Fondos
7.064/22. Documentación ERGA. Estudantes (1976-1977)
Documentación ERGA. Estudantes (1976-1977)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.28.2.6.4.7.064/22
Título Documentación ERGA. Estudantes (1976-1977)
Data(s) 1976-1977 (Creación)
Volume e soporte 1 agrupación documental; 28 follas
Área de contexto
Nome do produtor Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA)(1972-1988) Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista galega e de esquerdas activa entre 1972 e 1988. Fundouse a iniciativa de Unión do Povo Galego (UPG), nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago e a morte dun estudante por parte da policía en decembro de 1972. Encargase a iniciativa a Manuel Mera, que acaba de chegar de Arxentina e coñecía a experiencia da organización universitaria maoísta Vangarda Comunista, articular unha organización de agrupase a universitarios e estudantes de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes de UPG, logrou captar a un grupo de universitarios e conseguiu a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista de Galicia, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato. En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso ao que asistiron 1000 delegados e elixiuse unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o Bloque Nacionalista Galego (BNG) en 1982, ERGA integrouse nel. ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973. ERGA constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil, conseguiu unha ampla presenza na Universidade e nos institutos galegos e formou a futuros dirixentes e cadros de UPG.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación ERGA. Estudantes. Contén: - Mocedades. Proposta de creación. - "os estudiantes ante a Constitución" - Informe (dous exemplares) - Informe III - Comunicado do cumio local de Vigo - Declaraciónb ERGA sobor dos derradeiros feitos ocurridos no noso centro Cangas nadal do 76 - III programa provisional de Estudantes Revolucionarios Galegos (febreiro 1976) - ERGA. Por un ensino Nacional, Cientifico, Popular e Democrático (febreiro 1976) - Cartaz da manifestación contra suba das tasas académicas (formato A3)
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) (Tema) (Creador)