ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.131
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Fotografía escolar do Colexio da Marina de Ferrol (1890)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..5.3.44.422/20

  • Título Fotografía escolar do Colexio da Marina de Ferrol (1890)

  • Data(s) 1890 (Creación)

  • Volume e soporte 1 fotografía sepia 19 x 24,5 cm

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Fotografía, segundo a anotación a bolígrafo que atopamos no reverso da instantánea, do "Colegio de la Marina - Ferrol 1890". Retrata a un grupo de 58 varóns, incluíndo 2 mestres e polo menos 7 dos rapaces retratados na fotografía da unidade de instalación núm. 44.422/19. A pesar de que ningún deles aparece identificado, pola data podería estar no grupo Juan José Gándara Rivas (10/01/1872 - 14/12/1942), que en 1890 tería 18 anos.

Área de notas

  • Nota O "Colegio de la Marina", sito na rúa de María núm. 70 de Ferrol, era o centro preparatorio para o ingreso na Escola Naval Flotante que, establecida na fragata "Asturias", permaneceu en Ferrol entre 1869 e 1908. Este centro fora fundado polos antigos profesores da Escola Naval de Ferrol, Francisco Pérez Machado e Ramón Estrada, e dirixido por Luis de la Puente e Augusto Miranda.

Puntos de acceso

Área de control da descrición