ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1988/03/03_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.083/1.1988-03-03_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 1988/03/03_Extraordinaria

  • Data(s) 1988-03-03 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 67,70 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 3 de marzo de 1988 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dezaoito horas e oito minutos do día tres de marzo de mil novecentos oitenta e cito, baixo a presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manoel Barros Gonzalez, D. Xosé Castro Álvarez, D. Manoel Ramón Conde Romero, D. Manoel Costa Casares, D. Xesús Manoel Costas Abreu, D. Manoel Díaz González, D. Avelino Fernández Alonso, D. Xosé Manoel Gallego Lomba, D. Emilio González Iglesias, D. Sebastian Juncal Curras, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Xosé Manoel Losada Millan, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. Xosé Manoel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero, D. Modesto Valverde Soto, y D. Gilberto Benito Víla Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo a correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fe do acto o Secretario Xeral Interino D. Antonio Castro López, e está presente o Interventor de Fondos Provinciais, D. Fernando Pedrosa Roldan. Non asisten os Sres. Deputados D. Francisco Javier Cobián Salgado, Dª. Elvira Fernández Díaz, D. Fernando Garrido Valenzuela y D. Diego Murillo Carrasco. Declarada aberta a sesión e da orde da Presidencia entrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación co mesmo o seguinte acordo: 1.2087.- PROPUESTA DE NOMBRAMIENTO DE HIJO ADOPTIVO DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Y DE LA CONCESIÓN DEL GRAN COLLAR DE LA PROVINCIA, AL DOCTOR RAUL RICARDO ALFONSÍN, PRESIDENTE DE LA REPÚBLICA ARGENTINA Sr. Presidente.- Vamos a escomenzar esta sesión extraordinaria con un punto único. Proposta de nomeamento de Fillo Adoptivo da provincia de Pontevedra e da concesión do Gran Colar da provincia ó Doutor Raúl Ricardo Alfonsín, Presidente da República Arxentina. Moción que a Presidencia eleva ó Pleno Provincial propoñendo a concesión ó Doutor D. Raúl Alfonsín, Presidente da República Arxentina do título de Fillo Adoptivo da Provincia e do Grande Colar da Provincia. Sres. Deputados: é de coñecemento xeral que o Doutor Alfonsín, Presidente da República Arxentina é neto de emigrantes pontevedreses, natural do municipio de Ribadumia, a aquela nación irmanado polo ano 1874. Esta vinculación de orixe coa nosa provincia refórzase, acentúase, por vontade tácita e expresamente manifestada por tan insigne personalidade a través das reiteradas atencións que ven adicando non só ós nosos compatriotas da emigración arxentina senón tamén ás persoas e institucións da nosa Provincia. Saben os Sres. Deputados que no ano 1984, recén elexido democráticamente para desempeñar a primeira lexislatura da nación Arxentina e con ocasión da súa visita oficial a España tivo a xentileza de honrarnos coa súa presencia nos Concellos de Lalín e Ribadumia nunhas xornadas inenarrables que quedarán grabadas no acontecer provincial. Hai escasas semanas na súa segunda visita oficial ó noso país quixo recibir a esta Presidencia nunha audiencia especial, no curso da cal manifestou o seu entrañable amor á Provincia dos seus devanceiros. As súas propias declaracións nos discursos pronunciados na nosa terra están, por decilo dalgún xeito, impregnadas dun cariño especial cara Galicia e cara a Pontevedra, hata o punto de afirmar que aquí se sentía emocionadamente na súa casa como fillo de Galicia. D Doutor Raúl Alfonsín é Fillo Adoptivo da Comarca de Lalín e de Ribadumia, e Medalla de Ouro de Lalín por decisión unánime e aclamatoria das Corporacións Municipais respectivas. Por Decreto desta Presidencia institúese expediente a teor do determinado no Regulamento de Honras e Distincións e a Comisión de Honras e Protocolo formulou na sesión do 29 de febreiro próximo pasado proposta no senso seguinte: Primeiro, nomear ó Doutor D. Raúl Ricardo Alfonsín, Presidente da República Arxentina, Fillo Adoptivo da provincia de Pontevedra. Segundo, conceder ó Doutor Raúl Alfonsín a máxima instituí- da polo Regulamento de Honras desta Deputación, o Grande Colar da Provincia. Terceiro, acordar que a imposición destas distincións se efectúe en acto público e solemne, na data que se considere máis oportuna dándolle o máximo realce. Consecuente coa referida proposta eu permítome solicitar dos Sres. Deputados en atención ós méritos e circunstancias que concorren en tan Ilustre personalidade se acorde por unanimidade e aclamación prestar aprobación á proposta de referencia. Penso que os merecementos do Doutor Alfonsín están por riba de toda ponderación e que a Corporación Provincial se sentirá asímesmo honrada honrando continuamente a ese home excepcional que é sangue do noso sangue e galego e pontevedrés de pro. Para rematar debo anunciarbos que no suposto de que o Pleno acepte a proposta que imos a someter a estudio lle serán ofrecidas ó Doutor Alfonsín as distincións outorgadas na audiencia que nos concedeu na nosa próxima viaxe a Bos Aires. Moitas gracias. Sres. Deputados teñen a palabra. Sr. Juncal Currás.- A Comisión de Honores na sesión do 29 de febreiro adoptou a proposta seguinte: Coñece a Comisión o expediente instruído por Decreto da Presidencia de 15 de febreiro, xustificativo das razóns do otorgamento ó Doutor Raúl Ricardo Alronsín, Presidente da República Arxentina, do nomeamento de Fillo Adoptivo da provincia de Pontevedra e da concesión do Gran Colar da Provincia, e: Resultando que do expediente tramitado dedúcense os méritos e circunstancias que concorren na persoa do Doutor Ricardo Alfonsín, entre as que son de desta,car ó tratarse dunha persoa que sendo neto de emigrantes oriundos da provincia de Pontevedra, alcanza a máxima maxistratura do país arxentino en unhas eleccións democráticas e libres convocadas tras un longo período de dictadura, obtendo o respaldo maioritario do seu pobo, entre o que se conta unha numerosísima colonia galega, dándose o caso de que Bos Aires, capital da República Arxentina, é a cidade do mundo con máis habitantes galegos de orde e de descendencia. Resultando que o Doutor Alfonsín demostrou unha constante vocación de galleguidade caracterizada pola súa aberta e cordial convivencia cos nosos emigrantes e coas colectividades que naquel país se integran sintindo como seus os problemas que os afectan. Resultando que no medio de graves dificultades afronto u a ardua tarea de consolidar a democracia no seu país garantizando as libertades e relanzando a economía Arxentina, o que osen dúbeda repercute en gran medida na mellora da calidade de vida dos arxentinos, e por suposto, da gran colonia galega alí asentada e Visto o vixente Regulamento de Honras e Distincións da Deputación Provincial de Pontevedra, aprobado por unanimidade pola Excma. Corporación Provincial na sesión plenaria celebrada o 27 de xunio de 1972 e Considerando que o artigo primeiro de dito Regulamento ins- titucionaliza o recoñecemento dos méritos que concorren nas persoas físicas en razón as súas singularidades, considerando ademáis que o artigo segundo establece as distincións que a Deputación pode conceder, entre as que se destaca como de maior rango o do apartado a), o Gran Colar da Provincia, e a do apartado d), nomeamento de Fillo Adoptivo. Considerando que se tramite o expediente correspondiente conforme ó disposto nos artigos 3º e 4º do citado Regulamento, sendo a Comisión de Honras e Protocolo quen debe efectuar o oportuno dictame, é polo que esta Comisión ten a honra de elevar ó Pleno a seguinte proposta: Primeiro, nomear ó Doutor Raúl Ricardo Alfonsín, Presidente da República Arxentina, Fillo Adoptivo da Provincia de Pontevedra. Segundo, conceder ó Doutor Alfonsín a máxima distinción instituida, o Gran Colar da Provincia. Terceiro, acordar que a imposición destas distincións se efectúe en acto público e solemne na data que se considere máis oportuna dándolle o máximo realce. Sr. Presidente.- Sr. Pena Viéitez. Sr. Pena Viéitez.- Moitas gracias, Presidente. O Grupo Socialista quere manifestar o seu apoio expreso á iniciativa de nomeamento de Fillo Adoptivo da Provincia e a concesión do Gran Colar da provincia ó Excmo. Sr. D. Raúl Ricardo Alfonsín, Presidente da República Arxentina. Queremos facer constar asímesmo a satisfacción que nos produce que este nomeamento veñalle dado a un neto da emigración, daqueles tantos e tantos emigrantes que na esperanza de facer a fortuna que aterra lles negaba arribaron a moitos palses de América desarraigados de Galicia físicamente pero coa súa presencia no corazón e no sentimento. Na persoa do Excmo. Sr. Raúl Ricardo Alfonsín quere o Grupo Socialista recoñecer as virtudes dos galegos emigrados, a súa capacidade e hombría, a súa honestidade e o seu amor a Galicia e a súa adicación e cariño á nova terra que lles deu acollida. D. Raúl Ricardo Alfonsín non debla de ser senón por razóns formais declarado Fillo Adoptivo da provincia de Pontevedra senón que de poder ser, e de feito así é, debería de ser declarado Fillo Predilecto desta Provincia porque para os galegos de Galicia e de América consideramos ó Doutor Alfonsín tan galego, tan pontevedrés como calesquer veciño de Crecente ou Vila de Cruces, de Bueu ou de Agolada, de Lalín ou de Baiona, veciño en fin da nosa Provincia. Considerando que existe un léxitimo orgullo de que un fillo da raíz de Galicia chegara as máis altas instancias do poder democrático e loite día a día por consolidar esa democracia e esa vontade política, estimamos que debemos reforzar o noso apoio á democracia Arxentina na persoa deste Ilustre pontevedrés de raíz en Ribadumia, D. Raúl Ricardo Alfonsín, polo cal o noso Grupo vai apoiar a iniciativa da Presidencia con tódalas consecuencias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Pena. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Muchas gracias, Presidente. Al margen de arropar total y absolutamente las palabras de mi compañero de partido político pues yo como un descendiente de tantos emigrantes, el único hermano que tengo está en Brasil hace cuarenta años. Yo quisiera que ustedes los que tienen la suerte y la ventura de poder realizar este viaje vayan diciéndole a todos los gallegos, yo hasta diría a todos los españoles y por supuesto a todos los vigueses que por allí están que practiquen constante y permanentemente la libertad, la democracia, y que tengan presente y patente que Galicia, y por supuesto Vigo, trabajan constante y permanentemente para que no vuelva a haber un emigrado más. y recuerden que en Rúa Baibé 122, Santos, Brasil, mi hermano, el único que tengo, les espera allí. Espero que vayan a visitarlo. Gracias. Sr. Presidente.- Muchas gracias, Sr. Nieto. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente. En nome do Partido Socialista Galego - Esquerda Galega, quixera xustificar o noso apoio á Moción da Presidencia e ó dictame da Comisión cun dobre plantexamento, é dicir, por unha parte desde a realidade concreta do país no que vivimos, desde Galicia, e desde un punto de vista universalista que creo que son absolutamente compatibles e complementarias, e por outra parte desde a simpatía persoal que nos inspira a persoa do Doutor Alfonsín e desde a súa dignidade institucional. Eu penso que quizáis vae a pena sinalar que os galegos tamén cando aquí alcanzamos a democracia nos dotamos dun instrumento básico para o noso autogoberno, que é un Estatuto de Autonomía, ese Estatuto de Autonomía recoñece a condición de galegos non só os que aquí viven senón tamén os descendentes dos galegos que andan polo mundo, e mesmo marca a obriga de que esta Comunidade Autónoma manteña as relacións privilexiadas coas Comunidades galegas asentadas no exterior. Na estructura institucional da Xunta existe un organismo dedicado a isto, e existe tamén unha Lei que establece por qué procedemento se leva a cabo esto, e eu penso que neste traballo de manter a nosa conexión cos fillos de Galicia polo mundo tódalas institucións galegas teñen unha cuota de responsabilidade, e esta Deputación está a exercer con este acordo a súa parte desta cuota. Penso tamén a honra que lle facemos merecida ó Doutor Alfonsín, ten moito que ver coas circunstancias tristes que se deron no cono sur de América Latina, lugar onde reside un ha enorme cantidade de galegos emigrados no século XIX e tamén deste século, e nos que por fin se alvisca a luz da democracia pese a unhas épocas tristes que se superaron e a moitos torpes intentos de facer recuar a historia. En especial, no caso de Arxentina, como se sinala no dictame da Comisión de Honras e Protocolo da curiosa, e por unha parte triste, pero hoxe xa, unha vez que a historia anduvo seus pasos, honrosísima para nós e penso que tamén para os arxentinos, circunstancia de que a primeira cidade galega do mundo, e non é por un afán para nada patrimonializador senón de reivindicar a pluralidade dos nosos asentamentos, é precisamente Buenos Aires, a capital da república onde exerce pre- cisamente un descendente de galegos, o Doutor Alfonsín ó que hoxe homenaxeamos. E por último dúas cousas: eu quixera lembrarlles a todos e lembrarme especialmente a mín unhas palabra que dixo o Doutor Alfonsín na súa visita as súas terras natalicias, ou polo menos devanceiras. Foi algo así como que usar o galego en Galicia era a cousa máis normal e máis lóxica do mundo, que a veces nos fai pensar na lucidez dos emigrantes ou dos descendentes frente a problemas para os que aquí nos liamos inúltimente a manta á cabeza. E un último punto, se cadra, para marcar tamén a significación do noso apoio. Máis alá de discrepancias que se poidan ter desde o punto de vista do observador exterior pero apasionado pola realidade arxentina ou americana sobre determinadas accións políticas do Doutor Alfonsín ou de calquer outro Presidente, nós estimamos que un dos rasgos que caracteriza ou que polo menos deben de caracterizar a toda democracia seria, é o respeto ás institucións e ás persoas dos titulares desas institucións, respeto que haberán tanto os propios titulares que teñvan a recibir daquela xente, e a gratitude que significa para éles que nós desde aquí nos estemos acordando deles. Eu comentei en moitos momentos que nós non sabíamos recoñecer o que os galegos sinten por Galicia alá, porque hai que vivir en propia carne e sentir en propia carne a emigración. A emigración é moi dura para todos aqueles que ternos que ausentarnos por unhas razóns ou outras hacia eses países onde, en un principio, nos vinculamos a xentes da nosa terra pero que o longo do tempo vamos cada vez acordándonos máis desta querida terra, e indiscutiblemente estes lazos de amistade e de hermanamiento e de recoñecer o que é un galego, o que foi un galego naquelas terras, é algo que honra o noso Presidente, e lle digo que de todo corazón o noso grupo está identificado totalmente coa postura que se tomou, e é máis, eu diría que a todos aqueles que están alá, que por unhas circunstancias ou outras chegaron a ser grandes galegos na Arxentina, que, cando esteamos alá que tratemos, como xa lle dixen ó Presidente nunha reunión, que tratemos de que estén con nós porque realmente estou seguro que nos van a agradecer esta xuntanza. Nada máis, gracias Presidente. Sr. presidente.- Gracias Sr. Valverde. oídos os Sres. Deputados a mín so me resta agradecerlles o apoio a esta Moción que é reflexo fiel do respeto que vostedes teñen pola democracia, pola libertade e en definitiva do respeto que vostedes mostran ou amosan pola dignidade do home. Moitas gracias, Sr. Nieto Figueroa, trataremos de levarlle o seu abrazo a seu irmán en Brasil. Polo tanto someto a aprobación o dictame da Comisión por aclamación si son tan amables os Sres. Deputados, polo tanto queda aprobado o nomeamento do Fillo Adoptivo da provincia e Gran Colar da Provincia do Doutor Raúl Alfonsín, por aclamación. Moitas gracias Sres. Deputados. Coñece o Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra o expediente instruído por Decreto da Presidencia de 15 de febreiro, xustificativo das razóns do otorgamento ó Doutor Raúl Ricardo Alfonsín, Presidente da República Arxentina, do nomeamento de Fillo Adoptivo da provincia de pontevedra e da concesión do Gran Colar da Provincia, e: Resultando que do expediente tramitado dedúcense os méritos e circunstancias que concorren na persoa do Doutor Ricardo Alfonsín, entre as que son de destacar ó tratarse dunha persoa que sendo neto de emigrantes oriundos da provincia de Pontevedra, alcanza a máxima maxistratura do país arxentino en unhas eleccións democráticas e libres convocadas tras un longo período de dictadura, obtendo o respaldo maioritario do seu pobo, entre o que se conta unha numerosísima colonia galega, dándose o caso de que Bos Aires, capital da República Arxentina, é a cidade do mundo con máis habitantes galegos de orde e de descendencia. Resultando que o Doutor Alfonsín demostrou unha constante vocación de galleguidade caracterizada pola súa aberta e cordial convivencia cos nosos emigrantes e coas colectividades que naquel país se integran sintindo como seus os problemas que os afectan. Resultando que no medio de graves dificultades afrontou a ardua tarea de consolidar a democracia no seu país garantizando as libertades e relanzando a economía Arxentina, o que sen dúbeda repercute en gran medida nao mellora da calidade de vida dos arxentinos, e por suposto, da gran colonia galega alí asentada e Visto o vixente Regulamento de Honras e Distincións da Deputación Provincial de Pontevedra, aprobado por unanimidade pola Excma. Corporación Provincial na sesión plenaria celebrada o 27 de xunio de 1972 e Considerando que o artigo primeiro de dito Regulamento institucionaliza o recoñecemento dos méritos que concorren nas persoas físicas en razón as súas singularidades, considerando ademáis que o artigo segundo establece as distincións que a Deputación pode conceder, entre as que se destaca como de maior rango o do apartado a), o Gran Colar da Provincia, e a do apartado d), nomeamento de Fillo Adoptivo Considerando que se tramito u o expediente correspondiente conforme ó disposto nos artigos 3º e 4º do citado Regulamento, de conformidade coa proposta da Comisión de Honras e protocolo, o Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra por unanimidade e por aclamación acordou o seguinte: Primeiro, nomear ó Doutor Raúl Ricardo Alfonsín, Presidente da República Arxentina, Fillo Adoptivo da provincia de Pontevedra. Segundo, conceder ó Doutor Alfonsín a máxima distinción instituida, o Gran Colar da Provincia. Terceiro, acordar que a imposición destas distincións efectúense en acto público e solemne na data que se considere máis oportuna dándolle o máximo realce. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dezaoito horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dase por terminada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que firmarán os asistentes conmigo o Secretario que certifico. Cúmplanse os precedentes acordos. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición