ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Fotografía dun grupo de alumnos do Colexio da Marina de Ferrol (1890)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..5.3.44.422/19

  • Título Fotografía dun grupo de alumnos do Colexio da Marina de Ferrol (1890)

  • Data(s) 1890 (Creación)

  • Volume e soporte 1 fotografía sepia 14,5 x 23,2 cm

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Fotografía, segundo a anotación a lapis que atopamos na marxe inferior do marco, do "Colegio de la Marina - Ferrol 1890". Na instantánea retrátanse 10 varóns. A pesar de que ningún deles aparece identificado, pola data podería estar no grupo Juan José Gándara Rivas (10/01/1872 - 14/12/1942), que en 1890 tería 18 anos.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Ten un marco de cartolina, cunhas medidas de 1,7 - 1,9 cm. Polo reverso a fotografía ten de apoio unha prancha de cartón ríxido de 16,5 x 26 cm. Anverso e reverso están unidos con dous clips, un na parte inferior da marxe esquerda, outro na parte superior da marxe dereita.

Área de notas

  • Nota O "Colegio de la Marina", sito na rúa de María núm. 70 de Ferrol, era o centro preparatorio para o ingreso na Escola Naval Flotante que, establecida na fragata "Asturias", permaneceu en Ferrol entre 1869 e 1908. Este centro fora fundado polos antigos profesores da Escola Naval de Ferrol, Francisco Pérez Machado e Ramón Estrada, e dirixido por Luis de la Puente e Augusto Miranda.

Puntos de acceso

Área de control da descrición