Fondos
-
4. AGRICULTURA, FORESTAL, GANDARÍA, PESCA, INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
44.626/1. Expediente xeral de contratación para redacción do proxecto e execución da estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial Barro - Meis (2015)
Expediente xeral de contratación para redacción do proxecto e execución da estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial Barro - Meis (2015)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.4.5.1.44.626/1
Título Expediente xeral de contratación para redacción do proxecto e execución da estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial Barro - Meis (2015)
Data(s) 2015-2018 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra(1836-) En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vogais representando as sete cidades capitais das antigas provincias. O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela. Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais, con pequenas variacións, asignándose a capitalidade da provincia actual á Vigo, onde se constituirá a Deputación Provincial o 24 de maio de 1822, chegando a funcionar algo máis dun ano, data na que volven ser suprimidas pola restitución do rei Fernando VII. Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Pontevedra, logo de certas disputas coa cidade de Vigo, reticente a perder a capitalidade. Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia. A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia. Este cúmulo de xeneralidades que se vén mantendo en toda a lexislación local provocou unha serie de actuacións moi diversificadas, das que quedarán moitos testemuños documentais e que se reflicten no cadro de clasificación do fondo documental desta institución. As modificacións alcanzaron tamén a propia organización da institución e a designación, competencias e denominación dos seus órganos de goberno e órganos administrativos. O órgano unipersoal que dirixe a Deputación é inicialmente o xefe político, antecedente directo do gobernador civil, sendo o primeiro presidente desta institución D. Miguel del Pino. En 1863 establécese que a Corporación elixa entre os seus membros un presidente para cada sesión, pero logo o sexenio revolucionario volve á figura do gobernador civil- presidente de facto. Será a lei de 1870 a que estableza a figura do presidente para un período de sesións, sendo nomeado polo propio gobernador civil ou pola Corporación dependendo do momento. Con posterioridade, na maior parte das ocasións será o gobernador o que nomee directamente ó Presidente e non será ata o ano 1950 cando apareza a figura do presidente da Deputación como órgano diferenciado e independente do gobernador civil, que aínda así e todo permanecerá como presidente nato da institución ata 1978. No período democrático o presidente e un órgano electo, de forma indirecta, entre e polos deputados provinciais. Nun principio o número de deputados que integraban o Pleno da Corporación era de sete, un por partido xudicial, variando sucesivamente tanto a fórmula de elección coma o número total destes, alcanzando na actualidade un total de 27 deputados, como representación proporcional ó número de habitantes dos 13 partidos xudiciais. Esta estrutura complétase con outros órganos colexiados estables, ademais das variables comisións informativas e especiais creadas en cada período.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido - Expediente xeral 095/2015 (2015002864) de contratación por procedemento aberto para redacción do proxecto e execución da estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial Barro - Meis: >Expediente de Aprobación do expediente pola Xunta de Goberno de 13-02-2015. >Publicación no BOPPO de 02-03-2015. >Adxudicación pola XG de 25-08-2015 á UTE EDAR BARRO MEIS constituída polas empresas UNIKA Proyectos y Obras SAU e ALTUNA Y URÍA SA na cantidade e 980.169'58 €. >Contén informes dos servizos de Infraestruturas, Intervención, Contratación (Expte. 2015002864). Informe xeotécnico >Acordo da XG de 22-01-2016 aprobando o proxecto da obra. >Expediente de autorización da Conselleíra de Infraestruturas e Vivenda (Expte MT205H 2015000060-4) relativa á estrada AG.41 - Curro (AP-9) - Sanxenxo (VG-4.1), 09-06-2016. >Certificacións ( 1 - 14), 11-2016 a 02-2018. >Informe do técnico do Complexo Industrial Barro-Meis no que fai relación dos equipos, susceptibles de roubo e vandalismo, e solicita contratación de persoal, 28-07-2017. Data: 2015-2018.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Actividade industrial España Galicia Pontevedra Barro
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Barro
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra (Tema) (Creador)