ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.149
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

CONGREGACIÓN DE NOSA SEÑORA DA CONCEPCIÓN E MISERICORDIA DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 2.4.1.2

  • Título CONGREGACIÓN DE NOSA SEÑORA DA CONCEPCIÓN E MISERICORDIA DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1489-1839 (Creación)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Congregación da Nosa Señora da Concepción e Misericordia(s. XV-1838) Segundo a Real provisión do 21 de xuño de 1786, a súa creación débese ós escribáns de número da vila de Pontevedra. Non se menciona data de creación. O documento máis antigo existente no Arquivo é de 1489. Tiñan como actividades principais a celebración dunha festa a súa patroa, misas e aniversarios; como asociación benéfica visitaba os presos e os enfermos os mércores de cada mes, socorría os pobres e dáballe dotes ás mozas orfas e honradas. Gobernábase por un muordomo e por oito deputados para as comisións da congregación. O dous cargos elixíanse anualmente por “cántaro e sorte”; un tesoureiro, que daba conta anualmente dos investimentos das rendas, das esmolas e das obras; ditas contas eran aprobadas e revisadas pola Congregación; avogado, médico e capiscal. A súa sede estaba nunha capela do convento de San Francisco. Desaparece a raíz da Desamortización de Mendizabal, pasando os seus bens a ser administrados pola Xunta de Beneficencia (1838).

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Ingresou cos fondos do Hospital de San Juan de Dios

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A meirande parte da documentación que se conserva trata de temas económicos, como son os libros de contabilidade e as escrituras de foros.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación.

  • Condicións de reprodución Limítase a reproducción dos documentos en mal estado de conservación

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel

  • Instrumentos de descrición Catálogo

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Existe documentación no Fondo do Concello de Pontevedra.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición