Fondos
3. LLAUGER, FAMILIA
LLAUGER, FAMILIA
Área de identificación
Código(s) de referencia 2.1.2.3
Título LLAUGER, FAMILIA
Data(s) 1585-1969 (Creación)
Volume e soporte 21 unidades de instalación
Área de contexto
Nome do produtor Familia Llauger(s. XVI-s. XX) Enmárcase esta familia entre aquelas persoas que desde Cataluña, viñeron a Galicia a establecerse na industria do salazón da sardiña e se asentan tras a Guerra de Independencia, formando unha sociedade empresarial, padecen a crise de 1820, manteñen matrimonios endogámicos e compatibilizan a explotación comercial da sardiña con actividades coma a navegación de cabotaxe, o comercio vinícola, actividades de préstamo, de xestión bancaria, investimentos empresariais,... A familia Llauger chegou á ría de Arousa procedente de Canet de Mar (Barcelona), asentándose en Vilanova. Este traslado encádrase no movemento migratorio que se produce a Galicia a finais do XVIII e inicios do XIX, que supón a instalación de ata 50 secadeiros cataláns na ría arousá entre 1795 e1815.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística Ingresou neste Arquivo no ano 2000, en réxime de depósito por solicitude dun dos membros desta familia.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta documentación presenta unha cronoloxía que abarca desde 1585 ata 1969, pois moitos dos seus documentos levan acaroados textos anteriores á Idade Contemporánea, principalmente de carácter fundacional. Organízase seguindo o cadro de clasificación de arquivos familiares desenvolvido por Olga Gallego Domínguez (Manual de arquivos familiares. Anabad, 1993) Presenta documentos patrimoniais, tanto de títulos coma de administración da propiedade, algúns documentos persoais e, principalmente, documentos de función (actividades empresariais), así como alghuna documentación sobre as actividades políticas da familia.
Novos ingresos Fondo pechado
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1.- Fondos funcionais (1585-1967). 1.3.- Patrimonio 1.3.1.- Documentos constitutivos de títulos de propiedade (1585-1964) 1.3.2.- Documentos de administración da propiedade (1721-1967). 1.5.- Arquivos individuais (1805-1969). 1.5.1.- Documentos persoais (1805-1967). 1.5.2.- Documentos de función. (1847-1969). 1.5.2.1.- Actividades empresariais (1847-1969). Correspondencia comercial (1894-1969). Minutas de correspondencia (1916-1955). Informes comerciais (1929-1934). Telegramas e telefonemas (1933-1952). Tarxetas postais (1919-1958). Borrador-copiador de cartas (1887-1903) Follas calcantes de cartas comerciais (1922-1923). Facturas (1900-1969). Contabilidade (1961-1963). Pólizas (1924-1958). Escrituras de préstamo (1886-1928). Diversos temas contables e laborais (1847-1962). 1.5.2.2- Actividades políticas (1930-1933).
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación manuscrita e mecanografada. O estado xeral da documentación non é bo. Gran parte do fondo está afectado pola humidade e algúns documentos teñen presenza de fungos e bacterias. Existen exemplares en bo estado e outros totalmente ilexibles.
Instrumentos de descrición Catálogo
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Actividade industrial FAMILIA E PROPIEDADE España Galicia Pontevedra Vilanova de Arousa
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilanova de Arousa
Nome dos puntos de acceso Familia Llauger (Tema) (Creador)