ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fotografía de curso escolar (1881-1882)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..5.3.44.422/18

  • Título Fotografía de curso escolar (1881-1882)

  • Data(s)

  • Volume e soporte 1 fotografía sepia 14,2 x 21,5 cm

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Fotografía, segundo a anotación a lapis que atopamos na marxe inferior do marco, do "Colegio de Villagarcía - curso 1881-1882". Polas datas podería tratarse do colexio "San Agustín", posteriormente coñecido como o "León XIII" debido ao cambio de titularidade. Na instantánea retrátanse 65 varóns de diversas idades e organizados en 5 ringleiras. Deles, 8 posiblemente foran os mestres. Na segunda ringleira empezando por abaixo, sobre a cabeza do terceiro rapaz empezando pola dereita, obsérvase un arco feito a lapis. Polas datas podería tratarse de Juan José Gándara Rivas (10/01/1872 - 14/12/1942), fillo de Juan Francisco Gándara Souto e pai dos irmáns Gándara Gómez.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Ten un marco de cartolina, cunhas medidas de 1,6 - 1,7 cm. Polo reverso a fotografía ten de apoio unha prancha de cartón ríxido de 15,2 x 22,8 cm. Anverso e reverso están unidos con dous clips, un na parte inferior da marxe esquerda, outro na parte superior da marxe dereita.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición