Fondos
44.416/3. Preito pola división de bens herdados e vinculados á capela de San Pedro Mártir (1871-1872)
Preito pola división de bens herdados e vinculados á capela de San Pedro Mártir (1871-1872)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..3.1.44.416/3
Título Preito pola división de bens herdados e vinculados á capela de San Pedro Mártir (1871-1872)
Data(s) 1871-1872 (Produción)
Volume e soporte 70 Follas
Área de contexto
Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación referida ao preito pola herdanza de bens do Padroado de Legos de San Pedro de Lantaño. Demanda promovida polo procurador José González Busto en representación de Juan Francisco Gándara como marido de Carmen Rivas Sanmarco. Expediente composto pola seguinte documentación: 1 - Auto de confirmación de xuizo (05/06/1871). 2 - Solicitude do procurador José González Busto para a compulsa de escrituras de venda a favor de Juan Francisco Gándara Souto, e confirmación das mesmas (02/08/1871). 3 - Dende o Xulgado de primeira instancia de Caldas de Reis faise a relación dos acontecementos na demanda (28/08/1871). 4 - Antonio Soto solicita recoñézaselle como representante de Joaquina Rivas (29/08/1871). 5 - Citación xudicial de Ramón Rivas Alonso no Xulgado de Caldas de Reis (28/09/1871). 6 - Solicitude de compulsas a favor de Manuel Antonio Soto, procurador representante de Joaquina Rivas (26/10/1871). 7 - Sentencia do preito (18/07/1872). 8 - Correspondencia referida á factura por servizos prestados por parte do procurador José González Busto. Inclúe enumeración de gastos e xustificante de pago (06/12/1871 - 23/05/1872).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Preito Xuízo Cédula de citación España Galicia Pontevedra Portas Lantaño (San Pedro)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Cambados Portas Caldas de Reis Lantaño (San Pedro)
Nome dos puntos de acceso Familia Gándara (PORTAS) (Tema) Colexio Notarial de Galicia (Tema) Arquivo Reino de Galicia (Tema) (Creador) (Creador) (Creador)