Fondos
GOBERNO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1
Título GOBERNO
Data(s) 1824 - 2024 (Creación) 1836 - (Produción) - 2024 (Produción)
Volume e soporte 2137 unidades de instalación; 11540 expedientes, rexistros ou agrupacións documentais; 25230 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Secretaría Xeral(1824-)
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta sección contén documentos relacionados coa provincia e a Deputación como Institución encargada do seu goberno, así como dos órganos de goberno da mesma, resultado das súas diferentes actividades. Os órganos de Goberno, tanto unipersoais coma colexiados foron variando ao longo dos máis de douscentos anos de existencia das provincias constitucionais, centrándose especialmente na figura do Gobernador Civil e Xefe político, do presidente e vicepresidentes e do Pleno da Corporación, da Comisión Xestora, da Comisión Permanente e da Comisión de Goberno. O Presidente é un órgano unipersoal de goberno da Deputación no que recaen as funcións de representación, execución das decisións tomadas polo Pleno e a de superior xerárquico da mesma e do seu persoal. Entre a súa creación (1813/1836 de forma continuada até 1925 este cargo foi desempeñado polo Xefe Político da provincia, que en 1849 pasou a chamarse Gobernador Civil, desempeñando unha dupla función: de mero executor das decisións da administración central e como superior xerárquico dos concellos, encargándose da súa tutela e inspección. Coa promulgación do Estatuto Provincial de 1925 adquire entidade propia, con funcións e autonomia de seu como órgano de goberno da Deputación. No período franquista retómase o seu caracter disciplinario e protector con respecto as entidades locais do seu territorio. O Pleno, a Comisión Xestora, a Comisión Provincial, a Comisión de Goberno, a Xunta de Goberno e as diferentes Comisións Informativas e especiais conforman os órgando colexiados, con diferenes niveis competenciais, tamén variables no decurso da evolución histórica das Deputacións. Dos órganos de goberno emana a documentación posiblemente de maior interese informativo, ao recoller a totalidade dos acordos e decisións adoptadas. Tamén ten relevancia informativa a documentación relacionada coa división territorial da provincia, o proceso de organización territorial, constitución dos concellos e a súa evolución, así como a súa simboloxía e o protocolo
Organizació
O cadro de clasificación da Sección GOBERNO detállase da seguinte forma: 1.- GOBERNO: 1.1.- XEFE POLÍTICO. GOBERNADOR CIVIL: 1.1.1.- Libro de Gobernadores Civís (1836-1970). 1.1.2.- Inventario do Goberno Civil (1834-1957). 1.1.3.- Correspondencia Gobernador Civil (1856-1906). 1.1.4.- Reais ordes (1834-1868). 1.2.- PRESIDENTE: 1.2.1.- Resolucións presidenciais (1949-2013). 1.2.2.- Libro de presidentes (1925-1959). 1.2.3.- Heráldica provincial (1889-2008). 1.2.4.- Expedientes de honras e distincións (1846-2004). 1.2.5.-Recortes de prensa(1956-2002) 1.3.- PLENO DEPUTACIÓN: 1.3.1.- Libro de deputados (1836-1979) 1.3.2.- Expedientes de división territorial (1824-2002). 1.3.3.- Libro de actas do Pleno (1836-2007). 1.3.4.- Expedientes de sesións do Pleno (1836-2012). 1.3.5.- Axudas de custo dos deputados (1883-2006). 1.3.6.- Expedientes de cargos provinciais (1885-2011). 1.4.- COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO: 1.4.1.- Libro de actas da Comisión Permanente (1837-1932). 1.4.2.- Expedientes de sesións da Comisión Permanente (1869-1929). 1.4.3.- Libro de actas da Comisión Xestora (1930-1949). 1.4.4.- Libro de acordos da Comisión Xestora (1942-1948). 1.4.5.- Libro rexistro de entrada da Comisión Xestora (1931-1938). 1.4.6.- Expedientes de sesións da Comisión Xestora (1932-1957). 1.4.7.- Libro de actas da Comisión de Goberno (1979-2003). 1.4.8.- Expedientes de sesións da Comisión de Goberno (1979-2003). 1.4.9.- Libro de actas da Xunta de Goberno (2004-2010). 1.4.10.- Expedientes de sesións da Xunta de Goberno (2004-2010). 1.4.11.- Libro de actas da Comisión Asociada (1877-1882). 1.5.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1. Libro de actas da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades (1962-1977) 2. Expedientes da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades (1958-2007). 3. Libro de actas da Comisión Informativa de Agricultura, Gandaría e Pesca (1958-1979) 4. Expedientes da Comisión Informativa de Agricultura, Gandaría e Pesca (1955-2005). 5. Libro de actas da Comisión Informativa de Educación, Cultura e Deportes (1958-1979) 6. Expedientes da Comisión Informativa de Educación, Cultura e Deportes (1967-2008). 7. Libro de actas da Comisión Informativa de Beneficencia e Obras Sociais (1958-1970) 8. Expedientes da Comisión Informativa de Beneficencia e Obras Sociais (1958-2010). 9. Libro de actas da Comisión Informativa de Persoal (1970-1972) 10. Expedientes da Comisión Informativa de Persoal (1970-2009). 11. Libro de actas da Comisión Informativa de Obras Públicas (1962-1964) 12. Expedientes da Comisión Informativa de Obras Públicas (1957-2007). 13. Expedientes da Comisión Especial de Contas (1985-2009). 14. Libro de actas da Comisión Informativa de Goberno (1965-1971) 15. Expedientes da Comisión Informativa de Goberno (1962-1984). 16. Libro de actas da Comisión Informativa de Facenda e Economía (1958-1973) 17. Expedientes da Comisión Informativa de Facenda e Economía (1949-2009). 18. Expedientes da Comisión Informativa de Industria, Turismo e Medio Ambiente (1979-1991). 19. Expedientes da Comisión Informativa de Sanidade, Urbanismo e Vivenda (1979-2003). 20. Libro de actas doutras comisións e organismos (1884-1894) 21. Expedientes doutras comisións e organismos (1884-2011).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Secretaría Xeral (Tema) (Creador)