ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Contratos de arrendamento de terras de titularidade dos herdeiros Gándara Rivas e Gándara Gómez (1938-1962)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..1.1.5.44.419/14

  • Título Contratos de arrendamento de terras de titularidade dos herdeiros Gándara Rivas e Gándara Gómez (1938-1962)

  • Data(s)

  • Volume e soporte 31 Follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1 - Juan Gándara Rivas acorda con Ramón Mora Rodríguez o arrendamento de cinco parcelas a parra e dúas parcelas a cañaveral, de nome "Salgueiro" e "Viña Negra", por 100 pesetas ao ano. (01/11/1938) 2 - Juan Gándara Rivas acorda con Francisco Freire o arrendamento de dous terreos, a labradío e parra, de nome "Agro de Angueira"; a cambio da entrega de dez ferrados de millo e 75 pesetas cada ano. (25/09/1941) 3 - Luis Gándara, en representación dos irmáns Gándara Gómez, acorda con Ramón Mora Rodríguez o arrendamento da parcela "Agro del casal", por dous anos, sen retribución. Acompaña borrador. (01/11/1948) 4 - Ramón Mora Rodríguez declara á fin do seu aproveitamento de todos os pinares, toxeiras e carballeiras propiedade da familia Gándara Gómez, coincidindo co vencemento do seu contrato de arrendamento da parcela "Casanova". (01/11/1948) 5 - Luis Gándara acorda con Ramón Mora Rodríguez o aproveitamento de toxo nos pinares "Campo de Bouza" , "Revoltiña" e "Liborey"; e mais na carballeira "Chicán de la Brea". (13/02/1949) 6 - Fernando Gándara Gómez acorda con Manuel Seoane Carballo o arrendamento deste do terreo de nome "Veiga Grande", co pago da metade da colleita (millo e fabas). (15/08/1962) 7 - Fernando Gándara Gómez acorda con Manuel Seoane Carballo o arrendamento deste do terreo de nome "Porto do Rial", co pago da metade da colleita (millo e fabas). (15/08/1962) 8 - Fernando Gándara Gómez acorda con José Romero Rial o arrendamento deste do terreo de nome "Viña de la Seara", co pago da metade da colleita (millo e fabas). (15/08/1962) 9 - Carmen Gómez Rivas acorda con Francisco Freire Vila o arrendamento deste de dúas parcelas de nome "Agro da Augueira", co pago da metade da colleita (millo e fabas). (s.d.) 10 - Carmen Gómez Rivas acorda con Francisco Freire Vila o arrendamento deste da parcela de nome "Agro da Lugueira", a labradío e viñedo, co pago da metade da colleita (millo, fabas, palla). (s.d.) 11 - Carmen Gómez Rivas acorda con Genoveva López Pérez o arrendamento desta dunha parcela de nome "Campo da Bouza", a labradío, co pago da metade da colleita. (s.d.) 12 - Carmen Gómez Rivas acorda con Ángel Pardo Penas o arrendamento deste de dúas parcelas de nome "Pombo de arriba" e "Agro da Ponte", co pago da metade da colleita (millo e fabas). (s.d.) 13 - Carmen Gómez Rivas acorda con Rosa Vázquez Posa o arrendamento desta dunha parcela de nome "Viña do Río", co pago da metade da colleita. (s.d.) 14 - Carmen Gómez Rivas acorda con Encarnación Torres Esperón o arrendamento desta dunha parcela de nome "Corredoira". (s.d.) 15 - Josefa Gándara Rivas acorda con Luis Rivas Vázquez o arrendamento deste dos terreos de nome "Agro del Paso", "Arcouba" e "Cañoteira", co pago da metade da produción. (s.d.) 16 - Josefa Gándara Rivas acorda con Manuel González Casal o arrendamento deste do terreo "Agro del Paso", co pago da metade da produción (millo e fabas). (s.d.)

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Gándara (PORTAS) (Tema) (Creador)

Área de control da descrición