Fondos
1. PICÓ CAÑEQUE, RAFAEL
PICÓ CAÑEQUE, RAFAEL
Área de identificación
Código(s) de referencia 2.1.1.1
Título PICÓ CAÑEQUE, RAFAEL
Data(s) 1889-1958 (Creación)
Volume e soporte 10 documentos e 51 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Rafael Picó Cañeque(1895-1984) Rafael Picó Cañeque, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos , nado en Uceda (Guadalaxara) en 1895 e finado en Pontevedra o 20 de novembro de 1984, foi un enxeñeiro e político galego. Realizou os estudos na Escola de Madrid e tivo o seu destino laboral na Xunta de Obras do Porto de Pontevedra entre 1921 e 1951 chegando a ser nomeado presidente da Institución. Membro da Comisión Xestora da Corporación Provincial desde o 22 de xaneiro de 1941 ocupando o cargo de Vicepresidente en representación do parido fascista FET-JONS. Posteriormente, o 7 de xullo de 1942 sería nomeado Presidente da Institución provincial polo Gobernador Civil, cargo que ostentaría até o 16 de xuño de 1948. Paralelamente tamén exercería de procurador nas Cortes franquistas na lexislatura de 1946 a 1949 sendo elixido como representante corporativo das Diputacións Provinciais e Mancomunidades Interinsulares Canarias. Tamén exerceu como inspector xeral de Portos da 16 Demarcación ata a súa xubilación en 1965. Seguiu traballando na empresa privada ata 1980.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Esta documentación é doada polo seu fillo en 1995 para a súa conservación neste Arquivo Histórico Provincial.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación doada reflicte a actividade profesional privada do Sr. Picó Cañeque como enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Son principalmente documentos persoais e de función, onde o groso da documentación se centra nos proxectos tramitados por el como enxeñeiro xefe da Xunta de Obras do Porto. O resto dos documentos son series curtas ou soltos. A ordeación fíxose seguindo o esquema para arquivos familiares realizada por Olga Gallego Domínguez (Manual de arquivos familiares. Anabad, 1993), de forma cronolóxica. A súa cronoloxía abarca desde finais do s. XIX deica 1958, sendo significativo o período comprendido entre 1911 e 1951. Aínda que o fondo reflicte soamente a súa actividade profesional privada, é importante polo papel que o Sr. Picó Cañeque desempeñou na sociedade pontevedresa da súa época.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Instrumentos de descrición Inventario
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Ãrea de notas
Nota 3.1.- Documentos de carácter bibliotecario (libros, revistas e folletos): 215 rexistros, de temática variada (obras públicas, vivendas, arquitectura civil e relixiosa, fauna, flora, pesca, forestal, agricultura, gandería e literatura española) e en diversos idiomas (castelán, alemán e francés).
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Rafael Picó Cañeque (Tema) (Creador)