ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 1989/07/19_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.098/1.1989-07-19_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 1989/07/19_Extraordinaria

  • Data(s) 1989-07-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 54 Da sesión estraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 19 de Xullo de 1989 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día dezanove de xullo de mil novecentos oitenta e nove, baixo a presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados, D. Adolfo Abalo Ríos, D. José Castro Álvarez, D. Francisco Javier Cobián Salgado, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Manuel Costa Casares, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Manuel Díaz González, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. José Manuel Gallego Lomba, D. Emilio González Iglesias, D. Sebastián Juncal Currás, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Manuel Pérez Alarcón, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, de acordo coa correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Antonio Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, D. Fernando Garrido Valenzuela, D. Lois Pena Viéitez e D. Antonio Pillado Montero. O Sr. Deputado D. Sebastián Juncal Currás retirase no punto terceiro. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2496.- PLAN DA COMARCA DE ACCIÓN ESPECIAL "ZONA INTERIOR 1989". CAE Sr. Presidente.- Imos comezar este Pleno extraordinario co punto primeiro, Plan da Comarca de Acción Especial -Zona Interior-. ¿Algunha intervención? Sr. Sr. Castro Álvarez.- Dada la dificultad de poder completar las obras que se van a incluir en el Plan de Comarca de Acción Especial, la Comisión, por unanimidad, propone se retire del Orden del Día este tema. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Castro, entón queda retirado. Retirase da Orde do Día, por mandato presidencial, o punto primeiro relativo ó Plan da Comarca de Acción Especial "Zona Interior 1989". ------ Folla: 54,55 2.2497.- ABONO REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO DE CONFECCIÓN DA "ENQUISA SOBRE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTO LOCAL". Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, para explica-la miña abstención neste tema. En primeiro lugar eu por coherencia co voto emitido no Pleno no que se aprobou a revisión deste contrato, porque eu entendín e sigo entendendo que xuridicamente non era procedente, pero en todo caso había unha certa xustificación fáctica no que alí se pedía, e por iso o voto non negativo, senón simplemente abstención. En todo caso si quixera dicir unha cousa, a cuestión de fondo aquí é un traballo de recollida de datos sobre déficits de servicios en tódolos Concellos e núcleos de poboación da Provincia, e eu realmente o que non acabo de entender na dinámica desta Deputación, é para que pagamos enquisas se logo non utilizamos para nada os datos que obtemos para planificar, precisamente, a cobertura deses déficits, e a min me está chamando a atención xa que o único organismo no que eu teño visto na súa documentación que utiliza os datos que se derivan desta enquisa, é curiosamente o Estado, en vez de ser nin os Concellos á hora de expo-las súas solicitudes para intentar obter máis cartos da Deputación, nin a Deputación nas súas actuacións, e isto ten bastante que ver coa postura que eu sosteño en relación coa aprobación dos instrumentos de planificación para Cooperación Local. E quixera deixalo enriba da Mesa, eu cando se presentou o resultado da última entrega desta enquisa, pedín que se fixera un pequeno resume marcando uns índices de déficits por servicios. Nos datos que puiden ir mirando estes días Galicia, a diferencia doutras provincias hai servicios enteiros nos que hai unha diferencia abismal, relacionados con augas, etc., derivados ademais das condicións xeográficas e climáticas deste país, e eu creo que non ten sentido ter esta información e desaproveitala, realmente. Máis nada e gracias. Sr. Presidente.- Sr. Voceiro do Partido Socialista. Sr. Gallego Lomba.- Si Sr. Presidente. Eu para dicir que o meu grupo vai votar a favor de pagar todo esto que se debe desta enquisa porque foi unha enquisa realizada na Corporación anterior, cando era Presidente da Comisión o compañeiro Luciano, entón fíxose a primeira parte, a segunda parte realizouse agora, e por suposto é unha enquisa que está ben feita, que nos di como está a provincia en infraestructura, e eu tamén lle pediría ó equipo de goberno da Deputación que a utilice máis. Eu dixen no debate dos Presupostos que é unha enquisa moi ben feita, que está aquí na Deputación e que a estamos utilizando moi, practicamente non se utiliza para nada e nos dá uns índices do que é a infraestructura na Provincia. Nada máis Presidente. Sr. Presidente.- Sr. Fernández Alonso. Sr. Fernández Alonso.- Gracias Presidente. Bueno, yo entendiendo que este tema simplemente es reconocer una deuda que se le debe a un señor por un trabajo que se le mandó hacer y que todavía no está pagada, eso por una parte. Por otra parte debemos felicitarnos porque la Dirección General ha dicho que este trabajo es el mejor hecho de España. En cuanto a la posible utilización de estos datos para otros temas, yo creo que deberíamos esperar por cuanto otro de los temas que tenemos que plantear aquí es que la misma Dirección General nos obliga, o nos ruega, que este trabajo se debe actualizar, por lo tanto yo creo que mientras no se actualice el trabajo pues lógicamente se debería esperar, ¿no? Muchas gracias. Sr. Presidente.- Ben, en todo caso eu estou basicamente de acordo do que expón a oposición neste asunto. Por outra parte é unha colaboración importante desta Deputación, e outra Administración como pode se-lo Estado lle facilite datos, ¿non? Pero é certo que sería desexable que esta información fora aproveitada no soamente pola Deputación, senón tamén e quizais sobre todo polos propios Concellos, e nese sentido neste mesmo momento queda indicado ou ordenado ós equipos técnicos, que faciliten toda a información de que se dispón ós sesenta e un Concellos da Provincia, información escrita ós sesenta e un Concellos da Provincia, e cada vez que se vaia actualizando a información se siga remitindo. Penso que con iso cumprimos en parte, unha grande parte do que vostedes expoñen que me parece bastante razoable. Sometemos por tanto a votación o dictame da Comisión referente ó punto dous. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, aprobado coa abstención do Sr. Costas. Acórdase, coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), recoñece-lo dereito a INTERURBAN S.A., a percibi-la cantidade de CINCO MILLÓNS CENTO SESENTA E OITO MIL TRESCENTAS SETENTA E OITO PESETAS (5.168.378) como diferencia pendente por revisión de prezos, derivada do aumento de núcleos de poboación obxecto da "Enquisa sobre Infraestructura e Equipamento Local", que xunto coa de SEIS MILLÓNS TRESCENTAS MIL SEISCENTAS DEZ PESETAS (6.300.610), recoñecidas por acordo do Pleno de 27 de setembro de 1988, completarían o total da revisión de prezos, habilitándose a cantidade correspondente no próximo expediente de modificación de créditos que se tramite. ------ Folla: 55,58 3.2498.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 2. Sr. Presidente.- Señor voceiro do Partido Socialista. Sr. Gallego Lomba.- Si, en primeiro lugar anuncia-lo voto en contra do Grupo Socialista a esta modificación de crédito número dous. Primeiro, no capítulo dous da modificación é de incremento de oitenta millóns na partida de "mellora para camiños rurais", nós no debate dos Presupostos xa dixemos que nos parecía esaxerada a cantidade que había que era oitocentos corenta e cinco, oitocentos corenta e cinco millóns. Dicíamos que sacaran de aquí a metade e se dedicaran a vías provinciais, para reparación de vías provinciais que é a nosa competencia, e non darlle ós Concellos a libre albedrío pois a reparación para que eles pois vaian facendo os camiños municipais. Entón, e incluso estariamos de acordo sempre e cando se fixeran unhas bases, para empeza-la repartición polo menos facer unhas bases que se, para que os Concellos teñan documentos todos, poidan solicitar aglomerado ou o que competa neste caso para a reparación dos camiños municipais. No capítulo catro hai un incremento de corenta e cinco millóns, e bo, hai un compromiso verbal do Presidente da Comisión de Economía, o Sr. Mantilla, que di que parte deles son para un Convenio que se vai firmar co Concello de Vigo, e seguimos, estamos no mes de xullo, case, máis de mediados, e se segue sen firma-lo Convenio. Nós non sabemos se di que vai firmarse e despois non se firma, pero así e todo nos gustaría que entre dúas Entidades como é a Deputación Provincial e o Concello de Vigo, se chegara a un entendemento, sobre todo en temas culturais para coordinarse e facer actividades culturais entre a Deputación e o Concello de Vigo. Pero, tamén hai outra partida que é "subvención para restauración de monumentos". Me gustaría que teñan, parece que o compromiso tamén do Presidente da Comisión de Cultura de que se vai facer un catálogo de "Monumentos na Provincia de Pontevedra", en plan serio. Eu lle comentaba a el que se se fai vai contar co noso apoio el, no seu momento, pero que sexa para restauración de monumentos e que non sexa para portelas, como me dicía el, e eu aí tamén estou de acordo. No capítulo sétimo. Aquí si que me sorprende, non está o Presidente da Comisión de Agricultura, me sorprende que o Servicio Agrario pida vinte millóns, bo, que se pasan vinte millóns para pasarlle as obras os Axuntamentos directamente, non sei se a Deputación para, para un refuxio de pesca e caza. Nos sorprende que coa cantidade de solicitudes que hai para regadíos e para invernadoiros, que non se incremente a partida esta, que xa tamén dixémolo na pasada modificación de Presupostos que se ía, na próxima, a contemplar isto, aquí non se contempla nada e me parece que hai unha cantidade, debe ser aproximada, sobre os catrocentos millóns de pesetas e soamente hai cincuenta a concedelos, tampouco digo que sexan os catrocentos, porque hai cantidades que haberá que denegar, pero polo menos a meta de que se contemplara, e aí había un compromiso de que se ía facer, sen embargo non o recollen aquí. Nada máis Presidente e gracias. Sr. Presidente.- En todo caso parece que está de acordo con case todo, espero que vote a favor. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, en principio quiero, me siento casi feliz de volver a verle, se decía. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa.- Se decía por ahí que estaba usted en paradero desconocido, pero en fin, ya estamos aquí. Voy a ser brevísimo porque tengo agujetas del Pleno de ayer en el Ayuntamiento. De todas formas daría juego entrar en muchas de estas cuestiones, pero fundamentalmente ya le digo que tengo que decir que no porque además creo que ha cometido un grave error, no sé si fue usted o fue de redacción, le voy a decir, ese va a ser el final. No voy a aceptar, por supuesto, de ninguna manera, más inversiones en él, le llamaron "cabaret", creo que fui yo, de Soutomaior. No voy a admitir más inversiones ahí que las del mantenimiento, estrictamente, de manera que cómo todavía estamos a mitad de año y ya se llevan otros dos millones para allí, eso no vale. Después podríamos seguir hablando, lo que ya mencionó el compañero de esos veinte millones de pesetas para refugios, ¿no?, en la guerra si, pero ahora no es necesario tanto dinero para. Hay que destacar muy mucho ese escrito de la Dirección General que a fin y a la postre a la larga da razones a quiénes estamos ya con el mismo tema hace mucho tiempo, ¿no?, el asunto de los veinte mil habitantes. Ya han conocido los trucos que se han hecho aquí, trucos que han llegado a Madrid, por supuesto, ahora ya no dicen que es sólo para caminitos, para evitar que se hagan piscinas y otras cosas, y entonces lo han pasado a puntos negros, puntos negros conflictivos, puntos negros es los que ya les recuerdo no figura ese tema que también le ha ido a usted Presidente, de los menos de veinte mil habitantes. Espero que ahora a costa de ese tema no se hagan piscinas y otras cosas como ya conocemos aquí, y que sirvan para evitar aguas fecales, suministrar aguas, corriente, etc., etc., etc. Y, lo dicho, tengo agujetas de ayer. Hay un error en la confección de este tema. Bueno, en principio quiero solicitar que el tema de todo lo que pueda afectar a los Convenios que quede pendiente, yo creo que hay dos cifras ahí que habría que retirar, la que se intenta, la que se pone, la que se va a conseguir con los votos, me imagino, de Cultura, que parece ser que quiere incidir en el tema del Convenio que hablaba antes el compañero Gallego Lomba y yo creo que no tiene nada que ver, aquí no tiene que figurar, a mi criterio, nada en absoluto del Convenio en tanto no se conozcan las cláusulas, cómo y las cantidades, para eso hay dos compañeros designados en la Corporación que a ver si por fin llevan a buen fin esa reunión definitiva. Y ya como punto final, pues el error. Usted aporta, usted dice que hay aquí tres millones de pesetas para el Zoo, y yo creo que hay un error, creo que son treinta, ¿no?, ¿o está pensado así, tres millones de pesetitas para el Vigo-Zoo?, eso lo come un jilguero en una semana. Sr. Presidente.- Tiene usted o no jilgueros demasiado glotones, habrá que cambiarlos. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Ben, despois do paso dos elefantes imos intentar volver á crúa realidade. A verdade é que mirado con certa distancia, o que pasa é que un está no medio, non é precisamente unha modificación moi substancial porque son douscentos trinta e dous millóns dos cales unha parte vai ó habitual apartado enganos, por así dicir, é dicir, recoñecer créditos procedentes de exercicios francamente pasados, cuestión que polo visto nos lles acaba de desagradar, porque sempre van deixando por aí uns calotes que logo temos que ir asumindo como podemos. Hai unha segunda parte que en realidade eu creo que é derivada da situación da subalternidade en relación co Estado no que esta Deputación se sitúa, por exemplo na cuestión dos puntos negros e outras máis nas que non son vostedes quen deciden senón a correspondente Dirección Xeral de Madrid. E logo no que é propiamente decisión autónoma desta Deputación, pois a verdade é que pouco hai que teña unha grande relevancia política, realmente poderían facerse chistes, ¿non?. Eu por exemplo debo dicir, con tódolos riscos que supón, que estou convencido de que os vinte millóns para monumentos acabarán en mans dos diversos párrocos da provincia para hipoteticamente restaura-las súas igrexas. En realidade o que farán será cambia-la tella vella do país por tella nova, ou no peor dos casos por uralita, como é bastante habitual porque tampouco fixan criterios vostedes e se está destrozando boa parte do patrimonio con esas pequenas axudas que vostedes realizan por aquelo de, a Dios rogando y con el mazo dando. Igualmente, xa o comentei na Comisión, non entendo por que se destinan vinte millóns a refuxios para cazadores e pescadores, eu a verdade é que creo que tería moita maior utilidade e tamén o propuxen varias veces e non dá ido para adiante, é a facer unha serie de sendeiros peatonais ou a favorece-lo montañismo ou outras actividades polo menos tan interesantes como a caza e a pesca, e non teño nada contra cazadores e pescadores. En todo caso si hai dúas razóns que me levaron, e a verdade que eu sopesei que facía coa votación, como fago sempre, a votar en contra e llas vou a expoñer moi claramente. A primeira é porque ó fin e ó cabo esta modificación ten, desde o meu punto de vista de Concelleiro da oposición, de Deputado, perdón, o problema é que levan aparelladas ademais dos números unhas bases que lles delegan a vostedes, delegan facultade plenaria na Comisión de Goberno ou no Presidente de face-lo que queiran con elas sen criterios obxectivos de asignación, cuestión coa que saben que estou en manifesto desacordo. E en segundo lugar por outra razón e quero expoñela aquí claramente, eu, algunhas iniciativas foron miñas e outras de vostedes ou do resto dos grupos, e eu creo que nesta Deputación se tomaron algunhas decisións plenarias por unanimidade de certa importancia na liña de comarcalizar e racionalizar territorialmente a actuación desta Institución, e en casos concretos como o relativo ó Servicio de Bombeiros. A estas alturas xa poderíamos empezar a consignar cartos especificamente para iso, e sen embargo eu estou aburríndome Comisión tras Comisión de pedir, por favor, se empece a avanzar neste tema, e esa é en último termo a razón decisiva pola que vou votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Sr. Presidente da Comisión de Facenda. Sr. Mantilla Rodríguez.- Sí, muchas gracias Presidente. Bueno, como decían los señores Diputados que me antecedieron en el uso de la palabra, lo que nos trae aquí a colación es una modificación de créditos que son doscientos treinta millones de pesetas, tan sólo, de los cuáles pues ciento cuarenta y ocho millones de pesetas se van al capítulo dos, que son obras y servicios, fundamentalmente de ayuda a los Ayuntamientos que componen la Provincia. El Presidente de la Diputación ha reiterado hasta la saciedad que la función fundamental de la Diputación es la redistribución y ayudas a los distintos Municipios que la componen, sin distinción de ideologías. En cuanto a otros temas ya tienen que empezar a rebuscar, temas como el Sr. Nieto, diciendo que en el Castillo de Soutomaior se incrementa, pues se incrementa en sueldos y salarios, por lo tanto son sueldos que hay que pagar para suplir vacaciones del personal, en definitiva, para conservar el Castillo que tenemos allí y todas sus instalaciones, que como ustedes saben es una obra muy significativa dentro de la propia provincia de Pontevedra. En cuanto a los temas de los refugios o no refugios, ustedes bien saben que ésta ha sido una consignación que figuraba en Presupuesto, en el Presupuesto inicial, lo único que se ha hecho es a criterio de la presidencia de la Comisión de Agricultura, es cambiar en definitiva su ubicación dentro del Presupuesto, de estar en el capítulo sexto a pasar al capítulo séptimo, es decir, de acometer la obra por la propia Diputación acometerlos por los propios Ayuntamientos. Si así lo ha considerado es porque los propios Alcaldes o las propias Corporaciones así se lo han solicitado, por tanto simplemente es una modificación, o dicho de otra manera, es un cambio de sitio de la partida. Habíamos comentado en la Comisión que efectivamente hay un tema que preocupa tremendamente tanto al Presidente de la Comisión de Agricultura como al propio equipo de gobierno, y son las necesidades que hay en los regadíos. Comentábamos antes que tenemos solicitudes por más de cuatrocientos millones de pesetas, y tan sólo tenemos consignados cincuenta, pero en esta consignación o en esta modificación de créditos, ya ven que prácticamente todo está case case contraído, y en definitiva estamos de alguna manera intentando superar las dificultades que tenemos para poder dotar aquellas partidas que están insuficientemente dotadas, como decíamos antes en la propia Comisión, sabemos que quedan otras también que no están dotadas suficientemente, y esperemos que se doten en las próximas modificaciones de crédito con las economías o con otros fondos que podamos tener. Por último, referente al Convenio con Vigo, lógicamente Sr. Nieto no vamos a liquidar esas partidas, en esta primera consignación hemos dotado lo que hemos podido para tener los Convenios a punto tan pronto como podamos, y si decirle a los queridos compañeros de esta Diputación, de que recientemente, la semana pasada, hemos tenido una reunión con el responsable del Ayuntamiento de Vigo para intentar poner en marcha ya todos los Convenios. Esta primera reunión esperemos que tenga sus frutos en fechas próximas. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, muy brevemente, por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Hombre, tan breve que voy a ratificar unas palabras de mi querido amigo, de antaño, ¿eh?, no de la política, somos amigos el Sr. Mantilla y yo hace treinta años, más, bastante más. Efectivamente, ha dicho una cosa rotunda, tajante y que yo ratifico, el Castillo de Soutomaior es una obra significativa, signifíquese, es significativa, de verdad. Sr. Presidente.- Ben, eu de todo o que escoitei e por fixar un pouco a posición da Presidencia, só teño que dicir que bo, que é unha transferencia de axuste, non unha transferencia para facer un novo Presuposto nin supón unha modificación substancial do mesmo nin moito menos. O que si me parece importante é o que dixo o Sr. Costas Abreu en canto a dotar economicamente unha partida para comeza-lo compromiso que ten establecido por unanimidade esta Deputación, cal é o da Comarcalización de Servicios, iso si que o hai que anotar e darlle a razón ó Sr. Costas Abreu, e doulla, polo tanto na transferencia do mes de setembro debe ir incluída. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage, Sr. Costas Abreu. Sr. Presidente.- ¿Abstencións?. Aprobado por maioría. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aproba-lo expediente de modificación de créditos nº 2, sendo o seu resume o seguinte: MENORES INGRESOS: 413.OI-K O Estado, Plan Repara- ción rede viaria............. -10.800.000 MAIORES INGRESOS: 413.OI-I O Estado, Plan Elimina- nación puntos negros.... 21.700.000 10.970.000 ========== BAIXAS: Capítulo 2º................... 14.500.000 Capítulo 3º................... 141.656.589 Capítulo 6º................... 64.846.959 221.003.548 231.973.548 AUMENTOS: Capítulo 1º................... 16.066.581 Capítulo 2º................... 145.700.484 Capítulo 4º................... 45.206.483 Capítulo 6º................... 2.000.000 Capítulo 7º................... 23.000.000 231.973.548 231.973.548 NIVELADO ========== ------ Folla: 58,59 4.2499.- REVISIÓN DE COMPLEMENTOS. Sr. Presidente.- Revisión de complementos. Sr. Mera, ten a palabra. Sr. Mera Rodríguez.- Bo, neste tema quixera dici-lo seguinte: Durante un certo tempo estivemos co Comité de Persoal, e eu, pois en representación del Presidente y del equipo de gobierno, y también estuvo con nosotros algunos representantes de los grupos políticos, los hemos invitado a todos, algunos no han podido asistir por una serie de reuniones, otros no han podido. Tengo que decir que el Sr. Costas está presente casi siempre y que su colaboración ha sido básica y fundamental, no solamente ya como político sino como su profesión. El Sr. Costas aparte de ser Diputado pues es Técnico de Administración General, entonces yo tengo que rectificar aquí de que efectivamente la ayuda de los grupos políticos ha sido importante. Entonces de ahí que prácticamente las diferencias que hayan existido hayan sido mínimas, precisamente hace dos días, es decir, nosotros habíamos llevado al Pleno el tema de los complementos de destino pero había una serie de errores de tipo material, puesto que las listas de las que se partían había una serie de defectos formales en cuanto a que los complementos de destino que allí se reflejaban no estaban actualizados puesto que eran relaciones anteriores al 31 de diciembre de 1988. Entonces, hace concretamente, el lunes, por la mañana, yo les daba a los representantes de la Junta de Personal la relación de puestos de trabajo y ellos presentaban su propuesta en la Sección de Personal que llevamos esta mañana a la Comisión. Yo antes de nada quiero felicitar a todos los grupos políticos por haber aprobado esta mañana por unanimidad en la Comisión de Personal, precisamente esta propuesta en la que de 1.400 funcionarios aproximadamente, solamente tenemos una discrepancia con los representantes sindicales en tres ó cuatro puestos de trabajo, uno de ellos, concretamente, el de grabador-operador, que está definido así. Este puesto de trabajo está definido así en el Presupuesto de la Diputación, y entonces este puesto de trabajo según los criterios técnicos y el informe que tenemos de personal, pues realiza mayores funciones que los grabadores simples, funcionando incluso a veces como Jefe de Grupo de este colectivo, entonces de ahí que el complemento de destino que más o menos los sindicales proponían del 16, le ponemos el 17, de alguna forma para diferenciar precisamente esa mayor función que está reconocida aquí por los técnicos y no por los políticos. Otro puesto de trabajo también en el que hay una cierta discrepancia es en el de Psicólogos del Hospital de Día-Jefe de Unidad, también en el Presupuesto se recoge como Jefe de Unidad y por lo tanto el informe de los técnicos dice que no se trata de un técnico base, sino que realiza funciones de Jefe de Unidad, por lo que cuando menos debe atribuírsele el nivel de complemento de destino 24. También es una cuestión técnica. Y después también en otro puesto de trabajo que se denomina en la plantilla de la Diputación, en la plantilla de funcionarios se denomina este puesto de trabajo Adjunto al Interventor, entonces normalmente los Sindicatos dicen que los Jefes Administrativos, es decir, que los Jefes de Negociado Administrativo y de Grupo C) deben tener máximo nivel 20, pero también hay que tener en cuenta de que este puesto de trabajo, ratificado por los técnicos de Intervención y por el propio, por la propia Jefatura de Personal, pues también tiene unas funciones distintas y superiores a las de un Jefe de Administrativo, entonces de ahí que efectivamente deba diferenciarse su complemento de destino, entonces le proponemos 22. Entonces ya para terminar quiero decir que en una plantilla de 1.400 funcionarios, simplemente la discrepancia que tenemos con el Comité de Personal es en tres puestos de trabajo concretamente. Yo creo que si plasmáramos esto matemáticamente tenemos al andar en el orden del noventa y nueve coma setenta y tantos por ciento, lo cual quiere decir que prácticamente hemos llegado a un acuerdo unánime. Yo siento que a la hora de la verdad hayamos tenido este punto de confluencia, pero como yo les explicaba incluso antes de entrar en el Pleno, quiero decir aquí claramente que no son criterios de tipo político los que han imperado aquí sino de tipo técnico, por eso yo agradecí a los miembros, a todos los grupos políticos, que hayan votado por unanimidad este tema, como ha quedado claro, y así se ha explicado en la Comisión. Nada más, muchas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Bo, eu, o que se trae aquí é en realidade parte do Convenio, parte dos Presupostos dun paso importante pero só un paso na racionalización da política e da xestión de persoal desta Deputación. Eu cando tomei posesión do posto que agora ocupo e cando viñeron os primeiros presupostos que é sempre o tema máis importante e máis complexo da vida política neste ámbito, pedín que nos presupostos se incluíra como é de recibo legalmente, o plantel e a relación de postos de traballo. Non había tal cousa e a verdade é que por culpa desa grave eiva pois non puiden aporta-lo que modestamente podería aportar en intentar introduci-los meus puntos de vista na xestión desta Deputación coa escasa forza que me dá a composición do meu grupo, nada mixto por outra parte, dado que é unipersoal. Entón, situándonos xa en concreto no asunto, é dicir, nos Presupostos deste ano xa viu algo así como unha relación de postos de traballo, e agora ven un documento bastante máis acabado pero que incumpre tódolos requisitos legais, é dicir, aquí falta a definición dos requisitos necesarios para poder ocupa-los postos, falta a definición dos cometidos de cada un dos postos de traballo, e bo, a min me parece ben que se aprobe isto, agora o que digo é que hai que completar isto e este ano tiña que estar acabado este traballo, ¿non?, deixándonos xa de andrómenas de cadros de persoal ideais e outras estrañas teorías que vostedes mantiñan e eu nunca acabei de entender. Esto en realidade non é unha relación de postos de traballo, é un catálogo, cando a Lei de Medidas para a Reforma da Función Pública creou a figura da relación de postos de traballo, a definía un pouco como a guía de funcións e a descrición de retribucións complementarias de tódolos postos e de toda a organización administrativa e funcional da Deputación. O goberno que ostentaba e ostenta o partido que ocupa o goberno, e ostentaba e ostenta a maioría nas Cortes, incumpriu esa Lei sistematicamente, o propio Goberno Central inda hoxe seque aprobando catálogos de postos de traballo, que é un instrumento diferente, distinto e contrario ó que di a Lei, e é un pouco o nivel do que estamos aquí. E ademais destes datos, é dicir, da falta de elementos imprescindibles para facer unha boa xestión de persoal, pois incluso na discusión da Comisión e no que temos fa lado e no que se vai avanzando na definición das normas sobre retribucións do Convenio Colectivo, pois aquí segue habendo un serio problema que vai xerar que haxa algo máis de cinco discrepancias, que é o problema de tódalas retribucións atípicas que subsisten anteriormente. De aquí, aparte do complemento de destino e do específico, aquí estamos marcando máis ou menos un abono retributivo, uns criterios retributivos, pero aquí seguen funcionando outras moitas retribucións. Hai un fondo de productividade de libre disposición que non tería moita razón de ser, cando isto funcione debidamente engraxado, é dicir, cunha lóxica diferente da pura inercia tradicional, hai complementos persoais transitorios, hai situacións de xente que está cobrando complemento específico sen podelo cobrar, e eu creo que esta é unha ocasión única para non dedicarnos a poñérno-los loureiros todos senón aproveitar e intentar completar un pouco o cadro, ¿non?. En concreto, eu vou votar a favor porque si me parece un paso adiante pero quero dicir dúas cousas. Isto é unha modificación de presupostos, materialmente, loxicamente fágase ou non se faga exposición pública vai haber un prazo para recursos e, ou moi pouco coñezo ós funcionarios entre os cales me conto, ou vai haber algunhas reclamacións, polo tanto vai ter que vir outra vez, e eu creo que deberíamos aprobar esta oportunidade de reclamacións que haxa para volver a estudiar un pouco o asunto, e sabendo pola pura práctica, ¿non?, que é un pouco a razón deste Pleno extraordinario e da urxencia de aprobar isto é facer constar isto en nómina, eu lle suxeriría que na nómina que se faga para empezar a abona-los novos completos poñan as novas retribucións, non paguen atrasos e poñan a advertencia expresa de que o acordo inda non é firme, para evitar calquera problema que poida haber neste sentido. Máis nada e gracias. Sr. Presidente.- Gracias pola súa información técnica, Sr. Costas Abreu, en todo caso politicamente eu teño que dicir como Presidente desta Corporación e un pouco en honor a tódolos grupos políticos, de que este é un avance substancial nas reivindicacións dos traballadores desta Deputación e penso que estamos dando exemplo do que é a solidariedade da clase traballadora en definitiva coa sociedade. Penso que nunca antes se había avanzado tanto neste sentido nin en tan pouco tempo. As críticas que vostede lle fai ó Goberno Central, home, eu non sei se as comparto ou non, pero non me preocupan, en todo caso esta Institución creo que ten demostrado o seu respecto, a súa consideración e o seu recoñecemento a tódolos funcionarios desta casa. E polo tanto a min só me pode servir de motivo de satisfacción poder recoñecer todo isto. E nada máis, sometemos a votación o punto catro: ¿votos en contra?, ¿abstencións?, aprobado por unanimidade. Gracias Sra. e Sres. Deputados, e levántase a sesión. Por conseguinte, por unanimidade, adóptase acordo de proceder á aprobación e aplicación inmediata da relación que figura sellada e rubricada pola Secretaría Xeral da Corporación, composta de vinteún folios, con iniciación en 001 Xefe de Sección Gabinete Técnico da Presidencia, e finalización en 003 Secretario C.P.A.M., así como a nota aclaratoria que na última folla se inserta, e de carácter manuscrito, relación na que se conteñen en números tamén manuscritos os complementos novos de destino que corresponden a cada posto ou traballo de funcionarios, elaborada pola Xunta de Persoal da Corporación Provincial. Así mesmo apróbase a proposta de revisión de oito complementos que formula o Adxunto á Sección de Persoal, anulando neste aspecto a proposta da referida Xunta, a excepción dos postos de traballo de ATS, Subdirector de Enfermería e Coordinador de Axudantes Sanitarios, manténdose nestes dous últimos os complementos de destino asignados pola Xunta de Persoal. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinarán os asistentes comigo, o Secretario que certifico. Cúmpranse precedentes acordos. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición