ATOPO
Rexistros actuais: 1.644.236
Obxectos dixitais dispoñibles: 506.162

Fondos

Luis e Manuel Gándara Gómez venden parcelas herdadas en Baliñas a diversos veciños (1976-1996)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..1.1.2.44.417/19

  • Título Luis e Manuel Gándara Gómez venden parcelas herdadas en Baliñas a diversos veciños (1976-1996)

  • Data(s)

  • Volume e soporte 51 Follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1 - Escritura de contrato privado de compravenda (copia xerolóxica) outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de Carmen Fontenla Prado. Predio "Concello" (04/06/1975).
    2 - Escritura de contrato privado de compravenda (copia xerolóxica) outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de Ovidio Pulleiro Fontán. Predio "Eiras" (04/06/1975).
    3 - Escritura de contrato privado de compravenda (copia xerolóxica) outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de Marcial López Caamaño. Predio "Revolta de Arriba". (16/06/1975)
    4 - Recibí polo pagamento da compravenda de dous pinares, de nome "Moíño Vello". (26/09/1976) Acompañan anotacións persoais mecanografiadas referidas ás medidas das terras vendidas.
    5 - Escritura de contrato privado de compravenda (copia xerolóxica) outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de Ovidio Pulleiro Fontán. Predio "Eiras" (05/10/1976).
    6 - Escritura de contrato privado de compravenda (copia xerolóxica) outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de Manuel Bermúdez Ricoy. Predio "Moíño Vello" (28/03/1977).
    7 - Escritura de contrato privado de compravenda (copia xerolóxica) outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de Manuel Bermúdez Ricoy. Predio "Moíño Vello" (13/02/1978).
    8 - Escritura de contrato privado de compravenda outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de José Silva Alba. Predio "Agro da Fonte" (05/12/1988). Existen dúas copias en papel timbrado.
    9 - Escritura de contrato privado de compravenda outorgado por Luis Gándara Gómez a favor de José Silva Alba. Predio "Agro da Fonte" (05/12/1988). Existen dúas copias en papel timbrado. Trátase de versión ampliada da escritura anterior, con especificación de lindantes e cambio nas unidades de medición empregadas.
    10 - Escritura de contrato privado de compravenda (borrador?) outorgado por Manuel Gándara Gómez a favor de David Outeda Rey.
    (26/09/1996)
    11 - Documentación asociada (s.d.):
    - Anotacións manuscritas dos datos persoais dos intervintes.
    - Plano de situación dos predios propiedade da familia Gándara.
    - Copias simples de planos e rexistros catastrais.
    - Anotacións persoais con relacións de propietarios segundo número catastral asignado, e mais as medidas dos predios.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición