ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.257
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Documentación referida ao pagamento de misas e outros recibos derivados da capela de San Pedro Mártir (1907-1989)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..1.2.2.44.419/3

  • Título Documentación referida ao pagamento de misas e outros recibos derivados da capela de San Pedro Mártir (1907-1989)

  • Data(s)

  • Volume e soporte 51 Follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1 - Recibo a nome de Juan Gándara polo pago para a celebración de 125 misas. Firmado por Ricardo Lemos. (24/11/1907) 2 - Recibo a nome da Familia Gándara polo pago dos gastos ocasionados na capela de San Pedro Mártir entre 1907 e 1913. Firmado por José Buceta. (16/02/1916) 3 - Recibo a nome de Juan Gándara Rivas pola celebración de 100 misas pola súa nai, Carmen Rivas Sanmarco. (12/01/1920) 4 - Recibo pola celebración de misa, asistencia e culto a San Pedro de Verona (29/04/1954 e 1955); polo falecemento de Anselmo Vázquez Baliñas. Acompaña nota explicativa (03/10/1974) 5 - Recibo do párroco de Lantaño, Isolino Cachafeiro do Porto, pola celebración de misa o 11/05/1957. (29/04/1957) 6 - Factura da empresa Santarrufina a nome de Luis Gándara, por valor de 450 pesetas, polo encargo de ornamentos relixiosos. (22/05/1957) 7 - Recibo da banda de música "La Unión", de Lantaño, por cantar na misa a San Pedro de Verona (27/05/1957) 8 - Recibo do párroco de Lantaño, Isolino Cachafeiro do Porto, pola celebración de misa o 25/05/1957. (01/06/1957) 9 - Relación de misas pagadas a Fray Manuel entre 1971 e 1986. (31/12/1986) 10 - Recibo de Antonio Casal para Luis Gándara por valor de 266 pesetas, polo uso da serra con motivo das reparacións da casa anella á capela. (18/10/1987) 11 - Recibo do Arzopispado de Santiago de Compostela polo pago de 294.000 pesetas a cambio da celebración de 420 misas; o que supoxo a redención das cargas pías. Acompaña sobre orixinal. (01/07/1997) 11 - Relación dos cobros feitos en beneficio da capela entre 1971 e 1977, incluíndo venta de piñeiros e pinares e a renda de terreos. (s.d.) 12 - Relación dos gastos incurridos na capela (misas) entre 1971 e 1989. (s.d.) 13 - Anotacións sobre as datas dos recibos das misas e os seus prezos entre 1971 e 1990 (s.d.)

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición