ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.263
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Expediente de asistencia técnica para os traballos de Vixilancia e seguimento ambiental da construción do Polígono Industrial Outeda-Curro no concello de Barro (2007-2009)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.4.5.1.44.581/2

  • Título Expediente de asistencia técnica para os traballos de Vixilancia e seguimento ambiental da construción do Polígono Industrial Outeda-Curro no concello de Barro (2007-2009)

  • Data(s) 2007-2009 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra(1836-) En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vogais representando as sete cidades capitais das antigas provincias. O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela. Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais, con pequenas variacións, asignándose a capitalidade da provincia actual á Vigo, onde se constituirá a Deputación Provincial o 24 de maio de 1822, chegando a funcionar algo máis dun ano, data na que volven ser suprimidas pola restitución do rei Fernando VII. Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Pontevedra, logo de certas disputas coa cidade de Vigo, reticente a perder a capitalidade. Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia. A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia. Este cúmulo de xeneralidades que se vén mantendo en toda a lexislación local provocou unha serie de actuacións moi diversificadas, das que quedarán moitos testemuños documentais e que se reflicten no cadro de clasificación do fondo documental desta institución. As modificacións alcanzaron tamén a propia organización da institución e a designación, competencias e denominación dos seus órganos de goberno e órganos administrativos. O órgano unipersoal que dirixe a Deputación é inicialmente o xefe político, antecedente directo do gobernador civil, sendo o primeiro presidente desta institución D. Miguel del Pino. En 1863 establécese que a Corporación elixa entre os seus membros un presidente para cada sesión, pero logo o sexenio revolucionario volve á figura do gobernador civil- presidente de facto. Será a lei de 1870 a que estableza a figura do presidente para un período de sesións, sendo nomeado polo propio gobernador civil ou pola Corporación dependendo do momento. Con posterioridade, na maior parte das ocasións será o gobernador o que nomee directamente ó Presidente e non será ata o ano 1950 cando apareza a figura do presidente da Deputación como órgano diferenciado e independente do gobernador civil, que aínda así e todo permanecerá como presidente nato da institución ata 1978. No período democrático o presidente e un órgano electo, de forma indirecta, entre e polos deputados provinciais. Nun principio o número de deputados que integraban o Pleno da Corporación era de sete, un por partido xudicial, variando sucesivamente tanto a fórmula de elección coma o número total destes, alcanzando na actualidade un total de 27 deputados, como representación proporcional ó número de habitantes dos 13 partidos xudiciais. Esta estrutura complétase con outros órganos colexiados estables, ademais das variables comisións informativas e especiais creadas en cada período.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido IPESPO - Expediente contratación de asistencia técnica para os traballos de Vixilancia e seguimento ambiental da construción do Polígono Industrial Outeda-Curro no concello de Barro. >Adxudicación: IDOM SA por Resolución Presidencial 137 do IPESPO de 29-11-2007 pòr 11.785 €. (Rfª SAN 13661). Contrato ampliado por Resolución Presidencial nº 22 de 08-05-2009 en 4.900 €. >Informe trimestral II. Outubro-Decembro 2007. >Informe trimestral III. Xaneiro-marzo 2008. >Informe trimestral IV. Abril-xuño 2008. >Informe trimestral V. Xullo-setembro 2008. >Informe trimestral VI. Outubro-decembro 2008. >Informe trimestral VII. Xaneiro-marzo 2009. >Informe trimestral VIII. Abril-xuño 2009. >Informe trimestral IX. Xullo-setembro 2009. >Informe trimestral X. Outubro-decembro 2009. >Informe final de urbanización. Novembro 2009. >Facturas, 2008-2009 Data: 2007-2009.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición