ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1989/03/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.097/1.1989-03-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1989/03/30_Ordinaria

  • Data(s) 1989-03-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 18 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de marzo de 1989. No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dezasete horas, e cinco minutos do día trinta de marzo de mil novecentos oitenta e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Castro Alvarez, D. Francisco Javier Cobián Salgado, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Manuel Costa Casares, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Manuel Díaz Gonzá- lez, D. Avelino Fernández Alonso, Dñs. Elvira Fernández Díaz, D. Xosé Manuel Gallego Lomba, D. Emilio González Iglesias, D. Sebastián Juncal Currás, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Xosé Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. Xosé Manuel Pérez Alarcón, D. Modesto Valverde Soto, e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral Interino D. Antón Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais Interino, D. Bernardo José Mosquera Souto. Non asisten os Sres. Deputados D. Fernando Garrido Valenzuela e D. Antonio Pillado Montero. Incidencias: O Sr. Murillo Carrasco comparece no punto 4, e o Sr. Martínez-Herrera Escribano no punto 15. No punto 10 auséntase o Sr. Secretario Xeral In.terino, D. Antón Castro López e é substituído polo Sr. Vicesecretario Interino, D. Rogelio Nicieza de la Cerra. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da arde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2367.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención no punto primeiro? Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Si, que na Acta do Pleno do día 9 de febreiro páxina, páxina 17, Operación de Tesourería, di unha intervención de Lois Pena e na Acta consta de que Lois Pena non estivo na sesión, entón foi unha intervención miña quero que se recolla como tal. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Gallego Lomba. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-los borradores das Actas das anteriores sesións, Extraordinarias, dos días 9 e 22 e Ordinaria do día 28, todas elas do mes de febreiro de 1989. ------ Folla: 18,20 2.2368.- BASES DE AXUDA ECONÓMICA PARA ESTABLECEMENTO DE PEQUENOS REGADÍOS E MELLORA DOS EXISTENTES. Sr. Presidente.- ¿ Algunha intervención ? ¿Algún voto en contra? Intervencións. Sr. Costas Abreu.- Brevisimamente, conxunta para os puntos 2, 3 e 5 que para o caso son susceptibles dun tratamento unitario dende o punto de vista dun modesto Deputado da oposición, nada mixto, ás veces se lle plantexan dilemas de difícil solución, non. A situación é a seguinte: legalmente as competencias desta Deputación non están nada claras no actual momento e en concreto en materia de Agricultura e Gandería non é só que existan posibles competencias concorrentes de aprecialas coa Comunidade Autónoma e co Estado senón incluso coa Comunidade Económica Europea. Ese é un pouco o problema que hai aquí. Entón un pouco a posición para alguén que non está moi de acordo coa persistencia futura destas Institucións e dificultosa, un pode moi comodamente abrirse do asunto votando en contra pola carencia de competencias ou intentar entrar máis no fondo do asunto e votar unha man en que a corrección das convocatorias sexa a meirande posible. Un pouco eu optei pola segunda solución e presentei as miñas emendas, en todo caso, si quixera dicir que é preciso aclarar a cuestión na necesaria coordinación cos límites de actuación impostos pola pertenza á Comunidade Económica Europea, e que máis vale aclarala este ano, porque seguir repetindo un pouco estas convocatorias cos riscos que corremos de que nun momento dado se nos poidan anular ten os seus perigos. Vou votar a favor das tres, pero eu creo que este ano convén face-las xestións e aclarar. Eu que conste que estou completamente de acordo en que esta Deputación faga o que está a facer que en último término non é máis que transferir fondos os sectores agrarios que teñen un nivel de renda moi inferior a outros sectores urbáns. Máis na- da. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas. Sr. Nieto Figueroa. Perdón, confundinme. Sr. Gallego Lomba, por favor. Sr. Gallego Lomba.- Para los puntos, os puntos 2, 3 e 5 tratámolos conxuntos porque teñen todos o mesmo informe tanto de Intervención como do Secretario Xeral da Corporación, entón eu penso que como dicía o compañeiro que me precedeu na palabra de que podemos entrar, ou estamos entrando en subvencionar a Horticultura, a Gandería, e os Regadíos, pero nisto pode darse de que concretamente paisanos desta Provincia, de que poidan ter tres subvencións ou catro, da Comunidade Económica Europea, do Ministerio de Agricultura, da Xunta e da Deputación. Entón, o que debemos estar facendo é creando profesionais das subvencións, entón ternos que intentar coordinarnos. Eu quería presentar unha emenda tamén de que onde di que o máximo debe de ser, de subvención o 50%, estamos de acordo, pero nós tamén e é unha guerra que bueno, unha guerra no bo sentido da palabra que estamos mantendo en tódalas Comisións, non nesta Corporación senón ...tamén, que se fixe un mínimo de subvención que podería se-lo 25% como mínimo e o 50% como máximo porque as grandes obras, as obras importantes de invernadoiros e iso, entón si a unha obra de doce millóns se lle da o mínimo, pódeselle dar o mínimo, pódeselle dar cen mil ou cincuenta mil pesetas, entón non se realice a obra, queremos potenciar isto, pois eu penso que poderíamos estipular un mínimo e si se me recolle esta emenda nós votaríamos a favor senón absteriámonos. E no punto, para tratar o 2 o 3 ou o 5, concretamente, no de regadíos, nós insistimos unha vez máis, xa era da Corporación anterior tamén, insistimos agora de que se subvencione se axude á comercialización. Que non sigamos creando invernadoiros, porque creemos que na provincia de Pontevedra, hoxe é importante a cantidade de invernadoiros que hai e a producción que hai, entón nós o que propoñemos é queremos que se dediquen aínda que nos Presupostos pois é bastante escaso, porque a cantidade de solicitudes que veñen ...teñen que quedar practicamente dun ano para outro. Entón, propoñemos que se invirta e que se faga un esforzo importante na comercialización. Que a Deputación cree unha rede de subvencións para mellora dos invernadoiros, senón para comercialización. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Gallego Lomba. Sr. Barros. Sr. Barros González.- Ben, eu quería dicir que en principio estou totalmente de acordo co Sr. Costas e creo que en anos sucesivos xa se verá o que pasará para poder dicir de verdade esas posibles diferencias para poder aplicar estas subvencións. Indudablemente o que si queda claro é que a Deputación vai a tratar de repartir ese difiro que presupostamos este ano e a poder ser inda dentro do mesmo exercicio a ver si podemos incrementar esas cantidades como di o Sr. Gallego que desde logo tamén estou totalmente de acordo, e vaise a tratar, entón creo que acepto a emenda, eu como Presidente da Comisión de que como mínimo se aplique o 25% tamén das axudas, co- mo máximo o 50% e como mínimo o 25%, e tamén quedou claro xa na Comisión que fixemos que vamos a tratar de informar, sobre todo á Comunidade Autónoma para que non se dupliquen as axudas que podamos dar nestes apartados que estamos tratando neste momento, o 2, o 3, o 4 e o 5, nas Bases de axuda á gandería, axuda o fomento da horticultura e tamén ós pequenos regadíos. En principio o que lamento é que as cantidades non sexan máis importantes pero confío en que nos expedientes de créditos que se poidan facer ó largo do actual exercicio poidamos incrementar esas cantidades. Polo tanto, Sr. Presidente creo que podíamos acepta-las emendas que propón o Deputado Sr. Gallego e tamén en certo modo estar de acordo coas manifestacións que fixo o Sr. Costas. Sr. Presidente.- De acordo. Gracias Sr. Barros. Sometemos a votación entón o punto 2. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Aprobado por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-las bases de axuda económica para Establecemento de Pequenos Regadíos e Mellora dos Existentes, debendo enviarse ó Ministerio de Agricultura unha copia para o seu coñecemento. BASES PRIMEIRA: Neste programa outorgaranse axudas económicas ata un total inicial de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000), quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión na contía que se propoña pola Comisión de Agricultura e Gandería. SEGUNDA: Os modelos de impreso facilitaranse ós interesados nos Concellos respectivos e no Servicio Agrario da Excma. Deputación Provincial. Estes irán acompañados da seguinte documentación: · Croquis acotado das obras a realizar e situación dos mesmos. · Presuposto dos materiais a empregar. · Presuposto total das obras. · Fotocopia do prorrateo de augas de existi-lo mesmo. · Acordo dos beneficiarios do regadío para realiza-las obras. · Declaración xurada de que non solicitaron ou percibiron para a mesma inversión, axuda a outros Organismos Oficiais. TERCEIRA: Unha vez estudiadas as solicitudes pola Comisión de Agricultura e aprobadas polo Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación, comunicarase ós interesados a resolución recaída. CUARTA: O importe da axuda alcanzará como máximo, o custe dos materiais e elementos auxiliares a empregar na obra e non sobrepasará en ningún caso o 50% do presuposto total das obras. O mínimo de subvención será do 25%. QUINTA: O pago da axuda económica realizarase unha vez finalizada a obra de mellora do regadío mediante escrito do so- licitante ó Servicio Agrario, comunicando a finalización das obras e axuntando facturas ou duplicados das mesmas, correspondentes ós materiais, medio auxiliares empregados nas obras e certificación por Técnico do Servicio Agrario, que as obras foron realizadas de acordo co expediente, axuda concedida e prazo de execución que se entende desde a data de notificación ata o 20 de decembro do exercicio corrente. SEXTA: Cando o presuposto da obra a realizar fora superiora UN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000), a Presidencia poderá autorizar e dispoñe-lo pago fraccionado de igual fora ó establecido na base anterior. SÉTIMA: Estimaranse como criterios de selección das peticións para a concesión das axudas as seguintes: a) Número de veciños ós que afecte a obra que se pretende e grado de desenrolo da Comarca. b) Importe das obras. c) Superficie a regar. d) Interese económico e social dos cultivos. e) Terminación do regadío si se está executando por fases e se realizáronse algunhas delas. OITAVA: Polo Servicio Agrario, enviarase á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, relación dos beneficiarios e contía da axuda concedida. NOVENA: Os beneficiarios comprometeranse como contraprestación da axuda recibida a prestar unha íntima colaboración co Servicio Agrario desta Excma. Deputación durante a realización das obras. O mesmo tempo faranse responsables da conservación das mesmas e da limpeza dos cauces de rego por un período mínimo de cinco anos, baixo apercibimento de reintegro da axuda, e se lles inste a constituírse en comunidade de regantes con axuda da Excma. Deputación Provincial. DECIMA: Concédese un prazo de vinte (20) días hábiles a partir da publicación destas Bases no "Boletín Oficial da Provincia", para presenta-las solicitudes correspondentes (os impresos facilitaranse nas dependencias do Servicio Agrario, Deputación Provincial, e nos Concellos correspondentes), que deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial e acompañadas da documentación indicada nos impresos. RECLAMACIÓNS: Dentro dos oito días seguintes ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, poderán interpoñerse reclamacións contra as bases. ------ Folla: 20,21 3.2369.- BASES DE AXUDA ECONÓMICA PARA FOMENTO DA HORTICULTURA Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Algún voto en contra? Algunha abstención. Aprobado por unanimidade. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-las Bases de axuda económica para o Fomento da Horticultura para o ano 1989, seguintes: BASES -PRIMEIRA: Neste Plan outorgaranse axudas económicas, partindo dun crédito inicial de DEZ MILLÓNS DE PESETAS (10.000.000), no exercicio de 1989, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa concesión, na contía que se propoña pola Comisión de Agricultura e Gandería. -SEGUNDA: As axudas destinaranse á compra de materiais para construcción de invernadoiros. -TERCEIRA: Os modelos de impresos facilitaranse ós interesados polo Servicio Agrario da Excma. Deputación Provincial e Concellos respectivos. Estes irán acompañados da seguinte documentación: -Croquis de situación en onde se realizará a inversión, para facilita-la inspección e localización. -Fotocopia do D.N.I. -Declaración xurada de que non solicitaron ou percibiron para a mesma inversión, axuda a outros organismos oficiais. -No caso de agrupacións, S.A.T. Cooperativas, etc., ademáis da documentación requirida nos puntos anteriores: relación de socios co D.N.I. indicando a data de nacemento, reseña da data de constitución da agrupación, S.A.T. Cooperativa, copia dos estatutos e memoria do Plan de mellora a efectuar. -CUARTA: Serán axudados economicamente os custes dos materiais empregados para a construcción de invernadoiros, tendo en conta que a superficie cuberta non sexa superior a 250 m2 nin inferior a 1.500 m2, e a súa data de construcción ou instalación sexa posterior á data de solicitude presentada á Deputación. -QUINTA: Fíxase como axuda económica máxima o 50% do custe dos materiais a empregar na construcción do invernadoiro, sempre que estea en concordancia co contemplado no Real Decreto 808/1987. O mínimo de subvención será o 25%. -SEXTA: O pago da axuda económica realizarase unha vez finalizada a construcción e instalación do invernadoiro, mediante escrito do solicitante 6 Servicio Agrario en onde axuntará facturas ou duplicado das mesmas, correspondentes ós materiais adquiridos e certificación por técnico do Servicio que a construcción realizouse de acordo co expediente, axuda concedida e prazo de execución que se entende desde a data de notificación ata o 20 de decembro do exercicio corrente. -SEPTIMA: Atenderanse preferentemente: 1.- Solicitantes que introduzan innovacións ás técnicas de cultivo ou cultivos propiamente ditos. 2.- Os que pertenzan a unha agrupación de productores e comercialicen os seus productos. 3.- Posean unha capacidade profesional suficiente. 4.- Cando non sendo agricultor a título principal, pero ca- reza de emprego fixo ou doutra actividade empresarial que lle xenere ingresos superiores o salario mínimo interprofesional. -OCTAVA: Polo Servicio Agrario, enviarase á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, relación de beneficiarios e contía da axuda concedida. -NOVENA: Os beneficiarios comprometeranse como contraprestación da axuda recibida a prestar unha íntima colaboración co Servicio Agrario desta Excma. Deputación, coa súa Sección de Fitopatoloxía, mediante o suministro como mínimo dos datos seguintes: 1.- Inmediata comunicación de calquera enfermidade ou praga que afecte os seus cultivos, mediante o envío de plantas afectadas para coñecemento da Sección de Fitopatoloxía, co obxecto de que pola mesma se determinen as causas do dano e tratamento a seguir, así como para alertar os demais agricultores da presencia de enfermidades e pragas graves nas zonas afectadas e tratamento máis adecuado a realizar. 2.- Estados fenolóxicos de cultivos. 3.- Rendemento das especies e variedades cultivadas e grado de adaptación das mesmas ás condicións climatolóxicas da Comarca. 4.- Autoriza-la presencia de Técnicos da Deputación para o seguimento do programa. -DECIMA: Concédese o prazo de vinte (20) días hábiles a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes corresponden te s, que deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial e acompañados da documentación indicada nas Bases. -RECLAMACIÓNS: Dentro dos oito días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia, poderán interporse reclamacións contra as Bases. O que se publica para xeral coñecemento e efectos. ------ Folla: 21,25 4.2370.- CONVENIO INEM - DEPUTACIÓN PARA DEFENSA DO MONTE Sr. Presidente.- Intervención do Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, para anunciar, en principio o meu voto negativo. Eu vou a intentar explicar o por qué. Desde logo esta Deputación ten capacidade para, entra legalmente dentro da regulación das Bases de colaboración co INEM para contratación de persoal para obras servicios concretos, e desde logo, a autotitulada defensa do monte é un servicio concreto, dun carácter máis ou menos temporal, aínda que eu creo que debía ser un labor máis estable, ata que se consiga rematar coa plaga dos incendios forestais e a situación actual dos montes desta provincia e de toda a nación. Pero se supón que a Deputación entrará aquí para algo, máxime se asume integramente os custes de material que non son desprezables, son uns cantos millóns, e máxime tamén se é ela quen contrata as 80 máis 8 persoas que se van contratar aquí e é unha experiencia concreta xa do ano pasado. Eu creo que a Deputación aquí fai un papel de convidado de pedra que habería que inverter. Intentarei explicarme. En primeiro lugar eu creo que hai un parámetro de análise política que non convén esquecer, tódolos Grupos Parlamentarios que existen na Asemblea Lexislativa Galega constituíron unha Comisión Especial para estudiar a cuestión dos incendios forestais e da problemática do monte e chegaron a unhas conclusións ademais adoptadas por consenso e eu creo que este é o primeiro texto un pouco de como atacar ás causas da situación do monte e deberíamos telo moi presente á hora de actuar aquí. Creo que foi un documento realmente importante despois de moito traballo e de contar coa xente máis implicada. Pouco ten que ver, realmente, a actuación que aquí se nos propón, que non é unha actuación preventiva senón unha actuación a posteriori. Primeiro punto. Segundo punto, a materia de Protección Civil, tal e como se concibe en toda Europa é un servicio que se organiza de abaixo para arriba, é dicir, das pequenas comunidades, neste caso sería das Comunidades Veciñais, e xa porque son titulares dun monte en man común ou en último término porque son as que realmente aproveitan para determinados usos complementarios da Agricultura e da Gandería o seu monte. En España decidiuse un sistema contrario. Este é un dos moitos mecanismos que o Estado utilizou para recuperar formas de actuacións que lle correspondían ás Corporacións Locais e ás Comunidades Autónomas, e a proba máis evidente é que aquí a Deputación fai un pouco de segundo de abordo do Goberno Civil, recuperando aqueles vellos tempo nos que o Gobernador Civil era ó mesmo tempo Presidente da Deputación. E aínda que non no son, parece como se foran, neste caso concreto. E eu creo que isto é bastante penoso para vostede, máis que nada por iso da non coincidencia física xa sen entrar en aspectos políticos. E xa entrando en cuestións máis concretas eu creo que aquí faltan cousas que deberían haber traído con este expediente aínda se pretenden tirar adiante con eles. Vaise contratar bastante xente e aquí non hai nin a máis mínima base para a selección dese persoal. E lémbrolles a vostedes, eu non sei se vostedes saben a quen se contratou, pero contratouse xente. Este Pleno, sendo como son contratos desta Deputación non fixou as bases para seleccionalo. Falouse do tema e non se lle da solución desta vez, esa é unha das razóns que me levan a votar en contra. A segunda é que nin sequera, tal como sucedeu o ano pasado e eu creo que varios o reclamamos aquí e todos estabamos de acordo, que despois de rematada a contratación, durante catro meses esta xente debería cando menos presentársenos unha memoria do servicio, pois precisamente para estudiar a mellora deste servicio en anos futuros. Tal cousa tampouco a prevén e eu lla propoño como emenda. E por último lamento moitísimo que sigan vostedes utilizando topónimos doutros tempos inexistentes na legalidade vixente. E un pequeno detalle destes que a min particularmente me preocupan, quizais non sexa máis importante, pero un pouco para remata-lo asunto, eu creo que hai que cambiar, teño dereito moitas veces, e volvo a insistir, esta inercia de repetir tódolos anos as mesmas actuacións. Cando unha cousa se repite dun ano a outro, algunhas cousas se poden aprender e eu creo que hai que introducilas, ese é o meu papel como oposición aquí, e é o que lles suxiro para anos vindeiros. Máis nada. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa, por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, una vez a ver, una vez de entrar a fondo en el expediente surgen algunas dudas bastante importantes y yo diría peligrosas no, incluso el Interventor nos dice, él mismo tiene una duda importante, que es la del caso de que el INEM no financie el 100%, cómo se resolverá esa papeleta. Yo quiero hacer una pequeña enmienda para subsanar este asunto, que efectivamente puede ser muy bien que el INEM subsane el 100% o puede, como ha ocurrido, concretamente en la ciudad de Vigo, que al final solamente otorgue el 55%. Creo que el verano va a ser duro, durísimo, no hay duda ninguna. Ahí están, ahí está todo preparado, no se sabe lo que va pasar este año o si la situación meteorológica sigue exactamente igual. Creo que debíamos aceptar de antemano sin que sea necesario incluso un acuerdo tácito de la Diputación Provincial, en que se prevea en el posible futuro de que el INEM no financie el 100%, no volver el tema aquí, y sin embargo saber ya, o adoptar el acuerdo definitivo de que se va a aportar el 25% para que no frene la máquina de apagar fuegos. Este año van a ser duros. O sea, yo quiero que eso, pues, quede constancia y que se adopte incluso el acuerdo si es necesario. Sr. Presidente.- Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Si, nós vamos a votar a favor porque se recolle unha vella aspiración nosa, do Grupo Socialista, pero eu o que quero resaltar sobre todo é a coordinación entre dúas Institucións, como pode ser o Goberno Civil e a Deputación, iso xa nos anima a seguir traballando e na coordinación que tanto falamos e a tódalas entidades, neste caso entre a Deputación e o Goberno Civil. E eu tamén pediría que, este ano xa, pero se se aproba hoxe, pero a partir deste ano que sexa un Convenio Deputación-INEM-Concellos e as Comunidades de Veciños, de Montes en Man Común: que participen tamén os veciños a través, das Comunidades. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Bueno, eu o que quixera dicir sobre este tema é que as dúbidas que ten o Sr. Costas van a quedar totalmente solventadas no sentido seguinte: Esta mañá eu precisamente estiven en representación da Deputación na Comisión de Planificación, a que preside precisamente o Gobernador, forma parte o Delegado Provincial do INEM, outros técnicos da Administración Central e un representante da Deputación. Entón nós aí temos o compromiso ineludible de que van a financia-lo 00% este tipo de traballos. Entón aquí o único que está facendo a Deputación é colaborar, porque hai un Convenio que o Sr. Costas debe coñecer perfectamente, que hai un Decreto do Goberno que, para facer uns Convenios entre o INEM e as Corporacións Locais. E esta Institución é unha Corporación Local, que dado que é un ámbito importante como é a Provincia neste caso concreto, pois non debía facerse Concello a Concello porque isto sería practicamente inviable. Entón, o ano pasado esta experiencia é piloto nesta Provincia e deu resultado, quizá o Sr. Costas como vive no Concello de Vigo, un Concello totalmente urbán, pero é un Concello dos 60, é un que ten a provincia de Pontevedra que quizais descoñeza esta problemática. Nós subscribimos ós Concellos rurais onde están realmente os montes veciñais, e onde están os incendios, nós si que somos os que ternos que facer fronte a esta demanda. Entón o Goberno Civil neste caso e a Deputación van a chegar a un acordo de que concienciaron ó INEM que parte deses recursos se dedicaron a man de obra, pois que o dediquen a esta actividade tan fundamental como é a defensa do monte, que é unha defensa que se debe facer posto que é unha riqueza importante desde o punto de vista económico de Galicia. Entón esta mañá precisamente aínda estivemos falando, de que hoxe levariamos ó Pleno este tema, os responsables do INEM comprométense a financia-lo 100% deste tema. Incluso cando el falaba das bases, parece que o Sr. Costas non coñece perfectamente esta problemática porque non somos nós os que ternos que levar as bases, senón precisamente nese Decreto dise perfectamente que é o INEM a traveso dunha, dunha serie de circunstancias que veñen tipificadas, os que teñen que seleccionar persoal. Entón aquí o Sr. Costas con todo o meu respecto, esta metendo a pata, vulgarmente, como se di, posto que efectivamente non coñece a lexislación neste tema. E dicir, non somos as Corporacións Locais as que podemos coller ós homes que van a traballar, é precisamente o INEM cunhas condicións que veñen prefixadas nese Decreto, as que os elixen. Moitas veces os Concellos cando facemos os convenios queríamos elixir a xente porque por desgracia os que somos Alcaldes dos Concellos, están asumindo algúns que eu coñezo aquí diante miña, que son Alcaldes tamén, de que ás veces nos mandan unha serie de persoas que quizais non sexan as máis idóneas pero que quizais, tamén estou de acordo en que se deba deixar así, posto que efectivamente tamén se está facendo unha labor social nese sentido. Entón non vale elaborar unhas bases de selección do persoal. Iso é totalmente inviable de acordo con ese Decreto, é dicir, que non ten nada que ver con esta historia, entón a Deputación o que vai a facer aquí é colaborar para que na provincia de Pontevedra, en Galicia en xeral, pois, os incendios dalgunha forma se vaian diminuíndo. O mesmo tempo esta xente tamén ten que saber vostede que fai labores de prevención, non soamente vai apaga-lo lume cando existe, senón que antes durante unha serie de días, pois tamén cando están traballando fan unha serie de labores de prevención, como son corta malezas ou cortar, en fin unha serie de temas que os Concellos do rural si que os coñecemos perfectamente Sr. Costas. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Mera. Unha última intervención Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si por alusións Sr. Presidente, pero moi brevemente. Eu intento ser unha persoa modesta, non tanto como o Sr. Valverde que o é ata de nome pero dentro das miñas posibilidades, e polo tanto, pois, intento tamén non facer afirmacións tan ousadas como a do Sr. Mera. Unha cousa é que vostedes se autodefinan como ruralistas e outra cousa é que teñan a patente en exclusiva do coñecemento da problemática do monte. Inda trato con algunhas comunidades de montes, con persoal que traballa no Servicio do Medio Ambiente Forestal da Comunidade Autónoma. Algo aínda lle sei do asunto, probablemente non chego ó grado de sofisticación dos seus coñecementos pero vamos voume situando, e máis procuro enterarme pouco a pouco. Non é certo o que vostede di de que nós non poidamos fixa-las bases de selección, se quere aínda que sexa modesto reto a un duelo de coñecemento da Orde Ministerial que regula as bases de colaboración co INEM, e lle demostro que pode seleccionala o propio INEM, a Corporación interesada ou a medias. Esa é unha das cousas que precisamente hai que decidir. Se cadra, o que pasa é que detrás hai outro asunto. No convenio do ano pasado seleccionou o Goberno Civil a quen quixo. O sabe vostede e o sabemos todos e se cadra para este ano igual chega un acordo de seleccionar daquela maneira, tamén segundo e como e nos Concellos interesados. Pero bo, para min non é ese o problema. En segundo lugar dentro do que vostede expuña eu creo que hai un baleiro grande. A distribución que aquí se fai e en vinte zonas é unha distribución puramente aleatoria, intuitiva por así dicilo. Os mecanismos de actuación, cando se trata dunha problemática de riscos, como é a dos incendios forestais están definidos en calquera manual. Intento ver tamén algo para enterarme destas cousas rurais porque xa sabe que é unha errata urbana e algo ten que facer. Iso implica a necesaria elaboración dun mapa de riscos e un inventario de recursos. Tal cousa non está feita e tiña que tela feita esta Deputación. Entre outras cousas porque existe a obriga de facer un Plan de Protección Civil provincial, que non existe. Iso está establecido nunha Lei do ano 85. Para que vexa que intento estudiar algo, simplemente para estar a altura de vostede. Como non existe iso, si hai xente que traballa todo o ano, que son profesionais do asunto e que si coñecen onde hai máis problemas, onde se repiten máis os lumes, e onde está o monte máis estragado, por exemplo. Que é a xente que traballa niso, os Gardas Forestais. Os Gardas Forestais quéixanse moitas veces de que eles pouco máis ou menos saben onde vai haber lumes pero non teñen xente para atender. Teñen que andar chamando ó Concello en cada momento e podían ser perfectamente os Capataces idóneos para estes equipos de traballo. Sen embargo, non se considera. Na Comisión cando tratamos o tema, e aí coincidía eu que non son Alcalde nin teño pensado selo, mentres o Señor me conserve a vista, con vostedes que son Alcaldes en que había que darlle unha participación importante ós Concellos e os propios Alcaldes porque senón se xeneran problemas de todo tipo, e ata a un Alcalde igual lle cae un posible proceso xudicial por estas historias de non colaborar, verdade. Algo me vou enterando. E, en definitiva todo isto está no aire. Non se definen nese plan de traballo, nin sequera o que e é o máis grave, porque eu comprendo que a primeira vez non se defina. Eu non noto que se vaia avanzando en definir iso para o futuro. E certamente o problema dos incendios non é un problema que se dea un ano e desapareza logo, é un problema moi grave que está destruíndo a cuberta vexetal do chan galego e en concreto dos únicos latifundios que existen en Galicia, que son os montes. Eu creo que paga a pena inverter uns esforzos aí e poñerse a traballar niso para ir perfeccionando os instrumentos para combater iso. Era o que quería dicir. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Para terminar quixera dicir unha cousa que é a seguinte. Efectivamente no proceso de selección nós non ternos practicamente nada que ver, hai aquí moitos Alcaldes sentados nestes escaños que podían atestiguar o que eu estou dicindo. Por desgracia para nós non por sorte. Independentemente dese tema eu quizais esta mañá conseguín do Director do INEM sensibilizalo no sentido de que nós non pretendemos, os Alcaldes seleccionar ó persoal, senón o que pretendemos é a máxima eficacia. Porque ás veces cando o incendio xurde a unha hora determinada pois ás veces hai que busca-lo persoal, é dicir, ó Capataz encargado do equipo entón resulta que ó mellor está a 10 ou 15 quilómetros de distancia. Entón que aparte dos factores que ten definido o propio INEM de selección do persoal, que nós respetamos como Administración Local, que teñan en conta de que efectivamente xa que se monta este servicio nós creemos neste servicio porque é moi importante para a conservación dos montes pois que teñan os criterios máis flexibles como é que este tipo de persoal estea o máis próximo ó coche motobomba que neste caso temos agora gracias a axuda da Deputación nese convenio que houbo entre a Deputación e o Goberno Civil. Despois tamén a Deputación aparte deste tema de colaborar na selección deste persoal, pois tamén colabora dalgunha forma porque sabemos nós que no Presuposto da Deputación figuran non sei agora exactamente se son oito millóns ou dez millóns de pesetas, precisamente para facer demanda dos gastos que ocasionan estes equipos como son os materiais de extinción de incendios, como son equipar este tipo de xente, entón, tes que dicir que a Deputación, efectivamente está sensibilizada e nós estamos orgullosos de colaborar co Goberno Civil nese sentido, independentemente de que o Goberno Civil e nós somos Institucións completamente distintas pero creo que ternos unha cousa en común como é neste caso a defensa do monte que é o que nos preocupa neste caso. Non temos aquí, nin queremos ter ningún tipo de protagonismo que o único protagonismo que queremos ter é a defensa do monte. Independentemente de que estou de acordo con vostede que a Administración Autonómica debía de resolver este problema, pero mentres non no resolva seremos nós os que teremos que ir votando man deste asunto. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Valverde. Sr. Valverde Soto.- Si, Sr. Presidente. Eu como sentín o meu nome por aí hai un momentiño, pois, creo que me obriga a intervir. Eu quixera dicir e pedirlle á Corporación Provincial que se deixara de seguir con parcheos porque é sabido de todos de que o problema dos incendios vense dando ano tras ano, cunhas perdidas tremendas para Galicia e para a provincia de Pontevedra que é neste momento a que nos corresponde de resolve-lo problema. Entón eu lle pediría á Corporación Provincial que se deixara de parcheos e dunha vez por todas se tomara unha iniciativa para pórlle fin a este tema. De todos é coñecido, eu estiven durante bastantes anos nunha Alcaldía e coñecía o sistema de actuación. Dicíase que era o Alcalde o que tiña que ir ó monte e o Alcalde pois estaría onde estaría, pero ó monte ía cando cadraba. Entón o problema é grave, gravísimo. O custe da madeira que se está queimando nos montes é superior ós gastos que nós neste momento ou que se están t atando, dos medios que se lle están tratando de dotar para combate-los incendios. Eu lle pediría á Corporación Provincial, ó Presidente, conxuntamente co Goberno Civil, que a ver si éramos pioneiros nesta actuación a nivel de Galicia e que se fixera un estudio concienzudo a partir de agora para que se lograra un sistema para poder combater realmente os fogos na Provincia. E triste que bueno, que neste momento, pois, haxa unha distribución de persoal polos Municipios que vaia apagar o fogo, non sei se algúns van apagalo e outros a prendelo detrás para que haxa máis incendios e isto é grave, é grave para a Provincia. Entón eu diría, volvo a insistir en que a partir de agora se trate de busca-la fórmula para que cheguemos a lograr algo máis positivo que é dotar con 80 persoas ou con 100 persoas para combater estes desastres que hai na Provincia. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Valverde. Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Gracias, Sr. Presidente. Eu lle pido o Sr. Presidente que autorizara ó Secretario da Corporación a ler o texto do Convenio INEM - Corporacións Locais, no que se refire a selección de persoal. Con esto se procede á lectura o Secretario lle pediría ó compañeiro Suso Costas que retirara o que dixo sobre as contratacións de persoal, que son das Corporacións do Partido Popular ou do Partido Socialista. Sr. Presidente.- Faga lectura, Sr. Secretario. Sr. Secretario.- ¿Qué o que quere concretamente que lea?. Sr. Gallego Lomba.- Convenio INEM - Corporacións Locais no que se refire á selección de persoal. Sr. Secretario.- Memoria. Sr. Gallego Lomba.- Hai un Convenio marco para tódalas Corporacións Locais, de contratación, Convenio Deputación ... Sr. Secretario.- Eu non o teño. Sr. Presidente.- Ben, en todo caso eu creo que lle estamos dando moitas voltas a un tema que é sinxelo de resolver. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Sería estupendo y además sería pacífico que cuando alguna persona se sienta aludida, se cerciore de antemano si ha escuchado bien, si ha entendido, etc., entonces no os extrañaría que quiénes tratamos de colaborar, no sé si lo merecen, en que las cosas vayan bien, pues aún por encima tengamos que oir reprimendas. Por ejemplo, el Sr. Mera ha dicho que esta mañana estuvo con el Gobernador Civil y se ha comprometido a que efectivamente el INEM aporte el 100%. y se enfada porque nosotros le decimos que eso no figura en el expediente. Es allí donde hay que ponerlo Sr. Mera, en el expediente y ya que usted no nos lo dice a nosotros esos acuerdos, porque no nos lo pudo decir, por lo menos dígaselo al Interventor que es el que hizo saber esa especie de tacha de ilegalidad. Y mire yo el jueves santo por la tarde estuve haciendo penitencia en esa oficina y usted aún fue a resolver el tema hoy por la mañana. jHombre!, en vez de darnos una ovación aún por encima nos da un palo. Sr. Mera Rodríguez.- ...y en la Comisión correspondiente yo ya dije, perfectamente, los asistentes a la Comisión lo sabrán perfectamente de que el INEM se había comprometido a financiar el 100% igual que el año pasado. Así que yo cuando afirmaba ese tema era porque exactamente era así y esta mañana todavía lo hemos reconfirmado. Así que no le achaco a usted nada Sr. Nieto Figueroa, sino todo lo contrario le agradezco su colaboración. Sr. Nieto Figueroa.- Yo no le voy a decir al Interventor que el artículo ... Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa, no le había concedido la palabra. Agora tócame a min de dicir algo moi brevemente. Que é, que é un tema que lle deron moitas voltas. Primeiro, Sr. Modesto Valverde, no senso de que efectivamente sería moi desexable que isto fose a solución definitiva para os incendios da provincia, a decisión que poda tomar a Deputación, pero vostede ben sabe que non podemos ser demasiado triunfalistas nin facer demagoxias, esta Institución por moita vocación que teña de resolver problemas ten unha capacidade limitada, e eu penso que se ten tamén a vocación de coordinar esforzos, neste caso co propio Goberno Civil, representante do Goberno Central, amosa cando menos unha boa vontade. E neste senso tamén, dicirlle ó Sr. Costas Abreu, que eu sei perfectamente cales son as miñas competencias como Presidente, que as exerzo sempre que podo. Son absolutamente respectuoso coa figura do Gobernador Civil, porque é un representante do Goberno elixido democraticamente, si, si, polo electorado deste país, pero en todo caso contradise co que di o Sr. Nogueira, é dicir, vostedes polo que falan respecto do futuro Goberno de Galicia están de acordo incluso en gobernar co PSOE que é neste momento polo menos dende o ano 82 quen mantén ós Gobernadores civís. O Partido Popular de momento aínda non tivo esa oportunidade que a poderá ter en pouco tempo. E dicir, que non se contradiga Sr. Costas Abreu. E doulle dous segundos, para rematar. Sr. Costas Abreu.- Moito menos. Primeiro os Gobernadores civís son nomeados a dedo. Non son cargos electivos. Sr. Presidente.- Representan ó Goberno. Sr. Costas Abreu.- Legalmente polo que eu sei e os Estatutos dos Gobernadores civís, os gobernadores civís teñen dúas funcións: son os Xefes Provinciais de Policía e os Coordinadores da Administración Periférica do Estado na Provincia. A Administración Central, é dicir, a periférica aquí, non ten ningunha competencia en materia de incendios forestais, primeiro e curioso asunto e voulle a rematar. Como si houbo outra pequena alusión, agora xa decididamente vou a polo cursillo. ¿Cómo se selecciona o persoal no INEM? Cómo se selecciona. Pois para calquera entidade pública ou privada, salvo que esta Deputación faga o que ten que facer, cando é persoal que vai contratar ela, aprobe as Bases de se- lección que é o que eu entendo que debe facer, e sen perxuicio de que haxa outras opinións, o INEM admite dúas posibilidades de petición de persoal: a oferta xenérica e a oferta nominativa. E así sucede moitas veces. Perdón, estoulle explicando en términos xerais, logo se quere entramos en máis detalle. A oferta nominativa que usan moitos Concellos é pedir a fulanito, menganito e citranito. En canto á oferta xenérica admite outro truco aínda máis curioso, porque agora todo se viste de ordenador. E é que se mete no ordenador un determinado perfil no que se pide ter máis de metro setenta e cinco, ou ter tres anos de antigüidade no paro e o ordenador que como toda máquina, é sabia, e obedece o que lle mandan, di, fulanito e menganito que son os desexados. E curioso porque moitas veces se critica e con razón as actuacións da Deputación, dos Concellos e a outras administracións como ó INEM, o Goberno Civil, etc., parece que están por riba do ben e o mal e real- mente tan auténticas virguerías. E tódolos sabemos. Sr. Presidente.- Gracias pola súa importante aportación. Tema cerrado. Sometemos a votación o punto 4. ¿Votos en contra? Sr. Costas. ¿Abstencións? Aprobado co voto en contra do Sr. Costas Abreu. Vistos os informes emitidos ó efecto polo Sr. Enxeñeiro Director do Servicio Agrario e a Intervención de Fondos Provinciais, para desenrola-lo programa de "Defensa do Monte", o Pleno acorda co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG) , a aprobación e formalización deste Convenio tendo en conta os seguintes puntos: -Que o INEM se faga cargo do 100% do custe da man de obra. -Que a formalización distes contratos sexan supervisados pola Sección de Persoal desta Excma. Deputación. -Que estes grupos, se é posible, actuando nos distintos Concellos, pasen a depender dos Alcaldes respectivos. ------ Folla: 25,26 5.2371.- BASES PARA AXUDAS A GANDERÍA Sr. Presidente.- Ben, podemos someter o 5. ¿Algunha intervención no punto 5? ¿Algún voto en contra? ¿Algunha abstención? Aprobado por unanimidade. Someto o punto 5 pola similitude que ten cos anteriores. Pasamos ó punto 4. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-las bases de Axuda a Gandería, seguintes: BASES -PRIMEIRA: Neste programa outorgaranse axudas económicas ata un total inicial de CORENTA E DOUS MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (42.500.000), quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión na contía que se propoña pola Comisión de Agricultura e Gandería. -SEGUNDA: As instancias de solicitude de axuda económica dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente irán acompañadas de: 1.- Memoria de Plan de Melloras a realizar, en onde se especifique a situación actual e futura unha vez realiza- das as inversións, polas que se solicita a axuda. 2.- Croquis de situación. 3.- Presuposto total das inversións. 4.- Declaración xurada de que non solicitou ou percibiu para a mesma inversión, axuda a outros Organismos Oficiais. -TERCEIRA: Os beneficiarios deste programa, poden ser per- as físicas ou xurídicas (S.A.T., Cooperativas, Agrupacións, Sociedades Agrarias Laborais, etc.). -CUARTA: Fíxase como axuda máxima o 50% das inversións que se contemplan no Plan de Melloras presentado, sempre que estean en concordancia co contemplado no Real Decreto 808/1987. O mínimo da subvención será o 25%. -QUINTA: O pago da axuda económica concedida realizarase unha vez finalizada a inversión, mediante escrito do solicitante ó Servicio Agrario, en onde adxuntará facturas ou duplicados das mesmas correspondentes ás inversións efectuadas e certificación por Técnico do Servicio Agrario, que as inversións realizáronse de acordo co expediente de axuda concedida e prazo de execución, que se entende desde a data de notificación ata o 20 de decembro do exercicio corrente. -SEXTA: Atenderanse preferentemente: 1.- As solicitudes formuladas por agrupacións de productores, S.A.T., Cooperativas, Sociedades Agrarias Laborais, etc. 2.- As persoas físicas titular a título principal. 3.- As que posúan unha capacidade profesional suficiente. -SÉTIMA: Polo Servicio Agrario, enviarase á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, relación de beneficiarios e contra da axuda concedida. -OITAVA: Concédese o prazo de trinta (30) días hábiles a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial de Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes que deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial e acompañadas da documentación indicada nas Bases. -RECLAMACIÓNS: Dentro dos oito días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da provincia, poderán interporse reclamacións contra as Bases. ------ Folla: 26,27 6.2372.- PROPOSTA SOBRE CONVOCATORIA E BASES DO PREMIO OTERO PEDRAYO 1989. Sr. Presidente.- ¿Algún voto en contra? ¿Algunha abstención? Aprobado por unanimidade. Correspondendo a esta Deputación Provincial a organización do premio "Otero Pedraio - 1989", dotado con UN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000), e visto o informe do Sr. Interventor de Fondos sobre existencia de consignación, na partida 482.71839 - A do vixente presuposto, o Pleno acorda por unanimidade, convoca-lo devandito premio con arreglo ás seguintes Bases: BASES 1.- Convocatoria: 1.1. Convócase o premio literario denominado "Otero Pedrayo", dotado con UN MILLÓN DE PTS (1.000.000), atendendo as disposicións do Regulamento correspondente. 1.2. A presente convocatoria corresponde ó ano 1989, de acordo co disposto no Regulamento no que se establece o seu ámbito rexional e o seu carácter anual, convocándose cada ano por unha das Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e por esta mesma orde. 1.3. Atendendo ás razóns expostas, a convocatoria e concesión do premio na edición de 1989, atribúese á Deputación Provincial de Pontevedra, que consignará no seu Presuposto Ordinario de Gastos, o importe de UN MILLÓN DE PTS (1.000.000), máis gastos correspondentes a súa dotación, e no de Ingresos, as sumas a aportar por cada unha das demais Deputacións de Galicia, cotitulares do premio e na contía de CENTO VINTECINCO MIL PTS (125.000), e na de CINCOCENTAS MIL PTS (500.000) a Xunta de Galicia. 2.- Obxecto e solicitudes: 2.1. O Premio "Otero Pedrayo" ten por obxecto: a) Perpetuar e honra-la memoria do egrexio home de letras. b) A realización dunha obra de creación que constituía de xeito eminente, unha aportación para a caracterización ou exaltación do Galego, calquera que sexa o tema, a manifestación ou estilo no que se produza. c) Promociona-los valores enxebres de Galicia e as obras que leven ó esclarexamento e mellora dos seus homes e institucións. 2.2. A súa contía será a dita de UN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000). 2.3. oderán optar ó Premio: a) As persoas naturais nadas en Galicia ou con residencia en calquera das súas catro provincias, por tempo dabondo para determinar a xuízo do Xurado, unha cumprida raizame das mesmas. b) Os grupos de traballo constituídos a este fin, radicados en Galicia. 2.4. A opción ó premio, determinarase por unha candidatura o mesmo que poderá ser feita: a) Por calquera persoa natural ou xurídica das sinaladas no apartado 2.2., respecto de si mesmas. b) As Entidades académicas e culturais, radicadas en Galicia, respecto dos seus membros. c) Por calquera dos Presidentes das Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a proposta das respectivas Comisións de Cultura. d) Pola Xunta de Galicia, ouvida a Consellería correspondente. e) Polo mesmo Xurado, xa constituído si estimase falta de méritos suficientes nas candidaturas propostas. 3.- Tramitación: 3.1. A presentación de candidatos ó Premio formularase en escrito dirixido ó Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, acompañada dos seguintes documentos: a) Reseña biográfica sucinta da persoa que aspira ó Premio. b) Documentos e antecedentes que se runfen de interés para o coñecemento da súa dimensión literaria ou científica. c) Cinco exemplares mecanografados ou a fotocopia a dous espacios do traballo co que optase ó Premio no caso de que a proposta estea cimentada nunha obra ou producción singular concreta. d) No caso das entidades culturais citadas no apartado 2.3., a reseña biográfica cambiarase por un exemplar do Regulamento ou Estatutos polos que se rexe e unha pequena relación das tarefas levadas a cabo ata ese intre. 3.2. A presentación dos candidatos realizarase dentro do prazo dos tres meses seguintes á publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Tal publicación farase igualmente nos das Provincias de A Coruña,. Lugo e Ourense. 3.3. A presentación dun candidato determina a aceptación íntegra das condicións desta convocatoria e das contidas no Regulamento do Premio. 3.4. Rematado o prazo ó que s.e refire o apartado 3.2., a Secretaría da Deputación expedirá certificación das propostas presentadas que xunto con elas e das documentacións correspondentes, pasarán ó Xurado do Premio. 3.5. A cada solicitude ou proposta acompañaranse cantos documentos, memorias ou antecedentes se xulguen de interese para o mellor coñecemento da correspondente personalidade e da súa obra. 4.- Xurado e actuacións: 4.1. Para adxudica-lo premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un Xurado integrado do xeito seguinte: a) Presidente: O da Xunta de Galicia. b) Vicepresidente: O Presidente da Deputación convocante do Premio que neste ano corresponde a Deputación de Pontevedra. c) Vocais: -Os Presidentes das tres Deputacións restantes ou persoas nas que deleguen. -O Presidente da Comisión de Cultura da Deputación convocante. -O Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. -Un representante de cada un dos seguintes organismos: a) Universidade de Santiago de Compostela b) Real Academia Galega. c) Instituto "Padre Sarmiento" de Estudios Galegos. -Cinco persoas de recoñecida autoridade científica e literaria designadas unha pola Xunta de Galicia e do resto, unha por cada Deputación Provincial. -Un Secretario con voz e sen voto, o da Deputación convocante do premio. 4.2. O Xurado así constituído emitirá o seu fallo dentro do mes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de candidatos e na súa actuación suxeitarase ó determinado nos artigos 4.2 a 4.6 do Regulamento do premio. 4.3. Da actuación do Xurado e da adxudicación do Premio levantarase acta detallada que, firmada polos compoñentes daquel e coa totalidade das documentacións presentadas pasará a coñecemento da Deputación na primeira sesión que esta celebre. 4.4. Copias da acta e dos demais antecedentes que cumpran para o coñecemento da tramitación do Premio remitiranse a cada unha das Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo e Ourense. 5.- Entrega do Premio : 5.1. A entrega do Premio terá efecto no lugar e data que determine o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, nun acto solemne coa asistencia dos membros da Corporación Provincial e representantes das de Galicia e do Xurado, así como personalidades das Artes, Letras e Ciencias de toda a Comunidade Autónoma. 5.2. Co importe do Premio o galardoado recibirá unha copia da súa concesión polo Xurado. 6.- Normas supletorias: 6.1. No que non estea previsto expresamente nestas Bases, o Xurado e a Deputación terán en conta as normas contidas no Regulamento do Premio e nos xerais de funcionamento da Corporación Provincial. O PRESIDENTE O SECRETARIO XERAL INTERINO, José Cuiña Crespo Antonio Castro López ------ Folla: 27,28 7.2373.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE PREMIOS PARA TESES E TESINAS DE 1989 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Algún voto en contra? ¿Algunha abstención? Aprobado por unanimidade. Tendo en conta que esta Deputación Provincial ven patrocinando economicamente os Premios para Teses e Tesinas con carácter anual, e que a súa convocatoria e bases a realiza a Universidade de Santiago, e visto o informe do Sr. Interventor e Fondos sobre existencia dunha dotación de SETECENTAS NOVENTA MIL PESETAS (790.000), na partida 482.33532-A do vixente presuposto, o Pleno acorda por unanimidade a concesión de seis Premios para Teses de Doutorado na contía de OITENTA MIL PTS (80.000) para cada un e seis Premios para Tesinas de Licenciatura por importe de CINCUENTA MIL PTS (50.000) para cada un, con suxeición ás seguintes Bases para o ano 1989. BASES Primeira.- Establécense seis Premios para Teses de Doutorado na contía de OITENTA MIL PTS (80.000) cada un e seis Premios para Tesinas de Licenciatura por importe de CINCUENTA MIL PTS (50.000) cada un. Segunda.- Reservaranse forzosamente dous Premios de Teses e dous de Tesinas para solicitantes da Provincia de Pontevedra sobre temas libres. Terceira.- Os traballos que opten a ditos Premios realizaranse, mantido ou defendidos durante o ano 1988. Cuarta.- No Xurado cualificador deberán figurar dous representantes desta Deputación Provincial. Quinta.- A Universidade de Santiago redactará as bases e realizará os trámites subseguintes ata a resolución do concurso, incluíndo as apreciacións expostas. ------ Folla: 28 8.2374.- PROPOSTA DE ADHESIÓN DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL A CONCESIÓN DO PREMIO NACIONAL DE TURISMO "ORTIZ ECHAGUE 1988" O PERIODISTA D. ANGEL MARÍA DE PABLOS. Sr. Presidente .- ¿Algunha intervención ? . ¿ Algún voto en contra? ¿Algunha abstención . Aprobado por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-la petición do Delegado das rutas cicloturísticas do románico - internacionais sobre adhesión desta Deputación á concesión do premio nacional de Turismo "Ortiz Echague 1988", a favor do periodista D. Angel Mª de Pablos, en consideración ó seu gran amor por todo o galego. ------ Folla: 28,29 9.2375.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE PONTEAREAS, INTERESANDO O CAMBIO DA OBRA Nº 250-DA- CAE/88: PISTAS POLIDEPORTIVAS NO RURAL, POLA DE PISTA DE TENIS ANEXA O PAVILLÓN DE DEPORTES, COA MESMA FINANCIACIÓN Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, en principio, seguro que va haber alusiones. Yo tengo que recordar que jamás he mencionado al Ayuntamiento de Ponteareas como se quería comprar un coche a costa del CAE. Eso va en recuerdo a mi querido José, Alcalde de Ponteareas. Pero bueno, vamos con Ponteareas y claro tiene que haber alusiones, no hay otra solución. Sr. Presidente.- Perdón Sr. Nieto. Alusiones referidas al punto que estamos debatiendo. Sr. Nieto Figueroa.- Al punto 9. Punto 9, cambio de obras solicitado por el Alcalde de Ponteareas y su Comisión de Gobierno. Sr. Presidente.- Permítame la pregunta. Bien, siga, siga. Sr. Nieto Figueroa.- Dice la Secretaría que los dos millones que están en juego fueron concedidos en base al CAE, Comarca de Acción Especial para una pista polideportiva o para pistas polideportivas en el rural. Yo pienso que si así fuese, porque claro por una parte unos hablan de CAE y por otra otros hablan de POS, o sea, normalmente cada uno habla de lo que le conviene. Entonces ahora vamos aclarar el tema. Si la pista polideportiva en su momento las pistas polideportivas para el rural fueron subvencionadas con dos millones de pesetas a través de ese, de esa cosa que se llamaba Comarca de Acción Especial que al parecer retorna, yo pienso que no se podían dedicar a hacer una pista de tenis en el centro de la ciudad. O sea, entre hacer una pista polideportiva en un barrio lejano, necesitado, sin agua y sin pistas, no le guiñe el ojo porque es igual, él ya me entiende, a hacer una pista de tenis en otro sitio tan céntrico como al lado del Pabellón de Deportes creo que hay una diferencia bastante importante y sobre todo pienso que es importante y ahora seriamente que es que la solicitud del cambio por parte del Ayuntamiento de Ponteareas, se realiza a tenor de un acuerdo de la Comisión Municipal de Gobierno y yo pienso que eso debe venir como mínimo ratificado por el Pleno. Desde luego yo no voy aceptar el cambio de ubicación de una pista polideportiva en un barrio de Ponteareas para una pista de tenis en el centro. Estoy esperando querido Castro. Sr. Presidente.- Sr. Castro Alvarez. Sr. Castro Alvarez.- Pues, con mucho gusto. En primer lugar lamento otro gravísimo error de mi querido amigo Nieto, porque no ha sido subvencionada esa obra sino que es íntegramente con aportación económica del Ayuntamiento de Ponteareas mediante operación de crédito al Banco de Crédito Local como obra en el expediente. Primer tema. Segundo tema. Otro grave error que tiene el amigo Nieto es que no sabe que el Ayuntamiento de Ponteareas tiene delegadas facultades del Pleno en la Comisión de Gobierno conforme lo permite la Ley hecha por el Gobierno actual. Y la tercera. Quiero decirle que el Ayuntamiento razona el por qué del cambio de aplicación. No se puede hacer donde se pretendía y por lo tanto para no perder una concesión a través de operación del Banco de Crédito Local se pide la sustitución. Por lo tanto hay tres temas que ha planteado, que está gravemente errado. Yo lo lamento por lo que le aprecio. Pero como han dicho que también estaba esperando la contestación con todo el cariño se lo digo y sin animosidad como es lógico. Sr. Presidente.- Muy brevemente Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Si, no, no, si además. Sr. Presidente.- Perdóneme un segundo. Yo creo que lo que le ha querido decir el Sr. Castro es que le convienen unos cursillos de Administración Local. Según él, no lo he dicho yo. Pero en todo caso tiene usted la palabra. Sr. Nieto Figueroa.- Si, el Sr. Castro, naturalmente tiene toda la razón, absoluta razón. Pero y entonces a que cuento viene aquí el tema de Ponteareas con el CAE y esas cosas, a algo va a tener que responder la Diputación si algo pasa en Ponteareas. Que de juegos malabares sabemos todos y desde luego yo lamento muy, mucho, señor querido Pepe Castro, de que ustedes también hayan sido capaces de conseguir que la Comisión de Gobierno incluso les haya, el Pleno les haya autorizado a ustedes a hacer todas estas cosas, igual que el otro día pretendían ustedes aquí cambiar la nominación de los bienes patrimoniales de la Diputación Provincial de Pontevedra, o sea, de toda la Provincia para disponer de ellos la Comisión de Gobierno de la Diputación Provincial. Hay que aplaudirle, usted lo ha conseguido, pero a mi me gustaría saber que opinan los miembros, por ejemplo, de la oposición que alguien del Partido Socialista debe haber allí. Y sin acuerdo plenario yo desconozco eso. Ahora si han sido tan pardillos que han otorgado todos sus poderes a ustedes, ¡viva el Sr. Castro!. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Nieto. Si, Sr. Castro, perdone, un segundo. Sr. Castro Alvarez.- Un segundo, es para el cuarto error administrativo. Sr. Presidente.- Recuérdele usted al Sr. Nieto que usted tiene mayoría absoluta en ... Sr. Castro Alvarez.- No, es el cuarto error administrativo. Toda obra incluida en Plan Provincial o en la CAE, cualquier modificación aunque sea con financiación propia del Ayuntamiento obligatoriamente tiene que solicitarse a través de la Diputación Provincial. Y en cuanto a lo de la Comisión de Gobierno, de las facultades que tiene delegada, me sorprende que diga él eso porque hace muy poco que su propio Ayuntamiento, y yo no quiero intervenir en cuestiones locales, hace muy poco que su propio Ayuntamiento ha aprobado cosas que con quince días anteriormente no había sido capaz de hacerlo. Sr. Presidente.- Bien. Bajemos las espadas Sr. Nieto y Sr. Castro y sometamos a votación el punto 9. ¿Votos en contra? ¿Abstenciones? Aprobado por mayoría. O Concello de Ponteareas solicita o cambio da obra nº 250 do Plan da Comarca de Acción Especial do ano 1988, denominada: "Pistas Polideportivas no rural", pola de "Pista de Tenis Anexa ó pavillón de Deportes", co mesmo presuposto de DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000) e igual financiación. O Pleno acorda cos votos en contra dos Sres. Nieto Figueroa (PSOE) e Costas Abreu (PSG-EG), a aprobación do cambio solicitado polo Concello de Ponteareas. ------ Folla: 29,36 10.2376.- CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN QUE REXIRÁN PARA O PLAN DA COMARCA DE ACCIÓN ESPECIAL CAE DE 1989, E A SUA APROBACIÓN, SE PROCEDE Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención no punto 10? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si. Bueno esta é unha proposta preventiva do Grupo de Goberno e a partir da noticia non se sabe se moi boa ou moi mala, ou a según da resurrección dos mortos, é dicir, da CAE. Imos falar de mortos. Neste esperemos que último ano de existencia desta Comarca pantasma, porque é precisamente todo menos unha Comarca, non un elemento de articulación territorial das diversas zonas da Provincia senón de división artificial da Provincia entre costa e interior, sen revisar pola súa parte os criterios ós que se viron obrigados pola desaparición esta vía de financiamento que ó cabo é unha subespecie do Plan de Obras e Servicios, pois se nos propón xa resucitar tamén os antigos criterios da Comarca de Acción Especial. Co cal o agravante en relación ás situacións anteriores pois é o dobre, é dicir, non é só que se discrimine e non é unha discriminación positiva para conseguir determinado resultado, si non unha discriminación aleatoria ós Concellos do interior en relación cos da costa, senón que ademais nin sequera se salvagarda o criterio que corrector que había antes. De que por un lado foran os Concellos que entraban no Plan de Obras e Servicios e por outra parte os da Comarca de Acción Especial. En todo caso, eu vou fixar claramente a miña posición como partido político que é a seguinte: 1º.- O que é a necesaria, como busca, eficacia multiplicadora dos investimentos que ten todo plan de investimentos de dotar de servicios mínimos a tódolos cidadáns da Provincia non se consigue con esa teórica invocación á libre opción ou a suposta autonomía mal entendida dos Concellos que aquí proclaman. Dicía o Sr. Nieto antes que non é o mesmo unha pista polideportiva para unha parroquia desatendida, e eu o menciono en términos xerais, que unha pista de tenis no centro. O tenis igual que o golf, o crikect e o polo, son respetabilísimos deportes. O que pasa é que cando non hai pan, malo é adicarse a comprar galletas, e vostede o sabe. Este é un pouco o perigo que se corre con este libre albedrío tan contrario ó determinismo puritano de raíz protestante que eu practico. 2º.- Xa o falamos outra vez. Ponderar igual ó número de habitantes dun concello que a súa superficie é facer votar ás vacas con todo o respecto para estes cuadrúpedes mamíferos rumiantes. Esa non é a lóxica, en todo caso si se queren introducir criterios correctores ó do número de habitantes, pois os criterios correctores serán as deseconomías de escalas derivadas da dispersión poboacional e será o déficit de servicios que existe en cada zona ou será o esforzo fiscal que a imposición municipal xenera para os habitantes. Eses son criterios serios, o da superficie non no é tanto porque en si non significan nada. 3º.- E por último, que non establezan tampouco un favorecemento claro de que o concello que máis poña dos seus propios recursos, máis se lle vai a dar, eu creo que tamén é negativo. En conclusión estas tres eivas que eu denuncio da proposta que nos traen que non é máis que a pura e simple fotocopia de anos anteriores eu creo que ó que levan é a non utilizar coa máxima eficacia os recursos que ternos. Se estea ou non se estea de acordo con esta liña de financiamento. E por esta razón o meu voto vai a ser negativo. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas. Dª. Elvira Fernández. Sra. Fernández Díaz.- Sr. Presidente, eu estou de acordo cos criterios de distribución da CAE plantexados desa maneira o que pasa é que con este reparto de fondos públicos que de algunha maneira van incidir nos Concellos nun melloramento da infraestructura básica, encontrámonos con que hai Concellos que no reparto de fondos públicos incluídos os da Xunta e incluídos agora na Deputación, o reparto que se fixo dos fondos do POS, que para min creo que se fixo un pouco anticipadamente porque se esperaramos a que concederan os fondos da CAE non estaríamos agora neste problema. Entón encontrámonos con isto, que hai Concellos, e penso que os máis discriminados son os de máis de 20.000 habitantes e hai Concellos que son eminentemente rurais e que non están en absoluto dotados destes servicios e eu faría unha proposta concreta, e é que como en definitiva todos son fondos públicos que a Deputación nos fondos que ten dedicados a Acción Especial, compensara dalgunha maneira o déficit que houbo e para eses Concellos no reparto de POS e que agora os outros se van a beneficiar cos fondos da CAE. Sr. Presidente.- Gracias, D ª. Elvira Fernández. Sr. Valverde. Sr. Valverde Soto.- Si, Sr. Presidente. Vamos a ver, aquí as Comisións, nas reunións que tivemos díxose reiteradamente de que o CAE case con toda seguridade que non se ía a conseguir. A proba foi todo o contrario. O CAE está aí, e está para repartir, quizais sexa por último ano, pero esa é a realidade. A pregunta miña ven dada en que se van repartir trescentos noventa e tres millóns entre vintecinco Concellos o cal quere dicir que lle vai a tocar aproximadamente da orde de dezaseis millóns por Concello. E que eu creo que aí, esa discriminación como ben apuntaba aquí a compañeira Elvira ven dada con respecto a Concellos costeiros, parece ser que somos de segunda fila e eu, pois, a min me pasma que alcaldes do litoral que están aquí representados, que non defendan esta postura deles, e creo que o Presidente debía tomar tamén carta no asunto. Xa que é o último ano que se fai esta distribución, eu propoñería que a distribución se fixera como se fixo en anos anteriores e que non houbera nin beneficiados nin prexudicados pero que fora feita, porque é o último ano que se fai para que non haxa xente que vaia a por un pica en Flandes, e que se fixera exactamente igual que se fixo anos anteriores, porque como non se vai a volver a dar, pois polo menos dabamos un exemplo de equidade e de reparto democrático, entón isto non habería por parte dos demais Concellos que se ven prexudicados, non habería nada que dicir en contra. E me estou referindo ó banquillo de enfronte que sei que hai moita xente, precisamente máis da costa que do interior, que podía apoiar esta postura e quedariamos todos moi ben, o Sr. Presidente daría un exemplo de re- parto equitativo e non habería problema ningún. En cambio pois, a postura que se vai a dar agora, estes criterios, paréceme que son uns criterios mal fundados. E nada máis Sr. Presidente. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Valverde. Sr. Gallego. Sr. Gallego Lomba.- Si, Sr. Presidente. A min sorpréndeme algunha intervención que se produciu hoxe aquí cando nós, nos debates dos presupostos desta Deputación, e presentamos unha menda dicindo que a Comarca de Acción Especial se ía a producir e ía a estar, e non se ía a suprimir. Se me votou en contra, por suposto, entón non foi adiante a emenda. Pero nós anunciabámolo xa, e como sabiamos que non se ía a suprimir, que era unha xogada, un regate en corto, como sole dicir o Presidente, que nos quería facer e que nos vai a facer e que nos fixo a Corporación pois entón, é moi claro a beneficiar concretamente a uns concellos que son o de Lalín, como non, o de Ponteareas e A Cañiza. E nos sorprende moito máis, moito máis cando nas Bases de distribución se nos pon o reparto da Comarca de Acción Especial, do diñeiro, por número de extensión de terreo, e número de habitantes. Aquí xa beneficia, concretamente a dous, moito máis que ós outros. E non son de seis millóns para cada un, porque aquí dispáranse, concretamente o Concello de Lalín por número de habitantes e extensión con diferencia dos outros, pero con moitísima diferencia, si Presidente. Sr. Presidente.- Sr. Gallego, me permite un segundo. Está vostede entrando nun terreo perigoso para vostede. Advírtollo, pero siga por ese ... Sr. Gallego Lomba.- Sr. Presidente, as intervencións do Grupo Socialista fainas o Portavoz do Grupo Socialista non nas fai o Presidente da Deputación. Déixeme seguir. Presidente, lle pediría que se me quere cortar a palabra que me corte a palabra pero que non me interrompa cando estou no uso da palabra. Sr. Presidente.- Eu teño dereito a facer unha matización como ... siga, siga, siga. Sr. Gallego Lomba.- Eu estoulle falando da distribución. Entón me sorprende a distribución polo número de habitantes e por extensión, cando no Plan de Obras e Servicios desta Provincia os concellos con máis número de habitantes están gobernados polo Partido Socialista, se fai todo o contrario. Se fai os números, os de 20.000 habitantes, os núcleos de poboación se separan para, e se inverte no núcleo rural, porque non se fai unha distribución do Plan de Obras e Servicios, que é unha " pregunta que está aí porque se ía a beneficiar concretamente, pois, o Partido Socialista que está gobernando o 60% da poboación desta Provincia. Con todo isto quería presentar unha emenda Presidente. Que se adique ós 36 Concellos que quedan discriminados pola maio- ría desta Corporación no Plan de Obras e Servicios unha cantidade como mínimo a aportación que recibiron o ano anterior. Que sexa da partida de fondo de actuación municipal. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Bo, tranquilo xa lle vamos a someter a votación. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Está dejando ...Vamos a ver. Yo creí que esto había muerto, lo mencioné antes, ya sabíamos que volvía, por eso dije yo antes que volvía el cadáver, al cadáver le han dado cuerda. Bueno ahí no figura, no figura la cantidad total, por lo menos yo no la vi en el expediente, se dijo siempre que este capítulo había sido creado para proteger las zonas más deprimidas, pero realmente Presidente no debe ser así, porque aquí hay pujantísimos pueblos como ha dicho algún compañero, Ponteareas, Vila de Cruces, que es lo mismo que decir Lalín o viceversa, y no, y alguno más que no se trata de ese asunto. Sin embargo, por ejemplo, la CAE que se ha creado dicen para las cosas urgentísimas como el agua, corno los pozos negros, etc., etc., que no llega en este caso por ejemplo a la problemática que tiene la Península del Morrazo con todos los problemas que no hace falta volver a traer aquí. Como se sabe se sigue primando la extensión del desierto, ya también se ha mencionado, aquí se prima pues eso, la arena como en el Sahara. Cuando conocemos sobradamente que hay necesidades importantísimas en cantidad de lugares. Vuelvo a repetir que esto es auténtica miseria y además mal repartida. Yo a la miseria mal repartida le voto siempre que no. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Nieto. Sr. Castro Alvarez. Sr. Castro Alvarez.- Bueno, yo tengo entendido que el Ministerio de Administraciones Públicas tiene tres planes para las Corporaciones Locales. El POS, que es eminentemente para Municipios de menos de 20.000 habitantes; la CAE, que es para una zona delimitada y aprobada por el propio Ministerio de Administraciones Públicas; y otro Plan para Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes. En el Pleno anterior se había traído aquí unas peticiones que habían hecho los Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes, nadie dijo de los que teníamos menos de 20.000 habitantes que nos discriminábamos, es una Ley que hay que respetar. En cuanto a lo que dijo el Sr. Gallego Lomba, de que esto fue una jugada, me sorprende porque cuando se recibe el telegrama del Ministerio para las Administraciones Públicas, a todas las Diputaciones de España, diciendo que quedan canceladas las Comarcas de Acción Especial, a propuesta del Presidente de Cooperación se trajo a Pleno, una petición de acuerdo para que se sugiriese a la Federación Española de Municipios y al propio Ministerio de Administraciones Públicas que se prorrogase por un año más estas CAES. Y efectivamente a través de gestiones de la Federación Española de Municipios se ha prorrogado la de toda España. No es la de aquí. En cuanto a los criterios son idénticos los de la CAE que los del POS, es decir, que no se discriminan ni hay diferencias. Están los dos. Los criterios son una cantidad mínima y después proporcionalmente al número de habitantes y a la superficie. Lo único que hacemos en la del POS de aquellos municipios que tienen más de 20.000 habitantes que ya no deberían de ir incluidos ahí, es en prueba de solidaridad, aceptar los igual pero disminuir del censo de población los que tiene el casco urbano. Pero no hay discriminación de ninguna clase. Y en cuanto a que sean los Ayuntamientos los que, digamos nosotros, que deben de pedir hagan la propuesta de las obras incluir está de acuerdo con el propio Decreto de que las Comarcas de Acción Especial, y además están tipificadas en los artículos 25 y 26 de la Ley 7/85 de 2 de abril. Y por último que todas las obras que proponen aquí y que previamente aprueba la Diputación Provincial, tienen que ser aprobadas por el propio Ministerio para las Administraciones Públicas. Que efectivamente en este caso concreto este año los Ayuntamientos del POS hayan reducido su subvención, se le haya reducido su subvención no ha sido más que una consecuencia de que este año al suprimir la CAE, tuvimos que incluir a los 61 Ayuntamientos, pero quiero reiterar una vez más que si los otros Ayuntamientos se han beneficiado estos años ha sido por una cuestión voluntaria de los Ayuntamientos de la Comarca de Acción Especial que voluntariamente, reitero, voluntariamente, hemos solicitado no incluirnos en el POS porque ya nos veíamos bastante mejorados por la Comarca de Acción Especial. Pero teníamos derecho a estar en los dos. Por lo tanto, creo que no se margina nada. Que son criterios que están basados en el propio Decreto del Ministerio para las Administraciones Públicas y que lo único que se trae hoy aquí, por eso no se habla de cantidades es aprobar los criterios de distribución que habrán de regir para el Plan de la Comarca de Acción Especial de 1989 y su aprobación si procede. Posteriormente en un Pleno bien extraordinario u ordinario se traerá el Plan con las obras que cada ayuntamiento solicita. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Castro Alvarez. Unha última intervención Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, brevisimamente. Na cuestión de que servicios financia o Plan da Comarca de Acción Especial ou o Plan de Obras e Servicios, aparte de ter criterios diferentes eu no me invento nada. Por exemplo, o artigo 30 do texto refundido do Réxime Local di clarísimamente cando se refire á cuestión da Cooperación Provincial ou a prestación dos servicios municipais, empeza así: A Deputación cooperará á efectividade dos servicios municipais, preferentemente dos obrigatorios. Así empeza o articulado que se refire a este tema. Eu volvo a insistir en que a min non me parece desprezable que se fagan pistas de tenis. Me parece ben. Se algún día dan cartos, insisto, de crikett e de polo, de badminton e incluso de alas delta. Non hai problema pero desde logo hai que empezar polo esencial. Esa é un pouco a miña posición. E é un pouco esta situación por que hai pouco Vigo casual mente, un caso para un exercicio pechado como é o do ano pasa- do de cambiar unha pista polideportiva por outro tipo de fina- lidade, igualmente noble, pero cando menos na opinión de todo eu creo que estará claro digamos menos prioritaria. E por aí vai o asunto. Eu entendo que isto é certamente un enredo difícil de resolver. Me parece mal que o actual Goberno Central non, revisara toda a normativa das Comarcas de Acción Especial e obrigara como era lóxico a definir realmente comarcas. Comarcas con problemas de Agricultura de Montaña, comarcas con problemas de zonas deprimidas segundo os criterios da CEE ou o que fora. E que veñan mantendo isto, que realmente é un morto, e non é un bo sistema. Desde logo, vostedes teñen unha pequena contradicción in- salvable neste tema. En primeiro lugar, porque xa está ben coa historia dos de máis ou menos de 20.000 habitantes, se ese non é o problema. Se dentro da CAE hai Concellos que teñen máis de 20.000 habitantes. Como é o concello que preside como Alcalde o Sr. Presidente da Deputación. Senón é ese o problema. Aí o problema o terán vostedes, non no ten ninguén máis para pegarse con ese pantasma inexistente. E, en segundo lugar, porque o que é certo é que en relación ó ano pasado cambiouse a metodoloxía do Plan de Obras e Servicios que se reduciu, cambiouse a metodoloxía co cal os cartos que van ós máis dos Concellos son menos e sen embargo agora ó volver a aparecer a CAE vostedes non integran nisto ...E realmente isto é unha parte do Plan de Obras e Servicios. Por último si xa aparte de todo isto o fundamental nos presupostos deste ano é que gran parte do endebedamento vai para algo que é de colaboración cos Concellos pero que non é POS nin CAE, senón que é Acción Municipal que xa é descaradamente un mecanismo de repañota, que é como se dicía no meu pobo cando había que tirarse a polo caramelo, que lanzaban ó puñado. Sr. Presidente.- Podía repetir. ¿Mecanismo de ...? Sr. Costas Abreu.- Repañota. Non escoitou falar da repañota. Pois ese é o auténtico mecanismo que realmente funciona aquí, e o resto son adornos e non sei que estamos a discutir. Máis nada. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Gallego. Sr. Gallego Lomba.- Si, utilizando os criterios do Presidente da Comisión de Cooperación e Mancomunidades me gustaría saber as cantidades que recibiron os Concellos de máis de 20.000 habitantes. Se non pode ser agora no próximo Pleno. Pero me gustaría sabelo. Sr. Presidente.- Xa llo daremos. Xa llo contaremos. Sr. Gallego Lomba.- Punto número 1. Se entramos na guerra de habitantes, ¿cantos habitantes ten o Concello de Lalín? Porque según o Instituto Nacional de Estadística ten máis de 20.000 habitantes. Sr. Presidente.- Depende do momento porque ...onte a noite morreu un, xa hai un menos. . Sr. Gallego Lomba.- E outra pregunta que lle faría e que iso si que ten que estar no ánimo de todos e sobre todo dos Alcaldes porque sempre din que primeiro defenden ós Municipios, despois á Provincia, e despois bo, pois que defendan ós Municipios. ¿Os 36 Concellos do Plan de Obras e Servicios perderon diñeiro este ano con respecto ó POS do ano pasado si ou non? Sr. Castro Alvarez.- Si, bueno yo dije ya al Sr. Lomba antes que efectivamente los otros 36 Ayuntamientos llevaron menos dinero este año que el anterior pero no porque lo haya hecho la Diputación sino porque tuvimos que entrar los 61. Segundo tema, los de más de 20.000 habitantes tienen una subvención hasta el 25%, que es lo que marca la Administración Pública, el Ministerio de Administraciones Públicas. y en los de la CAE quiero recordarle al Sr. Lomba y al Sr. Costas que al principio dije que había tres planes por las Administraciones Públicas: los POS, para menos de 20.000 habitantes; los de la CAE, que no tienen limitación de habitantes, porque es una zona de Comarca de Acción Especial, y no limita número de habitantes; y los de más de 20.000 habitantes. Por lo tanto, los Ayuntamientos de la CAE que tengan más de 20.000 habitantes no tienen porque deducirse el porcentaje del núcleo urbano porque es un Plan especial que ha marcado la propia Administración Pública. Cuando se haga una nueva delimitación en las demás provincias de España todas las zonas que entren en la Comarca de Acción Especial tendrán un tratamiento especial que ya lo dice la palabra, dentro del Plan Provincial de Obras y Servicios pero no es el mismo criterio. Sr. Presidente.- Ben, a min tocárame de dicir algo porque algunhas alusións houbo e eu prefiro normalmente non intervir para darlle máis oportunidade ós voceiros, ós propios deputados, presidentes de comisións, etc. Pero non soamente para nós senón para o respetable público, como diríamos en outros actos, eu creo que hai que situar as cousas no seu contexto exacto, é dicir, a Comarca de Acción Especial foi creada precisamente polo Ministerio agora, antes era outro Ministerio, creo que de Gobernación, nos seus tempos, pero mantido en todo caso neste momento polo Ministerio de Administracións Públicas para corrixir deficiencias e desequilibrios en Infraestructura e Servicio certamente, certamente en Concellos, diríamos que teñen unhas carencias e que teñen en certo modo un desequilibrio con respecto a outros. Ese é o primeiro tema. O que sucede e que aquí na Deputación de Pontevedra isto víñase aplicando mal, isto no seu momento víñase aplicando mal porque o POS, o Plan de Obras e Servicios aplicarase os concellos que non tiñan comarca de acción especial. Tema absolutamente inxusto porque desde ese momento deixaba de ter sentido ou parte de sentido a Comarca de Acción Especial. Pero vamos a supoñer que estivéramos de acordo niso. En todo caso eu si que estou de acordo co Sr. Costas Abreu, totalmente de acordo, en que os cartos da CAE deberan ir destinados fundamentalmente, fundamentalmente a Infraestructura Básica, Viaria, etc., e de Servicios. Pero por desgracia esta Deputación non vive aillada ou non debe vivir aillada doutras Administracións e a vostede parécelle moi mal e o Sr. Nieto que o Sr. Alcalde de Ponteareas faga unha pista de tenis, ou non lles parece ben, parécelles que teñen prioridade outros temas e é discutible que faga unha pista de tenis ó lado do pavillón. Pero efectivamente os cidadáns de Ponteareas teñen o mesmo dereito, o mesmo dereito ou máis, estou vendo aquí a outro alcalde cos señores veciños de Caldas que lles fixo o Goberno Central, o Estado unha piscina climatizada ó 100% e que eu aplaudo ó sr. alcalde como xestión de alcalde. ¿Qué quere dicir iso? Que nos atopamos nunha situación en que ás veces esta Deputación en contra do que deberan se-los criterios respetando a autonomía por unha cuestión, diríamos de igualdade de oportunidades, ten que acceder a que nalgún Concello, bo, pois, un determinado tipo de obras que non son de Infraestructura Básica, poidan ser incluídas, é dicir, actuando de instrumento redistribuidor moitas veces. En canto ó que di Dona Elvira, eu si me comprometo, porque parece lóxico en canto a que eses Concellos de máis de 20.000 habitantes que vostede di pois teñan un trato especial na acción municipal. A acción municipal non é o que di o Sr. Costas, un mecanismo de repañota, senón un fondo de corrección de desequilibrios que incluso outras Administracións, e agora chegarei a ese punto, están facendo. Un fondo para correxir eses desequilibrios. E polo tanto, no caso que vostede plante- xa é absolutamente lexítimo e xa lle anuncio, porque ademáis ata agora non ocultei nada, e apareceron os datos sempre, incluso publicados de que iso se terá en conta. E para min non hai, respondendo a D. Modesto Valverde, incluso ó PSOE concellos de segunda e Concellos de primeira. Nin concellos de segunda fila, os da costa, os de primeira, e sendos outra. A min, para min polo menos diríamos emocionalmente por así dicilo, pois teño asumido que son todos iguales, pero non é certo o que di o Sr. Costas Abreu de que a superficie non se debía ter en conta, él sabe moi ben que non é o mesmo levar un servicio, simplemente de transporte escolar, a un Concello que ten cinco parroquias nun diámetro de vinte quilómetros cadrados que a un Concello que ten catrocentas oitenta e tres aldeas, ás que teñen que ir os autobuses de transporte escolar a buscar ós rapaciños ás oito da mañá e que están nun radio de acción de trescentos cincuenta quilómetros. Dándose o caso de que por unha política que non vamos a entrar nela, de concentración escolar, hai rapaces que recorren vinte quilómetros para chegar dende onde nacen o seu centro escolar. Polo tanto, non é o mesmo manter unha rede viaria, por exemplo, ou facela nun Concello dese tipo que nun Concello de outro tipo máis pequeno corno pode ser algún dos representantes que ternos aquí. Eses señores, pois é certo que teñen outras carencias, teñen outra problemática, pero o criterio dispersión de poboación e superficie é absolutamente lóxico que se teña en conta tanto no Plan Provincial como na CAE, sobre todo se estamos de acordo na filosofía de que debe ser pois, basicamente para infraestructura básica. Pero eu teño a sensación de que os cidadáns desta provincia e probablemente de Galicia están un pouco cansos de que este- mos sempre na guerra de institucións, de colores políticos en Concellos, por que se inverte máis en Vigo ou menos, por que se inverte máis en Lalín; eu digo que de momento intentei aplicar un principio elemental de equidade na medida do posible, tampouco quero presumir demasiado e de certa xustiza distributiva. Pero vamos a rematar para o coñecemento destes cidadáns da provincia de Pontevedra, que é nos que nós ternos unha responsabilidade, acabando de aclarar dunha vez este asunto. E vámolo aclarar e polo tanto, a próxima semana haberá un Pleno, que ademais de tratar do asunto da comarcalización de servicios, tema ó que están invitados os voceiros, eu vou propoñer que este Pleno adopte un acordo no sentido de solicitar do Parlamento Galego e do Parlamento Nacional, vía Portavoces e Grupos Políticos dos Partidos; cales foron as inversións nos últimos cinco anos, concello por concello en tódalas áreas, en Agricultura, en Pesca, en Obras Públicas, etc.; e eu nunca lle discutirei que ó Sr. Alcalde de Cangas lle fagan un paseo marítimo, que me parece moi ben, porque ademais necesítao a propia vila, polos propios veciños, polo turismo, polas características da súa cidade, nunca lle discutirei que custe o que custe pero non me gusta tampouco que se me discuta que nun Concello de trescentos, case catrocentos lugares non se lle axude dunha maneira un tanto especial nun pequeno plan para que polo menos os rapaces poidan ir a escola por uns camiños que poida andar un autobús. Así que para acabar con estas dubidas inda que só sirva, diríamos, de precedente, vamos a ter en pouco tempo, porque dende logo, o portavoz do Grupo Popular no Parlamento Galego e no Grupo, e no Congreso, si o farán. Vamos a pedirlle ó Presidente do Goberno, ou ós Ministros que el delegue, e ó Presidente da Xunta ou nos Conselleiros que el de- legue, ¿cales foron as inversións nos últimos cinco anos?, porque nós tamén e aquí por suposto daremos conta delas nos últimos cinco anos. E en función diso veremos o que percibe cada habitante/ano, será un dato que vamos a ver por onde sae. Eu estou disposto a asumir a cota que poida ter de desgaste se é que ten algunha. En todo caso a claridade está por encima da dubida e estou disposto a facelo. E aí aclararemos todo. próximo Pleno próxima semana. Sr. Nieto Figueroa, brevísima intervención. Sr. Nieto Figueroa.- Si, brevísimamente, pues, yo me alegro mucho de esa decisión porque a lo mejor descubrimos cosas corno aquélla en que yo solicité que me. alegro, no es que me copie, que usted no necesita copiarme, en que yo solicité al entrar en la Diputación Provincial un repasito hacia atrás y recuerdo que en el año 1987, es la primera vez que voy hablar de Vigo, hoy, la ciudad olívica había aportado a esta Diputación es mil millones de pesetas y recibió en servicios ciento treinta. y por cierto no fue usted el que me dio los papeles, me los dieron los funcionarios. De nueve mil a ciento treinta. Me gusta descubrir esas cosas, apoyo su intención. Con relación a la pistita de tenis, nada, eso nada. Los señoritos del centro del pueblo de Poenteareas han usurpado la posibilidad de que una barriada lejana tenga una pista polideportiva. y a lo mejor la perfuman y me imagino, me imagino, y ojalá puedan la cubren, etc., etc., con negritas, etc., etc., pero en perjuicio de los vecinos de Poenteareas que viven en los lugares más abandonados de dicho pueblo. Ese es el terna. Yo no niego que jueguen al tenis los señoritos. Caray. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Nieto. Yo creo que es evidente que el Sr. Alcalde de Poenteareas gobierna muy bien su municipio. Pero en todo caso vamos a dejar ese asunto y vamos a entrar la semana que viene en el otro, creo que es un gran terna que nunca se trajo aquí. Sr. Costas Abreu, brevemente, por favor. Sr. Costas Abreu.- Si, para anunciarlle o meu voto favorable a esa solicitude de datos sobre investimentos en tódolos Concellos da Provincia. Traerei tamén a copia do plan de investimentos locais para coordinar a actuación de tódalas Administracións que nós presentamos na Lei de coordinación das Deputacións e esperemos que vaia adiante co seu voto favorable porque realmente eu creo e, se cadra paga a pena, e é o máis interesante discutir aquí non so das miudezas senón un pouco do futuro desta provincia, de que aquí a cuestión dos desequilibrios parece que está un pouco desequilibrada. Non é que haxa zonas con máis déficit e outras con máis abundancia, senón que parece que o desequilibrio básico é o desequilibrio PSOE-AP, e ó final vai a resultar que vai haber Concellos dependentes de Santiago, Concellos dependentes da Deputación e outros Concellos que van a ir por libre matándose. E creo que si conviría ir rematando con isto, xa remato Sr. Presidente. Máis nada. En todo caso o que vostede non pode negar é que naquelo no que se manifesta máis libremente a vontade do Grupo de Goberno, do Presidente e o seu Grupo que é a utilización das partidas que vostedes autotitulan de libre disposición como é o caso da acción municipal, o ano pasado por exemplo, hai Concellos que recibiron cero pesetas habitante, e hai concellos que recibiron oito mil pesetas habitante, de tódolos xeitos como estes datos os estiven facendo ós correspondentes números, pois, xo falaremos tamén nese Pleno que eu creo que vai ser moi interesante e moi animado. Sr. Presidente.- Insístolle Sr. Costas Abreu que eu o que fixen o ano pasado foi intentar, non sei se o conseguín ou non, corrixir en moi pouco os desequilibrios financeiros para temas de Infraestructura e Servicio. Basicamente, non hai máis que ver o reparto que se fixo. Pero en todo caso eu entendo que iso sempre é discutible. E vámolo comprobar. Pero definitivamente diríamos a través da actuación de tódalas Administracións en cinco anos. Evidentemente algo terán que traballar os Ministerios e máis as Consellerías. E van traballar porque para iso os nosos representantes do pobo, hai que esperar que a petición modesta e humilde nosa traballe, incluído o Sr. Nogueira. Ultima intervención. Sr. Gallego Lomba.- Si, Sr. Presidente. En primeiro lugar, parece que segundo a súa intervención que se da por boa a emenda de non deixar discriminados ós 36 Concellos da Provincia. Sr. Presidente.- Aínda non a votamos. Sr. Gallego Lomba.- Pero parece que acepta. Sr. Presidente.- Non, non, pero parece mal, ímola votar. Sr. Gallego Lomba.- Home, segundo a súa intervención eu entendín así que se aceptaba. Sr. Presidente.- Entendeu mal, pero ímola votar. Sr. Gallego Lomba.- Bo, entón non esté aí dicindo que é bo por unha parte e malo por outra. Bueno. Vale, vale. Vámola a votar. Me parece ben. O Grupo Socialista apoia a moción súa esa do Pleno extraordinario que quere facer sempre e cando en vez de ser os cinco anos sexan os dez anos do Goberno Central, cando gobernaba na cal militaba vostede, dende que se constitiu a Xunta e dende que nós estamos gobernando esta Corporación as inversións de tódolos Concellos da Provincia. E votámoslle a favor. Sr. Presidente.- De acordo. Espero que me vote a favor, que manteña a palabra. Sr. Gallego Lomba.- Si, se o fai dende que gobernaba UCD. Sr. Presidente.- O único, que terá que facer traballar un pouco máis a D. Antolín. Sr. Gallego Lomba.- Vanse cumprir agora os dez anos dos Concellos democráticos, entón, pois mira, é unha boa forma de medir as xestións dos Gobernos. Sr. Presidente.- Que ó mellor noutras provincias de España copian este asunto. Sr. Gallego Lomba.- Vale, pero non terminei. Sr. Presidente a Deputación dispón dun estudio moi bo, moi bo, moi bo, sobre, realizado por Infergestión, a base de procedementos científicos e tal, para saber, que foi entregado en decembro do 83 na Deputación que é boísimo, eu xo dixen que algunha vez había que lelo alguén. Eu me molestei na Corporación anterior en lelo e di que para ter en conta a distribución, como debe ser as Comarcas de Acción Especial, cales deben de ser as Comarcas de Acción Especial, di: Nivel de renda, diversificación de las actividades económicas, servicios colectivos, infraestructura de comunicacións, carreteras, liñas telefónicas, etc., equipamento colectivo e nivel de traballo; equipamento colectivo que é enerxía eléctrica, abastecementos de auga, etc., etc. Presidente, este estudio é moi bo e di que a Comarca de Acción Especial actual non ten relación de nada, non ten porque existir, eu digo é un estudio moi bo que ten esta Deputación. Parémonos un día a lelo, sírvenos de base, para ver don- de hai que facer as inversións, cales son os Municipios que carecen de Infraestructura. Sr. Presidente.- Ben, entón sometemos a votación a súa enmenda. Enmenda do Partido Socialista. ¿Votos a favor?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage y Sr. Valverde, Sr. Costas. Sr. Presidente.- ¿Abstencións? Queda rexeitada. Lamentoo. Sometemos a votación o dictame da Comisión. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Queda aprobado. Vostede sabe moito de votacións que é Alcalde. Por conseguinte, cos votos a favor do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e Sr. Valverde Soto (CDS), ningunha abstención, e os votos en contra dos máis membros da Corporación, rexéitase a emenda do Partido Socialista. Sr. Pena viéitez.- Me parece fora de todo punto esa súa alusión pero eu fágollo por unha razón moi sencilla Presidente da Deputación de Pontevedra e Alcalde de Lalín. Fai un momento a unha enmenda do Grupo Socialista, vostede non pediu votos en contra como fai habitualmente en primeiro lugar, senón votos a favor para que levantaran a man os de sempre. Os daquela parte que son os que máis cobran non levantan nin sequera a man así se quedan durmidos nos asientos, home. Sr. Presidente.- Sr. Pena eu creo que o resultado en todo caso e o mesmo. Sr. Pena Viéitez.- Si, é o mesmo para non levanta-la man. Sr. Presidente.- Ben, non creo que vostede lle dea tanta importancia a ese exercicio ... Sr. Pena Viéitez.- Si home, porque igual se equivocan a votar Sr. Presidente. Se levantan a man algúns equivócanse. Sr. Presidente.- Perdone. Non faga vostede esas afirmacións. Sr. Pena viéitez.- Bo, faga vostede a proba un día. Sr. Presidente.- Pero en todo caso é moi discutible, é moi discutible que vostede, perdón, un momentiño por favor, Sr. Pena, é moi discutible ... Sr. Pena Viéitez.- ¿Qué pasou en Vigo? Eu digo que faga a proba un día. Sr. Presidente.- Sr. Pena o importante é que votemos libremente. Cando eu a algún Deputado o trate de coaccionar, vostede sabe que non, bo, pois pódome equivocar eu, pódome equivocar intencionadamente incluso, no sentido de que voten primeiro uns cós outros. De momento non hai moita queixa de que aquí as votacións van polo seu camiño. Bo, agora se vostede lle parece mal, non teño inconveniente ningún en cambialas. Sr. Pena Viéitez.- A min o que me parece mal é que unha votación detrás de outra, se utilice un criterio distinto para someter a votación, ¿votos a favor?, e na seguinte ¿votos en contra? Eu creo que os criterios de votación deben de ser claros e os Deputados deben de ter claro o que queren votar en cada momento. E en canto ó que lle dixen ó principio a súa alusión que non sei a que ven, me.gustaría que aclarara que eu sei moito de votacións, me gustaría que a aclarara porque é unha alusión moi directa e ó mellor é moi bonito descubrir aquí como Deputados da Frente Popular Galega que apoian a ETA votan ó lado dos de Alianza Popular, ó mellor sería bonito, ou Concelleiros. Tamén sería bonito cando hai un Concelleiro do Grupo da Frente Popular Galega facendo unha alegoría dos asasinatos de ETA, hai Concelleiros do Grupo Popular que se solif darizan con el. Iso sería bonito. Sr. Presidente.- Sr. Pena mire vostede comprendo, comprendo que vostede, bo, lle dea a lectura que lle está dando, eu ó dicirlle a vostede que de votacións debe saber moito, digoo pensando por min, porque vostede cada mes ten polo menos un Pleno ou dous, e ten catro Comisións de Goberno, é dicir, supoñendo a súa traxectoria diríamos de Alcalde, nada máis, se vostede mistura iso con outros temas, bo, eu creo que sae perdendo é vostede, eu non saio perdendo, eu simplemente... Sr. Pena Viéitez.- Bo, eu non saio perdendo nada. Pode saír perdendo vostede se me alude, eu non saio perdendo nada. Sr. Presidente.- Sr. Pena vostede se trae aquí o problema do Frente Popular Galego, a este sitio onde non ten nin representación é problema do seu Concello, vostede sae perdendo e dillo un modesto político desta Provincia que empezou de alcalde de barrio e que hoxe é Presidente da Deputación pasando por Concelleiro e por Alcalde. Sr. Pena Viéitez.- Pois, eu dígolle igual Sr. Presidente. Eu dígolle igual Sr. Presidente, se vostede mestura aquí os problemas do meu Concello cos problemas da Deputación vostede tamén pode saír perdendo, non se preocupe. Vostede foi quen sacou aquí a colación o que eu sabía de votacións. E eu non son Presidente da Deputación polo tanto non sei nada de votacións. Sr. Presidente.- Sr. Pena, díxenllo e que lle quede claro referíndome a que vostede, eu estou convencido que máis dunha vez ó longo dous seus anos de alcalde, pois, ó mellor cambiou o sentido da votación. Referíame a iso, no sentido de que sabe que é legal e que é discutible que non sexa correcto. Outra cousa é que eu poida aceptar o que vostede di, e non teño inconveniente pero eu non me saín en absoluto do aspecto de que vostede é Alcalde e que sabe de votacións como sei eu. E deixemos ese asunto. Que quede claro. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e a abstención do Sr. Valverde Soto, aproba-los criterios de distribución intermunicipal para a Comarca de Acción Municipal, con cargo á aportación do Estado para o exercicio de 1989, nos seguintes términos: I.- AMBITO TERRITORIAL DO PLAN O Plan Provincial da Comarca de Acción Especial 1989, afectará ós Municipios de: Arbo, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, Forcarei, Fornelos, Agolada, Lalín, A Lama, Mondaríz, Mondaríz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos de Borbén, Ponteareas, Ponte Caldelas, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda e Vila de Cruces. II.- TIPOLOXÍA DAS OBRAS A INCLUÍR NO PLAN Deixase a libre opción dos Concellos a proposta de inclusión das obras e servicios no Plan, dentro do marco legal e con referencia ás competencias municipais que' se relacionan nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, o que dalgunha maneira coadyuve a súa execución e efectividade. III.- DISTRIBUCIÓN INTERMUNICIPAL DA APORTACIÓN DO ESTADO A contía subvencionable ós Concellos para cofinanciar obras municipais polo concepto Estado cífrase en base a un módulo fixo e igualitario para todos, CINCO MILLÓNS DE PESETAS (5.000.000), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de feito e extensión superficial de cada término municipal. En base ós mencionados cálculos, a cantidade que corresponde a cada Municipio para cofinancialas obras municipais, de- terminarase a resultas das cantidades que configuran a estructura económica do Plan e según sexa a contía das aportacións. IV.- FINANCIACIÓN GLOBAL DO PLAN, ESIXENCIAS MÍNIMAS DE APORTACIÓN LOCAL E CREDILOCAL De conformidade co determinado na disposición final 42 do Real Decreto 1673/81, no contexto legal do Plan haberán de cumprirse as esixencias porcentuais mínimas seguintes: a) A aportación local (constituída por: fondos propios, contribucións especiais, aportacións veciñais, de empresas ou outras), deberá ser, o menos, o 25% da subvención do Estado. b) A aportación pola liña de Crédito Oficial cífrase no 150% da aportación estatal. Con cargo a devandita liña crediticia, cada concello ten a posibilidade -e no seu caso obrigación- de acudir ó Banco de Crédito Local de España en petición dun préstamo polo concepto de reserva para Plans provinciais, na contía máxima do 150% do importe da subvención do Estado. Débese facer matización de que, na medida en que a aportación local rebase o 25% da aportación estatal, poderá diminuírse o 150% de aportación pola liña de crédito oficial. A Deputación Provincial aportará o financiamento do Plan, a diferencia entre a aportación municipal e o 175% da aportación estatal que corresponde ás Entidades Locais, con cargo ás operacións de crédito necesarias. ------ Folla: 36,38 11.2377.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- ¿Hai algunha intervención no punto 11? Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno fíjese usted que yo prácticamente estaba decidido como mínimo a abstenerme en este tema. Un asunto que trae problemas de 1984, concretamente, con el de la Sra. Dña. Pilar Ferrín, que nada más ni nada menos que con otro millón y medio más se va a embolsar de la Diputación hasta cuatro millones de pesetas. Ese tema, las facturas del hospital, las del parque móvil, Príncipe Felipe, etc. pues podrían aceptarse pero claro usted sabe que yo tengo un poquito de teima como se dice en gallego, téñolle un pouquiño de teima ó Castelo de Soutomaior y yo eso no, yo eso, las cositas del Castillo de Soutomaior, luego me va a dar una explicación, que es eso de cuatro millones de pesetas de hacer, de meter una cosa de plástico en una piscina, está también inmerso, pero eso en el capítulo de preguntas e interpelaciones porque me he quedado frito, me he quedado frito. Yo creí que lo de la piscina que era una cosa así, dije yo a lo mejor es para los patos o así una cosa, pero resulta que no, que hay una facturita por ahí de cuatro millones y pico de pesetas. No, yo no, no, no. Sr. Presidente.- Non ten máis que dicir Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Se lle parece pouco. Sr. Presidente.- Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Si, para anuncia-lo voto en contra do Grupo Socialista, unha vez máis porque algo falla nesta Deputación Sr. Presidente. Un recoñecemento de crédito do ano 84, 85, 86, 87, pois algo non funciona. Sr. Presidente.- Perdón, algo fallaba en todo caso. Sr. Gallego Lomba.- Seguen chegando tarde, séguense dando recoñecementos de créditos Pleno tras Pleno. Sr. Presidente.- De acordo. Eu creo que lle hai que pagar a que n se lle debe e senón cobra intereses e é moito máis. Sr. Gallego Lomba.- Pero dende ...xa tivemos tempo para pagar. Sr. Presidente.- De acordo. Ben sometemos a votación o punto 11. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Queda aprobado por maioría. Vistas as propostas de recoñecemento de créditos formuladas polos Sres. Tesoureiro provincial, Interventor de Fondos, Administrador Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e Xefe do Negociado de Servicios Sociais, por facturas correspondentes ós exercicios 1986/88, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Persoal, o Pleno acorda, cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG) o recoñecemento distes créditos e que se incluían no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite, segundo detalle seguinte: TESOURERÍA PROVINCIAL Nómina por Premio de Cobranza ós Recadadores de Zona, por Entidades e Organismos do ano 1987.................................................................................... 2.157.045 pts. INTERVENCIÓN DE FONDOS Saneamentos Sellberg ftra. 205/86 ............................................. 71.149 pts. Unión Eléctrica Fenosa factura marzo-abril 87............................. 675.674 pts. Unión Eléctrica Fenosa resto factura marzo /88 .......................... 5.637 pts. Sanatorio de Toén, medicamentos octubre e decembro 1987 ........... 11.673 pts. Comunidade de Madrid ftra. 216/87 do Hospital Xeral Gregorio Marañón ... 664.000 pts. Comunidade de Madrid ftra. 568/85 do Hospital Xeral Gregorio Marañón ... 398.400 pts. Povisa diferencia ftra. 45925/86........................................................ 100.000 pts. A Recadación Municipal de Pontevedra, os seguintes cargos por suministro auga: Parque móvil, lº semestre de 1986................................................... 7.620 pts. Hospital, xullo- octubro 1986 ....................................................... 109.340 pts. Pazo Provincial setembro-decembro 1986 .................................... 3.708 pts. Pazo Provincial marzo e abril 1987.............................................. 1.854 pts. Parque de Maquinaria xullo e agosto 1987................................. 2.540 pts. Lopez Novoa, S.L., Ftras. 528 e 588, 1988................................. 31.294 pts. López Novoa, S.L., Ftras. 1619/83 e 1759 -72/88 .......................... 965.660 pts. Julián Sánchez Capón ftra. 393/88 ............................................... 103.042 pts. Victoriano Moldes Ruibal ftra. 31351/88...................................... 26.020 pts. Super Loyma, C.B. ftra. 8/88 .................................................... 374.062 pts. CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Panadería Benigno Abilleira Sobral por suministros desde xuño a decembro de 1987................................................................................... 1.042.145 pts. Embutidos Lalínense, S.A.T., por suministros desde abril a decembro de 1987 ............................................................................... 2.159.670 pts. NEGOCIADO DE SERVICIOS SOCIAIS Hospital Xeral de Galicia, por estancias - de David Costas Alonso, Josefa Pino Fernández, Julio Casal Gómez e Carmina Jiménez -Montoya, exercicios 1986/1988 ............................. 1.993.137 pts. TOTAL ............................................... 10.903.670 pts. Determinado o incremento do IPC durante o exercicio 1988 en 1,8 % sobre a previsión establecida polo Goberno da Nación para tal exercicio, considerando o establecido no párrafo 2º do artigo 7.5 do Convenio Colectivo de Artes Gráficas, publicado no Boletín Oficial do Estado nº 188 de data 7 de agosto de 1987, e en atención ó previsto no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores, acórdase aplica-la revisión salarial, derivada de tal incremento, ó persoal afectado desta Excma. Deputación provincial, e consecuentemente, tendo en conta o informe emitido pola Intervención de Fondos Provinciais e incorporado ó presente expediente, o Pleno acorda cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), recoñecer crédito por importe de DUASCENTAS VINTEDÚAS MIL CENTO CORENTA E CINCO PESETAS (222.145), e incluílo no primeiro expediente de modificación de créditos que se leve a cabo, para a atención dos gastos que en concepto de atrasos se producen pola devandita revisión salarial e a relación de persoas e contras concretas detállanse en follas adxuntas. O propio tempo, determinada a obrigatoriedade da súa aplicación en virtude do establecido no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores e artigo 55 da Ordenanza Laboral de Artes Gráficas e Manipulados de Papel e Cartón, considerando o informe emitido pola Intervención de Fondos Provinciais acórdase cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), recoñecer crédito por importe de SEISCENTAS CORENTA E SEIS MIL TRESCENTAS NOVENTA E OITO PESETAS (646.398), e incluílo no primeiro expediente de modificación de créditos que se leve a cabo, para a atención dos gastos que en concepto de paga extraordinaria de participación en beneficios se producen a favor do persoal que na folla adxunta se relaciona e na contra que igualmente se expresa. Visto-los expedientes tramitados para reintegro de gastos sanitarios, considerados os informes incorporados ós mesmos, e en atención a que se trata de gastos devengados en exercicios pechados, o Pleno acorda cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), recoñecer crédito para a atención dos mesmos, e en consideración a que existe consignación na partida 182.52111 - A do vixente Presuposto Ordinario, apróbase e declárase de abono a cantidade total de TRESCENTAS DOCE MIL CINCOCENTAS CINCO PESETAS (312.505), a favor das persoas que a continuación se relacionan "e na contía que igualmente se expresa: -Barros Iglesias, Mª Cristina........................ 24.000 pts. -Gonzalvo Imaz, Mª Teresa........................... 6.655 pts. -Outeda Rodifio, Carmen ............................44.000 pts. -Caramés Troitifio, José ..............................18.400 pts. -Miranda Provenza, José Manuel ................17.850 pts. -Nodar Carral, Rosa Mª............................... 35.000 pts. -Reguera Rodríguez, Antonio .....................65.800 pts. -Barros López, Carlos .................................64.400 pts. -Méndez Orozco, Manuel ........................... 36.400 pts. TOTAL.......312.505 pts. Vista a reclamación formulada por Dona Mg del Pilar Ferrín Porta, en primeiro dos correntes, alegando que a liquidación e declaración de abono da cantidade de DOUS MILLÓNS CINCOCENTAS TRECE MIL CINCOCENTAS DEZASETE PESETAS (2.513.517), que o seu favor lle recoñeceu o Pleno da Excma. Deputación Provincial en sesión celebrada o vintesete de setembro de 1988, e correspondente ós anos 1987, 1986, 1985 e de 28 de marzo a 30 de decembro de 1984 non é exacta, posto que se lle deduciron, como percibidas do INEM, SETECENTAS SETENTA E SEIS MIL DUASCENTAS CINCUENTA E SEIS PESETAS (776.256), cando, e con arreglo ós recibos que agora presenta, o realmente percibido ascendeu só a DUASCENTAS CORENTA E SEIS MIL OITOCENTAS SETENTA E NOVE PESETAS (246.879), e na súa consecuencia, que se lle adeudan aínda CINCOCENTAS VINTENOVE MIL TRESCENTAS SETENTA E SETE PESETAS (529.377). Considerando que, á vista da liquidación aprobada polo Pleno da Excma. Corporación Provincial en vintesete de setembro citado, e os recibos que agora presenta a interesada, concretando efectivamente o abonado polo INEM, resulta que se lle restan á interesada, e en concepto de atrasos CINCOCENTAS VINTENOVE MIL TRESCENTAS SETENTA E SETE PESETAS (529.377), que se consideran como devengadas do ano 1987, que resulta do seguinte estado de conta definitivo: Total devengado, invariable.................................. 3.926.728 pts. Cantidades percibidas: Do Instituto Nacional da Saúde.............. 636.955 Percibido do INEM .................................246.879 Total percibido ....................................................883.834 pts. Diferencia a abonar.......................................... 3.042.894 pts. Como se lle recoñeceron e declararon de abono no pasado ano DOUS MILLÓNS CINCOCENTAS TRECE MIL CINCOCENTAS DEZASETE PESETAS (2.513.517), resulta así a diferencia a recoñecer agora, das citadas CINCOCENTAS VINTENOVE MIL TRESCENTAS SETENTA E SETE PESETAS (529.377). Por todo elo, o Pleno da Excma. Deputación provincial, acorda cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aproba-lo gasto de CINCOCENTAS VINTENOVE MIL TRESCENTAS SETENTA E SETE PESETAS (529.377), a favor de Dona Mª del Pilar Ferrín Porta, e "recoñece crédito pola devandita suma", con traslado do acordo á Intervención de Fondos para que, no seu caso, se teña en conta no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite e abono á interesada. ------ Folla: 38,41 12.2378.- PROXECTO DE CONTRATO DE OPERACIÓN DE TESOURERÍA PARA ATENDE-LO PAGO DE ANTICIPOS A CONCELLOS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención no punto 12? Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Si, Presidente, unha vez máis está comprobado que o Grupo Socialista non facemos intervencións descavilladas nin fora de ton nin moito menos, porque nós no Pleno cando se debateu o asunto que vén agora advertimos que faláramos co Banco de Crédito Local de España ó non haber ou- tras ofertas, que o único que ofertaba era o Banco de Crédito Local de España e que o tipo de interese estaba o 12%, entón que igual subía máis ou non. Que se molestara a Corporación polo menos o equipo de goberno en enterarse de si estaba así ou non. Advertímolo naquel Pleno e parece que agora que nos dan a razón. O Banco de Crédito Local de España dicindo que si, que o crédito incrementou o 0,25%, pasa do 11,25 ó 12 e algo. Por outra parte creemos que os oitocentos millóns que se piden que son insuficientes, e volvemos ó debate que tivemos en Comisión de que se deixa e se discrimina, se discrimina ó Concello de Cangas unha vez máis. E hai un compromiso no Pleno pasado do Presidente desta Deputación, onde di que se contemplaría polo menos a recadación do ano anterior, Presidente. Sr. Presidente.- Siga, siga por favor. Sr. Gallego Lomba.- Que hai un compromiso do Presidente no Pleno pasado que di que polo menos se contemplaría o exercicio do ano anterior da recadación do Concello de Cangas, pero non aparece así, aparece outra vez sen recadación. Entón se non se lle vai a dar nada ó Concello de Cangas queremos sabelo, si se lle vai a conceder algo pois haberá que incrementar algo o que é a aportación dos oitocentos millóns porque entón non chegaría para tódolos Concellos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Gallego Lomba. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, brevisimamente. Para relacionar este tema con algún outro que había aquí, para que non me chamen demagogo, non. Fágoo asímesmo. Sr. Presidente.- Non llo quixen chamar. Perdoe si se sentiu aludido. Sr. Costas Abreu.- Non, non teño ...Era por un Pleno anterior ó que viu isto e agora vén de segunda volta. Bo, xa sabemos que estes oitocentos millóns non computan formalmente como cargo financeiro sen embargo, non deixa de ser curioso dende o meu punto de vista, que na proposta que se nos trae da CAE, si haxa un incremento de carga financeira sen cuantificar. E sen embargo aí non aparecen os preceptivos datos sobre a repercusión que se vai ter. Incluso as condicións nas que se vai levar adiante ese crédito. Primeiro asunto. En segundo lugar, cando antes falabamos tamén da CAE, o digo en directísima relación con este tema dos criterios complementarios ós da poboación, e cando eu dixen que a superficie non era mellor, tamén falei de autorrelativos a dispersión poboacional, tamén falabamos do esforzo fiscal, e é curioso por- que aquí ternos datos de esforzo fiscal, concello a concello, e certamente non hai unha correlación entre digamos o nivel de esixencia de aportación económica.dos cidadáns de cada concello en relación co que esta Deputación da logo, e eso visto desde un punto de vista fora dese desequilibrio entre as dúas forzas que se pretenderon, afortunadamente xa non, bipartidísticamente, dominantes do panorama político, pois é unha cuestión grave, visto desde un punto de vista xeral, non é bo primar os concellos que non utilizan os seus mecanismos tributarios propios, polo menos non é bo, primalos tan en demasía, e realmente os datos que hai aquí son certamente curiosos, e para Concellos cun número de habitantes similares, a Deputación que é a encargada de cobra-los principais tributos locais cobra para algúns dos máis beneficiados a metade do que eses Concellos lle teñen que cobrar a outros, esto é un pouco a consecuencia das distorsións das subvencións procedentes doutras Administracións. E máis nada, eu xa dixen que estaba en contra desto, e creo que unha das cousas que hai que revisar, e que vostedes terían que negociar cos Concellos que firmaron o convenio da recadación con esta Deputación é precisamente a cuestión do calendario tributario, posiblemente o máis cómodo sexa, posiblemente, cando hai eleccións antes de fin de ano, cobrar tódolos tributos xuntos a finais de ano, pero posiblemente eso non é o mellor sistema de cobrar tributos, é mellor peridiodificalos ó longo do ano, e creo que é unha cuestión que había tocar. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas Abreu. ¿Algunha outra intervención? Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Queda aprobado por maioría. ¿Quere aclaración de voto Sr. Gallego? Entendín que ía a aclara-lo voto. Entendinlle o Sr. Pena, eu entendín que lle pedía a vostede que aclarara o voto, entón concédolle a palabra se vostede quere. Sr. Gallego Lomba.- A explicación que din antes de que había un compromiso nun Pleno da Deputación do Presidente de que se ía recolle-lo concello de Cangas polo menos a recadación do ano anterior, non é así, pois nós votamos en contra. Sr. Presidente.- Eu dixen que faría o posible. Está perfectamente recollido e manteño, manteño iso, en principio se vos- tede quere lemos o informe que ternos aquí do propio Interventor e do Depositario, pero tampouco está cerrado ese asunto, no sentido, de que eso amplíase en calquera momento se logra- mos encontrar unha fórmula xurídica que o permita. Sr. Gallego Lomba.- Pero si hai boa vontade pola súa parte, incremente o crédito e aparte póñalle a cantidade recadada, ten que ter algo recadado, algo ten que ter. Sr. Presidente.- Perdone, vontade haina, pero eu non creo que dándolle un millón de pesetas resolvamos nada, haberá que darlle o que lle corresponde, eu manteño o que lle dixen, e empeño a miña palabra en que se encontramos a fórmula que aínda non se atopou, porque tampouco se poden saltar sempre os técnicos, vostede sabeo, o informe do Interventor, do Depositario, en primeiro lugar que o Depositario se negaría como responsable de Fondos da Deputación, que afirma, como vostede sabe que é mancomunada coa do Presidente, o Depositario chegoume a dicir no meu despacho, chegou a afirmarme que ata que encontremos unha fórmula el non firma ese libramento de fondos porque entende que incorre en grande responsabilidade e non no fai, incluso en posible delito. Ben, se encontramos a fórmula eu comprométome, se non hai fondos propios nese momento, a facer unha operación cunha Entidade de Pontevedra, da capital, en vintecatro horas, para resolver ese asunto, que lle quede claro, e invítoo, a vostede como Portavoz, a que o luns nos sentemos cos asesores técnicos que ten esta Deputación, co Secretario, co Interventor e co Depositario, se lle serve a vostede dáme o mesmo pola mañá que pola tarde, e que intentemos encontra-la fórmula, eu xa intentei e de momento estase estudiando, é o que lle podo dicir. Sr. Gallego Lomba.- Presidente, iso parte da ampliación de créditos senón ternos que pedir outro crédito, pedimos outro para Cangas, pero Presidente, no contrato di que a Deputación se compromete á recadación voluntaria e executiva, ten que executar para recadar. Sr. Presidente.- Perdone, iso é outra discusión que debemos ter no despacho e non aquí. Se vostede me permite. Mire vostede, o único que debo desexar como Presidente, o único que debo desexar como Presidente, é axudarlle o Sr. alcalde de Cangas calquera que sexa a súa cor a resolver na medida dos temas, na medida do posible os problemas. Por iso me doeu un pouco o que dixo antes referíndose, bo, pois a un señor que pode ser dun partido, do meu partido, e está adoptando unha actitude pouco correcta, que non no sei, cando el sabe que eu o chamei, chameino, pedinlle que asistira a unha reunión co Gobernador Civil, e pedinlle encarecidamente que colaborara dende o punto de vista institucional co Sr. Alcalde porque nada ganaba a miña opción política tampouco con esa situación. Esta é a verdade, ou sexa, que estou xogando limpo, e espero niso. Como vostede pode comprender que podo ganar eu como Presidente contribuíndo a que este señor teña dificultades de Tesourería, que por outra parte ó mellor outra administración de rango superior lle pode axudar nun momento deses. Ningún, pero insístolle que o Sr. Depositario en principio díxome que el non libraba eses fondos e que estaba intentando encontrar unha fórmula. Aquí teño dous informes contrarios. Convoco a vostede como voceiro e o propio Sr. alcalde - Deputado de Cangas se queren o luns da semana que ven, pero xa o luns, a unha xuntanza para intentar buscar unha solución e pedir un préstamo dese tipo. Un anticipo a unha entidade bancaria de Pontevedra, iso leva vintecatro horas. Sr. Gallego Lomba.- Presidente, aceptamos a invitación. Sr. Presidente.- Gracias. Entón que quede clara a miña postura. Sometemos a votación, bo, xa está sometido. Dáse conta de proxecto de contrato de Tesourería a concertar co Banco de Crédito Local de España, por importe de OITOCENTOS MILLÓNS DE PESETAS (800.000.000), (crédito a curto prazo nº 30/367000), coa finalidade de atender ó pago dos anticipos ós Concellos a conta das liquidacións dos impostos municipais, e o tipo de interese é do 11,75% nominal anual, sendo o interese efectivo anual (TAE) do 12,2779% e a comisión de disponibilidade do 0,15%, cantidade non disposta do crédito. O recurso afectado é o 50% da participación extraordinaria nos Impostos do Estado, compensatoria dos ingresos por canon de enerxía eléctrica e recargos provinciais sobre o Imposto de Tráfico de Empresas e Impostos especiais, xa afectado en garantía de operacións anteriormente formalizadas co Banco, ou calquera outro recurso que os sustituía. Dase conta asímesmo do informe da Intervención de Fondos, que o emite en sentido favorable. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía e persoal, acorda cos votos en contra do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aproba-lo devandito proxecto de contrato de Tesourería co Banco de Crédito Local de España, polo importe de OITOCENTOS MILLÓNS DE PESETAS (800.000.000), facultando o Ilmo. Sr. Presidente para a firma do mesmo e cantas actuacións sexan necesarias, e as cláusulas son as que a continuación se transcriben: DOCUMENTO PARA LA FORMALIZACIÓN DE UN CRÉDITO A CORTO PLAZO POR IMPORTE DE 800.000.000 DE PESETAS, CON LA EXCMA. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA REUNIDOS De una parte, el Excmo. Sr. D. Andrés García de la Riva Sanchiz, mayor de edad, vecino de Madrid, con Documento Nacional de Identidad número 19.377.468, como Presidente y en nombre y representación del Banco de Crédito Local de España Y de otra, el Ilmo. Sr. D. José Cuiña Crespo, mayor de edad, vecino de Pontevedra, con Documento Nacional de Identidad número 12.313.110, como Presidente y en nombre y representación de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Se reconocen ambas partes la capacidad legal necesaria para concertar por medio del presente documento un crédito a corto plazo de acuerdo con las siguientes C L A U S U L A S: PRIMERA.- El Banco de Crédito Local de España (en lo sucesivo el Banco) concede un crédito a la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra (en lo sucesivo la Diputación), por un importe límite de 800.000.000 de pesetas, para anticipo parcial de las liquidaciones de los Impuestos Municipales cuya recaudación le haya sido encomendada por los ayuntamientos de su respectiva demarcación territorial. SEGUNDA.- Para el desarrollo de este crédito se procederá primeramente a la apertura de una cuenta denominada "Cuenta de Crédito-Anticipo recaudación Impuestos Municipales". En dicha cuenta el Banco adeudará mensualmente las cantidades que la Diputación ordene abonar a los Ayuntamientos indicados en la cláusula primera, en ejecución de los Convenios suscritos con éstos, mediante: a) Traspasos a las cuentas corrientes de dichos Ayuntamientos abiertas en el Banco. b) Transferencias, en supuestos excepcionales, a las cuentas que justifiquen tener abiertas los citados Ayuntamientos en otras Instituciones financieras. Dichos traspasos o transferencias se efectuarán de conformidad con lo indicado por la Diputación en la relación que como anexo número 1 se unirá al documento de formalización del crédito, y que será de aplicación durante toda la vigencia del mismo, salvo que dicha relación se sustituya por la Diputación por otra posterior que remitida al efecto al Banco se unirá también al citado documento y dejará sin efecto a la anteriormente unida. Asimismo se abonarán en dicha cuenta las cantidades que ingrese periódicamente la Diputación procedentes de la recaudación de los Impuestos que se anticipan. TERCERA.- El interés que devengarán los saldos deudores de esta cuenta dentro del límite del crédito será del 11,75% nominal anual y los saldos que autorizados por el Banco excedan de dicho límite, devengarán el 17% también nominal anual. Además, en su caso, se devengará una comisión de disponibilidad del 0,15% nominal anual, sobre las cantidades no dispuestas del crédito concedido. El tipo de interés efectivo anual (TAE) correspondiente a esta operación es del 12,2779% y la fórmula utilizada para obtener dicha equivalencia se especifica en el anexo 2 de este contrato. Los intereses se devengarán por días y su importe se calculará aplicando al tipo de interés nominal anual por los días de cada saldo dispuesto, en el periodo liquidado, sobre la base de días naturales del año de que se trate. Asimismo la comisión de disponibilidad se devengará por días y su importe se calculará aplicando la misma sobre los saldos diarios no dispuestos en el periodo liquidado sobre la base de días naturales del año de que se trate. Dichas condiciones financieras podrán modificarse en razón de las variaciones que con carácter general se establezcan en las de aplicación por el Banco a estas operaciones. La Diputación habrá de prestar su conformidad con anterioridad al primer vencimiento trimestral siguiente a la notificación por el Banco de la modificación de las condiciones financieras. Caso de producirse esta modificación la Diputación podrá, si no estuviera conforme con la misma, rembolsar el importe debido. Dicha operación de reembolso deberá ser comunicada en el plazo máximo de quince días desde la fecha de recepción de la comunicación de la modificación y deberá efectuarse dentro de los treinta días siguientes a partir de aquella fecha de recepción. CUARTA.- Los saldos acreedores, en su caso, que se pudieran producir en la cuenta de que se trata, se traspasarán automáticamente a la cuenta corriente abierta en el Banco a nombre de la Diputación. QUINTA.- La liquidación de intereses y comisión sobre los saldos deudores de la cuenta o excedidos del límite de la misma se efectuará el último día de cada trimestre natural, en cuya fecha su importe neto se considerará vencido para su reembolso inmediato, mediante adeudo en la citada cuenta corriente. La liquidación será notificada a la Diputación, para su comprobación y demás efectos. SEXTA.- Este crédito deberá amortizarse como máximo el día 31 de diciembre de 1989. El saldo de dicho crédito se cargará en la cuenta corriente a que se ha hecho mención en la cláusula anterior. SÉPTIMA.- El Banco es considerado acreedor preferente de la Diputación por razón de este crédito, sus intereses, comisión, gastos y cuanto le sea debido y en garantía de su reintegro, afecta y grava de un modo especial los ingresos que produzca el recurso que se expresa a continuación, asimismo afectado en garantía de operaciones anteriormente formalizadas con el Banco. Dicho recurso es: -50% de la Participación extraordinaria en los Impuestos del Estado, compensatoria de los ingresos por canon de energía eléctrica y recargos provinciales sobre el impuesto de tráfico de empresas e impuestos especiales, o cualquier otro recurso que la sustituya. Con referencia a estos ingresos, la representación de la Diputación declara que se hallan libres de toda carga o gravamen, a excepción de las ya indicadas, constituyendo una garantía de carácter preferente en favor del Banco. Dichos ingresos se abonarán en la citada cuenta corriente abierta en el Banco a nombre de la Diputación. OCTAVA.- La demora en el pago a sus respectivos vencimientos de las cantidades que por intereses, comisiones y, en su caso, amortización, haya de satisfacer la Diputación al Banco en virtud de este contrato devengarán día a día, el tipo de interés de demora del 17% nominal anual aplicado durante los días del período de liquidación y sobre la base de los días naturales del año de que se trate, adeudándose asimismo en la anteriormente citada cuenta corriente abierta en el Banco a nombre de la Diputación, mediante liquidaciones a practicar en el último día de cada trimestre o en la fecha en que exista saldo en la mencionada cuenta corriente. Los intereses de demora líquidos, devengados, vencidos y no satisfechos al final de cada trimestre natural se capitalizarán como aumento de capital debido, y devengarán a su vez día a día nuevos réditos al tipo de interés moratorio indicado. Las liquidaciones de intereses de demora se notificarán a la Diputación para su comprobación y demás efectos. NOVENA.- Los Jueces y Tribunales competentes para entender en cuantas cuestiones surjan a consecuencia de la interpretación de este contrato serán los de Madrid. DÉCIMA.- Este documento privado podrá ser elevado a escritura pública, siendo a cargo de la Diputación el pago de los gastos que se originen. Y en prueba de conformidad firman el presente documento, por duplicado y a un sólo efecto, en el lugar y fecha antes indicados. ------ Folla: 41 13.2379.- APROBACIÓN DA "ACTUALIZACIÓN DE PREZOS DO PROXECTO DE PONTE SOBRE O RÍO ULLA ENTRE SINDE E SAN MIGUEL DE BARCALA" Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Algún voto en contra? ¿Algunha abstención? Aprobado por unanimidade. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade, aproba-lo proxecto de "Actualización de prezos do proxecto de Ponte sobre o Río Ulla entre Sinde e San Miguel de Barcala", polo seu importe total de SETENTAS E SEIS MILLÓNS SEISCENTAS CORENTA E NOVE MIL OITOCENTAS CINCUENTA E CINCO PTS (76.649.855), do que resulta un presuposto adicional de VINTETRES MILLÓNS SETECENTAS CINCO MIL DUASCENTAS CINCUENTA E SEIS PTS (23.705.256). Como pola Intervención de Fondos infórmase que existe consignación suficiente para estas obras, que se levarán a cabo con aportación do 50% do presuposto as Deputacións. Provinciais de Pontevedra e A Coruña, acórdase anuncia-la contratación destas obras por concurso e con arreglo as mesmas bases que foron aprobadas pola Corporación Provincial en sesión de 26 de febreiro de 1988, e con arreglo ó Convenio formalizado por ambas Deputacións o 28 de decembro de 1987. ------ Folla: 41,42 14.2380.- PETICIÓN DE AUMENTO DE SUBVENCIÓN E HABILITACIÓN DE CRÉDITOS PARA REALIZACIÓN DA ENQUISA SOBRE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTO LOCAL Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Algún voto en contra? ¿Algunha abstención? Aprobado por unanimidade. Resultando que pola Dirección Xeral de Análises Económico- Territorial concédese unha subvención de CATRO MILLÓNS DUASCENTAS SESENTA E DÚAS MIL PESETAS (4.262.000) coa que facer fronte ós gastos de actualización e ampliación ós Municipios de máis de 20.000 habitantes da enquisa sobre infraestructura e equipamento local. Considerando que pola comisión informativa de sanidade, urbanismo, vivenda e medio ambiente estimouse moi escasa a devandita axuda para realización duns traballos que se estiman de contía algo superior ós VINTE MILLÓNS DE PTS (20.000.000), e que na primeira fase de dita enquisa a aportación estatal foi da orde do 60%, e dado que non existe consignación presupostaria para poder proceder a súa contratación. O Pleno acorda por unanimidade, o seguinte: 1º.- Solicitar da Dirección Xeral de Análises Económico - Territorial do Ministerio para as Administracións Públicas un aumento da subvención concedida na contía de CATRO MILLÓNS DUASCENTAS SESENTA E DÚAS MIL PTS (4.262.000). 2º.- Habilitar no Presuposto Provincial vixente unha consignación de VINTE MILLÓNS DE PTS (20.000.000) co cal facer fronte, xunto coa subvención estatal, ós gastos de actuación e ampliación da enquisa, de forma que se poida proceder á súa contratación. ------ Folla: 42,43 15.2381.- CONVOCATORIAS PÚBLICAS DE FUNCIONARIOS DE CARREIRA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA ADSCRIBIR AS XEFATURAS DE SECCIÓN DE PERSOAL E DE CONTRATACIÓN, FACENDA E PATRIMONIO, A TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL QUE REÚNA IDONEIDADE PARA ELO. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Brevisimamente tamén Sr. Presidente. E habitual e eu que conste que estou de acordo en ler nos xornais intervencións no Congreso dos Deputados de Portavoces de diversos Grupos Políticos, entre outros os seus, que critican sistematicamente e con moita razón a política que se leva no Goberno Central dende a aprobación da Lei de Medidas para a Reforma da Función Pública de invertilo que é a lóxica administrativa normal, é dicir, en vez de utilizarse o concurso de méritos para prove-los postos de traballo o sistema xeral é a libre designación. E a libre designación da lugar a unha serie de consecuencias perigosas. En primeiro lugar supón a negación do principio de carreira administrativa, e a plena profesionalización da función pública. En segundo lugar, xenera inestabilidade, polo que vostede sabe e ben se preocupan de ...vamos a esperar un momento a ver si o Sr..... Sr. Presidente.- Por favor, Sres. Deputados, prégolles silencio. Sr. Costas Abreu.- ...xenera inestabilidade porque unha persoa libremente designada é libremente removible e quéirase ou non a conveniente independencia e neutralidade dos funcionarios ás veces vese condicionada por este tipo de feitos. O que non entra polo aro pode ser removido e isto é un perigo real e os que vivimos na Administración sabemos que funciona así e ademais dado o sectarismo que moitas veces predomina. Bo, pois o curioso do caso é que para dúas Xefaturas de Sección que aquí se nos traen, que non son dun nivel elevadísimo porque é un complemento de destino 24, vostedes elixen o sistema de libre designación. Intentan encubrilo cunha especie de méritos que non serven para nada, porque a libre designación se caracteriza porque non existe ningún baremo de méritos, vostede designa a quen queira. E nada máis, e o certo é que con todo hai que dicir que isto supón un paso adiante en relación coa situación anterior incluso coa situación xeral aquí, porque vostede está trasladando libremente a quen quere para onde quere e como quere. E iso xa se sae de tódolos marcos legais positivos. Como comprenderá vostede eu intento ser un pouco máis coherente que o seu Grupo, non critico en ningún lado o que fago no outro, son partidario de prover por concurso de méritos tódolos postos, desde a Secretaría á Intervención como xa está establecido legalmente gracias a que algúns Secretarios recurriron determinados nomeamentos francamente raros e como cidadán de Vigo, funcionario e Concelleiro son sufrido paciente dun deles, ata os máis baixos e creo que isto é o que se debería facer aquí e se debería avanzar neste camiño. Non creo que vostede gane nada con prever mecanismos de libre designación ademais cando non foron establecidos cando legalmente procedía e eu llo advertín cando se aprobaron os Presupostos. A Lei di que este é o sistema normal, vostedes non poden prover por libre designación porque así non figura na relación de postos de traballo. Vostedes verán o que tan que teñen votos para facer de todo, como din os ingleses, que pode facer o Parlamento menos cambia-los homes e mulleres, pero bo, indo a Casa Branca e pagando a viaxe igual tamén poden chegar a iso. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas. Sr. Valverde. Sr. Valverde Soto.- Si, Sr. Presidente. Eu é para facer unha pequena matización. Creo que na Acta da Comisión de Economía e Persoal, voltou o Sr. Lage a formar parte do CDS E me parece que non é así. Unicamente que el diga o contrario, porque lendo a acta di o Sr. Lage. Polo tanto que se rectifique iso. Aí di Sr. Lage do CDS. Sr. Presidente.- Sr. Laxe ou Lage. Sr. Valverde Soto.- Perdón, chameille Laxe ... Sr. Presidente.- Porque un día chameille Laxe e molestou- se. El quere seguir sendo Lage. . Sr. Valverde Soto.- Lage, Lage. Sr. Presidente.- De acordo, paréceme unha corrección importante. En canto ó Sr. Costas eu nunca poño en dúbida os seus fondos coñecementos nesta materia e noutras pero en todo caso o que si lle digo é que aquí diremo-los plantexamentos normalmente tráense con asesoramento das persoas que entendemos que están capacitadas e que están aquí por oposición, como é o ca- so do Sr. Secretario, Asesor Xurídico da Corporación, do Sr. Interventor, etc. E eu aínda nunca fixen nada importante que non estivera perfectamente asesorado. O que non sei o que me pode quedar a dúbida é que estivera perfectamente ben asesorado, pero desde logo asesorado, e polo tanto este e un punto máis dos que falamos moitas veces nos que hai discrepancia, eu respeto o que vostede di, ás veces, incluso me entra unha certa preocupación pero eu asegúrolle que actuamos con absoluta información. Malo sería que estiveramos actuando con mala información. E o de que cambia non cambio, eu creo que non cambio tanto. Algún movemento de vez en cando, pero eu creo que é bo para levar aire fresco ou como diría vostede ou aire novo a algún sitio e evita-lo viciado. Nada máis. Así que sometemos a votación o punto 15. ¿Votos en contra? Sr. Secretario.- Sr. Costas. Sr. Presidente.- ¿Abstencións?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage. Sr. Presidente.- Queda aprobado por maioría. Préstase co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e as abstencións do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez, (Grupo Mixto), aprobación á Convocatoria pública entre funcionarios de carreira desta Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, da Subescala de Técnicos d.e Administración Xeral, para provistar, polo sistema de libre designación do artigo, 20.1.b) da Lei 30/84, de 2 de agosto e Lei 23/88, de 28 de xullo, o "posto de traballo de Xefe da Sección de Contratación, Facenda e Patrimonio", co nivel de complemento de destino 24. Tamén se presta aprobación ás correspondentes Bases. Daráselle á Convocatoria a publicidade regulamentaria nos idiomas Galego e Castelán. Asímesmo préstase aprobación co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e as abstencións do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), á Convocatoria pública entre funcionarios de carreira da Excma. Deputación de Pontevedra, da Subescala de Técnicos de Administración Xeral, para provistar, polo sistema de libre designación do artigo 20-1-b) da Lei 30/84, de 2 de agosto e Lei 23/88 de 28 de xullo, o "posto de traballo de Xefe da Sección de Persoal", co nivel de complemento de destino 24. Tamén se presta aprobación ás correspondentes Bases. Daráselle a Convocatoria a publicidade regulamentaria nos idiomas Galego e Castelán. ------ Folla: 43,44 16.2382.- CONVOCATORIA, BASES E PROGRAMA PARA PROVISTAR CON FUNCIONARIOS DE CARREIRA PRAZAS VACANTES NO PLANTEL DE FUNCIONARIOS. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Gallego Lomba? Sr. Gallego Lomba.- Unha vez mais Presidente a base IV do tribunal cualificador, pois nos pedimos unha vez mais que estea presente no Tribunal un membro da oposición e un membro da Comisión de Persoal. Sr. Presidente.- A min encantaríame facelo, sería incluso lóxico, pero parece tamén claro que Administracións de rango superior que son as que nos deben dar exemplo fixéranmo. Cando o fagan elas eu asegúrolle que non tardo un minuto en facelo nós. E non é unha cuestión de entrar en polémicas. Creo que non é, é dicir, estaría de acordo pero cando o faga por exemplo o INSALUD e cousas así. Sr. Gallego Lomba.- Presidente, estamos na Deputación Provincial de Pontevedra. Sr. Presidente.- Ah, non, pero perdoe, pero non vivimos noutro mundo de momento. Vivimos na mesma galaxia cando menos e nós creo que debemos recibi-lo exemplo de Administracións superiores. Eu nese sentido sempre serei disciplinado, humilde servidor e fiel a un na medida en que poida, pero claro. Sr. Gallego Lomba.- Hai Administracións que o fan Sr. Presidente. Sr. Presidente.- De acordo. Non coñezo ningún caso, pero vamos. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Brevisimamente Sr. Presidente. Eu como fago en xeral non podo votar a favor desta Convocatoria, simplemente porque se obvia algo do que aquí xa se mencionou. A cuestión da representación do persoal, e incluso da representación dentro dos Deputados que forman parte dos Tribunais examinadores, alguén que non sexa do Grupo de Goberno, e ademáis no caso concreto este, e eu tódalas observacións que habitualmente lles fago sen moito éxito. ...Co persoal ó servicio das Administracións Sanitarias é necesario esixir preceptivamente o coñecemento dos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma pola simple e elemental razón de que os cidadáns que van ser atendidos teñen dereito a ser atendidos no seu idioma e hai moitos cidadáns galego-falantes neste país. Como vostedes non fan isto senón que seguen empeñados en reduci-la cuestión do galego a un exame voluntario como .si fora de inglés ou chino mandarín, pois non podo votar a favor. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas. Eu aquí en todo caso por unha cuestión simplemente de sentido común, entendo que se vostede mañá que está solteiro e Deus o deixe casar, se casa cunha catalana e pasado mañá hai aquí unha oposición eu entendo que debe telo dereito a participar. E que despois, na Institución, neste caso a Corporación, a Deputación Provincial se " trate de ir perfeccionando con cursiños, como agora se ven facendo co galego, pero paréceme demasiado discriminatorio e iso xa sería ir, bo, pois demasiado lonxe, non. Eu penso que a Normalización Lingüística, estou totalmente de acordo que é conveniente, pero tampouco o de xa, cuestionar que un señor porque non saiba o galego se presenta a unha oposición, non poida participar, paréceme discriminatorio. Persoalmente. E sabe vostede que ten un apoio en min importante nos temas da Normalización. Sr. Costas Abreu.- Voulle contestar moi brevemente Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Que non se vai casar. Sr. Costas Abreu.- Pero voulle por aí non se preocupe. Pese a que vostede representa teoricamente a opinión máis aberta neste asunto do seu Grupo, ás veces me recorda a historia aquela do portugués que se asombraba de que os nenos franceses souberan falar francés con tan poucos anos, e por aí é o asunto. Eu cando era máis novo que tiña moza, algunha delas non era de por aquí, aprendeu galego e non pasou nada, é bastante fácil e ademais vostede e eu e quen sexa dámoslle un cursiño rápido, moza, mozo, amigo ou curmán e tampouco é tan difícil porque ó cabo todos falamos o mesmo latín macarrónico ...espere que acabo home. Pero é que ademais eu lles propuxen unha fórmula concreta que valoraba correctamente o galego e o castelán e non impedía que a xente se presentara nin iso era un obstáculo eliminatorio, sen embargo, ...díxenllo, fágase un exame de coñecemento de idiomas oficiais e xa está, acabouse a historia aínda que veña de Tomboctú se sabe falar castelán ou galego digamos que ten bastante fácil aprobar e ademais se valora correctamente e se empeza a sentar unha pauta para o futuro. E fácil de arranxar como ve. Non é un problema de que eu me obceque en nada. Polo demais se vostede vai a Francia ou a calquera outro sitio que teña o seu correspondente idioma oficial, sabe que debe dotarse dese coñecemento e o galego non é tan difícil, para aprenderse euskera hai que estar seis meses de internado pero aprender galego, en fin, cuns mínimos coñecementos é bastante doado, afortunadamente. Sr. Presidente.- Ben, eu de todo o que lle oín estou de acordo nunha cousa, que en cuestións de amor o idioma é o de menos. E sometemos a votación o punto. Punto 16, ¿votos en contra? Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage e Sr. Costas. Sr. Presidente.- ¿Abstencións? Aprobado por maioría. Préstase aprobación cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG) , á Convocatoria e Bases para cubrir con funcionarios de carreira unha praza vacante no Plantel de Funcionarios, de Axudante Sanitario, e que figura incluída na Oferta Pública de Emprego 1989. A citada praza está integrada no Grupo E do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, e clasificada na Escala de Administración Especial, Subescala Servicios Especiais, Clase Persoal de Oficios, de referencia ó índice de proporcionalidade 3, coeficiente 1,5. Daráselle a convocatoria a publicidade regulamentaria nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 44,45 17.2383.- PROPOSTA DE ACORDO REFERENTE A MANIFESTO-PETICIÓN OS GOBERNOS NACIONAIS, EXHORTÁNDOLLES PARA RESOLVE-LAS DIFERENCIAS QUE OS SEPARAN, IMPULSANDO A CONSTRUCCIÓN DE EUROPA. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Algún voto en contra? ¿Algunha abstención? Aprobado por unanimidade. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Persoal acorda, por unanimidade, o seguinte: CONSIDERANDO que os Estados nacionais, individualmente, non sempre foron capaces de atopar solucións adecuadas ós desafíos do mundo contemporáneo; CONSIDERANDO que a Comunidade Europea, despois de contribuir ó establecemento de relacións pacíficas, novas e duradeiras entre os países e os pobos de Europa, relanzou o crecemento económico, instaurou unha cooperación máis estreita cos países do Terceiro Mundo menos desenrolados, pero non logrou, 30 anos despois da súa creación, realiza-los obxectivos do Tratado de Roma; non puido tampouco obter novas competencias no concerniente a unha política común de desenrolo tecnolóxico, á protección do emprego e á creación dun auténtico espacio social europeo, así como no referente á cultura e seguridade; CONSIDERANDO que é cada vez máis urxente transforma-la Comunidade Económica nunha verdadeira entidade política solidaria; CONSIDERANDO que os xefes de Estado e de Goberno afirmaron solemnemente e recordaron en numerosas ocasións a súa vontade de transforma-la Comunidade en Unión Europea, pero en cada ocasión as súas resolucións quedaron en letra morta, ou non foron aplicadas senón mediante disposicións parciais, tales como a Acta Unica adotada o 3 de decembro de 1985 en Luxemburgo; CONSIDERANDO que a Acta Unica, que representa a pesar de todo un avance positivo e importante, fixa a consecución do gran Mercado Unico Europeo para o ano 1992, cando segundo o Tratado de Roma debera quedar xa constituído en 1970, e que nembargantes non proporciona ás institucións comunitarias -Consello de Ministros, Comisión Europea, Parlamento Europeo- os medios indispensables para alcanzalo; CONSIDERANDO que, especialmente nos aspectos monetarios e institucionais, no da reforma agraria, no do establecemento dunha política industrial común e dunha política de ordenación do territorio europeo, non se prevé actualmente ningunha nova etapa que faga creíble o prazo de 1992; SOLICITAMOS que, paralelamente ás disposicións que deban toma-los Estados membros no concerniente á armonización dos seus sistemas fiscais, as súas lexislacións sociais e a súa política de reequilibrio rexional, déselle ó Parlamento Europeo, a partir da súa vindeira lexislatura que se inicia en xuño de 1989, o mandato de elabora-lo Tratado de Unión Europea, habida conta do proxecto xa adoptado o 14 de febreiro de 1984, así como de tódolos novos elementos que puidesen ser obtidos desde entón, ou que poden ser obtidos, dos parlamentos e dos gobernos dos Estados nacionais para asegura-lo máis amplio consenso posible. Esta tarea confiada oficialmente ó Parlamento Europeo deberá pois ser considerada por tódalas forzas políticas democráticas de Europa como centro das súas campañas para as eleccións europeas de 1989. Comprometémonos a participar activamente nesta campaña para informar ós cidadáns e obte-la súa adhesión. ------ Folla: 45 18.2384.- RECTIFICACIÓN, NO SEU CASO, DE ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO, DE 6 DOS CORRENTES, SOBRE PROVISIÓN DE 2 PRAZAS DE RECABADORES DE TRIBUTOS LOCAIS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Abstención Grupo Socialista. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage, Sr. Costas. Sr. Presidente.- Grupo Socialista, incluído el Sr. Lage que parece que está en ese Grupo. Sr. Secretario.- ¿El Sr. Costas?. Sr. Lage Rodríguez.- Sr. Presidente, por alusións. Non mo permite o Regulamento desta Cámara. Sr. Presidente.- Ah, ¿que ten que votar vostede aparte?. O Regulamento ímolo tocar despois. Espera vostede cinco minutos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Persoal, o Pleno e con carácter de urxencia, acorda coas abstencións do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), acepta-la proposta do Sr. Tesoureiro Provincial, en orde a dous erros de feito que se sufriron na Convocatoria do concurso para a provisión en propiedade das prazas de Recadadores das Zonas catro (Ponteareas-Tui) e número cinco (Vigo), que se concretan na Base VI da propia Convocatoria, pois donde se di precios, hai que entender, e así debe dicir premios; e donde se di cargo líquido debe dicir, e así se rectifica, ingreso líquido, publicándose esta rectificación, na forma que aparece na proposta, no B.O. da Provincia de Pontevedra, por un prazo de 10 días, ós conseguintes efectos legais, e nos términos que tamén se recollen na Base IX da Convocatoria. ------ Folla: 45 19.2385.- NOVA VALORACIÓN E CATALOGACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DO PLANTEL DE FUNCIONARIOS Sr. Presidente.- ¿A1gunha intervención? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, bo en primeiro lugar a min chámame a atención pero eu non vin por aí nin recordo que haxa dictame de Comisión Informativa nin dende logo da representación do persoal desta Deputación. De todas formas voulles votar a favor por unha simple razón e é que o posto se vai prever por concurso de méritos para que vexa que eu son moi coherente. Sr. Presidente.- Pois, moitas gracias, eu que e podo dicir. Entón sometemos a votación o punto 19. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Grupo Socialista. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage. A vista do actual plantel ideal e os seu s correspondentes postos de traballo, como en observación do artigo 3º do R.D. 861/86, de 25 de abril e demais Normas concordantes; o Pleno da Excma. Corporación Provincial acorda, coas abstencións do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto): a) O posto de traballo de Administrativo de Admón. Xeral, nº 296 adscrito ó Servicio de Vías e Obras Provinciais, determínase e conceptúase en Xefatura de Negociado, co nivel de complemento de destino 18, con efectos de l º de abril de 1989. b) Pola Sección de Persoal tramitarase convocatoria de Concurso de méritos entre funcionarios de carreira desta Excma. Deputación, da Subescala de Administrativos de Admón xera1, para a adscripción ó citado posto dun funcionario idóneo e que reúna máis méritos. Todo e, conforme co artigo 20- 1- a) da Lei 30/84, de 2 de agosto e Lei 23/88, de 28 de xullo. c) Transitoriamente, e mentras o concurso de méritos non sexa resolto, a indicada xefatura do negociado será desempeñada por Dona Manuela Oubiña Oubiña, cos dereitos e deberes que a mesma leva consigo, e efectos de 01-04-89. ------ Folla: 45,46 20.2386.- INSTALACIÓN DE UNA CLÍNICA FORENSE E INSTITUTO MEDICO FORENSE EN EL HOSPITAL PROVINCIAL Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Non hai intervencións no punto 20? ¿Algún voto en contra, algunha abstención? Aprobado por unanimidade. el Pleno, de conformidad con el dictamen de la Comisión Informativa de Economía y Personal acuerda, por unanimidad, poner a disposición del Ministerio de Justicia para la utilización por parte de este Organismo del Estado como Clínica Forense e Instituto Anatómico Forense, y posteriormente, como Instituto Provincial de Medicina Legal, los locales del Hospital Provincial de Pontevedra sitos en el Pabellón del Velatorio y Sala de Necropsias planta baja, de una superficie aproximada de 300 metros cuadrados, de los que unos 200 metros cuadrados que actualmente cubren el servicio de Velatorio y Sala de Autopsias se destinarán a Instituto, y unos 100, también aproximados, a Clínica. Esta utilización estará sujeta a los siguientes requisitos o condicionamientos: 1.- La utilización por parte de los organismos del Ministerio de Justicia será a título gratuito, sin pago de contraprestación económica alguna. 2.- Los medios materiales y personales para el desarrollo de la actividad, serán puestos por el Ministerio de Justicia, siendo a cargo de este Organismo los gastos que se deriven de los mismos, incluido un celador mozo de autopsias. 3.- La ocupación se permite por un período máximo de veinticinco años. No obstante lo anterior podrá continuarse la ocupación, prorrogándose por la tácita, si no hay preaviso al menos con tres meses de antelación por cualquiera de las partes. 4.- El Ministerio de Justicia se compromete a facilitar los medios precisos para que la enseñanza y prácticas médicas del Hospital Provincial puedan efectuarse en los expresados locales. 5.- Asimismo se suministrará al Hospital Provincial toda aquella información científica precisa, con el fin de incrementar su banco de datos. 6.- La utilización de los locales destinados a Instituto Anatómico Forense será conjunta, es decir se efectuará indistintamente por el Hospital Provincial y por el Ministerio de Justicia. ------ Folla: 46 21.2387.- SOLICITUDE DE AXUDA ECONÓMICA A XUNTA DE GALICIA PARA OBRAS NA CIDADE INFANTIL - PRÍNCIPE FELIPE Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Algún voto en contra? ¿Algunha abstención? Deben vir hoxe moi ben as cousas porque case non hai intervencións. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage. Queda enterado e ratifica, coas abstencións do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), o Pleno da Corporación Provincial acordo adoptado pola Comisión de Goberno na súa sesión celebrada o día 6 de marzo de 1989 que textualmente di: De conformidade coa proposta formulada pola Administración da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", acórdase solicitar da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, e ó amparo do disposto na orde de 24-01-89, pola que se convocan axudas para mantemento, promoción de actividades e investimentos destinados á prestación de servicios sociais polas Corporacións Locais, as seguintes axudas: 1.- Para presuposto técnico de obra de renovación das conduccións xerais de calefacción e auga quente sanitaria que abastecen ós distintos centros da Cidade Infantil por importe de CATORCE MILLÓNS TRESCENTAS SESENTA E DÚAS MIL OITOCENTAS OITENTA PESETAS (14.362.880). 2.- Dotación de mobiliario para os distintos centros de internado da Cidade Infantil por importe de CINCO MILLÓNS SEISCENTAS SETENTA E SEIS MIL SETECENTAS VINTEUNHA PESETAS (5.676.721). ------ Folla: 46 22.2388.- CONVENIO CON IMECOSA PARA A ASISTENCIA SANITARIA DE FUNCIONARIOS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- a punto 22 retíroo, co permiso do Sr. Presidente da Comisión da arde do Día para facer un estudio económico exhaustivo do custe de IMECOSA nese caso ou o do que sería a Seguridade Social. a prazo prolóngase, pídese prórroga. Creo que isto merece un estudio, persoalmente eu teño unha idea coincidente neste tema coa oposición ecos traballadores maioritarios desta Deputación. Pero en todo caso de momento retirámolo e vámolo a analizar máis a fondo. Gracias Sr. Presidente. De acordo, que máis da. Retírase este asunto da arde do Día coa finalidade de facer un estudio económico dos gastos que se derivarían dun convenio con IMECOSA ou outra Entidade para a asistencia sanitaria de funcionarios provinciais, e mentres tanto solicitarase pola Presidencia unha prórroga para a continuación da prestación do servicio pola entidade citada. ------ Folla: 46,50 23.2389.- CREACIÓN DE POSTO DE TRABALLO NO CADRO LABORAL. Sr. Presidente.- Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, dicía vostede que aprobabámo-los outros temas porque viñan moi ben, aprobámolos porque somos bos, aínda que haxa pequenos defectos pois facemos a vista gorda, pero neste que xa non, ... Sr. Presidente.- Non pode pasar. Sr. Costas Abreu.- E moi difícil, porque é que non se entende simplemente. Eu creo que aquí hai unha confusión entre o que se chama contratos eventuais, é dicir, contratos temporais por un lado e por outra parte o persoal eventual. Creo que son dúas cousas distintas e que aquí hai un lapsus. Voullo formular en términos escolásticos. Sr. Presidente.- Fágao, fágao. Sr. Costas Abreu.- Non se preocupe que non vou dispersa-la súa atención, espero. Sr. Presidente.- Sr. Costas pode seguir vostede e se quere vote primeiro un pitillo pero ... Sr. Costas Abreu.- Nada, non se preocupe, ¿xa arreglou o problema? Vamos a ver, ¿que é o que pretende vostede? Nomear a quen queira como Técnico Superior, Xefe do Gabinete para Asuntos Xerais, non. Iso. Sr. Presidente.- Pode ser iso. Sr. Costas Abreu.- Máis ou menos, así para simplificar. Entón non lle faga contrato ningún. Creámo-la praza de eventual, e vostede libremente designa e cesa e cando cese vostede cesa pero aí se fala dun contrato eventual por un ano prorrogable e iso non é. Arreglen ese asunto porque a cousa senón non ten arreglo. Dende logo se é un contrato laboral non lle aceptamos que o designe libremente. Iso está claro. Sr. Presidente.- Pero, Sr. Costas. Vostede é futurólogo e é unha cousa que acabo de descubrir agora. Vostede é un home con intuición, con perspectiva de futuro. Sr. Costas Abreu.- Favor que usted me hace. Sr. Presidente.- Pero xa agora ser futurólogo e saber quen vai ser e que é ... Sr. Costas Abreu.- Estoulle preguntando. Sr. Presidente.- Perdón, eu dígolle que puidera ser, pero non estou seguro. Entón de momento quedamos a ...e despois en privado se quere vostede e máis eu analizamos esta cuestión. Pero eu en público teño que dicirlle que nós quedamos a... Non o individuo. Sr. Costas Abreu.- Voume explicar. Faga o que queira. Total poden vota-lo que queren xa lles digo. Legalmente no persoal ó servicio da Administración Local hai tres posibilidades: hai funcionarios, ou interinos para cubrir transitoriamente as prazas de funcionarios; hai contratados laborais nas súas diversas variantes, fixos, temporais, etc.; e hai unha terceira posibilidade que é a do persoal eventual de libre designación e cese que se define por ser persoal de confianza ou asesoramento especial. Dalle a un a impresión polo que le aquí, tratándose dunha Moción presentada por vostede, entre outras historias e de que fala que é persoal de confianza e que o vai nomear libremente, que se trata de persoal eventual. Si se trata de persoal eventual é persoal eventual e isto non é ningunha discusión aleatoria sobre problemas técnicos. A cousa é tan gorda como que se é un contrato laboral, se vostede o bota pois pode da-la casualidade de que teñamos que indemnizalo todos, non vostede, ¿comprende? Xa pasou algunha vez. En cambio se é persoal eventual vostede o cesa cando queira e eu creo que xa lle digo, me da a impresión, non son futurólogo, simplemente analizo os textos, me da a impresión de que vai por aí. Desde logo, ou vamos por un lado ou polo outro. Se é un contrato laboral eventual vostede ten que sacar iso a convocatoria pública necesariamente, se e persoal eventual non. Polo tanto, teñen que aclararse. Máis nada. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas. Sr. Galego. Sr. Gallego Lomba.- Son Gallego. Sr. Presidente.- Perdón. E que ás veces claro con tanta confusión Lage, Laxe, agora Gallego. Sr. Gallego Lomba. Perdoe, que conste que me saíu así. Sr. Gallego Lomba.- Vostede é moi simpático Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Non, non, perdón. E que é por culpa do Sr. Costas que está sempre esixindo a Normalización. Sr. Gallego Lomba.- Aparte de que bo, aquí traese unha modificación presupostaria porque non hai consignación no Presuposto para esta praza que vai crear. Mire Presidente non se complique a vida. Vai nomear vostede un cargo de confianza, pois, nomee un cargo de confianza, non estea con convocatoria nin nada, nomee a fulanito de tal, cóllao, chámeo, punto e nada máis. Aí tiña razón o que me precedeu na palabra antes, o compañeiro Xesús Costas, de que non se complique a vida, siga, pois mire despois non temos, facerlle o contrato por un ano prorrogable ata outro, son dous anos o que nos queda de lexislatura, pois mire, fágao así, non se complique a vida, cando queira vótao senón lle funciona, mándoo e senón sega con el. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Home, non sabe vostede o que lle agradezo esa recomendación. Outra cousa é de que estea eu seguro de que me convén. Ese e outro tema. Ese e outro asunto. Polo tanto, perdoe que non. Porque podiamos ler o informe do Secretario e entrar aquí en debate, e todos sabemos por onde van os tiros. Incluso o Sr. Costas. Ben. Sometémolo a votación. Lamento non poder. Ah, o Sr. D. Modesto Valverde. Sr. Valverde Soto.- Bo, eu quixera dicir aquí que me desminta o Sr. Presidente de Economía e Persoal. Este asunto foi retirado da orde do día. Si Señor. Retirado da orde do día o cal non quere dicir que non se trate. Sr. Presidente.- Pero volvera. Volveu. Sr. Valverde Soto.- Non, non. Estamos falando do 15 de marzo, o punto 12, retirado. Sr. Presidente.- Eu penso que volveu. Que o diga el. Sr. Valverde Soto.- ¿Cuándo? Ayer. Sr. Presidente.- ante, que vostede estaba liado comigo nese momento Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Es que me salió y por eso, que digo que tiene usted muy poco gusto liarse con el Sr. Modesto. Sr. Presidente.- Usted sabe en que términos lo hago. Yo nunca encabezaré una lista de gais y él lo sabe también. Sr. Nieto Figueroa.- Yo no estaba en la reunión. Sr. Presidente.- Con todo el respeto para ellos y a lo mejor también lo saben en Vigo Sr. Nieto Figueroa. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- A ver espere, que eu ademais quería falar máis. Acláreme ese punto. ¿Que votan? Eu quero sabe-lo que voto. Si votamos a creación dunha praza de eventual ou un contrato. Sr. Presidente.- Bo, ímosllo a explicar. Léalle o dictame da Comisión e o informe do Sr. Secretario para que a vostede lle quede claro. Textualmente que quede grabado. O que non vai saber é a quen vota, iso si que non no sabe. Sr. Secretario.- Propuesta de acuerdo. A la vista de la Moción presentada por el Ilmo. Sr. Presidente con fecha 15 del corriente mes de marzo que obra unido al expediente y con fundamento en los preceptos jurídicos que en el mismo se recogen el Pleno adopta el siguiente acuerdo: 1.- Se crea un Gabinete para Asuntos Generales de la Presidencia de carácter administrativo cuyo Jefe será designado libremente por éste y como personal de su confianza. 2.- Se crea en el cuadro laboral un puesto de trabajo de carácter eventual al que será adscrito el técnico que desempeñe la Jefatura del Gabinete citado. Denominación del puesto: Técnico Superior Jefe del Gabinete para Asuntos Generales de la Presidencia de carácter administrativo. Nivel de titulación, Licenciado en Derecho. El titular del puesto como persona de confianza de la Presidencia dependerá directamente de ésta. Dotación anual: cuatro millones doscientas mil pesetas a percibir en catorce mensualidades, esto es, trescientas mil pesetas brutas. El Técnico Superior contratado eventualmente con la categoría de Jefe tendrá dedicación plena en horario que le fije la Presidencia siendo su trabajo incompatible con cualquier otra actividad ajena a esta Diputación pública o privada y por ello mientras figure como contratado su retribución incompatible con cualquier otra o con percibo de pensión de jubilación en su caso. 3.- El contrato se formalizará por la Presidencia con el Técnico designado por término de un año que puede ser prorrogado por un año más si ambas partes y de mutuo acuerdo así lo deciden. Como requisito previo a la contratación se hará la oferta pública correspondiente por plazo de diez días naturales. Los aspirantes acompañarán a la solicitud su curriculum vitae y acreditarán conocimientos y experiencia en materia de Administración Local sobre todo en cargos que impliquen Jefaturas de nivel 24 o superior. Será de aplicación el Real Decreto 1382/86 de 1º de agosto y normas concordantes en Régimen Laboral. 4.- A la vista de los expedientes la Comisión Informativa de Personal elevará una terna a la Presidencia quién adscribirá al puesto de trabajo citado al aspirante que considere más idóneo, que como personal de su confianza y por ello de libre designación. Se faculta a la Presidencia para la ejecución de este acuerdo. Sr. Costas Abreu.- E entón vostede persevera. Sr. Presidente.- Perdón, Sr. Costas se a vostede disto lle sae o retrato robot, xa pode vostede acertar pero senón lle sae, non lle sae. Ben, unha última intervención. Senón é que son eleccións de ... Sr. Costas Abreu.- Non, home aínda foi simpático o asunto. Vamos a entrar no fondo do asunto. A min me da que vostedes queren vestir santos e reciclar persoal xubilado, vou ser fino. Me parece que se lles está indo aman. Dito claramente. Vamos a ver vostedes nos configuran un Gabinete para Asuntos Xerais, unipersoal, como tódolos Gabinetes que viu creando ata a data. Son uns Gabinetes curiosos formados por un e un mesmo. Sr. Presidente.- Por austeridade, unipersoal por austeridade. Sr. Costas Abreu.- Si, claro, o que pasa é que un Gabinete se define tecnicamente como un conxunto de persoas dotado dunhas cualificacións específicas que funcionan non en liñas xerárquicas senón ...en fin, vamos a seguir por aí. Se chama Xefe de Gabinete para asuntos Xerais e ademais ten que ser Licenciado en Dereito. Bo, é unha pena, o que pasa é que a lexislación vixente que lle aplicaba certo Alcalde ós indiferentes di que o persoal que desenvolva postos de traballo básicamente burocráticos ten que ser funcionario e funcionario en activo, non xubilado nin prexubilado nin xubilable nin nada polo estilo. E para máis, isto do Gabinete para Asuntos Xerais, como vostede comprenderá pois a min indúceme a sonrisa, polo menos. Pode ser un Gabinete para algo, pero para Asuntos Xerais xa ten vostede Secretario Particular, en fin, unha serie ... Sr. Presidente.- Un Secretario Particular é para asuntos particulares. Sr. Costas Abreu.- Particulares, pero xerais. Sr. Presidente.- Non, non, particulares do Presidente non de fulano de tal, do Presidente. Sr. Costas Abreu.- Pero xerais, variados, aínda que non sexan xerais polo menos ... Sr. Presidente.- Diríase diversos. Sr. Costas Abreu.- Pluriformes. Claro isto xa empeza a ser unha superposición curiosa nun entorno no que non hai funcións definidas e a cousa xa vai pasando de castaño oscuro. Sr. Presidente.- Ben, quere que lle diga unha cousa e con iso remato. Se o fago é porque estou convencido, equivocada ou acertadamente de que o necesito, esa é a razón fundamental, equivocada ou acertadamente. E se encontrara unha fórmula mellor que esa neste momento, é dicir, para agora xa, e para este ano que estamos e para o que vén, se tivera unha fórmula mellor, asegúrolle que non aceptaría esta. Esta é a verdade. E se tivera dentro do Plantel desta Deputación, bo, pois, o que entendo dende a miña modesta opinión, un equipo de persoas, un determinado número de persoas que me puideran resolver mellor o papel que a persoa que no seu momento o vai a facer asegúrolle que non faría isto. E dicir, que o fago por convicción en función da necesidade. E todo o demais é darlle voltas. Está o tema claro. Por auténtica necesidade. O mesmo que fixen, pois a creación doutro posto, para o Xerente do CEPAM, no que vostede asistiu hoxe é que estou encantado do funcionamento, independentemente doutras cuestións, estou encantado, é dicir, que tampouco non se pode negar que a importancia, a importancia da experiencia, da experiencia nestes temas é absolutamente fundamental. A experiencia é absolutamente fundamental. Sr. Costas Abreu.- Desde logo, os jóvenes leones con vós Sr. Presidente.- En todo caso con iso non se trata de cerrarlle o camiño a ninguén porque lle podemos abrir e podemos abrir a outra vía pero non pode quedar, diríamos, desarroupada, bo, pois, unha determinada sección que considero fundamental' complicada, difícil, farragosa, etc., e vostede sabeo moi ben e a proba é que nos temas de persoal é onde pasamos máis o tempo no Pleno, etc., e noutros sitios. E prefiro mellor facer estradas e estas historias. Ben, en todo caso. Remate. Sr. Costas Abreu.- Deixeme rematar. Xa verá como situámo-lo asunto. Verá vostede se vostedes se comprometeran e o demostraran con feitos e por dicilo dun xeito expresivo a saca-las mans do que é a función pública e a estructura administrativa normal, se aí se seleccionara o persoal con máis rigor, se proveran os postos de traballo por concurso de méritos e non por libre designación e non pasaran outras cousas. Cando iso suceda, para ser máis concretos, terán o meu voto favorable para se queren dez postos de eventuais, ter dez postos de eventuais. Se vostede quere meter a unha determinada persoa porque considera que para vostede é o mellor e quere crear unha praza de eventual libremente designable e cesable, pode te-lo meu voto favorable se está debidamente xustificado. Se vostedes seguen pola vía de facer contratos laborais, bastante leoninos en canto a nivel retributivo e ás condicións de cese para o persoal que vostedes queren cunhas cuantiosísimas indemnizacións que en términos convencionais se chaman cesantías para xente que ademais ten asegurado digamos uns ingresos medianamente decentes van te-lo meu voto en contra, dende logo, e ademais isto me parece un morto moi mal vestido. Por último eu creo que existe e non sei se escoitou falar dela, en materia de retribucións dos funcionarios a chamada Lei de Ferro de Retribucións que ben significa-lo seguinte e funciona non só na Administración. Toda persoa adapta o seu traballo ó nivel retributivo que ten, primeiro asunto. E segundo, que é aínda máis grave, toda persoa adapta o seu traballo o nivel retributivo que ten el e segundo como vaian os demais. Se empezan a dispara-lo abanico salarial, metendo contratos de oito millóns, de seis millóns ou como aquí de 4,2 millóns, pois, como vostede comprenderá vai haber xente que se vai sentir lexitimamente ferida. Eu por exemplo, levo tamén un Gabinete "'unipersoal de Asuntos Xerais aquí, cobro algo así como unha cuarta parte deste señor. Claro non vou intentar darlle codazos nin me vou presentar ó posto como vostede comprenderá, entre outras cousas porque son incompatible. Verdade. Pero realmente non é bo este tipo de cousas porque crean uns resquemores francamente xustificados entre a xente, comprende. Máxime se é xente que xa ten uns medios de vida. E se quere colaborar que colabore libremente e se quere creámo-la figura do funcionario emérito. Se están empeñados en recuperar a todo o persoal que se xubila, pero a min non me parece normal. E polo demais, debería vostede ter máis confianza na xente nova. Máis que nada por razóns de idade, porque está empeñado en rodearse de xubilados e alá vostede. Sr. Presidente.- Téñoa en absoluto. Teño absoluta confianza na xente xoven e máis por aí evidentemente pasa o futuro. En todo caso insístolle que esto é algo que teño moi analizado e que podo estar equivocado, e sinto dicilo, que poida estar equivocado e estou convencido que é absolutamente necesario. Ben iso non quere dicir que dentro de seis meses puidera ser absolutamente necesario. Polo tanto, lamento non poder compracelo aínda que nalgúns aspectos ou en moitos pois entendo que ten vostede razón. Sometemos a votación o dictame da Comisión no punto 23. ¿Votos en contra? Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage e Sr. Costas. Sr. Presidente.- ¿Abstencións? Queda aprobado por evidente maioría. Ben. A vista da Moción presentada polo Ilmo. Sr. Presidente, con data 15 do corrente mes de marzo, que obra unida o expediente, e co fundamento nos preceptos xurídicos que na mesma se recollen, o Pleno acorda, cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), a adopción do seguinte acordo: 1º.- Créase un Gabinete para Asuntos Xerais da Presidencia de carácter Administrativo, sendo o seu Xefe designado libremente por esta, e como persoa da súa confianza. 2º.- Créase no "cadro laboral" un posto de traballo de carácter eventual, ó que será adscrito o Técnico que desempeñe a Xefatura do Gabinete citado. -Denominación do posta: Técnico Superior - Xefe do Gabinete para Asuntos Xerais da Presidencia de carácter Administrativo. -Nivel de titulación: Licenciado en Dereito. -O titular do posto, como persoa de confianza da Presidencia, dependerá directamente desta. -Dotación anual: CATRO MILLÓNS DUASCENTAS MIL PESETAS (4.200.000), a percibir en 14 mensualidades; isto é, TRESCENTAS MIL PESETAS (300.000) brutas. O Técnico Superior contratado eventualmente, coa categoría de Xefe, terá dedicación plena, en horario que lle fixe a Presidencia, senda o seu traballo incompatible con calquera outra actividade allea a esta Deputación, pública ou privada; e por elo, mentres figure como contratado, a súa retribución incompatible con calquera outra ou con percibo de pensión de xubilación, no seu caso. 3º.- o contrato formalizarase pola Presidencia co Técnico designado, por término dun ano, que pode ser prorrogado por un ano máis, se ambas partes, e de mutuo acordo, así o deciden. Como requisito previo á contratación, farase a "oferta pública" correspondente, por prazo de 10 días naturais. Os aspirantes acompaarán á solicitude o seu "currículum vitae", e acreditarán coñecementos e experiencia en materia de Administración Local, sobre todo en cargos que impliquen xefaturas de nivel 24 ou superior. Será de aplicación o R.D. 1382/86, de 1 de agosto, e Normas concordantes en réxime laboral. 4º.- A vista dos expedientes, a Comisión Informativa de Persoal elevará unha terna á Presidencia, quen adscribirá ó posto de traballo citado, ó aspirante que considere máis idóneo e como persoal da súa confianza, e por elo de libre designación. Facúltase á Presidencia para a execución deste acordo. ------ Folla: 50 24.2390.- DIVISIÓN DA COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA E PERSOAL, E MODIFICACIÓN DE COMISIÓNS INFORMATIVAS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención no punto 24? Non hai intervencións. pois, eu simplemente para aclararlles que propoño a división da Comisión de Facenda e Persoal en dúas, de tal xeito que a Comisión de Persoal a presida D. César Mera Rodríguez e a de Economía e Facenda quen estaba presidindo as dúas, diríamos, Sr. Mantilla. E pasamos, perdón. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Queda aprobado. Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Digo que na, que eu creo que neste momento debería dicirse que a Comisión de Economía, é dicir, que os membros da Comisión de Economía e Persoal, mantéñense os mesmos na de Persoal. Sr. Presidente.- Suponse. Se non hai cambios suponse. Gracias Sr. Mera. Por unanimidade acórdase a división en dúas da actual Comisión Informativa de Economía e Persoal. Da Comisión de Economía será Presidente o Sr. Deputado Provincial e Vicepresidente, D. Carlos Mantilla Rodríguez. Da Comisión de Persoal será Presidente o Sr. Deputado Provincial e Vicepresidente, D. César Xosé Mera Rodríguez. Ámbalas dúas Comisións terán os mesmos Vocais que os que ten actualmente a Comisión de Economía e Persoal que se extingue. ------ Folla: 50,52 25.2391.- MODIFICACIÓN DA XUNTA DE COMPRAS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Creo que é a última así que non me vou cortar. A miña postura en relación con esta Moción que vostede trae ven sendo algo así en términos coloquiais como non está mal pero eu estou convencido de que é mellor a miña Moción. E como non me deron a oportunidade de votala pois pido que se vote a miña Moción, en todo caso, me quedo votando. E non digo que sexa mellor nin por ser miña nin nada polo estilo, senón por- que eu creo que racionalmente é máis sensato tratar simultaneamente a cuestión de compras, de suministros e a mesa de contratación, máis que nada porque se aforraban esforzos. E en segundo lugar, porque despois de estudia-lo tema con máis ou menos calma creo que estaba máis fundada tecnicamente. E máis unha das cousas que si conseguimos corrixir da súa Moción non figura na Acta da Comisión. E era en concreto que votar, votar, votan os corporativos non os técnicos que van a ir e sen embargo esquecéronse de metelo na Acta e salvo que o modifiquen agora non vai figurar ... Sr. Presidente.- Ben. Iso queda modificado e soamente teñen dereito a voto os representantes da Corporación. Os funcionarios, con voz opinan pero non votan. Se lle serve esa emenda queda aceptada e penso que esta Corporación, este Grupo de Goberno, en particular, pois amosa unha importante vontade de dar participación nun tema que sempre é delicado como é o das compras, que non é moi frecuente que suceda por aí adiante. En todo caso sometémolo a votación. ¿Quere vostede somete-la súa moción, primeiro? Bo, pois sometemos a votación a moción do Sr. Costas Abreu, pero que non a coñecen, claro. Sr. Costas Abreu.- Está no expediente. Sr. Presidente.- Está no expediente. Supoñemos que a deberían de coñecer todos. Supoñemos. Polo tanto, debémola someter a votación. ¿Votos a favor? Sr. Secretario.- Sr. Costas e Sr. Nieto. Sr. Presidente. Lo cual demuestra que el Sr. Nieto se la ha leído. Estoy seguro. ¿Abstencións?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista e Sr. Lage. Queda rexeitada a emenda proposta polo Sr. Costas Abreu, cos votos a favor do propio enmendante (PSG-EG) e do Sr. Nieto Figueroa (PSOE), as abstencións do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e os votos en contra dos restantes membros da Corporación. Sr. Presidente.- Ben, entón queda rexeitada aínda que seguro que ten cousas moi aproveitables. E sometemos a votación o dictame da Comisión do punto 25. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Sr. Costas Abreu e Sr. Nieto Figueroa. Queda aprobada. Aclaración de voto. Sr. Mera Rodríguez.- Non, e para aclarar que na, é dicir, que na Comisión de Compras que efectivamente o que eu teño que recoñecer aquí que efectivamente onte os membros do Partido Socialista e do CDS nos felicitaron na Comisión, precisamente por crear unha Xunta de Compras plural que é dos poucos Concellos ou das poucas Deputacións en que isto se fai, porque eu creo que ata agora se estaba facendo con total transparencia para demostrar que se estaba facendo así, darlle participación a tódolos Grupos Políticos na propia composición plural como estabamos dicindo fai un pouco, pois, o Grupo Popular ten uns representantes, o Grupo Socialista ten outros, e o Grupo Mixto ten outros. Entón os representantes do Grupo Popular van a ser o Sr. Barros, o Sr. Castro e o Sr. Ligero. Os Vocais da Comisión. Barros, Castro e Ligero. O Grupo Socialista non sei quen o vai a representar. E o Grupo Mixto, bo, pois que se poñan de acordo entre eles para que despois no lo digan pero para que quede constituída a Comisión definitivamente. Sr. Presidente.- Sr. Gallego. Sr. Gallego Lomba.- Si, o Grupo Socialista propón a Emilio González Iglesias e a José Manuel Gallego Lomba. Sr. Presidente.- ¿Vostede a quen propón, Sr. Modesto?. Sr. Valverde Soto.- El Grupo Mixto está muy disperso. La caja de cerillas lleva cuarenta en este caso y está tan disperso que yo no voy a representar al de Esquerda Galega, por poner un ejemplo, si es que fuera ya o nomeado, non vou a representar a Esquerda Galega co meu voto comprando porque ó mellor interésalle comprar cousas máis baratas e a min interesaríame máis caras. Entón co meu voto non podo representar a Esquerda Galega. Polo tanto, eu pediría que reconsideraran esa proposta e non sei ata que punto se pode prexudica-lo rexeitamente da votación no momento que sexamos máis que o Equipo de Goberno, dicirlle de que, bo, estaría disposto a formar parte desa Comisión de Compras, non corno Grupo Mixto, senón CDS. Eu estou representando a un Grupo Político aquí, aínda que o Regulamento de aquí diga que somos mistos ou cerillas, é igual. Quero dicir con isto que estaría disposto a non votar, a ser un máis pero estar na comisión de compras para enterarme, para que non houbera ese desfase en canto ós votos. Pero o que si non me cabe, eu non estou aquí representando 6 Grupo Socialista, ou digo, perdón, a Esquerda Galega nin Esquerda Galega me representa a mino O meu Partido represéntoo eu aquí. Para iso me votaron os cidadáns da Provincia. Nada máis. Gracias. Sr. Mera Rodríguez.- Bo, eu o único que quixera dicir neste tema é que o que eu vou a ser Presidente desa Comisión da Xunta de Persoal, perdón, da Xunta de Compras, pois, eu creo que 6 mellor o Regulamento Orgánico, non sei se o Presidente o vai a retirar ou non pero 6 mellor incluso pode sufrir algunha modificación importante. Pero é que o Grupo Mixto entendido como está neste momento no Regulamento Orgánico está composto por cinco Deputados, é dicir, un representante de Esquerda Galega, un representante do CDS, un representante de Independientes de A Estrada, un representante de Independientes de Galicia e un membro que estaba antes no CDS. Entón eu creo que estas cinco persoas independentemente de que se modifique o Regulamento ou non, esas cinco persoas deben elixir, e que no lo digan a nós, unha persoa para que estea representado. Non quere dicir que vaia a representar, que vaia a se-lo Grupo Mixto no sentido estricto, pero senón que vai a representar a esas cinco per- soas e que despois lle dará coñecemento a elas porque é que senón 1óxicamente nós teríamos que altera-la composición o que non ten sentido de que o Grupo Popular que ten quince Deputados nesta Cámara, pois tivera trece representantes mentres que o Grupo Mixto cada un deles tiveran un cada un, serían cinco persoas, cando chegáramos a votación non tería sentido. Entón nós o que queremos e ter, xa lles estamos dando, o Grupo Popular vai a ter catro representantes, o Presidente da Comisión, máis tres Vocais, o Grupo Socialista dous e entón entre eses cinco Deputados pois van a ter un. Eu creo que é unha representación máis ou menos coherente. Independentemente de que se modifique o Regulamento Orgánico. Entón digo eu que cando vós vos poidades reunir, dicídeslle ó Presidente da Deputación quen é o elixido entre os cinco, e non ten maior transcendencia. Porque o que non pode estar é cada un de vós. Iso está claro. Sr. Presidente.- E senón noméoo eu democraticamente e se vostedes aceptan. Si pero vamos a rematar. Sr. Valverde Soto.- Si, eu remato, coas miñas intervencións creo que non molesto demasiado. Eu creo que podo permitirme o luxo de intervir un pouco. Teño que retirarme un pouco, grito demasiado. Este, quero dicir que coas miñas intervencións non creo que moleste ó auditorio demasiado porque son tan escuetas e ás veces tan equivocadas como a que fixen antes que xa está claro que non me convén intervir. Pero está claro e quero deixar moi claro aquí que eu estou representando a un Partido que se chama CDS e de mistos nada. Vostedes aquí chamaranlle Mixto pero a min non me chaman Mixto eu son CDS. Punto. Vostedes aquí chamaranlle Mixto a quen queiran pero a min non, a min chámaseme CDS. Non me cabreo, simplemente es mi criterio. Vamos es que yo no puedo representar, no cabe en mi cabeza, Sr. Presidente, perdón, si no me corta, perdón, yo no puedo representar aquí a otros partidos con más o menos credibilidad que el nuestro. Sr. Presidente.- Vamos a ver. Eu creo que, Dona Elvira. Sra. Fernández Díaz.- Sr. Presidente a ver se lle poñemos un pouco de luz neste tema. Efectivamente este punto vai ligado ó punto 26 que modifica o artigo 45, se para unhas cousas funcionamos como Grupo Mixto e non sabemos se vai haber Grupo Mixto, eu francamente non entendo moito este papel. Paréceme que debíamos debati-lo artigo 45 e despois arbitrar unha fórmula que pode ser a proporcionalidade ou o que sexa. Sr. Presidente.- Perdone un momento por favor. En principio estamos de acordo na proposta que se fai e queda pendente, pode quedar pendente para aclaración a representación do Grupo dos Señores que en teoría se representan así mesmos e o seu Partido e non lle chamo o que el non quere que lle chame, que é o Sr. Valverde, e iso aplícollo a cada un de vostedes e entón da o Grupo completo que non ten o nome que non, quere que teña. E deixámolo para falar en privado. Buscarémo-la solución. Se ten que ir a outro Pleno, queda iso pendente, no outro Pleno, pois diremos, aprobación da parte que queda da Comisión de Compras e aí xa estaremos nós de acordo. Creo que iso é o correcto pero o punto seguinte e outro tema, Dona Elvira. De conformidade coas intencións manifestadas por esta Presidencia, no pasado Pleno celebrado o 28 de febreiro, ó tratarse da aprobación do prego-tipo de condicións económico-administrativas para contratación de suministros sométese á consideración do Pleno, previos os informes ou dictames oportunos, a creación e constitución de Xuntas de Compras en cada un dos Centros desta Deputación, é dicir, Pazo Provincial, Hospital Provincial, Hospital Psiquiátrico e Cidade Infantil "Príncipe Felipe", facendo en certo modo súa a moción anterior do Deputado D. Xesús Manoel Costas Abreu. A constitución das devanditas Xuntas de Compras é meramente potestativa naquelas Corporacións nas que a importancia dos suministros así o xustifique, segundo determina o artigo 113, regra le do Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, correspondendo ó Pleno o acordo de constitución e a súa composición; non obstante, esta Presidencia, ante o considerable volume dos suministros de bens consumibles ou de fácil deterioro polo uso, así como de bens mobles, tales como mobiliario e material de oficinas, e na crenza de interpreta-los desexos de tódolos Grupos Políticos representados na Deputación, estima conveniente a súa creación cun amplio carácter representativo. A tal fin, a súa composición sería a seguinte: Presidente: Vicepresidente D. César Xosé Mera Rodríguez, por delegación desta Presidencia. Vocais: -Tres Deputados do Grupo Popular. -Dous Deputados do Grupo Socialista. -Un Deputado do Grupo Mixto. -O Director de cada un dos Centros, se o houbere. -O Administrador de cada Centro, se o houbere. -O Secretario Xeral ou funcionario en quen delegue. -O Interventor de Fondos ou funcionario en quen delegue. Os Directores, Administradores, Secretario e Interventor terán voz pero non voto. En canto as súas competencias, serán as que con carácter xeral establece o artigo 1º do Decreto 3186/68, de 26 de de cembro, é dicir: a) A programación e estudio das necesidades de cada Centro, en orde a compras e suministros. b) A proposta de adxudicación dos contratos de suministros de todo tipo de bens de cada Centro, cando excedan de DUASCENTAS CINCUENTA MIL PESETAS (250.000), segundo o artigo 252, en relación co 245, do Regulamento de contratos do Estado. c) A proposta de compras de mobiliario e material de oficinas de cada centro, cando excedan de DUASCENTAS CINCUENTA MIL PESETAS (250.000), segundo o artigo 252, en relación co 245, do Regulamento de Contratos do Estado. d) Nos supostos b) e c) a Xunta de Compras actuará como mesa de contratación de cada centro. ------ Folla: 52,53 26.2392.- ACLARACIÓN E NOVA REDACCIÓN DO ARTIGO 45 DO REGULAMENTO ORGÁNICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Sr. Presidente.- ¿Intervencións no punto 26? Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Ya ve que estuve calladito. Que buen chaval. Pero vamos a ver Presidente. En principio, en principio yo le solicito oficialmente para que se vote que retire este punto del Orden del Día. A mejor ver. O sea, tiene que votarse. En principio solicito que se retire este asunto del Orden del Día ... Sr. Presidente.- Pero dará usted una explicación si es tan amable. Sr. Nieto Figueroa.- Si usted quiere una explicación no hay duda ninguna. Por mi no ha de quedar la cosa. Mire usted hace más de un año yo he presentado una moción reiterada y repetida para que de una vez por siempre se modificase el Reglamento de la Diputación Provincial basado en artículos, en leyes y en decretos, nunca jamás, ... Sr. Presidente.- Perdón, Sr. Nieto. Es a mi a quien corresponde moderar. Yo les pediré que le atiendan escuchen por favor al Sr. Nieto Figueroa. Es un ruego. Siga hablando. Sr. Nieto Figueroa.- Le decía que ese Reglamento está absolutamente desfasado a pesar de tener poco tiempo, porque ha venido el Reglamento para la Ordenación, Funcionamiento, ROF, etc., etc., por lo cual ha traído nuevas normativas que no están contenidas en el Reglamento de la Diputación provincial, y le voy a explicar. Fíjese, yo recordaba en aquel momento, en aquellas mociones, que se modificasen diversos textos, el que tenga el Reglamento, yo creo que, menos un par de ellos no lo tiene nadie, ahora asunto arreglado. Empezaba por ejemplo por el artículo, por el título uno, artículo cuatro, y según lo que dice el Reglamento al final yo proponía, yo proponía y a ver si alguien es capaz de discutirme cualquiera de las proposiciones que yo expuse en su momento, y que claro, van a tener que tratarse hoy si usted no retira esto del punto del Orden del Día porque ha sido presentado en la Comisión como voto particular. Decía, título uno, artículo cuarto, texto anterior, véase el Boletín Oficial de la Provincia y al final fíjese, fíjese, los Diputados tienen el derecho y la obligación de asistir con voz y voto a todas las sesiones de aquellos órganos de los que sean miembros, vuelvo a repetir, a ver si tiene algo en contra de la democracia o en algo en contra de cualesquier Diputado, los Diputados tienen el derecho y la obligación de asistir con voz y voto a todas las sesiones de " aquellos órganos de los que sean miembros, título dos, artículo veintiuno, texto anterior que corresponde y al final yo proponía: a las sesiones de las Comisiones Informativas asistirán los Diputados que las constituyan, fíjense. Sr. Presidente.- Me permite un momento, por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Si, si. Sr. Presidente.- A la vista de todo esto propongo retirarlo. Sr. Nieto Figueroa.- Por favor, yo ahora le ruego, yo le ruego que usted escuche para que los que quieran escuchar es- cuchan ... Sr. Presidente.- Yo le propongo, perdone, usted me ha propuesto, se lo retiro. Sr. Nieto Figueroa.- Sr. Presidente, usted me indicó que yo expusiese los motivos para solicitar. Sr. Presidente.- Pues siga. Sr. Nieto Figueroa.- Muchas gracias, termino enseguida y es aleccionador, créame que es aleccionador, yo no pierdo el tiempo en las tribunas. A las sesiones de las comisiones informativas asistirán los diputados que las constituyan así como cuántos lo deseen, los cuáles, al igual que el Interventor, Secretario y demás funcionarios necesarios, no tendrán derecho a voto pero si a voz, y voy a dar la explicación a la calle. En esta Diputación, debe ser un caso único en el país, en donde los señores funcionarios, con todos mis respetos, pueden tener voz en las Comisiones, y los representantes elegidos por los ciudadanos de la provincia según el criterio y según ese Reglamento que ustedes mantienen todavía, tienen que estarse callados, o sea que, un Diputado está escuchando en esa conversación calladito, observa que hay un fallo y no lo puede exponer, lo puede exponer el funcionario y no lo puede exponer el Diputado, eso clama al cielo Presidente, de manera que esa era una de las modificaciones, que los Diputados que no son miembros de las Comisiones puedan asistir con voz, a ilustrar, porque mire que hay que ilustrar aquí dentro, fíjese si no. Artículo treinta y cuatro, título cuatro, decía al final: el Pleno celebrará inexcusablemente una sesión ordinaria mensual en la fecha que el mismo decida. Sr. Presidente.- Por favor. Sr. Nieto Figueroa.- En segunda convocatoria, las sesiones se celebrarán cuarenta y ocho horas después de la fecha seña- lada para la primera, bien entendido que si tal día fuese festivo se desarrollaría al día siguiente, no tiene objeción ninguna. y finalmente, el artículo cuarto, título cuarto, el artículo cincuenta, diría finalmente: ultimada la votación y si algún Diputado lo solicitase, se concederá un turno de explicación de voto, la cual, el turno, la diferencia de tiempo, no podrá exceder de tres minutos, un Diputado puede explicar su intención de voto, su motivo de voto, durante un máximo de tres minutos. y el artículo cuarenta y cinco que ustedes querían rectificar hoy en que, efectivamente, cualesquier Diputado puede intervenir durante diez minutos, yo exponía y proponía, y está así en la enmienda, que pusiese a su disposición la Corporación provincial, quince minutos en vez de diez, y mire, la intención de bloquear este artículo, de quemar este artículo, era la barbaridad democrática más grande que se iba a hacer aquí, entre las muchas que van, porque ustedes y la intención de quien fuese, que desde luego quien fue me está escuchando, era callar a Antonio Nieto Figueroa, o. era callar a otros Diputados que hay por ahí, yeso es imposible, pero no, ya pata que se termine y lo escuche quien ha tenido esa mala intención, ni el Sr. Ramilo, ni el Sr. Picher, ni D. Mema, ni nadie ha sido capaz de callar a Antonio Nieto Figueroa en una tribuna pública y democrática, de manera que le agradezco que medite, reflexione y retire el tema. Sr. Presidente.- Pues de momento sigue teniendo quince minutos, ya veremos el tiempo que va a tener, pero de momento los tiene. Lo retiro del Orden del Día, que creo que con eso le hago a usted, le complazco hoy, y en principio, hoy, lo retiro y se abre un plazo de quince días o veinte días para que en el próximo Pleno los distintos grupos hagan nuevas propuestas, no hay problema ninguno, para que vea usted que no hay ningún inconveniente en que todo el mundo hable lo que quiera. Ben, entón como o retiramos pasamos o punto vintesete. Queda retirado da orde do día asunto relativo a aclaración e nova redacción do artigo 45 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial. ------ Folla: 53 27.2393.- TRASPASO DE ESTRADAS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- O retiro, ese xa é por decisión miña, si mo permite sr. Nieto Figueroa, e entón comunicacións. Queda retirado da orde do día asunto correspondente a traspaso de estradas municipais. ------ Folla: 53,54 28.2394.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicaciones. Sr. Secretario.- Hai ....que xa teñen coñecemento os sres. Deputados, hai unha que fai referencia ás resolucións presidenciais dende o 24 de febreiro ó 25 de marzo; una relativa a unha comunicación de fallo do Tribunal Económico - Administrativo Central en relación con impugnación polo Insalud sobre unhas cuotas da Seguridade Social, fallo que é favorable á Deputación provincial. E por último, tamén dase conta da liquidación do presuposto provincial do exercicio de 1988, a aprobación correspóndelle precisamente á Presidencia, trátase simplemente de que teña coñecemento o Pleno. Non hai ningunha mais. Sr. Presidente.- Ben, si que vou a anunciar tamén o nomeamento de D. Carlos Mantilla como delegado do Hospital Provincial, Hospital Psiquiátrico de "O Rebullón", e do Sr. Mera como delegado do Presidente para asuntos de persoal. Que quede constancia diso. E Sr. Castro. Sr. Secretario.- Si, trátase dunha Resolución Presidencial en virtude da que se fai o nomeamento do Deputado Sr. Castro como representante da Deputación Provincial en distintos organismos oficiais na capitalidade da nación. Sr. Presidente, en tono cordial, acaba de nomear vostede a Pepe Castro Embaixador en Madrid. Sr. Presidente.- Evidentemente, e moi ben representada queda a Deputación, por iso o fago. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, que o nomee Embaixador non está mal pero que lle poña soldo de Ministro xa me parece excesivo. Sr. Presidente.- Ben, eu creo que é moi razoable o que estou facendo, e que vostedes mesmos quedarán satisfeitos da xestión, sen dúbida, do Sr. Castro ó longo destes dous anos. E pasamos a un tema un pouco máis complicado que é unha moción de urxencia referente á ratificación ou non do Convenio firmado por esta Presidencia coa Xunta ou co Comité de Persoal. ------ Folla: 54,57 MOCIÓN DE URXENCIA 29.2395.- MOCIÓN SOBRE CONVENIO FIRMADO POLA PRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN COA XUNTA DE PERSOAL. Sr. Presidente.- ...E pasamos a un tema un pouco máis complicado que é unha moción de urxencia referente á ratificación ou non do Convenio firmado por esta Presidencia coa Xunta ou co Comité de persoal, como vostedes queiran. Polo tanto, cedo a palabra o Sr. Secretario para que faga lectura do que sometemos a ratificación e a votación. Sr. Secretario.- Sométese á Corporación as manifestacións do Presidente. Sométese á Corporación a ratificación de acordo previo celebrado entre esta Presidencia e as Organizacións Sindicais CC.OO, CSIF, UXT, CXTG e a Xunta de Persoal e Comité de Empresa en representación do persoal da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra sobre melloras de haberes. Este acordo, baseado en negociacións celebradas o efecto entre representantes da Corporación e as Organizacións de Persoal indicadas, fundamentouse, o menos polo que a esta Presidencia respecta, no seguinte: 1.- Utilización da vía de Convenio entre a Corporación e as distintas forzas sindicais con representación na mesma, e demais representantes do persoal, para a mellora de haberes do citado persoal, e dun modo singular o de menor capacidade económica. 2.- Polo tanto o acordo previo fundamentouse en razóns de carácter social e moral que tiñan por obxecto beneficiar a aqueles postos de traballo de inferior rango. 3.- Por tal motivo asignouse unha cantidade global de CATROCENTOS OITENTA MILLÓNS DE PESETAS (480.000.000), repartidos nun prazo de tres anos, na contía anual de CENTO SESENTA MILLÓNS DE PESETAS (160.000.000). Este é o motivo de que, cumprindo o contido do propio acordo previo, se someta o mesmo á consideración do meu Grupo Político -retírese o Presidente- e do Pleno da Corporación. Por outra banda hai un informe, isto, non sei se Intervención ... Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? ¿Algunha intervención neste punto? Sr. Interventor.- Bueno esta Intervención, eu teño que manifestar que no conocía hasta este momento el contenido y alcance del Convenio, por no haberse pedido el preceptivo informe que determina ... Sr. Presidente.- Perdón, yo tengo que hacer una aclaración. Lo conocía el Interventor, diríamos, vixente por así dicilo, no momento en que eu firmei como Presidente. E correcta a súa e a miña. Sr. Interventor.- O sea que no se pidió informe que determina el artículo 195 de la Ley 39/1988 de 28 de diciembre y por ello ruega que quede sobre la Mesa hasta el próximo Pleno por aplicación del artículo 922 del Real Decreto 2568 de 1986 de 28 de noviembre, pero no obstante y sin perjuicio del informe que se pueda emitir en su día si es que se solicita, que yo creo que es preceptivo hace las siguientes observaciones: Primera, que en el Presupuesto Provincial vigente se ha incrementado el Presupuesto de 1988, se ha incrementado la masa salarial de 1988 en el 4%, que además se ha incrementado en un 1,58 para mejoras de personal y se incrementó también un 4% una partida que para complementos de productividade o plus de productividade se recogía en el Presupuesto de 1988. Esto quiere decir que el Presupuesto está hecho de acuerdo con las disposiciones legales y que cualquier aumento que se produzca en el Presupuesto del año actual, pues se produce un quebrantamiento de la Ley de Presupuestos, del artículo 25 de la Ley 37/88 de 28 de diciembre por lo que se incurre en una posible ilegalidad. Segundo, además deberá tenerse en cuenta que los Centros Sanitarios pasan a depender de la Xunta, en virtud de la Ley primera que se aprobó el 12 de xaneiro y que por lo tanto, el personal, el personal pues dependerá del Ente Autonómico y hay un escrito en la Intervención del 24 creo que era, del 24 de xaneiro que dice que la Consellería o el Consello de, la Consellería de Sanidade se podrá oponer a todos los aumentos de personal que excedan del 4% que establece la Ley de Presupuesto. Por lo tanto, hay que entender que todo exceso que se produzca en este 4% tendrá que pagarlo en su día, me parece, vamos, la Diputación. Y, luego, por último, porque está hecho así esto sobre la marcha, ya digo se desconocía, el Convenio tiene un carácter plurianual, o sea, que no va a ser para este año, sino que para los años sucesivos. Ello implica que las Corporaciones sucesivas, las nuevas Corporaciones que puedan venir a esta Diputación están obligadas a cumplir un acuerdo que se ha adoptado o que se podría adoptar en este momento, en su momento. Y claro, entonces, no sé, podría equivocarme pero ellos pueden tener abierta la vía para pedir la lesividad del acuerdo fundándose en que inicialmente es ilegal con la consiguiente petición, posible petición de responsabilidades de todo tipo. Por eso me reitero en lo que dije al principio de que quede sobre la mesa para hacer el informe preceptivo de Intervención y que se someta si les parece al informe de Secretaría y los demás que tengan por conveniente. Este es mi informe hecho así ahora, informe verbal vamos. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Interventor. Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Si, Sr. Presidente. Sin entrar en el tema, porque no lo conocemos, desconocemos un tema de esta envergadura no se puede traer por urgencia, que se vote a vote pronto, nunca mejor dicho, y escuchando las palabras del Interventor nosotros no participamos. Sr. Presidente.- Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, brevemente, é dicir, o acordo firmado ata o momento que son as tres follas estas simplemente non. Eu non tiña coñecemento anterior, tampouco repartiron. Son tres follas. Bo, eu vou a expresa-la miña postura que ó cabo é a do meu grupo, que non é o Mixto sobre este tema. En primeiro lugar, como queira que aquí se designou unha representación da Corporación para negociar e que en principio é un acordo, pois, a miña opinión é favorable, non. O que ocorre, e vou situar- claramente o asunto que nestas tres follas o único que se marca é un pouco o nivel xeral do incremento en anos sucesivos senón se entra no que eu creo que é máis importante e onde vai a estar a auténtica discusión, non que a asignación individual desde os niveis de complementos de destino ata os criterios para asigna-lo complemento específico, productividade, etc., quero dicir que eu estou de acordo cos poucos criterios que se desprenden deste escrito. En canto a cuestión das implicacións económicas, polo tanto, bo, o que loxicamente argumentaba o Sr. Interventor, eu creo que si hai algunha meditación que facer sobre este tema, sabido é por todos e con carácter xeral que hai diferencias nos niveis retributivos moi grandes entre unhas Corporacións e outras. Tanto se nos poñemos a comparar Deputacións como Deputacións ou Concellos en xeral, hai moi distintos e incluso nos poucos sitios nos que se fixeron acordos en materia de retribucións pois estes teñen un alcance moi diferente. Entón nese sentido, esa é unha das cuestións un pouco a ter en conta, é dicir, non só quedarnos pechados na análise do nivel retributivo desta Deputación senón saber un pouco as grandes variacións que hai sobre todo porque en materia de retribucións complementarias si temos certa autonomía e existe unha marcha de deslizamentos grandes do que se chama en terminoloxía laboral deslizamentos, é dicir, que esta Corporación podería fixar complementos de destino máis altos con carácter xeral, e a min me parecería ben e eses complementos de destino poderían absorber outras retribucións que non son de carácter fixo nin dan lugar a dereitos nin facilitan a promoción profesional e eu creo que iso si sería un paso adiante. E no caso concreto desta Deputación, tamén para intentar un pouco situa-lo tema e ver ata onde chega un pouco a limitación legal e ata onde debe chegar unha política de relacións laborais importante, eu creo que aquí hai unha situación atípica, das diversas posibilidades posibles valga la redundancia, en materia de política retributiva aquí optouse por unha delas, que cando menos supón un criterio claro que é a da aplicación do Convenio de rama o persoal laboral, é dicir, cada persoal dos distintos departamentos ten o seu Convenio e obviamente hai diferencias moi grandes tanto na composición dos elementos de retribución, aquí hai pagas de beneficios para o persoal da Imprenta que non existen noutros, e existen criterios moi diferentes. Eu desde logo estimo que sería preferible xogar a facer un so Convenio para o persoal o servicio desta Deputación e creo que por aí se restablecería un pouco o principio de equidade que ás veces non se da. Obviamente iso é un principio de xustiza e de trato igualitario en materia salarial a todo o persoal laboral e si ía a supoñer saltarse o tope legal pero eu creo que por aí temos unha apoiatura, é dicir, en todo caso, xogan dous principios: os principios de límites salariais globais do Estado pero tamén un principio de política retributiva e ademais de xustiza retributiva. Eu preferiría que isto se tratara máis de vagar e que se nos fora informando xa un pouco das concrecións que se van dando neste acordo. En todo caso, é dicir, corno un acordo de principio un pouco que enmarca o que son os límites das subas en anos sucesivos eu que conste que estaría disposto a votar a favor, sen prexuízo de que cando o Sr. Interventor emita o seu informe reestudiemos cada un dos puntos que hai. Quero dicir que hai moito condicionante detrás, é dicir, aquí hai situacións de manifesta inxustiza retributiva entre os servicios e outros e... Sr. Presidente.- Sr. Costas, postura definitiva, ¿vostede é partidario de que independentemente de que o Interventor faga o informe de votar hoxe este tema a favor? Perdón. Sr. Costas Abreu.- Creo que o podemos facer así, é dicir, o nivel de acordo que chegamos aquí os políticos, estou de acordo de manifesta-la miña intención de asumir isto e participar no desenvolvemento deste acordo. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas. Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Si, eu quería ver que relación ten o que dixo o Sr. Costas co que acaba de ler o Secretario no ... Sr. Presidente.- Eu, voulle facer unha proposta inda que en teoría lle teñamos que dedicar cinco minutos máis o tema é suficientemente importante, como para que lle prestemos unha atención de cinco minutos. Vostede se o Sr. Secretario lle le o acordo, en primeiro lugar foi coñecido, foi publicado por tódolos medios de comunicación e co seu, non quero con isto poñer en evidencia a ninguén, estoulle falando lealmente, dende logo, co Portavoz, co Voceiro do seu Grupo naquel momento si que foi plantexado por min e debatido, senón foi con tódolos Deputados, si foi co Voceiro. Tampouco non vou dicir ata que extremos, pero polo menos foi falado por min e eu entendera que había aquiescencia neste tema. Pero en todo caso non quero afirmalo, dame a sensación de que a había, non quero afirmalo e que foi motivo dunha conversa no medio doutras, pero eu estou disposto se vostedes están en condicións dunha vez que sexa lido polo Secretario os termos do acordo en que vostedes tomen unha decisión. ¿Pode ser? Sr. Gallego Lomba.- Presidente el Secretario va informar. Sr. Presidente.- Si vai ler e informar si é necesario, eu xa coñezo o informe, eu prefiro que non informe, eu, prefiro que non informe, pero se vostede quere que o lea e que ;informe pódeo facer, supoño. Bo, pois faga o favor. Sr. Secretario.- Esta Secretaría subscribe en términos xerais as manifestacións da Intervención creo que dende o punto de vista legal son axeitadas as normas e unicamente plantéxase un problema que véxome obrigado a informar porque mo pide o Presidente da Corporación, plantexa un problema que é que rango maior ten unha cousa ou outra, un Convenio ou unha Norma. Realmente nun Estado de Dereito hai unhas sentencias que así o din, ten un rango maior a Lei e un rango inferior o Convenio, é todo canto podo dicir, de tódolos xeitos resérvome para emitir un informe e con máis detenimento sobre a materia tendo máis tempo para facelo, por iso pido que quede o asunto sobre a mesa. Sr. Presidente.- Perdón, eu pídolle que faga lectura diría- mos do acordo firmado. Sr. Secretario.- Asunto: Acordo entre a Corporación Provincial de Pontevedra e as Organizacións Sindicais, Comisións Obreiras, CSIF, UXT, CXTGA, a Xunta de Persoal, ... Sr. Presidente.- Perdón, perdón, hai un erro. Bo non hai un erro. CSIF non firmou, iso si que o debemos de deixar claro. Digo que CSIF non había firmado este tema, que quede claro, pero firmaron os outros Sindicatos. Sr. Secretario.- ...e o Comité de Empresa en representación do persoal da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. En Pontevedra 21 de novembro de 1988 reunidos no Pazo Provincial o Ilmo. Sr. Presidente da Corporación Provincial, Ilmos. Sres. Vicepresidentes da mesma cos representantes das Organizacións Sindicais Comisións Obreiras, Confederación Xeral de Traballadores Galegos, Confederación Sindical Independente de Funcionarios, Unión Xeral de Traballadores, Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, todos eles en representación do persoal ó Servicio desta Deputación Provincial. Sr. Presidente.- Silencio, por favor. Sr. Secretario.- Adoptan e subscriben o seguinte acordo que en todo caso deberá ser sometido a aprobación ó Pleno da Corporación Provincial e que afecta a todo o persoal ó Servicio da Corporación Provincial no que se recollen as conclusións das negociacións mantidas na Mesa de Negociación da Deputación provincial nos seus aspectos económicos. O presente acordo desenrolase nos seguintes apartados: 1.- O acordo que se está a desenrolar para o seu asinamento polas partes e parte dun acordo máis amplo e que o anteproxecto foi presentado pola Xunta de Persoal para a súa negociación e que recolle tódalas reivindicacións dos funcionarios e traballadores ó servicio da Deputación Provincial de Pontevedra e que foi negociado na Mesa de Negociación da Deputación Provincial de Pontevedra. O acordo global deberá estar asinado antes do 31 de decembro de 1988. 2.- O acordo afecta a todo o persoal adscrito ós Servicios e Dependencias da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Entrará en vigor o 1º de xaneiro de 1989 e terá unha vixencia de tres anos. Calesquera melloras,que poidan ser reguladas ben polo Goberno Central, Xunta de Galicia ou outras Institucións na futura vixencia do acordo afectaran ó mesmo sen prexuicio nin detrimento do regulado polo mesmo. 3.- A Corporación Provincial comprométese a destinar un fondo de catrocentos oitenta millóns de pesetas nun prazo de tres anos cunha porcentaxe de variación do 10% repartidos anualmente na contía de cento sesenta millóns. 4.- Estas partidas anuais deberán incluírse como consignación presupostaria no capítulo adicado ó persoal dos Presupostos Xerais da Excma. Deputación Provincial dos anos 1989, 1990 e 1991. En todo caso estarán aprobadas antes do 31 de outubro de cada un dos devanditos anos. 5.- Os incrementos producidos na nómina por estas partidas serán independentes das subas producidas como consecuencia do determinado polo Goberno nos Presupostos ou como consecuencia doutras normativas de carácter similar de aplicación ós funcionarios e persoal ó servicio da Administración. 6.- Asímesmo as partidas anuais incrementaranse no que determine o Goberno Central. 7.- Estos fondos anuais servirán de acordo co pactado na Mesa de Negociación para a súa distribución nos seguintes conceptos: -Complemento de destino. -Complemento de productividade fixa. -Complemento específico. -Pagas Extras. -Equiparación salarial dos funcionarios interinos, persoal laboral. 8.- A Mesa de Negociación fará as propostas concretas para a súa distribución partindo das propostas presentadas pola Xunta de Persoal, o comité laboral e os Sindicatos. Está firmado por unha serie de representantes. Sr. Presidente.- Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Presidente, pediríalle cinco minutos para reunirnos o Grupo, e suspende-lo Pleno. Sr. Presidente.- Non hai inconveniente ningún. Levantamos a sesión durante cinco minutos. Prégolles ocupen os seus escanos, ...sesión cedéndolle a palabra de novo ó Señor representante do Grupo Socialista que foi quen pediu cinco minutos para fixar un pouco a postura do seu Grupo. Ten a palabra o Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Gracias Sr. Presidente. En primeiro lugar dicir que o Grupo Socialista estamos de acordo co fondo do Convenio firmado e que a distribución sexa inversamente proporcional pero o que non estamos de acordo é que como dixen ó principio de que nun tema tan serio, como este, que foi firma- do o 29 do 11, que se traia hoxe a este Pleno con carácter de urxencia. Escoitando os informes do Interventor e do Secretario e que bo non sei porque non se pode deixar se estivo ata hoxe pendente non se pode deixar unha semana máis. Unha sema- na máis, ¿pode ser? Para estudio e tódolos Grupos, e debatelo e os informes que o estudien con detenimento, o informe do Interventor e o do Secretario. Nada máis Presidente, gracias. Sr. Presidente.- Perdón, non hai inconveniente unha semana tampouco podo ser caprichoso, se é unha semana. E dicir, se a semana que ven, no Pleno ven o tema e vostedes teñen a súa postura fixada non hai inconveniente. Que quede claro que a postura do Grupo de Goberno salvagardando entrar en manifesta ilegalidade está disposto a apoiar este Convenio ó igual que o fixo o Sr. Costas Abreu e que penso que os outros representantes dos distintos Grupos Políticos. Pero en todo caso á pro posta do Partido Socialista queda para a próxima semana. Porque son oito días. Sr. Gallego Lomba.- Si, Presidente o Equipo de Goberno ten suficiente maioría. Si a urxencia tal como di vostede para sometelo a votación e aprobalo. Sr. Presidente.- Perdón, o tema é suficientemente importante para que eu acceda a súa petición. A próxima semana á pro posta do Grupo Socialista decídese definitivamente, diríamos. Gracias. Sr. Gallego Lomba.- Presidente cos informes do Interventor e de Secretaría. Sr. Presidente.- Cos informes do Interventor e do Secretario, como mínimo, pero isos informes por suposto. En definitiva retirámolo da arde do Día. Era de urxencia pero non se de- bate. No próximo Pleno ven na arde do Día. Sr. Interventor.- Eu lle pediría á Presidencia que si é posible pois se pida algún informe máis por si acaso, porque, eu o que pretendo é que a Corporación, debemos pretendelo todos, que non incorramos en ilegalidades manifestas. Entón está claro que si os informes ... Sr. Presidente.- Ben, pero perdoe un momento. Como ten que vir a próxima semana, evidentemente, aí xa podemos, é que retireino da orde do día á proposta do Grupo Socialista. ------ Folla: 57,58 30.2396.- ROGOS E PREGUNTAS [- Premios de investigación (3.9.) - Subvenciones a los ayuntamientos. - Islas de Toralla y Cortegada (3.2.).] Sr. Presidente.- Ben, pasamos logo a rogos e preguntas. Sr. Secretario.- Hai outros dous asuntos urxentes, un deles é o relativo a premios e becas de investigación do ano 1989, e reuniuse con posterioridade a reunión tamén da comisión correspondente, o xurado, e esa é a razón de que veña por razón de urxencia, a proposta é, aceptar en tódolos seus términos a proposta do xurado cualificador. Sr. Presidente.- Perdón Sr. Secretario, queda para a próxima semana os dous temas que quedan aí. Rogos e Preguntas, Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Unha pregunta ou un rogo, que non se me contestou á pregunta que fixen no Pleno pasado sobre a distribución de subvencións ós Concellos de Lalín, A Guarda, Vilagarcía de Arousa e Nigrán. Sr. Presidente.- Ben, como deben ser moitas leva moito tempo estudialas, pero vostede conte que se lle vai contestar, que non hai intención ningunha. Sr. Gallego Lomba.- Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, vamos a echarle un poco de humor a la cosa porque hubo un poco de tensión, iba a entrar en el tema anterior pero es mejor dejarlo así. Bueno, yo he estado leyendo esos papelitos, esos papelitos municipales, no provinciales en este caso, y viene una factura, o viene un pago o viene un abono, por una cosa que me ha llamado la atención, tampoco por eso se arruina la Diputación provincial, y hablamos del Castillo de Soutomaior, no. Le digo de verdad que la pregunta es curiosa, ¿cuántos perros hay en el Castillo de Soutomaior? Sr. Presidente.- Perdón, mire usted, yo de momento a eso no le puedo contestar, pero es una cuestión de tener buen olfato, dando una vuelta por allí. Sr. Nieto Figueroa.- Se lo digo porque se le acaba de construir una vivienda, que es lo que me preocupa a mi, a mi no me preocupa, que es casi la del elefante, dos millones de pesetas para una perrera, dentro de lo anecdótico, es para tener cuidado que el dinero público vale mucho. y después, Sr. Presidente, aclárenos algún día cuál es la función de una piscina prefabricada que antes le decía, que se ha recubierto de plástico, se le ha metido el plástico dentro por cuatro millones y medio de pesetas, ¿qué función hace una piscina en un lugar cómo ese?, como dirían del artista de cine, qué hace un chico como tu en un país como este. Sr. Presidente.- Bien, tendrá, usted una respuesta exhaustiva. En primer lugar es una piscina prefabricada, y en segundo lugar sirve para eso, para lavarse y para bañarse en ella, yo no creo que tenga otra función. Sr. Nieto Figueroa.- Lavarse no Presidente. Sr. Presidente.- E incluso para ponerse moreno, y yo no tengo inconveniente en que alguno, incluido usted, haga top-less. Sr. Nieto Figueroa.- Pero lavarse no. Sr. Presidente.- Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Sen máis, como pregunta é unha solicitude. Hoxe eu creín que se ía a tratar fóra da orde do día por urxencia, en todo caso estaba na carpeta unha moción do Sr. Nieto sobre a cuestión da Illa de Toralla, e bo, como vai quedar para o próximo Pleno pois igual nos da tempo a ampliar un pouco máis o asunto. A min me gustaría que esta Deputación recabara, dado que se trata dunha cuestión de planeamento urbanístico, toda a documentación sobre o actual proceso de reiniciación da urbanización e conseguintemente deterioro ecolóxico da Illa de Cortegada para coñecelo nesta Deputación e a ver se somos capaces de facer algo que tampouco sería un mal servicio á provincia, salvar unha das poucas illas que quedan en estado natural. Sr. Presidente.- Ben, faga vostede unha moción, que é moito máis correcto. Sr. Costas Abreu.- Si, o que fago é como esta Deputación ten dereito a solicitar información de calquera Concello da Provincia, eu que sei, solicito ó Concello toda a documentación. Sr. Presidente.- Vostede fai un rogo, é un rogo. Sr. Costas Abreu.- Si, si, excito o seu celo para que pida esa documentación Sr. Presidente.- Pois vamos a ver se me excitou. Levantamos a sesión para mellor día. E non habendo mais asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as vinte horas e quince minutos do expresado día, dáse por terminada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que firmarán os asistentes comigo o Secretario que certifico. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición