Fondos
1988-12-22_Nocturna. Acta de sesión 1988/12/22_Nocturna
Acta de sesión 1988/12/22_Nocturna
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.083/3.1988-12-22_Nocturna
Título Acta de sesión 1988/12/22_Nocturna
Data(s) 1988-12-22 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 89,90 Da sesión [2ª] extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 22 de decembro de 1988 No Salón de Sesións da Excma. Deputación provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e trinta minutos do día vintedóus de decembro de mil novecentos oitenta e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manoel Barros González, D. Xosé Castro Álvarez, D. Francisco Javier Cobián Salgado, D. Manoel Costa Casares, D. Xesús Manoel Costas Abreu, D. Manoel Díaz González, D. Avelino Fernández Alonso, Dª. Elvira Fernández Díaz, D. Xosé Manoel Gallego Lomba, D. Emilio González Iglesias, D. Sebastián Juncal Currás, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Xosé Manoel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez - Herrera Escribano, D. César Cosé Mera Rodríguez, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. Xosé Manoel Pérez Alarcón, D. Modesto Valverde Soto, e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral Interino D. Antón Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos provinciais Interino, D. Bernardo Mosquera Souto. Non asisten os Sres. Deputados D. Fernando Garrido Valenzuela, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Pillado Montero e D. Manuel Ramón Conde Romero, quen xustifica a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da arde do Día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.2304.- NOMEAMENTO DOS DEPUTADOS MEMBROS DO CON SELLO DO CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL Sr. Presidente.- Ben, si tódolos Deputados están de acordo podemos incluir nun punto de fora da arde do Día, o nomeamento do Consello de Administración do Servicio, ¿están de acordo?, é simplemente co ánimo de que a primeiros de ano entre en funcionamento ese servicio. Si vostedes están de acordo, vai se-lo mesmo hoxe, porque evidentemente tódolos grupos. Sr. Pena viéitez.- Vamos a ver, o Secretario, ten que ser outro Pleno ... o Secretario ten que informar. Sr. Presidente.- Non, non, pero ben, estou a dicir, ou sexa, o Secretario ten que informar pero eu en principio propono e logo que informe o Secretario, si estamos de acordo, senón non entremos en discusión porque é absurdo. ¿Pódese facer ese tema, Sr. Secretario? Sr. Secretario.- Cabe a posibilidade sempre e cando sexa outro Pleno extraordinario urxente. Sr. Pena Viéitez.- Claro, extraordinario e urxente, vótase a urxencia e se trata, iso digo eu. Sr. Presidente.- Pero pregunto, o outro xa rematou. Sr. Pena Viéitez.- Eu si é Pleno extraordinario e urxente si, ¿por qué non?, ¿por qué non se vai tratar?. Sr. Presidente.- Bo, esa é a pregunta Sr. Lois. Sr. Pena Viéitez.- Eu pensei que anadirlle un punto ó anterior. Sr. Presidente.- Non, non, outro punto, outro Pleno. ¿Estamos de acordo? Ben, entón a proposta é, a do Grupo Político Mixto propón a D. Jesús Manuel Costas Abreu; a do Grupo Político do Partido Socialista Obreiro Espanol, a D. Emilio González Iglesias e a D. José Manuel Gallego Lomba; e a proposta do Grupo Político de AP, D. César, Presidente ó Presidente da Corporación, que conste que a mina intención en canto ó Con sello de Administración en representación do grupo é que haxa unha rotación periódica, iso quero que vostede o sepa para que tódolos Deputados poidan participar, D. César José Mera Rodríguez, D. José Manuel Barros González, D. Manuel Díaz González, D. José Manuel Pérez Alarcón e D. Manuel Costa Casares. Esta é a proposta. Insisto que o grupo de goberno, o grupo político de AP neste caso, tratará de facer unha rotación periódica, out ros ten, vostedes tamén, pois moitas gracias e queda aprobado o Consello de Administración. Levántase a sesión. Polo tanto, por unanimidade, adoptánse istos acordos: 1.- Declara-la urxencia do nomeamento de representantes das Corporacións Locais no Consello de Administración do Centro provincial de Asesoramento Municipal, debido á necesidade da inmediata posta en funcionamento, non permitindo a urxencia face-la convocatoria de sesión extraordinaria con normalidade. 2.- Efectua-los seguintes nomeamentos: Aprobado definitivamente na sesión plenaria do 19 de decembro actual o Regulamento do Centro provincial de Asesoramento Municipal, e recibidas as propostas dos distintos Grupos Políticos que integran a Corporación Provincial, conforme ás mesmas e ó que establece o artigo 7º do precitado Regulamento, o Pleno, por unanimidade, procede ó nomeamento dos Deputados membros do Consello, seguintes: -Grupo Político de AP: D. César José Mera Rodríguez. D. José Manuel Barros González. D. Manuel Díaz González. D. Manuel Costa Casares. D. José Manuel Pérez Alarcón. -Grupo Político do PSOE: D. Emilio González Iglesias. D. José Manuel Gallego Lomba. -Grupo Político Mixto: D. Jesús Manuel Costas Abreu. Queda enterado asímesmo de que o Presidente designa para desempena-la Vicepresidencia ó Deputado D. César José Mera Rodríguez. E non habendo mais asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dase por terminada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que firmarán os asistentes conmigo o Secretario que certifico. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota