Fondos
35.763/17. Foro, outorgado por Benito Mariño de Lobera Balboa y Andrade, a favor de Bartolomé de Guidimill
Foro, outorgado por Benito Mariño de Lobera Balboa y Andrade, a favor de Bartolomé de Guidimill
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.763/17
Título Foro, outorgado por Benito Mariño de Lobera Balboa y Andrade, a favor de Bartolomé de Guidimill
Data(s) 1663-11-20 (Creación)
Volume e soporte 5 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Copia compulsada dunha escritura de foro, outorgada por Don Benito Mariño de Lobera Balboa y Andrade, a favor de Bartolomé de Guidimill e a súa muller, dos muíños da Baralla coa súa casa, máis unha herdade que está pegada de 3 ferrados e medio de sembradura. En renda e pensión cada un ano, de 30 ferrados de pan e 2 galiñas. Documento feito ante Gregorio de Figueroa.[Freguesía de San Vicente de Nogueira. Concello de Meis]
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)