ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

XEFE POLITICO. GOBERNADOR CIVIL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.1

  • Título XEFE POLITICO. GOBERNADOR CIVIL

  • Data(s) 1834-1970 (Creación)

  • Volume e soporte 36 unidades de instalación; 480 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Gobernador Civil-Pontevedra(1833-) O gobernador civil foi a autoridade política nas provincias en España a partir da creación destas por Javier de Burgos en 1833. Ten os seus antecedentes na figura dos xefes políticos como máxima autoridade provincial creado no artigo 324 da Constitución Española de 1812. Este cargo foi derrogado por Fernando VII en 1814, e restablecido durante o Trienio Liberal de 1820 a 1823. Foi creado por Real Decreto do 23 de outubro de 1833 en que se establece a figura de subdelegado de fomento, cuxas funcións versaban sobre agricultura, industria e comercio, minería, concellos, policía xeral, instrución pública, sociedades económicas, hospitais e establecementos benéficos, cárceres, irmandades e confrarías, bibliotecas, museos, teatros e espectáculos, caza, pesca, prevencións xerais, camiños, canles, etc. A estrutura administrativa era o subdelegado, un secretario, un oficial de primeira e outro de segunda, dúas de terceira e outros dous de cuarta e un porteiro. En1847 no Real Decreto do 29 de setembro vólveselle a denominar gobernador civil que é o que se mantivo até 1997 en que se creou a figura do subdelegado do goberno, para asignar a un por provincia. Ao longo destes anos producíronse varias modificacións legais que afectaban as responsabilidades do cargo. Así no Real Decreto do 14 de agosto de 1893 no que se suprimían as seccións de Fomento. En 1925 as súas funcións estaban establecidas na Administración Local e o Estatuto Provincial. O 10 de outubro de 1958 dotóuselles dun estatuto propio, outorgándolle ao cargo a máxima autoridade da provincia. O 14 de abril de 1997 desaparece para converterse en subdelegado do Goberno dependente do delegado do Goberno na comunidade autónoma.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística A institución de gobernador civil, unidade político administrativa provincial da organización territorial da Administración do Estado, xorde coa Constitución de 1812 a través da figura do xefe superior, que dirixirá o goberno das distintas provincias. Polo Real decreto do 30 de novembro de 1833 establécese a actual organización provincial e dáselle a autorización administrativa a un delegado de fomento que en 1834 pasou a denominarse gobernador civil como máxima autoridade e representación do goberno na provincia. Pola Lei de réxime foral de 1955 regulaméntanse as súas funcións e fortalécense en 1958 co Estatuto persoal dos gobernadores civís.Co regulamento de 1961 organízanse como unidades político-administrativas provinciais, dependentes do Ministerio da Gobernación. Ó longo dos séculos XIX e XX é a máxima autoridade político-administrativa, representante do goberno, coordinador da administración provincial, xefe dos servizos públicos provinciais, de orde pública e de policía. Desde 1977 depederán organicamente do Ministerio do Interior e, co desenvolvemento das autonomías, perderán competencias (regulamento de 1980) e convertiranse en delegados de goberno provinciais. En 1996 pasan a ser subdelegados de Goberno.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta sección contén un pequeno grupo de documentos resultado das funcións do Gobernador Civil no século XIX. Inclúense as Reais ordes.

  • Organizació

    O cadro de clasificación da sección 1.1. XEFE POLÍTICO. GOBERNADOR CIVIL recolle as seguintes series documentais:
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- XEFE POLÍTICO. GOBERNADOR CIVIL:
    
    1.1.1.- Libro de Gobernadores Civís (1836-1970).
    1.1.2.- Inventario do Goberno Civil (1834-1957).
    1.1.3.- Correspondencia Gobernador Civil (1856-1906).
    1.1.4.- Reais ordes (1834-1868).

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais O Arquivo Histórico Provincial conserva o fondo do Goberno Civil, con documentación entre 1833-1990. En 1955 trasládase a este centro o denominado “Fondo antigo” desde os locais da Deputación Provincial de Pontevedra sen inventariar nin catalogar. Por circunstancias descoñecidas desaparece parte da documentación, ficando este fondo moi minguado. En 1986 entrou parte da documentación da Comisaría de Pontevedra, procedente do Goberno Civil. En 1990 transfírese a documentación sobre a Comisaría de Policía de Vigo, procedente da Brigada de Documentación da mencionada comisaría viguesa. En 1999 entra a documentacición referida á Xunta Provincial de Beneficencia e á Comisaría de Policía de Pontevedra, procedentes dos locais da Subdelegación de Goberno. Especial relación cos fondos de Deputación ten o denominado "Fondo antigo" (1833-1903), con documentación netamente administrativa, eminentemente local, de grande interese, centrada no século XIX: revolucións liberais, guerras carlistas, papel do exército regular e milicias, guerra de Africa, desamortización... http://arquivos.depontevedra.es/?1,6534 http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-historico-provincial-de-pontevedra/

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gobernador Civil-Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición