Fondos
44.422/23. Fotografía dun curso mixto na Universidade de Santiago de Compostela
Fotografía dun curso mixto na Universidade de Santiago de Compostela
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..5.3.44.422/23
Título Fotografía dun curso mixto na Universidade de Santiago de Compostela
Data(s) 1936 (Creación)
Volume e soporte 1 fotografía branco e negro 11,6 x 16,6 cm
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Identifícase esta fotografía, tomada á entrada da actual Facultade de Xeografía e Historia da USC, polas anotacións do reverso: "Santiago de Compostela - Curso de 1935-36 - 3º curso". No anverso non atopamos anotacións pero si unha marca a lapis sobre un dos retratados, o primeiro varón comezando pola dereita, na segunda ringleira dende atrás. Polas datas podería tratarse de Manuel Gándara Gómez, que no ano 1936 tería 20 anos.
Área de condicións de acceso e utilización
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos A fotografía está adherida a un cartón ríxido de 20,2 x 24,8 cm que lle confire un marco á fotografía de entre 4,1 e 4,4 cm.
Ãrea de notas
Nota A identidade do varón sinalado de entre todos os irmáns Gándara Gómez podería tamén intuirse por un proceso de eliminación: Luis Gándara ingresara no Exército de Terra en 1931 e en 1936 loitaba no exército sublevado. Juan Gándara ingresara no primeiro escalafón de mestres de Escolas Nacionais como alta de 1934. Fernando Gándara, o maior dos catro irmáns (para entón tería 30 anos) e identificado xa en outras fotografías, non garda parecido físico co varón sinalado nesta instantánea.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Universidade España Galicia Coruña, A Santiago de Compostela Fotografías
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Coruña, A Santiago de Compostela
Nome dos puntos de acceso Familia Gándara (PORTAS) (Tema) Universidade de Santiago de Compostela (Tema) Manuel Gándara Gómez (Tema)