ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.28.1.4

  • Título Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido

  • Data(s) 1940-2010 (Creación)

  • Volume e soporte 3 fotografías e 3 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido(1919-2010) Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido naceu en Fornelos de Montes o 21 de outubro de 1919, pero con catorce ou quince anos emigrou a Lisboa, onde traballaba como mozo de carga transportando barrís de licor no negocio doutro veciño de Fornelos, Manuel Lorenzo Cima. Cando tiña 17 reclamárono para incorporarse ao bando franquista pero como aínda non tiña idade de facer a mili, non viaxou a Galicia ata chegado o seu remprazo, en 1940. Con el no tren, desde Lisboa, viaxaban un grupo de mozos que foron detidos nada máis pasar a fronteira. A el non o detiveron daquela pero di a súa filla que ao chegar xa quedou fichado pola Garda Civil de Tui. Consciente de que tiña que cumprir co servizo militar, presentouse ao pouco en Pontevedra, na Caja de reclutas 69, e pouco tempo despois foron por el á súa casa e trasladárono a Miranda del Ebro. Pediron informes seus ao consulado portugués, ao concello e á Garda Civil de Fornelos. Foron bos para as expectativas do réxime. Non constaba ningún tipo de militancia política nin sindical previa a súa viaxe a Lisboa. Na documentación recompilada pola súa filla non consta o motivo da detención, pero é probábel que fose considerado desertor ao non responder a aquela chamada a filas, e que por iso foi destinado a batallóns de traballos forzados. Foi trasladado a Madrid o 11 de xuño de 1940 e axiña, o 23 do mesmo mes, a Rota, para acabar sendo enviado ao batallón disciplinario de San Roque o 7 de maio de 1941. A filla conta que camiñaba quince quilómetros para incorporarse á tarefa de picar pedra para facer estradas. Cando saíu, estivo un tempo recuperándose na aldea e logo volveu a Lisboa. Co tempo casou coa neta do dono da tenda de licores portuguesa, Laura Alonso Lorenzo, con quen tivo un fillo, Manuel, e dúas fillas, Isabel e Olga.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística A filla de Raimundo Rodríguez, Olga Rodríguez Alonso cede o material, que consiste en tres fotos (un retrato e dúas de grupo no batallón de San Roque), copia dos documentos que forman parte do seu expediente e unha pequena libreta con anotacións manuscritas sobre a súa estadía nos distintos batallóns dos que formou parte.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido, veciño de Forcarei, foi destinado a batallóns de traballos forzados en 1940 seguramente por non responder ao chamamento a filas por atoparse traballando en Lisboa. Esta sección contén copia dos documentos que forman parte do seu expediente e unha pequena libreta con anotacións manuscritas sobre a súa estadía nos distintos batallóns dos que formou parte, así como 3 fotografías.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido (Tema) (Creador)

Área de control da descrición