ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2017-12-29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.400/1.2017-12-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2017-12-29_Ordinaria

  • Data(s) 2017-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de decembro do 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e cinco minutos do día vinte e nove de decembro de dous mil dezasete, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Jorge Canda Martínez (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Fervenza Costas (PP), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santiago Rodríguez Davila (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Ramiro Varela Peón (PP), Dona María Belén Villar González (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Bos días a todos e a todos, iniciamos o pleno ordinario do 29 de decembro de 2017. 1.7049.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- A orde do día do pleno, no punto número un: Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de outubro de 2017. ¿Algunha observación?. Queda aprobada por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de outubro de 2017. a) Parte resolutiva: 2.7050.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL: CONMEMORACIÓN DO 90 ANIVERSARIO DO ACORDO PLENARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN RELACIÓN COA CREACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Na parte resolutiva, no punto 2, Declaración institucional: Conmemoración do 90 aniversario do acordo plenario da Deputación de Pontevedra en relación coa creación do Museo de Pontevedra. É unha Declaración institucional que procedo a ler no nome do conxunto da corporación provincial, dos 27 deputados e deputadas. E di así: A Deputación de Pontevedra creou o 30 de decembro de 1927, mediante un acordo plenario, e tal como aparecía recollido na Acta correspondente, “un Museo provincial de arqueoloxía, aproveitando o labor realizado pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e polo cronista de Pontevedra D. Casto Sampedro, destinándose para esta finalidade 12.500 ptas”. A moción fundacional foi presentada polos deputados Gaspar Massó, César Lois Vidal e Alfredo Espinosa. E como sinalou Filgueira Valverde, partiu dun grupo de amigos que se xuntaban na casa de Losada Diéguez, entre os que estaban Castelao e Sánchez Cantón. E que lle lanzaron a proposta ó Presidente Daniel de la Sota. No texto da mesma establecíanse 5 bases: O establecemento dun padroado composto por 10 membros, a presencia de obxectos artísticos e arqueolóxicos de interese para coñecer o pasado da provincia, a elaboración dun regulamento por parte do organismo xestor, a creación dunha praza de director ou conservador e un secretario. E a dotación por parte da Deputación dun local axeitado. Os asinantes da proposta incidían na importancia que había que lle ter un espacio cultural a imaxe dos museos departamentais franceses e dos comunais de Gante, Bruxas, Basilea, Nürenberg e tantos outros que proclaman o amor ó tradicional. A día de hoxe, 90 anos despois, o Museo de Pontevedra segue a ser un referente no seu labor de defensa da cultura galega universal, como demostran diversos premios como Otero Pedrayo, de 1993, ó máis recente premio da cultura galega de 2016, na categoría de patrimonio cultural. Uns recoñecementos que se unen ós máis de 100.000 visitantes que ano a ano pasan polas súas instalacións para gozar dos seus fondos propios, mostras temporais e actividades que cada ano alberga o sexto edificio. Ademais, tamén é un centro referencial para as persoas investigadoras, que gracias ós fondos que alberga esta institución, poden desenvolver o seu traballo coa maior rigurosidade científica e técnica. Os traballadores e traballadoras do Museo, o persoal da Deputación e os diferentes corporativos e corporativas que levan participando na súa xestión diaria, veñen sendo parte fundamental do bo facer da institución e seguirán a selo nos vindeiros anos. Todas estas persoas teñen que ser conscientes da importancia do saber e do coñecemento que está presente, tanto fisicamente nos seus edificios, como a través das tecnoloxías da información e a comunicación. A sociedade que viu medrar e consolidarse ó Museo, debe ser o garante fundamental para a pervivencia do mesmo, e para a súa adaptación ós retos futuros que se lle formulen. Mais tamén, as novas xeracións teñen que ser parte fundamental da súa consolidación e adaptación ás sinerxias futuras que han de rexer este inmenso colector cultural. Un dos retos presentes e inmediatos nos que se está a traballar, e que se comenzará a visibilizar no vindeiro ano 2018, é a remodelación do edificio fundacional do Museo, o Castro Monteagudo, para adaptalo ás necesidades actuais, tanto expositivas como da súa propia accesibilidade. E conexión con García Flórez, para desta forma volver abrir ambos ó público tras permanecer pechados nos últimos anos. Un proxecto colectivo que á parte dos máis de 900.000 habitantes da provincia de todos os galegos e galegas, e no cal a Deputación de Pontevedra debemos ser parte activa no seu mantemento e mellora, contando co asesoramento de persoas expertas nos moitos ámbitos que abrangue. Así leída esta declaración institucional, pois lle facemos un xesto de recoñecemento a toda a traxectoria do Museo de Pontevedra no seu 90 aniversario. O Pleno aproba, por unanimidade, unha Declaración Institucional para a conmemoración do 90 Aniversario do acordo plenario da Deputación de Pontevedra en relación coa creación do Museo de Pontevedra. Dita Declaración é a seguinte: “DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO 90 ANIVERSARIO DA CREACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra creou o 30 de decembro de 1927, mediante un acordo plenario e tal como aparece recollido na acta correspondente, “un museo provincial de Arqueoloxía, aproveitando o labor realizado pola Sociedad Arqueológica de Pontevedra e polo cronista de Pontevedra Don Casto Sampedro, destinándose para esta finalidade doce mil cincocentas (12.500) pesetas”. A moción fundacional foi presentada polos deputados Gaspar Massó, César Lois Vidal e Alfredo Espinosa, e como sinalou Filgueira Valverde partiu dun grupo de amigos que se xuntaban na casa de Losada Diéguez entre os que estaban Castelao e Sánchez Cantón e que lle lanzaron a proposta ao presidente Daniel de La Sota. No texto figuraban cinco bases: o establecemento dun padroado composto por dez membros; a presenza de obxectos artísticos e arqueolóxicos de interese para coñecer o pasado da provincia; a elaboración dun regulamento por parte do organismo xestor; a creación dunha praza de director ou conservador e un secretario, e a dotación por parte da Deputación dun local axeitado. Os asinantes da proposta incidían na importancia que había de ter un espazo cultural a imaxe dos “Museos departamentais franceses e dos comunais de Gante, Bruxas, Basilea, Nüremberg e tantos outros que proclaman o amor ao tradicional”. A día de hoxe, 90 anos despois, o Museo de Pontevedra segue a ser un referente no seu labor de defensa da cultura galega e universal, como demostran diversos premios, entre eles o Otero Pedrayo de 1993 ou o máis recente Premio da Cultura Galega de 2016 na categoría de Patrimonio Cultural. Uns recoñecementos que se unen aos máis de 100.000 (máis de 150.000 xa este ano) visitantes que ano a ano pasan polas súas instalacións para gozar dos seus fondos propios, das mostras temporais e das actividades que cada ano alberga o Sexto Edificio. Ademais tamén é un centro referencial para as persoas investigadoras que grazas aos fondos que alberga esta institución poden desenvolver o seu traballo coa maior rigorosidade científica e técnica. Os traballadores e traballadoras do Museo, o persoal da Deputación e os diferentes corporativos e corporativas que levan participado na súa xestión diaria veñen sendo parte fundamental do bo facer da institución e seguirán a selo nos vindeiros anos. Todas estas persoas teñen que ser conscientes da importancia do saber e do coñecemento que está presente tanto fisicamente nos seus seis edificios, como a través das tecnoloxías da información e a comunicación. A sociedade que veu medrar e consolidarse ao Museo debe ser o garante fundamental para a súa pervivencia e para a súa adaptación aos retos futuros que se lle formulen. Mais tamén as novas xeracións teñen que ser parte fundamental da súa consolidación e da adaptación ás sinerxias que han de rexer este inmenso colector cultural. Un dos retos presentes e inmediatos nos que se está a traballar, e que se comezará a visibilizar no vindeiro ano 2018, é a remodelación do edificio fundacional do Museo, o Castro Monteagudo, para adaptalo ás necesidades actuais tanto expositivas como da súa propia accesibilidade e conexión co García Flórez para desta forma volver abrir ambos ao público tras permanecer pechados nos últimos anos. Un proxecto colectivo que é parte dos máis de 900.000 habitantes da provincia e de todos os galegos e galegas, e no cal a Deputación de Pontevedra debe ser parte activa no seu mantemento e mellora, contando co asesoramento de persoas expertas nos moitos ámbitos que abrangue.” 3.7051.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO 2018 E APROBACIÓN DEFINITIVA DO MESMO Sra. Presidenta.- Pasamos xa ó punto 3 da orde do día: Resolución de alegacións presentadas ó orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2018 e aprobación definitiva do mesmo. Para súa resposta ten a palabra o Sr. López Font. Sr. López Font.- Muchísimas gracias Presidenta. Buenos días a todas y a todos. Estamos en el período de resolver las alegaciones presentadas, y quiero referirme a la alegación presentada por el Partido Popular con una enmienda a la totalidad y que, ciertamente, considero que es muy pobre y falta de contenido. Se basa en tres puntos tan inconcretos y con tanta falta de rigor, que non son propuestas, sino que son opiniones. Brevemente, aducen tres grandes razones, dicen que es un presupuesto elaborado con prisas, improvisado, y yo creo que es muy al contrario. Es un presupuesto que se elabora desde septiembre con todo el rigor y con un amplio conocimiento de a qué tiene que dar respuesta. Se dice también, que es un presupuesto elaborado de espaldas a los ayuntamientos, y nunca los ayuntamientos fueron tan autónomos, nunca conocieron con tanta antelación las cantidades que iban a percibir, y nunca todas las demandas que realmente tienen los concellos están reflejadas en los presupuestos. Me hace gracia el tema de que se diga que de espaldas a los concellos, cuando anteayer se celebraba aquí mismo una reunión de firma del Plan de reequilibrio, y son los alcaldes del Partido Popular los que reconocen las correctas medidas que se están tomando desde este gobierno, que las agradecen, así nos lo dicen y así se reconocen. También se dice que es un presupuesto lleno de partidas genéricas, y esto me hace todavía muchísima más gracia, porque claro, partidas genéricas es aquella que todos recordamos del 20% que estaba a libre disposición del anterior Presidente. Y luego, en la falta de rigor, como decía al principio, absoluta, se pretende introducir un concepto en las bases de este presupuesto de que se visite por parte de la Presidenta a los ayuntamientos. Aquí no tiene encaje, produce, ya digo, cierta risa, pero es que además inicié la contabilización de todos los ayuntamientos a los que ha ido en reiteradas ocasiones, tanto la Presidenta como los diputados, hemos ido, y eran cientos, dejé ya de contarlos, porque ciertamente creo que no merecía la pena, y que los acaldes, y alcaldesas, son los que mejor saben, precisamente, el esfuerzo que se ha hecho desde este gobierno. Pero más allá de estas alegaciones, yo quiero volver a poner en valor el presupuesto que hoy se va a aprobar, este es sin duda el mejor presupuesto de la historia de la Diputación. Y obedece a un plan de gobierno, obedece a un pacto político que fue público, a un pacto político que ya este, siendo el tercer presupuesto para aprobar, se corresponde con las necesidades que ciertamente tienen los vecinos y vecinas de nuestra provincia. Es un presupuesto con más equidad, pero también es un presupuesto con más derechos y con más recursos a los que me referí en la aprobación inicial. Cada vez más, el respecto a la autonomía local figura en estos presupuestos, como decía, con un conocimiento de sus necesidades. Con una atención permanente a lo que necesitan los concellos y, también, y se demostró con motivo de los incendios, con un acondicionamiento a las necesidades que por el camino se van produciendo. Pero aquí también, en este presupuesto está un nuevo modelo de infraestructuras, del que se ha hablado mucho aquí, en muchas ocasiones con muy poquito rigor, pero este nuevo modelo de infraestructuras potencia la movilidad y la seguridad vial. Pero también está en este presupuesto un nuevo modelo de tratamiento de residuos, un plan estratégico de promoción turística que da realmente respuesta a lo que se necesita y que es producto del diálogo con todos los sectores. Pero también aquí se apoya a los sectores productivos, a las Pemes, con el programa SMARTPEME. Aquí también hay un cuidado, como decía, a nuestros montes en una apuesta muy clara por una política forestal del siglo 21. También aquí se apoya la cultura y nuestra lengua. Y también hay un financiamiento a los concellos de la provincia para que puedan atender a las reclamaciones de los ciudadanos. También en promoción económica y en empleo. Que decir del deporte, donde hay unos criterios claros y transparentes. Por lo tanto, estamos ante el mejor presupuesto elaborado de la historia, un presupuesto de rigor, un presupuesto de legalidad y un presupuesto que comprende absolutamente todas aquellas necesidades que tienen aquellos a quién nos debemos, que son los ayuntamientos y cuya autonomía, y no me cansaré de repetirlo, respetamos en su grado máximo. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias, Sr. Font. Sr. Jácome, ten vostede a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Agora, agora, graciñas. Bo día a todas e a todas. Bueno, non imos a estendernos, todo o que tiñamos que dicir ao respecto dos orzamentos foi dito xa na aprobación inicial. Sinalar en todo caso que agardamos que os cartos invertidos en axudas técnicas, se noten nos niveis de execución dos orzamentos. O noso voto será no mesmo sentido que na aprobación inicial e imos absternos. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sra. Muñoz, ten a palabra. Sra. Muñoz Fonteriz.- Muchas gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. La verdad que, Sr. Font, en su contestación a las alegaciones que se han presentado al presupuesto por parte del Partido Popular, una vez más, demuestra lo que es este gobierno, un gobierno que dice una cosa y que hace la contraria. Porque, efectivamente estos presupuestos son unos presupuestos hechos de espaldas a la provincia, de espaldas a las necesidades de la provincia, y los hechos, no las palabras, que son las que les gustan tanto a ustedes, le dan la razón a lo que está diciendo el Partido Popular. Porque ustedes no solamente están de espaldas a los concellos, a los concellos que no les interesan, evidentemente, no, también están de espaldas a los trabajadores, como por ejemplo a los trabajadores de Príncipe Felipe, que querían hoy hablar aquí, y que ustedes no les dejan que hablen en el Pleno de la Diputación. Y también de espaldas a los bomberos. Es lamentable ver como los bomberos de esta provincia han tenido que identificarse para poder entrar en este Diputación. ¿Esas son las puertas abiertas suyas?. ¿Obligar a bomberos de la provincia, que se juegan la vida por todos los vecinos de provincia, identificarse?. ¿Pero de que tienen miedo?. ¿Tienen miedo a la democracia?. ¿Tienen miedo a que se exprese lo que opina cada uno libremente?. ¿Qué mayor prueba es de que ustedes viven de espaldas y que están haciendo una realidad paralela de la provincia que para nada coincide con lo que están viviendo los pontevedreses día sí y día también?. Pero mire, yo comprendo que les molesta que el Partido Popular les presente propuestas, y les molesta que el Partido Popular les presente unas enmiendas que tienen mucho más que ver con lo que necesitan los vecinos de la provincia que su presupuesto. Un presupuesto hecho corriendo, corriendo, ni siquiera le dio tiempo a tener las bases generales para poder ir la Presidenta al Parlamento de Galicia, por eso se escondió y dijo que no quería ir, porque no tenía nada que contar, iba quedar en evidencia frente a los presidentes del resto de la Diputaciones de la Comunidad Autónoma. Pero también es un presupuesto que está lleno de partidas genéricas, efectivamente, y la mejor prueba es que son ustedes incapaces de ejecutarlo, y que cuando llega final de año las partidas no llegan al 50 % de ejecución. Esa es la realidad de su presupuesto y no otra. Y es un presupuesto, que además, que además lo único que hace es incrementar el gasto en ustedes mismos, sólo suben el gasto en personal, en gasto corriente, más de 3 millones de euros con respecto 2015. Es un presupuesto absolutamente hecho para su mayor gloria, desgraciadamente no para las necesidades de los vecinos de Pontevedra. Y digo que, menos mal, que el partido Popular está ahí para presentar alegaciones que realmente se corresponden con lo que la provincia necesita, y eso es lo que a ustedes tanto les molesta, no están hechos en despachos, está hecho de visitar calle a calle, todos los concellos de la provincia. Me hace gracia, Sr. Font, usted hablando de todas las visitas que ha hecho la Presidenta, le contará muchas veces que visita muchas veces el mismo concello que, del Partido Socialista o del Bloque Nacionalista Galego, porque desde luego a los concellos del Partido Popular casi están por estrenar. Hay que visitar todos los concellos, hay que conocer realmente las necesidades y hay que vegarse y hay que hacer unos presupuestos que se adapten a la provincia. Pero claro, para ustedes es más fácil descalificar, descalifar, cuando se encuentran con unas alegaciones que les dicen cosas tan razonables como, bajen ustedes el gasto de personal, bajen ustedes el gasto corriente de funcionamiento de la Diputación, bajen ustedes las partidas de propaganda, publicidad y patrocinios, dejen ustedes el plan de privatizar las estradas provinciales, incrementen las partidas destinadas a mejorar la red de estradas, incrementen las inversiones en los concellos, las de verdad, porque ustedes con ese Plan concellos, del que luego hablaremos, solamente le dedican 40 millones de euros, si hay suerte, si hay suerte, frente a los 60 millones que le dedicaba el Partido Popular. Algo tan razonable como crear una línea de ayuda específica para los concellos de verdad afectados por los incendios, no esa pantomima que hicieron ustedes, diciendo que podían destinar fondos que iban a otra cosa a los incendios. Una auténtica tomadura de pelo que parece mentira que haya alcaldes ahí sentados en ese gobierno que hayan dicho que si, en contra de sus propios vecinos. Algo tan normal como una partida para las emergencias de la provincia, para el parque de maquinaria, para fomentar el empleo. Todas esas cosas, de todas las propuestas que tiene el Partido Popular a ustedes les molestan, por eso critican y descalifican cuando no hay argumentos se descalifica. Nosotros no les vamos a decir que no trabajan, no, nosotros lo que le decimos es que trabajan mal, trabajan mal, y no trabajan en lo que los vecinos de Pontevedra necesitan, y vamos a seguir insistiendo en esas alegaciones, en esas enmiendas, y vamos a seguir dando, a pesar de que han tumbado el 100% de las propuestas que este partido ha presentado en bien de los vecinos de Pontevedra, porque solamente se quieren escuchar a si mismos. A pesar de eso, seguiremos insistiendo porque los vecinos se lo merecen. Sra. Presidenta.- Sr. Font, ten tres minutos polo turno de réplica. Sr. López Font.- La verdad es que siempre arranca usted, Sra. Muñoz, con lo mismo, que yo descalifico, no, no, si yo no descalifico, yo valoro políticamente lo que han hecho ustedes en cuanto a las alegaciones que han presentado y usted tiene que admitir, perfectamente, que yo diga que están faltas de rigor, que no se ajustan a la realidad de la provincia y que no son una propuesta alternativa a los presupuestos de esta Diputación. Mire, Sra. Muñoz, las alegaciones que han hecho son las alegaciones de la nostalgia. Son las alegaciones de no haberse enterado que ustedes no están gobernando. Y a mi, sinceramente, cuando llega este debate político, normalmente, con usted, hay algo que me preocupa, y es que se ha debido de ver muy por encima el presupuesto que hemos presentado. Porque algunas de las cuestiones que usted plantea no se ajustan, ni muchísimo menos, a lo que nosotros planteamos y hay muchísimas contradicciones en lo que ustedes dicen. Mire, el Consorcio de bomberos de Pontevedra, un ejemplo, está al 50 % entre esta Deputación y la Xunta de Galicia, hacen una propuesta de que incrementemos la partida. ¿Le preguntaron a la Xunta de Galicia?, porque la Xunta de Galicia, permanentemente está diciendo que no va a poner ni un euro más en cuestión tan sensible como las emergencias. Mire, yo le pido un poco de rigor, le pido un poco de rigor, y le pido un poco de que deje la demagogia al margen. Esto de hablar del Parlamento de Galicia, esto de hablar del acceso a Pleno y demás, bueno, esto no tiene nada que ver, Sra. Muñoz, con lo que estamos debatiendo, que hay que quitar personal, que hay que reducir. Pero mire, ustedes no pueden hablar ni de partidas genéricas, mientras tengan el lastre y lo tendrán toda la vida, de que un Presidente disponía del 20 % para darlo a quién le apetecía y a quién quería, ustedes no pueden presumir de esto. Y luego, lo peor de todo, de verdad, yo creo que el mayor drama político que ustedes tienen, es la desconexión con aquellos a los que representan. A mí me gustaría que usted viera por el rabillo de la puerta lo que dicen los alcaldes del Partido Popular sobre el Plan concellos, sobre el Plan de reequilibrio, sobre las medidas que adopta el gobierno de esta Diputación, me gustaría que lo viera. Porque es que cuando hacemos demagogia y decimos que si hay falta de contacto, que si no se visitan, pero claro que se han visitado a todos los alcaldes y alcaldesas, claro que hemos ido los diputados a todo tipo de actos con los alcaldes. Y le debo de decir una cosa, la relación con los alcaldes y alcaldesas del Partido Popular, no estando ustedes por medio, es óptima y es satisfactoria, y hay un reconocimiento permanente. Por lo tanto, este presupuesto obedece a un proyecto político que ustedes no tienen y que usted tiene que hacer una intervención absolutamente deslavazada sin ninguna concreción. Sra. Presidenta.- Sr. Font. Sr. Mosquera, ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. A verdade é que non, en principio, a idea era non intervir, pero vendo o que está pasando, pois había que dicir aquelo de, “que nivel Maribel” ou algo así, ¿non?. A ver, eu creo que hai, no Pleno de hai un mes, en que se discuteu, exactamente, o mesmo, estamos no día da marmota, que era a aprobación inicial, pois igual o compañeiro Font, igual acusou ó PP de ser uns vagos, porque non presentaban emendas, que era o momento en que había que presentalas, era o momento. Vale. Unha vez aprobado inicialmente, hai uns motivos taxados para presentar alegacións, non valen emendas, eso era antes, que non presentaron. Entonces ahora presentan algo que tecnicamente están fóra de lugar, que vai en contra do ordenamento, como está na lei dos Plenos, e como é toda a filosofía da función administrativa, para aproveitar, para falar, non se sabe que cousas que non teñen nada que ver. É inaudito, nunca o vin nesta casa, e levo anos, ¡eh!, nin na outra tampouco, tampouco. Os orzamentos hai un prazo para presentar emendas, antes da aprobación inicial, considerase ou non, de feito houbo algunha que si, por exemplo, de Mareas se aceptou unha, porque a presentaron, outras non, e unha vez aprobada inicialmente non colle presentar emendas, non colle este circo que están facendo aquí, non colle, non colle legalmente, é que, como que estuveramos de acordo, que obviamente non estamos, pero non podíamos aceptalas. ¿Que facemos?, volvemos outra vez a iniciar o orzamento, porque cambiamos todo. É que non ten ningún sentido, de verdad, e xente que se supón da administración, xente que sabe tanto, que incluso ás veces nos quere, como a que fai e exerce hoxe de portavoz do PP, nos quere dar leccións de como se funciona administrativamente, fai a chapuza de este calibre. Eu, francamente, estou admirado, estou admirado, no vin nunca e mellor que pase este debate, corramos un tupido velo, porque é un ridículo en clave administrativa e política deste Pleno, espantoso, repito, non o vin nunca e levo anos. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sra. Muñoz. Sra. Muñoz Fonteriz.- Muchas gracias Presidenta. Bueno, veo que el Sr. Mosquera se une al estilo del Sr. Font y de sus compañeros socialistas de Vigo, de la descalificación. Mire, yo no les voy a descalificar, yo les digo que hay un procedimiento administrativo y que hay dos fases para presentar enmiendas, nosotros no somos como ustedes, nosotros queremos presentarles unas enmiendas con rigor, cuando se da tres para presentar unas enmiendas a un presupuesto, lo que se quiere precisamente es que no se mire el presupuesto, y nosotros queríamos ver bien el presupuesto que estaban presentando, para presentar las enmiendas que era la enmienda que hacía falta, y lo único, el único camino que nos dejaron, era una enmienda a la totalidad. Porque este presupuesto, señores del gobierno Bipartito, no hay por donde cogerlo, porque los únicos que improvisan y que hacen las cosas chapuceramente, utilizando sus propias palabras, Sr. Mosquera, son ustedes, son ustedes, y les pido una vez más que tengan respecto por la oposición. Porque mire, es que coinciden muchas cosas, es que resulta que las alegaciones que presenta el Partido Popular es que no están bien hechas, es que no es el momento oportuno, y todas la mociones que se han presentado en esta legislatura han rechazado ustedes el 100 % de las mociones que hemos presentado en esta legislatura, han ustedes rechazado todas las propuestas que han salido del Partido Popular. Pero es que no solamente al Partido Popular se lo hacen, a los sindicatos, cuando no les gusta lo que les dicen, el 100 % de las propuestas son rechazadas, a los colectivos tampoco les quieren escuchar, las propuestas de los colectivos también las tiran y también las desprecian, esa es la forma que tienen ustedes de trabar, insisto, los trabajadores del Príncipe Felipe, los bomberos que están hoy aquí, es que ustedes no quieren escuchar a nadie más que a sí mismos. Y luego, pretenden ofender al trabajo que se está haciendo serio y riguroso por parte de la oposición, por cierto, por cierto, me encanta escuchar al Sr. Font hablar del extraordinario pacto político que dio lugar a este gobierno bipartito. No sé, en el caso a lo mejor del trasvase para dar agua a los concellos y garantizar agua a los concellos que no tienen, incluso a Vigo, ¿estarán haciendo un Kit-Kat en ese gran pacto político, no Presidenta? ¿No le ha dicho nada a usted el Sr. Mosquera?. Porque aquí, vamos, más bipartito que nunca, un bigobierno, que es lo que tenemos para lo que les conviene. Esa es la realidad que estamos aquí viviendo. Y miren, les guste o no les guste, le seguiremos diciendo, que estos no son los presupuestos que necesita la provincia, que ustedes están fracasando en todos los grandes proyectos que presentan, fracaso del Plan revitaliza, 1,2 millones de euros y solo 5 concellos presentados; Plan de parques forestales, 1,2 millones de euros y solo 10 de 61 concellos; Plan de proyectos singulares, etc., etc., etc. Miren, preocúpense de una vez por los problemas de la provincia, dejen de estar obsesionados por el gobierno del PP anterior, al que nunca le llegarán ni a la suela del zapato y pónganse de verdad a trabajar por los intereses de los ciudadanos, nosotros queremos otra Pontevedra, una Pontevedra que tenga unos presupuestos que realmente impulsen a la provincia y que hagan de la provincia … Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sra. Muñoz. Pois non, non pode. Sr. Font, ten vostede a palabra, para pechar o debate. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Para concluir, mire Sra. Muñoz, usted no es la más indicada para hablar de no aceptar ninguna alegación, porque le voy a recordar su época como conselleira. Non es ninguna referencia usted para darnos lecciones, cuando nosotros hemos tenido otras reuniones de mesa de negociación con los sindicatos. Cuando hemos aceptado propuestas, cuando las que no se han podido aceptar era porque tenía informe negativo, tanto de recursos humanos como de los servicios. Por lo tanto, usted no puede definir como que es un fracaso este gobierno, y estos tres años, porque es la época más esplendorosa de la Diputación. Es la época en la que se han respectado a los alcaldes y alcaldesas y gobiernos municipales como nunca. Y, efectivamente, Sra. Muñoz, aquí hay un contraste muy claro desde el primer día, ustedes, como partido político y lo que representan, eran el partido político de la libre designación. Y nosotros somos, un pacto de gobierno conocido, cuestión que ustedes nunca hacen, un pacto de gobierno que estamos cumpliendo y ejecutando y este el tercer presupuesto, que precisamente lo que hace, es materializar aquello que habíamos acordado. Conocemos los problemas de la provincia como nadie, lo que me preocupa es que ustedes no los conozcan, pero nosotros vamos a seguir a nuestro ritmo. Nosotros vamos a seguir gobernando como lo hemos hecho hasta ahora. Y, de verdad, yo le aconsejaría que usted hable con sus alcaldes y alcaldesas, les pregunte directamente, por qué opinan del Plan concellos y del Plan de reequilibrio, le pregunte por todo lo que está haciendo este gobierno y como estoy seguro de que no lo ha hecho hasta ahora, se va a llevar más de una sorpresa. Lo repito, este es el mejor presupuesto de la Diputación de su historia, es una continuidad de tres presupuestos aprobados y responde a todas y cada una de las necesidades que tienen los pontevedreses. Sra. Presidenta.- Gracias, Sr. Font. Ben, finalizado o debate, sometemos a votación a Resolución de alegacións presentadas ó Orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2018 e aprobación definitiva do mesmo. ¿Votos favorables á aprobación definitiva do orzamento do 2018?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 1 abstención e 12 en contra. O Pleno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do 28 de novembro de 2017, acordou a aprobación inicial do Orzamento xeral da Deputación para o exercicio de 2018, que comprende o orzamento da Deputación de Pontevedra, por importe de 156.872.300,00 euros, o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 545.683,00 euros, o do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, por importe de 3.335.000,00 euros, e o orzamento xeral consolidado, tanto en ingresos coma en gastos, por importe de 159.495.300,00 euros. Así mesmo tamén se aprobaron as bases de execución dos citados orzamentos, os organigramas, os cadros de persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros de persoal laboral e eventual, o anexo de investimentos para o exercicio 2018, o Plan (marco) orzamentario a medio prazo 2018-2020 e o límite de gasto non financeiro para o período 2018-2020. Resultando que a través de anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 229, de data 29 de novembro de 2017, estes orzamentos de conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedaron expostos ao público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días, no Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Deputación de Pontevedra. O prazo para efectuar alegacións iniciouse o día 30 de novembro e rematou o día 22 de decembro de 2017. Resultando que as alegacións presentadas ó orzamento foron as seguintes: • Co número de rexistro de entrada 2017124466 e data de rexistro do 20 de decembro de 2017, a asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, conxuntamente co Concelleiro de Mos, Roberto Carlos Rodríguez Dasilva (GañaMos), no que interesan a creación dunha aplicación orzamentaria por importe de 21.000,00 euros para a expropiación negociada das parcelas escavadas do Castro de Torroso. Así mesmo interesase a humanización da estrada Puxeiros-Mos. • Co número de rexistro de entrada 2017124467 e data de rexistro do 20 de decembro de 2017, a asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, conxuntamente ca representante da asociación Chuchamel, Lucía Bernárdez Soliño, de data 20 de decembro de 2017, interesando a creación dunha nova aplicación por importe de 10.000,00 euros para o fomento da lactancia materna. • Co número de rexistro de entrada 2017124861 e data de rexistro do 21 de decembro de 2017, a asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, na que interesa a redución do crédito de algunhas aplicacións orzamentarias (publicidade, gastos de promoción, vestiario e postais) por importe de 1.055.186,50 euros, para incrementar o crédito destinado ao Plan de Cooperación ós Concellos 2018. • Co número de rexistro de entrada 2017124862 e data de rexistro do 21 de decembro de 2017, a asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, conxuntamente ca representante da Asociación de Veciños Terra da Laxe, de Pinténs (Cangas), Mercedes Villar Gutiérrez, na que interesa que se faga un plan integral para a humanización da estrada EP-1005. • Co número de rexistro de entrada 2017124784 e data de rexistro do 21 de decembro de 2017, a asinada polo Secretario da Sección Sindical de CC.OO, na Deputación de Pontevedra, José Ramón Piñeiro Piñeiro, de data 19 de decembro de 2017, sobre diversos temas relacionados co persoal da Deputación de Pontevedra. • Co número de rexistro de entrada 2017124967 e data de rexistro do 21 de decembro de 2017, a asinada por Ángel Moldes Martínez e Elena Muñoz Fonteriz, voceiros do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, de data 21 de decembro de 2017, sobre diversos temas relacionados cos gastos de persoal, gastos correntes, propaganda, publicidade, patrocinios, mellora da rede de estradas provinciais, etc. Resultando que a Xefa dos Servizos Administrativos de Mobilidade, a través de escrito de data 20 de decembro de 2017 efectúa a proposta de incluír no orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2018 aprobado inicialmente polo Pleno na sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2017, a asignación de complemento específico ao posto de traballo de Enxeñeiro-Técnico de Proxectos, nomeamento interino por execución de programa, motivado a que se require unha dedicación superior á xornada habitual. Resultando que a Xefa do Servizo de Recursos Humanos en informe no que figura o conforme do Sr. Interventor, de data 26 de decembro de 2017, analiza as alegacións efectuadas pola Sección Sindical de CC.OO, da Deputación de Pontevedra, así como a proposta da Xefa dos Servizos Administrativos de Mobilidade, para asignación de complemento específico ao posto de traballo de Enxeñeiro-Técnico de Proxectos, nomeamento interino por execución de programa, , cuxo contido literal é o seguinte: “ASUNTO: RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2018 ANTECEDENTES 1º.- Por acordo adoptado no Pleno da Corporación celebrada o 28 de novembro de 2017 aprobouse provisionalmente o orzamento provincial para o ano 2018, cadro de persoal e relacións de postos de traballo. 2º.- Dentro do prazo establecido a Sección Sindical de CCOO presenta alegacións, en tempo e forma, as cales se expoñen, de forma extractada, a continuación: A. Equiparar o complemento de destino e complemento específico dos postos de traballo de técnico educativo diúrno e nocturno ós que teñen asignado os postos de educador e en tanto non se produza concederlles un complemento de produtividade pola diferenza. B. Asignar ós postos de traballo de técnico auxiliar educativo os factores de perigosidade e penosidade, polas características dos menores acollidos no centro e as numerosas agresións, desfeitas de mobiliario, etc. C. Transformar unha praza de operario de servizos varios, grupo E, do Centro Príncipe Felipe, nunha de oficial de servizos do grupo C2. D. Establecer un módulo de gardas localizadas para a atención de avarías e situacións de emerxencia no centro Príncipe Felipe. E. Equiparar a denominación, complemento de destino e específico dos postos de traballo do persoal de Servizos xerais e roupeiro. F. Compensar a diferenza de funcións e retribucións de nove operarios especialistas peóns camiñeiros do Parque de Maquinaria respecto ós oficiais de Mobilidade. G. Asignar un complemento de produtividade ó oficial da imprenta do grupo C2, nivel 17, por realizar funcións de superior categoría. H. Promocionar ó grupo A ós delineantes do grupo C1, por estar en posesión do título de técnico superior. I. Funcionarizar ó persoal laboral fixo do Oral. J. Asignar o factor perigosidade ó persoal do Oral polo incremento do risco para a integridade física e moral na atención ó contribuínte. K. Incrementar o valor da hora extraordinaria para equiparalo ó valor da hora ordinaria de traballo. L. Reclasificar ó persoal do Museo Provincial que vén realizando funcións de superior categoría, concretamente: responsable de montaxe, responsable de carpintería, axudante de mantemento, auxiliar de arquivos e biblioteca e auxiliar administrativo. M. Revisar os complementos de destino e específico do persoal do Museo, e por en funcionamento un novo organigrama. N. Asignar un complemento de produtividade ó persoal do rexistro. O. Compensar ós condutores maquinistas cunha gratificación mínima de 227 €/mes por non computar dentro da xornada laboral os desprazamentos ó lugar de traballo. P. Asignar o factor dispoñibilidade ós condutores maquinistas para atender emerxencias e imprevistos. Q. Incrementar o factor dispoñibilidade das brigadas de mantemento. R. Incrementar o importe da aplicación orzamentaria destinada á adquisición/construción dun novo Parque de Maquinaria. 3º.- En relación coas alegacións formuladas pola Sección Sindical de CCOO reiterase o manifestado nas reunións das Mesas de Negociación, por canto que as modificacións introducidas no cadro de persoal e relación de postos de traballo (RPT) lévanse a cabo tendo en conta as propostas dos distintos Centros e Servizos, consensuadas cos deputados delegados das correspondentes áreas. Estes cambios son consecuencia da necesidade de adaptar a estrutura de persoal á nova distribución de competencias por áreas de goberno e á mobilidade de varios postos de traballo entre Servizos, por redistribución dos efectivos, deixando pendentes todas aquelas propostas sindicais de creación de novas prazas e/ou postos, incrementos de niveis de complemento de destino e revisión do complemento específico, entre outras, á realización dunha nova valoración de postos de traballo, que permita adecuar tanto a organización interna dos distintos centros e servizos, coma os postos de traballo, funcións, contidos e responsabilidades ás características específicas desta Administración. Entrementres preténdese dotar á Deputación da estrutura óptima de organización para o cumprimento dos seus fins e funcionamento. Ademais, parte das cuestións que propoñen, tales como asignacións individuais de produtividade, revisión dos niveis de complemento de destino, cambios na organización e funcionamento das brigadas e condutores, construción da nova sede do Parque de Maquinaria, revisión dos organigramas e creación de novas prazas, etc., non son materia obxecto de negociación e afectan á potestade de autoorganización da Corporación Provincial. 4º.- Por outra parte, segundo informe da xefa do servizos administrativos de Mobilidade nas previsións de nomeamentos interinos por execución de programas adscritos ó seu Servizo omitiuse a asignación do factor dedicación ó posto de traballo de enxeñeiro de camiños do Plan Móvese. Esta proposta atópase xustificada na necesidade de ter que efectuar o seguimento e planificación dos diferentes proxectos que integran o referido plan, para o que se precisa a realización de traballos fóra da xornada laboral, incluídos fins de semanas e festivos, con motivo das reunións que teñen lugar nos Concellos, visitas ás obras, coordinación de asistencias técnicas, emerxencias, inauguracións ou final de obras. O importe anual do factor dedicación neste posto de traballo ascende a 9.910,53 €, cantidade que se pode afrontar co montante total do crédito previsto, debido ó elevado número de prazas vacantes existentes neste Servizo. CONSIDERACIÓNS LEGAIS 1º.- O artigo 170.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e artigo 22.2 do Real decreto 500/90, do 20 de abril, que desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88, dispón que unicamente poderán entablarse reclamacións contra o orzamento: a) Por non terse axustado a súa elaboración e aprobación ós trámites establecidos nesta Lei. b) Por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigacións esixibles á Entidade Local, en virtude de precepto legal ou de calquera outro título lexítimo. c) Por seren de manifesta insuficiencia os ingresos con relación ós gastos orzamentarios ou ben destes respecto ás necesidades para as que estean previstos. Polo tanto, examinadas as alegacións da Sección Sindical de CCOO pódese comprobar que ningunha delas se fundamenta nos motivos contemplados no referido artigo. 2º.- O artigo 109 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, permite ás Administracións rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos e de feito, existentes nos seus actos. Como consecuencia vista a proposta xustificativa da Xefa dos servizos administrativos de Mobilidade procede asignarlle o factor dedicación dentro do complemento específico ó posto de traballo de Enxeñeiro de camiños do Plan Móvese. 3º.- Segundo se recolle no artigo 33.1 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, corresponde ó Pleno da Corporación Provincial a aprobación e modificación dos orzamentos, en virtude do indicado na Lei Reguladora de Facendas Locais. CONCLUSIÓN En base ós antecedentes e disposicións normativas expostas anteriormente, procede: 1º.- Desestimar as alegacións presentadas pola Sección Sindical de CCOO polas razóns expostas nos apartados anteriores. 2º.- Rectificar as previsións de nomeamentos interinos por execución de programas respecto ó posto de enxeñeiro de camiños do Plan Móvese, ó que se lle asigna o factor dedicación dentro do complemento específico. 3º.- Aprobar definitivamente o orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o ano 2018, coas rectificacións sinaladas nos apartados anteriores.” Resultando que o Sr. Interventor con data 20 de decembro de 2017 emite informe sobre as alegacións efectuadas polo Deputado, Xosé Lois Jácome Enríquez da Coalición Electoral SON, xunto con outras asociacións da provincia de Pontevedra, cuxo contido literal é o seguinte. “Asunto: catro escritos de alegacións presentadas pola coalición electoral SON por medio do seu deputado Xosé Lois Jácome Enríquez (pertencente ao Grupo Mixto da Corporación): - O primeiro, conxuntamente ca representante da asociación Chuchamel Lucía Bernárdez Soliño, por medio do que presentan alegacións ao acto de aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación para o exercicio de 2018, interesando a creación dunha nova aplicación por importe de 10.000 euros para o fomento da lactación materna. - O segundo, conxuntamente co concelleiro de Mos Roberto Carlos Rodríguez Dasilva (GañaMos), no que interesan a creación dunha aplicación orzamentaria por importe de 21.000,00 euros para a expropiación negociada das parcelas escavadas do Castro de Torroso. Así mesmo, interesase a humanización da estrada Puxeiros-Mos. - O terceiro, na que interesa a redución do crédito de algunhas aplicacións orzamentarias (publicidade, gastos de promoción, vestiario e postais) por importe de 1.055.186,50 euros, para incrementar o crédito destinado ao Plan de Cooperación ós Concellos 18. - O cuarto, conxuntamente ca representante da Asociación de Veciños Terra de Laxe, de Pinténs (Cangas), Mercedes Villar Gutiérrez, na que interesa que se faga un plan integral para a humanización da estrada EP-1005. LEXISLACIÓN APLICABLE 1º. Artigos 169, 170, 171 e demais concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRFL). 2º. R.d. 500/1990, de 20 de abril (RP). 3º. Artigos 97 e demais concordantes do Rd 2568/86, de 28 de novembro (ROF). 4º. Artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións públicas (LPACAP). FUNDAMENTOS XURÍDICO-ECONÓMICOS As alegacións preséntanse por persoas lexitimadas para elo e preséntanse dentro de prazo. De conformidade co previsto no artigo 170-2, b) estas alegacións non se atopan dentro dos motivos previstos para presentalas, xa que a Deputación non ten ditas obrigas por non existir ningunha lei, sentenza ou calquera outro título lexítimo que así o estableza. CONCLUSIÓN Estas alegacións non enervan a validez xurídica do acordo de aprobación inicial do orzamento, non obstante, o Pleno decidirá o que estime conveniente, non podendo aceptar as alegacións que supoñan incremento do gasto sen que se propoña o seu financiamento.” Resultando que o Sr. Interventor con data 21 de decembro de 2017 emite informe sobre as alegacións efectuadas polo grupo provincial do Partido Popular, cuxo contido literal é o seguinte. “Asunto: escrito de emendas e alegacións contra o acto de aprobación inicial do mesmo, presentadas polo deputado Ángel Moldes Martínez e a deputada Elena Muñoz Fonteriz, voceiros do grupo provincial do Partido Popular. LEXISLACIÓN APLICABLE 1º. Artigos 169, 170, 171 e demais concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRFL). 2º. R.d. 500/1990, de 20 de abril (RP). 3º. Artigos 97 e demais concordantes do Rd 2568/86, de 28 de novembro (ROF). 4º. Artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións públicas (LPACAP). FUNDAMENTOS XURÍDICO-ECONÓMICOS Sobre as emendas non me corresponde informar por tratarse de temas de oportunidade política. As alegacións preséntanse por persoas lexitimadas para elo e preséntanse dentro de prazo. De conformidade co previsto no artigo 170-2, b) estas alegacións non se atopan dentro dos motivos previstos para presentalas, xa que a Deputación non ten ditas obrigas por non existir ningunha lei, sentenza ou calquera outro título lexítimo que así o estableza. CONCLUSIÓN Estas alegacións non enervan a validez xurídica do acordo de aprobación inicial do orzamento, non obstante, o Pleno decidirá o que estime conveniente, non podendo aceptar as alegacións que supoñan incremento do gasto sen que se propoña o seu financiamento.” Resultando que a Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión extraordinaria do día 26 de decembro de 2017, ditaminou o asunto relativo á aprobación definitiva do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2018, desestimando as alegacións efectuadas pola sección sindical de CC.OO., polo Deputado D. Xosé Lois Jácome Enríquez da Coalición electoral SON, e polo Grupo Provincial do Partido Popular, e aceptando as propostas que figuran nos informes da Xefa de Recursos Humanos e Formación, de data 26 de decembro de 2017, e do Sr. Interventor de datas 20 e 21 de decembro de 2017, respectivamente. O Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno acorda, por maioría de votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON): 1º.- Desestimar as seguintes alegacións presentadas durante o período de exposición pública do acordo de aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2018. • A asinada polo secretario da Sección Sindical de CC.OO na Deputación de Pontevedra, de data 19 de decembro de 2017, co número de rexistro de entrada 2017124784 e data de rexistro do 21 de decembro de 2017. As razóns pola que se desestima esta reclamación aparecen recollidas no informe da Xefa do Servicio de Recursos Humanos e Formación, de data 26 de decembro de 2017, e en resumo son as seguintes: As modificacións introducidas no cadro de persoal e relación de postos de traballo (RPT) lévanse a cabo tendo en conta as propostas dos distintos Centros e Servizos, consensuadas cos deputados delegados das correspondentes áreas. Estes cambios son consecuencia da necesidade de adaptar a estrutura de persoal á nova distribución de competencias por áreas de goberno e á mobilidade de varios postos de traballo entre Servizos, por redistribución dos efectivos, deixando pendentes todas aquelas propostas sindicais de creación de novas prazas e/ou postos, incrementos de niveis de complemento de destino e revisión do complemento específico, entre outras, á realización dunha nova valoración de postos de traballo, que permita adecuar tanto a organización interna dos distintos centros e servizos, coma os postos de traballo, funcións, contidos e responsabilidades ás características específicas desta Administración. Entrementres preténdese dotar á Deputación da estrutura óptima de organización para o cumprimento dos seus fins e funcionamento. Outras cuestións tales como asignacións individuais de produtividade, revisión dos niveis de complemento de destino, cambios na organización e funcionamento das brigadas e condutores, construción da nova sede do Parque de Maquinaria, revisión dos organigramas e creación de novas prazas, etc., non son materia obxecto de negociación e afectan á potestade de autoorganización da Corporación Provincial. • A asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, conxuntamente co Concelleiro de Mos, Roberto Carlos Rodríguez Dasilva (GañaMos), co número de rexistro de entrada 2017124466 e data de rexistro do 20 de decembro de 2017, por supor un incremento de gasto sen que se propoña o seu financiamento e a Deputación non ten dita obriga por non existir ningunha lei, sentenza ou calquera outro título lexítimo que así o estableza. • A asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, conxuntamente ca representante da asociación Chuchamel en apoio á lactancia materna, Lucía Bernárdez Soliño, de data 20 de decembro de 2017, co número de rexistro de entrada 2017124467 e data de rexistro do 20 de decembro de 2017, por supor un incremento de gasto sen que se propoña o seu financiamento e a Deputación non ten porque facerlle fronte a dita petición. • A asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, co número de rexistro de entrada 2017124861 e data de rexistro do 21 de decembro de 2017, xa que a Deputación non ten porque facerlle fronte ás demandas que figuran na alegación. • A asinada polo Deputado da Coalición electoral SON, Xosé Lois Jácome Enríquez, conxuntamente ca representante da Asociación de Veciños Terra da Laxe, de Pinténs (Cangas), Mercedes Villar Gutiérrez, co número de rexistro de entrada 2017124862, por supor un incremento de gasto sen que se propoña o seu financiamento e a Deputación non ten porque facerlle fronte a dita petición. • A asinada por Ángel Moldes Martínez e Elena Muñoz Fonteriz, voceiros do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, de data 21 de decembro de 2017, co número de rexistro de entrada 2017124967 e data de rexistro do 21 de decembro de 2017, por supor incrementos de gasto sen que se propoña o seu financiamento e a Deputación non ten ditas obrigas por non existir ningunha lei, sentenza ou calquera outro título lexítimo que así o estableza. 2º.- Rectificar as previsións de nomeamentos interinos por execución de programas respecto ó posto de enxeñeiro de camiños do Plan Móvese, ó que se lle asigna o factor dedicación dentro do complemento específico. 3º.- Aprobar definitivamente o orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o ano 2018, coa rectificación sinalada no apartado anterior e que comprende: -O orzamento da Deputación de Pontevedra, por importe de 156.872.300,00 euros. -O orzamento da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, por importe de 545.683,00 euros. -O orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento, por importe de 3.335.000,00 euros. -O orzamento xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos…………………………….. 159.495.300,00 euros. -En Gastos……………………………… 159.495.300,00 euros. -Apróbanse as bases de execución do orzamento xeral da Deputación, e as específicas da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento. -Apróbase o organigrama da Deputación, o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería e o do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral, interinos sen praza por programas e acumulación de tarefas e eventual da Deputación de Pontevedra, da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, e do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contraincendios e salvamento. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2018. -Apróbase o plan (marco) orzamentario a medio prazo e determinación do gasto non financeiro 2018-2020. -Apróbase o límite de gasto non financeiro para o período 2018-2020. -Apróbanse os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 1.- Gastos de Persoal 44.632.380,00 € Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos 29.507.655,00 € Capítulo 3.- Gastos financeiros 209.950,00 € Capítulo 4.- Transferencias correntes 29.223.723,00 € Capítulo 5.- Fondo de continxencia e outros imprevistos 1.000.000,00 € Total Operacións correntes 104.573.708,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulo 6.- Investimentos reais 10.208.911,00 € Capítulo 7.- Transferencias de capital 34.381.006,00 € Capítulo 8.- Activos financeiros 1.272.400,00 € Capítulo 9.- Pasivos financeiros 6.436.275,00 € Total Operacións de Capital 52.298.592,00 € TOTAL ORZAMENTO 156.872.300,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 1.- Impostos directos 12.783.136,00 € Capítulo 2.- Impostos indirectos 12.716.131,00 € Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 10.754.703,00 € Capítulo 4.- Transferencias correntes 117.438.841,00 € Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 707.750,00 € Total Operacións correntes 154.400.561,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais 650.500,00 € Capítulo 7.- Transferencias de capital 513.838,00 € Capítulo 8.- Activos financeiros 1.307.401,00 € Total Operacións de Capital 2.471.739,00 € TOTAL ORZAMENTO 156.872.300,00 € ORZAMENTO DA FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 1.- Gastos de Persoal 489.718,00 € Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos 54.865,00 € Capítulo 3.- Gastos financeiros 100,00 € Total Operacións correntes 544.683,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulo 6.- Investimentos reais 1.000,00 € Total Operacións de Capital 1.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 545.683,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 125.000,00 € Capítulo 4.- Transferencias correntes 416.683,00 € Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 3.000,00 € Total Operacións correntes 544.683,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulo 7.- Transferencias de capital 1.000,00 € Total Operacións de Capital 1.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 545.683,00 € ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO. ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 1.- Gastos de Persoal 59.754,00 € Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos 2.857.550,00 € Capítulo 4.- Transferencias correntes 1.000,00 € Capítulo 5.- Fondo de continxencia e outros imprevistos 3.000,00 € Total Operacións correntes 2.921.304,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulo 6.- Investimentos reais 413.696,00 € Total Operacións de Capital 413.696,00 € TOTAL ORZAMENTO 3.335.000,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 1.653.000,00 € Capítulo 4.- Transferencias correntes 1.680.000,00 € Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 2.000,00 € Total Operacións correntes 3.335.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 3.335.000,00 € ORZAMENTO CONSOLIDADO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 1.- Gastos de Persoal 45.181.852,00 € Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos 32.420.070,00 € Capítulo 3.- Gastos financeiros 210.050,00 € Capítulo 4.- Transferencias correntes 27.968.040,00 € Capítulo 5.- Fondo de continxencia e outros imprevistos 1.003.000,00 € Total Operacións correntes 106.783.012,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulo 6.- Investimentos reais 10.623.607,00 € Capítulo 7.- Transferencias de capital 34.380.006,00 € Capítulo 8.- Activos financeiros 1.272.400,00 € Capítulo 9.- Pasivos financeiros 6.436.275,00 € Total Operacións de Capital 52.712.288,00 € TOTAL ORZAMENTO 159.495.300,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES Capítulo 1.- Impostos directos 12.783.136,00 € Capítulo 2.- Impostos indirectos 12.716.131,00 € Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 12.532.703,00 € Capítulo 4.- Transferencias correntes 118.278.841,00 € Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 712.750,00 € Total Operacións correntes 157.023.561,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais 650.500,00 € Capítulo 7.- Transferencia de capital 513.838,00 € Capítulo 8.- Activos financeiros 1.307.401,00 € Total Operacións de Capital 2.471.739,00 € TOTAL ORZAMENTO 159.495.300,00 € 4.7052.- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2018-2019 Sra. Presidenta.- Pasamos ó cuarto punto da orden do día. Bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2018-2019. Para a súa explicación ten a palabra o Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. Bo día a todas e a todos. A verdade é que volvemos a traer un plan que é un signo do orgullo deste novo goberno da Deputación. O Plan concellos 2018-2019 está destinado ós 59 municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Este ano ten unha gran novidade, unha gran novidade respecto ó ano 2017, que se trata dun plan bianual. Un plan que ten os fondos do ano 2018, 42 millones e ten 30 millóns máis da liña 1 do ano 2019, que poden planificar todas as alcaldesas e todos os alcaldes da provincia de Pontevedra. Por certo, alcaldes do Partido Popular, os deputados do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, estes días nos din que é un Plan que lle dá a vida a todos os concellos da provincia de Pontevedra. Introducimos este carácter bianual cun obxectivo claro, dar respostas ás necesidades dos concellos, reforzar a súa autonomía e a súa responsabilidade, facilitar a mellor planificación da actividade por parte das entidades municipales, sobre todo debido á vaga de lumes que azotou a nosa provincia en outubro do 2017. Por eso, por estes motivos, será subvencionable a recuperación dos danos causados nas infraestruturas, causados nos equipamentos, en outros bens de titularidade municipal ocasionados por estes lumes. Un plan para todos, un plan para todos, o plan da igualdade, un plan que quere chegar ós 59 concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes por partes iguales. Un plan con equidade, como saben, o plan concellos introduciu importantes novidades respecto ós programas de cooperación de gobernos do Partido Popular. Por unha banda, simplificou e integrou nun só programa distintos plans de subvencións ós concellos, eliminou a discrecionalidade, e fixo desaparecer a libre disposición que tiñan os presidentes do Partido Popular, e realizou unha distribución da totalidade dos fondos entre os concellos aplicando bases claras, criterios obxectivos e criterios transparentes. Un plan de respecto á autonomía local, que sempre defendemos, á autonomía local, son os concellos os que teñen que tomar a decisión sobre o futuro das infraestruturas que hai que facer en cada municipio. Correspóndelle ós concellos a elección da actividade subvencionable, a elección da infraestrutura subvencionable, así como a execución e xustificación. Correspóndelle tamén a decisión á hora de definir as prioridades de cada un dos concellos, na execución das distintas liñas de actuación que se distribúen dentro deste plan. As liñas, como en anos anteriores son 3: a liña 1 é investimentos que garantan o funcionamento dos servicios municipais, á que destinamos 28.501.200€, un 10,7% máis que este ano no que estamos, ós que hai que engadir os 30 millóns de euros da liña 1 do ano 2019, un total de 58.501.200€, un importe histórico na Deputación da Pontevedra adicados ós concellos para facer infraestruturas, onde se inclúen as obras e as subministracións de competencia municipal, cada concello destinará unha porcentaxe mínima do 67,86 % sobre a contía asinada do 2018 e a que se sumará á totalidade da cantidade asignada para o 2019. Así se resume a liña 1. A liña 2, que é a liña que esta adicada a amortización ó pagamento de deudas e de gastos correntes, incluídos os derivados que se realizan en actos culturais, actos sociais, actos deportivos ou actos educativos, á que se destinan casi 4 millóns de euros, aquí incluirase a redución do endebedamento dos concellos, que teñen cos seus provedores ou con entidades financeiras, o gasto corrente novo, así como servizos de subministración de auga, rede de sumidoiros, limpeza viaria, recollida de lixo, iluminación pública, reparación e mantemento, accesos ós núcleos de poboación, mantemento e repoboación de parques públicos, gastos derivados da organización, etc., etc., etc. E por último, a liña3, a liña de fomento de emprego, para conservación e funcionamento de bens e servicios municipales á que lle adicamos case 10 millóns de euros, un 2,5% máis que o ano no que estamos. Un dos eixos principales é o emprego, este plan permite que os concellos destinen unha parte da cantidade que lles corresponde á contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego galego.... Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Rematou o seu tempo. Sr. Regades Fernández.- ...para a liña 3 o concello ... Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Rematou o seu tempo. Sr. Regades Fernández.- ...poderá tamén destinar un porcentaxe similar. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Entonces vou a intervir eu moi brevemente. Vamos a ver, Sra. Muñoz, eu sinto ter que volver a corrixirlle cousas. É que vostede aínda non aterrou na administración local, non se escoita nada, a ver, pois falaremos máis alto, así, ¿escóitase?. Si, o que pasa é que senón despois vai dicir que lle falo berrando, entonces non quería, quería falar suave. Mire, é que, non é polo seu gazapo, que non teño maior interese en correxilo, senón para que non cunda o exemplo. Estamos na administración local, na administración local non lexislamos, non hai lexislaturas, hai mandatos, hai mandatos, e usted dixo, nesta lexislatura, na anterior lexislatura, no, no, pero si non é por usted, dígoo por que se estenda porque hai unha cultura da administración local francamente moi escasa, ¿non?, e se está mimetizando, se está mimetizando, digamos, cuestións que veñen doutro lado. Eu o único que podo dicir con respecto ó punto da orde do día, é que nestes momentos, entre estes 72 millóns que aprobamos agora, os 18 millóns para o plan de reequilibro territorial, os 7 millóns cada ano, 18 e 19, serán 14 para Pontevedra en conxunto, pero Pontevedra e Vigo, vamos o das, servizos sociais, etc., estamos, estamos en estes momentos nunha cantidade de transferencias ós concellos que nunca na historia, e, repito, non vale, hai que aportar datos, como comprenderán téñoos, e non hai nunca na historia, nin cando había incluso fondos europeos repartidos entre os concellos, o POL, o INTERREG, etc., nunca o Plan de comarcas de Acción Especial, nunca houbo unha cifra nin de lonxe semellante, cuns criterios, repartido cuns criterios obxectivos, creo que era, é a situación ideal á que hai moitos anos aspirabamos a chegar, e que afortunadamente nestes momentos chegamos e que quedan reflectidos nestas bases. Non sei, señora ... Sra. Muñoz Fonteriz.- Si, gracias. Gracias Presidente. A verdade, Sr. Mosquera, que se o único que ten que dicir da miña intervención é que tiña que dicir mandato en vez de lexislatura, e polo tanto entendo que está de acordo con todo o resto que dixen, me dou por satisfeita, a verdade. Neste punto, no punto que toca falar agora, que é do plan concellos ou gran plan estrela desta Deputación de Pontevedra. Este plan que era a panacea para todos os veciños, para todos os concellos, este gran plan, que así o anunciaron, pero a verdade é que, como sempre, entre o que anuncian e a realidade hai moitísima diferencia. Pronto, pronto, detrás de ese gran anuncio, tanto os concellos como os cidadáns se deron conta, que non era o que se vendía, senón que o que se vendía era o contrario do que se estaba facendo, e os fondos adicados eran moito menores do que estaban adicados antes no anterior goberno da Deputación de Pontevedra. Porque onde antes había 60 millóns de euros, pois agora lles presentaban un plan con simplemente 40 millóns de euros. Nós traballamos presentamos iniciativas para corrixir, para emendar ese erro, que para nós era moi grande, deste plan concellos, con estas grandísimas carencias que tiña, e rexeitaron todas como non podía ser doutro xeito, é xa habitual en este goberno. Pero, como non podía ser de outro xeito, tiveron que rectificar, aunque non dicindo que era rectificación, por suposto, e se inventaron outros plans para complementar aquelo do que o plan concellos carecía manifestamente. Primeiro, o primeiro remendo chegou co que chamaron PICEI e despois chegou un segundo remendo co plan de proxectos singulares. No primeiro remendo, e nese famoso xa PICEI, pois a Presidenta repartiu 1 millón de euros nos concellos, sen máis criterios que a libre elección da Presidenta, si, señores do goberno provincial, ¡oh!, a libre elección da Presidenta, pero é que non o di o Partido Popular, non, o dixeron os propios técnicos da Deputación, o dixeron os propios técnicos desta Institución, e polo tanto tiveron que cambiar. E tiveron que inventar unha nova modalidade, que era o plan de proxectos singulares. E no plan de proxectos singulares, pois, que lle vamos a dicir, o que xa saben todos os pontevedreses a día de hoxe. Un plan de proxectos singulares nos que primeiro quedaron sen dar 3 millóns de euros, 3 millóns de euros, porque non abarcaba a todos os concellos da provincia, e no que hai unha curiosa forma de repartir ese diñeiro, dos 18 millóns do plan, dese plan de proxectos singulares. Porque, practicamente o 80% vai a concellos gobernados polo Partido Socialista e polo Bloque Nacionalista Galego. Esto non é algo tampouco diga o Partido Popular, esto o di os datos, e vendo o diario oficial no que se aprobaron as axudas e as concesións de axudas e os acordos do goberno da Deputación, claramente eso hai que hacer contas, sumar e aí salen 80% para os gobernos do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego. Polo tanto, polo tanto, a vostedes que tanto lles gusta falar da libre disposición, vostedes son de verdade os reyes da libre disposición e de dar a quen lles interesa e a quen non, non darlle nada. E aquí traen novamente o novo plan concellos para o ano 2018. Claro, algo tiñan que dicir para incrementar e para dicir que se daban máis dos 60 millóns de euros que daba o goberno do Partido Popular, entón, viñeron a dicir que eran 70 millóns de euros, anunciaron que eran 70 millóns de euros este ano. ¡Ah! A trampa viña despois, a trampa viña despois, porque despois dixeron, e moito despois, que es que eran dous anos, 40 no primeiro ano, e 30 no segundo ano, polo tanto, 70 millóns de euros en dous anos. Polo tanto, unha nova forma de falsear, digamos, a realidade e de contar unha cousa, e despois cando se ve a realidade, facer outra completamente diferente. Por certo, ¿donde están os 90 millóns de euros para incendios?, me gustaría que nos lo aclarara o Sr. Regades na súa intervención, dentro destes 70 millóns en dous anos, de 40 e 30 e xa veremos, e xa veremos, onde está o diñeiro para os incendios que tamén publicitaron a bombo e platillo. Segue sendo un plan insuficiente para a provincia, van tener que seguir artellando outros mecanismos para compensar un plan que non queren deixalo para non recoñecer o fracaso que é dende o minuto 1. Non nos veñan dicindo que hai alcaldes do PP que apoian, miren, ese conto xa o contaron moitas veces, e xa non cola, a ninguén, a ninguén, porque os veciños saben perfectamente o que ... Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sra. Muñoz, acabou o seu tempo. Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Bueno, non me soprende nada a intervención do Partido Popular, porque claro, cando di que estamos ante un plan que non é un bo plan, e os seus alcaldes, os alcaldes do Partido Popular din todo o contrario, ¿non?, din que é un gran plan, din que este plan é o que lles dá a vida, palabras textuales dun alcalde do Partido Popular, “este plan nos da a vida ós concellos da provincia de Pontevedra” pois eso é ou que ben nos están mentindo ou ben non falan cos seus alcaldes, o cual tampouco me extraña, ¡eh!, porque eu creo que están encerrados nos seus mundos e non visitan ós distintos concellos da provincia de Pontevedra que son tan importantes. O decía o Vicepresidente da Deputación e o decía eu na miña primeira intervención, estamos a falar de 72 millóns de euros, que a Deputación pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra. A maior aportación feita por a Deputación de Pontevedra ós concellos da provincia na súa historia. Unha aportación e un plan histórico para a provincia de Pontevedra. Que todos os alcaldes, independientemente do seu color político, están celebrando. E cando decía, bueno, que esta Deputación fixo tanto o PICEI como o Plan de reequilibrio e que non tiñan os obxectivos claros ou non tiña os parámetros claros, bueno, os dous plans tiñan un procedemento claro, un procedemento aberto a todos os concellos, un procedemento que coñecían todos os concellos, por eso, no plan de reequilibrio temos 11 concellos do Partido Popular, 10 do Partido Socialista, 3 do Bloque Nacionalista Galego e 1 de outros grupos políticos. Co cuál vemos, a pluralidade e vemos como está equiparada a provincia de Pontevedra nos seus colores políticos dentro deste plan. Xa noutras ocasións lle dixen, eso sempre, cando o Partido Socialista ten un maior número de alcaldes en población, que ten o resto dos partidos políticos. En cambio vemos nesta representación, que todos os concellos e todos os alcaldes, independientemente dos seus colores políticos, pois están incluídos neste plan de reequilibrio, cunhas bases claras, cunhas bases transparentes, cunhas bases para todos, por eso, non se dan os casos que temos nos plans que fai a Xunta, onde non hai ningún concello que non sea do Partido Popular, nos plans que fai a Deputación de Pontevedra, como non pode ser doutra forma, porque son adicados ás mulleres o ós homes da provincia de Pontevedra, non son adicados ós alcaldes do Partido Popular, como son os planes da Xunta, que solo son adicados ós alcaldes do Partido Popular. Por eso, lle repito, o Plan concellos 2018 distribuirá 42 millóns de euros nos 59 concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, que estes son os reales beneficiarios deste programa. Un 2% que no ano 2017 onde tiñamos 41 millóns... Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Regades, acabou o seu tempo. Procedemos a, bueno, ben, entonces, antes de darlle a palabra, xa que, non sei si, non, ben, dicir unha cousa moi brevemente. Cando estaba nos escanos, estábamos nos escanos da oposición, sempre defendemos facer un plan así, polo tanto, agora estámolo aplicando, apartado A. E apartado B, nunca houbo tantos recursos, vaian mirando o histórico, porque con repetir 60 millóns, 30 millóns, 10 millóns, mire, vaian miralo, creo que lle din, o ano pasado dinlle ós xornalistas as transferencias que houbera nos últimos anos, vaian miralo, non se repita, como continuamente, o mesmo, a mesma cantinela, cando non, non ten nada de real. E mire, se foran medianamente serios, e agardo que o sean, votarían a favor, votarían a favor. Porque un plan con criterios obxectivos, non se discrimina a ningún, ... Ben, e remato cunha cousa, mire o plan de reequilibrio territorial estaba no pacto de goberno, por favor, léano, ustedes non se leeron, non se creeron que o programa o íamos a cumprir, e dedicaron ós seus alcaldes a pasealos por aí, a concentrase aquí e pasealos por aí e os despistaron, e ó final presentaron mal os papeles, vale. Si se dedicaran a dicirlle, mire, estes comprométense a funcionar así e van a funcionar así, mire, esté atento, presente os papeles a tempo e faga os proxectos. Parte dos seus o fixeron e entraron. Claro, en vez de dedicarse aí a protestar por cousas que non tiñan nin moito sentido, e xa hai cousas que raian, que se soltaron aquí, que, francamente, creo que hai que contestar, porque resulta que fixemos un plan de infraestruturas horroroso. Mire, algo terá que ver, que a provincia de Pontevedra que era a peor do Estado en seguranza viaria, en estes momentos é a que máis mellora, algo terá que ver o que fixemos, algo terá que ver. Non digo nada máis, non quero relacionar causa-efecto, pero algo terá que ver. E seguiremos, e seguiremos. Sra. Muñoz, ten a palabra. Sra. Muñoz Fonteriz.- Moitas grazas, moitas grazas Presidente. A verdade, que é sorprendente escoitar ó Vicepresidente da Deputación, criticar ós alcaldes, eu creo que os alcaldes, todos os alcaldes merecen todo o respecto, independentemente do seu cor político, e suxerir que fan mal as cousas, e que presentan mal as solicitudes, a verdade é que non só está ofendendo a todos os alcaldes do Partido Popular, que era o que pretendía, tamén parece ser que está ofendendo ós propios alcaldes do Bloque Nacionalista Galego, como o de Poio, que tampouco se lle aceptou, porque, supostamente, tamén presentou mal os seus papeis. Eu lle pediría, sinceramente, un pouquiño máis de respecto, de respecto por todos. Mire, Sr. Regades, insistimos, insistimos en que este Plan concellos é absolutamente insuficiente, insuficiente xa en cuantía, porque o goberno do Partido Popular tiña xa no ano 2009, e tiña 10 millóns menos de presuposto, do que estamos a aprobar hoxe aquí, 10 millóns menos, e xa tiña 70 millóns de euros adicados ós concellos, directamente adicados ós concellos, Sr. Regades, esos son os datos, poden negar coa cabeza, pero esa é a realidade, e vostede pode falar moito, pode falar moito das conversas, supostas conversas imaxinadas, ó mellor as soñou, cos alcaldes do PP, nos que alaban o Plan concellos, pero a realidade o que se ve, e o que sale publicamente a criticar o plan concellos, foi un alcalde socialista, Sr. Regades, un alcalde socialista, si si, o alcalde do Grove, ou non leu o que dixo nos periódicos criticando que o Plan concellos non se adaptada á realidade dos concellos turísticos da provincia. O que pasa é que vostedes só escoitan o que lles convén, e o que non lles convén non o escoitan, e máis lles valdría. Porque, decía antes o Sr. Mosquera que si fóramos minimamente serios votaríamos a favor deste Plan concellos, non, Sr. Mosquera, si vostedes foran minimamente serios, saberían recoñecer os erros, falarían con todos os alcaldes, con todos os alcaldes e con toda a provincia e tamén coa oposición, e farían un plan concellos contando con todos, non só con uns e con outros non. E farían un plan concellos serio, un plan concellos con diñeiro suficiente, non decir 70 millóns para logo decir que 40 millóns nun ano e xa veremos os 30 millóns do ano que vén, eso non é seriedade. E farían un plan concellos no que non incluirían as axudas de incendios, que, por certo, non me contestou, Sr. Regades, donde están os 90 millóns de euros neste plan concellos adicados ós incendios que tanto publicitaron a bombo e platillo. E farían unha orde específica para axudar ós concellos afectados polos incendios, con diñeiro específico, non facerlles elexir ós alcaldes se fan unha cousa ou se adican o diñeiro ós incendios. Eso é o que farían se foran minimamente serios e responsables. Pero non, siguen vostedes no erro, siguen vostedes traballando sen escoitar a ninguén, escoitándose só a si mesmos. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sra. Concelleira, perdón Deputada, perdón. Sr. Regades 2 minutos para rematar o seu tema, para rematar o debate. Sr. Regades Fernández.- En el año 2015 se repartieron 24 millones, Sra. Muñoz. Yo, la verdad es que usted es la que vive en un sueño, y como decía Calderón de la Barca, “los sueños, sueños son”, y por eso ustedes no tienen el respaldo de los ciudadanos y nosotros si, que nos dieron la tarea, nos encomendaron la tarea de gobernar esta Diputación, porque lo nuestro son realidades y no sueños. Yo no sé dónde pasa usted de los 24 millones que estaban en el año 2015, en el gobierno del Partido Popular, en el Plan concellos, como eso se transforma, como los peces y los panes, ¿no?, y se convierten en noventa y tantos, ciento cuarenta, no sé, al final, yo creo que la próxima intervención que haga nos va a decir que dos mil millones de euros era el plan concellos del Partido Popular. Pero la realidad es otra, la realidad es que este es un plan histórico y es la primera vez que se destinan 72 millones de euros de la Diputación a los ayuntamientos de menos de 50.000 habitantes en la provincia de Pontevedra. La mayor aportación feita pola Deputación de Pontevedra ós concellos da provincia de Pontevedra na súa historia. A verdade que, cando di, ¿non?, as conversas cos alcaldes, si, si, eu lle recomendo que fale cos seus alcaldes, e que lles diga, que capacidade teñen de invertir si non é a través do Plan concellos. E que lle digan que significa este Plan concellos para os seus concellos, para os seus ayuntamientos. E lle dirán que esta é a súa revolución, que como me dixeron a min, é o que lles da a vida, porque este Plan concellos é un Plan concellos equilibrado, onde son unhas bases transparentes, unhas bases que todos coñecen e uns cartos que todos coñecen dende o minuto 1. E non solo neste caso, os que lle corresponden no ano 2018, senón que teñen as inversións tamén do ano 2019 para ter unha maior planificación nesta recta final do mandato de todos os concellos da provincia de Pontevedra. Eu celebro este Plan e agradézolle a todas as alcaldesas e a todos os alcaldes, que participaron nunha mesa aquí coa Presidenta... Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Regades. Gracias. Sometemos á aprobación as Bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan concellos) 2018-2019. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 1 abstención e 12 en contra. De acordo co establecido no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (en adiante LRBRL), a Deputación Provincial de Pontevedra establece as bases que rexerán o Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019, no exercicio das súas competencias obrigatorias de coordinación dos servizos municipais, tanto para garantir a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal, como as relativas á asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión. Á súa vez, o artigo 36.2 da LRBRL, refírese á asistencia económica da provincia ao municipio, establecendo a necesidade de artellar a mesma a través da aprobación do correspondente Plan de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. Polo tanto, o presente documento contén as bases reguladoras que rexerán o Plan Provincial bianual 2018-2019, de forma que, de conformidade co establecido na D.A. Oitava da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, coa a súa aprobación polo Pleno Provincial, constituirá a súa normativa específica. As bases, ademais de recoller os criterios de distribución da totalidade do crédito dispoñible conforme ós principios inspiradores do Plan de obxectividade, publicidade e transparencia, dota de seguridade xurídica ó procedemento de concesión e xustificación de subvencións públicas para acadar, así mesmo, a obxectividade e equidade que debe presidir a actuación da Deputación Provincial de Pontevedra. Vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente; vistos os informes da Secretaría Xeral, de data 13 de decembro de 2017, da xefa do servizo de Cooperación e da Intervención, de data 20 de decembro de 2017, e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación, de data 22 de decembro de 2017, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON: 1º.- APROBAR, condicionadas á existencia de crédito suficiente logo da aprobación definitiva dos Orzamentos para os exercicios 2018 e 2019 e a súa entrada en vigor, as “Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2018-2019”, cuxo teor literal di como segue: “BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2018-2019 INTRODUCIÓN OBRIGATORIEDADE DO PLAN O Plan Concellos 2018-2019 é un plan bianual financiado con fondos propios da Deputación de Pontevedra destinado á colaboración nas obras e servizos de competencia municipal dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Por medio deste Plan dáselle cumprimento ao mandato contido no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, que regula a obriga das deputacións provinciais de aprobar anualmente un plan provincial de cooperación coas obras e servizos de competencia municipal. O Plan Concellos introduciu importantes novidades con respecto a programas de cooperación anteriores. Por unha banda simplificou e integrou nun só programa distintos plans de subvencións financiados cos fondos propios da Deputación o que contribuíu a obxectivar e racionalizar a cooperación cos concellos da provincia e, por outra, realizou unha distribución da totalidade dos fondos entre os concellos aplicando criterios obxectivos e transparentes. Actualmente, para dar resposta ás necesidades dos concellos, plantéxase un plan bianual 2018-2019; desta forma preténdese reforzar a súa autonomía e a súa responsabilidade, e contribuír á planificación da actividade por parte das entidades municipais. Ó igual que en anos anteriores, a finalidade das actuacións que se realizarán co financiamento previsto neste Plan é triple: en primeiro lugar, a realización de investimentos que garantan o funcionamento dos servizos municipais así como as adaptacións das infraestruturas e do territorio como consecuencia do cambio climático e, especialmente, da protección contra lumes; en segundo lugar, o cofinanciamento dos gastos correntes municipais incluídos os derivados da realización de actos culturais, sociais, deportivos, etc., e en terceiro lugar, o fomento do emprego. Os investimentos serán as obras, as subministracións, a adquisición de bens inmobles e a propiedade inmaterial (planeamento urbanístico e estudos de planificación estratéxica) para actividades e servizos que sexan de competencia municipal de acordo co establecido nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en función das necesidades e peculiaridades de cada Concello. En todo caso, o Concello deberá ser titular ou cesionario dos terreos, bens ou instalacións obxecto de subvención e contar con todos os permisos e licenzas preceptivas, ou acreditar telas solicitado no momento de presentación da solicitude de subvención coa achega da documentación correspondente. O Concello, se o estima procedente, poderá destinar parte da cantidade asignada no Plan a reducir o endebedamento que os concellos teñan cos seus provedores e/ou coas entidades financeiras e ao financiamento de gasto corrente previsto para o exercicio 2018. Poderán financiarse os gastos de funcionamento dos servizos de subministración da auga, rede de sumidoiros, limpeza viaria, recollida do lixo, iluminación pública, mantemento e reparación dos accesos a núcleos de poboación, mantemento e reparación de parques públicos e aqueloutros que estean directamente asociados ao funcionamento dos servizos municipais. Tamén poderán ser obxecto de subvención os gastos derivados da organización e realización de actividades culturais, deportivas, sociais, educativas, etc. Un dos eixes principais deste plan é o emprego. En calquera concello, con independencia do seu nivel de desenvolvemento, a base para impulsar de forma crecente e sostible a prosperidade, a cohesión e a inclusión social é contar cunha oferta suficiente de emprego. Por iso este Plan permite que os concellos destinen unha parte da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van cubrir, co límite mínimo do salario mínimo interprofesional que estea vixente en cada momento. En congruencia cos principios informadores do propio Plan e o principio de autonomía municipal consagrado nos artigos 137 e 140 da Constitución, correspóndelles aos concellos a decisión á hora de definir as prioridades na execución das distintas liñas de actuación en que se distribúe o Plan, adecuándoas ás especificidades e necesidades de cada municipio, dentro dos límites establecidos para o debido control e vixilancia do uso dos recursos públicos. Correspóndelles tamén a elaboración dos proxectos e a licitación e a execución das obras, dentro do marco da lexislación de contratos do sector público, así como os procesos de selección do persoal que se vai contratar para a prestación directa dos servizos municipais, respectando en todo caso a obriga de contratar persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e a preferencia na contratación de colectivos en risco de exclusión social. Respecto dos concellos fusionados, en todo caso, garántese que o Concello de Cerdedo-Cotobade terá unha asignación non inferior á que lle correspondería respecto a cada un dos concellos por separado. En definitiva, dentro do marco flexible do Plan Concellos 2018-2019 a elección da actividade subvencionable correspóndelles aos concellos, así como a súa execución e adecuada xustificación cumprindo cos requisitos establecidos na normativa xeral e autonómica reguladora das subvencións públicas. En relación co exposto confecciónanse as seguintes bases reguladoras: CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Primeira. Obxecto Estas bases e a convocatoria teñen por obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este Plan de carácter bianual. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nestas bases e terán que ser de competencia municipal. Asemade será subvencionable a recuperación dos danos causados nas infraestruturas, equipamentos e outros bens de titularidade municipal por mor da vaga de lumes de outubro de 2017, así como as adaptacións das infraestruturas e do territorio como consecuencia do cambio climático e, especialmente, da protección contra os lumes. No marco destas bases, os concellos poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar. Non obstante, se algún proxecto ou proposta de actuación non se axustase ao obxecto destas bases, a Deputación poderá rexeitar este proxecto. Nese caso, o Concello poderá presentar unha nova proposta. O Concello poderá destinar a cantidade asignada ao abeiro do presente plan ao financiamento das achegas municipais para investimentos doutros plans, programas ou convenios desta Deputación ou doutras administracións públicas cando se trate de obras ou subministracións de competencia municipal. Asemade, nos supostos de investimentos de competencia municipal que se realicen sobre estradas de titularidade provincial ou de titularidade de calquera outra Administración Pública deberá contar coa autorización expresa da respectiva Administración ou acreditar tela solicitada; nestes casos a concesión da subvención quedará condicionada a esta circunstancia. As axudas e subvencións deste Plan poderán destinarse ás seguintes liñas nos termos recollidos na base 8ª:  Liña 1. Investimentos  Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes incluídos os derivados da realización de actos culturais, deportivos, sociais, educativos, etc...  Liña 3. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais Segunda. Natureza xurídica De conformidade co establecido na D.A. Oitava da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, as axudas que se arbitren a favor dos concellos a través do PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2018-2019 quedarán excluídas do seu ámbito de aplicación, resultando de aplicación preferente o réxime disposto en virtude das presentes bases e do propio Plan unha vez aprobado. Con todo, para o non previsto nas presentes bases, resulta de aplicación supletoria a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o seu regulamento de desenvolvemento, a Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra e as restantes normas de dereito administrativo, aplicándose, no seu defecto, as normas de dereito privado. Rexerá, así mesmo, para a aprobación e modificación do Plan o establecido ao respecto no artigo 33.2.d e 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, así como nos artigos 32 e 33 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, e demais normativa aplicable. Terceira. Aprobación das bases De acordo co establecido na base 16.3 das bases de execución do orzamento para o exercicio 2018 e cumprindo o establecido no artigo 17 da LXS, o órgano competente para a aprobación destas bases é o Pleno da Deputación. Cuarta. Beneficiarios Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles concellos nos que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións. A colaboración cos concellos de máis de 50.000 habitantes, non beneficiarios deste Plan, instrumentalizarase a través de convenios de colaboración, para o cal se dotará de orzamento a correspondente aplicación orzamentaria. Quinta. Financiamento e contía das subvencións O Plan conta con tres liñas de subvencións para os concellos que se financian con cargo ás dotacións orzamentarias das seguintes aplicacións: - 18/942.9425.462.03 (Plan Concellos_18-19) - 18/942.9425.462.45 (Plan Concellos_18-19) - 18/942.9425.762.45 e 19/942-9425-762.45 (Plan Concellos_18-19) No exercicio 2018, correspóndelle a cada concello distribuír libremente as contías individuais respectivas segundo as súas necesidades, con cargo ás distintas liñas de subvención e con respecto aos límites establecidos nestas bases. Se ademais solicitan a tramitación dun investimento plurianual de importe igual ou superior a 100.000,00 euros (IVE incluído), concederase, tamén, a subvención correspondente con cargo ao exercicio 2019. Neste caso o importe da subvención correspondente á anualidade 2019 non pode ser superior para cada investimento á subvención correspondente ó exercicio 2018. Non obstante, en casos excepcionais debidamente xustificados, poderase autorizar que o importe da subvención do 2019 sexa superior ó do 2018. No exercicio 2019 a contía asignada a cada concello será destinada integramente ao financiamento de investimentos. Dita cantidade non se poderá aplicar ó financiamento das liñas 2 e 3. 5.1 Investimentos (Liña1) É dicir, para a liña de subvención 1 cada concello destinará unha porcentaxe mínima sobre a contía asignada do 2018 á que haberá que sumarlle a totalidade da cantidade asignada do 2019, consonte á seguinte táboa: LIÑA DE SUBVENCIÓN PORCENTAXE MÍNIMA SOBRE A CANTIDADE ASIGNADA NO 2018 PORCENTAXE MÍNIMA SOBRE A CANTIDADE ASIGNADA NO 2019 LIÑA 1 67,86% 100% 5.2 Gasto corrente acredor, acredores de investimentos, amortización débeda con entidades financeiras, gasto corrente novo e emprego (Liña2 e Liña3) Para as liñas de subvención 2 e 3 o concello só poderá destinar unha porcentaxe máxima sobre a contía individual asignada no 2018, consonte á seguinte distribución: LIÑA DE SUBVENCIÓN PORCENTAXE MÁXIMA SOBRE A CANTIDADE ASIGNADA NO 2018 LIÑA 2 9,52% LIÑA 3 22,62% As cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2 e 3 poderanas utilizar para facer investimentos (liña 1); ou, no seu caso, poderanas empregar na propia liña, sempre que se solicite no exercicio 2018. Sexta. Criterios obxectivos de outorgamento das subvencións e ponderación destes, así como criterios para a determinación das contías individuais O Plan de carácter bianual dótase cun importe de corenta e dous millóns de euros (42.000.000,00) no exercicio 2018 e trinta millóns de euros (30.000.000,00) no exercicio 2019, que se repartirán en tres grupos da forma seguinte: Habitantes Grupo 1 0-10.000 Grupo 2 10.001-20.000 Grupo 3 20.001-50.000 Porcentaxe 44% 34% 22% Cantidade por grupo 31.680.000,00 24.480.000,00 15.840.000,00 Total 72.000.000,00 Estas cantidades repartiranse entre o número de concellos que forman o grupo en proporción á poboación, á superficie, aos núcleos de poboación e á densidade, segundo as características singulares de cada grupo de concellos e baseándose nestas porcentaxes: Grupos de concellos Ata 10.000 hab. De 10.001 a 20.000 hab. De 20.001 a 50.000 hab. Porcentaxe fixa 40 % 40 % 40 % Porcentaxe variable 60 % 60 % 60 % Distribución variable Porcentaxe de poboación 60 % 60 % 60 % Porcentaxe de superficie 20 % 20 % 15 % Porcentaxe de núcleos 10 % 15 % 20 % Porcentaxe de densidade 10 % 5 % 5 % En consecuencia, cada concello coñecerá as cantidades que lle corresponden dentro dos cinco primeiros días hábiles seguintes ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Tamén poderán informarse dirixíndose ao Servizo de Cooperación. En todo caso, garántese que o Concello, fusionado, de Cerdedo-Cotobade terá unha asignación non inferior á que lle correspondería respecto a cada un dos concellos por separado. Para estes efectos, todos os datos que se terán en consideración serán os publicados máis recentemente polo IGE na data de publicación destas bases no BOPPO. A Presidencia ditará unha resolución presidencial aprobando a cantidade total por liña que lle corresponde a cada concello, tendo en conta que a disposición do crédito farase para cada solicitude de subvención presentada no marco do Plan Concellos 2018-2019, unha vez comprobada a documentación achegada e instruído o procedemento conforme se recolle na base décimo terceira do Plan. Sétima. Compensación de débedas Xunto coa cantidade que lle corresponde a cada concello no exercicio 2018, a Deputación comunicaralle a relación de débedas que teña coa institución provincial na data de publicación destas bases, co fin de que as paguen antes de presentar as solicitudes. No caso de non facelo, os concellos solicitarán a subvención polo importe neto, e o organismo provincial procederá de oficio á detracción das débedas ata atinxir a súa totalidade. Así mesmo, a 15 de decembro do ano 2018 a Deputación comunicará aos Concellos a relación de débedas que teña coa institución provincial a fin de que se proceda ó seu pagamento no prazo de 10 días dende o seguinte ó da recepción da comunicación. De non procederse ó seu abonamento, a Deputación detraerá o importe das débedas do crédito do ano 2019. No caso de que o crédito de 2019 estea afecto ao financiamento dun gasto plurianual, a detracción realizarase sobre a parte do crédito non comprometido con dito gasto plurianual. De estar o 100% do crédito do exercicio 2019 comprometido no financiamento dun investimento plurianual, a detracción efectuarase da cantidade que lle poida corresponder ó Concello das liñas 2 e 3 do Plan Concellos 2019 ou, no seu caso, dos ingresos propios do Concello froito da recadación do ORAL. Oitava. Finalidades subvencionables Os concellos presentarán as solicitudes de subvención para as distintas liñas achegando para cada solicitude a documentación necesaria sinalada na base décima. Cada investimento debe identificarse cun proxecto técnico, documento técnico ou prego de prescricións técnicas, que deberá presentarse en formato dixital debidamente asinado electrónicamente e ao que se axuntarán arquivos compatibles de lectura (formato FIEDBEC para o orzamento, formato DXF, DGN ou IFC para os planos e formato PDF para os demais documentos), e que deben redactarse segundo estas bases. Non se admitirán denominacións xenéricas. Deben ser identificados con precisión e claridade, sen lugar a ambigüidades, os investimentos que se integran no Plan, e debe existir unha concordancia entre a solicitude e a denominación do proxecto, documento técnico ou prego de prescricións técnicas. Non se farán referencias a marcas concretas en ningún proxecto, documento técnico ou prego de prescricións técnicas. Unicamente se permitirá, excepcionalmente, a referencia a marcas cando non sexa posible facer unha descrición o bastante precisa e intelixible do obxecto do contrato, e deberá engadirse a mención “ou equivalente”. Todas as partidas dos orzamentos deberán ser subvencionables, non admitíndose partidas de natureza administrativa como homologacións, licenzas ou legalizacións, etc... Serán subvencionables as finalidades que se indican a continuación para cada unha das liñas seguintes: 8.1. Liña 1. Investimentos Neste plan pódense incluír todas as obras, subministracións, adquisición de bens inmobles e propiedade inmaterial (planeamento urbanístico e estudos de planificación estratéxica) para actividades e servizos que sexan de competencia municipal de acordo co establecido nos artigos 25 e 26 da LRBRL. Asemade poderá incluírse a recuperación dos danos causados nas infraestruturas, equipamentos e outros bens de titularidade municipal por mor da vaga de lumes de outubro de 2017, así como as adaptacións das infraestruturas e do territorio como consecuencia do cambio climático e, especialmente, da protección contra os lumes. En todo caso, deben ser investimentos nos que o Concello teña a propiedade do ben, das instalacións ou dos terreos ou sexa o cesionario destes. A cesión terá que ser como mínimo por cinco anos se se trata dun ben que debe inscribirse no rexistro público correspondente, e por dous anos nos demais casos. Se os proxectos para a súa realización precisaren de autorizacións da Deputación e/ou doutras administracións públicas, o Concello deberá acreditar documentalmente que xa conta con elas ou que xa as solicitou, xuntando os correspondentes documentos. Neste último caso a Deputación aprobará a concesión da subvención condicionada a que o Concello xustifique a súa obtención. Os investimentos terán un orzamento igual ou superior a vinte mil (20.000,00) euros, incluído o IVE, agás os investimentos que se tramiten como gasto plurianual cuxo orzamento será igual ou superior a cen mil (100.000,00) euros, incluído o IVE. No caso das subministracións, que deberán ter un carácter singular e natureza inventariable, o importe de cada expediente de solicitude será como mínimo de 5.000,00 euros. O orzamento poderá agrupar conceptos subvencionables de distinta natureza. Son subvencionables a compra de bens ou equipamentos relacionados coa prestación de servizos municipais (vehículos, mobiliario urbano, equipamento administrativo, deportivo, cultural, etc.). O resto das subministracións que non constitúan un investimento por si mesmas e que supoña a mellora, a construción ou a creación dun ben novo, deberán integrarse nun proxecto de investimento. 8.1.1.Proxectos Todos os proxectos deberán referirse necesariamente a obras completas, entendéndose por tales as susceptibles de ser entregadas ao uso xeral ou ao servizo correspondente, sen prexuízo de posteriores ampliacións, e comprenderán todos e cada un dos elementos que sexan precisos para a utilización da obra. Todos os proxectos conterán, alo menos, a documentación establecida na normativa de contratos axustando o seu contido ás seguintes instrucións, segundo sexa o orzamento de licitación ou o total de execución no caso de que o realice a propia administración. As obras susceptibles de execución en varias fases ou como investimento plurianual presentarán o proxecto completo e a documentación correspondente á fase anual debidamente cuantificada ó obxecto da súa inclusión no plan, indicando a contía e desagregando as partidas de obra imputables a cada anualidade. Non se admitirán obras cuxo único obxecto sexa a demolición. Será subvencionable a merca de terreos sempre que estea vencellada a unha posterior prestación de servizos de competencia municipal. Para o caso de que un investimento conteña prestacións correspondentes en parte a obra e en parte a subministración, atenderase na súa cualificación como un ou outro, á prestación que teña máis importancia dende o punto de vista económico. Os concellos encargaranse da redacción dos proxectos, agás nos casos de convenios coa propia Deputación ou con outras administracións públicas nos que estas asuman a redacción dos proxectos. Os concellos poderán solicitar o financiamento dos honorarios de redacción, cando a mesma sexa obxecto dunha contratación externa. Os proxectos de obra deberán comprender, cando menos: a. Unha memoria na que se describa o obxecto das obras, que recollerá os antecedentes e a situación previa a estas, as necesidades que se deben satisfacer e a xustificación da solución adoptada, e na que se detallen os factores de todo tipo que hai que ter en conta. b. Os planos de conxunto e de detalle necesarios para que a obra quede perfectamente definida. c. Os pregos de prescricións técnicas e particulares. d. Un programa de desenvolvemento dos traballos cuantificado ou plan de obra de carácter indicativo, coa previsión, se é o caso, do tempo e do custo. e. Un orzamento, integrado ou non por varios parciais, coa expresión dos prezos unitarios e dos descompostos, se é o caso, estado de medicións e os detalles precisos para a súa valoración. No caso de incluír partidas alzadas o seu importe non poderá superar o 5 % do orzamento de execución material. Todas as partidas do orzamento deberán ser subvencionables, non admitíndose partidas de natureza administrativa como legalizacións, homologacións, licenzas, ou o custo do cartel de obra, por ser a cargo do adxudicatario. f. O estudo de seguridade e saúde ou, no seu caso, o estudo básico de seguridade e saúde, nos termos previstos nas normas de seguridade e saúde nas obras. g. O estudo de xestión de residuos de construción e demolición, no que se faga unha estimación da cantidade de residuos xerados e unha valoración do custo previsto para a súa xestión, o que debe figurar con carácter independente do orzamento, así como o resto do contido esixido no R.d. 105/2008, de 1 de febreiro. h. O estudio xeotécnico dos terreos sobre os que se vai a executar a obra, agás que resulte incompatible coa súa natureza. i. No caso de ser preciso, un estudio topográfico para a correcta definición dos terreos sobre os que se vai a executar a obra. j. O certificado de eficiencia enerxética en edificios de nova construción e demais ámbitos de aplicación segundo o artigo 2 do RD 47/2007, de 19 de xaneiro. k. Na redacción dos proxectos de obra débese ter en conta a porcentaxe de gastos xerais e beneficio industrial e os autores destes deberán ser técnicos competentes na materia obxecto do proxecto. l. Canta documentación veña prevista nas normas de carácter legal ou regulamentario. Os proxectos estarán suxeitos ás instrucións técnicas que sexan de obrigado cumprimento. Naqueles proxectos de obra cuxo orzamento de licitación, excluído o IVE, sexa inferior a 50.000,00 euros, poderase presentar un documento técnico que simplifique, refunda ou incluso suprima, algún dos documentos anteriores, sempre que a documentación resultante sexa suficiente para valorar, definir e executar a obra, sen prexuízo de que se deba elaborar un proxecto cando as normas específicas así o requiran, e de modo especial cando se afecta á estabilidade, seguridade ou estanqueidade da obra. En todo caso, como mínimo achegarase: a. Unha memoria na que se describa o obxecto das obras, que recollerá os antecedentes e a situación previa a elas, as necesidades que hai que satisfacer e a xustificación da solución adoptada, e na que se detallen os factores de todo tipo que se deben ter en conta. b. Os planos de conxunto e de detalle necesarios para que a obra quede perfectamente definida. c. O orzamento, as medicións e os detalles precisos para a valoración da actuación. d. Estudio Básico de Seguridade e Saúde e Estudio de Xestión de Residuos, dos que só poderá prescindirse nos casos en que así este previsto na normativa específica que regula a obra. 8.1.2 Proxectos por administración O Concello poderá solicitar, sempre que cumpra os requisitos establecidos na normativa de contratos, a execución da obra directamente polo sistema de administración. Neste caso, tanto a memoria do proxecto como o prego de prescricións técnicas adaptarán o seu contido a esta modalidade. É dicir, non constará o orzamento de licitación e no seu lugar constará o orzamento de execución da obra directamente por administración. Tampouco se fará mención á contrata, nin ao contratista por inexistentes nesta modalidade. O orzamento de execución da obra pola propia administración obterase sumando ao orzamento de execución material, o 5%, no seu caso, destinado a retribuír aos empresarios contratados administrativamente para colaborar na execución da obra (artigo 178 do RGLCAP) e o IVE. O orzamento estará descomposto en tres parciais: materiais, maquinaria e man de obra, nos que se detalle de forma unitaria a repercusión destes tres conceptos en cada unidade de obra, de acordo co cadro de prezos descompostos, que en calquera caso, deberá conter o proxecto. Os orzamentos descompostos tomaranse como base cando se trate de contratar materiais, maquinaria ou man do obra de forma separada. 8.1.3 Subministracións No caso de subministracións que constitúan un investimento en si mesmas, que deberán incluírse exclusivamente nunha única anualidade do plan, deberase remitir un prego de prescricións técnicas que deberá incluír, cando menos, os seguintes documentos: a. Unha memoria descritiva na que se detalle o obxecto e a finalidade da subministración, os antecedentes, as necesidades que se van satisfacer e a xustificación da solución adoptada. b. Un orzamento desagregado, no que se definan con claridade os distintos elementos da subministración coas súas características técnicas precisas, con expresión dos prezos de cada elemento e o número de unidades, e desagregando o imposto sobre o valor engadido (IVE) c. Se son necesarios, documentos gráficos para a correcta definición da subministración. d. No caso de subministración e instalación de mobiliario urbano, xogos, luminarias, marquesiñas, colectores de lixo, e similares, será obrigatorio sinalar para cada elemento o lugar exacto da súa instalación no plano. e. Lugar e prazo de entrega. f. Prazo de garantía A Deputación, en todo caso, supervisará e controlará os proxectos, tendo especialmente en conta os prezos das distintas unidades. 8.1.4 Aprobación dos proxectos, documentos técnicos ou prego de prescricións técnicas. Os proxectos, documentos técnicos ou pregos de prescricións técnicas deben ser aprobados polo órgano competente do Concello. 8.1.5 Achegas municipais para investimentos doutros plans, programas ou convenios O Concello poderá destinar a cantidade asignada na Liña1 do presente plan ao financiamento das achegas municipais para investimentos doutros plans, programas ou convenios desta Deputación ou doutras administracións públicas cando se trate de obras ou subministracións de competencia municipal. 8.1.6 Titularidade O Concello deberá ser, en todo caso, titular dos bens, instalacións ou terreos nos que se van executar os investimentos, ben porque sexa propietario dos mesmos ou ben porque dispoña dun dereito de uso ou cesión sobre os mesmos. 8.1.7 Outorgamento de licenzas Se os proxectos, pola súa situación ou características, precisan de permisos ou autorizacións doutros organismos, será o Concello quen os solicite. O Concello deberá acreditar que conta con elas ou que xa as solicitou, xuntando os correspondentes documentos. Neste último caso a subvención concederase condicionada a que o Concello xustifique a súa obtención. No caso de que algún proxecto de obra relativo á prestación dun servizo de competencia municipal precise autorización desta Deputación por afectar a unha estrada provincial, o concello deberá obter a correspondente autorización a través do servizo de Mobilidade, previa á concesión da subvención. Asemade, o proxecto deberá incluír unha separata que desagregue as actuacións que afecten á estrada provincial. 8.1.8 Contratación dos investimentos Os concellos contratarán os investimentos de acordo co disposto na normativa de contratos que, así mesmo, poderán ser executados pola propia Administración municipal. Se no momento da licitación fora outra a lexislación vixente en materia de contratación pública estarase ao disposto expresamente nela. Unha vez adxudicados os investimentos, o Concello deberá remitirlle a esta Deputación a seguinte documentación: 1. A certificación do acordo ou resolución de adxudicación do contrato. 2. O documento administrativo no que se formalicen os correspondentes contratos, de ser o caso. 8.1.9 Subcontratación A subcontratación prodúcese cando o beneficiario concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada. Permítese a subcontratación da totalidade das actividades subvencionadas. 8.1.10 Execución dos investimentos As obras serán executadas polos respectivos concellos segundo o proxecto técnico, documento técnico análogo ou prego de prescricións técnicas, sen prexuízo da posibilidade de que a Deputación realice as inspeccións que considere convenientes. A directora ou director das obras será designado pola entidade local contratante, e daralle conta da designación á Deputación. Calquera cambio na Dirección técnica seralle igualmente comunicado á institución provincial no momento no que teña lugar. Durante a execución das obras, o Concello comunicará á Deputación a data e a hora en que terá lugar a comprobación do replanteo, á que asistirá, de consideralo procedente, a Corporación provincial, un facultativo técnico ou representante desta. A copia da acta que se redacte seralle remitida á Deputación xunto coa fotografía do cartel de obra que acredite a difusión dado ao financiamento outorgado pola Deputación, que será colocado no momento da sinatura da devandita acta. O Concello comunicaralle á Deputación de Pontevedra a data e a hora en que terá lugar, ao remate das obras, o acto de recepción destas, ao que asistirá, de consideralo procedente a Presidencia, un representante ou facultativo desta. A Administración municipal remitiralle á provincial unha copia da acta do antedito acto de recepción. 8.2 Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes Serán subvencionables as seguintes tipoloxías de gasto:  Amortización do endebedamento con entidades financeiras.  Pagamento de débedas a acredores de investimentos.  Pagamento de débedas a acredores de gastos correntes.  Gasto corrente novo. Entre os gastos correntes subvencionables poderán incluírse os gastos de funcionamento dos servizos de subministración de auga potable, de rede de sumidoiros, limpeza viaria, recollida domiciliaria de lixo, iluminación pública, mantemento e reparación dos accesos aos núcleos de poboación, mantemento e reparación de parques públicos, Conservatorios, Escolas de Música, e Escolas deportivas de titularidade Municipal, e aqueles outros que estean directamente asociados ao funcionamento dos servizos de competencia municipal, así como os derivados da organización e realización de actividades (culturais, deportivas, sociais, etc.), agás os gastos de persoal. Concretamente poderán incluírse os gastos que deseguido se detallan:  Bens e servizos correntes.  Intereses de préstamos asociados directamente ao servizo.  Achegas municipais a entes supramunicipais ou outros que realizan a prestación do servizo. 8.2.1 Pagamento débedas a acredores de gastos corrente e acredores de investimentos O Concello deberá elaborar unha certificación das facturas, que teñan entrada no rexistro xeral do concello ata o día 31 de decembro de 2017, este incluído, e que estean pendentes de pagamento no momento de elaborar dita certificación. No certificado deberán separarse as facturas que se imputan ao Capítulo II do orzamento municipal e as que se imputan ao Capítulo VI, e indicaranse entre outros datos para cada débeda, a data de entrada no rexistro do concello, o resumo do concepto, a identificación do provedor/acredor, data de aprobación, órgano que aproba e o importe da débeda (IVE incluído). Relacionaranse segundo a orde de entrada no rexistro do Concello. 8.2.2 Amortización do endebedamento con entidades financeiras. O Concello poderá destinar ata o importe máximo que se regula na base 5ª a reducir o seu endebedamento coas entidades financeiras. Neste caso deberá elaborar unha certificación onde se faga constar a entidade financeira coa que se concertou o préstamo, o tipo de operación, a data de concertación, o importe, prazo de amortización e importe pendente de amortizar. Tamén se deberá certificar que a cantidade que se pretende amortizar é a que ten as condicións máis gravosas para o Concello en termos económicos. 8.2.3 Gasto corrente novo (incluído o derivado da realización de actividades culturais, deportivas, sociais, etc....) No suposto de que o Concello opte por esta liña de actuación, deberá elaborar unha memoria descritiva e valorada dos gastos correntes asociados ao funcionamento dos servizos públicos municipais, que se pretendan realizar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, que se acompañará da documentación que se sinala na base décima. Non obstante, para considerarse gasto corrente novo as facturas deberán ter data de entrada no rexistro xeral do concello posterior á data de solicitude da subvención. Tamén se poderán incluír dentro desta liña de gasto os derivados da realización ou organización de actos culturais, sociais, deportivos, etc., …, que se pretendan executar entre o un de xaneiro e o trinta e un de decembro de 2018, cos mesmos requisitos que se sinalan no parágrafo anterior. 8.3 Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais Será subvencionable a contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, tendo en conta a normativa aplicable, sempre que cumpran os seguintes requisitos: a) Ser prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa. b) Favorecer na súa execución ou prestación a formación e as prácticas profesionais das persoas desempregadas que se van contratar. c) Ser prestados ou executados no ámbito municipal. d) Responder a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas competencias en termos razoables de eficacia. e) Que esas necesidades afecten a sectores, funcións ou categorías profesionais prioritarias indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social das persoas particulares, de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar, ou necesarias para o benestar da veciñanza e, tamén, as que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno. As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar a contratación laboral, en réxime de xornada parcial ou completa segundo as necesidades de contratación que determine cada Concello. As axudas comprenden o custo salarial e a cotización á Seguridade Social de persoas desempregadas (calquera que sexa a categoría profesional) que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo seguinte destas bases, respectando en todo caso o salario mínimo interprofesional que se atope en vigor en cada momento ou as retribucións que resulten de aplicación en atención á categoría profesional da persoa traballadora. Os concellos poderán, no seu caso, complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional. As traballadoras e traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. Os concellos beneficiarios da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, cos modelos normalizados para os efectos, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, coa obriga de presentar unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do Concello solicitante. O Concello beneficiario será quen realice a selección definitiva das persoas candidatas, en conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados a continuación, tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución na que se concede a subvención. Sen prexuízo das obrigas legais que poidan existir, para a selección daráselles preferencia por esta orde aos seguintes criterios: a) As vítimas de violencia de xénero. b) As persoas candidatas maiores de 45 anos. c) As persoas candidatas que formen unha familia monoparental con fillos ao seu cargo. d) As persoas candidatas con niveis de renda máis baixa. e) As persoas candidatas con cargas familiares. As entidades darán de alta na Seguridade Social ás persoas contratadas, dentro do código de conta de cotización que corresponda. No caso de que algunhas persoas traballadoras contratadas renuncien ao contrato antes da súa finalización ou se dea algún outro suposto debidamente xustificado de extinción do contrato anticipadamente o Concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante. No caso de baixas, permitirase a contratación doutro traballador que o substitúa a efectos unicamente da elixibilidade do gasto, con estrito respecto á normativa aplicable, tendo que optar o concello por imputar o custo dun ou doutro traballador alternativamente durante o período de baixa. O Concello deberá comunicar estas situacións á Deputación mediante escrito motivado. Todos os contratos deben iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2018 e finalizar como máximo o 31 de decembro de 2018, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder este período. A relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e a persoa traballadora non vinculará á Deputación de Pontevedra. A subvención para esta liña deberá solicitarse nun único expediente. CAPÍTULO II. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN Novena. Procedemento de concesión O procedemento de concesión das subvencións previstas nestas bases é o de réxime de concorrencia non competitiva. Décima. Solicitudes e documentación As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra, na súa sede de Vigo, no Servizo de Cooperación ou na páxina web www.depo.es. As solicitudes que se presenten de xeito telemático faranse a través da sede electrónica, no enderezo www.sede.depo.es. A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos sempre que a solicitude sexa enviada dentro do prazo establecido. Para presentar a solicitude de xeito telemático será imprescindible, cando menos, que a Alcaldía, o funcionariado que deba asinar documentos, así como a persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático dispoñan de sinatura electrónica. As solicitudes asinadas polos representantes locais, presentaranse correctamente cubertas, unha por cada petición individual, especificando a súa denominación concreta, o orzamento e o importe da subvención solicitada. As solicitudes deberán ser aprobadas mediante acordo do órgano competente do Concello, que indique expresamente a finalidade concreta e a cantidade que se solicita, achegándose este acordo ou unha certificación acreditativa do acordo de aprobación. Para tal efecto, nun único acordo poderanse aprobar varias solicitudes. No caso de seren aprobados mediante decreto de Alcaldía ou acordo da Xunta de Goberno Local, daráselle conta de dita aprobación ao Pleno da Corporación municipal. Calquera falsidade nos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar o organismo provincial. A documentación administrativa e técnica será revisada pola Deputación, que poderá realizar os requirimentos que estime necesarios para completar ou corrixir a documentación presentada. A aprobación das correccións ou modificacións do acordo de solicitude realizarase polo órgano competente do Concello. A corrección dos proxectos, documentos técnicos análogos ou pregos no caso das subministracións requirirá dunha nova aprobación dependendo do seu carácter substancial ou non. O Concello deberá presentar necesariamente unha documentación xeral da súa solicitude e unha documentación específica segundo corresponda ás distintas liñas de subvención nos modelos que figuran como anexos ás presentes bases. Non obstante, o Concello poderá empregar modelos propios de certificación segundo o contido que se recolle nas presentes bases. Non se concederán subvencións se non obran no expediente todos os formularios e documentos preceptivos que se contemplan nestas bases. En caso de defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base ou de incumprimento do previsto no artigo 68 da LAPAC, requiriráselle ao interesado que emende as faltas ou omisións no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que, de non o facer, terase por desistido da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei. Para cada unha das liñas de subvención deberá achegarse a seguinte documentación xeral: 10.1 DOCUMENTACIÓN XERAL O concello presentará:  Solicitude de subvención.  Declaración responsable do órgano competente do Concello na que se faga constar (anexo I). o Que a finalidade subvencionable é competencia municipal (artigo 7 da LRBRL). o Que o Concello non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras Administracións Públicas para o financiamento das distintas liñas de actuación incluídas no Plan, e no caso de que existan outras axudas ou subvencións concorrentes, achégase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a suma total non supera o 100% do importe. o Que o concello non está incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, que coñece e acepta as bases da convocatoria, e asume o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. o Que o Concello está ao corrente nas súas obrigas coa facenda estatal, autonómica e coa Seguridade Social.  Autorización expresa á Deputación de Pontevedra a obter as certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria, da Axencia Tributaria de Galicia e da Tesourería da Seguridade Social acreditativas de que o Concello está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 10.2 DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA Liña 1. Investimentos  Proxecto técnico, documento técnico da actuación que se pretende levar a cabo ou pregos de prescricións técnicas das subministracións (formato dixital). Non son admisibles denominacións xenéricas, polo que deben ser identificados con precisión e claridade os investimentos que se integran no Plan.  Certificado expedido polo funcionariado público competente, no que se faga constar (anexo II): o O acordo do órgano competente do Concello da aprobación da solicitude de subvención coa indicación do seu importe. o A aprobación do proxecto técnico, documento técnico análogo ou pregos das subministracións que se inclúen no Plan.  Un informe do redactor do proxecto, avalado polo técnico do Concello cando a redacción sexa externa, no que se deberá indicar expresamente que a execución do proxecto non precisa de autorizacións sectoriais ou, no caso de ser precisas, deberá detallalas. O concello deberá acreditar documentalmente que conta coas devanditas autorizacións, ou que xa as solicitou, xuntando neste caso as solicitudes presentadas ante os organismos correspondentes.  Acreditación da titularidade ou, no seu caso, dos acordos de cesión de uso dos terreos, bens ou instalacións nos que se vai facer o investimento. A cesión terá que ser como mínimo por cinco anos se se trata dun ben que debe inscribirse no rexistro público correspondente, e por dous anos nos demais casos.  Replanteo do proxecto, acta de trazado previo (anexo III). Os anexos dispoñibles na páxina web non poderán ser obxecto de manipulación, riscos ou emendas. Poderanse utilizar modelos propios de certificacións segundo o contido que se recolle nas presentes bases. Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes En función da finalidade concreta solicitada dentro desta liña achegaranse a seguinte documentación específica: • Amortización de débeda con entidades financeiras (Anexo IV)  Un certificado expedido polo funcionariado público competente, no que se faga constar: o Que a cantidade que se solicita correspóndese cunha débeda pendente de amortizar, indicando a entidade financeira e as demais características da operación de crédito/préstamo cuxa débeda, total ou parcial, se pretende amortizar. o Que a cantidade que se pretende amortizar é a que ten condicións máis gravosas para o Concello en termos económicos (comisións, tipos de xuros, etc.), e polo tanto resulta máis vantaxoso amortizala primeiro. • Pagamento de acredores de gasto corrente e de investimentos (Anexo V)  Certificado expedido polo funcionariado público competente, no que se faga constar: o A relación de facturas/certificacións pendentes de pagamento, con data de entrada no rexistro xeral do concello ata o 31 de decembro de 2017, este incluído, na que se indique a súa correcta identificación e se expresen a data de expedición e a de rexistro, o número, a identificación do acredor/provedor, a imputación ao capítulo II ou VI do orzamento municipal, o resumo dos conceptos e o importe coa repercusión do IVE, no seu caso. Tamén se indicará o órgano que aprobou cada factura ou xustificante de gasto. o Que as facturas que se relacionan estean pendentes de aboamento e que non existen a 31 de decembro de 2017 outros acredores/provedores que teñan preferencia para o pagamento das súas débedas. • Gasto corrente novo  Certificado expedido polo funcionariado público competente, segundo o modelo que figura como anexo VI destas bases, no que se faga constar: o O acordo do órgano competente do Concello da aprobación da solicitude de subvención coa indicación do seu importe, na que se detallará a actuación ou o gasto a realizar no exercicio 2018. o A aprobación da memoria descritiva e valorada do gasto.  Memoria descritiva e valorada dos gastos que se pretenden financiar entre o un de xaneiro e o trinta e un de decembro de 2018, incluídos os derivados da realización de actividades culturais, sociais, deportivas..., na que se identifique a natureza do gasto de acordo co previsto na base oitava. Liña 3. Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais - Memoria global das actuacións que se van desenvolver na que se indiquen o perfil (categoría profesional) e o número das persoas desempregadas que se van contratar, a duración dos contratos, a desagregación do orzamento por persoa traballadora e o importe da subvención por cada unha.  Certificado expedido polo funcionariado público competente, segundo o modelo que figura como anexo VII destas bases, no que se faga constar: o O acordo do órgano competente do Concello da aprobación da solicitude de subvención coa indicación da súa denominación e se comprometen a realizar a finalidade da subvención e a cumprir as condicións para iso. o A aprobación da memoria descritiva onde se determine o número das persoas desempregadas que se van contratar e o seu perfil (categoría profesional). o Se houbera cofinanciamento pola entidade municipal, o compromiso do concello a incluír no orzamento do 2018, os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal.  Declaración responsable de que as contratacións de persoal se destinan a servizos de competencia municipal e que cumpren os requisitos esixidos nestas bases en canto á súa capacidade técnica e de xestión. Décimo primeira. Lugar e prazo de presentación O prazo de presentación das solicitudes da Liña1 para o exercicio 2018 e gastos plurianuais que se financian conxuntamente nos exercicios 2018 e 2019 é de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). O prazo de presentación das solicitudes das Liña 2 e 3 para o exercicio 2018 é de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). O prazo de presentación das solicitudes da Liña 1 para o exercicio 2019 empezará o 1 de novembro de 2018 e rematará o 31 de decembro de 2018. As solicitudes presentadas con anterioridade a esta convocatoria quedarán sen efecto. As solicitudes irán dirixidas á Presidencia da Deputación e presentaranse no Rexistro xeral da institución provincial, no da súa sede de Vigo, nos rexistros do ORAL ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da LPACAP. Tamén se poden presentar telematicamente na sede electrónica da Deputación, co enderezo www.sede.deputacion.es, subindo a documentación adxunta comprimida en ZIP cos seguintes formatos dixitais: FIEDBEC para o orzamento, formato CAD para os planos, e formato PDF para os demais documentos. Décimo segunda. Compatibilidade As subvencións que se concedan no marco das presentes bases admiten a compatibilidade con outras axudas públicas ou aportacións de particulares para a mesma finalidade outorgada por esta Deputación ou por outras administracións públicas, sempre que o importe das mesmas sexa de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, non se supere o custe da actividade subvencionada. Para estes efectos, e en conformidade co disposto no artigo 14.1.d da LXS e no artigo 33 do RLXS, unha das obrigas do beneficiario é a de comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas que financien as finalidades subvencionadas. Todas as alteracións das condicións que se tiveron en conta para a concesión e, en todo caso, a concesión concorrente de axudas por calquera entidade pública ou privada, nacional ou internacional, poderán dar lugar á modificación da subvención outorgada. Décimo terceira. Ordenación, instrución, procedemento e resolución A instrución do procedemento de concesión de subvencións, que é o de concorrencia non competitiva, correspóndelle ao Servizo de Cooperación, que realizará de oficio as actuacións que estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Igualmente, o órgano instrutor poderá solicitar todos os informes que considere convenientes e/ou necesarios para o correcto outorgamento das subvencións. Unha vez efectuado o estudo de cada solicitude recibida, e en función da información dispoñible, elaborarase unha proposta de concesión da subvención para someter á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación segundo a natureza do gasto, no seu caso, e da fiscalización da intervención. Para axilizar as actuacións, en concreto as notificacións, as resolucións ou acordos de concesión das subvencións terán que ser recollidos na institución provincial polas alcaldesas e alcaldes dos concellos beneficiarios da subvención ou pola persoa en quen deleguen, asinando o correspondente recibo de recepción no que constarán a hora e a data nas que o Concello recibe a resolución. As subvencións que se outorguen ó abeiro do presente Plan bianual, con cargo ao exercicio 2018 e gastos plurianuais que se financian conxuntamente nos exercicios 2018 e 2019, deberán estar totalmente concedidas no exercicio 2018. As subvencións que se outorguen con cargo ao exercicio 2019 deberán estar totalmente concedidas no prazo de tres meses dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes, que para estas solicitudes remata o 31 de decembro de 2018. Unha vez notificadas as resolucións e/ou acordos de concesión entenderanse aceptadas polos Concellos salvo que estes expresamente as rexeiten. Décimo cuarta. Modificacións das resolucións de concesión das subvencións Unha vez recaída a resolución de concesión, antes de que conclúa o prazo para a realización das actividades e/ou investimentos obxecto de subvención e sempre e cando non se prexudiquen intereses de terceiros, poderase solicitar o cambio ou a modificación do seu contido pola desistencia total ou parcial da actuación, ou, de concorreren circunstancias excepcionais, xustificando por escrito as causas que as fundamentan e axeitándose ao establecido nas presentes bases. Entre as circunstancias excepcionais que poderían xustificar a modificación da concesión da subvención estarían as seguintes:  Denegación dos permisos, licenzas e autorizacións solicitadas e necesarias para a normal execución do investimento segundo a normativa aplicable en cada caso.  Recibir axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados que cubran o importe total ou parcial do gasto subvencionado, ou a denegación das axudas ou subvencións solicitadas que dea lugar á imposibilidade de afrontar a execución do investimento.  Ter prioridade o financiamento doutro gasto urxente e non contar con crédito suficiente para levalo a cabo.  Algún impedimento que non permita a súa realización, sempre que se deba a circunstancias sobrevidas e non previsibles no momento de solicitude da subvención.  No caso das subvencións outorgadas no marco da liña 3 tamén se admitirá a modificación da resolución de concesión naqueles casos en que se xustifique adecuadamente en base a novas necesidades ou á conveniencia de reformular a duración ou as categorías profesionais solicitadas, se ben as modificacións non deberán supoñer prexuízos a terceiros e deberán solicitarse antes do un de novembro de 2018. A modificación non poderá supoñer unha variación económica ó alza con respecto á cantidade inicialmente concedida. No caso de supoñer unha subvención inferior, poderá destinarse o importe sobrante á Liña 1. CAPÍTULO III. CUMPRIMENTO E XUSTIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POLOS BENEFICIARIOS Décimo quinta. Obrigas dos beneficiarios Os concellos beneficiarios en conformidade co disposto nestas bases estarán obrigados a cumprir co que establece o artigo 11 da LSG, e en particular:  A destinar o importe das subvencións outorgadas ao cumprimento total das finalidades que fundamentan a concesión das subvencións.  A realizar as actuacións que fundamentan a concesión das subvencións nos prazos sinalados nestas bases.  A someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que determine a Deputación de Pontevedra, achegando canta información lles sexa requirida no prazo que estableza a institución provincial.  A designar o director das obras cando o Concello sexa a entidade contratante, informando á Deputación. Calquera cambio na dirección técnica comunicaráselle igualmente ao organismo provincial no momento en que se produza.  A aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de aplicarse o convenio colectivo propio do Concello.  A comunicarlle á Deputación as modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver as persoas traballadoras contratadas, así como as renuncias e novos contratos polo tempo restante, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención.  A comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.  A cumprir as obrigas de publicidade, que serán as seguintes: o Darlle a adecuada publicidade ao financiamento por parte da Deputación de Pontevedra para as actuacións subvencionadas. o Facer constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas ou páxina web, entre outras) o apoio que dá a Deputación. Isto farase mediante a inclusión do seu logotipo nun lugar visible. o Acreditar a publicidade desde o inicio da obra, indicando as accións de comunicación realizadas, as fotos e demais documentación que se considere necesaria. o Incluír no prego de cláusulas ou documentación que rexe a contratación unha cláusula na que conste a obriga do contratista de poñer, desde o inicio das obras ata a súa total terminación e comprobación material por parte da Deputación, un cartel informativo que indique que se trata dunha obra subvencionada pola institución provincial. o Facerse cargo dos carteis das obras que se realicen e da súa retirada tras a finalización do prazo de garantía ou, en todo caso, tras a comprobación material realizada pola Deputación. o En caso de obras en infraestruturas ou dotacións, o cartel colocarase ao carón do acceso principal; en caso de obras na infraestrutura viaria ou no seu subsolo, colocarase ao comezo da vía ou no seu entroncamento coa vía principal. De tratarse de subministracións que constitúan un investimento en si mesmo, debe pegarse nun sitio visible un adhesivo normalizado co logotipo da Deputación e que inclúa o financiamento outorgado. o No caso da liña de emprego e na liña de amortización, pagamento de débeda e gasto corrente, a publicidade débese facer poñendo anuncios na táboa de edictos, na páxina web do Concello e na prensa local, nos que se indique o financiamento da Deputación.  Correspóndelle ao departamento de Comunicación Institucional dar as instrucións que se deben seguir no relativo á imaxe institucional. Para estes efectos, na páxina web www.depo.es están os modelos normalizados dos carteis, adhesivos e outras formas de publicidade que deben poñerse nos investimentos, nos gastos correntes e no emprego. Para dúbidas e/ou aclaracións poderase contactar co Servizo de Comunicación Institucional do organismo provincial a través do correo electrónico comunicacion@depo.es ou do teléfono 986 804 100. O incumprimento destas obrigas será causa de reintegro das subvencións concedidas con cargo a estas bases. Décimo sexta. Aplicación de baixas e modificación do proxecto De producirse baixas na adxudicación dos contratos o Concello beneficiario deberallo comunicar á Deputación antes da súa aplicación. A existencia e o importe da baixa determinaranse coa certificación final. A baixa poderá aplicarse no mesmo investimento, con independencia do seu importe, ou reinvestirse noutra obra distinta. Neste caso o montante do sobrante deber ser igual ou superior a seis mil (6.000) euros. O concello poderá solicitar a acumulación das baixas superiores a seis mil (6.000) euros obtidas nun exercicio. Así mesmo, se o concello o solicita expresamente, poderá acumular as baixas superiores a seis mil (6.000) euros obtidas no exercicio 2018 coas baixas superiores a seis mil (6.000) euros obtidas no exercicio 2019, para a súa aplicación no financiamento do investimento que estime pertinente. No caso de aplicación de baixas non opera a limitación orzamentaria estipulada na base oitava. No caso de investimentos cofinanciados polo ente municipal, a baixa poderase destinar a minorar a achega municipal ata anular, se fose posible, a mencionada achega. Así mesmo, tamén se poderá aplicar a baixa no financiamento dos honorarios de redacción de proxecto daquelas obras obxecto de inclusión no plan ou no pagamento dos honorarios de dirección e obra e coordinación de seguridade e saúde. Nos demais casos, para a tramitación da solicitude de aplicación da baixa esixirase un proxecto ou memoria detallada no que se describa con claridade a actuación que se realizará, ademais do acordo correspondente de autorización de reinvestimento da baixa e aprobación do proxecto, memoria valorada ou documento técnico análogo. A súa tramitación realizarase conforme ao seguinte procedemento: • Solicitude á Deputación de utilización das baixas ou remanentes de subvención para a súa aplicación no investimento principal ou nun novo investimento. • Aprobación e autorización de realización do investimento pola Deputación. Se durante a execución das obras xorde a necesidade de modificar o proxecto da obra o Concello deberá tramitar o correspondente expediente de acordo co establecido na normativa de contratación vixente nese momento e redactar un proxecto modificado que deberá ser aprobado polo Concello e pola Deputación. Non obstante, só se admitirán a trámite modificacións que se poidan financiar co importe das baixas de adxudicación. Tamén se poderán financiar co importe das baixas de adxudicación as liquidacións por exceso de medicións. As revisións de prezos, cando supoñan un incremento dos custos, correrán a cargo do crédito do Concello, do mesmo xeito que os custos a maiores que poidan xerar as prórrogas e suspensións temporais na execución dos contratos. Décimo sétima. Xustificación da subvención Todas as finalidades subvencionadas deben xustificarse totalmente antes das datas sinaladas segundo a natureza das distintas liñas de subvención, conforme se dispón nestas bases. A xustificación da subvención realizarase coa achega de xustificantes de gasto, certificacións, facturas e a demais documentación xustificativa, segundo o previsto nesta base. O pagamento das subvencións efectuarase previa comprobación por parte dos servizos de Cooperación e Intervención e dos servizos técnicos provinciais, no caso de proceder, de que se realizou o gasto para o fin e polo importe subvencionado e, ademais, de que se cumpriu coa finalidade e o obxecto da subvención, emitindo como resultado un informe con carácter previo á proposta de aprobación da xustificación. Así mesmo, poderánselles solicitar informes a outros servizos da Deputación competentes en razón da materia. As facturas deberán cumprir as esixencias establecidas na normativa vixente en cada momento, e de modo particular o disposto no Real decreto 1619/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as obrigas de facturación. A documentación xustificativa que se debe achegar é a detallada a continuación: Liña 1. Investimentos Todos os investimentos, incluídos aqueles que se produzan como consecuencia da aplicación das baixas, deberán estar executados e xustificados, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2020. A non xustificación ou a xustificación fóra de prazo dará lugar á perda ao dereito ao cobro da subvención correspondente. O pago ao Concello do importe da subvención realizarase á vista das certificacións de execución das obras ou facturas das subministracións aprobadas polo órgano municipal competente. O Concello poderá presentar xustificacións parciais que se axusten ó ritmo de execución do investimento. As certificacións ou facturas de subministracións acompañaranse da seguinte documentación : - A certificación do acordo ou resolución de adxudicación do contrato, cando sexa necesario. - Nos casos nos que sexa obrigatorio, o contrato. - O nomeamento do director técnico. - A acta de comprobación de replanteo, no caso de que sexa necesaria. - Acordo municipal de aprobación da certificación de obra ou da factura correspondente. As certificacións de obras serán comprobadas polos servizos de Cooperación e Intervención da institución provincial. Xunto coa primeira e a última certificación deberá acreditarse que o investimento se financia con fondos provinciais, mediante fotografías ou calquera outra proba gráfica que acredite a difusión. Ao remate da obra e coa última certificación achegarase a correspondente acta de recepción no modelo normalizado que se atopa na páxina web desta Deputación, que se axustará ao disposto na normativa de contratos e na que os asinantes terán que estar debidamente identificados. Na acta de recepción debe figurar a identificación de quen a asina, coa expresión do seu cargo. No caso dos investimentos que se adxudiquen mediante contratos menores definidos, só se esixirá a resolución ou a certificación do acordo/decreto da aprobación do gasto e a factura correspondente, que deberá reunir os requisitos (especialmente en canto á esixencia de detallar as unidades, os prezos unitarios, etc.) que se recollen nos artigos 6 e seguintes do Real decreto 1616/2012, de 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as obrigas de facturación. Na factura deberá constar o recibido e conforme do funcionariado municipal encargado da comprobación material, con identificación do seu nome, cargo e sinatura. Este trámite constituirá a constatación do cumprimento do contrato. Tamén se deberá certificar que o Concello non percibiu ningunha subvención doutras entidades para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes para a súa execución, indicar o detalle de cada unha delas, certificando que a suma total non supera o 100 % do seu importe. En todo caso, a Deputación, en virtude das facultades que ten atribuídas, resérvase as facultades de inspección e comprobación das obras. A non xustificación ou a xustificación fóra de prazo dará lugar á perda ó dereito ó cobro da subvención correspondente. Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes Para a xustificación das axudas concedidas con cargo a esta liña achegarase con carácter xeral un certificado expedido polo funcionariado público competente, no que se faga constar: - Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. - Que se cumpriu a finalidade para a que se concedeu a subvención. - Que os xustificantes correspondentes están a disposición da Deputación para o seu exame se o estimase oportuno. - Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios nos que se lle deu publicidade e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida nos termos previstos nestas bases e, de non ser así, non se procederá ao libramento desta. Igualmente, en función da modalidade concreta dentro desta liña de subvención para a que solicitou a axuda, achegarase tamén: Amortización de débeda con entidades financeiras Para aqueles Concellos que soliciten unha subvención para a amortización de débedas con entidades financeiras, cuxos datos figuran na documentación achegada segundo o modelo que se anexa ás presentes bases, a Deputación transferiralle ao Concello a cantidade solicitada para esta finalidade unha vez aprobada a concesión da subvención. O Concello deberá no prazo dun mes desde o cobramento da subvención e, en todo caso, ata o 30 de novembro de 2018, xustificar o pago da débeda mediante: - Certificación do funcionariado competente que acredite o pagamento/amortización da débeda e data de pagamento. No caso de que o Concello non xustifique a amortización da débeda coa entidade financeira, se xustifique un importe inferior á cantidade transferida pola Deputación ou de non presentar a documentación xustificativa no prazo sinalado, iniciarase o procedemento de reintegro da cantidade que corresponda. Pagamento de acredores de gasto corrente e de investimentos Para aqueles Concellos que soliciten unha subvención para o pagamento de débedas con provedores/acredores pola prestación de servizos ou realización de investimentos, cuxos datos figuren na documentación achegada segundo o modelo que se anexa ás presentes bases, a Deputación transferiralle ao Concello a cantidade solicitada para esta finalidade unha vez aprobada a concesión da subvención. O Concello deberá no prazo dun mes desde o cobramento da subvención e, en todo caso, ata o 30 de novembro de 2018, xustificar o pago da débeda mediante: - Certificación do funcionariado público competente que acredite o pagamento realizado aos acredores/provedores na que se acredite, tamén, a data de pagamento. No caso de que o Concello non xustifique o pagamento das débedas, xustifique un importe menor á cantidade transferida pola Deputación ou de non presentar a documentación xustificativa no prazo sinalado, iniciarase o procedemento de reintegro da cantidade que corresponda. Gasto corrente novo No caso do gasto corrente novo, incluído aquel que se produza como consecuencia da realización ou organización de actos sociais, culturais, deportivos, etc., só procederá pagar a subvención despois de presentar a xustificación, que deberá achegarse ata o 31 de marzo de 2019, tal e como se establece deseguido: - Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando o acredor e o documento, o importe, a data de emisión e, se é posible, a data na que se pagou). - Facturas polo importe da subvención concedida. - Acordo de aprobación da/s factura/s polo órgano competente do Concello. A xustificación deberá axustarse aos conceptos que se inclúen na memoria que serviu de referencia para a concesión da subvención, sendo admisible unha desviación máxima do 20% no custe dos diferentes conceptos da actividade subvencionada. No caso de que xustifique un custe total menor ou de non axustarse a xustificación ós conceptos incluídos na correspondente memoria, a subvención minorarase proporcionalmente. A non xustificación ou a xustificación fóra de prazo dará lugar á perda ó dereito ó cobro da subvención correspondente. Liña 3. Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais O pagamento da subvención farase efectivo da seguinte forma: - O 50 % ao inicio da actividade (ou servizo), que se xustificará co documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente. Aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data e deberán identificarse as persoas traballadoras, as datas de inicio dos seus contratos, a categoría profesional e a duración dos seus contratos. - O 50 % restante ao finalizar a metade do prazo de duración do contrato, previa achega do documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente sobre a continuidade da actividade, no que se fagan constar o número de contratos, a súa categoría profesional, a identificación das persoas traballadoras e as datas de inicio e fin do contrato. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos subvencionados, a entidade beneficiaria, ademais do anterior, deberá presentar a través do Rexistro xeral da institución provincial a seguinte documentación xustificativa no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización da actividade realizada:  Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polas traballadoras e traballadores contratados.  Certificación de fin do servizo e do cumprimento dos requisitos e criterios sinalados nestas bases.  Certificación expedida polo funcionariado público competente de que os gastos se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame os xustificantes correspondentes. Nesta certificación deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1), en concepto de incapacidade temporal das traballadoras e traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo Concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. CAPÍTULO IV. REINTEGRO Décimo oitava. Reintegro Procederase ao reintegro das subvencións outorgadas en conformidade con estas bases nos termos fixados na normativa de subvencións e, de modo particular, nos artigos 36 e seguintes da LXS. CAPÍTULO V. RECURSOS Décima novena. Recursos Contra o acordo da aprobación destas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación (artigos 112 e seguintes e 124 e seguintes da LPACAP), ou ben directamente un recurso contencioso‐administrativo perante o correspondente xulgado de Pontevedra, segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso‐administrativa, todo isto no prazo establecido no artigo 46 da citada lei, sen prexuízo de que se poida utilizar calquera outro recurso que se estime conveniente. Anexos da convocatoria e modelos de presentación da documentación Todos os anexos referidos nestas bases e os modelos normalizados para as solicitudes destas subvencións facilitaranse no Rexistro xeral desta Deputación, no Servizo de Cooperación ou a través da páxina web www.depo.es.” 2º.- ORDENAR a publicación destas Bases e Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na web da Deputación de Pontevedra www.depo.es. 5.7053.- APROBACIÓN DO PLAN DE IGUALDADE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Pasamos ó seguinte punto da orde do día. Aprobación do Plan de igualdade da Deputación de Pontevedra. Ten a palabra para a súa explicación a Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, bo día. Presidenta, deputadas e deputados. A acción política dun goberno, demóstrase sempre a través dos presupostos, acaba de dicir o meu compañeiro de que nesta nova Deputación gobernamos para as persoas. Hoxe, si que é un día histórico para Deputación de Pontevedra. A Presidenta na presentación deste plan falaba de que era a acción máis importante das que ten levado a cabo esta nova Deputación, que é o recoñecemento á igualdade real entre mulleres e os homes, a esa parte da poboación que aínda sigue sen recoñecer, e que somos o 52 %. Traemos á aprobación o primeiro plano, o primeiro Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra, que terá unha vixencia de 3 anos. A primeira institución pública que aproba un Plan que recolle, non soamente a Lei 3/2007 de Igualdade, a Lei Estatal, que recolle a Lexislación da Comunidade autónoma e que amplía o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do convenio de Estambul. Un plan que foi aprobado e consensuado con todos os axentes que formaban parte da comisión, que foi debatido, que foi estudiado, e que, todas e cada unha das persoas que conformaban esa comisión, tanto os sindicatos alí representados como Recursos Humanos, votamos por unanimidade. Este plan ten 3 eixos de actuación donde se promove, repito, a ausencia de toda discriminación, directa ou indirecta, que é de obligado cumplimiento para todas as persoas que traballan na Deputación. Os eixos de actuación do Plan de Igualdade constan de puntos que van a permitir facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, que van a fomentar aí a formación en Igualdade, tanto no acceso ó emprego público como ó longo da súa carreira profesional, que vai a promover a presencia equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración, que establecerá medidas efectivas de protección frente ó acoso sexual, e o acoso por razón de sexo; establécense medidas efectivas para eliminar calquera discriminación retributiva, directa ou indirecta por razón de sexo. Este plan será avaliado periodicamente, é un plan vivo, que pode sufrir todas aquelas aportacións que fagan os diferentes sectores da Deputación. O plan ten os seguintes obxectivos: promover na organización o principio de igualdade garantindo as mesmas oportunidades profesionais, garantir a ausencia de discriminación por razón de sexo, especialmente as derivadas da maternidade, paternidade, a asunción das obrigas familiares, o estado civil e condicións laborais. Eliminar toda manifestación de discriminación na promoción interna e selección co obxecto de acadar na empresa unha representación equilibrada da muller na plantilla. Previr o acoso laboral, sexual e por razón de sexo. Promover, mediante accións de comunicación e formación a igualdade en todos os niveis da organización. Facilitar a conciliación da vida profesional, persoal e familiar; evitar os posibles riesgos derivados do traballo nas mulleres en situación de embarazo. Todos estes obxectivos levan asignados ó seu lado un milleiro de actividades, para conseguilos, están plasmados de xeito concreto no plan. A posta en marcha de medidas de discriminación, proposta en supostos onde a plantilla estea masculinizada, revisar os postos e clasificar desde unha perspectiva de xénero, incluír nos temarios dos procesos selectivos temarios relativos á Igualdade, realizar cursos de formación dirixidos a mulleres, promover o emprego de medidas de conciliación familiar, fomentar a corresponsabilidade, estudar a posibilidade de incluír un programa de teletraballo, impulsar a formación para o emprego da linguaxe, inclusiva non sexista, ou que os tribunais examinadores sexan paritarios. Agardo que en todas estas medidas, a Igualdade sexa unha práctica real, e non soamente un principio na Deputación de Pontevedra. Estou segura de que este pioneiro Plan de Igualdade contribuirá a acadalo e nos converterá nun exemplo a seguir por outras administracións. Xa somos en moitos aspectos relacionados coa Igualdade, a Escola de Igualdade, a creación do servizo, que se pode falar moitísimo, pero soamente a través dos presupostos, se poden facer efectiva, como dicía antes, a acción política, e é dotando de presupuesto unha área que non existía, polo tanto tampouco tiña presuposto. Pero queremos seguir dando pasos adiante constituír unha cidadanía máis igualitaria, máis xusta, máis democrática, en definitiva unha sociedade máis decente. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sra. Abelairas. Sra. Muñoz, ten vostede a palabra. Sra. Muñoz Fonteriz.- Muchas gracias Presidenta. Simplemente decir que presupuesto vamos a apoyar este Plan de Igualdad, como ya lo hicimos en la comisión. Para nosotros es fundamental que estemos todos juntos y que trabajemos todos juntos para conseguir un objetivo que es irrenunciable, y que desde luego es de justicia, que es la igualdad real entre mujeres y hombres. Ahí, en eso cree profundamente el Partido Popular, ahí hemos estado trabajando siempre, siempre estaremos y siempre estaremos dispuestos a colaborar para avanzar de cara a un objetivo que a día de hoy todavía está lejos, pero en el que seguimos avanzando día a día. Por lo tanto, vamos, insisto a votar a favor, y a apoyar este Plan de Igualdad. Muchas gracias. Sra. Presidenta.- Ben, pois non habendo máis palabras, sometemos a aprobación o Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra. ¿Votos a favor?. Apróbase pola unanimidade da Corporación. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Eu quero agradecer....(non se escoita) este Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra, porque eso vai a facer que todos e todas teñamos que ser todavía moito máis esixentes no seu cumprimento e tamén mostra que a igualdade comenza a ser un obxectivo inalienable para todos os grupos políticos, e polo tanto eu quero felicitarme e felicitarnos por esta aprobación por unanimidade, pero tamén non sería xusta senón lle fixera aquí un recoñecemento á delegada da área de Igualdade, a Isaura Abelairas, que ademais en situacións moi complicadas foi quen de facer frente á dificultade de aprobar un Plan de Igualdade, que é moi complexo, a todas as persoas que traballan na área de Igualdade, ás funcionarias que traballaron a reo e duro, ós sindicatos e ós funcionarios e funcionarias que tamén estiveron a traballar na comisión para a elaboración deste Plan de Igualdade, que ademais foi acordado pola unanimidade de todas as persoas que formaban parte de esa comisión. A todos e a todas elas moitas gracias por este bo traballo. PRIMEIRO.-A igualdade entre mulleres e homes é un principio xurídico universal recoñecido en diversos textos internacionais sobre dereitos humanos, entre os que destaca a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller, aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en decembro de 1979 e ratificada por España en 1983. Neste mesmo ámbito procede evocar os avances introducidos por conferencias mundiais monográficas, como a de Nairobi de 1985 e Beijing de 1995. A Constitución Española, no seu artigo 14 proclama o dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo e recoñece que “os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”. Pola súa parte, o artigo 9.2 consagra a obrigación dos “poderes públicos de promover as condicións para que a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas e remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social”. Estes principios son trasladados á normativa estatal e normas autonómicas. SEGUNDO.-A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, (LOI), ten por obxecto facer efectivo o dereito de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, en particular mediante a eliminación da discriminación da muller, sexa cal fora a súa circunstancia ou condición, en calquera dos ámbitos da vida e, singularmente, nas esferas política, civil, laboral, económica, social e cultural para, no desenvolvemento dos artigos 9.2 e 14 da Constitución, alcanzar unha sociedade máis democrática, máis xusta e máis solidaria. O principio de igualdade de trato entre mulleres e homes supón a ausencia de toda discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo, e, especialmente, as derivadas da maternidade, a asunción de obrigacións familiares e o estado civil (art. 3 da LOI). O principio de igualdade de trato entre mulleres e homes configúrase como un principio informador do ordenamento xurídico e, como tal, integrarase e observarase na interpretación e aplicación das normas xurídicas. Este principio é aplicable no ámbito do emprego privado e no do emprego público, estará garantido, nos termos previstos na normativa aplicable, no acceso ao emprego, incluso ao traballo por conta propia, na formación profesional, na promoción profesional, nas condicións de traballo, incluídas as retributivas e as de despido, e na afiliación e participación nas organizacións sindicais e empresariais, ou en calquera organización cuxos membros exerzan unha profesión concreta, incluídas as prestacións concedidas polas mesmas. Respecto á regulación na obrigación de elaboración e aplicación de Plans de igualdade, o artigo 45.1 e 45.2 da LOI establece: “As empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cos representantes legais dos traballadores na forma que se determine na lexislación laboral”. (Art 45.1 da LOI) “No caso das empresas de máis de douscentos cincuenta traballadores, as medidas de igualdade a que se refire o apartado anterior deberán dirixirse á elaboración e aplicación dun plan de igualdade, co alcance e contido establecidos neste capítulo, que deberá ser así mesmo obxecto de negociación na forma que se determine na lexislación laboral”. (Art 45.2 da LOI) O concepto e contido dos Plans de igualdade atópase recollido no art. 46.1 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes (LOI): “Os plans de igualdade das empresas son un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo. Os plans de igualdade fixarán os concretos obxectivos de igualdade a alcanzar, as estratexias e prácticas a adoptar para a súa consecución, así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados”. (Art 46.1 da LOI) As Administracións Públicas no ámbito das súas respectivas competencias, e en aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes, deberán actuar baixo os seguintes criterios establecidos no artigo 51 da LOI: • Remover os obstáculos que impliquen a pervivencia de calquera tipo de discriminación co fin de ofrecer condicións de igualdade efectiva entre mulleres e homes no acceso ao emprego público e no desenvolvemento da carreira profesional. • Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, sen menoscabo da promoción profesional. • Fomentar a formación en igualdade, tanto no acceso ao emprego público como ao longo da carreira profesional. • Promover a presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración. • Establecer medidas efectivas de protección fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo. • Establecer medidas efectivas para eliminar calquera discriminación retributiva, directa ou indirecta, por razón de sexo. • Avaliar periodicamente a efectividade do principio de igualdade nos seus respectivos ámbitos de actuación. TERCEIRO.- A Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 4.2 reitera o mandato dirixido aos poderes públicos “Corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social”. En materia de igualdade, na Comunidade Autónoma de Galicia, temos que ter en conta o Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Os Plans de igualdade, conforme á redacción do artigo 65 do Decreto Lexislativo 2/2015, defínense como “un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizarse un diagnóstico da realidade desde a perspectiva de xénero, tendentes a alcanzar na totalidade dos ámbitos da empresa o obxectivo da igualdade entre mulleres e homes e a eliminación da discriminación por razón de sexo, as cales han de comprender: a) A fixación de obxectivos concretos de igualdade dentro duns prazos de tempo razoables, especificando os indicadores do cumprimento dos obxectivos e identificando aos órganos ou persoas responsables. b) Un código das boas prácticas necesarias ou convenientes para alcanzar os obxectivos asumidos a través da integración da dimensión de igualdade na organización do traballo e a xestión empresarial. c) O establecemento de sistemas eficaces de control interno e avaliación externa sobre cumprimento dos obxectivos, así como de mecanismos de readaptación deses obxectivos en función dos resultados acadados. CUARTO.- O Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Disposición adicional sétima, recolle o mandato xeral dirixido ás Administracións Públicas para elaborar e aplicar un plan de igualdade para as traballadoras e traballadores dependentes desta. En dita Disposición adicional, de maneira expresa, obriga ás Administracións Públicas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e para elo, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación entre mulleres y homes. De igual modo, obriga a que o plan de igualdade elaborado e aprobado sexa desenvolvido no convenio colectivo ou como acordo de condicións de traballo do persoal. QUINTO.- En canto á normativa comunitaria, no artigo 22 da Directiva 2006/54/CE establécese a necesidade de fomentar o diálogo coas organizacións non gobernamentais que teñan un interese lexítimo na contribución á loita contra a discriminación por razón de sexo, co fin de promover o principio de igualdade de trato. A Directiva 76/207/CEE do Consello, de 9 de febreiro de 1976, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no que se refire ao acceso ao emprego, á formación e promoción profesional, e ás condicións de traballo, non define os conceptos de discriminación directa ou indirecta. Con todo, no marco do artigo 141.3 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea adóptase a Directiva 2002/76/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de setembro de 2002, que modifica a Directiva 76/207/CEE, incluíndo as definicións de discriminación directa e indirecta por razón de sexo, en liña coas definicións contidas na Directiva 2000/43/CE, do 29 de xuño de 2000, e Directiva 2000/78/CE, do 27 de novembro de 2000. O Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica (Convenio de Istambul), ratificado o 11 de abril de 2014 por España e en vigor desde agosto de 2014, é o primeiro instrumento de carácter vinculante no ámbito europeo en materia de violencia contra a muller e a violencia doméstica, e é o tratado internacional de maior alcance para facer fronte a esta grave violación dos dereitos humanos, establecendo unha tolerancia cero con respecto á violencia cara á muller. Será aplicable a todas as formas de violencia contra a muller, incluída a violencia doméstica. Ten, entre outros, os seguintes obxectivos: a) Protexer as mulleres ante todas as formas de violencia e previr, perseguir e eliminar a violencia contra a muller e a violencia doméstica. b) Contribuír a eliminar toda forma de discriminación contra a muller e promover a igualdade real entre mulleres e homes, incluíndo o empoderamento das mulleres. c) Concibir un marco global, políticas e medidas de protección e asistencia a todas as vítimas de violencia contra a muller e a violencia doméstica. A violencia contra a muller recoñécese no Convenio como unha violación dos dereitos humanos e como unha forma de discriminación, ademais de considerar responsables aos Estados se non responden de maneira adecuada. En consecuencia, con este I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a Deputación de Pontevedra pretende, ademais de cumprir a normativa de aplicación, ampliar o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do Convenio de Istambul, eliminar toda discriminación contra as mulleres e seguir avanzando no desenvolvemento dun marco favorable de relacións laborais baseado na igualdade de oportunidades, a non discriminación e a tolerancia cero ante as situacións de violencia contra as mulleres, promovendo unha contorna segura e saudable para todo o persoal ao servizo desta Administración. SEXTO.- O 5 de decembro de 2014, constituíuse a Comisión Paritaria para a Igualdade de Oportunidades que aprobou por unanimidade o Regulamento interno de funcionamento polo que se rexe a Comisión. A Comisión ten como finalidade o establecemento e desenrolo de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, evitar a discriminación directa ou indirecta por razón de sexo, así como o impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seno da organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da mesma, e de acordo coa definición do principio que establece a Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Na reunión celebrada no seno da Comisión do Plan de igualdade de oportunidades en data 8 de abril de 2015, presentouse un primeiro diagnóstico cuantitativo con data 8/4/2015. SÉTIMO.- Co cambio de goberno a Presidenta da Deputación, asumiu o compromiso de elaborar un Plan de igualdade para o persoal ao servizo da Entidade e, o 15 de decembro de 2015 constitúese unha nova Comisión do Plan de igualdade da Deputación. O alcance do compromiso da Organización é o seguinte: “1º Desenvolver as medidas de igualdade en todos e cada un dos ámbitos nos que se desenvolva a súa actividade, asumindo o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes atendendo de forma especial á discriminación indirecta, entendendo por esta “a situación na que unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutros, pon a unha persoa dun sexo en desvantaxe particular respecto de persoas doutro sexo”. 2º Integrar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización como principio básico e transversal. 3º Incluír este principio nos obxectivos da política da organización e, particularmente, na política de xestión de recursos humanos. 4º Facilitar os recursos necesarios, tanto materiais como humanos, para a elaboración da diagnose, definición e implementación do Plan de Igualdade e a inclusión da igualdade na negociación colectiva. 5º Facer partícipe deste principio de igualdade a todas as empresas prestadoras e/ou concesionarias dos servizos públicos coas que esta Administración mantén relación. 6º Atenderá o Plan de Igualdade, entre outras, ás materias sinaladas no artigo 46.2 da Lei 3/2007 de acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción e formación, retribucións, ordenación do tempo de traballo para favorecer, en termos de igualdade entre mulleres e homes, á conciliación laboral, persoal e familiar, e prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo. Así mesmo, respectará os criterios de actuación que se establecen no artigo 51 para as Administracións Públicas, segundo o cal, estas, no ámbito das súas competencias, removerán os obstáculos que impliquen calquera tipo de discriminación, facilitarán a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, fomentarán a formación en igualdade, promoverán a presenza equilibrada de homes e mulleres nos órganos de selección e valoración, establecerán medidas de protección fronte á situación de acoso sexual, establecerán medidas para eliminar discriminacións retributivas por razón de sexo e avaliarán a efectividade do principio de igualdade. 7º Deseñaranse as actuacións que supoñan melloras respecto á situación presente, arbitrándose os correspondentes sistemas de avaliación e seguimento, coa finalidade de avanzar na consecución da igualdade real entre mulleres e homes na entidade e, por extensión, no conxunto da sociedade.” OITAVO.- A Comisión negociadora que redacta, negocia e aproba este Plan de igualdade está integrada polos seguintes membros en representación da Deputación e do persoal en paridade: En representación da entidade: Dª Isaura Abelairas Rodríguez Dª Lucía Muradas Arcay Dª Elsa María Pinto da Cunha Pimenta Dª Sonia Mateos Escudero D. Manuel Corujo Castro En representación do persoal os/as representantes designados pola representación sindical: Dª María Teresa Macías Albela (CCOO) Dª Mª Ángela Comesaña Martínez (CCOO) D. José Ramón Piñeiro Piñeiro (CCOO) Dª Concepción López Paz (CSIF) D. José Adrián Blanco Cortegoso (CIG) Asistindo como asesores e asesoras: D. Manuel Ángel Gil Canabal (CSIF) Dª Mabel Pérez Simal (CCOO) Dª María Ángeles García Pérez (Avogada) NOVENO.- Ademais do compromiso das partes implicadas na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, mediante Resolución Presidencial, de data 30 de novembro de 2016, previa proposta presentada pola Xefa de Servizo de Igualdade, de data 25 de novembro de 2016, a Deputación contrata o “Asesoramento externo co fin de realizar o diagnóstico cualitativo e cuantitativo previo á elaboración do Plan de igualdade da Deputación de Pontevedra”, que se adxudica á mercantil Eclos Consulting Group SLP, para a realización dunha auditoría sociolaboral de xénero co fin de elaborar a fase de diagnose previa á elaboración do Plan de Igualdade. Os resultados do informe Diagnóstico foron analizados polas persoas constituíntes da Comisión de Igualdade, que presentaron alegacións e propostas ao documento e foi a base para a negociación das medidas e accións que se integran no I Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, presentándose diversas propostas e obxectivos por áreas de actuación. DÉCIMO.- O 11 de decembro de 2017 apróbase o contido do Texto do I Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra, tras varias reunións onde se negocian as accións que forman parte deste Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e que son aprobadas por unanimidade polas persoas integrantes da Comisión do Plan de Igualdade, e de conformidade co establecido nos art. 45 e 46 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, respecto á elaboración e aplicación dos plans de igualdade. Este primeiro plan de igualdade recolle tódalas medidas que contempla o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia laboral segundo competencias, así como tódalas medidas do Pacto acordadas polo Senado contra a violencia de xénero no ámbito da actuación da Deputación de Pontevedra. É o primeiro Plan de Igualdade dunha administración pública española que foi elaborado en base a unha auditoría sociolaboral de xénero, que contén unha análise exhaustiva da área salarial do persoal baixo a perspectiva de xénero, cumprindo os obxectivos establecidos na recomendación europea. Sendo unha das propostas levadas o 17 de outubro de 2017 á mesa do Congreso co fin de desenvolver o compromiso de transparencia salarial establecido na recomendación da Comisión Europea do 7 de marzo de 2014. O 15 de decembro de 2017 as partes negociadoras deste Plan asinan o documento definitivo do I Plan de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. DÉCIMO PRIMEIRO.- O ámbito de aplicación deste Plan abarca a todo o persoal ao servizo da Deputación de Pontevedra, persoal funcionario, de carreira e interino, persoal laboral contratado en réxime de dereito laboral e persoal bolseiro. DÉCIMO SEGUNDO.- O presente Plan, terá unha vixencia de tres anos dende a data da súa aprobación, tempo que a Comisión do I Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes entende suficiente para corrixir e alcanzar o conxunto de medidas que se concretan no mesmo. Pasado o prazo de vixencia do I Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, reunirase a Comisión para proceder á negociación do II Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Á vista de todos estes antecedentes e vistos o ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude, Deportes e Igualdade e o informe favorable da Secretaría Xeral, de data 18 de decembro, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes. 2. Proceder á publicación do texto íntegro de dito Plan no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Dito I Plan de Igualdade de Oportunidades da Deputación de Pontevedra é o seguinte: I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes Índice 1. Ficha técnica 3 2. Preámbulo 4 3. Contextualización 14 4. Ámbito de aplicación 23 4.1. Ámbito persoal 23 4.2. Vixencia 24 5. Obxectivos e medidas 25 5.1. Áreas de análise 25 5.2. Eixos de actuación 26 5.3. Obxectivos xerais 27 5.4. Obxectivos específicos 28 5.5. Áreas de actuación 31 5.5.A . Acceso ao emprego público e desenvolvemento da carreira profesional 31 5.5.A .1. Accións no acceso ao emprego público 32 5.5.A .2. Accións no desenvolvemento da carreira profesional 32 5.5.B. Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral 33 5.5.C. Fomentar a formación en igualdade 35 5.5. D. Establecer medidas efectivas para eliminar calquera discriminación retributiva, directa ou indirecta, por razón de sexo 37 5.5.E. Promover a presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración 39 5.5.F. Establecer medidas efectivas de protección fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo 41 5.5.F.1. Medidas en materia de prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo 43 5.5.F.2. Medidas en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral 44 5.5.F.3. Medidas en materia de violencia de xénero 45 5.5.G. Medidas na área de comunicación, linguaxe e cultura organizativa 46 5.5.H. Transversalidade 48 6. Seguimento e avaliación 50 Anexos: modelo de fichas de seguimento e avaliación. Cronogramas 1. Ficha técnica Denominación social: Deputación de Pontevedra. Domicilio social: Avda. de Montero Ríos, s/n C. p.: 36001 Poboación:Pontevedra CNAE: 8411-Actividades xerais da Administración Convenio colectivo: O persoal funcionario réxese polo acordo regulador das condicións económicas e sociais, aprobado como V Acordo regulador para o persoal funcionario. O persoal laboral réxese polo Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) do 8 de xaneiro de 2001, e as modificacións parciais a este, publicadas no BOPPO do 12 de maio de 2016 e no do 4 de agosto de 2016. O 29 de xullo de 2016 asínase o acordo sobre xornadas, vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario e laboral. Actividade: A Deputación Provincial de Pontevedra é unha entidade local de carácter territorial formada pola agrupación de municipios, con personalidade xurídica propia, autonomía e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins propios e específicos: garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais no marco da política económica e social, e en particular: - Asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal. - Participar na coordinación da Administración local coa da comunidade autónoma e coa do Estado. Ten atribuído o Goberno e a Administración autónoma da provincia de Pontevedra, ademais da prestación de servizos delegados e descentralizados da comunidade autónoma. 2. Preámbulo Como se recolle no contido do Preámbulo da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, “A igualdade entre mulleres e homes é un principio xurídico universal recoñecido en diversos textos internacionais sobre dereitos humanos, entre os que destaca a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller, aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en decembro de 1979 e ratificada por España en 1983. Neste mesmo ámbito procede evocar os avances introducidos por conferencias mundiais monográficas, como a de Nairobi de 1985 e Beijing de 1995. A igualdade é, así mesmo, un principio fundamental na Unión Europea. Desde a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam, o 1 de maio de 1999, a igualdade entre mulleres e homes e a eliminación das desigualdades entre unhas e outros son un obxectivo que debe integrarse en todas as políticas e accións da Unión e dos seus membros. Con amparo no antigo artigo 111 do Tratado de Roma desenvolveuse un acervo comunitario sobre igualdade de sexos de grande amplitude e importante calado, a cuxa adecuada transposición se dirixe, en boa medida, a presente Lei. En particular, esta Lei incorpora ao ordenamento español dúas directivas en materia de igualdade de trato, a 2002/73/CE, de reforma da Directiva 76/207/CEE, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no que se refire ao acceso ao emprego, á formación e á promoción profesionais, e ás condicións de traballo; e a Directiva 2004/113/CE, sobre aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no acceso a bens e servizos e a súa subministración”. Desde a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam a eliminación das desigualdades entre mulleres e homes é un obxectivo prioritario da UE. Nesta liña destaca a Directiva 2006/54/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativa á aplicación do principio de igualdade de oportunidades e igualdade de trato entre homes e mulleres en asuntos de emprego e ocupación. A Constitución española proclama no seu artigo 14 o dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo e recoñece que as e os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Pola súa banda, o artigo 9.2 consagra a obriga dos poderes públicos de promover as condicións para que a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas e remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de toda a cidadanía na vida política, económica, cultural e social. Estes principios son trasladados á normativa estatal e ás normas autonómicas. a) Ámbito estatal A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, (LOI), ten por obxecto facer efectivo o dereito de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, en particular mediante a eliminación da discriminación da muller, sexa cal fora a súa circunstancia ou condición, en calquera dos ámbitos da vida e, singularmente, nas esferas política, civil, laboral, económica, social e cultural para, no desenvolvemento dos artigos 9.2 e 14 da Constitución, alcanzar unha sociedade máis democrática, máis xusta e máis solidaria. O principio de igualdade de trato entre mulleres e homes supón a ausencia de toda discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo, especialmente as derivadas da maternidade, a asunción de obrigas familiares e o estado civil (artigo 3 da LOI). O principio de igualdade de trato entre mulleres e homes configúrase como un principio informador do ordenamento xurídico e, como tal, integrarase e observarase na interpretación e aplicación das normas xurídicas. Este principio é aplicable no ámbito do emprego privado e no do emprego público, garantirase, nos termos previstos na normativa aplicable, no acceso ao emprego, mesmo ao traballo por conta propia, na formación e a promoción profesional, nas condicións de traballo, incluídas as retributivas e as de despedimento, e na afiliación e participación nas organizacións sindicais e empresariais ou en calquera organización cuxos membros exerzan unha profesión concreta, incluídas as prestacións concedidas por estas. Discriminación directa e indirecta (artigos 5 e 6 da LOI): “Non constituirá discriminación no acceso ao emprego, incluída a formación necesaria, unha diferenza de trato baseada nunha característica relacionada co sexo cando, debido á natureza das actividades profesionais concretas ou ao contexto no que leven a cabo, esa característica constitúa un requisito profesional esencial e determinante, a condición de que o obxectivo sexa lexítimo e o requisito proporcionado”. “Considérase discriminación directa por razón de sexo a situación en que se atopa unha persoa que sexa, fose ou puidese ser tratada, en atención ao seu sexo, de maneira menos favorable ca outra en situación comparable. Considérase discriminación indirecta por razón de sexo a situación en que unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutros pon a persoas dun sexo en desvantaxe particular con respecto a persoas do outro, salvo que esa disposición, criterio ou práctica poidan xustificarse obxectivamente en atención a unha finalidade lexítima e que os medios para alcanzar a devandita finalidade sexan necesarios e adecuados. En calquera caso, considérase discriminatoria toda orde de discriminar, directa ou indirectamente, por razón de sexo”. Acoso sexual e acoso por razón de sexo (artigo 7 da LOI): “Sen prexuízo do establecido no Código penal, para os efectos desta Lei constitúe acoso sexual calquera comportamento, verbal ou físico, de natureza sexual que teña o propósito ou produza o efecto de atentar contra a dignidade dunha persoa, en particular cando se crea unha contorna intimidatoria, degradante ou ofensiva. Constitúe acoso por razón de sexo calquera comportamento realizado en función do sexo dunha persoa, co propósito ou o efecto de atentar contra a súa dignidade e de crear unha contorna intimidatoria, degradante ou ofensivo. Consideraranse en todo caso discriminatorios o acoso sexual e o acoso por razón de sexo. O condicionamento dun dereito ou dunha expectativa de dereito á aceptación dunha situación constitutiva de acoso sexual ou de acoso por razón de sexo considerarase tamén acto de discriminación por razón de sexo”. Discriminación por embarazo ou maternidade (artigo 8 da LOI): “Constitúe discriminación directa por razón de sexo todo trato desfavorable ás mulleres relacionado co embarazo ou a maternidade”. Accións positivas (artigo 11 da LOI): “Co fin de facer efectivo o dereito constitucional da igualdade, os Poderes Públicos adoptarán medidas específicas en favor das mulleres para corrixir situacións patentes de desigualdade de feito respecto dos homes. Tales medidas, que serán aplicables en tanto subsistan as situacións mencionadas, deberán ser razoables e proporcionadas en relación co obxectivo perseguido en cada caso”. Transversalidade do principio de igualdade de trato entre mulleres e homes (artigo 15 da LOI) “O principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes informará, con carácter transversal, a actuación de todos os Poderes Públicos. As administracións públicas integrarano, de forma activa, na adopción e execución das súas disposicións normativas, na definición e orzamentación de políticas públicas en todos os ámbitos e no desenvolvemento do conxunto de todas as súas actividades”. Con respecto á regulación da obriga de elaboración e aplicación de plans de igualdade, nos artigos 45.1 e 45.2 da LOI establécese: “As empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cos representantes legais dos traballadores na forma que se determine na lexislación laboral”. “No caso das empresas de máis de douscentos cincuenta traballadores, as medidas de igualdade a que se refire o apartado anterior deberán dirixirse á elaboración e aplicación dun plan de igualdade, co alcance e contido establecidos neste capítulo, que deberá ser así mesmo obxecto de negociación na forma que se determine na lexislación laboral”. O concepto e contido dos plans de igualdade atópase recollido no artigo 46.1 da LOI: “Os plans de igualdade das empresas son un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo. Os plans de igualdade fixarán os concretos obxectivos de igualdade a alcanzar, as estratexias e prácticas a adoptar para a súa consecución, así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados”. En relación cos contratos das administracións públicas, no artigo 33 da LOI establécese que: “As administracións públicas, no ámbito das súas respectivas competencias, a través dos seus órganos de contratación e, en relación coa execución dos contratos que celebren, poderán establecer condicións especiais co fin de promover a igualdade entre mulleres e homes no mercado de traballo, de acordo co establecido na lexislación de contratos do sector público”. En relación coas subvencións públicas, no artigo 35 da LOI establécese: “As administracións públicas, nos plans estratéxicos de subvencións que adopten no exercicio das súas competencias, determinarán os ámbitos en que, por razón da existencia dunha situación de desigualdade de oportunidades entre mulleres e homes, as bases reguladoras das correspondentes subvencións poidan incluír a valoración de actuacións de efectiva consecución da igualdade por parte das entidades solicitantes”. As administracións públicas, no ámbito das súas respectivas competencias e en aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes, deberán actuar baixo os seguintes criterios establecidos no artigo 51 da LOI: b) Ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia, reitera no seu artigo 4.2 o mandato dirixido aos poderes públicos: “Correspóndelle aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social”. Os principios de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade recóllense no artigo 1.3 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: As políticas de igualdade deben crear as condicións necesarias para que as persoas poidan desempeñar tarefas laborais, domésticas e de coidados prestando especial atención á reorganización do tempo a través dunha repartición paritaria das tarefas domésticas e do coidado familiar entre mulleres e homes. É necesario que se establezan políticas que axuden aos diferentes actores sociais –homes, mulleres, institucións políticas e administracións– para lograr unha sociedade corresponsable e sustentable que non deixe caer o seu peso só sobre as mulleres. Para a aplicación do principio de igualdade de trato entre mulleres e homes en Galicia e no ámbito de aplicación do Decreto lexislativo 2/2015 teranse en conta as definicións que se recollen no seu artigo 2 e a Directiva 2006/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativa á aplicación do principio de igualdade de oportunidades e igualdade de trato entre homes e mulleres en asuntos de emprego e ocupación. Discriminación directa: a situación en que unha persoa sexa, fose ou puidese ser tratada por razón de sexo de maneira menos favorable ca outra en situación comparable. Discriminación indirecta: a situación en que unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutras sitúan a persoas dun sexo determinado en desvantaxe particular con respecto a persoas do outro sexo, salvo que dita disposición, criterio ou práctica poidan xustificarse obxectivamente cunha finalidade lexítima e que os medios para alcanzar esa finalidade sexan adecuados e necesarios. Acoso ou acoso moral por razón de xénero: a situación na que se produce un comportamento non desexado relacionado co sexo dunha persoa, co propósito ou efecto de atentar contra a súa dignidade e de crear unha contorna intimidatoria, hostil, degradante, humillante ou ofensiva. Acoso sexual: a situación na que se produce calquera comportamento verbal, non verbal ou físico non desexado de índole sexual, co propósito ou efecto de atentar contra a dignidade dunha persoa, en particular cando se crea unha contorna intimidatoria, hostil, degradante, humillante ou ofensiva. Integración transversal do principio de igualdade nas actuacións da Administración O principio de transversalidade consiste na integración da dimensión da igualdade de oportunidades na elaboración, execución e seguimento de todas as políticas e de todas as accións da súa competencia, con especial transcendencia en:  A consecución da igualdade de oportunidades na política económica, laboral e social, buscando, en especial, a supresión das diferenzas salariais por razón de sexo e o fomento do emprego feminino por conta propia ou allea.  A conciliación do emprego e da vida familiar das mulleres e dos homes e o fomento da individualización dos dereitos tendentes a esa conciliación.  O fomento dunha participación equilibrada das mulleres e dos homes na toma de decisións e a elaboración de estratexias para o empoderamento das mulleres.  A garantía da dignidade das mulleres e homes, con especial incidencia na adopción de accións tendentes á erradicación de todas as formas de violencia de xénero (violencia doméstica, delitos sexuais, acoso sexual, explotación sexual).  A garantía do exercicio dos dereitos das mulleres, entre outras medidas a través da difusión de información sobre a igualdade de oportunidades e da colaboración cos órganos xudiciais cando cumpra segundo a lexislación. Os plans de igualdade, conforme a redacción do artigo 65 do Decreto lexislativo 2/2015, defínense como “un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizarse un diagnóstico da realidade desde a perspectiva de xénero, tendentes a alcanzar na totalidade dos ámbitos da empresa o obxectivo da igualdade entre mulleres e homes e a eliminación da discriminación por razón de sexo, que deben de comprender: a) A fixación de obxectivos concretos de igualdade dentro duns prazos de tempo razoables, especificando os indicadores do cumprimento dos obxectivos e identificando os órganos ou persoas responsables. b) A creación dun código de boas prácticas necesarias ou convenientes para alcanzar os obxectivos asumidos a través da integración da dimensión de igualdade na organización do traballo e a xestión empresarial. c) O establecemento de sistemas eficaces de control interno e avaliación externa sobre o cumprimento dos obxectivos, así como de mecanismos de readaptación deses obxectivos en función dos resultados obtidos. c) Normativa comunitaria. No artigo 22 da citada Directiva 2006/54/CE establécese a necesidade de fomentar o diálogo coas organizacións non gobernamentais que teñan un interese lexítimo na contribución á loita contra a discriminación por razón de sexo, co fin de promover o principio de igualdade de trato. A Directiva 76/207/CEE do Consello, de 9 de febreiro de 1976, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no que se refire ao acceso ao emprego, á formación e promoción profesional, e ás condicións de traballo, non define os conceptos de discriminación directa ou indirecta. Con todo, no marco do artigo 141.3 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea adóptase a Directiva 2002/76/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de setembro de 2002, que modifica a Directiva 76/207/CEE, incluíndo as definicións de discriminación directa e indirecta por razón de sexo, en liña coas definicións contidas na Directiva 2000/43/CE do 29 de xuño de 2000 e Directiva 2000/78/CE do 27 de novembro de 2000. d) Convenio de Istambul O Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica (Convenio de Istambul), ratificado o 11 de abril de 2014 por España e en vigor desde agosto de 2014, é o primeiro instrumento de carácter vinculante no ámbito europeo en materia de violencia contra a muller e a violencia doméstica, e é o tratado internacional de maior alcance para facer fronte a esta grave violación dos dereitos humanos, establecendo unha tolerancia cero con respecto á violencia cara á muller. Será aplicable a todas as formas de violencia contra a muller, incluída a violencia doméstica. Ten, entre outros, os seguintes obxectivos: a) Protexer as mulleres ante todas as formas de violencia e previr, perseguir e eliminar a violencia contra a muller e a violencia doméstica. b) Contribuír a eliminar toda forma de discriminación contra a muller e promover a igualdade real entre mulleres e homes, incluíndo o empoderamento das mulleres. c) Concibir un marco global, políticas e medidas de protección e asistencia a todas as vítimas de violencia contra a muller e a violencia doméstica. A violencia contra a muller recoñécese no Convenio como unha violación dos dereitos humanos e como unha forma de discriminación, ademais de considerar responsables aos Estados se non responden de maneira adecuada. Entre as definicións que contén o convenio de Istambul atópanse as seguintes: Violencia contra a muller: “Deberase entender como unha violación dos dereitos humanos e unha forma de discriminación contra as mulleres, e, por tanto, reputaranse como tales, todos os actos de violencia baseados no xénero que impliquen ou poidan implicar para as mulleres danos ou sufrimentos de natureza física, sexual, psicolóxica ou económica, incluídas as ameazas de realizar os devanditos actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, na vida pública ou privada”. (Convenio de Istambul, artigo 3). Violencia doméstica: “Entenderase como tal a comisión de todo acto de violencia física, sexual, psicolóxica ou económica que se produza na familia ou no fogar ou entre cónxuxes ou parellas de feito anteriores ou actuais, independentemente de que o autor do delito comparta ou compartise o mesmo domicilio que a vítima” (artigo 3) Convenio de Istambul. Xénero: “Entenderase como os papeis, comportamentos, actividades e atribucións socialmente construídos que unha sociedade concreta considera propios de mulleres ou de homes”. (Convenio de Istambul, artigo 3). Violencia contra a muller por razóns de xénero: “Entenderase como tal toda violencia contra unha muller polo mero feito de ser muller ou que afecte ás mulleres de maneira desproporcionada”. (Convenio de Istambul, artigo 3). e) Normativa de especial aplicación á entidade: Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL) No artigo 33 do seu título III establécense como funcións do Pleno da Deputación as seguintes: “1. O Pleno da Deputación está constituído polo presidente e os deputados. 2. Correspóndelle en todo caso ao Pleno: a) A organización da Deputación. b) A aprobación das ordenanzas. c) A aprobación e modificación dos Orzamentos, a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia e a aprobación provisional das contas; todo iso de acordo co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais. d) A aprobación dos plans de carácter provincial. e) O control e a fiscalización dos órganos de goberno. f) A aprobación do cadro de persoal, a relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime do persoal eventual”. Respecto das funcións da súa presidenta, e conforme ao artigo 34: “1. Correspóndelle en todo caso ao presidente da Deputación: a) Dirixir o goberno e a administración da provincia. e) Asegurar a xestión dos servizos propios da Comunidade Autónoma cuxa xestión ordinaria lle estea encomendada á Deputación. f) O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento aprobado, dispoñer gastos dentro dos límites da súa competencia, concertar operacións de crédito, excluíndo as contempladas no artigo 158.5 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, sempre que aquelas estean previstas no Orzamento e o seu importe acumulado dentro de cada exercicio económico non supere o 10 % dos seus recursos ordinarios, salvo as de tesourería que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 % dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior, ordenar pagamentos e render contas; todo iso de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais. g) Aprobar a oferta de emprego público de acordo co Orzamento e o persoal aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuír as retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas. h) Desempeñar a xefatura superior de todo o persoal e acordar o seu nomeamento e sancións, incluída a separación do servizo dos funcionarios da Corporación e o despedimento do persoal laboral, dando conta ao Pleno na primeira sesión que celebre. Esta atribución entenderase sen prexuízo do previsto no artigo 99.1 e 3 desta Lei. l) A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no Orzamento”. En consecuencia, con este I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a Deputación de Pontevedra pretende, ademais de cumprir a normativa de aplicación, ampliar o concepto de discriminación en liña cos obxectivos do Convenio de Istambul, eliminar toda discriminación contra as mulleres e seguir avanzando no desenvolvemento dun marco favorable de relacións laborais baseado na igualdade de oportunidades, a non discriminación e a tolerancia cero ante as situacións de violencia contra as mulleres, promovendo unha contorna segura e saudable para todo o persoal ao servizo desta Administración. 3. Contexto Na Disposición adicional sétima do citado R. d. l. 5/5015, recóllese o mandato xeral dirixido ás administracións públicas para elaborar e aplicar un plan de igualdade para as traballadoras e traballadores dependentes desta. Na citada Disposición adicional, de maneira expresa, obriga as administracións públicas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, para iso, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación entre mulleres e homes. De igual modo, obriga a que o plan de igualdade elaborado e aprobado sexa desenvolvido no convenio colectivo ou como acordo de condicións de traballo do persoal. A presidenta da Deputación asumiu o compromiso de elaborar un plan de igualdade para o persoal ao servizo da Entidade. O alcance do compromiso da Organización é o seguinte: “1º Desenvolver as medidas de igualdade en todos e cada un dos ámbitos nos que se desenvolva a súa actividade, asumindo o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes atendendo de forma especial á discriminación indirecta, entendendo por esta “a situación na que unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutros, pon a unha persoa dun sexo en desvantaxe particular respecto de persoas doutro sexo”. 2º Integrar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización como principio básico e transversal. 3º Incluir este principio nos obxectivos da política da organización e, particularmente, na política de xestión de recursos humanos. 4º Facilitar os recursos necesarios, tanto materiais coma humanos, para a elaboración da diagnose, definición e implementación do Plan de igualdade e a inclusión da igualdade na negociación colectiva. 5º Facer partícipe deste principio de igualdade a tódalas empresas prestadoras e/ou concesionarias dos servizos públicos coas que esta Administración mantén relación. 6º Atenderá o Plan de igualdade, entre outras, ás materias sinaladas no artigo 46.2 da Lei 3/2007 de acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción e formación, retribucións, ordenación do tempo de traballo para favorecer, en termos de igualdade entre mulleres e homes, a conciliación laboral, persoal e familiar, e prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo. Así mesmo, respectará os criterios de actuación que se establecen no artigo 51 para as administracións públicas, segundo o cal, estas, no ámbito das súas competencias, removerán os obstáculos que impliquen calquera tipo de discriminación, facilitarán a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, fomentarán a formación en igualdade, promoverán a presenza equilibrada de homes e mulleres nos órganos de selección e valoración, establecerán medidas de protección fronte á situación de acoso sexual, establecerán medidas para eliminar discriminacións retributivas por razón de sexo e avaliarán a efectividade do principio de igualdade. 7º Deseñaranse as actuacións que supoñan melloras respecto a situación presente, arbitrándose os correspondentes sistemas de avaliación e seguimento, coa finalidade de avanzar na consecución da igualdade real entre mulleres e homes na entidade e, por extensión, no conxunto da sociedade.” Na reunión do 5 de decembro de 2014 constituíuse a Comisión Paritaria para a Igualdade de Oportunidades que aprobou por unanimidade o Regulamento interno de funcionamento polo que se rexe a Comisión. A Comisión ten como finalidade o establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, evitar a discriminación directa ou indirecta por razón de sexo, así como o impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico desta e de acordo coa definición do principio que establece a Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Na reunión da Comisión do Plan de igualdade de oportunidades do 8 de abril de 2015 presentouse un primeiro diagnóstico cuantitativo. Posteriormente, o 15 de decembro de 2015, constitúese unha nova Comisión do plan de igualdade da Deputación. A Comisión negociadora que redacta, negocia e aproba o I Plan de igualdade está integrada polos seguintes membros en representación da Deputación e do persoal en paridade: En representación da entidade: Isaura Abelairas Rodríguez Lucía Muradas Arcay Elsa M.ª Pinto da Cunha Pimenta Sonia Mateos Escudeiro Manuel Corujo Castro En representación do persoal, as e os representantes designados pola representación sindical: María Teresa Macías Albela (CC. OO.) M.ª Ángela Comesaña Martínez (CC. OO.) José Ramón Piñeiro Piñeiro ( CC. OO.) Concepción López Paz (CSIF) José Adrián Blanco Cortegoso (CIG) Asesoría: Manuel Ángel Gil Canabal (CSIF) Mabel Pérez Simal (CC. OO.) María Ángeles García Pérez (avogada) Así, e para darlle cumprimento á obriga legal en materia de igualdade de xénero, nos termos do artigo 45 da LOI 3/2007 e da Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, estableceuse un plan de traballo dividido en fases diferenciadas. Ademais do compromiso das partes implicadas na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, mediante a Resolución presidencial do 30 de novembro de 2016, previa proposta presentada pola xefa do Servizo de Igualdade o 25 de novembro de 2016, a Deputación contrata o asesoramento externo co fin de realizar o diagnóstico cualitativo e cuantitativo previo á elaboración do Plan de igualdade da Deputación de Pontevedra, que se lle adxudica á empresa Eclos Consulting Group, S. L. P., con CIF B-70 455 456 e domicilio social en Pontevedra (rúa do Xeneral Gutiérrez Mellado, núm. 3, portal 1, 1.º) para a realización do diagnóstico. En outubro de 2017 a representante da consultora Eclos Consulting Group, S. L. P., María Ángeles García Pérez, entregoulle a todos os membros da Comisión de Igualdade o Informe de diagnóstico para a súa análise e que serviu de base para a negociación e posterior establecemento das medidas que forman parte do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. O diagnóstico de situación cumpriu, entre outros, cos seguintes obxectivos: 1. Ofrecer unha verificación da adecuación das normas, políticas e procesos de xestión da empresa, tanto internos como externos, en relación coa Lei de igualdade. 2. Comprobar o grao de cumprimento e capacidade de resposta ante a nova normativa e, no seu caso, identificar medidas correctoras. 3. Obter indicadores relevantes que permitan avaliar a xestión da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. 4. Obter recomendacións para a posterior negociación e aplicación do Plan de igualdade, así como para a introdución e mellora do principio e valor da igualdade de xénero na empresa. Informe de diagnóstico: realizouse un estudo detallado desde unha perspectiva de xénero a través de análises cuantitativas e cualitativas dos datos obtidos en relación con: • As características da entidade e a súa estrutura organizativa • As características do persoal • O acceso á entidade • O desenvolvemento da carreira profesional • A formación e a reciclaxe • As condicións de traballo na entidade • O sistema de retribucións • Os abandonos ou cesamentos na entidade • A prevención de riscos laborais, saúde laboral e acoso • As medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar Para proceder ao estudo da documentación establecéronse indicadores de xénero como medidas específicas que permiten evidenciar, caracterizar ou cuantificar as desigualdades existentes entre mulleres e homes, así como verificar a súa transformación nun contexto socio-histórico determinado que permitiu: - Describir a situación e posición relativa das mulleres con relación aos homes. - Visualizar e medir a magnitude do fenómeno da desigualdade por razón de xénero e aproximarnos ás súas causas. - Indicar os cambios ou tendencias de evolución na situación das mulleres con relación aos homes, as desigualdades de xénero e as causas que as producen. Metodoloxía: Analizouse a documentación previamente solicitada sen mostraxe. Establecéronse indicadores cuantitativos e cualitativos para poder identificar a situación exacta en que se atopa o persoal da Deputación de Pontevedra con relación ao principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como servir como base para establecer, previa negociación coa representación sindical, as estratexias e prácticas a adoptar para a consecución do obxectivo, dando cumprimento á normativa de aplicación. Inicialmente desagregáronse os datos por sexo, pero a información en termos absolutos resulta insuficiente, polo que se procedeu a analizar a documentación desde unha perspectiva de xénero e en termos relativos. Esta información permitiu establecer relacións e correlacións sobre a situación na que se atopa o persoal na organización: o acceso e condicións do persoal ao servizo da Administración, funcionariado e interinas ou interinos, persoal laboral e bolseiro, contratación, idade, formación, clasificación profesional, postos de traballo, retribucións (niveis e complementos) e a situación familiar da totalidade do persoal. Aplicáronse métodos de análise estatística para analizar o apartado de políticas e retribucións salariais. Os datos numéricos analizáronse e correlacionaron por variables utilizando como ferramenta estatística a aplicación Minitab. Conclusións do diagnóstico: A estrutura do cadro de persoal é o resultado de múltiples factores interrelacionados. Tivéronse en conta para o diagnóstico as variables sexo, antigüidade, unidades, áreas ou servizos, departamentos, niveis, grupos profesionais, categorías, salarios e complementos salariais, tipoloxía de contratos, grupos de cotización etc. VARIABLE PERSOAL TOTAL. ANO 2016 PERSOAL PERSOAL MULLERES PORCENTAXE HOMES PORCENTAXE TOTAL PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL 725 58 % 597 71 % 1322 BOLSEIROS/AS 523 42 % 239 29 % 762 TOTAL 1248 60 % 836 40 % 2084 o A igualdade de xénero está integrada na cultura da organización: a presidenta da Deputación asinou un compromiso coa aplicación do principio de igualdade e non discriminación, dotando a entidade dun Servizo de igualdade. o No que se refire á posición das mulleres no organigrama da Deputación atopámonos con que a maior parte do persoal son mulleres, e a tendencia é positiva. Nos últimos anos incrementouse a súa presenza en termos absolutos, aínda que nalgúns servizos e postos o persoal está masculinizado. Nalgunhas áreas a presenza de mulleres é superior á media do total do persoal. o Composición equilibrada: ao analizar os datos de composición do persoal compróbase que non existe unha presenza equilibrada de mulleres e homes. O cadro de persoal está feminizado. Os homes supoñen un 45 % sobre a distribución total. En canto á representación sindical hai maior representación de homes que de mulleres. o Composición en postos decisorios: segundo os datos oficiais publicados e en comparativa cos datos da Deputación, a representación de mulleres en postos de toma de decisións é significativamente maior que na media das entidades locais. Por último, o número total de membros do Pleno ascende a 27, dos que 12 son mulleres e 15 homes, o que supón un 44 % de mulleres e un 56 % de homes, a mesma porcentaxe que se reflicte na Xunta de Goberno local. Estes datos son significativamente superiores á media das entidades locais, como se recolle na información achegada e publicada polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades. o Antigüidade: a importante incorporación de mulleres na Deputación xustifica a leve diferenza da variable antigüidade desde a perspectiva de xénero. No ano 2016 aínda cae cara ao lado dos homes pero a tendencia levará a equilibrala, non só a medio prazo, senón que a medio prazo a tendencia se investirá cara ao colectivo de mulleres, máxime cando non se constata a presenza de ningunha área nin servizo con risco significativo de verse ameazado por estereotipos de masculinización nin feminización. o Contratos: as relacións do persoal laboral son case na súa totalidade de tipo indefinido e a tempo completo. A porcentaxe de temporalidade é moi baixa. Da análise dos variables contratos pode concluírse que a incorporación de mulleres ao cadro de persoal non se ve afectada por dificultades no seu acceso á contratación indefinida, nin pola asignación de determinados tipos de contratos. Evidénciase unha gran taxa de estabilidade no emprego e uns moi baixos índices de temporalidade, nos que non se evidencian diferenzas por sexo. Da análise da variable contratos pode concluírse que a incorporación de mulleres ao cadro de persoal é notablemente superior aos homes, en proporción de 725 a 597, polo que non só non se atopa afectada por dificultades no seu acceso ás relacións laborais indefinidas (non fixas), nin se ve afectada pola asignación de determinados tipos de contratos, senón que é significativamente mellor. o Clasificación profesional: a maior parte das mulleres do cadro de persoal ocupan postos na área de Política Social (93) e na de Réxime Interior (93). No grupo profesional C1 e C2 a súa presenza é menor á porcentaxe de representación na entidade, xa que ascenden a un 28 % e 27 % respectivamente fronte ao 33 %. Con todo, en termos absolutos son maioría as mulleres que ocupan postos de traballo asignados aos grupos C1 e C2 (auxiliares administrativos e oficiais), manténdose unha segregación horizontal. o Grupos de cotización: na variable de grupos de cotización non se evidencian discriminacións directas nin indirectas. Non se evidencian diferenzas na aplicación das tarifas por continxencias profesionais, sendo un imperativo legal a asignación por CNAE ou ben por código ocupacional, polo que non existen desigualdades ou discriminacións por razón de sexo. o Recrutamento e selección: no que se refire á situación con respecto ao acceso de mulleres e homes é a mesma (xestión e participación nos procedementos de recrutamento e selección, contratacións e cesamentos). A partir dos datos recollidos e analizados pódese afirmar que se segue un procedemento obxectivo, as ofertas de emprego público non se atopan afectadas por rumbos de xénero, entre outras causas pola aplicación da norma con relación ao procedemento selectivo. Analizados os procesos de recrutamento e selección da organización, non se percibe ningún tipo de discriminación directa ou indirecta. Nas probas de acceso non se require ningún elemento relacionado co sexo, sen que se valore que sexan homes ou mulleres as persoas que se presentan a optar aos postos de traballo ofertados, nin se teñen en conta aspectos relacionados co aspecto físico, situación persoal ou familiar, responsabilidades familiares, estado civil etc. Non hai información recollida respecto da composición dos tribunais por xénero. o Cesamentos e baixas: a causalidade dos cesamentos non contén ningún dato relevante que evidencie diferenzas entre un e outro sexo. o Salarios e retribucións: procedeuse a analizar a política retributiva da Deputación a través do estudo de diversas variables e da comparación de medias e outras medidas de tendencia central, sen que se observasen diferenzas significativas nos grupos profesionais analizados. Atopamos unha clara evidencia de que existe relación entre o xénero e o grupo. As mulleres atópanse situadas naqueles grupos profesionais que na súa incidencia laboral están máis ocupados por mulleres. Con todo, evidéncianse desigualdades por razón de antigüidade, posto de traballo e grupo, pero non por razón de sexo. Por iso, pódese concluír que as retribucións non evidencian discriminacións por razón da pertenza a un sexo ou outro. Da información analizada dedúcese que os salarios non son arbitrarios en termos brutos, nin variables, e permite afirmar que o sistema de retribución é obxectivo. o Formación: na área de formación analizouse a situación e documentación da organización con respecto á xestión da formación continua, a planificación, o proceso, a participación e a selección de participantes. Aínda que se sinala que no ano 2016 se cumpriu o plan de formación, non se impartiu formación en materia de sensibilización en igualdade a todo o persoal. A formación relaciónase cos postos de traballo. o Conciliación: analizouse a política de conciliación e o uso dos dereitos e medidas de conciliación por parte das mulleres e homes, a partir da información facilitada. A información obtida é similar á realidade social que se traslada aos datos ofrecidos polas estatísticas oficiais. Deberíase realizar unha enquisa cualitativa actualizada para poder coñecer as necesidades persoais en materia de conciliación da vida persoal, laboral e familiar e o uso dos tempos, coa finalidade de establecer unha acción nesta área. Como conclusión, que –a pesar de que en relación coa totalidade das solicitudes sexan unha porcentaxe minoritaria– os permisos ou licenzas solicitados maioritariamente por mulleres refírense ao coidado de familiares. Iso indica que, entre o persoal da entidade, a conciliación familiar recae sobre elas. É importante difundir a necesidade de corresponsabilidade nas tarefas familiares e de coidados. Existe unha maior dedicación da muller á atención de familiares en primeiro grao e, doutra banda, e facendo a mesma afirmación, supoñen unha porcentaxe minoritaria respecto da totalidade de días de permiso, o que leva a unha segunda conclusión no sentido de que as mulleres gozaron de máis días de permiso que os homes por enfermidade, hospitalización ou intervencións cirúrxicas. o Na área da prevención de riscos laborais débese incluír a perspectiva de xénero na linguaxe utilizada na documentación revisada e realizar unha avaliación de riscos psicosociais de todo o persoal. Existe un protocolo para a prevención do acoso laboral que non é preceptivo. o Prevención do acoso: en materia de prevención do acoso psicolóxico, no ano 2008 elaborouse un protocolo de actuación, que foi aprobado o 3/3/2009. En virtude dos acordos das Xuntas de Goberno de 11/3/2009 e de 9/8/2013 designáronse os membros que integran a Comisión de Resolución de Conflitos para Procesos de Acoso Psicolóxico. Non costa que no mesmo procedemento se trate o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, de conformidade co artigo 48 da LOI 3/2007. O Protocolo de prevención do acoso psicolóxico podería tamén estenderse á prevención doutros tipos de acoso, e de ser así debería acordarse a súa extensión coa representación sindical. o Violencia de xénero: en materia de violencia de xénero a entidade garante a protección das traballadoras vítimas e da aplicación da normativa legal pero aconséllase difundir a todo o persoal o Protocolo de prevención da violencia de xénero nos lugares de traballo, subscrito pola Deputación en maio de 2016, así como a difusión das medidas de apoio que a lei garante ás persoas vítimas de violencia de xénero e que son melloradas polo Convenio colectivo. o Linguaxe: o organigrama realizouse incorporando unha linguaxe inclusiva non sexista, aínda que nalgúns postos non se contempla. Aconséllase revisar os contidos da web para incorporar a perspectiva de xénero (Portal de Transparencia) en todos os documentos que se publiquen. Os resultados do informe de diagnóstico foron analizados polos membros da Comisión de igualdade, que presentaron alegacións e propostas ao documento e que foi a base para a negociación das medidas e accións que se integran no I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e presentáronse diversas propostas e obxectivos por áreas de actuación. Co obxectivo de elaborar o I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a Comisión mantivo diversas reunións, previa convocatoria para o efecto e levantando as correspondentes actas, nas seguintes datas: - 26 de xaneiro de 2016 - 16 de marzo de 2016 - 8 de novembro de 2016 - 19 de decembro de 2016 - 17 de xaneiro de 2017 - 16 de outubro de 2017 - 2 de novembro de 2017 - 10 de novembro de 2017 - 23 de novembro de 2017 - 1 de decembro de 2017 O 11 de decembro de 2017 apróbase o contido do texto do I Plan de igualdade. O obxectivo destas reunións foi negociar as accións que forman parte do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, aprobados por unanimidade polas e os integrantes da Comisión do Plan de igualdade, e de conformidade co establecido nos artigos 45 e 46 da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, respecto da elaboración e aplicación dos plans de igualdade. 4. Ámbito de aplicación 4.1. Ámbito persoal Todo o persoal ao servizo da Deputación de Pontevedra: Persoal funcionario, de carreira e interino Persoal laboral contratado en réxime de dereito laboral Persoal bolseiro O persoal funcionario ao servizo da Administración provincial réxese polo disposto na LRBRL, na Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, pola restante lexislación do Estado en materia de función pública e pola lexislación das comunidades autónomas, nos termos do artigo 149.1.18.ª da Constitución, concretamente pola Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia. Entra dentro do alcance deste Plan todo o persoal que desempeñe o seu traballo nos diferentes centros de traballo, departamentos e servizos que compoñen a estrutura organizativa da Deputación Provincial de Pontevedra , entre os que se sinalan os seguintes: - Pazo provincial - Edificio administrativo - ORAL - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico - Turismo Rías Baixas - Imprenta provincial - Parque de maquinaria - Museo provincial - Castelo de Soutomaior - Centro vacacional A Lanzada - Escola de Cantería - Finca Mouriscade - Estación Fitopatolóxica Areeiro - Centro Príncipe Felipe - Sede de Vigo 4.2. Vixencia Este Plan terá unha vixencia de tres anos desde a data da súa aprobación, tempo que a Comisión do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes entende suficiente para corrixir e alcanzar o conxunto de medidas que se concretan nel. Pasado o prazo de vixencia do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes reunirase a Comisión para proceder á negociación do II Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. No intervalo de tempo que medie ata a aprobación do seguinte plan manterase vixente o contido do plan anterior. 5. Obxectivos e medidas Coa implantación do Plan de igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, a Deputación Provincial de Pontevedra dálle cumprimento legal ao establecido na Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Recoñécese explicitamente que a igualdade de oportunidades e trato entre mulleres e homes é un dereito e adquírese o compromiso de impulsar políticas e accións que contribúan a crear condicións e estruturas sociais que permitan que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva. Do anterior despréndese que o obxectivo do Plan de igualdade para a Deputación Provincial de Pontevedra é a plena igualdade de trato e oportunidades de mulleres e homes: a ausencia de toda discriminación directa ou indirecta por razón de sexo e, especialmente, as derivadas da maternidade, a asunción de obrigas familiares e o estado civil. 5.1. Áreas de análises: 5.2. Eixes de actuación Criterio de actuación da Deputación de Pontevedra, no ámbito das súas respectivas competencias e en aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes, en aplicación do establecido no artigo 51 da LOI 3/2007:  Remover os obstáculos que impliquen o mantemento de calquera tipo de discriminación co fin de ofrecer condicións de igualdade efectiva entre mulleres e homes no acceso ao emprego público e no desenvolvemento da carreira profesional.  Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, sen menoscabo da promoción profesional.  Fomentar a formación en igualdade, tanto no acceso ao emprego público como ao longo da carreira profesional.  Promover a presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración.  Establecer medidas efectivas de protección fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.  Establecer medidas efectivas para eliminar calquera discriminación retributiva, directa ou indirecta, por razón de sexo.  Avaliar periodicamente a efectividade do principio de igualdade nos seus respectivos ámbitos de actuación. 5.3. Obxectivos xerais do Plan  Promover na organización o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes, garantindo as mesmas oportunidades profesionais no emprego, selección, contratación, retribución, formación, desenvolvemento, promoción e condicións de traballo.  Garantir na empresa a ausencia de discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo, e, especialmente as derivadas da maternidade, paternidade, a asunción de obrigas familiares, o estado civil e condicións laborais.  Eliminar toda manifestación de discriminación na promoción interna e selección, con obxecto de alcanzar na empresa unha representación equilibrada da muller no persoal.  Previr o acoso laboral, sexual e o acoso por razón de sexo.  Promover mediante accións de comunicación e formación a igualdade de oportunidades en todos os niveis organizativos da organización.  Facilitar a conciliación da vida profesional, persoal e familiar a todos os traballadores e traballadoras da empresa.  Evitar os posibles riscos derivados do traballo nas mulleres en situación de embarazo ou en período de lactación.  Prestar apoio no ámbito laboral ás vítimas de violencia de xénero.  Fixar obxectivos concretos de igualdade dentro duns prazos de tempo razoables, especificando os indicadores do cumprimento dos obxectivos e identificando os órganos ou persoas responsables.  Establecer sistemas eficaces de control interno e avaliación externa sobre o cumprimento dos obxectivos, así como mecanismos de readaptación deses obxectivos en función dos resultados obtidos. 5.4. Obxectivos específicos por áreas de actuación A: O acceso ao emprego público e desenvolvemento da carreira profesional  Evitar calquera tipo de discriminación directa ou indirecta no acceso ao emprego na Deputación de Pontevedra, baixo os principios xerais de igualdade, mérito e capacidade.  Identificar os mecanismos e procedementos cos que se reproduce a segregación ocupacional, diversificando as opcións profesionais de homes e mulleres dentro da organización.  Garantir a igualdade de oportunidades para lograr unha presenza equilibrada.  Incorporar a perspectiva de xénero no procedemento de promoción interna do persoal.  Promover a participación equilibrada de mulleres e homes en todas as convocatorias de emprego. B: Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, sen menoscabo da promoción profesional  Garantir que todo o persoal teña coñecemento dos dereitos relacionados coa conciliación, e que estes non supoñan un menoscabo nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras.  Coñecer as necesidades de conciliación reais de traballadores e traballadoras da Deputación de Pontevedra.  Ofrecer ao persoal da Deputación de Pontevedra diferentes opcións que lle permita unha mellor compatibilización da vida laboral coa familiar e persoal.  Motivar o uso das medidas de conciliación por parte dos traballadores homes da Deputación de Pontevedra. C: Fomentar a formación en igualdade, tanto no acceso ao emprego público como ao longo da carreira profesional  Potenciar a sensibilización en igualdade de oportunidades no conxunto da organización. D: Establecer medidas efectivas para eliminar calquera discriminación retributiva, directa ou indirecta, por razón de sexo  Impulsar unha política salarial clara, obxectiva e non discriminatoria evitando nos criterios retributivos calquera nesgo de xénero. E: Promover a presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración  Aplicar o principio de igualdade na organización interna da Deputación de Pontevedra e transversalizar este principio aos principais grupos de interese da institución.  Favorecer a participación equilibrada e superar a segregación ocupacional existente nalgúns centros de traballo da Deputación de Pontevedra. F: Establecer medidas efectivas de protección fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo  Elaborar e difundir o procedemento de intervención en materia de violencia no traballo e acoso laboral, sexual e por razón de sexo a todo o persoal.  Establecer mecanismos internos de control e xestión en materia de PRL diferenciados por sexo.  Incorporar na avaliación de riscos as repercusións que a actividade laboral pode xerar diferencialmente sobre a saúde de mulleres e homes, especialmente na lactación, embarazo e maternidade.  Garantir a protección da saúde e mellorar a calidade de vida das traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra.  Prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo.  Sensibilizar e informar ao persoal en materia de prevención e actuación ante a violencia de xénero.  Garantir a seguridade e cobertura laboral das vítimas no ámbito da organización.  Mellorar a atención das traballadoras da Deputación de Pontevedra vítimas de violencia de xénero. G:Comunicación, linguaxe e cultura organizativa  Promover e implementar a igualdade como valor na Deputación de Pontevedra.  Deseñar e introducir unha política de comunicación interna e externa do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.  Difundir o contido e garantir a transparencia na implantación do Plan de igualdade.  Impulsar o uso dunha linguaxe inclusiva nas comunicacións da empresa.  Garantir unha imaxe externa da empresa libre de estereotipos de xénero. H:Transversalidade  Aplicar o principio de igualdade na organización interna da Deputación e transversalizalo.  Promover a participación activa de todo o persoal da Deputación de Pontevedra na incorporación transversal da igualdade. 5.5. Áreas de actuación 5.5.A. Acceso ao emprego público e desenvolvemento da carreira profesional Obxectivo xeral: Remover os obstáculos que impliquen a pervivencia de calquera tipo de discriminación co fin de ofrecer condicións de igualdade efectiva entre mulleres e homes no acceso ao emprego público e no desenvolvemento da carreira profesional. Obxectivo específico:  Evitar calquera tipo de discriminación directa ou indirecta no acceso ao emprego na Deputación de Pontevedra baixo os principios xerais de igualdade, mérito e capacidade.  Identificar os mecanismos e procedementos cos que se reproduce a segregación ocupacional, diversificando as opcións profesionais de homes e mulleres dentro da organización.  Garantir a igualdade de oportunidades para lograr unha presenza equilibrada.  Incorporar a perspectiva de xénero no procedemento de promoción interna de traballadoras e traballadores.  Promover a participación equilibrada de mulleres e homes en todas as convocatorias de emprego. A . ACCESO AO EMPREGO PÚBLICO E DESENVOLVEMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL A1 ACCESO AO EMPREGO ACCESO AO EMPREGO PÚBLICO E DESENVOLVEMENTO DA CARRERA PROFESIONAL A 1 ACCESO AO EMPREGO CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE A1.1 Medidas de discriminación positiva naqueles supostos nos que o persoal estea masculinizado Un ano RR. HH. e Tribunais selección A1.2 Revisión da descrición dos postos de traballo e sistemas de clasificación profesional desde unha perspectiva de xénero Dous anos RR. HH. A1.3 Incorporación nos procesos selectivos de temario relativo á igualdade de xénero e a acreditación en formación en igualdade recoñecida pola Administración pública Vixencia do Plan RR. HH. e Servizo de Igualdade. A1.4 Difundir procesos de selección e oferta pública de emprego mediante a utilización de linguaxe non sexista Inmediato RR. HH., Servizo de Igualdade e Gabinete Lingüístico A1.5 Recomendar a adecuación nos regulamentos e procedementos internos de funcionamento do principio de presenza equilibrada de mulleres e homes en todos os órganos de representación Vixencia do Plan Transversal A1.6 Estudo desde unha perspectiva de xénero do potencial no desenvolvemento profesional entre mulleres e homes na xestión de recursos humanos na Deputación Dous anos Servizo de Igualdade A . ACCESO AO EMPREGO PÚBLICO E DESENVOLVEMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL A2 DESENVOLVO CARREIRA PROFESIONAL ACCESO AO EMPREGO PÚBLICO E DESENVOLVEMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL A2 DESENVOLVEMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE A2.1 Analizar as vacantes que se produzan naqueles grupos profesionais nos que a muller teña unha menor representación Anual RR. HH. A2.2 Realizar cursos de formación dirixidos a mulleres para que estas adquiran as habilidades e coñecementos necesarios para poder presentarse a convocatorias de postos con menor representación feminina Vixencia do Plan RR. HH. A2.3 Revisar as condicións de promoción de maneira que non inflúa de forma negativa o feito da dedicación á vida familiar ou outras condicións que por norma xeral recaen máis nas mulleres Vixencia do Plan Servizo de Igualdade A2.4 Garantir a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en canto á promoción e o desenvolvemento profesional Inmediata RR. HH. A2.5 Manter o recoñecemento dos méritos profesionais como fórmula de acceso a postos de responsabilidade en termos de igualdade de condicións Vixencia do Plan RR. HH. A2.6 Fomentar, en igualdade de condicións, a promoción profesional do sexo menos representado na categoría ou posto de traballo de destino Vixencia do Plan RR. HH. 5.5.B. Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, sen menoscabo da promoción profesional Obxectivo xeral: Informar e difundir as medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral de todo o persoal da organización, coa finalidade de sensibilizar na corresponsabilidade e facilitar a adaptación aos cambios sociais eliminando barreiras estruturais que impidan o logro da igualdade. Impulsar a corresponsabilidade de todo o persoal como medida necesaria para a conciliación da vida laboral, familiar e privada. Obxectivo específico:  Garantir que todo o persoal teña coñecemento dos dereitos relacionados coa conciliación, e que estes non supoñan un menoscabo nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras.  Coñecer as necesidades de conciliación reais das traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra.  Ofrecerlle ao persoal da institución provincial diferentes opcións que lle permita unha mellor compatibilización da vida laboral coa familiar e persoal.  Motivar o uso das medidas de conciliación por parte dos traballadores homes da Deputación de Pontevedra. B. CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, PERSOAL E FAMILIAR CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, PERSOAL E FAMILIAR CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE B1 Promover medidas que favorezan unha conciliación familiar equilibrada Vixencia do Plan Servizo de Igualdade B2 Informar a todos os departamentos da necesidade de celebrar as reunións dos diferentes órganos en horarios que permitan o acceso a aquel persoal que teña ao seu cargo a menores ou persoas dependentes Inmediata Transversal B3 Desenvolver campañas internas de sensibilización sobre conciliación Anual Servizo de Igualdade B4 Fomento da corresponsabilidade establecendo medidas que posibiliten unha maior integración e conciliación no coidado de menores e persoas dependentes Anual Servizo de Igualdade B5 Informar a todo o persoal da institución dos mecanismos existentes para o fomento da corresponsabilidade Un ano Servizo de Igualdade B6 Preferencia de reunións de negociación e participación en horario de mañá, establecendo, na medida do posible, límites horarios que favorezan a conciliación da vida laboral, persoal e familiar Inmediata Transversal B7 Realizar unha campaña de difusión das medidas de conciliación existentes Un ano Servizo de Igualdade B8 Establecemento dun sistema regular e formal de recollida de información sobre as necesidades de conciliación do persoal da Deputación Un ano Servizo de Igualdade B9 Realizar anualmente unha enquisa a todo o persoal para coñecer como distribúen o uso dos tempos: repartición das tarefas domésticas, de atención ou coidado de familiares e de goce e uso persoal Anual Servizo de Igualdade B10 Elaboración dun estudo sobre a viabilidade da implantación dun programa piloto de modalidade de teletraballo. Dous anos RR. HH. e Comisión de Igualdade 5.5.C. Fomentar a formación en igualdade, tanto no acceso ao emprego público como ao longo da carreira profesional Obxectivo xeral: O desenvolvemento do persoal é un factor clave para o éxito da organización. O programa de formación debe garantir a igualdade de trato e de oportunidades no desenvolvemento profesional e no acceso ás accións formativas para as mulleres e homes que forman parte da organización, a través de sistemas obxectivos que eviten as desigualdades e favorecendo o desenvolvemento de habilidades e competencias que contribúan a reducir desequilibrios, aínda sendo de orixe cultural, social ou familiar. Obxectivo específico:  Potenciar a sensibilización en igualdade de oportunidades no conxunto da organización. C. FORMACIÓN FORMACIÓN CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE C1 Formar a todo o persoal nos principios de igualdade e non discriminación Vixencia do Plan RR. HH. e Servizo de Igualdade C2 Mellorar as canles de comunicación da oferta formativa, garantindo que a información chegue a todo o persoal Vixencia do Plan RR. HH. C3 Programar a formación en condicións de igualdade de oportunidades, que permitan facilitar a asistencia a todo o persoal Vixencia do Plan RR. HH. C4 Promover a actualización de coñecementos para o posto de traballo ás persoas que se reincorporan despois dun descanso por maternidade, paternidade ou unha excedencia con dereito de reserva do posto de traballo baseada en causas familiares, co fin de alcanzar unha efectiva e rápida integración Vixencia do Plan RR. HH. C5 Elaboración dun informe no que se recolla, por departamentos, a información relativa ás persoas que, pola súa situación persoal ou familiar, tivesen dificultades para asistir ás accións programadas e analizar se o grao de participación se ve afectado pola pertenza a un determinado sexo Anual RR. HH. e Servizo de Igualdade C6 Establecer mecanismos de difusión das ofertas formativas para que cheguen a todo o persoal e poida participar en igualdade de condicións Vixencia do Plan RR. HH. C7 Realizar unha acción informativa sobre o procedemento para solicitar unha redución de xornada, utilizando unha linguaxe que explicitamente indique que esta redución se aplica a ambos os sexos Vixencia do Plan RR. HH. C8 Promover a participación da muller nos cursos específicos para acceder a postos de responsabilidade Vixencia do Plan RR. HH. C9 Preferencia nas actividades formativas ao persoal que estea a utilizar ou utilizase nos últimos dous anos unha licenza de maternidade, paternidade, redución de xornada ou excedencia para o coidado de fillas, fillos ou familiares Vixencia do Plan RR. HH. C10 Incorporar un curso de formación básica en igualdade para todo o persoal Vixencia do Plan RR. HH. e Servizo de Igualdade C11 Necesidade de que as persoas integrantes da Comisión de Igualdade posúan a formación necesaria en igualdade de xénero Vixencia do Plan RR. HH. e Servizo de Igualdade C12 Establecer medidas para o fomento da coeducación nos centros dependentes da Deputación Vixencia do Plan RR. HH. e Servizo de Igualdade C13 Formación para o uso de linguaxe e comunicación non sexista Dous anos RR. HH. C14 Planificación de accións formativas monográficas en materia de xénero: formación e sensibilización sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención da violencia de xénero, aplicación da normativa vixente en materia de igualdade, establecemento de estratexias para a integración e desenvolvemento dun enfoque integrado de xénero na planificación das políticas públicas Anual RR. HH. C15 Difusión de todas as oportunidades de capacitación e formación en diversos niveis e especialidades en materia de igualdade efectiva de mulleres e homes, online e presencial, que existan a nivel estatal e autonómico, impartidas por diferentes administracións e universidades Un ano RR. HH. C16 Promoción da participación de mulleres en accións formativas correspondentes a postos masculinizados coa finalidade de promover o acceso igualitario de mulleres e homes a calquera grupo e categoría profesional Vixencia do Plan RR. HH. 5.5. D. Establecer medidas efectivas para eliminar calquera discriminación retributiva, directa ou indirecta, por razón de sexo Obxectivo xeral: Garantir a efectividade da igualdade retributiva para darlle cumprimento ao principio de igual retribución por traballo do mesmo valor evitando nos criterios de asignación de complementos específicos calquera nesgo de xénero. Garantir un sistema retributivo exento de toda discriminación por razón de sexo. Obxectivo específico:  Impulsar unha política salarial clara, obxectiva e non discriminatoria evitando nos criterios retributivos calquera nesgo de xénero. D. POLÍTICAS E RETRIBUCIÓNS SALARIAIS POLÍTICAS E RETRIBUCIÓNS SALARIAIS CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE D1 Analizar comparativamente as retribucións medias percibidas polas mulleres e polos homes por grupos profesionais, niveis e postos de traballo Anual Primeiro trimestre ano RR. HH. D2 Ter en conta a valoración dos postos de traballo á hora de asignar salarios, con independencia de que existan categorías maioritariamente femininas ou masculinas Anual Primeiro trimestre ano RR. HH. 5.5.E. Promover a presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración Obxectivo xeral: Promover a presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración. Obxectivo específico:  Aplicar o principio de igualdade na organización interna da Deputación de Pontevedra e transversalizalo nos principais grupos de interese da Institución.  Favorecer a participación equilibrada e superar a segregación ocupacional existente nalgúns centros de traballo da Deputación de Pontevedra. E. PRESENZA EQUILIBRADA PRESENZA EQUILIBRADA CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE E1 Procurar que nas designacións que se realicen para formar parte dos tribunais exista unha composición equilibrada Vixencia do Plan RR. HH. E2 Enriquecer a composición paritaria nos tribunais examinadores dos procesos selectivos Vixencia do Plan RR. HH. E3 Recomendar a adecuación nos regulamentos e procedementos internos de funcionamento do principio de presenza equilibrada de mulleres e homes en todos os órganos de representación Vixencia do Plan Secretaría E4 Promoción da paridade de mulleres e homes na composición das distintas mesas de negociación e órganos de participación sindical Un ano RR. HH. e Sindicatos E5 Promoción, por parte da representación sindical, da paridade de mulleres e homes nas candidaturas que se presenten nos procesos electorais dos órganos de representación sindical Un ano Sindicatos 5.5.F. Establecer medidas efectivas de protección fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo Maniféstase o profundo rexeitamento ante calquera comportamento indesexado de carácter ou connotación sexual, comprometéndose a colaborar eficazmente para previr, detectar, corrixir e sancionar este tipo de condutas. Obxectivo xeral: Previr a violencia no traballo, velar por unha contorna laboral libre de acoso e establecer os procedementos adecuados para tratar o problema e evitar que se repita, garantindo unha contorna laboral libre de acoso e, en especial, coas situacións de maternidade ou de asunción doutras cargas familiares. Tolerancia cero ante calquera situación de violencia contra as mulleres. Integrar a igualdade entre mulleres e homes nas políticas preventivas para previr desde a súa orixe os riscos derivados das condicións de traballo que poidan afectar negativamente as mulleres traballadoras durante o embarazo, parto ou período de lactación, introducindo unha perspectiva de xénero. Obxectivo específico:  Elaborar e difundir o procedemento de intervención en materia de violencia no traballo e acoso laboral, sexual e por razón de sexo a todo o persoal.  Establecer mecanismos internos de control e xestión en materia de PRL diferenciados por sexo.  Incorporar na avaliación de riscos as repercusións que a actividade laboral pode xerar diferencialmente sobre a saúde de mulleres e homes, especialmente na lactación, embarazo e maternidade.  Garantir a protección da saúde e mellorar a calidade de vida das traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra.  Previr o acoso laboral, sexual e por razón de sexo.  Sensibilizar e informar o persoal en materia de prevención e actuación ante a violencia de xénero.  Garantir a seguridade e cobertura laboral das vítimas no ámbito da organización.  Mellorar a atención das traballadoras da Deputación de Pontevedra vítimas de violencia de xénero. 5.5.F.1 Medidas en materia de prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo F.1. PREVENCIÓN DO ACOSO PREVENCIÓN DO ACOSO CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE F.1.1 Contribuír a previr o acoso laboral, sexual ou acoso por razón de sexo no traballo mediante a sensibilización do persoal Inmediata Servizo de Igualdade e PRL F.1.2 Revisar o texto do Protocolo de acoso e establecer un procedemento de investigación de indicios, incluíndo a prevención ante calquera clase de acoso Inmediata Servizo de Igualdade e PRL F.1.3 Difundir o texto do protocolo a todo o persoal Ano 2018 Servizo de Igualdade e PRL F.1.4 Crear un código de conduta sobre o acoso laboral, sexual e por razón de sexo e dar formación respecto diso para identificar as devanditas situacións e saber como actuar en cada caso Ano 2018 Servizo de Igualdade e PRL F.1.5 Formar en materia de prevención de acoso ás persoas integrantes da Comisión de Igualdade, ao persoal que teña responsabilidade xerárquica e ao persoal responsable do seguimento e actuación en casos de acoso Ano 2018 Servizo de Igualdade e PRL 5.5.F.2 Medidas en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral F.2.PREVENCION DE RISCOS LABORAIS E SAÚDE LABORAL PREVENCION DE RISCOS LABORAIS E SAÚDE LABORAL CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE F.2.1 Revisar os protocolos e avaliacións de postos de traballo tendo en conta as condicións de traballo de mulleres e homes Vixencia do Plan Servizo PRL F.2.2 Revisar toda a documentación (avaliación de riscos laborais e planificación da actividade preventiva) así como os formularios da área de Prevención de Riscos Laborais (PRL) para incorporar a perspectiva de xénero no uso da linguaxe Vixencia do Plan Servizo PRL F.2.3 Realizar unha avaliación de riscos psicosociais a todo o persoal, priorizando aquelas áreas con maior presencia de mulleres Anual Servizo PRL F.2.4 Fomentar a formación, a información e a sensibilización a todo o persoal co obxectivo de combater en orixe os riscos derivados de condicións de traballo que poidan afectar negativamente o embarazo, parto ou lactación natural, coa finalidade de evitar, na medida do posible, a aplicación das medidas contempladas no artigo 26 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais Vixencia do Plan Servizo PRL F.2.5 Realizar análise dos riscos psicosociais que poidan existir en cada un dos departamentos Anual Servizo PRL F.2.6 Realización dun estudo de riscos específicos de mulleres e adopción de medidas no Plan de prevención de riscos laborais Un ano Servizo PRL F.2.7 Facilitar ás traballadoras e traballadores equipos de traballo e uniformes adaptados ás súas necesidades Vixencia do Plan Servizo PRL F.2.8 Realizar un estudo do número de baixas por incapacidade temporal (IT), en determinados centros de traballo feminizados, que poida supoñer algunha enfermidade profesional non visible, valorando as baixas por sexo e categoría profesional Un ano Servizo PRL e RR. HH. 5.5.F.3 Medidas en materia de violencia de xénero F.3. PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE F.3.1 Difundir o Protocolo de prevención da violencia de xénero dentro e fóra dos lugares de traballo Inmediata Servizo de Igualdade F.3.2 Difundir a todo o persoal información sobre os dereitos e medidas de protección dirixidas ás traballadoras vítimas de violencia de xénero Un ano Servizo de Igualdade F.3.3 Informar a todo o persoal dos principios de tolerancia cero ante calquera tipo de violencia contra as mulleres e a non tolerancia das devanditas condutas Vixencia do Plan Servizo de Igualdade F.3.4 Informar a todo o persoal das medidas de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero que se incorporaron ao Convenio colectivo como mellora do establecido na normativa de aplicación Vixencia do Plan Servizo de Igualdade F.3.5 Informar da inclusión dun novo apartado que se vai incorporar no artigo 16 "Licenzas" no texto do V Acordo regulador para o persoal funcionario da Deputación no artigo 30 (Licenzas) no I Convenio colectivo para o persoal laboral: "Considérase circunstancia excepcional ás empregadas en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns, motivada pola situación física ou psicolóxica derivada de violencia de xénero, que percibirán un complemento nas prestacións económicas de ata o 100 % da súa retribución, nas condicións en que así o acrediten os servizos sociais especializados ou de saúde segundo proceda" Inmediata Servizo de Igualdade 5.5.G. Comunicación, linguaxe e cultura organizativa Obxectivo xeral: Difundir unha cultura comprometida coa igualdade, sensibilizando a todo o persoal na igualdade de oportunidades, e comunicarlle a todo o persoal a posta en marcha do Plan de igualdade, dos principios que o inspiran, os obxectivos e os resultados esperados. Obxectivos específicos:  Promover e implementar a igualdade como valor na Deputación de Pontevedra.  Deseñar e introducir unha política de comunicación interna e externa do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.  Difundir o contido e garantir a transparencia na implantación do Plan de igualdade  Impulsar o uso dunha linguaxe inclusiva nas comunicacións da empresa.  Garantir unha imaxe externa da empresa libre de estereotipos de xénero. G. COMUNICACIÓN, LINGUAXE E CULTURA CORPORATIVA COMUNICACIÓN, LINGUAXE E CULTURA CORPORATIVA CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE G.1 Realizar obradoiros dirixidos a todo o persoal sobre o uso non sexista da linguaxe a través da utilización de expresións que non invisibilicen as mulleres Un ano Servizo de Igualdade G.2 Difundir o contido do Plan de igualdade Inmediata Servizo de Igualdade G.3 Impulsar o uso da linguaxe inclusiva nas comunicacións Vixencia do Plan Servizo de Igualdade, Comunicación e Gabinete Lingüístico G.4 Garantir unha imaxe externa da organización exenta de estereotipos de xénero Vixencia do Plan Servizo de Igualdade, Comunicación, Gabinete Lingüístico e Contidos Web G.5 Revisar os procedementos escritos e incluír progresivamente unha linguaxe inclusiva e non sexista en todos eles Vixencia do Plan Servizo de Igualdade, Gabinete Lingüístico e Comunicación G.6 Difundir recomendacións entre o persoal, a través de correos internos ou outros medios, para reducir o uso sexista da linguaxe Un ano Servizo de Igualdade, Comunicación e Novas Tecnoloxías G.7 Realizar campañas que promovan a igualdade de oportunidades e a eliminación da violencia de xénero Vixencia do Plan Servizo de Igualdade, Comunicación, Gabinete Lingüístico e Contidos Web G.8 Aprobación dun Regulamento para un uso inclusivo da linguaxe na Deputación de Pontevedra Inmediata Servizo de Igualdade G.9 Edición dunha Guía de comunicación inclusiva que será enviada a todo o persoal Un ano Servizo de Igualdade, Comunicación, Gabinete Lingüístico e Contidos Web G.10 Revisión de toda a documentación interna e externa por servizos para adaptar a linguaxe visual e escrita progresivamente desde un punto de vista non sexista Un ano Servizo de Igualdade, Comunicación, Gabinete Lingüístico e Contidos Web G.11 Revisión dos contidos das páxinas web da Deputación e corrección dos usos sexistas da linguaxe Un ano Servizo de Igualdade, Comunicación, Gabinete Lingüístico e Contidos Web 5.5.H. Transversalidade Obxectivo xeral: Impulsar a transversalidade de xénero na Deputación de Pontevedra. Obxectivo Específico:  Aplicar o principio de igualdade na organización interna da Deputación e transversalizalo.  Promover a participación activa de todo o persoal da Deputación de Pontevedra na incorporación transversal da igualdade. H. TRANSVERSALIDADE TRANSVERSALIDADE CÓDIGO ACCIÓN/MEDIDA PRAZO DE EXECUCIÓN ÓRGANO EXECUTANTE H1 Facer visible o compromiso coa igualdade de xénero dentro e fóra da institución e principalmente naqueles procesos comunicativos que teñan que ver coa cidadanía e as entidades locais. Vixencia do Plan Transversal H2 En relación aos Orzamentos terase en conta a aplicación da perspectiva de xénero. Inmediata Goberno H3 Deseñar e introducir unha política de comunicación interna e externa do I Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Un ano Servizo de Igualdade e Comunicación H4 Promover a participación activa de todo o persoal da Deputación na incorporación transversal da igualdade. Vixencia do Plan Servizo de Igualdade H5 Promover e implementar a igualdade como un valor na Deputación de Pontevedra. Vixencia do Plan Transversal H6 Informar a todo o persoal da Deputación do compromiso coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como dos obxectivos e contidos do Plan de igualdade. Marzo de 2018 Presidencia H7 Presentación grupal do I Plan de igualdade ás comisións de goberno e xefaturas de servizos, explicando as actuacións específicas que lles afecten. Marzo de 2018 Presidencia H8 Incorporación sistemática do variable sexo na recollida de datos, estatísticas, estudos e enquisas que leven a cabo desde a Deputación, a través da adaptación dos distintos sistemas de xestión. Un ano Novas Tecnoloxías H9 Incorporación de cláusulas de igualdade como criterios de valoración nos procesos de licitación. Un ano Servizo de Contratación H10 Inclusión de cláusulas de igualdade en servizos e programas subvencionados desde a Deputación. Un ano Transversal 6. Seguimento e avaliación Obxectivo: avaliar periodicamente a efectividade do principio de igualdade nos seus respectivos ámbitos de actuación O seguimento é un proceso que comprende a recollida e a análise de datos para comprobar que o I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes cumpra os obxectivos que se propuxeron e, o que é máis importante, que responda as necesidades e carencias detectadas na empresa. Por outra banda, no artigo 46 da Lei orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes establécese que os plans de igualdade deben incorporar sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados. Para levar a cabo o seguimento as partes asinantes do presente I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes constituirán unha Comisión de Seguimento que será a responsable de realizar o seguimento periódico do Plan e avaliar o grao de cumprimento das accións nel programadas. Entre as funcións que desenvolverá a Comisión de Seguimento están as seguintes: • Deseñar e aprobar o seu propio Regulamento de funcionamento interno, posterior á sinatura do Plan de igualdade. • Medir e avaliar as accións e medidas previstas no Plan de igualdade en función dos tempos de execución previstos. • Propoñer medidas correctoras para emendar as posibles desviacións na implantación das accións ou medidas acordadas no Plan. • Elaborar anualmente informes das accións ou medidas acordadas no Plan co obxecto de reflectir o avance en materia de Igualdade dentro da estrutura organizativa da empresa. • Realizar funcións asesoras e informativas en materia de Igualdade aos traballadores e ás traballadoras. • Realizar avaliacións parciais da implantación das accións e medidas previstas. • Estudar e analizar os resultados e obter conclusións. • Recoller e planificar suxestións de actuación. A organización obrígase a dotar á Comisión de Seguimento do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes dos recursos humanos e materiais necesarios para poder levar a cabo as accións e medidas acordadas no Plan. Metodoloxía: Fichas de seguimento por acción Avaliación de cada acción conforme o cronograma establecido Avaliación final do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Enquisas de participación dirixidas a todo o persoal. As ferramentas utilizadas serán as seguintes: • Indicadores de resultado:  Nivel de execución de cada acción.  Nivel de execución do Plan.  Número, sexo e perfil profesional de persoas beneficiarias das accións.  Grao de desenvolvemento dos obxectivos expostos.  Relación entre os obxectivos do Plan e o seu nivel de execución. • Indicadores de proceso:.  Detección de necesidades: informativas, formativas, de difusión…  Grao de información e difusión entre o persoal  Grao de adecuación dos recursos humanos e materiais.  Mecanismos de seguimento periódico postos en marcha.  Incidencias, dificultades e solucións achegadas. • Indicadores de impacto:  Redución de desigualdades entre mulleres e homes do persoal.  Aumento do coñecemento e concienciación respecto ao acoso sexual no traballo.  Cambios na valoración do persoal respecto da igualdade de oportunidades.  Cambios na cultura da organización. As partes acordan por unanimidade a súa adhesión total e incondicionada ao Plan de igualdade, e asinan de conformidade a acta final que se une a este documento, autorizando a entidade para proceder ao seu rexistro. Pontevedra, 11 de decembro de 2017 ANEXOS I PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES SEGUIMENTO DO PLAN DE IGUALDADE NOME DA ACCIÓN/CÓDIGO PERSOA OU DEPARTAMENTO RESPONSABLE PERÍODO DE SEGUIMENTO. DATA DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN ACTIVIDADES PREVISTAS: Cumprimento dos obxectivos ningún baixo medio alto total CAUSAS: Falta de recursos humanos Falta de recursos materiais Falta de tempo Falta de participación Descoordinación entre departamentos Descoñecemento do desenvolvemento Outros Nivel de execución da acción ningún baixo medio alto total Número de participantes mulleres homes RESULTADOS POR INDICADORES: Mellor Non cambios Peor Non procede INCIDENCIAS NO DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DIFICULTADES/BARREIRAS SOLUCIÓNS MODIFICACIÓNS PROPOSTAS 6.7054.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO NOVO VIAL DE ACCESO A MONTEPORREIRO (PONTEVEDRA). EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN E MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sra. Presidenta.- E pasamos xa ó punto 6. Aprobación inicial do proxecto Novo vial de acceso a Monteporreiro (Pontevedra). Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Observacións?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bueno, esto é un vial ou un proxecto moi conocido en Pontevedra, xa cando ADIF fixo a vía do, vamos, a nova vía do tren, do tren de alta, de máis velocidade, a modernizar, pois, xa se lle pedira que deixara o que é a obra máis difícil, a máis costosa, que é o paso por debaixo do tren, xa está feito, e agora, realmente, é un tramo pequeno, pero que vai a resolver un problema, digamos, ou mellorar moito, un problema que ten, tanto a UNED, que é donde sae, como o barrio de Monteporreiro que durante anos estuvo moi esquinado, e con malas conexións, tanto polo norte como polo leste, como polo sur. Vamos, é un proxecto que a Deputación se vai a encargar de tramitalo e de aportar parte da financiación, o concello o resto. E este trámite, digamos, pois é o paso definitivo para poder executar esa obra, que con eso queremos que a permeabilización do barrio de Monteporreiro, acceso á UNED, pois queda francamente ben. Un proxecto que leva anos en trámites que está, mui, mui, mui maduro, mui elaborado, mui traballado, e que, con este paso, pois creo que vai ser un avance definitivo para poder, que esté en obras o vindeiro ano. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Pois non habendo máis peticións de intervencións, sometemos á aprobación o punto 6 da orde do día. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor e 13 abstencións. O proxecto “Novo vial de acceso a Monteporreiro (Pontevedra)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.570.096,80 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 939.901,24 euros e capítulo de expropiacións por importe de 432.816,30 euros, ten por obxecto a execución dun novo vial que asuma o tráfico que accede a Monteporreiro dende o entorno do río Lérez e a urbanización situada nos antigos terreos de TAFISA. Coa construción do novo vial mellorarase a seguridade vial na zona e permitirase retirar un tráfico improcedente e medioambientalmente agresivo nas beiras do río Lérez. Á vista do informe emitido polo Servizo de Mobilidade advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e coas abstencións do PP e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON): Primeiro.- A aprobación inicial do proxecto “Novo vial de acceso a Monteporreiro (Pontevedra)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.570.096,80 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 939.901,24 euros e capítulo de expropiacións por importe de 432.816,30 euros. Segundo.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiatorio que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. Terceiro.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Mobilidade advertindo da premura que reviste a execución da obra. Cuarto.- A declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Quinto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a seguridade vial na zona e retirar un tráfico improcedente e medioambientalmente agresivo nas beiras do río Lérez. Neste sentido non hai que esquecer que calquera nova construción ou mellora dunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Anexo nº 1: Relación de Parcelas obxecto de expropiación Nº de parcela Propietario Superficie Afectada Bens afectados 1 M. Benilde Rodríguez Guzmán 312 m2 1 árbore madeirable 2 Administrador de Infraestruturas Ferroviarias 250 m2 3 Matilde López Pichel 118 m2 4 Herdeiros de José Carlos Solla Barreiro 118 m2 3 árbores froiteiras 48 cepas 12 postes de viña 1 portón metálico 15 m. de cerramento alambrada metálica 15 m2 de cerramento de formigón 5 Santiago Solla Codina 68 m2 6 María Adoración Codina Cancela 153 m2 19 m. cerramento de perpiaño 7 Erundina Mirón Villaverde 54 m2 10 m2 cerramento de bloques 8 Manuel Rodríguez Gómez 638 m2 45m2 de galpón de bloques 2 árbores froiteiras 2 árbores ornamentais 20 m. cerramento alambrada metálica 50 m2 cerramento de bloques 9 Desconocido 26 m2 48 ud. cepas 12 ud. postes de viña 25 m2 cerramento de bloques 10 María Cristina Rodríguez Gómez 129 m2 1 ud. pozo 3 m2 cerramento de bloques 11 Manuel Rodríguez Gómez 450 m2 2 ud. árbore froiteira 60 ud. cepas 15 ud. poste de viña 7 ud. cerramento de postes pedra 17 m. alambrada metálica 17 m. cerramento de perpiaño 12 José Luis Franco Raña e María Ángeles Padín Durán 421 m2 16 m2 galpón aberto de teito de uralita 10 ud. árbore froiteira 60 m. cerramento alambrada con postes metálicos 130 m2 cerramento de pedra sobre pedra 13 María Pilar Tilve Durán 38 m2 4 ud. cerramento de postes de pedra 2 ud. cerramento de postes de formigón 13 m. cerramento alambrada metálica 15 m2 cerramento de bloques 7 m2 cerramento de mampostería 14 Elaborados Santamar, s.l. 738 m2 48 m. cerramento alambrada con poste metálico 48 m2 cerramento de pedra sobre pedra 15 Nuria Martínez Estévez 176 m2 16 m. Cerramento alambrada con poste metálico 16 Eusebia Tilve Durán 630 m2 130 m2 cerramento alambrada con poste metálico 17 Mercedes Tobio Fontenla 570 m2 18 Maximino Otero Baltasar 222 m2 19 Manuel Martínez Villaverde 43 m2 20 Herdeiros de Edelmira Redondo Astigarrage 203 m2 21 Herdeiros de Edelmira Redondo Astigarrage 394 m2 2 ud. árbore madeirable 28 m. cerramento alambrada con poste metálico 61 m2 cerramento de mampostería 22 Herdeiros de Edelmira Redondo Astigarrage 94 m2 1 ud. árbore madeirable 4 ud. cerramento de postes de formigón 7 m. cerramento alambrada metálica 10 m2 cerramento de mampostería 23 Jorge Otero Baltasar 231 m2 14 ud. cerramento con postes de formigón 28 m. cerramento alambrada metálica 13 m2 cerramento de mampostería 24 José Ramón Teixeira Fernández 386 m2 25 Herdeiros de Edelmira Redondo Astigarrage 457 m2 33 m2 cerramento de mampostería 26 Amalia Soto Franco 411 m2 100 ud. cepas 25 ud. poste de viña 11 ud. cerramento de postes de formigón 27 m2 cerramento de bloques 112 m2 cerramento de pedra sobre pedra 27 María Carmen Solla Cao 107 m2 2 ud. árbore madeirable 1 ud. portón metálico 90 m. cerramento alambrada metálica 180 m2 cerramento de mampostería 28 Herdeiros de Edelmira Redondo Astigarrage 213 m2 80 ud. cepas 15 ud. poste de viña 6 ud. cerramento de poste de pedra 7 m2 cerramento de pedra sobre pedra 29 Herdeiros de Edelmira Redondo Astigarrage 106 m2 60 ud. cepas 15 ud. poste de viña 2 ud. cerramento de poste de pedra 5 m2 cerramento de bloque 30 Herdeiros de Edelmira Redondo Astigarrage 106 m2 48 ud. cepas 12 ud. postes de viña 10 m2 cerramento de bloques 3 ud. cerramento de postes de pedra 31 Concello de Pontevedra 117 m2 32 Francisco García Freijeiro 0 m2 42 m2 de servidume de liña aérea eléctrica 7.7055.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) RELATIVA Ó MANTEMENTO DO SERVIZO DA UPA DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto sétimo da orde do día. Moción do Grupo provincial do Partido Popular (PP) relativa ó mantemento do servizo da UPA da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Agora, creo que si. Bos días, moitas gracias Sra. Presidenta. A moción que traemos hoxe, realmente non é unha moción do Partido Popular, é unha moción dos traballadores, neste caso de Príncipe Felipe, so servizo da UPA, donde a meteron por Rexistro, e invitaron a tódolos grupos a acollerse a esta moción. Tamén hai que recordar que os propios traballadores de Príncipe Felipe, solicitaron hoxe poder intervir no Pleno, e poder ser eles os que expliquen realmente cales son as súas demandas e cales son as súas preocupacións. Eu hoxe para defender esta moción, trouxen a acta do Pleno, no seu día, donde se debateu esto, unha acta que certifica que todo o que se dixo por parte do equipo de goberno é mentira. Vostedes quixeron implicar ós traballadores deste centro, dicindo que eles eran os que solicitaban o seu peche, e agora se vén a demostrar que todo isto era mentira. Vostedes quixeron argumentar todo fundamentado e mentiras. Que os traballadores non estaban a gusto, que os traballadores non querían, e moitos querían desplazarse, dixeron moitas cousas, pero ó final en definitiva o que non dixeron foi, que non falaron cos traballadores. A día de hoxe, siguen esperando manter reunións, reunións de traballo, dónde se escoiten as súas peticións. Vostedes chegaron a decir, que só había dous traballadores neste centro, si facemos un repaso, pois hai 6 funcionarios de carreira e 5 funcionarios interinos. E así podíamos seguir, porque fomos subrayando en toda a acta todo o conxunto de mentiras no que vostedes quixeron xustificar o peche deste centro. Logo nós, o único que lle decimos e lle trasladamos xa non é o que nós apoiamos, senón é o que lle piden os traballadores. Os traballadores o que lle piden é que manteñan as negociacións coa Xunta, que vaian hasta o minuto final, para intentar que non se peche este centro. Lle din que están orgullosos do seu traballo, que están orgullosos do que fan o día a día. Pero o que parece realmente increible que sexamos nós quen teñen que traer esta moción aquí, porque vostedes se negan a reunirse con eles e a escoitalos. Que fácil sería, que déixesmos hoxe, poder intervir, como fixeron a súa solicitud en tempo e forma. E poder falar aquí, e que eles coa propia voz nos explicasen cales son as súas demandas e cales son as súas sensibilidades. Está moi ben aprobar moitos plans nesta Deputación, está moi ben, é fabuloso, pero se despois, o que facemos é pechar centros e non queren escoitar ós traballadores, non estamos facendo nada. Só estamos facendo saír na prensa, facer fotos moi bonitas, pero despois nos feitos, no día a día é donde fallamos. Logo, para nós, xa llo dixemos no seu día, para nós o centro UPA en Príncipe Felipe fai unha labor imprescindible, dá un servizo moi bo á provincia, lle dixemos que os traballadores, e eu lle dixen, que incluso, por conversacións persoais con moitos deles, estaban orgullosísimos do seu traballo, que a maioría dos que están alí, por non decir todos, totalmente, están aí por vocación. Logo nós, o único que lle pedimos, xa non é que escoiten ó Partido Popular, que escoiten ós seus propios traballadores, a aqueles que vostedes intentaron utilizar decindo que eran eles os que pedían o peche deste centro. Logo nós o que lle pedimos é que reflexionen, que volvan a negociar coa Xunta, e trasladarlle o que piden os traballadores. É o único que lle piden é, que os responsables da Deputación de Pontevedra, retomen as negociacións do Convenio colaborador do Centro Príncipe Felipe coa Xunta de Galicia, para manter o servizo de primeira acollida nas condicións que se prestan na actualidade. Esto non llo pide o Partido Popular, esto é un escrito que presentaron os traballadores deste centro. Logo, cando menos, vostedes hoxe aquí teñen pedir disculpas por todo o conxunto de mentiras que dixeron no Pleno anterior, nun pleno donde chegaron a decir que eran os propios traballadores os que demandaban e os que pedían o peche deste centro, logo reflexionen. Como decía o Sr. Mosquera, tiñan un acuerdo de Goberno transparente, efectivamente, nese acuerdo decía claramente, que querían pechar Príncipe Felipe e querían pechar o Parque de Maquinaria. Bueno, non falaban de pechar, falaban de que sexa outra administración, realmente, a que xestionara este servizo. Pero, realmente, o que esconden é a realidad, e a realidad é que vostedes cos seus feitos, coa súa forma de xestionar, con non querer escoitar ós principales protagonistas, que son os traballadores, o único que realmente buscan é pechar, queren pechar Príncipe Felipe, queren pechar o Parque de Maquinaria e así poderíamos seguir. Logo o único que lle pedimos é que escoiten ós traballadores, que a día de hoxe aínda non fixeron. Sr. Jácome Enríquez.- Grazas Presidenta. Lemos este texto en representación das traballadoras da UPA. O Centro de primeira acollida está destinado a acoller temporalmente a menores en situación de urxencia. En aqueles casos no as e os menores se vexan privados do seu domicilio debido a situacións extremas causadas por problemas familiares. Como pode ser o maltrato, o abandono ou outros supostos análogos. Estas crianzas chegan cunha mochila moi grande, cargadas de vivencias desagradables que non elixiron e aínda así lles tocou vivir. As profesionais analizamos as súas necesidades, as súas características e loitamos por ofrecerlles unha alternativa de futuro acorde á súa situación. O primeiro que intentamos facer sempre que sexa posible é que regresen ó seu domicilio, implicándonos nesta labor e intentamos arranxar os problemas que motivasen o ingreso. Proba disto é que durante o ano 2017 o 50 % das crianzas atendidas puideron regresar ós seus domicilios tras o seu paso polo centro. Polo contrario, cando se valora que o regreso ó domicilio non é posible xa que non está garantida unha protección adecuada, tratamos de buscar unha entorna ó máis favorable dentro da familia, como poden tíos, avoas, etc., de non ser posible na propia familia inténtase sempre que as crianzas sexan integradas nunha familia de acollida, onde poidan cubrir as súas necesidades. Só cando isto non é posible, valórase a alternativa de convivencia máis idónea entres os centros e as casas de familia da provincia. Importante destacar que todo este traballo realízase en colaboración cos equipos do persoal técnico das e dos menores da Xunta de Galiza. Sendo dito persoal quen toma a decisión en función do interese superior do menor. Estasmos a falar pois, dun centro especializado en intervencións de urxencia, único en Galiza, pertencente á Deputación de Pontevedra, consideramos que este recurso debería potenciarse ó máximo, debido á importancia que ten. Como profesionais tamén nos gustaría sinalar, que sí é certo, e non imos mentir, que en momentos puntuais e de forma excepcional as crianzas ou adolescentes acollidas poden presentar problemas de conducta derivados da súa propia historia de vida, precisando dunha atención especializada. Trala avaliación pertinente, ponse en coñecemento á Xunta de Galiza e solicítase o traslado o máis inmediatamente posible a outro centro adaptado ás súas características. Ó longo deste ano 2017 atendemos a máis de 80 menores e menos de 10 presentaron condutas desadaptadas. Tamén é importante sinalar que somos o centro de referencia para acoller a menores inmigrantes non acompañados, que son aquelas persoas novas que fuxen do seu país de orixe, arriscando as súas vidas en busca dun futuro mellor. Hai anos o número deste tipo de menores era moi elevado, pero trala crise produciuse un descenso significativo. Dende este verán en Galiza incrementouse de novo esta cifra e neste centro nos últimos meses atendemos a máis de 12 menores inmigrantes. Solicitamos ó Pleno da corporación que por favor non se estigmatice á mocidade que pasa por este tipo de centros, deixen de referirse a estas persoas como delincuentes e falen só de nenos, nenas e adolescentes. Tamén debido á importancia que este proxecto ten para os nenos nenas e adolescentes da provincia de Pontevedra, gustaríanos que se retomase de novo as negociacións entre ambas institucións, é dicir, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galiza, para poder chegar a un acordo sobre a continuidade deste centro. Ás traballadoras e traballadores do Centro de Primeira Acollida teríanos gustado poder trasladar ó Pleno da Deputación de Pontevedra o traballo que realizamos neste centro, e a importancia do mesmo para todas as crianzas e adolescentes da provincia de Pontevedra que se atopan en situación de risco e/ou desamparo. Pero se nos denegou a petición realizada para comparecer. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sra. Villaverde, ten vostede a palabra. Sra. Villaverde Pego.- Moitas grazas Presidenta. Moi bos días a todos e a todas. Despois da estelar e sesgada intervención do Partido Popular, creo que me toca a min anunciar aquí publicamente unha boa noticia, unha moi boa noticia para Príncipe Felipe, para esta institución, é que o consello da Xunta de Galicia de onte xa aprobou o novo Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Política Social para Príncipe Felipe, e con el temos resolto tamén o que era o principal problema que existía en Príncipe Felipe, que era o da violencia, e como é lóxico a principal vía de entrada de nenos con problemas de conducta, loxicamente, era a unidade de primeira acollida. Uns problemas de violencia, pois que afectaban cun número ínfimo de nenos a todo o funcionamento de Príncipe Felipe, ó traballo dos e das profesionais e sobre todo, e isto é o que máis nos preocupou sempre, o benestar de arredor de 200 nenos e nenas usuarias de Príncipe Felipe. E, precisamente a iso foi ó que nos comprometemos antes do verán, cando dixemos que antes do 31 de decembro íamos solucionar este problema, dunha maneira ou de outra, pero que ía estar solucionado, e establecemos dúas liñas vermellas, a primeira que non se ía a permitir a violencia sistemática en Príncipe Felipe, e a segunda que íamos esixir o respecto á profesionalidade dos traballadores e das traballadoras de Príncipe Felipe, cousa que, por certo, nunca fixo o Partido Popular, que sempre subordinou o criterio técnico dos traballadores e traballadoras de Príncipe Felipe ó criterio técnico dos traballadores da Xunta. A partir de agora serán os equipos técnicos de Príncipe Felipe os que decidan sobre a entrada ou saída de nenos e nenas en Príncipe Felipe, cousa que antes non sucedía e así o tiñan demandado os traballadores. E iso tamén é o que anunciamos hoxe aquí, que cumprimos co noso compromiso e que despois dunha intensa negociación logramos sacar un acordo coa Xunta de Galicia que é o máis favorable que houbo coa Consellería de Política Social. En este punto si que me gustaría agradecer a sensibilidade amosada pola Consellería nestes últimos tempos da negociación onde entenderon perfectamente cales eran as nosas dificultades e cales eran as nosas demandas. Pero, polo que vexo parece que o Grupo provincial do Partido Popular non estaba enterado deste acordo de onte do Consello da Xunta, cousa que me sorprende enormemente vendo a fluidez i a rapidez que sempre houbo de comunicación entre o Sr. Rueda i este grupo provincial, pero parece que non para tódalas cousas i según para que temas hai máis ou menos rapidez, ou máis ou menos problemas de comunicación. Parece que este tema non é de tanto interese para Rueda ou existe algún tipo de problema de comunicación co grupo provincial, do que non tiñamos constancia ata o de agora, nono sei, pero a verdade é que me sorprende moitísimo. En todo caso, e unha vez coñecida a aprobación do Consello da Xunta de onte, entendemos que van a retirar esta moción, entendemos, entendemos nós para evitar un ridículo maior, non sei, non sei o que van a facer, porque do contrario si que xa non entendo nada, sempre tiven dificultades para comprender ó Grupo provincial do Partido Popular aquí nesta corporación, teño que recoñecelo, pero é que agora si que xa non entendería nada, non sei si pretenden que este goberno quede como uns, quedemos como uns cantamañanas i que hoxe digamos unha cousa i mañán a contraria, ou ben o que pretenden é desautorizar i desdecir ós seus propios compañeiros na Consellería e na Xunta dicíndolle que son vostedes os que saben máis do tema i que teñen que cambiar os seus acordos, non sei o que pretenden. En canto ao primeiro punto, o que teño que dicirlles é que non todos somos iguais e que este goberno da Deputación é un goberno serio, somos xente con peso i xente seria que non vai a dicir hoxe unha cousa e mañán a contraria. No segundo punto, aí si que xa lles toca a vostedes decidir se queren seguir facendo este espantoso ridículo que están facendo hoxe aquí, pois sígano facendo, e, senón eu o que lles recomendo é que unha vez que está acordado o novo convenio que retiren a Moción da Orde do día. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Deputada. Sr. Moldes, tiene usted, ten vostede 3 minutos para … Sr. Moldes Martínez.- Sra. Deputada responsable da área, está moi ben, case lle queda ben, pero é que mire, xa nos mentiu no pasado pleno e ahora nos quere facer tontos. Vostede sabe que a Xunta, claro que vai firmar un convenio, porque á parte da UPA hai os demais centros e senón pecharían todos. Logo, o que si sabemos polas súas palabras é que a Xunta, cousa que nós xa tiñamos seguro, é que vai seguir colaborando, ahora vostede o que nos ten que aclarar é, ¿despois de saber que a Xunta vai seguir colaborando vostedes van a pechar a UPA?. Eso é o que non dixo, vostedes, nos falou moi ben hoxe aquí, alabou á Xunta, agradecémosllo, nós o temos claro que a Xunta traballa moi ben, vai a seguir facendo o que facía, seguir apoiando economicamente, socialmente, Príncipe Felipe e alabando a súa labor única en Galicia e sendo un referente incluso en todo o Estado, ahora, que non sabemos, que vostede non quere acabar de decir é, a Xunta xa sabemos polas súas palabras que vai a colaborar, que teñen boa predisposición, moita sensibilidade, palabras súas, miña pregunta deste grupo e dos traballadores é, ¿que van a facer vostedes coa UPA?, ¿vana pechar?. Esa é a duda que vostede non aclarou. Logo, vostede chegou, volveu a decir unha cousa que non é certa, vostede di que os nenos que entraban neste centro, e non tan nenos, que non entraban baixo os informes emitidos pola UPA. Eso é mentira, xa o dixo noutro pleno, sempre entraron cos informes vinculantes dos traballadores da UPA, sempre, e vostede o que pasa, vostede nos di que temos dificultade para entender, mire, eu creo que vostede ten unha gran dificultade de entender o que fan en Príncipe Felipe, e sabe porque ten unha dificultade, porque non se quere reunir cos traballadores, se reunirá ao mellor coas persoas que puxeron vostedes alí coa libre designación, os seus cargos de confianza, pero vostede cos traballadores non se quere reunir, viñeron a petarlle á súa porta, a esa diputación que vostedes chaman de portas abertas e ventanas abertas e portas abertas. Cando petaron dixeron que non podía ser, que pediran vez, logo sigue sin recibir, logo, en vez de escoitar ao seu asesor o que ten que escoitar é aos traballadores, e xa lle van a explicar que sempre tódolos nenos entraron con informes da UPA. E lle repito no tempo que me falta, aclárenos, que xa sabemos que a Xunta ten sensibilidade, que a Xunta vai a colaborar e tamén sabemos que a Xunta está disposta a colaborar máis paque non se peche a UPA, ahora díganos, a Xunta vai a colaborar, ¿que vai facer a Diputación de Pontevedra?, ¿que vai facer o equipo de goberno?, ¿pechar a UPA?, xa sabemos que a Xunta colabora con Príncipe Felipe pero, ¿que van a facer vostedes?, porque se a Xunta non chega a colaborar vostedes no pecharían a UPA, pecharían todo o Príncipe Felipe. Logo, reflexionen e aclárenos na súa intervención, cíñase si pode ser a contestarnos que é o que van facer vostedes, xa sabemos que a Xunta vai colaborar xa o tíñamos seguro, non nos facía nin falta, nin chamar, nin a Alfonso Rueda, nin a ningún tipo de conselleiro, ahora o que nos falta é que vostede nos diga aquí en directo que é o que van a facer vostedes coa UPA, ¿a van a pechar?. Sr. Jácome Enríquez.- Grazas Presidenta. En nome das traballadoras si que nos gustaría aclarar que os problemas de conflitividade que, efectivamente, son puntuais no son só na unidade de primeira atención senón que é en todo o Príncipe Felipe. Polo tanto, o peche da UPA consideramos que non vai a solucionar, nin moito menos, este tema, e que, por suposto, ás traballadoras e traballadoras do centro de primeira atención gustaríalles non enterarse pola prensa do que vai suceder co seu centro. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Para pechar o debate ten a palabra a Sra. Villaverde. Sra. Villaverde Pego.- Bueno, vou a ser bastante breve, porque eu creo que ou non me expliquei ben ou, non. Sóbrame o tempo. Decía que parece que, ou ben eu non me explico, non me expliquei o suficientemente clara, non fun o clara suficiente, ou ben o Partido Popular non entendeu nada, pode estar tranquilo porque coa aportación económica que fai a Xunta de Galicia podemos sobrevivir e pode seguir funcionando Príncipe Felipe perfectamente, non, nono imos a pechar se a Xunta non colabora. Pero o que si lle vou a aclarar e voulle repetir, onte aprobouse un acordo no Consello de Xunta nuns termos concretos, nos que a Xunta de Galicia i a Consellería renuncia a utilizar o servizo de primeira acollida i, polo tanto, pecha a UPA. A Xunta de Galicia que é a única que pode utilizar ese servizo i prestalo é quen renuncia i pecha a unidade de primeira acollida. Eu pódollo dicir noutro idioma, pero máis claro non, é a Xunta quen o pode utilizar i é a Xunta quen renuncia a el. Nada máis. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Villaverde. Agora si para pechar o debate ten a palabra Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Sra. Villaverde, é que é normal que nos descoloque. Vamos a ver, me vai a explicar a min vostede como a Xunta sin ter competencia na Deputación vai cerrar un centro, casi, casi cola. A Xunta como di vostede colabora, ahora vostedes aínda non nos aclarou si despois da colaboración da Xunta si realmente vai a pechar a UPA ou no, é algo que vostede evita contestar. Logo, nós o que desconfiamos como vostede non o quere contestar é que, o noso temor é que realmente o que queren facer vostedes é pechalo. Logo, nós o que lle pedimos é que escoiten aos traballadores, a Moción que trae hoxe aquí o Partido Popular non é unha moción do Partido Popular, non é unha moción dos compañeiros de SON, esto é unha moción que traen os traballadores. Fixeron unha petición para poder falar neste pleno e explicarnos eles de primeira man, seguramente que non llo deixaron facer porque si esto que hoxe nós defendemos o chegan a dicir eles vostedes non tendrían a capacidade de rebatirlle eso a eles, a nós nos poden decir que mentimos, porque ó final é un xogo político, pero sería moito máis complicado decirllo ós propios traballadores que saben cal é a realidade. Logo, nós o que lle pedimos é que reflexionen. Desde aquí queremos agradecer o traballo de tódolos traballadores de Príncipe Felipe e, especialmente, ós de UPA, e sobre todo decirlle que non pechen a UPA, que xa sabemos que a Xunta quere colaborar, que xa sabemos que a Xunta está disposta a seguir mantendo este centro porque é moi importante e así o din os distintos colectivos, pero vostedes, o que non nos aclarou na súa intervención é o que quere facer coa UPA, que moito desconfiamos que o que quere facer esta nova diputación é empezar xa pechando progresivamente Príncipe Felipe, e a súa primeira vítima dese pacto de goberno vai a ser a UPA. Logo, desde aquí mostrar a nosa solidaridad cos traballadores, e sobre todo cos alumnos deste centro que son os grandes protagonistas, porque a partires de agora pola vosa culpa, moitos nenos desta provincia tendrán que ir a outras provincias, ou ao mellor a outras comunidades por pechar un servicio moi importante que tiñamos nesta casa, nesta diputación e nesta provincia. Sra. Presidenta.- … unhas cousas que non se poden decir nin siquera no debate político. Mire vostede, as Comunidades Autónomas, según esa Constitución Española e que a vostedes sempre poñen enriba da mesa que hai que cumprir, e os Estatutos de Autonomía que son norma, forman parte do bloque de constitucionalidade, supoño que vostede o saberá, dice que a atención ós menores non é exclusiva que é exclusivísima das Comunidades Autónomas, repito, non exclusiva, exclusivísima. Neste caso concreto da Unidade de primeira atención é que é un servicio, é un servicio da Xunta de Galicia, exclusivísimo da Xunta de Galicia. Polo tanto, é a Xunta de Galicia a que ten que garantir que presta ese servicio, ¿entendeu?, para que quede moi claro, é a Xunta de Galicia a que ten que prestar ese servicio, a única responsable de que non se preste no territorio que corresponde, cos recursos e os medios que corresponde é a Xunta de Galicia, que, increiblemente, non ten Unidade de primeira asistencia, fíxense as veciñas e veciños de Pontevedra, é a única Comunidade Autónoma das 17 que hai en España, a única, a Xunta de Galicia é a única, esto o digo sobre todo para os deputados que dicen non coa cabeza e que non saben para nada do que están a falar e eu lles pido que lean, que ler é moi bo para saber do que se fala, é a única Comunidade Autónoma de toda España que non ten un servicio de primera atención, a Xunta de Galicia, terrible, é terrible que esto sexa así, é unha vergoña para os galegos e para as galegas. E, polo tanto, a Xunta ten que prestar o servicio, que o preste, e se as rapazas e os rapaces con situacións tan complicadas e complexas como esta non teñen atención, haberá un único responsable, a Xunta de Galicia, para que quede claro. Segunda cuestión, segunda cuestión moi relevante, os traballadores e traballadoras da Deputación de Pontevedra, sexan funcionarios, persoal eventual, persoal laboral, contratados, becarios, non teñen dereito a falar en este pleno porque este pleno ten un regulamento aprobado e aquí nesta casa as normas se cumpren, se cumpre a Constitución Española, esa que vostedes tanto lle gusta presumir dela, o Estatuto de autonomía, as ordenanzas e os regulamentos, para que queden claras algunhas cousas. Someto a votación a Moción do Grupo provincial do Partido Popular relativa ó mantemento do servicio da UPA da Cidade Infantil Príncipe Felipe. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada a moción por 13 votos a favor e 14 en contra. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e cos votos a favor do PP e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) relativa ó mantemento do Servizo da UPA da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. 8.7056.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL MIXTO (COALICIÓN ELECTORAL SON) PARA A RESCISIÓN DO CONTRATO COA EMPRESA CONCESIONARIA DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO “MATINSA” Sra. Presidenta.- Pasamos o punto 8 da Orde do día. Moción do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral SON), para a rescisión do Servicio Contra incendios e Salvamento “Matinsa”. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Grazas Presidenta. Bo día a todas outra vez. Xa levamos anos sufrindo déficit de servizos básicos esenciais, como no caso do Servicio contra incendios e salvamento, servizos que casualmente caen en mans privadas para facer negocio co público, servizos que acaban sendo recortados sen pudor. A historia do Consorcio provincial do servicio contra incendios e salvamento é unha historia máis de privatización do público, que se convertiu nunha concesión levada a cabo durante a época Louzán e onde a concesionaria Matinsa incumpriu dende o principio o contrato da maneira máis sistemática. Unha vez máis, ante a privatización foi e é o cadro de persoal, especialmente, as que loitaron día si e día tamén por un servizo de calidade, por unhas condicións laborais decentes mentres se expoñían e se expoñen a sancións, represións e ameazas por parte de Matinsa. A última denuncia que tivemos que ver por parte do cadro persoal semella a de un país en vías de desenvolvemento, pois algunhas persoas deste servizo non contaban con roupa de traballo adecuada para as temperaturas nas que nos atopamos. A isto temos que sumarlle o escurantismo da propia Matinsa, ante as visitas dun representante público ós parques provinciais. Recórdolles hoxe aquí que xa levamos rexistradas tres peticións de visita ós parques provinciais, todas sen resposta, nin por parte de Matinsa, nin por parte do xerente, nin por parte de ninguén. O servizo, o pésimo servizo que está a prestar Matinsa está pagado con cartos de todas e de todos, e esta corporación no seu conxunto representa ás organizacións políticas que as persoas desta provincia votaron no 2015. ¿Como é posible que a un representante público non se lle permite a entrada a unhas instalacións sustentadas con cartos públicos?. Será porque a petición era de visita xunto ao comité de empresa. Non nos imaxinamos como se pode traballar nas condicións que impón Matinsa cando o teu traballo é xogarte a tu a propia vida pra salvar a dos demais, pois non hai máis que remitirnos a unha resposta do xerente do servizo, do día 10 de abril deste mesmo ano, na que informaba que o servizo está sendo prestado correctamente, e que ademais Matinsa non incorreu e ningún incumprimento de contrato. Se miramos atrás, antes de coller a xestión, a empresa concesionaria no 2012 había en activo ata catro unidades específicas: a canina, a de buceo, rescate en altura, NRBQ, e agora resulta que non existe ningunha. O que alega esta Institución provincial, por boca de xerencia, é que esas unidades funcionaban de maneira non profesional, e por se fora pouco chega a dicir que o prego de concesión, de xeito confuso, nomeaba varias unidades diferentes nos puntos 4 e 6 do citado prego, que na realidade non existían nin tiñan efectivos destinados a elas nin recursos. Como pode ser que non estiveran as unidades activas pero se gastaran cartos públicos para construír, por exemplo, canceiras no parque de Ribadumia. ¿Para que se construíron?, para uso e gozo de lecer do cadro de persoal. Na Moción numeramos varios incumprimentos que son motivos máis que suficientes para iniciar unha rescisión de contrato fulminante, vehículos esenciais sen a ITV pasada ou con avarias sen reparar, falta de mantemento das instalacións, dos materiais, dos propios vehículos ou da roupa de persoal, seguros de vehículos inadecuados, actualmente hai vehículos do consorcio que non teñen seguro contra incendios, quendas con menos efectivos dos recomendados, poderíamos continuar nomeando incumprimentos e deberíamos pedir a inmediata rescisión do contrato. Pero queremos que as cousas sexan feitas con toda a seguridade xurídica, queremos ser xustas e imparciais. Por eso traemos aquí hoxe esta Moción, para que dunha vez por todas lles paremos os pés ás multinacionais que só van a enriquecerse co público coas formas do capitalismo. Hai sectores que non poden quedar en mans das que buscan o lucro. Hai pouco coñeciamos polos medios o rescate dun traballador ferido na ponte de Rande, neste rescate participaban bombeiros de Vigo, Morrazo e Vilagarcía, 5 de Vigo, 3 de Morrazo e 3 de Vilagarcía, ¿por que as dotacións teñen un número diferente de efectivos?, ¿por que 5 de Vigo, e sen embargo 3 de Morrazo e Vilagarcía?, a diferencia é o modelo de xestión. Este goberno ten a oportunidade de facer algo que deixe pegada, algo histórico na súa medida nesta institución. Ten a oportunidade de marcar diferencia coas políticas da dereita, por iso propoñemos iniciar unha auditoría do servizo prestado por Matinsa, e en base ós resultados tomar cartas inmediatas no asunto, e se a auditoría confirma o que todas sospeitamos o inicio da apertura do expediente de rescisión do contrato ten que ser urxente. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Home, despois de votar un par de veces seguidas co PP, virnos a dicir que non fagamos políticas de dereitas manda nabizo, ¡eh!, manda nabizo, ¡eh!, debe ser o espíritu navideño que chega a donde chega, ¿non?. Unha, a da UPA podía ser, porque había tantos traballadores que había catro, catro, porque son os que protestan, non hai máis, ¿verdad?, e a outra debe ser porque era unha obra de Pontevedra, cando ve unha urbanización de Vigo todos votaron a favor como cabuxas, ¡eh!, como cabuxas, e si é de Pontevedra abstéñense, á parte, ben, no, no, no, digo, digo, digo, no, no, digo, digo, dígoo con todas as letras, dígoo con todas as letras, ¡eh!, é a primeira vez. Sra. Presidenta.- Sr. Moldes, Sr. Moldes. Sr. Mosquera, perdone un momento, Sr. Mosquera. Sr. Moldes ¿vostede dirixe o pleno?. Tranquilícese. Escóitanse gritos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Retiro, retiro o de cabuxas. Con entusiasmo, con entusiasmo, vale, ¡ala!. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera, espere un segundo. Miren, eu o digo con toda a tranquilidade, ¿verdad?, a min me gustaría que fóramos capaces de continuar este pleno co debido respecto entre todas as persoas, as que estamos como Corporación e as que están como público. Aquí hai unha moción que presenta un grupo político que ten todo o dereito e, por certo, ten dereito a ser respectado, vai haber un debate entre os grupos políticos que van a plantexar aquelo que consideren, que están lexitimados para facelo, logo se votará e sairá aprobada ou rexeitada. Eu lle pido ó público que conteña as súas exclamacións porque non teñen dereito á palabra, teñen dereito á asistencia, teñen dereito a reclamar aquelo que consideren xusto, faltaría máis que non fora así, pero a min me gustaría que acabara o Pleno con tranquilidade, eu xa sei, eu xa sei, eu xa sei que ó Partido Popular lle gusta moito encender os ánimos, lle gusta moito, moito, lle gusta moito. O Partido Popular, no, perdone Sr. Mosquera, ó Partido Popular lle gusta moito levantar os ánimos porque eu, non ten vostede nada máis que pedirme, como Presidenta deste pleno que pide a retirada dunha palabra e non hai ningún problema, por certo, non é a primeira vez que acontece, eso si, preferimos chillar e montar lío para ver se calentamos o ambiente. Pero, mire, pero mire, non o van a conseguir, non o van a conseguir, así que tranquilícese. Sr. Mosquera, agora si ten vostede a palabra lexitimamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas. Si, si, retíroo porque acabamos na anterior, na antepenúltima que mentíamos cando terxiversaron unhas declaracións, ou o que sea, creo que é bastante máis grave dicir que minto, porque estaba referíndose a min e non á compañeira, cando intervín daquela que dicir que botan como cabuxas, que é un animal moi digno, pero retíroo, retíroo, con entusiasmo, ¿verdad?. É a primeira vez, que me acorde, primeira vez, ¡eh!, creo que houbera unha hai anos pero, en fin, xenericamente, en que unha urbanización mediante convenio non se vota a favor, non se vota a favor. Ben, con respecto, con respecto ó asunto, mire, unha cuestión contractual como se pretende traer na moción non se arregla cunha moción nin se arregla cun acordo político, hai todo unha serie de informes, contra informes, etc., que sabemos que é extraordinariamente enfarragoso, o sea que é inaprobable, obviamente, obviamente. Partindo dun principio, que nós partimos dese principio, hai funcións que obviamente teñen que ser públicas, todas as que leven autoridade e os bombeiros debían ter autoridade para actuar, ¿vale?, polo tanto debían de ser públicas. Pero temos unha historia detrás, hai un contrato do que se devenga, do que se devengan uns, uns dereitos pa empresa, pos traballadores, etc., etc., e iso non se resolve cunha moción, sábeno ustedes perfectamente, sábeno perfectamente. Entonces, é presentar o debate nuns términos que saben que non pode saír adiante, non, non ten, é igual, como se votamos todos a favor, ¿e que?, ¿e que?, vale, moi ben, ¿e que?, o contrato vaise facer como se faga. Mire, non é por uso, non teño por uso responder ó público pero, miren, hai que ser un pouquiño serios, ¿verdad?, non vaiamos a facer, ¿verdad?, digo, facer unha, unha das CUP, ¿non?, o sea, esixir que os outros fagan, ¿verdad?, pero as responsabilidades despois van para os outros, se hai indemnizacións e responsabilidades, van, van pos outros, non, é que senón quedamos mal. No, mira, hai que ser un pouquiño serios, ¡eh!, non sei si me explico suficiente, non sei si me explico, ¡eh!. Entonces, creo que a cuestión está, está moi clara, non se pode resolver un problema contractual con unha, con unha moción nin cun acordo plenario sin todos os informes, polo tanto non, non pode ir adiante. Outra cousa é a cuestión de fondo que habrá que abordar no seu momento e que, e como, e coma corresponda, pero iso é unha cuestión moito máis enfarragosa que no seu momento habrá que, habrá que abordar. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Font ten vostede a palabra. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Buenos días, otra vez a todas y a todos. Ya me gustaría, Sr. Moldes, que cuando se me insultó a mí se hubieran retirado los insultos que me profirieron ustedes. Bueno, primero una aclaración, y es que los trabajadores bomberos pertenecen a la empresa de Matinsa, es una relación privada entre una empresa y unos trabajadores, y esto lo decidió el Partido Popular y lo decidió el Sr. Louzán en el año 2013. Por lo tanto, cuando desde mi despacho oía los gritos de, “no a privatización”, no, la privatización fue en el 2013, no entendía esta reivindicación y no sé si detrás de ese grito hay otro tipo de intereses que no se correspondan con los generales que son por los que tenemos que velar nosotros. Bueno, para este gobierno el principio básico es el control exhaustivo de todas las concesiones y empresas que trabajan en relación con esta Diputación, evidentemente, porque trabajamos con fondos públicos y es nuestra obligación. Pero es que el Consorcio de bomberos no sólo no es una excepción, si no que creo que es el mejor ejemplo. Efectivamente, desde la gerencia se tiene la obligación de hacer un informe mensual, un informe en el que se van implementado las medidas correspondientes y hasta el momento no se ha remitido ningún informe negativo. Yo puedo entender apreciaciones de carácter subjetivo, y quiero referirme dado que casi esta moción parece una auditoria, posiblemente el tiempo no me dé, pero quiero referirme a todas las cuestiones que se plantean, tratamiento de la avispa velutina, esto es un programa de la Xunta de Galicia que marca ese programa de vigilancia, y afirmo categóricamente que desde el Consorcio se han seguido todas las indicaciones del 112, que es a quien le corresponde, y a lo largo del 2017 se atendieron el 100% de los requerimientos. Vehículo de altura de Porriño, evidentemente, el que conozca el tema, sabe que inclusive la reparación se evalúo y se decía por parte de la empresa que se tenía que realizar en Finlandia esta compleja reparación, evidentemente, ha requerido unos tiempos en los que ya se ha conseguido una autorización para que se repare en el Parque y nos corresponde una parte y otra parte a Matinsa. En referencia con la BNP de Porriño, se ha aprobado por esta gerencia la propuesta de reparación de deficiencias anteriores a 2013, el Consorcio asumió la parte que le correspondía y Matinsa la otra parte que le corresponde, agradezco y aprovecho ese agradecimiento al Sr. Jácome cuando habla de la conservación de parques y cuando reconoce que con la llegada del nuevo gerente se ha producido la adecentación del estado de los parques que no era así con el anterior gobierno. Sobre el segundo, sobre el segundo traje, sobre el segundo traje de intervención. Escóitanse gritos. Sr. López Font.- Sobre el segundo traje de intervención, es evidente que no se me quiere escuchar y que están en fase de presentación las ofertas de licitación. Aquí se ha contado con los bomberos... Escóitanse falar a distintas persoas. Sr. López Font.- Lamentablemente. Gracias Presidenta, es una pena que no se ... Continuo. Sobre el segundo traje de intervención estamos en fase de presentación de las ofertas de licitación, y en este sentido hemos contado con la consulta de los bomberos y de sus representantes. En lo referente al mantenimiento de diversos materiales, es verdad que es un número ingente de materiales y que día a día se realiza una parte de revisiones que son comunicadas directamente y que podemos calificar de absoluta normalidad. Cuando se habla de los gastos de reparación en limpieza de los trajes hay que recordar y tengo una amplia relación de las mejoras que se han realizado, de que se compraron en el 2016 cuatro lavadoras que sustituían a las anteriores. Y en lo referente a unidades especiales, ya le contestamos al Sr. Jácome en 15 de marzo del 2017, pero nosotros en el Consorcio apostamos de forma decidida por la profesionalización, sería incomprensible que en un servicio de bomberos no todos los bomberos fueran expertos en emergencias químicas o en rescates en altura, precisamente esa universalización de conocimientos es nuestra bandera. También en lo referente a reparación de vehículos es el primero, la auto-escalera de Porriño, en la que se va a hacer esa reparación en un vehículo. En formación, ha habido cursos a través de Seganosa, técnicas de excarcelación, normativas y prevención de riesgos. En lo referente a cómputo de horas coincidimos con el Sr. Jácome en su forma de contabilizarlas y, por eso afirmo aquí, categóricamente, que nunca este Consorcio ha pagado una hora a mayores de lo que correspondía. En mejoras de prestaciones sociales no nos consta ninguna reclamación, y tengo una amplia relación de las mejoras que se han ... Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Font. Sr. Moldes, ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Si. Bos días. E nada. Esta Moción que presenta o Grupo SON que tamén é unha, unha moción, en este caso, que nos trasladaron a tódolos grupos os, os traballadores, un pouco o que veñen a denunciar é no estado no que se atopan na actualidade e na precariedade que, en este caso, o seu equipamento e demais, e fan unha, unha descrición. Vostedes decían que esto, se chegou aquí como un contrato, en este caso, de, de, do Partido Popular, de Rafa Louzán, é así, pero vostedes ahora son os que, os que están gobernando e son tódolos contratos e demais, en este caso, que vostedes teñen, son os que teñen que facer un seguimento e mirar que haya un obligado cumplimento dese contrato. Falou vostede da nova xerencia, efectivamente, coa chegada de vostedes hubo unha nova xerencia que coinciden incluso cun, en este caso, candidato do BNG no concello de Forcarei, que vostedes falan e din e demais, e que existen uns informes. ¡Home!, moitas das cousas que están aquí, seguramente, a nós nos gustaría mirar eses informes que fai o xerente tamén, claro que o queremos ver, porque seguramente moitas destas cousas si se fai un bo traballo desde a xerencia estaría solucionado. Pero dito esto, a nós o que realmente nos sorprende é como chegaron vostedes aquí, Sr. Font, vostede nos falou de todo, nos falou de equipamento, de escaleiras, pero non nos dixo que vostedes cando chegaron aquí un dos proyectos estrelas que traían era pasar deste servicio privado a un servicio público, e polo que veu aí de refilón me parece que foi algunha promesa que vostedes lle fixeron ós traballadores, porque era algo que vostede, ahora mismo, os traballadores lle estaban reclamando. Logo, a día de hoxe existe unha posibilidade daquelo que vostedes tanto presumían, que nós desde o Partido Popular sempre recoñecemos que era complicado e difícil, e o seguimos mantendo, pero vostedes chegaron aquí presumindo que iban a trasladar un servicio privado, íbano a pasar a público, o facían como promesa e o iban a facer de forma inmediata. Resulta sorprendente que na última reunión a FEGAM, a Diputación de Coruña, a Diputación de Lugo, a Diputación de Ourense incluso, que non ten ningún tipo de problema en pasar este servicio de privado a público porque entende que está facendo unha boa xestión, e resulta que os abandeirados de que todo isto iba cambiar son os primeiros en que se levantan da mesa. A día de hoxe todo o mundo ten claro, traballadores, sindicatos e demais, que existe unha predisposición por parte da Xunta de Galicia para poder pasar este servicio de privado a público, para poder facer unha equiparación salarial, e todas esas condicións, existe unha mesa de traballo cun diálogo constante e cunha sensibilidade especial por parte do conselleiro de Vicepresidencia, donde vostedes o único que fixeron foi automaticamente levantarse e opoñerse. Logo, vostede nos pode contar moitísimas cousas, nos podrá vir aquí a criticar ó Partido Popular, xa estamos acostumados, pero non ten que criticar ó Partido Popular nin ten que achacarnos a nós nada, o único que ten que facer é cumplir aquela promesa de cando vostedes chegaron, vostedes cando chegaron á Diputación dixeron que ese servicio iba a pasar dun servicio feito por unha empresa privada que o iban a pasar automaticamente a público, e lle recordo unha cousa, nós sempre dixemos que esto era complicado e lle pedimos varias veces por escrito os informes dos técnicos, cousa que noutras diputacións toda a corporación ten acceso a elo e vostedes nolo negaron, aquí en Pontevedra na Diputación de Pontevedra vostedes nos contestaron a ese escrito de petición dos informes dos técnicos dicindo que era un documento interno de traballo. Logo, nós xa no último pleno lle dixemos, ¿Sr. Font, nese documento se asegura as condicións que puxo a Xunta?, ¿se lle asegura a continuidade no traballo ós traballadores e ós bombeiros que están na actualidade?, ¿se asegura que non vai a ser un servicio máis caro do que se está facendo na actualidade?, e vostede nos negou todo ese informe, a día de hoxe non temos acceso a ese informe. Logo, seguramente na súa réplica me falará de todo menos do informe, seguiremos sin poder ver ese informe dos técnicos, que existe, pero que nós como é un tema interno resulta que no podemos ver. Pero lle repito, realmente vostede non lle fallou nin ó Partido Popular, nin ós diputados, nin ós alcaldes, vostede realmente o que fallaron foi na promesa que vostedes fixeron e, polo que puidemos escoitar, como lle dixen antes, ós propios traballadores. Vostedes chegaron aquí coa bandeira de que iban a pasar este servicio a público e resulta que na primeira reunión vostedes se levantan e se van, e non queren saber nada dese servicio, cando sabe vostede moi ben, e así llo demostran o resto de diputacións, non todas gobernadas polo Partido Popular, donde, e a propia FEGAM, firmaron un convenio coa Xunta para poder trasladar todo esto dun servicio privado a un servicio público, vostedes o único que fixeron foi irse e marchar, a día de hoxe non sabemos o que teñen pensado facer. Sra. Presidenta.- Gracias. Sr. Jácome. Estou pendente da súa resposta Sr. Font, porque creo que vostede, si, si, creo que vostede, como Presidenta da Deputación non me conta todo, porque eu cría que era un grupo de traballo para unha suposta comarcalización que non existe. Resulta que o Vicepresidente da Xunta, logo, tamén espero que me aclare, porque teño moito interese, Sr. Font, en que me aclare si en ese grupo de traballo levantou a bandera da xestión directa o Vicepresidente da Xunta, porque entonces si que quedaría absolutamente sorprendida. Así que tamén eu espero con moito ímpetu que vostede me conte ese grupo de traballo de xestión directa que promove o Vicepresidente da Xunta, estou asombrada. Sr. Jácome te a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Grazas. Esta podería ser unha. Sra. Presidenta.- Espere. Perdón. Volva, volva a pulsar. Discúlpeme. Agora si. Sr. Jácome Enríquez.- Esta podería ser unha proposta da Coalición SON. Matinsa sostense con cartos desta Institución e sería perfectamente normal que un deputado provincial fixera propostas ao respecto. Sen embargo, en Bueu, Cangas, Vilagarcía, Cambados, Moaña e Marín, foi presentado unha moción da que paso a leer o último dos acordos, “dado que a empresa concesionaria non cumple coas condicións contempladas nos pregos da concesión e na lexislación vixente, solicitar ó Consorcio provincial de salvamento e extinción de incendios, composto por Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, inicie o procedemento para rescindir o contrato coa concesionaria”. Isto é unha petición de concellos, do persoal e, por suposto, de este diputado. En canto ao que me comentaba o Sr. Font que, por certo, agradezo o tono, é verdade que vostede rebatíu con absoluta corrección, cuestións subxectivas eu non o creo, eu non o creo, por exemplo, a formación continua do persoal é moi deficiente, vostede fala de universalización dos coñecementos, sen embargo, por exemplo, para rescates NRBQ non se pode universalizar eses coñecementos, eses coñecementos teñen que ser practicados día a día por todo o personal, non vai servir de nada que hoxe faga un rescate e que dentro de 10 anos fagan outro. Vostede admitiu que, bueno, que hai moito material e que non todo se pode levar correctamente, de acordo, bueno. En canto ó das lavadoras, Matinsa nunca se fixo cargo da limpeza e desinfección dos traxes ata unha resolución de Inspección de Traballo, a propia Inspección de Traballo certifica incumprimentos cos traballadores. O comité de empresa denunciou á Inspección 25 incumprimentos e Inspección recoñece 19, non está nada mal 19 de 25. En canto a que unha moción non é unha solución, ¡home!, Sr. Mosquera, vamos a ver, aquí para empezar non pedimos a rescisión inmediata, nin locuras, pedimos unha auditoría, unha auditoría obxectiva e en base a resultados, en base a resultados iniciar, se procede, se procede, a rescisión de contrato, como se fixo en outros concellos, por exemplo en Cangas coa auga, fíxose unha auditoría, a auditoría saíu negativa e a partir de aí iníciase o procedemento, senón o facemos a través de moción, bueno, pois nada, díganos os canles e estaremos encantados de usalos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Parece que cando hai un colectivo que ten unha aspiración lexítima, lexítima, que é convertirse en funcionarios, vale, pero é que se move moito porque lle interesa, esto vén moi de, moi vello, xa vén de Celta Prix, xa vén dos anos 90, ¡eh!, vén, vén, vén de moi vello, ¿verdad?. Pois con todos eses ribetes, con todos eses ribetes, a cousa é un pouquiño complicada, evidentemente, que alegría votar no, nun concello que a Diputación ou o Consorcio, non sería nin a Deputación, que o Consorcio faga non sei canto, bueno, hombre, como fan outros, como fan outros e xa está. Pero hai un horizonte que pode suceder perfectamente, o sea, que a empresa que ten dificultades ó prestar o contrato, lle rescindimos o contrato, lle rescindimos o contrato piden indemnización, felicidad completa, felicidad completa. E despois, non pode suceder, por exemplo, que si a empresa deixa de prestar o contrato e non hai quen se subrogue pois todos os traballadores se vaian á rúa, co cual o zapatostio pode ser glorioso, con alegría, con alegría, estas cousas son un pouquiño máis complicadas e eu aplico a doctrina Carmena, xuíza, ¡eh!, alcaldesa de Madrid, e esto ten uns problemas de, económicos para a institución e de personal irresolubles e que poden comprometer o futuro da institución, Carmena díxoo, e incluso Xulio de Ferreiro, profe de dereito, non lle vou eu a corrixir, non lle vou eu a corrixir, ¿verdad?, claro. Entonces, mandarnos aos demais desde os concellos, desde onde sea, vaian facendo, pero despois cando teñen que facer non fan, non fan, non se atreven, non se atreven, claro. Entonces non é serio, non é, ¿verdad?, non é serio. E, claro, eso das auditorías si que é xa a contradición absoluta, o sea, esta casa, que eu sepa, e o Consorcio, ten uns funcionarios, ¿verdad?, por certo, Sr. Moldes, houbo unhas probas, ¿verdad?, andar sinalando co dedo e antes citou o de o Príncipe Felipe, é un funcionario en comisión de servizos, ¡eh!, dígolle, pa súa información, pa súa información, ¡eh!, o que está, o que está de director do Príncipe Felipe, porque sacar a lengua a pacer non ten límite, non ten, non ten, non ten límite, ¿non?, hai uns funcionarios que pedirlle unha auditoría privada, privada, porque senón os, os funcionarios xa, xa auditou, ¿non?, xa monitorizan continuamente, e desautorizalos, e é darlle máis, máis confianza a unha auditoría privada que como sabemos todos, bueno, non houbo grandes desgracias polas auditorías privadas que pintaron a cana verde, por falar, por falar en plata, nin máis nin menos, o sea, encargamos unha auditoría, ¡ui!, hai unha cousa, ¡ui!, transparencia, no, no, significa desautorizar ós funcionarios desta casa ou do propio Consorcio, ¡eh!. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo. Gracias Sr. Mosquera. Sr. López Font ten a palabra. Sr. López Font.- Si Sr. Moldes, creo que los funcionarios se merecen un respecto y sobre todo no se les debe de identificar politicamente porque es de muy mal gusto por parte de un político como usted. Sra. Presidenta no me extraña que esté expectante ante lo que voy a decir porque, evidentemente, al Sr. Moldes le han contado la película de otra manera y lo que yo le relaté a usted de lo que había ocurrido en las dos reuniones del grupo de trabajo que se decidió en la Comisión de protección civil es literalmente lo que ocurrió, y es tan literalmente lo que ocurrió que así figura en el acta. Mire, Sr. Moldes, nosotros hacemos un seguimiento a todas las empresas y en este caso, ya se lo decía anteriormente, con mayor detalle si se quiere, lo que ocurre es que usted se adentra en otros conceptos y entonces yo lamento su profundo desconocimiento. Nosotros hicimos un pronunciamiento público de que los servicios de emergencias deberían de estar en el sector público, y le diré que de todas las diputaciones fuimos la más activa y la más firme en ese planteamiento, y no hemos dicho lo contrario, lo que ocurre es que las personas que se marcharon saben desde el primer día que les dijimos que siendo eso así y siendo nuestro pronunciamiento sería en el 2021, 2021 al que les condenaron ustedes, 2021 fecha en la que finaliza una privatización que hicieron ustedes, por lo tanto no estamos diciendo lo contrario Sr. Moldes. Mire, este es un tema muy serio, usted va de incendiario, políticamente, normalmente, pero hoy ya se ha superado. Por lo tanto, nosotros no estamos haciendo nada en contra y, mire, en esa conexión que decía la Sra. Villaverde entre el Sr. Rueda y ustedes hay cosas que le cuentan de una manera tergiversada, el Sr. Rueda fue el que pidió que los informes económicos y jurídicos que se tenían que elaborar sobre ese tema no se entregasen a nadie hasta que no se entregasen a la Xunta. Y desde la Dirección General de emergencias se pidió que no se entregase a los sindicatos. Por lo tanto, claro que le hablo del documento porque fuimos trabajadores activos en ese documento, por supuesto que sí, ¿sabe lo que ocurre?, que en un grupo de trabajo en el que nosotros hemos trabajado lealmente al Sr. Rueda, Vicepresidente de la Xunta, lo único que le interesaba era la comarcalización, lo único que le interesaba era un concepto determinado, y usted si supiera de que estamos hablando debería de defender conmigo que en esta provincia lo que necesitamos es un servicio de emergencias en base a un mapa de isócronas, porque hay zonas oscuras, eso es lo que debería de hacer usted en vez de reírse, ¿entiende?, y nosotros hemos presentado dos documentos rigurosos, un mapa y unas actuaciones, y sobre esas el Sr. Rueda cuando yo he estado en las reuniones no ha contestado. Concluyo, máxima exigencia sobre la concesionaria que ustedes hicieron. Sra. Presidenta.- Concluyó. Sr. Sánchez. Sr. Moldes. Sra. Moldes Martínez.- Sr. Font yo lo sé mejor que usted, y le voy a decir porque lo sé mejor que usted, porque yo pertenezco a un concello que tenemos ese problema, ¿vale?. O meu concello é o concello de Poio donde temos un parque de bombeiros que pertence ao concello de Pontevedra e se hai un incendio a 40 metros non saen, logo non me fale a min vostede de comarcalización porque vostede vive en Vigo e eu vivo en Poio, dun concello donde temos un problema de sombra e coa comarcalización teríamos un problema resolto, logo leccións as xustas. Vostede me fala que eu son un incendiario político e que vostede ten fama de bombero, pero de bombero que leva gasolina para apagar incendios. O que pasa é que vostede nesa fama de bombeiro que leva gasolina para apagar incendios cando entrou aquí se reuniu cos traballadores e lle fixo moitas promesas, unha delas era que, tranquilos que chegou o PSOE, e o Bloque, somos o Bloque, non me, -non me interrumpa por favor señor-, vale, vostede chegou aquí coa bandeira de somos os defensores do público, somos os mellores, todo o que fai o Partido Popular está mal, pero a día hoxe foron incapaces de presentar un proxecto distinto ó que tuvo o Partido Popular, que seguramente é moi mellorable, pero vostedes son incapaces de presentar unha alternativa. E o que é máis, vostedes lle mentiron a tódolos traballadores decindo que iban a pasar todo esto a público e agora son os primeiros en marchar. Logo, a sensibilidade da Xunta é total, a sensibilidade da Xunta é total á hora de colaborar, de equiparar o sueldo dos traballadores, por fin se salvaron moitas diferencias, hai unha sensibilidade sábeno tódalas diputacións, tódalas diputacións están camiñando hacia diante, pero vostedes son os que máis se quedan atrás e iso non o di o Partido Popular o din os representantes sindicales, e nalgún caso representantes sindicales que pouco teñen relacionado co Partido Popular. Logo, escoiten, e non nos escoiten a nós, escoiten ós traballadores, ós sindicatos. Vostede a nós xa sei que non nos fai caso, nin tan sequera nos quere enseñar ese informe que nos nega, porque non temos dereito a el, e queremos saber tamén que é o que di ese informe. Logo, para nós todo é importante, hoxe non é día de falar da comarcalización, falaremos neste pleno, pero leccións as xustas, porque eu vivo nun concello que temos ese problema. Logo, Sr. Font, repítolle, vostede di que eu son un incendiario político, vostede ten fama pero de bombeiro pero que leva gasolina para apagar os lumes en política, o único que lle pode dicir é que vostede lle mentiu a tódolos traballadores e agora non saben como lle van a recuar. O que lle pedimos, non que fagan algo distinto nin algo innovador, o mesmo que están facendo outras diputacións, que traballen man a man coa Xunta, e canto antes poidamos solucionar este problema, e si este servicio definitivamente pode ser a pasar un servicio público e que sea consensuado coa Xunta, coas deputacións e cos traballadores que sexa fabuloso, nada que non estean facendo a Diputación de Lugo e a Diputación, en este caso, da Coruña, que non están gobernadas polo Partido Popular. Sra. Presidenta.- Sr. Jácome ten a palabra. Sra. Jácome Enríquez.- Grazas Presidenta. Personal que quere convertirse en funcionario, diso nada, persoal que está defendendo que un servizo imprescindible sexa prestado de maneira pública, e ben saben e ben preocupados que están, porque si ese paso conleva probas, pois conleva probas, ¿están preocupados por ese tema?, por suposto, pero aquí ningún destes traballadores está intentando convertirse en funcionario de maneira automática nin moitísimo menos, confianza nos funcionarios desta casa toda a do mundo, en Matinsa ningunha, ningunha, e o dicimos claramente, non confiamos nesta empresa concesionaria. Se di que as auditorías, que son uns temas serios, se sacan noutras cidades, outros cauces, ¿cales son eses cauces?, ¿cales son eses cauces?, explíquennos cales son eses cauces para iniciar este proceso e terán toda, toda a nosa colaboración. En todo caso, xa sabemos que así este deputado de Coalición SON faga aquí o pino puente o sentido do voto xa está máis que decidido, pensen ben o sentido do seu voto, estamos pedindo unha auditoría, unha auditoría do servizo en base a resultados, se os resultados son negativos iniciar a rescisión desta concesión. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Eu lle agradezo moitísimo o seu bo tono, vostede presenta unha moción, lexitimamente, a defende, o fai cun un tono educado, non se pon vostede a chillar, que eu teño unha dor de cabeza terrible, pero, porque claro, hai xente que cree que cando chilla moito se enche de razóns, e non, simplemente o que fai é levantar a cabeza a todos os que o están escoitando, sin un argumento serio, sin ningunha razón sería, con un descoñecemento absoluto do que se fala. Eu quero en primeiro lugar, porque está aquí neste pleno sentado o xerente do Consorcio, ó que lle quero mostrar o meu absoluto respecto e agradecemento polo seu traballo, polo seu durísimo traballo, é a primeira vez na historia da Deputación que o xerente é nomeado a través do procedemento que marca a lei. Antes o nomeaba co seu dedo máxico o Sr. Louzán e era o candidato do Partido Popular na Illa de Arousa, que non tiña ningunha formación, absolutamente. Nós chegamos cesamos a aquel xerente que non fora elixido a través de ningún procedemento transparente e legal, abrimos un procedemento e se presentou un só candidato, un só candidato, que é o actual xerente, que ten formación, coñecemento e que cumpría coa lei, e milita donde quere, porque claro, aquí aveces nesta casa o Partido Popular cando é para falar de donde militan algunhas persoas que poden ter relación laboral de aquí dicen, cando dende o goberno lles podemos facer un relatorio de militantes do Partido Popular funcionarios nos dicen que gañaron a oposición, bueno, claro, depende de donde sexa dunha forma ou de outra, e como eu non vou a consentir que ninguén lle falte ó respecto a ningunha persoa que teña unha relación laboral con esta administración, quero que quede moi claro que o xerente do Consorcio é unha excelente profesional, e que por primeira vez esa plaza, esa plaza se cubre a través de un método transparente e non a dedo como se facía antes. Outra cousa moi importante, porque esto non é un tema anterior, é que realmente, realmente o Partido Popular que no 2013 fixo esta concesión a Matinsa, que contratou uns traballadores, que son traballadores de Matinsa, dunha empresa privada, certamente, pois o prego de condicións non é o máis axeitado posible, non, a verdad, Sr. Jácome non é, non quitaron un bo pliego de condicións que obrigara a un servizo de calidade, eu estou de acordo con vostede, o PP non o fixo, non soamente es eso, senón que non se facía ningún seguimento da prestación do servicio, ningún, ningún, eso si, ninguén protestaba, tamén llo quero decir, Sr. Jácome, e me chama a atención, ¿sabe?, porque van, vén dende 2013 e resulta que os problemas xurden agora, no 17, no 16, non, non, non houbo este tipo de protestas tan aireadas, non. Para que quede claro, chegamos nós e lle facemos un seguimento total y absoluto cada mes, cun informe preceptivo que fai o xerente e reuníndonos con Matinsa de forma habitual, para que quede claro, un control absoluto sobre a empresa concesionaria. Pero máis alá de todo esto, máis alá de todo esto, se mellorou o servicio dunha forma moi substancial, ¡eh!, pero moi substancial, ¡eh!, con instrumental tanto para os propios bombeiros como todo o material que é preciso para unha mellor prestación de servicio, moitísimo, unha relación enorme que me gustará Sr. Font que lla faga chegar ó Sr. Jácome e tamén ó voceiro do Partido Popular. Logo non se pode vir a mentir, non se pode dicir, non me chames cabuxa que o tes que ..., e logo chamarnos mentirosos. Non, mire, chamar mentiroso a alguén é un insulto tamén, ¡eh!, é un insulto, ¡eh!, unha falta de respecto ás persoas, chamarlles mentiroso es gravísimo, pero non é certo, non mentimos a ninguén e o queiro deixar moi claro, dende o primeiro momento, está en todas as hemerotecas, consulten, por favor, lean un pouco máis, é que, de verdade, me leen moi pouco, lean máis, consulte a hemeroteca, dende o primeiro día lle dixemos ós representantes dos bombeiros, tamén dos sindicatos que nós no 2021, cando remata a concesión íamos desenvolver o proceso para a xestión directa, cando remate, por certo o mesmo que vai a hacer Lugo, que remata no 19, e Coruña, Coruña que rematou xa, porque hai que saber de que se fala, ¡eh!, cando se fala hai que saber de que se fala, Coruña que rematou xa no 16 a concesión, inda hoxe, inda hoxe non está a xestión directa, porque como moi ben decía o Vicepresidente esto non é a cousa que un fai así un chasquido e pasamos de indirecta a directa, é un procedemento moi complicado, moi complicado, entre outras cousas porque os traballadores dunha empresa privada non poden facerse funcionarios, non poden, pola porta de atrás, teñen que presentarse a oposicións, entre outras cousas, é moi complicado, hai que abrir un proceso de, para que poida ser funcionarios, hai que sacar, montar todo un proxecto de xestión directa, xa lle digo, dous años, dous anos leva Coruña, ¡eh!, coa concesión rematada e inda non foron capaces de facer a prestación directa, porque non é fácil, non é fácil aquí, nin é fácil na Xunta de Galicia. Terceiro, claro, unha ten que votar as mans á cabeza, con moi bo tono, e moi educadamente, cando escoita dicir ó Partido Popular que o Sr. Rueda montou un grupo de traballo para falar da xestión directa, eu non o podo creer cando escoito estas cousas, é que eu estiven nas reunións co Sr. Rueda que dixo que el defendía a indirecta, a indirecta, e que, por certo, aplaudía que en Ourense na Deputación de Ourense fai pouco máis dun ano sacaron unha concesión a unha empresa privada para prestar o servicio de forma indirecta a través dunha empresa privada, e que el estaba encantado, e que era o seu modelo, e que en todo caso, se as deputacións querían outro modelo, pois pediu informes. Tamén dixo, tamén dixo que ía poñer cero euros si costaba máis a xestión directa, dixo, non vou poñer un euro máis para a xestión directa, nin un euro máis, nin un, cero. Entón, claro, moito interés pola xestión directa si nin sequera está disposto a poñer máis recursos si é necesario para fácelo non parece que sexa. Polo tanto, é falso, o Sr. Rueda cree na xestión indirecta e a defende abertamente, está no seu dereito a facer o que corresponde, pero non defende a xestión directa é absolutamente falso. Así que esta moción, todo o dereito do mundo a presentala, cada un votará o que en conciencia, responsabilidade e para salvaguardar o interés xeral teña que votar, teña que votar, repito, agradezo o tono e, desde logo, me quedo asombradísima de que quen sacou un pliego de condicións bastante, bastante malo, bastante malo, con poucos mecanismos de control sobre a empresa, con moitos artigos, con moitos artigos que é dificilísimo de entender como se enxuician, bastante mal feito o pliego de condicións, bastante desenvolvido para favorecer á empresa, agora veña aquí i en lugar de calar e non dicir nada se poña a defender algo que non poden defender porque son os pais da situación que se vive, os pais e as nais. Polo tanto, eu quedo unha vez máis absolutamente asombrada deste Partido Popular. E someto a votación a Moción. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada por 14 votos en contra e 13 ... (nestes intres non hai gravación) ... alucinante. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG e cos votos a favor do PP e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral SON), para a rescisión do contrato coa empresa concesionaria do servizo contra incendios e salvamento “MATINSA”. 9.7057.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. b) Parte de información e control: 10.7058.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO DE 2017 Sra. Presidenta.- Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de novembro de 2017. ¿Observacións?. Queda dada conta. O Sr. Interventor da Deputación de Pontevedra, con data 7 de decembro de 2017, elaborou un informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de novembro de 2017, cuxo contido é o seguinte: “A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de novembro de 2017 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO DE 2017 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Penden-tes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Novem-bro -15,5515512039 3.210.635,69 9,8128323142 41.177,14 -15,2303664292 Escola de Enfermería Novem-bro -2,6347414541 2.419,30 0,0000000000 0,00 -2,6347414541 Consorcio de Incendios e Salvamento Novem-bro -13,8818044604 246.541,96 0,0000000000 0,00 -13,8818044604 TOTAL 3.459.596,95 41.177,14 -15,1266894431 En base ós cálculos detallados neste informe ponse de manifesto que se cumpre co período medio de pago legalmente previsto”. A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 22 de decembro de 2017, tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de novembro de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas, o Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de novembro de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. 11.7059.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DO PREMIO OTERO PEDRAYO 2017 Sra. Presidenta.- No punto 11. Dar conta da Acta do xurado do Premio Otero Pedrayo 2017. ¿Observacións?. Queda dada conta. 1.- O Pleno da Deputación queda enterado da Acta do Xurado do Premio Otero Pedrayo 2017, despois da reunión mantida o día 12 de decembro, e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DO PREMIO OTERO PEDRAYO 2017 Na Sala de Xuntas da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce trinta horas do día doce de decembro de 2017, reúnese o xurado do “Premio Otero Pedrayo 2017", baixo a presidencia de Don Anxo Manuel Lorenzo Suárez, por delegación do presidente da Xunta de Galicia e a vicepresidencia de Dona María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra e coa asistencia dos seguintes vogais: D. Valentín García Gómez, por delegación do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia; Dona Goretti Sanmartín Rei, en representación da Deputación da Coruña; Dona María del Pilar García Porto, en representación da Deputación de Lugo; D. Manuel Doval Soto, en representación da Deputación de Ourense; D. Xosé Leal Fariña, en representación da Deputación de Pontevedra; Dona María Xesús Nogueira Pereira en substitución de Dona Mª do Carme Silva Domínguez, en representación da Universidade de Santiago de Compostela; D. Juan Manuel Corbacho Valencia, en representación da Universidade de Vigo; D. Xosé Ramón Freixeiro Mato, en representación da Universidade da Coruña; Dona Fina Casalderrey Fraga, en representación da Real Academia Galega; D. Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, en representación do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”; D. Luís González Tosar, designado pola Xunta de Galicia; Dona Mercedes Queixas Zas en substitución de Dona Carme Fernández-Pérez Sanjulián, designada pola Deputación da Coruña; D. Primitivo Iglesias Sierra, designado pola Deputación de Lugo; D. Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, designado pola Deputación de Ourense, D. José Carlos Valle Pérez designado pola Deputación de Pontevedra. Asiste como secretaria e da fe do acto Dona Sonia Mateos Escudero, secretaria accidental da Deputación de Pontevedra. Pola Presidencia dase por constituído o xurado coa asistencia de todos os membros. Aberto o acto polo presidente do xurado, examínase a situación do expediente e as propostas presentadas dentro do prazo estipulado manifestando que segundo o establecido nas bases só hai unha única proposta formulada e que é a presentada pola Asoc. Oral (Oralidade, rima, arte e lingua de Galicia), a favor de: Jesús Lema García (Regueifeiro Bergantiñán coñecido como Suso de Xornes); Antonio Rodríguez Carabel (Regueifeiro Bergantiñán coñecido como Antonio de Xornes); Antonio Río Montero (Brindeiro do Courel, coñecido como o “Ribeira de Louzarela”). A continuación polo presidente plantéxase a proposta de máis candidaturas. Por parte de D. Afonso Vázquez-Monxardín Fernández proponse a candidatura da Fundación Premios da Crítica de Galicia e expón, de acordo coa tradición, que se pode establecer unha candidatura complementaria ás xa propostas. Por parte da Deputación de Pontevedra, o deputado Sr. Leal realiza a defensa da candidatura de Margarita Ledo Andión pola súa importante traxectoria e por defender a liña da Deputación de Pontevedra na necesidade de dar visibilidade á muller, neste caso no eido cultural, e por manifestar así mesmo que sexa a primeira vez que se concede o premio a unha muller nos corenta anos de traxectoria do Premio Otero Pedrayo. A continuación lévanse a cabo as intervencións por parte de tódolos compoñentes do xurado para mostrar o seu apoio á candidatura proposta pola Deputación de Pontevedra á vista da importancia da mesma como forma de recoñecemento de visibilizar a intervención da muller no eido da cultura galega, e neste caso como pioneira en varios eidos multidisciplinares da súa traxectoria: feminismo, universidade, comunicación, ... Por parte do Sr. González Tosar maniféstase o seu desexo de que conste en acta a súa felicitación e parabéns ó deputado Sr. Leal Fariña por reconducir o Premio Otero Pedrayo despois de non terse celebrado no ano 2014 e a necesidade de que se recupere a periodicidade do mesmo así como a contía que no seu momento se minorou. Manifestar así mesmo a súa felicitación á presidenta Carmela Silva pola súa presenza e implicación no xurado dos premios. Manifestar a adhesión á candidatura presentada e animar á Deputación de Pontevedra a seguir reinvindicando a grande figura de moitas mulleres pontevedresas no eido da cultura. Unha vez expostas todas as posturas de defensa de dita candidatura por parte dos compoñentes do xurado o Sr. Afonso Vázquez-Monxardín Fernández manifesta a súa vontade de retirar a candidatura proposta da Fundación Premios da Crítica. A continuación por parte da presidencia sométese a votación ás dúas candidaturas presentadas, aprobándose por unanimidade a candidatura de Margarita Ledo Andión como Premio Otero Pedrayo 2017. E non habendo outro obxecto da reunión, pola Presidencia dáse por concluído o acto, sendo as trece horas cincuenta e cinco minutos do indicado día, e asinando a presente todos os asistentes, do que eu, como Secretaria dou fe.” 2.- Dito premio achegarase con cargo á aplicación 17/330.3340.481.04 do orzamento provincial.” 12.7060.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 12. Dar conta das Resolucións Presidenciais. ¿Algunha observación?. Queda enterado. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 21 de novembro e o 22 de decembro de 2017 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 13.7061.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- No punto 13. Rogos e preguntas. Pois non habendo Rogos e preguntas, antes de rematalo pleno, desexarlles a todos que rematen ben o ano 2017 e que no 2018 teñan ventura e moita felicidade. Bo ano. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición