Fondos
44.418/2. Memorial de bens e rendas vinculadas á capela de San Pedro Mártir (1832-1833)
Memorial de bens e rendas vinculadas á capela de San Pedro Mártir (1832-1833)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..1.2.1.44.418/2
Título Memorial de bens e rendas vinculadas á capela de San Pedro Mártir (1832-1833)
Data(s)
Volume e soporte 131 Follas
Área de contexto
Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1 - Memorial de bens e rendas vinculadas á capela de San Pedro Mártir. Enuméranse parcelas do 1 ao 109. Asinado Josef Álvarez. (18/12/1832) 2 - Memorial de bens e rendas vinculadas á capela de San Pedro Mártir. Asinado por Lorenzo Martínez. Ven precedido dun edicto do Arzobispo de Santiago, D. Rafael de Velez, que encarga ao párroco San Pedro de Lantaño citar ou emprazar aos doantes dos bens expresados no memorial para asegurar a súa vinculación legal á capela e ao Padroado. (1833) 3 - Inclúe copias simples de ambos documentos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Gándara (PORTAS) (Tema) (Creador)