ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.318
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 1989/06/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.098/1.1989-06-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1989/06/23_Ordinaria

  • Data(s) 1989-06-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 17,18 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 23 de xuño de 1989 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas e dez minutos do día vintetrés de xuño de mil novecentos oitenta e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados D. Adolfo Abalo Ríos, D. José Castro Álvarez, D. Francisco Javier Cobián Salgado, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Manuel Costa Casares, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Manuel Díaz González, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Xosé Manuel Gallego Lomba, D. Emilio González Iglesias, D. Sebastián Juncal Currás, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Xosé Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. Xosé Manuel Pérez Alarcón, D. Modesto Valverde Soto, e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, de acordo coa correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación e formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Antón Castro López, está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten os Sres. Deputados D. Xosé Manuel Barros González, D. Diego Murillo Carrasco e D. Antonio Pillado Montero, quen xustifican a súa ausencia. Tampouco asiste D. Fernando Garrido Valenzuela. Incidencias: O Sr. Deputado D. José Castro Álvarez comparece no punto seis, D. Xosé Manuel Pérez Alarcón no sete, e D. Lois Pena Viéitez no dez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2458.- ACTAS ANTERIORES. Sr. Nieto Figueroa.- Vamos a ver. Me voy a referir al Acta del pasado día 8 de mayo, y yo quiero que los Diputados y Su Señoría se fijen en los apartados, por ejemplo en la página once, en la página diecisiete y en la página treinta y dos en la que definitivamente usted me sacó el uso de la palabra, cuando se estaba tratando el tema de Acción Comunitaria. La polémica había surgido, como recordamos todos, porque yo entendía que de ninguna forma se podían hacer obras en ningún Ayuntamiento como tantas veces se ha dicho aquí, sin previa autorización municipal, autorización municipal que no figuraba, que no constaba en el pliego de condiciones para facilitar las cantidades o las obras correspondientes. Esto quedó claro, siguió así el tema y, yo me encuentro con la gran sorpresa, con la gran sorpresa de que en el Acta no figura pero en el Boletín Oficial de la Provincia aparece una nota aclaratoria que dice, se recuerda que con arreglo a lo dispuesto se acuerda, se recuerda no, se acuerda, y me gustaría saber si algún Diputado o el Presidente, se acuerdan de que se acordó eso, porque si no es así algo falla, o el Boletín Oficial de la Provincia o los redactores de las Actas. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, para mi, sin querer entrar en ningún tipo de polémica, estaba claro que para hacer una obra en cualquier municipio por parte de esta Institución, estaba claro, estuvo y estará siempre, tiene que tener la consiguiente y preceptiva licencia municipal. Para mi siempre estuvo claro, yo ahora no conozco los términos exactos del Acta pero para mi siempre quedó claro. Yo creo que en definitiva es de lo que se trata, de que se pida la licencia municipal. Sr. Nieto Figueroa.- Yo no discuto Presidente de que usted no lo tuviese claro, yo lo que discutía y lo que dije porque ese impreso, vuelvo a repetir, el impreso a que me refiero concretamente donde están las condiciones para acceder a lo de la comunidad, a la cosa comunitaria, no figura expresamente, no figura expresamente porque se dice taxativamente que basta con que lo soliciten los vecinos, y entonces se elude y se evita, y ahí estuvo la gran polémica por la cuál usted me sacó el uso de la palabra, la solicitud municipal, o sea, el permiso municipal por... Sr. Presidente.- Sr. Nieto, perdone un momento. Yo soy Alcalde y usted es Concejal, o usted Concejal y yo Alcalde, cualquier obra del tipo que sea, aunque sea sacar una teja de un edificio, necesita la licencia municipal, cualquier obra, es decir, el Sr. Alcalde de cualquier municipio de España puede paralizar la obra de quien sea, ahora mismo se está viendo, no se si por esa razón o por otra que al Sr. Alcalde de Vigo el propio Ministerio le dice, oiga, bueno, quiero decir, cualquier Alcalde puede paralizar una obra que no tenga licencia, entonces sería casi innecesario hablar de la licencia porque tiene que ir recogida tácitamente en cualquier obra que se quiera hacer. Y esta es la verdad, ahora, que además debiera estar recogida, pues puede ser, pero yo no creo que esto tenga nada que ver con el Acta. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, efectivamente estamos de acuerdo en que usted ya sabe que se hacen obras en Ayuntamientos sin licencia municipal, usted lo sabe tanto como cualquiera, yo lo que le he pedido es sencillamente una aclaración. Sr. Presidente.- Pero también se que el Alcalde la puede paralizar, lo cuál quiere decir que hay que suponer que la tenga. Sr. Nieto Figueroa.- Vamos a ver Presidente, no es cuestión de polémica, sencillamente yo pregunto si alguien se acuerda de que aquí se acordó eso y por qué figura en el Boletín Oficial de la Provincia una cuestión que aquí no se ha comentado. Sr. Presidente.- Perdón, para mi se habló. Yo lo tengo claro, lo tuve siempre claro, por eso no entendí alguna de las cosas que salieron en la prensa inicialmente porque yo lo tenía claro, por lo menos en conciencia. Gracias Sr. Nieto. Sometemos a votación el Acta, las Actas, son dos. ¿Votos en contra?, ¿abstenciones? Aprobadas por unanimidad, ah, perdón, Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Simplemente para dicir que na do día oito non votei porque non estiven, o que si me gustaría é que se dixera que a mina ausencia foi avisada e xustificada. Sr. Presidente.- Si, de acordo, recoller que foi xustificada a ausencia. Gracias Sr. Costas Abreu. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-los borradores das Actas das anteriores sesións, Extraordinaria do 8 e Ordinaria do 30, ámbalas dúas de maio de 1989. Por expreso desexo do Sr. Deputado D. Xesús Manuel Costas Abreu (PSG-EG), faise constar en Acta que a súa ausencia da sesión de 8 de maio foi xustificada. ------ Folla: 18 2.2459.- AXUDA PARA CREACIÓN DUN CENTRO TÉCNICO NACIONAL SOLICITADO POLA UNIÓN DE FABRICANTES DE CONSERVAS DE GALICIA. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención? Aprobado por unanimidade. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Pesca e Cultivos Mariños acorda por unanimidade, conceder unha axuda para financiar un Centro Técnico e de carácter nacional, a radicar na provincia de Pontevedra, na hipótese de que o devandito Centro sexa concedido pola Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía, mediante consignación nos Presupostos dos anos 1990 e 1991 de SESENTA MILLÓNS DE PESETAS (60.000.000), en cada exercicio e tendo presente que a axuda da Excma. Deputación non pode excede-lo 50% da axuda económica que corresponde financiar ó sector, o seu traslado á Intervención de Fondos para o seu preceptivo informe económico. Para o exercicio de 1989, consignaranse CINCO MILLÓNS DE PESETAS (5.000.000), da partida de Investigación, Pesca e Cultivos Mariños, para promoción e desenrolo do proxecto proposto, previo informe da Intervención de Fondos Provinciais. ------ Folla: 18,19 3.2460.- PREGO DE CONDICIÓNS DO CONCURSO PARA A REALIZACIÓN E ACTUALIZACIÓN DA "ENQUISA SOBRE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTO LOCAL". Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención? Aprobado por unanimidade. Resultando que pola Dirección Xeral de Análises Económico-Territorial concédese unha subvención de CATRO MILLÓNS DUASCENTAS SESENTA E DÚAS MIL PESETAS (4.262.000) para financiar en parte os traballos de actualización e ampliación da "Enquisa sobre Infraestructura e Equipamento Local". Resultando que a Intervención de Fondos informa haber habilitado un crédito de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000) no Presuposto vixente, para tal finalidade, en cumprimento do acordo do Pleno de 30 de marzo de 1989. Visto o informe favorable da Comisión Informativa de Sanidade, Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente de data 19 de abril de 1989, O Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aproba-lo prego de condicións económico-administrativas para a contratación mediante concurso público dos traballos de actualización da "Enquisa sobre Infraestructura e Equipamento Local" e realización da de Pontevedra e Vigo, por un prezo máximo de VINTECATRO MILLÓNS DUASCENTAS SESENTA E DÚAS MIL PESETAS (24.262.000), prazo de execución de 6 meses e con suxeición ás Instruccións Xerais para a 2ª fase da citada Enquisa dictadas pola Dirección Xeral de Análises Económico-Territorial. Segundo.- Expor ó público o citado prego de condicións por prazo de 8 días, de conformidade co artigo 122 do R.D. Lexislativo 781/86, de 18 de abril, continuándose seguidamente tódolos trámites da licitación e facultándose ó Ilmo. Sr. Presidente para a firma do contrato correspondente. ------ Folla: 19 4.2461.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO DE NOVA ESTRADA DE SILLEDA A VILA DE CRUCES; TRAMO 2º BODAÑO-VILA DE CRUCES. Sr. Presidente.- Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Si Presidente. Independentemente de que o Grupo Socialista vai votar a favor do punto catro, pedimos unha vez máis no ánimo constructivo de que se faga un Plan Provincial de Estradas. Sr. Presidente.- Estase rematando. Sr. Gallego Lomba.- Por iso entón estas obras debiamos aguantalas un pouco para non... Sr. Presidente.- Vostede sabe que este é un proxecto anterior a nós, o Plan estase rematando e creo que remata o prazo no mes de xullo, o prazo que ten o consulting. Sometemos a votación o punto catro: ¿votos en contra do dictame da Comisión?, ¿abstencións?. Aprobado por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión de Vías e Obras, e por non haberse presentado reclamacións durante o período de exposición ó público, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar definitivamente o proxecto de "Nova estrada de Silleda a Vila de Cruces, Tramo 2º Bodaño-Vila de Cruces", polos seguintes importes: Presuposto de execución por contrata.............................. 300.552.815 Presuposto de restitución das servidumes afectadas polas obras.............................................................. 425.000 Importe das expropiacións................................................... 37.898.280 TOTAL............................................................ 338.876.095 ======================================================== Así mesmo, acórdase solicita-la declaración, polo Consello da Xunta de Galicia da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras á que o referido proxecto se contrae, cos efectos previstos no Art. 52 da Lei de Expropiación Forzosa e acórdase tramita-lo expediente a que se refire a Orde á Consellería da Presidencia de Galicia, de 7 de decembro de 1983 (Diario Oficial de Galicia, nº 187 de 13 de decembro de 1983), facultando á Presidencia tan amplamente como sexa necesario para levar a debido efecto o cumprimento do acordado. ------ Folla: 19,20 5.2462.- APROBACIÓN INICIAL DOS PROXECTOS: MELLORA DE TRAZADO E FIRME NA C.P. DE PRADO A VILATUXE; MELLORA DE TRAZADO E FIRME DA C.P. DE VERDUCIDO A CAMIÑOS. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto encontra?, ¿algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno por unanimidade, acorda aprobar inicialmente os proxectos que a continuación se detallan, e a súa exposición ó público a efectos de reclamacións durante o prazo regulamentario: a) MELLORA DE TRAZADO E FIRME DA C.P. DE VERDUCIDO A CAMIÑOS. O presuposto é o seguinte: Importa a execución material..................................... 3.065.147 Importa a execución por contrata.............................. 3.647.525 Presuposto global contractual................................... 4.085.228 Expropiación................................................................... 69.750 Presuposto para coñecemento da Administración..... 4.154.978 =========================================================== b) MELLORA DE TRAZADO E FIRME NA C.P. DE PRADO A VILATUXE. O presuposto é o seguinte: Importa a execución material..................................... 1.102.770 Importa a execución por contrata.............................. 1.312.296 Presuposto global contractual................................... 1.469.772 Expropiación................................................................... 98.244 Presuposto para coñecemento da Administración.... 1.568. 016 =========================================================== ------ Folla: 20 6.2463.- ALEGACIÓN DE DEPUTACIÓN O PROXECTO DE TRAZADO DA VARIANTE DE PUXEIROS NA AUTOVÍA VIGO-FRONTEIRA PORTUGUESA. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno, acorda por unanimidade, dirixirse ó Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo alegando, dentro do período de información pública do proxecto de "Traza de variante en Puxeiros da Autovía Vigo-Porriño" entre os P.K. 632,0 e 633,8, que ó desaparece-lo "Enlace para o acceso ó Aeroporto de Peinador e ó Psiquiátrico de O Rebullón", que facilitaba tamén un enlace directo entre o "Colexio Universitario de Vigo e Peinador", o que prexudica notablemente a tódolos usuarios do Aeroporto, por canto teñen que seguir accedendo a aquel pola intersección actual de Puxeiros, xa que aínda que se diminúa o tráfico, non deixa de ser un cruce incómodo e de pouca seguridade, cómpre que se realice un estudio para un novo enlace entre as estradas provinciais de Peinador e Rebullón e a variante que se proxecte, co fin de facilita-lo acceso desde Vigo e o CUVI ó Aeroporto. E así o interesa esta Corporación Provincial do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo. ------ Folla: 20,21 7.2464.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE BAIONA, INTERESANDO CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓN DA OBRA Nº 14 DO POS/89, PARA TRANSFERIR A NOVA QUE SE PROPÓN: "PAVIMENTACIÓN BEIRARRÚA RÚA RAMÓN E CAJAL E CONSTRUCCIÓN CINTO DE PRESIÓN. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Gracias Presidente. O Grupo Socialista non estaríamos en contra do cambio de aplicación que solicita un Concello sempre e cando fose normal, e máis algo que defendemos nós sempre, pero no caso este do Concello de Baiona, nos chama a atención que é un cambio de aplicación dun saneamento e dun arranxo duns depósitos para unha pavimentación dunhas beirarrúas no casco urbano, e o anterior, o que estaba aprobado no Pleno é do Plan de Obras e Servicios, era para o saneamento concretamente de Baíña, eu teño aquí uns expedientes, eu presupoño que os terán tódolos portavoces, onde non se argumenta o cambio, se di que tecnicamente é imposible realiza-la obra e eu, concretamente onte falando con Concelleiros de Baiona din que non hai tal proxecto, nin se fixo estudio nin moito menos, entón a decisión é do Alcalde, de cambia-la obra así, por Decreto. Sr. Presidente.- Ben, por Decreto, supoño que terá o acordo do Pleno. Sr. Gallego Lomba.- Si, si, pero. Sr. Presidente.- Eu si fora por Decreto xa lle dicía agora mesmo ó Alcalde de Baiona, non, outra cousa é que teña acordo do Pleno, ¿non? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, vou ver se o convenzo de que lle diga ó Sr. Alcalde de Baiona que non. O Concello de Baiona fixo unha proposta de Plan de Obras e Servicios por consenso entre tódolos grupos, e unha das cuestións que incluía era o saneamento, a rede de sumidoiros á marxe dun río na parroquia de Baíña que ademais era unha vella reivindicación daquela zona. Agora se nos propón destinar isto a facer unha beirarrúa que é algo bastante menos interesante e prioritario, e a argumentación que se da explicitamente no acordo é que hai problemas técnicos, xa o dixo antes o Sr. Gallego, pode haber problemas técnicos pero de momento non o sabemos, porque non se fixo proxecto nin estudio ningún, e eu en último caso proporía que se lle pedira unha xustificación en forma desta modificación. Ben, esta digamos que é a parte técnica, logo hai unha parte política que se cadra convén recordar. O caso de Baiona é un caso atípico onde visto-los resultados das últimas eleccións ata o meu grupo, PSOE, e tódolos partidos digamos do arco parlamentario, votamos un Alcalde de AP, cousa estraña pero queren vostedes recordar para ver cal é a actitude dalgúns grupos políticos en relación con outros. Votamos un Alcalde de AP para quitar do medio un Alcalde suigéneris, e agora resulta que o Sr. Alcalde de AP cos votos de parte do grupo suigéneris decide cambiar unha obra racional por outra admisible pero menos racional, como ó fin e ó cabo o Plan o aprobamos nós eu lle pediría que cando menos xustifiquen tecnicamente iso, é dicir, o que non se pode é a tódolos habitantes dunha parroquia conceder unha obra que é importante e logo pegarlle o cambio sen máis. Eu creo que iso non é xusto. A Administración ten que actuar motivada e racionalmente. Sr. Presidente.- Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, falta por decir todavía algo más. Efectivamente este asunto estaba destinado en una cantidad de tres millones y tal, para reparación de depósitos de agua, y ahora se trata de pavimentar una acera. Pero es que usted precisamente Presidente es el que más fervientemente tiene que decir que no, porque usted ha enviado un escrito el 21 de diciembre del pasado ano en el que dice y firma que fehacientemente de ninguna forma se puede cambiar ningún Plan que haya sido previamente aprobado. Es decir, nosotros contamos con su voto Presidente. Sr. Presidente.- Es cierto que yo mandé ese escrito en aras, precisamente a evitar todo este tipo de situaciones. Lo que pasa que muchas veces en la vida la excepción confirma la regla y no digo que esta sea la excepción ni que esta vaya a ser la regla, pero, Sr. Castro. Sr. Castro Álvarez.- Bueno, yo creo que el Plan de Obras y Servicios se confecciona a propuesta de los Ayuntamientos y el Ayuntamiento, no el Alcalde, y el Ayuntamiento de Baiona manda ahora un cambio de aplicación yeso se está haciendo continuamente con todas las opciones políticas que integran esta Diputación y los Ayuntamientos de la Provincia. Hay circunstancias en que no se puede acometer una obra, no tienen porque perder el dinero que le corresponde y lo aplican en otra, simplemente es así y además es a propuesta del Ayuntamiento, no del Alcalde, que conste. Sr. Presidente.- Sr. Gallego. Sr. Gallego Lomba.- Si, para contestar al Sr. Castro. Que la regla se aplique para todos porque hay Ayuntamientos Socialistas con mayoría que envían a la Comisión de Cooperación un proyecto x del Plan de Obras y Servicios y la Comisión por unas alegaciones presentadas por Concejales del Partido Popular dice que hay que remitirla otra vez al Ayuntamiento para que modifique el proyecto, etc. etc., si se aplica que se aplique para todos. Sr. Castro Álvarez.- Yo creo que se debería decir que especificase qué Ayuntamiento y después se le podría contestar la razón por la que todavía la Comisión no se manifestó, es decir, que la Comisión no ha dicho no, todavía. Ha pedido más información y lo sabe el propio Grupo Socialista. Y le consta al Grupo Socialista que se están aceptando cambios de aplicación de sus Municipios. Sr. Presidente.- Bien, pero no entremos en polémica. Dejémoslo así de momento. Sr. Costas, última intervención. Sr. Costas Abreu.- Si, eu lles pediría como, imos, ou proporía como solución transitoria para chegar a un acordo que se lle solicite ó Concello de Baiona que nos informe cales son os seus problemas técnicos e se hai ou non proxecto para obra inicialmente incluída. Insisto en que vostedes deberían ter en conta se prefiren gobernar cos chichos ou seguir contando co apoio dos Partidos democráticos en casos como este. Sr. Presidente.- Sr. Portavoz da Comisión. A mina postura sería a de pedi-la documentación técnica, é dicir, a xustificación técnica, a miña. Pero eu vou a respectar absolutamente, para fixa-la posición a do Presidente da Comisión de Cooperación. Sr. Castro Álvarez.- Yo me ratifico en los criterios que tiene la Comisión y se ha adoptado el mismo criterio de las anteriores. Quiero más decir que el proyecto lo ha presentado, de esta nueva obra, pero no tengo inconveniente en que se pida más ampliación si se quiere. No tengo ningún inconveniente porque se demostrará una vez más que los Ayuntamientos... Sr. Presidente.- Pero ó mellor é bo precisamente demostralo. Pídese máis información técnica. No próximo Pleno decídese. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Se se demostra tecnicamente que a obra primeira é inviable votaremos a favor do cambio de aplicación, pero non hai proxecto. Sr. Presidente.- Gracias. A proposta do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), deixase pendente o asunto relativo á solicitude do Concello de Baiona, interesando cambio de aplicación de subvención da obra nº 14 do POS/89, para transferir á nova que se propón "Pavimentación beirarrúa rúa Ramón y Cajal e construcción cinto de presión", e acórdase solicitar do Concello de referencia ampliación de información relativa á xustificación do cambio. ------ Folla: 21,22 8.2465.- FINANCIAMENTO DO "PLAN DE OBRAS DA REDE VIARIA LOCAL". Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, a mina intervención vai ser común para os puntos oito e nove, porque creo que en sustancia ven sendo o mesmo. Bo, logo imos falar da cuestión do Plan Provincial de Cooperación, e eu creo que se está dando un retroceso grande nos mecanismos de coordinación entre o Estado e Administración Local, desde que nace en 1957 o instrumento dos plans de obras ou dos plans de cooperación, nacían cun criterio moi claro que era que tódalas axudas do Estado ás Corporacións Locais e concretamente ás Deputacións, tiñan que instrumentarse por medio dun Plan Provincial e que as actuacións da Deputación en relación cos Concellos tiñan que instrumentarse tamén por medio do Plan Provincial, e iso é o lóxico para consegui-la maior eficacia. Aquí nos puntos sete e oito se nos trae un Plan de Obras da Rede Viaria Local do Estado que aprobou a Comisión de Goberno, na que os que non somos membros da Comisión de Goberno e do grupo pesadamente maioritario non pintamos nada, ese é o punto oito, e no punto nove o MAP danos cartos para face-lo que manda o MAP, nin máis nin menos. Como eu de convidado de pedra non teño especial vocación pois vou votar en contra dos dous. Sr. Presidente.- Ben, sometemos a votación o punto oito, dictame da Comisión, ¿votos en contra?, ¿abstencións?. Aprobado co voto en contra do Sr. Costas Abreu. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG) , aproba-lo seguinte acordo: O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día trinta e un do pasado mes de xaneiro, aprobou o "Plan de Mellora e Conservación de Camiños Veciñais nos Municipios de menos de 20.000 habitantes", que recibe o nome de "Plan de Obras da Rede Viaria Local", a nivel estatal. No investimento de CENTO SESENTA MILLÓNS DE PESETAS (160.000.000), para as trinta obras aprobadas, participaban o Estado e a Deputación ó 50%. Como consecuencia do escrito número 1084, de data 9 de maio pasado, da "Dirección Xeral de Análises Económico-Territorial", no que se participa a esta Deputación a asignación de SESENTA E NOVE MILLÓNS DUASCENTAS MIL PESETAS (69.200.000), o que supón unha rebaixa de DEZ MILLÓNS OITOCENTAS MIL PESETAS (10.800.000), e coa finalidade de non excluír o Plan ningunha das obras aprobadas, a Deputación incrementa a súa aportación a NOVENTA MILLÓNS OITOCENTAS MIL PESETAS (90.800.000), polo que a Intervención terao en conta na próxima habilitación de crédito que se realice e aumente a partida correspondente en DEZ MILLÓNS OITOCENTAS MIL PESETAS (10.800.000). ------ Folla: 22 9.2466.- FINANCIAMENTO E APROBACIÓN DO "PLAN DE OBRAS DE ELIMINACIÓN DE PUNTOS NEGROS". Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención?. Voto en contra do Sr. Costas Abreu. Aprobado por maioría. A Dirección Xeral de Análises Económico Territorial do Ministerio para as Administracións Públicas, a través do escrito nº 1084, de data 9 de maio pasado, asigna a esta Deputación a cantidade de VINTEÚN MILLÓNS SETECENTAS SETENTA MIL PESETAS (21.770.000) para atende-las obras de eliminación de puntos negros, para os proxectos que se relacionan: Aportacións: 70% 30% SITUACIÓN E DETALLE DA OBRA Presuposto Estado Deputac Acceso As Sinas (Vilanova de Arousa). Intersección................... 1.100.000 770.000 330.000 C.P. Noalla-Caldas, 2º -- tramo (Ribadumia) pk. 9,0 mellora curva.................................... 2.150.000 1.505.000 645.000 C.P. Vilanoviña-Caldas -- (Portas) p.k. 1,0 mello- rar curvas......................................... 2.000.000 1.400.000 600.000 C.P. Ponteareas-As Neves (Salvaterra de Miño) p.k. 8,3 Ponte Leirado............................ 4.750.000 3.325.000 1.425.000 C.V. Beade-A Garrida (Vi- go) p.k. 3.0 mellorar pon te..................................................... 2.150.000 1.505.000 645.000 C.P. Callobre-Ponte Ledes ma p.k. 9,00 mellorar cur vas.................................................. 2.850.000 1.995.000 855.000 C.v. Vincios-Nigrán p.k. 9,5 paso estreito na cur- va.................................................... 4.850.000 3.395.000 1.455.000 C.V. Bordóns-Samieira p.k 1,0 mellorar curva............................1.000.000 700.000 300.000 C.v. Rodeiro-Osera p.k. - 5,0 mellorar curva........................... 2.000.000 1.400.000 600.000 C.v. Achas-Franqueira (A Caniza) p.k. 5,0 mellorar Curvas.............................................1.900.000 1.330.000 570.000 c.v. Lagares-Pineiro (Mon dariz) p.k. 0,9 mellorar ponte.............................................. 3.500.000 2.450.000 1.050.000 C.P. Vilapouca-A Estrada mellorar curvas............................... 2.850.000 1.995.000 855.000 SUMAS............................. 31.100.000 21.770.000 9.330.000 =========================================================== Como a subvención cubre como máximo o 70% do importe de cada proxecto, o Pleno acorda, co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), que a Deputación aporte o 30% restante, que ascende a NOVE MILLÓNS TRESCENTAS TRINTA MIL PESETAS (9.330.000), dando aprobación ás obras sinaladas e habilitando crédito pola devandita cantidade de NOVE MILLÓNS TRESCENTAS TRINTA MIL PESETAS (9.330.000). ------ Folla: 22,28 10.2467.- ESTUDIO DA RECLAMACIÓN DO DEPUTADO SR. COSTAS ABREU CONTRA OS ACORDOS APROBATORIOS DAS BASES REGULADORAS DOS PROGRAMAS DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA 1989; ACCIÓN MUNICIPAL PARA A CONSTRUCCIÓN, ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA O EXERCICIO DE 1989 E ACCIÓN MUNICIPAL PARA 1989. Sr. Presidente.- Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Yo le solicito Presidente que esto quede pendiente porque, por supuesto que, prácticamente estoy totalmente de acuerdo con la alegación del compañero Jesús pero hay un recurso de reposición pendiente de tratar, y creo que por lógica y por fechas le corresponde, y como hay mucho que hablar del tema, porque hay mucho que hablar del tema, lo de los cincuenta mil en vez de los veinte mil, etc., etc., etc., yo le solicito que quede pendiente para la próxima sesión. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Nieto. Sr. Costas, depende do Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Eu se queren que quede pendente non hai problema, pero, imos, o que me gustaría saber para enfoca-la miña exposición é si xa se leron o meu recurso porque se vou a debater comigo mesmo pois fago unha intervención distinta de se algún de vostedes pode entrar no detalle, ¿non?, porque a situación ven sendo a seguinte. Esta cuestión tratouse nun Pleno no que eu non puiden estar, xa digo, non puiden estar e avisei antes de que se convocara o Pleno de que ía estar fóra uns días, eu creo que é un tema capital, non só en si polas cantidades que supón senón pola mecánica que introduce ou que vai acrecentando o que nese Pleno se aprobou, e claro, eu cheguei á Comisión e tiven que discutir contra min mesmo e contra os técnicos que fixeron uns informes que eu, por suposto, con todo o respecto, me atrevín a clasificar dentro da subespecie tipo Pilatos, deses de lavarse as mans e non dicir nada, xa digo que o digo respectuosamente, ¿non?, unha faena de aliño, que o diríamos na linguaxe taurina, e claro, é un pouco difícil traballar así porque eu fixen un esforzo de reflexión e intento suscitar un debate que me parece relevante neste asunto. En todo caso vou intentar expoñe-la miña argumentación. Os instrumentos de planificación son a cuestión absolutamente central en calquera Administración ó igual que en calquera empresa privada, e hai varios instrumentos de planificación regulados e absolutamente centrais na actuación de calquera administración, por poñe-los dous exemplos máis claros, hai un instrumento de planificación económica a curto prazo que é o presuposto que se aproba cada ano, aquí teño unha idea bastante chicle, xa o dixen moitas veces do presuposto, pero iso é o que lle da racionalidade económica ó funcionamento da Deputación durante outro ano, e hai un instrumento de planificación urbanística a medio prazo que é o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou as normas subsidiarias que se aproben, en todo caso os instrumentos de planificación defínense por dúas características, son únicos, pretenden racionaliza-la actuación administrativa en toda unha materia e son vinculantes, e determinan os criterios e as prioridades a partir dun coñecemento real das necesidades que hai nesa materia, por iso necesita tal cantidade para mante-lo Hospital provincial ou se necesita tal cantidade de solo urbano ou de solo industrial. Bo, pois o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios municipais é un instrumento idéntico, e as prioridades en termos xenéricos márcanse legalmente, dentro das competencias municipais hai unha prelación, digamos que hai tres tipos: hai uns servicios mínimos obrigatorios que son abastecemento de auga, rede de sumidoiros, acceso rodado, etc., que están configurados legalmente como dereitos dos veciños, mesmo esixibles xudicialmente. Hai outra serie de competencias municipais no sentido estricto que non son obrigatorias, en función das capacidades económicas dos Concellos, e logo hai unhas competencias abertas en materia e promoción de emprego, de fomento da igualdade da muller, etc., que non son propiamente competencias senón ámbitos de actuación posibles en función da decisión política de cada Corporación. E a finalidade básica da Deputación é colaborar cos Concellos para que os servicios mínimos obrigatorios estean en funcionamento e en correcto funcionamento para tódolos cidadáns da provincia canto antes, e aquí é onde baixamos á crúa realidade. Esta Deputación en vez de facer un Plan Provincial que sería un pouco o que racionalizaría o funcionamento administrativo e é ademais o que marca estrictamente a Lei, porque tanto na lexislación actual na Lei de Bases e no Texto Refundido se fala sempre de que se aprobará un plan, e tódalas normas din que o plan, non os plans. E na normativa anterior, un colle por exemplo a regulación da acción comunitaria e o artigo 1 do Decreto que regula, Sr. Presidente, pídolle ós compañeiros de enfronte que se soseguen e senón que dean un paseo, porque me distraen. Sr. Presidente.- Tranquilos señores. Sr. Costas, siga usted. Sr. Costas Abreu.- Eu comprendo señores, recoméndolle ó Sr. Herrera que se dea un paseo e así xa non me molesta. Bo, pois como dicía no Decreto que regula a Acción Comunitaria, o artigo un, por exemplo, di textualmente: "Os Concellos e as Deputacións poderán aprobar obras de Acción Comunitaria dentro do Plan Provincial de Obras e Servicios", dentro do. Bo, pois aquí temos, por unha banda o POS que é unha fotocopia textual do mesmo POS que se fixo aquí o ano pasado, o anterior, o anterior, o anterior e o anterior. Desgraciadamente os POS naceron en decembro de 1957 que fun cando nacín eu, e a min me gustaría ver cambiar na mina vida algunhas cousas para mellor, non que se repetiran, porque para iso realmente non tiñamos porque estar aquí, se mandaban as fotocopias tódolos anos ó Boletín e listo. Se aproba unha Comarca de Acción Especial inda que xa transcorreron os cinco anos de funcionamento desta Comarca e polo tanto estaba rematada a súa vixencia. Se aproba un Plan de Acción Comunitaria, se aproba un Plan de Acción Municipal e se aproba un Plan de Instalacións Deportivas. E todos eles son moi parecidos pero ó final non teñen nada que ver, é dicir, é como se en vez de aprobar un plan xeral no Concello de Lalín dunhas normas subsidiarias, vostede vai, colle e aproba sete plans xerais, un para as zonas do Concello de Lalín máis ben grandes, outro para as zonas do Concello de Lalín máis ben pequenas e outro para zonas medianas, e outro xa veremos, e claro, loxicamente non vai conseguir vostede maior eficacia na planificación urbanística do territorio, así creo eu, é a miña modesta opinión, e sen embargo así son as cousas. Si eu o que digo é que isto amais de non axustarse á Lei é non inclinarse por criterios de eficacia e racionalidade senón ser un tanto chapuceiro, se mo permiten dicir con cordialidade, é incrementalas doses de arbitrariedade na asignación destes recursos, cuestión certamente grave e que vostedes máis alá do que escriben xustifican dicindo que, como a Xunta caciquea nós caciqueamos, e como nós caciqueamos a Xunta caciquea, e como a Xunta caciquea nós caciqueamos, e me parece que o dixo xa George Bernard Shaw, cóllese un círculo, acaríciaselle e xa temos un círculo vicioso, o problema é que para saír do círculo vicioso a cousa se pon bastante dificultosa. Pero amais desta exposición xeral que eu intento introducir a ver se os convenzo de unificar isto dunha vez, nos tres concretos programas que aquí se aproban hai cuestións de detalle certamente relevantes e eu díxenllo ó Sr. Mera o outro día, que recoñecía honestamente que non se lera o recurso, e supoño que por iso non aceptan nada, pero hai cuestións que eu creo que teñen certa importancia e que deberían introducilas. Analizando un por un os tres plans que se aprobaron, o primeiro de Acción Comunitaria, eu creo que o que non se deben aprobar nunca son unhas bases contradictorias en si mesmas e en Acción Comunitaria sucede o seguinte: nun artigo das Bases vostedes din que as "Comunidades Veciñais", poden solicitar elas con ou sen intervención do Concello. Igualmente como se remiten á normativa xeral de Acción Comunitaria, Acción Comunitaria se define, é dicir, é unha especie de extensión do que se chama prestación persoal, é dicir, que a Administración o que paga basicamente son os materiais e os veciños se encargan de poñe-la man de obra, pero sen embargo ó entrar polo medio os Concellos, ó final o que van facer, e vostedes o recollen tamén nas Bases é contratar as obras, sen máis co cal non hai Acción Comunitaria. E eu en último termo o que lles propoño aí é corta-lo nó ó gardián. A min me parece léxico que se destinen cincuenta millóns de pesetas ó que lle chamariamos en sentido estricto Acción Comunitaria, é dicir, contando simplemente coa autorización municipal, coa correspondente licencia que se axude ás Asociacións Veciñais sen ánimo de lucro, é dicir, ás Asociacións de Veciños ou ás Entidades Veciñais deste tipo que poida haber, porque eu creo que hai cousas importantísimas. Unha gran parte ou que tódalas parroquias da provincia de Pontevedra tiveran un local social de uso público para as súas reunións e as súas actividades a min me parece un fin lóxico e desexable e eu prefiro que se faga iso a unha cousa híbrida que non se sabe para que vai servir. E é un pouco o que lles propoño que se atrevan a dar ese paso. A Xunta o fixo mediante unha Lei, mediante diversos decretos e non pasa nada e é sensato e é perfectamente lícito e ten cobertura legal. Polo programa de Instalacións Deportivas eu creo que si, é a chiste, me parece que xa falamos varias veces de como afrontar este tema, tema que ademais ten un absoluto baleiro legal porque aquí se da unha das situacións máis curiosas desde o punto de vista xurídico-político que se poidan concibir, se mo permiten ademais vou roubarlles un minuto do seu precioso tempo en explicala. A Constitución e o Estatuto din que os Deportes son unha competencia exclusiva a tódolos efectos das Comunidades Autónomas. E na Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía se di que a Comunidade Autónoma Galega ten competencia exclusiva para lexislar e para xestionar en materia de Deportes. Con posterioridade á aprobación da Constitución e do Estatuto o Estado ten o valor, imos a dicilo así, de aprobar unha Lei de Cultura Física e do Deporte da que eu digo neste escrito que é mellor non criticala porque hai Leis malas que fan dano, hai Leis que non serven para nada, como esta; e hai Leis boas que supoñen un certo avance. Esta e da categoría e entón da igual que aprobaran. E o máis simpático do caso é que segundo declaracións textuais dos responsables de Deporte da Comunidade Autónoma, eles agora non fan unha Lei de Deporte, porque están esperando a que o Estado faga outra cando o Estado carece de competencias para facelo. E unha cuestión paradoxal que revela onde vivimos e como estamos, porque hai Comunidades Autónomas que teñen a súa Lei de Deportes e fixeron xa o seu Plan de aproximacións sucesivas de Instalacións Deportivas. Bo, pois mentres tanto nós seguimos funcionando nese baleiro pero tamén funcionamos sen moito criterio, é dicir, por exemplo, falouse aquí algunha vez o aceptamos por unanimidade, de que o sistema máis rápido e máis barato de dotar de instalacións deportivas á provincia sería ofrecerlle ós Concellos cartos para mellora-las instalacións deportivas que hai nos Centros Educativos públicos a cambio de que se abriran ó uso dos veciños fóra do horario lectivo. Non se fai iso. Fan vostedes unha convocatoria no aire, pero nesa convocatoria se esquecen: unha, nin sequera de incluí-las normas técnicas internacionais en materia de instalacións deportivas, para evitar chapuzas e hai moita chapuza deportiva feita nesta provincia con cartos desta Deputación; segunda, os solicitantes non teñen nin o mínimo rigor de pedirlles, unha, un proxecto de como se van xestionar esas instalacións que ademais garante o máximo uso desas instalacións e nin sequera a obriga por parte do Concello solicitante, a obriga, ademais consignada formalmente, de conservar en perfectas condicións as instalacións deportivas que así se realicen. Claro son cousas que non son tan difíciles de introducir e que garantirían unha maior eficacia dos cartos que destinamos a este tipo de cuestións e eu creo que debería introducirse, dígollo sensatamente, me parece difícil atopar argumentos para non incluír estas cuestións. E polo demais, xa que estamos a unha semana vista de febre europeísta verbal que nos invadiu a todos, pois hai unha Carta Europea do Deporte que marca uns criterios bastante sensatos que eu creo que deberiamos ir asumindo en vez de facer estas improvisacións. Por último, no tocante ó Programa de Acción Municipal, eu digo no recurso que isto é un POS bis, pero un POS bis en vez de mellorado, empeorado, porque aínda se marcan menos criterios que no POS e mira que hai poucos criterios no POS. Vostedes aproban aquí o POS do 57, desde hai trinta anos, trinta e un. Porque ten os seguintes factores de empeoramento en relación ó pos: Non se esixe acordo do Pleno e aquí hai unha dobre argumentación, unha de tipo xurídico, a participación en instrumentos de planificación é unha atribución do Pleno, indelegable, do Pleno dos Concellos, e segundo o debate e transparencia na actuación das Administracións Públicas eu creo que para todos nós é un obxectivo desexable. Se vostedes manteñen este e non se pide acordo do Pleno desde logo a min non me volven a replicar por falar de alcaldismo e non de municipalismo. Vostedes non defenden a Autonomía Local se manteñen isto. Defenden a libertinaxe alcaldista, que é unha cousa lixeiramente distinta. Segundo, por medio dunha remisión á Base VIII, me parece que é dos Presupostos, quen vai resolver sobre a concesión destas axudas vai se-lo Presidente ou a Comisión de Goberno porque a Base VIII dos Presupostos delega a facultade de concesión de subvencións ata cantidades certamente cuantiosas no Presidente ou na Comisión de Goberno, pero é que sucede unha cousa, está clarísimo no Regulamento de Organización e eu pedín un informe sobre iso e non se fai que é cando o Presidente ou a Comisión de Goberno exercen por delegación unha facultade do Pleno como é o caso é imprescindible o previo e preceptivo dictame da correspondente Comisión Informativa. Vostedes teñen maioría no Pleno e en tódalas Comisións Informativas, a Lei está clara e sen embargo pretenden furtarnos mesmo o dereito de controlar ou de aporta-las nosas ideas no proceso de adxudicación, queiran ou non, admitan ou non esta emenda van ter que cumprila. Como moito o que poden conseguir é amolarme a min e obrigarme a facer máis recursos por metro cadrado dos que fago. Pero non se van escapar por ningún lado, poden telo por seguro, senón os aburro como estou facendo agora. E por último, neste Plan de Actuación Municipal que é o máis cuantioso dos tres Programas que aquí veñen, coa Base VII que ten en vostedes, na que non se fixa o límite da aportación provincial nin os mínimos que ten que aportar cada Concello o que é o sentido lóxico deste tipo de axudas que en terminoloxía inglesa se chaman axudas condicionadas, que é lograr unha eficacia multiplicadora, é dicir, eu Deputación pono unha peseta e consigo dúas ou tres de inversión obrigando a quen solicita a axuda a poñer outro tanto, ou un x por cento. E tal cousa desaparece de aquí. Co cal en vez de face-la multiplicación dos pans e dos peixes o que podemos facer aquí é a proliferación das esmolas preelectorais. E claro é creo que non estamos na Deputación para iso, política facemos todos e afortunadamente e se só fixeramos política pois as cousas irían moito mellor. Pero claro a campaña facémola por libre, non a facemos desde as Institucións, as Institucións están para servir ós cidadáns e para facer digamos unha política algo máis global. O último punto do meu recurso se retire á normativa xeral que hai en materia de subvencións e tamén queiran ou non queiran metelo está aí e é de aplicación xeral. En resume, eu creo, pero imos, como é unha opinión puramente persoal que sostén o meu Grupo Político, que se se aprobaran as ideas alternativas que no meu recurso se expoñen se conseguiría unha maior eficacia e máis servicios para os cidadáns da Provincia, en todo caso vostedes teñen maioría pero o que si lles digo é que este non é un bo sistema de actuar. Vostede por exemplo a estas alturas xa caeu en varias contradiccións nestes temas. Vostede chegou á convicción supoño que como froito dun proceso de raciocinio, de que había que cambia-lo sistema de funcionamento do POS, tal promesa se incumpriu este ano, desaparecía a CAE e todos quedamos en que había que estudiar cales eran as Comarcas Deprimidas da provincia para facer unha proposta alternativa, non se fixo tal cousa e se resucita o vello modelo anterior, e cando os Presupostos desta Deputación se van incrementando, sendo aínda insuficientes e temos aproximadamente cinco mil millóns de pesetas para conseguir que na provincia neste ano se invertan dez mil millóns de pesetas obrigando ós Concellos a poñer cartos e a endebedarse se fai falta para cousas importantes desaproveitamos esa oportunidade, facemos fogos de artificio. E eu creo que non é un bo sistema de actuar. Sr. Presidente.- Sr. Costas, eu creo que xa está ben. Sr. Costas Abreu.- Home, non creo que dixera ningunha necidade. Sr. Presidente.- Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, como no ha tenido tiempo el querido compañero en explicar el tema, pues, yo sigo solicitando que por favor, pues que quede pendiente para que se estudie el recurso de reposición que ha presentado en su día además apenas nos ha explicado nada, casi. Hay que dejarlo quedar. Sr. Presidente.- Sr. Herrera. Sr. Martínez-Herrera Escribano.- Sr. Presidente, para que nos podamos ir a pasear pronto todos yo le ruego que lo someta a votación ya. Sr. Presidente.- Perdón, no le he entendido. Sr. Martínez-Herrera Escribano.- A votación, que lo someta a votación le pido. Sr. Presidente.- Ese es mi criterio señor, de todas maneras le agradezco la sugerencia. Sr. Costas, vostede ten a sa manía de falarnos sempre de planificación, e vostede non se da conta que está falando cun Presidente que antes que iso é Alcalde, e que é Alcalde desde hai dez anos, por maioría absoluta, incluso podo dicir que teño ...o grupo ...que ten o meu partido en Galicia, non é por presumir pero é así, que teño o Concello máis extenso da provincia de Pontevedra, con maior grado de dispersión e con maior núcleo, con maior número de núcleos de poboación, entón eu podo estar totalmente de acordo con vostede, e estou, na necesidade de planificar. Pero sempre nos fala vostede da teoría do ovo de Colón, non, vostede di non, é que na Xunta, coa desculpa de que na Xunta fan caciquismo vostedes tamén fan caciquismo, e non é así, non é así nin moito menos. Voulle poñer a vostede un exemplo, voulle poñer a vostede un exemplo. Eu neste momento, no meu Concello, estou pendente desde hai dous anos ou xa case tres anos, da execución dun proxecto de rede viaria de transporte escolar que aínda non sei se hoxe o vaia executa-la Xunta, proxecto aprobado e en principio financiado. Por unha banda os transportistas dinme que poden interrompe-lo transporte escolar, e por outra a Xunta non ten a culpa probablemente ...o que fixo o goberno vasco, eu estou totalmente de acordo nese tema, no que é face-los plans conxuntos, e a partir de aí non haberá caciquismo nin duns nin doutros, haberá plans de verdade, pero mentres vostede queira conseguir que esta Institución funcione sen axuda do Estado e da Comunidade Autónoma, é unha auténtica utopía e iso lévanos moitas veces a ter que actuar sen planificación, e insístolle, eu sei planificar e téñoo demostrado, téñoo bastante demostrado, cando queira vostede ven ó meu Concello e compróbao, con criterios de prioridade, que neso estou totalmente de acordo con vostede, en todo caso dos seiscentos millóns do ano pasado, o 95% foron destinados a infraestructura básica, primeiro criterio. Segundo criterio, a min estou seguro de que vostede nunca me dará leccións de planificación, nunca, outra cousa é que por circunstancias que non quero insistir nelas nos vexamos na situación de non podelo facer como desexábamos facelo, espero que se faga, insisto, coa Xunta que sexa, co Goberno Autónomo que sexa ou que salga, que o próximo ano fagamos non por querer copiar, pero parecido, polo menos, a como fixo o Goberno Vasco coas Deputacións Vascas, iso resúmelle todo, porque sei que vostede dentro de tres meses volve coa cantinela, e ata hai xente que lle da a razón, eu xa lle digo, de vostede en planificación non aprenderei nada, e como Alcalde tampouco. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, parece ser que el Sr. Herrera tiene mucha prisa, no me extraña, tiene mucho que hacer, entonces de todas formas yo pienso que hay que votar, primero hay que votar la solicitud tal cual dice el propio Reglamento de la Diputación Provincial y por supuesto el ROF, hay que votar mi solicitud, creo que cuajada de razones de que esto quede pendiente, pienso yo. Sr. Presidente.- Si, si, eso no se lo discuto. Sr. Costas non entremos en polémica porque eu non teño interese, se quere vostede entramos. Sr. Costas Abreu.- Unha casualidade de que o poñente aquí, porque fun quen presentei o recurso son eu, voume permiti-lo luxo de acabar eu, o que queira falar logo que... eu non pretendo darlle leccións a ninguén, eu estou dicindo que isto é un ha chapuza e eu demostrei ademais no caso de ... Sr. Presidente.- Eu estou dicindo que vostede é un demagogo puro, puro, ...está claro. Sr. Costas Abreu.- Se a vostede lle parece demagoxia pedir... Sr. Presidente.- Totalmente, totalmente. Sr. Costas Abreu.- Que no Plan de Instalacións Deportivas se cumpran as normas técnicas internacionais... Sr. Presidente.- Perdón, esas non as discutín. Sr. Costas Abreu.- Bo, bo, bo. Sr. Presidente.- Vostede sabe que eu fun ve-lo Presidente da Comunidade Autónoma ós oito días de tomar posesión ofrecéndolle a colaboración absoluta, leal e sincera, e que estamos funcionando illadamente lamentablemente, ¿non?, e non é unha acusación porque antes diso, antes de ser ese señor Presidente xa había outros do meu partido que o facían igual. Sr. Costas Abreu.- Si mire, eu non son o Presidente da Comunidade Autónoma, vaia e chámelle demagogo a el... Sr. Presidente.- Pero vostede ten un grupo no Parlamento Galego. Sr. Costas Abreu.- Desculpe vostede señor, eu persoalmente fixen un plan de investimentos locais, unha Lei dun plan de investimentos locais inspirada no que se fai en Euskadi e en Cataluña, onde a actuación das Deputacións do Goberno Autónomo e dos Concellos teñen que entrar todos nun plan único para obras de infraestructura, iso se presentou alí e foi desestimado cos votos en contra do PSOE e de AP. Ben, polo tanto a min non me chame vostede demagogo. Sr. Presidente.- Pero estame confirmando vostede o que estou dicindo. Sr. Costas Abreu.- Déixeme acabar, déixeme acabar porque eu defendo o mesmo aquí e en todas partes. Se vostede me di que planifica moi ben en Lalín, supono que si, si digo, e por suposto que lle concedo toda veracidade ás súas palabras, se os aeródromos son as principais prioridades pois iso o saberán vostedes, eu non me meto nesas historias, é un chiste fácil. Sr. Presidente.- Sr. Costas, céntrese no tema. Sr. Costas Abreu.- Voume centrar no tema, si, clara e sinxelamente. Mire, recórdolle, en primeiro lugar, para falar de demagoxias ou coherencias, que o seu grupo político se opuxo no Parlamento Galego a unha Lei de Coordinación das Deputacións, non a fixo el e presentou unhas emendas que convertían o papel mollado que se aprobou en nada, sobre... e sinxelamente, e sobre demagoxias ou non demagoxias, nada máis. Por último, se vostede le o recurso verá que non hai a máis mínima nota de demagoxia, hai uns determinados argumentos técnicos e unhas propostas alternativas, absolutamente criticables e discutibles, agora, a min demagogo non me chama, non me practico ningún estilo... Sr. Presidente.- Non lle chamo a vostede demagogo se vostede non lle chama chapuceiros a outros, xa o sabe, pero en todo caso, este tema queda resolto. Sr. Costas Abreu.- A última intervención, mire, voulles dici-lo que creo que pasa aquí, a ver se o convenzo. Eu creo que vostedes non querían facer bases para gastarse estes cartos, creo que vostedes non querían facer bases, ó final para cubri-lo expediente uns técnicos fixeron unhas bases que eran simplemente catro xeneralidades así para que ninguén, para non dar moito obxecto de discusión, e o que pasa é que para facer política, no máis nobre sentido da palabra, e gastar uns cantos miles de millóns de pesetas como aquí se van gastar, hai que ter ideas políticas e plasmalas por escrito, se vostedes nesas bases fixeran unha determinada idea política, imaxinemos que tose centrarse na cuestión cultural ou no saneamento, no que tose, eu podía ou non podía estar de acordo, agora lle recoñezo que non lles daría a lata en absoluto, exporía a miña alternativa e se acabou. Eu creo que vostedes non fixeron iso e polo tanto non me chame demagogo porque eu estou discutindo unha cuestión de mínimos, pedirlles racionalidade na súa actuación, e o que si lle digo para que non me chame demagogo a min, é que o meu escrito ten a mínima racionalidade esixible, non máis, non máis, podía ser moitísimo mellor, se eu estivera aquí nun grupo de sete persoas garántolle que escribiría algo bastante mellor, e se foramos cento dezasete como vostedes xa seguro que nos daba para traballar bastante máis, non sei a que se dedican vostedes. Sr. Presidente.- Sr. Costas, eu non vou a entrar dentro de máis polémica porque dentro de seis anos vostede volvería cos mesmos argumentos, e estou de acordo nalgún deles. Sometémo-la urxencia do dictame da Comisión e a votación deste punto. ¿Votos en contra? Perdón. Sr. Nieto Figueroa.-... votación y solicitud de suspensión del tema. Sr. Presidente.- E o que estou facendo. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. Declárase de urxencia. Sometemos a votación o dictame da Comisión. ¿Votos en contra? Sr. Secretario.- Sr. Costas, Grupo Socialista y Sr. Lage. Sr. Presidente.- ¿Abstencións?. Aprobado por maioría. Ben, si, si, un minuto, por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Sí, no, mucho menos. Sencillamente me gustaría saber si efectivamente es legal que no se haya contestado un recurso presentado en fecha y forma y que me lo conteste el Secretario General si eso es admisible en democracia o que es lo que pasa en esta santa casa, si esta casa es santa, vamos, porque esto, esto, vaya y en fin, no me vaya a retirar usted el uso de la palabra. Dígame Secretario si es válido el que no se haya contestado y que no se haya tratado un recurso de reposición presentado por, si usted quiere guerra la va a tener, Presidente. Puede estar seguro que la va a tener. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, modérese, tranquilícese. Sr. Nieto Figueroa.- Le estoy solicitando con toda la humildad del mundo que quede pendiente el tema. Usted sabe que hay un recurso presentado con fecha y por Registro General que no ha sido tratado y usted tira para adelante. Sr. Presidente.- Perdone un momento, perdone un momento, perdone un momento. No tiene usted ninguna razón porque ni siquiera es una propuesta mía. Es una propuesta del Sr. Costas Abreu. Entonces ya le dije antes de empezar que no iba a depender de mi, si él me hubiese dicho déjelo usted pendiente, yo lo hubiese dejado pendiente. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, pero dígame Presidente, Sr. Secretario, conteste si esto es legal si esto es válido, si este acuerdo es válido estando un recurso sin tratar. Sr. Presidente.- Tranquilícese que le va a contestar el Sr. Secretario General, le va a contestar. Sr. Secretario.- Bien, cuando un particular interpone un recurso de reposición tiene que especificar en ese recurso los fundamentos en los que se basa, hacer una referencia a los hechos y hacer una petición concreta. Yo desconozco ahora mismo los términos del recurso de reposición. Una vez interpuesto ese recurso de reposición la Administración, efectivamente, tiene la obligación de tramitarlo, está en trámite y de resolver. Si la Administración no resuelve dentro de los plazos establecidos el particular lo que puede hacer es acudir a la Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Los Concejales y los Diputados Provinciales también, están legitimados como los particulares, en aquellas cuestiones en las que hayan votado en contra, a interponer los correspondientes recursos de reposición y también acudir a la vía contenciosa. El asunto actualmente está en trámite, está en la Unidad Administrativa de Cooperación para pasar posteriormente a la Comisión correspondiente y tendrá que venir al Pleno. Sr. Presidente.- Creo que lle contestaron correctamente, ademais. Sr. Nieto Figueroa.- Si, que vaya a los Tribunales. Sr. Presidente.- No, no, estalle contestando. Visto-los informes da Adxuntía de Secretaría e Intervención, cos votos en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), a abstención do Sr. Valverde Soto (CDS), e os votos a favor dos demais membros presentes da Corporación, desestimase reclamación exposta polo citado Sr. Costas Abreu contra os acordos aprobatorios das Bases Reguladoras dos Programas de Acción Comunitaria para 1989; Acción Municipal para construcción, acondicionamento e mellora de instalacións deportivas para o exercicio de 1989; e Acción Municipal para 1989. Esta desestimación faise en base ós seguintes fundamentos xurídicos: Informe de Intervención. Examinada a reclamación presentada durante o prazo de exposición, por D. Xesús Costas Abreu, contra as Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria 1989, e do Programa de Acción Municipal e o de Construcción, Mellora e Acondicionamento de Instalacións Deportivas e o de Acción Municipal 1989, esta Intervención, considera que deben ser rexeitadas en base os seguintes argumentos: 1º.- A idea latente na exposición argumental, do reclamante parece ser que non é compatible nin coherente a existencia dun Plan de Obras e Servicios con estes programas, antes enumerados, cunha simple ollada ó disposto nos artigos 54 na Lei Reguladora das Facendas Locais, e o 36 da Lei 7/85, ven a sinalar que a parte do POS as Corporacións Locais, neste caso a Deputación Provincial, pode completa-la Acción Municipal con programas de Cooperación Económica Local, é dicir son compatible e coherentes. 2º.- As Bases contra as que deduce a reclamación son simplemente o desenrolo e regulación do xa aprobado pola Corporación cando autorizou o Presuposto para 1989, son normas que regulan dende a solicitude, a forma da concesión e a xustificación das cantidades que se concedan a cada Municipio, Asociación Veciñal ou Entidade Local Menor, cun respecto absoluto ós criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na concesión. En consecuencia e como xa sinalaba ó principio deste escrito, esta Intervención opina que debe manterse a redacción das devanditas Bases, rexeitando as modificacións propostas. Informe da Adxuntía de Secretaría. Examinada a reclamación presentada por D. Xesús M. Costas Abreu, Deputado Provincial de Vigo, contra as Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria 1989, Programa de Acción Municipal 1989 e Programa para a Construcción, Acondicionamento e Mellora de Instalacións Deportivas para o exercicio de 1989, o funcionario que asigna, Adxunto de Secretaría, emite o seguinte informe: 1.- O artigo 36-2-a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local atribúe á Deputación a competencia para aprobar anualmente un Plan Provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal. Deste precepto non hai que tira-la conclusión de que as Deputacións non poden aprobar máis que un plan anual. A Lei atribúe unha competencia mínima, pero non impide que se fagan outros Plans, que incluso aparecen regulamentados a nivel legal, como ocorre co R.D. 2240/1981, de 24 de xullo, sobre Instalacións Deportivas; R.D. 2689/1981, de 13 de novembro sobre o Plan Adicional e o R.D. 3524/1974, de 20 de decembro modificado polo R.D. 845/1984, de 29 de febreiro, sobre obras en Réxime de Acción Comunitaria. A mesma Lei Básica no artigo 59-1 refírese a que a coordinación entre as distintas Administracións Públicas efectuarase a través de Plans sectoriais. 2.- As Bases contra as que se formula a reclamación son sinxelamente o desenrolo e regulamentación do xa aprobado pola Corporación cando autorizou o Presuposto para 1989, e nelas respéctanse os principios constitucionais de publicidade, concorrencia e obxectividade. ------ Folla: 28 11.2468.- CONTA DE TESOURERÍA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 1989. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por unanimidade, aproba-la Conta de Tesourería do primeiro Trimestre de 1989 que rende o Sr. Tesoureiro Provincial e na que figura o conforme do Sr. Interventor de Fondos, sendo o seu resume o seguinte: Existencia en Caixa do trimestre anterior.............................. 2.501.225.625 Importan os ingresos............................................................ 1.399.630.797 SUMA.................................................................... 3.900.856.422 Importan os pagos................................................................ 2.515.011.381 EXISTENCIA EN CAIXA PARA O SEGUINTE TRIMESTRE..... 1.385.845.041 =========================================================== ------ Folla: 28 12.2469.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO. Sr. Presidente.- Sr. Mantilla. Sr. Mantilla Rodríguez.- No, perdón, Presidente, había pedido el uso de la palabra en... Sr. Presidente.- Punto 12. ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. Vista a proposta de recoñecemento de crédito de NOVE MILLÓNS CORENTA MIL CENTO DEZASEIS PESETAS (9.040.116), a favor da Sociedade Cooperativa Limitada CLAVECO, importe da factura nº 219/88 de 7 de setembro, de 1.500 catálogos da VIII Bienal Internacional de Arte de 1988, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por unanimidade, o recoñecemento deste crédito e que sexa incluído no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite. ------ Folla: 28,30 13.2470.- ESCRITO DO EXCMO. SR. GOBERNADOR CIVIL DA PROVINCIA, FORMULANDO REPARO Ó SISTEMA DE PUNTUACIÓN -EN CANTO O IDIOMA GALEGO SE REFIRE- A CONVOCATORIA PARA CUBRIR TRES PRAZAS DO PLANTEL DE FUNCIONARIOS, DENOMINACIÓN TÉCNICOS DE ADMINISTRACIÓN XERAL. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente, coa miña demagoxia habitual vou expoñe-lo que penso en relación con este punto. Que conste que me parece grave que se utilicen esas descalificacións con alguén que intenta ser absolutamente respectuoso e que empreguen calificativos sobre feitos, non sobre valoracións persoais. Sr. Presidente.- Perdón, vamos aclarar iso xa que vostede o fala. Eu sempre o tratei a vostede con absoluto respecto, non, incluso, determinados exposicións que vostede fixo que ó mellor non tiñan aquiescencia inicialmente de todos foron aprobados. Cando vostede retire o de chapuceiro eu retiro o de demagogo, e mentres non, e punto. Sr. Costas Abreu.- Eu lles digo, esas Bases son chapuceiras. Sr. Presidente.- Bo, e vostede é un demagogo. Sr. Costas Abreu.- E vostede nunca poderá demostrar que unha intervención miña é demagóxica, eu si teño oído algunhas súas e doutras persoas desta... Sr. Presidente.- Non, iso está no ambiente, non é que o diga eu. Faga vostede unha enquisa. Sr. Costas Abreu.- Fale por si mesmo non polo ambiente, nin polo medio ambiente. Sr. Presidente.- Faga vostede unha enquisa. Sr. Costas Abreu.- Si, vou face-la miña intervención neste asunto. Sr. Presidente.- Siga, siga, pero céntrese neste asunto. Sr. Costas Abreu.- Voume centrar máis aínda. Este asunto é o pintoresco escrito do representante do Goberno Central, que ocupado polo PSOE nesta Provincia, no que o representante do Goberno Central representa ó Goberno Central, e ós criterios do Goberno Central. E a situación é a seguinte, vouna concretar en dúas cousas: esta Deputación, na que hai unha maioría de AP, mantén un determinado criterio en relación ás esixencias de coñecementos lingüísticos nas probas selectivas que máis ou menos é a seguinte. Faise un exame de galego e de castelán unha vez que xa están as oposicións feitas. De modo que non serve nin para aprobar nin para nada senón para entre os aprobados ver quen queda de primeiro, de segundo ou de terceiro, ou de terceiro, de segundo e de primeiro, cuestión como se ve que é fundamental e revela unha vontade política seria e decidida de que o persoal que entre a traballar nesta Deputación domine os dous idiomas oficiais. Bo, pois o Sr. Gobernador Civil da Provincia, que polo visto está empeñado en cabrear a todo o mundo, nos di que iso é excesivo, inconstitucional, arbitrario, discriminatorio, que é unha cousa tremenda, que se pide moitísimo galego, e que hai que cortar iso. Se isto pasa en Cataluña os señores militantes do PSC-PSOE corren a boinazos ó Gobernador respectivo, pero a boinazos, imos, non dura un día. Cabe unha hipótese benevolente en relación co Sr. Gobernador e é que non lea os escritos que lle pasan á firma. Sería a máis favorable de todas pero revelaría falta de rigor no seu traballo. E ademais a cousa ten certas ramificacións políticas máis concretas, porque este Señor aquí votaba unhas cousas e desde o Goberno Civil nos di outras, e no Concello de Vigo votaba unhas cousas e desde o Goberno Civil nos di outras. E claro o asunto é grave e a mina situación aquí é un pouco complicada, como comprenderán. A min as Bases, as esixencias de galego e de castelán nas Bases, me parecen unha tomadura de pelo, e que unha tomadura de pelo lle pareza excesiva a un Sr. Gobernador que ten como función básica segundo o Decreto que regula a figura dos Gobernadores Civís, defende-los dereitos e liberdades dos cidadáns, e un dereito e unha liberdade dos cidadáns é usa-lo galego e ser atendido en galego nesta Administración Provincial, non me parece ningún chiste, porque é unha función tamén do Gobernador Civil, é facer cumpri-las Leis e o Estatuto de Autonomía de Galicia é unha Lei Orgánica do Estado, e a Lei de Normalización Lingüística é unha Lei con tanto valor como unha Lei estatal e o Sr. Gobernador Civil debe sabelo e debe facela cumprir. De xeito que o que debe face-lo Sr. Gobernador Civil é recorrer as Convocatorias que se dan nesta Deputación e no 99,9% dos Concellos da Provincia no que non se considera o galego como un coñecemento necesario, para traballar na Administración decentemente e servir ós cidadáns respectando os seus dereitos. En definitiva eu o que lles proporía é que se lle mandara unha contestación bastante máis clara ó Sr. Gobernador, dicíndolle, que: primeiro, o seu escrito está presentado fóra de prazo; segundo, o seu escrito revela que non se leu as Bases; e terceiro, o seu escrito é unha tomadura de pelo e a defensa de criterios franquistas en materia lingüística. Máis nada e gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Ben, Sr. Gallego Lombao. Sr. Gallego Lomba.- Si, gracias Presidente. En primeiro lugar para dicirlle ó compañeiro Suso Costas que os militantes cualificados que estamos aquí do PSG-PSOE, apoiamos no seu momento as bases onde se incluía o galego como para puntuación, e na Comisión votamos a favor do dictame, en contra do Gobernador Civil, do informe do Goberno Civil, e agora no Pleno estamos dispostos a face-lo mesmo, e nós non, sen ir a Cataluña nin moito menos, en Galicia tamén defendémo-lo noso idioma. Sr. Presidente.- Iso hónrao e ademais é certo, estou de acordo. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, es que cuando a mi, cuando oigo la palabra franquismo se me estremece, a ustedes no, ustedes están habituados o sea que no, y como en este asunto pues parece que están compactos, yo no tengo que defender al Gobernador Civil, ni mucho menos, creo que el Partido Socialista, el único partido importante y serio de este país, afortunadamente para España. Sr. Presidente.- Perdón, estaban... Sr. Nieto Figueroa.- Estábamos hablando de política de altura, claro que a lo mejor usted no entiende de eso, no se. ¿Entiende o no escuchó?, le repito. Quiero decir que el Gobernador Civil de la provincia sabe defenderse y vamos, le decimos que no porque claro que queremos hablar gallego, naturalmente, eu falaba galego e levaba cada trompazo de campionato porque me querían vostedes, os antepasados, quererme falar castelán. Ya está Presidente, ya está. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, no, no, que oí, a usted le oí hablar que cuando se habla del franquismo usted estremece. Sr. Nieto Figueroa.- Me estremezco Presidente, y sobre todo si les veo a muchos juntos de ustedes, me aterrorizo. Sr. Presidente.- Perdone, al mismo... y fue Concejal en la época de Franco, ¿o no? Sr. Nieto Figueroa.- Cuando ustedes mandaban en este país todos los menores de veintiún años éramos la ostia limpia del Frente de Juventudes, por Decreto, por Ley y por metralleta, todos, absolutamente todos, no de Falanges Juveniles como usted, Presidente, pero si del Frente de Juventudes, que había que ser por edad, no por otra cosa. No me chapuce ahí que no quiero salir embadurnado, que luego voy oliendo mal por la calle. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, yo si que estuve en el Frente de Juventudes, porque además era la única manera que tenía de poder ir a la playa de Samil, oh perdón, de As Sinas, y lo digo a mucha honra, estuve allí y me considero un demócrata puro, no se si casto pero puro si. Bien, Doña Elvira Fernández. Sr. Fernández Díaz.- Sr. Presidente, quiero rogarle que le pida al Sr. Leri que modere sus impulsos y su lenguaje que mis castos oídos se ofenden. Creo que se debe un respeto a esta Sala. Sr. Presidente.- Es cierto. Sr. Nieto retire lo que ha molestado a Doña Elvira. Eso está bien, muchas gracias Sr. Nieto. Muy brevemente, ¿no? Sr. Mantilla Rodríguez.- Brevísimamente. Yo creo que tal como evolucionan las intervenciones de determinados Diputados esta Diputación está perdiendo demasiada seriedad. Sr. Presidente.- Bien. Yo el sentido del humor, Sr. Mantilla, lo tuve, lo tengo... dictame da Comisión. ¿votos en contra?, ¿abstencións?. Visto o escrito de reparos formulado polo Excmo. Sr. Gobernador Civil desta provincia en data 2 de xuño de 1989, con entrada nesta Deputación o 7 do corrente mes de xuño, polo que se formula reparos á Convocatoria da oposición libre convocada para prover con funcionarios de carreira 3 prazas de Técnicos de Administración Xeral, incluídas e publicadas na "oferta de emprego público 1989". Resultando que a Convocatoria íntegra, coas súas Bases e Programa, figura publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 108 de 11 de maio próximo pasado, e que o escrito de reparos formúlase o día 2 de xuño seguinte, queda evidenciado que o mesmo resulta extemporáneo, posto que o prazo de 15 días hábiles que determina o artigo 65-1) da Lei 7/85, de 2 de abril, concluíu o 30 do devandito mes de maio; habida conta que, ó publicarse literalmente o acordo, a Convocatoria, Bases e Programas, íntegros no Boletín Oficial de referencia, desde entón o Goberno Civil contou con tódolos elementos de xuízo para formula-lo escrito de que se fixo mérito. A devandita publicación no citado Diario Oficial, non cabe a menor dúbida, que resulta tan ou máis ampla que poida recolle-la propia Acta da sesión respectiva, da que, ó menos non consta, tampouco solicitou ampliación de antecedentes o Goberno Civil, pola razón do que antes se apunta, de que no Boletín Oficial figura literalmente tanto a Convocatoria coma as súas Bases. Considerando que non obstante o anterior, de que non pode accederse ó escrito de reparos do Goberno Civil, entrando no fondo do asunto, evidéncianse certas consideracións no escrito de reparos que non son exactas, dito sexa cos debidos respectos: en efecto, que non se trata dun concurso-oposición, neste caso, posto que o sistema de selección é de simple oposición; si o exercicio se califica como voluntario, e así aparece matizado na propia Convocatoria, mal se pode dicir no escrito de reparos, que tal exercicio ten carácter excluinte e eliminatorio; o máis importante é que o tan citado escrito de reparos alega que se esixe un cuarto exercicio de carácter voluntario, e elo nada máis en certo, pois se o exercicio é voluntario para o aspirante, segundo a propia Convocatoria, non merece outra calificación que o de optativo e voluntario. Considerando, por último, que a puntuación que, no seu caso, poida alcanza-lo aspirante aprobado nos exercicios obrigatorios da oposición, só mellora, dentro destes, é dicir, dos aprobados, que nunca poden ser máis de tres, a puntuación alcanzada naqueles exercicios obrigatorios. Por conseguinte, este exercicio libre voluntario, para os que aprobaron a oposición, nin impide o acceso á función pública dos aspirantes, nin inflúe na capacidade e méritos dos mesmos para tal acceso, senón que determina a prelación no nomeamento; e non existe ningunha norma que impida que a calificación, se adopte polo mesmo sistema que se fai para os exercicios obrigatorios, coa excepción de que non inflúe o mínimo de cinco (5) puntos para o seu outorgamento, como naqueles e ós efectos de eliminación, de tal sorte, que se un aprobado na oposición merece logo no exercicio voluntario un 10, polos seus extraordinarios coñecementos no idioma galego, o resultado do exame se descoñeza para mellora-la puntuación dentro dos aprobados. Por todo o exposto; o Pleno da Excma. Corporación provincial acorda, coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), non estima-lo escrito do Excmo. Sr. Gobernador Civil da Provincia, e data 2 de xuño actual, de que se fixo mérito; tanto porque se estima formulado fóra de prazo, en primeiro lugar, como, en segundo lugar, porque as consideracións de fondo non se encontran amparadas por ningún precepto xurídico, tanto máis que se recollen nas alegacións do escrito citado locucións que non son exactas con referencia á Convocatoria. ------ Folla: 30,31 14.2471.- CONVOCATORIAS, BASES E PROGRAMA, PARA CUBRIR CON FUNCIONARIOS DE CARREIRA, PRAZAS VACANTES NO PLANTEL DE FUNCIONARIOS. Sr. Costas Abreu.- Si, como non. Eu con esta intervención ademais de dici-lo que creo que teño que dicir, manifesto a miña vontade de combate-la apoloxía do mutismo que se fai desde certos sectores desta Deputación. Eu comprendo que haxa quen lle gustaría que aquí as cousas se aprobaran por unanimidade, sen discusión, pero non vai ser así. Entendo que non se pode sacar a estas alturas, 23 de xuño de 1989 unhas prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 88, que é o que pasa aquí, máxime cando xa está aprobada a oferta do ano 89. Non se pode facer agora esta convocatoria. E por outra parte eu creo que un psicólogo que traballa nesta Deputación debería ter algún coñecemento de lexislación sanitaria e de servicios sociais, porque é necesario para o seu traballo, as Bases me parecen francamente frouxas nese sentido. Pero loxicamente o que non comprendo a oferta de emprego público é igual que os Presupostos. Acaba o ano e acabouse o asunto, máxime cando xa se aprobou a do 89, non sei como van sacar isto. Sr. Presidente.- Sr. Gallego. Sr. Gallego Lomba.- Si, aparte de que coincido co compañeiro Suso Costas por unha vez quero volver a dicir e volver a reincidir unha vez máis na Base IV famosa de que estea presente nos Tribunais, pola transparencia que tanto aludín, sempre dicimos que estea presente un membro da oposición e que estea presente un representante dos traballadores unha vez máis. E imos a votar en contra, por suposto. Sr. Presidente.- Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Bo, neste tema trátase de sacar unhas prazas, que efectivamente algunhas están na oferta do 88, como son as dúas prazas de Psicólogo e tamén unha praza de Secretario de Museo. Entón non se puido sacar antes, razóns obvias, entón bo, non creo que sexa ilegal como di o Sr. Costas, polo menos os informes xurídicos que nós temos non nos din iso. E segundo tema, sobre o que di o Sr. Gallego Lomba, a min paréceme moi ben que pida ese tema pero eu o único que lle digo é que nós estamos cumprindo a Lexislación vixente neste tema e que non temos porque facer máis que cumpri-la Lexislación vixente, cando vostedes no Parlamento Galego, ou perdón, no Parlamento Nacional, cambien a Lei, pois, nós cumpriremos esa Lexislación. Neste momento a nós non nos obriga ninguén a que teñamos ningún representante de persoal, ningún representante do PSOE, estamos cumprindo a Lexislación vixente e non imos a ser máis papistas que o Papa tampouco, iso teña vostede coidado e somos totalmente transparentes. Sr. Gallego Lomba.- Si, no meu ánimo está, a transparencia, simple e sinxelamente a transparencia. Sr. Mera, por favor, o que os seus compañeiros piden noutros Concellos trasladémolo aquí porque a súa dereita ten ó Sr. Mantilla que sabe no Concello de Vigo que o está dicindo sempre, nós dicímolo aquí, soamente polo mero feito da transparencia, nada máis. Sr. Presidente.- Ben, sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra? Sr. Secretario.- Sr. Costas Abreu, Grupo Socialista e Sr. Lage. Sr. Presidente.- ¿Abstencións?. Aprobado por maioría. Cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), préstase aprobación á Convocatoria, Bases e Programa, para prover con funcionarios de carreira, dúas prazas de Técnicos Superiores, denominación Psicólogos, vacantes no Plantel de Funcionarios e incluídas na "oferta de emprego público 1988". As devanditas prazas están clasificadas no Grupo A), do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, e na Escala de Administración Especial, Subescala Técnicos de Administración Especial, Clase Técnicos Superiores e denominación Psicólogos, coas retribucións que a dito Grupo corresponden e demais complementarias que se asignan ó posto de traballo correspondente. Unha das citadas prazas resérvase á quenda de promoción interna, do artigo 22-1) da Lei 30/84, de 2 de agosto, que conten coa titulación esixida na Base II da Convocatoria, e conten con cinco anos, como mínimo, na data da Convocatoria, na Subescala de procedencia. A outra praza proverase pola quenda de acceso libre. Daráselle á Convocatoria a publicidade regulamentaria nos idiomas galego e castelán. Cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), préstase aprobación á Convocatoria, Bases e Programa, para prover con funcionario de carreira unha praza de Técnico Superior de Administración Especial, para os Servicios Provinciais de Museos e Arquivos, incluída no Grupo A), do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, e clasificada na Escala de Administración Especial, Subescala Técnicos de Administración Especial, Clase Técnicos Superiores e denominación Técnico para Servicios de Secretario de Museos e Arquivos. Daráselle á Convocatoria a publicidade regulamentaria nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 31,32 15.2472.- RECLAMACIÓNS RETRIBUTIVAS FORMULADAS POR PERSOAL DESTA DEPUTACIÓN. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. Vista a reclamación efectuada por Dna. Mª del Carmen Cerezo Antón, Auxiliar de Administración Xeral, adscrita á Secretaría de Dirección do CPAM, en orde a que se lle recoñeza o dereito a percibi-la porcentaxe total do compoñente de complemento específico, por especial dificultade técnica, subapartado, taquigrafía, que ata o momento presente tiña recoñecido o 50%, considerando acordo da Comisión de Goberno de 27 de febreiro de 1989, Bases de execución do Presuposto 1989, e con fundamento no artigo 4º do R.D. 861/86 de 25 de abril, o Pleno acorda por unanimidade, acceder ó solicitado con efectos de 1º de febreiro de 1989. A tal efecto, establécese, no concepto antedito, un total retributivo de SEIS MIL OITOCENTAS CATORCE PESETAS (6.814) mensuais, a favor da interesada, e apróbase e declárase de abono en concepto de atrasos, correspondentes ó período febreiro-xuño do presente ano, un total de DEZASETE MIL TRINTA PESETAS (17.030). ------ Folla: 32 16.2473.- CONVOCATORIA DE CONCURSO PÚBLICO PARA ADXUDICACIÓN DE 2 BECAS CON DESTINO Ó INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, prestar aprobación á Convocatoria e Bases do concurso para adxudicación de dúas Becas para Licenciados Universitarios, con fins á realización de traballos de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas, dotadas cada unha delas con SETENTA E TRES MIL PESETAS (73.000) mensuais, cursándose así, tanto o labor educativo que esta Excma. Deputación Provincial ten respecto ós que desexen amplia-los seus estudios, nas condicións sinaladas, como o Convenio subscrito entre este Organismo Provincial e o Consello Superior de Investigacións Científicas. Esta Convocatoria e as súas correspondentes Bases publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, e con tal referencia publicarase igualmente anuncio sucinto nun xornal de ámbito provincial. ------ Folla: 32 17.2474.- AUTORIZACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS EXTRAORDINARIOS FÓRA DA XORNADA NORMAL. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. Sr. Secretario.- Abstención, Grupo Socialista e Sr. Lage. Vista a proposta formulada pola Administración Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", que vén avalada co visto e prace do Sr. Deputado-Delegado correspondente, ó amparo do artigo 33.2.f) da Lei 7/85 de 2 de abril e de conformidade co artigo 23.d) da Lei 30/84 de 2 de agosto, autorízase coa abstención do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), a realización de traballos extraordinarios fóra da xornada normal, a persoal diverso do devandito Centro Educativo, establecéndose un límite máximo de 60 horas mensuais, con tal carácter, para cada unha das persoas que os realicen, e fixándose como contía total, para a retribución dos traballos, OITOCENTAS CORENTA MIL PESETAS (840.000). A tal efecto, no seu momento, a Administración Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", emitirá proposta motivada con determinación de nomes das persoas que efectuaron tales actividades, postos de traballo correspondentes e número de horas realizadas e, trala oportuna fiscalización, a mesma será aprobada pola Presidencia desta Corporación para a súa oportuna declaración de abono. ------ Folla: 32 17.2475-bis.- CONVOCATORIA PROVISIÓN 2 PRAZAS MÉDICOS. Sr. Presidente.- Perdón, retíroo da Orde do Día de acordo coas facultades que me confiren. Retírase da Orde do Día expediente relativo á Convocatoria, Bases e Programa para a provisión de dúas prazas de Médicos para o Servicio de Admisión de Enfermos no Hospital Xeral Provincial. ------ Folla: 32 18.2476.- COMUNICACIÓNS. Sr. Secretario.- En Comunicacións o que hai é o que ven tódolos meses, que é a relación das Resolucións Presidenciais e a continuación tamén ven un escrito do Ministerio de Relaciones con las Cortes de la Secretaría del Gobierno, no que se di que tivo entrada na Subsecretaría un escrito pedindo unha serie de datos por parte da Corporación Provincial e que se da traslado ó Ministerio de Economía e Facenda en relación coa materia de que se trata. Era unha serie de peticións de datos estatísticos. E non hai nada máis. ------ Folla: 32,35 19.2477.- ROGOS E PREGUNTAS. Sr. Secretario.- Hai tamén un rogo... Sr. Presidente.- Sr. Nieto ten a palabra. Sr. Nieto Figueroa.- No, en el capítulo éste ya creo que no había otra cuestión en la carpeta salvo que esté alguien... En fin, empiezo. Ya sabe que le decía verbalmente, el pasado día 20 he presentado el correspondiente escrito para hablar de diversos temas y empiezo por el primero de ellos. Por ejemplo, el pasado día 5 de mayo, mejor dicho, si el pasado día 5 de mayo, el Pleno de la Diputación decidió quedar sobre la Mesa una solicitud mía para que la Corporación Provincial se preocupase por el acceso a la Isla de Toralla, se dirigiese a las autoridades competentes para que efectivamente se ponga en marcha la futura visita a la Isla de Toralla a través del puente. Un Diputado de su Grupo quedó de gestionar el asunto y quería conocer como han sido esas gestiones, porque su normal Presidente después de usted, pues, hizo una interpelación, hizo una intervención diciendo que él gestionaría amistosamente. Quería saber como están esas gestiones. Nada más que eso. Sr. Presidente.- Bien, usted recibirá la contestación como es normal. En este momento yo no la tengo. Las preguntas se le hacen al Presidente, yo no tengo esa contestación y yo se la haré llegar. Sr. Nieto Figueroa.- Muy bien. Yo voy a seguir preguntando hasta que el gestor que usted ha nombrado se mueva un poco. Sr. Presidente.- Sí, sí. Yo consultaré con él y entonces cuando tenga la información... Sr. Nieto Figueroa.- Está ahí, él está escuchando, puede dar la respuesta si usted lo autoriza. Sr. Mera Rodríguez.- Cuando tengamos la respuesta se le notificará. Sr. Nieto Figueroa.- Bien, van dos meses. Después, ya esto lo voy a obviar, el recurso de reposición que he presentado, ya hemos hablado antes de él, espero no ir a los Tribunales, espero que se trate. Hay otro escrito presentado con relación a mi solicitud, escrito presentado el pasado día 5 para que se me diese a conocer oficialmente cuáles fueron los Ayuntamientos que en base a la normativa de Municipios de menos de 20.000 habitantes han llevado consignaciones en el pasado inmediato, concretamente desde el año 84. ¿Hay alguna contestación?. ¿O todavía no?. Sr. Presidente.- Es complicada, se está estudiando. Complicada en cuanto a recabar datos, pero la tendrá usted. Sr. Nieto Figueroa.- ... le he mandado también otro papelito solicitándole la maquinaria provincial, porque resulta que Vigo también es de la Provincia, y allí se desconoce la maquinaria provincial, absolutamente se desconoce. También el Señor que preside cuando usted no está me dijo que tenía que traer un acuerdo corporativo, y claro, naturalmente que he traído un acuerdo corporativo, presentado en Registro General el pasado día 14, un acuerdo de la Comisión Municipal de Gobierno solicitando que la maquinaria provincial visite Vigo. No hay contestación, claro. Y después recordarle querido Presidente. Sr. Presidente.- No, perdone. Le voy a contestar yo. Usted sabe que yo me comprometí con el Sr. Alcalde de Vigo y es cierto a tratar en cuanto a red viaria, diríamos municipal, se refiere; el Municipio como otro cualquiera, es decir, Vigo tiene una zona rural importante, con un... núcleo de población y la vamos a tratar como a todo el mundo. Sr. Nieto Figueroa.- Bien, como todo el mundo, eso es, incluso yo espero que se cumpla más o menos lo que me decían en el escrito el pasado 14 de septiembre de 1988 en el que se decía que las máquinas limpia playas habían actuado en Vilagarcía, Vilanova de Arousa; que habían actuado en O Grove, Alianza Popular, claro Sanxenxo, Alianza popular. Otro limpia playas en Poyo, Alianza Popular; otro limpia playas en la Península do Morrazo, y también en Nigrán, Baiona y en A Guarda, ambos Municipios de Alianza Popular, y aquí no figura Vigo, papelitos de la Diputación, documentos, documentos, y también nosotros tenemos playas, este, Presidente. Sr. Presidente.- Perdón, bueno, pero ahora lo han solicitado y tendrán ustedes las máquinas. Sr. Nieto Figueroa.- Nosotros también tenemos playas y pagamos la tercera parte, ya está bien. Sr. Presidente.- Sr. Gallego Lomba. Sr. Nieto Figueroa.- Me queda una Presidente y ya termino. Sencillamente recordarle que también por escrito se han puesto a su disposición los terrenos en los que usted tiene que ubicar los elefantes en la ciudad de Vigo. Vamos a seguir con el tema, yo no lo voy a olvidar, usted no escapa, usted no escapa del asunto ese. Tengo entendido, no, seriamente, tengo entendido que ningún técnico si quiera ha ido a pisar y ha ido a conocer la situación física del parque zoológico de A Madroa, el Vigo-Zoo, donde hay que ubicar esos dos elefantes. ¿Hay alguna contestación?, ¿está en estudio? Sr. Presidente.- Está en estudio. Eso se lo digo yo, incluso he ido yo. Sr. Nieto Figueroa.- Entonces no le conocieron, no es de extrañar, tampoco es de extrañar. Sr. Presidente.- Estuve yo allí. Sr. Nieto Figueroa.- Tampoco es de extrañar que no le hayan conocido, de verdad. Sr. Presidente.- Vamos a ver, Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Sí Presidente, dos preguntas. La primera, en el edificio provincial hay más de dos mil ejemplares del Diario Atlántico del 24 de noviembre de 1988, en este número hay una entrevista con el Sr. Fraga en la que habla de honradez de la gestión, primera pregunta, ¿el edificio provincial es el depósito de ejemplares no vendidos del Atlántico Diario?. Sr. Presidente.- Perdón, es que no le he entendido. Sr. Gallego Lomba.- ¿El edificio provincial es el depósito de ejemplares no vendidos del Atlántico Diario?, primera pregunta. Segunda pregunta, ¿a través de que partida presupuestaria o Resolución Presidencial se financian determinados medios de comunicación?. Sr. Presidente.- La respuesta es fácil. Yo creo que el Atlántico Diario es generoso y nos ha querido mandar unos periódicos, y nosotros por cortesía tampoco se los vamos a tirar a la calle, eso es lo que le puedo decir. Sr. Gallego Lomba.- No es que la siguiente pregunta era, ¿le regala a la Diputación dos mil ejemplares el Diario Atlántico?. Sr. Presidente.- Un regalo, hay que agradecer, yo creo que deberíamos votar un acuerdo agradeciéndole que nos den tanta información, en vez de criticar decir, gracias. Sr. Gallego Lomba.- No, no, le estoy preguntando al Presidente, no estoy criticando, estoy haciendo tres preguntas al Presidente y quiero que me las conteste el Presidente por escrito. Sr. Presidente.- No, yo le contesto verbalmente. Primero, agradecimiento al Atlántico Diario, segundo, cortesía, por eso se le aceptaron, y en todo caso si estorban quemémoslos, yo no tengo inconveniente ninguno, ahora mismo Sr. Conserje, encárguese usted de destruir esos periódicos, esos que parecen que estorban que yo no los he visto porque no ando en los rincones mirando, todavía. Usted, si molestan, si estorban, préndales fuego y punto. Sr. Gallego Lomba.- Nosotros no andamos a los rincones tampoco pero un día viendo. Sr. Presidente.- No, quiero decir, hombre, no lo tome usted que yo no ando por ahí. Sr. Gallego Lomba.- Nos llamó la atención que estaban. Sr. Presidente.- Bueno, yo comprendo que le pueda llamar, pero yo no lo he visto, no lo he visto. ¿Tercera pregunta? Sr. Gallego Lomba.- Sí, bueno, ahora otra pregunta. Sr. Presidente.- Ahora más serias son, ¿o no?. Sr. Gallego Lomba.- Sr. Presidente, no... Sr. Presidente.- Más importantes, perdón, más importantes. Sr. Gallego Lomba.- Que considero seria y además a los medios de comunicación de que partida se financian y porque hay, usted ahí, me parece, yo leí una Comisión de Acta de Gobierno que, en relación con un Convenio con una emisora de radio. Sr. Presidente.- Perdón, ¿los medios de comunicación, con qué se financian?. Sr. Gallego Lomba.- O con, a partidas de que... Sr. Presidente.- Los medios de comunicación, hay que preguntárselo a ellos. Sr. Gallego Lomba.- No, pero usted hizo un Convenio con un medio de comunicación, yo leí el Acta de la Comisión de Gobierno. Sr. Presidente.- Los Convenios que son a cambio de publicidad. Sr. Gallego Lomba.- Yo pregunto qué partida, en qué partida. Sr. Presidente.- Pues la partida de publicidad institucional que usted conoce y que fue aprobada por el Pleno. Pero mire, para que nos vamos a engañar si el tema es sencillo. Yo no le pido a ningún periodista, nunca le he pedido que diga nada a favor de nada, y están aquí delante, nunca, y mucho menos a favor mío. Sr. Gallego Lomba.- Presidente, yo conozco a los periodistas tan bien como usted, yo no le dije que usted dijese nada a los periodistas, yo decía hablando de los medios de comunicación, no de los periodistas concretamente. Sr. Presidente.- No, y además creo que le voy a dar un consejo, en cierto modo yo en su caso, políticamente, no entraría en este... Sr. Gallego Lomba.- Yo le dije un periódico con nombre y apellidos... ya está, con todas las consecuencias. Sr. Presidente.- Pues ese periódico, pequeño periódico, perdone, ese periódico, pequeño periódico, por suerte o por desgracia para él, pues supongo que tiene algún acuerdo. Yo no sé si usted diría lo mismo, diría lo mismo, si esos periódicos fueran de un gran periódico, yo no lo sé, yo no lo diría en ningún caso. Sr. Gallego Lomba.- Yo le hice una pregunta a usted, nada más, con todas las consecuencias que pueda tener la pregunta, se la hice a usted, punto. Nada más. La siguiente. Sr. Presidente.- De acuerdo. Sr. Gallego Lomba.- Sr. Presidente, hay un compromiso por su parte de ingresar al Concello de Cangas la recaudación de la contribución territorial urbana del ano, del ejercicio anterior, ¿cómo está?, ¿si se va a ingresar? y, los asesores que la han, no, no, hay una pregunta del portavoz del Grupo Socialista, en este caso yo, a usted. Hay otra del Alcalde de Cangas y Diputado Provincial al Presidente en funciones, en su momento. Yo quiero que me conteste si va a financiar, si se le va a ingresar al Concello de Cangas dicha partida sí o no. Sr. Presidente.- Bien, yo mantengo lo que dije, y tengo que, debo mantener lo y hasta ahora más o menos lo he mantenido, lo cual no quiere decir siempre, ¿no?, que pueda haber algún fallo, algún lapsus en algunas cosas, pero en todo caso usted sabe que tenemos un informe de Tesorería no solamente negativo, y creo que lo conoce el Sr. Pena y estoy dispuesto a que lo vea, yo pedí, yo un día tomé la decisión política de decirle al Depositario, por encima de todo hasta, no por encima de todo, hasta el límite de lo posible en cuanto a lo legal, eso tenemos que hacerla, porque a mi me parece que el Concello de Cangas, los servicios, etc., la tesorería en definitiva pues tampoco se puede, porque sea una circunstancia, que se den unas circunstancias un poco especiales se puede dejar abandonado. Yo mantengo lo que digo. Si no entramos en flagrante ilegalidad y prevaricación lo sacamos adelante. Pero el informe que yo tengo y les invito ahora, les invito formalmente a que vengan al despacho, que llamemos al Depositario y al Secretario. Si no entramos en flagrante ilegalidad, que nos pueda llevar a una prevaricación mantengo mi palabra. Y ahora les invito a que vengan a mi despacho con el Tesorero y el Secretario y que analicemos este asunto, y el Interventor, por supuesto. No tengo yo, como usted puede comprender, yo no me alegro nada en absoluto de lo que sucede en Cangas, ni siquiera me alegro nada por un compañero que al fin y al cabo es colega y convivo con él. Nada. Y si yo pudiera hacer algo, si yo pudiera hacer algo, creo que no podré mucho, para constituir lo que pudiéramos llamar la Mesa de la Reconciliación lo haría, aunque alguna gente de mi Partido no estuviese de acuerdo. Si pudiera hacer algo para organizar la Mesa de Reconciliación, aunque alguna persona de mi Partido por muy importante que fuera no estuviera de acuerdo, porque creo que la convivencia pacífica y en paz es lo mínimo que se necesita para que un pueblo esté tranquilo yeso no pasa solamente por los problemas del Sr. Lois, o por los errores estoy seguro, pasa por un conjunto de circunstancias que habría que analizar. Y no es una defensa expresa, es el análisis objetivo desde mi punto de vista. Y creo que hemos terminado. Hay una urgencia, sí. ------ Folla: 35,36 FORA DA ORDE DO DÍA adóptase o seguinte acordo: 20.2478.- MOCIÓN DOS VOCEIROS; DOS GRUPOS POLÍTICOS DESTA DEPUTACIÓN CONDENANDO AS ACTIVIDADES CONTRABANDISTAS NA PROVINCIA, E CONDOLENCIA A FAMILIA E COMPAÑEIROS DO FUNCIONARIO FALECIDO DO SERVICIO DE VIXILANCIA ADUANEIRA. Sr. Presidente.- Moción do Sr. Costas Abreu e do Grupo Socialista, non, que eu tamén subscribín. Sr. Costas, ten vostede a palabra. Sr. Costas Abreu.- A moción elaboreina eu pero, imos, firmaron o Sr. Valverde, a Sra. Espada o PSOE e supoño que vostedes tamén firmarán. Sr. Nieto Figueroa.- Santa Elvira, ¿cómo Espada? Sr. Costas Abreu.- Perdón, si, Fernández, perdón. Foi un lapsus, me retiro. A Moción é moi sinxela e se refire basicamente ó sucedido en relación cun funcionario do Servicio de Vixilancia Aduaneira que morreu cumprindo as súas funcións, e intenta un pouco tamén ataca-las causas deste feito, un pouco a escalada que se está dando nas redes do contrabando nesta Provincia, especialmente, na agresividade das súas actuacións por unha parte e na ligazón das formas tradicionais do contrabando, que con ser ilegais, imos, non implicaban o perigo que implica o tráfico de drogas e cada vez está afectando a un sector da poboación xuvenil ademais máis en plan Provincia. O contido do acordo é manifesta-la nosa condolencia á familia e os compañeiros do defunto, e condenar ós responsables deste feito, francamente penoso, e igualmente condena-las actividades contrabandistas, e as mafias que no seu entorno se moven polo que supoñen de factor absolutamente incompatible coa pacífica convivencia e o normal funcionamento democrático. O terceiro punto da Moción é esixir das autoridades competentes unha actuación decidida e enérxica que remate con estas actividades atacando o problema no miolo, na cabeza do mesmo, ós dirixentes das bandas contrabandistas e os movementos económicos que se xeran con estas actividades. Ese é simplemente o texto. Sr. Presidente.- De acordo. Entón sometemos a votación a Moción. Eu pediría que fora por unanimidade, porque penso que tódolos Grupos a subscribimos e que fora por unanimidade. De acordo. Ah, quere falar o Sr. Gallego. Sr. Gallego Lomba.- Si, dicir que o Grupo Socialista por suposto somos firmantes e bo, cos redactores como Suso Costas, da Moción, estamos plenamente de acordo, asumímo-la Moción e concretamente o noso Grupo no Parlamento Galego tamén levou onte, antonte unha Moción parecida onde foi aprobada por unanimidade, por tódolos Grupos da Cámara. Eu aquí pediría igual que fose aprobado por todos e por unanimidade dunha vez por todas e a ver se concienciamos a cidadanía desta provincia de que a droga é un tema que nos ten que preocupar a todos moi, moito. Nada máis. Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Ben, levántase a sesión. Perdón, Martínez-Herrera, perdón. Sr. Martínez-Herrera Escribano.- Yo creo que habría que incluir además el pedir al Gobernador Civil, representante del Gobierno Central, que se ataque también el problema, no sólo en la raíz como dice el Sr. Costas, de los jefes de mafias y demás, sino también en sus puntos finales de distribución. Porque en la ciudad de Vigo está distribuyéndose droga, se está vendiendo en puertas y cerca de los Colegios, se está vendiendo en bares, sino se ataca allí también, nada conseguimos. Porque cuando se habla de contrabando, se habla de contrabando en las grandes redes pero luego la puede adquirir en cualquier sitio. Creo que allí también hay que atacar y de alguna manera en esta Moción habría que incluir que se intensificara el acabar con los puntos finales de venta de droga o de otro tipo de contrabando que se pueda adquirir en cualquier bar o en cualquier tienda. Creo que habría que añadirlo nada más. Sr. Presidente.- Eu creo que é bastante razoable iso. Estamos todos de acordo. Pois incluámolo. Gracias. Por conseguinte apróbase a Moción de referencia que contén os seguintes puntos: 1º.- Manifestarlle a nosa condolencia á familia e ós compañeiros do funcionario falecido D. Luis Alfonso Vidal Rocha e manifestarlle o noso maior respecto e admiración polo mesmo, lamentándoa e condenando ós responsables da súa morte. 2º.- Condenar enerxicamente as actividades contrabandistas as "Mafias" que no seu entorno se moven polo que supoñemos factor absolutamente incompatible coa pacífica convivencia e o normal funcionamento democrático. 3º.- Esixir das autoridades competentes unha actuación decidida e enérxica que remate con estas actividades, atacando o problema na cabeza do mesmo: os dirixentes das bandas contrabandistas e os movementos económicos que xeran con estas actividades. O propio tempo pídese ó Excmo. Sr. Gobernador Civil da Provincia que se ataque o problema, non só de raíz, senón tamén nos seus puntos finais de distribución e venda de droga ou doutro tipo de contrabando que se poida adquirir en calquera bar ou en calquera tenda. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dezanove horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinarán os asistentes comigo o Secretario que certifico. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición