Fondos
3. PLENO DEPUTACIÓN
PLENO DEPUTACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3
Título PLENO DEPUTACIÓN
Data(s) 1824 - 2024 (Creación) 1844 - (Produción) - 2024 (Produción)
Volume e soporte 356 unidades de instalación; 2753 agrupacións documentais; 5550 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Secretaría Xeral(1824-)
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta sección contén documentos do Pleno da Corporación , así como relativos aos cargos políticos que o forman (Libro de deputados, axudas de custo dos deputados e expedientes de cargos provinciais). Tamén os expedientes de división territorial, que recollen as incidencias relativas á organización territorial administrativa: creación e supresión de concellos, modificacións parroquiais, deslindamentos…de extraordinario interese para o coñecemento da evolución administrativa do territorio provincial. O Pleno é o principal órgano colexiado de goberno da Deputación, ostentando o poder decisorio da Corporación, aínda que as súas competencias varían nos diferentes períodos da nosa historia contemporánea, en función do nivel de autonomía con respecto aos poderes do Estado.. Até 1845 é un órgano de goberno plenamente decisorio, cunha ampla variedade de competencias, pasando coa lei de 1845 a ser un órgano meramente deliberador dos asuntos que lle formula a Presidencia. Será o Estatuto Provincial de 1845 o que lle devolve o seu caracter executivo, especificando de forma clara as súas competencias que se amplian notoriamente. Na Segunda República pasa a denominarse Comisión Xestora, nome que conservará até 1949 no que retoma definitivamente a denominación de Pleno.
Organizació
O cadro de clasificación da sección 1.3. PLENO DEPUTACIÓN recolle as seguintes series documentais: 1.- GOBERNO: 1.3.- PLENO DEPUTACIÓN: 1.3.1.- Libro de deputados (1836-1979) 1.3.2.- Expedientes de división territorial (1824-2002). 1.3.3.- Libro de actas do Pleno (1836-2007). 1.3.4.- Expedientes de sesións do Pleno (1836-2012). 1.3.5.- Axudas de custo dos deputados (1883-2006). 1.3.6.- Expedientes de cargos provinciais (1885-2011).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Secretaría Xeral (Tema) Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema) (Creador) (Creador)