ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Reclamación do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF) de Manuel Gándara Gómez (1993-1995)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..3.1.44.416/17

  • Título Reclamación do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF) de Manuel Gándara Gómez (1993-1995)

  • Data(s) 1993-1995 (Creación)

  • Volume e soporte 13 Follas 3 Sobres

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Reclamación económico-administrativa sobre a declaración do IRPF de Manuel Gándara Gómez para o ano 1992. Contén os seguintes documentos: 1 - Carta certificada (conservase sobre) con notificación da Xunta de Galicia a Manuel Gándara para a liquidación da herdanza por falecemento do seu irmán Luis Gándara (01/10/1993). 2 - Escrito de Manuel Gándara á Delegación de Facenda en Madrid para solicitar se dera por presentada a declaración complementaria de 1992 (28/12/1993). 3 - Correspondencia da Axencia Tributaria pola que se notifica o recargo por liquidación fóra de prazo. Acompaña sobre orixinal (13/02/1995). 4 - Escrito de Manuel Gándara á Delegación de Facenda en Madrid para se desestime a reclamación do recargo de apremio. Acompaña o escrito notificación da Axencia Tributaria para a realización da autoliquidación (14/02/1995). 5 - Copia do xustificante de pagamento do Banco Santander (11/05/1995). 6 - Solicitude de suspensión de Manuel Gándara ao Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Madrid (11/05/1995). 7 - Denegación de suspensión. Acompaña sobre orixinal (20/11/1995).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición