ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2017-07-28_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.400/1.2017-07-28_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2017-07-28_Extraordinaria

  • Data(s) 2017-07-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de xullo de 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as trece horas e vinte e un minutos do día vinte e oito de xullo do ano dous mil dezasete, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Ramiro Varela Peón (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: a) Parte resolutiva: 1.6994.- DECLARACIÓN DE APOIO AO MANTEMENTO DA TOTALIDADE DOS SERVIZOS PRESTADOS NA CIDADE INFANTIL, ESPECIALMENTE NA UNIDADE DE PRIMEIRA ACOLLIDA E O RÉXIME DE INTERNAMENTO Sra. Presidenta.- … ¿Que hora é?, perdón é que non teño reloxo. Estaba previsto o pleno extraordinario para a unha e media lle pregunto a todos os deputados si están dispostos a que non fagamos un impasse e comencemos xa co extraordinario. Bueno, pois rematado o pleno ordinario imos a facer agora o pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular con un punto da orde do día que é declaración de apoio ao mantemento á totalidade dos servizos prestados na cidade infantil especialmente na unidade de primeira acollida e o réxime de internamento. Ten a palabra non sei quen do Partido Popular para defender esta petición. Sr. Moldes ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Si, bueno, bos días a todos de novo. En primeiro lugar, nós fixemos esta solicitude de este pleno extraordinario porque entendiamos que o que se estaba facendo pois era suficientemente importante para, para tratalo en si e de forma particular, e sobre todo porque entendiamos que as formas coas que se estaban facendo pois non eran as adecuadas. A nós nos gustaría que dalgunha maneira, pois, con este pleno tamén servira para solucionar nun futuro posibles problemas deste tipo. Nós entendemos que non é normal que nos enteremos polos medios de comunicación que se envía unha carta a Xunta para decir que se rompe un convenio de forma unilateral. Logo nós, entendemos que a día de hoxe a única información que ten este grupo é a que nos facilitan os medios de comunicación ou a que nós podemos conseguir con preguntas. Logo, nós entendemos que estamos falando de Príncipe Felipe que era un referente nesta Diputación, que é un centro donde aí si queda demostrado que o traballo dos traballadores é intachable, un centro que é referencia, pois, tanto en toda Galicia coma en toda España e entendemos que vostedes desde o primer día tiñan claro que se querían cargar Príncipe Felipe, empezaron a falar, primeiro de transferencia, despois, cando nós fixemos esto público, porque unha cousa témola clara, si nós non salimos aos medios de comunicación, si nós non pedimos este pleno a día de hoxe este problema non se atoparía no lugar que se atopa. Porque o primeiro que foron e que fixeron vostedes é mandar unha carta dicindo que rompían un convenio de forma unilateral. Despois viñeron a dar unhas explicacións, despois outra, pero realmente o importante de esta cuestión é como vostedes levaron este problema. Logo, nós, a primeira petición que lle facemos é que cando volva a suceder un, unha cuestión de este tipo, cando vostedes intenten romper un convenio con outra institución, cando menos convoquen unha xunta de portavoces para todos enterarnos de que vostedes envían unha carta de este tipo para romper un convenio, sobre todo para romper un traballo que se viña facendo ano tras ano e que neste caso, que aí están os datos que se veía como funcionaba. Sobre todo cando falamos de personas e cando falamos de personas desfavorecidas e con problemáticas moi singulares. Logo, nós realmente o que entendemos é que vostedes intentaron crear un problema para unha vez por todas pechar Príncipe Felipe. Ahora parece que cambiaron as tornas que xa falan de, pois, coa Xunta de firmar convenios, de facer outro tipo de convenio, de intentar, pois evaluar aqueles, pois, alumnos que teñen unhas problemáticas singulares, nos parece todo moi ben. Pero o que non é normal é que vostedes teñan que dar e recuar todo esto despois de que o Partido Popular faga unha rolda de prensa, faga notas de prensa, solicite un pleno extraordinario e vostedes é cando veñen hacia atrás. Logo, o que non é normal é que vostedes pretendan pechar este centro, envíen unha carta á Xunta rompendo un convenio de forma unilateral e despois nos veñan a dar explicacións. Logo, realmente o pleno que se solicita hoxe en día aquí é para dúas cousas: primeiro, para que vostedes nos den dunha vez por todas unha explicación e nos den unha explicación entendemos que é no foro adecuado, que é neste pleno; segundo, que posicionen dunha vez por todas cal vai a ser a súa postura, non é normal que por un lado manden unha carta dicindo que van a romper un convenio unha vez que finalice ese, ese mes e despois na prensa saian dicindo outra cousa. Logo nós o que lle pedimos é: primeiro, que nos den unhas explicacións neste pleno e segundo que posicionen claramente cal é o seu posicionamento respecto a Príncipe Felipe; e, o terceiro é que esto non se volva a repetir. Cando vostedes queiran tomar unha decisión de este tipo lle pedimos por favor, sobre todo en este caso do grupo que a min me toca representar, o Grupo Popular, que lle pedimos que non nos queremos enterar polos medios de comunicación, agradecemos o traballo dos medios de comunicación porque si non chega ser por eles non nos podiamos enterar pero o que lle pedimos é que vostedes formalmente fagan unha reunión ou unha xunta de portavoces para trasladarnos o que vostedes pretenden facer, nada mais. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes, ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. En estas, nós tiñamos ganas de vernos hai, hai tempo. É bastante ousado falar de Príncipe Felipe, dende o seu punto de vista, muy ousado, ¿eh?. Príncipe Felipe fixo un convenio coa Diputación hai moitos anos e a consecuencia foi, ustedes que querían defender tanto Príncipe Felipe, según dicían, a consecuencia foi, que practicamente todos os funcionarios e funcionarias que puderon que puderon pedir traslado pa, pa outra dependencia pedírono, ¿eh?, ese foi o maravilloso convenio e como estaba funcionando Príncipe Felipe, estaba un administrativo xestionando once millóns de euros e dous centos trinta traballadores, para que todos escaparan, todos, os técnicos e demais todos escaparan, ese era Príncipe Felipe cando nós, cando nós o collemos, ¿eh?, e xa, xa o sabiamos e curiosamente non nos metemos cando estabamos na oposición, porque somos bastante máis responsables que ustedes, ¿vale?. E, lévase dende o primeiro día intentando xestionar. Mire, igual non sabe un detalle, ¿sabe que o Sr. Louzán aceptou á Consellería de Educación ampliar o Carlos Oroza cargándose un centro, cargándose o Agarimo?, non o sabe ou se o sabe non lle interesa dicilo, ¿eh?, porque había claramente unha idea de irse cargando pouco a pouco Príncipe Felipe, ¿vale?. E nós o que fixemos foi ter reunións discretas, ¿eh?, pa non, pa non levantar, é dicir, é un tema moi sensible para andar tratando publicamente, ¿eh?, hubo unha reunión en decembro non se quixo prolongar o convenio por parte de esta casa, e aceptouse, porque a violencia que se xenera alí porque a Xunta non ten donde meter rapaces que non teñen que estar alí, poucos, pero que crean graves problemas, e había unhas condicións hasta xuño de este ano a ver se se cumprían e a propia Xunta decía “que se non se cumprían entonces rompíase o convenio”. E, mandouse unha carta, que non se fixo pública, en contra do que usted di, non se fixo pública, foi a Consellería quen a fixo, foi a Consellería quen fixo pública, supoño que o Sr. Rueda anque non é conselleiro do ramo ten bastante que ver neso, ¿eh?, fixo pública a carta, non fixo pública as outras conversas, ¿eh?, e nesa carta non se pechaba Príncipe Felipe, dicíase que os violentos non entraban alí e como entran pola UPA e máis, e mal enterado, pois non entraban, e o Príncipe Felipe seguía funcionando perfectamente e si teña dous centos de rapaces ía a pasar a ter cento setenta ou cento oitenta, non se pechaba para nada, ¿eh?, que quede claro. ¿Sabe canta xente, esa famosa UPA que ustedes defenden, sabe cantos funcionarios e laborais fixos está na UPA, sabe cantos? Cero, hai dous laborais que están de baixa e o resto escaparon todos, cero, eso é o que vostedes defenden para Príncipe Felipe. E nos veñen ahora aquí que se manteña a UPA, ¿como, que UPA, en que sentido?, ¿para meter, para meter os poucos delincuentes que a Xunta non ten onde meter, pa eso?, para eso non, ¿eh?, pode estar seguro que non, ¿eh?, con catro ou cinco alí que están, que están creando ese problema, o sea, rómpenlle unha mandíbula, dándolle unha, un, puñetazos a unha embarazada que case perde, que perde o neno, etc., etc., dándolle unha malleira a un de vixiante que tivo que marcharse de alí etc., ¿eso é o que queren ustedes para Príncipe Felipe?. O sea, douscentos rapaces que os pobres teñen problemas coa familia, coas familias ou o que sexa, nunha escola de maleantes, por catro ou cinco maleantes que meten aí, ¿eso é o que queren ustedes para Príncipe Felipe?, pois nós no e vamos arreglalo, vamos arreglalo, vamos a lograr que o Príncipe Felipe volva a ser o que era hai trinta anos, que todos os funcionarios querían ir alí porque era un premio, era un gran centro hasta que houbo este puñetero, con todas as letras, convenio coa Xunta. En que resulta que a Diputación pon os medios, pon os funcionarios, os que non, os que non dan escapado desde aquela, que antes estaban felices, e pon os, pon os funcionarios e resulta que despois a Xunta fai o que lle dá a gana alí, o que lle dá a real gana destrozando o traballo que están facendo tanto a Diputación como os funcionarios de, desta Diputación alí, pois eso vaise acabar e parece que a Xunta o quere entender, parece, parece, sexamos optimistas. E se hubo que chegar a dicirlle que non se iba a meter ningún na UPA nesas condicións e se había que pechala, pois foi ben empregado, e vamos a empregar todos os recursos, todos, para que Príncipe Felipe volva a ser o que foi e non a desgracia na que se converteu, ¿vale?. ¿Non sei que é o que non entende desto?, ¿que é o que non entende desto?, ¿non sei que é o que non entende?. Si o único que lle preocupa é defender á Xunta, pero mire, a min preocúpame moito máis ou a nós preocúpanos moito máis os menores, e dende logo non van a estropear a maioría que hai alí por culpa de que teñan tres ou catro, que ¡pobres!, teñen os seus dereitos, pero non meterse alí a desgraciar, o sea, trapicheo de drogas, ... ¿descríbolle o que hai alí?, ¿descríbollo?. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, despois, Sr. Mosquera, logo ten vostede tres minutos máis para a réplica. Sr. Font, ten vostede a palabra. Sr. López Font.- Buenos días, gracias Presidenta. Buenos días a todos. Yo creo que es un tema suficientemente sensible como para tratarlo al margen de cuestiones partidistas y de intentar aprovecharse de ello. Yo creo que lo decía el Vicepresidente, la herencia de Príncipe Felipe no fue buena, en cuanto al tratamiento de la Institución, y por lo tanto, parece mentira que se quieran venir a dar aquí lecciones. Pero, hay algo muy importante en el debate de estos días en relación con esto, y es que ustedes han tratado de decir que no nos preocupaba Príncipe Felipe, que no apostábamos por esta Institución y que no queríamos volcarnos en esta gestión, y esto es absolutamente falso. En un tema tan delicado como este no se puede andar jugando con este tipo de afirmaciones, porque como se decía recientemente en declaraciones de la diputada, Eva Villaverde, y del Vicepresidente, este gobierno siempre ha apostado por potenciar y mejorar Príncipe Felipe como centro de acogida, lo que pasa es que por potenciar y por mejorar en el contexto que corresponde a Príncipe Felipe. Y lo decía muy bien el Vicepresidente en unas declaraciones que, que leí el otro día “que no se puede insinuar que lo que pretendemos es el deterioro y el cierro, y el cierre de ese centro, porque no se puede estar jugando con estas cuestiones. Y, es cierto que a ustedes, por la forma de actuar, esto, la verdad, es que les importa muy poquito. Había un problema, ese problema fue comunicado dentro de la lealtad institucional a quién correspondía para corregirlo y esa es la forma en la que se debe de actuar sobre estas cuestiones no con el alarmismo, no con el catastrofismo que ustedes suelen tratar todo esto, porque esto, esta forma de actuar sobre la que usted pide explicaciones, sobre la que usted dice “que rectifiquemos, que no vuelva a pasar”, es que es la correcta, Sr. Moldes, es que es la correcta entre instituciones. Ya me gustaría a mí que a una reunión que asistí ayer sobre servicios contra incendios hubiera por parte de la Xunta la misma forma institucional de actuar. Pero, por lo tanto, si había un problema y todos sabíamos de ese problema, todos debemos de cerrar filas para solucionarlo y la prueba, y la prueba de que no debíamos de estar muy equivocados es que poco atento está usted a las actuaciones de la Xunta, porque cuando se ha dicho que esto se debe de valorar y que se debe de enmarcar en un nuevo convenio la representación de la Xunta de Galicia ha dado la razón a este gobierno en algo tan fundamental como que los informes de los técnicos provinciales deben de ser vinculantes, con lo cuál, claro, de toda la intervención que ha hecho usted en cinco minutos, omitir algo tan importante como lo que venía denunciando este gobierno, que era importante, porque es verdad que ha habido agresiones, porque es verdad que había determinadas situaciones, hombre, tendremos que intentar todos solucionar esto, y que, en una reunión con la representación de la Xunta de Galicia se valide ese argumento y se diga que hay que trabajar en un nuevo convenio sobre los planteamientos que hacíamos nosotros, bueno, pues la verdad es que usted en esta moción, en este debate y en este argumentario, que le han pasado, se ha perdido la parte más importante. Yo creo que aquí hay que hacer la reafirmación de que ustedes están en el alarmismo y en el catastrofismo y cuando son temas tan serios no se puede jugar con estas cuestiones. Y ustedes conocían, o debían de conocerlo, lo que estaba ocurriendo y es el momento en temas tan delicados de ponerse al lado de una Institución. Porque esto, en tema tan sensible, no es gobierno, no es oposición, no es un partido político, es otro, es algo que debemos de mejorar la calidad de Príncipe Felipe, pero como ustedes se inventan, permanentemente, el que nosotros estamos en el deterioro de los servicios, en cerrar determinados centros, pues claro, con ese discurso se confunden de tal manera que les da lo mismo hablar de Príncipe Felipe que hablar de jardines para los concellos. Gracias. Sr. Moldes Martínez.- Sr. Mosquera, como vostede utilizou unha intensidad bastante potente, si non lle importa, me voy a permitir igualmente. Ben, empezamos polo principio, vostede non cre na Diputación, porque vostede sempre dixo “que as Diputacións tiñan que desaparecer”, eso o primeiro xa. Vostede é o diputado que máis leva aquí pero vostede di que as Diputacións teñen que desaparecer. Vostede non cre en Príncipe Felipe nin cre no Parque de Maquinaria, porque vostede firmou un pacto co Partido Socialista e nese pacto dúas cuestións eran: transferir o Parque de Maquinaria e transferir, e transferir Príncipe Felipe, si, está no seu convenio. Eu lle cambio a palabra transferir por pechar, porque vostede non cre nin na Diputación, vostede non cre no Parque de Maquinaria e vostede non cre en Príncipe Felipe. Eu non lle vou chamar delincuente a ningún alumno de Príncipe Felipe, nin vou dicir tampouco que se trapichea con drogas, non o vou a dicir, eso díxoo vostede. Pero teña claro vostede unha cousa, cando gobernaba o Partido Popular non había nin a mitade de problemas que teñen vostedes. Primeiro lugar, porque se asumía unha única sola dirección con un só diputado, e en este caso ese diputado asumía toda a responsabilidade. Vostedes chegaron e o primeiro que fixeron foi dividir en dous diputados, gran problema e ahora parecen os problemas. Vostede non cre na Diputación porque pediu o seu peche. Vostede firmou un pacto de goberno e aí está escrito que eu, as dúas cuestións principales eran: acabar co Parque de Maquinaria e acabar con Príncipe Felipe, ahora non veña a disimular o que vostede lle dea gana. Vostede nos pode falar de delincuentes, do que sea, nós xa sabemos o que había aí, porque xa nos tocou gobernar e xa sabiamos das problemáticas, pero o Partido Popular cando gobernaba esta casa nunca lle mandou unha carta a Xunta de Galicia dicindo “que quería romper ese convenio”, vostedes si, ¿e por que?, porque son incapaces de xestionar, porque son incapaces de solucionar problemas, e vostedes o único que fixeron foi crear un problema cando a Xunta de Galicia tuvo que vir a solucionalo. Porque si esto se soluciona foi porque o Partido Popular aquí en Diputación dixo que se querían cargar o Príncipe Felipe e porque a Xunta sabe da importancia que ten Príncipe Felipe e veu a solucionar este problema, porque por vostedes pecharían Príncipe Felipe. E aí está, porque vostede firmou un pacto de goberno co Partido Socialista para cargarse á Diputación, para cargarse ó Parque de Maquinaria e para cargarse Príncipe Felipe. Do demais conto barato, e si vostedes recuaron ahora é porque se deron conta: primeiro, porque os traballadores por moito que vostede diga, por moito que vostede diga, os traballadores que están en Príncipe Felipe, e así mo transmitiron a min personalmente varios deles, están orgullosos. Vostede lle esta chamando incubertamente covardes aos traballadores de Príncipe Felipe, porque queren marchar, eso é mentira, eso é mentira, os traballadores que están en Príncipe Felipe están orgullosos de facer o seu traballo, e por certo, desde o Grupo Popular os felicitamos polo traballo que fan, vostede lles chamou indirectamente, de forma encuberta, chamoulles covardes porque escapaban de alí, nós non dicimos eso para nós os traballadores de Príncipe teñen un mérito inmenso e respaldamos e aplaudimos o seu traballo pero vostede se marchará desta casa sendo aquel político que se cargou a dip… Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias, Sra. Presidenta. Brillante argumentación, tampouco creo no Estado Español, e mire, e teño que roelo, e a Diputación, pois mire, teño que roela, ¿que quere?, mentres este, pois, vouno facer o mellor posible e estouno intentando, estouno intentando, na oposición intenteino e no goberno tamén, unha, unha brillantísima argumentación. E claro, non, non di que Agarimo se iba a cargar, se iba, se vai cargar un centro xa e demais, ¿non?, ou non creo na monarquía, bueno, moi, moi, moitas outras cousas. Mire, o que non sabe, por exemplo, ou si o sabe é que o convenio que se asinou sempre foi co criterio contrario dos funcionarios desta Diputación, sempre, ¿eh?, e a UPA creouse cos informes contrarios dos funcionarios desta Diputación. Porque é un quiste, é un centro da Xunta baixo o control absoluto da Xunta que paga a Diputación, ¿vale?, e que sufre as consecuencias, sufre as consecuencias a Diputación. Mire, eu sólo, sólo lle fago unha pregunta, ¿si ustedes o saben e pasan por responsábeis o que estaba pasando alí?, esto é moito máis grave, son uns gamberros, ¿fágolle a pregunta?, ¿se alguén que está aquí, por unha situación, que ogallá non lle pase a ninguén, non pode atender un crío durante o día e o manda durante o día a Príncipe Felipe, que diría si ó lado están rapaces, transitoriamente, durante meses, tres ou catro, que trapichean, andan con navallas, van a roubar á cociña, bátenlle nas portas, que diría?. Presentaríalle unha denuncia inmediatamente por estarlle estropeando o fillo ou á filla, eso sería o que farían, ¿eh?. ¡Ah!, pero como é para arreglarlle un problema á Xunta, non importa, o sea, a Diputación pon once millóns de euros, ¿verdad?, e ademais para atender a douscentos rapaces, cento sesenta da Diputación e cento cuarenta e setenta, e resulta que para resolverlle un problemilla, un problemilla de catro ou cinco rapaces, ¿eh?, á Xunta, estamos estropeando todo o resto, iso é o que queremos arreglar, iso é o que queremos arreglar e vámolo arreglar, vámolo arreglar, iso é o noso, o noso posicionamento. Claro que había que transferilo, pero como non ía haber que transferir, ¿quen ten a competencia en servicios sociais especializados?, como se transferiu o hospital. Mire, non o descubrín esto, no ano noventa e un hubo un Vicepresidente aquí, que se chamaba Bernardo López Abadín, que veu cun cometido para os catro anos que era transferir Príncipe Felipe, Partido Popular, ¿eh?, veu con ese cometido, aquí pasou catro anos con ese cometido, evidentemente, non llo, non, non foi a bo porto porque a Xunta está moi cómoda cun gasto que fai a Diputación e que a Xunta dispón, e estamos dispostos a aceptalo. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Mosquera, o sinto, de verdade, Sr. Font, ten a palabra. Sr. López Font.- Ciertamente vergonzoso, Sr. Moldes, por mucho tono enérgico y por mucho que grite no va a tener la razón en este tema y lo peor de todo me confirma la frivolidad de ustedes y la forma de tratar un tema tan serio con estricto interés político. ¿Sabe la conclusión que tengo?, que llevaba usted dos años esperando para decirle esto al Sr. Mosquera, y poco menos que han presentado esto para decirle esta cuestión, no Sr. Moldes, no vale todo en política, no vale hablar de Príncipe Felipe y de utilizar los argumentos que ha utilizado usted. Porque usted no puede mentir sobre un pacto de gobierno que hemos firmado dos formaciones políticas, no puede mentir, porque no se ha planteado ningún cierre de Príncipe Felipe ni de Parque de Maquinaria. ¿Sabe cuál es la diferencia entre ustedes y nosotros?, que nosotros gestionamos bien y ustedes gestionan de forma caciquil, ese es el problema, Sr. Moldes. El problema es que cuando se dice transferir tenemos un concepto de la administración leal y tenemos un concepto de la administración que defendemos en todos los sitios y los Servicios Sociales, parece mentira que usted no lo sepa, deben de estar en la Xunta de Galicia por una mejor gestión de cara a los ciudadanos. Por lo tanto, no estamos hablando ni de cerrar ni de, de transferir efectivamente sí. Pero, ¿sabe cuál es el problema detrás de todo esto?, que nosotros creemos en los Servicios Sociales, que nosotros creemos en los derechos de las personas y que nosotros los ejercitamos día a día y ustedes creen en la beneficencia, y por cuestiones, y por cuestiones que ha dicho usted porque al final a todos nos va delatando el lenguaje, ustedes creen en la beneficencia y nosotros no podemos consentir que usted mienta aquí. Mire, esta es la carta dirigida a la Directora General de Familia, que aquí se diga, si, si, la que sea, la que sea, en la que se dan cuatro opciones, en la que se dan cuatro opciones, con lo cuál usted está mintiendo aquí. Nosotros estamos dando opciones de colaboración de la Xunta con esta Diputación para una mejor gestión, usted no puede decir que hay una carta en la que nosotros vamos a cerrar Príncipe Felipe, no puede decirlo en relación con un servicio ciertamente tan importante. Por lo tanto, ¿sabe la peor conclusión?, la peor conclusión es que a ustedes con tal de intentar confrontar con este gobierno les da lo mismo, pero lo mismo, da lo mismo que hablemos de parques, da lo mismo que hablemos de baches, da lo mismo que hablemos de lombos, que da lo mismo que hablemos de niños y niñas necesitadas de protección, dentro de unos derechos de servicios sociales, que a ustedes se les ve el plumero y lo único que creen es en la beneficencia y ese tiempo ya pasó. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font, rematou o seu tempo para pechar o debate ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Sr. Font, vostedes son tan bos que sólo ejecutaron o 50% do seu presuposto, son tan bos pero ó final non executan o presuposto. A única diferencia, que vostedes lle baixaron o presuposto a Príncipe Felipe, ese é outra das diferencias. Frivolidad, frivolidad é mandar unha carta e despois como vostede se avergoña desa carta e enseñarnos a segunda ou a terceira, ¿por que non nos mostra a primeira?, e llas paso ós medios de comunicación, a primeira carta, ¿ten medo a enseñar a primeira carta?, ¡ah!. Vostede nos enseña a segunda ou a terceira, envíe a primeira, donde vostedes o que dixeron foi que revocaban, e que, que rompían unilateralmente coa Xunta, no, no, quítelle a primeira e entréguella a cada medio de comunicación, non enseñe a segunda, enséñelle a primeira. E a partir de aí, mire, para vostedes os alumnos con problemáticas, e esa é unha das diferencias, para vostedes son delincuentes, drogadictos, todo o que vostedes lle queiran chamar. Nós o que intentamos cando nos tocou gobernar foi buscar solucións e dar apoyo, logo está moi ben a palabrería, está moi ben, que vostedes son todo o que queiran, pero vostedes o que fan é ir sinalando e á parte de forma e con acusacións moi graves. Non fun eu quen empezou aquí cunha intensidad moi alta, non fun eu nin este grupo o que falou aquí de drogas, de navallas, de non sei que, non fun eu e aí está a acta. Logo eu creo que vostedes o que teñen é que reflexionar, e vostedes donde antes había un equipo de goberno que sabía da problemática e do difícil que era xestionar Príncipe Felipe, tiña unha sola cabeza visible para buscar solucións e tiña unha cabeza visible política que buscaba en este caso e tomaba decisións, logo vostedes o que teñen que facer é eso, mostrar a primeira carta porque vostedes foron correxindo gracias a que o Grupo Popular na Diputación saliu publicamente a decir que querían pechar Príncipe Felipe, e o temos moi claro, móstrenlle ós medios a primeira carta. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo. Este tema é un tema de tanta sensibilidade que a Presidenta da Deputación non pode mirar cara outro lado, e quero decir, con toda claridade, que me sinto avergonzada de un grupo político que é capaz de traer ao pleno da Deputación de Pontevedra un tema que non debería estar nunca, nunca nos medios de comunicación, porque estamos a falar de menores e protexer ós menores é intentar non utilizar politicamente e partidariamente temas tan sensibles. En primeiro lugar, para que a cidadanía o saiba, o saiba, as competencias de protección de menores non son exclusivas da Xunta, son exclusivísimas, únicas e exclusivas, exclusivísimas. Protección de menores é unha cuestión que somentes afecta ás Institucións Autonómicas exclusivamente. É a única Comunidade Autónoma en toda España, a Xunta de Galicia, que non presta este servicio de forma exclusivísima, a protección dos menores, a custodia dos menores, a atención dos menores, a única, non hai ningunha outra Diputación en España, ningunha que teña un centro como Príncipe Felipe de atención a menores, porque repito, a competencia é exclusivísima. Á Xunta de Galicia debería caerlle a cara de vergonza de non ter un proxecto para atender ós menores en Galicia e ter que prestar esa competencia exclusivísima das Comunidades Autónomas unha Deputación Provincial. Como nós herdamos Príncipe Felipe fixemos un tratamento con toda a sensibilidade, é falso, é falso que se reducira o orzamento do Príncipe Felipe, é máis agora hai un director de Príncipe Felipe que si que ten os coñecementos, a formación adecuada para poder dirixir un centro donde hai menores e en donde hai que educar. Por certo, tamén por primeira vez acontece algo así, porque, certamente, antes o dirixía un político ou unha política sin coñecementos técnicos sobre educación e formación de menores tamén para que conste, para que conste. Polo tanto, unha forma totalmente diferente de entender a educación, de entender a formación, e, polo tanto, claro que si, Sr. Moldes, que nós imos facer todo o esforzo que esté na nosa man para transferir Príncipe Felipe a quen ten a competencia exclusivísima. E por certo, cando nos reunimos co Presidente da Xunta, o Sr. Feijóo e co Sr. Rueda, Vicepresidente, entendían que si, que a competencia era súa, nolo dixo o Vicepresidente e a min alí naquela reunión que si, que eles entendían, que era unha competencia exclusivísima, e por eso nos pediron, como vostede sabe moi ben, Sr. Moldes, que elaboraramos un informe cos costes que supón Príncipe Felipe, os traballadores que hai, os servicios que se prestan, o patrimonio que hai de edificación, que tardamos tempo en facelo porque é complexo e que xa o rematamos. E por certo, a diferencia do que fan vostedes, nós o remitimos e non lle poñemos prazo á Xunta, para que estudien a documentación, ¿sabe?, todo o contrario saín eu publicamente a decir “que non vou facer o que o Partido Popular” que estivo presionando para ver cando faciamos o informe ahora xa o ten a Xunta, que o estudiará e o fará no tempo que precise porque é complicado facer unha transferencia, non é algo que se faga do luns para o martes, nin en tres meses, nin en cinco nin en seis, é un proceso largo, é un proceso largo. Pero nós non imos a renunciar, non imos a renunciar a que se faga a transferencia, porque nós consideramos que quen é competente absolutamente, absolutamente competente ten que facer frente ás súas responsabilidades, e porque ademais parece que ten moito sentido, que aquel que ten competencias en educación tamén ten mayores e mellores recursos técnicos, administrativos, formativos, humanos, para poder atender mellor ós menores, a súa protección, que é o que realmente importa, non importa nada mais ¿eh?, en cuestións de menores todo o demais é vergonzoso, é vergonzoso, e mañán vai haber outra noticia nos medios de comunicación falando de Príncipe Felipe, e eu non entendo, Sr. Moldes, me parece que se equivocaron vostedes radicalmente abrindo este debate publicamente. Eu fago un chamamento á responsabilidade nestas cuestións, fago un chamamento á responsabilidade, pero mire, que é competencia da Xunta, non o digo eu ¿eh?, o din técnicos tamén de outras administracións, que tampouco entenden, técnicos de outras administracións que consideran que debería ser a Xunta de Galicia quen prestará este servicio, os poderes xudiciais o consideran así tamén, Sr. Moldes. Polo tanto, déixenos traballar coa Xunta, claro que houbo unha carta, claro que si, a primeira carta a coñecen perfectamente os medios de comunicación, pero si a remitiu a Directora Xeral, que nunha falta total, total, de lealdade institucional e de respecto ós menores a filtrou ós medios de comunicación, no que unicamente que se, se decía que frente a situacións moi graves, moi graves de agresións a nenos e a funcionarios de rapaces que non teñen que estar en Príncipe Felipe que iamos a rexeitar, e, a UPA, unidade de primeira atención, porque levamos dous anos decíndolle á Administración Autonómica, dous anos, decíndolle que os informes teñen que ser vinculantes e que eses rapaces non poden estar máis tempo que o que a propia lei marca, e superan e triplican o tempo o que poden estar, ¿sabe vostede?, e non facéndolle caso ós informes técnicos, os únicos responsables da atención ós menores e da súa protección. Eso era o que decía a carta, que frente a que durante dous anos en reunións que tuvo a delegada da, da área de Príncipe Felipe, a Sra. Villaverde, ¿eh?, e que non fixo caso a Xunta de Galicia, iamos a ir polo camiño, porque é o que hai que ir, que a Xunta asuma as súas competencias, e sobre todo despois do que o Presidente da Xunta, o Sr. Feijóo, que non me deixara mentir, nos dixo “que non necesitaba Príncipe Felipe para facer frente ós rapaces que están baixo a custodia da Xunta, que non o necesitaba”, tamén llo digo, ¡eh!, en esa reunión, e non me deixa de mentir, nin o Sr. Feijóo, estaba presente o Vicepresidente e o Sr. Rueda. Polo tanto, esta é a realidade, esa carta se remitiu para que a Xunta reaccionara porque levaba dous anos sin reaccionar, dous anos. E logo, fumos tamén nós quen de forma proactiva lle dixemos, “e agora, nós, xa que vostedes non plantexan nada encima da mesa, non fan caso ós nosos recursos, non asumen as súas competencias nin as súas responsabilidades”, lles facemos propostas, catro, e lles dicimos ademais “e si vostedes teñen algunha outra estamos dispostos a sentarnos e a falar desas outras posibles respostas que poda, poida haber”, esa é a realidade e o cronograma do que aconteceu. Polo camiño, polo camiño saiu o Partido Popular Provincial pero tamén o Partido Popular Local a montar lío sobre a protección de menores. Que grave é, é unha irresponsabilidade absoluta, total, eu síntome avergonzada, porque mañán de novo os nenos do Príncipe Felipe van a estar nos medios de comunicación, si eu poidera, poidera, lle pediría ós medios que non se fixeran eco do que aquí ten acontecido hoxe, nesta vergonzosa petición de un pleno extraordinario, donde estamos a falar de nenos que teñen que ser protexidos polas Administracións. Me parece vergonzoso ter pedido este pleno extraordinario cando ademais lles pedimos nas comisións informativas que o retiraran, porque xa había un preacordo coa Xunta de Galicia para poder facer frente e dar resposta a algo que non é competencia da Deputación de Pontevedra, é un anacronismo, é un anacronismo heredado de antes de que se constituirán as Comunidades Autónomas. E, polo tanto, sexamos serios, sexamos respectuosos, sexamos responsables todas e todos. Eu me sinto avergonzada de que vostedes teñan pedido este pleno extraordinario, teñen vostedes dereito a pedir plenos extraordinarios, ¡non haberá temas para falar!, para falar de protección de menores, ¿de verdad?, ¿de verdad que se sinten cómodos e cómodas neste debate?, ¿se sinten cómodos e cómodas?. Eu desde logo me sinto avergonzada e triste, porque ademais eu son profesora de educación especial e sei perfectamente, ¿eh?, o importante que é protexer a imaxe dos nenos e das nenas, e vostedes están danando, danando os dereitos dos menores, seriamente, ¿eh?, con esta actuación de denuncias nos medios de comunicación de líos, de falsedades, non asumindo que vostedes a quen teñan que facer e a poñerse do noso lado para decirlle á Xunta de Galicia que cumpra coas súas responsabilidades, e que respecten os informes técnicos e a lei, que respecten a lei, as leis que aproban o Goberno de España e a Xunta de Galicia, que dice “que a protección de menores está baixo a custodia das Comunidades Autónomas e que hai que estar como máximo cuarenta e cinco días os rapaces que entran na UPA”, que están moito máis tempo porque a Xunta os deixa alí, facendo deixación das súas responsabilidades e a min me fai moitísimo dano persoal, político, de principios, de conceptos, de valores, ter que estar a falar desto, me parece increible e mañán voltaremos a estar nos medios de comunicación. De verdad, si fora posible, sei que non o é porque vostedes como medios de comunicación quererán contalo, deberíamos que non aparecera nin unha palabra de este pleno extraordinario porque estamos danando ás rapaces e ós rapaces, que xa teñen moitos problemas, moitos, e que a Xunta non os custodia, para que quede claro, como Presidenta da Deputación, quero que quede así de claro. E agora, supoño que vostedes querrán que votemos esto e, polo tanto, o sometemos a votación. ¿Votos a favor de este punto que propón o Partido Popular?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado por catorce votos encontra, doce a favor e unha abstención. Se levanta a sesión. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), o punto único da orde do día deste Pleno extraordinario solicitado polo Grupo Provincial do Partido Popular (PP), en relación coa declaración de apoio ao mantemento da totalidade dos servizos prestados na Cidade Infantil, especialmente na Unidade de primeira acollida e o réxime de internamento. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as trece horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición