Fondos
1988-10-10_Extraordinaria. Acta de sesión 1988/10/10_Extraordinaria
Acta de sesión 1988/10/10_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.083/2.1988-10-10_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1988/10/10_Extraordinaria
Data(s) 1988-10-10 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 92,95 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 10 de outubro de 1988 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as trece horas, e trinta minutos do día dez de outubro de mil novecentos oitenta e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados D. Xosé Manoel Barros González, D. Xosé Castro Álvarez, D. Francisco Javier Cobian Salgado, D. Manoel Ramón Conde Romero, D. Manoel Costa Casares, D. Xesús Manoel Costas Abreu, D. Manoel Díaz González, Dª. Elvira Fernández Díaz, D. Xosé Manoel Gallego Lomba, D. Sebastián Juncal Curras, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Xosé Manoel Losada Millan, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez - Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. Xosé Manoel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero e D. Modesto Valverde Soto, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo a correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación esta formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral Interino D. Antón Castro López, e esta presente o Sr. Interventor de Fondos provinciais, D. Fernando Pedrosa Roldan. -Non asisten os Sres. Deputados D. Adolfo Abalo Ríos, D. Avelino Fernández Alonso, D. Fernando Garrido Valenzuela, D. Emilio González Iglesias, D. Diego Murillo Carrasco e D. Gilberto Bénito Vila Salgueiro. Xustifica a súa falta de asistencia D. Diego Murillo Carrasco. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da arde do Día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.2225.- BASES DA OFERTA DE EMPREGO PUBLICO DO DIRECTOR XERAL DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Sr. Presidente.- Vamos a escomenzar esta sesión extraordinaria con un asunto único. Bases da oferta de emprego público do Director Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Sres. Deputados que queiran intervir neste punto. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Brevísimamente para explica-la miña abs- tención na primeira proposta que se tramitou para o anterior Pleno existían dous problemas que sinalamos. Un primeiro que está explicitado tanto no Convenio firmado coa Xunta de Galicia como no propio Regulamento do Centro, era a utilización da figura de comisión de servicios para a instrumentación da designación desta persoa e bueno, polo que se falou do tema existen serios problemas, é dicir, considerando o previsto na recente Lei da Función Pública de Galicia, pois as comisións de servicios son situacións excepcionais e transitorias que se dan por un plazo de tres meses. Lóxicamente isto non é a forma idónea de instrumentar unha dirección que reoriente o futuro deste Centro no sentido das conclusións da Comisión de Estudios. E existía un segundo problema que dalgún xeito, pois, cando menos se superou ou se introduciron criterios para supera-lo que era a cuestión da doble retribución e asignación dunha gratificación mensual fixa superior a duascentas mil pesetas. Cando menos agora se introduce un mecanismo para evitar tódala problemática que neste sentido se daba. En todo caso nós comprendemos que parte do problema é a actual redacción do Regulamento do Convenio, tamén dicimos que existindo Leis posteriores que derogan estes instrumentos, eses artigos concretos están derogados, pero, cando menos por imperativos de seguridades xurídicas pois convería cambiar eses textos e renegociar eses extremos. Como non estamos de acordo coa forma de designación utilizada ímonos a abster por que comprendemos que si hai que proceder á remoci6n dos órganos directivos da Cidade Infantil. Máis nada, e gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Sr. Pena, ten a palabra. Sr. Pena Viéitez.- Ben, para repetir, anuncialo noso voto que un ha vez máis igual que na Comisión vai ser o de abstención, e xustificar tamén neste Pleno a ausencia de tres Deputados do noso grupo que se atopan na Deputación de Alicante a efectos de que xustifiquen a súa inasistencia, é dicir, bueno, o non repetir os argumentos do Sr. Costas Abreu que das cousas que falabamos sempre, das incompatibilidades, que comprendemos, o noso grupo comprende por outra parte que hai que cubrir esa vacante con urxencia, con unha persoa competente, pero como non estamos pola labor de contratar da mesma forma, nin con gratificacións nin con incompatibilidades, pois, mantendo un pouco o criterio de darlle un marxe de confianza ó equipo de goberno, en vez de votar non vámonos a abster nestas Bases: Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Pena. Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Bueno, efectivamente é o que dicía o Sr. Costas o outro día cando se trouxo este asunto 6 Pleno ó retira-lo da arde do Día porque había unha cuestión que era quizá máis importante, que é aclarar si era, si esa cantidade complementaria que cobraba o Director Xeral podía ser como gratificación ou non. Agora entendemos que sexa unha cantidade que se poñerá a disposici6n da Xunta de Galicia para mellora-lo sueldo desta persoa que se encarga da dirección para evitar efectivamente que poidera ser ilegal o tema da gratificación de acordo coa Lei de Incompatibilidades. Despois tamen dicir que nós tampouco estamos moi de acordo como é .natural que intentaremos melloralo nun sentido positivo de acordo coa Administración Autonómica e que neste tema pois vamos a iniciar conversacións para que iso sexa así. E nada máis, agradece-la postura de comprensión dos grupos que interviñeron, tanto os Socialistas como Esquerda Galega. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Mera. Ben sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?¿Abstencións?. Queda aprobado por maioria. Gracias Señora e Sres. Deputados. Vacante o posto de traballo de Director Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", a Excma. Corporación Provincial na sesión celebrada odia 10 de outubro actual, coas abstencións do Grupo Socialista e de PSG.-EG., e previo o dictame da Comisión Informativa de Economía e Persoal na sesión extraordinaria celebrada na mesma data, acordou anunciar convocatoria pública entre funcionarios de carreira da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia, coa titulación esixida para ingreso no Corpo, do Grupo A do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto; e por prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a fin de que os interesados que reúnan as condicións indicadas anteriormente, formulen a súa solicitude ó Ilmo. Sr. Presidente desta Excma. Deputación Provincial, acompañada da documentación que estimen pertinente. Unha vez pechado o prazo de admisión de documentación, e á vista da mesma, o Pleno da Corporación Provincial, seguindo o vixente Convenio establecido coa Xunta de Galicia, propoñerá a ésta, e a traveso da Consellería de Educación, o aspirante que considera idóneo para desempeña-lo cargo de Director Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". A adscripción é de libre designación. Este posto de traballo será desempeñado en "comisión de servicios", tal como se recolle na cláusula 4ª. do Convenio, co engadido, ademái s, de que a súa función se extenderá a de "Director Xeral" da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". A Excma. Deputación contribuirá coa suma de DUASCENTAS VINTECINCO MIL CENTO VINTE PESETAS (225.120) mensuais, á percepción das retribucións complementarias correspondentes á persoa designada para que a Xunta de Galicia llas asigne na forma regulamentaria establecida, xuntamente co que lle corresponda como funcionario de carreira da referida Xunta. Será condición para que a proposta prospere, o que o aspirante haxa desempeñado cargos ou postos de traballo de Director de Centros de Enseñanza, ou Organismos Públicos de Enseñanza e en réxime de internado, ou Organismos similares, con ampla experiencia e resultados positivos, según "curriculum" que acompañe e documentación que o acredite. E non habendo mais asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as trece horas corenta e cinco minutos do expresado día, dase por terminada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que firmarán os asistentes conmigo o Secretario que certifico. Segunda sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Provincial celebrada con carácter extraordinario e urxente, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 7/1985. Sr. Presidente.- Se non teñen inconveniente pasamos a facer outro Pleno Extraordinario para someter a debate en todo caso, a aprobación ou non dúas Mocións desta Presidencia. ¿Hai algún inconveniente en que celebremos este Pleno? Non hai. Ten a palabra Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo me quedo asombrado. Esto no me ha ocurrido prácticamente en la vida. Además sin conocer siquiera los temas que se van a tratar, hacer un Pleno Extraordinario en que efectivamente el punto del Orden del Día es conciso y concreto, es decir, que ahora se plantea otro Pleno en el que faltan Diputados que a lo mejor desconocen este tema o los temas, que no sé cuántos son, y que vamos que en un Pleno Extraordinario en el que concreta y concisamente la lectura de los temas es absolutamente cerrado no encaja, no sé las cosas que propondrá usted salvo que se quiera evitar un terremoto o una cosa a sí. Sr. Presidente.- Le doy una explicación. Usted sabe que el jueves pasado ha habido pues un atentado terrorista en esta provincia, concretamente en las dependencias del Gobierno Civil, y a mi me pareció oportuno traer una Moción de rechazo a todo eso y como hoy se celebraba un Pleno, diremos para que no quede desfasado en el tiempo, es el motivo. Como además se ha producido el plebiscito en Chile con el resultado que todos conocemos aprovechaba para traer también ese punto. Si no es por unanimidad, yo lo retiro y vendrá a otro Pleno. Yo le agradezco a usted en esto la, diríamos, su. generosidad. Si puede usted entenderlo. Y si no, queda para otro Pleno. Si no es por unanimidad efectivamente no vamos a hacerlo. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, ahora si ya recuerdo, no hace mucho, hace muy breves días, ocurrió lo mismo en el Ayuntamiento de Vigo, una cosa parecida. No hubo bombas, de momento. Y por un Concejal no se llevó a cabo la sesión plenaria. Yo no quiero ser obstáculo en este tema pero vuelvo, la jugadita también es bonita, aprovecharla políticamente, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Perdón, no hay ninguna jugadita. Simple- mente que esta decisión o este acuerdo si se toma parece más lógico que sea hoy y no dentro de quince días. Sr. Nieto Figueroa.- No, no, no me parece mal pero tampoco es así. Sr. Presidente.- Le agradezco su generosidad. Entón Sr. Secretario si é tan amable fai lectura a primeira das Mocións. Polo tanto apreciada polo Pleno por unanimidade a urxencia dos asuntos a tratar, como primeiro punto da arde do Día, ante a invitación da Presidencia, que non obtivo ningunha resposta negativa, e con arreglo o disposto no artigo 79-2 do Real Decreto 2568/86, dándose por suficientemente convocado, pásase a trata-los ásuntos declarados urxentes. Faise constar que o lugar e membros asistentes son os mesmos que os da sesión precedente, e que a devandita sesión celebrouse a continuación da extraordinaria transcrita. ------ Folla: 95,97 2.2227.- MOCIÓN PARA FACER CONSTAR EN ACTA E MOSTRAR O POBO DE CHILE, A LEDICIA E FELICITACIÓN CORPORATIVAS POLO SEU TRIUNFO PLEBISCITARIO NA LOITA POLA DEMOCRACIA E CONTRA A DICTADURA Sr. Secretario.- Moción que a Presidencia eleva ó Pleno Provincial propoñendo que se acorde facer constar en Acta e mostrar ó pobo de Chile, a ledicia e felicitación corporativas polo seu triunfo plebiscitario na loita pola democracia e contra a dictadura. "Compañeiros de Corporación: A fiestra aberta ós ventos da democracia, permitiu que o aire puro da esperanza penetre nos pulmóns dos nosos entrañables irmans de Chile. O pobo chileno dixo maioritariamente "NON". Dixo non a quince anos dunha dictadura militar, que oprimiú as libertades e os dereitos do sufrido pobo chileno. Durante esta longa etapa a soberanía popular tivo que sufri-lo secuestro da súa vontade, polo despótico imperio e a autocrática decisión unipersoal do Dictador. O pobo chileno dixo non a súa postración política, sacudíndose o xugo dictatorial con toda enerxía, con todo o esforzo responsable, con tódolos sacrificios cruentos e incruentos, con toda a tenacidade de quen loita ata o heroísmo por recobra-la súa liberdade, a súa dignidade, os seu s dereitos fundamentais e a súa capacidade para decidi-lo seu propio destino. Pero o pobo chileno, o dicir non, dixo tamén SI. Si á democracia; si as liberdades, si a ese dereito inalienable de ostenta-la soberanía popular. O pobo español, cunha polongada traxectoria histórica que coñeceu situacións semellantes, solidarízase sen reservas, co pobo fraterno de Chile nesta hora xubilosa; na que, logo dunha azarosa etapa de opresión, de vexames e sufrimentos, conqueriú un venturoso futuro de liberdades democráticas. E fixoo, frente a unha serie de condicións adversas de inferioridade evidente, nun plebiscito no que as súas escasísimas posibilidades para afrontar un evento electoral, desenvolveronse no medio dunha incesante represión. Xa se ten dito que, en definitiva, "o triunfo do non significou que as metralladoras non lograron acala-la ansia de liberdade dos chilenos, tras quince anos de Dictadura". O pobo español alegrase dese triunfo democrático no máis profundo do seu sentir colectivo, porque, como dixo Octavio Paz, os seus irmáns chilenos "han comenzado a escribir su historia hacia los años venideros". Solidarízase e felicita ó pobo de Chile, porque os españoles ternos cara ós chilenos un ha actitude distinta da que poden manter outros pobos de diferente estirpe. E evidente que, cando se debate a libertade e a vida dun pobo de raíz hispana, tódolos españois que defendemola libertade e os dereitos democráticos estamos comprometidos. Compañeiros de Corporación: Os que estamos a prol do rexime democrático; os que aceptamos de feito e de dereito o libre xogo da participación política; os que respetamo-las libertades ideolóxicas e o dereito a expresarnos e manifestarnos a través de opcións lexítimas, estamos co novo alborexar do pobo chileno. E con el, dicimos si á democracia e non á dictadura, sexa do signo que sexa. Eu pídovos que esta expresión de ledicia e solidaridade co pobo xa libre de Chile, se formalice no acordo unánime de facer constar en Acta a felicitación máis cordial, calurosa e entusiasta ó pobo chileno, facendo votos para que o seu futuro de liberdades sexa o digno premio á heroica loita por conquistalas. Moitas gracias. Non obstante a Corporación Provincial decidirá. O Presidente." Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención neste punto? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Pois eu creo que é unha auténtica alegría poder pronunciarse sobre un tema así, porque sen algo habemos alegrarnos do sucedido este ano polo mundo pois é por este feito de que os cidadans chilenos e os demócratas chilenos lograron decirlle que non a un dictador, nunhas condicións moi difíciles que se saiba na historia só se perderon tres plebiscitos, quen nos convocou. Un convocado nunha situación democrática que é o caso de De Gaulle, propoñendo casualmente a rexenerización do xacobino estado francés, e dous mais recentes convocados por dúas sanguentas dictaduras militares de suramérica, como foron a Uruguaya e a Chilena. E verdadeiramente alguén que ten quince anos para facer campaña electoral a tiro limpo perde na primeira vez que deixa votar con certa libertade ós seus cidadans, debería retirarse do mercado isofacto e cubrirse a cara de vergonza para o resto da súa vida. Si se me permite frivolizar un pouco, eu que son de formación mais ben relixiosa e non por vontade libre, o único caso. que en términos políticos a doctrina católica xustificaba o uso da violencia era precisamente o tiranicidio, isto esta hasta teorizado polo padre Mariana fai bastantes séculos. Se cadra eu creo que os que somos contrarios a pena de morte somos contrarios moralmente as solucións deste tipo, pero hai algo que convén resaltar de todo isto e é que, independentemente da democracia que esperemos que chegue inmediatamente e sin que se cumpran os prazos da constitución elaborada e imposta polo dictador militar, eu creo que convén reflexionar sobre as consecuencias dos réximes dictatoriais, e que Chile logre volver a cede-la súa riquísima tradición democrática á herencia que unha dictadura militar deixa de miseria moral e de medo é algo que costa moitos anos superar. E en parte, o sabemos por experiencia aquí. E nese sentido a nosa inmensa alegría por esta victoria en tan dificilísimas condicións e a nosa absoluta repulsa hacia toda forma de dictadura e en especial desde logo a aquelas que protagonizan aqueles cidadans que porten un uniforme e unhas armas para defender ós demais cidadans e a veces sucumben á tentación de utilizalas contra quen paga o seu soldo e os designou para cumprir unhas determinadas funcións. Evidentemente, é unha das peores cousas que lle pode pasar a un país, que se subvirta a orde constitucional dunha forma tan absolutamente penosa e que un país acabe protagonizando primeiras páxinas de tódolos periódicos por culpa duns cantos individuos que se empeñan en poñer a súa vontade frente a libre manifestación, incluso nun plebiscito da maioría dos cidadáns. E desde logo, as interpretacións posteriori que creo que paga a pena comentalas xa pertence? ó gremio da estupidez per- soal. Cando nun plebiscito no que un solo candidato se postula a maioría dos cidadáns din non e logo a propia dictadura se dedica a manifestar que gano u as eleccións, pero creo que non é cuestión de repudiarse así. Deberíamos nomealo tonto de honor deste mundo. Pobre individuo. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas. Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- Para manifestar en nome do Grupo Socialista o noso apoio á proposta do Presidente aínda que non está definitivamente conquerida esa democracia que todos desexamos para Chile, sí vimos por fin camiñar ó pobo polas anchas alamedas que dicía Allende. Aberta xa por fin, aínda que non definitivamente vixiladas. Esperamos con satisfacción, como espero tódolos membros da Corporación Provincial, que o dictador abandone a súa postura de intransixencia e os militares se dean conta de que a tradición democrática dun pobo como Chile permiteu, como ben dicía o Deputado que me antecedeu, que despois de quince anos de utiliza-la forza das armas, dos cartos, da represión, das mortes, dos desaparecidos, dos centenares e centenares de exiliados que Chile vivira unha festa democrática rendindo polos votos ó dictador. Que se retire, porque Chile, a súa tradición democrática ó igual que antes pasara en Uruguay non permitirá sempre que haxa eleccións libres, que as dictaduras, os totalitarismos de algunha mane ira sigan adiante nun país tan vencellado á historia democrática do mundo. Congratularnos pola decisión do Presidente de presentar esta Moción por dous motivos principais. Pola relación fraternal con Chile e cos chilenos, eu particularmente porque tiven a sorte dentro da desgracia, de vivir con moitos exiliados chilenos e sei o sentimento de cariño, de amor que lle teñen o seu país. Congratularnos porque esperando que a situaci6n de encerro da democracia, de encerro das urnas, e de privación de apertura das alamedas se abra por fin definitivamente e poidamos todos celebrar non esta victoria parcial ó triunfo sobre a dictadura, senón o triunfo da democracia sexa cal sexa o partido que gane as eleccións en Chile. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Pena. ¿Algunha intervención máis? Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Si, una ráfaga sóla. Creo que ya, yo ya vengo de vuelta de Chile y piso tierra de Pontevedra y recuerdo, y pienso, y digo, hay que decirlo, que hay mucho fariseísmo a mi criterio, dentro de ese escrito. y digo que hay mucho fariseísmo porque... Sr. Presidente.- Sr. Nieto, retire la palabra por favor. Sr. Nieto Figueroa.- ¿Usted sabe lo que es ser fariseo? Sr. Presidente.- sé lo que es ser fariseo, antes que usted. Sr. Nieto Figueroa.- ¿Y usted sabe a que me refiero?, porque a lo mejor resulta que tengo razón. Sr. Presidente.- Pero, perdón, no me gusta que aparezca ese tema. No lo vuelva a repetir por favor. Sr. Nieto Figueroa.- No retiro la palabra. Me callo pero no retiro la palabra. Tiene mucho de fariseísmo ese escrito. Y yo me remito únicamente a los hechos, son los únicos que hacen historia. Nada más. Ya le diré porque tiene mucho de fariseísmo. Sr. Presidente.- Bien, sometemos a votación la Moción. ¿Votos en contra? ¿Abstenciones? Aprobada por unanimidad. Muchas gracias. Se levanta la sesión. Por conseguinte, tamén por unanimidade, apróbase a Moción facendo constar en Acta e mostrar ó pobo de Chile a ledicia e felicitación corporativas polo seu triunfo plebiscitario na loita pola democracia e contra a dictadura, según Moción da Presidencia exposta pola Secretaría Xeral da Corporación Provincial. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas do expresado día, dase por terminada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que firmarán os asistentes e conmigo o Secretario que certifico. Cúmplanse os precedentes acordos. ------ Folla: 92,95 1.2226.- REPULSA POLO ATENTADO TERRORISTA O GOBERNO CIVIL DE PONTEVEDRA Sr. Secretario.- Moción que a Presidencia eleva ó Pleno Provincial propoñendo facer constar en Acta a repulsa corporativa polo atentado terrorista ó Goberno Civil de Pontevedra así como a súa solidaridade ó Goberno da Nación. Compañeiros da Corporación: O pobo español do que os galegos formamos parte manifestou pola vía lexítima das urnas a súa firme e decidida vontade de convivir en democracia. Apostou con rotundidade, con plena consciencia, polo establecemento dunha orde constitucional que garantice a libertade, a paz individual e social e o respeto a ultranza dos dereitos individuais. Afirmouno o estado a ratificar día a día coa súa inequívoca e inquebrantable decisión de acatamento á Lei, de respeto ás Institucións que o propio pobo quixo dar. Decidiuno maioritariamente e o seu exemplar comportamento cívico, afirma dun xeito indubidable, que quere vivir democráticamente nese marco constitucional de orde, de paz, de libertade, entregándose á nobilísima e responsable tarefa de construir un país en progreso e benestar. Por todo iso o pobo español, o pobo galego, está e estará sempre contra a subversión, contra o ataque incivilizado e contra o terrorismo, sexa do signo que sexa e veña de onde veña. Por iso tamén, repudia e repudiará sempre o salvaxismo da bomba asasina, do secuestro extorsionador, cobarde e despiadado, do pistolazo alevoso e pola espalda e do atentado discriminado ou indiscriminado. Nós neste momento representamos a ese pobo nobre e soberano, rexeitamos e rexeitaremos a título persoal e no seu nome todo o que atente a liberdade, a vida, os dereitos inviolables da persoa humán e, en definitiva, a canto pretenda perturba-la paz social. Por iso estamos no ineludible deber de erguer pública e ostensiblemente as nosas voces, para condena-los atentados irracionais e os ataques frontais ás Institucións e/ou as persoas que as representan e as serven con honestidade, dedicación e probidade exemplares. Todos vós coñecede-lo atentado de que foi obxecto a se do Goberno Civil desta Capital, na mañanciña do venres, día sete do mes que andamos. Pois ben, perante este feito lamentable, cobarde e alevoso, que desgraciadamente -e oxalá me equivoque- non vai se-lo derradeiro intento criminal da subversión que nos pretenden impor polo terror, quédanolo lexítimo recurso -que quizáis sexa testimonial, pero que sen dúbida expresa unha enérxica repulsión- de condenalo e rexeitalo, pública e unánimemente, para que así o entendan os que, coas súas accións criminais, se están auto - marxinando social e políticamente, colocándose en posicionamentos hostís e enfrentados ó rexime democrático que maioritariamente -dunha forma esmagante- nos demos os españois, e no que, por suposto, eles non teñen cabida. Por todo iso, teño a honra de propoñervos nesta sesión extraordinaria, convocada ó efecto e coa urxencia do caso, que se acorde facer constar en Acta, a máis firme repulsa corporativa por este acto terrorista de que foi obxecto a se do Goberno Civil de Pontevedra, e por calquera outro acto violento que se puidera producir, así como a nosa solidaridade a persoa do representante na provincia do Goberno do Estado -Excmo. Sr. D. Jorge Parada Mejuto, ex-compañeiro de Corporación Provincial- ó que se lle dará conta do presente acordo. Moitas gracias. Non obstante a Corporación Provincial decidirá, O PRESIDENTE, Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si Sr. Presidente. En primeiro lugar, dicir que ó cabo o que se propón é unha adopción dun acordo que só supón unha declaración de vontade, unha manifestación neste caso de repulsa dos actos violentos e de solidaridade contra o concreto afectado, neste caso, ou sexa, trátase dun acordo, digamos, executivo dun acto administrativo, pois por descontado que eu oporíame a que se incluíra nun Pleno Ex-traordinario porque ademáis considero que daríamos lugar a un acordo nulo, pero insisto, con esa precisión de que se trata de, por razóns de oportunidade de pronunciarse sobre un feito concreto sin máis alcance que tódolo alcance que esto ten, pois non poño ningún problema e creo que son temas distintos e convén separa-los. Gustaríame, ó fío desta proposta, dicir dúas cousas: unha, e é unha especie de chamada de atención ós que aquí estamos, que creo que é sumamente perigroso tamén, e non pretendo facer comparacións, a utilización do terrorismo como término insultante destinado a descalificar actitudes perfectamente cívicas e democráticas, eu creo que, precisamente para lexitimarnos como demócratas, para condenar actos que utilizan a vilolencia en política, o primeiro que todos debemos ter claro é que calquera cidadán pode defender calquera tipo de ideas por vías pacíficas, desde a República hasta independencia do que sexa, ou calquera outra, e son actitudes perfectamente respetables. Neste sentido pois, intentar misturar allos con cancallos e utilizar unha situación certamente perniciosa e condenable como é a utilización da violencia política dentro do que debería de ser unha normal dialéctica da política democrática, a mín me parece tamén un feito gravísimo que hai que denunciar aquí. E en segundo lugar quixera dicir, é a segunda vez que ven un pronunciamento sobre temas deste tipo a este Pleno, o que dixen a prime ira vez, e é que creo que, si algo tamén ternos que facer para acabar con este tipo de feitos é precisamente demostra-la proximidade das institucións ós cidadáns, e utiliza-las institucións como vías de integración social. Eu creo, por citar un caso concreto, que en Galicia hai evolucións políticas de sectores que nun momento dado poideron ter máis ou menos valeidades hacia camiños democráticos e as descalificacións destas forzas ou destos sectores políticos non fai mais que votar leña ó lume, nese sentido quero deixar moi clara a miña total solidaridade co titular do órgano afectado por este repudiable atentado pero tamén a miña condena a determinadas afirmacións previas dese titular, e o digo con absoluta tranquilidade de utilizar vías políticas democráticas, e desde logo considero que todos nós, desde as institucións, e os cidadans desde as rúas e tódalas forzas políticas ternos que facer tódolo posible por, si fai falta, remachar unha e mil veces que a única forma de avanzar políticamente no sentido das ideas de cada quen, é precisamente pois o normal contraste entre as ideas e o esforzo de cada un por convencer ós demáis, con argumentos racionais e non con estoupidos de ningún tipo, nese sentido voto a favor desta moción aínda que eu discrepe con algunha cousa dela, insisto, creo que España é un estado plurinacional, como casi tódolos estados do mundo, e nese sentido incluso, formulacións como o goberno da nación para mín son pequenos erros dialécticos, a nación que eu coñezo e na que a mín me naceron é Galicia, en todo caso non teño ningún problema por estas cuestións semanticas. Máis nada, gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- En primeiro para manifesta-la nosa identificación coa proposta da Presidencia. Hai partes sustanciais da proposta da Presidencia que compartimos, compartimola de todo pero que compartimos, si cabe, con maior intensidade, coma a que se retire ó respeto as persoas, a non ser violentadas, a ter paz persoal e colectiva, e parece que situacións coma a vivida en Pontevedra nesta ocasión co Goberno Civil, pero noutras ocasións noutros lugares de Galicia, non deben de volver a reproducirse, non debían, si os que atentan con tanta valentía contra as institucións ou contra as persoas foran, non razonables sen6n humans. Respeto profundamente, como se dixo xa con anterioridade, o dereito das persoas a manifestarse libremente, manifestar as súas opinións, incluso a manifestarse libremente polas rúas, non quero volver a repetir este tema coma unha relación entre o sucedido, as declaracións do Gobernador Civil e o sucedido posteriormente porque aínda que eso tose certo non existe xustificación ningunha para un acto desa envergadura. Dixen unha vez aquí, con ocasión doutro atentado tamén, que nadie ten o dereito a quitarlle a vida a nadie nin atentar contra a súa tranquilidade e a súa paz, e que calquer tipo de xustificación, seudoxustificación ou argumento que poida atinxir o alcance dun atentado como este, pode valer nin siquera para pensar que en Galicia hai alguien que defende dalgunha maneira os intereses de Galicia, está claro, xa se dixo antes, que Galicia expresou, expresa unha e outra vez nas urnas a súa decisión democrática e a quen quere que os goberne, e non creo que outras formas de radicalismos nin de atentados terroristas poidan ser, por un lado, como neste caso, mostrar solidaridade cun órgano, un organismo afectado, pero sobor de todo, valorados doutra maneira que co desprecio e coas ganas de resolver polas vías democráticas calquera situación de discrepancia que se poida dar. Repito unha vez máis que non pode haber xustificación nunca ó atentar contra a vida ou a integridade das persoas ou dos bens, non existe ningunha xustificación e creo que nun réxime democrático existen fórmulas de diálogo e senón a forza dos votos e das urnas, para demostrar que un estado non está equivocado. Ratifico, o noso grupo ratifica plenamente a proposta que fai o Presidente, e esperamos que a pesar de que nela se di de que non será o último atentado, esperamos que polo ben de Galicia, da nosa terra, a provincia de Pontevedra, sexa en verdade o último. Que os que cometeron tan cobarde atentado se sintan avergonzados de habe-lo cometido e recapaciten de que Galicia é algo máis que unha situación conflictiva de tensión ou de catro persoas que creen que resolven mellor así os intereses de Galicia e se poñan a pensar que a Comunidade Galega o que quere en realidade é vivir en paz e en democracia. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pena. Sometemos a votación esta moción. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, queda aprobada por unanimidade. Gracias, e pasamos á Moción seguinte. Sr. Secretario. Apróbase por unanimidade a moción presidencial de repulsa do atentato terrorista ó Goberno Civil de Pontevedra, exposta pola Secretaría da Corporación Provincial. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota