ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente de subministración e instalacións de gas na Cidade Infantil Príncipe Felipe (1997-2002)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.3.4.2.45.210/24

  • Título Expediente de subministración e instalacións de gas na Cidade Infantil Príncipe Felipe (1997-2002)

  • Data(s) 1997-2002 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe(1975-) A Cidade Infantil Príncipe Felipe inaugurárona en 1976 os reis don Juan Carlos e dona Sofía. A institución, de carácter educativo e benéfico-social, foi concibida para albergar e formar os nenos e mozos que, por unha ou outra circunstancia, cumpría acoller e protexer. O obxectivo foi desde un primeiro momento encargarse da educación destes rapaces pero non illadamente, como seres marxinados da sociedade, senón que alumnos residentes e externos convivisen e se educasen nun clima no que reinase a igualdade entre eles. A este obxectivo inicial, que segue sendo hoxe un dos eixes sobre os que xira a institución, hai que engadir que este ano se acadou un logro importante para o seu desenvolvemento coa incorporación dun Centro de Día coa finalidade de que a cotío os rapaces internos convivan e compartan tarefas e actividades cos nenos que posúen un núcleo familiar estable. Das tarefas diarias do Centro encárgase un equipo de persoal esforzado en lograr que a estancia dos nenos neste sexa o máis agradable posible.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido - Expediente de subministración e instalacións de gas na Cidade Infantil Príncipe Felipe: >Estudio comparativo do coste dos combustibles gasóleo C e gas natural elaborado por Gas Galicia SDG SA., sen data. >Plano de planta de trazado do proxecto Rede de Pontevedra (1ª fase) elaborado por Idom para Gas Galicia, 03-1997 <2 planos elaborados por Sampling do proxecto ERM (?)Pontevedra : obra vivil caseta e pechamento exterior para Gas Galicia, 09-1997. >Oferta de subministracion de Gas Galicia, 04-1998. >Informes obre a instalación con cesión por convenio de parcela e póliza de abono con Gas Galicia SA, 1998-1999. >Proxecto de Reforma de caldeiras de calefacción e ACS adaptada a gas natural copia asinada e visada. Autor: Polar Clima, 11 e 12-1999. >Requerimentos da Consellería de Industria e Comercio sobre os expedientes IN623-A 1999/199-5 de instalación, 11-1999 e IN625A 2001/99-5, 2001-2002. >Baixa do subministro de Gas galicia correspondente á póliza 41-00039653-9, 06-2002. >Baixa dos depósitos enterrados para gas propano de Repsol, 2001-2002. Data: 1997-2002.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe (Tema) (Creador)

Área de control da descrición