións, que queda moi ben, o papel, como dicía o Sr. Mosquera soporta todo, os eslogans quedan marabillosos, democracia, no se cuanto, moi bonito todo. ¡Ah!, os feitos, os feitos son que vostedes ¿hai cantos alcaldes con petición e solicitude de reunión que non son recibidos nesta casa?, ¿cantos colectivos pediron reunión nesta casa e no son recibidos?. Eso é democracia, ¡eh!, e é a súa obligación recibir alcaldes, colectivos, sexan da cor política que sexan, porque vostedes por moito que repitan e digan “non, é que antes”, mira, antes non sei pero aquí se recibía a todo o mundo e proba delo está as inversións que se fixeron, que se fixeron en todos os concellos. Logo por moito que vostedes queiran repetir aí están os feitos. Hoxe en día nesta casa temos un asesor que antes era alcalde que foi no seu día o que máis recibiu daquela libre designación, por moito que digan vostedes. Logo, está moi ben o que din pero vostedes non reciben nin a colectivos, nin a veciños, nin a alcaldes e eso é democracia, eso é democracia o demais é palabrería barata. Logo nós o que lle pedimos, como vostedes non reciben ós alcaldes, é que os escoiten e que non lle quiten do Plan Concellos, que lle poñan, fácil non quitar … Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Moldes. Sr. Regades ten … Sr. Regades Fernández.- ¡Ai señor!. Vamos a ver Sr. Moldes, a verdade que eu lle recoñezo a súa valentía, ¿non?, porque di cousas que hai que ser valientes para, para poder decilas. Eu recoméndolles, si, si, e, ustede dice “que este grupo leemos”, eu recoméndolle que lea un pouco máis, que traballe un pouco máis e seguramente se lera un pouco máis e traballara un pouco máis, pois, non traia estas mocións que trae ó pleno, porque me parece o milagro dos peces e dos panes di “¡ah!, eu non lle falo de sacar, lle falo de poñer”, oigan, ustede é diputado, ¿que me vai dicir?, e na súa bancada hasta ten algunha muller que voi Interventora da función pública. ¿Me vai dicir que se pode poñer sin sacar?. ¿Usted que me está dicindo?. ¿Usted que me está dicindo?. Ten que haber un equilibrio, os orzamentos son así, ingresos e gastos, e ten que estar equilibrado si usted dice que pon, ¿de donde quita?, usted está facendo trampa, como sempre, o Partido Popular sempre fai trampa. Os alcaldes nesta nova Diputación, non sólo os recibe a Presidenta, que os recibe a todos, sin importar o seu cor político, todos os diputados non sólo recibimos cando nos solicitan senón que lles collemos os teléfonos a todos os alcaldes, sean do cor político que sean, a calquer hora do día ou da noite, Sr. Moldes, do día ou da noite. E e se quere pregúntelle os seus alcaldes, ós do Partido Popular, se o que estou dicindo é verdade ou e mentira, porque lle van a dicir que é verdade. E despois, claro, me dicía un eslogan que a min me encanta, ¿non?, falan os feitos, é verdade, falan os feitos, e os feitos desta nova Diputación é que creemos na autonomía local, que creemos e dicimos que decidan os alcaldes. E claro, antes lle dicía que, que leran un pouco máis e que eso lle faría traer a este pleno mocións máis construtivas e agora tamén lles digo traballar un pouco máis, ¿non?. Porque a verdade, que nos digan que estas mocións son de traballo, ¿non?, estas mocións son recurrentes, ustedes en cada unha das accións que hai, en cada un dos plenos que hai, pois, nos veñen co mismo, hai que facer un plan especial para facer campos de fútbol, hai que facer un plan especial para facer parques infantís, hai que facer unha moción especial para traer campos de petancas, non señor diputado, o que temos que conseguir é que os alcaldes e as alcaldesas decidan e van a decir ben, e van a ser capaces de que fagan as actuacións nos concellos que os veciños e veciñas requiren, porque lle volvo a dicir, se eu fago un plan de parques infantiles, se construirán parques infantiles en sitios que non se necesitan, por non perder esa partida, en cambio se lle dou unha partida incondicionada as alcaldesas e os alcaldes decidirán en que queren asignar e donde os recursos que dende aquí, dende este Plan Concello, un dos Plans Concellos máis ambiciosos de España e por suposto o Plan Concellos con máis recursos da historia da Diputación adicamos dende esta nova Diputación. Gracias. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Regades. Sr. Moldes ten dous min… Sr. Moldes Martínez.- Si, dúas cousas, e, unha… Sra. Presidenta.- Ten a palabra, si, pon, pon, marque. Sr. Moldes Martínez.- A ver, e, Sr. Regades, varias cousas. Volvo a decir que está moi ben que vostede diga aquí que reciben a todo o mundo, eu non sei si os alcaldes logo protestan por protestar, eu a última semana, a última semana escoitaba ó alcalde de Sanxenxo, a alcaldesa de Oia, eu, a de Moraña, logo, hai moitísimos alcaldes, ¿nos pode dicir cantas solicitudes ou si quere llo pedimos por escrito?, que nos diga a relación de solicitudes que hai con peticións de reunións coa Presidenta dos alcaldes da provincia, ¿si quere llo, llo pedimos por escrito?, tamén lle pedimos por escrito que nós dixeran un informe do que levan gastado no compós, aínda no recibimos, logo si quere tamén lle pedimos que, por escrito, que nos diga ¿cantos colectivos pediron reunións coa Presidenta e a día de hoxe non foron recibidos? Ou, ¿cantos colectivos pediron intervir no pleno e non, non se lle foi permitida?, ¿se quere llo pedimos por escrito?, non hai ningún problema, si vostede prefiere leelo en vez de escoitalo llo pedimos por escrito. Sra. Presidenta.- Sr. Regades, por favor. Sr. Moldes Martínez.- Logo, a partir de aí como vostede fala que escoitan a autonomía, vostede ¿me pode dicir cantos concellos fixeron a solicitud, por exemplo, do tema das comunidades de montes?. Logo si vostedes recibiran ós alcaldes, si vostedes escoitaran ós alcaldes e si vostede o que di pa fóra o metese para dentro e realmente creese que os alcaldes teñen autonomía os recibirían sin ningún problema. Vostedes hai unha petición, si pode evite interrumpirme que eu escoite a vostede sin ningún tipo de problema. Sra. Presidenta.-Si, Sr. Regades, por favor, deixe que remate. Sr. Moldes Martínez.- Logo, e, moitas gracias Sra. Presidenta. Logo, si vostede, si vostede mira nese rexistro de entrada cantos alcaldes solicitaron reunións se vai a dar conta que está equivocado, eu non quero dicir que vostede minte, como vostede nos acusou a nós, eu digo que vostede está equivocado ou non ten a información correspondente, pero son varios os alcaldes, os colectivos que piden reunións e non son recibidos. E nós para, ó mellor para vostede invertir en parques infantiles e un gasto para nós é unha inversión e entendemos que é unha inversión necesaria. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo. Sr. Regades, por favor. Como o Sr. Moldes fixo tantas alusións á Presidenta da Deputación me vexo na obriga no mesmo seu bo tono respostarlle que eu recibo a todos os alcaldes, con dúas excepcións, e xa para que quede claro e o saiba todo o mundo, eu non vou a recibir ós alcaldes e ás alcaldesas que me insultan gravemente, que o saiba vostede, non os vou a recibir por unha cuestión de principios, non os vou a recibir e os insultos ou me gusta, os insultos o sabe todo o mundo, sabe incluso hai unha sentencia, polo tanto, non os vou a recibir, cosa distinta é que non vaia atender as súas reclamacións, que eso si que o vou facer pero recibilos e quitarme fotos con xente que descalifica gravemente, xa lle digo que non o vou a facer. Dous, tampouco me vou a reunir con alcaldes que son produtos de moción de censura e tamén é por unha cuestión de principios de esta Presidenta, que vostedes poden considerar que son adecuados ou inadecuados, porque teñen vostedes a libertade de facer as valoracións, pero tamén para que o saiba toda a xente non me vou a reunir cos alcaldes e alcaldesas produtos de mocións de censura porque vai en contra dos meus principios políticos, e polo tanto, que quede claro, eso sí vou a tender as súas reclamacións que as poidan presentar. Con todo o resto dos alcaldes me reunín absolutamente con todos, eu teño un listado moi grande de alcaldes donde o Partido Popular non soamentes non os recibiran nunca si non que nin sequera foran a ese concello, estamos a falar de Silleda, de Catoira, de Caldas, de Poio, de Tomiño, da Guarda, eses alcaldes que non eran do Partido Popular, solicitaban unha e mil veces reunións e non se lle daban cos gobernos do Partido Popular, non soamente eso, Sr. Moldes, esos mesmos alcaldes teñen solicitado entrevistas coa Xunta de Galicia para temas tan importantes que son competencia da Xunta de Galicia que, como que ten que ver coa auga e sabe que levan seis anos, sete e oito esperando a ser recibidos. Polo tanto, claro, esta Presidenta leccións non admite ningunha, eu podo cometer erros e se os cometo os asumo non hai ningún problema, non fago todo ben, llo aseguro, Sr. Moldes, sería perfecta e non son perfecta, pero eu teño recibido o todos os alcaldes e alcaldesas, a todos os que me solicitaron coa excepción de esas dous valga a redundancia, excepcións, e non os vou a recibir. Que quede claro tamén que non significa que non lles preste atención que lla vou a prestar exactamente igual, a mesma, pero non só eu, ¿eh?, todos os deputados e as deputadas que están aí, todos, se teñen reunido cos alcaldes e as alcaldesas, como nunca se fixo, como nunca, exactamente igual, Sr. Moldes, que con todos os colectivos que o solicitan, todos, eu todas as semanas teño unha carpa, unha carpeta vermella que pon presidencia, con todas as peticións, e os recibimos a todos e a todas e senón o fago eu o fan os deputados e as deputadas, todos, non hai colectivo que non recibamos, a todos os que solicitan absolutamente a todos para que quede claro, ¿verdad?, porque as mentiras, as falsedades, as medias verdades teñen as patiñas moi cortas e hai que aclararlle á xente a verdade, a todo o mundo recibimos como nunca, miles de reunións, non centos, miles de reunións con colectivos de todo tipo, por certo moitos deles non eran recibidos antes, agora todos, absolutamente todos e os alcaldes e alcaldesas exactamente igual. E mire, Sr. Moldes, todas as preguntas e informes, que vostedes nos piden todos, respostamos a todas as preguntas, a todas as peticións de documentación e informes e certamente hai ocasións en que o que se pide obriga aos técnicos a elaborar informes e leva un pouco mais de tempo pero non se preocupe vostede, vostede o sabe ademais, Sr. Moldes, que non hai nin unha sóla pregunta, petición de informe que vostedes teñan feito que non lles respostemos, tanto a vostedes como ao deputado de SON, a todos, sempre respostamos unhas veces máis rápido e outras veces con un pouco máis de tempo porque os informes levan moito tempo, e os elaboran funcionarios, ¿eh?, e polo tanto, temos que ter unha flexibilidade para facelo. E polo tanto, o que non se pode vir aquí é a faltar a verdade, eso é o que non se pode facer, así que para que quede claro recibimos a todos os alcaldes e alcaldesas, a todos, por certo, máis dunha vez, algúns dez, quince e vinte veces, ¿eh?, e moitos do Partido Popular, ¿eh?. Contestamos a todos os informes e preguntas e recibimos a todos os colectivos, absolutamente a todos, como nunca tiña acontecido, porque me parece que é bo que a xente saiba estas cousas, por eso ahora aclarado despois das súas, reclamacións á Presidenta eu lle quero contestar. E por último, mire, cando chegamos a este goberno por primeira vez na historia da Deputación, cuarenta anos, cuarenta anos gobernados por vostedes, o Partido Popular, por primeira vez se fixo unha convocatoria a todos os alcaldes e alcaldesas desta provincia para presentarlle o Plan Concellos, todos aplaudiron, estiveron de acordo, non presentaron ningunha alegación e, polo tanto, esa reunión que vostede pide é que xa se produxo, así de claro tamén para que quede claro. Por primeira vez en cuarenta anos, nunca se lles tiña convocado a todos para plantexarlles un modelo de financiación, tamén para que quede claro, por que claro vostedes van dicindo estas cousas e van quedando e para que non haxa ningunha dúbida de como actúa esta Deputación. Sometemos a votación esta moción do grupo do Partido Popular que solicita un plan de dotación de parques infantís. ¿Votos a favor da moción?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado por catorce votos en contra, doce a favor e unha abstención. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) pola que solicita un plan de dotación de parques infantís para os concellos de menos de 50.000 habitantes. 4.6988.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL MIXTO PARA INSTAR Ó GOBERNO DO ESTADO A QUE TRANSFIRA A GALIZA A AUTOESTRADA AP-9 Sra. Presidenta.- Pasamos agora ó punto catro da orde do día. Moción do Grupo Provincial Mixto para instar ó Goberno do Estado a que transfiera a Galicia a autoestrada AP-9. Ten a palabra o representante de Son, o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos. Como todas sabemos a autopista do Atlántico é unha vía fundamental para Galiza, pois vertebra todo o territorio de norte a sur dende Ferrol ata Tui, cumprindo ademais un papel importante na dinamización socioeconómica do eixo atlántico. É unha infraestrutura viaria que ademais carece de alternativa, posto que a N-550 non ten a mesma capacidade. A AP-9 continúa hoxe en mans privadas, tras máis de trinta e sete anos. Esta é unha historia de intereses contrapostos: os de unha concesionaria privada por un lado e os da poboación galega por outro. Os ingresos de Audasa corroboran o negocio rendíbel que lle supón a AP-9, aumentando a súa recadación nun 2,8%, o beneficio neto é máis de un 20%, e deixando un resultado positivo de máis de dezasete millóns de euros. A poboación galega deixa na AP-9 máis de 350.000 euros cada día, sospeitoso que a recadación subise tan pouco ... neto tanto. Esto ocorre porque a concesionaria en lugar de investir en melloras de infraestruturas e mantemento de emprego prefire repartir dividendos, a isto se lle suman as deplorablas condicións laborais que coñecemos debido ó terrible falecemento dun traballador nas obras da Ponte de Rande e a través das denuncias do sindicato CIG, que xa viña advertindo de esta situación mentras a concesionaria e o Ministerio de Fomento facían oídos xordos. Con estes datos, temos claro que Audasa non está sendo xestora para prestar un servizo senón que é xestora para sacar o maior rendemento posíbel. O Parlamento Galego votou por unanimidade a transferencia da AP-9 a Galiza, e resulta polo tanto inaceptable que o Goberno do Estado non asuma democraticamente as solicitudes unánimes do Parlamento Galego. Con esta transferencia consideramos que o control da concesionaria estaría en mans da Xunta de Galiza, e polo tanto, a posible denuncia de incumprimentos por parte da empresa estaría radicada no noso país e nosas serían as ferramentas para posibles sancións ou denuncias do convenio. A partir de aí haberá que pelear no parlamentiño por ese control, máis iso xa non correspondería a día de hoxe a esta Institución senón que serían as nosas representantes en Santiago as que terían que partirse a cara. En todo caso, estas medidas que propoñemos as facemos dende o criterio de dar solucións inmediatas, dende a nosa formación a nosa posición é clara e queremos camiñar cara a nacionalización de esta e outras infraestruturas básicas. Dende o inmediato, propoñemos a esta Institución un posicionamento político que veña a reforzar as peticións aprobadas por unanimidade no parlamentiño. Moitas grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas, grazas señor ... Vou a intervir eu por parte do BNG. Evidentemente, vamos a votar a favor aínda que tanto na exposición de motivos como na presentación, a ver, queda como bastante pouco elegante a actitude de, do propoñente, ¿verdad?, en canto que a proposta no Parlamento Galego foi do BNG, ¿eh?, e xa pasou ó Estado e xa vai tal, digo, xa ten todo un percorrido bastante elevado e agora traela aquí a Diputación, sin citar cal foi a orixe, bueno, como que soa un pouquiño, soa un pouquiño a oportunismo se se quere, pero, evidentemente, no fondo estamos de acordo, faltaría máis, dado que a proposta no Parlamento Galego fora da nosa forza política e polo tanto vamos a, vamos a votar a favor. Sr. Regades. Esto era ... Sr. Regades Fernández.- Estoy, estoy yo. Ya está, ya está, Mosquera. Bos días, non vou a usar o tempo todo, así que ... Bos días a todas e a todas novamente. Dúas cousas, ¿non?, eu a verdade é que comparto parte da reflexión que fai o Vicepresidente, ¿non?, nós estamos a favor tamén de esta moción porque así o fixemos no Parlamento de Galicia, ¿non?, parlamentiño non sei o que é. O Parlamento de Galicia, donde ten a soberanía de todas as galegas e todos os galegos, o que nós respectamos, e aí fíxose un debate que foi aprobado por todas as forzas políticas, e que nós respectamos, co cuál non entendemos que a mesma moción copiada e pegada de forma mimética estemos debatindo nas catro Diputacións e en distintos concellos onde, nos poucos concellos onde vostedes teñen representación, ¿non?, cando xa foi debatida e engadida nos distintos sitios. Agora, eso sí, xa que a traemos aquí ó seno da Diputación de Pontevedra, a reflexión que se fai dende este grupo e as emendas que lle fixemos de engádega, son unhas emendas relacionadas coa provincia de Pontevedra, porque todos sabemos a perigosidade que temos nestes momentos nas conexións entre distintas zonas da provincia de Pontevedra, dende Curro ata Vigo, dende Pontevedra ata Vigo, nestes momentos non temos un vial alternativo, esa autovía que vai retrasada por parte do Goberno de España, pois sería alternativa gratuíta para comunicar, pois Vigo, o norte de Pontevedra, pois de forma fluída e de forma tanto no tráfico de, de pasaxeiros como de mercadorías, ¿non?. Por eso reclamamos e poñemos de engádega que instamos ó Ministerio de Fomento a que se suprima a AP-9 e a súa peaxe en todo o tramo de Pontevedra-Vigo, ou polo menos, mentras tanto non se constrúa a autovía de conexión de Curro hacia Vigo, que pasa polo aeroporto da provincia de Pontevedra. E tamén, queremos instar, como xa fixemos así no concello de Vigo e iniciativas que xa tamén se, que tamén se tomaron nos concellos de Redondela, tanto de colectivos veciñales como de colectivos sociales e políticos, instar ó Ministerio de Fomento a que a autoestrada sexa utilizable entre a Avenida de Buenos Aires e o centro de Vigo en todas as súas direccións adoptándose ademais as medidas necesarias para minorar o impacto tanto acústico como visual que nestos momentos supón esta autopista, á súa entrada na cidade de Vigo. Así como levar a cabo unha adecuación completa e que se faga deste tramo un tramo urbano con parámetros de pintura, sinalización, etc., etc. Co cuál o que lle pedimos é que se engada o punto cuarto e quinto á súa moción. Instar ó Ministerio de Fomento a que se suprima a peaxe, a peaxe na autopista AP-9 entre Vigo e Pontevedra, pois é unha necesidade e é unha reclamación histórica, tanto dos veciños e das veciñas do entorno da cidade de Pontevedra, como dos veciños e veciñas de Redondela e como os veciños e veciñas de Vigo, porque nestes momentos estamos completamente aislados, e repítolle, como xa fixemos aquí nalgún pleno, que a autopista, a AP-9, no seu tramo entre Redondela e Vigo é a autopista máis cara de toda España, é o tramo máis caro de toda España, sólo hai un tramo que sea máis caro que ese, somos o segundo tramo máis caro, o seguinte máis caro é o túnel do Guadarrama, e a verdade a infraestrutura que hai de entre Redondela e Vigo cremos que non está xustificado, pois ese sobrecoste para levar ese segundo premio de coste no custo do peaxe no custo da autopista. Entendemos que si, se sumarán a estas dúas engádegas que lle facemos á súa moción co cuál o voto deste grupo vai a ser un voto favorable. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Regades. Sr. Bas. Sr. Bas Corugeira.- Boas tardes. Gracias Presidente, sempre me coincide con vostede, xa temos aquí un lazo de, de unión, vamos alá. Ben, efectivamente, esta moción, pois xa foi debatida no Parlamento de Galicia, foi aprobada por unanimidade e nós, bueno, desde esta bancada, pois vamos tamén a dar o noso apoio, unido tamén a ese desgraciado accidente que se produxo en datas recentes ¿non?, entendemos que, e, o tema laboral, pois ten que estar controlado, e bueno eu creo que os tres puntos que se plantexan ai, e, o último, este concretamente si cabe, pois debe ter un maior, e, control, un maior seguimento e para que non se produzan temas como os que aconteceron, traxicamente, ¿non?. Nós tamén incluímos unha, unha emenda, xa o apuntei na comisión correspondente, relacionada coa supresión do peaxe no tramo de Rande. Hoxe, bueno, hai un punto que presenta o Partido Socialista, efectivamente, instar a Fomento para que suprima a peaxe no tramo, todo o tramo Pontevedra-Vigo, pero o que me quedou, non sei, a dúbida, é que o dixeron de forma provisional, esto quere dicir que o tramo, o tramo de Rande tamén sería contemplado como provisional. Eu entendo, desde este grupo entendemos que o tramo de Rande ten unha singularidade especial. O Sr. Regades xa apuntaba, efectivamente, que é o tramo, máis caro, sin ter en conta os túneles, de toda a rede de autopistas de toda España, e que non ten un sentido de infraestrutura para repercutir este coste. Facendo un pouco de memoria, e por iso pido a individualidad e a singularidade de esta moción, con esta emenda, que se acepte a emenda do Partido Popular, porque, repito, Chapela e Rande, cando foi, facendo un pouco de memoria, pois aquela época en donde si se conseguiu a supresión do peaxe no, na ponte, tamén estuvo metida na reivindicación de supresión de ese peaxe. Naquel momento, unha das cuestións que se alegou para que Rande quedara fóra do acordo foi que non había unhas medidas de seguridade no entorno da salida para asumir tanto tráfico de entrada e salida na, na, na autopista, na autoestrada. Hoxe eso xa non está, xa non está ese problema, hoxe hai unha rotonda que permite a entrada con fluidez do tráfico nas nacionales e, bueno, eso, por outro lado, ten un coste determinado e xa estudado, co cuál, bueno, pois eu creo que a singularidade de supresión nese punto de peaxe, bueno, pois se faría xusticia a todo este agravio comparativo que durante todos estes anos estuvemos pasando o Concello de Redondela. Por outro lado, esta reivindicación está solicitada, pois dende fai anos, de todos os grupos políticos do concello, asociacións culturais, asociacións de empresarios, e, clubs deportivos, comunidades de montes, asociacións veciños, representantes de anpas, o sea, é un clamor contra este peaxe polo inxusto que é. Estamos de acordo tamén que se podían reivindicar moitísimas máis cousas porque a ampliación da peaxe está, da autoestrada está facéndose, hai unhas reivindicacións feitas, desde o Concello de Redondela, a diputada de Redondela que teñen nas súas filas o sabe, apoia, pois temas de pantallas acústicas, ruídos, contaminación, etc., etc. Estamos de acordo, estamos de acordo no pleno e creo que aquí vamos a estar de acordo igual. Entón, eu pediría que se mantivera, o señor representante, o Sr. Jácome, a nosa singularidade, que se tratará como algo singular e, bueno, porque si se inclúe dentro de que da, da petición do punto catro que din os do Partido Socialista de incluír de supresión de toda a peaxe quedaría diluída e ó mellor non tratada coa singularidade que se merece, por ese agravio que estamos tendo, un agravio comparativo de ter que soportar a autopista ten que soportar as ampliacións e inda por encima pagar o peaxe máis caro de toda España, suprimindo o tema dos, dos que son os túneles. Moitísimas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Bas. Sr. Enríquez, Sr. Jácome, ahora son tres minutos. Sr. Jácome Enríquez.- Si, centrándonos no que son as emendas presentadas senón en debates sobre se o Parlamento Galego é ou non é plenamente soberano que sería un debate longo, longo, e, aceptamos as engádegas propostas tanto polo Grupo do Partido Popular como polo Grupo Socialista. Nós entendemos que o punto catro, que propón o Partido Socialista xa incluiría a emenda do Partido Popular, pero bueno, se o eméndante do Grupo Popular prefire que vaian por separado tampouco temos inconveniente. Grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Jácome. A ver nós, non temos ningún problema en aceptar as, en aceptar as, que se inclúan as tres, co cuál pasaría a ter seis puntos, non sei, pararía a ter seis puntos, e, ¿algunha intervención mais ou procedemos a votación?. Ben, pois procedemos á votación. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos deputados e deputadas presentes que se non me engano son vinte e seis, ¿non?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e coa aceptación das emendas presentadas polo Grupo Provincial do Partido Popular (punto 6) e polo Grupo Provincial Socialista (puntos 4 e 5), o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Mixto para instar ó Goberno do Estado a que transfira a Galiza a Autoestrada AP-9. Dita Moción é como segue: “Como todas sabemos, a autopista do Atlántico é unha vía fundamental para Galiza, pois vertebra todo o territorio de norte a sur, dende Ferrol ata Tui, cumprindo ademais un papel importante na dinamización socioeconómica do eixo atlántico. É unha infraestrutura viaria que carece dunha alternativa ao mesmo nivel, posto que a N-550 non ten capacidade para absorber todo o fluxo de tráfico que se move por este eixo. A AP-9 continúa hoxe en mans privadas, tras máis de trinta e sete anos, mais debería ter rematado fai tempo se o señor Aznar non ampliase a súa concesión no 2001 até o 2048. A AP-9 é hoxe unha historia de intereses contrapostos; os de Audasa por un lado e os da poboación galega por outro; e é esta última a que sempre sae perdendo moitos cartos; pois os ingresos de Audasa corroboran o negocio rendíbel que lle supón á AP-9; aumentando a súa recadación nun 2,8%, o beneficio neto máis dun 20% e deixando un resultado positivo de máis de 17 millóns de euros; a poboación galega deixa na AP-9 máis de 350.000€ cada día. É sospeitoso que a recadación subise tan pouco e o beneficio neto tanto; isto ocorre porque Audasa en lugar de investir amontoa os ingresos; ademais de reducir case 100 postos de traballo dende hai 13 anos, aumentar as cabinas automáticas “auto-servizo” e amosar un desleixo absoluto cando se producen numerosos atascos sen levantar as barreiras. A isto se lle suman as deplorables condicións laborais que coñecementos debido ao terrible falecemento dun traballador nas obras da Ponte de Rande e a través do sindicato CIG. Con estes datos, está claro que Audasa non está sendo xestora para prestar un servizo senón que é xestora para sacar o maior rendemento posíbel. Hoxe en día, ir de Ferrol ata Vigo pola AP-9 supón máis de 20€ en vehículo privado (e máis de 43€ para outro tipo de vehículos), esta autopista ademais de ser das máis cartas do Estado tampouco ofrece descontos para usuarios habituais como si sucede noutras vías de alta capacidade do estado español. O Parlamento galego votou por unanimidade a transferencia da AP-9 a Galiza, incluído o Partido Popular, proposta que foi vetada de novo polo PP dende o Ministerio de Fomento alegando custes que ascenderían a 4.300 millóns de euros; un argumento absurdo se temos en conta que se reclamaba a transferencia de competencias e non o rescate; a transferencia tería custe gratuito. Resulta por tanto inaceptable que o goberno non asuma democraticamente as solicitudes unánimes do Parlamento galego. Polo anteriormente exposto, proponse a debate e a votación, se procede, as seguintes cuestións: 1.- Instar ao goberno español e ao Ministerio de Fomento a que transfira a AP-9 a Galiza dando cumprimento á demanda unánime acadada no Parlamento Galego para que se faga efectivo dito traspaso. 2.- Instar á Xunta de Galiza a que se dirixa a Fomento para pedirlle que non vete as propias de lei do Parlamento galego relativas á AP-9 e permita a súa normal tramitación no Congreso. 3.- Instar ao Ministerio de Fomento a que pida explicacións a Audasa respecto ás condicións laborais nas obras da Ponte de Rande que executa a UTE Dragados e Grupo Puentes. 4.- Instar ó Ministerio de Fomento a que suprima na AP-9 a peaxe en todo o tramo Pontevedra-Vigo. 5.- Instar ó Ministerio de Fomento a que a autoestrada sexa utilizable entre a Avenida de Buenos Aires e o centro de Vigo en tódalas direccións, adoptándose ademais, as medidas necesarias para minorar o impacto acústico en todo o tramo urbano, así como a levar a cabo unha adecuación completa de toda este tramo no relativo a parámetros de pintura, sinalización, etc. 6.- Instar ó Ministerio de Fomento a que suprima na AP-9 a peaxe de Rande como se vén reivindicando, dende fai anos, polo Concello de Redondela e dende distintos colectivos veciñais, sociais e empresariais desa Vila.” 5.6989.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Vamos a parte de …, asuntos fóra da orde do día, non hai. Información e control. Non houbo. b) Parte de información e control: 6.6990.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XUÑO DE 2017 Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente a xuño dous mil dezasete. ¿Algunha intervención, aclaración, suxerencia?. Ningunha. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación da Escola Universitaria de Enfermería e do Consocio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de xuño de 2017 que se expón a continuación: INFORME DO PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XUÑO DE 2017. Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Xuño -12,0938444777 4.070.330,18 26,6209195694 30.542,12 -11,8055080257 Escola de Enfermería Xuño 0,0000000000 0,00 0,0000000000 0,00 0,0000000000 Consorcio de Incendios e Salvamento Xuño -8,0589893769 1.007.832,31 0,0000000000 0,00 -8,0589893769 TOTAL 5.078.162,49 30.542,12 -10,9495441456 A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 21 de xullo de 2017 tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xuño de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014 de 25 de xullo polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas, o Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xuño de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. 7.6991.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN RELATIVO Ó CUMPRIMENTO DURANTE O 2º TRIMESTRE DO 2017 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sete. Dar conta do informe de intervención relativo ó cumprimento durante o segundo trimestre de dous mil dezasete dos prazos de pago de obrigas en relación, bueno. ¿Algunha…, comentario, intervención?. Non hai. Queda dado conta. A Lei 15/2010 de modificación da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra, Escola universitaria de Enfermería e Consocio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 2º trimestre de 2017, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 2º TRIMESTRE DE 2017 1. Con referencia a data de rexistro da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 19 9 3.661 6.699.809,12 € 177 1.466.173,80 € Escola de Enfermería 23 3 8 5.911,20 € 2 2.032,80 € Consorcio de Bombeiros 22 0 11 1.233.118,09 € 0 0,00 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Plazo Fóra Período Legal Plazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe Total Deputación de Pontevedra 72 213 523 1.092.924,56 € 13 515.173,90 € Escola de Enfermería 27 0 5 2.326,21 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 2. Con referencia a data da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Plazo Fóra Período Legal Plazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 28 43 3.014 5.047.158,01 € 824 3.118.824,91 € Escola de Enfermería 24 36 8 5.911,20 € 2 2.032,80 € Consorcio de Bombeiros 22 0 11 1.233.118,09 € 0 0,00 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Plazo Fóra Período Legal Plazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación de Pontevedra 53 190 662 1.977.834,97 € 92 644.774,90 € Escola de Enfermería 28 0 5 2.326,21 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 332 4 284.787,37 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € En base ós cálculos detallados neste informe podemos concluír que se cumpre co prazo de pago a provedores legalmente establecido. A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 21 de xullo de 2017 tivo coñecemento do contido do informe trimestral do Servizo de Intervención sobre o cumprimento dos prazos de pago de obrigas durante o 2º trimestre de 2017, pola Deputación de Pontevedra, Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De acordo co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno queda enterado do contido do informe trimestral do Servizo de Intervención sobre o cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, dos prazos de pago de obrigas durante o 2º trimestre de 2017. 8.6992.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente ( Sr. Mosquera Lorenzo).- Oito. Dar conta das resolucións presidenciais, estaban na carpeta, supoño que todos os grupos as miraron. ¿Algunha aclaración, intervención?. Ningunha. Queda dado conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 24 de xuño e 21 de xullo de 2017 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 9.6993.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Nove. Rogos e preguntas. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si, é, antes cando falou a Presidenta medio nos dicía que mentiamos, e, podríamos traer unha relación pero vou a preguntar sólo por un colectivo, nós queriamos preguntar si, ¿a Asociación de Mourente de Moldes foi recibida por algún político de esta institución?, como se nos asegurou que todas as asociacións foron recibidas, nós preguntamos simplemente por unha, xa. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Eso podo aclararllo eu, e, ese, ese asociación ou esa suposta asociación, que non sei si tan sequera está constituída, creo que no rexistro non está, pois resulta que debeu de pedir entrevistas con, bueno, pois seis ou sete concelleiros de Pontevedra, seis ou sete diputados de aquí, á parte de tal, bueno, como parece ser que o asunto era Príncipe Felipe recibeuno o Director de Príncipe Felipe, que por certo meteulle unha cámara, e fíxolle fotos sin permiso, ¿eh?, para que se vexa de que estamos falando, ¿vale?. Polo tanto, entendeuse que estaba o, pois co seu problema que era con Príncipe Felipe, en concreto máis cos, que non sei que, que si lle gustaban uns lombos previstos ou non, pois, e, douse por zanxado porque entre outras cousas non sabíamos a quen remitilo, porque si pide para sete está claro que non está nada claro, ¿non?, en ese caso concreto, e, esa é a resposta. Como o problema afectaba ó concello naquel momento, polo concello si, asegúrollo … Sr. Moldes Martínez.- Sr. Mosquera non me de voltas, a ver, a pregunta é simple, ¿algún político recibiu a ese colectivo desta casa?. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Pero si pide con sete, a, ¿con quen está pedindo?, ¿que quere?. Sr. Moldes Martínez.- A ver, é fácil de todo, ¿si o no?. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- O problema, o problema que plantexou coñecémolo, foi plantexado e punto. Sr. Moldes Martínez.- A Presidenta nos asegurou que todos os colectivos foron recibidos por ela ou por un diputado. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Bueno, vale, non, non, non é, as preguntas non, non dan lugar a debate, veña outras máis cousas. Sra. Piñeiro. Sra. Piñeiro Arcos.- Ola, bos días. Bueno pedín a palabra anteriormente cando falou a Presidenta, pero bueno, ahora non está aquí por eso quería facer esa, esa pregunta, ¿si na súa exposición se refería á Alcaldesa de Moraña en algún caso? …, quero clarificar, simplemente para que quede claro, que contra a Alcaldesa de Moraña non hai ningunha sentencia por insultos. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Ben,…, tómase…, señor, Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- E, si, e, ¿ten previsto a Diputación involucrarse ou realizar algunha actividade relacionada co Pergamino Vindel?. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- ¿Que quere, resposta oral ou por escrito?. Sr. Leal Sr. Leal Fariña.- Xa pensei que non ía intervir neste pleno, e, bueno, e, si que hai prevista unha, unha subvención para a Universidade de Vigo para colaborar nun simposio que se vai a desenvolver, e, a finais de ano en, en Vigo, polo tema do, do Pergameo Vindel, i, i si que hai unha colaboración, a colaboración precisamente está cifrada, si mal non me equivoco, en dezanove mil euros, estaba nos propios orzamentos da Deputación, entón eu, por facer un chascarrillo, hai veces que hai que verse tamén os orzamentos e ver o que hai para saber tamén estas cousas e si que se vai a colaborar. Grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Leal. Sr. Bas. Sr. Bas Corugeira.- Bas, aquí. Bueno, é en relación a unha pregunta que xa fixen tamén ó rematar, o venres pasado, as comisións, e, me gustaría saber ¿para cando ten pensado, os servicios encargados da Diputación, instaurar o expediente electrónico para facilitar pois o traballo de todos nós?. ¿Me contesta, non me contesta?, Sra. Presidenta, ¿me contesta vostede?, non, é simple…, lle repito a pregunta, ¿para cando ten pensado, bueno, instaurarse ou está planificado instaurar o expediente electrónico e todo o servizo de tramitación electrónica na Diputación?, para que podamos ter entre outras cousas acceso ós expedientes, de plenos, etc., etc. Sra. Presidenta.- Está moi avanzada, de forma inmediata, pero en todo caso para que vostede poda ter as fechas concretas e coñecelo lle respostamos por escrito, pero está xa moi, moi avanzado. Así que eu lle contesto para que vostede teña todos os datos concretos. Sr. Bas Corugeira.- Veña, veña, moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as doce horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Ãrea de notas
Nota