ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1988/07/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.083/2.1988-07-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1988/07/26_Ordinaria

  • Data(s) 1988-07-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 32 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputaci6n o día, 26 de Xullo de 1988 No Salón de Sesións da Excma. Deputación provincial de Pontevedra, sendo as trece horas, e quince minutos do día vinteséis de xullo de mil novecentos oitenta e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Castro Álvarez, D. Francisco Javier Cobian Salgado, D. Manoel Ramón Conde Romero, D. Manoel Costa Casares, D. Xesús Manoel Costas Abreu, D. Manoel Díaz González, D. Avelino Fernández Alonso, D. Xosé Manoel Gallego Lomba, D. Fernando Garrido Valenzuela, D. Emilio González Iglesias, D. Sebastián Juncal Curras, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Xosé Manoel Losada Millan, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez - Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. Xosé Manoel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo a correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación esta formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluido o Presidente. Da fe do acto o Secretario Xeral Interino D. Antón Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos provinciais, D. Fernando pedrosa Roldán. Non asisten os Sres. Deputados D. Xosé Manoel Barros González e Dª Elvira Fernández Díaz, quenes xustifican a súa ausencia. Resáltanse as incidencias seguintes: Obsérvase a presencia no punto tres de D. Diego Murillo Carrasco. D. Carlos Mantilla Rodríguez chega no punto doce. Preséntanse no punto vinteún, (que é o vintedous por haberse adiantado) o Sr. Deputado Francisco - Javier Cobián Salgado. Retírase no punto vinteún D. Diego Murillo Carrasco, e no vintetrés vanse D. Xosé Castro Álvarez e D. Manoel Costa Casares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia entráse seguidamente no exame da arde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2173.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Vamos a escomenzar esta sesión co punto primeiro, borrador e aprobación, si procede da Acta da sesión anterior. ¿Algunha alegación a esta Acta? Ten a palabra o Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, non é ningunha alegación, Sr. Presidente, felicito a tódala Corporación por ser a primeira Acta do Pleno desta Institución, na súa historia, que se escribe normalmente en galego, creo que é un feito importante na historia desta Institución. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Punto dous, perdón. ¿Algún voto en contra do punto primeiro?, ¿algunha abstención? Aprobado por unanimidade. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-lo borrador da Acta da anterior sesión, ordinaria, de data 28 de xuño de 1988. ------ Folla: 32,33 2.2174.- PLAN ADICIONAL O POS/88 PARA OBRAS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO EN MUNICIPIOS DE MÁIS DE 20.000 HABITANTES Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención neste punto? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, simplemente para dicir que legalmente o Plan de Obras e Servicios ou o que agora se chama o Plan de Cooperación, as Obras e Servicios Municipais debe ser un Plan único, e eu non sei cantos adicionais levamos xa, e polo demáis en relación coa polémica que houbo nesta Deputación cando se aprobou o que sería o cerne do Plan Provincial para este ano, pois daquela se dixo por parte do voceiro do grupo de Alianza popular nesta Corporación que a actuación desta Deputación ía presidida polo criterio de respeta-la autonomía municipal, eu quero dicir que aquí nin se respeta a autonomía municipal, nin se respeta a autonomía provincial nin nada polo estilo, aquí o único que dicide é o Goberno Central, e a Deputación fai o papel simplemente de correo de transmisión, polo tanto voume abster neste tema, eu non teño nada que ver con isto. Sr. presidente.- Gracias Sr. Costas. Sr. Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Vamos a ver. Tengo aquí unos datos que van relacionados con lo que se ha leído públicamente. El día 25 de febrero de este año el Ministerio de las Administraciones Públicas, son datos, por supuesto del expediente que cualquiera de los Diputados tiene en su poder. El día 25 de febrero el Ministerio de las Administraciones Públicas informa que debe efectuarse una convocatoria entre los Ayuntamientos de más de veinte mil habitantes para que efectivamente presenten sus proyectos, etc., etc. el día 2 de marzo dice que hay doscientos setenta millones para todo el Estado español, tiene razón, claro, por supuesto, Suso Costas, de que además nos dicen ellos, prácticamente casi deciden, pero bueno, doscientos setenta millones para todo el Estado español, por lo tanto prácticamente es una cosa simple, lo que nos dan al final pues es una cosa sencilla de todo, además para un tema tan importante como la infraestructura hidráulica, o problemas graves; el día 19 de mayo nos dicen que a Pontevedra le corresponden diez millones y medio de pesetas, aproximadamente, de los que siete y medio se lleva Cangas y el resto Pontevedra. Bueno, a mi me gustaría conocer quien ha seleccionado estos proyectos, por un lado. En el expediente no hay documentación ninguna, se dijo por ahí que Vigo no solicitó yeso no es cierto, no es cierto que Vigo no haya solicitado porque hay presentada una moción el día 11 de diciembre de 1987, todavía recordada por Registro General el pasado día 14 de este mismo mes, en la que efectivamente todos estos temas estaban previstos de antemano por si llegaban a producirse, o sea, decir que Vigo no ha solicitado esto no es que sea incierto, es que es mentira. He solicitado eso en su momento y además hay otra cosa, yo he dicho que toda la correspondencia y creo que todos los Diputados lo recuerdan muy bien, he solicitado que la correspondencia que se cruce entre el Ayuntamiento de Vigo y la Diputación y viceversa, pase por los Diputados de esta ciudad, fundamentalmente por mi. Yo ya se, son muchos años de experiencia, lo que puede ocurrir con los funcionarios, a veces hay huelgas, a veces hay juergas, a veces hay problemas, entonces pues puede ocurrir que efectivamente se extravíe un papel, insisto Sr. Presidente, toda la documentación con Vigo, y ya es la segunda o tercera vez que lo digo, incluso por escrito, que pase por los Diputados Provinciales, y el que no quiera atender a su responsabilidad de representante de esa ciudad pues que se sepa, de manera que yo incluso, si fuese posible, solicitaría que esto quedase pendiente a pesar de la cantidad que es mínima, si fuese posible pero creo que es imposible porque, efectivamente, antes del primero de septiembre hay que tenerlo sancionado. De manera que vaya votar así, efectivamente vaya votar que sí porque entiendo que no hay que perjudicar a quién ha cumplido con su obligación, pero Vigo también, hay una solicitud, si queremos genérica para que nadie venga con trucos de que Vigo no lo solicitó, si lo solicita un Diputado es cómo si lo solicitase la Corporación en Pleno, exactamente igual, que para eso estamos aquí. Sr. Presidente.- Muchas gracias por su voto positivo Sr. Nieto Figueroa. Non hai máis intervencións, sometemos a votación este tema, é polo dictamen da Comisión: ¿votos en contra?; ¿abstencións?, abstención do Sr. Costas; queda aprobado coa abstención do Sr. Costas. Coñece o Pleno escrito da Dirección Xeral de Análise Económico Territorial do Ministerio para as Administracións Públicas, polo que dan conta de haber aceptado as propostas dos Concellos de Cangas e Pontevedra sobre a inclusión no "Plan Adicional ó de Obras e Servicios, correspondente o ano 1988, para subvencionar obras de equipamento básico en Municipios maiores de 20.000 habitantes", das seguintes: "ABASTECEMENTO AUGA E SANEAMENTO A ODÓN - HÍO (CANGAS)" Presuposto 28.075.876 Concello (fondos propios) 20.590.847 Estado 7.485.029 TOTAL 28.075.876 ========================================================== "INSTALACIÓN AUGA POTABLE EN ESTRIBELA - PONTEVEDRA" Presuposto 11.346.520 Concello (fondos propios) 8.321.538 Estado 3.024.982 TOTAL 11.346.520 ========================================================== O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda aproba-lo devandito Plan na forma proposta, coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG). ------ Folla: 33 3.2175.- ESCRITO DO CONCELLO DE REDONDELA, PEDINDO A CORRECCIÓN DE ERRO PADECIDO O SINALA-LA FINANCIACIÓN DAS OBRAS INCLUIDAS NO POS/88 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra do dictame da Comisión, ¿algunha abstención?, aprobado por unanimidade. O Concello de Redondela adoptou acordo pedindo a corrección do erro cometido ó asina-la financiación das obras números 94, 95, 96, 97, 98, 99, 100, 101, 235, 262 e 316 do POS/88 ó imputarlle a aportación municipal as devanditas obras con cargo a "fondos propios", cando no acordo adoptado estaba previsto acudir á liña de reserva do Banco de Crédito Local. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, e á vista da razón exposta polo Concello de Redondela, axuntando copia da certificación do acordo no que aparece a vontade municipal de acudir á devandita liña de creto, acorda por unanimidade no senso que se pide, imputando a aportación municipal ó préstamo co Banco de Crédito Local. ------ Folla: 33,34 4.2176.- DAR CONTA DE NON PRESENTARSE O CONCURSO PARA A CONSTRUCCIÓN DA PONTE SOBRE O RÍO ULLA ENTRE SINDE (A CORUÑA) E SAN MIGUEL DE BARCALA (PONTEVEDRA), A EFECTOS DE DECLARACIÓN DE DESERTA Sr. Presidente.- Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, brevísimamente Sr. Presidente. E obvio que este concurso quedou deserto, o que pasa é que eso pode ter dúas consecuencias posibles ou dúas formas de actuar a posteriori unha vez declarado deserto este concurso, e ningunha das dúas veñen na proposta da Comisión. Por unha parte cabe a posibilidade de volver a convoca-lo concurso previo estudio, máis ou menos análise de por qué non se presentou ninguén, e por outra parte este é un dos supostos legalmente establecidos cando ninguén se presenta para acudir ó procedimento de contratación directa que ten moitas menos garantías que calquera procedemento de licitación pública, sexa concurso ou subasta, para máis, a subasta é o procedemento legalmente establecido para o caso das obras. Entón a mín me gustaría ou que se engadíra un punto no dictame da Comisión dicindo que se volverá a convocar novamente unha vez estudiadas as razóns de por qué non se presentou ninguén, ou en todo caso que se aclare si aquí o que se pretende é utiliza-las posibilidades legais para recurrir á contratación directa. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Si, yo no voy por esa parte, ha queda- do desierto y borrón y cuenta nueva. Lo que no acepto en silencio Presidente, y no se lo acepte usted tampoco a los compañeros de su grupo, es que se convoque una Comisión para hacer saber que ha quedado desierto un proyecto. En un Orden del Día para una Comisión no se puede traer este asunto, basta con que usted lo diga ahí, señores ha quedado desierto y sino que lo ratifique el Secretario General, si es válido o no es válido, por supuesto, aunque el señor que está a su derecha diga que no, yo ya he preguntado antes qué y ya otros han dicho que si, ya se lo puede imaginar. Esto no vale, esto es única y exclusivamente para cobrar diez mil pesetas, y el dinero público es sagrado, sagrado. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sr. Nieto. Sr. Costas, non hai ningunha intención de modifica-lo sistema de adxudicación desa obra, polo tanto, o que vamos é a devolver ou informar á Deputación da Coruña porque foi a autora do proxecto, que revise o proxecto e volverase a sacar polo mesmo sistema de concurso. Sr. Nieto, perdone que no le he entendido, no se si será porque estuve ahí en una reunión hablando en otros idiomas, ahora no le entiendo pero, repita por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, pues si, que a mí me da pena que se convoque una Comisión para ejecutar un acto que basta con que usted lo haga comunicar a todos los Corporativos, ha quedado desierto el puente sobre el río x y todos felices, y no se trae a la gente a cobrar diez mil pesetas para escuchar lo que podíamos oir ahí gratuitamente, e so le ha costado a la Diputación ciento y pico mil de pesetas, y el dinero es público - sagrado, sagrado y público, público y sagrado, tampoco eso es andar bien, pero bueno, son puntos diferentes. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Bueno, esto simplemente es dar cuenta. Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Bueno, yo lo que ya prácticamente el Presidente ya le contestó, yo simplemente lo que quisiera decir es que efectivamente este tema fue a la Comisión no por las circunstancias que alega, como es lógico, el Sr. Nieto, sino precisamente para que la Comisión Informativa que es la que tiene derecho a conocer de este tema se informara para tomar las medidas oportunas y proponer al Pleno, puesto que, efectivamente, si no fuese así podía suceder que parece que se estaba saltando la información a los miembros de esta Diputación. Entonces como explicó perfectamente el Presidente, este proyecto lo hizo la Diputación de A Coruña nosotros lo que hicimos fue en el Convenio, adquirimos el compromiso de sacarlo a Concurso pero ahora lo que hace es devolverse a A Coruña precisamente porque lo ha informado positivamente la Comisión, esto como se llama, de Vías y Obras y el Pleno pues me imagino que lo informará en ese sentido, de que se tome el acuerdo, de que se devuelva precisamente a la Diputación de A Coruña para que rehaga el Presupuesto y una vez que esté rehecho ese Presupuesto volverá a traerlo a la Diputación nuestra para que se vuelva a sacar a Concurso como decía el Presidente, nada más. Sr. Nieto Figueroa.- Es que lo que no se puede defender es lo indefendible, querido Presidente de la Comisión, esto es indefendible, mejor es callarse y no seguir hurgando en el tema, fatal, vamos. El Sr. Presidente informa hoy y se acabó, el muerto hay que enterrarlo y listo, no se ha ido nadie al concurso y se acabó no hay justificación para convocar una Comisión únicamente que sea para cobrar cien mil pesetas. Sr. Presidente.- Enterremos al muerto, Sr. Nieto. Queda enterado o Pleno de certificación acreditativa de non presentarse proposicións optando á adxudicación do concurso para a construcción da Ponte sobre o río Olla entre Sinde (A Coruña) e San Miguel de Barcala (Pontevedra). O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Vías e Obras, acorda por unanimidade, declarar deserto o concurso por falla de licitadores, dándose conta do acordo a Excma. Deputación da Coruña como Entidade que participa nas obras e a efectos de que se estudien as causas que poidan motiva-la falla de licitadores, polos seus servicios técnicos, autores da redacción do Proxecto, e si as causas foran un desfasamento de precios que éstes se actualicen. ------ Folla: 34,35 5.2177.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN NA COMISIÓN GALEGA DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A DROGODEPENDENCIA Sr. Presidente.- ¿Hai intervencións neste punto? Ben entón, Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- Para anuncia-la nosa abstención como xa anunciamos na Comisión, como noutras ocasións cada vez que se nombra un representante da Corporación por parte do Grupo maioritario o noso grupo con todo o respecto, respetara ó representante da Corporación, pero é unha decisión do grupo maioritario, polo tanto non vamos a votar en contra pero nos vamos a abster no nomeamento. Sr. Presidente.- Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?, ¿abstencións? Aprobado por maioría. Dase conta e O Pleno ratifica coa abstención do Grupo Socialista e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), a Resolución da Presidencia de 21 de xuño pasado pola que se nomea ó Deputado Provincial D. Diego Murillo Carrasco representante da Excma. Deputación Provincial na Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia, adoptada con carácter de urxencia a petición do Excmo. Sr. Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia. ------ Folla: 35 6.2178.- CONVENIO ENTRE O INSTITUTO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS E A DEPUTACIÓN (DOTACIÓN DE DÚAS BECAS FORMACIÓN PERSOAL INVESTIGACIÓNS MARIÑAS) Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención no punto seis?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención? Aprobado por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión de Pesca e Cultivos Mariños, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo Convenino entre o Instituto Superior de Investigacións Científicas e esta Excma. Deputación Provincial, seguinte: Na cidade de Pontevedra, a REUNIDOS D. Xosé Cuíña Crespo, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Enrique Trillas Ruíz, Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Actuándo no nome e representación das Entidades Xurídicas que representan, declaran a súa competencia para celebra-lo presente Convenio e EXPOÑEN PRIMEIRO Que o Instituto de Investigacións Mariñas, ubicado en Vigo, é un Centro de Investigación propio do Consello Superior de Investigacións Científicas, con ámbito rexional en Galicia. SEGUNDO Conscientes da importancia económica e social que, para Galicia en xeral e para a provincia de Pontevedra en particular, ten o desenrolo da investigación mariña, decidiron unir os seus esforzos ó obxecto de dar o maior impulso posible a esta clase de investigación. TERCEIRO Que a tal fin conviñeron formaliza-lo presente Convenio de colaboración con arreglo ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA O obxecto de que se vaia formando persoal investigador da rexión que poida integrarse paulatinamente na plantilla de persoal científico do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, a Deputación Provincial de Pontevedra dotará dúas becas para especialización en disciplinas de investigación mariña. Ditas becas terán a duración dun ano, podendo ser prorroga- das por períodos anuais, ata un máximo de catro anos, co fin de realizar tesis doutorais, previo informe favorable da Dirección do Instituto de Investigacións Mariñas. A contía de ditas becas será, en principio, de SETENTA E TRES MIL PESETAS (73.000) mensuais cada unha, quedando a Deputación Provincial de Pontevedra facultada para modificar nun futuro dita contía, ó obxecto de que a mesma sexa similar á contía establecida para as becas do Ministerio de Educación e Ciencia. A convocatoria farase por concurso público e no Xurado correspondente participará a Deputación provincial de Pontevedra. SEGUNDA O Instituto de Investigacións Mariñas estará obrigado a suministra-la información e asesoramento científicos da súa competencia que solicite e necesite a Deputación provincial de Pontevedra para o cumprimento dos seus fins. TERCEIRA O presente Convenio terá unha duración de catro anos, a partir da data da súa firma, e será prorrogable automáticamente se non denúnciase con tres meses de antelación. Habendo leído o presente por sí mesmos e atopándose conformes, o firman por triplicado e a ún so efecto no lugar e data arriba citados. POLO CONSELLO SUPERIOR DE POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL INVESTIGACIÓNS CIENTIFICAS DE PONTEVEDRA ENRIQUE TRILLAS RUIZ XOSÉ CUIÑA CRESPO ------ Folla: 35,37 7.2179.- CONVENIO INEM-DEPUTACIÓN PARA DEFENSA DOS MONTES E LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si Sr. Presidente. Eu vou votar a favor, pero antes me gustaría explica-la miña posición en relación con este tema, este é un terna que ven ó Pleno porque no anterior Pleno se fixo ver que era necesario a aprobación polo Pleno, o que ocurre é que, digamos que o discurso para xustificar esta actuación por parte desta Deputación, pois por unha parte foi francamente, bo, un pouco pobre e un pouco triste, máis ou menos trátase de cumprir un trámite para optar a un servicio pero a Deputación non pinta nada ahí. Ocorre que hai unha Lei de protección Civil, que non se sabe moi ben para que se fixo porque está ha quedarse en papel mollado, e non podía ser menos, dado o carácter ultracentralizador que preside a filosofía de cada un dos artigos desta Lei; hai tamén unha Lei de incendios forestais con regulamento, e hai incluso unhas conclusións dunha Comisión Especial do Parlamento Galego na que participaron tódolos sectores afectados, para levar adiante unha nova política de prevención dos incendios forestais, e o feito é que esta normativa e un pouco este acordo institucional entre tódalas forzas políticas en Galicia non leva a esta Deputación a ter unha postura un pouco máis, digamos, pormenorizada e decidida neste tema, a mín me parece negativo porque creo que neste momento se está dando un punto de inflexión en canto á valoración de incendios forestais e sobre todo en canto á actuación comprometida de tódalas Administracións Públicas neste punto, o feito penoso, esto enlaza un pouco co que dixen antes do Plan Adicional de Obras e Servicios, e que aquí de novo unha competencia propia da Comunidade Autónoma, como neste caso a da incidencia nos incendios forestais na que ten competencias a Comunidade Autónoma e tamén os Concellos, o final acaba pasando a ser unha curiosamente, unha competencia do Goberno Civil e do INEM, e eu con estos mecanismos recentralizadores ou neocentralistas non estou de acordo en absoluto, vou votar a favor desto porque prácticamente xa está feito todo, agora a min me parece que esta Deputación e as forzas políticas que estamos aquí deberíamos evitar este tipo de procesos que se están abrindo, de recuperación de cuotas de poder por parte do Goberno Central en cousas nas que non ten gran cousa que facer aparte de colaborar. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- Ben, vou a tratar de ser breve Presidente, dicía no anterior Pleno e no anterior, cando presentamos a moción que non é cuestión de apuntarse os tantos, senón de face-las cousas ben, nós habíamos presentado a moción e díxosenos que quedara para o seguinte Pleno, no seguinte Pleno rechazábase a moción porque había un acordo da Comisión de Goberno, resulta que o acordo da Comisión de Goberno non servía e había que trae-lo ó Pleno como se dixo, como acaba de dicir o Sr. Costas, e como consta na Acta que dixen eu na reunión, que oxalá como tiña razón na anterior o digo na Acta que se acaba de aprobar, non teña razón tamén nesta en que había unha ilegalidade manifesta na firma do acordo como dixo tamén o Sr. Costas Abreu. Polo tanto nós vamos a vota-la favor porque a proposta foi nosa en todo momento, pero non se trata aquí de apuntarse tantos, xa o dixen no anterior Pleno, e o digo neste, senón de resolver un problema irresoluble mentras todo o mundo espera que alguén dé un paso adiante; os montes siguen ardendo este ano debido o inverno tan caluroso que temos, non tanto pero bo, os montes siguen ardendo e non hai unha solución, hai unha serie de competencias ahí, hai unha serie de problemas como Alcalde afectado nun Municipio, que moitas veces arde por tódolos lados, tamén os montes, pois sei que e moi difícil coordinar porque os montes en algúns casos como no noso caso, son dos veciños, os veciños ó millor non teñen medios para controla-los incendios forestais, os Concellos non lle poden prestar a un monte privado servicio pero hai que prestarllo, o problema é independentemente de quen teña a competencia neste caso, dende o punto de vista desta Corporación Provincial poñe-los medios para solucionar un problema real que existe neste momento e eu me felicito que tanto a Comisión de Goberno como agora o Pleno tome o acordo de iniciar un traballo que eu espero sexa coordinado tanto cos Concellos con quen teñen as competencias, con Protección Civil, coa Xunta de Galicia, con tódolo mundo coordina-los esforzos para que sexa menos costoso para todos e sexa máis eficaz, que é o que pretendemos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pena. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Si, en principio es un paso bueno, yo lo aplaudo, pero de todas formas sigo insistiendo Sr. Presidente que hay que llegar a un Convenio con los Ayuntamientos, hay que llegar a un Convenio Diputación con Ayuntamientos de la Provincia, para evitar lo que ya he repetido aquí tantas veces, únicamente funciona la ciudad de Vigo, hay un Reglamento del Ayuntamiento de Palencia de su propia marcha política, vamos a llamarle así, que está a su disposición, para que efectivamente si sus compañeros quieren trabajar pues, dice Costas mancha política, tampoco se trata de eso, bien, pero hay que ir a ese Convenio con el resto de los Ayuntamientos de la Provincia. Sr. Presidente.- Gracias por su ilustración Sr. Nieto. Sr. Mera Rodríguez.- Como el Presidente de la Comisión de Agricultura no está presente, el Sr. Barros, pues me encargó a mí de que hablara un poco de este tema, y aparte yo también fui el que llevé en representación de la Diputación la firma del Convenio, yo creo que ya en el último Pleno había pedido disculpas a los grupos políticos de que este tema se había llevado con cierta prisa debido a que la Comisión de Planificación Provincial del INEM, pues tenía una fecha determinada y entonces la Diputación no podía eludir esa fecha, entonces yo creo que aquí lo único que hizo la Diputación fue servir de instrumento jurídico para solicitar los trabajadores puesto que, saben ustedes perfectamente el Gobierno Civil, no puede solicitar este tipo de ayudas sino que tiene que ser una Corporación Local a través del Convenio INEM - Corporaciones Locales, entonces gracias a este Convenio la Diputación ha conseguido que los Ayuntamientos de la provincia en este momento y de acuerdo con el INEM, por supuesto, estén trabajando noventa y dos personas distribuidas en doce zonas de la Provincia si no me falla la memoria en este momento y al mismo tiempo la Diputación como saben ustedes, también aporta ocho millones de pesetas dentro del Presupuesto ordinario para dotar a estos equipos de los materiales adecuados, quiere decir que aquí no hay nada que ocultar sino todo lo contrario, independientemente de que yo esté de acuerdo con el Sr. Costas, de que efectivamente, quien tiene la facultad, por decirlo así, la obligación de vigilar este tipo de cuestiones es la Administración Autonómica. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mera. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?, ¿abstencións? Aprobado por unanimidade. Vistos os informes emitidos polo Sr. Enxeñeiro Director do Servicio Agrario e a Asesoría Xurídica da Excma. Deputación Provincial sobre o grave problema que representan para a provincia os incendios forestais, e o informe do Sr. Secretario Xeral no que manifesta que "pesa a non estar completo o expediente, é necesaria unha rapida toma de decisión da Corporación", o Pleno acorda por unanimidade aproba-lo Convenio entre INEM e Deputación para a defensa dos montes e loita contra incendios forestais, e en consecuencia: Resultando que po-lo Instituto Nacional de Emprego concédese a Excma. Deputación Provincial unha subvención de DEZASEIS MILLÓNS SETECENTAS CINCUENTA E NOVE MIL SEISCENTAS OITENTA PESETAS (16.759.680) para pago de xornais e demais gastos de persoal, que, xunto cunha aportación provincial de OITO MILLÓNS DE PESETAS (8.000.000) para materiais, constituirán o total de VINTECATRO MILLÓNS SETECENTAS CINCUENTA E NOVE MIL SEISCENTAS OITENTA PESETAS (24.759.680) a que ascenderá, según Memoria e Presuposto adxuntos ó expediente, ó convenio INEM - Deputación para o Servicio de Defensa dos Montes e Loita contra Incendios Forestais, actividade que dirixira e controlara o Servicio Provincial de Protección Civil. Resultando que da devandita concesión de subvención xa quedou enterada a Comisión de Goberno na súa sesión do 9 de maio pasado e que para levar a cabo o servicio, faise preciso contratar a 92 traballadores, cos que formar os 12 grupos que se prevén na Memoria á que anteriormente fíxose mención. Considerando que é competencia do Pleno a contratación de persoal. Vista a Orden do 21 de febreiro de 1985, reguladora das bases de colaboración entre o INEM e as Corporacións Locais para contratación de traballadores desempregados, así como as disposicións vixentes respecto a contratación de persoal polas Corporacións Locais. Acórdase por unanimidade aproba-lo proxecto de Servicio de Defensa dos Montes e Loita contra Incendios Forestais e, ó mesmo tempo, faculta-la Presidencia para levar a cabo todo-los tramites e formalización dos contratos, co fin de poñer en marcha o devandito Servicio. ------ Folla: 37 8.2180.- MODIFICACIÓN DE TARIFAS DO HOSPITAL PROVINCIAL Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente. O texto refundido de Réxime Local establece que nos expedientes de aprobación ou revisión de tasas por prestación de servicios, é requisito previo e "sine quanom" a presentación dun estudio de custes do servicio, precisamente porque está establecido na legalidade vixente que en ningún caso as tasas poderan exceder do cen por cen do custe total dos servicios. O estudio de custes é algo mais cun mero tramite formal, é un instrumento económico fundamental para coñecer en realidade cal é a marcha dos servicios e para que non so nós senón tódolos cidadans saibamos cómo se utilizan os cartos públicos e qué rendementos se lles tira. Para resumir, no caso concreto si o que aquí se presenta é un estudio de custes eu son Santa Teresa de Jesús, e non me extraña que o Interventor se marque o seu terrible informe de 20 de xuño, desde logo aquí hai serios problemas en canto a cualificacións e outras historias polo estilo, e cumprimentos da legalidade. Na Comisión non estudiara o tema e non me opuxen, desde logo agora vou votar en contra, esto non é un estudio de custes e isto non é serio. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. ¿Máis intervencións neste punto? Sometemos a votación o punto oito: ¿votos en contra?, ¿abstención s? Aprobado co voto en contra do Sr. Costas e abstención do Sr. Nieto Figueroa. Vista a proposta do Director - Xerente do Hospital Provincial para modifica-las tarifas da Ordenanza do devanditao Centro, co gallo de axeitalas os verdadeiros custos do Servicio, e tamén o informe favorable da Comisión de Economía e Persoal, apróbanse, co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG) e a abstención do Sr. Nieto Figueroa (PSOE), as modificacións que se propoñen, habéndose de expor ó público as tarifas modificadas, os efectos axeitados e polo prazo de 30 días, de acordo co esixido polo artigo 188 do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril. ------ Folla: 37,38 9.2181.- CONTA DE TESOURERÍA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 1988 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- Ben, nesta ocasión e por primeira vez desde que se aprobaron os presupostos, o Grupo Socialista vai a votar favorablemente as Contas de Tesourería salvando co noso voto a responsabilidade de que aínda non se nos contestou a unha serie de cousas ó respecto, sobor de todo ó tema da Munpal, aínda que o Presidente me ten manifestado e así lle ten dado órdes ó Depositario, me consta, porque se puxo en contacto conmigo, de que recollera os datos. En tanto non analicemos eses datos nós salvamos o noso voto e neste caso que son as Contas de Tesourería, nos parece oportuno vota-la favor debido a súa incidencia que é nula en canto ós gastos, etc., senón que son as existencias, polo tanto o Grupo Socialista vai a votar que si. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pena. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?, Sr. Nieto Figueroa. Aprobado por maioría. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Persoal, apróbase coa abstención do Sr. Nieto Figueroa (PSOE), a Conta de Tesourería do primeiro trimestre de 1988, que rende o Sr. Tesoureiro provincial coa conformidade do Sr. Interventor de Fondos, o resume da cal é o seguinte: Existencia do derradeiro trimestre 3.109.000.958 Importan os ingresos 1.988.987.728 5.097.988.686 Importan os pagamentos 1.997.851.659 EXISTENCIA NA CAIXA PARA O VINDEIRO TRIMESTRE 3.100.137.027 =========================================================== ------ Folla: 38 10.2182.- CONVOCATORIA DE BECAS (20) BECARIOS INTERNOS PARA A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Sr. presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, brevísimamente tamén. Non intervín no punto anterior pese a que as Contas viñan con retraso, e creo que esto se debe evitar no futuro, e neste punto creo que tamén, como Deputado, teño o deber de facer constar que, e creo que vostede é o máximo responsable neste punto, que esta Deputación debe tender a un esforzo constante de introducir melloras no seu método de actuación e non simplemente colle-las bases do ano pasado, como sucede moitas veces, cambiarlle as datas e volve-las a aprobar. Eu creo que a política de crear becas en cuestión propia da competencia desta Deputación é boa, así como creo que é malo facer unha política de largar cartos a outras institucións que teñen que dotar elas por sí mesmas estas cantidades. Creo tamén que aquí se pode contar coa colaboración doutras institucións, e isto non se fixo neste caso, e que se poden introducir melloras incluso nos propios baremos de adxudicación destas becas, en concreto, por exemplo, unha cuestión tratada na Comisión que era o criterio de favorecer a aquelas persoas que viviran a máis distancia do centro ubicado na cidade de Pontevedra, tratouse na Comisión, falouse alí, todos quedamos de acordo e logo na Acta, aquí, non aparece, aparece simplemente reproducir unhas bases que seguramente son reproducción doutras, e reproducción doutras e reproducción doutras. Eu creo que os Técnicos en toda Administración teñen que face-lo seu papel, e os políticos temos que face-lo noso papel, tamén, que é intentar ir perfeccionando este tipo de mecanismos, e que non é bo sistema adozenarse e limitarse a reiterar ciclicamente o contido dos acordos. Sr. Presidente.- Sr. Costas ten vostede razón, eu estaba nesa Comisión e si se falou do factor distancia como factor determinante, un dos factores determinantes, polo tanto eu estou disposto a que se introduza o factor distancia, en todo caso os alumnos que residan en Pontevedra, entendendo por Pontevedra, Pontevedra capital, e o extra - radio de Pontevedra pois terían este factor en contra diríamos, factor distancia, salvo que vostede me de unha aproximación mellor neste tema. Sr. Costas Abreu.- Eu, cando se falou na Comisión de excluir o que é o Municipio de Pontevedra non dixen nada pero estou en contra, incluso por razóns de forma, de excluir, é dicir, eu introduciría unha cláusula xeral dicindo que se terá en conta a maior distancia do lugar de residencia dos solicitantes para favorecer iso, nin siquera excluiría a ninguén, desde logo. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- Bo, eu a raiz desto último ou que se concrete ou que se deixe en abstracto, vamos, que se terá en conta e deixar un texto bonito, que non sirve para nada, que se diga que se barema de tal maneira a distancia, eu estou de acordo, si estou de acordo en que se bareme a distancia, si estou de acordo en que se bareme a distancia, non estou de acordo en que se excluia a nadie, pero dalgunha maneira, non en abstracto. Sr. Presidente.- Ben, entón recollemos que se bareme, a distancia e hai que supoñer que a Comisión que no seu día conceda as becas, que teña en conta este aspecto, pero agora non estamos en condicións de dicir aquí concretamente quenes excluímos. Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Bo, eu como Deputado - Delegado dese Centro quero dicir que efectivamente estou de acordo co que din o Sr. Costas e o Sr. Pena, e que isto aparte se está facendo así, o único que pode suceder é que non ten que ser un factor excluinte senón un factor condicionante porque pode suceder, como xa sucedeu algunhas veces, que non haxa becarios suficientes, entón vamos, nese caso, pois terían que vir os da zona de aquí. Sr. Presidente.- Gracias. Entón con esa introducción, ¿votos en contra?, ¿abstencións? Aprobado por unanimidade. Préstase unánimemente, aprobación á Convocatoria e Bases que rexirán para a adxudicación de 20 Becas; becarios internos, con residencia na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e para o curso 1988-89, coa limitación en canto o seu disfrute, que se concreta no apartado 3ª das Bases. Terase en conta, a efectos da selección dos solicitantes, a maior distancia do lugar de residencia. Daráselle á Convocatoria a publicidade que se prevé no apartado 6ª das mesmas; a publicación será nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 38,39 11.2183.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, sencillamente por coherencia yo no he aprobado los Presupuestos de la Diputación Provincial y esto es una continuidad exacta prácticamente de la filosofía de los mismos y por lo tanto pues tengo que oponerme también. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Nieto. Sometemos a votación o punto once: ¿votos en contra?, Sr. Nieto Figueroa; ¿abstencións? Aprobado co voto en contra do Sr. Nieto Figueroa. Vista a reclamación efectuada pola Secretaría da Xunta de persoal desta Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, así como as declaracións individuais realizadas polos afectados; en consideración á autorización anotada polo Pleno da Corporación na súa sesión celebrada o 21 de decembro de 1983, acórdase, co voto en contra do Sr. Nieto Figueroa (PSOE), aprobar e declarar de abono os servicios nocturnos realizados por un Porteiro - Vixilante, e 17 Auxiliares Psiquiátricos, do Hospital Provincial "O Rebullón" , durante o pasado mes de agosto de 1987, e cuia relación e contía individualizada adxúntase a esta proposta. O propio tempo, e 6 tratarse de cantidades devengadas en exercicios pasados, "recoñéce se crédito por importe de CENTO DEZAOITO MIL TRESCENTAS PESETAS (118.300)", para atender ó pago, dando traslado deste acordo, e da relación individualizada á Intervención de Fondos Provinciais, a fin de que se teña en conta no 1º expediente de modificación de créditos que se tramite. Accedendo á petición plantexada polo Auxiliar Psiquiátrico en propiedade D. Antonio Iglesias Duarte, no seu escrito de data 13 de xuño último, o Pleno da Excma. Corporación Provincial acorda co voto en contra do Sr. Nieto Figueroa (PSOE), aproba-lo gasto de MIL PESETAS (1.000) e "Recoñecer crédito polo importe citado" a favor do funcionario relacionado, e en concepto de reintegro de pago polo suplido en Imecosa por suministro de dous talonarios de cheques en xuño de 1987. ------ Folla: 39,40 12.2184.- DAR CONTA, E RATIFICACIÓN NO SEU CASO, DO ACORDO ADOPTADO POLA COMISIÓN DE GOBERNO EN 20 DE XUÑO DERRADEIRO, SOBRE EXPEDIENTES DE INCOMPATIBILIDADE CUN SEGUNDO POSTO DE TRABALLO NO SECTOR PÚBLICO, DE 22 SANITARIOS QUE PRESTAN SERVICIOS NO HOSPITAL XERAL PROVINCIAL, PROMOVIDOS POLA INSPECCIÓN XERAL DE SERVICIOS DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Sr. Presidente.- Sr. Pena, ten a palabra. Sr. Pena Viéitez.- Ben, para repeti-lo que xa dixemos na Comisión, sóamente a efectos de que conste na Acta, que non entendemos corno un asunto que tiña un prazo determinado poido haber por dous Plenos anteriores e por dúas Comisións, porque unha no mes de xuño, ou no mes de maio, poido haber unha Comisión extraordinaria para tratar este terna si había un tempo determinado para contestar, non foi a Comisión no mes de xuño tampouco, nin ó Pleno do mes de xuño, e agora ven fora de prazo, tal, a mín dame a impresión e o meu grupo de que se fixo a propósito que se quedara fora de prazo para non entrar nel, tal corno se propón agora. Por outra parte non estamos de acordo en que non se entre no tema, non se houbera entrado no tema, agora xa non ten remedio, entón o trae-lo aquí un pouco a dar conta e ratificar no seu caso, e que non é ratificar, e que hai que ratifica-lo porque é un terna de Pleno, e que prioridades teñen os Sanitarios do Hospital Provincial que solicitaron compatibilidade, e que se lle deixe ó Ministerio que sexa quen decida, me parece unha deixadez de funcións que nunca o Pleno da Corporación, a propia Corporación, o grupo que goberna, debeu haber permitido. Agora a estas alturas non queda máis saída porque xa advirten no escrito de que no caso de que nun prazo dun mes non se conteste que compatibilidades hai, que compatibilidades se conceden, ou que traballo se concede prioritario se decidiría o propio Ministerio, pois dous meses despois que veña este terna a Pleno, dous meses e algo xa, me parece unha deixadez que non se debe permitir por parte de nadie, eu creo que hai responsables de que esto haia sucedido e que deso se debe dar conta ó Pleno aparte de que bo, que unha persoa como algún médico dese solicite compatibilizar tres cargos, bo, o que sempre dixemos aquí, algúns se lle compatibilizan tamén o tempo de dormir, son capaces de colle-lo tamén. En síntese, non estamos en absoluto de acordo con que este terna se haxa deixado que transcurrira o prazo para que o Pleno non teña ningunha opción, polo tanto, non vamos a entrar siquera na votación do terna, nin sí, nin non, porque se nos veña a decir fora de prazo que decidamos algo, que xa está decidido polo propio Ministerio, non estamos de acordo ,tampouco en que a decisión que se haxa tomado pola Comisión de Goberno no seu momento, houbera sido que decida o Ministerio, e non estamos de acordo en que a esto se lle haxa votado terra ata que pasara o tempo, cando ademáis non era ningún tema que complicara excesivamente nin nada a función de representantes da Corporación Provincial, porque que un médico do Hospital Xeral solicite unha compatibilidade, se supón cal é a compatibilidade que hai que concederlle ou posto de traballo que hai que darlle prioritario, nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Costas, ten a palabra. Sr. Costas Abreu.- Vou entrar no fondo do asunto, porque creo que hai que entrar. A Lei de Incompatibilidades vixentes que como todo texto legal é criticable, ten un principio moi claro, enunciado expresamente en relación coa posibilidade de declaración de compatibilidades entre dous postos ó servicio da Administración Pública, que é o de que as declaracións se efectuarán en función do interés público que concurran no suposto. Na miña oponión, que con carácter xeral ou principio xeral debería ser o da incompatibilidade entre máis dun posto de traballo, cando supoña unha dedicación plena ou normal, que non supoña un ha prolongación de xornada, admito perfectamente que pode haber supostos excepcionais nos que incluso sexa interesante para a Administración a experiencia dunha persoa que traballe noutro sitio, ou que concurra noutro tipo de circunstancias. Sabemos tamén que para o persoal sanitario igual que para o persoal de educación e de investigación, a Lei de Incompatibilidades tiña unhas determinadas normas especiais e uns prazos máis longos de aplicación, pero eses prazos xa transcurriron máis da conta, dicía o Sr. Pena que pide compatibilidades para dous e tres postos, hai xente aquí que pide compatibilidade para catro postos, computando os postos privados, e eu creo que hai que facerlle un favor a esta xente, hai que descarga-la súa conciencia e o seu esforzo físico incomprensible, máximo tendo en conta que hai moito sanitario parado, en todo o país, e hai que deixar postos libres, e dar posibilidades a xente que non ten un traballo, nin unhas posibilidades de experiencia laboral, eu entendo que aquí a Deputación quere lavarse as mans por estos habituais problemas un pouco de evitar todo tipo de decisións conflictivas, o que ocorre é que lavarse as mans neste caso é non aplica-la Lei, o Ministerio debe dicir unha cousa, e a Deputación debe dicir unha cousa, as dúas cousas poden coincidir ou non, porque se manexan criterios diferentes porque a Lei de Incompatibilidades ten claramente un carácter de mínimos, e non impide que esta Corporación teña o seu propio criterio nesta materia, creo que máis ou menos en base ós principios que acabo de expoñer o meu pronunciamento, salvo nalgún suposto excepcional sería o de que esta Deputación non declarara a Compatibilidade, pero esta Deputación debe pronunciarse dicindo se cree ou non cree que son compatibles eses postos, esa é a súa obriga e ese é o papel do Pleno e non da Comisi6n de Goberno, e entendo tamén que aquí poden existir problemas legais en canto as cuesti6ns retributivas, xa o adiantei na Comisión, a Lei di que cando alguén compatibilize máis dun posto de traballo ó servicio das Administracións Públicas non pode percibir complemento específico nin ningunha outra retribución sustitutoria, coa documentaci6n que solicitei e que se adxunta ó expediente se acredita que toda esta xente cobra complemento específico, eu non digo que sexa bó ou que sexa malo este artigo, o que digo é que está en vigor, e que esto pode dar lugar a problemas de responsabilidades, o meu voto dende logo será contrario a esa especie de solución, non sei si salomónica ou máis ben platónica da Comisión de Goberno de non dicir nada, para non dicir nada millor deixamos pasar o prazo. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Sr. Murillo. Sr. Murillo Carrasco.- Únicamente aclarar que ha habido una sentencia del Tribunal Supremo referente a este tipo de Incompatibilidades en que le dan la razón y pueden compatibilizarse en el aspecto sanitario, en determinados casos dos puestos de trabajo, esta sentencia es de hace mes y pico. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Murillo. Sr. Costas, brevemente. Sr. Costas Abreu.- Brevísimamente, Sr. Presidente, a mín me parecería perfecto e me refiro Sr. Murillo a esa sentencia, os criterios que marca e que vostedes propugnaran manter ese criterio, non hai ningún criterio, dende logo, o que non vai facer ningún Tribunal é dentro da marxe de decisión que a Lei de Incompatibilidades nos permite, sustitui-la nosa vontade, o que pode facer dende logo calquera Tribunal é controla-la irregularidade dos acordos tomados, xa dixen antes que hai unha normativa específica para persoal sanitario que flexibiliza un tanto a posibilidade de conceder compatibilidades cando o segundo posto é a tempo parcial etc. etc., nada deso se acredita aquí, e ningunha postura do que opina a maioria deste Pleno se nos expón, senón simplemente, o Grupo de Goberno que- re lavarse as mans neste asunto, e eu entendo que a Lei non di que o Pleno non diga nada, a Lei dí que o Pleno ten que dicir algo, a mín me parece perfectamente respetable que vostede manexe outro criterio e que o expoñan aquí e que o ganen porque teñen máis votos, agora dende logo este non é sistema de actuar. Sr. Murillo Carrasco.- Matizar Sr. Presidente, me permite. Efectivamente, dentro de la Ley existe una normativa especifica para los miembros sanitarios, es lo que quería decirle, yo creo que la Diputación ha actuado perfectamente no lavándose las manos pero sinó aplicándose incompatibilidad que nunca salió de aquí, sino que fue el INSALUD el que quería, digamos, llevarla y hacerla efectiva, y nos han dado la razón precisamente esta última sentencia del Tribunal Supremo, en que se dice precisamente que se pueden compatibilizar más de un puesto sanitario. Sr. Presidente.- Gracias. Sometemos a votación o punto doce porque entendemos que está suficientemente debatido. ¿Votos en contra?, Sr. Costas. ¿Abstencións?, Grupo Socialista, CDS e Sr. Laxe Rodríguez. ¿O trece que punto é? Sr. Presidente.- Ah, perdón. Sr. Pena Viéitez.- Para facer constar que a nosa abstención, e porque según o regulamento orgánico o non votar significa absterse, sóamente a efectos deso, que quede constancia que nós non queremos entrar a debatir un tema que non ten de- bate posible, decisión posible, quero dicir. Sr. Presidente.- Gracias señor. Co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e a abstención do Grupo Socialista, que manifesta o desexo de que conste en Acta que non entran no debate, así como do CDS e do Sr. Laxe Rodríguez, acórdase ratifica-lo acordo adoptado pola Comisión de Goberno en 20 de xuño derradeiro, sobre expedientes de incompatibilidades cun segundo posto de traballo no sector público de 22 Sanitarios que prestan servicios no Hospital Provincial, promovidos pola Inspección Xeral de Servicios da Administración Pública, e cuio texto é o que sigue: "Queda enterada esta Comisión de comunicación de la Inspección General de Servicios de la Administración Pública, de fe- cha 20-05-88, a través de la cuál se emite informe desfavorable al desempeño de un segundo puesto de trabajo en el sector público respecto a los solicitantes, que se detallan en relación adjunta, y muestra su conformidad a la ejecución de oficio por parte del citado Organismo de las resoluciones tendentes a las declaraciones de excedencia de los afectados en su actividad secundaria, que llevará a cabo a partir del plazo de un mes de la recepción de la comunicación señalada, es decir 21 de junio de 1988. De este acuerdo se dará cuenta al Pleno de la Corporación Provincial en la próxima sesión que ésta celebre, al objeto de su ratificación". ------ Folla: 40,41 13.2185.- PROPOSTA QUE FORMULA O HOSPITAL PROVINCIAL PARA COMPESAR ECONÓMICAMENTE A 2 ATS QUE NON DISFRUTARON DO DESCANSO ANUAL Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, nada mais, intentando aportar algo a mil lora do funcionamento desta Institución, o tema que se nos presenta aquí digamos que é unha cuestión de optar entre Guatemala e Guatepeor, non, unhas persoas que non disfrutaron as súas vacacións, acabaron o seu contrato, e obviamente por unha parte, as vacacións non se poden compensar en cartos, pero por outra parte estas persoas teñen tódolo dereito do mundo de haber disfrutado as súas vacacións, e agora hai que pagarllas, eu suxeriría, vou vota-la favor, para demostrar ou intentar demostrar un ha vez mais, que a oposición que practicamos aquí e bastante mais que racional, eu lle suxería a vostedes unha circular a tódolos servicios decíndolles a tódolos responsables que en ningún caso se pode dicir, que cando alguén teña un contrato de duración determinada non pode disfrutar das súas vacacións nese período porque aquí podemos entrar en problemas de que a esta xente se lle van pagar as vacacións pero non lle vai computar esto a efectos de cotizacións, incluso pode haber problemas en canto ó máximo de duración dos contratos temporais non neste caso pero noutros e convén evitar esas posibilidades nefastas para esta Administración. Sr. Presidente.- Tomo nota da súa proposta Sr. Costas. Sr. Pena. Sr. Pena viéitez.- Bo, un pouco redundar no que se acaba de dicir, xa o dixen na Comisión, que as vacacións deberían ser disfrutadas no seu momento, o que non se pode permitir é que, aparte de non disfruta-las según se dixo na Comisión por necesidades do servicio, pois que agora tampouco as cobren. O problema que se presenta neste momento e veremos como resolven os servicios, eu, o que acaba de dicir o Sr. Costas que era a miña pretensión, e é cómo se lle computan as vacacións agora a estes señores como tempo traballado, porque as vacacións a tódolos efectos son tempo realmente traballado, si o Convenio se terminou antes de que disfrutaran as vacacións, resulta que estes señores ou señoras teñen un mes mais de vacacións, teñen un mes máis de contrato, haber cómo se resolve o tema, porque si durante o período de vacacións teñen un accidente laboral, ou unha enfermidade, etc., as vacacións interrúmpense, polo tanto, esta xente a tódolos efectos está presentado un problema xurídico que como dicía o Sr. Costas, non debería suceder coa cantidade de xuristas ou de licenciados en dereito que hai nesta Corporación Provincial, iso pódelle pasar ó Concello de Cangas pero non a outros. Sr. Presidente.- Gracias Sr. D. Lois Pena. Ben, en todo caso eu creo que teñen razón os dous Deputados, en parte, ¿non?, pero esta xente, estos señores hai que tratar de compensarlles, evidentemente, o seu esforzo, despois as posibles, diríamos dificultades que poidan xurdir trataremos de resolve-las. Sometemos a votación o punto trece: ¿votos en contra?, ¿abstencións? Aprobado por unanimidade. Vista a proposta que formula a Directora de Enfermería do Hospital Xeral Provincial en escrito de 14 de xuño último, que conta co Vº Bº do Sr. Director Xerente e do Sr. Presidente do Consello de Administración; o Pleno da Corporación Provincial por unanimidade, aproba e declara de abono, con cargo á parti- da 161.43111 do vixente Presuposto Provincial a cantidade de SETENTA E OITO MIL CATROCENTAS SESENTA E NOVE PESETAS (78.469), en concepto de compensación por descanso anual non disfrutado dentro da vixencia do contrato respectivo a dúas ATS do devantido Centro, que se relacionan seguidamente e na contía que tamén se especifica: -Dª. Concepción vázquez Senra 37.013 Ptas. -Dª. Dora Guimil García 41.456 Ptas. A primeira por trece días de descanso non disfrutados; á segunda por dezasete días. Non obstante o anterior, o Pleno recorda ós Sres. Director Xerente e Directora de Enfermería do dereito ó descanso anual que ten o persoal, cuio disfrute debe procurarse antes de vence-lo contrato ou nomeamento respectivo. ------ Folla: 41,42 14.2186.- CONVOCATORIA, BASES E PROGRAMAS PARA PROVISTAR CON FUNCIONARIOS DE CARREIRA 16 PRAZAS DE ATS - DIPLOMA DOS EN ENFERMERÍA Sr. Presidente.- Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si Sr. Presidente. E unha cuestión que eu repito machaconamente, e repetirei mentras esté aquí, que é a cuestión idiomática, e se cadra pois hai que volver a insitir que no Hospital Provincial pasa moita xente galego - falante e o persoal que alí atende ós cidadáns debe respeta-los dereitos desta xente. Tal cuestión non se solventa desde logo rebaixando o idioma propio oficial de Galicia a unha terceira proba de carácter voluntario e non eliminatorio, eso constitue un ha evidente discriminación para o estatus legal do galego en relación, por exemplo, ó castelán. Pero é que ademáis aquí hai máis problemas, hai o problema da habitual suxerencia que tamén ternos mantido de que conviría introducir no Tribunal unha representación do Comité ou da Xunta de persoal aínda que sexa con voz e sen voto, por tratarse de probas para funcionarios e porque o Goberno Central non preveu aínda esta posibilidade como no caso dos laborais. Pero hai aquí cuesti6ns, no baremo de méritos, que a mín me parece que xa, non entran dentro do opinable sen6n da mala formulación das propostas. Vexamos: o apartado b) do baremo da algo así como puntos por mes ou por un determinado período de ser funcionario, obviamente esto non é un criterio de mérito, si a mín se me di que se puntua con determinada baremación o haber superado unha previa oposición ou unha proba selectiva rigurosa para acceder a calquera outra praza, pois eu o comprendo e o admito, me pode gustar máis ou menos pero considero exquisitamente legal, tal e como vai formulado aí me parece que ronda co absurdo. E desde logo os apartados f) e g) das bases que integrarían o que podemos chamar baremo social, é dicir, tempo en paro, ser parado e así segundo tódala última xurisprudencia do Tribunal Constitucional non son admisibles en dereito porque realmente non entran dentro dos criterios de mérito e capacidade que deben presidi-la selección de persoal. Eu comprendo que esto incluso o toleraría e me parecería razonable para contratacións laborais - temporais, e desde logo para selección de funcionarios enten- do que é un mal criterio, e se alguén recurre gaña seguro. Sr. Presidente.- Máis intervencións neste punto. Entón sometos a votación o punto catorce. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, abstención do Sr. Costas. Aprobado coa abstención do Sr. Costas. Coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), préstase aprobación á Convocatoria, Bases e Programa para provistar con funcionarios de carreira 16 prazas de ATS - Diplomados en Enfermería; 8 delas mediante o sistema de promoción interna seguindo o artigo 22.1 da Lei 30/84 de 2 de agosto; as outras 8 restantes mediante o sistema de concurso - oposición libre seguindo as Bases da propia convocatoria. As citadas prazas están incluidas no Grupo B do artigo 25 da Lei 30/84 de 2 de agosto, clasificadas na Escala de Administración Especial, Subescala Técnicos de Administración Especial, Clase Técnicos de Grado Medio, denominación ATS ou Diplomados en Enfermería. Darase á Convocatoria e Bases a publicidade regulamentaria, nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 42 15.2187.- PROPOSTA SOBRE ABONO DE "PLUS DE PRODUCTIVIDADE" A PERSOAL DE COCIÑA, TRANSITORIAMENTE Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención? Aprobado por unanimidade. Vistas as peticións formuladas polo Sr. Administrador do Hospital Psiquiátrico Provincial "O Rebullón" para que se compense económicamente ós dous Axudantes de Cociña que dende 10 de maio do ano en curso a 31 de decembro de 1988, de feito, realizarán funcións de Cociñeiro, e que se concreta nas persoas de D. Adolfo Garrido Bouza e D. Artemio Carrera Puentes; visto, igualmente, que a compensación, como tal complemento de productividade importa CATRO MIL CINCOCENTAS CORENTA PESETAS (4.540) para cada un. Visto igualmente o expediente promovido a tal fin polo Axudante de Cociña D. Xosé Domínguez Baltar, e que o Sr. Interventor de Fondos informa que existe consignación dispoñible no Presuposto para o pago da cantidade de VINTESETE MIL DUASCENTAS CORENTA PESETAS (27.240), o que equivale para seis meses según a cantidade mensual tida en conta para os anteriores. Considerando que debe darse o mesmo trato ó persoal de carreira citado, e que, ó propio tempo da mesma clase e categoría, por tratarse de Axudante de Cociña dos dous Hopitais Provinciais. Considerando igualmente, que non se trata neste caso de crear ningún posto de traballo, nin de provista-lo na forma regulamentaria senón de compensar a funcionarios que, adscritos a un posto determinado, non obstante, e de feito, accidentalmente, exercen funcións superiores, que non implican nunca máis de dous grados, con relación ós respectivos complementos de destino, nin tampouco esta situación irá máis alá do 31 de decembro vindeiro. Por todo elo, transitoriamente, asígnase, por unanimidade, un complemento de productividade de CATRO MIL CINCOCENTAS CORENTA PESETAS (4.540) mensuais e con efectos de 1º de maio do ano en curso, ós dous funcionarios citados do "O Rebullón". A mesma cantidade, e con efectos de 1º de xaneiro do ano en curso, ó Axudante de Cociña D. Xosé Domínguez Baltar, adscrito ó Hospital Xeral Provincial, conforme co artigo 5 do Real Decreto 861/86, de 25 de abril. No último caso, suplementarase a partida para os seis meses restantes, si é que non existise crédito suficiente dispoñible. ------ Folla: 42,45 16.2188.- PROPOSTA SOBRE TRANSFORMACIÓN DE PRAZAS NA PLANTILLA DE FUNCIONARIOS E POSTOS DE TRABALLO Sr. Presrdente.- Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- Bo, aquí para insistir no noso plantexamento que xa manifestado na Comisión, de que non se pode crear unha praza de Axudante Pintor donde non hai un Oficial Pintor, repetimos outra vez. En canto ó resto das propostas me parecen razonables pero esta praza en concreto, a pesar das explicacións do Presidente, etc., pois nos parece unha falta de coherencia total pola nosa parte, e si votamos a favor de que se cree unha praza de Axudante e que non se cree unha praza de Oficial, con tódalas consecuencias, vamos, con tódalas consecuencias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pena. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si Sr. Presidente. Desde logo esta segunda modificación presupostaria que ven neste Pleno e para rompe-la dinámica dominante, vou falar de política. A mín me parece que en materia de persoal padecen vostedes de algo así como dunha especie de esquizofrenia, todo este tipo de cuestións se remiten a unha Plantilla Ideal que non ten ningún valor legal, ningún valor legal, e logo a práctica real é a chapuza cotidiana, desde logo deberían facerse mirar este problema. A única plantilla que ten validez é a plantilla que se aproba nos presupostos de cada ano, non a "Plantilla Ideal", entre comillas, e con un si que engadido que aprobaron no ano oitenta e catro, de aquela eu non era Deputado e saía nos periódicos vendendo moito eso de aprobar unha Plantilla Ideal, na práctica cotidiana desde que tomei posesión aquí vexo que eso é tódolo contrario dun ideal, é unha auténtica coartada, escapatoria ou si me permite unha frase un pouco tonta, pois algo así como un señuelo, non máis. Entón claro, seguindo cos calificativos respetuosos e chistosos de índole máis ven médica, pois a esquizofrenia de partida os leva ó absurdo na práctica, porque resulta que aquí nos propoñen vostedes modificar un cadro de persoal ou unha plantilla, unha relación de postos de traballo, modificar algo inexistente, e claro, eso é un pouco difícil, en pura filosofía é unha auténtica petición de principio, e non faría falta argumentar moito máis para dicir que vou votar en contra, pero, aínda así lles vou a entrar no tema concreto. Aquí hai tres supostos da creación dunha praza de Inspector da Brigada de Obras, unha de Axudante Pintor e unha de Xefe do Gabinete de publicacións, curiosamente eu creo que a que podía pasar era a de Axudante Pintor, porque si existe unha descripción de postos de traballo tipo do ano oitenta e dous que prevé a praza de Axudante non como Axudante doutra persoa, senón un pouco como Peón especialista, pero as outras dúas non nas acabo de ver eu. A primeira, do Inspector da Brigada de Obras, porque eu entendo que unha Brigada de Obras como casi todo nas Administracións, por sorte ou por desgracia se organizan en base a uns determinados criterios de xerarquía e eu son absolutamente contrario a separa-lo que é en si ó traballo das funcións inspectoras, nesta Administración, as funcións inspectoras teñen outras finalidades distintas, esto será un Director de Obras Auxiliar que colabore cos facultativos que dirixan cada obra xa sexan desta Deputación ou privados, contratados para o caso concreto pero non vai ser un Inspector da Brigada de Obras, e este tipo de figuras mal levadas como pode suceder can do non se determinan claramente as súas funcións, pois poden dar lugar a moitos problemas. E en canto o Xefe do Gabinete de Publicacións, pois vou a ter que repetir a argumentación que fixen na correspondente Comisión: verá vostede, o campo das publicacións, da prensa e dos medios de comunicación institucionais, eu creo que é un campo francamente importante, primeiro porque teñen unha función de contrapeso un pouco do tipo de información que se fai desde entidades privadas, e eu entendo que son bastante compatibles, o que pasa que cada un ha ten as súas regras; segundo, porque desde logo eu comprendo que desde o seu punto de vista é bastante necesario explicar que fai esta Deputación porque, desde o meu punto de vista desde logo é un Ente que so se xustifica por pura inercia histórica non polas súas funcións, precisamente, esto é un puro intermediario que sería bastante imprenscindible nunha correcta organización territorial e institucional, e que ademáis eu non concibo que poida haber un Xefe de Gabinete de Publicacións, unha, sen que se saiba cal val ser a carga de traballo desa persoa, si ocupa o cen por cen, o cincuenta, o trinta e cinco ou o vintesete por cento do que é a carga normal de traballo dun Técnico. Segundo, porque creo que dirixi-lo Departamento de publicacións desta Institución non é para nada unha función de confianza e asesoramente especial ó Presidente desta Deputación, ben o contrario, eu entendo que debe ser

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición