ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

"Guieiro". Unión da Mocedade Galega

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.28.2.6.5

  • Título "Guieiro". Unión da Mocedade Galega

  • Data(s) 1978 (Creación)

  • Volume e soporte 4 revistas

Área de contexto

  • Nome do produtor Unión da Mocedade Galega (UMG)(1977-1988) A Unión da Mocidade Galega (UMG) é a organización xuvenil da Unión do Povo Galego. Foi creada en 1977. Supón a principal corrente interna de Galiza Nova, mocidades do BNG. O documento As mocedades do partido, de febreiro de 1977, recolle a decisión de crear a UMG ante o aumento no número de simpatizantes, afiliados e militantes da UPG no ensino medio e entre a mocidade traballadora. Isto levou ao partido concibir a creación dunha organización da mocidade que, ademais de servir para levar ao sector “unha liña política comunista e patriótica”, puidese abordar a problemática especificamente xuvenil. A creación da UMG foi ratificada no 1º Congreso da UPG en agosto de 1977, días despois de se constituír formalmente. Na primavera de 1977 levouse a cabo un traballo de captación de militantes, organización de células e discusión teórica e programática. O Congreso constituínte celebrouse os días 14 e 15 de agosto de 1977, baixo o lema “Por unha Galicia ceibe e socialista”. Nel aprobáronse os Estatutos da organización e un programa no que se analiza a situación específica da mocidade galega, o papel da UMG nese contexto e as alternativas que defende, incluíndo unha táboa de “reivindicacións mínimas”. A definición ideolóxica e os obxectivos políticos establécense simultaneamente no capítulo 1º dos Estatutos e no apartado do Programa titulado “Qué é a UMG?”, e veñen determinados pola vinculación coa UPG: “A UMG (Unión da Mocidade Galega) é a organización comunista e patriótica da mocedade galega e é, xa que logo, a organización xuvenil da UPG” (art.1). Así, do mesmo xeito que o fai a UPG, a UMG declárase ao mesmo tempo comunista e nacionalista, xa que entende que a instauración do socialismo en Galiza pasa necesariamente pola previa liberación nacional do país. Dende o ano 1988 coa creación de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG), renuncia á actividade pública ao igual que fixo a UPG dentro do BNG dedicándose os seus cadros á actividade dentro de dita organización. Ver: https://gl.wikipedia.org/wiki/Uni%C3%B3n_da_Mocidade_Galega#:~:text=A%20Uni%C3%B3n%20da%20Mocidade%20Galega%28UMG%29%20%C3%A9%20a%20organizaci%C3%B3n,corrente%20interna%20de%20Galiza%20Nova%2C%20mocidades%20do%20BNG.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Catro exemplares da revista Guieiro do ano 1978

Área de documentación

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Unión da Mocedade Galega (UMG) (Tema) (Creador)

Área de control da descrición